Issuu on Google+

INFORMACIÓN XERAL

ROU

IES REPÚBLICA ORIENTAL DO URUGUAI

CURSO 2014-15


O CENTRO “ A educación é a arma máis poderosa que podes usar para cambiar o mundo” (Nelson Mandela)

O centro aspira a educar ao alumnado como cidadáns de pleno dereito nunha sociedade plural e democrática, cunha dimensión europea e internacional. Para acadalo, promove a participación en proxectos educativos e intercambios culturais que propician a creación dunha conciencia europea e internacional como sólida base da tolerancia. Ao mesmo tempo procura o desenvolvemento das capacidades e destrezas así como unha formación humanística e científica

HORARIO Lectivo: Luns a venres. 8:30-14:10. Luns 16:30-18:10 Recreos: 10:10-10:30 e 12:10– 12:30 O centro dispón de dúas liñas de autobuses gratuítas para toda a ESO. OFERTA EDUCATIVA Educación Secundaria Obrigatoria(1º a 4º ESO) Bacharelato modalidades Científico-Tecnolóxico, Humanidades e Ciencias Sociais SECCIÓNS BILINGÜES Programa de estudos no que se imparten unha ou máis materias dun curso nunha lingua estranxeira. No caso do IES República O. do Uruguai en lingua inglesa:

 1º ESO: Ciencias Sociais, Educación Física  2º ESO: Tecnoloxía, Ciencias Sociais, Educación Física

 3º ESO: Tecnoloxía, Xeografía, Educación Física  4º ESO: Tecnoloxía, Historia, Educación Física

ACTIVIDADES DOCENTES COMPLEMENTARIAS

Auxiliar de conversa en lingua inglesa Desdobres en 1º e 2º da ESO: Matemáticas, Lingua galega e castelá, CC NN .Prácticas de laboratorio

Contrato programa mellora do éxito escolar

 Programa de diversificación curricular: 3º e 4º da ESO .Recuperación de Matemáticas e Física e Química pendentes,

polas tardes Aula de Adquisición de Linguas


ORIENTACIÓN O equipo de orientación está formado polo orientador e unha profesora PT que aconsellan ao alumnado sobre as distintas vías profesionais e académicas. Atenden ás necesidades educativas especiais INSTALACIÓNS

 Aula de tecnoloxía  Aula de debuxo  Aulas bilingües  Pizarras dxitais  Aulas con proxector  2 aulas de informática

 Laboratorio de Química  Laboratorio de Física  Laboratorio de Bioloxía  Salón de actos  Pavillón  Aula de apoio

BIBLIOTECA “Ler será no futuro un acto de rebeldía” (A. Manguel)

No presente, ler é o noso epicentro: na Biblioteca investigamos, informámonos, soñamos, colaboramos e medramos como persoas


AS ACTIVIDADES DO ROU

 Inmersión lingüística  Club de lectura  Torneos nos recreos  Grupo de teatro  Festivais de Entroido, Letras Galegas, …  Conmemoracións: Día da Paz, Día da Muller, Día do Libro, …  Participación en Olimpiadas científicas  Concurso Aulas Limpas  Saídas culturais

Inmersión lingüística. Salduero-2013

Premio Aulas Limpas. Novembro-2013

Olimpiada Bioloxía- 2013

Inmersión lingüística. Salduero-2013

Día da Paz. 30 de Xaneiro-2014

Representación Os Miserables


OS NOSOS PROXECTOS “Dimo e esquezoo, ensíname e acórdome, involúcrame e apréndoo” (B. Franklin)

Obradoiro de cestería Aberto á comunidade educativa do centro. Fomenta a relación entre as familias e o alumnado. Contribúe ao desevolvemento da creatividade..

Horta no ROU Bota a andar curso 2013-14. Desenvolve as competencias do alumnado. Elemento integrador do currículo. Fomenta a defensa dos recursos naturais e o coñecemento da natureza

Ágora Zona central do IES ROU que está coordinada pola Biblioteca. A Ágora é un lugar de reunión do alumnado, de conversa, de lectura informal de periódicos e comics. Nela fanse exposicións, contacontas, cross reading,...

Aprendizaxe cooperativa Dinámica de aprendizaxe que forma parte do programa CA/AC (Cooperar para aprender/ Aprender para cooperar), que se leva a cabo en todo o estado español. Fomenta a cooperación entre iguais e a autonomómía da aprendi-

A AULA VIRTUAL

http:www.edu.xunta.es/centros/ iesrepublicaorientaldouruguai/ aulavirtual

MAIS INFORMACIÓN IES REPÚBLICA ORIENTAL DO URUGUAI Camiño das Coutadas, 54. 36007-Vigo Acceso peonil pola Rúa Montecelo Baixo http://www.edu.xunta.es/centros/iesrepublicaorientaldouruguai 986 272 722

986 272 324

ies.republica.uruguai@edu.xunta.es ies.rou.vigo@gmail.com


Información xeral rou 1