Page 1

Equipo de dinamización da biblioteca e da lingua galega. CEIP O Ramo. Curso 2013/2014

Nacín en 1914 e vivín 75 anos. Con 15 anos ingresei no Seminario de Mondoñedo e cando saín no 1936, exercín de profesor de ensinanza media en Vilagarcía de Arousa (Pontevedra). No 1948 xa licenciado en Filosofía e Letras, trasladeime a Madrid, onde alternei a docencia coa tradución no Ministerio da Gobernación. Tamén traballei no instituto de Cultura Hispánica e no Consello Superior Científico.

LETRAS GALEGAS Ola! Chámome Xosé María Díaz Castro e neste ano 2014 as letras galegas conmemoran a miña carreira como escritor galego.

En canto á mina traxectoria como escritor, escribín os meus primeiros versos aos 12 anos e o meu primeiro poema publicoumo a revista “Lluvia de rosas” de Tarragona cando eu tiña 16 anos. Ademais, tamén publiquei poemas na revista “Alba” de Madrid pero a miña consagración foi co tomo IV da Escolma da poesía galega en 1955 de Francisco Fernández de Riego. Tamén publiquei poemas e artigos de crítica e ensaio en xornais de Vilalba, Mondoñedo, Viveiro, Lugo, Pamplona, Vigo e nas revistas “Estafeta literaria” e “Ínsua” de Madrid. En 1946 publiquei Nascida dun sono e El cántico de la ciudad e no 1961 Nimbos, a miña obra máis importante. Publiquei ademáis, traducións ao galego e ao castelán de poetas e prosistas eurpoeos, multidude de poemas e os libros Sombra radiante e Me-

diodía.

En 1946 gañei os primeiros premios de poesía galega e castelá nos Xogos Florais de Betanzos.

Se queres coñercerme un pouquiño máis, segue lendo…..


Como xa sabedes, a mellor aventura que podedes vivir, é a través dun bo libro, e dende a biblio de O Ramo vos recomendamos algúns libriños para que o pasedes fantástico!!!!!! PRIMEIROS LECTORES

“Non fai falta a voz” Autor: Armando Quintero Editorial: OQO Editora

O autor lembra neste álbum que non fai falta a voz para mostrar cariño ou dicir cousas bonitas. “Chocolata” Autora: Marisa Núñez Editorial: OQO Editora

Chocolata escoita un día que na cidade hai unha casa de baños e alí vai toda contenta coa ilusión de probala e vivir novas experiencias. LECTORES AUTÓNOMOS

Equipo de dinamización da biblioteca e da lingua galega. CEIP O Ramo. Curso 2013/2014

“O coelliño aventureiro” Autora: Eva Varela Editorial: Sotelo Blanco

O coelliño Nicolás era moi aventureiro, sempre andaba argallando algo. Moitas veces non escoitaba o que lle dicía a súa nai, e por iso se metía en moitas leas… LECTORES EXPERTOS “O furtador de auga” Autor: Xosé Lois García Editorial: Everest

O furtador de auga non ten nome, simboliza o progreso ao servizo da cobiza e da destrución do equilibrio natural, co único fin dun enriquecemento persoal “Capitán Araña” Autor: Rafael Lema

“A burra Ramona”

Editorial: Sotelo Blanco

Autora: Paula Carballeira

Comeza a historia cun ataque dos piratas nos arredores do cabo Vilán e co conseguinte saqueo e matanza que vai ser o estímulo para que o protagonista se embarque nunha serie de aventuras seguindo as pe-

Editorial: Baía Edicións

Ramona é unha burra con moita cabeza e forte personalidade que un día imaxinouse como sería poder voar.

gadas do capitán Arripai.

Diptico letras galegas  

DÍPTICO LETRAS GALEGAS 2014

Read more
Read more
Similar to
Popular now
Just for you