Issuu on Google+

Na procura dun final para “A Galiña Azul” de Carlos Casares... Proposta didáctica para nenos e nenas de primaria polo Día das Letras Galegas do ano 2017

A galiña azul / Carlos Casares. Vigo : Galaxia, 2007


Texto baseado na primeira edición de Galaxia (2007) do libro A Galiña azul, de Carlos Casares. Edición, maquetado e ilustracións de Cristina Gómez Fernández e Sara Paz Mongil


“...Lorenzo ten unha galiña azul con cinco plumas vermellas na á dereita.

É unha galiña moi bonita e moi rara. Pon ovos de cores. Xa puxo dous marelos, un rosa

e tres verdemar. Ademais non di como as outras galiñas, senón que di

E isto ten preocupadas ás autoridades.


Tan preocupadas as ten que hai catro días chegoulle un oficio a Lorenzo pedíndolle que entregase a galiña polas boas. Lorenzo negouse, porque aínda que lle din que só é para que a vexa un veterinario, o certo é que, segundo dixo o señor Casimiro, o porteiro do Concello, á galiña vana matar.


O alcalde, Manolito Listón, dixo nunhas declaracións que fixo para a televisión e para os xornais, que non se podía tolerar a existencia dunha galiña azul, porque, segundo Manolito Listón, unha galiña azul que pon ovos de cores e que di cocorocó en vez de cacaracá non é unha galiña como é debido.

O caso é que o pobo anda todo alborotado e o pobre Lorenzo non levanta cabeza. Antes paseaba todo contento coa súa galiña pola rúa, pero agora está na casa e algúns din que á galiña a ten disfrazada de branco para que non lla coñezan. Pero de certo pouco se sabe. Eu non sei que vai pasar, porque os veciños están de parte de Lorenzo e da galiña...”


O final da historia da galiĂąa azul...

Como cres que se arranxou o asunto da galiĂąa azul?


FINAIS

Un bo día de xaneiro apareceu polo pobo o alcalde e díxolle a Lorenzo que lle dese a galiña. El deulla, agora era branca (porque estaba pintada). O alcalde mandou cantar a galiña que cantou baixiño cocorocó, pero non era a galiña, era Lorenzo quen cantaba como se fose un ventrílocuo. O alcalde chamou aos concelleiros para facerlle un exame á galiña no Concello.

Era un martes pola mañá, ás 9:00, Lorenzo sentou. Diante del estaban todos os concelleiros observando a galiña. E pedíronlle que puxese un ovo. Mentres estaban mirando atentamente, Lorenzo sacou un ovo de galiña común e púxollo debaixo do cú. Os concelleiros quedaron convencidos de que a galiña era normal e entón xa podía vivir no pobo de Manolito Listón.

AUTORES: ALUMNOS DO CPR PLURILINGÜE CALASANCIAS 3ºA


Era un 15 de decembro, preto das vacacións de Nadal, pola tardiña...A nosa galiña puxo un ovo de cor azul por un lado e vermello polo outro. Lorenzo pintouno de cor de galiña común. Petaron á porta. Eran as autoridades enviadas polo alcalde. “Qué queredes?”, dixo Lorenzo abrindo a porta. “Onde está a galiña azul? Témola que levar para facer un experimento”.

“Aquí non hai ningunha galiña azul. Temos unha branca con ovos de galiña común, eh!” Lorenzo ensinoulles a galiña, pero as autoridades sospeitaban de que lles mentía e quixeron levala. Na porta estaban os veciños moi enfadados coas autoridades e todos puxéronse o lado de Lorenzo para impedirlles o paso, mentres berraban: NUNCA MAIS VOLVADES POLAS NOSAS GALIÑAS!!!

Autores: CPR Plurilingüe Calasancias (A Coruña) 3ºB Primaria


Galiña azul