Page 1

Un mar de soles: lecturas para o verรกn


Nenos de 3-5 anos (http://rbgalicia.xunta.es/coruna) La tarta de hadas / Michael Escoffier; Kris Di Giacomo. -- Madrid: Kokinos, 2014. ISBN 978-84-941054-6-3

Un sapiño, impaciente e caprichoso á hora de comer, dubida desa torta de fadas que preparou o seu pai. ¿Non será unha torta de babosas? O seu pai inventa argumentos incribles para convencelo. Para nenos que comen mal, que non queren comer e para pais desesperados para que os seus nenos coman ben. Signatura: BPC C ESC tar (azul)

Contos para contar

O dragón que cambiaba de conto cada vez que esbirraba / ilustrado por Miguel Anxo Prado; escrito por David Aceituno. -Santiago de Compostela: El Patito Editorial, 2014. ISBN 978-84-942206-0-9

O dragón sentiu un formigo no fociño, pechou as pálpebras, colleu aire coma se fose soprar as candeas dunha torta de aniversario… ¡ACHÍSSSS! E tan forte foi o seu esbirro que o dragón espeluxou a princesa, arrincou os pétalos da flor, tropezou co cabaleiro e, dando un gran pinchacarneiro, saíu daquel libro aberto sen dicir nin abur. Signatura: BPC C ACE dra (azul)


Nenos de 3-5 anos (http://rbgalicia.xunta.es/coruna)

Contos para contar

Flora y el flamenco

ISBN 978-84-941054-8-7

/ Molly Idle. -- Jerez de la Frontera (Cádiz): Barbara Fiore, 2012. ISBN 978-84-15208-23-5

Dous amigos inseparables teñen que despedirse. A meniña vaise lonxe, deixando ao seu amigo desolado. El a estrana tanto que sae a buscala atravesando ríos, montañas, chuvias e escuridades ata que a atopa. Ela o estaba agardando para volver a ser inseparables.

A vida dun flamenco e unha nena moi especial, que atopa a alegría do corazón e a armonía nunha danza de amizade maxistralmente narrada sen palabras que chegará aos corazóns dos pequenos e maiores.

Amigos / Eric Carle. -- Madrid: Kokinos, 2014.

Signatura: BPC C CAR ami (azul)

Signatura: BPC LI IDL flo (azul)


Nenos de 3-5 anos (http://rbgalicia.xunta.es/coruna) Dorothy : una amiga diferente

/ Roberto Aliaga . -Madrid: Cuento de Luz, 2013. ISBN 978-84-15619-77-2

É un entrañable e divertido conto que nos desvela a riqueza que supoñen esas persoas especiais que todos temos ó noso arredor, aquelas que más nos precisan e que tantas alegrías nos poden aportar no noso día a día Signatura: BPC C ALI dor ( azul)

Contos para contar

El jardín del abuelo

/ Lane Smith. -- Barcelona: Ocano Travesía, 2012. ISBN 978-84-494-4570-5

O avó pasa todo o día no seu xardín coas tesoiras de podar nas súas mans. Pero antes tivo hvida espléndida que agora xa non lembra ou polo menos non pode nomeala... Por iso pasa as horas deseñando misteriosas formas en setos e arbustos que lle permiten habitar os territorios perdidos no pasado e partillalos. Un libro tan enigmático como fermoso, que explora ls formas de comunicación que vencen ao envellecemento e ao esquecemento. Signatura: BCP C SMI jar (azul)


Nenos de 3-5 anos (http://rbgalicia.xunta.es/coruna) El libro del silencio

/ Deborah Underwood ; ilustracións, Renata Liwska. -- Madrid: Ediciones Jaguar, 2012. ISBN 9788415116257 Este encantador libro amosa todos os tipos de silencio que pode haber na vida dos nenos, da mañá á noite.

Signatura: BPC C UND lib (azul)

Contos para contar

Os camiños das árbores / Pep Bruno; ilustracións,

Mariona Cabassa. -- Huesca : La Fragatina, 2014. ISBN 97884-942502-0-0 O libro fálanos deses momentos máxicos que o cotián nos ofrece nalgunhas ocasións: un atardecer fermoso, a compañía dalguén querido, unha árbore que desvela o seu camiño e nos permite subir ata a súa copa… pequenos praceres, instantes deliciosos, agasallos dos días que, en moitas ocasións deixamos fuxir metidos como estamos no ritmo toleado desta sociedade acelerada. Signatura: BPC C BRU cam (azul)


Nenos de 3-5 anos (http://rbgalicia.xunta.es/coruna) La canción del oso

/ Benjamin Chaud. -- Zaragoza: Edelvives, 2014. ISBN 978-84-263-9178-0

Pronto chegará o inverno e papá oso comeza os preparativos para a hibernación; pero osito despistouse detrás dunha abella e hai que ir búscalo. Un álbum de observación con grandes ilustracións repletas de detalles e falsas pistas. Signatura: BPC C CHA can (azul)

Contos para contar

Rosa caramelo

/ Adela Turín; Nella Bosnia. -- Pontevedra: Kalandraka, 2012. ISBN 978-84-8464-799-7

Aillada nun xardín, Margarida é a única elefanta do grupo incapaz de conseguir que a súa pel sexa de cor rosa caramelo. Cando os seus proxenitores desisten de impoñerlle ese aspecto, por fin poderá descubrir o significado da liberdade e abrirlle o camiño da igualdade ás súas compañeiras. Signatura: BPC C KAL tur (azul)


Contos para contar

Nenos de 3-5 anos (http://rbgalicia.xunta.es/coruna) Soy pequeñito / Juan Arjona; Emilio Urberuaga. --Barcelona: A Buen Paso, 2013. ISBN 978-84-941579-2-9

Un libro que se le como un poema e no que o diminuto protagonista ten unha visión moi particular das cousas ao seu arredor. Signatura: BPC C ARJ soy (azul)

Yo mataré monstruos por ti

/ Santi Balmes; ilustraciones de Lyona. -- Barcelona: Principal de los Libros: La Vecina del Ártico, 2012. ISBN 978-84-938978-8-8 Martina non pode durmir polas noites porque ten medo. Cre que baixo o chan se agocha un mundo habitado por monstros de cores que camiñan coa cabeza cara abaixo. Signatura: BPC C BAL yom (azul)


Nenos de 3-5 anos (http://rbgalicia.xunta.es/coruna) Monstro Pequeno di non!

/ Kalle Güettler , Rakel Helmsdal e Áslaug Jónsdóttir. -- Cangas do Morrazo: Sushi Books, 2014. ISBN 978-84-15920-24-3 Cando monstro Grande peta na porta monstro Pequeno di Non!, porque monstro Grande non se porta ben e non é bo amigo. Este conto fala da amizade e da boa educación. Signatura: BOPC C GUE mon (azul)

Contos para contar

El cuento del lobo

/ texto de Helena Kraljic; ilustraciones de Anna Laura Cantone. -- Barcelona: Picarona: Ediciones Obelisco, 2014. ISBN 978-84-1611700-0. É realmente o lobo o malo da película? Os contos sempre o presentan como un ser malvado, aterrador, fero…, mais este conto é moi diferente. Este lobo é amable, disposto a axudar aínda que faga o que faga un lobo sempre é e será un lobo. Signatura: BPC C KRA cue (azul animal)


Nenos de 3-5 anos (http://rbgalicia.xunta.es/coruna) Los leones no comen pienso

/ André Bouchrad. -Zaragoza: Edelvives, 2014. ISBN 978-84-263-9176-6

A Clementina, que é unha nena moi obediente, non a deixan ter na casa un can nin un gato, así que un bo día regresa da rúa con un león! Os seus pais, os veciños, os amigos da escola... todos sofren as consecuencias de que Clementina teña unha mascota como esa. O león, lonxe de comer penso, vai devorando a todos os personaxes cos que se topa sen que Clementina se de conta diso. Signatura: BPC C BOU leo (azul animal)

Contos para contar

La vocecita / texto, Michael Escoffier; ilustraciones, Kris Di Giacomo. -- Madrid: Kókinos, 2013. ISBN 978-8492750-75-7

Perico quere facer caca. Agóchase detrás dunha árbore, mais acha que non hai papel para se limpar. Ve un calzón vello e furado colgado dunha póla, o usa e tira. De súpeto unha voceciña que se presenta como a súa conciencia o regaña e lle ordena que lave esa porcallada. O que Perico non sabe é de quen era realmente o suposto calzón… Signatura: BPC C ESC voc (azul animal)


Nenos de 3-5 anos (http://rbgalicia.xunta.es/coruna) Versos de colores

/ Carlos Reviejo; Xavier Salomó. -Madrid: SM, 2012. ISBN 978-84-675-5363-5

3º Premio Nacional ao Libro Mellor Editado 2013. Con este libro ilustrado o neno descobre o mundo das cores e familiarízase coa poesía. Signatura: BPC LM REV (verde)

Libros con música

Taquititán de poemas: antología de poesía

/ ilustraciones de Ana Palmero Cáceres; selección de poemas, MªElena Maggi y Mª Francisca Mayobre. -- Caracas: Ekaré, 2013. ISBN 978-980-257-3561 Táquiti-táquiti-táquiti-tán, soldadito e capitán. Unha estrela, dúas estrelas, comendo queixo e comendo pan. A delicadeza, dinamismo e corido das imaxes entretéxense coa musicalidade da linguaxe nesta antoloxía de poesía venezolana. Signatura: BPC LM TAQ (azul)


Nenos de 3-5 anos (http://rbgalicia.xunta.es/coruna) Pan de Millo / Migallas

-- Pontevedra: Kalandraka, 2013. ISBN 978-84-8464-847-5

Migallas Teatro anima a cantar e a bailar a toda a familia. Temas cotiás e ritmos diversos para practicar o xogo e a expresión dramática, recuperar a memoria dos maiores e potenciar o galego. Signatura: BPC González Garcés LM CAM pan (azul)

Libros con música

Pitusa Semifusa / letras, composición e dirección artística, Olga Brañas; ilustracións, Leandro Lamas. -- Vigo: Galaxia, 2014. ISBN 978-84-9865-525-4

Unha proposta para gozar da música dende as idades máis temperás da man dunha cativa, Pitusa Semifusa, cantareira e festiva, que irá avanzando polos pentagramas de todos os instrumentos, de tal xeito que a medida que van avanzando os temas, se van incorporando máis e máis ata rematar nunha completa Festa Musical.

Signatura: BPC LM BRA pit (azul)


Libros con música

Nenos de 3-5 anos (http://rbgalicia.xunta.es/coruna)

Xiqui Xoque, fiú fiú!

/ María Fumaça; ilustracións, P. Pastor. -- Vigo : Galaxia, 2014. ISBN 978-84-9865-521-6 + 2 Discos compactos (CD, DVD) A locomotora máis marchosa, e máis chea de vida e alegría que nunca se viu. Apetéceche subir con Ruí, con Uxía e con toda a familia Fumaça para cantar e bailar? Signatura: BPC LM MAR (azul audiolibro)


Nenos de 6-8 anos (http://rbgalicia.xunta.es/coruna)

Poesía, rimas e cancións

Brinca vai!

/ texto, Paco Nogueira; ilustracións, David Pintor. -Pontevedra: Kalandraka, 2014. ISBN 978-84-8464-877-2 Un libro-cd-dvd con 12 cancións compostas e interpretadas polo músico Paco Nogueiras. David Pintor elaborou as ilustracións desta publicación, que se completa cos videos dirixidos por Sr. Sagüillo, nos que colaborou o alumnado de varios centros escolares. Signaturas: BPC P (KAL) NOV bri (vermello) BPC P (KAL) NOV bri (vermello mostrador)


Nenos de 6-8 anos (http://rbgalicia.xunta.es/coruna) Waluk / Ana Miralles, Emilio Ruiz. -- Bilbao: Astiberri, 2011. ISBN 9788415163121

Un osiño polar é abandonado pola súa nai e pégase a un vello oso rosmón que o vai ensinar a desenvolverse ante os avatares da vida. Signatura: BPC COM MIR wal (vermello)

O raposo e a mestra

/ Manuel O'Rivas . -- Vigo: Xerais, 2013. ISBN 978-84-9914-576-1 O raposo Pindo posúe as características de astucia propias do raposo dos contos tradicionais. Mais tamén é un soñador que pensa, entre outras cousas, que pode voar coma se fose un helicóptero, convertendo o seu longo rabo en hélice. É un gozador da paisaxe mariñeira e ata un ecoloxista que non sabe que o é, pois gusta da beiramar ou do canto das baleas. Coma calquera de nós, goza contemplando como o Sol se afunde no mar. Signatura: BPC C (SOP) RIV rap (vermello animal)

Contos para contar


Nenos de 6-8 anos (http://rbgalicia.xunta.es/coruna) Las doce princesas bailarinas: un cuento de los hermanos Grimm / Sophie Koechlin, Miss Clara; ]. -- Madrid: Edelvives, 2013. -ISBN 978-84-263-8912-1.

O rei non se explica por que, malia encerrar cada noite baixo chave ás súas doce fillas, ao seguinte día amencen cansas e coas súas zapatillas esnaquizadas. Promete entón o seu trono e a man dunhas das princesas a quen desvele o misterio. Moitos príncipes acoden, mais todos fracasan. Ata que chega un humilde soldado que consegue, grazas a unha axuda máxica, seguir ás princesas na noite. Signatura: BPC C (GRI) LAM (vermello)

Dos amigos / un cuento de Paz Rodero; ilustrado por Jozef Wilkon. -- Madrid: Kókinos, 1995. ISBN 84-88342-17-9.

Conto sobre a amizade que triunfa por riba de todo, dos costumes, da forma de vida e mesmo do destino. Signatura: BPC C ROD dos (vermello)

Contos para contar


Nenos de 6-8 anos (http://rbgalicia.xunta.es/coruna) El chico del bosque

/ Nathalie Minne. -- Zaragoza: Edelvives, 2013. ISBN 978-84-263-8693-9. O rapaz do bosque é ledo no seu fogar. Ás veces visítao seu amigo da vila, a quen lle descubre a beleza oculta das árbores, os xogos dos animais e o canto da noite, e a quen axuda deste xeito a ir perdendo o medo que o bosque lle inspirabaSignatura: BPC C MIN chi (vermello)

El hombre que quiso conocer a la luna

/ Elena Hormiga. -- Madrid: Edelvives, 2012. ISBN 978-84-263-8633-5. O Sol e a Lúa son dous ou son un? O pescador parece ter claro e, para demostralo, sae na busca da resposta alén do horizonte, a un mundo paralelo onde coñecerá as leis que rexen a natureza. I Premio Internacional Álbum Ilustrado Edelvives. Signatura: BPC C HOR hom (vermello)

Contos para contar


Nenos de 6-8 anos (http://rbgalicia.xunta.es/coruna) Catro amigos pillabáns

/ Ramón Caride . -- Vigo: Xerais 2012. ISBN 978-84-9914-339-2. A Manporquiño, Murrigato, Caracol Col e Murrato gustaríalles vivir aventuras como as dos personaxes das películas que ven no cine. E un día o seu desexo faise realidade. Grazas á aparición dun bastón máxico, iniciarán unha emocionante viaxe que os levará a cruzar o océano e chegar ata Australia, onde terán que atopar o xeito de regresar ás súas casas. Signatura: BPC C (SOP) CAR cat (vermello animal caixón)

Verdedades

/ Yolanda Castaño; ilustracións, Xosé Tomás. -Cesuras, A Coruña: Biblos Clube de Lectores, 2012. ISBN 978-8415086-31-4.

A fortuna conxuga ás veces os elementos para que nazan marabillas. Tal é o caso de Verdedades, que constitúe unha chamada a persoas de todas as idades para que disfruten da vida á marxe dos problemas do día a día. Signatura: BPC C HOR hom (vermello)

Contos para contar


Nenos de 6-8 anos (http://rbgalicia.xunta.es/coruna) Mi abuela no se acuerda de mi nombre

/ Rodolfo Esteban, Mai Egurza. -- Madrid: Dibbuks, 2012. ISBN 978-8492902-90-3. Este conto está destinado a que as persoas adultas vexamos e entendamos o Alzheimer desde a perspectiva dunha meniña. Á máis pequena da familia non lle importa a enfermidade, pode que non a entenda ou non saiba o que é, mais non lse avergoña dela, tan só quere estar cos seus seres queridos, sexan como sexan, algo que as persoas adultas aínda debemos aprender. Signatura: BPC C EST mia (vermello)

La pregunta del elefante

/ Leen van den Berg . -- Granada: Barbara Fiore, 2012. ISBN 978-84-15208-28-0 Un álbum cálido e emocionante sobre as múltiples facetas do amor. "¿Cómo se puede saber si se quiere a alguien?“. Signatura: BPC C BER pre (vermello)

Contos para contar


Nenos de 6-8 anos (http://rbgalicia.xunta.es/coruna) Lobo grande & lobo pequeño

/ Nadine Brun-Cosme; Olivier Tallec. -- Madrid: Jaguar, 2012. ISBN 978-84-15116-165. Fai tempo lobo grande vivía alí, só baixo a súa árbore, no alto do outeiro. Un día apareceu lobo pequeno. Agora, baixo a árbore, eran dous. Para lobo grande, o solitario, non era fácil aceptar ao outro lobo, aínda que fora pequeno e tamén estivera só. Un libro sinxelo capaz de contar unha historia profunda e complicada sobre a soidade e o valor da amizade. Signatura: BCP C BRU lob (vermello animal)

O estrambótico Principiño

/ Pinto & Chinto. -- A Coruña: Bululú, 2013. ISBN 978-84-941411-7-1. O Principiño de Antoine de Saint Exupéry permite á recoñecida e multipremiada parella Pinto & Chinto achegar aos máis pequenos (e aos seus maiores) este título clásico dende unha visión amena, chispeante e divertida. Un xeito perfecto de atraer posteriores lecturas ao orixinal. Signatura: BPC C PIN est (vermello)

Contos para contar


Nenos de 6-8 anos (http://rbgalicia.xunta.es/coruna) Elefante, un guisante

/ Rafael Ordóñez; Marc Taeger. -Pontevedra: Kalandraka, 2014. ISBN 978-84-92608-82-9. Unha fauna mansa e vexetariana aparece nas páxinas deste divertido xogo de palabras rimadas. Creados coa técnica do linogravado, animais e froitas forman un sorprendente mosaico de cores e formas. Signatura: BPC C (KAL) ORD ele (vermello animal)

A burra Ramona / Paula Carballeira; ilustracións,

Xosé Tomás. -- A Coruña: Baía, 2013. ISBN 978-84-9995-080-8 A burra Ramona, un bo día, deixa de traballar e decide que quere voar. A súa decisión vai influír nunha chea de personaxes que, colaborando con ela, van conseguir realizar os seus soños aprazados e mesmo desouvir os mandados do exército e do rei. Signatura: BPC C CAR bur (vermello)

Contos para contar


Nenos de 6-8 anos (http://rbgalicia.xunta.es/coruna) Los gulinos

/ Luis Amavisca; Noemí Villamuza. -- Madrid: NubeOcho., 2014. ISBN 978-84-942360-3-7 Ven connosco ao planeta Gala e descobre todas as súas marabillas: os galárboles, as galatinas e os galaordenadores... Coñecerás tamén os Gulinos, uns simpáticos alienígenas que intentan salvar o seu planeta. Signatura: BPC C AMA gul (vermello)

As lentes de ver / Margarita del Mazo; ilustracións, Guridi. -Huesca: La Fragatina, 2014. ISBN 978-84-942019-8-1

Carlitos é un meniño pequeno e baixiño que só ten ollos para Inés. Porén, é invisible para ela, por máis que o intenta Inés no o ve, nin sequera cando se pon lentes de ver. Nin corto nin preguiceiro el tamén se fai cunhas lentes e entón descubre algo que non sospeitaba que existira. Ser invisible non é sempre un superpoder, moitas veces é unha maldición, un reto ou unha oportunidade inesperada. Signatura: BPC C MAZ len (vermello)

Contos para contar


Nenos de 6-8 anos (http://rbgalicia.xunta.es/coruna/) La abeja de más

/ Andrés Pi Andreu, Kim Amate. -- Barcelona: Takatuka, 2011. ISBN 978-84-92696-58-1 Lista de Honor IBBY'13 No panal armouse unha grande rebuldaina. Cada día parece que hai menos espazo dispoñible. Unha comisión de abellas elixidas para ese efecto ponse a estudar as causas destas estrecheces e chega á conclusión de que a falta de espazo débese a que hai unha abella de máis. As sospeitas planean sobre todas as abellas do panal, pero ningunha das hipóteses sobre como pode ser esa abella foránea levan a un resultado concreto, polo que as abellas reunidas en asemblea deciden poñer fin á procura e darlle unha solución solidaria a esta falta de espazo Signatura: BPC C PIA abe (vermello animal)

Contos para contar


Feliz verรกn!


Un mar de soles: lecturas para o verán  

Guía de lectura para nenos de 3 a 8 anos.

Advertisement
Read more
Read more
Similar to
Popular now
Just for you