Page 1

Nº 5, marzo 2.010 CEIP. de CHANS-BEMBRIVE ENDL: Obradoiro de xornalismo Curso 2.009/2.010

Ao longo do trimestre tivemos moitas visitas na nosa escola, entre elas están ós autores dalgúns libros que leramos nas aulas.

O 12 de marzo veu a este colexio a autora de “Ota quere voar”: Ánxela Loureiro. Díxonos que con este libro gañou moitos premios, a nós gustounos moito. Ensinounos unha canción que inventara cos seus alumnos e alumnas para un concurso. Tamén nos contou cousas do libro “Viaxe de ida e volta”, que o leron os compañeiros de cuarto. Con el tamén gañou un premio. Pasámolo moi ben con ela.Foi un rato moi divertido! Alumnado de 3º de Ed. Primaria

O pasado venres 12 de marzo estivo con nós a escritora Ánxela Loureiro. Ela escribiu os libros “Ota quere voar”, “Viaxe de ida e volta” e “Camiño Perigoso”, que lemos en terceiro, cuarto e quinto. Ela é graciosa, agradable, simpática e pasámolo moi ben. Fíxemos moitos xogos, amosounos a súa colección de buxainas ou peóns, e tamén cantamos a canción “Son un ledo caracol” que aparece no libro. Ao final fixémoslle algunhas preguntas. Alumnado de 4º de Ed. Primaria.

O debuxante e ilustrador Abrahán Carreiro visitounos o mércores 17 de marzo. Debuxounos os protagonistas do Conto A PEL DO CROCODILO, o elefante, a xirafa, o rinoceronte, o paxaro, a leoa e a cebra, que leramos na clase. Contounos que este conto pertence á colección “Contos que len outros nenos do mundo”, e díxonos que o que leramos nos era un conto popular de Namibia. Tamén debuxounos a mascota desta colección, unha cegoña. O que máis nos gustou foi cando asinou dedicatorias nos nosos libros. Alumnado de 2º de E.P.


DÍA DA PAZ O día 29 de xaneiro celebramos o "Día escolar pola Paz e a non-violencia". Este ano reflexionamos sobre a necesidade de “Aprender a querernos” e o día sinalado depositamos na Caixa dos Desexos as nosas mensaxes de cor esperanza. Logo cantamos todos xuntos a canción “COR ESPERANZA”. Cantamos por un mundo mellor, por unha escola mellor e para que a árbore da paz brote nos xardíns da nosa escola".

Alumnos e alumnas de Ed. Infantil participando no obradoiro Camiña con nós pola IGUALDADE que nos achegou a escola o Concello de VIGO.

Uns días antes á celebración do Día da Paz participamos nuns Talleres Interculturais que desenvolveron na escola membros da Asociación Multicultural de Mulleres. Para elo contamos coa presenza de mulleres de distintos países que nos amosaron vídeos e fotografías dos seus respectivos países

O dia 8 de marzo celebramos o "Día internacional da muller" para conmemorar ese día tan especial para todas as mulleres do mundo. Este ano fixemos unha homenaxe ás nais, tías, avoas, titoras...Ese mesmo día varias nais aceptaron vir a escola a falar dos seus traballos aos distintos cursos. Estiveron na escola unha enfermeira, unha hixienista dental, unha paisaxista, unha avogada, unha profesora de música, outra de universidade, unha condutora de autobús, unha celadora,.. .Ao final,a todas esas mulleres a escola entregoulles un agasallo. —- Foi un día moi especial e bonito —


O venres día 19 de febreiro os nenos e nenas de 6º foron ao Parque do Castro para dar unha clase de EDUCACIÓN VIAL con bicicletas e karts. Foi unha saída moi emocionante: aprenderon a montar en karts; e recordaron as normas para circular en bicicleta pola estrada: o respecto ás sinais de tráfico, cando hai que frear, onde se pode aparcar, onde se debe ceder o paso...No parque teñen semáforos e rotondas, con aparcamentos e areas para descansar. Ao tempo que uns montaron en bici outros o facían en karts, e despois ao revés. Cando remataron, puxéronlle un test para comprobar se aprenderan as normas de seguridade. Ao final déronlle a todos uns agasallos (unhas carteiras), e aqueles que tiveron as mellores notas déronlle unhas camisetas. Grazas a Policía Municipal de Vigo por ofertarnos esta actividade.

SAÍDA Á CORUÑA O día 10 de marzo os/as nenos/as de 6º fomos a cidade da Coruña a visitar os seus museos: A Casa das Ciencias, A Casa do Home -Domus- e a Casa dos Peixes, o seu Acuario. Na casa das Ciencias gozamos dos pitiños e dos diversos xogos que alí hai e estivemos nun planetario. No Domus fixemos un control mental, fixemos probas físicas e vimos una película en tres dimensións, e no Acuario vimos tiburóns, peixes e ata focas. Foi un día inesquecible!

Alumnado de sexto de primaria visitando as instalacións da radio e televisión do grupo de comunicación RADIO VIGO e LOCALIA Alumnado de primeiro de primaria na súa visita á CASA DAS PALABRAS - VERBUM - para participar na actividade CONTOS PARA FALAR, organizado polo Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Vigo.

Os nenos e nenas de 5º a principios de marzo, dentro do programa do Concello “Vigo por Dentro”, participamos nunha saída a Praia de Fontaíña de Coruxo. Con nós estivo unha monitora chamada Mónica, que nos ensinou como coidan as dunas e as plantas que viven nelas, como se chaman as distintas especies que habitan na zona e as embarcacións tradicionais da ría

Pasámolo xenial


Nº 5, marzo 2.010 CEIP. de CHANS-BEMBRIVE ENDL: Obradoiro de xornalismo Curso 2.009/2.010

O pasado día 12 de febreiro celebramos no colexio a festa do Entroido. Este ano tódolos cursos nos disfrazamos de culturas, diferentes a nosa. No festival estiveron moitos pais e nais que aplaudiron e disfrutaron co desfile das comparsas. Despois do carnaval nos deixaron un tempo libre para facer fotos, xogar e pasalo ben. No comedor ese día tiñamos un postre especial, orellas de carnaval.

Os de Ed.  Infantil foron de Exipcios/as, 

Os de 1º foron de Africanos/as, 

Os de 3º foron de Zíngaros/as, 

Os de 5º foron de Indios/as,  

Os de 2º foron de Hawaianos/as, 

Os de 4º foron de Chinos/as, 

e os de 6º foron de distintos países  do mundo coas   súas respectivas bandeiras.


Coma xa é tradicional despedimos o ano 2.009 co noso Festival de Nadal. Nel houbo panxoliñas, cancións, baile, e teatro. O pasamos moi ben e contamos coa presenza dun numeroso grupo de pais, nais e avós. O xinnasio quedanos pequeno para estas celebracións. Rematamos o festival felicitando o Nadal e repartindo uns moi sentidos desexos de paz.


Co motivo do 6º aniversario da residencia da terceira idade no Meixoeiro de Bembrive fomos invitados a participar na súa festa. Alí fomos @s nen@s de 6º curso. A nosa función empezou coa actuación das pandereteiras que tocaron dúas pezas que recibiron uns grandes aplausos. Despois representamos para os residentes unha obra de teatro chamada:Aventuras e desventuras dunha espiña chamada Berenguela. Os de sexto creen que todos os residentes pasárono ben.

O día 27 de xaneiro os nenos/as de 6º fomos de excursión ao IFEVI a ver un concerto de Dani Griffin. O concerto foi en inglés e algunhas das cancións están no noso libro de inglés Galaxy-Book.Todas as cancións ensaiámolas nos recreos, pero valeu a pena porque foi moi divertido poder cantar con el nove cancións, cada unha mais divertida ca outra. Dentro do programa do Concello de Vigo “VIGO ACTIVITIS” para mellorar o noso coñecemento do Inglés en febreiro tivemos con nós a un señor de SWATZILAND coa actividade FALAME DO TEU PAIS.

UNHA CLASE DE MÚSICA DIFERENTE

A ENTREVISTA: Patricia Amigo, titora de 2º B • Cal é a materia que mais che gusta dar? Resposta: Gústame todas pero especialmente o coñe cemento do medio • Tes algunha anécdota de cando comezaches a traballar? R. Eu empecei substituíndo nunha escola infantil de Baiona e tras uns días atopei a plastilina raiada e con mordiscos e despois duns días de incesante busca atopei unha caixa con COLA-CAO un niño de ratos. Que asco! Pero acabamos con eles. • Traballaches noutra cousa a parte de ser titora? R. Si, estiven 16 anos como profesora de pedagoxía terapéutica. • Cantos anos levas traballando? R. Dende hai 21 anos • Estas contenta cos teus alumnos? R. Si son moi riquiños e traballadores aínda que requiren moito traballo. • Por que decidiches exercer a profesión de mestra? R.Porque gústanme os nenos e encántame ensinar e aprender.

Colabora con n ó s …

Esperamos as vosas noticias, historias, propostas … informate.chans@gmail.com http://informate-chans.blogspot.com/

O martes 9 de marzo os/as nenos/nenas do terceiro ciclo (5º e 6º) fomos a CAIXANOVA. Fomos recibir unha clase sobre os instrumentos da orquestra. A profesora de música, Ana, ensinounos unha canción que cantamos no concerto. A orquestra tocou moitas cancións coñecidas: Os Simpson,a do formigueiro, Indiana Jones...

Os instrumentos tamén nos eran coñecidos: a frauta traveseira, a trompeta,a batería,o trombón de varas... ¡¡¡¡FOI UNHA CLASE DIFERENTE , MAIS  DIVERTIDA QUE DE COSTUMBRE¡¡¡¡ 

O SAN BLAS O día 3 de febreiro celebrouse en Bembrive a festa de San Blas, e como non tivemos cole porque era festivo en Bembrive. Algúns nenos e nenas foron a festa e seguramente o pasaron xenial nos fúranchos comendo chourizos, orellas de porco… Ademais os fúranchos levaban moito tempo abertos. Seguro que toda a xente o pasou de marabilla! S O M O S

Uxia Cosquet Bonner Carmen Villasur Villalba Raquel Llauger González Noa Redondo Lorenzo Noelia Lago Fernández Sabela Gil López

5ºA 6ºB 6ºA 5ºB 6ºA 6ºA

Alba Cobo Galloso Alba Pérez Lareu Marco Antón Gómez Reus Maríya Ilieva Polikarska Tania Gómez Abraldes

Coord. Juan Carlos Abalde González

6ºA 6ºB 5ºB 5ºA 6ºA

Infórmate Nº5  

ENDL: Obradoiro de xornalismo Curso 2.009/2.010 O 12 de marzo veu a este colexio a autora de “Ota quere voar”: Ánxela Loureiro. Díxonos que...