Page 1

Nº 1, decembro 2.008

CEIP. de CHANS-BEMBRIVE

ENDL: Obradoiro de xornalismo

Curso 2.008/2.009

Queridos nenos e nenas de Chans:

Naceu Infórmate, unha nova forma de comunicarvos as noticias que ocorren no noso entorno. O noso obxectivo é informarvos sobre excursións, charlas e de todas as novas en xeral. Pero esta non é a nosa única ambición, tamén queremos que colaboredes con nós, e nos enviedes cousas para poder mellorar. Haberá unha caixa de correo aberto para todas as vosas suxestións, peticións, preguntas… tede por seguro que Infórmate estará sempre aberto a

O xoves 18 de setembro visitounos a Banda de música Ateneo Musical de Bembrive. Tocaron algunhas pezas, entre elas varias moi coñecidas, como “A Panteira Rosa”. Merece unha mención especial o talento musical da nosa compañeira Carla, de 6ºB, que toca o clarinete nesta banda.

Excursión ao Grupo Radio Vigo

A finais de setembro, o alumnado de 6º realizou unha saída a “Radio Vigo, Grupo de Comunicación” que comprende as emisoras de radio “Cadena Ser Vigo”, “Os 40 Principais Vigo”, “Cadena Dial Vigo” “Máxima FM Vigo”, a cadea de televisión “Localia Vigo” e a revista “Zona Urbana”. No transcurso da saída ensináronlles moitas cousas. Explicáronlles como funciona unha emisora de radio, os elementos que a forman, as persoas que traballan nela … tamén viron como emitían as cancións e as cuñas publicitarias, e ata gravaron unha do Colexio Chans!

A parte de Localia tamén foi moi divertida para o alumnado. Ensináronlles o funcionamento do “croma”, un escenario interactivo que facilita moito o traballo, xa que cun simple “clic”, podes pasar do escenario dos informativos ao dun programa deportivo. Ademais, explicáronlles como funciona o “Telepronter”, unha especie de pantalla onde o presentador ou presentadores poden ir lendo o que teñen que dicir. Tamén viron a sala onde se xestiona todo, para que nada falle. Os oficinas da revista “Zona Urbana” non llas ensinaron, porque só tiñan ordenadores e nada máis interesante. O que si viron foi unha impresionante foto de Vigo hai 100 anos, e outra actual na que se ve como cambiou a cidade . Ao rematar a saída, entregáronlles dous agasallos: un Chupa-Chups e unha mochila moi práctica, cun peto para os CDs e todo.


A VOLTA DO TRASNO Este ano os/as nen@s da escola levaron unha sorpresa, volveu o Trasno Contacontos!. Escribiunos unha carta e tamén nos regalou un marcapáxinas a cada nen@. Animounos a ler con esta frase: Sube co trasno á árbore dos soños. Logo fomos a biblioteca a ver un vídeo do Trasno no que dicía que cada libro tiña un círculo dunha cor, segundo a cor do círculo o libro era para 1º, 2º ou 3º ciclos de primaria. Logo tamén nos dixo que no corredor en fronte da biblioteca hai unha caixa de correo (buzón) no que os nenos que queiran poden mandarlle unha carta explicándolle porque os libros son tesouros. Así que animádevos a ler libros e escribirlle ao Trasno. Unha boa noticia para todos os lectores e lectoras de Chans: A biblioteca cambia de cara, logo de facer algúns cambios podemos volver gozar da maxia dos moitos libros, tanto en galego como en castelán, que hai neste fabuloso lugar. Para celebrar este acontecemento, os nenos e nenas de 6º prepararon unha obriña teatral sobre os libros e representárona a todos os cursos. A obriña servía para ensinar que os libros están para lelos, e non para pintalos, rompelos nin nada parecido. Así que, cando collades un conto da biblioteca, tede coidado e devolvédeo tal e como estaba.

O Magosto

O 7 de Novembro celebramos unha das festas máis populares de Galicia: O Magosto. Á hora do recreo baixamos ao patio e montamos as fogueiras, onde se asaron as castañas e os ricos chourizos. Este ano a celebración foi moi diferente, pois non se fixo no lugar de sempre, porque estaba feito un lamazal. Así que o realizamos no patio da escola, na zona de terra. As pandereteiras fixeron a súa actuación como todos os anos pero esta vez non foi igual, pois había dous grupos. Así foi mellor e máis divertido. Como de costume pasámolo xenial correndo e xogando. Ademais a comida estaba moi rica.

“O Magosto foi fabuloso: Que ganas de repetir!”


HALLOWEEN(SAMAÍN) EN CHANS: Os nenos e nenas de Chans celebramos a festa do Halloween que foi o comezo do outono. Case todos os nenos e nenas colaboramos decorando cabazas. Todas eran distintas , e convertemos o colexio nun lugar fantasmal. Por último fixemos un mural e nunha mesa expuxéronse todas as cabazas xuntas con velas . Foi moi divertido .

OBRADOIRO DE COCIÑA EN CHANS O último martes de outubro participamos no cole nun obradoiro de cociña. Ensináronnos: como é a dieta mediterránea; cantas comidas se fan ao día: almorzo, parva, comida, merenda e cea. Tamén nos ensinaron como hai que comer bos alimentos todos os días: aceite, auga, froitos secos, verduras e hortalizas, lácteos, cereais e froita. Catro veces a semana: aves, ovos, legumes e peixe. Unha vez a semana: carne, refrescos e doces. As profes nos axudaron a preparar un prato e logo comémolo. Fixemos unha ensalada mediterránea con tomates cherry, atún, espinacas, espárragos, olivas negras, granada, piñóns, tanxerina, cenoria e cebola. A comida estaba moi boa. Foi un día moi divertido. O día 17 de setembro , viñeron uns mozos dun equipo de béisbol . Ao director , ocorréuselle chamar a uns xogadores deste deporte para que nos ensinaran o básico. Esta clase tan diferente tivo tanto éxito que agora e unha actividade extraescolar. Viñeron tres xogadores para dar a clase pero, para béisbol, vai tan só un. Os nenos que se apuntaron xa xogaron un partido pero perderon. Teñen que mellorar moito aínda, porque os seus adversarios levan máis tempo adestrando e son mellores. En decembro, cambiaron de adestrador, esperemos que con este melloren. O béisbol é unha actividade divertida, e animamos a todos para que o ano que ven, vos apuntedes. A Poli en Chans

O mércores 10 de decembro houbo unhas charlas de Educación Viaria para o alumnado de infantil, primeiro, terceiro e quinto. Viñeron dous policías do concello a dálas, Pili e Tucho. Trouxéronnos agasallos para todos, bolis e

TEMPO DE PODA Durante o pasado mes, o noso colexio tivo un gran cambio de “look”. E é que, en Novembro, podaron as árbores que hai dentro do recinto. A escola parece outra sen as follas que antes adornaban as polas das nosas árbores. A mala noticia é que o colexio quedou un pouco máis feo e ten menos cor verde. Pero tamén hai boas noticias, e unha delas é que agora podemos ver a Ría de Vigo e as Illas Cíes con máis claridade que antes.

Onde se a g o c h a r á


Obradoiro de robótica: O Enxeño O luns día 10 de novembro, o alumnado de 6º foi de excursión ao C.U.V.I, á Facultade de Telecomunicacións. Alí, varios monitores ensináronlles aos nenos e nenas asistentes a montar e programar un enxeñoso robot de Lego. Estes simpáticos aparellos podían camiñar cara adiante, cara atrás, debuxar un cadrado … e ata podían xogar ao golf ou ao fútbol! Os nenos dividíronse en grupos de 3 ou 4 alumnos para construír e programar un robot. O software de programación era moi sinxelo e divertido e fácil de entender. En canto á parte de construcción, tamén era sinxela e divertida, e a todos os que lles gustan os Legos e os Bionicle, tamén lles gustaron estes aparellos. Compóñense dunha consola central, onde están gardados os programas, as pezas de Lego, e catro sensores: de sons, de tacto, de distancia e de luminosidade. En canto os nenos e nenas comezaron a construír, sentiron curiosidade por ver como funcionaba o aparello e familiarizáronse con el moi rápido. Algúns din que foi unha das mellores saídas que tiveron nunca. A media mañá, os nenos tomaron unha gran merenda por cortesía da Universidade, para repoñer forzas despois da “ardua labor” de facer un robot, e ao final, foron obsequiados con dous fabulosos regalos: unha estupenda gorra, regalo de R, e unha simpática camiseta onde aparecía un destes robots, chamados “Mindstorms”.

O NADAL CHEGA A CHANS

A ENTREVISTA …….

Luísa, a Orientadora De onde es? − Son de Monforte de Lemos (Lugo), e de Vigo por adopción. Por que decidiches facerte profesora? − Porque me gustan moito os nenos, e por un profesor que tiven de pequena que me marcou moito. En que consiste o teu traballo? − Consiste en tentar atopar solucións aos problemas que van xurdindo no día a día. Gústache o teu traballo? − Sí, me encanta. Cóntanos algunha anécdota. − O primeiro día de cole chegou un neno perdido de outra escola. Foi a miña primeira experiencia en orientación, xa que tiven que orientalo. Que tal te sentes en Chans? − Moi ben. Gustaríame repetir o ano que ven. Espero que vós esteades contentos comigo.

Como todos os anos por estas datas, celebramos no colexio o Nadal, unha das festas favoritas de case todo o mundo. O noso festival non faltará á súa cita, e todos os cursos participarán nel con panxoliñas, obras de teatro. O grupo das pandereteiras tamén actuará, e seguro que o fará xenial. Tamén haberá una sorpresa, pois pode que nos visite alguén especial. Só dicirvos que haberá moitas sorpresas e que non faltedes á cita. Ademais do festival, hai outras actividades, coma o concurso de postais de Nadal (gañadora, Alba Cobo Gayoso, 5ºA), e a realización dun calendario feito polos nenos e nenas do colexio. Nada máis que contarvos, só queremos desexarvos un feliz Nadal de parte de todo o equipo de “Infórmate”, e darvos as grazas por ler o periódico ata o final.

Grazas e Feliz Nadal!

COLABORA con nós … Esperamos as vosas noticias, historias, propostas ... informate.chans@gmail.com http://informate-chans.blogspot.com/

S O M O S

• • • • • •

Alba Cobo Gayoso 5ºA Alba Pérez Lareu 5ºB Carmen García González 6ºB Diego Mojón Álvarez 6ºB Inés López Rodríguez 6ºA Víctor Bahillo Arce 6ºA COORDINA: J. C. ABALDE (ENDL.)

Infórmate Nº1  

CEIP Chans - Bembrive

Read more
Read more
Similar to
Popular now
Just for you