Page 1

​ Recomendacións de inverno Chega o inverno cos seus días máis curtos, máis fríos e as vacacións de decembro no colexio.. Para poder pasar mellor estes días parécenos convínte facer algunhas recomendacións: ●

Aproveitar sempre que poidamos para acudir a algunha das numerosas actividades que se fan nestes días: teatros, contacontos, pasarrúas, ….ou simplemente pasear pola vila.

Pasar o tempo en casa con algunha actividade en familia: xogar, ler un libro, ver unha película, bailar …..

Como a oferta que temos arredor é cada vez maior, recollemos algunhas novidades en libros, xogos, xoguetes, música, por si vos pode axudar.

Desexámosvos unhas boas vacacións!!!

Mais cancións na canle de youtube de Editorial Galaxia https://www.youtube.com/user/sonarboretv


A Brétema María Victoria Moreno (Letras Galegas 2018) María Montes Sueiro (ilustracións) Ed. Urco Na aldea de Vilaxeada vive a señora Minia Senín, unha entrañabel velliña que devece polos aloumiños e agarimo das persoas que viven ao seu carón. A señora Minia está tan triste que non pode parar de chorar, mais axudada polo seu amigo o sol, a súa sorte vai mudar.


Este boletín foi elaborado no C.E.I.P. Chano Piñeiro coa colaboración de: Biblioteca Paporrubio Equipo de Dinamización Lingüística de Galego Departamento de Orientación

Recomendacións 2017  
Recomendacións 2017  
Advertisement