Page 1

ión l c i d E ecia esp SUMARIO Aberto o novo auditorio de vigo páx. 4 Os aeroportos galegos perderon 22 millóns páx. 6 O 80% dos españois en contra da xubilación ós 67 páx. 8 Morre Bin Laden páx. 13 Devastador terremoto en Xapón páx. 14

A redacción do Lamento das Galiñas Wtf! “Se por min fose, poríalle máis parvadas, pero había que meter noticias reais”, declara un dos compoñentes do grupo, referíndose ó periódico.


O LAMENTO DAS GALIÑAS

Martes, 20/05/2011

Vigo Accidente de camión en Teis Precipitouse por un talud duns 20 metros mentres cargaba cunha retroescavadora Un camión que cargaba cunha retroescavadora caeu por un terraplén duns 20 metros ata acabar na autopista AP-9. Foi un aparatoso accidente, aínda que non tivo graves consecuencias, xa que o conductor do camión atopábase traballando na operación da carga e puido saltar a tempo. O tráiler non chegou á calzada, senón que quedou atascado entre o desnivel e o gardarraíl, máis a Guardia Civil tivo que cortar o tráfico durante varias horas nunha parte dun carril, máis concretamente, unha saída cara Puxeiros. Cando se retirou o camión, o resto dos vehículos puideron circular con normalidade. Os feitos ocorreron a primeira hora da tarde. A Policía Local viguesa chegou ó lugar do suceso ás 16:15 gracias ós automobilistas que chamaron ó 112. Nun principio se cría que había lume no camión, máis afortunadamente resultou ser unha falsa alarma.

saltar antes de que o camión quedara empotrado entre o terraplén e a barandilla de protección. Segundo fontes policiais, o vehículo atopábase na zona debido á realización dunha obra. Os axentes da Guardia civil de tráfico que acudiron ó suceso afirman que non houbo moitos problemas de circulación. Óscar Iglesias

Fontes oficiais comentaron que, posiblemente, o peso da pá fixo que o vehículo desequilibrara, aínda que tamén cren que o propietario do camión non suxeitara ben os freos O conductor, J.J.V.I., un veciño de Marín de 44 anos non sufriu ningún dano xa que conseguiu

2


O LAMENTO DAS GALIÑAS

Martes, 20/05/2011

Narcorradar en Cíes Xa foron enviados a maior parte dos materiais O ministerio xa rematou todos os permisos necesarios para a construcción dunha torreta de comunicacións en Cíes, construída pola multinacional Indra, a cal permitirá á Garda Civil controlar, aproximadamente a finais do verán, calquera movemento no mar ata uns 180 km da costa. Este "narcorradar" forma parte dunha operación do Ministerio de Interior realizada nas Rías Baixas con tres obxectivos: loita contra o tráfico de drogas, detectar emerxencias no mar e perseguir a pesca ilegal. Baixo a nomenclatura de SIVE (Sistema Integrado de Vixilancia Exterior) moi parecido ao que controla as augas no Estreito de Xibraltar. A rede de comunicacións, conta, segundo Indra de seis estacións de vixilancia equipados con sistemas de radar e un sensor Optronic (visible e infravermello). En total, o Departamento de Rubalcaba, vai investir 7 millóns de € no sistema de vixilancia de última xeración.  O sensor debe engadirse ao centro de mando e control que será situado na sede da Garda Civil de Pontevedra, onde, día e noite, toda a información vai ser procesada a partir destas seis potentes antenas.  Fontes das forzas armadas confirmaron que o traballo estaba nunha fase moi inicial e que as instalacións serían paralizadas durante a Semana

Santa para así non interferir cos visitantes desta illa. Do material transportado por mar, a única vía posible, figuran uns 2.600m de tubería. Esta é a distancia que precisan cubrir os operarios para facer chegar o suministro eléctrico dende as centrais do Parque Nacional, ata o faro. Sendo esta a fase mais laboriosa do proxecto xa que os técnicos aproveitaran parte da infraestructura existente no mirador. No faro é onde situarase o complexo de comunicacións xa que é unha altura idónea para observar sen problemas o horizonte. Oficialmente, o Ministerio de Interior asegura que o “narcorradar” poderá vixiar ata a 10km de distancia mentres que os axentes con experiencia din que pode chegar ata as 100 millas, que son uns 180 km. Mentres, a illa de Ons, contará con un radar similar ao de Cíes, pero según asegura Interior podería chegar a ser mais potente. Este proxecto todavía non foi aprobado pola Autoridade Portuaria de Marín-Pontevedra polo que aínda non comezou. Adrián Estévez

3


O LAMENTO DAS GALIÑAS

Martes, 20/05/2011

Novo auditorio en Vigo

Máis de dúas mil persoas agardan na lista de espera a súa quenda para unha das visitas guiadas ao Auditorio. Os organizadores teñen completo o cupo para as próximas tres semanas e tanto no teléfono que figura na web do recinto, como o servicio de información municipal 010 advirten aos interesados de que deben ter paciencia e que se lles comunicarán proximamente as datas dispoñibles. As visitas realízanse todos os días ás cinco e media da tarde. O director das instalacións, Daniel Miranda, e un técnico municipal actúan de ciceróns destes novos turistas, que acceden polo vestíbulo principal e teñen o privilexio de subirse ao impoñente escenario para outear o patio de butacas desde a mesma perspectiva que terán os artistas. O inmenso oco de 35 metros de altura que oculta o telón da sala de concertos foi unha das partes que máis impresionou aos visitantes, que puideron entrar tamén no denominado "Camerino da Raíña", empregado por Luz Casal durante a súa actuación inaugural fai dez días. A impresión xeral do inmoble é moi satisfactoria. O grupo que onte participou na visita tivo como guía inesperado ao alcalde, ao que rodearon con preguntas sobre as dimensións do escenario, a capacidade das salas de conferencias e as posibilidades de aproveitar a terraza coa música en directo, tal e como planea a empresa

xestora unha vez que se adxudique o espacio reservado para o restaurante na cuberta. O inmenso balcón con vistas á Ría é a parte favorita dos visitantes, aínda que a súa pretensión co percorrido guiado "é ver aquelas zonas ás que non se poderá acceder os días do congreso ou concertos". Despois duns 45 minutos no interior, a corrente de aire fresco que circula na enorme praza que separa Mar de Vigo do hotel Carrís foi un alivio para os asistentes, que aproveitaron a presenza de Abel Caballero para demandar melloras na accesibilidade do complexo. A primeira solicitude que realizaron foi a necesidade de instalar unha varanda na escalinata principal e unha rampa para o aceso de persoas discapacitadas. Outro dos temas centrais da charla foi a necesidade de reorganizar as paradas de autobuses e instalar un paso de peóns xusto fronte ao Auditorio", pedían algúns veciños. Mellores conexións o transporte público é a demanda más recorrente xunto á necesidade de "completar" o recinto e facelo "máis humano" con bancos e máis mobiliario urbano que inviten aos vigueses a acercarse. Luís Bartolomé

4


O LAMENTO DAS GALIÑAS

Martes, 20/05/2011

Galicia Almacén de madeiras en Mos arrasado polo lume As chamas chegaron a ter 30 metros de altura e queimaron 2.000 metros cúbicos de taboleiros de madeira, un camión cargado de troncos e gran parte das instalacións Un enorme incendio arrasou o pasado 14 de febreiro o almacén da fábrica madereira Viuda de Antonio Pereira S.L. de Mos. As chamas chegaron a calcinar máis de 2.000 metros cúbicos de taboleiros preparados para a súa venda. Grazas o aviso ó 112 dun particular da zona, os bombeiros e os servizos de Protección Civil puideron chegar a tempo ó lugar do suceso. O foco do lume atopábase na nave onde se apilaban as madeiras preparadas para a súa venda e dende alí estendeuse ata as demais estruturas. Cando chegaron os bombeiros de Vigo, que levaban dous camións, dúas nodrizas con 13.000 litros de auga, unha motobomba e 16 efectivos, o incendio estaba xa moi estendido. Os primeiros elementos que protexeron do lume foron as vivendas cercanas o lugar do incendio e un depósito de combustible que había no interior da fábrica. A voracidade do lume danou a estrutura da nave e provocou a súa caída. As lapas, de 30 metros de altura, o fume e o elevadísimo calor dificultaron ós bombeiros rematar co incendio, mais non impediron que a primeira hora da mañá o tiveran baixo control.

Os bombeiros continuaron refrescando os palés, e pola tarde por fin retiraron os teitos dañados. Grazas á maquinaria dalgunha fábrica da zona puidose extinguir o incendio completamente. Respecto ós quince traballadores da fábrica, éstes non perderan o seu emprego. A empresa estima que poderá retomar a súa actividade en uns días, xa que a maquinaria non está dañada. Todavía se descoñecen as causas do brutal incendio, máis temos a garantía de que a fábrica cumpre con todas as normas de seguridade. Mais a pesar de rematar co incendio, os miles de litros de auga lanzados polos bombeiros arrastraron as cinzas e o combustible queimado ata o río lagares, provocando un vertido de auga negra. A concelleira de Medio Ambiente, Chus Lago, fixo construir varias balsas na carreteira e unha bomba recolleu a auga evitando que chegara á parte viguesa do río, máis tivo problemas con Augas de Galicia, xa que ela non tiña poder para tomar a decisión de atallar o vertido. Óscar Iglesias

5


O LAMENTO DAS GALIÑAS

Martes, 20/05/2011

Os tres aeroportos galegos perderon 22 millóns en 2010 Tan só o compostelá Lavacolla rebaixou as súas perdas. As de Alvedro subiron en millón e medio e as de Peinador en medio millón Os tres aeroportos galegos aumentaron as súas perdas o pasado ano nun 5,7 por cento, ata alcanzar os 16,47 millóns de euros, frente ós 15,57 millóns que se rexistraran o ano anterior, segundo os datos difundidos por AENA. Aínda tendo en conta estes datos, o conxunto dos 47 aeroportos españoles conseguiu reducir as súas perdas nun 15 por cento de media. Dos galegos, só o aeroporto Lavacolla conseguiu reducir as perdas do seu resultado en máis dun millón de euros, ata rebaixalas ata os 5,83 millóns. Este aeroporto tamén logrou mellorar o seu resultado operativo, con unhas perdas de 7,99 millóns de euros, o que supón unha mellora do 13 por cento respecto ó ano anterior. AENA atribúe este feito ó aumento dos ingresos por ser Ano Xacobeo e ó plan de austeridade aplicado o pasado ano e ás reformas no sistema de navegación aéreo. Por parte de A Coruña, as perdas a no resultado eleváronse ós 5,19 millóns de euros, frente ós 3,7 rexistrados no 2009. AENA resaltou que Alvedro mellorou os seus ingresos de explotación nun 3,4 por cento respecto ó ano anterior, máis tamén aumentaron os seus gastos debido ás obras da nova plataforma de estacionamento e dos parkings. Na parte de Vigo, as perdas no resultado,, aumentaron en medio millón, dende os 4,95 millóns de euros do 2009 ata os 5,45 do 2010. No último ano, Peinador reduxo os seus gastos de explotación nun 0,2 por cento, mais tamén reduxo os seus ingresos de explotación nun 0,7 por cento, polo que o seu resultado operativo, reflexa perdas de 7,4 millóns de euros. Óscar Iglesias

6


O LAMENTO DAS GALIÑAS

Martes, 20/05/2011

España Mantense a Cambios no imputación calendario escolar O Tribunal mantén a colaboración con ETA aos acusados do 'faisán'

O Tribunal Nacional acordou rexeitar a petición do fiscal para retirar o crime de colaboración cunha organización terrorista ETA que ocorreu o 04 de maio de 2006 no bar 'faisán' de Irún (Guipúzcoa). O fiscal suxeriu cambiar o crime de colaboración cunha organización terrorista pola divulgación do segredo. A Segunda Sección da División Criminal confirma coa opinión diverxente do xuíz José Ricardo de Prada, a decisión de Rose para imputar

Os escolares terán o próximo curso dous días máis de vacacións en Nadal; ademais os alumnos de Infantil e Primaria comezarán as clases con dous días de retraso xa que iniciarán o periodo lectivo o 12 de setembro, en vez do día 10 que este ano cae sábado. O final do curso, sen embargo, mantense para o 22 de xuño. En Secundaria, non obstante, os estudantes adiantarán a súa chegada ás aulas un día. O curso empezará o 16 de setembro pero terminará tamén un día antes, o 22 de xuño. Así consta no borrador do novo calendario escolar para o curso 2011-2012 que a Consellería de Educación trasladará aos sindicatos na próxima mesa sectorial. Segundo este calendario, os nenos terán vacacións en Nadal dende o 23 de decembro, incluíndo esta xornada, e en vez de incorporarse ás clases o día 8, como este ano, farano o día 10 de xaneiro, que é martes, o que lles permitirá disfrutar de dous días máis de vacacións. En Semana Santa tamén se interrompirá o período lectivo entre o 2 e o 9 de abril, ambos inclusive. Durante os Carnavais os escolares disfrutarán doutros tres días de vacacións. O 20, 21 e 22 de febreiro non haberá clases. Entre o 23 e 29 de xuño os profesores encargaranse de elaborar as actas de evaluación dos seus estudantes. Ademais a partir do un de setembro os docentes deberán estar xa incorporados ao seu posto de traballo, posto que nos primeros días dese mes celebraranse as probas de repesca do alumnado de Secundaria e Bacharelato que non houbese aprobado na convocatoria de xuño. Adrián Estévez

un delito de colaboración con terroristas o exdirector xeral da policía Víctor García Hidalgo e os outros dous acusados "non foi arbitraria nin inxustificada", xa que esta clasificación, “en absoluto parece descartada” de forma “provisoria e indiciaria”. “Os xuíces, Fernando García Nicolás e Julio de Diego, están en contra o parecer do criterio do fiscal Carlos Bautista, que, segundo a xurisprudencia do Supremo, "non é necesario para comunicarse cos propósitos da organización" para apoiar a existencia deste tipo de crime, non excluír os membros da Policía Nacional. “O representante do Ministerio Público fixo esta petición argumentando que non se pode probar que os reos "compartan as metas e obxectivos da organización terrorista, segundo fontes xudiciais Manuel Colmeiro

7


O LAMENTO DAS GALIÑAS

Martes, 20/05/2011

O 80% dos españois rexeita atrasar a xubilación Oito de cada dez están pouco de acordo co aumento da idade de xubilación aos 67 anos como prevé a reforma da Seguridade Social aprobado polo Goberno, segundo a última enquisa realizada polo Centro de Investigacións Especificamente, o 58,8% dos españois non concorda con esta medida (seis de cada dez), mentres que 20,6% están pouco de acordo. Así, só o 12,8% está totalmente de acordo coa iniciativa do Goberno e o 3,6% de acordo fortemente coa extensión da idade da reforma. Noutros aspectos da reforma do sistema de pensións, case o 70% dos españois están pouco ou nada de acordo coa extensión do período de cálculo das pensións de 25 anos, comparado cos 21,5% que aprobaron a iniciativa. En canto á posibilidade de recibir unha pensión completa, cando contribuíu por un período de 37 anos, o 45,3% dos entrevistados están pouco ou nada de acordo con estas medidas, mentres o 46,9 % a aceptan. Ademais, o desemprego segue a ser o principal problema para o 81,8 por cento dos cidadáns, o que confirma o pesimismo dos españois sobre a marcha da economía, considerandose o 79,5 por cento pasando por unha situación "mala ou moi mala". Tras o rexistro para a década que o paro alcanzou no barómetro de febreiro, cando se menciona como o maior problema do país, por 83,9 por cento na procura de marzo, a porcentaxe caeu lixeiramente para 81,8, seguido por problemas económicos (51,3 por cento) e políticos (20,2). Manuel Colmeiro

8


O LAMENTO DAS GALIÑAS

Martes, 20/05/2011

Madrid é a comunidade con mais accidentes Madrid é a rexión española onde máis frecuentemente se producen accidentes, (48,2 por cento), mentres que Canarias é a rexión onde son menos propensos a ter un accidente, cunha frecuencia do 24 por cento, a máis baixa en todo o país, segundo un estudo de Seguro Directo. Galicia ocupa o décimo lugar cun 29%. A pesar de ser a rexión con maior índice de accidentes, Madrid é a rexión onde se producen os máis graves. De feito, en termos de accidentes graves (como evidencia por todos aqueles cuxa reparación poderá ser superior a € 30.000) Madrid está clasificado 11, mentres que a rexión onde a maioría dos accidentes graves ocorren frecuentemente é Cantabria (5,7%, máis que o dobre da media nacional). En termos de idade, a frecuencia de sinistros é inversamente proporcional á idade do condutor: menor é esta, a maior frecuencia de accidentes. Mentres tanto, Madrid é a comunidade con maior frecuencia de accidentes en todas as franxas de idade, pero se temos en conta só os accidentes con danos á propiedade, a comunidade de Cantabria está por riba de todo. Conforme os días da semana, o accidente ocorre con máis regularidade durante a semana que o uso ocasional do vehículo durante a fin de semana en todas as rexións da Rioja e Canarias. Manuel Colmeiro

9


O LAMENTO DAS GALIÑAS

Martes, 20/05/2011

A diminución da velocidade surte efecto As multas por exceso de velocidade caeron á metade no primeiro mes de aplicación da nova lei Segundo a Dirección Xeral de Tráfico, as multas impostas o primiero mes de aplicación do novo límite de velocidade reducíronse ata a metade. Mesmo a velocidade media rexistrada en autopistas pasou de 113’92 km/h (2010) a 102’08 km/h (marzo de 2011). A velocidade media tamén diminuiu un pouco nas autovías, máis concretamente nun 6’4% no período anteriormente mencionado, pasando dende os 107’23 km/h ata os 100’36 km/h rexistrados o pasado marzo. Despois da imposición do límite, tamén caeu o porcentaxe de vehículos que sobrepasan os 120 km/h, pasando do 14’9% do pasado ano ata o 6’9% de este ano. Polo tanto, o número de infraccións detectadas polos radares fixos da DXT tamén diminuiu: no último mes de abril, os excesos de velocidade tamén caeron nun 47’3 por cento respecto ó mes de marzo. Volvendo ó número de multas, as sancións aplicadas pasaron de 5.857 (primeira semana de febreiro) a ser 2.282 8segunda semana de marzo). Óscar Iglesias

10


O LAMENTO DAS GALIÑAS

Martes, 20/05/2011

Mundo Dous caníbales comen mortos durante sete meses en Paquistán As autoridades paquistanís están a investigar o caso de dous homes detidos hai cinco días que confesaron terse alimentado de cadáveres durante sete meses Ambos os caníbales foron a un cemiterio na cidade de Dary Khan, na provincia oriental de Punxab, a desenterrar cadáveres e entón comelos. "A investigación continúa, pois tal vez máis persoas fagan o mesmo", sinalou por teléfono a fonte policial. Os caníbales están baixo custodia da policía, agardando xuízo as Forzas de seguridade paquistaní detiveron nos o pasado día 2. Manuel Comeiro

11


O LAMENTO DAS GALIÑAS

Martes, 20/05/2011

Berlusconi e os seus escándalos Silvio Berlusconi foi declarado "en rebeldía" por non presentarse no xuízo que se celebraba na súa contra el por prostitución con menores. O primeiro ministro busca gañar tempo mentres presiona para que o Tribunal Constitucional traslade o caso a unha corte que lle sexa máis favorable. Tampouco se presentou a suposta prostituta Ruby, que adoptou unha posición legal que lle vai ben ao Cavalieri. A xove alega que ela só ía cear ás festas do primeiro ministro, e que nunca fixo nada malo. Na contra, si sufriu dano "mediático" porque todo o mundo a sinalou como prostituta. No momento da apertura do proceso, comprobouse que non estaban presentes nin o primeiro ministro nin a xove marroquí Ruby, que mantivo relacións con Berlusconi cando era menor de idade. Berlusconi acolleuse para non presentarse ante o tribunal ao decreto de "lexítimo impedimento", que permite aos altos cargos non acudir ás vistas porque teñan que atender compromisos oficiais importantes, pese a que o Tribunal italiano sentenciou hai pouco que só os xuíces poden decidir se hai motivos suficientes. Os avogados de Berlusconi confirmaron que o primeiro ministro acudirá á visita do 31 de maio. Á vez Ruby, non se constituirá como parte ofendida no proceso. Non o fará porque non sufriu ningún dano pola parte do primeiro ministro. A letrada Paola Boccardi explicou que Ruby toma tamén esta decisión porque, de non facelo, "sería recoñecer que ía á vila de Arcore a prostituírse". E non era así, a xove "non ía prostituírse, senón a participar nas ceas", que Berlusconi celebraba alí. Tampouco se constituirá como parte fendida a axente d policía que se encontraba no seu posto a noite do 27 ao 28 de

maio do 2010, ando Ruby foi apresada por roubo, e posta en liberdade supostamente pola intervención do primeiro ministro. Mentres vai gañando tempo, o primeiro ministro presiona para trasladar o caso a un tribunal máis favorable para el. Berlusconi quere que o caso pase á do Tribunal de Milán, ao Tribunal de Ministros, que é o competente para os casos de abuso de poder, e onde ten máis apoio dos xuíces. Luís Bartolomé

12


O LAMENTO DAS GALIÑAS

Martes, 20/05/2011

A morte de Osama As probas de ADN confirman a morte do terrorista, asegurou un alto funcionario estadounidense. Ao 99,9 por cento “un dos cadáveres localizados na mansión de Abbottabad corresponde ao inimigo público número un dos Estados Unidos, segundo a fonte que falou aos medios, coa condición do anonimato. As forzas norteamericanas foron levadas ao edificio de tres plantas, tras máis de catro años perseguindo a un dos principais correos de confianza de Bin Laden, quen foi identificado por homes capturados tralos atentados do 11-S. Finalmente Bin Laden foi atopado despois de que as autoridades descubriran en agosto de 2010 que o correo vivía co seu irmán e as súas familias nun edificio inusual e con medidas extremas de seguridade, explicaron as autoridades estadounidenses. A vivenda encóntrase en Abbotabad, unha localidade a uns 60 km ao norte de Islamabad, onde residen moitos membros retirados do Exército paquistaní. O edificio, como oito veces o tamaño das casas cercanas, atópase nun vasto terreo que estaba relativamente apartado cando foi construído en 2005, se ben desde entón construíronse outras casas preto. Entre as medidas de seguridade había muros de entre 3,6 e 5,5 metros de altura coroados por arame de espiño e muros internos que dividían en distintas zonas o recinto, segundo os responsables. Dúas portas de seguridade restrinxían o acceso e os residentes queimaban o seu lixo, en lugar de deixala para que llela recolleran, como o resto de veciños. Poucas das ventás d edificio daban para o exterior e a terraza contaba cun muro de privacidade de 2,1 metros de alto, relataron os responsables. "Tamén é de destacar que a propiedade está valorada en aproximadamente un millón de dólares pero non ten teléfono ni servicio de internet", dixo un responsable, incidindo en que ademais "os irmáns non tiñan unha fonte explicable da súa riqueza". Os analistas estadounidenses déronse conta de que unha terceira familia vivía alí, ademais das dos dous irmáns. E a idade e a composición da terceira

familia correspondían coa dos familiares, incluída a súa muller máis xove, que se cría que estaban vivindo con Bin Laden. Abbotabad é un popular destino veraniego, situado nun val rodeado de verdes colinas preto da Cachemira paquistaní. Os milicianos islamistas, principalmente os que loitan na Cachemira baixo control indio, soían ter campos de adestramento preto da localidade. Por outra parte, varios medios norteamericanos, entre eles a CNN e o 'New York Times', informaron, citando, unha fonte oficial, que o corpo de Bin Laden fo lanzado ao mar tras haber sido tratado acorde coa tradición musulmana. Segundo o diario, tras ser abatido en Abbotabad, Bin Laden foi trasladado a Afganistán, onde foi lanzado ao mar. Sobre este asunto, o experto en estudios islámicos de Al Azhar asegurou que arroxar un cadáver ao mar contradí a "sharia" (lei islámica). Previamente, un responsable estadounidense indicou que Estados Unidos está realizando probas de ADN ao corpo de Bin Laden está empleando técnicas de recoñecemento facial para axudar a identificalo. Bin Laden foi identificado pola forza de asalto que o abaten nun tiroteo en Pakistán no que este ofreceu resistencia e foi abatido dun disparo na cabeza, dixo un responsable, que pediu manter o anonimato. Os resultados das probas de ADN deberían estar dispoñibles nos próximos días, recisou a fonte en declaracións a Reuters. A forza de asalto estivo en terra menos de 40 minutos e a operación estivo supervisada en tempo real polo director da CIA, Leon Panetta, e outros altos cargos dos servizos de intelixencia dende unha sala de conferencias na sede da CIA, en Langley, Virxinia. "Cando se soubo que a operación fora un éxito, os responsables da CIA na sala de conferencias romperon nun prolongado aplauso", segundo este responsable. Luís Bartolomé

13


O LAMENTO DAS GALIÑAS

Martes, 20/05/2011

Terrible terremoto arrasa Xapón Máis de mil persoas poden morrer polo forte terremoto de 8,8 graos que sacudiu este venres o leste de Xapón e que provocou un tsunami que levou por diante centos de vivendas e vehículos, informou a axencia local Kyodo. O sismo tamén afectou á central nuclear de Fukusima-Daichii e a cantidade de radiación detectada na zona é mil veces superior aos niveis normais, segundo a Axencia de Seguridade Industrial e Nuclear, citada pola axencia de noticias Kiodo. Mentres tanto, México comezou a sentir os danos colaterais do tsunami, pero ata o momento só rexistrou un leve incremento do nivel do mar no estado de Baixa California (norte). O Goberno de Xapón advertiu de que o terremoto causou un número "extremadamente alto" de vítimas, 137 segundo o último reconto oficial, e pediu a poboación que estea preparada para novas réplicas de gran intensidade. O reconto oficial fala de 531 desaparecidos polo terremoto, mentres que as autoridades da cidade de Sendai din que hai entre 200 e 300 vítimas mortais polo tsunami que devastou esa zona costeira. O Ministerio de Defensa xaponés dixo que preto de 1.800 vivendas na provincia oriental de Fukushima quedaron destruídas, polo que a cifra final de falecidos pode superar o milleiro, segundo Kyodo.

Respecto da central de Fukusima e segundo Kyodo, unhas 3.000 persoas que residen nun radio dun tres quilómetros ao redor da central foron evacuados, pero o Goberno pediu que abandonen a zona as persoas que se atopen a menos de dez quilómetros das instalacións. A secretaria de Estado norteamericana, Hillary Clinton, subliñou a preocupación pola situación desta planta, situada a uns 240 quilómetros ao norte de Tokio, e explicou que a Forza Aérea estadounidense subministrou refrixerante para impedir un aumento da temperatura dos rodetes de combustible da central. O Goberno enviou uns 8.000 militares para os labores de rescate ás áreas afectadas e o Ministerio de Defensa organizou unha forza conxunta cos militares de EEUU despregados en Xapón para afrontar de forma coordinada os labores de rescate, para as que preparáronse 300 avións e 40 buques. Xa entrada a noite, os labores de emerxencia foron especialmente intensas nas provincias de Miyagi e Iwate, dúas das máis afectadas polo seismo, que tivo o seu epicentro no Océano Pacífico, a 130 quilómetros da costa e 20 quilómetros de profundidade. Adrián Estévez

14


O LAMENTO DAS GALIÑAS

Martes, 20/05/2011

Rebeldes libios rexeitan o alto ó fogo Un portavoz dos rebeldes libios, o coronel Ahmad Bani, rexeitou este xoves a proposta exposta polo primeiro ministro turco, Recep Tayyip Erdogan, para negociar un cesamento do fogo co réxime de Muamar Gadafi. Erdogan apuntou que o seu Goberno traballa nunha "folla de ruta" para pór fin aos combates en Libia e que incluiría un cesamento dos ataques e a retirada das forzas de Gadafi dalgunhas cidades. Representantes turcos mantiveron conversacións tanto con membros do réxime libio como co bando sublevado. "Respectamos a posición do pobo turco, pero a postura de Erdogan non expresa a do seu pobo", asegurou Bani, en declaracións á televisión Ao Arabiya. Segundo o portavoz rebelde, o primeiro ministro turco manifestou o seu "interese persoal", xa que os opositores manteñen fixa a súa posición: "Non haberá conversacións antes de que Gadafi e a súa familia dimitan ou se vaian". Adrián Estévez

15


O LAMENTO DAS GALIÑAS

Martes, 20/05/2011

Economía O rescate de Portugal Economistas, empresarios e analistas galegos ven con suma preocupación a situación económica de Portugal. Desde diferentes perspectivas, e tras coñecerse que o país veciño solicitará o rescate á UE, os expertos consultados cren que a situación é preocupante para Galicia polos históricos e estreitos vínculos comerciais que unen ás dúas comunidades. Para Luciano Rodríguez Sierra, economista e profesor da Universidade de Vigo, a situación política de Portugal é tan grave como a económica, o que ao seu xuízo acelerou a petición do rescate á UE. Asegura que a peor parte a levará a banca, pola súa exposición, que cifra "nuns 75.000 millóns de euros". "Espero que non nos faga moito dano", confía. Como vantaxe, Rodríguez apunta que España está más preto de Italia que do grupo formado por Grecia, Irlanda e Portugal. José Luis Outes, catedrático de Teoría Económica da Universidade de Vigo, asegura que haberá que esperar a coñecer as condicións da UE ao rescate de Portugal para ter unha visión máis clara do que pode ocorrer. "Se as condicións son as mesmas que en Grecia, xa se poden persignar, porque son moi duras", avisa. Outes explica que a caída de Portugal débese a unha "mala xestión", un sector público "moi ineficiente" e a unha estructura productiva incapaz de competir co resto de países europeos. Este profesor asegura que o crecemento económico español non se verá moi afectado polo rescate, pero si as entidades financeiras. "Ao que sí afectará o rescate é á credibilidade da economía española", apunta.

O secretario xeral do Eixo Atlántico, Xoán Vázquez Mao, considera pola súa parte que "é a crónica dunha morte anunciada; víase vir. Non entendo o empeño de Sócrates de non querer velo inevitable. Se estás enfermo, hai que acudir canto antes ao médico. Sempre é mellor que interveña a Comisión Europea que o Fondo Monetario Internacional (FMI)". Para o presidente do Círculo de Empresarios de Galicia, Marcelino Otero, a Unión Europea está para algo. "É un club de países que ceden unha parte da súa soberanía á UE. Se un país como Portugal está nunha situación financeira delicada, ten que acudir á UE. Se os mercados financeiros préstanche diñeiro ao interese que eles queren e outra entidade, como a UE, te ofrece un prezo máis moderado, ¿que vas a facer?", sinala. Pola súa parte, o decano do Colexio de Economistas de Pontevedra afirma que "é unha saída irremediable, porque os intereses estaban alcanzando un 9-10%. A Facenda portuguesa non ten diñeiro, é máis, había perigo de non poder pagar as nóminas dos seus funcionarios". Alfonso Parga, presidente da Federación Galega de Transportes, considera que Galicia non está moito mellor. "A verdade non nola está dicindo ninguén", laméntase. "Dende logo, cremos que coa petición do rescate será complicado para Galicia e, concretamente, para a provincia de Pontevedra, onde hai moitas empresas con intereses e negocios en Portugal. Luis Bartolomé

16


O LAMENTO DAS GALIÑAS

Martes, 20/05/2011

Descende a cifra do paro en 64.309 persoas O paro rexistrado baixou en 64.309 persoas en abril, un 1,48 % menos respecto ao mes anterior, e situou o total de desempregados en 4.269.360, despois de tres meses consecutivos de subidas que levaron ao máximo histórico alcanzado en marzo, segundo o Ministerio de Traballo. No entanto, o paro rexistrado nun ano nos servizos públicos de emprego aumentou en 126.935 persoas, o 3,06 % máis. En abril, o desemprego descendeu en todos os sectores, especialmente no dos servizos, que rexistrou 49.004 parados menos (o 1,94 %), seguido do colectivo sen emprego anterior, con 6.330 (1,62 %), a industria, con 4.093 (0,81 %), a construcción, 2.613 (0,34 %) e a agricultura en 2.269 (1,58 %). O paro masculino baixou en 29.777 (o 1,38 %) respecto de marzo ata os 2.120.471 desempregados, mentres que o feminino reduciuse en 34.532 (o 1,58 %) e situouse en 148.889. Respecto de abril do ano pasado o desemprego entre os homes aumentou en 32.426 (o 1,55 %) e entre as mulleres en 94.509 (o 4,6 %). O paro tamén baixou entre os mozos menores de 25 anos en 15.418 persoas respecto ao mes anterior (o 3,19 %) e entre a de máis idade, onde diminuíu en 48.891 (o 1,27 %). Respecto de marzo, o paro tamén diminuíu entre os estranxeiros, con 11.716 desempregados menos (o 1,82 %), co que o total de parados neste colectivo foi de 631.177. En abril, o desemprego só subiu no País Vasco (1.604 persoas) e baixou no resto das comunidades

autónomas, encabezadas por Andalucía (19.518 parados menos). A secretaria de Estado de Emprego, Mari Luz Rodríguez, destaca que o descenso do paro en abril, que foi xeneralizado, é o maior desde 2006 en este mesmo mes. Rodríguez considera que se trata dun bo dato, aínda que advirte de que non se debe ser "compracente" porque hai moitas persoas que continúan sen ter un posto de traballo. Respecto dos contratos, en abril subscribíronse 1.076.046, o que supón un descenso do 1,06 % (11.463 menos) respecto ao mesmo mes de 2010 e, deles, 96.242 foron indefinidos, un 6,54 % menos (unha baixada de 6.731). No acumulado do catro primeiros meses do ano, asináronse 4.349.386 contratos, o que supón 3.095 contratos máis (o 0,07 %) respecto ao mesmo período de 2010. Os contratos indefinidos entre xaneiro e abril foron 404.456, o que significa unha reducción de 2.257 (o 2,94 % menos) respecto ao mesmo período do ano pasado. Atendendo á duración da xornada, os contratos indefinidos de abril foron 58.246 a tempo completo (o 10,48 % menos) e 37.996 parciais (un aumento do 0,23 %). No primeiros catro meses de 2011, os indefinidos a tempo completo sumaron 260.612, o 4,13 % menos que no mesmo período de 2010, e os indefinidos a tempo parcial baixaron o 0,7 % ata os 143.844 Adrián Estévez

17


O LAMENTO DAS GALIÑAS

Martes, 20/05/2011

Deportes Miguel Casal

O recordman do tenis galego quere seguir facendo historia. En 1998 un mozo chamado Miguel Casal proclamouse campión galego absoluto e nunca pensou que dende aquel verán non perdería ningún partido mais neste campionato. A paixón polo deporte vénlle de familia, xa que o seu irmán Alberto foi porteiro de fútbol de distintos clubs galegos como Arteixo ou Lugo. As súas calidades tenísticas víanse dende os seus primeiros raquetazos; o seu adestrador Jesús iglesias sempre pensou que podería haber alcanzado o mesmo nivel que teñen Nadal, Federer, Murray etc. Pero o tenista do club de tenis URECA, preferiu ir a universidade e sacarse o carreira de fisioterapia. O seu trono en Galicia permanece inalterable. Aos seus 31 anos ten a ilusión dun debutante, aínda que entende que nalgún momento lle tocará probar o sabor da derrota. «Cada ano vaise complicando un pouco máis pola idade e ademais veñen rapaces por atrás apertando forte, polo que estou preparado para o momento no que a derrota apareza» sinala o deportista vigués. Dos rivais que poden ser os seus verdugos ten claro cual é o principal. «O tenista máis perigoso é ao que me enfrontei nos dous últimos anos na final: o tamén vigués Roberto Rodríguez. Tamén hai que ter en conta xente como Pablo Lijó, Cristián González ou os irmáns Vázquez Catoira» opina Casal, que sabe que son xogadores

perigosos que o poden mandar a casa como se despiste. Respecto ao seu estado de forma, recoñece que non chega no mellor momento, pero que estivo a adestrarse as últimas semanas para afrontar o torneo coas máximas garantías.

Profesor no Mercantil Aínda que segue competindo ao máximo nivel para manter un bo posto no ránking nacional (actualmente ocupa o posto 35), Miguel Casal dedica o seu pouco tempo libre a unha das actividades que máis lle satisfán: dar clases de tenis ás novas promesas nas instalacións do Círculo Mercantil. Consciente de que o tenis galego necesita un impulso, o xogador vigués cre que o fenómeno Nadal está a facer un gran favor ao deporte da raqueta. «Os nenos fíxanse en Rafa e apúntanse ás escolas con moitas ganas, aínda que o tenis é un deporte que necesita moito traballo psicolóxico, o que require unha gran capacidade de superación» comenta Casal. O tenista vigués cre que o progreso do tenis galego pasa po rque as futuras xeracións gocen dunhas mellores instalacións. «Hai días que non podes facer ningún traballo en pista pola chuvia ou o vento, impedindo adestrarte ao máximo nivel», apunta Miguel Casal. Manuel Colmeiro

18


O LAMENTO DAS GALIÑAS

Martes, 17/05/2011

Seis do nadal: o futuro do balonmán galego O Seis do Nadal regresou de Elxe cun bronce que lle converte no primeiro club galego en subirse ao caixón na historia dos campionatos de España. O club do colexio vigués de Coia superou desta forma a marca establecida hai 34 anos polo Teucro cando obtivera unha cuarta praza. Na fase final encaixou dúas derrotas, pero a de onte demostrou o potencial deste equipo. Tuteou de principio a fin á mellor canteira de España, como é a do Barcelona, e perdeu pola mínima (30-29) un encontro no que demostraron a súa enorme calidade. Os blaugranas quedaron subcampións nacionais sen perder ningún partido víctimas do golaveraje xeral que foi mellor para os locais do Elxe que o sábado goleara aos vigueses. O Seis do Nadal converteuse xa que logo en xuíz e parte do título dos ilicitanos. «Non se pode medir o que isto supón para o club. Contra o Elxe estivemos por baixo das nosas posibilidades pero contra o Barça fixemos un partidazo. Un gol non cambia o orgullo do que fixeramos xa que non lles permitimos ser campións nunha loita de igual a igual contra un equipo que todos os anos pode captar aos mellores xogadores porque todo o mundo quere xogar alí», comentaba onte o técnico do cadro de Coia, Jorge Fernández. Do colexio vigués saíu unha xeración de oito nenos que levaron a Galicia á súa cota máis alta a nivel xuvenil. A idea do club é manter a todo este bloque no equipo sénior a próxima tempada e intentar o asalto á División de Prata. O seu adestrador xa suspira polas dificultades que leva manter a este grupo unido. «Fixeron historia e non se se isto se pode superar. Agora non se se marcharán ou poderán quedar moito tempo. O que sei é que o ano que vén os que suban ao primeiro equipo son xente que pode darlle un empuxón moi grande ao club». O Seis do Nadal logrou con este éxito o respecto de todos os xogadores que empezan no mundo do balonmán. Jorge Fernández incide en que «agora verán que aquí tamén se conseguen cousas e que non hai porqué irse fóra para chegar lonxe neste deporte». Para o técnico este é un momento moi doce para o balonmán galego tanto masculino como feminino por equipos e en seleccións. «Sempre houbo equipos arriba pero lles faltaban referentes propios. Agora o Octavio renovou a doce xogadores de casa, tres deles formados no noso club. Este é o camiño». Manuel Colmeiro

19


O LAMENTO DAS GALIÑAS

Martes, 20/05/2011

Anuncios por palabras e contactos Selo “WTF!?” WTF?!... O símbolo universal para expresar sorpresa ou indignación ao mesmo tempo levado agora a nosa casa en forma de selo.

Chinchetas ninja Consegue estas fabulosas e útiles chinchetas ninja chamando ao número 6652372123-N. !

Alúgase piso

Tazo antirroubo ¿Farto de que utilicen o teu tazo favorito ou de non poder utilizalo porque un desalmado usouno e está para lavar? ! Non te preocupes, temos a solución, un tazo con tapón que impide que sexa enchido se este non está no seu sitio. Recoméndase non utilizar sen o tapón.

!

!

Un dormitorio-cociña-salón, un baño e unha porta, pequeno para unha persoa. La Matanza “Villaverde de Trucios” (Cantabria) Praza Maior nº4 3ºA

Espertadora trituradiñeiro Nestes tempos de crise e paro, o que menos precisas e chegar tarde ao teu privilexiado lugar de traballo, así que, para non perder o teu emprego, o mellor é que merques o noso incrible espertador Gastadiñeirodeformabsurdamatic5000 e evita quedar durmido coa mais ancestral técnica: triturar diñeiro. !

Busco amigos Se queres xogar á Play, e non tes con quen facelo (e aínda que o teñas) eu estou libre, só e aburrido. POR FAVOR PRECISO AMIGOS!!

!

Rapaz tímido busca... ben... esteee... non, nada... mmmmm... olvídao... Mercobarraespaciadoraurxentemente.

20


O LAMENTO DAS GALIÑAS

Martes, 20/05/2011

ESQUELAS Justino Castor (1994-2011) Proxecto de cantante bastante penoso Morreu O DÍA 20 DE MAIO DE 2011 W.I.N. A súa nai bótalle de menos e, dende este mundo, recórdalle que ‘non se meta outra vez con eses homes malos e peludos que fan ruido’

SLQH (2006-2011) Xenial programa de humor Morreu O DÍA 20 DE MAIO DE 2011 D.E.P. España enteira bótavos en falta

Kurt Cobain (1967-1994) Cantante, compositor e músico dos que deberían aparecer nos libros de texto. Morreu O DÍA 5 ABRIL DE 1994 D.E.P. “É mellor queimarse que apagarse lentamente”

21


O LAMENTO DAS GALIÑAS

Martes, 20/05/2011

Pasatempos Sudokus Nivel: Chuck Norris

Nivel: Cani

Xeroglíficos

22


O LAMENTO DAS GALIร‘AS

Humor grรกfico

23

Martes, 20/05/2011


O LAMENTO DAS GALIÑAS

24

Martes, 20/05/2011


O LAMENTO DAS GALIÑAS

Martes, 20/05/2011

Entrevista a: Angus Young Son as 10 e media da mañá dun mércores nun Unha grande parte do éxito do grupo, sobre vanguardista e sofisticado hotel en Alemaña. Hoxe todo na parte estética, é obra de Margaret Young, a non leva o seu característico uniforme de colexial; irmá dos fundadores. AC/DC surxiu na época en lugar diso, chega á entrevista máis ben como se glam, e había que disfrazarse. Angus probou os fora un fan do seu mítico grupo. O seu corpo é disfraces de O Zorro, Superman e gorila, pero un diminuto. Uns dos reis da guitarra de hard rock día, Angus tivo que tocar nun local do barrio ó saír mide 1,55 pesa uns 50 quilos. Únicamente leva un do colexio, e non tiña tempo para cambiarse. paquete de tabaco e unha pequena bolsa verde. Entón apareceu a inxeniosa irmá e propúxolle Angus non deixa descansar ós seus pulmóns. Di usar o uniforme da escola. A partir dese que fuma uns 30 pitillos ó día. Nos 40 minutos que momento, o a roupa de colexial estableceuse como falamos con el remata ata cinco cigarrillos. Na súa a vestimenta do gran guitarrista. Margaret tamén man esquerda leva encaixado un anel de bodas. A foi importante. Buscando un nome para a banda, súa muller é unha xove holandesa chamada Ellen. Angus e Malcom fixáronse na parte de detrás da ¿Estraño? Pode ser, pero os rockeros tamén teñen máquina de coser da súa irmá, e alí estaba: AC/DC dereito a casarse. (corrente alterna/corrente Esta lenda do rock ten a día de “Buscando un nome para continua, en galego). hoxe 56 anos, aínda que poden a banda, Angus e Malcom Como era vostede no colexio? parecer máis dos que son. fixáronse na parte de detrás Portábame ben… cando iba. A O menor dos irmáns Young verdade é que non se me daba séntase, pide un café e acende un da máquina de coser da súa moi ben asistir. Crecín en irmá, e alí estaba: AC/DC” cigarro. Sidney, unha zona chea de fábricas, e as escolas non Recoñeceno pola rúa cando non leva o seu estaban moi ben vistas: os rapaces axiña se puñan famoso uniforme escolar? a traballar. O nivel de educación non era moi alto, A verdade é que non moito. É estupendo, xa se consideraba un trámite. Ata o director do que paso bastante inadvertido e podo levar unha colexio dicíache: "Pronto tes que buscar traballo, vida tranquila. non?". E tiñamos 15 anos! Onde merca os traxes e canto lle custan? Creo que o seu primeiro traballo foi nunha Teño un sastre que mos confecciona dende hai revista porno... moitos anos. Están feitos de terciopelo. Son moi [Risas] Ben, non exactamente. Cando deixei o suaves. En canto ós cartos, déixame pensar… En colexio, meu pai díxome: "Oes, non vas estar todo euros, un pouco por debaixo dos 1.000. Non é o día sentado. En dúas semanas debes encontrar moito. un empleo". Meu irmán Malcolm comentoume Tendo en conta que é unha das iconas sagradas que había unha imprenta preto de casa. O dono do rock, ese diñeiro non parece nada. ¿Cantos facía unha revista erótica, pero en plan concertos lle aguantan? clandestino. O tipo ía cambiando de imprenta, Adoito levar uns vinte de xira. Ás vece para non deixar pistas, e de cando en cando tocaba dúranme un mes ou dous. Outras, só un día, na miña. porque tireime polo escenario para facer un solo de guitarra e rompino.

25


O LAMENTO DAS GALIÑAS

Martes, 20/05/2011

O pequeno guitarrista carraspea un pouco de nicotina e disponse a desvelar a fórmula milagreira do sonido de AC/DC: “O meu irmán Malcolm escribe na súa casa de Londres, e eu, na miña de Sidney. Despois, xuntámonos e nos quedamos coas mellores cancións” Analizamos entre os dous unhas cen ideas e dese grupo comezan a aflorar as que máis parecen AC/DC. Volvémonos a separar despois nos reunimos e collemos as mellores. É un proceso que leva moito tempo, pero fixémolo así sempre". Angus di que intentou escoitar música clásica, pero abúrrelle: "Cando pasan uns segundos e non entra a batería desespérome". A integridade de AC/DC é un pouco suicida nun mundo tan comercial. Por exemplo: é o único grupo dos grandes que non deixa que as súas cancións se poidan descargar no omnipotente iTunes. E odian as recopilacións. Angus xustifícao: "Nós seríamos anti-iTunes, incluso se non se houbera inventado. Regaláronme unha vez un iPod, pero púxenme a toca-los botón e desespereime: non sei como funciona ese condenado chintófano. Só escoito vinilos. É máis sinxelo: os colocas, pós a agulla e xa está. E soa a gloria. O último que comprei foi unha caixa de vinilos de Tampa Red (cantante de blues dos anos trinta). Despois cheguei a casa e comprobei que xa os tiña case todos". Non lle fales de música actual, de Coldplay ou Arcade Fire. Angus segue disfrutando cos de sempre: pioneiros do rock and roll como Chuck Berry e Little Richard, ou vellos bluesmen como B. B. King e Albert King. Cal é a súa bebida favorita? Teño dous: o té e o café. Nada de alcol? Non. Creo que debo ser o único membro da miña familia que non bebe alcol. Nunca emborrachouse? Si, claro. De xove bebía cerveza, whisky... Nas festas familiares dicíanme: "Toma, bebe, bebe...". Pero o día que probei o tabaco decidín cambialo pola bebida. E drogas, ¿tomáchelas algunha vez? Non, non, nunca. Bueno, sí: aspirinas para o dolor de cabeza. A todo esto, Angus, ¿vostede ten fillos? Non, a miña muller di que conmigo xa ten bastante. Óscar Iglesias

26


O LAMENTO DAS GALIÑAS

Martes, 20/05/2011

galiñas  

Xornal escolar

Read more
Read more
Similar to
Popular now
Just for you