Page 1

Traballo de Allariz, 4ªD, realizado por: Manuel Alejandro Yáñez Valado Nº:17 Xurxo López Gallego Nº12 Carlos Yáñez Alonso Nº:16 Eric Carrera Collarte Nº:10


• • • • • • • • • • • • • • •

Situación xeográfica e xeografía Documentación turística Relevo Clima Hidrografía Flora e fauna Historia Patrimonio Museos Festas Feiras Zonas de esparcemento Gastronomía Patrimonio Museos


Latitude: 42째11' Norte Lonxitude: 7째50' Oeste Altitude: 654 metros


A Vila de Allariz atópase na provincia de Ourense. O Concello pertence á bisbarra de Allariz - Maceda en Galicia. Poboación en 2004: 5. 313 persoas segundo o padrón municipal de habitantes (5.216 en 2003). As comunicacións establécense por estrada. As principais son a nacional N-525, Madrid-Santiago de Compostela; e a autoestrada A-52, Benavente-Vigo, que cruzan o municipio de norte a sur.


Datos demográficos

A evolución da poboación en Allariz é moi similar á que se produce na Galicia do interior. Despois do peche das últimas fábricas de curtidos, Pirámide Poboación 2006 pásase dunha poboación de case 8.000 persoas no ano 1970 ás 5.009 que se rexistran no ano 1980. A perda dunha cantidade importante de poboación xove provoca non só un despoboamento do municipio, senón tamén un envellecemento importante da poboación. Nos últimos cinco anos téñense empadroado en Allariz máis de 1.200 persoas, e aínda que o elevado índice de mortandade fai que en números absolutos o crecemento sexa de 400 habitantes, a verdade é que Allariz é un caso atípico dentro da provincia de Ourense. O seu crecemento e incremento poboacional fai prever un aumento considerable nos próximos anos. Parroquia Allariz - Santiago Allariz - Sto. Estevo Coedo Espiñeiros Folgoso Meire Queiroas Santa Mariña San Mamede San Martiño San Trocado Santa Baia

Mulleres Homes 1652 1584 145 118 30 30 67 58 89 82 50 36 144 142 121 102 47 35 74 69 52 27 56 46

Totais 3236 263 60 125 171 86 286 223 82 143 79 102


Arredores Fornos de Santa Mariña de Augas Santas Igrexa de Santa Mariña de Augas Santas Do século XII. Igrexa de planta basilical con tres naves e tres ábsidas. Conserva os restos da mártir Santa Mariña Castro da Armea Pazo da Santa Mariña San Martiño de Pazó San Salvador dos Penedos Santuario da Nosa Señora da Asunción de Vilar de Flores Igrexa parroquial de Queiroás da Igrexa Galicia | Provincia de Ourense | Parroquias de Allariz Allariz (Santiago) | Allariz (Santo Estevo) | Augas Santas (Santa Mariña) | Coedo (Santiago) | Os Espiñeiros (San Breixo) | Folgoso (Santiago) | Meire (Santa María) | Queiroás (San Breixo) | Requeixo de Valverde (Santa María) | San Mamede de Urrós (San Mamede) | San Martiño de Pazó (San Martiño) | San Trocado (San Trocado) | San Vitoiro da Mezquita (San Vitoiro) | Santa Baia de Urrós (Santa Baia) | Seoane (San Xoán)| Torneiros (San Miguel)


Hoteis A Palleira: 2 estrelas

Localización: Teléfono: 988554015 | Provincia: Ourense | Comarca: AllarizMaceda | Concello: Allariz | Parroquia: Allariz (Santiago) | Lugar: Outeiro de Orraca, 115 | C.P.: 32660

Núm. de cuartos: 5

Cuartos - Prezos orientativos día (IVE 7% non incluído): Prezo Prezo máximo mínimo Dobre 1/2 baño 53,5 € 42,8 €

Réximes: Almorzo

2,7 €

Servizos: Acceso minusválidos | Admite tarxetas de crédito | Aparcadoiro de superficie | Calefacción central | Cuartos especialmente adaptados| Sitio pintoresco | Teléfono nos cuartos | Televisión nos cuartos | Xardín terraza


AC Villa de Allariz: 4 estrelas Localización: Teléfono: 988554040 | Fax: 988554047 | Provincia: Ourense | Comarca: Allariz-Maceda | Concello: Allariz | Rúa: Rúa Fuxón, Esq Paseo do Arnado | C.P.: 32660 Núm. de cuartos: 39 Servizos: Acceso minusválidos | Aire acondicionado | Aparcadoiro de superficie | Ascensor | Calefacción central | Calefacción individual | Cuartos con salón-suítes | Garaxe | Internet | Minibar | Servizo de cuartos 24 h. | Teléfono nos cuartos | Televisión nos cuartos | Xardín terraza Portelo Rural: 2 estrelas Localización: Teléfono: 988440740 / 606943530 | Fax: 988441490 | Provincia: Ourense | Comarca: Allariz-Maceda | Concello: Allariz | Parroquia: Allariz (Santiago) | Lugar: Allariz | Rúa: Portelo, 20 | C.P.: 32660 Núm. de cuartos: 12

Cuartos - Prezos orientativos día. (I.V.E. 7% non incluído): Prezo Prezo máximo mínimo Simple con baño 42,4 € 36,8 € Dobre con baño 53 € 46 € Réximes: Almorzo

4€


Servizos: Acceso minusválidos | Admite cans | Admite tarxetas de crédito | Aluguer de bicicletas | Antena parabólica | Ascensor | Ascensor acces. entre plantas | Bar cafetaría | Calefacción central | Calefacción individual | Cuartos con salón-suítes | Edificio histórico | Espazo reservado fumadores | Garaxe de pago | Internet | Sala de reunións | Salón de convencións | Secador de cabelo nos cuartos | Servizo de fax | Sitio céntrico | Sitio pintoresco | Teléfono nos cuartos | Televisión nos cuartos | Xardín terraz

Cámping

Os Invernadoiros: 1ª Categoría Localización: Teléfono: 988440126 | Fax: 988442006 | Provincia: Ourense | Comarca: Allariz-Maceda | Concello: Allariz | Parroquia: Allariz (Santo Estevo) | Rúa: Ctra. Allariz-Celanova, Km 3 | C.P.: 32660


Capacidade: 138 Prazas

Concepto - Prezos orientativos día (IVE 7% non incluído): Prezo Prezo máximo mínimo Adulto 3€ 3€ Neno 3€ 3€ Tenda individual 3€ 3€ Tenda colectiva 3€ 3€ Automóbil 3€ 3€ Caravana 4€ 4€ Moto 2,25 € 2,25 € Coche-cama 4€ 4€ Autocar 6€ 6€ Electricidade 3€ 3€

Servizos: Accesible autos | Accesible bus | Accesible caravanas | Accesible motos | Admisión animais de compañía | Admite tarxetas de crédito | Arboredo | Arboredo caducifolio | Barcafetaría | Beira río-lago | Bungalows | Caixa de correos | Chan de herba | Duchas de auga quente | Enerxía eléctrica | Lavandería | Parque infantil | Paseos a cabalo | Ping-pong | Restaurante | Supermercado | Teléfono | Zonas verdes

Neste cámping críanse cabalos e poden alugarse para facer hípica. Allariz tamén conta con rutas de sendeirismo.


Restaurantes Bodegón Portovello: 4ª Categoría

Localización: Teléfono: 988442329 | Provincia: Ourense | Comarca: AllarizMaceda | Concello: Allariz | Lugar: Allariz | Rúa: Rua da Granxa, s/n | C.P.: 3266


Porta da Vila: 3ª Categoría

Localización Teléfono: 988440212 | Provincia: Ourense | Comarca: AllarizMaceda | Concello: Allariz | Parroquia: Allariz (Santiago) | Lugar: Allariz | Rúa: Praza Lombarda, nº1 | C.P.: 32660


Coma en toda a metade occidental da provincia, a formación dos terreos que encadran o val do Arnoia é exclusivamente primaria, con figuras típicas de erosión en grandes bloques graníticos e curiosas formacións eruptivas. As parroquias de Torneiros (San Miguel) e Coedo (Santiago), que forman a punta sur do municipio, integran unha mancha diluvial cuaternaria, pero pertence á lagoa da Antela. Os aluvións fluviais son poucos extensos e profundos.


A paisaxe de Allariz ten o seu centro no outeiro granítico e illado do Castelo, rodeado polo bucle do Arnoia. Dende a súa cima divísase toda a información orográfica que acadan as beiras do río. Pola marxe dereita, ó leste, comeza a levantarse o terreo nos montes e ondulacións de Meire, coa altitude máxima do Penedo do Corvo (603 metros), ó que seguen, xa no horizonte norte, as serras de Santa Mariña (Penedo do Souto, 668 metros) e Boa Madre, con outro pico de 688 metros no límite con Taboadela. Estes montes descenden suavemente cara a Allariz, mentres que pola aba norte caen bruscamente sobre A Rabeda. Esta formación montañosa prolóngase ó norte pola penechaira de Queiroás e Urros (575 metros de altitude media) que acaba no monte Castrelo (654 metros, no límite coa Merca). Polo oeste, as terras de Urrós descenden en acusado noiro de base rochosa (Briñal) ata a beira do río. Pola marxe esquerda, cara ó sudoeste, o terreo volve remontarse en pregamentos máis suaves que culminan no cume do castro de San Mariño (713 metros). Domina ó sur a mole impotente do Penamá, cume aplanado de 927 metros, vértice xeodésico de primeira orde. A continuación, o castro de San Salvador (728 metros) e a formación con perfil de ruínas do Coto das Picotas, xigantescas agullas que emerxen da terra co aspecto dun castelo de titáns. O leste péchao a serra de San Marcos, ourizada de penedos (772 metros nas Lombas da Carnaloba), límite con Xunqueira de Ambía, coa faldra norte que morre na beira esquerda do Arnoia, nas veigas de Valverde e Paciños. Os solos predominantes son de tipo ránker, pouco evolucionados, desenvoltos sobre rochas silíceas ácidas e ricos en ferro. Os terreos sufriron unha forte erosión, polo que os mellores solos foron arrastrados ata o val do río Arnoia. O clima, bastante suave, é de baixa montaña sen resultar rigoroso nas costas altas. Os extremos de frío e calor fanse notar pero, tralas noites de xeada, veñen días esplendidos e no verán non se acadan os 30ºC. Dúas notas positivas do clima de Allariz constitúenas as noites estivais e a ausencia de néboas. Os ventos dominantes proceden do sudoeste e traen chuvias que non chegan a cubrir cen días de cada ano. O tempo rara vez é tempestuoso en auga e vento pero as tronadas son, en cambio, moi aparatosas, debido ás altas temperaturas que se acadan no val durante o verán. As nevadas son un espectáculo que tarda anos en repetirse.


O val medio do río Arnoia atravesa de leste a oeste o termo de Allariz e só recibe no municipio desmedrados arroios: a Padela, o Vilaboa, o Fontes o Tubes, os de Roiriz e Frieira que se xuntan, o da Lama, etc. Entre Queiroás (San Breixo) e San Vitoiro da Mezquita (San Vitoiro) hai unha pequenísima pero típica lagoa esteparia. No subsolo hai moitas augas minerais; só nas inmediacións da vila capital existe un manancial ferruxinoso no Ferradal, outro bicarbonatado en Vilariño e dous en Santán que curan un a pel e outro o estómago. Nacen na propia pana, xuntan as súas augas e aínda no século XVIII facían de Allariz unha estación balnearia de primeira orde.


A fauna está representada por raposos, garduñas, donicelas, teixugos, xabarís, lobos, diferentes roedores, pombos, pegas, corvos, aguias, réptiles e escasos anfibios. Ultimamente tamén se ven esquíos e corzos. A flora está representado sobre todo polo carballo, amieiros ó lado do río, bidueiros, algúns castiñeiros e moi poucos piñeiros. Arbustos coma o toxo, a xesta, as silvas, as queirugas e os fentos cobren bastante extensión. A Reserva da Biosfera "Área de Allariz" foi declarada como tal polo Consello Internacional de Coordinación do Programa Home-Biosfera da UNESCO o 29 de xuño de 2005, por ser esta unha zona particularmente importante en valores culturais e polo uso sostible da terra, atendendo á conservación de flora e fauna.


A vila de Allariz tivo a súa orixe no castro que domina o río Arnoia. O topónimo de Allariz lévanos ó século VI cando a poboación e o seu contorno foron dados a Alarico, milite suevo, que estableceu alí un dominio agrícola, a Vila Aliaricii. No século XI Alfonso VI fai levantar o castelo e as murallas. Puxo como gobernadores de Galicia á súa filla dona Urraca e o seu esposo Raimundo de Borgoña, tendo a súa sede do goberno en Allariz porque tiña entidade militar. Co seu fillo Alfonso VII iníciase a crianza dos príncipes nesta vila e ademais este rei concédelle o famoso foro que a converte en Vila Real. No século XIII Alfonso X veu completar a súa educación xuvenil a este lugar e casou con Violante de Aragón facendo desta vila a súa residencia familiar. Nestes anos a súa corte literaria recompilou as Cantigas de Santa María. A raiña Violante en 1268 fundou o convento de Santa Clara (onde foi enterrada ó morrer, despois de ser traída de Roncesvalles). Sancho IV, fillo de Alfonso X, rebelouse contra o seu pai e xa rei expediu privilexios nomeando a Allariz “chave do Reino de Galicia”. Ó mesmo tempo en extramuros crecía unha importante colonia xudía. A participación de Allariz na guerra Irmandiña e a fundación do Hospital son os feitos máis destacados do século XV. Entre os séculos XVI e XVII constitúense numerosas casa fidalgas, colócanse os catro cruceiros da vila, fúndase o Pósito agrícola e empezan unha serie de guerras con Portugal que continuan no século XVIII pola cuestión sucesoria. Nesta época un incendio destruíu parte do convento que se reedificou e que se encontra intacto ata o de agora.


No século XIX comeza coa ocupación das tropas napoleónicas e segue coa desamortización que supuxo o desmonte do castelo e acabou coa desaparición da ponte da “Zapatería” e boa parte dos tramos amurallados. En 1900 Allariz vive momentos de prosperidade, chegando a ter 10.000 habitantes. O liño era a principal ocupación con máis de 50 obradoiros. A decadencia desta actividade coincide co auxe do curtido e do coiro, principal actividade ata principios dos 60. Dende entón produciuse unha decadencia económica e demográfica da que Allariz rexurdiu nos ultimos anos, sendo declarada en 1971 Conxunto Histórico Artístico, por ser un dos conxuntos urbanos máis interesantes de Galicia. En 1994 premiaron o esforzo rehabilitador do casco histórico (Premio Europeo de Urbanismo). Isto motiva xunto co río e as paisaxes unha grande afluencia turística.


Festa do Boi (comeza o sábado anterior ó xoves do corpus onde se realizan probas) No século XIV habitaba en Allariz unha poboación xudía respectable, confinada no barrio de Santo Estevo, extramuros, que vivía conxugando un innegable dinamismo económico co acoso provocado pola “oficialidade” cristiá, moradora da cidade amurallada. Chegada a festividade do Corpus, e aproveitando que a procesión do Santísimo para achegarse ó convento necesitaba saír extramuros, era cando aproveitaban os xudeus para desafogaren as súas iras e frustracións, berrando e insultando ó paso da procesión. Contan os cronistas que Xan de Arzúa, un fidalgo alaricano de profundas conviccións relixiosas decidiu dar fin a esta situación. Chegada a procesión do 1317, montou a lombos dun boi e, acompañado por varios criados e cargado de sacos con formigas, encabezou a procesión do Corpus. Cando os xudeus apareceron para boicotear o acto, a base de cornadas e chuvia de formigas espaventou para sempre os xudeus. Dende entón e ata 1936, todos os anos polo Corpus sae o Boi en Allariz. Durante a guerra suspéndese, para despois dela espertar lentamente, apagándose definitivamente a finais dos 50, principios dos 60. Dende entón, e segundo palabras de Antonio Branco, “o Boi vive agochado no corazón dos alaricanos”, ata que en 1983 un grupo de mozos decide recuperar a festa, e o boi volve correr por Allariz, e con el un municipio con orgullo da súa historia e das súas tradicións. O ascenso en participación, popularidade e proxección pública da festa dende a súa recuperación é espectacular; boa proba disto son os 10 días de duración actual da festividade e do número de visitantes que se achegan todos os anos polo Corpus Christi a Allariz.


Festas etnográficas As festas teñen lugar en distintas localidades do Concello de Allariz e contan coa participación directa e como actores principais da representación dos traballos agrícolas ós veciños dos pobos. En Queiroas da Igrexa, escenifícase a tradicional sega que se realiza o 26 de xullo. É tamén aquí onde se representa a malla (o sábado) en todas as súas fases ata deixar o gran totalmente limpo e listo para a moenda.

O segundo día da festa, o gran móese no Muíño do Burato en Allariz onde se fai tamén unha degustación de bica de millo e viño doce.

Para rematar o ciclo, o último día, a festa desprázase á Torre de Seoane onde se realiza a fornada. Alí, desde o seu forno sairán pans acabados de cocer ó máis puro estilo tradicional.


Festas quincenais A histórica feira de Allariz sitúase dende principios do século XII no Campo dos Brancos, que veu resultar co tempo insuficiente. Dende hai anos está radicada no Campo da Barreira. Nel, ademais dos postos adicados a diferentes actividades comerciais, pódense degustar pratos típicos e tradicionais como son o polbo á feira e a carne ó caldeiro.

As feiras celébranse o 1 e o 15 de cadanseu mes, agás se coincide en día festivo, deste xeito, pasa para o seguinte, exceptuando o 15 de agosto, que se celebra no mesmo día.


-Feira de artesanía:

Allariz recibe en períodos de vacacións un número moi importante de visitantes, circunstancia que anima a intentar organizar actividades que sirvan para que diferentes profesionais poidan promocionar os seus traballos ó mesmo tempo que realizan unha actividade mercantil. Por este motivo o Concello de Allariz e a Asociación de Artesáns de Allariz organizan desde o ano 2003 e no segundo fin de semana de setembro un Mercado de Artesanía no Casco Histórico, que cremos, polo número de persoas que nesas datas están en Allariz, é, economicamente rendible para as empresas de artesáns.

-Feira do amendoado: No ano 1996, o Concello de Allariz, xunto coa práctica totalidade dos seus produtores e o seu Consello Reitor, botaron a andar a “Feira do Doce , Amendoado e Melindre de Allariz”. Nacía, daquela, cunhas miras perfectamente definidas: valoración da repostería local, buscando fundamentalmente a súa calidade e promoción económica nun mercado cada vez máis global e competitivo. Nesa primeira edición, desenvolvida os días doce e trece de xullo, o empresario e intelectual ourensán Xosé Posada pronunciou un extraordinario pregón do que non nos resistimos a transcribir algúns parágrafos “... os amendoados, as roscas e os melindres foron comida e alimento de reis e regalía de monxas e abadesas. Non se sabe se Alarico escolleu Allariz porque aquí se facían bos amendoados ou se os suevos o escolleron a el porque era quen os facía mellor que ninguén...” “...do Pan de Marte, marcipane, vén o amendoado (mazapán), que vén sendo o mesmo, só que máis requintado e alaricano.


E da pasta de mazapán bañada en azucre branco, orixináronse os melindres...” “... e melindre tamén quere dicir pamplina e remilgo. Non fagamos melindres ós melindres que a mellor homenaxe que lles podemos facer ben sendo comelos ata fartar, remollados ou acompañados dunhas copas de equilibrado e harmónico licor café, feito co bagazo da nosa Terra ou País como lle chaman os vellos...” “¡Alaricanos , comamos e bebamos que hoxe é Festa!”


-O Arnado é unha zona de esparcemento ó final do paseo da Alameda e xunto á ponte románica de Vilanova. É un espazo ideal para relaxarse e incluso darse un chapuzón na época do verán, aínda que conserva todo o seu encanto durante todo o ano, grazas sobre todo ás árbores que se esparcen de forma simetrica ó longo de toda a área.

-A Acearrica é un amplo espazo verde ó pé do río Arnoia que no verán é moi frecuentado por moita xente que quere disfrutar dun sitio agradable e tranquilo. Esta praia fluvial oferta varios sitios onde a escasa profundidade do río faino ideal para todas aquelas persoas de calquera idade que se queiran bañar. Situado na parroquia de Requeixo de Valverde, o Ecoespazo do Rexo é a obra resultante dunha intervención pictórica e escultórica do artista Agustín Ibarrola, sobre un espazo natural recentemente reutilizado. Baséase na harmonización de elementos naturais contidos na propia paisaxe: árbores, pedras, terra, auga... coa achega de materiais reutilizados e presentes na cultura galega: granito e lousa, para integralos nel, transformándoo así nun espazo único construído utilizando de modo integral as enerxías renovables.


-O Ecoespazo do Rexo é hoxe unha icona cultural e de ocio cunha mensaxe clara: o desenvolvemento do individuo e o goce do medio natural son compatibles. Así o demostra o feito de que se integren no mesmo contorno unha intervención artística, unha minihidraúlica, unha explotación piloto de ovino de leite que produce queixo curado de ovella e unha queixería.

-O Parque do Portovello está situado á entrada da vila, ó pé do río onde este fai un dos pequenos saltos xunto diante do Museo do Coiro. Este Parque conta con amplas zonas verdes, zonas de paseo e bancos á sombra de diferentes tipos de árbores. Atopamos tamén unha zona de recreo para os máis cativos con columpios de madeira.


-No complexo de Vilanova non só podemos disfrutar da piscina climatizada municipal, senón tamén das piscinas exteriores e do río durante a época estival. Este complexo conta cunha ampla superficie de zona verde ideal para practicar deportes ó aire libre ou simplemente disfrutar dun sitio relaxado ó pé do río. Conta tamén cunha zona de area e columpios para o disfrute dos máis cativos.


Destacan os doces derivados das améndoas, tradición herdada dos xudeus da Idade Media, que perviviron grazas ás monxas do convento de Santa Clara, e logo grazas a varias xeracións de alaricanos e alaricanas, que os fabricaron e comercializaron.Son principalmente os amendoados, as roscas de cazo, as améndoas de picos… Dende hai anos a Asociación de Produtores Artesáns de Allariz encárgase de protexer e promocionar estes produtos ademais de chocolates e licores (Zirall). Dende 2001, en Allariz fabrícase de forma artesanal un queixo exquisito. Feito con leite cru de ovella, é o único queixo curado destas características en Galicia. Este mereceu o recoñecemento da ONU. Ademais, Allariz ofrece unha oferta hosteleira sen igual. É difícil atopar noutro lugar, unha concentración tan importante de restaurantes que aúnen calidade, bo servizo e un marco incomparable: fábricas de curtidos, muíños, casas rehabilitadas, hostais rurais… nos que se poden degustar os típicos pratos de cociña galega. En Allariz hai varias feiras relacionadas con produtos alimentarios: Feira do Doce (setembro), Feira do Outono (exáltanse os produtos como as castañas, noces, cogomelos, mel, pan artesán, podendo degustar ou comprar os produtos naturais ou elaborados e envasados).


Allariz ofrece un patrimonio importante, que se tes tempo podelo ver:

Convento de Santa Clara: Fundado en 1268 pola raíña Violante, dona de Afonso X, O Sabio. Posúe o clausto barroco máis grande do Estado español. O templo construíuse no século XIII. pero o actual foi reconstruído a finais do século XVIII, a consecuencia dun incendio que sufriu o convento o 15 de xaneiro de 1757.

Igrexas: Hai gran variedade de igrexas:

Igrexa de San Bieito: A construción comezou no ano 1770, e aínda que non foi rápida, o proxecto orixinal foi conservado na súa totalidade. É un verdadeiro modelo barroco.


Igrexa de Santiago: Iniciada cara ó 1119, é exemplar fundamental do románico popular galego. De nave única e ábsida semicircular, conserva integramente a súa estrutura primitiva. O famoso tramo semicircular da ábsida é un triunfo da decoración figurativa románica con arquería cega.

Igrexa de San Pedro: Románica, de finais do XII. Só queda da obra románica, que tiña claustro, a capela Maior desfigurada. Mantén unha rexa torre inspirada nas militares da Vila. No lado sur ten encaixado o notable portón da igrexa exparroquial de San Salvador do Piñeiro.


Igrexa parroquial de Santo Estevo: Románica, do primeiro terzo do XII, modificada en 1581, que é cando se constrúe a torre. Na fachada sur, hai tres sepulcros encaixados en arcos de descarga. A obra do XVI en Santo Estevo está feita cos perpiaños do Campo dos Brancos, cos cales se inicia unha correlación entre a reconstrución das igrexas románicas e a destrución das fortificacións.

Santa María de Vilanova: Igrexa Románica de finais do século XII e relacionada coa Orde de Malta. Presenta unha nave de planta e capela única.


Outros lugares na Vila: Destácanse certos lugares importantes como:

Ponte de Vilanova: Iníciase a súa construción rematándose xa no século XIII.

entre

1175

e

1180,

Derrubada por unha riada en 1555, reconstrúese uns anos máis tarde. Estivo baixo a custodia da Orde de Malta dando acceso a unha das principais portas da Vila. No ano 2004 substitúese o pavimento de formigón da calzada polo actual ó non ser posible manter o enlousado orixinal. Calzada en ángulo e no machón oposto ó tallamar, uns perpiaños co escudo da Vila de Allariz.

Penedo da Vela e Castelo: Atalaia natural no antigo asentamento do Castelo, dende este lugar obtemos unha fermosa vista panorámica da vila ó val formado polo río Arnoia. Comezou a construción do castelo entre 1072 e 1078 con Afonso VI. Entre finais do XIV e principios do XV sufriu unha forte reconstrución. Tiña unha planta rectangular, división interior en dous cadros, correspondentes posiblemente coas dúas plataformas actuais. Catro torres circulares, unha en cada esquina.


Xa en moi mal estado dende tempo atrás, o castelo desaparece a mediados do XIX por efecto da desamortización de Madoz.

Cruceiros: Son 4 os que actualmente se conservan na Vila. O decenio de 1575 a 1580 foi calamitoso polas epidemias de peste bubónica, así que os temores espertaron a busca de protección do ceo. Colocáronse un diante de cada parroquia, aínda que só o de Vilanova mantén o seu emprazamento orixinal.


Campo da Barreira: Determinado pola construción do Real Mosteiro de Santa Clara nun dos laterais e no centro a fonte circular de Ferro Caveiro do ano 1783 con árbore fasciculada. Polo norte linda coa “barreira” ou muralla que dá o seu nome.

Barrio Xudeu: Despois de varios asentamentos en San Pedro, Arroleiro e Vilanova, os xudeus de Allariz asentaron extramuros no século XIII no barrio do Socastelo. A súa presenza garda relación directa coa tradición.


Casa Torre de Castro Oxea: Ten tres corpos arredor da torre que data de principios do século XVI. A fachada da rúa da Cruz é do 1748, de estilo barroco.

Restos da muralla: Na súa traza definitiva (finais do século XV) acada unha lonxitude de 1.100 metros, cunha anchura media de 2,10 metros e 11 metros de altura por termo medio, chegando nalgún punto ós 20 metros. Agora poden observarse tramos tanto da múrallo do XV, como da traza orixinal do XII, así como a ponte do foso.


Os museos en Allariz son dos mellores de Galicia:

O Parque Etnográfico do río Arnoia: O Parque Etnográfico parte da idea inicial da posta en valor dun conxunto de potenciais, neste caso etnográficos e culturais, para converterse en eixo vertebrador das posteriores actuacións e intervencións relacionadas co turismo de calidade que anteriormente se mencionaba.

Vista aérea do Museo do Coiro O Parque Etnográfico do Río Arnoia nace como resposta a unha idea de recuperación e integración na vida da vila de Allariz, dos elementos do patrimonio etnográfico que aínda subsisten sobre o territorio, pertencentes ás actividades económico-culturais xeradas ó redor do río Arnoia, principalmente o curtido de peles e a transformación de gran de cereal, que forman parte dun pasado relativamente próximo que urxe conservar e dar a coñecer. O Parque Etnográfico do Río Arnoia está integrado por tres elementos interesantes que son: o Muíño do Burato, o Museo do Tecido “O Fiadeiro” e o Museo do Coiro “Fábrica de Curtidos Familia Nogueiras”. Todos eles son mostras moi representativas do que nun tempo significou o modo de vida e a economía desta zona, claramente ligada ó río Arnoia.


Museo Galego do Xoguete: Coa finalidade de recoller todo o significado e o valor dos xogos e xoguetes de tódolos tempos, créase en Allariz o MUSEO GALEGO DO XOGUETE instalado no Centro Social (Pazo do antigo Xulgado) na rúa do Portelo. Esta iniciativa estivo promovida polo Concello como consecuencia da doazón dunha importante colección de xoguetes recopilada durante anos por Alberto Oro Claro, un veciño de Allariz. Esta colección conta cunha parte importante de xoguetes “masculinos” (coches, trens, ...) e de xoguetes bélicos (arcos, pistolas, ...), destacando tamén xogos de mesa e proxectores de cine. Dende a súa inauguración no ano 1995, os fondos iniciais foron aumentando e enriquecéndose con outras doazóns de visitantes que colaboran coas súa aportacións. Destacan entre estas unha colección de arredor de 300 cadeiras de distinta procedencia, tamaño e material, de Belén Outeiriño de Ourense; un conxunto de bonecas de todo o século de Mª del Carmen Encinas de Ourense; unhas fantásticas casas de bonecas ou un futbolín inglés feminino de 1917 recentemente doado por un anticuario de Madrid.


Museo Iconográfico "Aser Seara": Este novo museo nace fruto da doazón de Aser Seara que cumpre deste xeito o seu desexo de depositar na súa vila unha valiosa colección de arte sacra recompilada dende 1960. Predominan esculturas e pezas baseadas nos temas Marianos, aínda que tamén se mostran imaxes de Cristo e Santoral. Son imaxes do Románico, Gótico e Barroco, datadas entre os séculos XII e XIX que se poden visitar na antiga casa dos Conde Aldemira, un fermoso edificio restaurado no casco histórico de Allariz.


Casa Museo Vicente Risco: A Fundación Vicente Risco constituíuse o 12 de abril de 1995 por iniciativa de Antón Martínez-Risco Fernández, coa finalidade de afondar na obra do intelectual e polígrafo don Vicente Martínez-Risco y Agüero, continuando así o seu labor a prol de Galicia. A sede, propiedade municipal posteriormente cedida á Fundación, estableceuse na casa da dona de Vicente Risco, na rúa San Lourenzo de Allariz, onde o escritor traballou e pasou longas tempadas, sendo enterrado no cemiterio da vila. Para o acondicionamento do edificio realizáronse importantes traballos de restauración e adaptación dos espazos.

Para rematar un museo sobre un convento, chámase:

Museo de Arte Sacra de Santa Clara: O Museo de Arte Sacra de Santa Clara abrangue tres pequenas dependencias barrocas do convento construído no século XVIII pero cunha estrutura interior que data do século XIII, e pertencente á orde das irmás clarisas. Noutro tempo parece que custodiou grandes obras artísticas das que algunhas son mostradas no Museo. Destacan sobre todas a Virxe abrideira, unha pequena talla de marfil de finais do século XIII e case segura doazón da raíña de Castela e León dona Violante fundadora do convento e muller de Alfonso X O Sabio. Outra peza sobresaínte é a Cruz de Cristal de roca que mostra interesantes técnicas artísticas de ourivería gótica.


Allariz  

Guia de Allariz feita por alumnos na clase de galego

Read more
Read more
Similar to
Popular now
Just for you