"17.000 anos de arte e vacas"

Page 1

17.000 anos de arte e vacas


Primeiro foron uros e logo vacas Do uro รก vaca

AS VACAS PROCEDEN DOS UROS SALVAXES

O DERRADEIRO URO MORREU EN 1627 EN POLONIA


Na Prehistoria: o Paleolítico

Sala dos touros

COVA DE LASCAUX . 17.000 anos antigüidade A cova de Lascaux (Francia) representa unha das máis grandes mostras do arte rupestre. Na “Sala dos Touros”, aparecen animais que superan os 5 metros de lonxitude.

Vaca marela e negra


O Neolítico Bucráneo: representación en pedra da cabeza dun boi. En Çatalhöyük, en Anatolia, unha cidade do 8000 a.c. apareceron cabezas de touros modeladas en arxila adornadas con cornos auténticos

O pastoreo de vacas no Neolítico quedou reflictido nas pinturas rupestres do norte de África


Na Idade do Bronce O emprego do bronce inĂ­ciase en Mesopotamia, a finais do III milenio a.C.

Harpa sumeria atopada en Ur, 2500 a.C. Os touros barbudos eran un sĂ­mbolo do poder real.

Cabeza de touro en cobre (III milenio a. C.). Adornaba a caixa de resonancia dunha lira sumeria semellante as “harpas de Ur".


A Idade do Ferro: animais sagrados Os Verracos: son touros de pedra erixidos polo pobo celta dos vetóns, Siglo V a.C. Os máis coñecidos son : “Os Touros de Guisando” e o “Gran Verraco” de Villanueva del Campillo (Ávila). O “Touro verraco” da ponte romana de Salamanca aparece na novela do Lazarillo de Tormes


Idade Antiga: Exipto

Grabado do Antigo Exipto que representa a un pastor coas sĂşas vacas

As vacas axudaron ao home nos seus labores do campo. Impulsaron o desenvolvemento da agricultura


Inspiraron as lendas e mitos Idade Antiga: Grecia

Anfora e xerra gregas do 500 a.c

O Minotauro, touro e home, encerrado no labirinto de Creta construído por Dédalo, pai de Ícaro, o desdichado que voou demasiado cerca do sol. Foi morto polo heroe Teseo.


ROMA E OS MOSAICOS MITOLOXÍA • Europa, o nome do continente provén dun mito grego. Zeus rapta a bela Europa, unha muller fenicia, tomando a forma dun touro.

VIDA COTIÁ • Nas vilas romanas, as vacas axudaban nos labores do campo


Idade media

No códice medieval “Cantigas de Santa María”, do rei Alfonso X o Sabio, aparecen vacas nas representacións de esceas da vida cotiá medieval do s. XIII.


Século XVI O RENACEMENTO Lucas van Leyden (1494-1533), pintor holandés, só tiña 16 anos cando fixo este gravado, que sería admirado anos máis tarde mesmísimo Rembrandt: “A leiteira”

Tiziano, 1477-1576, o gran mestre veneciano do renacemento, pinta “O rapto de Europa”, tema mitolóxico, O touro branco é Zeus .


O BARROCO s. XVII Ilustración do libro “De Humana Physiognomia”, 1650. ¿Quen se

parece a quen?

Peter Paul Rubens (1577-1640), pintor favorito do rei Felipe IV de España, non esqueceu pintar unhas vacas: “Mercurio e Hermes”;


Pintura Barroca s.XVII Paulus Potter, (1625-1654), holandés. Especializouse nas vacas. A súa obra máis emblemática, moi apreciada posteriormente durante o Romanticismo foi “O touro”.

Karel Dujardin, (1622-1678), pinta esta “Muller muxindo unha vaca marela”


Barroco Diego de Velazquez, pinta unha vaca en “Mercurio e Argos”, de temática mitolóxica.

Rembrandt (16061669), tamén pinta unha vaca, pero iste é un cadro diferente: a vaca está morta. Jordaens, (15981678), pintor flamenco, tamén pintou vacas


Romanticismo s. XIX Espiritualidade, imaxinación, sentimento, e profundo amor pola natureza. Valórase a cultura popular, polo que as vacas non poden faltar na pintura do Romanticismo

Edwin Henry Landseer (1802-1873), pintou “Os rebaños salvaxes de Chillingham”

Paisaxe con vacas de Andrés Cortés Aguilar (1812-1879)


SÉCULO XIX O Realismo: movemento pictórico que xurde en Francia a mediados do s.XIX. Édouard Debat-Ponsan (1847-1913), pinta estes dous cadros coa vaca como protagonista.


SÉCULO XIX-XX POSTIMPRESIONISMO

POSTIMPRESIONISMO

“Falsa vaca”, Vincent van Gogh (18531890).

“Vaca axeonllada”, Paul Gaugin (1848-1903)


Século XX O Expresionismo alemán, Frank Marc foi un dos principais expoñentes do expresionismo alemán, amigo de Kandinsky, fundou con él o movemento “O Xinete Azul”. August Macke, outro dos grandes pintores pertenceu tamén a este movemento

A vaca amarela. Frank Marc (1880-1916)

Paisaxe con vacas e camelo. August Macke (1887-1914)


Movementos pictóricos do s XX O SIMBOLISMO: pretende expresar o estado de ánimo a través do símbolo, da idea da obra

O CUBISMO: implicou o fin da “perspectiva”nos cadros. Todo se representa no mesmo plano.

Gustav Klimt (1862-1918). Pintou en 1901 estas “Vacas na corte”

Kazimir Malevich (1878-1935), pinta “Vaca e violín”


Surrealismo Movemento influenciado polo psicoanálise e as teorías de Freud: estas vacas, ¿que representan realmente? Son realmente vacas ou son unha parte da nos mesmos? Marc Chagall (1887-1985); “Para Rusia, asnos e outros”.

Salvador Dalí (1904-1989); “Vaca espectral”, adiviñas onde está a vaca?


Mark Tansey (1943), “The Innocent Eye Test”, unha metáfora sobre a percepción do arte.


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.