Page 1

GUÍA DE USUARIO

BIBLIOTECA CEIP “A BARQUEIRA”


NORMAS DE USO E HORARIO DA BIBLIOTECA ESCOLAR

O espazo físico da biblioteca está dividido en dous ambientes de lectura: un para prelectores e primeiros lectores e outro para lectores autónomos e expertos que tamén contén os fondos para consulta. Estes recunchos de lectura están separados por andeis. Os andeis que conteñen os libros de literatura infantil e xuvenil están marcados cunha liña de cor (azul, vermella, verde e amarela) para que os usuarios podan acceder aos fondos directamente, de forma autónoma. Os fondos están etiquetados segundo as normas da CDU e colocados seguindo o orde alfabético do autor.

O uso da biblioteca escolar rexerase polas normas e horario que a continuación se relacionan: •

A biblioteca estará aberta durante todo o horario lectivo (10:00-16:30)

Ao principio de cada curso escolar establecerase un horario que se reflectirá no plan anual de lectura. Neste horario indicaranse as sesións que estarán dedicadas á xestión e organización da biblioteca e aquelas que se lle asignan a cada nivel educativo.


O profesor/a titor/titora ou profesorado especialista que acuda co seu alumnado será o/a responsable da biblioteca escolar nese momento.

Fóra do horario que cada nivel teña asignado, cada profesor ou profesora poderá acudir cos seus alumnos e alumnas cando

a

biblioteca

estea

libre,

evitando

que

haxa

interferencias no seu uso. •

Os usuarios da biblioteca quedan obrigados a respectar as normas elementais de comportamento que garantan o correcto funcionamento da mesma.

Os alumnos e alumnas poderán levar ao seu domicilio calquera libro agás os libros de consulta que poderán ser utilizados só na propia biblioteca ou ben nunha aula do centro.

O período de tenencia dos libros de literatura será como máximo de 15 días se ben poderá ser variado a criterio do profesor que realice o empréstito.

Excepcionalmente, os libros de consulta poderanse prestar durante a fin de semana.

O profesorado poderá levar á aula todo tipo de material (libros de literatura, DVDs, dicionarios, enciclopedias ). O tempo de tenencia deste material será dunha semana.

Tamén se poderán levar á aula lotes de libros dun mesmo título para ser lidos por todos os alumnos/as da aula e realizar traballos sobre os mesmos. Neste caso o tempo máximo será dun trimestre.

Cando a un libro se lle cause un dano grave ou se perda, será abonado o importe do mesmo ou deberá ser reposto.


CONSULTAS E BÚSQUEDAS POR CDU

Cando teñas que realizar na biblioteca a búsqueda dalgún libro de consulta mira primeiro as follas da margarida que está no corcho xa que nos seus pétalos atoparás o número da CDU correspondente á temática a tratar. Despois debes buscar ese libro na estantería correspondente.

Exemplo: Se queres buscar un libro sobre animais: -1º Busca unha imaxe de animais nos pétalos da margarida. -2º Fíxate no número que aparece no pétalo onde atopaches a imaxe. -3º Vai á estantería marcada con ese número e busca o libro que che interesa.

Guía de uso da Biblioteca do CEIP A Barqueira  

Guía para os usuarios da biblioteca.

Read more
Read more
Similar to
Popular now
Just for you