Issuu on Google+

Manuel Álvarez Torneiro

Premio Nacional de Poesía 2013

biblioceipamaía- bertamiráns- ames


Manuel Álvarez Torneiro acaba de conseguir o Premio Nacional de Poesía co libro “Os ángulos da brasa”. O galardón está concedido polo Ministerio de Cultura. O libro está editado en Factoría K e consta de 67 composicións divididas en tres apartados -Trama de vida, Terrenal e sagrado, e Tapiz de cinza- nas que Álvarez Torneiro "reflexiona sobre a cotidianeidade, desgrana emocións íntimas e pensamentos existenciais, xogando coa dimensión simbólica da palabra“ según a AELG.


 Este libro xa fora recoñecido cos seguintes premios:

.Premio da Crítica de Poesía galega que concede a Asociación Española de Críticos Literarios

. Premio Ánxel Casal da AGE (Asociación Galega de Editores)

. Premio da AELG á mellor obra de poesía do ano 2012. biblioceipamaía- bertamiráns- ames


Álvarez Torneiro naceu na Coruña o 7 de xullo de 1932 e cursou estudos na Escola Superior de Altos Estudos Mercantís da cidade.

biblioceipamaía- bertamiráns- ames


“Que vello está este día que nada novo trouxo…” Poema de “Trama de vida”

Despois de desempeñar varios traballos entrou como xornalista na Voz de Galicia. Comezou a escribir poesía con 18 anos, pero fixo a súa primeira publicación com 50 anos en 1982 coa obra “Memoria dun silencio”.

biblioceipamaía- bertamiráns- ames


Foi un dos fundadores do grupo poético Amanecer nos anos 50 na Coruña, un grupo poético que loitou, nos anos da represión, por devolver á cultura galega o lugar que a guerra do 36 lle quitou. Está incluido na Xeración das Festas Minervais, na primeira promoción da poesía de posguerra. Pero atopou unha voz propia que logra que a súa obra se resista a clasificacións. Foi nomeado membro de honra da AELG, Asociación de Escritores en Lingua Galega en 2011.

biblioceipamaía- bertamiráns- ames


OBRAS DE POESÍA Memoria dun silencio, 1982, Edicións do Castro. Fértil corpo de soño, 1986, Sociedade de Cultura Valle-Inclán. Restauración dos días, 1986, Sotelo Blanco. As voces consagradas, 1992, Deputación da Coruña. As doazóns do incendio, 1993, Sotelo Blanco. Rigorosamente humano, 1995, Sociedade de Cultura Valle-Inclán. Premio Esquío de poesía en 1994 Habitante único, 1997, Espiral Maior. Luz de facer memoria, 1999, Deputación da Coruña. Premio da Crítica en 1999 Campo segado, 2001, Deputación da Coruña. Premio Miguel González Garcés no 2000 Os reinos do fulgor. Antoloxía esencial (1982-2002), 2002, Deputación da Coruña. Epicentro, 2003, Deputación de Pontevedra. Setembro Stradivarius, 2004, Deputación de Pontevedra. Parábola do incrédulo, 2006, Deputación de Pontevedra. Os ángulos da brasa, 2012, Faktoría K. Premio da Crítica de poesía galega 2012 e Premio Nacional de Poesía 2013. Desnudo en barro, 1983, Cenizas en el salmo, 1985 biblioceipamaía- bertamiráns- ames


Acaba de recibir o Premio Nacional de Poesía, sendo o primeiro poeta en recibir este premio cun libro en galego.

biblioceipamaía- bertamiráns- ames


biblioceipamaĂ­a- bertamirĂĄns- ames


Manuel álvarez torneiro premio nacional de poesía