Page 1

Roteiro Literario: O Bosque Animado 17 de xuño de 2014

Clubs de lectura do IES David Buján (Cambre) e do IES Miraflores (Oleiros)


Página 2

Roteiro Literario: O Bosque Animado

O comezo Comezamos o roteiro no IES David Buján de Cambre, percorrendo o camiño que vai á beira do río ata chegar a Villa Florentina, sé da Fundación Wenceslao Fernández Flórez. Fíxadevos ben na paisaxe e escribide aquí a seguinte información: 3 nomes de árbores que poidas identificar no _________________, _______________ e ____________________.

percorrido

3 nomes de paxaros ________________ , ________________ e _____________ . Que construcións podemos ver durante o percorrido?

Estancia I: A fraga de Cecebre A fraga é un tapiz de vida apertado contra as engurras da terra; nas súas covas afúndese, nos seus outeiros elévase, e nas súas chairas iguálase. É toda vida: unha legua, dúas leguas de vida entretecida, cardada, sen buratos, coma una manta forte e nova, de tanto grosor coma o que se pode medir desde o fondo do tobo da raposa ata o bico do piñeiro máis alto. Señor, se non vedes máis que vida ao redor! Onde fixades a vosa mirada albiscades pólas entremecidas, toros rexos, louzanía; onde fixades o voso pé dobrades herbas que despois procuran reincorporarse co apoucado esforzo doloroso de homiños eslombados; onde levedes a vosa presenza haberá un sobresalto máis ou menos perceptible de seres que foxen entre a ramallada, de alimañas que se refuxian na toxeira, de insectos que escorregan entre os vosos zapatos, coa présa de todas as súas patiñas entorpecidas polos atrancos daquela selva virxe que para eles representan as carrizas, as silvas, as uces, os fentos. O corazón da terra sente sobre si esta fervedura e este abeiro, e alédase. A fraga é un ser feito de moitos seres. (Non son tamén seres as nosas células?) Esa vaga emoción, ese afán de volver a cabeza, esa tentación tantas veces obedecida- de nos deter a escoitar non sabemos que, cando cruzamos entre a súa luz verdosa, nacen de que a alma da fraga nos envolveu


Roteiro Literario: O Bosque Animado

Página 3

e roza a nosa alma, tan suave, tan lenemente como o fume pode rozar o aire ao subir, e o que en nós hai de primitivo, de ligado a unha vida ancestral esquecida, o que hai de animal encurvado, o que hai de raíz de árbore, o que hai de cana e de flor e de froito, e de araña que axexa e de insecto que lisca do monstruoso inimigo tropezando na terra, o que hai de terra mesma, tan vello, tan vello, tan oculto, remóvese e asómase porque oe un idioma que el falou algunha vez e sente que é a chamada do fraterno, dunha esencia común a todas as vidas.

Carta de Fendetestas. Benqueridos amigos e amigas do club de lectura do IES Miraflores e David Buján: Cando lean esta misiva, xa terán vostedes regresado dun pracenteiro paseo por este anco da fraga de Cecebre, antano, frondosa, umbría, dabondo cuberta cun manto interminable de verdor e se cadra…….. Menos poboada, mais igual de enmeigadora, fascinante, feiticeira e viva. Ignoro cantos dos seus moradores avistaron, mais desexo que teñan visto os máis deles. Eu mesmo podería terlles saído ao paso en calquera parte do camiño, ao berro de ¡Caso en Soria! ¡A bolsa ou a vida! Si….. Como algún de vostedes xa adiviñou. Son un bandido: O bandido Fendetestas e ando vagando por este bosque na esculca dalgún parroquiano incauto, a quen poder quitarlle un patacón, ou simplemente para leriar o que acontece nas aldeas derredor. En realidade non me pareceu oportuno, darlles un abraiante susto e que saísen fuxindo como ánimas que leva a Santa Compaña. ........ No fondo son boa persoa e para demostrar a miña boa fe, propóñolles unha cativa esculca polo xardín de Vila Florentina. Demostren daquela, os seus dotes de observación, de sabedoría e de inxenio... e sobre todo divírtanse.


Página 4

Roteiro Literario: O Bosque Animado

A poesía Pasa río, pasa río, co teu maino rebulir;

CARACOL

pasa, pasa entre as floriñas

Caracol, col, col;

color de ouro e de marfil,

caracol, caracoleiro:

a quen cos teus doces labios

¡pon os teus cornos ó sol

tan doces cousas lle dis.

xa que eres tan frioleiro!

Pasa, pasa, mais non vexan

Ó lombo levas a casa,

que te vas ao mar sen fin,

caracol, caracoleiro:

por que entón ai! Pobriñas,

¡e deixas cintas de seda

canto chorarán por ti!

engalanando o carreiro!

Se souberas que estrañeza,

Caracol, col, col;

se souberas que sufrir,

caracol, caracolón:

desque del vivo apartada

¡pon os teus cornos ó sol

o meu corazón sentiu!

ó sol os teus comas pon!

Tal me acoden as soidades, tal me queren aflixir, que inda mais feras me afogan,

O PASPALLÁS E O SOL

se as quero botar de min.

Díxome o paspallás

E ai!, que fora das floriñas

cando pasei o río

véndote lonxe de si ir

que non saía o sol

pola verde ribeira,

por mor de que vai frío.

da ribeira do Carril!

Eu mandeille un abrigo de cunchiñas do mar Rosalía de Castro

para que se acochase e saíse a pasear. E o sol saíu tan forte que o paspallás voou, e entre moitas folliñas co medo se agachou. Anisia Miranda

Manuel María


Página 5

Roteiro Literario: O Bosque Animado

Imos ao campo, isca da cama, que a mañán nova fóra nos chama cos asubíos, dende moi cedo, dos estorniños no avelanedo. Imos ao campo, miña pequena, que a mañanciña xa nos acena coas mans lixeiras dos ameneiros que andan á roda polos regueiros.

Cando chove e non me mollo ¿é que chove ou que non chove? Choven choven catro pingas Choven choven oito ou nove

Imos ao campo, érguete axiña,

unhas pingas

que está a esperarnos a mañanciña

que recollo

e quer que escoites o seu regalo

Chove chove

no bico louro do noso galo.

non me mollo

Imos ao campo, que xa é de día ...

Uns que baixan

Toda de festas está a campía

Outros soben

pra que ti vaias coller as flores,

Dezasete

e os maiordomos dos caracoles,

vintenove

con maino paso de fidalguía,

poño herbas

andan poendo moi amodiño

a remollo

cintas de seda no teu camiño!

Non me colles Non te collo

Xosé Mª Álvarez Blázquez

Chove chove e non me mollo. Antonio García Teijeiro


Página 6

Roteiro Literario: O Bosque Animado

A poesía Coma un río

BOLBORETA

Coma un río quixera eu ser: cantar

Bolboreta, bolboreta,

con estrelas no lombo cara ó mar,

bolboreta aparecida,

deixando unha chorima en cada pedra,

lucindo mantón de festa

e unha bágoa de Deus en cada herba.

na camposa florecida.

Hai unha cousa clara coma o sol:

Volve, volve, bolboreta;

prós nosos ollos no está feita a lus

voltando, xirando, vira

do mundo, ó abrente frío que se abreu

como unha gota de orballo

cando abrimos os ollos sobre o mundo.

que naceu na amañecida.

E eu coma a néboa sobre os outros montes

Levas vestido de cores,

que lles cobre a ferez e mailas bágoas;

arrecendes a herbas finas,

e eu coma a estrela que entra polo oco

dacabalo do irmán vento,

do lousado do pobre na agonía.

cabalgas toxos e lilas.

Hai unha cousa clara coma a lus:

Volve, volve, bolboreta,

que no é para nós a música do mundo

ó meu xardín de visita.

a promesa raiante da hora enorme Ana Mª Fernández

en que se dixo: ¡ outro home veu ó mundo! E eu como un fondo río de recendos, de voces e de luces: coma o aire, que beixa todo e non se apousa en nada máis que no sangue, na raíz do sangue…

Esmeralada Herba perquerrechiña

Xosé Mª Díaz Castro

que con medo sorrís ó sol que vai nacendo e morrendo sen ti, ¿ por que de ser pequena te me avergonzas ti? ¡O Universo sería máis pequeno sen ti?. Xosé Mª Díaz Castro


Roteiro Literario: O Bosque Animado

Página 7

Estancia IV O Furacroios era unha toupa de color nube de inverno, As galerías da súa moradía chegaban desde o patacal de Xoaniña Arruallo ata o bosque, e nelas vivíase ben. Cando caían as mazás da horta na terra sentíase a súa pelotada na profundidade onde a toupa engordaba; e non había ningún sobresalto máis. Aquelas chuvias asolagaron o corredor principal, convertérono nunha masa visguenta, un desastre: era imposible continuar alí. E para máis, o Furacroios tiña outro motivo máis triste e máis poderoso para facer tan desacostumada camiñada defrontando a antipática claridade do día; aínda que hai que dicir que a luz daquel día non se diferenciaba desa luz vaga e turbia en que adoitan moverse as imaxes dun pesadelo, luz sen sombras, que amolece os contornos, pouso de luz que deixou a súa tona na outra cara dun filtro de nubes e permite caer ao fondo todo o que hai de indeciso e de gris no Universo. Porén, resultaba abraiante para o Furacroios, sufrindo os seus ollechos minúsculos unha impresión dolorosa. As súas curtas patas dianteiras rematadas por manciñas case humanas, de dedas alongadas coma as dunha señorita ociosa, movíanse riba do carreiriño con tan pouca garrideza coma se no canto de andar collese presadiñas de area. Na suavidade da súa pel, dúas pingotas luxaran o finísimo pelo. Isto magoaba aínda máis ao Furacroios. Todo o mundo sabe que a toupa é un animal vaidoso, dunha vaidade estraña, que non busca a exhibición pero que se comprace na súa intimidade secreta. Os aldeáns considérano namorado de adornos e simple. Contan del que se deixou enganar pola ra, nos tempos en que a ra tiña rabo e se deu maña para cambiarllo á toupa polos ollos. Ben envolto no seu rico abrigo de pel, ten todo o aire de ser un pequeno señor que rompeu a solidariedade con canto vive e vai e vén, escaso e sucio, sobre as cabezas dos viaxeiros, nun bambeo continuo. Cando as vendedoras e os obreiros que enchen o tren para iren gañar a súa vida á capital se acomodan estreitamente nos duros bancos onde a xenerosa cotra tenta substituír o verniz, o cheiro a tabaco barato non consegue anular o outro cheiro a cama pobre que todos traen pegado aínda ao corpo; cheiro amanta vella, a xergón de follas de millo, a almofadas que gardan suor de


Página 8

Roteiro Literario: O Bosque Animado

Estancia IV traballo e suor de febres. Falan pouco e semella que meditan envoltos nas súas bufandas ou nos seus mantóns de la. Pensan, seguramente, moitas cousas, esperanzadas ou tristes; mais pódese xurar que entre tantas ideas deses aterecidos viaxeiros non hai ningunha que evoque os días de gloria daqueles coches.

Estancia VIII Ás seis da mañá, todos os días do ano, agás os que duraba a preñez da vaca" ou aqueles en que, por outras razóns, non daba leite, abríase a porta da casa de Xoaniña Arruallo, cun estridor tan risible como pode ser o voceirón dun anano, e a Pilara saía co barrigudo xerro de folla de lata riba da cabeza, camiño do apeadeiro. Nas noites moi escuras levaba un fachiño de palIas aceso, para evitar unha embolecadura que devolvese ao chan o zume que o rumiante que traballaba por conta de Xoaniña Arruallo extraera das súas herbas. O xerro pesaba moito máis no verán ca no inverno, porque no verán a Pilara non pensaba máis ca nel, e no inverno era tan grande o medo que sentía ao atravesar a fraga mergullada na noite que calquera outra tortura facíaselle, senón insensible, levadeira. Desde que entraba no bosque procuraba non mirar máis que para o chan onde branquexaban as as pedras e as pozas se confundían coa terra ata que as revelaba bruscamente a luz. O camiño que seguían os carros estaba cuberto por un limo case líquido no que se mergullaban as zocas, e era preciso ir por carreiriños que se retorcían entre as árbores. E ás veces miraba á dereita ou á esquerda. E dígovos que as árbores dunha fraga non son gratas para ver cando se vai só e de noite entre elas e os ollos con que se miran unicamente viron acenderse doce veces as chamiñas das cereixas nas hortas.


Roteiro Literario: O Bosque Animado

Página 9

Estancia XI O gato é o máis romántico dos animais; a súa alianza co home está feita tan só para poder ensoñar con comodidade, libre dos absorbentes coidados de gañar a vida e de a defender. O can dá en cambio o seu traballo e móstrase sempre disposto a el con celo impaciente. O gato, non. Se colle algún rato é porque o distraen as peripecias da caza, mais ás veces, cando está ensumido en fantasías cativadoras, déixaos pasar ao seu lado sen se molestar en entreabrir as pálpebras. Non admite donas, senón anfitrións, e por iso non serve senón que se deixa servir. Tan seguro está das súas propias actitudes, que entende que paga a máxima mercé coa súa presenza; sabe que embelece un fogar e que nunca, ocorra o que ocorra, nin no abandono do sono nin na imprevisión dunha caída, ha desagradar cunha postura ridícula a quen o mire. Despois, o que lle importa é soñar. Enroscado xunta o lume, ou riba do máis amolegado moble da casa, ou inmóbil no peitoril dunha ventá para deixarse ver –máis que para ver- do mundo exterior, imaxina estupendas historias e non gusta de que alguén lle estorbe.


Página 10

Roteiro Literario: O Bosque Animado

Estancia XII O inverno estaba xa tusindo no mesón do Bento. Porque para entrar en Cecebre o inverno non chega do setentrión, senón que vén do sureste e primeiro visita as montañas de Ordes. Visita as montañas de Ordes e pasa uns días no Mesón do Bento. Ao que ergue a cabeza, xa se poden ver desde Cecebre as súas barbas de nubes, e o seu alento frío chega ata a fraga e fai soar, con rumor de papeis remexidos, as follas secas que aínda non desprenderon os carballos. Logo descende polos líricos camiños de Abegondo, vellos como a mesma raza, retortos, abrigados por árbores patriarcais, beireados de silveiras –coma o festón de pel dunha casca-, pechados ao balbordo de trens, autos e dilixencias; camiños que se diferencian de todos os camiños en que non están feitos para se ir, senón para incitar a quedar, e para os que quedaron sen pensaren en marchar xamais. Baixa o inverno por eles e achégase a Cecebre. E ma beira do río – coa súa pel de aceiro que se estremece de frialdade– senta e abre o seu ancho fardel de peregrino.


Roteiro Literario: O Bosque Animado

Página 11

FRAGA: “Bosque inculto, entregado a si mismo onde se mesturan variadas especies de árbores” “As árbores non se aburren nunca porque non miran para a terra, senón para o ceo, e o ceo cambia tanto, segundo as horas e segundo as nubes, que xamáis e igual a sí mesmo” “A fraga é ela mesma un ser composto de moitos seres” “Pero entre todos os seres vivos na fraga son -as árbores- as máis pacíficas, os máis bondadosos, os que poseen una alma máis sinxela e inxenua” O bosque animado WENCESLAO FERNÁNDEZ FLÓREZ


17 de xuño de 2014

Wenceslao Fernández Flórez (A Coruña 1885 - Madrid 1964

http://bibliotecaa3p.blogspot.com.es/ http://bibliotecaiesmiraflores.blogspot.com.

Roteiro O bosque animado