Issuu on Google+

PARA BOTAR A SORTES Ceip de Agui単o


Os xogos para botar a sortes son recitados cun ritmo ben marcado que serven para designar ao/á neno/a que panda ou que libra no xogo que se vai desenvolver a continuación. Os/as participantes póñense en roda ou en ringleira diante do botador. Este sinala un a un os/as compañeiros/as, recitando ou cantando a cantinela escollida. Son moi ricos e variados en todas as culturas. Aquí vai unha pequena recompilacion de xogos para botar a sortes da nosa querida Galicia


INDICE • • • • • • • • • • • • • • • • • • • •

UN, DOUS PINTO, PINTO PAVÍS, PAVÓS SORTELLIÑA, PEQUENIÑA GALIÑA PINTADA PELO GATO MEU PAI TEN UN CAIXÓN DON EMILIO DON XULIÁN PAXARIÑO RECHINCHIÑO PIN, PIN, ZARRAMACUTÍN ESPETO FERRUXENTE GATO, GATO TACO, TACO BARRABÍS, BARRABÁS DEDÍN, DEDÍN UNHE, DOLE PACO. REPACO XAN PERILLÁN UN, DOUS, TRES


UN, DOUS Un, dous, tres, catro. Sae ti, que vĂŠn o gato.


PINTO, PINTO Pinto, pinto, gagarabinto, teño unha vaca de vinte e cinco. Teño un boi que sabe arar; tamén sabe trompicar; dar a volta ben redonda esa nena que se esconda.


PAVÍS, PAVÓS

Pavís, pavós, a filla do rei casada con vós, merda “pra” vós, escollede vós.


SORTELLIÑA, PEQUENIÑA Sortelliña, pequeniña, a de ouro e a de prata onde o rei repartía a nata, no horto de María Inés, corre “tu”, que che toca a vez.


GALIÑA PINTADA Galiña pintada que andas pola casa de pau en pau. Valor, fedor. Toca, viola. Vai ti para fóra


PELO GATO Pelo, gato, vinte, catro, un, dous, tres, catro.


MEU PAI TEN UN CAIXON Meu pai ten un caix贸n cheo de puntas; dime neno/a cantas son. Unha, d煤as, tres...


DON EMILIO Don Emilio de Celanova ti帽a un gato e durm铆alle f贸ra; colleu un pau e deulle na cola; salta Marica, salta para f贸ra.


DON XULIÁN O Calan foi á misa; veu o can tragoulle a camisa. Vaite can, que non é pan, que é camisa do Calan.


PAXARIÑO RECHINCHIÑO Paxariño, rechinchiño, vaite esconder detrás da pía de tía Inés que “te” toca a túa dita “ves”.


PIN, PIN, ZARRAMACUTÍN Pin, pin, zarramacutín, cuca malla Serafin. Ti de ouro, ti de prata, tápate coa garavata.


ESPETO FERRUXENTE Espeto furruxente saĂ­u da porta do vento, a min me cheirou, a min me apestou, o bufo do cu de quen o botou.


GATO, GATO Gato, gato maragato, dime a verdade se non te mato; un, dous, tres e catro.


TACO, TACO Taco, taco, nĂşmero catro, un, dous, tres, catro mil novecentos oitenta e catro.


BARRABÍS, BARRABÁS Barrabís, barrabás, ti quedas e ti te vas.


DEDÍN, DEDÍN Dedín, dedín, dixo Roquín. Cando o rei pasou por aquí todas as aves convidou menos unha que quedou.


UNHE, DOLE Unhe , dole tele, catole quile, quilete estaba a rai帽a no seu gabinete chegou don Xil apagou o candil candil candil贸n conta vinte que vinte che son


PACO, REPACO Paco, repaco camisa cagada foi á cociña comer a pescada. a pescada estaba fría e paco de cagarría


XAN PERILLÁN Xan Perillán a cabalo dun can o can era coxo e tirouno a un pozo o pozo era frío e tirouno a un río o río era branco e tirouno a un campo o campo era roxo e tirouno a un toxo Xan Perillán berraba e o can escapaba.


UN, DOUS, TRES Un, dous, tres. Paco, Perico e AndrĂŠs.


Para botar a sortes