Page 1

Proxecto de Anticipación da Primera Lingua Estranxeira XUSTIFICACIÓN DO PROXECTO: O CEIP Alexandre Bóveda ven desenvolvendo dende o curso 2000-1 un Proxecto de Anticipación, planeado primeiramente para E.I. de 4 e 5 anos e incorporando posteriormente no curso Infantil de 3 anos. Tras estes anos de experimentación puidemos comprobar que o inglés converteuse na principal lingua de comunicación para a cidadanía da Unión Europea, non sendo considerada, en moitos casos, como unha lingua estranxeira, senón máis ben como unha terceira lingua( no noso caso) que é á vez a lingua máis importante de comunicación intereuropea. Sempre considerando que a introdución temperá dunha terceira lingua non é un proxecto a curto prazo, planeamos unha programación a longo prazo , xa que esta vai repercutir en todos os niveis do ensino. Para isto puxémonos unhas condicións que garantan a calidade do ensino da lingua estranxeira. Entre elas podemos considerar: Comprender que se trata dun proxecto experimental a longo prazo o que implica a necesidade de adaptación do currículo. Establecer obxectivos lingüísticos ben definidos para cada ciclo. Aplicar unha metodoloxía que motive ó alumnado e que sexa adecuada á súa idade. Formarse profesionalmente tanto no nivel lingüístico como metodolóxico. Coordinar as programacións das áreas lingüísticas co fin de favorecer a interdependencia entre linguas e obter beneficios a nivel cognitivo e metalingüístico. Conseguir a implicación e o apoio da comunidade escolar para levar a cabo o proxecto. O acercamento á lingua estranxeira farase sempre dende as seguintes perspectivas: Funcional: Usar a lingua como medio de expresión utilizando tanto os compoñentes lingüísticos como extralingüísticos. Comunicativa: Comprender e falar de acordo coas posibilidades do alumnado. Lúdica: Disfrutar e participar activamente co uso da lingua. Actitudinal: Potenciar a autonomía na aprendizaxe e na autoavaliación.

CEIP Alexandre Bóveda

1


Proxecto de Anticipación da Primera Lingua Estranxeira Para isto resaltaremos os seguintes aspectos: Partiremos tanto das características xerais da etapa psicoevolutiva do alumnado como do respecto ás características individuais de cada neno/a. Consideraremos o xogo como recurso principal nesta etapa para favorecer a aprendizaxe. Adoptaremos unha mentalidade aberta, receptiva e potenciadora cara a outras linguas. Posibilitaremos unhas relacións afectivas e harmónicas que potencien a participación activa e desinhibida de todo o alumnado. Conscientes da importancia que terá nun futuro inmediato en toda Europa, utilizamos o marco común europeo de referencia para as linguas: aprendizaxe, ensino e avaliación tanto para a escolla dos materiais didácticos que ían ser utilizados na aula como para o deseño de estratexias de aprendizaxe na elaboración do noso propio material. Así mesmo a interacción oral traballarase de xeito específico en 5 anos.

OBXECTIVOS XERAIS: Para o profesorado: Fomentar no alumnado actitudes positivas cara á pluralidade lingüística e cultural, motivando actitudes de interculturalidade. Motivar a actividade innovadora nos centros. Coñecer e desenvolver recursos materiais e metodolóxicos que faciliten a aprendizaxe temperá do inglés. Fomentar á comprensión receptiva e o uso activo de toda a información contextual para deducir o significado do expresado en inglés. Desenvolver a memoria lingüística do alumnado a corto e longo prazo. Aumentar a capacidade de atención e dedución. Desenvolver o grado de autonomía de cada neno/a nas tarefas individuais, nas rutinas diarias e nas actividades. Contribuír ó desenvolvemento da autoestima do alumnado

CEIP Alexandre Bóveda

2


Proxecto de Anticipación da Primera Lingua Estranxeira Para o alumnado: Expresar sentimentos, desexos e ideas mediante a linguaxe oral adecuada. Comprender as intencións e mensaxes que lle comunican os demais. Comprender, reproducir e recrear con interese algúns textos de tradición cultural. Ler, interpretar e producir imaxes como forma de comunicación . Recoñecer e apreciar o valor comunicativo das linguas estranxeiras e a propia capacidade para aprender a utilizalas, mostrando unha actitude positiva e de respecto cara a lingua e quen a fala. Utilizar na aprendizaxe da lingua estranxeira os coñecementos e as experiencias previas na lingua materna e desenvolver progresivamente estratexias de aprendizaxe autónoma. Utilizar estratexias de comunicación non verbal co fin de comprender e expresarse en inglés. Mostrar actitudes de respecto nas actividades de interacción cos demais, a través do xogo e o traballo en grupo. Iniciarse na alfabetización tecnolóxica.

ESTRATEXIAS METODOLÓXICAS: Tomaranse como elementos fundamentais os seguintes aspectos:  

As necesidades de comunicación do alumnado dentro da aula. O tratamento dos temas sobre o mundo real ou fantástico que sexan de interese para o alumnado. Para isto seguiremos as seguintes liñas metodolóxicas: Lingua receptiva versus linguaxe activa: Os nenos/as que estean expostos á lingua inglesa formarán parte dun proceso de adquisición máis que dun proceso de aprendizaxe, polo tanto os materias como os proxectos desenvolvidos deberán reflectir e ter en conta as etapas naturais de adquisición da lingua, tendo en conta que a súa capacidade receptiva e maior que a súa capacidade reprodutiva. Uso do inglés na aula: O inglés será o idioma vehicular sempre que sexa posible, os materias cos que se traballa levan unha grande cantidade de apoio visual.

CEIP Alexandre Bóveda

3


Proxecto de Anticipación da Primera Lingua Estranxeira Aprendizaxe kinestésica: O aprendizaxe do alumnado destas idade é fundamentalmente kinestésico, aprenden a través dos sentidos e do movemento e necesitan da actividade física, as actividades, rhymes, cancións... estarán enfocadas o TPR ( resposta física total). Integración e organización da aula: O alumnado destas idades necesita axuda para adaptarse ás normas e aos requirimentos de socialización da aula, para lograr isto é fundamental a utilización de rutinas e dos mecanismos de control para a organización e a disciplina na aula. A aula organizarase a xeito de “ corners” para respectar a mesma organización que o alumnado ten nas súas titorías.

O mesmo tempo o noso proxecto inclúe a programación de unidades para a axuda de acción titorial, autoestima e expresión de sentimentos, o que facilitará tanto a integración do alumno como a organización da aula. Traballos de mesa: Aínda que a finalidade do proxecto e fundamentalmente comunicativa, os traballos de mesa son fundamentais non só para poñer en práctica a linguaxe principal senón tamén para introducir de xeito lúdico o elemento plástico e motriz. Globalización: O alumnado desta idade aprende varias cousas polo que os materiais utilizados reflectirán as características dos nenos/as de educación Infantil e darán unha especial importancia ó desenvolvemento global do alumnado. O enfoque e os tipos de actividades estarán deseñados para o desenvolvemento de diversos tipos de intelixencia, e os xogos e as tarefas proporcionarán experiencias nunha grande variedade de ritos cognitivos. Darase especial importancia ó uso de rutinas claras para fomentar a seguridade do alumnado. Complicidade co titor/a O alumnado destas idades son moi dependentes do seus titores/as polo que resulta fundamental a coordinación cos mesmos, así como a inclusión da área de inglés nos proxectos que se leven a cabo nas titorías e nos proxectos que se desenvolvan no centro. A experiencia de traballo destes anos anteriores, lévanos a considerar que o profesorado de inglés non pode ser un elemento illado senón que debe considerarse como un profesor/a de etapa. O mesmo tempo a experiencia do profesorado titor desta etapa e o coñecemento do alumnado destas idades, permite ó profesorado especialista poder contar cunha serie de consellos útiles en situacións imprevistas, o que facilitará a realización das actividades.

CEIP Alexandre Bóveda

4


Proxecto de Anticipación da Primera Lingua Estranxeira

Fomento da participación nas familias: O interese e apoio das familias é un factor moi importante á hora de motivar a aprendizaxe nestas idades. O alumnado dispón dun “ traveller envelope” que permite cada certo tempo comunicarse cas familias, así como un CD de cancións que permiten o reforzo do aprendido na clase. Uso das novas tecnoloxías: O CEIP Alexandre Bóveda aposta polo uso das novas tecnoloxías como base para a albafetización tecnolóxica e o desenvolvemento individual e social. A aula de inglés non pode quedar illada das vantaxes que supón a utilización destes medios, tanto polo alto poder de motivación que predispón á aprendizaxe como polo incremento da atención e interese polas tarefas a realizar. Farase uso do software adaptado a estas idades e das posibilidades que a rede nos proporciona para o desenvolvemento de proxectos e entendemento dos aspectos socioculturais de lingua. Temas transversais: Dada a gran relevancia social e do gran contido actitudinal dos temas transversais, estes serán tratados conxuntamente cos contidos específicos da lingua inglesa. A finalidade do proxecto sería conseguir que o alumnado adquira competencia comunicativa a través das tarefas en que a lingua é utilizada con propósitos concretos. As tarefas ou actividades que se realizarán con respecto a inclusión destes temas serán: Significativas: partindo do coñecemento que o alumnado xa posúe e que se axusta ás súas experiencias. Útiles e cunha finalidade: actividades nas que o alumnado se vexa implicado en facer algo coa nova lingua que supoña un reto, serán por tanto actividades que centren a atención e manteñan o seu interese. Interactivas: actividades nas que o alumnado e o profesorado participen en actos de comunicación mediante os que podan comprobar e contrastar o que foron descubrindo. Contextualizadas: mediante o apoio de material visual, acenos, obxectos en acontecementos e feitos que sucedan no momento, e que o alumnado saiba interpretar. Variadas: é dicir, que ofrezan unha abundante exposición á lingua. Facilitadoras de globalización. Favorecedoras da autonomía: que permitan ó alumnado poder tomar decisións dentro do desenvolvemento da propia tarefa.

CEIP Alexandre Bóveda

5


Proxecto de Anticipación da Primera Lingua Estranxeira

Posibles proxectos a realizar :  Igualdade de oportunidades- 8 de Marzo  Campaña de animación á lectura  Día Internacional dos nenos/as  Día da Paz  Axuda á acción titorial  Autoestima  A elaboración de novos materiais permitirá unha variedade de actividades e unha dinámica que queda reflectida nos seguintes esquemas:

ENGLISH CLASS

Listening Asking

Singing

Writing

Recognizing

Drawing

Leaning centers

Vocabulary

Contrasting

Observing

Describing

Colouring Guessing

CEIP Alexandre Bóveda

6


Proxecto de Anticipaci贸n da Primera Lingua Estranxeira

Memorizing

Speaking

Reciting

LEARNING CENTERS

Comparing

Repeating

Singing

Brainstorming

Sharing: Group work Developing synergy MOVE CREATE AND DO

Developing selfconfidence

Peer relations

Classbuilding activities

CEIP Alexandre B贸veda

7


Proxecto de Anticipaci贸n da Primera Lingua Estranxeira

Rewards From the known to the unknown

Store telling corner

Surprise, Surprise Daily Routines

Art and crafts

Table boards

Games

Projects Cinema

Games

Riddles

Songs

Always a celebration Computers

Role play

Books

Rhymes

Culture

CEIP Alexandre B贸veda

8


Proxecto de Anticipación da Primera Lingua Estranxeira

Tratamento do erro: Entendendo que a progresión na aprendizaxe non se entende de forma lineal, senón global, consideramos o progreso como un proceso no que o alumnado completa e matiza progresivamente o novo sistema de lingua que está aprendendo. No devandito proceso de aprendizaxe o erro ocorre como algo natural e evidencia o dinamismo subxacente da comprensión e do dominio progresivo do novo sistema comunicativo. A actitude do profesorado será pois de considerar o erro como algo normal no proceso de aprendizaxe, un signo de progreso, nunca de fracaso. AVALIACIÓN: A avaliación é un elemento inseparable da actividade educativa, así como o corpo central dentro da planificación, polo que se ten que avaliar tanto o proceso de ensino e aprendizaxe como o resultado ou produto observado, ambos elementos e estreita relación e dependencia. A avaliación así entendida é un instrumento facilitador da retroalimentación do proceso educativo. Esta avaliación do proceso de ensino e aprendizaxe fai referencia á valoración de todos aqueles elementos que o configuran: o proceso de aprendizaxe do alumnado, a práctica docente e todos os elementos que a integran, incluída a programación da aula e as condicións do propio centro. A información referente ó proceso de aprendizaxe do alumno en relación coa consecución dos obxectivos programados a obteremos dos seguintes aspectos:  Capacidades desenvolvidas  Competencia adquirida na Lingua Estranxeira  Aprendizaxes alcanzadas Para a análise da practica docente se poden considerar os seguintes elementos:        

A programación, planificación. Consecución e adecuación dos contidos. Selección dos contidos. Adecuación e motivación das actividades. A linguaxe receptiva utilizada na aula. A distribución dos espazos e os tempos. A interacción na aula. A formulación adecuada de criterios de avaliación para os obxectivos propostos.

Materiais: - O libro de texto será utilizado a modo de manual e para establecer o “ Syllabus” que será utilizado nos outros proxectos a desenvolver. O texto utilizado no noso caso é:    -

Tree House- Edt. Oxford para 3 anos Tree in a tree A- para 4 anos Three in a tree B- para 5 anos Materiais específicos da área: libros, vídeos , CD, posters, flash cards...

CEIP Alexandre Bóveda

9


Proxecto de Anticipación da Primera Lingua Estranxeira -

Recursos audiovisuais e tecnolóxicos: reprodutor de CD, TV, aparato de vídeo DVD, ordenadores... Material real, ben do entorno do alumnado o ben da cultura anglosaxona. Materiais de reciclado.

Distribución espazo- temporal: O centro dispón, ata o momento, de aula de inglés para E.I. polo que a pesares de estar programadas dúas sesións semanais de vinte minutos, o centro tanto por necesidades organizativas como por necesidades físicas, impartirá unha sesión semanal dunha hora, considerando absolutamente necesaria a diferenza horaria para a realización das actividades plásticas ou de axuda á acción titorial que supón a participación do profesorado de inglés nos proxectos de etapa. Relación do profesorado: Isabel Varela Piñeiro, profesora especialista en inglés do centro.

CEIP Alexandre Bóveda

10

proxecto anticipación inglés  

proxecto anticipacion

Read more
Read more
Similar to
Popular now
Just for you