Issuu on Google+

CONTRATO – PROGRAMA DE INNOVACIÓN EDUCATIVA “PROXECTO XOGO”

“Proxecto xogo” ,como o seu nome indica, é un método didáctico baseado na aprendizaxe a través do xogo. Dito proxecto foi elaborado pola profesora: Mª Luisa García Cajaraville, para a súa presentación aos Contratos-Programa de Innovación Educativa da Xunta de Galicia, en xuño do 2.011; sendo ben acollido polo Equipo Directivo e posteriormente aprobado polo Claustro de Profesores e Consello Escolar. En xaneiro deste curso escolar, 2.011- 2.012, foi seleccionado e, dende esta data; vense desenrolando, de forma óptima, por un grupo de profesores dos diferentes ciclos e niveis da Primaria.

DOCENTES IMPLICADOS

Coordinadora: Mª Luisa García Cajaraville Mª Pilar Asensio Fraile

( Audición e Linguaxe)

Mª Fernández González

( Aula de 1º A)

Pilar Fernández González

( Aula de 3º A)

Paz Fernández López

( Aula de 3º B)

Mª Luisa García Cajaraville

( Aula de 4º A)

Carmen Otero Campos

( Aula de 4º B)

Mª Dolores Crespo Couselo

( Aula de 5º A)

Esther Fernández González

( Aula de 5º B)

Concepción Pérez Mosquera

( Aula de 6º A)

Eugenia González Tabares

( Aula de 6º B)


PROGRAMA DA MELLORA DA ESCRITURA – LECTURA E CÁLCULO

“PROXECTO

XOGO”

CEIP. “PINTOR LAXEIRO” (VIGO - PONTEVEDRA) Mª LUISA GARCÍA CAJARAVILLE


INDICE 1.- Xustificación do programa 2.- Destinatarios. 3.- Logros que se perseguen. 4.- Metodoloxía. 5.- Decisións didáctico-organizativas. 6.- Enumeración de actividades para: “mellora da lectura, escritura e cálculo”.


XUSTIFICACIÓN

As novas realidades sociais precisan de novas formulacións educativas, aquí chegamos as Competencias Básicas que teñen de precedente o Informe Delors (UNESCO): “A educación encerra un tesouro”. Os 4 piares básicos serían: • Aprender a coñecer: Adquisición dunha cultura xeral ampla. • Aprender a facer: Utilizar os coñecementos na práctica para facer fronte a calquera situación. • Aprender a vivir: Coñecer e comprender ás persoas, aprender a traballar en equipo, a emprender proxectos comúns… • Aprender a ser: desenvolver a autonomía e a autoestima para potenciar as capacidades individuais. Tomando como base esta xustificación, “Proxecto Xogo”, fundaméntase nestes principios metodolóxicos básicos: A.- Priorizar a reflexión e o pensamento crítico. B.- Priorizar a construcción e aplicación do coñecemento fronte á apredizaxe memorística. C.- Propoñer situacións variadas de aprendizaje, que poñan en marcha procesos cognitivos variados no alumnado. D.- Contextualizar as aprendizaxes no entorno socioeducativo vital. E.- Dar importancia á interación dialóxica, que permite interpretar o propio coñecemento e o dos demais, xerando comprensión. F.- Estas situacións enriquecen o rol do profesorado como un educador mediador e guía de aprendizaxes. Integración de modelos de enseñanza: A estratexía básica deste proxecto sería o xogo tratando de conquerir una mellora da educación e mais específicamente na lectura, escritura e cálculo, aunando as nosas estratexias educativas, baseándonos no cooperativismo e dinámicas de grupo, tanto a nivel de alumnado como de profesorado.

DESTINATARIOS O Proxecto está destinado a tódolos ciclos de ed. Primaria. Nestas datas, de presentación do “Proxecto”, xa se conta con un mínimo de seis aulas nas que se vai a desenrolar. Hai outras titorías que están pendentes da adscripción do profesorado en setembro. Na Memoria de fin de curso 2011/12 se especificarán tódolos niveis nos que se levou a cabo.


LOGROS QUE SE PRETENDER ACADAR • • • • • • • •

Motivar ao alumnado na súa actitude ante a aprendizaxe, por medio do xogo. Aproveitar a propia esencia dos intereses do alumnado (o xogo neste caso) para que revirta na mellora da aprendizaxe. Facer participes ao alumnado do seu proceso educativo. Dinamizar o ensino. Contemplar a diversidade. Fomentar creatividade. Fomentar o espírito cooperativo tanto no alumnado como no profesorado Integrar a todo o alumnado, tendo en conta que o xogo é algo universal.

METODOLOXÍA •

Metodoloxía lúdica e motivadora.

Metodoloxía orientada a creación de esquemas mentais, tanto a nivel matemático coma de linguaxe, que partan do concreto ao abstracto coa manipulación dos materiais de xogo.

Asociativa, o alumnado aprenderá partindo da relación dos distintos contidos dentro de cada área, e non como conceptos illados. Chegarase a identificación dun novo concepto como un proceso de relación que capta as características diferenciadoras deste fronte aos demais.

Dinámica e interactiva

Integradora da diversidade. Nos talleres contémplanse diferentes niveis de dificultade e diferentes formas de aprendizaxe. -Desenvolvemento da percepción e memoria a través do tacto, mímica no plantexamento de erros ortográficos…

Cooperativa con traballo en grupo, axudándose un aos outros –diferentes niveis de alumnado no seu proceso madurativo e de aprendizaxe dentro do grupo-, e con distintas dinámicas -gran grupo, mediano grupo …

Integradora das normas. Existen unhas normas que o alumnado acepta de forma intrínseca por captar a súa necesidade para o desenrolo do xogo

Cunha estrutura de proxecto xa que se busca “a mellora da lectura, escritura e cálculo” a través da conxugación doutras áreas, e unha dinámica aberta cara a colaboración entre aulas, colexios, familias, e tamén a inclusión doutros `proxectos que se poidan estar levando a cabo no centro


DECISIÓNS DIDÁCTICO-ORGANIZATIVAS

 DISTRBUCIÓN DE ESPAZOS E AGRUPAMENTO

Dentro das aulas, a distribución do espazo terá que ter en conta o traballo colaborativo que se leve a cabo. Se o traballo é de varias aulas, utilizaranse outras espazos do centro -biblioteca, audiovisuais, música, plástica…-

 DISTRIBUCIÓN DE TEMPOS NO CENTRO E NA AULA

Flexible á demanda da actividade e do traballo colaborativo, utilizando criterios pedagóxicos e buscando solucións conxuntas entre o profesorado.

 RECURSOS

Diversos e relevantes para o desenvolvemento dos distintos talleres. Recursos tradicionais e recursos tecnolóxicos. Materiais mercados, e materiais elaborados polo propio alumnado, profesorado ou familias.

 INSTRUMENTOS DE AVALIACIÓN

Diversos, utilizados en diversos contextos: probas escritas, proxectos, investigación, resultados finais dun xogo determinado… Avaliarase todo o proceso, as actitudes, iniciativas.

COLABORACIÓN METODOLÓXICA E DIDÁCTICA DOS EQUIPOS DOCENTES

Compromiso conxunto do profesorado implicado.


APERTURA E COLABORACIÓN CON ACTIVIDADES INTERCOLEXIAIS

Ligamats, Rebumbio matemático -a nivel local e comunidade-, “Vigo por dentro”, Verbum, Actividades escolares “Caixanova”....,

HORARIO DO PROFESORADO Contemplar un tempo de traballo para desenrolar con eficacia, o proxecto: decidir talleres para cada grupo e áreas que se estean traballando, materiais e recursos a emplear, temporalización, avaliación, formación, reflexión conxunta, práctica colaborativa na elaboración de materiais.…,


ACTIVIDADES PARA A MELLORA DA LECTURA, ESCRITURA Tendo en conta os niveis de rendemento de cada nivel propostos pola Consellería de Educación, e as execucións do alumnado en cada nivel, os xogos varían a súa complexidade, o seu nivel de dificultade…

• XOGOS DESCRIPTIVOS: -Partindo da construción dun boneco,ir colocándolle as diferentes pezas segundo corresponda e unha vez rematado,describilo de forma oral e escrita. -Describir fotografías que fixeron coas súas familias dalgunha saída ou viaxe, explicándoas de forma oral e escrita. • XOGO DAS ADIVIÑAS: -Investigar na familia, -colaboración dos avós-, adiviñas. -Ler as adiviñas cunha entoación adecuada. -Resolver e inventar adiviñas,tanto a nivel oral como escrito. -Realizar un “libro” de adiviñas.

• XOGO DE MIMÍCA: -Facer unha mímica determinada ao escoitar a sílaba tónica. -Adiviñar o número de sílabas de cada palabra e clasificalas. -Adiviñar palabras, títulos de libros, películas. -Poñerlle “nome” a estados de ánimo.

• XOGO DO ALFABETO: -De América veu un barco cargado de palabras que empezan por… -Palabras encadeadas -Crucigramas -Ordenar as palabras que lle toque a cada equipo. -Buscar palabras no dicionario e escribir o seu significado. –Traballo de equipo, cooperativo-Construír oracións partindo de distinto número de palabras, tratando de amplialas cada vez máis.

• XOGO DO QUEBRACABEZAS: -Repartirase a cada equipo unhas tarxetas con textos desordenados ou incompletos, de contos coñecidos, que poden atoparse noutro equipo; polo que deberán expoñer ben as súas peticións se queren rematar o devandito conto.


-Argallar unha historia partindo dun conxunto de palabras desordenadas.

XOGO DOS ANTÓNIMOS E SINÓNIMOS:

-Entre os diferentes equipos preguntaranse e responderán cos sinónimos e antónimos que corresponda. -Escribir as parellas resultantes do xogo anterior nos rincóns adicados a linguaxe -Facer un puzzle cos distintos antónimos,establecendo unha división simétrica (lusco-fusco)

• XOGO ASOCIATIVO: -Partindo de palabras compostas, previamente separadas, intentar atopar a compañeira de cada unha -Recompoñelas e expoñelas no rincón do taller de linguaxe. -Asociar pronomes con formas verbais. -Asociación de nomes e adxetivos –xogando nas fichas co xénero e número-

• XOGO DE VOCABULARIO: -Faranse xogos do vocabulario clasificado por campos semánticos,a través do emprego de lotos, dominós, cartas, loterías, ..., etc

• A CAZA DO ADXECTIVO: -Este xogo desenrolarase en diversas fases, nun orden crecente de dificultade para atopar os adxectivos.

• RINCÓN DO DRAMATURGO: -Trátase de que o alumnado represente como pequenos “entremeses” literarios, facendo breves dramatizacións, diálogos, ..., etc.

• EMULANDO A PROFESORA: -Neste xogo, os alumnos prepararán por equipos algunhas unidades de coñecemento do medio,para lelas cunha boa entoación e explicalas ao resto dos compañeiros.. -Aos compañeiros que lles tocou o rol de discentes, deberán traer das súas casas,as preguntas que van facer aos profes e expoñelas.


• XOGO DE MARCO POLO: -Facendo un percorrido polo mapa deben deterse nuns puntos determinados e responder aos xentilicios dese lugar. -Explicar as características que coñezan, etc.

• A CAZA DO PRONOME: −O mesmo que no apartado da “caza”do adxectivo • COMPENDIO DAS CATEGORÍAS GRAMATICAIS: -Farán xogos orais e escritos empregando tarxetas de diferentes cores, sagú a categoría gramatical, para a comparación das linguas (bilingüismo) e a súa estrutura. • XOGO DOS TRES IRMÁNS: Exposición de chistes, fábulas e lendas recopiadas polos alumnos (poden colaborar as familias) e invención doutras, partindo das presentadas, tanto a nivel oral coma escrito.

• XOGO DO CAMPO SEMÁNTICO: Levarase a cabo tanto a nivel oral como escrito, e unha vez acertadas as palabras que pertencen a mesma clasificación; pódese facer unha exposición no rincón da linguaxe ou ben un puzzle.

• MÍMICA E ORTOGRAFÍA: Xogarán coa mímica para corrixir erros ortográficos.

• TALLER INFORMÁTICO: Escribir contos, experiencias ou vivencias partindo de fotografías dixitalizadas feitas fóra da aula (aprender dentro é fóra da aula) coa colaboración das familias e subilas ao blog da clase. Tamén se poden subir fotografías e información doutros países (alumnos estranxeiros), e expoñelas na clase para que todos e todas poidan aprender xuntos.


ACTIVIDADES PARA A MELLORA DO CÁLCULO

XOGO DE NÚMEROS

- Representación de diferentes cantidades a través das regletas. - Operacións coas regletas - Comparación e asociación das regletas cos diferentes sistemas de medida (lonxitude, monetario..) - Completar cadros de modo que cada fila, columna e diagonal sumen un número dado. - Efectuar diferentes operaciónscon xogos de cartas e dominós. •

XOGO DO DETECTIVE Trátase de que o alumnado saiba buscar pistas nun enunciado para resolver una situación problemática (gañará o equipo que atope mais pistas)

SUPER O alumnado aplicará o coñecemento das diferentes operación a situación da vida cotiá, -comprar e vender no taller do super-

BANCO O mesmo procedemento que no xogo anterior aplicado ao cambeo de diñeiro

RELOXO Efectuaranse diferentes situación problemáticas coa medición do tempo, asociando estas as fraccións.

TALLERES INFORMÁTICOS Xogos matemáticos interactivos de diversos links

TALLER DAS FRACCIÓNS Xogos con cartas, dominós, tarxetas e círculos fragmentados contemplando diferentes actividades coas fraccións: ordenar polo seu valor, asociación pola súa equivalencia… Asociación da fraccións coas medidas de lonxitude, peso, capacidade

XOGOS COS DECIMAIS Partirán da asociación de diferentes unidades de medida (euro, metro…) traballando cos seus submúltiplos e comparándoos coa fraccións


Buscar na prensa información de divisas e traballar os números decimais actuando como banqueiros e grupos inversores. •

TALLER DAS LONXITUDES Farán diversas actividades de medicións, incluídos eles mesmos anotando os resultados, comparándoos polo seu valor crecente e decrecente.

INVENTORES DE SITUACIÖNS PROBLEMÄTICAS TENDO COMO REFERENCIA O SUPER E O BANCO Escribir enunciados matemáticos establecendo niveis de gradación (una operación, dúas..)sagú a pauta que se lles pida.

TALLER DE MEDICIÖNS DE MASA E CAPACIDADE Utilizando a balanza, distintos “elementos” de capacidade -vasos, xerras, latas de refresco, botellas…-con distinta capacidade, propóñense distintos xogos para resolver probas, tarefas de situacións reais.

TALLER DE INFORMÁTICA Xogos interactivos relacionados coa execución da competencia que queiramos traballar Actividades co JCLIC, relacionados coas matemáticas, utilizando o programa JCLIC AUTOR

XOGANDO AO TANGRÄN Utilizarase como base de observación e manexo para conceptos de xeometría: líneas, polígonos…

XOGO DO APALPADOR Identificar os diferentes polígonos e corpos xeométricos a través da percepción táctil

INVENTORES DE PROBLEMAS Redactarán enunciados matemáticos para os diferentes talleres traballados ao longo do curso.

*HAI MOITOS XOGOS QUE NON SE MENCIONAN, PERO NA REALIDADE SE FAN, PARA AXUDAR A LOGRAR COMPETENCIAS, MELLORA DA LECTURA, ESCRITURA E CÁLCULO.

ASIMILAR CONTIDOS, E LOGRAR A

• NAS ACTIVIDADES EXPOSTAS , AO FACER SINXELAMENTE UNHA ENUMERACIÓN E NON O SEU DESENROLO, NON É DOADO REFLEXAR O CONTEXTO LÚDICO QUE TEÑEN NA CLASE. •


AGRADECEMENTO O profesorado implicado e a coordinadora agradecen a colaboraci贸n dos equipos, departamentos e familias do alumnado


xogo