Page 1

ENTROIDO Festa popular


ENTROIDO • As súas orixes remóntanse ás Saturnais dos romanos • Os cristianos adaptárona e converteuse nunha preparación para a Coaresma. • No entroido o pobo fai crítica dos poderes establecidos.

Boteiros de Vilariño


ENTROIDO • Foi prohibido e perseguido en diferentes épocas e lugares. • En Galicia foi moi popular pero a mediados do século XX entrou en decadencia polo despoboamento do rural e a persecución.


ENTROIDO • Pero en pobos illados, a maioría da provincia de Ourense mantivéronse moitas tradicións. • Son moi coñecidos os de Laza, Verín, Xinzo de Limia, Vilariño, Chantada, …


ENTROIDO • Mapa do carnaval


ENTROIDO LAZA


LAZA • Empeza coas badaladas de fin de ano. • Os mozos percorren as rúas facendo soar os chocos e anunciando que o entroido está próximo, pero non se poñen o traxe.


LAZA • Os venres pola noite, folións. • Fachóns de palla ardendo chocos soando inundan as rúas. • Os viciños agardan o paso do folión e bótanlles cinsa dende os balcóns.


LAZA • Gran folión – É o cuarto folión. – Dende os corredoires e balcóns das casa tíraselles cinsa e fariña.


LAZA • Sábado de entroido – Fariñada na praza da picota. – E de cea, cabritada. – Verbena na Praza da Picota. – Madrugada na casa dalgún veciño.


LAZA • Domingo de entroido (I) – Estrea dos Peliqueiros – Nas casas invítaselles a bica, viño e licorcafé. – Á saída da misa dan zamarrazos ós feligreses.


LAZA • Domingo de entroido (II) – Reparto da bica. Mozas subidas no carro cortan o doce e repárteno. – Primeiro os peliqueiros, logo o resto. – A bica representa a careta do peliqueiro.


LAZA • Luns de entroido (I) – Chamado luns borralleiro. – Farrapada. Dous equipos se tiran farrapos, panos cheos de barro.


LAZA • Luns de entroido (II) – Este luns tamén se fai a“Xitanada dos burros” – Desfile no que parellas de mozos e mozas pasean polas rúas montados nun burro. Non se lle poden tirar farrapos.


LAZA • Luns de entroido (III) – Pola tarde aparece “A Morena”. – É un home que leva unha manta porriba e unha cabeza de vaca de madeira. – Cando entra na praza tenta escornar ós presentes e levantarlles a saia ás mulleres.


LAZA • Luns de entroido (IV) – A comitiva da morena bate con toxos e cobelleiros ó que atopan – Tiran formigas mesturadas con fariña e vinagre ós presentes.


LAZA • Martes de entroido (I) – Saen os peliqueiros veteráns. – Desfilan carrozas improvisadas. – Os temas son relacionados coa morte.


LAZA • Martes de entroido (II) – Hai tristura pola fin do entroido. – As mulleres visten de loito e choran desconsoladas. – Os peliqueiros saltan con máis rabia ca nunca.


LAZA • Martes de entroido (III) – Ó caer a tarde, “Lectura do testamento” – O testamento é unha crítica satírica da actualidade en verso con rima. – O testamenteiro é o encargado de facelo e leelo.


LAZA • PELIQUEIRO (I) – É o rei do carnaval. – Non se lle pode tirar nada. – Ninguén o pode chamar polo seu nome – Calquera que o toque, manche ou insulte recibirá un bo zamarrazo.


LAZA • PELIQUEIRO (II) – Hoxe homes e mulleres poden ser peliqueiros – Teñen que ter estilo “peliqueiro”. – O xeito de correr, saltar, soster a zamarra son propios de Laza. – Son os guardiáns do entroido.


ENTROIDO VERÍN


VERÍN • Día de San Antón – Fai aparición por primeira vez a máscara do Cigarrón, cara a tardiña, que látego en man e sorriso cínico plasmado na súa careta, anuncia a proximidade do Entroido.


VERÍN • Xoves de compadres – Primeira petardada. – Celébrase o Xuizo do Maragato”, que un ano máis será condenado e executado.


VERÍN • Domingo corredoiro – Pola mañá os cigarróns recorren a vila metendo ruído. – Pola tarde, na Praza García Barbón, primeira fariñada.


VERÍN • Xoves de comadres – Día das mulleres. – Celébrase a “Procesión da Vela e as Sábanas Brancas”. – Despois, lectura pregón. – O carnaval comeza oficialmente. – Remata o día coa Gran Queimada.


VERÍN • Domingo de Entroido – Desfile ás doce. – Os cigarróns en cabeza, logo comparsas, carrozas e moita fariña.


VERÍN • Luns de Entroido (Fareleiro) – Na Praza Maior terá lugar unha auténtica batalla de fariña, na que todo o mundo acaba manchado, sobre todo aqueles que máis limpiños van. – A fariña era noutros tempos considerada, un símbolo de fecundidade.


VERÍN • Martes de Entroido – Desfile de Carrozas, Comparsas, Máscaras e Cigarróns, amenizado unha vez máis pola Banda de Gaitas do Concello de Verin e as charangas – Remata o Entroido.


VERÍN • CIGARRÓN – Figura característica propia do Entroido verinés. – A máscara consta dunha carauta de pau traballada en madeira e pintada de xeito que nela resalten as cellas, as sonrosadas meixelas, amplo bigote, cínico sorriso mostrando a dentadura e barba falsa.


ENTROIDO XINZO


XINZO DE LIMIA • Domingo Fareleiro – Gástanse 2000 quilos de fariña. A batalla é moi dura. – Antigamente os homes manchaban ás mulleres. – Hoxe é unha batalla campal, quedando as rúas brancas.


XINZO DE LIMIA • Domingo oleiro. – Un corro de persoas pásanse olas de barro. – Ó que lle cae a ola, paga unha botella de viño. – Na Ola Sagrada recóllense as botellas de viño, que se beberán despois.


XINZO DE LIMIA • Domingo corredoiro. – Aparecen as pantallas e os disfraces. – O nome provén de épocas de antaño, onde os mozos empezaban a correr a festa e ían polas rúas detrás dun carro cun moneco “O Meco”, que logo colocábase no centro da Praza – O Meco é o rei do Entroido.


XINZO DE LIMIA • Venres de carnaval. – Empeza a festa. – A xente disfrazada sae á rúa. – As pantallas perseguen ós que non se disfrazan.


XINZO DE LIMIA • Sábado a martes (I)

– As rúas énchense de xente, música, alegría, disfraces e festa. – A xente leva preparando todo o ano os seus disfraces e carrozas, para lucilas durante estes días. – En segredo, a vila transforma a súa rutina nun espectáculo popular e participativo que según os casos, reborda humor, crítica, inxenio ou beleza.


XINZO DE LIMIA • Sábado a martes (II) – As “pantallas” impoñen a súa presencia nas vellas rúas da vila. – O compoñente máis moderno e urbano da festa de Xinzo exprésase no multitudinario desfile de carrozas e comparsas que percorren a vila o martes pola tarde.


XINZO DE LIMIA • Mércores de cinza – Queima da sardiña. – Parodia a Coaresma e as procesións de Semana Santa. – Advirten do que pasará cando enterren o entroido. – A festa remata de madrugada.


XINZO DE LIMIA • Domingo de piñata

– Último estertor do Entroido. – Volven as pantallas ás rúas, queda tiempo para unha última salida. Hai menos xente na Vila e móvense a pracer. – Na Praza Maior hai piñatas que os nenos derriban para acadar o seu contido (caramelos, confetis ou fariña). – Empeza a conta atrás para o próximo Entroido.


XINZO DE LIMIA • Pantallas. – Perseguen ós que non se disfrazan. Ós infractores pagan unha ronda. – Levan vexigas de vaca seca coas fan ruído para facerse notar. – Son as raiñas do entroido de Xinzo.


XINZO DE LIMIA • Meco. – Figura de forma humana rechea de palla. – Preside a festa dende a Praza Maior.

Entroido  

Useful presentation to know about carnival in south Galicia