boletin

Page 1

BOLETÍN DA BIBLIOTECA

Nº: 0

Boletíns informativos da Biblio do Pintor Laxeiro Curso 2009-10

A historia de Gromiño. A nosa mascota.

Nadal 2009. Primeiro Trimestre.

Érase unha vez un duende que non tiña nome. Viña dun bosque cheo de árbores que coidaba con agarimo. Unha mañá de outono, cando ía recoller as ramaxes esparexidas do chan, viu algo enorme e que facía moito ruído. Asustado, escondeuse tras unha espesa matogueira... .

Así comezamos a nosa andaina este curso escolar 2009 2010.

Editorial Por Don Libresco. O Equipo de Biblioteca do CEIP Pintor Laxeiro preséntanos o Boletín Da Biblioteca o primeir o Boletín virtual. Xa o coñecedes. Recordades os Boletíns xunto coas guías que levabades cada trimestre xunto coas notas?.Pois agora ademais de telos en papel os ides ler no blog na biblioteca.

Coa historia da nosa mascota. Esta vez para os novos alumnos-as de 3 anos que escoitaron o conto do duende e aprenderon as normas de uso da biblioteca.

Gromiño, a nosa mascota.

GROMIÑO DESÉXAVÓS FELICES FESTAS...E BOA ANDAINA !!!!!

Mellor, porque xa sabemos que os papeis pérdense!. O que queremos é manter vos informados da labor que desenvolve a biblioteca do colexio e a do profesorado a prol do fomento da lectura e da escritura: contacontos, animacións lectoras, encontros con escritores...porque o noso principal obxectivo é que a nosa biblioteca sexa cada vez máis útil ademais dun referente para toda a comunidade educativa.

Equipo Coordinadora: Mª Dolores Crespo Couselo. Compoñentes: María Araújo Rodríguez, Mª Berta Franco Chouza, Mª Isabel García Vázquez, Mª Dolores González Torres, Mª Begoña Jara Segura, Mª Carmen Otero Campos.


ACTIVIDADES DESENVOLVIDAS NO PRIMEIRO TRIMESTRE

BOLETÍN DA BIBLIOTECA Nadal, 2009

O X og o d o P a p a p í o . Animación Lectora.

Nadal, 2009. Mekané didáctica. O mércores, 18 de novembro do 2009 desenvolveuse o Proxecto E d u c a t ivo d e Animación Lectora O xogo do PapaPío baseado na vida e obra de Carlos Casares. O noso colexio foi escollido, xunto con outros catro para a súa presentación.

Estivo a cargo de Mekané didáctica Contando co apoio da Fundación Carlos Casares e a Xunta de Galicia. Co idioma para falar cos paxaros e as formigas e coa construción por par te do alumnado de 5ªA dun cubo máxico, fixeron un percorrido pola vida e a obra deste autor galego.

A sorpresa e o xogo foi o eixo vertebrador desta actividade que conseguiu achegar de forma lúdica aos nenos/as a vida e a obra de Carlos Casares.

Cubos Carlos Casares.

Trátase dun traballo interdisciplinar para ser realizado de forma coordinada por todo o centro durante todo o presente curso. Escollemos como lema, Gromiño viaxa...polas rutas xacobeas . Ten coma obxectivos: -Familiarizarse co concepto de viaxe, de facer camiño.

EDUCACIÓN INFANTIL. ·Sesións de ContaContos con música. Estará a cargo da Editorial Kalandraka ·O Mago Chrystyan Magic. Ed. Everest EDUCACIÓN PRIMARIA.

Equipo de Mekané didáctica

Gromiño viaxa... polas rutas xacobeas Nadal, 2009. Proxecto do curso.

Breves

-Coñecer a nosa cultura e a súa relación con outras culturas. -Favorecer actividades de busca de información. -Fomentar a lectura en diferentes soportes: libros, imaxes, folletos. -Potenciar hábitos reflexivos e depensamento crítico (segundo niveis). -Integrar disciplinas diversas.

Cada aula elixiu unha cidade ou pobo dunha etapa do camiño (francés e portugués) para realizar actividades de busca de información (historia, monumentos, paisaxe, flora, fauna, gastronomía...), lecturas relacionadas con lendas da zona a estudar, actividades plásticas e musicais... Todo adaptado as idades do noso alumando.

·Sesión de Animación lectora co ilustrador e deseñador de libros infantís e xuvenís Ánxo Fariña. ·Encontro co escritor Xosé A. Neira Cruz. Escritor e xornalista, recibiu moitos premios cunha obra dedicada ao público infantil e xuvenil. Premio Merlín en 1988 coa súa primeira obra Ó outro lado do sumidoiro e no 2000 con As cousas claras . ·Teatro co creador Manolo Solla. Sen obras publicadas, este profesor dedica unha parte importante da súa vida á creación teatral. -2-


ACTIVIDADES DESENVOLVIDAS NO SEGUNDO TRIMESTRE

BOLETÍN DA BIBLIOTECA Segundo timenestre, 2010

Contos para soñar . Animación Lectora.

Xaneiro-Marzo 2010.

Ed Kalandraka. Seguindo coa programación de actividades da Biblioteca, en xaneiro e marzo os nenos e nenas de 4 e 5 anos de Educación Infantil participaron na sesión de conta-contos con música desenvolvida pola E d i t o r i a l Kalandraka.

O Mago Goma . Conto con rima que describe a un mago, algo tolo, que o que lle gusta é facer felices aos nenos e nenas porque solo así é feliz.

Escoitando os Conta-contos.

Un becho estraño . Conto con ritmo e rima para contar a historia dun becho parecido a un ovo, gordo enriba, fraco abaixo...

Cocodrilo . Poema de cores cun extravagante cocodrilo, verde, verde, verde que sube nun baúl, nun castelo...

Instrumentos musicais.

Frederick . A un grupo de ratos lles pr eocupa cousas distintas ante a chegada do inverno...

Equipo de Kalandraka.

n Os libros ensinaento m a pensar e o pensas fannos libre L. de Argensola

-3-


ACTIVIDADES DESENVOLVIDAS NO SEGUNDO TRIMESTRE

BOLETÍN DA BIBLIOTECA Segundo trimenstre, 2010.

Porcas Porquiñas . Animación Lectora.

Xaneiro-Marzo 2010.

Begoña Jara. Porcas porquiñas de Xosé A. Neira Cruz. Ed. Everest. As amigas da nai deVictoria sempre aparecen na súa casa, beben litros de café, fan trampas xogando ás cartas e por riba cheiran fatal...

Animación desenvolvida pola profesora Begoña Jara para os nenos/as de 1º curso.

editorial Galaxia e profesor de Periodismo na Universidade de S a n t i ago d e Compostela.

Xosé Antonio Neira Cruz nado en Santiago de Compostela no1968 é un escritor galego. É o responsable das coleccións "Sete Mares","Árbore" e "Costa Oeste" da

Porcas porquiñas , Xosé A. Neira Cruz.

Unha chea de familias Animación Lectora. Despois da actividade os nenos/as fixeron debuxos nas aulas relacionados coas

Xaneiro-Marzo 2010.

María Araújo Carmen Otero

Unha chea de familias de Xosé A. Neira Cruz e o ilustrador Rodrigo Chao Blanco. Ed. Galaxia. Mariña fai unha pregunta ao seu pai, e logo outra...

lecturas e que podemos ver expostos na biblioteca.

Unha chea de familias .

Este r esponde indo visitar a o s seu veciños de edificio... Libro que serve para valorar que o que nos une son precisamente as

diferenzas que existen. Animación desenvolvida polas profesoras María Araújo e Carmen Otero para o alumnado de 2º curso.

Neno de 2º curso.

-4-


ACTIVIDADES DESENVOLVIDAS NO TERCEIRO TRIMESTRE

BOLETÍN DA BIBLIOTECA Terceiro trimenstre, 2010.

O Mago Crhystyan Abril 2010.

Crhystyan Magic. O MAGO C R H Y S T YA N MAGIC . (Ed. Everest). Dúas sesións para Ed. Infantil. Co espectáculo Palabras máxicas vimos unha maneira diferente de animación lectora, onde a imaxinación, a creatividade, a fantasía e o xogo mestúrase para

darlle sentido ás palabras.

Crhystiyan Magic

Manolo Solla . Abril 2010.

Manolo Solla. MANOLO SOLLA, direc-

tor de teatro. Ed. Alfaguara. Un xogo teatral para s aber escoitar!

Para o Primeiro Ciclo de Ed. Primaria.

Manolo Solla

Escoitando a Manolo Solla

Contarte .

P r og r a m a e d u c a t i v o Abril 2010.

Contarte. OQO Editora e Concello de Vigo. Para 2º curso de Educación Primaria, o obradoiro Qon Ollo!. Dedicáronse a buscar o Ollobr usco e outros seres que espreitan con ollos distintos. Outro para 6º curso de Educación Primaria con obradoiro Q ninpintado!

para aprender a mirar e espertar a curiosidade polo arte e os artistas.

Contarte

Alfredo Gómez Cerdá. E s c r i t o r. Abril 2010.

A. Gómez. Visita do escritor ós alumnos de 1º Ciclo de Ed. Primaria. P r e m i o Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil en 2.009 coa obra Barro de Medellín . Levou moitos premios dende 1982.

Dos últimos cabe destacar o Cervantes Chico en 2.008 ao conxunto da súa obra.

Alfredo Gómez Cerdá.

-5-


ACTIVIDADES DESENVOLVIDAS NO TERCEIRO TRIMESTRE

BOLETÍN DA BIBLIOTECA Terceiro trimenstre, 2010.

Anxo F ariña.

Ilustrador, escritor e deseñador. Día das Letras Galegas

Anxo Fariña. ANXO FARIÑA. (Consorcio Editorial Galego). Ilustrador, escritor e deseñador.

do 1º Ciclo de Ed. Primaria. Contoulles como escribe e como ilustra os seus libros, ademais de facer unha demostración práctica.

Con motivo da celebración do Día das Letras Galegas estivo no n o s o c o l ex i o, Anxo Fariña. Vémolo na animación desenvolvida para o alumnado

Anxo Fariña.

Un dos debuxos feito polos nenos seguindo os consellos de Ánxo Fariña.

Atentos ás explicacións.

O libr o viaxeir o

Paseniño, paseniño Uxía fai o camiño . Marzo- Abril 2010.

Alumnado do centro Durante os meses de marzo e abril, todos os cursos participaron na elaboración dun conto.

Empezaron os nenos e nenas de 3 anos e rematárono os alumnos e alumnas de 6º curso.

A protagonista é Uxía e os seus amigos que realizan unha viaxe. O libro poderedes lelo na biblioteca o próximo curso.

Nestas páxinas vemos unha mostra do mesmo.

-6-


ACTIVIDADES DESENVOLVIDAS NO TERCEIRO TRIMESTRE

BOLETÍN DA BIBLIOTECA Terceiro trimenstre, 2010.

G r o m i ñ o,

viaxou polas rutas xacobeas. Ao longo do curso 2009 / 2010, o colexio desenvolveu o Proxecto Gromiño viaxa polas Rutas Xacobeas . Por ciclos eliximos a parte galega da Ruta portuguesa e a Ruta francesa. Logo cada curso traballou unha parte de cada unha, ata completar o camiño. Buscamos información (internet, enciclopedias, folletos turísticos, libros ) de cada cidade, pobo, zona, : a historia, a xeografía, os monumentos, a flora, a fauna, a gastronomía,, as lendas e plasmamos o investigado realizando actividades plásticas e musicais. Amosamos neste boletín unha pequena parte deste traballo. Aproveitamos para felicitarnos todos profesorado e alumnado por levar a cabo esta experiencia tan gratificante.

PARABÉNS!.

-7-


BOLETÍN DA BIBLIOTECA Boletíns informativos da Biblio do Pintor Laxeiro

Disfrutade do tempo libre !!!! Unha boa lectura !! é unha boa compañia !!

www.abibliodopintorlaxeiro.blogspot.com EQUIPO DE BIBLIOTECA