Issuu on Google+

BOLETÍN DA BIBLIOTECA

Nº: 3

Boletíns informativos da Biblio do Pintor Laxeiro Terceiro trimestre, 2011.

Animación á Lectura. C o n t a r t e.

Abril, 2010. Contarte. Como en cursos anteriores o noso colexio participa na campaña de Animación á Lectura C O N T A R T E organizada polo Concello de Vigo e OQO Editora. O 8 de abril e na 3º edición podemos gozar de dous obradoiros:

para o alumando de 2º CURSO DE PRIMARIA. -“OBRADOIRO DE PLÁSTICA CREATIVA: HISTORIAS DE CARTÓN” (baseado na proposta literaria e plástica do álbum Caixa de car tón), para o alumando de 6º DE PRIMARIA.

Por Don Libresco.

Contarte

-“PAXARIÑOS DE LA E FLORES SECAS”,

Conta contos con música.

K a l a n d r a k a e f a c t o r í a K d e L i b r o s. Abril, 2010. Contarte. KALANDRAKA E FACTORÍA K DE LIBROS achegouse ao noso colexio, como en cursos anteriores, para compar tir boas lecturas. O 11 de abril, os nenos e nenas de 3 anos escoitaron moi atentos esta proposta musicada

que baixo o título xenérico de

CONTOS PARA S O Ñ A R ,

contáronnos varias historias: -“Pequena Lúa” -“Bailar nas nubes” -“Gato Guille e outros monstros”.

Editorial Rematamos xa o curso 2010-2011 coa satisfacción do deber cumprido. Fixemos entre todos moitas actividades: visitáronnos escritores, gozamos de animacións lectoras e obradoiros moi entretidos e instrutivos,construímos maquetas, cine, vimos debuxamos, escrib i m o s, l e v a m o s maletas con mundos dentro, fixemos un blog con personaxes ......pero sobre todo compartimos entre todos a lectura. Quero recordarvos a famosa frase de J a c q u e s B é n ig n e Bossuet “en Exipto, as bibliotecas denominábanse tesouro dos remedios da alma. En efecto; curábase nelas a ignorancia, a máis perigosa das enfermidades e orixe de todos os demais”.

Equipo de Kalandraka.

Equipo

Escoitando moi atentos.

Coordinadora: Mª Dolores Crespo Couselo. Compoñentes: Montse Coello Rodríguez, Mª Berta Franco Chouza, Mª Isabel García Vázquez, Mª Dolores González Torres, Mª Begoña Jara Segura, Bruno Vázquez..


BOLETÍN DA BIBLIOTECA Terceiro trimestre, 2011.

A s m o c h i l a s v i a x e i r a s. inglesa. Curso 2010-11. Equipo de Biblioteca. O noso obxectivo foi dar a Este curso 2010- c o ñ e c e r a o s 2011 o Equipo nenos/as este de Biblioteca material impuxo en marcha plicando ás faunha nova acti- milias nunha vidade baixo o actividade para título de “As ser compartida mochilas via- nos bos moxeiras”, para o mentos. alumnado de 4º, Dentro de cada 5º y 6 educa- m o ch i l a p o ción primaria. demos atopar Dentro de cada tamén un conm o c h i l a h a i trato para que o unha r ecom- material sexa p i l a c i ó n d e coidado e unha material moi- p e q u e n a e n diverso en lingua quisa para a

familia e así poder mellorar a nosa proposta o próximo curso. Dende este espazo queremos agradecer a todos/as a boa acollida que tivo a iniciativa así como as suxestións que aportástedes.

Mary .

Cine na biblioteca. Curso 2010-11. Equipo de Biblioteca.

vación do noso entorno natural. Nesta ocasión para o alumnado de Infantil.

Tamén para conmemorar o mes do libro, abril, proxectouse na biblioteca “El guardián de las palabras” para todo o alumando de Educación Primaria. Película relacionada coa importancia de afrontar os medos e as inseguridades, tivo unha grande acollida. Despois da proxección, os nenos/as fixeron unha morea de debuxos que podedes ver no blog. Con motivo do ano internacional das árbores ao Equipo de biblioteca pareceulle interesante a proxección das películas: “ El bosque de colores” e “Femgully, las aventuras de Zak e Crysta” que fala da importancia da conserTraballos expostos no blog

Coas mochilas viaxeiras.

O C l u b d o s C o n t a - C o n t o s. Curso 2010-11 Alternativa, 6ºA. O club dos contacontos é un grupo formado polos alumnos/as de Alternativa de 6º A de primaria. Este curso decidimos crear este grupo dun xeito estable dentro desta asignatura. Traballando os contos para logo ser contados aos máis pequenos. Foi unha experiencia extraordinaria tanto para os nenos/as como para a profesora. Eles mesmos escollían o conto, adaptábanno, repartían democráticamente os

papeis, ensaiaban, buscaban os traxes... Os contos que representaron tiveron relación co lema da biblioteca deste curso - A Mentira - e co tema dos sentimentos e as emocións, en concreto co medo: “Pinocho” “Gato con botas”. E tamén contaron outros contos: Miguel Alonso:”Dónde viven los monstruos”. Ana Doforno: ”Cuando Ana tiene miedo”. M a r t a E s t é vez e Carmen Alonso: “Bola de manteiga”. María Tapia: “A bruxa regañadentes”.

O club dos conta-contos caracterizados para contar “Pinocho”

-2-


BOLETÍN DA BIBLIOTECA Terceiro trimestre, 2011.

Mes de abril. Mes do libro Encontro con escritores:

M a r c o s C a l v e i r o e F i n a C a s a l d e r r e y. Abril, 2011. Marcos Cailveiro. Ed Edelvives. 12 Abril. Fina Casalderrey. Ed. Edebe. 29 Abril. No terceiro trimestre, no mes de abril, mes de dúas conmemoracións relacionadas co libro, contamos coa

presenza doutros dous grandes da literatura. Marcos S. Calveiro e Fina Casalderrey. Tamén nestes casos despois de ler e traballar varios títulos. “O carteiro de Bagdad”, (2º Ciclo de primaria e 5º curso ) e “El samurai del rey” de

Marcos Calveiro ( 6º curso de primaria) e “Isha, nacida do corazón” de Fina Casalderrey (6º A e B de primaria).

Marcos Calveiro dedicando a súas obras os alumnos-as de 4º e 6º de primaria.

Fina Casalderrey falando de “Isha, nacida do corazón” cos alumnos-as de 6º de primaria

Debuxos. Redaccións. Traballos manuais. Curso 2010-11. Alumnado do centro. -Exposicións: As exposicións foron unha maneira moi dinámica de xerar espazos de mostra e reflexión en torno á lectura, aos libros, aos traballos do alumnado (debuxos, poemas, contos, traballos documentais, maquetas, recensións de escritores...). -Libros sobre A mentira. -Libros sobre os comportamentos e as emocións para

que o profesorado e o alumnado tiveran un referente para a lectura e o desenvolvemento de actividades. -Libros sobre valores: A Paz e os Dereitos dos nenos. -Sobre a obra dos autores que nos visitaron: Xoan M. Gisbert, Marcos S. Calveiro e Fina Casalderrey. -Sobre o Ano Mundial das árbores (libros sobre a natureza). -Traballos do alumnado relacionados cos

obradoiros de creación escrita e con traballos relacionados cos libros lidos de Gisbert, Calveiro de Fina Caslderrrey.

-3-


BOLETÍN DA BIBLIOTECA Treceiro trimestre, 2011.

A n i m a c i ó n s L e c t o r a s. Curso 2010-11. Alumnado 6ºA. Atraer a atención do alumando e o interese é unha tarefa difícil nun mundo que ofrece outros atractivos estímulos. Con estes obradoiros de expresión

oral e de expr esión escrita pr etendemos deseñar outras estratexias, outros camiños que se complementen cos habituais. A organización en clase semanal ou quincenalmente coas súas actividades individuais, de pequeno e de grande grupo, supoñen unha enorme estímulo para os nenos/nenas que

expoñen os seus traballos e son valorados polos compañeiros. Ademais, podemos constatar como o proceso creador proporciona ao que o r ealiza unha g rande satisfacción persoal.

Creación do blog da biblioteca. Curso 2010-11. Equipo de Biblioteca. Para este curso o Equipo de Biblioteca tiña programado facer un blog para así poder reflectir mellor todo o que se está a facer nela, para que os nenos/as interactúen e teñan unha canle máis de comunicación coa lectura e coa escritura. Tarefa bastante complicada se o das novas tecnoloxías non adoita ser doado, mais con paixón, axuda e traballo todo se consegue. Puxémonos mans á obra e camiñamos ata conquerir o noso obxectivo. Porén, antes de describirvos o traballo, queremos agradecer a inestimable axuda de Nuria Tombo, nai de dous alumnos do colexio. Foi ela a creadora

dos personaxes que vedes no blog e a traballadora e animadora máis incondicional. Por isto dámosche as grazas públicamente dende este pequeno Boletín de Biblioteca. Moitas grazas!. Para facer o blog creamos unha biblioteca virtual. Redebuxamos unha fotografía da biblioteca, a convertemos nunha viñeta de cómic e a transformamos de fondo para o noso blog. Así mesmo creamos unha serie de personaxes (Os habitantes da biblio) que representan determinadas seccións da biblioteca: -Don Libresco, o encargado da biblioteca virtual do Pintor Laxeiro que dá a coñecer e informar aos nenos/as de todo aquilo que acontece en relación á Biblioteca, aos libros ou

escritores. - DVD, o seu axudante e encargado de informar das diferentes actividades e traballos. -Mary, unha alumna de intercambio manterannos informados das novidades en lingua inglesa. -Leo e Lea, irmáns xemelgos de DVD, son os encargados de informar aos máis pequenos de todas as novidades que hai para eles (conta - contos, novos libros...). -Gromiño, a mascota, é o amigo doutras mascotas de bibliotecas e nos informará das súas novidades. Pero isto non queda aquí, xa temos unha nova personaxe, a nai de Dvd e dos xemelgos. Cantas sorpresas nos esperan?.

www.abibliodopintorlaxeiro.blogspot.com EQUIPO DE BIBLIOTECA

-4-


boletin 3