Page 1

ERA VENRES 21 DE DECEMBRO, COMEZABAN AS VACACIÓNS DE NADAL. OS NENOS E NENAS DO COLEXIO ESTABAN MOI CONTENTOS. A MESTRA EXPLICOULLES QUE XA EMPEZABA O INVERNO E TIÑAN QUE ABRIGARSE MOI BEN PORQUE ÍA MOITO FRÍO. O TERMÓMETRO MARCABA 8 ºC, O DÍA ERA ESCURO E O SOL NON BRILABA NADA, POIS O CEO ESTABA CHEO DE NUBES GORDAS E GRISES. MOITO MÁIS ARRIBA, NO ALTO DO CEO UNHA NUBE GORDA E GRIS FLOTABA. SENTÍASE MOI CHEA, POIS TRAGARA MOITA AUGA E LEVABA MOITO TEMPO SEN DESCARGAR. _ SÍNTOME MAL, DÓEME TODO O CORPO. ESTOU MOI, PERO QUE MOI GORDA._ QUEIXÁBASE A NUBE A PUNTO DE CHORAR. XUNTO A ELA HABÍA MOITÍSIMAS MÁIS, TODAS MOI GORDAS. HABÍA MOITA CIRCULACIÓN DE NUBES POLO CEO, TODAS GRISES E ANOXADAS. TODAS CHEAS DE AUGA E ELECTRICIDADE. TODAS MOI, PERO QUE MOI GORDAS. ERAN TANTAS QUE…EMPEZARON A CHOCAR UNHAS COAS OUTRAS, FORMANDO LUMINOSOS RAIOS E RUIDOSOS TRONOS: PIN-PAN-PON, TRONTRON-TRON. DE SÚPETO TODAS EMPEZARON A ESTOUPAR E DELAS SAÍAN CENTOS, MILES, MILLÓNS DE PINGAS DE AUGA DE TÓDOLOS TAMAÑOS. UNHAS ERAN MOI GRANDES E OUTRAS MOI PEQUENAS. TODAS ESTABAN ASUSTADAS. ALGUNHAS TIÑAN VÉRTIGO E PECHABAN OS OLLOS PARA NON VER DENDE TAN ARRIBA. AS MÁIS PEQUENAS NUNCA VIVIRAN EN CAÍDA LIBRE E NON SABÍAN O QUE LLES PASARÍA CANDO CHEGARAN ABAIXO. BAIXABAN E BAIXABAN A TODA VELOCIDADE E, POUCO A POUCO, FORON CAÍNDO EN DIFERENTES LUGARES DA TERRA: ALGUNHAS METÉRONSE NOS MARES E OCÉANOS, OUTRAS FORON PARAR AOS RÍOS, OUTRAS NOS CAMPOS E ALGUNHAS NAS MONTAÑAS MÁIS ALTAS. FACÍA TANTO, TANTO FRÍO, QUE ALGUNHAS XA NON ERAN PINGAS DE AUGA CANDO CHEGARON Á TERRA…CONVERTÍRANSE EN FERMOSOS COPOS DE NEVE BRANCA, SUAVE E MOI, PERO QUE MOI FRÍA…CONXELADA. TODAS XUNTAS FORMARON UNHA GROSA CAPA DE NEVE, TAN FERMOSA QUE DABAN GANAS DE TIRARSE A DURMIR NELA. AS NOSAS PINGUIÑAS, AGORA COPOS DE NEVE, QUEDARON ALIVIADAS DESCANSANDO PLÁCIDAMENTE SOBRE A TERRA MOLLADA DUN GRAN XARDÍN. DE SÚPETO, CANDO PENSABAN QUE TODO REMATARA, A TERRA TREMEU. NON ERA UN TERREMOTO, ERAN OS NENOS E NENAS QUE SAÍAN AO RECREO DESPOIS DAS VACACIÓNS DE NADAL. TODOS ESTABAN MOI EMOCIONADOS, POIS NESE LUGAR CASE NUNCA NEVABA. _ ESTÁ A NEVAR- DIXERON TODOS MOI CONTENTOS. TODOS EMPEZARON A FACER BOLAS COA NEVE E A TIRALAS. ERA MOI DIVERTIDO. _FAGAMOS UN BONECO DE NEVE!!!- PROPUXO UNHA NENA. CADA NENOS FOI XUNTANDO A NEVE COAS SÚAS MANS E ENTRE TODOS FIXERON 2 BOLAS GRANDES E 2 MÁIS PEQUENAS. _AS BOLAS GRANDES SERÁN O CORPO E AS PEQUENAS A CABEZA_ DIXO PABLO. _VALE, VALE_ EXCLAMOU IRIA_ PERO… TEMOS 4 BOLAS. PODEMOS FACER UN BONECO E UNHA BONECA. _DE ACORDO_ RESPONDERON TODOS_ SERÁN OS BONECOS DE NEVE NAMORADOS. _E DARÁNSE MOITOS BICOS_ DIXO PEDRO PARA FACER A GRACIA. _JA,JA,JA,JA_ RIRON TODOS.


CANDO COLOCARON AS 4 BOLAS DE NEVE DECIDIRON BUSCAR ROUPAS PARA POÑERLLE AOS BONECOS. TODOS XUNTOS BUSCARON ROUPAS E OUTRAS COUSAS QUE TIÑAN NA CLASE. BOTÓNS PARA OS OLLOS, CENORIAS PARA O NARIZ, PINZAS DO PELO PARA A BOCA, RAMAS SECAS PARA OS BRAZOS. TAMÉN TIÑAN 2 BUFANDAS E DOUS GORROS DE LÁ. UNHAS LUBAS VELLAS FIXERON FACER DE MANS. AS BASOIRAS DO DISFRAZ DE BRUXAS DO ANO PASADO SERVIRON PARA DARLLES O ÚLTIMO TOQUE. QUEDARON PRECIOSOS, SÓ FALTABA UN DETALLE PARA REMATAR, POÑERLLES UN NOME AOS SEUS NOVOS AMIGOS. A PROFE PUXO UNHA CONDICIÓN: _ OS NOMES TEÑEN QUE EMPEZAR POR M E POR P. ENTRE TODOS DECIDIRON POÑERLLES ………………………………………. A MESTRA SACOU UNHA FOTO AOS NENOS COS BONECOS DE NEVE, POIS CANDO DEIXARA DE FACER TANTO FRÍO ……………………….. DESFARÍANSE: _ A AUGA CONXÉLASE E CONVÉRTESE EN XEO CANDO VAI MOITO FRÍO, COMO OS CUBIÑOS DE XEO DO CONXELADOR DA NOSA CASA. PERO CANDO VAI FACENDO MÁIS CALOR E O TERMÓMETRO MARCA MÁIS GRADOS O XEO E A NEVE VOLVEN SER AUGA DE NOVO PORQUE SE DERRETEN. LOGO, COA CALOR DO SOL, TRANSFÓRMANSE EN VAPOR DE AUGA E VOLVEN DE NOVO ÁS NUBES, QUE CANDO ESTÁN MOI CHEAS VOLVEN A DESCARGAR A AUGA SOBRE A TERRA. ESTE PROCESO CHÁMASE “CICLO DA AUGA”_ EXPLICOU A MESTRA. DURANTE TODO O INVERNO OS NENOS E NENAS DO COLE XOGARON DURANTE OS RECREOS COS SEUS BONECOS. PERO, O INVERNO ÍA REMATANDO E CADA VEZ FACÍA MÁIS CALOR. TODOS NOTARON QUE OS BONECOS ESTABAN CADA VEZ MÁIS PEQUENOS E PARECÍA QUE SUABAN: A NEVE ESTABA A DERRETERSE, FORMANDO CHARCOS DE AUGA NO XARDÍN. UN DÍA, XA CASE CHEGADA A PRIMAVERA, NO MES DE ABRIL,CANDO OS NENOS SAÍRON AO RECREO, LEVARON UN BO DISGUSTO. NA TERRA DO XARDÍN SO HABÍA DOUS GRANDES CHARCOS RODEADOS DE UNHA POUCA NEVE E… 2 BUFANDAS, 2 GORROS, 2 CENORIAS, 2 PRENDEDORES DE PELO, 2 BASOIRAS, 4 LUBAS, 4 RAMAS DE ÁRBORE E ………..2 VERMELLOS E GRANDES CORAZÓNS. OS NOSOS COPOS DE NEVE VOLVERAN A SER AUGA E, COA CALOR DO SOL FIXÉRONSE DE VAPOR FLOTANDO CARA A SÚA CASA, O CEO. DEIXARAN OS SEUS CORAZÓNS NO PATIO DE AQUEL COLEXIO, PERO…NON ESTABAN TRISTES: COMPRENDERON QUE VOLVERÍAN DE NOVO Á TERRA, CANDO AS NUBES VOLVERAN A ESTAR GRISES E MOI, PERO QUE MOI GORDAS. TAL VEZ, O SEGUINTE INVERNO VOLVERÍA A FACER MOITO FRÍO E PODERÍAN VOLVER A SER …………………………… TODAS AS PINGUIÑAS QUEDARON MÁIS TRANQUILAS E DESCANSARON PLÁCIDAMENTE Á CALOR DE UNHA NUBE.

Os bonecos de neve  
Read more
Read more
Similar to
Popular now
Just for you