Page 1

EU SON O

POLO BALTASAR

E QUERO A TODOS CONTAR: FACEMOS O TREN NA PORTA DO COLE, TODOS XUNTIテ前S ATA A CLASE CHEGAR.


A VACA CAMILA TEN UNHA MOCHILA QUE NUNCA DEIXA TIRADA, NA SÚA CADEIRA TENA BEN COLGADA.


ANACLETA A BOLBORETA, TEN UNHA BONITA PERCHA CO SEU NOME PEGADO, COLGA A SÚA CHAQUETA, NON DEIXA NADA TIRADO.


EU SON O RATO

ANTÓN,

E POÑO O MEU MANDILÓN MOI BEN ABOTOADO, PARA NON SAÍR DO COLE MANCHADO.

BOTÓN


EU SON A GATA ANDREA, E NA HORA DA ASAMBLEA, NA LIÑA AZUL ESTOU SENTADA, CANDO OUTRO CONTA ALGO, DEBO ESCOITAR MOI CALADA.


O ELEFANTE OMAR DI COMO NOS TEMOS QUE SENTAR: NA CADEIRA A ESPALDA APOIADA, E NON ME LEVANTO, ATA TER A TAREFA BEN REMATADA.


O

PORCO MACARRÓN ,

TRABALLA UN MONTÓN NA BANDEXA CO SEU NOME, GARDA OS TRABALLIÑOS, LOGO DESCANSA UN RATIÑO.


SON O

PARRULO MANOLÍN

E GÚSTAME COMPARTIR, COS AMIGOS XOGO SEN

PELEXAR,

SENÓN TEREI QUE IR A PENSAR.


O LAGARTO ANDRÉS CANTA A CANCIÓN DE RECOLLER: “A GARDAR, A GARDAR, CADA COUSA AO SEU LUGAR, SEN ROMPER, SEN TIRAR, QUE MAÑÁ HAI QUE XOGAR”


RAMÓN O CORDEIRO, XOGA SEMPRE NO AREEIRO, FAI CASTELOS CON CUBOS E PÁS, NUNCA BOTA AREA AOS DEMAIS.


CHULÍN O OSO PANDA, VAI BEN AGARRADO Á BARANDA, SUBE E BAIXA AS ESCALEIRAS SEGURO, POIS NON SALTA COMA UN CANGURO.


MONCHO O GORILA LAVA SEMPRE AS MANS ANTES DE IR MERENDAR. PONSE PRONTO NA FILA E BEN REMANGADO VAI.


O CAN

EZEQUIEL

COLLE O SEU MANTEL E SÉNTASE A MERENDAR: GALLETAS, LÁCTEOS, FROITA E BOCADILLOS, TODO LLE GUSTA PROBAR.


O CABALO GONZO NA BIBLIOTECA COLLE UN CONTO, COMO NON QUERE MOLESTAR, MOI BAIXIテ前 TEN QUE FALAR.


A XIRAFA RAFAELA ESTABA MOI DESPISTADA E FACÍA PIS POR ELA. AGORA ESTÁ MOI ATENTA, E AO BAÑO VAI SOÍÑA. RAFAELA ESTÁ CONTENTA.


A CABRA MARIVÍ SI TEN MOCOS QUERENDO SAÍR, CON UN PANIÑO, LIMPA BEN O SEU NARIZ.


SON A TARTARUGA MARI FLOR: CANDO ALGO QUERO PEDIR DIGO “POR FAVOR”, LOGO AS “GRACIAS”

DOU

SE ALGUÉN ME AXUDOU.


NEVADO, O OSO POLAR, NA CLASE FALA BAIXIÑO, POIS NON QUERE MOLESTAR AOS SEUS AMIGUIÑOS.

“SILENCIO, SILENCIO, SI EU FORA SILENCIO QUEDARÍA ASÍ.”


COMO DI A RÁ

MARI MAR:

A CLASE LIMPA DEBE ESTAR, O LIXO NA PAPELEIRA TODOS TEMOS QUE TIRAR.


O TIMBRE XA VAI SOAR: “PASAXEIROS AO TREN”. A MÁQUINA VAI DIANTE, OS VAGÓNS UNIDOS DETRÁS. OS VAGÓNS TRAMPOSOS, OS ÚLTIMOS SERÁN.


PI, PI, PI PITA O LONGO

TREN PI, PI, PI POLA VÍA VEN.


Fichas normas e animais  
Advertisement
Read more
Read more
Similar to
Popular now
Just for you