Page 1


A V I A M A N 2017 O vindeiro domingo 11 de xuño celebraremos o AVIAMAN 2017 que percorre os concellos de Leiro e Avión. Natación

Í N D I C E O sector natación componse dun percorrido 1,2 km no río Puntos de Interese Aparcamento, chegada, boxes, duchas e todo o necesario para non perderte Páxina 3 Axenda Horarios de recollida de dorsáis, saída, duchas, xantar… Páxina 4 Percorridos Natación, Bici e Carreira a pé Páxina 5 Premios Camiseta de finisher, material deportivo para mellores parciáis e máis… Páxina 12

Avia ao seu paso pola localidade de Leiro e os triatletas teñen que completar 2 voltas ao circuito que vai da ponte A Ponte da Esperela hasta a Ponte Colgante. Ciclismo A peculiar e dura proba de ciclismo de 65km do Aviamán cun desnivel acumulado de preto de 2.000m, dende Leiro pasa polo Balneario de Berán para subir a Pena Corneira, dende ahí diríxese ao Concello de Avión cunha rápida baixada, xa no núcleo de Avión, repeito e última baixada antes de comezar a subida dende Abelenda hasta a exixente ascensión ao porto dos Xarotos, na Serra do Suido nos límites coa provincia de Pontevedra, con rampas que chegan ao 20% e unhas fermosas vistas durante todo o ascenso. Unha vez coronado o porto toca baixar novamente ao núcleo de Avión para afrontar novamente a ascensión a Pena Corneira e unha vez ahí o que queda e baixar hasta Leiro Carreira a Pé A carreira a pé consiste en 3 voltas a un percorrido de 14 km pola ribeira do Avia ao seu paso por Leiro, casi totalmente plano e no que o 80% transcurre sobre terra, con bastante sombra das árbores o que e de agradecer


PUNTOS DE INTERESE


INFORMACIÓN DOS PUNTOS DE INTERESE APARCAMENTO

BOXES

A zona de aparcamento está ao redor do campo de fútbol, xusto cruzando o río atópase a saída-meta e a zona de boxes.

Nesta zona ademais terá lugar a Charla Técnica.

A ponte colgante comunica a zona de aparcamento e a de saída-meta e boxes.

En fronte a boxes, desde A Ponche dá Esperela (cambio con respecto a outros anos).

Dende o aparcamento pódese ir por a ponte de pedra cara a zona de duchas e de xantar.

META

ENTREGA DE DORSÁIS E GARDARROUPA Ademais estará Ou Neno micrófono en man, onde tamén se entregarán os premios.

CAFÉ E SERVIZOS ANTES DA PROBA O Bar Foro 2 situado ao lado da ponte colgante fará horario especial e abrirá as 7:45

SAÍDA

Onde “sufriredes” un ano máis os ánimos do público e sobre todo de Ou Neno e o seu micrófono!!!

DUCHAS Preto da ponte colgante para que unha vez finalizada a proba teñades todo a man

CATERING X usto

enfronte á zona de duchas, espéranos o xantar que nos permitirá pór o colofón a unha gran xornada de tríatlon, xornada de Aviaman!!! Menú incluído no prezo da inscrición


XANTAR


AXENDA

Sábado 10 de xuño Dorsáis 18:00 a 20:00 zona meta

Domingo 10 de xuño (proba) Dorsáis 06:30 a 08:00 zona meta Control material 7:30 a 8:30 Charla técnica 8:35 zona boxes SAÍDA 9:00 Tempo corte ciclismo (Pena Corneira qm. 58 13:00 aprox.) Tempo corte 14:30 Apertura boxes
 14:30 (retirada material) Entrega trofeos 14:35 zona meta Xantar 15:00


C o m p a n y

PERCORRIDOS Natación. 1200m (2 voltas) Dende A Ponte da Esperela, en fronte a boxes, damos dúas voltas ata a ponte a Ponte Colgante. Recoméndanse dous gorros ou gorro de neopreno xa que a temperatura adoita estar contorna aos 15ºC por esas datas.


Bicicleta. 65qm Repetimos o circuito dos dous últimos anos subindo Pena Corneira por Berán.

Avituallamento

: Alto dos Xarotos. Quilómetro 33 aprox.

- Auga - Isotónico - Plátanos - Non se entregarán bidóns

Avituallamento persoal Na Zona de Recollida de Dorsais poderase deixar o avituallamento persoal, e que deberá estar marcado co número de dorsal. Cada triatleta encargarase de recollelo na zona de avituallamento no Alto dos Xarotos.


Marcaxe sector ciclista

Fichas verticรกis en sinรกis

Fichas horizontรกis no chรกn


Tempo de Corte no Sector Ciclista Establécese un tempo de corte no sector ciclista no segundo paso por Pena Corneira (qm. 58 aproximadamente) as 13:00 Consideracións a ter en conta no sector ciclista - Prevalecen sinais horizontais sobre verticais (por se algún gracioso cámbiaas). - O circuíto é autónomo, é dicir, que poderían faltar todos os voluntarios e seguindo a sinalización fariádelo sen problema. - Que ninguén vexa cruces onde NON os hai, seguide sempre a vía lóxica (en cruces conflitivos haberá voluntario). - O tráfico está CONTROLADO e puntualmente pechado. Por iso RESPECTO ABSOLUTO ás Normas de Seguridade Viaria. - Aquel que quebrante a normativa de circulación, será descualificado da carreira (tanto xuíces, voluntarios e membros das forzas e corpos seguridade terán dita POTESTADE). - Respecto ao medio ambiente (NON TIREDES LIXO NA CONTORNA ) - BAIXADE CON PRECAUCION!!! é zona de moito gando mostrenco (en liberdade). Cans soltos… Se queredes demostrar COLLÓNS facédeo subindo, hai moito, moito onde apertar…


Carreira a Pé (14 qm) Serán 3 voltas ao percorrido orixinal do Aviaman cunha pequena variante ao seu paso por Leiro. Percorrido plano e 80% sobre terra, sempre á beira do río Avia, onde teremos a sombra das árbores, que sempre axuda. A variante será ao principio da pasarela de madeira, onde subiremos por unhas escaleiras xunto ao muíño, saímos á estrada principal de Leiro, para entrar de novo cara ao paseo do río, onde está a meta.

Avituallamento - Auga - Xeles - Barritas Enerxéticas - Plátanos - Laranxas

boxes

Avituallamento Ponte Medieval (qms 2,4 - 7 e 11,6 aprox.) - Auga


Camiseta finisher AVIAMAN

Unha destas camisetas agardásevos na meta o próximo 11 de xuño. Esperamos que vos gusten!

Premios económicos Trofeos para o tres primeiros clasificados/as de cada categoría. 1º Clasificados masculino e feminina:

150,00 €

2º Clasificados masculino e feminina:

100,00 €

3º Clasificados masculino e feminina:

75,00 €

1º Clube Clasificado (masculino e feminino):

100,00 €

C o m p a n y

PREMIOS


Premios aos mellores parciáis -

Para o mellor tempo de cada parcial.

- Compensación á categoría feminina do 13% do seu tempo na carreira a pé e ciclismo. En natación non haberá compensación. - É necesario acabar o total da proba para optar a eles. - Non serán acumulativos, é dicir, o triatleta que leve 2 ou 3 parciais deberá decidir que agasallo quere e dese modo o 2º mellor tempo do parcial ou parciais que non escolleu levará o agasallo.

Sorteos Entre todos os participantes sortearemos premios durante o xantar.

Mellor sector natación absoluta

Mellor sector ciclismo (compensación mulleres)


Última muller e último home que entren no tempo de corte

Sorteo entre todos os participantes

Sorteo entre todos os participantes

C o m p a n y

Mellor Sector Carreira a Pé (compensación mulleres)


L A M A R G H A B E A R I Z

T R I A T L O N

www.beariztriatlon.com carballinotriatlon@gmail.com

Axenda Aviaman  

Axenda do Aviaman Triatlon coa información sobre os horarios, ubicacións, avituallamentos, zona de aparcamento, regalos...