Page 1

Esta muller da foto é a miña bisavoa Rosa, cos seus netos e a súa neta, no Entroido. Os netos son miña curmá segunda, Mari, meu curmán segundo, Isaac, e meu tío carnal, Fernando. Mari leva na cabeza un lazo feito con papel hixiénico. A bisvoa Rosa puxo a meu tío e meu curmán uns gorros deitos de cartón e uns bigotes e colocoulles unhas bandas feitas de papel hixiénico. Esta foto terá sobre 50 anos.

Carmen Caride Alonso – 5º E. Primaria A BISAVOA ROSA

Esta foto foi sacada hai 44 anos aproximadamente. O motivo foi que meu bisavó era emigrante, estaba en Alemaña. Esta foto quitárona o resto da familia para enviarlla. Na foto están: A miña avoa (de branco) A miña bisavoa (blusa de lunares) O irmán da miña avoa A irmá da miña avoa (subida a unha cadeira) Rubén Rivera Rodríguez, 5º EP

Como todos os anos, o 13 de xuño celebrábase en Dacón a Romaría de San Antonio. Ese día as familias reuníanse e bailaban no Campo de San Antonio, situado na Aldea Arriba de Dacón. A miña nai e máis a miña tía disfrutaban do día en compañía dos seus primos Manolo, Andrés e Tati. Romaría no Campo de San Antonio, ano1977 Noemí Prado Freijenedo, 5º EP


A miña tía observa ao lado da casa da súa avoa como un veciño carrexa herba nun feixe, para lle dar ao gando. En esa época, non se dispuña doutros métodos para facer este traballo. Gulfar, ano1975 Noemí Prado Freijenedo, 5º EP

A muller da foto é a bisavoa Josefa, que naceu no ano 1908 e finou no 1992. Casou de moi nova e tivo tres fillos e fillas, entre quen está a miña avoa Modesta. O meu bisavó Emilio non tardou en morrer e a miña bisavoa quedou viúva. A pobreza que había daquela fixo que o irmán do meu bisavó, Julio, se xuntase con ela para axudarlle a coidar aos fillos e fillas. Desta unión naceu meu padriño Pepe. Julio non tivo unha vida moi longa, polo que Josefa tivo que sacar adiante aos seus catro fillos e fillas como puido. Gañaba o pan para a súa casa adicándose toda a súa vida á agricultura. Na casa tiña porcos, unha vaca e galiñas, coma todas as familias daquel entón. Anxo González Veiga – 5º E. Primaria

A BISAVOA JOSEFA

Estas son a miña avoa Visitación, que é a máis pequena, e a miña tía avoa Odonina, que é a máis alta. A miña avoa tiña 8 anos e a miá tía tiña 10 anos. Esta foto fíxose para mandarlla ás súa tía e á súa madriña a Bos Aires, Arxentina. A miña avoa, cando era pequena, ía á escola e despois de vir da escola, tiña que ir coas vacas e logo, á noite, tiña que facer os deberes. Laura Bugueiro Rodríguez – 5º E. Primaria

DÚAS IRMÁS


Os dous maiores son o meu bisavó Antonio e a miña visavoa Carmen. Carmen naceu en 1915 e Antonio en 1904. Carmen morreu no ano 2005 e Antonio en 1959. As dúas de abaixo son a miña avoa, que é a máis pequena e a miña tía avoa. A miña avoa chámase Visitación e a miña tía avoa Odonina. O motivo desta foto foi que unha tía da miña avoa, que era a súa madriña, mandoulles uns regalos, e nesta foto saen os regalos, os bolsos e a tela dos vestidos, e mandárona á Arxentina. Angel Novoa Bugueiro. 5º EP

EMIGRACIÓN A VENEZUELA Esta foto foi sacada no ano 1965, os meus avós tiveron que emigrar a Venezuela porque aquí había pouco traballo. Nesta foto vense aos meus avós xunto a un grupo de amigos, celebrando unha comida o día da festa do seu pobo, aínda que todos tiñan morriña da súa terra non se esquecían de celebrar os días máis sinalados para eles. Todas as persoas que aparecen na foto son galegos, persoas que naqueles anos tiveron que abandonar Galicia en busca dun traballo e novas oportunidades. Case todas as persoas retornaron á súa Galicia querida, logo de traballar moitos anos lonxe da súa terra. Marcos García Otero 5º EP Esta foto representa a forma de felicitar a entrada do ano novo no país dos meus pais, que proceden de Marrocos. Nesta imaxe en concreto aparece a miña nai cando tiña 20 anos aproximadamente. Para felicitar as festas acudían a un estudio de fotografía ou pagaban a un fotógrafo particular nas súas casas para confeccionar a tarxeta. A miña nai chámase Arabia e actualmente vive conmigo e co meu irmán Naufal e a miña irmá Dunia en Maside nunha casa pequena. En Marrocos viviamos nunha cidade nunha casa moi grande onde habitaba tamén a miña avoa. As palabras de felicitación do aninovo están en francés, que é unha das línguas empregadas neste país. Nabila Samir Ouad. 5º EP

FELICITACIÓN


A VIÑA DA CASA VELLA A foto é na viña da Casa Vella, onde viviros os meus bisavós por parte da miña avoa. As que levan vestido son as fillas do irmán da miña avoa, as outras son a miña tía e a miña nai. A cadela chamábase Laica. Era moi cariñosa. Fíxose a foto porque era o aniversario da miña nai, a máis grande das dúas irmás. Agora desapareceu bastante da paisaxe que se ve por detrás polas casas da aldea e a fábrica que se fixo, xa case non hai comparación con antes. Alexia Martínez García 5º EP

A FESTA DO SAN BENITO

Esta foto representa a xuntanza de toda a familia o día da festa do pobo “San Benito”. Aquí o meu familiar, bueno ainda que familiares sonme todos, xa que os catro mozos son irmáns que están coas súas mulleres e os fillos o carón do seu pai, (o señor máis maior que está sentado, que sería o meu tataravo). Pero a que eu coñecín foi a miña bisavoa Teresa, ela é a segunda muller empezando pola dereita dos que están de pe, que ten no colo a miña avoa Carmen, e detrás dela está o meu bisavo Avelino, pero este xa non o coñecín. Esta muller procedente de Cuñas. Ela dedicouse toda a súa vida á agricultura e ao coidado da súas viñas (cousa que lle servía para: alimetarse, para obter cartos,…) Despois cando chegaba a súa casa dedicábase a coidar da súa pequena chamada Carmen (a miña avoa). Esta foto data de 1949. María Álvarez 6º EP

A FESTA DO SAN PEDRO Esta foto represénta unha xuntanza da familia que celebrábase o día de San Pedro, festa patronal do pobo, na cal reuníanse a comer os familiares. Nesta foto o meu familiar é a moza que está sentada diante de todo, ela era a miña bisavoa Benita a cal eu coñecín. Os outros membros da foto tamén me son familiares, xa que son os seus tíos e os seus pais, e dicir, os meu tataravós. A miña bisavoa Benita tivo varios negocios: primeiro tivo un forno xunto co meu bisavó Alfredo e un café. Despois venderon o forno e puxo unha tenda, a típica tenda de pobo na cal había un pouco de todo, e seguiron tamén co café. Anos, pero moitos anos máis tarde cando xa nacera a miña nai o café vendérono, pero ela ainda seguiu mantendo a tenda ata que se xubilou.Esta foto data de 1933-1934. María Álvarez 6º EP


Tiña a penas 3 anos cando descubríu que a súa irmá máis vella xa ía á escola e que, para iso, lle mercaran unha nova carteira e un paraugas. Eses obxectos parecéronlle os máis fermosos do mundo e, nun descoido da súa irmá, colleunos e con decisión, baixou as escaleiras da súa casa, informando a quen se cruzaba no seu camiño: “Eu tamén vou á escola”. Na súa inxenuidade, desexou ser grande, ter un espazo no mundo das persoas maiores, pero non calculou as consecuencias de tan ousado feito. A súa irmá nunca lle perdoaría que ela se fotografiase cos seus máis prezados tesouros: a carteira e, sobre todo, o paraugas. Pasaron os anos e a Nena do Paraugas xa é maior. Aínda vai á escola e está convencida de que, o día que perdamos a infancia, perderemos a mirada limpa e sincera coa que as crianzas ven o mundo. Concha L. F. – 1963 – Foto: Sr. Ramón

A NENA DO PARAUGAS …que me vedes asustada?.Diso nada! A expresión só responde á reacción de cando alguén non sabe o que lle agarda. Escoitara a palabra fotógrafo. Quen sería ese individuo? Mancaríame? Poríame unha inxección? Tampouco souben nunca porque nos retrataron só ás tres se eramos máis na camada; o máis triste, non o saberei xamais; as miñas irmás non se lembran, o meu pai non me escoita e a miña nai non me recoñece. Eu era a do medio. O vestido feito a medida dun retal sobro pola costureira da aldea, o xersei calcetado a man pola avoa, o pelo cortado a ollo, pero, iso sí, os zapatos de estrea, pisando forte sobre un taburete porque aínda non daba a talla. Aquí, sen querelo fixen o primeiro debut no escenario, pequerrechiño, acorde co meu tamaño. As miñas irmás de indumentaria similar (busca as oito diferenzas) agarrábanme con forza; tiña prohibido escapar ou caer. Había que afrontar a situación. Eu ollaba cara a máquina, expectante, non saía o paxariño, foi tamén a primeira proba de cámara. A partir de aquí comezou a acción e representei un papel de nena feliz na infancia a quen só lle preocupaba a que idade se paraba de xogar. Un simple pau facía as veces de vasoira, de paraguas, de marido; cos couselos preparabamos ensaladas, nos valados nacía o arroz salvaxe, e coas follas de castiñeiro teciamos saias. Que tempos! nos que todo está por vivir e explorar. Agora xa medrei. A roupa mércoa en boutique, os xerseis son de fábrica, teño perruqueira fixa, varios pares de zapatos, porén o colorido doutrora vaise tornando gris e cada vez queda menos por descubrir. Seica ao chegar a vellez nos convertemos de novo en nenos!!! Clara Vázquez

QUE VÉN O FOTÓGRAFO!


Corrían tempos difíciles. No meu pobo había moita xente na emigración. Uns levaban ós outros. Era típico que marchara o home e a muller quedara a cargo dos fillos. O meu pai (dereita) marchou a Francia no ano 1965. Eu lembro cando viña nos veráns e nos traía cousas que había alí: quesitos da “Vaca que ri”, chocolate, roupa…ademáis de falarnos da forma de vida, costumes etc. 26 de marzo de 1965 marzo de 1965

A EMIGRACIÓN

Loli Casares Prieto

DON RAMIRO

De rapaz tiña oído falar do mestre don Ramiro. Parece ser que era moi querido, que facía boas migas cos rapaces e tamén coas mozas e mozos que xa non ían a escola, cos que cantaba e preparaba pequenas obras de teatro. O que non entendía era que a pesar destes comentarios alguén nunha ocasión o denunciara e que estivera na cadea un tempo. A parte que máis me gustaba da historia é que os veciños da parroquia, grandes e pequenos, foran correndo recibilo cando por fin o soltaron, xa que en realidade non había motivo para acusalo de nada. Só a envexa dalgún cacique ao que non lle gustaba que a xente pensase por si mesma. A pesar da súa inocencia foi represaliado e desterrado a unha escola de Burgos. Corrían malos tempos a mediados dos anos 30 do século pasado. Don Ramiro é o segundo de pé pola dereita, na fila de mozos. O resto son mozas e mozos de Partovia vestidos para representar unha obra de teatro en 1933. C. Fernández


Corría o ano 1964 e este día celebrábase a festa do San Pedro, o primeiro de agosto. As mozas aproveitaban a estrea da roupa para facer fotos, mesmo no cementerio como neste caso, pois ese día ía sempre un fotógrafo, roupa que a miña nai xa mercara cos seus cartos pois perdera ó seu pai con 10 anos e ós 11 xa empezou a traballar. Eran anos difíciles aqueles para as mulleres viuvas como  a miña avoa , con tres nenos de 12, 10 e 1 anos. Por isto a miña nai tivo que acelerar a súa infancia e creo que nunca tivo vacacions como as entendemos hoxe. Eu celebro o día da nai o 8 de marzo.

Teresa PL A FESTA DO SAN PEDRO

Os meus pais mercaran una cámara  e alí, na nosa eira , que compartíamos co Ermesindo e coa Pura, estrenouse a cámara. Nesta  eira, onde mallaban todos os os anos no verán, aparecemos a miña tía avoa, a tía Flora, a miña avoa Carmen, a miña nai, a miña tía e mais eu e, por suposto, Ermesindo coa sua Gallarda, a verdadeira protagonista.

Teresa PL UNHA CÁMARA NOVA A PENA DA SELA

Era o día da Pena da Sela en 1963, romaría que aínda se celebra hoxe no Irixo o primeiro domingo de Xullo. Na foto está no centro a miña nai, que pasaba o verán na casa despois de traballar en Vitoria todo o ano, entre a sua amiga Sara e sua tía Delfina, á que lle gustaban moito as festas pois era unha muller moi alegre e positiva . Aínda botou un baile cando fixo cen anos, tres meses antes de morrer, hai un pouco mais dun ano. Teresa PL


Estas escaleiras forman parte da miña infancia, son as da Pura, a nosa veciña. Aquí estou co meu pai, que emigróu dende moi novo como tantos galegos naqueles anos difíciles, primeiro con 13 anos a Sanabria, e despois a Euskadi, para acabar finalmente en Francia. Esta foto é dun día do verán do ano 1971. Como tantos emigrantes non disfrutaban das vacacions para descansar, viñan segar a herba, o centeo, mallar e axudar ás súas nais. Pero neses días tamén daban amor ós seres queridos que deixaban aquí. Meu pai, que foi xeneroso con todo o que tiña, era sobre todo xeneroso en amor, sempre atento, e eu era á que máis recibía, só teño que pechar os ollos para sentir os seus bicos, o seu mirar, e aquelas mans grandes e curtidas polo traballo, a miña man na súa,  unidas ata o final.

NAS ESCALEIRAS DA PURA

Teresa PL

VIAXES Luís era electricista. De novo, gabeaba coma ninguén polos postes de madeira dos tendidos eléctricos da Serra do Suído, con aqueles ferros dentados atados aos nocellos, que máis ben semellaban a boca dun cocodilo, e coa única seguranza dun cinto de coiro que o suxeitaba ao pau. Un día coñeceu a Concha, quen desde moi nena traballou arreo para axudar na casa, pois era a máis vella de tres irmáns e irmás e, tal vez, a súa única diversión era “escapar” os domingos para pasear co seu noivo. Concha e Luis casaron en abril do 1952 e a súa lúa de mel foi ben curta: unha viaxe a Ribadavia. Logo, no verán dese mesmo ano, Jaime, un amigo, invitounos á súa casa, na Hedreira (concello de Avión) e alá marcharon. Pode que hoxendía nos pareza unha viaxe sinxela de realizar, pero daquela, cando aínda as estradas eran camiños de carro, non existían teléfonos móbiles e quen tiña unha pequena moto, tiña un grande tesouro, ir desde Partovia (O Carballiño) ata o alto da Serra do Suído, tiña que ser unha viaxe ben dura. Non obstante, a satisfacción que proporciona compatir amor e amizade, compensa sempre calquera esforzo. Os rostros de Luís, Concha e Jaime así o amosan. Luís, Concha e Jaime (1952) Concha L. F.


OS AVÓS DE FIÓS Estes eran os meus avós: José e Jesusa. Vivían nunha pequena aldea de Parada de Sil chamada Fiós. Traballaban no campo e saían en raras ocasións, só cando ían comprar ou cobrar. Era moi normal que as mulleres andiveran de negro porque cando morría un familiar, pais, marido, tios… vestíanse de negro durante varios anos. Loli Casares Prieto

A BISAVOA AGUSTINA Con esta foto púxenlle cara á miña bisavoa materna Agustina, no centro da foto. Á miña nai gustáballe ir durmir con ela de vez en cando, pero ao despertar moitas veces a Mamá Agustina xa se fora para o eido. Cando ocorría iso, nunca se esquecía de deixarlle o almorzo preparado ou a merenda se era pola sesta no verán. Se podía tamén lle poñía unha lambetada, que era algo tan sinxelo coma unhas galletas ou unhas noces, todo un luxo a mediados dos anos 40. Non sei se algunha vez lle fixeron a miña nai a pregunta de “a quen queres máis, Sarita, á avoa Luisa (coa que vivía) ou á Agustina?” Estou seguro da resposta, porque a avoa Luisa era capaz de comer a única laranxa que quedaba, cando a había, mentres a miña nai miraba e non entendía por que lle tiraba aquela pel branca, co rica que debía estar. Agustina Vazquez Armas e a súas fillas Josefa e Esther. Porto de Eguas 1935 C. Fernández


MULLERES MODERNAS Esta fotografía en branco e negro, feita hai uns cincuenta anos, móstranos a dúas mozas daquel tempo que, loitando contra os estereotipos sexistas do momento, no que as mulleres non debían fumar nin manexar coches ou motos, se deixaban ver pola aldea increpando a xente de crenzas máis tradicionais. Diante da Casa da Escola dunha aldea de Coles, dispúxose a moza en cabeceira a conducir unha “Lambreta”, mentres a outra amiga ou paquete a acompañaba e, subida na moto, compartía con ela un cigarro dos de entón chamados de “picadura” ou “cuarterón” e que se facían á man cun papel chamado “librito”. Tamén se podían comprar os cigarros xa elaborados (“Celtas Cortos”, “Ideales”, “Peninsulares” e “Chester”, entre outros) que se vendían na tenda do pai da moza condutora. Grazas a esta tenda, única abastecedora de alimentos e produtos en 10 quilómetros á redonda, a riqueza económica do propietario e da filla ascendía e permitía a esta última disfrutar dunha vida diferente á das demais mulleres da súa época. María Cruz Pereira Iglesias (mestra)

MULLERES VALENTES

Esta foto representa a difícil e valorosa situación dunha muller de vinte e tres anos que hai corenta se enfrontou a unha sociedade que sinalaba as solteiras que tiñan fillos e as marcaba con discriminación chamándolles ás nais “desgraciadas”, “deshonradas”, e aos seus fillos “ilexítimos” ou da “Inclusa”, xa que moitas veces eran abandonados en casas para orfos. Aínda así, esta nai coraxe decidiu levar adiante o seu embarazo e facerse cargo da criatura ao tempo que algúns meses despois esperaba outro fillo dun home que a aceptou coas súas circunstancias e casou con ela. A sorte doutras mulleres que se vían no mesmo caso foi emigrar a países de América ou Europa e alí afastarse dos rumores que as convertían nunhas indesexadas na súa propia terra, traballando arreo para voltar cuns cartiños e, ás veces cun marido, despois de facer as “Américas”.

Así transcorría a vida e o sentir das persoas nunha etapa da historia na que estar fóra das normas pode custarche moi caro. María Cruz Pereira Iglesias (mestra)


CINCO XERACIÓNS DE MULLERES Xa dende pequena recordo o orgullosas que se poñían tanto a miña nai como a miña avoa, cando ensinaban esta foto a outros familiares ou amigos/as. Sempre dicían a mesmo: cinco xeracións de mulleres xuntas....e colocadas en orde. Empezando pola esquerda: a miña tataravoa, a miña bisavoa, a miña avoa, a miña nai e eu. Da bisavoa Isaura gardo algúns recordos, pero da tataravoa Hermesinda non, aínda que me teñen contado moitas cousas dela...non tivo unha vida moi doada pero, pese a todo...viviu 107 anos. Agrosantiño, 1982. Vanesa I.C.

AS TRES CURMÁS Nesta foto aparecen a miña nai e as suas curmás Mari Carmen e Marisol . O día da festa da parroquia, cando chegaron da misa, fixeron uns ramos con buxos e rosquillas. Aproveitando que puxeran as mellores galas, o tío Manolo decidiu facerlles a foto. Casar de María, 1969. Vanesa I.C.


Parece que foi onte, pero xa pasaron algúns anos.

AQUELES MARABILLOSOS ANOS

Por aquelas datas, a educación non era mixta; había centros masculinos e femininos. Ás que eramos de lugares un pouco afastados non nos quedaba outra alternativa que estar internas. Iamos á casa nas vacacións e os domingos pola tarde sacábannos de paseo, sempre e cando ó longo da semana non houbera ningún castigo; ademais de ir á misa todos os días e rezar o rosario. Aproveitabamos calquera cousa para romper a rutina: meternos nalgún coro (aínda que a voz non fora prodixiosa) e se tiñamos a sorte de facer algunha viaxe xa era algo máxico. No ano 1973 as Franciscanas de Ourense e o colexio Menor, despois de moitos ensaios, fomos participar nun festival a Soria. Lembro que os mozos (entre eles Veloso, que aparece na foto) tiñan máis liberdade para saír que as mozas, aínda así paseino moi ben e voltei con moita tristura por atoparme de novo coa realidade. Loli Casares Prieto.

AS MULLERES SOSTEÑEN A TERRA

Na foto aparecen miña avoa materna, á esquerda, miña nai, no centro e unha muller que traballou moito tempo con elas nunha fábrica de cepillos que tiña o meu avó nun barrio de Ourense. Están embalando escobillas nuns sacos; antes non se usaban caixas de cartón. A miña avoa tivo os fillos, sobreviviron seis de trece embarazos, na etapa máis dura da posguerra e a vida non era fácil. Se tiñas a sorte de ter aldea podías ir traendo patacas, ovos, matar un porco…, pero ese non era o caso da familia de miña nai. Cumpría ter moitas habilidades para saír adiante. Miñas tías din que a avoa era tan lista que ata facía bistés da cabeza.

Esa sabedoría herdouna a miña nai que, cando tiña catorce anos, comezou a traballar na fábrica, aínda que nunca cobrou un can. Alí, entre outras cousas, levaba a contabilidade e conseguiu argallar a maneira de que as contas cadrasen sen que o meu avó notase a falta de pequeniñas cantidades que permitían a ela e aos seus irmáns ir saíndo dalgún apuro. Hai poucos anos, cruzaba con ela a ponte para ir a Ourense. Era o mes de marzo e miña nai reparou nunha pancarta que penduraba da ponte nova: “AS MULLERES SOSTEÑEN A METADE DO CEO”. Mirouna estrañada e dixo: “Aí confundíronse. Será a metade da terra ” Eu, que infelizmente non herdei a intelixencia das mulleres da familia, só digo: metade?

Beatriz Fernández


OS MEUS TATARAVÓS Estes son os meus tataravós, Juan Fernández Gómez e Balbina Alfonso Rodríguez. Fixeron esta foto para darlla de recordo á miña avoa cando se fose co meu bisavó. Os meus tataravós foron os que criaron a miña avoa porque o seu pai non podia facerse cargo dela. Daniel Giráldez

A MIÑA BISAVOA

Esta é a miña bisavoa, Eva María dos Santos Echevarrá. Fixo esta foto para a nena que ten no colo, Leonor, a súa neta e prima da miña nai Daniel Giráldez

OS MEUS AVÓS Estes son os meus avós (Isidoro Ferreira dos santos e Belezinda de Jesus Fernández de Castro. Fixeron esta foto de recordo para a miña avoa, porque o meu avó embarcaba para ir ao mar. A miña avoa estaba embarazada da súa segunda filla neste momento. Daniel Giráldez


INAUGURACIÓN DA ESCOLA

O 4 de Marzo de 1955, fai 55 anos, foi inaugurada unha escola unitaria en San Cibrán de Las (San Amaro), polo señor Gobernador de Ourense coa presenza do señor alcalde do Concello de San Amaro e o señor cura da parroquia Don Celso Cid Fariñas e do mestre Don Ernesto Otero Rodriguez . Esta escola foi construída por orde do alcalde, Don Tomás Dopazo Fernández, co apoio do párroco Don Celso Cid e coa axuda desinteresada de todos os veciños.

EN BICICLETA

A construción do edificio tivo un orzamento de 75.000 pesetas, das que só 15.000 foron subvencionadas por unha obra benéfica e o resto pagado polos veciños con cartos en metalico, man de obra e materiais cedidos gratuitamente. O día da súa inauguración foi bendicida polo párroco e o señor Gobernador dixo unas palabras a todos, en especial para os nenos e nenas alí presentes. A mediados dos anos setenta as escolas agrupáronse e os nenos desta escola foron para o grupo escolar de Maside co cal este edificio deixou de ser una escola unitaria. Hoxe en día, grazas á asociación de veciños da parroquia de San Cibrán de Las, unha parte do edificio utilízase como local social e a outra como tanatorio parroquial. Brais (1º ESO)

Este é o meu avó en Alemaña nos anos 60 ou 70. Alí un medio habitual de transporte era a bicleta, como a que aparece na foto. Álex (2º ESO)


Jesús e Modesta Pérez Parente, meus avós. Unha parella que se coñeceu nunca festa. Meu avó é de Maceda e miña avoa é do Irixo. Casaron moi novos e tiñeron catro fillos, un home e tres mulleres.

JESÚS E MODESTA

Jesús era carpinteiro, traballaba na súa casa no Irixo; Modesta traballaba na casa, coidando os animais, cultivando e coidando os fillos. Meu avó morreu moi novo de cancro. Meu pai tamén foi carpinteiro e tamén morreu da mesma enfermidade. Miña avoa tivo catro fillos (José Antonio, María Luísa, Isabel e Raquel. O máis vello é meu pai José Antonio, que é o mesmo desta foto. A nena é miña madriña María Luísa. Ao ter quince anos marchou para Francia para traballar e aínda está aí. Miña avoa ten dous netos: eu e meu primo Adrián, fillo da segunda filla máis vella Isabel. Esta foto está feita por un irmán da miña avoa na casa da miña bisavoa despois dunha xuntanza familiar. Jennifer (2º ESO)

Gumersindo e Erundina son pais adoptivos de miña nai. Acollérona porque miña avoa tiña moitos problemas económicos e alimenticios, xa que tiña nove fillos ao seu cargo. Eran familiares de meu avó e vivían no Cruceiro. Aínda que Gumersindo era de Leiro, cando casou foi vivir coa muller ao Cruceiro. Tiñan unha mula, con ela araban o campo e sementaban. Vivían diso, cultivando para outros. Gumersindo morreu aos cincuenta anos e Erundina e miña nai quedaron soas. Erundina enfermou e miña nai, aos catorce anos, tivo que facer todo ela: coidala, limpar a casa, cultivar e darlles de comer aos animais. Esta foto fixérona para enviar a uns sobriños que tiñan en Alemaña, hai máis de trinta anos. Jennifer (2º ESO


GÚSTANNOS OS ANIMAIS

Estas fotos magulladas polo tempo representan o que foi unha antiga xeración labrega e gandeira. O meu pai é o que está montado na cabra branca da señora Elvira do Ebre no ano 1964. No ano 1965 xa crecera máis e se atrevía a montar nun rucho (burro pequeno). Ao ano seguinte vese a meu pai e miña tía coidando as grandes vacas do meu bisavó Antonio, Marela e Rubia. Tamén se ve á miña tía Mari dándolle de comer á súa apreciada porca Catalina. Eu agora xa descubrín por qué á miña familia lle gustan tanto os animais domésticos. Pedro (1º ESO)


A COMUÑÓN DE MIÑA NAI

Esta foto é do día da comuñón de miña nai (Clara). Sácarona para os meus bisavós que non puideron asistir. Eles estaban vivindo en Holanda, xa que tiveron que marchar cara alí porque as condicións de vida eran mellor que aquí. A foto é na igrexa de Dacón e nela aparecen: o meu tío Manuel, o meu curmán Manuel, a miña nai Clara, as miñas curmás (Mª Xesús, Mª Xosé e Verónica) e, por último, a miña tía Ana. Ao cabo de 2 anos de que miña nai fixese a comuñón, a miña curmá Mª Xesús perdeu a vida nun accidente de tráfico xunto co seu pai cando ían de camiño á escola. Morreron os dous. Ese foi un acontecemento moi triste para toda a familia. Despois os meus tíos e a miña nai foron vivir todos cos meus avós a Barcelona . Alí miña nai e miña tía atoparon o amor das súas vidas e o traballo que buscaban . De alá a uns anos nacemos eu (Amanda), a miña curmá (Nerea), o meu curmán (Manel) e a miña irmá (Sheila). Amanda (!º ESO)

Nesta foto está a miña tía Clarita que agora vive en Australia. Esta foto está feita o día da súa primeira comuñón e ten case cincuenta anos. Foi feita na que agora é a miña casa. A foto fíxose arredor do ano 1964. Na foto leva posto un vestido branco, un diadema e un rosario. Leva un velo e un moño por riba do diadema. Na foto ten un rosario unha cadea e un colar como símbolo da cristiandade e de que vai facer a primeira comuñón. MARCOS 2º ESO

PRIMEIRA COMUÑÓN


Esta é a miña avoa, chámase Ángela Docampo González, naceu o 2 de abril no 1932, fai xa 79 anos, nunha aldea fermosa chamada Neves de Grixoa. Polo tanto, aí foi onde se criou e pasou a súa xuventude, e agora goza desta preciosa aldea.

A MIÑA AVOA

Con 18 anos casou cun veciño do Lago (Maside), chamado Tomás Portabales Álvarez, co cal tivo 8 fillos , 6 mulleres e 2 homes. Esa foi a súa maior delicia, ainda que a súa maior pena foi cando por mala sorte no 2000 o seu marido faleceu, facendo que os seus corazóns se separaran para sempre. Pero en cambio eu, a súa neta, estou completamente segura de que xamais o olvidará e de que sempre terá todos eses longos anos de felicidade no seu corazón. A partir daquel triste dia ela intentaba seguir adiante educando aos seus preciosos fillos.                 Esta é a historia da miña avoa, a quen  quero moitísimo.     Alba Fernández Portabales

Nesta imaxe está o meu tío bisavó Constantino Nogueira Ferradas. Era o segundo fillo de oito e o primeiro varón. Cando el tiña dezaoito anos estalou a Guerra Civil Espdaquela añola. Coma moitos mozos galegos época, fíxose falanxista e quería ir á guerra de voluntario. A súa familia disuadiuno pero finalmente foi xa que o chamaron pola quinta do 38 con vinte anos. Estando na guerra mandoulle esta foto á súa familia, no reverso podemos ler: “A mis queridos padres y hermanitos les dedico esta foto en lo mucho que los quiere este su hijo Constantino N”

CONSTANTINO NOGUEIRA FERRADAS

O 27 de Janeiro de 1939 tivo lugar unha batalla na provincia de Badaxoz na que Constantino faleceu aos 21 anos de idade. Como única comunicación recibiron unha carta informando da baixa. Á dor da perda foi maior polo feito de non saber nada do corpo ata moito máis tarde, cando uns compañeiros de batalla lle contaron á familia que os enterraran a todos nunha gabia no cemiterio de Valtequilla, provincia de Badaxoz. Lemos no recorte de periódico: Constantino “entregó su vida por Dios y por la Patria”, pero aínda hoxe os irmáns que quedan vivos non atopan consolo nestas palabras, porque as guerras nunca teñen razón. Rubén G. Roo (4º Primaria


A AVOA SIRA ESTA É A MIÑA AVOA SIRA. TIÑA 6 ANOS, ESTABA XOGANDO CUNHA BONECA QUE LLE REGALARON EN REIS. AROA LOSADA RODRIGUEZ. 5 ANOS ESCOLA DE DACÓN

A MIÑA BISAVOA ESTA ERA A MIÑA BISAVOA QUE ESTABA NA COCIÑA COA MIÑA PRIMA. AS COCIÑAS DE ANTES NON ERAN TAN MODERNAS COMO AS DE AGORA, ERAN DE LEÑA E NON TIÑAN MOBLES. DANI COCA GONZÁLEZ ESCOLA DE DACÓN.

5 ANOS

MANOLO O MEU TATARAVÓ ESTE É O MEU TATARAVÓ FAI MOITOS ANOS. PARECE QUE ESTÁ NUN PALACIO PERO ESTÁ NO ESTUDIO DO FOTÓGRAFO. DANI COCA GONZÁLEZ 5 ANOS ESCOLA DE DACÓN


A MIÑA NAI ESTA FOTO É DA MIÑA NAI QUE SE CHAMA ROSA. ERA MOI PEQUENIÑA, TIÑA MENOS DE 1 ANO. COMIA MOITO PORQUE ESTABA GORDIÑA. DANI COCA GONZÁLEZ TEÑO 5 ANOS ESCOLA DE DACÓN

O MEU PAI NO BURRO O meu pai está subido nun burro, é o que vai diante e está chorando. Ía co meu padriño e co avó a buscar patacas porque antes non había tractores e traían a carga en burro. Marta Rodríguez Pérez. 5 anos Escola de Dacón

O MEU PAI ESTE É O MEU PAI. TIÑA 4 ANOS.E ESTÁ RECOLLENDO UVAS. MARTA RODRÍGUEZ PÉREZ 5 ANOS ESCOLA DE DACÓN


LUIS É O MEU PAI. AQUÍ ERA MOI PEQUENO, TIÑA MENOS

O MEU PAI DE PEQUENO

DUN ANO. ESTABA XOGANDO COA PELOTA. ÁLEX BLANCO QUINTELA. 5 ANOS. ESCOLA DE DACÓN

OS TRES IRMÁNS ESTES SON OS 3 IRMÁNS. O MEU PAI ESTÁ NO LADO ESQUERDO. QUE PEQUENIÑO ERA O MEU PAI! ERA VERÁN E SEGURO QUE ÍAN XOGAR. BRAIS PÉREZ GONZÁLEZ. 5 ANOS ESCOLA DE DACÓN

MAMÁ DE PEQUENA

ESTA É A FOTO DE MAMÁ. ERA PEQUENA E TIÑA UN PEINADO MOI SIMPÁTICO COMO UNHA CUNCHA DE CARACOL NICOLÁS CORRAL HIDALGO. 4 ANOS ESCOLA DE DACÓN


FAMILIA

ESTES SON OS IRMANS E OS PAIS DO MEU PAI , FALTA UN PORQUE AINDA NON NACERA. ESTABAN CELEBRANDO A FESTA DO POBO QUE ERA CANDO SE XUNTABA TODA A FAMILIA E ESE DIA DEIXABAN DE TRABALLAR NO CAMPO E POÑIAN OS MELLORES TRAXES. OLGA MARIA. ESCOLA DE DACON

A VODA DOS AVÓS ESTA É A VODA DOS MEUS AVÓS. A AVOA LEVA UN VESTIDO DE FLORES E O AVÓ TRAXE CON GARAVATA. IAN MOI ELEGANTES. PABLO LORENZO FERNÁNDEZ 5 ANOS ESCOLA DE DACÓN


os d o t a s a z a r r g a s r a o s b n a e l o m c r In o p s a o d t c o t e x e o r p E D I n e s te S A M I P C 0 1 L 0 2 D 9 EN 0 0 2 O S CUR

Profile for Beatriz Fernandez

A NOSA HISTORIA FACÉMOLA NÓS I  

Exposición elaborada coa fotografías e textos do I Certame A Nosa Historia Facémola Nós, no curso 2009-2010, un concurso do Equipo de Normal...

A NOSA HISTORIA FACÉMOLA NÓS I  

Exposición elaborada coa fotografías e textos do I Certame A Nosa Historia Facémola Nós, no curso 2009-2010, un concurso do Equipo de Normal...

Profile for beafer17
Advertisement