Page 1

O pleno de Xinzo solicitará á Xunta unha residencia para maiores [páx.7]

XINZO

Páx.6

O BNG insta a pór en servizo o novo cuartel da Garda Civil

XINZO

Páx.6

Inícianse as obras de renovación da rúa Marcelo Macías

ESPECIAL Páx.11

OCIO

Páx.12

O Padroado “Sermón da Sardiña” Provincial de Turismo, e Certame da Canción presente en FITUR Humorística

DEPORTES

Páx.13

O AB Xinzo presenta todas as categorías para esta tempada

Estado lamentable da avenida de Ourense

A parte municipal das obras está paralizada xudicialmente mentres o Ministerio de Fomento iniciará en breve as que lle corresponden, segundo anunciou o alcalde. [páx.7] Imaxe tralas choivas dos ultimos días da marxe esquerda da avenida de Ourense en Xinzo de Limia./M.R.

Número: 50 - Ano:VI - Xaneiro 2011 - Depósito Legal: OU 185-2006 - Periódico mensual de distribución gratuíta www.barriosxinzoverin.com - BARRIOS volve estar no seu buzón a mediados de febreiro. Se quere anunciarse consulte no 685 800 190




BARRIOS Xaneiro de 2011

VERÍN E COMARCA

Denuncian o desmantelamento das especialidades no hospital de Verín Redacción

De esquerda a dereita, José Luis Baltar, Antonio Rodríguez Miranda, Alberto Núñez Feijoo, Manuel Baltar, Juan Manuel Jiménez Morán, Joao Batista, Celso Delgado, Carmen Leyte e Jorge Pumar contemplan o video que repasa a traxectoria do candidato popular á alcaldía de Verin./PAULA LODEIRO.

A plana maior do PP arroupa a presentación de Jiménez Morán

4 O alcalde de Verín aspira a revalidar a súa maioría absoluta. Paula Lodeiro Juan Manuel Jiménez Morán repetirá por quinta vez como candidato do Partido Popular á alcaldía de Verín. Uns 600 simpatizantes e miliantes e a plana maior do partido arrouparon a súa presentación, o pasado venres 14 de xaneiro no restaurante Brasil da vila do Támega. Os dirixentes populares quixeron amosar a unidade do partido e demostrar deste xeito que está superada a ‘fractura’ provocada polo congreso para a elección do presidente provincial do pasado xaneiro. Así, non faltaron ao acto nin o seu opoñente daquela, Manuel Baltar, nin o presidente da Deputación, José Luis Baltar, e tampouco o presidente do PP de Galicia, Alberto Núñez Feijoo, máximo apoio de Jiménez naquel congreso. Abriu o acto o presiden-

te provincial do PP, Manuel Baltar, que cualificou a Jiménez Morán como “o mellor alcalde de Verín da historia” e destacou os máis de 2.000 afiliados do partido na localidade. Tras el interviu o candidato e actual alcalde, quen fixo un repaso polos logros da súa lexislatura e os novos proxectos para a vila, como a área loxística, a escola infantil e o xeriátrico, ou as posibles novos empresas para o futuro polígono empresarial. Aproveitando a presenza do presidente da Xunta, reclamoulle a Feijoo un auditorio para Verín. Logo do seu discurso proxectouse un video que repasou a traxectoria de Jiménez, para pechar o acto Alberto Nuñez Feijoo, quen asegurou que o candidato popular “aúna a xestión e o inconformismo necesarios en política” e amousouse confiado de que repetirá

O Grupo Parlamentario Socialista denuncia o desmantelamento de Especialidades Clínicas no Hospital Comarcal de Verín, e acusa á Xunta de Galicia de utilizar o hospital verinés como experiencia piloto para privatizar gradualmente a sanidade pública en Galicia. Neste senso, o deputado Juan Carlos Francisco Rivera denuncia que “dende o pasado mes de xullo no Hospital de Verín non se realizan endoscopias nin colonoscopias pola falta de profesionais médicos especialistas”. Lembra que “dende que se marchou o médico que viña realizando estas pro-

bas a Xunta non cubriu a vacante, e os pacientes vense obrigados a desprazarse ao Centro Hospitalario de Ourense, aínda que hai casos de pacientes que son derivados á sanidade privada”. O socialista salienta a gravidade que supón que os pacientes non sexan acompañados por profesionais de enfermería unha vez que se realizan estas probas médicas: “téñense dado casos en que os pacientes viaxan sós na ambulacia unha vez practicadas estas probas”. Cardioloxía O parlamentario denuncia ademais a inexistencia de servizos de cardioloxía e explica que “xa non é que non exista cardiólogo na plantilla hospitaria de Verín, senón que dende hai máis de mes e medio nin tan sequera se despraza a Verín ningún cardiólogo dende Ourense, tendo que enviarse os pacientes a Ourense para facer as ecocardios o as ergometrías”.

Novo alcalde para Laza Redacción

O alcalde de Chaves Joâo Batista felicita a Jiménez diante de Núñez Feijoo e Manuel Baltar. /P.LODEIRO. como alcalde tralos comicios de maio. Á presentación oficial da candidatura de Jiménez Morán asistiron numerosos cargos do PP na provincia,

como os alcaldes de Riós e Oímbra, e representantes da sociedade verinesa, entre eles, o independente (e antigo edil popular) Alberto Prieto.

O Partido Popular conta en Verín con máis de 2.000 afiliados

O Concello de Laza ten desde este mes novo alcalde: José Ramón Barreal, número dous da lista do Partido Popular que ata o pasado mes exercía de tenente de alcalde. Barreal substitúe no cargo a José Ángel García Morais, que levaba 23 anos como rexedor do municipio, e que presentou a súa renuncia a finais de decembro alegando incompatiblidade laboral. García Morais seguirá como concelleiro ata o final da lexislatura e Barreal será o próximo candidato do PP á alcaldía de Laza. Ao pleno de toma de posesión do nov alcalde, o 8 de xaneiro, asistiron tan-

José Ramón Barreal, novo alcalde de Laza. /IÑAKI OSORIO.

to o presidente provincial do partido, Manuel Baltar como o da Deputación, José Luis Baltar, así como varios alcaldes de municipios da comarca. Manuel Baltar cualificou a transición como “modélica”, agradecendo o excelente labor de José Angel García Morais ao frente do concello de Laza e animando a José Ramón Barreal a seguir nesa liña.


VERÍN E COMARCA

A Eurocidade contará cun centro de formación termal e de investigación da auga

4 Chaves e Verín crearán un servizo de transporte transfronteirizo.

As autoridades co novo carné que acredita aos veciños de Chaves e Verín como eurocidadáns./CdV ordinar os novos proxectos da Eurocidade. Dous novos proxectos Vázquez Mao recordou que nestes dous anos, a Eurocidade Chaves-Verín, logrou catro proxecto aprobados, “algo inusual, pero que revela o traballo ben feito por parte da Eurocidade”, dos que os dous xa se realizaron e os restantes “poranse en marcha a finais de xaneiro ou principios de febreiro”. Un destes proxectos é o do Centro de Formación Turístico-Termal e de In-

vestigación da Auga, que conta cun orzamento de 1,7 millóns de euros, financiados nun 75% con Fondos Feder. O obxectivo é a a construción e posta en funcionamento dun Centro de Formación TurísticoTermal e de Investigación da Auga Transfronteirizo, conformado por unha Escola Hostaleira Termal que se instalaría en Verín)e un Balneario-Escola e Laboratorio de Investigacións Termais e da Auga que estaría en Chaves. Por outra banda, o director xeral de Mobilidade

da Xunta Miguel Rodríguez Bugarín, presentou un ‘Estudo de Transportes da Eurocidade’, que abre a posibilidade de poñer en funcionamento un servizo de transporte público entre Verín e Chaves, antes de que remate o ano 2011, que sería o primeiro da Península Ibérica. O titular de Presidencia, Alfonso Rueda, indicou que que os proxectos pre-



O PSdeG cualifica de “paripé” a visita de Rueda á Eurocidade Redacción

Redacción Os representantes institucionais presentes na reunión do Grupo de Traballo da Eurocidade Chaves-Verín estrearon os primeiros carnés de eurocidadáns que se repartirán entre os veciños das dúas localidades fronteirizas. Neste encontro, presidido polo conselleiro de Presidencia, Alfonso Rueda, presentáronse varios informes, entre eles, o de actividades realizadas e as futuras no marco da Eurocidade, así como os estudos sobre transportes na Eurocidade, o Centro de Investigación TurísticoTermal e Investigación da Auga. Ademais, o secretario xeral do Eixo Atlántico, Xoán Vázquez Mao, fixo balance do traballo realizado ata o de agora pola Eurocidade, indicando que se tiñan cumplido os compromisos e calendarios asumidos polo Grupo de Traballo da Eurocidade, tanto no referente á presentación da Axenda Estratéxica, “presentada en menos dun ano e que recolle o que a poboación de Verín e Chaves quere que sexa a Eurocidade”, como a aprobación de candidaturas europeas presentadas e a remodelación da estrutura operativa, encargada de co-

BARRIOS Xaneiro de 2011

sentados son de “transcendencia inmediata”, como o “de termalismo, no que se aproveitan os recursos de aquí e alá, e situarase á cabeza en materia de recursos termais de Galicia e norte de Portugal” ou “o de transporte entre o barrio norte e sur, e que reflicte un xeito de expresar a compenetración e cooperación existente entre Chaves e Verín”.

A Eurocidade estuda a posibilidade de poñer en funcionamento un transporte público entre Verín e Chaves

O deputado socialista, Juan Carlos Francisco Rivera, manifesta que “a Xunta de Galicia non cre en absoluto no proxecto de Eurocidade” e inserta a visita do conselleiro de Presidencia, Alfonso Rueda, “nun acto de propaganda do Partido Popular cara ás municipais de maio”. O deputado socialista lembra que xa o propio Director Xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea da Xunta, Jesús Gamallo Aller, en comparecencia parlamentaria a instancia do grupo socialista, tiña acreditado a inviabilidade orzamentaria, xurídica e administrativa de determinados proxectos incluídos na Axenda da Eurocidade, entre eles a construción dun hospital conxunto no seo da Eurocidade, proxecto que tildou de inviable e innecesario desde calquera punto de vista. Respecto ao establecemento dunha liña de autobús entre Chaves e Verín, Francisco Rivera esixe a Rueda que explique quen vai a sufragar os máis de cen mil euros de déficit anual que vai xerar o servizo, segundo cálculos da propia da propia Dirección Xeral de Mobilidade da Xunta de Galicia.




BARRIOS Xaneiro de 2011

EN BREVE

4 O viño Terra do Gargalo, na Guía Repsol O viño Terra do Gargalo sobre Lias pertencente a Adegas Gargalo volveu un ano máis a significarse como un dos 10 mellores viños de Galicia segundo a Guía Repsol para o ano 2011, sendo ademais o único viño pertencente á Denominación de Orixe Monterrei que logrou situarse no cadro de honra da prestixiosa guía. Asimesmo, Adegas Gargalo, propiedade do deseñador Roberto Verino, vén de lanzar o novo viño Terra do Gargalo 2010 branco, que inclúe como novidade a combinación de uvas de godello, albariño e treixadura.

4 Charla do Plan Maior de Seguridade O Centro Social de Pazos acolle o 20 de xaneiro, ás 17 horas, unha nova charla informativa sobre o ‘Plan Maior de Seguridade’ dirixido ás persoas maiores, coidadoras e veciños desta localidade. Esta charla, impartida por persoal experto da Garda Civil, ten por obxectivo abordar e previr as ameazas á seguridade que sofren os maiores como colectivo vulnerable a roubos, furtos, estafas, timos ou malos tratos, así como fomentar a confianza das persoas maiores nos corpos de seguridade.

VERÍN E COMARCA

O PSdeG afirma que a Xunta Novo vehículo para Protección Civil paraliza as políticas de emprego e sociais na comarca 4 O grupo parlamentario socialista visitou Monterrei. Redacción O Grupo Parlamentario Socialista desenvolveu unha xornada de traballo na comarca de Monterrei na que os deputados Abel Losada, Ismael Rego, María Quintas, María del Carmen Acuña e Juan Carlos Francisco Rivera, se reuniron cos sectores económicos máis importantes da zona, como son o sector da auga e do viño, así como coa Asociación Empresarial de Verín, co obxectivo de recoller as inquedanzas do tecido empresarial para trasladalas ao Parlamento. O obxectivo, explicou o deputado Juan Carlos Francisco Rivera, é que a

Xunta invista nos sectores productivos propios da zona para poder reducir a taxa de paro que afecta á comarca, porque o desenvovelmento do potencial destes sectores “debe ser plasmado nos Orzamentos da Xunta, cousa que non acontece”. Tras visitar unha das plantas emblemáticas do concello, Auga de Sousas, o deputado Juan Carlos Francisco sinalou que o desenvolvemento turístico ao redor do sector da auga está paralizado, e que as emendas socialistas aos orzamentos da Xunta neste sentido, en concreto para a rehabilitación do balneario de Caldeliñas, foron bloqueadas polo PP. O deputado tamén la-

mentou a inexistencia dun plan estratéxico de desenvolvemento económico da comarca, unha das decepcións manifestadas dende a Asociación de Empresarios de Verín, a pesar dos moitos plans presentados nos dous últimos anos dende o Concello. Pola súa banda, o voceiro socialista na Cámara autonómica, Abel Losada, denunciou a paralización da inversión pública en solo industrial.

Os socialistas recolleron as inquedanzas do tecido empresarial

[+ info: 988 410 000]

organización e realización de operativos, exercicios e simulacros, no desenvolvemento dos plans territoriais e especiais de protección civil e de Plan de atención ao peregrino, e na divulgación da protección civil e a práctica de autoprotección e prevención de riscos e accidentes entre as institucións, organizacións e a cidadanía en xeral. “Este vehículo renova un parque móbil antigo, con dous vehículos de máis de 12 anos, que permitirá atender todas as emerxencias deste amplo territorio”, subliña o rexedor, “no que é moi significativo o servizo de Protección Civil e o Grupo Municipal de Intervención Rápida, cos que os verineses están moi satisfeitos pola súa celeridade e traballo”.

O director xeral de Emerxencias e Interior entrega o vehículo para Protección Civil ao alcalde de Verín. /BORYS INTERFILM

Suspendida cautelarmente a prohibición de usar megafonía

4 Axudas ao emprendemento feminino Desde Desenvolvemento Local do Concello de Verín infórmase da subvención para o apoio ao emprendemento feminino (Programa Emega). A orde de axudas apoiará a posta en marcha de iniciativas empresariais por mulleres e a mellora de proxectos empresariais liderados por mulleres, en ambos casos deben realizar un investimento mínimo de 6.000 euros. O prazo de presentación de solicitudes finaliza o 19 de febreiro.

Redacción O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva Álvarez fixo entrega ao alcalde de Verín, Juan Manuel Jiménez Morán, do novo automóbil para o servizo de Protección Civil, cedido pola Consellería de Presidencia. O custo total do vehículo todoterreo foi de 36.450 euros, cantidade achegada nun 80% pola Consellería. Ademais, os gastos de manexo, mantemento, reparacións do vehículo e equipos de emerxencia; así como a dotación de persoal necesario correrá a cargo do Concello de Verín, que tamén colaborará coa Xunta de Galicia con competencia en materia de protección civil na

Redacción Os deputados socialistas María Quintas, Abel Losada e Carmen Acuña, na visita ás instalacións de Auga de Sousas. /PSdG.

O Xulgado do Contencioso Administrativo nº 1 de Ourense vén de suspender cautelarmente pola vía de urxencia o decreto da alcaldía de Verín que prohibía ao sindicato CIG o uso de megafonía para difundir a convocatoria de folga xeral do 27 de xaneiro. O alcalde de Verín asinara un decreto polo que lle negaba ao sindicato a posiblidade de utilizar a megafonía polas rúas da localidade, en base á prohibición do seu uso na “Ordenanza municipal de civismo, uso e limpeza da

vía pública e protección da paisaxe urbanística” O órgano xudicial convocou ás partes a unha vista o 20 de xaneiro para decidir se levanta, mantén ou modifica a medida cautelar. Reunión con empresarios e comerciantes Para dar a coñecer as razóns desta folga, o sindicato nacionalista convoca aos autónomos, pequenos empresarios e e comerciantes de Verín e Xinzo a dúas reunións, que se celebrarán o día 24 ás 20 horas na Casa da Cultura de Xinzo e o día 25, á mesma hora, na Casa da Cultura de Verín. O propio día da folga, piquetes informativos visitarán os centros de traballo e comercios destas dúas vilas para informar dos motivos do paro.


VERÍN E COMARCA

BARRIOS Xaneiro de 2011



Publiinformación

Consigue lo que hasta ahora te parecía un imposible

Doscientos alumnos/as han confiado ya en Academia Mar Sequeiros.

Os Reis Magos visitaron a Residencia de Anciáns Santa María./CdV.

Entrega dos alimentos no marco da campaña “Comparte sorrisos e ilusións”

O alcalde de Verín, Juan Manuel Jiménez Morán, e a concelleira de Chaves, Maria de Lurdes Campos, acompañados dos Reis Magos, visitaron a Residencia de Anciáns Santa María de Verín para entregar alimentos non perecedoiros ás persoas maiores que residen no mesmo. Esta iniciativa forma parte da campaña ‘Comparte sorrisos e ilusións’ organizada pola Eurocidade Chaves-Verín, ambos municipios e as asociacións de empresarios AEVER e Pro-Centro para concienciar aos verinenses e flavienses da importancia de axudar aos que menos teñen. Nas datas de Nadal recolléronse xoguetes e alimentos non perecedoiros destinados aos menores do Patronato de São José e a Escola de Artes e Ofícios de Chaves e ás persoas maiores da residencia de Verín.

Apenas recuerdo mi época de estudiante. Hace mucho tiempo que aparqué los libros. Me puse a trabajar muy joven, y hoy, han decidido prescindir de mi puesto de trabajo. Ana está preparando la Selectividad porque quiere estudiar Turismo. Jorge se examina en abril de la Prueba de Acceso a Ciclo Superior; su ilusión es ser informático. Belén nunca pudo terminar la E.S.O., hoy prepara el Ciclo Medio para ser cuidadora. Julián decidió opositar. Abuelo Guardia Civil, padre Guardia Civil y ahora él apuesta por lo mismo. Isabel, recién diplomada en Magisterio, lucha por una plaza fija, impar-

Una de las aulas de Academia Mar Sequeiros. tiendo clases de Primaria en un colegio. A Teresa se le han cerrado muchas puertas por no dominar Inglés. Hoy habla, escribe y lee ese idioma con soltura. ¿Y tú? ¿Cuál es tu historia? ¿Cuáles son tus objeti-

vos? Doscientos alumnos/as han confiado en nosotros. En Academia Mar Sequeiros podemos asesorarte y ayudarte a conseguir lo que hasta ahora te parecía un imposible. ¡Te esperamos! [+ info en 988 254 786]




BARRIOS Xaneiro de 2011

XINZO E COMARCA

Pérez Bouza insta ao Ministerio do Interior a pór en servizo o novo cuartel de Xinzo

4 As instalacións levan meses rematadas. Redacción O senador do BNG, Xosé Manuel Pérez Bouza, rexistrou unha iniciativa parlamentar para demandar ao Ministerio do Interior que, canto antes, proceda á apertura do novo cuartel da Garda Civil en Xinzo. O senador do BNG pón de manifesto que as novas instalacións foron rematadas hai meses, “máis o edificio continúa pechado a cal e canto”.

Pérez Bouza insta ao Ministerio a pór en servizo xa o novo cuartel posto que esta situación está a prexudicar aos axentes da Garda Civil de Xinzo que “deben continuar a traballar nun local que non reúne as condicións necesarias e que se atopa nun estado lamentábel”. O senador nacionalista sinala que Xinzo leva moitos anos agardando poder dispór dun novo cuartel pero a pesar de que as obras están

Obras de humanización na praza de Santa Mariña en Xinzo, que tamén se realizan mediante convenio entre o Concello e Medio Ambiente dentro do Plan Hurbe./P.L. O cuartel da Garda Civil na rúa Ladeira de Xinzo, rematado, hai uns meses./ARQUIVO. rematadas, o novo edificio segue pechado. Pede ao Ministerio que resolva os trámites pendentes a fin de que as novas instalacións poidan estar en servizo neste ano.

Na súa iniciativa parlamentar tamén alude a outros novos cuarteis en Galicia que tamén están na mesma situación. Rematados pero pendentes da súa inauguración.

4 Pechará cinco en toda a pro-

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas vén de adxudicar as obras de clausura dos vertedoiros da Gudiña, A Mezquita, Vilariño de Conso, Vilar de Barrio e Sarreaus por máis dun millón de euros. En Vilar de Barrios o vertedoiro localízase no Tombo, e en Sarreaus no lugar dos Tesos. A altitude das

parcelas de ambos vertedoiros rondan os 620 metros. O orzamento de adxudicación da súa clausura é de 98.475 euros. No vertedoiro do Tombo a maioría dos residuos son plásticos e materiais inertes como os ladrillos ou uralitas procedentes de demolicións e construción. Tamén aparecen residuos voluminosos como lavadoras ou neveiras. Nos Tesos non se aprecian unha gran can-

4 Financiadas entre a Xunta e o Concello de Xinzo. Redacción

A Xunta clausurará os vertedoiros incontrolados de Vilar de Barrio e Sarreaus Redacción

Inícianse as obras de renovación da rúa Marcelo Macías

O delegado Territorial da Xunta en Ourense, Rogelio Martínez, acompañado polo xefe territorial da Consellería de Medio Ambiente, César Losada e polo alcalde da Gudiña, Guillermo Lago, achegouse ata o vertedoiro incontrolado desta localidade, un dos cinco da provincia que será clausurado. /M.R.C. tidade de residuos debido á abundante vexetación da parcela, excepto voluminosos e rodas. Os traballos nos dous vertedoiros centraranse no movemento de terras e xestión

de residuos asimilables a urbanos, voluminosos e perigosos, instalaranse mecanismos de drenaxe de augas e realizaranse traballos de recuperación paisaxística.

Veñen de iniciarse as obras de urbanización da rúa Marcelo Macías de Xinzo de Limia. Esta actuación execútase en virtude dun acordo de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente, que realiza unha achega de 247.000 euros, e o municipio ourensán, dentro do Plan Hurbe. A obra deberá estar finalizada no mes de marzo. O obxectivo doproxecto é executar obras de urbanización na rúa Marcelo Macías, ubicada entre rúa Formigueiro e Sarxento Rodríguez, un vial cun importante fluxo de vehículos e no que se sitúa un centro educativo con 700 escolares. O viario presenta beirarrúas moi estreitas, con anchos inferiores a un metro, en malas condicións e

cunha iluminación deficiente. Pola súa banda, as canalizacións de abastecemento e saneamento precisan unha mellora para adecualas ao crecemento que sufriu esa zona, ocasionando problemas de funcionalidade dos servizos urbanísticos, en especial na rede de saneamento. Para solucionar estes problemas, renovaranse as acometidas domiciliarias de auga e saneamento afectadas polo cambio de tubaxes. Así mesmo, prevese realizar o tendido das tubaxes en redes separtivas para o saneamento; e a distribución de auga potable para cada beirarrúa. Colocaranse sumidoiros para pluviais na calzada e dotarase de bocas de rega que satisfagan as necesidades da zona. O Concello de Xinzo asumirá, unha vez realizadas as obras, a conservación da vía.

A obra renovación de Marcelo Macías ten un prazo de execución de tres meses


XINZO E COMARCA

BARRIOS Xaneiro de 2011



pleno en Xinzo

Xinzo pedirá á Xunta que constrúa unha nova residencia de maiores pública

4 O colexio Sergio Mascareñas levará o nome de Carlos Casares, segundo acordou a corporación municipal por unanimidade. Paula Lodeiro Sesión plenaria intensa a que celebraron neste mes de xaneiro en Xinzo de Limia. Aínda que apenas había dous puntos na orde do día, os temas abordados no apartado de mocións, rogos e preguntas alongaron o debate durante unha hora e media. A unanimidade só se logrou en dous puntos: no que se refería ao cambio de nome do colexio Sergio Mascareñas, que pasará a denominarse Carlos Casares, e na moción de urxencia presentada polo BNG para instar á Xunta de Galicia a que constrúa unha residencia pública da terceira idade na vila. Todos os grupos coincidiron na necesidade de ofrecer máis prazas residenciais para os maiores en Xinzo. Na mesma sesión plenaria o grupo de goberno do PP deu aprobación a un recoñecemento extraxudicial de créditos para pagar facturas á empresa Ferrallería Antela; BNG e non adscritos abstivéronse e o PSdeG votou en contra. Mocións rexeitadas A oposición aínda tivo tempo para presentar outras tres mocións de urxencia, aínda que sen moita sorte. Dúas delas nin sequera se debatiron, ao rexeitar a urxencia o PP: a do BNG para instar á Xunta a que derogara o decreto da ZEPA e a dos socialistas sobre as ofertas de emprego no Concello de Xinzo. A terceira, tamén socialista, abordaba propostas de fomento do emprego, como a execución das partidas destinadas a ampliar o polígono industrial ou o asesoramento aos emprendedores desde a administración local. Contou co apoio do BNG e do

Xan Jardón, alcalde de Vilar de Santos./ARQUIVO.

Vilar de Santos elabora o III Plan de Igualdade de Oportunidades Redacción

A corporación municipal de Xinzo no pleno do mes de xaneiro./PAULA LODEIRO. edil non adscrito Alfonso Patricio Nóvoa, non así co do grupo de goberno do PP, que rexeitou a moción. O alcalde, Antonio Pérez, argumentou que ten realizado xestións coa Xunta para tratar a ampliación do polígono e con varias empresas “para que veñan a instalarse”, e que ademais no Concello “xa hai un espazo emprendedor e funciona bastante ben”. Rogos e preguntas Logo de que o independente Manuel Cabas abandonara o pleno por sentirse indisposto, chegou o turno para os rogos e preguntas. Máis de 40 preguntas lle formularon os voceiros nacionalista e socialista ao rexedor limián sobre diversos aspectos da política local. Amador Díaz Penín quixo saber, entre outros asuntos, para cando están previstos a reordenación de tráfico na vila e a aprobación dos orzamentos, se se realizaran xestións para a apertura do cuartel da Garda Civil, e se executarán as beirarrúas en Laroá. Elvira Lama, pola súa banda, interesouse polas obras na Alameda do Toural, as dos vestiarios das piscinas exteriores e as da futura canceira na Lomba.

BNG e PSdeG presentan este xoves día 20 no Rexistro do Concello a solicitude dun pleno extraordinario para analizar a situación do persoal

Estado da avenida de Ourense en Xinzo de Limia. /BNG.

4 O estado das obras na avenida de Ourense quenta o debate A siuación das obras na avenida de Ourense, que o BNG denunciara nas pasadas semanas, avivou o debate entre goberno e oposición na sesión plenaria de xaneiro. O voceiro nacionalista tachara de “deplorabale, desleixado e barrento” o estado desta zona urbana, “sen beirarrúas, sen infraestruturas básicas, sen drenaxe, sen ningún tipo de mobiliario urbano”, O alcalde explicou que as obras de renovación desta avenida de entrada á vila teñen un orzamento total de 666.559 euros,

dos cales unha metade é asumida polo Concello (con cargo nun 90% ás contribucións especiais dos veciños) e a outra polo Ministerio de Fomento. Segundo Antonio Pérez, o Concello xa ten certificadas obras por importe de 273.000 euros, restando só por certificar 33.000 euros “porque hai unha paralización do expediente por parte do xulgado”. O anterior alcalde, Isaac Vila, solicitou intervir para aclarar que a orixe desta obra foi froito “dunha negociación cos veciños, que a pediron”, e que asumiron

o 90% do seu custo. Vila recoñeceu que o tema foi “posiblemente mal defendido polo Concello” e que ao non asinar un convenio cos veciños senón aprobar unhas contribucións especiais “a Xustiza interpreta que é unha imposición do Concello”. En canto á obra correspondente a Fomento (completar beirarrúas, iluminación, mobiliario e pavimentación), o rexedor limián informou que ten o compromiso desta administración de executar en breve a súa parte, na marxe esquerda da avenida.

O Concello de Vilar de Santos vén de aprobar o III Plan de Igualdade de Oportunidades entre mulleres e homes, para o que conta coa colaboración da Secretaria Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia. O III Plan de Igualdade, vixente ata 2014, abarca cinco liñas de actuación, sobre as cales se incidirá realizando todo tipo de accións e actividades: educación e cultura; emprego e formación continuada; benestar social e conciliación da vida laboral, familiar e persoal; violencia de xénero; e participación cidadá. Con este conxunto de medidas, “prétendese eliminar as desigualdades entre mulleres e homes tanto no ámbito económico, coma no social ou cultural e incidir nunha mellora da calidade de vida de todos os veciños e veciñas, facendo fincapé no papel da muller na sociedade, procurando facer conciencia das necesidades existentes e realizando un achegamento á sociedade na que vivimos e os recursos existentes nela”, explican desde o Concello de Vilar de Santos. Esta actuación enmárcase no Plan de Igualdade e Benestar que elaborou o goberno local, que dirixe o nacionalista Xan Jardón, e que se vén aplicando nos últimos anos. Con este Plan Vilar de Santos pretende modernizar os servizos públicos municipais, coa adopción de medidas de promoción da igualdade e de dinamización social.




BARRIOS Xaneiro de 2011

PUBLICIDADE


PUBLICIDADE

BARRIOS Xaneiro de 2011




10

BARRIOS Xaneiro de 2011

OURENSE PROVINCIA

Do 2 ao 6 de febreiro, en Expourense

EN BREVE

Cociña para nenos, maiores e ‘singles’, novidades en Xantar

4 A Xunta amplía as liñas de TES+BUS

4 Francia será o país convidado, representado pola cidade de Quimper. Redacción

dada con Ourense.

Clases temáticas dirixidas a colectivos concretos como nenos, ‘singles’ (persoas que viven soas) ou maiores serán unha das novidades de Xantar, Salón Galego de Gastronomía e Turismo, que se celebrará en Expourense entre o 2 e o 6 de febreiro. As clases estarán incluidas no programa de obradoiros gastronómicos que coordinará o Centro de Formación da Federación Provincial de Empresarios de Hostalería. A 12ª edición de Xantar terá como país invitado a Francia, a través da presenza en feira dunha representación de Quimper, cidade da Bretaña francesa irman-

19 restaurantes Elemento central de Xantar son os restaurantes presentes na feira, este ano 19, procedentes das catro provincias galegas, Asturias, Extremadura, Andalucía, de varias rexións portuguesas e do país invitado, Francia. Os prezos dos menús oscilarán entre os 12 e os 32 euros. O amplo programa de actividades previsto para esta feira inclúe diariamente varios clases prácticas de elaboración e degustación de produtos e obradoiros de cociña. De xeito paralelo a Xantar celebrarase o VI Encontro Ibérico sobre Dieta e Saúde. A feira tamén acollerá o

As consellerías de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas e de Educación e Ordenación Universitaria veñen de pór en funcionamento 72 novas rutas de TES + BUS. No caso de Ourense, incorpóranse a esta iniciativa, entre outros os concellos de Castrelo do Val, A Gudiña, Rairiz de Veiga, Riós e Vilar de Barrio. Nesta provincia amplíanse ademais as rutas dos concellos de Oímbra, Verín e Xinzo de Limia, que xa estaban no programa.

4 Axudas a programas formativos O xerente de Expourense, Alejandro Rubín, o presidente da Federación de Hostalería, Ovidio Fernández Ojea e o director do Centro de Formación de Hostalería, Constantino Iglesias, no acto de sinatura do convenio de colaboración entre estas institucións./RAMSES. VII Encontro de Confrarías Gastronómicas e Enófilas

de España e Portugal.

[+info en www.xantar.org]

Na feira estarán presentes 19 restaurantes de Galicia, Asturias, Extremadura, Andalucía, Portugal e Francia

O Diario Oficial de Galicia publica as bases reguladoras das axudas a entidades sen ánimo de lucro para desenvolver accións de formación laboral que contribúan a incrementar a participación

de inmigrantes e retornados no mercado do traballo en Galicia. Trátase da primeira vez que convoca este tipo de axudas cunha listaxe pechada de cursos. Así, os cursos que se subvencionarán en Xinzo son os de cociña, labores básicos en granxa porcina e repostería, e en Verín os de pasada de ferro, uso de motoserra. O prazo de presentación das solicitudes rematará o 12 de febreiro, e o de resolución fíxase en tres meses.

4 Web sobre o proxecto Arraiano A Deputación puxo en marcha unha nova web cunha completa información do proxecto Arraiano, co fin de informar das actuacións levadas a cabo ata o momento. O proxecto Arraiano, cofinanciado ao 70% polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e supón un investimento de 4,2 millóns de euros no período 20082011 para as comarcas de A Limia e Monterrei.


especial OURENSE EN FITUR

BARRIOS Xaneiro de 2011

11

“Explora Ourense, vive o teu interior”, lema da campaña de 2011 do Padroado Provincial de Turismo A oferta turística da provincia está presente estes días na feira FITUR de Madrid, tanto no stand propio do Padroado Provincial de Turismo como no stand de Turgalicia. A oferta turística de Ourense volve estar presente na Feira Internacional de Turismo FITUR, que se celebra ata o 23 de xaneiro en Madrid. O Padroado Provincial de Turismo presenta novamente stand propio e está tamén representado no stand de Turgalicia, dentro da área de turismo interior de Galicia. O stand do Padroado é unha recreación en cartónpedra da estación de ferrocarril de Baños de Molgas, recuperada grazas ao “Proxecto Estacións” como sede da Fundación Moncho Borrajo. Durante os cinco días de feira, acollerá actividades etnográficas permanentes como un afiador e un castañeiro asando castañas nunha máquina de tren, así como unha mostra de produtos ourensáns con denominación xeográfica protexida e sorteos diarios entre os visitantes de estancias e paquetes en oito hoteis e casas de turismo rural da provincia de Ourense. Na xornada de apertura da Feira Internacional de Turismo, o stand recibiu a visita dos 35 alumnos pertencentes ao Postgrao de Turismo da Facultade de Empresariais e Turismo de Ourense.

Campaña 2011 O xoves 20 de xaneiro, Día de Ourense en FITUR, ten lugar a presentación da campaña de promoción turística de Ourense do Padroado Provincial de Turismo. Baixo a denominación xenérica de “Ourense con outra mirada”, marca lanzada en 2003 para vender o potencial turístico de Ourense, este ano o eslogan-guía será “Explora Ourense, vive o teu interior”, que sigue incidindo en ofrecerlle sensacións, experiencias, vivencias ou historias ao visitante. No acto intervirá o presidente do Padroado, José Manuel Freire Couto, que repasará as liñas estratéxicas e actividades de promoción previstas para este ano. Ademais, o director de Relacións Institucionais da editorial Everest, Juan Manuel Rodríguez. Esta editorial é a responsable dunha nova ferramenta que permitirá ofrecer a guía turística da provincia de Ourense a través do teléfono móbil. Estará presente tamén Moncho Borrajo, cuxa Fundación na estación de Baños de Molgas abrirá as súas portas no primeiro tri-

Presentación da campaña turística do Padroado Provincial de Turismo na anterior edición de FITUR. mestre deste ano. Pola súa banda, o presidente da Deputación, José Luis Baltar, reflexionará sobre o sector turístico en Ourense, e pechará o acto Roberto Varela, conselleiro de Cultura e Turismo da Xunta, consellería que colabora na campaña de desestacionalización, o “Proxecto Estacións” e a ferramenta web móbil.

O conselleiro de Cultura da Xunta, o presidente do Padroado Provincial de Turismo, o presidente da Xunta de Galicia e o xerente do Inorde, diante do stand do Padroado na pasada edición de FITUR, xunto a unha representación das máscaras típicas dos Entroidos ourensáns.

Unha aposta pola desestacionalización O Padroado Provincial de Turismo, entidade que depende da Deputación de Ourense e máis do Inrode, plantéxase como obxectivo para 2011 a desestacionalización do turismo para incrementar o número de visitantes en tempada baixa. Para iso xa están no mercado desde o pasado decembro os primeiros paquetes turísticos, cunha oferta moi atractiva. Por unha banda, un paquete brinda a posibilidade de mergullarse no mundo do termalismo, e outros dous promocionan dúas rutas turístico- culturais: a Vía Nova e a Vía da Prata. Todos eles inclúen unha oferta de hoteis de catro estrelas e múltiples actividades na contorna, así como unha guía da provincia, un produto autóctono e a posibilidade de participar en sorteos de estancias. A estes paquetes seguirán no segundo semestre deste 2011, as propostas que está a crear o Padroado: un paquete polo romá-

nico ourensán, e un paquete de golf, gastronomía, aloxamento singular e viño. Porén, o organismo considera o seu proxecto-paquete estrela para 2011 o denominado “Proxecto Estacións”: un dos proxectos que achegará máis valor ás infraestruturas turísticas ourensás, xerará ao redor de 90 empregos e vertebrará a provincia, creando un corredor de lecer de 130 quilómetros percorrendo uns espazos onde o patrimonio, a natureza e a paisaxe serán os protagonistas. Trátase da recuperación de seis antigas estacións de ferrocarril da liña Ourense-Zamora, que supuxo un investimento de 6.200.000 euros, achegando a Unión Europea a través do programa Interreg transfronteirizo o 75% e cofinanciado pola Deputación Provincial e o propio Inorde, que o xestiona, nun 25%. Para o seu equipamento conta con financiación da Xunta de Galicia. Neste primeiro semestre serán espazos activos a Estación de Os Peares, xa en funcionamento, cunha aula

do tren e cafetería-biblioteca; a Estación de Sta. Cruz de Arrabaldo que acollerá a Escola de Danzas da Deputación Provincial, o Museo do liño e o Museo do traxe rexional de Galicia; a Estación de Baños de Molgas: que acollerá a Fundación Moncho Borrajo; a Estación de Vilar de Barrio, que se converterá en sede da Asociación Europea do Ferrocarril; a Estación de Campobecerros, que se converterá en base para a prevención de incendios do Parque Natural do Invernadeiro e Macizo Central, así como aula de interpretación e albergue de peregrinos. Por último, a Estación da Mezquita, que acollerá a base do Plan de Competitividade “Portas de Galicia”. Por outra banda, o Padroado seguirá coas súas campañas de promoción en mercados de proximidade e en grandes eventos de carácter nacional con repercusión internacional e incrementará a súa aposta polas novas tecnoloxías.


12

BARRIOS Xaneiro de 2011

OCIO E CULTURA

4AS IMAXES DO MES

EN BREVE

4 Exposición de carteis en Xinzo Como actividade previa ao Entroido, que dá inicio o 13 de febreiro co Domingo Fareleiro, a Casa de Cultura de Xinzo acolle unha mostra das obras participantes no Concurso de Carteis de Entroido 2011. Ademais, o Concello de Xinzo puxo en marcha oa primeira edición do concurso do “Sermón da Sardiña”, cun premio de 200 euros ao gañador. O prazo para enviar propostas remata o 25 de febreiro. O sermón deberá ter un contido “satírico, irónico, sarcástico, intelixente e humorístico, tanto nos temas a desenvolver como na lectura ou exposición pública do mesmo” e o gañador deberá lelo ou delegar noutra persoa o Mércores de Cinza, despois da procesión da Sardiña. De xeito paralelo, convoca a 29ª edición do Festival da Canción Humorística, cuxo prazo de inscrición está aberto ata o día 18. Haberá premios de 200, 100 e 50 euros ás tres mellores cancións, así como unha gratificación de 20 euros aos grupos participantes. As bases de ambos concursos pódense consultar na páxina web municipal, na Casa da Cultura ou nas oficinas do Concello. Doutra parte, un grupo de pantallas acudirá á feira Xantar de Ourense o 5 de febreiro, e prosigue ata o 10

de febreiro o obradoiro de elaboración de pantallas no Museo Galego do Entroido.

4 Dúas mostras na Casa do Escudo A Casa do Escudo acolle ata o 29 de xaneiro as exposicións ‘Misturas’ e ‘Bolboretas, avelaiñas e outros insectos do Val de Monterrei’ de Carmen Burgos, profesora no instituto Xesús Taboada Chivite. A primeira delas, que leva o nome de ‘Misturas’ de Karma Gösbur -o seudónimo da autora- recolle unha trintena de obras en pintura, escultura e cerámica que amosan unha retrospectiva da labor artística desta autora, na súa primeira mostra en solitario. Mentres que a segunda está conformada por dous centos de bolboretas diúrnas, avelaíñas e insectos recollidas na comarca de Monterrei. Neste caso trátase dunha exposición privada de entomoloxía da artista na que tamén se inclúen cadros de flores secas

4 Exposición ‘Elemental Querida Salander’ A Biblioteca Pública Municipal de Verín, organiza a exposición: ‘Elemental Querida Salander’. ‘A novela negra sueca dende Maj Sjöwall e Per Walhöö a Stieg Larsson e Henning Mankell’, ata o 31 de xaneiro.

A mostra está conformada por distintos plotters coas portadas das obras máis significativas, biografías dos autores máis puxantes, información xenérica de Suecia e un percorrido polos lugares onde se desenvolven todas as tramas. A exposición conta con material diverso, cedido pola Embaixada de Suecia. Así mesmo, tamén colaboraron as editoriais que editan estas obras no noso país, o escritor Martínez Lainez, cun artigo do porqué do éxito en España, ou a propia escritora sueca Camilla Lackberg que respondeu en total primicia a unha serie de preguntas realizadas por persoal da instalación municipal.

4AXENDA 4Música - 22 de xaneiro - Show de baile oriental - 19 h. - Casda da Cultura de Verín - 29 de xaneiro - Concerto -recitado pola paz - 19 h. - Casa da Cultura de Verín 4 Cinema Cine Club Nosferatu 22.45 h. - Casa da Cultura de Verín: - 20 de xaneiro: “La isal del Sol” de Robert Rossen - 27 de xaneiro: “El diablo sobre ruedas” de Steven Spielberg - 3 de xaneiro: “Toni” de Jean Renoir - 10 de xaneiro: “Ninotchka” de Ernst Lubich

O homenaxeado, entre o concelleiro de Festexos e o alcalde de Verín./CdV.

O Concello de Verín conmemora o centenario de Manuel Santamarina González

O alcalde de Verín, Juan Manuel Jiménez Morán, e o concelleiro de Festexos, Mocidade e Deportes, Víctor Manuel Baladrón Lamas, acudiron á localidade de Tintores para entregarlle unha placa conmemorativa a Manuel Santamarina González, con motivo do seu 100º aniversario. Este veciño de Tintores cumpliu 100 anos o pasado 1 de xaneiro, e con el xa son sete os verineses empadroados que superan esta idade: María Taboada Peña (109 anos), Josefa Rodríguez Arias (106 anos), Josefa Vega Obes e Amalia García Rodriguez (102 anos), Luisa Ernestina Álvarez Rivera e Adosindo Jesús (101 anos) e Manuel Santamarina González (100 anos).

www.barriosxinzoverin.com

Actividade con nenos de Preescolar na Casa na biblioteca de Verín./BdV

Actividades na Biblioteca Municipal de Verín

Un grupo de veciños de Verín que non quixo perderse a celebración do San Antón.

Celebración do San Antón en Ábedes

A pesar dunha incesante choiva, centos de fieis congregáronse este luns 17 de xaneiro en Ábedes, Verín, para celebrar a festividade de San Antón. Logo dunha misa na capela, seguida da procesión coa figura do santo, moitos dos romeiros desafiaron o mal tempo e xantaron en pleno monte, nun menú no que non faltaron os chourizos asados. Tradicionalmente o San Antón fixa a primeira saída dos cigarróns para anunciar o Entroido en Verín, a saída quedou aprazada xa que a choiva estropearía os seus traxes.

A Fundación Preescolar na Casa e a Biblioteca de Verín realizarán actividades conxuntas de promoción da lectura entre os pequenos de 1 a 3 anos. As actividades realizaranse ata o 23 maio un día por semana, en horario de mañá, cun total de 15 nenos e nenas que estarán acompañados polos seus proxenitores. Doutra parte, a Biblioteca de Verín promove a iniciativa ‘Trasnos na Biblioteca’, enmarcada dentro da programación de actividades destinadas ao fomento da lectura e dinamización desta instalación. Será o venres 21 de xaneiro, de 18 a 19.30 horas. Contacontos e manualidades coa temática dos trasnos serán algunhas das actuacións realizadas para esta actividade, destinada a 20 menores, con idades comprendidas entre os 3 e 9 anos, que sexan socios da Biblioteca. [Inscricións no 988 414 776]


DEPORTES

BARRIOS Xaneiro de 2011

13

En marzo, 3º Torneo de Fútbol Sala Interparroquial da Eurocidade

4 A competición estenderase ata xuño. Redacción Un ano máis a Eurocidade Chaves-Verín convoca a terceira edición do “Torneo de Fútbol Sala Interparroquial Eurocidade ChavesVerín” que tivo gran éxito as pasadas campañas. O torneo está dirixido a todas as parroquias de ambos municipios, que queiran participar cun único equipo. Os encontros serán nos polideportivos dos dous concellos, ata a seguinte fase de grupos, oitavos e cuartos de final, que se xogarán no Pavillón Municipal de Chaves ou no de Verín. A final, que está previsto que sexa o 5 de xuño, xogarase no pavillón de Chaves e estará enmarcada dentro da 8ª

Semana do Deporte Flaviense. Os equipos de Chaves e Verín, interesados en participar na competición, deberán inscribirse ata o vindeiro 18 de febreiro no Centro Cultural de Chaves ou no Gabinete de Apoio Técnico da Eurocidade situado na casa consistorial de Verín (de 9 a 14 horas). Este torneo ten como obxectivos principais ocupar o tempo libre dos eurocidadáns de forma saudable, promover o intercambio e a convivencia deportiva entre as diferentes parroquias dos municipios de Verín e Chaves, e dinamizar as instalacións deportivas existentes.

O club limián ao completo.

Posta de longo da AB Xinzo

4 Presentáronse todas as categorías do club para esta tempada. R.T. O baloncesto limián estivo de festa. O domingo 9 de xaneiro celebrouse a gala-presentación, da tempada 2010/2011, de todos os equipos do clube Asociación Baloncesto Xinzo. No acto estivo representado o Concello de

Xinzo de Limia mediante o seu alcalde, a concelleira de Deportes, e distintos concelleiros dos partidos con representación municipal, ademais de máis de 300 seareiros que non perderon vista do espectáculo visto no pavillón de deportes limiao. O espectáculo, ao máis puro estilo NBA, estivo amenizado por DJ

Marra, e pasaron os 120 xogadores polo parquet da cancha. Xunto coa música, luces, fume, fotos, premios, agasallos, sorpresas, bágoas e merenda houbo tamén agasallos para os mellores estudantes, discurso emotivo da directiva, sorteos entre os socios, un recordo a todo o baloncesto limián desde

a súa creación aló polos principios dos 80 do século pasado, fotos oficiais, agradecementos ás institucións (Concello, Deputación e Xunta), ás empresas colaboradoras, a Manuel Pérez Campos polo patrocinio do clube con “Eidoempresa asesores” e aos adestradores polo gran traballo que están a realizar. En definitiva, unha gran festa do deporte limián, e máis concretamente do baloncesto, que cada ano está a crecer tanto en número de xogadores como de afeccionados.


14

BARRIOS Xaneiro de 2011

ARTIGOS/ CLASIFICADOS

4EN FORMA

4EMPREGO

Coida e corrixe a túa columna vertebral Unha das molestias máis comúns na poboación adulta é a dor de costas, poden ser moitas as causas do mesmo e sempre deben ser diagnosticadas por un especialista, pero desde SAUDETER tentamos pór o noso gran e area para previr estas incómodas alteracións, a través da promoción e desenvolvemento da campaña “Coida e corrixe a túa columna vertebral” . Estamos deseñados para movernos O ser humano é unha estrutura que está deseñada para a actividade e o movemento, habilidades básicas de carácter xeral e innato como as de tipo locomotriz (andar, correr, saltar, gatear ou rubir) e outras de tipo non locomotrices e manipulativas (lanzar ou recibir obxectos, levantar, virar, balancear) son inherentes ao se humano desde as súas orixes pero a revolución industrial e posteriormente a revolución tecnolóxica fixéronnos cada vez menos activos, máis sedentarios e iso provoca que o noso corpo, a longo prazo, sufra por non estar en actividade e non pór en práctica esas habilidades básicas innatas. Causas da dor de costas As costas con todo o seu armazón de estruturas (vértebras, ligamentos, discos intervertebrales, musculatura) é o elemento do noso corpo que máis sofre tanto pola inactividade e a consecuente perda de ton muscular como polas posturas inadecuadas tanto á hora de realizar exercicio físico, como nos esforzos da vida cotiá como a forma de agacharse, de levantar pesos,

etc. Os problemas máis comúns das costas como as contratucturas debidas sobre todo á mala execución dos movementos ou insuficiente relaxación, deformidades ou alteracións na aliñación da columna (escoliosis, hipercifosis, hiperlordosis.), asimetrías ou desnivele das escápulas ou da pelvis, a sensación de hormigueo, a falta de sensibilidade das pernas ou os brazos, a perda de forza en brazos e/ou pernas, as posturas viciosas antiálgicas para evitar a dor; adoitan ter como síntoma principal a dor que pode ser constante ou non, aparecer en repouso ou co exercicio, ser de intensidade moderada ou severa e limitarse só ás costas ou irradiarse ás pernas. É necesario realizar unha análise tanto das súas características como da forma en que aparece esa dor, a súa localización, a súa intensidade e estudar as situacións que o intensifican ou diminúen para así obter información que nos axudará a determinar as súas causas e consecuentemente actuar e intervir para corrixilas Como previla Cunhas nocións básicas de hixiene postural pódese incidir de forma moi efectiva na prevención de moitos problemas de columna verteral. Co exercicio físico adecuado de fortalecementos muscular tamén se poden combater losdolores de costas. As técnicas que se utilizan na práctica do pilates son moi afectivas neste sentido, xa que a súa orixe provén do a rehabilitación de lesións co que a maioría dos seus exercicios

están orientados á mellora e recuperación funcional, incidindo nas correccións posturales, o control da musculatura abdominal e na mecánica da respiración. Outro método que traballamos para conseguir estes obxectivos é a práctica de abdominais hipopresivos que requiren da aprendizaxe da súa técnica específica pero que proporcionarán grandes beneficios a nivel de control postural. Todo iso axudará de forma efectiva a previr e/ou aliviar as dores de costas, sempre que se apliquen os procedementos e exercicios adecuados ás características persoais de cada individuo. Pero, ademais deste traballo dirixido por especialistas podemos, desde aquí, mencionar algúns consellos básicos de aplicación práctica na vida cotiá e desta forma colaborar na prevención das dores de costas como manter unha vida activa realzando algún tipo de exercicio e quentando os músculos adecuadamente, evitar estar todo o día sentados, no caso de que isto non fose posible adoptar unha postura correcta sobre a cadeira coas costas rectas, a cadeira á altura adecuada, a pantalla do computador á altura dos ollos e procurando levantarse polo menos cada 45 minutos. E en caso de producirse dor de costas o primeiro é consultar co médico para determinar as súas causas. José Manuel Paredes González, licenciado en Educación Física SAUDETER

4CLASIFICADOS

[Chame a Teleemprego Cimo - 902 11 60 39, de luns a venres de 8 a 14 horas. Máis información: www.cimoemprego.com] Oferta Nº 977507 Localidade: Ourense Posto ofertado: Esteticista: Necesítase persoal con titulación de Ciclo Medio ou Superior de Estética para realizar tratamentos de beleza, masaxes, manicuras e pedicuras. Imprescindible experiencia dun ano no posto e coñecementos no manexo de equipos de IPL, cavitación e presoterapia. Ofrecen contratación inicial a media xornada, ampliando a partir do mes de marzo a xornada completa. Oferta Nº 977539 Localidade: Ourense Posto ofertado: Docente curso “Operario/a de pontegrúa”: Para impartir varios cursos teórico-prácticos de operario/a de manexo de ponte-grúa. Necesaria experiencia acreditada como operador/a de ponte grúa e permiso de conducir B. Ofrecen traballo a tempo parcial. Entre 20 e 50 anos. Oferta Nº 977562 Localidade: Ourense Posto ofertado: Camareiro/a: ecesítase persoal para servizo de mesas e barra nunha cafetaría dos arredores da cidade. Imprescindible experiencia no posto de mínimo tres meses. Necesario permiso de conducir e vehículo propio. Ofrécese traballo en horario de 15:00 a 23:00. Idade entre 18 e 35 anos. Oferta Nº 977557 Localidade: San Cibrao das Viñas Posto ofertado: Administrativo/a - Contable: Mensaxería precisa persoal con experiencia demostrable, de polo menos cinco anos, en tarefas de contabilidade, administración, facturación e xestión de cobros. Necesaria formación mínima a nivel Ciclo Superior na rama de Administración. Ofrecen traballo a xornada completa de luns a sábado. Ata 35 anos. Oferta Nº 977556 Localidade: Ourense Posto ofertado: Axente comercial (Sector: Formación): Empresa selecciona persoal para ofertar servizos de: formación subvencionada e para a administración pública, servizos privados para empresas e asesorías (implantacións de Lei de Protección de Datos, análise de perigos e puntos críticos, etc). Ofrecen

traballo a xornada completa en horario de 10:00 a 18:00 horas e formación inicial por parte da empresa. Imprescindible dispoñibilidade para desprazarse pola provincia de Ourense. De 18 a 45 anos. Oferta Nº 977552 Localidade: Ourense Posto ofertado: Camareiro/a: Para encargarse da atención de clientes en barra e terraza, preparación de pinchos e limpeza nunha cafetaría situada na zona da Residencia. Valoran experiencia previa no posto. Ofrecen traballo a media xornada, polas tardes. Ata 30 anos. Oferta Nº 977545 Localidade: Ourense Posto ofertado: Profesor/a de inglés: Impartirá clases de inglés a nenos e adultos nunha academia. Necesaria formación a nivel da Licenciatura en Filoloxía Inglesa ou ser nativo/a. Horario a convir. Incorporación inmediata. Oferta Nº 977544 Localidade: Ourense Posto ofertado: Delineante -Deseñador/a de interiores: Empresa dedicada á construción de chemineas necesita incorporar persoal con formación na rama da delineación e con coñecementos avanzados dos programas Autocad e Photoshop. Encargásese da atención e asesoramento de clientes en tenda, así como realizar despezamentos, interpretar medicións, realizar deseños de chemineas, etc. Ofrecen traballo en horario comercial dende o luns pola tarde a sábado pola mañá. Oferta Nº 977541 Localidade: Ourense Posto ofertado: Técnico/ a contable: Necesítase persoal para realizar as tarefas de contabilidade dunha empresa. Imprescindible experiencia no posto de mínimo tres anos. Necesarios coñecementos de informática a nivel usuario. Ofrécese traballo a xornada completa en horario de 09:00 a 14:00 e de 16:30 a 19:30. Ata 35 anos. Oferta Nº 977481 Localidade: Sarreaus Posto ofertado: Camareiro/a: Necesítase camareiro/a para atención de barra e mesas nun restaurante. Imprescindible experiencia mínima no posto de tres anos. Necesario permiso de conducir e vehículo propio.

[Deixe os seus anuncios no 988 239 634 ou en info@ourenseporbarrios. com. Gratuítos para particulares; negocios, consultar tarifas. Os anuncios mantéñense durante dous meses; no caso de que queira repetilos despois dese prazo ou retiralos antes, volva chamarnos]

VENDAS Vendo somier de láminas con rodas, de 190x150 cm. Totalmente novo. Bo prezo. Tel: 647 540 133 Vendo 2 mesillas de noite de caixóns en branco. Tel: 647 540 133 Vendo Quad Yamaha IZF 450 cc. Año 2005. Cor azul. Con moitos extras e caixón de recambio. 4.500 euros. Tlf: 639 187 316 Fanse traballos de ganchillo, adornos, xoieiros,servilleteiros... Tel. 676 928 045. Véndense noces. Tel. 676 928 045. Vendo Seat Ibiza Diesel 1.4 3 portas, 2008, 26.000 kms, Abs, CC, EE, mandos volante, doble airbag, radio cd mp3, libro de revisións en concesionario oficial, moi ben cuidado, perfecto de motor e chapa. Véndese por non poder seguir conducindo. Cor gris plata 6.500 euros. Antonio, tel. 988 20 20 49. Vendo olivos centenarios a 250 euros. Tel: 626 073 751 Compro Seat Panda. Tel: 626 073 751 Vendo mobles de perruquería seminovos. 2.500 euros. Tel. 988 255 963. Vendo 2 quentadores de 100l e 50 l. Tel. 988 25 59 63 Vendo Peugeot 405 GRDT, embrague e correa de distribución recén cambiados, rodas nuevas, ITV recñen pasada, etc. 1.200 euros. Tel. 680 568 378. Véndese en moi bo estado Renault 21. AA, CC, DA, gasolina, pintura metalizada. 149.469 km. Tel. 627 608 758.

PISOS Vendo piso: 2 habitacións, cociña amoblada, 42 m2, zona Covadonga, Ourense Tel: 661 953 037 Vendo piso: 3 habitacións, cuarto de baño, garaxe, trasteiro. Av. Portugal, esquina Ervedelo, Ourense. Tel: 661 953 037

4DESDE O OUTRO LADO DA RAIA

National Geographic nomea o Douro sétimo mellor destino turístico do mundo Hai uns anos atrás, a comunidade intermunicipal do Douro uniuse e definiron tarefas de apoloxia da rexión, no que concerne ao desenvolvemento rexional do Douro, ditando como prioridades, a agricultura, viño, aceite, e o turismo na súa vertente rural. O emprendemento ofreceu aos mozos o desenvolvemento de novos proxectos, realizando fortes parcerias con univer-

sidades e axentes económicos locais. Despois todo foi máis fácil, o turismo uniuse e apostou fortemente no turismo rural, que se tornou a gran referencia do Douro. Pasou a ter animación ao longo de toda a rexión, con programas específicos en cada punto do interior divididos polos días da semana. O Douro pasou a ter un equipo de guías profesionais sempre dispoñíbeis.

Creou tamén un centro de congresos para 1.200 persoas que así atrae as mellores empresas do mundo, para realizaren as súas conferencias. Así, a comunidade intermunicipal do Douro è unha referencia nacional xa copiada por outras rexións, vale a pena visitar a rexión do Douro, por isto todo e polos atractivos do río Douro cos seus barcos de cruceiro. João Damião


AXENDA / SERVIZOS

BARRIOS Xaneiro de 2011

15

Edita: Letras a la Carta S.L. CIF: B-32.323.925. Depósito Legal: OU 185-2006 e OU 186-2006. Redacción: r/ Valle Inclán 25 2º Of. 15 - 32004 Ourense. Tel: 988 239 634 - 988 549 717. Correo-e: info@ourenseporbarrios.com. Distribúe: J Publicidad. Imprime: PublicacionesTameiga. Directora: Paula Lodeiro. Director comercial: Miguel Rejo. Redacción: Paula Lodeiro, Ramsés Torres, Óscar Blanco. Fotografía: Ramsés Torres, Paula Lodeiro, Óscar Blanco. Colaboracións: Saudeter, Joao Damiao, Borys Martínez Nº50- Ano: VI - Xaneiro 2011 - Difusión: 10.000 exemplares (Ed. Xinzo de Limia:4.500, Ed. Verín: 5.500) Impreso en papel 100% reciclado. Comarca de Monterrei A opinión do periódico exprésase só no editorial, os artigos e cartas ao director expoñen posturas persoais. Este periódico non pode Concello de Verín 988 410 001 ser reproducido nin total nin parcialmente, sen autorización previa da empresa editora Letras a la Carta S.L. Se ten algún problema co Concello de Monterrei 988 418 002 reparto, pregámoslle que nolo comunique no teléfono 988 239 634.

4TELÉFONOS DE INTERESE

4HUMOR

[todas as viñetas en http://oemigrantedopazo.blogspot.com/]

4CARTAS AO DIRECTOR E FOTO DENUNCIA [Envíanos as túas cartas ou queixas por correo electrónico a info@ourenseporbarrios.com, opinion@ourenseporbarrios. com, ou por correo tradicional a r/Valle Inclán, 25, 2º, of. 15, 32004, Ourense. As cartas ao director non deben exceder de 20 liñas e deberán ser remitidas con nome e DNI, firmadas, e cun teléfono de contacto. Letras a la Carta SL. resérvase o dereito de publicación así como o de extractar os textos que estime oportuno]

4SUDOKU

Nivel medio

4 ESTACIÓN DE AUTOBUSES DE VERÍN Verín - Xinzo - Ourense Laborables: 06:15 - 08:00 08:45 - 10:30 - 13:30 - 15:00 - 17:00 - 18:45 - 22:00 - Sábados: 08:00 - 13:30 - 15:00 - 17:30 - 22:00 - Domingos e festivos: 08:00 - 15:00 - 17:30 - 18:45 - 22:00 Ourense - Xinzo - Verín Laborables: 06:30 - 07:50 - 10:30 - 12:15 - 13:30 (aut.) - 15:00 - 16:45 - 18:00 - 20:30 (aut.) - Sábados: 06:30 (aut.) - 10:30 - 13:15 (aut.) - 16:00 20:15 (aut.) - Domingos e festivos: 06:30 (aut.)- 12:00 - 13:15 (aut.)- 16:00 - 20:15 (aut.) Videferre - Verín Saídas: 09:00 - 12:30 - Regresos: 11:45 - 13:45 - 18:30 Campos - Verín Saídas: 07:45 - Regreso: 13:00 Viana - Gudiña - Verín Saída: 09:30 - Regreso: 13:00 Feces de Abaixo - Verín Saídas: 09:50 - 12:35 - 18:20 - Regreso: 12:15 - 18:00 Feiras en Medeiros S. Cristobal - Verín: Saída: 07:00 - Regreso: 12:00 - 14:30 Magdalena - Verín: Saídas: 08:00 - Regreso: 12:00 - 14:30 Verín - Videferre (feiras) Regreso: 15:30 A Madrid: Diario: 11:50 16:00 - 0:50 - Domingos: 0:20 A Andorra: Saídas martes e venres ás 16:30 h. A Suíza: Saídas martes, xoves e sábados ás 13:00 h. A Francia, Bélxica, Holanda, e- Alemaña: Saídas martes, xoves, venres e sábados ás 16:00 h. A Euskadi, Valladolid, Cataluña, consultar na estación.

4 ESTACIÓN DE AUTOBUSES DE XINZO Para resolvelo, coloca un número en cada recadro de maneira que cada fila, cada columna e cada un dos nove recadros conteñan os números do 1 ao 9 sen repetirse. Nestes dous sudokus, as dúas liñas diagonais longas (marcadas en gris) deben tamén conter cada un dos números do 1 ao 9.

A Madrid (Auto Res): Diario: 00.25 - 11:15 - 15:30 h. A Francia, Bélxica, Holanda e Alemaña (Socitransa): Saídas martes e venres ás 13:15 h A Suiza: Xoves e sábados 13 h. Galicia-Algeciras (Dainco), consultar na estación.

Concello de Oimbra Concello de Vilardevós Concello de Riós Concello de Castrelo de Val Concello de Laza Concello de Cualedro Comisaría de Policía Verín Policía Local Verín Guardia Civil Protección Civil Estación de autobuses Taxis - Parada Hospital Taxis - Parada Estación Autobuses Taxis - Parada Praza Merced Taxis - Parada Praza do Concello Ambulatorio Urxencias Ambulatorio Cita previa Hospital de Verín Cruz Vermella Correos e Telégrafos Rexistro Civil de Verín Rexistro da Propiedade Oficina de emprego Oficina da Seguridade Social Servizos Sociais Verín Cáritas Parroquial IES nº1 de Verín IES García Barbón I. Bacharelato X. Taboada Chivite CEIP Amaro Refoxo CEIP Princesa de España Comarca de A Limia Concello de Xinzo Concello de Porqueira Concello de Calvos de Randín Concello de Baltar Concello de Os Blancos Concello de Trasmirás Concello de Sarreaus Concello de Vilar de Barrio Concello de Sandiás Concello de Vilar de Santos Concello de Rairiz de Veiga Policía Local Xinzo Guardia Civil Estación de autobuses Centro de saúde Punto Atención Continuada Rexistro civil de Xinzo Rexistro da Propiedade Taxis - Parada Oficina de emprego Oficina da Seguridade Social Xulgado de 1ª Instancia Servizos Sociais Xinzo Cáritas Parroquial IES Lagoa de Antela IES Cidade de Antioquía CEIP Rosalía de Castro CEIP Sergio Mascareñas Gardería Municipal Oficina Agraria Comarcal da Limia ITV Incendios forestais Fenosa (averías)

988 426 160 988 417 004 988 425 032 988 419 002 988 422 002 988 424 004 988 414 123 988 411 612 988 410 005 988 412 121 988 413 516 988 414 342 988 411 812 988 410 385 988 411 113 988 410 800 988 413 460 988 413 636 988 411 600 988 411 038 988 410 387 988 410 737 988 410 703 988 410 253 988 414 776 988 410 679 988 411 212 988 410 379 988 410 041 988 411 425 988 410 128

988 550 111 988 466 102 988 434 000 988 466 503 988 467 506 988 445 000 988 454 002 988 449 001 988 465 001 988 465 883 988 465 552 988 462 425 988 462 361 988 460 309 988 462 200 988 462 456 988 46 0 188 988 460 209 988 460 258 988 460 375 988 462 951 988 462 364 988 550 111 988 460 222 988 462 454 988 461 271 988 460 480 988 460 507 988 461 049 988 460 024 902 309 000 085 988 222 222


BARRIOS Xaneiro de 2011


José Manuel Barreal toma posesión como novo alcalde de Laza [páx.2]

EUROCIDADE Páx.3

VERÍN

Páx.4

En proxecto o centro de formación termal e o transporte a Chaves

O Concello recibe un novo todoterreo para Protección Civil

ESPECIAL Páx.11

CULTURA Páx.12

O Padroado Exposicións na Casa Provincial de Turismo, do Escudo e na presente en FITUR Biblioteca de Verín

DEPORTES

Páx.13

3º Torneo de fútbol sala interparroquial da Eurocidade

Jiménez Morán, de novo candidato O alcalde de Verín aspira a revalidar a súa maioría. [páx.2

A plana maior do PP arroupou a presentación da candidatura de Jiménez Morán./P.L.

Número: 50 - Ano:VI - Xaneiro 2011- Depósito Legal: OU 186-2006 - Periódico mensual de distribución gratuíta www.barriosxinzoverin.com - BARRIOS volve estar no seu buzón a mediados de xaneiro. Se quere anunciarse consulte no 685 800 190


Xaneiro 2011 - BXV  

A presentación de Jiménez Morán como candidato á alcaldía de Verín, no Barrios Xinzo-Verín de xaneiro

Read more
Read more
Similar to
Popular now
Just for you