Page 1

[10.000 exemplares directos ás súas mans]

Número: 47 - Ano: V- Outubro 2010 - Depósito Legal: 0U 185-2006 - Periódico mensual de distribución gratuíta

4 SUMARIO

Verín e comarca_ [páx3-5]

TEMA DO MES Páx.2

XINZO

Páx.6

Os incendios forestais queimaron este verán 13.500 hectáreas

O Centro de Día de Xinzo atenderá a 30 maiores dependentes

XINZO

Páx.10

COMARCA

Páx.11

O BNG critica a Celebran o Día da ubicación da planta de Muller Rural en tratamento de lodos Sarreaus

Xinzo e comarca_ [páx.6-11] Deportes______ [páx.12] Ocio e cultura___ [páx.13] Pasatempos, clasificados e axenda________ [páx.14]

Antonio Pérez, novo alcalde de Xinzo

[páx 7]

Momento no que Isaac Vila fai entrega do bastón de mando ao novo rexedor de Xinzo, Antonio Pérez, que saiu elixido cos votos a favor de seis membros do seu grupo (entre eles o seu) e a abstención do tamén edil popular Alfonso Patricio Nóvoa. /P.LODEIRO.

BARRIOS - Xinzo volve estar no seu buzón a mediados de NOVEMBRO. Se quere anunciarse consulte no 685 800 190




BARRIOS Outubro de 2010

TEMA DO MES

Os incendios forestais queimaron este verán 13.594 hectáreas

4 O conselleiro de Medio Rural fixo balance da campaña no Parlamento. Redacción

Alejandro Rubín, Rogelio Martínez, Celso Barbosa, Isabel Pérez e José Manuel Freire na presentación da feira Termtalia. /EXPOURENSE.

Do 15 ao 17 de outubro en Expourense

Termatalia reúne ao turismo de saúde e a industria termal

4 México será o país invitado nesta 10ª edición. Redacción Termatalia volve converterse no centro de negocios internacional do sector, fomentando o desenvolvemento no ámbito turístico e industrial. A décima edición da Feira Internacional de Turismo Termal terá lugar entre o 15 e o 17 de outubro no recinto feiral de Expourense. A feira actuará como axente dinamizador do sector coa presenza de 220 expositores procedentes de 27 países de catro continentes, entre eles, México, país invitado nesta edición. Accións de negocio O eixo principal da feira será un ano máis o Centro de Negocios Internacional que acollerá as distintas reunións profesionais entre operadores de turismo, importadores de bens de

equipo, provedores e expositores e que contará co patrocinio do IGAPE. Aquí porase en marcha a Bolsa de Contratación Turística que contará con 30 operadores de turismo e na que tamén participarán establecementos con centros termais, de talasoterapia ou spa de Europa e América. Novidades Durante tres días, o termalismo mundial dirixe as súas miradas cara a Termatalia, un foro internacional onde son presentadas as novidades en produtos, servizos e equipamentos da industria termal, as últimas investigacións médicas, tratamentos pioneiros relacionados coa hidroterapia,

as estratexias de distintos países para desenvolver o seu potencial termal, entre outras. Actividades O VII Encontro de cidades termais, o V Encontro Internacional sobre Auga e Termalismo, a recreación dun balneario, unha área de fisioterapia, conferencias, cata de augas, un curso de hidrosumiller, unha exhibición de cociña e coctelería da auga ou a realización de rutas termais pola provincia son outros dos atractivos tanto para os profesionais do sector como para o público xeral que se achegue estes días a Expourense.

[+ info: www.termatalia.com]

Catas de augas, a recreación dun balneario ou as rutas termais son algúns dos atractivos da feira

O conselleiro do Medio Rural, Samuel Juárez, informou no Parlamento de Galicia sobre a campaña de verán de defensa contra os lumes forestais. O titular do Medio Rural explicou que se rexistraron 3.579 lumes, incluíndo os de menor entidade que non chegan a incendio: 883 na provincia da Coruña, 457 en Lugo, 1.275 en Ourense e 964 en Pontevedra. Estes lumes provocaron que ardesen 13.594 hectáreas (2.895 hectáreas de monte arborado, e 10.699 de monte raso). Este dato de superficie total arborada queimada en 2010 supón o 25% da media do período 20002009 (a media da década foi de 11.635 hectáreas). O dato de superficie total queimada supón un 45% da media do mesmo período (a media foi de 29.934 Hs). E canto ó número de lumes, foi o 49% da media desa última década (a media dos dez últimos anos sitúase en 7.327). Meteoroloxía adversa O conselleiro destacou que as condicións climatolóxicas deste verán para a extinción de lumes forestais “non puideron ser máis adversas”, tal e como cabe tirar dos respectivos informes presentados por Meteogalicia e Aemet. “O verán de 2010 pasará a historia por temperaturas altas, persistencia de ventos do nordés

Rogelio Martínez cos traballadores do servizo contra incendios de Verín.

4 Martínez felicita aos traballadores do distrito forestal de Verín O delegado da Xunta en Ourense, Rogelio Martínez, acompañado polo xefe territorial de Medio Rural, Ricardo Vecillas, visitou o distrito forestal de Verín, onde gabou o labor dos traballadores do servizo de prevención e defensa contra os lumes forestais, e agradeceu o seu esforzo e eficiencia, non só pola protección que exercen sobre o medio ambiente, senón tamén pola seguridade que achegan aos seus veciños. Martínez aproveitou tamén para falar “do magnífico traballo desenvolvido polo persoal deste distrito!, que conta con 23 axentes forestais, así como polo persoal de reforzo durante a campaña deste verán. Por último, fíxoselle unha homenaxe de despedida a Alfonso Barreiros Filgueira, xefe do Distrito Forestal de Verín, que recibiu a entrega dunha placa como premio ao seu labor. moderados e mesmo fortes, pouca humidade ambiental, e, sobre todo, datos pluviométricos extremos, con encadeamento de cinco semanas seguidas –entre xullo e agosto- sen que caese unha soa pinga de chuvia. Condicións que había moitos anos non se xuntaban nunha canícula en Galicia”, indicou. Juárez informou de que no que levamos de ano

foron detidas 93 persoas como presuntos incendiaarios (fronte a 166 en 2009). Ademais, realizou un recoñecemento expreso ao labor “de cada unha das persoas que traballan na extinción e prevención dos lumes en Galicia”, que neste verán chegaron a 6.085, e trasladou a “solidariedade e afecto” ás familias dos brigadistas falecidos no incendio de Fornelos de Montes.


VERÍN E COMARCA

A colleita na D.O. Monterrei supera todas as expectativas en canto a produción 4 Lévanse colleitados máis de dous millóns de quilos de uva. Paula Lodeiro Máis de dous millóns de quilos de uvas levan recollidos na Denominación de Orixe Monterrei na vendima deste ano, que rematará previsiblemente esta mesma semana para as oito adegas que aínda están colleitando. Nun principio o Consello Regulador da D.O. Monterrei estimaba en millón e medio de quilos de uva a produción dos viñedos da comarca, pero as expectativas superáronse con creces. Finalmente as xeadas primaverais que afectaron á zona sur da D.O. vironse compensadas pola meteoroloxía favorable do verán, o que repercutiu no aumento da produción. Segundo informaron os técnicos do Consello Regulador, lévanse colleitados 2.260.000 quilos, cifra que sobrepasa ampliamente as previsións e tamén o colleitado en 2009, cando se superaron lixeiramente os dous millóns de quilos. Moi boa calidade fitosanitaria e unha graduación de entre 12,5 e 13 graos son os parámetros que marcarán os viños deste ano para a D.O. Monterrei, que agarda etiquetar ao redor dun millón de botellas.

A vendima remata esta semana

BARRIOS Outubro de 2010



EN BREVE

4 Cursos de bailes latinos O Concello de Verín, en colaboración con Saudeter, organiza un ano máis un curso de bailes latinos para adultos, nos que recibirán formación en disciplinas como salsa, bachata, merengue ou kizomba, entre outras. As clases, que se impartirán no Pavillón Municipal de Deportes, terán lugar os luns e mércores, de 20:30 a 21:30 e de 21:30 a 22:30, en dous grupos: iniciación e perfeccionamento.

[Inscricións no Pavillón de luns a venres de 10 a 13 e de 17 a 20 h.]

4 Parque infantil en Castrelo do Val

Un momento da Carrada do Viño do ano pasado./ARQUIVO.

4 IV Carrada do Viño, o 6 de novembro “Xa están as uvas no lagar, as cuncas feitas, os carros listos, as bombas empaquetadas e o avituallamento encargado”- Con estas verbas anuncia a cuarta edición da Carrada do Viño de Verín o seu organizador, Edelmiro Mateo. A cita, que se vai asentando no calendario festivo verinés, será o próximo 6 de novembro, o sábado máis próximo á festividade de San Trifón (10 de novembro) patrón dos vitivinicultores. A festa é unha exaltación do produto historicamente máis relevante da comarca, o viño. E como por

esas datas xa haberá viño novo, os festeiros seguirán o que manda o refrán, “polo San Martiño abre o teu viniño” A festa consiste nunha procesión de cinco carros polo casco vello de Verín, con seis “estacións” ou parada. A primeira, ás 18:30 horas no Mesón do Castro: onde se fará a bendición inicial e se repartirá un caldo limpo “para que o viño non se asente no estómago con travesura”. Acompañados da banda de gaitas do concello, comezará a procesión contra as 19 horas, coa segunda parada na praza do Carboeiro, e a pri-

meira espicha do viño, acompañado de empanada. A terceira “estación” instalouse no cruceiro do Camiño de San Lázaro, e nela repártese xamón asado, pan e viño. A cuarta parada é na Praza Maior, onde se degusta cachucha do porco e o viño. Neste lugar lerase o pregón, este ano a cargo de José Posada, o propietario de Marrón Glacé e xerente do Grupo Cuevas. A “procesión” continuará despois cara á praza da Merced, onde se repartirá lacón e pan e se lerá a “trifonada”, unha copla satírica da vida enolóxica da vila. A procesión remata de novo

no Meson do Castro, con queimada e coa lectura do “credomiro”, e reparto de bica e licor café a ritmo de música para rematar coa festa. Para participar na festa hai que adquirir unha taza que se porá a venta nos establecementos de hostelería de Verín e na mesma procesión, ao prezo de cinco euros. . Haberá cinco carros, dous con viño (tinto e branco) e tres nos que irán os nenos, con auga, mosto e caramelos. Na edición de 2009 máis de mil persoas gozaron coa “Carrada”.

O Concello de Castrelo do Val está remodelando por completo a zona de xogos infantil que se atopa no parque do Terrón. Grazas a unha subvención de 36.000 euros dea Consellería de Presidencia, o Concello construirá un parque infantil que respete todas as normativas de seguridade. A instalación contará cun chan de cortiza de 230 metros cadrados, varias randeeira para cativos de diferentes idades, unha torre con tobogán, escaleira e aneis colgantes, unha casiña con tobogán para nenos de entre 0 e 4 anos, dous balancíns dobres e un balancín sinxelo.




BARRIOS Outubro de 2010

EN BREVE

4 Sorteo dunha vivenda protexida O IGVS sorteará 1 vivenda protexidas de promoción privada construída en Verín entre as persoas inscritas no Rexistro Único de Demandantes de Vivenda desta localidade. Trátase dun piso construido pola promotora Loyma Verín cun prezo de 105.000 euros. O IGVS sorteará un total de 21 vivendas en catro concellos da provincia.

4 Axudas do programa ‘Re-solve’ Desde Desenvolvemento Local do Concello de Verín infórmase da convocatoria de tres axudas do programa ‘Re-solve’, do IGAPE. A primeira delas, ‘Apoio ao circulante’, facilitará préstamos de ata 150.000 euros; a segunda, ‘Ampliación do capital social’, de 250.000 euros por socio ou 500.000 euros por empresa; e a terceira, ‘Refinanciamento de pasivos’, de ata 300.000 euros. O prazo de presentación das solicitudes das axudas remata o 30 de decembro.

4Limpeza do río Forno

Unha vintena de voluntarios do proxecto ‘Remóllate polo río’, organizado polo CDR Portas Abertas, desprazáronse ata Feces de Cima para limpar a canle do río Forno, que une esta localidade coa de Feces de Abaixo. Durante dúas horas, os asistentes e operarios do Concello de Verín recolleron lixo depositado nas marxes deste río, e ao finalizar os participantes compartiron un xantar.

VERÍN E COMARCA

As rebaixas de verán, mellores que as de 2009 para o comercio verinés

4 Así se desprende dun informe da Antena Local da Cámara de Comercio. Redacción A campaña de rebaixas de verán e o aumento da poboación no período vacacional foron dous dos factores que axudaron a incrementar, aínda que sexa lixeiramente, o volume de vendas do comercio en Verín. Así se desprendun informe que sobre a actividade do comercio local no segundo cuadrimestre do ano elaborou a Antenas Local da Cámara de Comercio de Ourense. Neste estudo o 62% dos comerciantes enquisados en Verín consideran as rebaixas do verán mellores ou iguais que con respecto ás do 2009. Para este informe, a Antena Local de Verín enquisou durante a segunda metade de setembro a 179 empresarios de Verín. Un traballo iniciado o pasado ano e co que se pretende analizar a incidencia da crise no sector comercial nesta zona da provincia e as estratexias dos comerciantes. Os datos Aínda no contexto de crise, a maior parte do comercio verinés afirma cumprir as súas expectativas de venda. Algo menos da metade dos comerciantes enquisados diminuiron as vendas (46%), manténdose igual un 39% e aumentando un 15%, fronte ao 9% do primeiro período. É preciso apuntar que o estudo abarca o período

Visita da delegación brasileira ao consistorio verinés.

Delegación brasileira visita a Eurocidade Redacción

Un dos momentos do desfile de moda organizado por AEVER./BORYS INTERFILM. de rebaixas, que para o 62% foron mellores ou iguais que con respecto ao verán pasado, mentres un 77% afirma que foron mellores ou iguais que as do inverno 2009/2010. Como medida de contención do gasto, o 60% non realizou ningún tipo de investimento nos seus establecementos, salvo traballos imprescindibles de mantemento. Ao mesmo tempo, un 5% aumentou o seu número de empregados fronte ao 2% do primeiro cuadrimestre. Un 86% mantén o seu persoal de persoal e tan só un 9% tivo que despedir a algún empregado. Polo que respecta aos prezos e á marxe das rebaixas, no 70% dos casos permaneceron invariables, un 17% reduciunos e o 13% optou pola subida (77%, 16% e 7% respectivamente, do primeiro cuadrimestre). É

dicir, a escaseza de diñeiro por parte dos clientes non permitiu subidas e a redución poría en risco o negocio posto que a marxe comercial non sería suficiente para cubrir custos. En canto ás previsións a curto prazo, un 37% pensa obter a mesma cifra de vendas de aquí a final de ano; o 84% seguirá cos mesmos prezos (excepto en época de rebaixas); e o 90 % pensa manter o persoal actual. Ademais, para o 75% dos enquisados existen factores que limitan a súa actividade económica, sendo a debilidade da demanda o que máis destaca. Un problema engadido é a falta de pagamento das compras, segundo os enquisados máis común cada día. Afecta a un 40% dos enquisados nun grao de morosidade medio ou baixo, adquirindo niveis altos para un 3% dos casos.

Para o 62% dos comerciantes enquisados as rebaixas de verán foron mellores ou iguais que as do ano pasado

4 Desfile de AEVER

18 establecementos comerciais de Verín de roupa, complementos e calzado participaron este venres 8 de outubro no primeiro desfile de moda outono-inverno organizado pola asociación de empresarios AEVER. A cita foi no pavillón de Deportes e a acollida desta iniciativa por parte do público foi moi boa. E no medio desta situación, os comerciantes son conscientes de que necesitan ser máis competitivos para poder continuar no mercado, optando pola formación como unha das estratexias a seguir. Así e a través da Antena Local de Verín solicitan cursos de atención ao cliente, comerciais, informática, inglés, contabilidade ou mercadotecnia, entre outros. De feito, se no primeiro cuadrimestre participaron 45 persoas nas actividades formativas, no segundo foron 100.

Unha delegación do Goberno brasileiro visitaron a Eurocidade Chaves-Verín, co obxecto de coñecer e intercambiar proxectos en materia de política de cohesión europea. Os participantes foron recibidos polo presidente da Câmara Municipal de Chaves, João Gonçalves Martins Batista, e o alcalde de Verín, Juan Manuel Jiménez Morán, que realizaron unha breve presentación do proxecto de cooperación transfronteiriza da Eurocidade. Tras visitar Verín, trasladáronse ao edificio da antiga aduana de Feces de Abaixo, que se converterá nos vindeiros meses na sede da Eurocidade e realizaron unha visita guiada a lugares de interese en Chaves.

Segundo tour da castaña Redacción O Concello de Riós e Bicicletas Matías organizan o “Segundo tour da castaña” o 7 de novembro, unha cita ciclista con dúas rutas, de 20 e 58 quilómetros respectivamente e dificultade media. Os 200 primeiros corredores que se inscribiron recibirán un maillot de regalo. A data límite de inscrición, que custa 20 euros, é o 4 de novembro. [+ info: 988 411 876]


VERÍN E COMARCA

FEMURO sensibiliza aos escolares sobre violencia de xénero

4 No Taboada Chivite e no Castro de Baronceli. Redacción

O delegado da Xunta en Ourense, a secretaria xeral de Familia e Benestar e o alcalde de Oímbra, nas actividades do Día do Maior.

Oímbra celebra o Día do Maior Redacción

A secretaria xeral de Familia e Benestar, Susana López Abella, e o delegado da Xunta en Ourense, Rogelio Martínez, participaron nos actos programados no Día do Maior no centro de día de Oímbra. As autoridades estiveron en contacto cos maiores e

onde, ao longo de todo o día, desenvolvéronse distintas actividades para os maiores e as súas familias, como xogos interxeracionais, cancións e concursos. Visita ao concello López Abella e Martínez aproveitaron a visita para entrevistarse co alcalde, Alfonso Villarino, e escoitar as súas demandas en materia de benestar. A secretaria xeral comprometeuse a

estudar a posibilidade de crear un punto de atención á infancia no concello para evitar que os rapaces teñan que trasladarse a Verín, demanda que podería converterse en realidade o ano que vén, dixo. Outra das peticións é a dotación de camas e material para a pranta alta do centro de día para que os usuarios que precisen maior asistencia poidan empregar o centro as 24 horas.

A Federación Provincial de Mulleres Rurais (FEMURO) en colaboración coa Fundació AgrupacióMútua está a levar a cabo nos institutos Xesús Taboada Chivite e Castro de Baronceli de Verín un proxecto de sensibilización social sobre convivencia escolar e prevención da violencia de xénero. Os obradoiros, que comezaron o 4 de outubro, tratan de fomentar a sensibilización social do alumnado en cuestións de xénero, igualdade e coeducación para previr tanto a violencia de xénero como a violencia escolar.

O alumnado de 1º e 2º da E.S.O. elaborará material didáctico sobre coeducación, igualdade e resolución non violenta de conflictos a través de diferentes xogos ou dinámicas de roll-play, e traballará conceptos como a interacción, a importancia da cooperación no grupo, a mellora da autoestima, o autoconcepto e as habilidades sociais. O punto álxido da iniciativa terá lugar o 25 de novembro, Día internacional para a eliminación da violencia contra as mulleres” no que as rapazas e rapaces de ambos centros xuntaranse nunha actividade común onde reinvindicarán o fin desta lacra social.

BARRIOS Outubro de 2010



Actividades no CDR O Viso Redacción O Centro de Desenvolvemento Rural O Viso programa actividades dun día para colexios no pobo-escola de Lodoselo, Sarreaus. Obradoiros de reciclaxe, realización do pan, actividades na horta e con animais ou xogos populares son algunhas das actividades que se realizan nesta xornada de convivencia. Sector agroalimentario Por outra banda, o CDR O Viso e COCEDER organizan un curso sobre “Incidencia da podoloxía bovina na produción láctea”, destinado a persoas activas ou dadas de alta no sector agroalimentario. A formación, de carácter teórico e práctico, impartirase nas instalacións de O Viso en Lodoselo, os días 4 e 5 de novembro.As prazas son limitadas. [+ info: 988 461 571 ou cixdalimia@cdroviso.org]




BARRIOS Outubro de 2010

XINZO E COMARCA

O novo centro de día de Xinzo de Limia atenderá a 30 maiores dependentes

A conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, inaugurou as novas instalacións equipadas pola Xunta de Galicia. Os maiores da localidade de Xinzo de Limia xa poden disfrutar das novas instalacións do centro de día, que puxo en marcha a Xunta de Galicia. A conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, foi a encargada de inaugurar o novo servizo social, que dispón dun total de 30 prazas. En concreto, o departamento autonómico investiu preto de 90.000 euros para equipar o centro e a partir de agora correrá coa meirande parte do seu mantemento. Mato explicou que a creación de recursos como o novo centro de día enmárcase dentro dunha estratexia integral que a Xunta de Galicia definiu “para garantir o benestar e a calidade de vida das nosas persoas maiores”. Ao respecto, a conselleira incidiu en que esta estratexia, o Plan Galego das Persoas Maiores 20102013, baséase en catro obxectivos fundamentais: sensibilizar aos cidadáns e cidadás sobre os valores

do envellecemento; adiantarse e previr as situacións de dependencia mediante a promoción do envellecemento activo e a participación social; xerar recursos de calidade para a atención “sen distinción” a todas as persoas maiores; e, por último, establecer liñas de cooperación entre todos os axentes implicados na atención dos maiores. O Plan Galego de Maiores Mato, así mesmo, indicou que o Goberno galego xa está a poñer en marcha este plan, que o Consello da Xunta vén de aprobar. “Para a implementación do Plan o orzamento que prevemos investir será superior aos 850 millóns de euros ata 2013”, precisou a titular de Benestar. Ademais, a conselleira apuntou que o Plan Galego de Maiores forma parte do Plan de Actuación Social 2010-2013. “Estas dúas ferramentas son froito do intenso traballo que estamos facendo desde a Xunta para paliar dous dé-

Á dereita a conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, que, xunto a outras autoridades, inaugurou o novo centro de día de Xinzo./RAMSÉS. ficits que atopamos cando chegamos ao Goberno: a inexistencia dunha política social definida e a despreocupación total pola planificación de recursos destinados aos maiores”, sinalou.

Na liña de mellorar a atención aos maiores, Mato recalcou que a Xunta de Galicia incrementou este ano a axuda no fogar para o concello de Xinzo de Limia nun 13,1%

con respecto a 2009, en concreto, investiu 15.200 euros máis. O Plan Concertado, que inclúe a axuda a domicilio, aumentou nun 11% na localidade ourensá. Por último, a conselleira de Traballo e Benestar destacou que outra das vías de acción principal que está a poñer en marcha a Xunta para a consecución do benestar das persoas é a xeración de postos de traballo. “A mellor ferramenta para conseguir o benestar

das persoas é asegurar que poidan ter un posto de traballo e, por iso, o compromiso da Xunta se traduce na realización de actuacións que promovan a inserción laboral das persoas e fomenten a xeración de emprego”, apuntou. Neste sentido, Beatriz Mato destacou que, así, no concello de Xinzo de Limia investirá ao longo de 2010 máis dun millón de euros en accións de promoción de emprego encamiñadas a mellorar a empregabilidade.

A Consellería de Traballo e Benestar investiu preto de 90.000 euros para equipar o centro e correrá coa meirande parte do seu mantemento A Xunta de Galicia incrementou este ano a axuda no fogar no municipio de Xinzo nun 13,1%

Beatriz Mato charla con algunhas das usuarias do novo centro de día de Xinzo./RAMSÉS.

O departamento dirixido por Beatriz Mato destinará a Xinzo máis dun millón de euros en accións de promoción de emprego ao longo de 2010


XINZO E COMARCA

Antonio Pérez, elixido novo alcalde de Xinzo coa abstención dun edil do seu grupo

4 O número cinco do PP substitúe no cargo a Isaac Vila, que foi rexedor da localidade durante 25 anos. Paula Lodeiro Finalmente, cumpliuse o guión agardado e Antonio Pérez é xa o novo alcalde de Xinzo de Limia, pese á abstención dun dos seus compañeiros do grupo popular, Alfonso Patricio Nóvoa. Para acceder á alcaldía fóronlle suficientes os seis votos dos demais concelleiros do PP (entre eles o seu propio), xa que tanto nacionalistas como socialistas votaron cada uns ao seu propio candidato (descartando así un posible pacto entre a oposición para desbancar do poder aos populares) e o edil non adscrito Manuel Cabas abstívose. Antonio Pérez, que fora de número cinco na lista do PP nas pasadas eleccións e que será o candidato desta formación nas vindeiras municipais, substitúe no cargo a Isaac Vila, que presentou a súa renuncia por asumir novas responsabilidades como senador. Durante o seu primeiro discurso como alcalde, Antonio Pérez agradeceu o apoio “aos compañeiros do grupo local que me deron o seu apoio, aos porta-



EN BREVE

4 Notificacións electrónicas no catastro de Sandiás

O Ministerio de Economía y Hacienda vén de implantar o sistema de notificación electrónica para as valoracións catastrais do municipio de Sandiás. Sandiás convértese así no único concello ourensán beneficiado por esta iniciativa que ten como obxectivo facilitar un mellor servizo aos cidadáns, axilizar a tramitación e reducir o consumo de papel e os desprazamentos dos solicitantes.

4 Aprobado o PXOM de Rairiz

O alcalde saínte e o entrante, Isaac Vila e Antonio Pérez, fúndense nun abrazo ao rematar a sesión. /P.LODEIRO.

O público, maioritariamente a fin ao grupo de goberno, abarrotou o salón de plenos de Xinzo. /P.LODEIRO.

voces, alcaldes e diputados provinciais que me queren arroupar neste acto, aos militantes, amigos e veciños que ateigan este salón de actos”, e fixo unha petición á oposición para que “non xeneren crispación e un clima enrarecido na rúa” e fagan oposición política “nos foros onde corresponde”. O novo rexedor fixou como obxectivos para os sete meses que lle quedan de mandato “a creación

que poida manter de agora en diante Alfonso Patricio Nóvoa, o novo alcalde foi claro: “se estás nun grupo político debes acatar as decisións dese grupo e se non o que tes que facer é dar o seguinte paso: ou presentar a túa demisión ou ir ao gru-

de emprego, a xeración de oportunidades para a xuventude, a dinamización do tecido empresarial e a mellora das infraestruturas da vila”, priorizando “ca posta en valor do sector agrícola e gandeiro como motor desta comarca”. Os aplausos do público presente no salón de plenos pecharon a súa intervención. Reordenación do seu grupo Con respecto á postura

po mixto e a partir de aí votar en libertade aquelo que consideres”. Antonio Pérez anunciou que a primeira das súas medidas como alcalde de Xinzo será a reestruturación das áreas de goberno.

“Se estás nun grupo político debes acatar as decisións dese grupo”, dixo o novo alcalde en clara alusión ao edil popular Alfonso Patricio Nóvoa

4OS OUTROS PROTAGONISTAS

Isaac Vila: Logo de 25 anos de servizo ao concello de Xinzo do que foi o máximo rexedor en dúas etapas, Vila xustificou a súa renuncia nas responsabilidades que ten como senador. “A alcaldía require dunha dedicación exclusiva, e dadas as novas responsabilidade que asumo no Senado, non podería levar a cabo as miñas competencias coa dedicación plena e total”. Vila continuará como concelleiro ata o final da lexislatura.

BARRIOS Outubro de 2010

Alfonso Patricio Nóvoa: O concelleiro “díscolo” do PP explicou a súa abstención por non estar de acordo “coas formas” nas que se produciu o relevo de Vila, convocando un pleno cando el estaba de viaxe. Partidario de que Vila agotase a lexislatura, dixo non ter “nada persoal” contra Antonio Pérez, púxose “a disposición do partido” e asegurou que non deixará ao PP en minoría: “sigo sendo concelleiro do PP”-

Manuel Cabas: O edil do grupo dos non adscritos e antigo voceiro socialista foi moi crítico cos seus excompañeiros, o BNG e o edil do PP Alfonso Patricio. Sen citalos, acusounos de intentar comprar o seu voto para facer un “cuatripartito”: “Critican un cambio, pero buscan solucionalo con outro contranatura” ou “non participo desta farsa” foron algunhas das frases que dixo para xustificar a súa abstención.

Amador Díaz Penín: O voceiro do BNG xustificou a presentación da súa candidatura pois “para iso nos presentamos cada vez que hai eleccións”; anunciou que a súa formación política “o que vai facer é seguir traballando por este pobo que é o que fixo sempre” e subliñou que dentro de seis meses (cando haxa eleccións) “quen vai falar son os veciños e serán os que poñan a cada un no seu lugar”.

Elvira Lama: A voceira do PSdG xa fora clara tres día antes da celebración do pleno tachando o traspaso de poderes de Vila a Pérez como “roubo da alcaldia de Xinzo nunha prostitución do sistema democrático e traizonado aos votantes do PP”. No pleno, só interviu para anunciar a súa candidatura e para pedir votación a man alzada “para que o pobo de Xinzo vexa claramente a quen votamos e vexa este atropelo”.

A Xunta de Galicia deu o visto bo definitivo ao Plan Xeral de Ordenación Municipal de Rairiz de Veiga. O documento urbanístico foi aprobado tras correxir o Concello de Rairiz os erros detectados pola administración autonómica, en relación á desproporción que existía entre as previsións de crecemento do número de vivendas e da poboación do municipio.

4Edítase o cuarto número de “A Torre do Castro”

Vén de publicarse o cuarto número da revista cultural do concello de Sandiás,“A Torre do Castro”, feita coa intención de darse a coñecer e servir de guía para os veciños e visitantes. Neste número aparece un artigo do escritor Vicente Risco publicado en 1921 no que se describe un verán calquera na Limia desa época. Co gallo da cesión por parte do Estado á Xunta da torre do Castro, inclúese un artigo do historiador Xesús Taboada Chivite relacionado co castelo, que foi publicado en 1970. No apartado dedicado ao patrimonio inmaterial recóllense algunhas das lendas sobre a torre do Castro, así como un artigo sobre o entroido en Sandiás. A revista dedica tamén un espazo ao deporte e a unha mostra de vellas fotografías.




BARRIOS Outubro de 2010

especial INORDE

Técnicos europeos coñecen en Ourense iniciativas empresariais en áreas naturais

O Inorde tutela esta visita estudo dunha vintena de expertos que participan do proxecto B2N. O Inorde tutela a visita dunha vintena de técnicos europeos que durante tres días percorreron a provincia de Ourense para coñecer as iniciativas empresariais en áreas naturais que servirán como un dos exemplos para conformar un modelo único europeo na materia. Trátase da iniciativa B2n (Business to Nature) que deu comezo en xaneiro de 2010 e estenderase até setembro de 2012. Participan ademais de España, Polonia, Eslovenia, Italia, Francia, Reino Unido, Portugal, Suecia e Bulgaria. Todos os participantes foron recibidos polo presidente do Inorde, José Manuel Freire Couto, no Centro Empresarial Transfronteirizo de Barbadás. Freire Couto destacou o labor desenvolvido na implantación de pequenas empresas que permiten fixar poboación no rural e crear riqueza “respectando a natureza” en distintas zonas da provincia e o importante apoio da Unión Europea nesta materia, co obxectivo de “dinamizar a zona rural”. Tamén participou no acto de benvida, a xerente do Centro Empresarial Transfronteirizo, Lucía Rodríguez, entidade que promove a información e canalización de iniciativas empresariais e de autoemprego. Tras a reunión técnica dos responsables do proxecto na que se abordaron cuestións formais, os participantes nesta iniciativa trasladáronse á zona da Baixa Limia, ao Concello de Muiños, onde tiveron ocasión de visitar as instalacións do Complexo Turístico do Corgo, atendendo ás explicacións do edil Alejandro Castro Vaamonde e coñecer a iniciativa municipal para dotar á contorna do encoro das Conchas de tres albergues e un cámping con 450 prazas en conxunto. Dentro da mesma zona, participaron nunha reunión co responsable do Balneario de Lobios e co director do Parque Natural da Baixa

Limia-Serra do Xurés. Finalizaron a xornada na explotación Casa do Xurés, queixería típica, como exemplo de empresa que transformadora de produtos do campo dentro da área do Parque Natural. Detalles do Proxecto B2N O título do proxecto é “Transferencia de experiencias e tecnoloxías no fortalecemento da economía do turismo en áreas naturais a través de políticas das PEMES”. Aborda as PEMES nas cuestións do sector do turismo, con especial atención ás áreas naturais nas rexións da Unión Europea, tendo en conta a necesidade de preservar os recursos naturais e os intereses da sustentabilidade ambiental e social. Con respecto ás áreas naturais do proxecto teranse en conta as posibilidades de desenvolvemento do turismo dentro da rede NATURA 2000, que cobre actualmente o 20% do territorio da UE, as Áreas de Especial Interese de Conservación (ASCI) e outras áreas naturais protexidas, así como as pequenas cidades e aldeas próximas. Obxectivo O obxectivo principal do proxecto B2N é crear o mellor marco de políticas rexionais para o desenvolvemento das PEMES nas áreas protexidas a fin de contribuír á riqueza, o emprego e a sustentabilidade ambiental en todas as rexións implicadas. Así o proxecto contribuirá ao obxectivo xeral do programa: mellora da eficacia das políticas de desenvolvemento rexional nos ámbitos da innovación, a economía do coñecemento, medio ambiente e prevención de riscos. Debido ao carácter transversal do sector, estas áreas serán cubertas polo proxecto, aínda que o máis importante a nivel de políticas rexionais serán: a economía do coñecemento e o medio ambiente.

Reunión dos técnicos europeos nas instalacións do Centro Empresarial Transfronteirizo de Barbadás.

O obxectivo principal do proxecto B2N é crearr o mellor marco de políticas rexionais para o desenvolvemento das PEMES nas áreas protexidas a fin de contribuír á riqueza, o emprego e a sustentabilidade ambiental en todas as rexións implicadas No proxecto participan representantes de España, Polonia, Eslovenia, Italia, Francia, Reino Unido, Portugal, Suecia e Bulgaria

Os expertos europeos visitaron o Parador de Santo Estevo.


especial INORDE

BARRIOS Outubro de 2010



O Inorde presenta en Chaves as estratexias de desenvolvemento da provincia

O seu xerente destacou o forte investimento en proxectos que serviron para pór en valor os recursos propios da provincia de Ourense dentro dun labor de “accións interconectadas”. O xerente do Inorde, José Manuel Rodríguez, presentou as estratexias de desenvolvemento provincial de Ourense en Chaves, dentro das actividades enmarcadas na visita de técnicos europeos a áreas naturais da iniciativa B2N (Business to Nature) que trata de fortalecer a economía do turismo nestas zonas. José Manuel Rodríguez repasou as iniciativas do Inorde desenvolvidas nos últimos anos, destacando o forte investimento en proxectos que serviron para pór en valor os recursos propios da provincia de Ourense dentro dun labor de “accións interconectadas”. A cohesión interna, a optimización do produto local e a formación e o capital humano foron as premisas para ser competitivos. O xerente do Inorde falou da que era unha provincia con serias dificultades estruturais e desartellada que se converteu no eixo da Eurorrexión Galicia Norte de Portugal con 12 millóns de consumidores que están a menos de tres horas de Ourense e que verá ampliada esta cantidade a 21 millóns de persoas coa entrada en funcionamento da AVE. Unha provincia que é destino termal e pon en valor o importante caudal de auga do que dispón con modernas instalacións que permiten gozar do turismo de saúde, beleza e relax e ao mesmo tempo complementar o tempo de lecer con cultura e natureza. Presen-

tou en Chaves aos técnicos europeos a nova liña cosmética “Aqua Auriensis” de auga termal producida por unha empresa ourensá situada no Carballiño e unha nova marca cosmética derivada do viño da Ribeira Sacra. Apuntou as accións do Instituto Ourensán de Desenvolvemento en cuestións relacionadas co sector primario, coa plantación de 251 hectáreas de castiñeiros, que serán 1.000 no ano 2015 aproveitando recursos endóxenos que serven tamén para a promoción do turismo e o “Plan Estacións” consistente na remodelación de seis estaciones ferroviarias en desuso situadas na zona transfronteiriza para darlles diferentes usos co obxectivo de dinamizar economicamente a zona. Destacou a acción relacionada coa industria, a creación de parques empresariais e en definitiva un labor que permitiu o reequilibrio territorial de Ourense e a súa posta en valor. Visitas Tamén participaron no Seminario de Emprendedores e Innovación no Medio Rural celebrado en Chaves José Carlos Moura que falou do Ecomuseu do Barroso e Joao Paulo Costa que puxo un exemplo práctico dunha explotación agraria lusa. Pola tarde a comitiva tivo ocasión de coñecer Pitoes e o Parque Nacional e a sede do Ecomuseo de Montealegre.

Entre as liñas de traballo do Inorde, o seu xerente destacou o apoio ao sector primario, ao turismo e ao termalismo, o “Plan Estacións” e a creación de parques empresariais A vintena de expertos europeos visitaron na provincia a zona da Baixa Limia, Vilar de Barrio, as termas ourensás e a Ribeira Sacra

Presentación das liñas estratéxicas do Inorde a cargo do seu xerente, José Manuel Rodríguez, en Chaves.

Vilar de Barrio, as termas de Ourense e a Ribeira Sacra pechan a visita dos técnicos Vilar de Barrio, as termas ourensás e a Ribeira Sacra puxeron punto final á visita dunha vintena de técnicos europeos que durante tres días percorreron a provincia de Ourense para coñecer as iniciativas empresariais en áreas naturais como un dos exemplos para conformar un modelo único europeo na materia. Unha acción enmarcada na iniciativa B2N (Business to Nature) que deu comezo en xaneiro de 2010 e estenderase até setembro de 2012. Participan ademais de España, Polonia, Eslovenia, Italia, Francia, Reino Unido, Portugal, Bulgaria ou Suecia. A comitiva visitou a estación de tren de Vilar de Barrio, hoxe albergue con 42 camas, integrada dentro das actuacións do Inorde do proxecto europeo da segunda convocatoria de Interreg III A, denominado “Estacións”.

Este proxecto consistiu na remodelación de seis estacións ferroviarias en desuso situadas na zona transfronteiriza de actuación, para darlles diferentes usos co obxectivo da dinamización económica das zonas de actuación. Posteriormente a comitiva desprazouse á zona termal de Ourense comprobando a transformación e aproveitamento das beiras do Miño como atractivo termal na Chavasqueira e Outariz. Pola tarde percorreron a Ribeira Sacra (Lugar de Interese Comunitario e zona de Rede Natura), que comprende as ribeiras do río Sil e do río Miño. É especialmente coñecida polos seus tesouros naturais e biolóxicos, constituíndo un vastísimo ecosistema de gran variedade e riqueza. Son de destacar os Canóns do Sil, polo seu espectacular paisaxística. Tiveron ocasión de co-

O grupo tivo ocasión de visitar a reconvertida estación de ferrocarril de de Vilar de Barrio. ñecer de primeira man o funcionamento da empresa que xestiona o catamarán do Sil e o Parador Nacional de Santo Estevo da man dos seus responsables. Os participantes tiveron oca-

sión ademais de degustar os produtos autóctonos ourensáns. A vista concluíu cunha reunión técnica para expor as impresións e conclusións.


10

BARRIOS Outubro de 2010

XINZO E COMARCA

O BNG critica a ubicación da planta de tratamento de lodos

4 Din que a falta de información por parte do Concello provoca “desconfianza” nos veciños. Redacción

Stand da Federación Galega de Comercio instalado en Xinzo./P.LODEIRO.

As compras en Xinzo teñen premio A Federación Galega de Comercio desenvolve estes días en Xinzo de Limia a campaña “As compras na túa vila teñen premio”. A dinámica desta iniciativa é ben sinxela: todos os que merquen no comercio local da localidade poden presentar os seus tickets no stand instalado na praza Maior, onde se lles dará un boleto para participar no sorteo de 3.000 euros en tarxetas prepago regalo (2 de 300 euros e 24 de 100 euros). O sorteo celebrarase o sábado 16 de outubro, ás 19 horas, nunha carpa instalada na praza Carlos Casares. O sábado será unha xornada festiva con varias actividades ao longo do día: pasarrúas, zancudos e malabaristas, espectáculo de paiasos e de maxia cómica e a actuación musical de Lis Teuntor.

O senador do BNG, Xosé Manuel Pérez Bouza, e o portavoz municipal de Xinzo, Amador Díaz, denunciaron que “o PP pretende converter a Xinzo de Limia no vertedoiro da provincia de Ourense”. Ambos referíanse á intención do Concello de Xinzo de ubicar alí unha planta de ámbito provincial de tratamento de residuos fecais. Os dous responsábeis políticos explicaron que xa “estableceron na aldea de Morgade, unha planta de tratamento de residuos procedentes da construcción, e agora, teñen a intención de si-

tuar na propia vila de Xinzo unha planta de tratamento de lamas fecais”. Malestar veciñal Os políticos nacionalistas puxeron de manifesto que dita planta “trataría un tercio dos lodos que se producen nas fosas sépticas da provincia de Ourense”. Neste sentido, fixeron un chamamento ao PP para que cambie as súas políticas e no canto de converter a Xinzo nun vertedoiro “realicen investimentos que traian riqueza, dinamismo económico e postos de traballo á vila”. Ademáis, critican a falta de transparencia e de información aos veciños por par-

te do concello, o que “está a provocar desconfianza e preocupación na cidadanía polo temor ás consecuencias que a planta poida provocar: os cheiros, os ruidos, a circulación de tráfico rodado, entre outras”. Nesta cuestión, enfatizaron a grande cantidade de queixas que a Oficina de Información ao público do BNG está a recibir pola ubicación futura da mencionada planta. Esta é a razón pola que o BNG de Xinzo decidiu presentar unha pergunta ao concello demandando transparencia e información, sobre todo no que atinxe ao lugar onde se vai ubicar.

Acusan ao PP de “desinterese” polas obras do Plan E

4 O PSdG denuncia que as dúas obras máis importantes en Xinzo están sen comezar. Redacción

Medicións de talla e peso das participantes no curso de ximnasia terapéutica./A.M.L.

Curso de Ximnasia Terapéutica en Parada de Ribeira O pasado luns 11 de outubro foi presentado un Curso de Ximnasia Terapéutica no local social de Parada de Ribeira coordinado pola Asociación Muíño da Lama e impartido pola empresa especializada Saudeter de Verín. Ao longo de boa parte da tarde realizouse a preinscrición do alumnado, así como medicións de talla, peso e outras variables a ter en conta ao longo do desenrolo da actividade. O curso desenvolverase ata xullo de 2011 e englobará diferentes disciplinas ao longode todo o ano lectivo co obxectivo de mellorar a psicomotricidade e a saúde das persoas, así como crear un novo espazo de interrelación e convivencia neste pequeno núcleo rural de Xinzo da Limia. Cada mes levaranse a cabo diferentes actividades impartidas por distintos monitores especializados. Múltiples actividades como ximnasia, tiramentos, xogos de pelota, baile terapéutico, cachibol, etc... encheran os contidos didácticos baixo a tutela e asesoramento periódico dunha nutriconista e un fisioterapeuta. O curso impartirase dous días a semana e comezará a actividade lectiva oficial o vindeiro mércores 3 de novembro, data na que remata o período de inscrición.

Os socialistas de Xinzo critican o desinterese do PP polas obras do Plan E 2010, as de maior inversión das programadas, como son o Paseo Fluvial cun orzamento de 199.631 euros, a mellora do saneamento en rúa Ladeira, no camiño de Rosalía de Castro e a mellora da accesibilidade aos centros educativos, cun orzamento de 125.227 euros, que están aínda sen comezar. A portavoz socialista pregunta “cal é a orixe dese retraso” e critica a falta de previsión do grupo de goberno, “que dende o ultimo congreso do PP máis ben desgoberna, cun concelleiro de Obras desaparecido do que abandonada a xestión que lle foi encomendada”. Así mesmo critica que o PP deixe para últimos de ano as actuacións “realmente importantes” e de maior orzamento, como son as dúas mencionadas, e que

unha actuación no contorno da gardería municipal e do colexio Rosalía de Castro “non estea rematada nos meses do verán, cando os cativos estaban de vacacións, e se espere ao inicio do curso”. Os socialistas pedirán ao grupo de goberno de Xinzo explicacións das restantes actuacións levadas a cabo con cargo aos fondos estatais, do grao de execución, e das que aínda quedan pendentes. Así como das que se fixeron co Plan e do 2009 e que aínda non están operativas. Os investimentos do Plan E de 2010 en Xinzo superan o millón de euros. Xeriátrico Noutra orde de cousas, o grupo municipal socialista de Xinzo considera “vergonzoso o regalo de terreos públicos á fundación San

Rosendo”, tras ter coñecemento das negociacións do Concello con esta institución para abrir unha nova residencia de anciáns na localidade. “O alcalde non debe regalar o escaso patrimonio do Concello a unha fundación privada, que por certo xestiona o único xeriátrico de Xinzo, nun lugar céntrico, con edificabilidade en altura se quixeran amplialo”, afirman nun comunicado. Lama considera nula a capacidade negociadora do alcalde coa anterior Xunta “conformándose cun centro de día de 30 prazas sen pensar na demanda de prazas de xeriátrico para a Limia, cando outros concellos de menor poboación como Vilar de Barrio, están a piques de abrir un xeriátrico cun centro de día impresionante”.

O PSdG oponse a que o Concello “regale” a unha fundación terreos para unha residencia de anciáns


XINZO E COMARCA

Igualdade defende o papel das mulleres na transformación económica e social do rural

O PP frea a modernización dos regadíos da Limia

4 Durante a celebración do Día da Muller Rural en Sarreaus.

4 Vota en contra no Parlamento galego a unha iniciativa do BNG para axilizar os trámites.

Redacción

Redacción

A secretaria xeral da Igualdade, Marta González, defendeu a importancia das asociacións de mulleres do rural que fan unha labor “cada día máis visible e significativa” nas transformacións que está sufrindo tanto a economía como a sociedade no rural galego. Fíxoo nun encontro coas socias da Asociación de Mulleres Rurais de Sarreaus que celebraron nesta localidade ourensá o Día Internacional da Muller Rural, que oficialmente é o 15 de outubro. A responsable de igualdade da Xunta explicou que dende o goberno galego se favorece o xurdimento e desenvolvemento de novos proxectos no rural dunha maneira integral, promovendo as axudas para o impulso do autoemprego e para a creación de pequenas empresas, negocios, ou formas asociativas que permitan o desenvolvemento de iniciativas innovadoras que podan converterse en proxectos de futuro. Ademais, dixo, dende a Secretaría xeral da Igualdade “apoiamos a formación

O BNG, a través da portavoz de agricultura, Tereixa Paz, defendeu no Parlamento galego unha proposición non de lei para a modernización de regadíos da Limia e a posible afectación da declaración de Zona de Especial Protección de Aves ao proxecto, iniciativa que foi rexeitada polo PP. Na súa intervención, a deputada nacionalista salientou o “considerable retraso” nos trámites deste proxecto e explicou que as obras de modernización dos regadíos da Limia tropezaron con obstáculos como o desacordo dos regantes na súa cuantía, por consideralas desmesuradas; a falta de consignación nos orzamentos da Xunta para 2010; a ausencia de consignación nos orzamentos do Estado para 2011 ou o retraso do Executivo galego na sinatura do convenio con SEIASA del Norte, empresa que executará as infraestruturas. Para Paz, ademais dos motivos que están a frear as obras, hai que sumar

Celebración do Día da Muller Rural en Sarreaus. das emprendedoras e das mulleres do medio rural en xeral, en temas como as tecnoloxías da comunicación e da información, a calidade, protección do medio ambiente, ou a través do asesoramento xurídico e financeiro na posta en marcha destes proxectos”. Traballo en prol da igualdade Marta González recoñeceu a necesidade dunha loxística para estas asociacións que lles permita poder implicarse na mellora das condicións de vida na súa

comarca. “Por iso, dende a Xunta vaise asegurar o apoio a estas asociacións xa que queremos apoiar ás asociacións de mulleres dinámicas, activas, que apostan pola formación, pola información, pola conciliación, que propoñen novos retos, que se implican na eliminación das discriminacións e que impulsan a realización de actividades encamiñadas a mellorar a situación das mulleres do rural”, rematou a secretaria xeral de Igualdade a súa intevención en Sarreaus.

O Día Internacional da Muller Rural celébrase o 15 de outubro

a aprobación do Decreto polo que se establece a ZEPA na Limia que está a crear grande incerteza nas comunidades de regantes. A portavoz do PP, Yolanda Díaz, respondeulle que existe un plan de modernización de regadíos 2007-2013 e que na actualidade, xa se ten avanzado na sinatura do convenio marco con SEIASA. Paz retrucoulle que nos orzamentos da Xunta de 2010 non existía a consignación dunha partida para asumir o 22% do orzamento da obra de modernización dos regadíos que lle corresponde á comunidade autónoma e pediu que“ non sigan botándolle a culpa aos demais para zafarse dos problemas”. Finalmente, a deputada do BNG pediu ao goberno da Xunta que asine “sen dilación” o convenio marco cn SEIASA e comece as obras neste período de sesións e garanta que a declaración de ZEPA “non implique ningunha nova tramitación administrativa nin impedimento para executar os proxectos de regadío tal e como foron concibidos”.

BARRIOS Outubro de 2010

11

O PSdG únese ao BNG na petición de investigar o proxecto do aeródromo Redacción O grupo provincial socialista únese á petición do BNG de que se realice unha investigación por parte da comisión de réxime interno da Deputación polo proxecto do aeródromo de Xinzo de Limia. Vén de coñecerse que unha sentenza xudicial obriga á institución provincial a pagar por este proxecto que nunca se executou 152.000 euros, cantidade da que máis da metade corresponde a intereses. O portavoz socialista na Deputación, Alfredo García, sinala que “haberá que esclarecer por quen se encargou ese proxecto, por que, para que e por que non se executou”, polo que solicitan a documentación sobre este proxecto. García engade que “todos os concellos encargan proxectos que ao final por distintos motivos non se executan, pero que hai que pagar, polo que non se entende que se encargara un dende o concello de Xinzo, non se sabe por quen, e non se pagara”. O BNG pedira que a comisión de réxime interno da Deputación investigue todo o proceso, que facilite toda a documentación e que se depuren responsabilidades políticas.


12

BARRIOS Outubro de 2010

DEPORTES

Éxito de participación na ‘Rota do Presunto 2010’ 4 Corrérona máis de 1.000 ciclistas. Redacción A VI Maratón BTT ‘Rota do Presunto 2010’, organizada por o BTT Club de Chaves e enmarcada dentro do proxecto da Eurocidade Chaves-Verín, congregou a un total de 1.072 persoas procedentes de diferentes puntos do norte de Portugal e da comunidade autónoma de Galicia. Esta proba contou con tres percorridos e niveis de dificultade distintos: maratón (de 93 quilómetros), media-maratón (de 54 quilómetros) e paseo guiado

Participantes da Rota do presunto 2010. para acompañantes (de 22 quilómetros). Os tres percorridos iniciaronse e finalizaron no forte S. Neutel en Chaves. O gañadores na proba de maratón foi Iván Nascimento de BTT Matosinhos (03:20:36), mentres que o primeiro en chegar na media-maratón foi Ruben

Correndo por Xinzo

4 Segundo ano da Escola Deportiva Limiactiva. Redacción A A. D. Limiactiva, en colaboración coa Concellería de Deportes de Xinzo, pon en marcha, por segundo ano a Escola de Atletismo. Os adestramentos son os martes e venres de 17:30 a 18:30, no Pavillón de Deportes, e están dirixidos polo atleta e adestrador limián Rubén Diz, do equipo Academia Postal. Para esta nova tempada Limiactiva xa conta con máis de 15 atletas, nados entre os anos 1996 e 2003. Esta actividade, que comezou na tempada pasada, xa deu os seus primeiros éxitos deportivos, polo que o proxecto de Limiactiva segue adiante un ano máis, esta vez co patrocinio de Muebles Andrade. Óscar Gómez, presidente

da A. D. Limiactiva, coordina todas as actividades desta asociación, que ademais conta cun club de atletismo formado por atletas de categoría xuvenil ata veterán, participando en máis de 60 probas ao ano, tanto nacionais coma internacionais. O obxetivo marcado para esta tempada é aumentar o número de licenzas tanto escolares como de adultos, e acadar novos éxitos para o atletismo limián, que permitan que este deporte bote raíces dentro da comarca. Os interesados en formar parte tanto da escola de atletismo como do club, podes solicitar información a través da súa páxina web www.limiactiva.com.

Alexandre Dias Nunes de Team Oliveira / Lapierre / Mavic (02:04:30). A tradicional ‘Rota do Presunto 2010’ ampliou o seu percorrido este ano a territorio español atravesando os municipios de Monterrei, Oímbra, Verín e Vilardevós.

Escolas Deportivas en Verín e Xinzo Redacción

170 alumnos conforman as Escolas Deportivas de Fútbol municipais de Verín para a tempada 2010-2011, tras efectuar un acordo coa entidade Verín Club de Fútbol, nas categorías de benxamíns, alevíns, infantís e cadetes -os xuvenís e primeiro equipo quedarían ao cargo da entidade deportiva-. Inscricións en Xinzo Pola súa banda, en Xinzo son numerosas as actividades que se ofertanto para nenos como para adultos nas Escolas Deportivas e que teñen como data tope para inscribirse -as prazas son limitadas- ata o 15 de outubro.

4EN FORMA

Pilates para todos O método pilates, aínda que nos soe como algo moi recente e moderno, foi creado polo alemán Joseph Hubertus Pilates a principios do século XX seguindo diferentes coñecementos e principios de disciplinas como a ximnasia, o ioga e a fisioloxía. É unha especialidade que engloba aspectos de forza muscular co control mental, a relaxación e a respiración. Buscando un equilibrio corpo-mente. Joseph H. P. interesouse desde sempre pola anatomía e a rehabilitación, foi nun campo de concentración durante a Primeira Guerra Mundial cando montou nas camas un sistema de poleas e cordas para realizar exercicios de recuperación cos enfermos, e ese foi a orixe dalgunhas das máquinas de pilates. Posteriormente en Estados Unidos montou o seu estudo que se fixo famoso entre bailaríns para a recuperación de lesións, pero o método popularizouse xa despois da súa morte cando en 1970 créase o primeiro estudo en Beverly Hills e púxose de moda entre os actores de Hollywood chegando a España nos anos 90. Fundamentos do método Aínda que é moi atrevido tentar sintetizar nun pequeno artigo toda a filosofía e metodoloxía deste método pódese resumir “na realización de exercicios físicos en chan ou ben nunhas máquinas especiais para o desenvolvemento da musculatura interna que dá equilibrio, estabilidade e firmeza á columna vertebral?. Ba-

séase na realización exercicios moi controlados e coordinados coa respiración á vez que mentalmente se vai tomando consciencia das capacidades, as limitacións, beneficios, etc. para desenvolver a mellora do estado físico e mental. Os exercicios concéntranse na rexión central do corpo (“Powerhouse”), que inclúe os abdominais e glúteos, para a execución de posturas. Tipos de pilates O método orixinal cos seus exercicios de chan e en máquinas deu lugar a múltiples e diferentes escolas e variantes como o Aqapilates, Fletcher Pilates, Stott Pilates, Power Pilates, Winsor Pilates, Yoguilaes, etc. Todas elas teñen como fundamento o pilates orixinal ao cal se lle incorporan modificacións específicas. Beneficios que achega Achega todos os beneficios que se lle poden atribuír ás actividades físicas saudables de carácter aeróbico, coa vantaxe de que son exercicios de baixo impacto e por tanto pouco proclives a causar lesións. Fortalece a musculatura sen causar excesivo aumento muscular. Corrixe a postura, axudando á consabida hixiene postural e isto á súa vez prevé, reduce e alivia as dores de pescozo, costas e lumbares, non só pola tonificación muscular do abdome, glúteos e costas senón tamén pola concienciación en aspectos como as posturas, a respiración ou o equilibrio. Ao ser un exercicio en que se traballa tanto a mente como o corpo, co tempo o alumno chega a ter

un coñecemento moi alto do seu corpo, das súas sensacións, por iso tamén é ideal para traballar con nenos. Este coñecemento axuda a coñecerse a un mesmo, o que repercute nas relacións cos demais e na filosofía da vida. Sendo persoas máis positivas. Reduce as tensións musculares e a tensión que xunto coa aprendizaxe do control da concentración e a respiración fai que podamos durmir mellor achegando todos os beneficios que produce o tranquilo e pracenteiro soño. Para toda a poboación Dado que a súa orixe ten relación directa coa rehabilitación, iso supón que non se require unha condición física formidable para a súa realización, pódese adaptar a diferentes idades e niveis, pódese traballar con deportistas de alto nivel como con principiantes, con nenos e até con persoas da terceira idade, sempre individualizando e orientando o traballo para cada usuario. Pilates e artrose O Pilates é moi recomendado en casos de artroses xa que se realizan exercicios para favorecer o movemento articular, irrigando e dando ton aos ligamentos e drenando a articulación. Así se logra mellorar a estrutura de sostén da articulación, fortalecendo e flexibilizando todos os grupos musculares que amortecen a carga e aliviar as dores e mellorar a mobilidade da articulación afectada. José Manuel Paredes González, licenciado en Educación Física e técnico de Saudeter


OCIO E CULTURA

BARRIOS Outubro de 2010

13

4AS IMAXES DO MES

Un grupo de escolares na Casa do Escudo de Verín./EUROCIDADE.

Máis de 450 nenos visitan a mostra ‘Artes Plásticas e Actividades da Eurocidade Chaves-Verín’ Un total de 480 escolares verineses de infantil e primaria dos colexios Amaro Refojo, Princesa de España e María Inmaculada visitaron a exposición ‘Artes Plásticas e Actividades da Eurocidade Chaves-Verín’, organizada para amosar os cadros dos vencedores da primeira edición do concurso fotográfico ‘Recursos históricos e naturais da Eurocidade’ e do certame destinado a creación da mascota ‘Chavín’. A visita a esta mostra permitiu ao alumnado coñecer as actividades culturais, educativas e deportivas que se están a realizar no ámbito da Eurocidade Chaves-Verín, así como os obxectivos últimos deste proxecto de cooperación transfronteiriza. Por este motivo, técnicos do Gabinete de Apoio Técnico da Eurocidade realizaron unha presentación interactiva, na que se lle amosou aos presentes todas as actuacións realizadas, as futuras e as vantaxes que proporcionará este proxecto aos veciños de Chaves e Verín. A exposición destes dous concursos viaxará nas vindeiras semanas a Chaves, onde será visitado por nenos dos seus centros educativos.

Á dereita, a directora de “Disca... que?”, Alba Pazos, xunto a unha das participantes no documental, durante a súa proxección no Festival de Cine de Ourense. /P.LODEIRO.

“Disca... que?” no Festival de Cine de Ourense A curtametraxe documental “Disca... que?” presentouse no Festival Internacional de Cine de Ourense. A curta, rodada en Xinzo, está protagonizada polos usuarios da Asociación de Discapacitados Intelectuais da Limia Limisi. A orixe deste documental, explica a súa autora, a xornalista Alba Pazos, xurdiu coa intención de Limisi de crear un centro ocupacional na Limia “e aproveitaron para darse a coñecer” a través deste documental. “ O significado da curta é sair á rua para ver que pensa a xente da discapacidade intelectual, hai opinións de todas as clases, e para desmitificar a discapacidade e explicarlle á xente como hai que tratala”, resume a directora, que destaca o “especial” que foi a gravación para os rapaces de Limisi, cos que colabora habitualmente. “Para eles a televisión é algo moi lonxe e de repente saían na tele, gustoulles un montón participar e verse protagonistas”, apunta. Tras ser estreado en Xinzo e pasar polo festival de Ourense, a cinta foi enviada a outros certames e concursos, e a intención de Limisi é repartila en colexios para que os rapaces coñezan o que é a discapacitade intelectual.


14

BARRIOS Outubro de 2010

AXENDA / PASATEMPOS / CLASIFICADOS

4AXENDA 4Música - 23 de outubro - Espazos Sonoros: Ars Atlántica - 18:30 h - Igrexa de Santa Mariña de Xinzo 4Exposicións - Ata o 29 de outubro “Non queimes o teu futuro” - Casa do Escudo de Verín 4 Cinema Cine Club Nosferatu - 22.45 h. - Casa da Cultura de Verín: - 14 de outubro - "Y el mundo marcha" - 21 de outubro - “RoGo.Pa.G” - 28 de outubro “Mouchette” 4 Conferencias - 25 de outubro - Coloquio sobre a raia e a literautra coa obra “Arraianos” como motivo- 19 h. - Casa da Cultura de Verín - 26 de outubro - Coloquio co escritor Agustín Fernández Paz - 19 h. Casa da Cultura de Verín - 27 de outubro - Proxección de “Mulleres da raia” e coloquio coa súa autora, Diana Gonçalves - 19 h. Casa da Cultura de Verín

4CLASIFICADOS -28 de outubro - Proxección do audiovisual “Fronteiras, reflectindo sobre os límites da identidade (galega)” e coloquio co seu autor Rubén Pardiñas 4 Outros - 16 de outubro - Festa final da campaña da Fed. G. de Comercio - Todo o día - Carpa na praza Carlos Casares de Xinzo - 17 de outubro - Verín CF - Arousa - 16.45 h. - Estadio José Arjiz de Verín - Desde o 25 de outubro - Cursiño técnicas de estudo - De luns a venres ás 18 h. - Inscricións na biblioteca ou Casa da Cultura de Xinzo - 20 de outubro - Presentación da Escola de Música de Trasmiras - 20 h. - Trasmiras - 6 e 7 de novembro XVI Feira da Castaña e do Cogomelo - Riós - 6 de novembro - IV Carrada do Viño - Desde as 18:30 h. - Rúas de Verín www.mundourense.com

4RELATO

[Deixe os seus anuncios no 988 239 634 ou en info@ ourenseporbarrios.com. Gratuítos para particulares; negocios, consultar tarifas. Os anuncios mantéñense durante dous meses; no caso de que queira repetilos despois dese prazo ou retiralos antes, volva chamarnos]

VIVENDAS E ALUGUERES Alugo apartamento no casco antigo de Ourense, 210 euros. Tel: 637 005 910 Vendo casa pola estrada de Santiago, con finca. Tel: 637 005 910

MOTOR Vendo Peugeot 206 XS 110 cv, tel. 627 60 60 62 Véndense coches económicos. Tel. 619 10 63 91. Compro coches abandonados e averiados, boa tasación. Tel 662 069 431

TRABALLO Chámanos ao 988 239 634 ou escríbenos a info@ourenseporbarrios.com e déixanos os teus clasificados. Servizo gratuíto para particulares.

VENDAS Véndese camara de fotos de carrete nova e con bolso.(Werlisa Sport). 30 euros.Tel. 988 21 38 14 Véndense coellos caseiros. 6 euros/kilo.Tel. 988 21 38 14. Aceptaría cachorro de pastor aleman ou similar. Preguntar por Juan. Tel. 659 494 272 Vendo depósito de chapa para gasoil 1.000 l. tel. 661 334 118 Véndese somier de láminas Moviflex 190x90 cm e colchón ortopédico en garantía. Tel. 616 361 548. Véndese bicicleta estática. prezo a convir, sobre 60 euros. teléfono: 616752546. Vendo escritorio. Tel: 637 005 910 Vendo sofá 3+2 seminovo. Tel: 637 005 910 Vendo botelleiro de bar sen estrear. Tel: 637 005 910. Vendo noces e avelás 2.50 euros/kg. Tel.676 928 045

4EMPREGO [Chame a Teleemprego Cimo - 988 39 15 25, de luns a venres de 8 a 14 horas. Máis información: www. cimoemprego.com] Oferta Nº 976774 Localidade: Ourense Posto ofertado: Axudante de cociña - Repartidor/a. Establecemento de restauración necesita persoal para a elaboración de petiscos, tapas, etc, así como para a súa posterior distribución. Necesarios seis meses de experiencia previa en posto similar e permiso de conducir B. Ofrecen contrato a media xornada de 06:00 a 09:00 horas. A partir de 35 anos

de informática e Internet a nivel usuario. Ofrecen traballo a xornada completa cun día libre pola semana. Imprescindible permiso de conducir B e vehículo propio.

Oferta Nº 976773 Localidade: Ourense Posto ofertado: Axudante de cociña. Restaurante situado no barrio da Ponche necesita persoal para realizar as funcións de elaboración de petiscos, tapas, etc. Necesarios seis meses de experiencia previa en posto similar. Ofrecen contrato a xornada completa en quenda partida. A partir de 35 anos. Oferta Nº 976771 Localidade: Ourense Posto ofertado: Colocador/a de falsos teitos

Oferta Nº 976768 Localidade: Pereiro de Aguiar (Ou) Posto ofertado: Operario/a de fabricación mecánica. Empresa dedicada á fabricación de compoñentes para vehículos industriais, necesita persoal para o manexo das diferentes maquinas de mecanizado (torno, fresa, control numérico, etc). Ofrecen traballo a xornada intensiva en quendas rotativas. Imprescindible experiencia mínima de seis meses no posto ou ter o Ciclo Medio/Superior de Mecanizado. Necesarios coñecementos de informática a nivel usuario, así como permiso de conducir e vehículo propio.

Colocará e reparará falsos teitos de aluminio, tellados e persianas en obras novas e reformas. Traballo a xornada completa de luns a venres. Imprescindible experiencia en posto similar. Necesario permiso de conducir B e dispoñibilidade para viaxar por toda Galicia. Oferta Nº 976770 Localidade: San Cibrao das Viñas Posto ofertado: Camareiro/a de piso. Necesítase persoal para a realización de tarefas de atención a clientes e limpeza de habitacións nun hostal. Valorarase experiencia en limpeza. Necesarios coñecementos

Oferta Nº 976769 Localidade: Ourense Posto ofertado: Perruqueiro/a. Barbaría necesita axudante ou oficial para realizar tarefas de corte, lavado, peiteado, etc. Imprescindible experiencia previa en posto similar. _______

Oferta Nº 976766 Localidade: Ourense Posto ofertado: Pintor/a de obra. Realizará traballos de pintura de interiores e exteriores de edificios, oficinas, etc. Imprescindible experiencia mínima de dous anos no posto, permiso de conducir B e dispoñibilidade para desprazarse a obras por toda Galicia. Oferta Nº 976765 Localidade: San Cibrao das Viñas Posto ofertado: Enxeñeiro/a Técnico/a

en Química Industrial. Necesítase Enxeñeiro/a Técnico/a en Química Industrial ou Licenciado/a en Física ou Química para prestar apoio no departamento de calidade dunha empresa. Ofrécese traballo a xornada partida a través dunha bolsa. Até 29 anos.

permiso de conducir B e vehículo propio. Ofrecen domingo libre e dúas horas ao día pola semana de 16:30 a 18:30. De 40 a 55 anos.

Oferta Nº 976763 Localidade: Pereiro de Aguiar Posto ofertado: Empregado/a de o fogar (Interno/ a). Necesítase persoal para a realización de limpeza, cociña e axudar a un matrimonio de persoas maiores. Imprescindibles coñecementos de cociña e experiencia acreditada de polo menos seis meses no posto. Ofrecen traballo como interno/ a durante a semana ou soamente o fin de semana.

Oferta Nº 976756 Localidade: Ourense Posto ofertado: Vendedor/a por teléfono. Empresa dedicada á venda de mandos a distancia para garaxes, necesita persoal para realizar tarefas de venda dos seus produtos por teléfono e ampliar a carteira de clientes. Valorarase ter experiencia como televendedor/a ou comercial. Ofrecen traballo a xornada completa, en quenda partida de 09:00 a 13:30 polas mañás, e de 15:30 a 19:00 polas tardes, de luns a venres. Necesarios coñecementos de inglés. De 20 a 35 anos.

Oferta Nº 976759 Localidade: San Cibrao das Viñas Posto ofertado: Enxeñeiro/a Técnico/a ou Superior Industrial. Necesítase Enxeñeiro/a Superior ou Enxeñeiro/a Técnico/a Industrial, para prestar apoio no departamento de enxeñaría dunha empresa. Ofrécese traballo a xornada partida, a través dunha bolsa. Valórase o manexo do programa de deseño Catia V5 e un nivel alto de inglés. Até 29 anos.

Oferta Nº 976755 Localidade: Ramirás Posto ofertado: Auxiliar administrativo/a. Empresa do sector da madeira necesita persoal con formación mínima en Ciclo Superior de Administración e Finanzas e con dous anos de experiencia en posto similar. Ofrecen xornada completa, a quenda partida de 8:00 a 13:30 e de 15:00 a 19:00 horas. Imprescindible coñecementos altos de contabilidade e Office.

Oferta Nº 976757 Localidade: Pobra de Trives (A) Posto ofertado: Empregado/a de o fogar (Interno/a). Para realizar as tarefas de limpeza xeral dunha vivenda, cociña, ferro e acompañamento dunha persoa maior. Valórase ter experiencia acreditada no posto,

Oferta Nº 976754 Localidade: Ourense Posto ofertado: Docente rama sanitaria. Precísase Diplomado/a en Enfermaría ou enfermeiro/a con experiencia, para impartir cursos de sanidade. Valorarase experiencia como docente. Horario a convir.

O sorriso que mata (parte inversa) (IV) Embriagado diríxome á rúa que tantos pesadelos me ten achegado durante estes vinte anos… vinte anos de desesperación por escapar das tebras… sen poder, sen atopar camiño de luz, sen calor… Subo polos interminábeis chanzos que me conducen ate o que será o miña despedida deste escuro pozo. Chanzo a chanzo penso como deben de ser os meus actos, sixilosos, con lóxica e destreza, pois non quero vela sufrir, non quero ver os seus ollos culpándome dos meus actos, non quero tampouco que saía ningunha voz de terror por medo a que esperte a meniña que de seguro descansa inocente na súa cama abrazada ao seu peluche favorito. Non quero ver cravado o medo nas súas pupilas e un interrogante nas enrugas da súa fronte… pois o súa ignorancia culparame da miña enfermidade traizoeira… pois son un enfermo. Meto as chaves no buraco da porta, xíroas con delicadeza e empurro a porta… Alí está ela, espertándose do seu sono enriba do que sería a miña cea… un brutal sentimento me exilia do meu corpo, da miña

4SUDOKU

enfermidade, a pena coa que me mira, as súas pupilas cuestionando os meus actos sen compaixón… Nun segundo o sentimento escandalízame e mostro a miña chegada cun brutal golpe embriagado de líquido indomable… Despois todo foi moi rápido… nun instante. Algo que non era ela, algo irracional, unha besta corrompida polas circunstancias do vivir que eu lle dera, ese algo inexplicábel empurrou o mostro no que me convertera, correu con ansia ate o caixón da cociña e sacou o utensilio asasino, arma branca que acabaría ca nosa realidade. Asestoume vinte puñaladas con bágoas non ollos, vinte que desenterraban as etapas da súa penuria, vinte por cada ano entregada a un corpo sen alma, a un corpo inerte, carente de sentimentos, de verbas cariñosas, de actos apaixonados, de vibracións positivas que lle fixeran sentir quen de posuír a ledicia. Sentindo como se ía a luz dos meus ollos, olleina unha vez máis, Susa, miña Susa… con cara de pánico e voz tatexando, chamou a policía. Pois sí, son un enfermo, a miña enfermidade é matar, e acabou comigo. Bea Losada

Nivel medio

Para resolvelo, coloca un número en cada recadro de maneira que cada fila, cada columna e cada un dos nove recadros conteñan os números do 1 ao 9 sen repetirse. Nestes dous sudokus, as dúas liñas diagonais longas (marcadas en gris) deben tamén conter cada un dos números do 1 ao 9.


SERVIZOS / CARTAS

BARRIOS Outubro de 2010

15

Edita: Letras a la Carta S.L. CIF: B-32.323.925. Depósito Legal: OU 185-2006 e OU 186-2006. Redacción: r/ Valle Inclán 25 2º Of. 15 - 32004 Ourense. Tel: 988 239 634 - 988 549 717. Correo-e: info@ourenseporbarrios.com. Distribúe: J Publicidad. Imprime: PublicacionesTameiga. Directora: Paula Lodeiro. Director comercial: Miguel Rejo. Redacción: Paula Lodeiro, Ramsés Torres, Óscar Blanco. Fotografía: Ramsés Torres, Paula Lodeiro, Óscar Blanco. Colaboracións: Saudeter, Beatriz Losada, Joao Damiao, Borys Martínez Nº47 - Ano: V - Outubro 2010 - Difusión: 10.000 exemplares (Ed. Xinzo de Limia:4.500, Ed. Verín: 5.500) Impreso en papel 100% reciclado. Comarca de Monterrei A opinión do periódico exprésase só no editorial, os artigos e cartas ao director expoñen posturas persoais. Este periódico non pode Concello de Verín 988 410 001 ser reproducido nin total nin parcialmente, sen autorización previa da empresa editora Letras a la Carta S.L. Se ten algún problema co Concello de Monterrei 988 418 002 reparto, pregámoslle que nolo comunique no teléfono 988 239 634.

4TELÉFONOS DE INTERESE

4CARTAS AO DIRECTOR [Envíanos as túas cartas ou queixas por correo electrónico a info@ourenseporbarrios. com, opinion@ourenseporbarrios.com, ou por correo tradicional a r/Valle Inclán, 25, 2º, of. 15, 32004, Ourense. As cartas ao director non deben exceder de 20 liñas e deberán ser remitidas con nome e DNI, firmadas, e cun teléfono de contacto. Letras a la Carta SL. resérvase o dereito de publicación así como o de extractar os textos que estime oportuno]

4FOTO DENUNCIA

As rodas están depositadas nun baixo da rúa Rosalía de Castro./PSDG.

Denuncian o depósito ilegal de neumáticos en Xinzo O grupo municipal socialista de Xinzo denuncia o depósito ilegal de toneladas de rodas nun baixo da rúa Rosalía de Castro e xa transmitiu as queixas dos veciños ao Concello, que aínda non lles explicou de cal é a situación dese baixo. A voceira socialista, Elvira Lama explica que as alarmas saltaron cando os veciños dos inmobles e baixos contiguos notaron os fortes cheiros do caucho, o que provocou fortes dores de cabeza xunto con náuseas e mareos. Nos días previos a rúa Rosalía de Castro estivo cortada por mor da descarga de un vehículo de gran tonelaxe durante máis de 5 horas, provocando a indignación dos veciños. Os socialistas denuncian a pasividade do Concello “nun asunto que afecta gravemente a saúde dos veciños, molesta aos comerciantes impide o tráfico rodado e pon en risco a seguridade viaria, nas inmediacións do colexio Rosalía de Castro”, e pregúntanse se as actuacións levadas a cabo no baixo en cuestión dispoñen dos permisos e licenzas requeridas para ese tipo de actividade. Esta formación política dubida da legalidade desta actividade, ao non ter resposta dende o Grupo de Goberno e por non ser un establecemento de venda ao público e tratarse dun punto de almacenaxe e distribución. “Un deposito de rodas é un almacenamento altamente perigoso, insán e molesto para situalo nos baixos dunha céntrica rúa de Xinzo” afirma Lama.

4 ESTACIÓN DE AUTOBUSES DE VERÍN Verín - Xinzo - Ourense Laborables: 06:15 - 08:00 08:45 - 10:30 - 13:30 - 15:00 - 17:00 - 18:45 - 22:00 - Sábados: 08:00 - 13:30 - 15:00 - 17:30 - 22:00 - Domingos e festivos: 08:00 - 15:00 - 17:30 - 18:45 - 22:00 Ourense - Xinzo - Verín Laborables: 06:30 - 07:50 - 10:30 - 12:15 - 13:30 (aut.) - 15:00 - 16:45 - 18:00 - 20:30 (aut.) - Sábados: 06:30 (aut.) - 10:30 - 13:15 (aut.) - 16:00 20:15 (aut.) - Domingos e festivos: 06:30 (aut.)- 12:00 - 13:15 (aut.)- 16:00 - 20:15 (aut.) Videferre - Verín Saídas: 09:00 - 12:30 - Regresos: 11:45 - 13:45 - 18:30 Campos - Verín Saídas: 07:45 - Regreso: 13:00 Viana - Gudiña - Verín Saída: 09:30 - Regreso: 13:00 Feces de Abaixo - Verín Saídas: 09:50 - 12:35 - 18:20 - Regreso: 12:15 - 18:00 Feiras en Medeiros S. Cristobal - Verín: Saída: 07:00 - Regreso: 12:00 - 14:30 Magdalena - Verín: Saídas: 08:00 - Regreso: 12:00 - 14:30 Verín - Videferre (feiras) Regreso: 15:30 A Madrid: Diario: 11:50 16:00 - 0:50 - Domingos: 0:20 A Andorra: Saídas martes e venres ás 16:30 h. A Suíza: Saídas martes, xoves e sábados ás 13:00 h. A Francia, Bélxica, Holanda, e- Alemaña: Saídas martes, xoves, venres e sábados ás 16:00 h. A Euskadi, Valladolid, Cataluña, consultar na estación.

4 ESTACIÓN DE AUTOBUSES DE XINZO A Madrid (Auto Res): Diario: 00.25 - 11:15 - 15:30 h. A Francia, Bélxica, Holanda e Alemaña (Socitransa): Saídas martes e venres ás 13:15 h A Suiza: Xoves e sábados 13 h. Galicia-Algeciras (Dainco), consultar na estación.

Concello de Oimbra Concello de Vilardevós Concello de Riós Concello de Castrelo de Val Concello de Laza Concello de Cualedro Comisaría de Policía Verín Policía Local Verín Guardia Civil Protección Civil Estación de autobuses Taxis - Parada Hospital Taxis - Parada Estación Autobuses Taxis - Parada Praza Merced Taxis - Parada Praza do Concello Ambulatorio Urxencias Ambulatorio Cita previa Hospital de Verín Cruz Vermella Correos e Telégrafos Rexistro Civil de Verín Rexistro da Propiedade Oficina de emprego Oficina da Seguridade Social Servizos Sociais Verín Cáritas Parroquial IES nº1 de Verín IES García Barbón I. Bacharelato X. Taboada Chivite CEIP Amaro Refoxo CEIP Princesa de España Comarca de A Limia Concello de Xinzo Concello de Porqueira Concello de Calvos de Randín Concello de Baltar Concello de Os Blancos Concello de Trasmirás Concello de Sarreaus Concello de Vilar de Barrio Concello de Sandiás Concello de Vilar de Santos Concello de Rairiz de Veiga Policía Local Xinzo Guardia Civil Estación de autobuses Centro de saúde Punto Atención Continuada Rexistro civil de Xinzo Rexistro da Propiedade Taxis - Parada Oficina de emprego Oficina da Seguridade Social Xulgado de 1ª Instancia Servizos Sociais Xinzo Cáritas Parroquial IES Lagoa de Antela IES Cidade de Antioquía CEIP Rosalía de Castro CEIP Sergio Mascareñas Gardería Municipal Oficina Agraria Comarcal da Limia ITV Incendios forestais Fenosa (averías)

988 426 160 988 417 004 988 425 032 988 419 002 988 422 002 988 424 004 988 414 123 988 411 612 988 410 005 988 412 121 988 413 516 988 414 342 988 411 812 988 410 385 988 411 113 988 410 800 988 413 460 988 413 636 988 411 600 988 411 038 988 410 387 988 410 737 988 410 703 988 410 253 988 414 776 988 410 679 988 411 212 988 410 379 988 410 041 988 411 425 988 410 128

988 550 111 988 466 102 988 434 000 988 466 503 988 467 506 988 445 000 988 454 002 988 449 001 988 465 001 988 465 883 988 465 552 988 462 425 988 462 361 988 460 309 988 462 200 988 462 456 988 46 0 188 988 460 209 988 460 258 988 460 375 988 462 951 988 462 364 988 550 111 988 460 222 988 462 454 988 461 271 988 460 480 988 460 507 988 461 049 988 460 024 902 309 000 085 988 222 222


BARRIOS Outubro de 2010

[10.000 exemplares directos ás súas mans]


[10.000 exemplares directos ás súas mans]

Número: 47 - Ano: V- Outubro 2010 - Depósito Legal: 0U 186-2006 - Periódico mensual de distribución gratuíta

4 SUMARIO

Verín e comarca_ [páx3-5]

TEMA DO MES Páx .2

COMARCA

Páx.3

Os incendios forestais queimaron este verán 13.500 hectáreas

A D.O. Monterrei supera as expectativas de produción

VERÍN

Páx.4

A Antena Local enquisa sobre a crise aos comerciantes

COMARCA Páx.5 O centro de día de Oímbra conmemora o Día do Maior

Xinzo e comarca_ [páx.6-11] Deportes______ [páx.12] Ocio e cultura___ [páx.13] Pasatempos, clasificados e axenda________ [páx.14]

Desfile de moda en Verín

18 establecementos de roupa, calzado e complementos participaron no desfile organizado por AEVER ./BORYS INTERFILM

BARRIOS - VERÍN volve estar no seu buzón a mediados de NOVEMBRO. Se quere anunciarse consulte no 685 800 190.

[páx. 4]


BARRIOS Outubro de 2010

[10.000 exemplares directos ás súas mans]

Outubro 2010 - BXV  

O periódico das localidades ourensáns de Xinzo e Verín.

Advertisement