Issuu on Google+

[10.000 exemplares directos ás súas mans]

4 SUMARIO

Verín e comarca_ [páx2-5] Xinzo e comarca__ [páx.6-7] Deportes______ [páx.10] Número: 49 - Ano: V- Decembro 2010 - Depósito Legal: 0U 185-2006 - Periódico mensual de distribución gratuíta

COMARCA

Páx.6

SEIASA anuncia a próxima sinatura do convenio dos regadíos

COMARCA

Páx.7

DEPORTES

Páx.10

O PSdeG emendará os A data da 4ª edición Orzamentos da Xunta dos “10 Qm. Vila de para A Limia Xinzo”, no aire

OCIO

Páx.12

Este Nadal: música, teatro e visitas do Pai Noel e os Reis Magos

Especial: o Inorde presenta os seus orzamentos para 2011__________ [páx.11] Ocio e cultura_ [páx.12-13] Artigos e clasificados____ _____________ [páx.14] Axenda e pasatempos____ ______________ [páx.15]

As dúas caras de Xinzo Mentres o BNG denuncia o “estado lamentable” do contorno da rúa Río Salas , as obras de renovación na rúa Curros Enríquez están a piques de rematar. [páx.7]

BARRIOS - Xinzo volve estar no seu buzón a mediados de XANEIRO. Se quere anunciarse consulte no 685 800 190




BARRIOS Decembro de 2010

VERÍN E COMARCA

Presentadas as actuacións do Plan de Infraestruturas de Medio Rural en Verín

4 Entre elas, o abastecemento en O Salgueiro, o camiño entre este núcleo e Caldeliñas e os accesos ao Campo dos Remedios. Redacción O alcalde de Verín, Juan Manuel Jiménez Morán, presentou as actuacións de mellora de infraestruturas que se van a realizar no municipio, incluídas no Plan de Infraestruturas de Medio Rural, da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas. A primeira delas é a renovación do abastecemento en O Salgueiro, “para cambiar unha tubaxe de uralita, que ten moito anos e onde se producen roturas, na rúa principal”, indica o rexedor. O custo total da obra ascende a 30.000 euros. A segunda é a pavimentación dos accesos que une Caldeliñas co campo dos Remedios -onde está situado o santuario mariano dos Remedios- e o da estrada OU-113 coa localidade de Villamaior. “Son dous tramos, un 795 metros e outro de 410, cun ancho total da estrada de catro metros”, explica Jiménez Morán, que tamén inclúe unhas cu-

netas de 1,80 para evitar que en épocas de choiva se concentre auga”. O orzamento desta actuación será de 52.967 euros. Nesa mesma zona, céntrase a terceira mellora que une un camiño que une Caldeliñas e O Salgueiro, con dous tramos diferenciados de 425 e 365 metros, un ancho total de 4 metros, canalización da rega da auga mediante un marco prefabricado de 36 metros de lonxitude de formigón armado, realización de beiravías e pavimentación. Neste caso o orzamento é de 58.966 euros. “Todas elas constitúen unha vella reinvindicación dos veciños destas localidades”, recoñece o alcalde, “e empezarán a executarse en xaneiro do ano 2011”.

As actuacións previstas superan os 140.000 euros de orzamento

O PSdeG reclama 14 millóns máis para a comarca de Monterrei

4 A través de emendas aos Orzamentos da Xunta. O secretario de Turismo e Comercio Interior, Joan Mesquida, e a secretaria xeral de Turismo, Carmen Pardo, na sinatura do plan.

Un plan desenvolverá o produto turístico “Portas de Galicia”

4 Investirá 2,5 millóns de euros en Monterrei e Conso-Frieiras. Redacción O secretario xeral de Turismo e Comercio Interior, Joan Mesquida, e a secretaria xeral de Turismo da Xunta, Carmen Pardo, veñen de asinar o Plan de Competitividade do produto turístico “Portas de Galicia”, para a mellora da oferta turística das comarcas de Monterrei e Conso-Frieiras. Este plan, de catro anos de duración, persegue a mellora da competitividade turística da zona, grazas a unha oferta capaz de introducir a experiencia turística como elemento motivador da viaxe. O investimento total ascende a 2,5 millóns de euros, achegados a partes iguais por Turespaña, a Xunta de Galicia e a Aso-

ciación de Municipios para o Plan de Competitividade Turística das Comarcas de Monterrei e Conso-Frieira. Haberá tamén unha achega privada, da Asociación de Empresarios do Turismo e Hostalaría Portas de Galicia. Actuacións Entre as principais actuacións recollidas no plan destacan a explotación do tren turístico Ourense - Puebla de Sanabria, a creación dunha nova liña de produtos enogastronómicos da rexión, e a potenciación da Ruta da Prata, así como a realización de guías, campañas de sensibilización e comunicación, formación de axentes e posta en marcha dunha tenda virtual.

Redacción O Grupo Socialista presentará emendas aos orzamentos da Xunta para a comarca de Verín, por un valor de 14 millóns de euros. Coas emendas, os socialistas buscan fundamentalmente a posta en valor dos recursos propios (sector vitivinícola, a auga, o turismo e o desenvolvemento industrial), a recuperación económica e a creación de emprego. “A través destas emendas buscamos partidas incondicionadas, destinadas directamente oas concellos, e non da vontade e discrecionalidade do conselleirto de turno”, afirma o deputado Juan Carlos Francisco Rivera. Francisco Rivera explicou que a partida incial de 6.719.000 euros en investimentos reais para a comarca obvia a sete de nove concellos da comarca e se concentra na execución do polígono de Tamagos. Emendas concretas No caso de Laza as emendas introducen a conexión de Laza coa A52 a través de Baldriz, por un importe de 500.000 euros.

No caso de Cualedro, as emendas afectan fundamentalmente á construción do centro de maiores e a obras de abastecemento de sanemaento por un valor de 1.100.000 euros. En Castrelo do Val piden 5.580.000 euros para unha estación de augas residuais. En Vilardevós o investimento é de 600.000 euros; en Monterrei, 1.100.000 euros que teñen como obxecto fundamental un plan director para poñer en valor o Castelo de Monterrei. En Verín, as emendas teñen como obxecto dinamizar o sector turístico termal, relacionado co balneario de Caldeliñas por valor de 750.000 euros, e unha emenda para que se execute a primeira fase ou o proxecto do centro de día, e partidas globais para que servizos que se viñan prestando para a comarca non se supriman, en concreto o servizo de Noitebús e servizos de saneamento.

Os socialistas din que os investimentos previstos pola Xunta obvian a sete concellos da comarca

Videoconferencia con Papá Noel O Nadal xa está aquí e ben o saben na Biblioteca Pública Municipal de Verín, que organizou unha videoconferencia con Papá Noel para os nenos da Fundación Preescolar na Casa. Ao remate, houbo manualidades e contacontos para todos os rapaces participantes. Esta actividade que vincula as novas tecnoloxías co Nadal, estivo coorganizada pola Dirección Xeral de Comunicación e a rede de Telecentros de Galicia, entre os que se atopa o de Cidades Dixitais do Concello de Verín.

Cativos cos seus pais, do programa Preescolar na Casa, realizando manualidades na Biblioteca de Verín, trala videoconferencia con Papá Noel./CdV.


VERÍN E COMARCA

Máis de 50 proxectos no concurso de ideas do Centro das Artes Municipal de Verín mil euros.

Vén de concluír o prazo de presentación de proxectos para o concurso de ideas para a selección do anteproxecto de construción do Centro das Artes Municipal de Verín, ao que se presentaron un total de 53 proxectos procedentes de diferentes puntos do territorio española. O concurso de ideas recollerá propostas para a construción desta instalación que contará cunha sala principal, cun aforo de 700 persoas, sala complementaria con capacidade para 150 espectadores, escenario, vestíbulo, camerinos, salas de ensaio, franxas de servizos, espazos para a formación musical e de danza, sala de exposicións, cafetería-restaurante, aparcadoiros e urbanización do entorno. Establecéronse tres premios: un primeiro premio de vinte mil euros, que terá a consideración de pago a conta dos honorarios a percibir pola redacción do proxecto básico e de execución do Anteproxecto de construción do Centro das Artes; un segundo premio de sete mil euros, e un terceiro premio de tres

Selección Para elixir o proxecto gañador, o xurado valorará aspectos como a calidade construtiva e arquitectónica da edificación proposta, a calidade da implantación da edificación na parcela: a urbanización proposta no entorno do edificio; a incorporación de sistemas, materiais e tecnoloxías para o mantemento sostible do edificio e de criterios bioclimáticos, de ecosostibilidade e aforro enerxético, e o menor custo de construción. O xurado reunirase por primeira vez o 21 de decembro, para comprobar a documentación presentada polos participantes. “Coas persoas que cumpran estas normas, pasaremos a abrir os sobres destes proxectos, do que non se coñecera o autor ata a o final”, explicou o alcalde de Verín, Juan Manuel Jiménez Morán. Con posterioridade á elección da proposta gañadora, redactarase o proxecto de execución, licitación e adxudicación á empresa correspondente.



EN BREVE 4 Recollida de xoguetes e alimentos

4 O gañador recibirá un premio de 20.000 euros. Redacción

BARRIOS Decembro de 2010

Juan Manuel Jiménez Morán e José Ángel Rodicio na presentación de “Ludonadal”.

O Concello de Verín e AEVER ratifican o convenio ‘Ludonadal’

4 Para incentivar o comercio tradicional durante o Nadal. Redacción O alcalde do Concello de Verín, Juan Manuel Jiménez Morán, e o presidente da Asociación de Empresarios de Verín (AEVER), José Ángel Rodicio Portela, ratificaron por terceiro ano consecutivo o convenio de colaboración ‘Ludonadal’. Unha iniciativa destinada a promocionar económicamente o comercio tradicional na localidade, facilitar a conciliación dos pais e nais e proporcionar aos menores un espazo de

lecer durante as vacacións de Nadal. ‘Ludonadal’ está dirixido a pequenos con idades comprendidas entre os 3 e 8 anos, e realizarase desde o día 23 de decembro ata o 7 de xaneiro, de luns a venres, de 10 a 14 e de 16 a 20 horas. Para poder acceder a esta actividade, que estará dinamizada por nove monitores, será necesario entregar un vale, selado pola empresa correspondente, xunto co ticket da compra, á hora de recoller ao menor, e que xustifique a realización de compras nalgún dos

establecementos integrados en AEVER. Con todo, este ano ao proxecto de ‘Ludonadal’ de Verín únense tamén a Eurocidade Chaves-Verín e Pro-Centro (Asociación para a promoción do centro urbano de Chaves) para impulsar unha iniciativa similar en Chaves para impulsar as compras nos establecementos deste municipio. Neste caso terá lugar do 16 ao 23 de decembro. [+ info: Oficina Municipal de Información Xuvenil ou no 988 414 776]

Baixo o lema ‘Comparte sorrisos e ilusións’ a Eurocidade, os concellos de Chaves e Verín, e as asociacións AEVER e ProCentro organizan unha campaña de recollida de xoguetes e alimentos. En Verín, os xoguetes usados, pero en bo estado, poderán entregarse na sede de AEVER ata o 22 de decembro. Mentres que os alimentos, non perecedeiros, recolleranse ata o 4 de xaneiro, nas instalacións nas que se realiza “Ludonadal e no pavillón de Deportes os días 28 de decembro e 2 de xaneiro. Os xoguetes entregararanse aos nenos do orfanato de Chaves e os alimentos estarán destinados aos maiores do municipio de Verín.

4Día do emprendedor

Empresarios verineses e flavienses compartiron experiencias o pasado 9 de decembro, na primeira edición do “Día do Emprendedor”. A iniciativa, que contou con preto de 150 participantes, converteuse nun punto de encontro onde presentar e discutir casos de logro e reflexionar sobre as oportunidades de negocio que eventualmente poidan xurdir, presentándose cen ideas de negocio no territorio da Eurocidade.




BARRIOS Decembro de 2010

VERÍN E COMARCA

O BNG reclama melloras no acceso a Queirugás

4 Para evitar riscos aos peóns e accidentes. Redacción O BNG de Verín reitera ao Concello a súa reclamación para mellorar o acceso a Queirugás no tramo anterior á ponte sobre o río. Sete meses despois de que fixeran a súa queixa, “as cousas seguen igual e a barreira provisional (feita cuns pauciños e unhas cintas) está medio caída e a barreira metálica tirada sobre o río e sen reparar”, indican nun comunicado. Naquel escrito ao alcalde do mes de maio, os nacionalistas detallaban a situación en que estaba o acceso á aldea de Queirugás no tramo anterior á ponte sobre o río. “Neste treito o trazado da estrada, cun acceso á ponte sumamente angosto -cunha anchura de pouco máis de dous metros hábiles- e en ángulo recto, comporta perigos evidentes para o tráfico rodado e para os peóns que circulan habitualmente por este acceso e que ve acentuado o seu perigo pola

pouca visibilidade que ten, ademais da súa angostura. A situación de precariedade chega ao punto de que as características da vía dificultan en extremo ou imposibilitan, nalgunha zona, o paso simultáneo de dous automóbiles que circulen en sentido contrario”, explicaban. Ademais “esta zona ten varias edificacións en estado ruinoso, pegadas literalmente á estrada, co perigo certo de que, dun día para outro, se derruben causando novos accidentes de maior gravidade”. Por último, a barreira quitamedos “está asentada sobre terra vexetal e, en consecuencia, calquera roce fai que se desprenda e quede colgante sen que serva para cumprir a función propia destas barreiras.” O BNG presentou agora no Concello un escrito dirixido á Deputación para que arranxen o trazado da estrada neste punto.

Turismo financiará un Plan Director para pór en valor o castelo de Monterrei

4 Os socialistas pedían a rehabilitación “inmediata” do complexo por parte da Xunta de Galicia. Redacción

gasto, aínda en 2010.

A secretaria xeral para o Turismo, Mª Carmen Pardo López, compareceu no Parlamento de Galicia para explicar o traballo que o seu departamento está realizando de cara á correcta rehabilitación e recuperación do conxunto monumental da Acrópole de Monterrei. A secretaria xeral avogou pola “posta en marcha dun verdadeiro plan, que defina as condicións fundamentais de aproveitamento da estrutura”, tendo como base o denominado “Plan de Usos para a Fortaleza de Monterrei e o seu entorno de protección. Directrices para un Plan Director”. En palabras da secretaria xeral, e dada a actual coxuntura económica, o plan anterior “carecía de usos produtivos”, polo que se fai necesario redefinilos “e converter a fortaleza nun elemento dinamizador da zona, activador da economía e

O PSdeG pide a súa rehabilitación Con respecto ás explicacións da secretaria xeral de Turismo sobre o futuro do castelo de Monterrei, o deputado socialista Juan Carlos Francisco insistiu no Parlamento que “non hai ningún atranco xurídico que impida á Xunta de Galicia actuar na rehabilitación e mellora deste espazo”. Os socialistas reclaman que se executara o plan previsto na anterior lexislatura, que contemplaba “a recuperación do conxunto habitacional existente (máis de corenta vivendas) para usos de aproveitamento turístico e comercial, así como a creación dun Museo da Imprensa, a posta en marcha dun Centro de Promoción do Viño e da Auga, un Centro empresarial e un Centro de Intercambio Institucional Galicia – Portugal”.

Vista do Castelo de Monterrei./ARQUIVO. xerador de emprego”, con usos que sexan “perdurables e fortalezan os recursos endóxenos da zona”, aseverou. A execución final deste realizarase, segundo informou a secretaria, a través do seu departamento, e coa aportación de fondos comunitarios –FEDER-. Aportación económica A responsable de Turismo indicou que o goberno galego vén contribuíndo con apoio económico á conservación de toda a infraestrutura do Castelo dende o ano 2009. “Na primeira fase de acondicionamento do Camiño Real a

obra ascendeu a un total de 387.592 euros”, dixo ao referirse á execución realizada entre o pasado ano e este 2010. “Na segunda fase de urbanización, mellora e pavimentación do Camiño Real de Verín está en previsión licitar no período 2010-2011 a obra cun orzamento de 525.717 euros”, sostivo. Nese sentido, dixo que os trámites administrativos relacionados co prego de prescricións técnicas para a elaboración do Plan Director iniciaranse, como expediente anticipado de

A Xunta quere converter a fortaleza “nun elemento dinamizador da zona”


VERÍN E COMARCA

O PP desminte paralizacións en Tamagos Redacción

O Grupo Popular, a través da deputada Cristina Romero, desmentiu as acusacións por parte do PSdeG de paralización do parque empresarial de Tamagos en Verín, salientando que a Xunta incluíu nos Orzamentos de 2011 unha partida de 5,7 millóns de euros para esa actuación. Romero indicou que a aprobación definitiva do proxecto sectorial “será unha realidade a finais do presente ano”, despois de que o actual goberno modificara a ordenación para adecuala aos requirimentos da Dirección Xeral de Patrimonio, negociara coa Demarcación de Estradas do Estado unha solución de acceso viario, planificara unha Plataforma Loxística de Transportes “non prevista polo anterior goberno” e iniciara os trámites para desenvolver a actuación en polígonos.

BARRIOS Decembro de 2010



A CHD limpa o río Támega ao A Xunta aproba o PXOM de Cualedro seu paso por Castrelo do Val 4 A actuación diminúe o risco de inundacións. Redacción A Confederación Hidrográfica do Douro (CHD) investiu 92.400 euros na limpeza e mellora da canle do río Támega ao seu paso polo termo municipal de Castrelo do Val. En total actuouse nun tramo de 3,2 quilómetros comprendido entre a presa existente na paraxe O Pontón e as inmediacións de O Rego do Muíño. Nesta zona o crecemento da vexetación arbustiva e arbórea estaba a dificultar o paso das augas o que incrementaba o risco de inundación por avenidas en caso de fortes choivas. Para corrixir esta situación procedeuse á limpeza manual, poda e aclareo da vexetación que estaba a invadir tanto a canle como

4 Tras correxir o Concello deficiencias na clasificación de solos. Redacción

Aspecto do río trala limpeza. /CHD. ambas as marxes do río. Ademais, elimináronse os pés das árbores mortas ou enfermos e rozouse a matogueira invasora, respectando as especies con interese botánico ou faunístico.

Esta actuación forma parte do Programa de mantemento e conservación de canles, dentro do cal a CHD inviste este ano en Ourense máis de 200.000 euros en 7 actuacións.

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas aprobou o Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Cualedro. Así se lle transmite á entidade local dende a Secretaría Xeral de Ordenación Territorial e Urbanismo, despois de que a entidade municipal corrixira unha serie de erros. Na orde do 11 de xuño de 2010 o Goberno galego instáballe a axustar os núcleos (en zona rural) de pedrosa, Saceda e Atás xa que a distancia máxima supera os 50 metros, mentres que no caso do núcleo das Estibadas se invade solo rústico de protección

de augas. Respecto do solo rústico, o plan tiña que recoller todas as determinacións do Proxecto Sectorial aprobado do parque eólico de Larouco e clasificalo como solo rústico de protección de infraestruturas. A Xunta de Galicia concedeu subvencións á redacción do planeamento deste concello ourensán por un importe de máis de 70.000 euros, dos que xa foron abonados un 60%. O último importe (29.024) farase efectivo no momento no que o Concello lle traslade á Secretaría Xeral de Urbanismo o certificado de acordo plenario da aprobación provisional. O PXOM de Cualedro comezou a redactarse en 2003.




BARRIOS Decembro de 2010

XINZO E COMARCA

O presidente de SEIASA anuncia a sinatura do convenio sobre os regadíos

EN BREVE

4 O PP sube

o IBI e restitúe soldos e dietas No último pleno municipal de Xinzo o grupo de goberno do PP aproveitou a ausencia do edil non adscrito Manuel Cabas para aprobar a suba do IBI e restituir as contías das dietas e a dedicación exclusiva da concelleira de Deportes que foran reducidos no pleno anterior ao encontrarse daquela o PP en minoría. Os concelleiros socialistas e nacionalistas abandonaron a sesión en sinal de protesta. No mesmo pleno tamén se aprobou a aplicación da suba do IPC nas tarifas de abastecemento de auga, saneamento e depuración.

4 Investimentos na comarca en infraestruturas A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas investirá no vindeiro ano 148,3 millóns de euros na provincia de Ourense. Desta cantidade destinará 4,9 millóns de euros á ampliación do parque empresarial de Xinzo e 801.111 euros á mellora da estrada entre Xinzo e Cualedro. Pola súa banda, Augas de Galicia investirá 159.886 euros na mellora do saneamento en Baltar, e xa no municipio de Xinzo, 153.554 euros para un colector xeral de saneamento en San Pedro de Loroá que conectará coa EDAR de Rebordechá e 116.610 euros para a conexión do saneamento do pobo de A Pena coa EDAR de Trandeiras.

4 Sentenza sobre a Mancomunidade de A Limia

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia confirmou por sentenza o ditame do Consello Consultivo de Galicia, polo que ratifica a validez do plano de viabilidade e do convenio colectivo da Mancomunidade da Limia. Segundo a sentenza, a mancomunidade deberá pagar aos traballadores da entidade en concepto de atrasos máis de 160.000 euros.

4 Hai previsión de facer unha dragaxe no río Limia nun tramo de dous quilómetros para o ano vindeiro. Autoridades observan un exemplar de tubérculo durante o II Salón Monográfico da Pataca./RAMSÉS.

II Salón Monográfico Pataca de Galicia Redacción Xinzo de Limia acolleu os días 19, 20 e 21 de novembro o II Salón Monográfico Pataca de Galicia organizado polo Inorde. O conselleiro de Medio Rural, Samuel Juárez, foi o encargado de inaugurar o certame, cun discurso de apoio ao sector por parte da administración para a

recuperación de variedades e aposta pola calidade. Un certame monográfico único en España e referente europeo de carácter bienal necesario e imprescindible para coñecer e debater o presente e o futuro dun produto indispensable na alimentación. Entre outras autoridades, acudiu o presidente da Deputación, José Luís Baltar,

quen destacou o labor da entidade provincial e do Inorde na investigación e desenvolvemento no sector da pataca, a través dun proxecto en colaboración con técnicos polacos, húngaros e romaneses. O salón celebrouse no pavillón de Xinzo, onde estiveron representadas máis de 150 empresas; no seu exterior, onde se atoparon as últimas novidades en maquinaria agrícola; e no Centro de Desenvolvemento Agrogandeiro, que acolleu unhas xornadas técnicas.

Droga, cartos e material incautado pola Garda Civil de Xinzo./G.C.

Detidos por tráfico de drogas en Xinzo

A Garda Civil de Xinzo de Limia detivo a dous individuos, veciños desta localidade, como presuntos autores dun delito de tráfico de drogas, ao serlles intervidos ao primeiro detido seis envoltorios con 55 gramos de cocaína e 500 euros en billetes de 50 euros falsos. A detención do súbdito portugués C.A.L. tivo lugar o 9 de decembro cando regresaba en autobús desde Barcelona, lugar onde presumiblemente adquirira a droga. En canto ao segundo detido, M.S.O, de 33 anos de idade, rexenta un bar de copas en Xinzo, no que os axentes, tras realizar un rexistro, localizaron unha balanza de precisión. A investigación iniciouse no mes de outubro, cando os axentes tiveron coñecemento de que as persoas agora detidas poderían dedicarse á venda de droga ao menudeo na localidade de Xinzo.

Redacción

lego”.

O presidente da Sociedade Estatal de Infraestruturas Agrarias do Norte (SEIASA do Norte), Graciliano Palomo, anunciou ao senador do BNG, Xosé Manuel Pérez Bouza, a próxima sinatura do convenio para os regadíos e A Limia. Palomo explicou que é cuestión de acordar as axendas da nova Ministra de Medio Ambiente coa Consellería de Medio Rural, unha vez que esta rematou a tramitación administrativa do convenio. O responsábel de SEIASA do Norte daba así resposta ás preguntas do senador do BNG quen o apremiou a comezar a modernización dos regadíos de A Limia. Ademáis, sinalou ao BNG que os seguintes pasos consisten en asinar convenios específicos con cada unha das Comunidades de regantes, subliñando que están definidos tres deles, e unha cuarta en dúbidas. Outras das cuestións de Pérez Bouza referíase á “cativa” dotación orzamentaria para o ano 2011, 60.000 euros, para catro regadíos, “é un orzamento mínimo”. O presidente de SEIASA afirmou que o que aparece nos “Orzamentos é unha previsión, e se hai oportunidade de investir máis no ano 2011, farémolo”. Pérez Bouza amosou a preocupación do BNG e dos regantes “porque ano tras ano a execución dos regadíos se demora cando é unha infraestrutura vital para actividade agro-gandeira”. Responsabilizou á Xunta do retraso de máis de ano e medio en presentar o Convenio marco cando “xa estaba definido polo anterior Goberno ga-

Declaración ZEPA Ademáis, puxo enriba da mesa outras cuestións referidas aos investimentos para os regadíos. “Pode haber algún problema na tramitación administrativa dos regadíos coa declaración de Zona ZEPA? Haberá máis retraso?”, e preguntouse se haberá fondos europeos “máis alá do ano 2013”. Neste sentido, Palomo sinalou que a declaración de Zona ZEPA “afecta a partes dalgunhas comunidades de regantes e a consecuencia será que haberá unha tramitación máis longa porque ten que contar con declaración de impacto ambiental”. Tamén aclarou ao BNG que “non hai límite temporal cos fondos europeos”. Dragaxe do Limia Outras das comparecencias solicitadas por Pérez Bouza en relación á materia medioambiental, foi a do presidente da Confederación Hidrográfica do MiñoSil, Francisco Fernández Liñares. Ante as críticas sobre o estado do río Limia e o feito de non teren investido a partida consignada nos Orzamentos do ano pasado para a limpeza do río, Fernández Liñares admitiu que non se gastaron os 200.000 euros dos Orzamentos porque se utilizaran na súa vez fondos do Plan E. Fernández Liñares adiantou que debido ao importante arrastre de area no río que provocou illas no medio do curso fluvial, “haberá que repetir unha operación que se fixo hai 8 ou 10 anos, unha dragaxe do río”. Afirmou que “temos que dragar o río aproximadamente en dous quilómetros ao seu paso por A Limia” e preveu que se realice o próximo ano.


XINZO E COMARCA

BARRIOS Decembro de 2010



4FOTO DENUNCIA

Amador Díaz./ARQUIVO.

Amador Díaz Penín, candidato do BNG á alcaldía de Xinzo

Os socialistas Elvira Lama e Juan Carlos Francisco./PSdeG.

O PSdeG emendará os Orzamentos da Xunta para A Limia

4 Pedirá cinco millóns de euros máis para a comarca. Redacción O deputado Jaun Carlos Francisco Rivera, explicou as emendas presentadas polo Grupo Socialista aos orzamentos da Xunta para a comarca de Xinzo, por un valor de 5 millóns de euros, que buscan fundamentalmente a posta en valor dos recursos propios, a recuperación económica e a creación de emprego. Francisco Rivera sinalou que dos orzamentos de 5,5 millóns de euros presentados pola Xunta, 4,5 millóns corresponden á quinta fase do polígono, partida que xa estaba incluida nos orzamentos para 2010 pero que non foi executada. O deputado socialista destacou as emendas para a promoción e comercialización da pataca da Li-

mia por valor de 500.000 euros, a partida de 2 millóns de euros para a modernización do regadío, os 400.000 euros para a ampliación e construción da segunda fase do Conservatorio de Xinzo, e os 400.000 euros para a rehabilitación de elementos culturais como é o Mosteiro das Trandeiras. Con estas emendas os socialistas buscan unha discriminación positiva para A Limia e inciden na cohesión social entre as comarcas, ao tempo que pretenden acabar coa estratexia do PP “de botar as culpas a outras administracións porque os Orzamentos da Xunta son un instrumento financeiro co que dar resposta ás necesidades que neste momento presenta a comarca”.

Redacción

Restos da poda de árbores sen recoller no entorno da rúa Río Salas. /BNG.

Denuncian o estado “lamentable” do entorno da rúa Río Salas

O portavoz municipal do BNG, Amador Díaz, recolle as queixas dun grupo de residentes no entorno da rúa Río Salas sobre a situación da zona. O nacionalista constata “a necesidade urxente de acometer o seu inmediato drenaxe, acondicionamento e urbanización completa”. Despois de comprobar in-situ o desleixo e forte degradación que padece este entorno no que atinxe á total falla de deseño e articulación urbanística, ao estado de asolagamento e á aparición de focos de lixo incontrolado, incluído o abandono das podas efectuadas pola brigada municipal, o BNG solicita “que todas estas demandas veciñais sexan atendidas e se determine unha solución definitiva e con garantías”.

As obras en Curros Enríquez, a piques de rematar

Para este Nadal confían desde o Concello de Xinzo que queden rematadas as obras de remodelación da rúa Curros Enríquez. A actuación consistiu na renovación de beirarrúas, pavimentación e iluminación. Falta un tramo de beirarrúas por rematar así como detalles como mobiliario urbano ou árbores.

Último tramo pendente de novas beirarrúas en Curros Enríquez, Xinzo./M.REJO.

A asemblea do BNG elixiu, por unanimidade, a Amador Díaz Penín como candidato á alcaldía do Concello de Xinzo nas vindeiras eleccións municipais de 2011. Tras un proceso aberto no que calquera militante puido optar a liderar a lista coa súa candidatura, a de Amador foi a única presentada e, “logo de facer unha valoración do traballo realizado e da extraordinaria oportunidade que se presenta diante da actual situación de descomposición do goberno municipal, plantexou un esquema de traballo e un proxecto para liderar este concello a partir do mes de maio”, indican os nacionalistas a través dun comunicado. A valoración dos militantes foi positiva polo labor que se está a desenvolver e manifestaron “o seu apoio incondicional ao candidato e á súa vontade de colaborar, ao tempo que lle pedían responsabilidade e traballo”.


10

BARRIOS Decembro de 2010

DEPORTES

Ensinando baloncesto en Xinzo

4 O Club Ourense Baloncesto impartirá o Campus de Nadal entre o 26 e o 30 de decembro. Redacción O Club Ourense Baloncesto en colaboración coa Concellería de Deportes de Xinzo de Limia vai organizar un campus de baloncesto durante o Nadal, que terá lugar no pavillón de deportes de Xinzo de Limia, entre o 26 e o 30 de decembro. Os obxectivos do campus son os de mellorar os fundamentos técnicos do baloncesto e contribuir a unha educación deportiva máis sana e humanista. Para iso faranse adestamentos, proxectaranse vídeos e habera competicións e torneos. O Campus será impartido por polos adestradores do primeiro equipo do COB, Paco García e Raúl Jiménez, ademais de adestradores da canteira do club ourensán e técnicos galegos, e está dirixido a nenos e nenas de categorías benxamín e ata júnior (de 8 a 17 anos). O prezo da inscrición é de 30

euros para os canteiráns do COB e de 40 euros para o resto. As inscricións pódense realizar ata o 17 de decembro nas oficinas do Club ou nos tteléfonos 988 100 001 e 699 707 985. O COB, en Verín O COB tamén se despra-

zará o 27 de decembro a Verín, para adestrarse no complexo deportivo A Granxa, en horario de mañá e tarde. Ese mesmo día, de 12 a 13 horas, xogadores do club enregarán posters asinados, camisetas e autógrafos aos nenos que acudan a esta cita.

R. Torres

Paco García, adestrador do COB, será un dos técnicos que impartirá o Campus. /RAMSÉS

4 O Club Ciclista de Montaña BTT Verín celebrou o seu terceiro aniversario. O Club Ciclista de Montaña BTT Verín celebrou o seu terceiro aniversario a pasada fin de semana co Paseo de Nadal del Club Ciclista de Montaña BTT Verín. Ao evento estaban convocados os socios e todos aqueles amigos da bicicleta de montaña da comarca que, quixeran participar.

O Concello de Xinzo prepara os “10 Qm. Vila de Xinzo de Limia”

4 Aínda que poden cambiar a data para marzo está previsto que teña lugar o 9 de xaneiro.

Tres anos a golpe de pedalada Redacción

Saída da edición anterior. /ARQUIVO

O punto de encontro foi a praza do Concello, lugar onde tivo o punto de saída e a chegada do evento. O percorrido da proba foi polo casco vello de Verín para, acto seguido marchar cara aos núcleos rurais de Villamaior, Pepín e Castrelo do Val (no concello de Castrelo do Val), Retorta e Matamá (no concello de Laza). No pobo de Matamá, to-

dos os participantes puideron gozar dun almorzo composto por chocolate quente con bica ademais de, para os máis valentes, calos. A este Paseo de Nadal acudiron uns 60 ciclistas entre nenos e maiores dos cales, só para os socios, tiveron ao finalizar a ruta unha comida de confraternidade.

A Concellería de Deportes do Concello de Xinzo de Limia organiza unha vez máis, a cuarta edición dos “10 Qm. Vila de Xinzo de Limia”, proba homologada pola Real Federación Española de Atletismo, sendo unha das poucas homologadas en Galicia nesa distancia (en Ourense xunto coa San Martiño son as únicas homologadas). A organización, que corre a cargo da Concellería de Deportes, Xuventude e Voluntariado de Xinzo conta co apoio da Asociación Deportiva Limiactiva para que todo saia como nas anteriores edicións.

Posible cambio de data Desde a organzación do evento e xunto coa colaboración da Federación Galega de Atletismo estase a traballar nun posible cambio de data, o que faría que a proba se desprazara a marzo, pero ata o peche desta edición, a data é a que tiñan establecido nun primeiro momento, o domingo, 9 de xaneiro de 2011. Se ao final o cambio de data é real, é moi posible que aumente o número de participantes (411 chegados á meta na absoluta o ano pasado), xa que en xaneiro, moitos corredores populares de Galicia e Portugal botanse atrás e non acuden á cita por culpa do mal tempo, non é a primeira vez que neva na

carreira, polo que un tempo máis primaveral faría que a afluencia de populares fóra masiva para tentar facer marca persoal nunha carreira de 10 quilómetros homologados que se presta para facer bos tempos debido a un terreo prácticamente liso. Aínda que non se mude de data, o éxito está asegurado e cada ano supera en participación ao anterior coa inscrición de xente da nosa comunidade, de comunidades veciñas e do norte de Portugal. Ademais, para que entren en calor os participantes, ao finalizar a proba hai preparado chocolate quente e bica; así que, sexa cal sexa a data, ninguén faltará á cita.

Xogadores de cachibol. /SAUDETER.

O cachibol está de moda

Participantes do Paseo de Nadal organizado polo Club Ciclista BTT Verín.

Identico ao voleibol, pero coa única diferenza que se permite retención da pelota, o cachibol é un deporte de orixe mexicana pero con moito tirón en Galicia, como o demostra os máis de 700 veteranos deportistas que participaron no IV Encontro Galego de Cachibol de Vilalba, Lugo. Alí os equipos dos centros comunitarios de Verín e Xinzo intercambiarón balóns, emocións e diversión.


especial INORDE

BARRIOS Decembro de 2010

11

Aprobados por unanimidade os Orzamentos do Inorde para o ano 2011

Ascenden a 2.579.0000 euros, cifra á que hai que sumarlle 740.000 euros de convenios coa Xunta e proxectos europeos. A 2.579.000 euros ascende o Orzamento do Instituto Ourensán de Desenvolvemento Económico (Inorde) para o ano 2011, que vén de ser aprobado por unanimidade polo seu Consello. A redución con respecto ao exercicio anterior é do 11,67%, debido á caída nos ingresos, entre eles a achega da Deputación que diminúe en 382.690 euros. Esta baixada compénsase con recortes nos gastos: así, a partida de persoal redúcese nun 6,18%, a de gastos correntes e servizos nun 21%, a de transferencias a outros organismos (como o Padroado de Turismo, Expourense ou a Universidade de Vigo) un 7,82%, e a de investimentos en proxectos cofinanciados coa Unión Europea un 7,34%. Con respecto aos convenios e proxectos que se xestionen no 2011, o Inorde informa que se xerará o crédito correspondente para a súa execución. Para o ano vindeiro, o organismo anuncia a presentación de novos proxectos con socios interrexionais de países da ampliación (Polonia, Bulgaria, Romanía ou Hungría) no ámbito do desenvolvemento rural,

empresarial e turismo. Convenios con outras administracións Aínda así, o Inorde contará para gastar durante o ano próximo con 3.318.951 euros, dado que ao orzamento ordinario hai que sumarlle as anualidades de convenios asinados coa Unión Europea e a Xunta de Galicia. Trátase de 121.285 euros que veñen de convenios coa Consellería de Medio Rural para un Programa de recuperación, conservación e fomento de recursos zooxenéticos autóctonos de Galicia en período de extinción, así como outro convenio coa Cosnellería de Traballo para a contratación de persoal. En canto aos proxectos de cooperación transfronteiriza e interrexional aprobados pola Unión Europea, a anualidade de 2011 suma 618.666 euros. Neste apartado atópanse os 53.587 euros do proxecto “Comunidade Territorial de Cooperación CTC” e os 68.943 euros do proxecto “B2N: Bussiness to Nature”. Tamén haberá achegas o ano próximo para o proxecto “Estacións vivas:

O Inorde organizou o II Salón da Pataca en Xinzo no mes de novembro. valorización do espazo entorno ao patrimonio cultural”: un total de 164.439 euros para proseguir na recuperación das vellas estacións de ferrocarril da provincia. Ademais, de Europa virán outros 236.597 euros para “Promercado: desenvolver e valorizar produtos endóxenos” e 95.100 euros máis para “CTC II: Comunidade Territorial de Cooperación”.

4 O orzamento do Inorde en cifras Capítulo Diferenza Importe 2010 - Importe 2011 en % 1. Persoal -6,18% 2. Gastos correntes e servizos -21% 3. Gastos financieiros 4. Transferencias a organismos /entidades -7,82% 6. Investimentos e proxectos UE -7,34% 8. Activos financieiros -100% Reducción orzamentaria 2010-2011 - 11,67% Total Orzamento Ordinario 2011: 2.579.000 euros Convenios 2011 coa Xunta de Galicia 121.285 euros Proxectos aprobados UE 618.666,70 euros Dispoñible para execución 2011 3.318.951,70 euros

En 2011 o Inorde presentará proxectos deseñados con socios interrexionais dos países da ampliación da UE (Polonia, Bulgaria, Romanía ou Hungría) no ámbito do desenvolvemento rural, empresarial e turismo

Visita ás plantacións de castiñeiros de técnicos xaponeses interesados polo proxecto Castaña do Inorde.

A maiores do orzamento ordinario, o Inorde terá dispoñible para execución o ano próximo 121.285 euros da Xunta de Galicia e 618.666 euros da Unión Europea correspondentes á anualidade de 2011 de convenios asinados con estas administracións


12

BARRIOS Decembro de 2010

OCIO E CULTURA

Os cativos centran o programa de Nadal en Verín

Música, teatro e visitas do Pai Noel e os Reis Magos en Xinzo

Redacción

Redacción

4 Haberá un espazo de lecer no Amaro Refojo durante todas as vacacións navideñas. O Concello de Verín con motivo da celebración do Nadal 2010 e os Reis 2011 organiza un conxunto de actividades culturais e festivas para os rapaces durante a época de Nadal. A programación dá comezo o 18 de decembro co Concerto de Nadal do Conservatorio na Casa da Cultura. Na mesma data pero na Casa da Xuventude, e grazas ao programa de dinamización lingüística Bocaberta “Detras da canción”, está previsto un Curso de Música Caseira seguido do concerto acústico de The Homens e Projecto Mourente. Dentro do mesmo programa o Pavillón acollerá a actuación de Mamá Cabra o día 23, destinada a un público familiar, así como os obradoiros familiares “Cantar e Contar en Familia” do día 27 na Casa da Cultura. Na mesma xornada do 23 de decembro a Casa da Cultura acolle a estrea da obra

teatral “La Cerillera”. Froito dunha colaboración coa asociación de empresarios para facilitar a conciliación familiar e as compras, os cativos terán un espazo de lecer, “Ludonadal”, do 23 de decembro ao 7 de xaneiro no centro de educación infantil do Amaro Refojo, en horario de mañá e tarde. O programa prosigue o 28 de decembro coa visita do Carteiro Real ao Pavillón de Deportes, no que durante toda á tarde haberá diversos obradoiros e unha chocolatada con churros. O Carteiro tamén recollerá as cartas que os menores verineses depositen ata ese día nun buzón situado diante da casa consistorial. Contacontos e visita a Pazolandia O Concello de Verín tamén programou un Ciclo de Contacontos Interculturais no Nadal para os días 29 e 30 de decembro, 3 e 4 de xaneiro, na Casa da Cultura, así como unha visita

ao parque de atraccións infantís Pazolandia para o día 30 de decembro. Para esta activiade é preciso inscribirse e pagar unha cota de 10 euros. Os máis pequenos tamén terán o seu propio Cotillón Infantil de Noitevella, o 31 de decembro en horario de mañá na praza do Concello, con música, doces e maquillaxe de festa. O dous de xaneiro o Pavillón acolle un espectáculo de pallasos con agasallo para os nenos que acudan. E a gran data que todos agardan é o 5 de xaneiro, cando a partir das 16 horas os Reis Magos e o seu séquito percorran as rúas da vila do Támega. A festa rematará cunha Gala de Reis no Pavillón Municipal de Deportes.

A cabalgata dos Reis Magos percorrerá as rúas de Verín desde ás 16 horas do 5 de xaneiro

4 As obras do concurso de postais de Nadal estarán en exposición na Casa da Cultura. Este venres 17 de decembro dá comezo a programación de Nadal de Xinzo organizada polo Concello en colaboración con moitas outras entidades da vila. Farao cunha festa de Nadal e visita do Pai Noel á Casa da Cultura. Na xornada do día 18, a Igrexa Nova acolle a actuación de “Amil Folc” dentro do festival coral. A Xinzo tamén chegará o programa de dinamización lingüística “Detrás dunha canción” composto dun obradoiro de música caseira e o concerto de The Homens e Projecto Mourente. Será o domingo 19 na Casa da Cultura. O 21 de decembro é o turno para o teatro, con dúas sesións de “A Esmorga” representada polos alumnos do instituto Cidade de Antioquía. O día seguinte a oferta é música, co concerto dos alumnos do Conservatorio na Casa da Cultura.

O Rei Melchor en Xinzo./ARQUIVO. O día 26 Xinzo ofrece máis música, desta vez a décima edición do Festival de Panxoliñas na Igrexa Nova da vila. A terceira proposta musical chega o día 30, co Festival de Nadal da Escola de Gaitas do Concello de Xinzo, que será na Casa da Cultura. Xa en xaneiro, o día 4, a Casa da Cultura de Xinzo presenta un espectáculo infantil-familiar de teatro “Polas Pólas”. Un dos momentos máis agardados será o 5 de xaneiro, véspera de Reis, cando a cabalgata dos Reis Magos desfile polas rúas de Xinzo.

Parte ás 17.30 do Pavillón e remata na praza Maior, onde Melchor, Gaspar e Baltasar recibirán a todos os nenos. O día de Reis, a Igrexa Nova é o recinto elixido para o Festival Coral, que terá lugar despois da misa da tarde. Durante todo o Nadal poderanse visitar na capital da Limia dúas exposicións na Casa da Cultura: unha de postais e outra sobre lareiras galegas.

A cabalgata partirá do Pavillón ás 17:30 horas e rematará na praza Maior


OCIO E CULTURA

Desde o 15 de decembro, o vestíbulo principal do Hospital de Verín acollerá a exposición de tarxetas de nadal, elaboradas por fillos dos traballadores do centro, concurso mediante o que tradicionalmente se elixe a felicitación institucional, que se dixitaliza e envía por correo electrónico. Este ano presentáronse 28 traballos e todos eles recibirán un obsequio. Os gañadores desta edición son, na categoría infantil, Julián González Abuin, de 5 anos; na cadete, Lara Fernández Morais, de 7 anos, e na xuvenil, Pablo Couso Barja, de 12 anos. Todos eles, ao igual que o resto de participantes, recibirán os seus premios o vindeiro día 27 de decembro, ás 17 horas nun acto que terá lugar no salón de actos do Hospital, e ao que seguirá unha merenda na cafetería.

13

4AS IMAXES DO MES

EN BREVE

4 Exposición de tarxetas no hospital de Verín

BARRIOS Decembro de 2010

4 Votación de carteis ‘Entroido 2011’

Ata o 8 de xaneiro estarán expostos, na Casa do Escudo de Verín, os once carteis participantes no concurso do ‘Entroido 2011’ para a súa votación por parte dos veciños da localidade. Os tres carteis que reciban máis votos outorgaráselles 6 puntos ao primeiro 4 ao segundo máis votado e 2 ao terceiro. Posteriormente, un xurado someterá aos tres carteis anteriores a unha segunda elección, no que lle outorgará ao cartel máis votado un total de 4 puntos; ao segundo, 3 puntos; e ao terceiro deles un total de 2 puntos. Tras esta segunda elección, sumaranse os puntos dos tres carteis e o cartel dos tres seleccionados que máis puntos obteña será o gañador. É un proceso de votación cualificada, onde a decisión cidadá correspóndese ao 60% e a do xurado un 40%.

4 Mostra de ‘Beléns do Mundo e Filatelia Natalicia’

A Casa do Escudo de Verín acolle ata o 8 de xaneiro a exposición ‘Beléns do Mundo e Filatelia Natalicia’. No apartado Beléns do Mundo, a mostra exhibe 35 misterios de Nadal con máis dun cento de figuras exentas en pequenas dimensións, procedentes de Madagascar, Camerún, Brasil, Ecuador, Perú, Colombia, México, Venezuela ou Portugal, entre outros países. Esta parte da exposición compleméntase con máis dunha trintena de pezas de artesanía que proceden de Latinoamérica e África, instrumentos de percusión africanos, así como paneis informativos sobre os misioneiros da comarca de Verín. A maioría do material que se expón pertence á Delegación Diocesana de Misións de Ourense.

Poesía no IES García Barbón

As poetas María Lado e Lucía Aldao, no IES García Barbón de Verín, o 29 de novembro./IES G.B.

Os estudantes do instituto García Barbón tiveron unha sesión de poesía a cargo das poetas María Lado e Lucía Aldao. Baixo o título “Moita poesía e pouca diversión” e coas voces das propias artistas acompañadas de guitarra, demostraron o irónico do título posto que fixeron as delicias do público que riu á escachar. Tratouse dunha actividade organizada polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega do centro.

Premio para un cativo verinés

Manuel Quintas, co seu debuxo./CdV.

Manuel Quintas Martínez, un neno verinés de sete anos, obtivo o terceiro premio no VII Concurso de felicitacións de Nadal da web oficial do piloto Fernando Alonso. Unha actividade na que participaron máis de 200 nenos de diferentes países, entre eles 50 de Verín, e que foi impulsada desde a Biblioteca Pública Municipal.


14

BARRIOS Decembro de 2010

ARTIGOS/ CLASIFICADOS

4EN FORMA

4DESDE O OUTRO LADO DA RAIA

Prevención de situacións de dependencia Un dos retos actuais das políticas sociais é o de potenciar actividades para mellorar a calidade de vida das persoas maiores favorecendo a autonomía persoal a partir da estimulación das capacidades persoais e incidindo así de forma positiva na prevención e retaso da dependencia. Residencias xeriátricas, asilos, hospitais para anciáns desamparados, fogares do pensionista, asociacións da terceira idade, centros de día, son diferentes espazos nos que as persoas maiores ou ben viven diariamente ou pasan gran parte do seu tempo. Dado que a forma máis sa de transcorrer as horas de lecer e tempo libre é utilizalas en procesos activos que transcorran de forma divertida e entretida, evitando a pasividade, monotonía e o sedentarismo, os órganos de dirección destas instalacións empregan cada día máis recursos en proporcionar multitude e variedade de actividades orientadas a todos os gustos, e ás capacidades persoais e individuais de cada un. Estimulación sensorial, cognitiva, motora e afectiva Na maioría de ocasións estas institucións non sempre dispoñen de persoal propio capacitado para organizar, dirixir e desenvolver toda a posible oferta que sería desexable realizar para impulsar a estimulación sensorial, cognitiva, motora e afectiva dos nosos maiores, por exemplo talleres de memoria de estimulación neuropsicolóxica, sesións de cinema, talleres de teatro, musicoterapia, ioga, rutas de sendeirismo, bailes de salón, pilates, sesións informativas sobre as recomendacións básicas para a utilización dos parques biosaludables de forma segura, charlas sobre os beneficios da alimentaci��n sa, hábitos de vida saudables e os problemas que achegan as prácticas nocivas como o tabaquismo, alcoholismo, sedentarismo, etc., talleres de manualidades, mesmo realización de excursións, ou a organización de visitas a espazos culturais ou espectáculos deportivos en grupo. Adaptación e individua-

lización Todas estas e outras moitas actividades que se poidan dirixir á terceira idade deben ser individualizadas e adaptadas á propia autonomía de cada usuario proporcionando así a posibilidade de que todos participen de forma segura e achegando esa gran ilusión que todos os que traballamos neste sector observamos día a día nas nosas relacións as con persoas maiores. Deberase prestar especial atención a aquelas persoas que comecen a ter pequenas dificultades para levar unha vida persoal e social normal, co obxectivo de promover un estilo de vida activo e manter uns niveis funcionais satisfactorios. Profesionalidade É de gran importancia deixar en mans das empresas especializadas neste sector a planificación, coordinación e implantación, de todas estas actividades e que poñan a súa experiencia ao servizo dunha excelente execución destes proxectos, apoiándose en persoal ben cualificado con características e perfís adecuados para o traballo con persoas maiores. Cando se trata diariamente con grupos de poboación especiais como podes ser os nenos ou as persoas da terceira idade é moi importante non cometer erros no traballo que poden chegar a ser incorrixibles e causar prexuízos irreparables, ás veces o pór en mans non cualificadas actividades de certa esixencia física estes danos adoitan ser habituais, por iso non basta

con copiar o que outros fan sen máis xa que levaría a situacións de risco con problemas que iso pode carrexar. Entidades como Saudeter recentemente galardoada co 4º posto nos Premios AGADER ás iniciativas de desenvolvemento rural da Consellería de Medio Rural, desenvolven programas integrais de apoio aos maiores para promover a autonomía persoal, prevención de situacións de dependencia, a adquisición de hábitos de vida saudables e a dinamización social. O seu traballo desenvólvese cunha dedicación total dirixida a proporcionar o maior nivel de calidade posible e un trato sensible cara aos usuarios. Cunha achega permanente de innovación a través da investigación, deseño e desenvolvemento de innovadores servizos. Accións que se están desenvolvendo En diferentes puntos da nosa xeografía atopámonos con algúns exemplos de entidades envorcadas no obxectivo de proporcionar aos maiores diversas ferramentas en beneficio da súa autonomía motora e cognitiva, diversión e integración social. Un exemplo diso é o Fogar Santa María de Verín no que se impartirán durante dez meses actividades dirixidas a potenciar a estimulación integral das áreas ensorial, motora, cognitiva e afectiva.

José Manuel Paredes González, licenciado en Educación Física e técnico de Saudeter

Dende outubro ata abril Saudeter está a desenvolver actividades lúdico terapéuticas no asilo de Verín: entre outras, ximnasia adaptada, musicoterapia, manualidades, cine, teatro, ioga, taichí, baile, bingo, canto, pandereta ou pintura. Segundo o responsable da empresa, Fran Baladrón: “é o típico proxecto que sabes que o acabar haberá un antes e un despois, en todos os sentidos. Estamos a aprender moito, moito”.

4CLASIFICADOS

A visita do presidente chinés a Portugal Hai máis ou menos 20 anos, a China, o tal terrible imperio que nos quería subtrair o territorio de Macau que, 400 anos antes, uns mandarins doaron á Coroa Portuguesa. Fai uns escasos días recibimos e ben, cun incontido entusiasmo, o presidente desta gran nación, que, segundo se supón, trae na súa bagaxe moi diñeiro, para comprar a débeda soberana de Por-

tugal; dá que pensar, hai 20 anos leváronos Macau, sen pagar nada; agora veñen pagar, o que deberían ter feito na altura. Non é esta China que ten alimentado os E.U.A., nos últimos dous anos, comprando o 40 % da súa débeda pública? Hoxe foi recibido polo goberno portugués con moita suntuosidade e para o ano acá estamos novamente para o aplaudir... João Damião

4EMPREGO [Chame a Teleemprego Cimo - 902 11 60 39, de luns a venres de 8 a 14 horas. Máis información: www.cimoemprego.com] Oferta Nº 977342 Localidade: Ourense Posto ofertado: Axudante/ a de cociña.Requírese persoal para elaborar tapas e petiscos nunha tapería da cidade. Imprescindible experiencia no posto. Horario de 13:00 a 16:00 e de 19:00 a peche. Ofrécese día libre á semana a convir. Oferta Nº 977341 Localidade: Ourense Posto ofertado: Aprendiz de perruqueiro/a necesítase aprendiz para realizar tarefas básicas de barbaría: lavado, secado e tinguidura de pelo. Valorarase experiencia previa en posto similar. Ofrecen traballo a xornada completa con quenda partida e día libre á semana máis domingos. Até 24 anos. Oferta Nº 977336 Localidade: Ourense Posto ofertado: Administrativo/a necesítase persoal para realizar tarefas de atención ao público presencial e telefónica, vendas, etc. Imprescindible ter Ciclo Superior en Secretariado e experiencia previa mínima de seis meses en inmobiliarias. Necesarios coñecementos de informática a nivel usuario. Ofrecen traballo a xornada completa de 09:30 a 13:30 e de 16:30 a 20:30 horas de luns a venres e sábados a convir. Oferta Nº 977334 Localidade: Ourense Posto ofertado: Profesor/a de sistemas dixitais. Academia selecciona persoal para impartir clases da materia de sistemas dixitais da Enxeñaría de Informática. Ofrecen traballo en horario de mañás. De 25 e 45 anos.

Oferta Nº 977333 Localidade: Ourense Posto ofertado: Técnico/ a departamento loxística. Empresa selecciona persoal para levar a cabo tarefas de xestión, seguimento e control da correcta distribución dos produtos, control de stock, interacción con clientes e provedores, etc. Con experiencia en contorna industrial, valorándose positivamente que esta sexa no sector da automoción. Imprescindible ser nativo/a de idioma lituano con nivel alto de inglés e español. Idade entre 25 e 45 anos. Oferta Nº 977324 Localidade: Ourense Posto ofertado: Perruqueiro/a necesítase persoal para levar a cabo tarefas de manicura, pedicura, lavar, cortar, peitear, etc. Ofrécese contrato de catro meses con posibilidade de ampliar. Horario de luns a venres de 09:00 a 13:00 e de 16:00 a 20:00, sábados de 08:30 a 14:00. Ofrécese día libre os mércores pola mañá. Imprescindible experiencia no posto dun ano. Oferta Nº 977323 Localidade: San Cibrao das Viñas Posto ofertado: Condutor/a de guindastre autopropulsada. Necesítase persoal co permiso de operador de guindastre móbil autopropulsada (categoría B), carné de conducir C+E e dous anos de experiencia no posto, para traballar en obras e servizos puntuais. Imprescindible ter o curso básico de prevención en riscos laborais no sector da construción. Traballo a xornada completa de luns a venres en quenda partida.

[Deixe os seus anuncios no 988 239 634 ou en info@ourenseporbarrios. com. Gratuítos para particulares; negocios, consultar tarifas. Os anuncios mantéñense durante dous meses; no caso de que queira repetilos despois dese prazo ou retiralos antes, volva chamarnos]

VIVENDAS E ALUGUERES Véndese apartamento a estrear, adaptado a xente con minusvalía. Con amplisima terraza e garaxe pechado, con mando. Tel.988 204 477 - 670 003 292 - Zona 21(Ourense) Vendo casa en Reza (Ourense) con terreo. Algo reformada. Bo prezo. Tel. 679 925 834. Para inversores: véndese apartamento A Valenzá equipado con mobles, garaxe pechado e boa adega na actualidade alugado a un bo inquilino. Bo prezo. Tel. 600 82 60 29. Véndese piso en San Rosendo (Ourense) de 90m2, cociña ampla e luminosa, 2 baños completos, 3 dormitorios, salón, garaxe, trasteiro. Exterior e en bo estado. 167.000 euros. Tel: 666 417 968. Alugo chalet a 3 quilómetros de Ourense (chega o bus urbán). 3 habitacións, 2 baños, garaxe, calefacción gasoil e leña, finca de 1.000 m2. Tel: 658 148 350. Vendo piso en Emilia Pardo Bazan (Ourense), 4 hab con armarios empotrados, salón, 2 baños e cociña equipados. Ascensor, garaxe, trasteiro. Tel. 696 00 43 13. Vendo chalet na Castellana (Ourense) ou cambio por piso. Tel. 678 018 105

Vendas, motor, traballo... Chama ao 988 239 634 ou escribe a info@ourenseporbarrios.com e déixanos o teu anuncio, de balde!


AXENDA / SERVIZOS

BARRIOS Decembro de 2010

15

Edita: Letras a la Carta S.L. CIF: B-32.323.925. Depósito Legal: OU 185-2006 e OU 186-2006. Redacción: r/ Valle Inclán 25 2º Of. 15 - 32004 Ourense. Tel: 988 239 634 - 988 549 717. Correo-e: info@ourenseporbarrios.com. Distribúe: J Publicidad. Imprime: PublicacionesTameiga. Directora: Paula Lodeiro. Director comercial: Miguel Rejo. Redacción: Paula Lodeiro, Ramsés Torres, Óscar Blanco. Fotografía: Ramsés Torres, Paula Lodeiro, Óscar Blanco. Colaboracións: Saudeter, Joao Damiao, Borys Martínez Nº49 - Ano: V - Decembro 2010 - Difusión: 10.000 exemplares (Ed. Xinzo de Limia:4.500, Ed. Verín: 5.500) Impreso en papel 100% reciclado. Comarca de Monterrei A opinión do periódico exprésase só no editorial, os artigos e cartas ao director expoñen posturas persoais. Este periódico non pode Concello de Verín 988 410 001 ser reproducido nin total nin parcialmente, sen autorización previa da empresa editora Letras a la Carta S.L. Se ten algún problema co Concello de Monterrei 988 418 002 reparto, pregámoslle que nolo comunique no teléfono 988 239 634.

4TELÉFONOS DE INTERESE

4 ESTACIÓN DE AUTOBUSES DE VERÍN

4AXENDA 4Música - 18 de decembro - Concerto de Nadal do Conservatorio - 12 h. - Casa da Cultura de Verín - 18 de decembro - Concerto para os nosos maiores - 16 h. - Residencia Maiores Santa María Verín - 18 de decembro - Concerto coral Aimil Folc - 20 h. - Igrexa Nova de Xinzo - 18 de decembro - Curso de música caseira e concerto de The Homens e Projecto Mourente - 18 e 20 h. - Casa da Cultura de Verín 19 de decembro - Curso de música caseira e concerto de The Homens e Projecto Mourente - 17 e 20 h. Casa da Cultura de Xinzo - 22 de decembro - Certame Musical de Nadal do Conservatorio - 20 h. - Casa da Cultura de Xinzo - 23 de decembro - Concerto Ola, ola, la! - 17 h. Pavillón Deportes de Verín - 25 de decembro - Concerto da Coral - 19 h. - Hospital de Verín - 26 de decembro - Festival de Panxoliñas - 20 h. - Igrexa Nova de Xinzo - 26 de decembro - Concerto de Xanononoto 23:45 h. - La Casa de los Sueños de Verín - 27 de decembro - “Cantar e contar en familia” 16:30 h. - Casa da Cultura de Verín - 30 de decembro - Festival de Nadal da Escola de Gaitas - 20 h. - Casa da Cultura de Xinzo - 6 de xaneiro - Festival Coral - 20 h. - Igrexa Nova de Xinzo

4 Cinema Cine Club Nosferatu - 22.45 h. - Casa da Cultura de Verín: - 16 de decembro - “Un gángster para un milagro 4 Exposicións - Ata o 7 de xaneiro - Traballos gañadores do Concurso de Postais - Casa da Cultura de Xinzo - Ata o 8 de xaneiro “Beléns do Mundo e Filatelia Natalicia” - Casa do Escudo de Verín - Ata o 15 de xaneiro - “Ao pé do lar” - Casa da Cultura de Xinzo 4 Teatro - 21 de decembro - “A Esmorga” - 10 e 12:30 h. -

4SUDOKU

Casa da Cultura de Xinzo - 23 de decembro - “La Cerilla” - 19 h. - Casa da Cultura de Verín - 4 de xaneiro - “Polas Pólas” - 17:30 h. - Casa da Cultura de Xinzo 4 Outros - 16 de decembro - Charla informativa sobre o Plan Maior de Seguridade 17 h - Centro Social Comunitario de Verín - 17 de decembro - Visita do Pai Noel - 20 h. - Casa da Cultura de Xinzo - 25 de decembro - Monólogo de Ramón Guamá - 23.45 h. - La Casa de los Sueños de Verín www.mundourense.com

Nivel medio

Verín - Xinzo - Ourense Laborables: 06:15 - 08:00 08:45 - 10:30 - 13:30 - 15:00 - 17:00 - 18:45 - 22:00 - Sábados: 08:00 - 13:30 - 15:00 - 17:30 - 22:00 - Domingos e festivos: 08:00 - 15:00 - 17:30 - 18:45 - 22:00 Ourense - Xinzo - Verín Laborables: 06:30 - 07:50 - 10:30 - 12:15 - 13:30 (aut.) - 15:00 - 16:45 - 18:00 - 20:30 (aut.) - Sábados: 06:30 (aut.) - 10:30 - 13:15 (aut.) - 16:00 20:15 (aut.) - Domingos e festivos: 06:30 (aut.)- 12:00 - 13:15 (aut.)- 16:00 - 20:15 (aut.) Videferre - Verín Saídas: 09:00 - 12:30 - Regresos: 11:45 - 13:45 - 18:30 Campos - Verín Saídas: 07:45 - Regreso: 13:00 Viana - Gudiña - Verín Saída: 09:30 - Regreso: 13:00 Feces de Abaixo - Verín Saídas: 09:50 - 12:35 - 18:20 - Regreso: 12:15 - 18:00 Feiras en Medeiros S. Cristobal - Verín: Saída: 07:00 - Regreso: 12:00 - 14:30 Magdalena - Verín: Saídas: 08:00 - Regreso: 12:00 - 14:30 Verín - Videferre (feiras) Regreso: 15:30 A Madrid: Diario: 11:50 16:00 - 0:50 - Domingos: 0:20 A Andorra: Saídas martes e venres ás 16:30 h. A Suíza: Saídas martes, xoves e sábados ás 13:00 h. A Francia, Bélxica, Holanda, e- Alemaña: Saídas martes, xoves, venres e sábados ás 16:00 h. A Euskadi, Valladolid, Cataluña, consultar na estación.

4 ESTACIÓN DE AUTOBUSES DE XINZO Para resolvelo, coloca un número en cada recadro de maneira que cada fila, cada columna e cada un dos nove recadros conteñan os números do 1 ao 9 sen repetirse. Nestes dous sudokus, as dúas liñas diagonais longas (marcadas en gris) deben tamén conter cada un dos números do 1 ao 9.

A Madrid (Auto Res): Diario: 00.25 - 11:15 - 15:30 h. A Francia, Bélxica, Holanda e Alemaña (Socitransa): Saídas martes e venres ás 13:15 h A Suiza: Xoves e sábados 13 h. Galicia-Algeciras (Dainco), consultar na estación.

Concello de Oimbra Concello de Vilardevós Concello de Riós Concello de Castrelo de Val Concello de Laza Concello de Cualedro Comisaría de Policía Verín Policía Local Verín Guardia Civil Protección Civil Estación de autobuses Taxis - Parada Hospital Taxis - Parada Estación Autobuses Taxis - Parada Praza Merced Taxis - Parada Praza do Concello Ambulatorio Urxencias Ambulatorio Cita previa Hospital de Verín Cruz Vermella Correos e Telégrafos Rexistro Civil de Verín Rexistro da Propiedade Oficina de emprego Oficina da Seguridade Social Servizos Sociais Verín Cáritas Parroquial IES nº1 de Verín IES García Barbón I. Bacharelato X. Taboada Chivite CEIP Amaro Refoxo CEIP Princesa de España Comarca de A Limia Concello de Xinzo Concello de Porqueira Concello de Calvos de Randín Concello de Baltar Concello de Os Blancos Concello de Trasmirás Concello de Sarreaus Concello de Vilar de Barrio Concello de Sandiás Concello de Vilar de Santos Concello de Rairiz de Veiga Policía Local Xinzo Guardia Civil Estación de autobuses Centro de saúde Punto Atención Continuada Rexistro civil de Xinzo Rexistro da Propiedade Taxis - Parada Oficina de emprego Oficina da Seguridade Social Xulgado de 1ª Instancia Servizos Sociais Xinzo Cáritas Parroquial IES Lagoa de Antela IES Cidade de Antioquía CEIP Rosalía de Castro CEIP Sergio Mascareñas Gardería Municipal Oficina Agraria Comarcal da Limia ITV Incendios forestais Fenosa (averías)

988 426 160 988 417 004 988 425 032 988 419 002 988 422 002 988 424 004 988 414 123 988 411 612 988 410 005 988 412 121 988 413 516 988 414 342 988 411 812 988 410 385 988 411 113 988 410 800 988 413 460 988 413 636 988 411 600 988 411 038 988 410 387 988 410 737 988 410 703 988 410 253 988 414 776 988 410 679 988 411 212 988 410 379 988 410 041 988 411 425 988 410 128

988 550 111 988 466 102 988 434 000 988 466 503 988 467 506 988 445 000 988 454 002 988 449 001 988 465 001 988 465 883 988 465 552 988 462 425 988 462 361 988 460 309 988 462 200 988 462 456 988 46 0 188 988 460 209 988 460 258 988 460 375 988 462 951 988 462 364 988 550 111 988 460 222 988 462 454 988 461 271 988 460 480 988 460 507 988 461 049 988 460 024 902 309 000 085 988 222 222


BARRIOS Decembro de 2010

[10.000 exemplares directos ás súas mans]


[10.000 exemplares directos ás súas mans]

4 SUMARIO

Verín e comarca_ [páx2-5] Xinzo e comarca__ [páx.6-7] Deportes______ [páx.10] Número: 49 - Ano: V- Decembro 2010 - Depósito Legal: 0U 186-2006 - Periódico mensual de distribución gratuíta

Especial: o Inorde presenta os seus orzamentos para 2011__________ [páx.11] Ocio e cultura_ [páx.12-13]

VERÍN

Páx .2

Presentado o Plan de Infraestruturas do Medio Rural de Verín

VERÍN

Páx.3

COMARCA

Páx.5

O Concello e AEVER A Confederación ratifican o convenio de Hidrográfica limpa o ‘Ludonadal’ Támega en Castrelo

OCIO

Páx.12

Os cativos centran a programación de Nadal en Verín

Artigos e clasificados____ _____________ [páx.14] Axenda e pasatempos____ ______________ [páx.15]

O castelo de Monterrei agarda pola súa rehabilitación A Secretaría Xeral de Turismo financiará un plan director para pór en valor toda a acrópole.

BARRIOS - VERÍN volve estar no seu buzón a mediados de XANEIRO. Se quere anunciarse consulte no 685 800 190.

[páx. 4]


Decembro 2010 - BXV