Issuu on Google+

Pablo Rodríguez vence no Ciclocross de Maceda VERÍN

Páx.3

As obras do Centro Cultural das Artes avanzan a bo ritmo

XINZO

Páx.8

A obra da mellora da depuradora deberá concluírse este ano

ALLARIZ

Páx.11

Elixidos os 10 xardíns que integrarán o FIXA 2015

CELANOVA Páx.14 O Bosque Máxico entregará os premios do seu concurso

[páx. 17]

OCIO

Páx.20

Verín e Xinzo comezan a ter ambiente de entroido

Cabalgatas de Reis [páx. 12-13]

[páx. 2]

Liberdade con cargos para os autores dunha agresión en Verín Fachada do bar de Verín onde se produciu a agresión./ O Rei Baltasar con varios cativos na cabalgata de Celanova. B.LORENZO.

/P.LODEIRO.

Número: 9 - Ano: X - Xaneiro 2015 - Depósito Legal: OU 142-2014 - Periódico mensual de distribución gratuíta www.periodicobarrios.com - BARRIOS volve estar no seu buzón a mediados de febreiro. Se quere anunciarse consulte no 685 800 190




BARRIOS Xaneiro de 2014

VERÍN E COMARCA

Electrodomésticos Afonso, gañador da iniciativa “Máis que comercio!” 4 Este negocio foi o que máis clicks recibiu por parte dos clientes, que optaban a premios votando ao seu comercio preferido. Redacción Os participantes na iniciativa da Consellería de Economía e Industria “Centros Comerciais Abertos Máis que comercio!”, que se desenvolveu durante todo o mes de novembro

nos negocios asociados ao centro comercial urbano de Verín elixiron como o seu establecemento favorito da localidade a tenda de Electrodomésticos Afonso Otero, asociada ao grupo Tien21, que conta cun equipo de 12 traballadores e

dedícase á venda e instalación de electrodomésticos e de mobles de cociña. Este negocio, un proxecto familiar que comezou a funcionar hai 24 anos, foi o que máis clicks recibiu en www.maisquecomercio. com, web na que os clien-

O delegado da Xunta en Ourense, Rogelio Martínez, entregando o premio ao xerente de Electrodomésticos Afonso./RAMSÉS

tes podían participar nun xogo en liña por cada 5 euros de compra e optar a diferentes premios ao tempo que elixían o seu comercio preferido. O centro comercial urbano de Verín rexistrou dentro desta iniciativa máis de 6.400 participacións de usuarios. O delegado territorial da Xunta en Ourense, Rogelio Martínez, foi o encargado de entregar o diploma a este establecemento, así como os agasallos aos clientes gañadores. Aposta polo comercio de proximidade Martínez salientou que “Máis que comercio!” céntrase en destacar o traballo dos centros comerciais abertos, que permiten, desde o asociacionismo, o desenvolvemento de estratexias para a posta en valor da ampla oferta comercial coa que contan as vilas galegas. Esta iniciativa resalta os valores do comercio de proximidade, como son a calidade, o trato ao cliente ou a variedade. Neste senso, o CCU de Verín resultou beneficiado con apoios por parte da Consellería de Economía de máis de 39.000 euros.

Esta iniciativa destaca a calidade e o trato ao cliente do comercio de proximidade

En liberdade con cargos os autores dunha agresión nun bar de Verín 4 Con orde de afastamento de cen metros. Redacción O xuíz do Xulgado de Instrución número 2 de Verín decretou liberdade con cargos para os catro detidos acusados de seren os autores dunha agresión ao propietario, o seu fillo e outro empregado do bar Luscofusco de Verín, acontecida o pasado luns 12. O xuíz tamén lles impón unha orde de afastamento de cen metros do citado local, ubicado na rúa Irmáns Moreno da localidade. Os detidos son M.S.S, de 31 anos de idade, A.S.R, de 34 anos e

C.M.R, de 42 anos, e J.S.R, de 21 anos todos eles de etnia xitana e veciños de Verín. O luns á noite, os catro agrediron ao dono, o seu fillo e outro camareiro deste bar, cando estes lles chamaron a atención polo alboroto que estaban causando. Os tres tiveron que ser atendidos no hospital verinés a causa das lesións provocadas polos botellazos e puñadas recibidos.

O dono, o seu fillo e outro camareiro tiveron que ser atendidos no hospital

Camareira e fillo do dono do Luscofusco, que estiveron presentes durante a agresión./BRAIS LORENZO.


VERÍN E COMARCA

O futuro do Castelo de Monterrei debátese no Congreso 4 Os populares acusan ao PSOE de preferir que estea pechado a que sexa usado como parador. Redacción A deputada popular Ana Belén Vázquez defendeu na Comisión de Cultura do Congreso celebrada a mediados de decembro a localización dun parador no Castelo de Monterrei “pola posta en valor da infraestrutura que isto significa e porque con iso xérase emprego na comarca á vez que se contribúe a manter un ben de interese cultural”. Segundo a popular, esta nova situación permitiría á comarca contar cun establecemento de 4 estrelas e aberto os 365 días do ano, co mantemento do 100% dos postos de traballo de maneira permanente e a posibilidade de que se incremente a oferta laboral. Vázquez criticou a ac-

O PP insiste en que o parador só ocupará o 17% do Castelo

titude do PSOE e lembroulle á deputada socialista Laura Seara que “se opón a construír un parador totalmente público que só ocupará o 17% da superficie do Castelo, mentres que no 2007 a proposta socialista supuña un 63% de superficie ocupada por un hotel público ou privado”. “Prefiren ver o castelo libre e que caia, que non ocupado e xerando emprego e progreso para a zona”, insistíu. Ademais, lembrou que o proxecto do Parador foi escollido por unha Comisión de expertos, o que o dota dunha “contrastada calidade técnica”. Ana Vázquez afirmou que a Xunta ten un compromiso total co Castelo de Monterrei, dacordo con tres prioridades “que o castelo siga sendo público, que se manteñan os usos culturais e que se protexan os postos de traballo existentes”.

As obras do Centro Cultural das Artes de Verín avanzan a bo ritmo 4 Xesús Vázquez visitou os traballos correspondentes á primeira fase. Redacción O Centro Cultural das Artes é un equipamento que está chamado a ser un elemento clave na vertebración da política cultural local e no eido da Eurocidade. Esta fase, na que se está a construír o Auditorio principal, a cafetería, o espazo de administración e de aseos da futura dotación, conta co financiamento do Concello de Verín, da Deputación de Ourense e da Xunta de Galicia, e supón un investimento conxunto de 3.334.884 euros. Destes, en concreto, o Goberno galego achega, a través da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria (1.344.198,96 euros), da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas (1.260.000 euros),

As obras precisarán un investimento da Xunta de Galicia de 3,3 millóns

e a Axencia Turismo de Galicia (200.000 euros), máis de 2,8 millóns de euros. Parte das devanditas actuacións están sufragadas a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional do Programa operativo FEDER.

Avances Cómpre lembrar que a execución deste equipamento cultural avanza a bo ritmo. Logo da explanación, limpeza e escavación de terras, téñense posto as lousas de cimentación, executado os muros de contención e os forxados

BARRIOS Xaneiro de 2015



do chan da planta baixa do futuro Centro das Artes de Verín. Así mesmo, levantáronse os piares, tanto de formigón como metálicos, da planta baixa-primeira, e os piares de formigón da primeira-segunda do aulario, e forxouse o teito da planta baixa no cubo correspondente da cafetería e ao aulario. A todo o anterior hai que engadirlle a realización dos saneamentos e drenaxes de toda a edificación; a instalación da rede equipotencial de toma de terra; e o armado da rampla de acceso ao escenario. Despois de Reis comezouse a colocar a pedra da fachada.

O conselleiro de Cultura e Educación, Xesús Vázquez (no centro da imaxe) estivo acompañado durante a visita ao Centro das Artes polo alcalde de Verín, Juan Manuel Jiménez (á dereita)./BORYS MARTÍNEZ




BARRIOS Xaneiro de 2014

VERÍN E COMARCA

“Aires Nosos” inaugura instalacións A Asociación Amigos da Cultura e do Ocio “Aires Nosos” inaugurou no mes de decembro as súas novas instalacións na rúa da Muralla, nun acto ao que asistiron a secretaria xeral de Igualdade, Susana López Abella, e o alcalde de Verín, Juan Manuel Jiménez. A asociación cumple en xaneiro oito anos traballando na promoción da igualdade no municipio.

‘Campus de Emprendemento Sostible’ na Casa da Cultura 4 O día 22 de xaneiro. Redacción “Aires Nosos” recibiu 20.000 euros da Secretaría Xeral de Igualdade para a adecuación dun novo local para as súas actividades. Na imaxe, a secretaria Susana López Abella, xunto ao alcalde Jiménez Morán e membros da asociación./CdV.

A Casa da Cultura de Verín acollerá o vindeiro 22 de xaneiro o ‘Campus de Emprendemento Sostible’, organizada polo Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE) coa colaboración dos concellos de Verín, Riós, Oímbra, Monterrei, Laza, Cualedro e Castrelo do Val, Antena Local de Verín da Cámara de Comercio e Industria de Ourense e da Asociación Monteval. A iniciativa está destinada a desempregados, empresarios e técnicos de institucións locais, co obxecto de dar a coñecer unha forma de sensibilización e aprendizaxe sobre os negocios sostibles, que incorpora visitas a empresas. Unha forma práctica e directa de escoitar as historias contadas por persoas que un día decidiron ser empresarias, e na que se produce unha interacción entre persoas responsables de empresas sostibles na comarca de Verín e os participantes no campus. O programa do ‘Campus de Emprendemento Sostible’ iniciarase ás 09.30 horas coa recepción de asistentes e apertura da xornada, seguido da visita a Terras de Baronceli, Pecado de Outono e Biocoop, tres empresas da comarca. “Creando Redes” Este campus está enmarcado dentro do proxecto “Creando Redes”, realizado polo IGAPE cos axentes de desenvolvemento local das comarcas de Valdeorras, Verín e Viana, para a formación específica en creación de redes empresariais en territorio e redes profesionais entre os técnicos partici-

4 Experiencias de éxito Os participantes no campus visitarán tres experiencias de éxito na comarca. No caso de Terra de Baronceli, trátase dun complexo gastronómico natural, tenda e fábrica de conservas situado no val de Monterrei. Mentres que a empresa Pecado de Outono é unha entidade formada por unha parella de produtores de froita ecolóxica que montaron unha pequena industria para deshidratar a castaña, co obxecto de fomentar o seu consumo e alargalo no tempo. E Biocoop SCG foi fundada no ano 1998 pola unión de once gandeiros de vacún coa idea de orientar as súas explotacións a unidades produtivas respectuosas co medio ambiente, co benestar animal e coa saúde dos consumidores. pantes na experiencia. O obxectivo final é informar á poboación en situación de desemprego das actividades que responden as necesidades locais, co fin de fomentar a inserción no mercado laboral, ben por conta propia ou ben por conta allea, en particular no sector de aproveitamento agroalimentario. Os interesados en participar no ‘Campus de Emprendemento Sostible’ deberán inscribirse nas dependencias das entidades colaboradoras, xa que as prazas son limitadas. En Verín, a inscrición debe formalizarse na oficina de Desenvolvemento Local.

Preténdese fomentar a inserción no mercado laboral


VERÍN E COMARCA

O IES García Barbón organiza o Premio de Blogs 2015 para os seus estudantes Potenciar o uso pedagóxico das novas tecnoloxías é un dos obxectivos que se establecen na Programación Xeral Anual 2014/2015 do IES García Barbón. A referencia concreta dos recursos informativos do centro en internet e as explicacións correspondentes –páxina web do centro, blogs e redes sociais- poden verse en detalle en: http://bitly. com/barbontic. O centro leva sete cursos organizando o Premio de Blogs escolares “Barbón Blog” para os estudantes da materia de TIC (Tecnoloxías da Información e da Comunicación) e nesta ocasión, que xa sería a oitava edición, organiza o Premio de Blogs 2015, que se dirixe ao conxunto do alumnado do centro. O blog será individual –non se admiten blogs colectivos- e redactado preferentemente en lingua galega –pode ter entradas noutras linguas impartidas no centro- e creado en 2014 ou 2015.

Para poder participar hai que enviar un correo electrónico detallando datos como nome e apelidos, curso e grupo, nome, url e breve comentario sobre o blog, a premiosblogs2015@ gmail.com. Valoración Os criterios xerais de valoración dos blogs fixan a súa atención, de maneira preferente, na elaboración de contidos propios e de calidade. Valorarase a orixinalidade das aportacións e os comentarios recibidos. Os temas do blog atenderán preferentemente ás ensinanzas cursadas, o futuro académico e profesional ou as reflexións do alumno. Complementariamente, o estudante ten a

posibilidade de engadir outras achegas diversas sempre que sexan creacións propias. Un grupo de profesores e profesoras realizará a avaliación dos blogs e elixirá os tres premiados. Haberá tres premios que está previsto entregar a finais do mes de xuño de 2015. Poderá haber premios especiais. O xurado prestará especial atención na verificación da autoría das distintas aportacións ao blog e na obrigatoriedade de citar a procedencia da información, no caso de non ser de propia autoría. En caso contrario, o blog queda fóra do Premio. [+ info: http://premioblogs2015.blogspot. com.es/]

Chaves amplías o prazo para participar nos concursos GAMES@EU 4 Ata o 31 de xaneiro. Redacción O municipio de Chaves vén de ampliar ata o 31 de xaneiro o prazo de inscrición nos concursos europeos e local GAMES@EU. Estes certames, destinados a mozos de entre 16 e 25 anos que participen en grupo, teñen por obxectivo promocionar e salvagardar os deportes e xogos tradicionais.

Os participantes na edición europea do concurso deberán elaborar un pequeno traballo de investigación para a promoción e salvagarda dos deportes e xogos tradicionais, e subilo á web www.gamesnetproject.eu en inglés, español ou portugués ata o 31 de marzo. Os vencedores en cada unha das dúas categorías (de 16 a 19 anos e de 20 a 25 anos) levarán un pre-

mio en metálico de 1.000 euros. Na edición local do concurso, a inscrición debe realizarse na web www.chaves.pt ata o 31 de xaneiro, mesma web onde debe publicarse o traballo. Neste caso o premio é de 400 euros por categoría, e a entrega de galardóns será no mes de maio nun evento no que se realizará demostración de xogos populares.

BARRIOS Xaneiro de 2015



EN BREVE 4 Cambios no sinal de TDT no centro de Feces Para cumprir co proceso de liberación do Dividendo Dixital, a Xunta de Galicia está poñendo en marcha unha serie de actuacións que axuden aos concellos a realizar os cambios necesarios nos centros de extensión de cobertura do sinal de TDT. O centro de extensión de cobertura de TDT de Feces, en Verín, realizou o pasado 14 de xaneiro o apagado de frecuencias de emisión actuais e acendido nas novas frecuencias asignadas. Son 90 veciños de Feces de Cima os que se beneficiaron deste cambio.

4 ‘Rodeira Monocolor’ na Sala de Exposicións Ata o día 30 de xaneiro, a Sala de Exposicións de Verín acolle a mostra ‘Rodeira Monocolor’, realizada por José Luis Diz, socio fundador da Asociación Fotográfica “O Potiños”. Esta mostra está conformada por unha vintena de fotografías (dezaseis en branco e negro, dúas en azul e dúas en amarelo) da praia de Rodeira, en Cangas do Morrazo, asentadas no ‘Street Photography’, que busca recuperar o vello oficio do fotógrafo de antano. “As cores de identidade de Rodeira son basicamente azul e amarelo: azul, polo mar que ten diante e parcialmente cóbrea todos os días, e amarelo, das finas areas que bisbisean ao paso das ondas que morren na súa marxe. A alteridade pona a xente que alí se concentran día a día durante o verán, cos seus tecidos multicolores, antucas publicitarias, etc. e ten que ser de novo o final da tempada de baños a que lle restitúa a Rodeira o seu colorido orixinal”, destaca o fotógrafo. A exposición poderá visitarse de luns a sábado en horarios comprendidos entre as 10 e ás 14 e das 17 ás 19.30 horas.




BARRIOS Xaneiro de 2014

VERÍN E COMARCA

Comezan as melloras da rúa Jacinto Santiago de Vilardevós 4 O orzamento da obra ascende a 256.000 euros, dos que o 92% achégaos a Xunta. Redacción A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas iniciou o 14 de xaneiro as obras de mellora na rúa Jacinto Santiago, un eixo de comunicación fundamental en Vilardevós. A obra foi adxudicada á empresa Construcións Rafer, SL, que xa executou os traballos de acopio de material. Esta actuación é froito dun convenio asinado entre a Consellería de Medio Ambiente e o Concello e conta cun investimento de preto de 256.000 euros, dos que a Xunta achega o 92%, 235.398 euros, e o importe restante o ente municipal. Finalidade O obxecto da actuación é o arranxo da principal conexión entre as estradas Verín - Soutochao e Vilardevós - Riós, unha rúa de marcado carácter comercial cun deseño de antigüidade superior aos 100 anos. Cómpre sinalar que aos pavimentos actuais fáltanlles as definicións nas pendentes lonxitudinais e transversais, que permitan o drenaxe superficial, ocasionando acumulacións de augas en días chuviosos. Deste xeito, a actua-

Biblioteca Pública Municipal de Verín/CdV.

Máis de 350 novos socios na Biblioteca de Verín

A conselleira de Medio Ambiente Ethel Vázquez e o alcalde de Vilardevós Manuel Cardoso nunha xuntanza na Delegación da Xunta en Ourense./P.LODEIRO. ción comprende as obras necesarias de demolición das unidades existentes en mal estado de conservación e a súa posterior construción. Debido á irregular distancia entre as dúas frontes de edificación, proxéctanse tamén unhas beirarrúas de anchura variable, segundo o permitan as fachadas. Novos proxectos O alcalde de Vilardevós, Manuel Cardoso, mantivo esta semana un encontro coa conselleira de Medio Ambiente, Ethel Vázquez, para presentarlle varias obras que ve necesarias para o municipio. A primeira delas é a mellora do abastecemento

e saneamento de varios núcleos de Vilardevós, cun orzamento estimado de 250.000 euros. O rexedor tamén lle propuxo á responsable de Medio Ambiente da Xunta obras de arranxo en varios viais de titularidade municipal, cun orzamento que supera os 200.000 euros. Por último, Cardoso quere que a Xunta arranxe unha curva na OU-310, estrada de titularidade autonómica, para diminuir a súa perigosidade.

A antigüidade do deseño desta rúa, de marcado carácter comercial, supera os 100 anos

A Biblioteca Pública Municipal de Verín conta na actualidade con 2.905 socios, dos que 368 se sumaron a este servizo no 2014. Unha cifra á que debe engadirse o número de préstamos totais realizados durante todo o ano, que foron 5.120, similar ao do ano 2013. No marco da Programa de Voluntariado Cultural e Fomento á Lectura, a biblioteca realizou durante o pasado ano 63 actividades para nenos de entre os 3 e 9 anos, doce máis que no 2013. Desde o ano 2006 ata a data, programou un total de 316 iniciativas nesta área, que lle permitiron acadar numerosos recoñecementos de distintas organizacións como a Embaixada de Chile, a Federación de Fútbol, a Fundación Antena 3, a UNESCO e a Federación de Gremios de Editores de España.

Aula CeMIT de Verín, impartindo un curso./CdV.

A aula CeMIT de Verín, a mellor de Galicia A aula CeMIT de Verín clausura o 2014 converténdose, por segundo ano consecutivo, na mellor de Galicia por número de usuarios formados e actividades programadas (entre cursos, accións externas e cesión da aula), segundo o ránking e datos da Xunta. Cunha cifra de 125 actividades organizadas e 910 usuarios en 2014 (375 actividades e 2.633 usuarios acumulados dende 2012) a aula mantense no alto da clasificación. Entre os 95 cursos impartidos neste ano, tiveron numerosos alumnos as clases de internet, compras seguras na rede, correo electrónico, DNI electrónico, opera co teu banco, redes sociais, ofimática ou retoque fotográfico.


PUBLICIDADE

BARRIOS Xaneiro de 2015






BARRIOS Xaneiro de 2014

XINZO E COMARCA

EN BREVE

A mellora da depuradora de Xinzo deberá concluírse en 2015

4 I Feira da cervexa en Xinzo Os días 16, 17 e 18 de xaneiro Xinzo acolle a súa primeira Feira da Cervexa Artesá, cunha carpa sita na praza Maior. A festa comezará ás 5 da tarde do venres, e ata o domingo os asistentes poderán gozar da presenza de sete cervexeiros galegos, 25 estilos distintos de cervexa, show cooking e degustación de salchichas alemanas. Así mesmo, o sábado a partir das 16 horas terá lugar un curso de fabricación de cervexa caseira, e unha hora despois clases de baile latino. Xa o domingo ás 6 da tarde celebrarase un sorte dun lote de cervexas artesás. A banda de gaitas da localidade e unha charanga faranse cargo de amenizar esta primeira edición.

4 Talleres de coñecemento persoal e nutrición A Escola Rural de Saúde da Limia comeza neste mes de xaneiro con dous talleres. O primeiro deles abordará o coñecemento persoal. As clases serán impartidas os mércores pola tarde dende o 14 de xaneiro na Casa da Cultura de Xinzo. Pola súa banda, os días 15 e 16 de xaneiro terán lugar nese mesmo emprazamento dous talleres sobre nutrición, de 16.30 a 19.30 horas. O xoves abordarase a saúde e alimentación dos nenos; e o venres as necesidades nutricionais en adultos e persoas maiores. Todas estas iniciativas precisan de inscrición previa, polo que os interesados en participar poden anotarse na Casa da Cultura, no 603 78 44 35 ou no enderezo electrónico escolaruraldesaudedalimia@yahoo.es.

4 O Goberno autoriza o convenio entre a CHMS, Augas de Galicia e o concello. Redacción

Rogelio Martínez e Xaquín Rodríguez pasean por un dos camiños arranxados grazas ao Plan Marco./RAMSÉS.

Destinan 43.000 euros a arranxar dous camiños en Rairiz de Veiga 4 As obras foron executadas ao abeiro do Plan Marco. Redacción O delegado territorial da Xunta de Galicia en Ourense, Rogelio Martínez, supervisou o resultado dos traballos levados a cabo en Rairiz de Veiga ao abeiro do Plan Marco Programa de mellora de camiños de titularidade municipal da Consellería de Medio Rural e do Mar. Acompañado polo alcalde do concello, Xosé Xaquín Rodríguez, o delegado territorial visitou a zona onde se realizaron as obras. Os traballos consistiron na mellora da capa de rodaxe do camiño de Montealbán, logo dos labores de limpeza da maleza, e a reparación do camiño da Veiga. A actuación contou cun investimento total de 43.000 euros e ten como fin favorecer as condicións de tránsito e segu-

ridade vial e, deste xeito, proporcionar maior calidade de vida á poboación destes núcleos rurais. 3,6 millóns para toda a provincia Rogelio Martínez lembrou que, a través deste Programa Marco, a Consellería destinou na pasada convocatoria preto de 3.600.000 euros para levar a cabo actuacións en camiños e estradas rurais da totalidade dos concellos da provincia. Segundo salientou o delegado, “con estas iniciativas búscase dignificar e mellorar a calidade de vida da poboación que reside nestas zonas e contribuír a arranxar as deficiencias que persisten en determinadas zonas rurais”. A contía da dotación para financiar as obras que se executen nos concellos ourensáns a través do vindeiro Plan Marco 2014-

2015 duplicouse con respecto da do anterior, e cífrase en preto de 6 millóns de euros. Destes fondos, pouco máis de 2.700.000 euros corresponden á anualidade de 2014 e os máis de 3 millóns restantes á anualidade de 2015. Segundo o delegado territorial “este incremento permitirá atender proxectos que melloren un maior número de camiños”. Ademais, Martínez agradeceu a colaboración dos alcaldes no desenvolvemento destes programas que “poñen de manifesto a sintonía da administración autonómica e os concellos”.

As melloras beneficiaron ao camiño de Montealbán e ao da Veiga

O Consello de Ministros do 26 de decembro autorizou a subscrición do convenio de colaboración entre a Confederación Hidrográfica do Miño-Sil, Augas de Galicia e o Concello de Xinzo de Limia para o financiamento, execución, e encomenda da obras na depuradora desta localidade. O importe desta actuación ascende a 1,5 millóns de euros, dos que a Confederación Hidrográfica do Miño-Sil achegará o 80% (1,2 millóns), con cargo a fondos europeos, mentres que a Xunta de Galicia, a través do ente público Augas de Galicia, achegará o 20% restante (0,3 millóns). O Concello de Xinzo de Limia achegará os terreos necesarios e encargarase da explotación, mantemento e conservación. O prazo de execución

das obras será de seis meses e haberán de concluír en 2015. Deficiencias actuais Con esta actuación preténdense solucionar as deficiencias da actual EDAR, que non permiten cumprir, de modo continuo, os parámetros de calidade fixados na autorización de vertedura polo que respecta á concentración de nutrintes, de relevancia nunha comarca con marcada vocación agrogandeira. Esta situación provocou episodios de contaminación das masas de auga nunha comarca onde se sitúa o encoro das Cunchas e que, ademais, foi declarada Zona de Especial Protección de Aves (ZEPA) e Lugar de Interese Comunitario (LIC), polo que demanda unha especial protección ambiental.

O orzamento ascende a 1,5 millóns de euros

Ramiro Rodríguez será o candidato do BNG en Xinzo O actual voceiro do BNG no Concello de Xinzo, Ramiro Rodríguez, será o candidato desta formación nas vindeiras eleccións municipais. Rodríguez, informático de profesión, foi presentado a militantes e simpatizantes nacionalistas, nunha cea celebrada o pasado venres 9 nun

restaurante limiao. O concelleiro exerce como portavoz do Bloque na localidade desde a marcha de Amador Rodríguez Penín en xuño de 2012.


XINZO E COMARCA

Vilar de Santos xestionará un orzamento de 780.000 euros 4 En 2015 baixan os gastos correntes, aumentan os investimentos e conxélanse os impostos. Redacción Vilar de Santos vén de aprobar os seus orzamentos para 2015, que ascenden a 780.000 euros. Deles, o gasto de persoal supón o 39% e os correntes o 24%, ambos diminuíndo en relación a 2014. Así mesmo, o Concello reforza a inversión produtiva, destinando a investimentos 265.595 euros, o 34% do orzamento, un 4% máis que o ano anterior. Ademais, os impostos municipais permanecerán conxelados e os posibles aumentos nos custes dos servizos serán asumidos polo concello, nunca polos veciños. Emprego Dende Vilar de Santos apostan, ademais, por facer da localidade “un espazo atractivo para investir e crear emprego”, asegura o seu rexedor, Xan Jardón. Así, o Concello prepara a venda dun lote de parcelas de solo industrial, a prezo moi competitivo e cunha bonificación do 80% para

Continúa a aposta polos servizos sociais e o emprego

os proxectos de especial interese municipal por fomentar o emprego. Servizos sociais No 2015 procederase á ampliación do Servizo de Axuda no Fogar e de programas como o de Envellecemento Activo. Ademais, realizaranse melloras tanto no Centro de Día como na zona residencial da vivenda comunitaria, ampliaranse os servizos da Escola Infantil, e melloraranse os servizos á mocidade. Infraestruturas O Concello continuará este ano coas actuacións na Area de Rehabilitación Integral de Vilar de Santos; coas melloras na rede municipal de pistas e camiños agrícolas, e na rede de saneamento; e continuará co Plan de Aforro e Eficiencia Enerxética con novas actuacións de iluminación. Con estes orzamentos “cumprimos cos principios de eficiencia, estabilidade orzamentaria e sostibilidade financeira; así como inexistencia de débeda pública nin con provedores”, resalta Jardón.

BARRIOS Xaneiro de 2015



SLG alerta do incremento de ataques de lobos no Macizo Ourensán Redacción

Exercicios de ximnasia do programa de envellecemento activo de Vilar de Santos.

Vilar de Santos inicia o seu programa de envellecemento activo 4 Con obradoiros varios para os maiores. Redacción O Concello de Vilar de Santos comezou as actividades do seu programa de envellecemento activo, dentro do Plan de Igualdade e Benestar impulsado polo concello con programas e actividades abertos á participación veciñal e medidas de igualdade e dinamización social, cunha gran influencia na mellora da calidade de vida e do benestar. O programa de envellecemento activo está dirixido ás persoas maiores, con actividades adaptadas que se desenvolven no centro social de Parada e no multiusos da Casa do Concello todos os luns, martes e xoves ata o mes de agosto. Para o programa funcionará o transporte municipal. No Programa 2014-15, o Centro de atención de

persoas maiores de Vilar de Santos continuará o proxecto “Saber envellecer: corpo san en mente sa” semanalmente, con obradoiros de ximnasia, andainas, memoria en movemento, biodanza, relaxación, masaxes, xogos ou psicomotricidade cos obxectivos de prevención da dependencia, fomento da autonomía persoal e mantemento da saúde impartidos e dirixidos polo equipo interdisciplinar do centro: psicóloga, traballadora social, enfermeira, fisioterapeuta e xerocultora. O Obradoiro de Ximnasia Activa está dirixido por unha fisioterapeuta. Trátase de ximnasia suave adaptada aos maiores e que ten como obxectivo promocionar a autonomía persoal. Como novidade, coa chegada do bo tempo o programa realizarase nos parques biosaudables do

concello. Neste senso, haberá un servizo de asesoramento para o bo uso dos aparatos baixo a supervisión da monitora. Tamén nos meses de verán, ampliarán as actividades incorporando a psicomotricidade acuática polas mañás na piscina municipal. Memoria e novas tecnoloxías No Obradoiro de Memoria, previsto para febreiro, os maiores exercitan a memoria, a atención e a concentración, estimulando os recordos e a aprendizaxe, para diminuír os olvidos e despistes na vida diaria, ademais de manter a mente en forma. Ademais, no telecentro do Concello organízanse polas tardes actividades para achegar o uso das novas tecnoloxías ás persoas maiores.

O Sindicato Labrego Galego denuncia que as granxas de Maceda están a padecer un incremento dos ataques de lobos “até o punto que comeza a ser inviable a actividade gandeira no Macizo Ourensán”. A finais de decembro, os lobos devoraron, a plena luz do día, un xato de 250 quilos de peso dun gandeiro do lugar de Castro, na parroquia de Escuadro. Dende o Sindicato Labrego Galego denuncian que as compensacións que ofrece a Xunta son unhas axudas “ridículas”. O gandeiro Juan Francisco González xa puxo os feitos en coñecemento das autoridades, sabendo que o tope de compensación por animal morto non supera os 600 euros, que non pagan “nin de lonxe” o animal perdido, e descoñecendo por completo cando cobrará eses cartos. Entende o SLG que “se a Xunta de Galicia realmente quere que explotacións como a súa sigan desenvolvendo a súa actividade contra vento e marea, ao tempo que garante a conservación de especies salvaxes coma o lobo, debería axustar as indemnizacións ao valor real dos animais mortos e abonar os cartos no prazo máximo dun mes, amais de reducir significativamente os gastos e obrigas burocráticas de todo este proceso”.


10

BARRIOS Xaneiro de 2014

XINZO E COMARCA

SerigrafiArte traslada a súa actividade ao Parque Tecnolóxico A empresa SerigrafiArte, con 12 anos de traxectoria no sector das artes gráficas, traslada a súa actividade ao Parque Tecnolóxico de Galicia para adaptar a súa produción ao modelo avanzado que está a deseñar a través dun proxecto de innovación en colaboración con varias empresas galegas e a Universidade de Vigo. “No sector das artes gráficas aplicadas ao téxtil estamos a recibir cada vez pedidos máis pequenos con demandas moi personalizadas, polo que vimos a necesidade de ofrecer unha nova contorna de relación cos nosos clientes para ser máis competitivos”, explica Antonio Blanco, xerente da empresa. SerigrafiArte adquiriu o edificio que no seu día ocupou na Tecnópole o Centro

José Antonio Feijoo, elixido presidente do PP de Baltar 4 O actual alcalde proponse seguir mellorando servizos e infraestruturas. Redacción José Antonio Feijoo Alonso, actual alcalde de Baltar, foi elixido presidente local do PP nesta localidade, nun congreso celebrado en decembro.

Feijoo repasou as melloras acadadas nos últimos anos: “Conseguimos transformar o municipio dotándoo de pavillón, piscina, velorio, rehabilitacións integrais no consistorio e no centro de día, depósitos

Algúns dos produtos de SerigrafiArte. de Teleservizos de Galicia. Unha vez rematadas as obras, instalará nel toda a súa planta de produción xunto cos servizos loxísticos e tecnolóxicos. A nova plataforma que están a desenvolver e que agardan poñer en funcionamento no verán será unha tenda virtual na que o cliente poderá ver como queda o seu deseño sobre a prenda elixida,

comprobar o stock e obter o prezo final e o prazo de entrega, todo en cuestión de minutos. Unha vez realizado o encargo, poderá seguir e modificar o pedido en tempo real. Ademais, no prazo dun ano a empresa conta con traballar con varios deseñadores españois para ter unha carteira de patróns propios.

Asistentes ao Congreso local do PP en Baltar./A.PAZ.

de auga nos núcleos rurais, empedrado das pistas e centros sociais en todos os pobos”. Explicou que “queda moito por facer, pero sóbranos ilusión e gañas neste equipo. Ábrese unha etapa de ilusión e futuro”.


ALLARIZ E COMARCA

4 Os museos de Allariz pechan, por acondicionamento

4 A obra recolle os 25 anos de goberno nacionalista. A cidade de Ourense acolleu no mes de decembro a presentación do libro “Allariz. A construción dun país. (1989-2014) 25 anos de acción transformadora”, da xornalista Mar Gil. A edición do libro, a cargo da editora Difusora de Letras, Artes e Ideas, foi feita coincidir co 25 aniversario do goberno nacionalista de Allariz. Trátase dunha obra laboriosa e complexa elaborada tendo en conta as múltiples caras do poliedro Allariz que xira ao redor do trinómio natureza/patrimonio/habitantes. Ao longo de case 300 páxinas profundamente ilustadas e documentadas, tanto texto como fotografias narran a transformación experimentada por Allariz. O relato textual e

gráfico explican, con corte xornalístico, o proceso, os ámbitos de actuación e o traballo colectivo que ten conducido á vila e desde un estado de case abandono a finais da década de 80 até convertir Allariz nunha marca en si, sinónimo de progreso respectuoso, posta en valor dos recursos propios, iniciativa, calidade e benestar. A autora Mar Gil, veciña de Allariz e xornalista de profesión, é tamén autora de numerosos artigos publicados en obras colectivas sobre historia e personaxes de Allariz. As presentacións do libro continuarán nas principais cidades galegas a partir da segunda quincena de xaneiro.

A autora é a xornalista Mar Gil

Segue adiante o Programa Clara 4 As participantes reciben motivación para o emprego. Redacción As 26 mulleres participantes no Programa Clara, en Allariz, comezan este mes o módulo de motivación para o emprego. “O obxectivo pasa por cuestionar o modelo de traballo que existe así como definir o perfil profesional de cada unha das participantes. A idea é aproveitar, ademais da formación regrada, as habilidades e coñecementos das mulleres participantes como puntos fortes á hora de buscar emprego” explicaba Ana Cardoso, técnica de Igualdade do

municipio. O módulo impartirase durante xaneiro e a continuación comezará a formación específica, incidindo nas habilidades para a atención ao público. Programa Clara O Programa Clara está organizado entre o Concello, o Instituto da Muller e o Fondo Social Europeo. A súa finalidade prioritaria é a inserción laboral das mulleres, entendéndoa como un proceso que abrangue tanto a formación específica como a mellora persoal.

11

EN BREVE

Presentado o libro “Allariz. A construción dun país”

Redacción

BARRIOS Xaneiro de 2015

Compoñentes do xurado do FIXA con algúns dos xardíns seleccionados./CdA.

Elixidos os 10 xardíns que integrarán o FIXA 2015 4 Entre as seleccionadas, propostas de Austria, Francia, Italia ou Paraguai. Redacción Xa se coñecen os dez xardíns que comporán a edición 2015 do Festival Internacional de Xardíns de Allariz. Das 43 propostas presentadas a concurso, o xurado seleccionou dez: “Soudwave”, de Austria, “A la imagine de Allariz” de Paraguai, “Recolectando notas” de Zamora, “Armonie interiori” de Italia, “Musicalidad de bambú” de Barcelona, “Sinestesia” de Madrid”, “Cantos de sirenas” da Coruña, “#SoundTree” de Portugal e “Sinfonía Vegetal” de Barcelona. A música será o leitmotiv desta sexta edición do certame. O xardín gañador da pasada edición, “Inhouse” do coreano Takyung Kim, e a proposta didáctica que ela-

borará o colexio Padre Feijoo de Allariz completarán as outras dúas parcelas dispoñibles no recinto ao carón do río Arnoia. Criterios do xurado O xurado estivo presidido polo paisaxista portugués Francisco Caldeira Cabral, e composto por Francisco García, alcalde de Allariz, Bernardo Varela, concelleiro de Medio Ambiente, Tino Feijóo, aparellador municipal, e os paisaxistas Elsa Severino e José Crespí. As propostas seleccionadas seguiron criterios obxectivos, segundo explicaba o presidente do xurado Caldeira Cabral, “harmonía entre criterios estéticos e técnicos, creatividade e innovación e tamén a forma práctica de executar os xardíns”. Ata mediados de xanei-

ro os autores seleccionados deberán entregar o proxecto técnico, mentres a brigada municipal está a desmontar os xardíns actuais para que estea todo listo para comezar coa execución dos novos proxectos. O alcalde adiantaba que a data de inauguración do VI FIXA “será, se non hai impedimentos e dificultades, o 17 de maio”. Tema VII edición O xurado decidiu que a sétima edición do Festival de Xardíns de Allariz levará por título “Os xardíns do futuro”. Ata o 15 de novembro estará aberto o prazo para presentar as novas candidaturas.

A apertura do festival está prevista para o 17 de maio

A rede museística de Allariz, composta polo Museo do Coiro, Museo da Moda e Museo Galego do Xoguete, pecha durante este mes para acometer, como é habitual nestas datas, labores de acondicionamento. Os museos volven abrir as súas portas o día 6 de febreiro co seu horario habitual de inverno: sábados, domingos e festivos de 12 a 14 horas e de 17 a 19.

4Tramitación do programa Termalismo Social O Centro de Servizos Sociais Comunitarios no Fogar dos Maiores de Allariz informa e tramita as solicitudes para participar no programa Termalismo Saudable 2015, da Deputación. O programa “Termalismo Social” permite aos pensionistas recibir tratamentos termais para a reuma, artrose ou afeccións do aparato respiratorio, entre outros, a prezos reducidos, xunto a estanzas en balnearios. A inscrición para a primeira quenda remata o 16 de xaneiro e para a segunda o 18 de maio.

4 Allariz promove a reciclaxe de vidro O Concello de Allariz e a Asociación Ecovidrio impulsaron unha campaña para promover a recollida e reciclado dos residuos nos locais hostaleiros da localidade. A campaña comezou en setembro pasado coa realización de enquisas a 46 establecementos para informar desta iniciativa. En novembro instaláronse 11 novos contedores e repartíronse outros 33 de gran capacidade para os hostaleiros que o solicitaron, co obxectivo de facilitar o reciclado. Segundo datos de 2013, os veciños de Allariz reciclaron 167.700 quilos de vidro, o que supón que cada cidadán reciclou máis de 27 quilos.


12

BARRIOS Xaneiro de 2014

especial CABALGATAS

Cabalgata en Celanova

Dúas imaxes dos pequenos da Limia recibindo caramelos das Súas Maxestades./P.L.

Cabalgata en Xinzo Melchor, Gaspar e Baltasar chegaron a Xinzo pouco antes das cinco e media da tarde da véspera de Reis, montados en tres vehículos antigos descapotables. Acompañados dos seus paxes, os Reis Magos subiron a un palco onde escoitaron as peticións dos pequenos, aos que agasallaron con caramelos e cos que se fixeron fotos.

En Celanova é a parroquia a encargada de organizar a cabalgata de Reis, coa colaboración do Concello. Tras saúdar e agasallar aos maiores da Residencia San Carlos, as Súas Maxestades de Oriente emprenderon o percorrido a pé ata a praza Maior, acompañados dunha comitiva composta pola banda de música, soldados romanos, nenos con antorchas e os paxes reais. Na praza agardábaos un palco desde onde entregaron regalos aos menores celanoveses. Ao día seguinte Melchor, Gaspar e Baltasar participaron no belén vivinte no templo parroquial.

Melchor, Gaspar e Baltar foron a pé en Celanova, saudando e repartindo caramelos a nenos e maiores que enchían as rúas Francisco González Rei e Emilia Pardo Bazán./P.LODEIRO.

O Rei Melchor entregando agasallos (gorros para eles, bufandas para elas) aos maiores da Residencia San Carlos de Celanova./P.LODEIRO.


CABALGATAS especial

BARRIOS Xaneiro de 2015

13

Foron recollidos máis dunha tonelada de alimentos, roupa e xoguetes./NN.XX.

Éxito da campaña solidaria de Nadal de Novas Xeracións 4 Recadaron 800 quilos de alimentos, 150 de roupa e 100 de xoguetes. Redacción Melchor, Gaspar e Baltasar compartían carroza en Verín./CdV.

Cabalgata en Verín Os Reis Magos de Oriente comezaron o desfile de Verín ás seis da tarde, saíndo da Casa do Escudo. Acompañados do seu séquito, percorreron as rúas da vila do Támega ata un ateigado pavillón polideportivo, onde se desenvolveu unha gala na que Melchor, Gaspar e Baltasar entregaron agasallos aos cativos.

A campaña “Un sorriso por Nadal”, que levou a cabo Novas Xeracións (NNXX) do PP en Xinzo, culminou con 300 quilos de alimentos, 150 de roupa e 100 de xoguetes

que foron donados a Cáritas Parroquial de Santa Mariña para o seu reparto entre as familias máis necesitadas da capital limiá. Esta campaña complementouse co “I Torneo Solidario de Fútbol Sala de Xinzo de Limia”, que

acadou media tonelada de alimentos non perecedeiros donados por parte dos 21 equipos participantes e dos patrocinadores do evento. En total, foi máis dunha tonelada de solidariedade a recadada este Nadal por NNXX.


14

BARRIOS Xaneiro de 2014

CELANOVA E COMARCA

Premios aos mellores pinchos

O Bosque Máxico entrega os seus premios

Os concellos de Celanova, Bande e Verea entregaron premios e diplomas aos participantes no “I Concurso de pinchos da miña terra”, organizado polo obradoiro de emprego “San Rosendo. Segue o camiño...” durante as festas de Nadal. Ao acto de entrega de galardóns, celebrado no Auditorio Ilduara o día 10, acudiron os alcaldes dos tres municipios, así como os 32 establecementos de restauración de Celanova e Bande que particparon nesta iniciativa. Segundo os votos rexistrados, o premio para o pincho gañador recaeu no elaborado polo local “Administración”, mentres que o segundo e o terceiro premio foron parar para as creacións presentadas por “Corner” e “CasAberta”, respectivamente.

4 Nun acto o 17 de xaneiro en Bande.

Redacción

Redacción

Autoridades, na clausura de “Nimbos de luz” en Celanova./RAMSÉS.

Celanova clausura a programación das Letras Galegas 2014 da Xunta A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria clausurou en Celanova a ampla programación posta en marcha pola Xunta de Galicia arredor do poeta e tradutor Xosé María Díaz Castro, o autor ao que se lle dedicou as Letras Galegas 2014. A clausura oficial da mostra ‘Nimbos de luz’ –que estivo ata o 31 de decembro instalada no Auditorio Municipal Ilduara- serviu de colofón ás numerosas iniciativas promovidas e apoiadas pola Consellería para lle render tributo a Díaz Castro. Neste acto de clausura participaron os secretarios xerais de Cultura e de Política Lingüística, Anxo Lorenzo e Valentín García, respectivamente; o rexedor celanovés, José Luis Ferro; o presidente da RAG, Xesús Alonso Montero; o director da Editorial Galaxia, Víctor F. Freixanes; e mais os tres comisarios da mostra e biógrafos do autor homenaxeado, Luís G. Tosar, Alfonso Blanco e Armando Requeixo.

A Asociación O Vieiro Leboreiro organiza a III Exposición Cultural O Bosque Máxico das Terras de Celanova e Baixa Limia. O acto terá lugar o sábado 17 de xaneiro, a partir das 19 horas, no Centro de Interpretación Aquae Querquennae de Portoquintela, de Bande. O grupo de desenvolvemento rural que aglutina a concellos e entidades destas dúas comarcas ourensás presentará neste evento unha pequena mostra da capacidade artística das Terras de Celanova e a Baixa Limia. Así, ademais de darse a coñecer os gañado-

Inaugurado o Centro BTT Serra do Xurés, en Muíños

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, a directora de Turismo de Galicia, o alcalde de Muíños, o presidente de Deputación e o delegado da Xunta inauguraron en Muíños o Centro de bicicletas todo terreo (BTT) Serra do Xurés. O Centro BTT Serra do Xurés é un espazo ao aire libre, deseñado e preparado para os usuarios de bicicletas todo terreo, que posibilita o coñecemento

do medio rural e natural a través da práctica da bicicleta de montaña. Este novo centro súmase á Rede BTT Galicia conformada ata o momento polo Centro BTT O Salnés e o Centro BTT Portas de Galicia dos que os usuarios manifestan un alto grao de satisfacción e interese. O feito de contar en Galicia cun circuíto deseñado especificamente para a utilización da bicicleta de montaña é froito da aposta do Goberno galego por desenvolver o turismo

sostible e por incentivar a práctica deportiva como un novo xeito de coñecer o destino. Así mesmo, a directora xeral de Turismo, Nava Castro, incidiu na interesante variedade de atractivos turísticos da comarca e destacou que nos primeiros once meses do pasado ano a provincia de Ourense albergou máis de 243 mil viaxeiros, os cales realizaron máis de 465 mil pernoitas. “Contribuír a incrementar estas cifras e complementar a magnífica

Na gala haberá actuacións de grupos das Terras de Celanova e Baixa Limia 4 Rutas e servizos

4 É o terceiro centro de bicicletas todo terreo de Galicia. Redacción

res da terceira edición do concurso fotográfico e de debuxo O Bosque Máxico, os asistentes poderán contemplar unha mostra de cestaría, escultura e pintura, así como numerosas actuacións. Participarán a Banda de Lobios, o grupo folck-rock Merilin Non Roe da Baixa Limia, o mago Juan A. González Ballester, a coral de Poulo de Gomesende, e o grupo Rebulir de Ramirás. Asemade, proxectarase a webserie “O quid”, do director celanovés Bruno Nieto.

O delegado da Xunta, a directora xeral de Turismo, o presidente da Deputación, e a conselleira de Medio Ambiente participaron na inauguración do centro BTT./RAMSÉS. oferta paisaxística e natural con actividades que permitan o desfrute da mesma en conexión coa natureza é

o obxectivo deste Centro BTT, que enriquece máis se cabe a experiencia turística nesta comarca”, concluíu.

O Centro BTT Serra do Xurés ofrece un total de seis rutas de diferentes niveis de dificultade, cinco delas polo concello de Muíños e a sexta compartida co concello de Lobios, que poñen a disposición dos usuarios un total de 133 quilómetros. O centro facilita información completa e detallada sobre as rutas e ofrece servizos como o alugueiro de bicicletas, vestiario e ducha, información puntual sobre os percorridos que se poden realizar ou datos sobre os niveis de dificultade das rutas, información turística e outras actividades deportivas.


especial DEPUTACIÓN

Manuel Baltar: “A Deputación de Ourense está na vangarda dos gobernos provinciais de España” “A Deputación de Ourense está á vangarda dos gobernos provinciais de España, tanto no que se refire a temas administrativos como institucionais, pois lideramos iniciativas nos ámbitos da transparencia, o Medio Ambiente, a participación cidadá, a cooperación cos concellos e mesmo a xestión económica, mellorando, a pesares da crise, os indicadores económicos”. Así resumiu o presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, o balance anual da súa xestión á fronte do goberno provincial en 2014, nun almorzo cos medios de comunicación. Manuel Baltar destacou que en 2014 a Deputación de Ourense foi quen de aprobar normativas pioneiras como o primeiro Código Ético dun goberno provincial ou a primeira Ordenanza de Transparencia dunha deputación, así como de planificar importantes proxectos nos ámbitos do Medio Ambiente, a participación cidadá e a cooperación cos concellos. Entre estes citou a Axencia Provincial da Enerxía e do Medio Ambiente, o Plan Particip@ para a concienciación de boas prácticas medioambientais-, o Plan Transforma Ourense –para impulsar o emprendemento e a actividade empresarial-, o Plan BenOurense de Servizos sociais ou mesmo a aprobación dos estatutos do Consorcio Provincial contra Incendios. “Os plans ‘Transforma Ourense’ e ‘BenOurense’, a Axencia da Enerxía, o Consorcio Provincial de Incendios ou o impulso da candidatura para que a Ribeira Sacra sexa Patrimonio da Humanidade son bos exemplos de iniciativas que defenden unha visión integral da provincia, porque a Deputación representa a todos os ourensáns”, afirmou Manuel Baltar. No que se refire ao Plan ‘Transforma Ourense’, Baltar explicou que a alianza estratéxica da Deputación de Ourense co Ministerio de Industria, a través da Escola de Organización Industrial, “suporá en 2015, entre outras iniciativas, investir máis dun millón de euros na provincia de Ourense en actividades destinada ao emprendemento xuvenil”, e valorou moi positivamente os proxectos de-senvolvidos nos ámbitos empresarial e de emprendemento como o Rede-

Manuel Baltar fixo balance anual da súa xestión á fronte do goberno provincial en 2014 nun almorzo cos medios de comunicación celebrado en Ourense. /ALBERTE PAZ. pyme e os plans estratéxicos de parques empresariais e as iniciativas realizadas co Incyde, á Cámara de Comercio e a CEO. Tamén se referiu Baltar a aposta “firme e decidida” da Deputación de Ourense polo Termalismo, que supuxo a posta en marcha, en colaboración coa Xunta de Galicia, do Plan ‘Ourense, a provincia termal’, ao que hai que engadir a sinatura do convenio para a súa execución e constitución do Consello Termal, “uns pasos que teñen como meta converter a Ourense na provincia termal de referencia en España, pois contamos coa estratexia axeitada, coa implicación de todas as administracións e coa participación privada e da universidade. É un proxecto ao

que todos os ourensáns se teñen que sumar”. Xestión económica No que atinxe á xestión económica, Manuel Baltar destacou a importante redución da débeda que experimentou a Deputación de Ourense en 2014 e o incremento de investimentos, así como o feito de que por primeira vez na historia se aprobasen os orzamentos do ano seguinte no mes de outubro. Ademais, subliñou como prioridade o desenvolvemento de 12 programas de cooperación cos concellos, e a recuperación da facenda provincial, que permitiu retornar ao accionariado de Meisa, a Expourense, ao Consorcio dos Peares, sen esquecer a posta en marcha do

Plan estratéxico de Subvencións, que ten como obxectivo garantir no ámbito da cooperación cos concellos un nivel mínimo de investimentos en infraestruturas de titularidade municipal. Debate sobre a provincia Tamén destacou Manuel Baltar que en este 2014 a Deputación de Ourense foi a primeira en celebrar un debate sobre o estado da provincia e en organizar a primeira Conferencia de Presidente de Gobernos Provinciais, dúas iniciativas que serviron para poñer en valor a importancia da provincia, como tamén o foi a exposición organizada para conmemorar os 180 anos das provincias e a xornada de portas abertas no Pazo Provincial.

Máis cooperación cos concellos Moitas destas iniciativas converteron á institución provincial ourensá nun referente de xestión para outros gobernos provinciais intermedios e algúns proxectos, como o da Axencia Provincial da Enerxía e do Medio Ambiente, mesmo concitaron o interese de Bruxelas, onde Manuel Baltar foi convidado a participar no Comité das Rexións para explicar o futuro modelo enerxético que prevé aplicar para reducir custos e mellorar a xestión e a eficacia enerxética dos concellos da provincia de Ourense. “A Deputación traballa por todos os cidadáns da nosa provincia, e por eles desenvolvemos unha folla de ruta, o Plan Ourense 92, para mellorar a eficacia e a eficiencia na xestión polo ben, precisamente, das veciñas e veciñas que residen en cada un dos municipios da provincia de Ourense”. O presidente do goberno provincial dixo que dentro desa “visión integral de provincial” “a cooperación cos municipios é a norma básica da Deputación, porque ese é o xeito de facer máis pro-

vincia”. Neste senso, explicou que este ano que remata a Deputación de Ourense puxo en marcha un dispositivo para que a interconexión co cidadán sexa unha realidade, “a través dunha APP móbil que permite a calquera usuario estar en permanente conexión coa Deputación”. Esas medidas acompañáronse coa sinatura dos correspondentes convenios coas universidades de Vigo e coa UNED e de máis investimentos para teleasistencia e atención no fogar, xunto con axudas para programas dirixidos á infancia e mocidade e foros que analizaron temas como o da reactivación demográfica. “Actuamos en todos os concellos da provincia axudando en infraestruturas, en temas culturais e deportivos e sendo un referente no que a xestión delegada de servizos municipais se refire como a recollida de lixo ou a xestión e recadación de tributos de carácter local”, explicou Manuel Baltar, quen lembrou que a Deputación foi pioneira tamén na retransmisión en directo a través de Internet dos plenos ou das mesas de contratación.

BARRIOS Xaneiro de 2015

15

Aprobados os estatutos do Consorcio Provincial contra Incendios A Deputación de Ourense aprobou provisionalmente os estatutos do Consorcio provincial para a prestación do servizo contra incendios e salvamento. No acto participaron os deputados provinciais e o director xeral de Emerxencias e Interior da Xunta, Luis Menor. O obxecto do consorcio é a execución das competencias do servizo público de prevención, extinción de incendios e salvamento que se lles atribúen na lexislación vixente aos entes consorciados, mediante a xestión e coordinación, e no seu caso a creación, dunha rede de parques que garanta a prestación homoxénea do servizo. Entre os fins do consorcio estará a colaboración cos servizos municipais de protección civil dos concellos para o salvamento de persoas e bens; a prevención e extinción de incendios; a prevención e actuación ante calquera tipo de sinistro ou situación de risco; e o asesoramento e asistencia, formación e información en materia de seguridade, que afecten a persoas, edificacións e instalacións; así como o fomento da autoprotección. Paso decisivo En opinión do presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, este é “un paso decisivo para a constitución do dito consorcio provincial, pois unha das medidas do Plan Ourense 92 era xestionar con máis axilidade os temas de emerxencias, e todas as actuacións levadas a cabo neste senso nos últimos meses foron enfocadas con ese fin: unificar os consorcios comarcais, facendo un modelo único a nivel provincial, o que levou a que Xunta a Deputación de Ourense intensificaran os contactos para redactar os estatutos do consorcio provincial”. O presidente destacou que de seguido comezarán os trámites para que “no primeiro trimestre de 2015 o Consorcio Provincial de Incendios sexa unha realidade, acadando así o Plan Ourense 92 a materialización dunha das súas medidas máis ambiciosas”. O ámbito de actuación do consorcio será toda a provincia de Ourense.


16

BARRIOS Xaneiro de 2014

OURENSE PROVINCIA

A Mostra da Oportunidade, plataforma de liquidación de stocks para o comercio

A pista de xeo do centro comercial Ponte Vella permanecerá aberta ata o día 25./P. L.

Rebaixas en Ponte Vella As rebaixas de Ponte Vella Centro Comercial e Ocio fixeron a súa gran aparición o pasado 7 de xaneiro, aínda que días antes xa se podían ver importantes descontos en moitos comercios atraendo a moito público nos primeiros días do ano e convertendo ao centro comercial de Ourense no primeiro destino á hora de realizar compras de moda, accesorios, deporte, fogar ou electrodomésticos. Párking gratuíto Unha das vantaxes para acudir a este centro comercial é o aparcamento gratuíto polas mañás -de 7 a 12 horas-. Despois das 12 horas os clientes teñen dúas horas extra de párking gratis se presentan, no Punto

de Información en Planta Baixa, os seus tickets de compra ou consumición de calquera establecemento do recinto comercial, por importes superiores a 15 euros, ou ben tres horas gratis se os clientes presentan a súa entrada de cinema correspondente ao día en curso. Os clientes que o desexen tamén poden realizar un abono mensual por 40 euros, podendo aparcar todos os días até as 16 horas, de luns a venres. Pista de xeo ata o 25 Doutra banda, un dos principais atractivos de Ponte Vella no pasado Nadal, a súa pista de xeo, estará aberta na terraza do centro comercial ata o domingo 25 de xaneiro. Ofértase unha promoción

24 colexios reciben axudas para clubs de lectura 4 Entre eles, centros de Allariz, Celanova, Verín e Xinzo. Redacción Un total de 24 centros educativos da provincia recibirán as axudas da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria para incentivar o funcionamento de Clubs de Lectura no seo da súa biblioteca escolar. En total, Educación

destina en toda Galicia 200.000 euros ao impulso destes grupos de dinamización da lectura, o que supón un incremento do 21,2% respecto do curso anterior. As contías que reciban os centros dedicaranse, fundamentalmente, á adquisición de libros para as actividades do club, que

especial os luns, martes e mércores: achegándote á pista de xeo cun ticket, ou suma de tickets, de calquera establecemento de Ponte Vella igual ou superior a 15 euros de compra terás un 50% de desconto ese mesmo día. A entrada xeral costa 6 euros por 45 minutos, 10 euros por tempo ilimitado e 2,5 euros para grupos e colexios. A instalación permanece aberta de luns a xoves de 17 a 20 horas, os venres de 17 a 00:30 horas, sábados de 12 a 00:30 horas e domingos de 12 a 20 horas.

O centro comercial ourensán oferta párking gratuíto polas mañás pasarán posteriormente aos fondos da biblioteca escolar. Entre os centros da provincia seleccionados están o instituto de Allariz, o Celso Emilio Ferreiro de Celanova, o San Mamede de Maceda, o Castro de Baronceli de Verín, e os institutos Cidade de Antioquía e Lagoa de Antela de Xinzo de Limia. Para valorar os proxectos presentados, a Consellería prestou especial atención a aquelas iniciativas destinadas a impulsar a lectura de textos en lingua galega e que procuren contribuír a un maior vínculo das mozas e mozos coa nosa lingua e literatura propias.

A Mostra da Oportunidade chega a súa 22ª edición ofrecendo os mellores prezos e vantaxes en milleiros de artigos que converterán a Expourense, entre o venres 30 de xaneiro e o domingo 1 de febreiro, nun gran centro comercial. Esta cita servirá de dinamización para unha provincia na que o comercio é un dos principais motores económicos e sociais. A Mostra contribuirá para dinamizar as vendas e para captar novos clientes fóra da súa área habitual. Os expositores ofrecerán os prezos máis competitivos nunha ducia de sectores: téxtil (moda, calzado, pel, bixutería e complementos), fogar (mobles, decoración ou menaxe), alimentación, estética, etc.. Expourense, en colaboración co asociacionismo, puxo en marcha unha acción que favoreceu a participación agrupada das empresas. A Mostra da Oportunidade, feira decana destas características en Galicia, contará coa participación dos centros comerciais da provincia de Ourense que viron nesta cita unha excelente ocasión para a liquidación dos seus stocks e para dinamizar as rebaixas de inverno. Os establecementos asociados contarán cun espazo en feira para ofrecer os seus produtos (téxtil, decoración, alimentación, etc.)

Produtos dun dos stands da Mostra da Oportunidade na edición do ano pasado./S.P. a prezos vantaxosos para os milleiros de visitantes que agarda recibir a Mostra da Oportunidade. Por outra parte, o público que acoda á Mostra terá a opción de, nunha mesma visita, con comodidade e sen apenas desprazarse, elixir entre moitas propostas de produtos a prezos especiais e, ademais, atopar artigos que non sempre están presentes nas canles habituais de venda.

Amplo horario Para facer máis cómoda a visita, o salón conta cun amplo horario que vai dende as once da mañá ás nove da noite, é dicir, dez horas ininterrompidas os tres días de feira. A Mostra ofrece ademais un amplo aparcamento gratuíto e un área de lecer infantil destinada a gozar dunha xornada de compras en familia. O prezo da entrada será dun euro.


DEPORTES Estes catro corredores mantiveron en toda a carreira unha dura pugna por facerse co campionato facendo gozar ao numerosísimo público que se deu cita no xa clasico Circuíto do Castelo de Maceda.

O ciclista ourensán Pablo Rodríguez durante a súa emocionante carreira.

Éxito de Pablo Rodríguez Guede no Campionato Galego de Ciclocross 4 A proba disputouse en Maceda, cunha gran actuación de todos os ciclistas locais. Redacción O corredor macedán Pablo Rodríguez Guede, do equipo MMR Bikes Prol Team, fixo realidade iso de ser profeta na súa terra ao

proclamarse vencedor do Campionato de Galicia de Ciclocros que se celebrou en Maceda este Nadal. Rodríguez Guede disputou unha emocionante carreira, entrando na meta só

O segundo clasificado foi Adrián Valverde (Rías Baixas CC), que cruzou a meta só 11 segundos despois que Rodríguez

11 segundos antes do segundo clasificado, Adrián Valverde (do Rías Baixas CC). Terceiro foi Raúl Fernández (CC O Rosal) e cuarto o cliclista local Saúl López (Club Ciclista Maceda - Actyon- Academia Postal) que entraba en meta co mesmo tempo que o segundo clasificado.

Categoría feminina Lucía Vázquez (Vicma Bike Team) foi a gañadora en categoría feminina, ao cruzar a meta cunha gran vantaxe sobre a segunda clasificada, a corredora de Spol, Chus Barros. Terceira foi a ciclista do Cambre Caeiro Lorena Senín. No resto de categorías as vitorias foron para Mauro González (Salvaterra de Miño CC) en elite; Brais Sendín (EC Redondela) en júniors; Desirée Duarte (Interdesign-Xarao) en féminas júnior; Iván Feijóo (CC Maceda -Academia Postal) en cadetes; Sara Trigo (Salvaterra CC ) en féminas cadete; Alejandro Mesías (Quintena) en máster 30; Juan José Saborido (Compostelán CC) en máster 40; e Antonio González (Salvaterra CC ) en máster 50. Ciclistas locais En canto á participacion local destacou a gran vitoria de Iván Feijóo en categoría cadete, co seu

compañeiro de equipo Abel Franco como terceiro clasificado. En féminas júnior mención especial merece o terceiro posto de Xiana Conde. E nas carreiras dos infantís destacou a vitoria do corredor do Maceda Carlos Canle, e o segundo e terceiro posto de Antía Martínez e Noela Saa.

BARRIOS Xaneiro de 2015

17

José Antonio Hermida Hai que destacar tamén a presenza na proba de José Antonio Hermida (Mérida Multiván), que participaba por invitación, e que aínda que non optaba ao título fíxose coa “vitoria” desta carreira, competindo diante do seu público, nunha carreira organizada pola súa escola de ciclismo, e no pobo dos seus pais.

José Antonio Hermida participou neste campionato como convidado, e logrou o aplauso do numeroso público.

Saúl López logrou en Porriño o seu primeiro podio da tempada en sub 23.

O EDC Verín Atletismo na Rúa Durante o Nadal os integrantes do EDC Verín Atletismo non pararon de competir. Trasladáronse ata A Rúa para participar na Carreira Solidaria de Nadal. A proba foi encamiñada de cara a preparar o Campionato Galego Federado de Cross, o Campionato Provincial de Cross Escolar e o Galego de Pista Cuberta, que terán lugar durante os meses de xaneiro e febreiro. O atletas verineses lograron imporse en cinco categorías: benxamín feminino, alevín masculino, alevín feminino, infantil feminino e cadete masculino. Todos os deportistas do club que participaron nesta carreira lograron medalla, ademais de colaborar, aportando cada un deles un quilogramo de alimentos non perecedoiros.

Saúl López logrou en Porriño o seu primeiro podio da tempada en sub 23.

Saúl López, bronce en Porriño O ourensán Saúl López (do BTT Maceda) subíu ao podio, por primeira vez na tempada, o pasado 21 de decembro ao lograr a terceira posición na categoría sub 23 (e a cuarta na xeral) do 36º Trofeo de Ciclocross de Porriño. O seu compañeiro Raúl González foi décimo primeiro. Pola súa banda, Iván Feijoo sumou unha vitoria máis en cadetes, vencendo con autoridade; mentres que o seu compañeiro de categoría Abel Franco foi oitavo. Tamén destacaron os resultados de Antía Martínez e Noela Saa, primeira e segunda, respectivamente, en categoría infantil.


18

BARRIOS Xaneiro de 2014

DEPORTES

O Verín, firme na Preferente 4 O equipo marcha terceiro no grupo sur. Redacción Participantes dos 20 km de Braga de Fótmula Ford.

Gran actuación de Benito Diéguez nos 200 km de Braga 4 O piloto verinés finalizou na segunda posición da proba de Fórmula Ford. Redacción O piloto verinés José Benito Diéguez realizou unha gran actuación nos 200 km de Braga rematando na segunda posición final. O proba, Fórmula Ford, disputouse no circuito Vasco Sameiro da citada cidade portuguesa. A pesar de ser a estrea do piloto na competición automovilística completou con éxito o seu debut a bordo do monopraza. A Fórmula Ford presentábase coma unha proba de cara á preparación da tempada 2015. Tanto a duración da proba como os monoprazas utilizados (simples e sen axudas) foron un reto para as habilidades de conducción e preparación física dos

pilotos. O día comezana cunha pista xeada á que José Benito tiña que adaptarse xunto ao seu coche, o cal non había utilizado anteriormente. Na clasificación lograba o segundo posto na parilla de cara á primeira das tres carreiras que constaba o meeting. Na primeira carreira, e tras perder algo de terreo, logrou recurtar pouco a pouco ata alcanzar á cabeza de carreira, posición que non abandonaría ata o final nun apretado sprint. Na segunda das carreiras o ourensán partía desde a pole position, pero cedería dúas posicións ata o terceiro lugar, posición na que remataría. Na última das carreiras, e partindo desde a terceira

posición, acabaría segundo tras unha caótica saída. Dita posición defenderíaa ata a metade da proba cedendo finalmente un posto, polo que sería terceiro na meta. Con estes resultados, José Benito Diéguez, rematou segundo na clasificación xeneral realizando unha gran competición. Participación Tralo gran papel nos 200 km, Diéguez pretende participar no Campionato Nacional de Fórmula Ford de Portugal.

A pesar de ser a estrea do piloto nesta competición logrou rematar 2º

O Verín CF marcha con paso firme no grupo sur da Rexional Preferente. Os da comarca de Monterreir ocupan a terceira posición na táboa con 35 puntos, tan só superados polo líder, Portonovo (41 puntos) e o segundo, o Barco (36). Os homes de Iván González realizaron unha primeira volta moi digna que os leva a soñar con cotas altas. Actualmente ocupan a terceira posición, que de continuar así, os levaría a xogar a promoción de ascenso á Terceira División. Falta unha segunda volta completa, pero o realizado ata agora invita ao optimismo. Nos 19

primeiros partidos, o Verín acadou nove vitorias, oito empates e soamente dúas derrotas. Outras ligas En canto á Primeira Rexional lidera a clasificación o Barbadás B, na que o Bande é sexto con 28 puntos. O Allariz é sétimo con 26. Na parte baixa o Celanova ocupa a 14ª po-

Momento do partido entre o Verín e o Céltiga./VERÍN CF

O Verín FS cae ante o Redondela 4 Ocupa a oitava posición na Liga Galega Sur. Redacción O Verín Fútbol Sala caeu derrotado en Redondela, o que o deixa na oitava posición da Liga Galega Sur. Contra o conxunto pontevedrés

sición con 21 puntos e o Antela a 16ª con 17. No grupo 10 da Segunda Rexional o podio está copado pola Merca (38 puntos), Paderne (34 puntos) e Muíños (22); primeiro, segundo e terceiro, respectivamente. Na Terceira Rexional, grupo 12, A Bola é cuarto con 21 puntos e o Allariz e quinto con 20.

os ourensáns perderon por tres goles a un, na que foi a última xornada -a número 15- da primeira volta. Nesta primeira metade de competición o Verín FS logrou seis vitorias, dous empates e seis derro-

tas; sumando un total de 20 puntos, con 53 goles a favor e 44 en contra. Segunda volta Os verineses comezan a segunda volta nas Neves, onde se enfrontarán ao Garciaaraujo.com/Bar Praza, que é undécimo con 18 puntos, tan só dous por debaixo do Verín. O outro conxunto ourensán, o Sala Ourense/Prol Sport é o líder da competición na Galega Sur.


PUBLICIDADE

BARRIOS Xaneiro de 2015

19


20

BARRIOS Xaneiro de 2014

OCIO E CULTURA

EN BREVE

Ambiente de entroido en Xinzo 4 A festa comeza o 24 de xaneiro co petardazo. P. Lodeiro

O felo, figura do entroido macedán./ARQUIVO.

4 Maceda celebra a declaración de interese turístico do seu entroido O Concello de Maceda e a Asociación de Felos da Corga da Serra celebraron cunha cea o pasado 3 de xaneiro a declaración de Festa de interese turístico galego para o entroido deste municipio. Esta foi a primeira saída do ano dos felos coas chocas e carautas. Voltarán facelo para celebrar a noite dos compadres o 6 de febreiro e tamén o sábado de entroido, 14 de febreiro, cun percorrido polas aldeas da serra de San Mamede.

4 Ao xoves de comadres en autobús Viaxes Piña e Viajes Auria, en colaboración con Anpián, achégate ao xoves de comadres de Verín. O día 12 de febreiro realizarán viaxes de ida e volta, por un custo total de 10 euros, dende Ourense e Maceda para todos os que queiran ir gozar do entroido á capital de Monterrei esa festiva noite. Dende a cidade das Burgas terán lugar dúas saídas, ás 20 e 22 horas; e dende Maceda efectuarase unha ás 22.30 dende o Bar Castillo. En ambos casos haberá viaxe de volta dende Verín ás 6 da mañá do venres. Os interesados en participar nestas viaxes deben realizar reserva anticipada en Viaxes Piña (988 25 33 59) ou Viajes Auria (988 24 10 13).

Concelleiro de Festexos e alcalde de Verín presentaron os carteis do Entroido, coa representante do CEIP de Medeiros e a autora do cartel oficial./CdV.

Verín quenta motores para o carnaval 4 No San Antón os cigarróns sairán por primeira vez no ano polas rúas da vila. Redacción A presentación dos carteis oficias do Entroido de Verín para esta edición 2015 é un dos primeiros sinais de que a maior festa de Monterrei está cada vez máis preto. A finais de decembro xa se deron a coñecer as creacións gañadoras, tanto para representar a festividade en xeral como para ser a imaxe do desfile infantil. No concurso para seleccionar o cartel oficial das festas votaron un total de 126 veciños que puideron escoller tres dos carteis participantes. Con posterioridade, o xurado cualificador someteu a todos os carteis á súa valoración. Ambos xurados coincidiron nas súas votacións, xa que o cartel que máis apoios sumou foi “Entre todos. Construimos o Entroido”, de Olalla Diéguez Boo, que xa conseguira este premio nos anos 2006 e 2009. Pola súa banda, o CEIP de Medeiros deseña, por primeira vez, o cartel oficial que representará o ‘Desfile Infantil’ do Entroido 2015, que per-

correrá durante a mañá do xoves de comadres (12 de febreiro) as rúas e prazas de Verín. Nesta edición, os representantes dos centros educativos que participan en devandito desfile decidiron por unanimidade que o deseño debía ser realizado polo colexio que abrirá o mesmo. Tras elaborar o CEIP de Medeiros dez carteis, representantes dos CEIPs Princesa de España, Castrelo do Val, Rodolfo Núñez de Vilardevós, Medeiros, Augusto Assia da Mezquita, Colexio Rural Agrupado Monterrei e o Colexio María Inmaculada seleccionaron o cartel, que foi a creación dunha alumna de 3º de Primaria. O centro recibirá un vale de 300 euros para material deportivo e escolar, a adquirir en establecementos do Concello de Verín. Participación de comparsas e carrozas Ademais, as comparsas e carrozas interesadas en participar nos desfiles do domingo e martes de Entroido deben apuntarse, ata o 5 de febreiro, na Oficina de Información Turística e Sala de Exposicións de

Verín (de luns a sábado, das 10 ás 14 e das 17 ás 19.30 horas). Os datos que deben facilitar á hora da inscrición son: nome da persoa que inscribe, teléfono, se é carroza ou comparsa, número de compoñentes e se levan música ou non. Programa O entroido de Verín, un dos máis recoñecidos da provincia, contará con numerosos días de festa. Ademais da celebración central –do 13 ao 18 de febreiro-, a capital de Monterrei ten preparados un gran xoves de compadres (o día 5) e outro de comadres (o día 12). Así mesmo, como todos os anos, os cigarróns serán protagonistas. De feito, a súa primeira saída do ano coincidirá coa celebración do San Antón (os días 17 e 18 de xaneiro); e voltarán a percorrer as rúas da vila o domingo corredoiro, 8 de febreiro.

As comparsas e carrozas poden inscribirse xa na Oficina de Turismo

O sábado 24 de xaneiro arrinca o que está considerado un dos ciclos máis longos do Entroido galego: o de Xinzo. Á espera de que a semana próxima o Concello de Xinzo faga a presentación oficial da programación, non se agardan grandes cambios nun programa no que prima a festa na rúa e o mantemento das citas tradicionais. Así, abrirá a festa o sábado do petardazo (24), véspera do domingo fareleiro (25 de xaneiro); a seguinte fin de semana producirase o colgamento do meco (sábado 31) e racharanse as olas no domingo oleiro (1 de febreiro). O sábado de mulleres (7 de febreiro) precederá o domingo corredoiro, cando a mediodía sairán as pantallas a correr polas rúas principais de Xinzo. Finalmente, a fin de semana grande de Entroido comprende do venres 13 ao martes 17 de febreiro, rematando os festexos coenterro da sardiña o mércores de cinza (día 18) e co domingo de piñata (día 22). O que si se coñece xa é o cartel que anunciará

o carnaval limiao de 2015. O traballo presentado co nome “A cor do Entroido” pola moza celanovesa Katharina Ojea Cid foi o gañador no concurso convocado polo Concello, elixido polo voto do xurado popular máis un xurado profesional. Museo do Entroido En canto á tan agardada inauguración do Museo do Entroido, a intención do Goberno local de Xinzo é “abrilo canto antes”, expresaba o concelleiro de Cultura, Carlos Gómez, quen non quixo adiantar ningunha data. Esta dotación, que se empezou a construír en 1997, estivo sen orzamento para rematala ata 2012 , cando recibiu unha subvención da Deputación, e 2013, cando a Consellería de Cultura dotou unha nova partida, parte da cal se perdeu por non rematar os traballos a tempo . “Houbo que facer obra civil e a musealización”, puntualizou o edil, “polo que non é cuestión de que nos vaiamos precipitar en abrilo”.

A festa durará en Xinzo cinco semanas, ata o 22 de febreiro

Cartel do Entroido 2015, obra de Katharina Ojea.


PUBLICIDADE

BARRIOS Xaneiro de 2015

21


22

BARRIOS Xaneiro de 2014

OCIO E CULTURA / ARTIGOS

4DESDE A PONTE... A MONTERREI

4HISTORIAS DE MONTERREI

Se o can non ladrou é porque era da casa

Sons de entroido A noite queda xélida en Monterrei, mais o paseiño nocturno é sagrado para min. O barrio descansa solitario, só eu e malia névoa, que, revoltosa, envolve os farois de luz amarela do casco vello, deambulamos xuntos, rachando o misterioso silencio, coas pisadas na pedra, paseniño, ollando a fermosa estampa desta vila bendita, que me atrapa. Os recunchos de cando era rapaz voltan ao maxín, e alí seguen inmutables, os portóns de madeira, os escudos heráldicos das fachadas, os tellados cos canalóns de latón, aliados dos mozos, intrépidos escaladores, nos entroidos de antano. E as fiestras coas contras, que agochan o meigallo dunha herdanza única. Seguen alí os fogares, as paredes e muros sobrios, que resisten en pé o golpe dos séculos. Só fallan eles, aqueles homes e mulleres do meu querido barrio, aquelas persoas boas que lembro

sempre ao carón de nós, cativos indomables. As rúas mestúranse en encrucilladas con buscadores de amor e nostalxia. Mariano Carrero, rúa da Cruz, rúa do Pozo, ese laberinto fermoso onde medramos ceibes. Aínda co maxín ocupado coas lembranzas, de súpeto, ao lonxe xorde na intensidade da noite o son máxico, que me esperta do meu soño e me pón de novo no chan. Eran eles, os valentes, os do corazón quente, os homes das chocas, que na punta dos pés levitan polas pedras, con carreira elegante e altiva, pondo a punto a maquinaria, no preludio do entroido máis enxebre. O cigarrón xorde das pedras en Monterrei e por elas seguirá buscando o seu camiño por sempre. Sigo coa miña marcha lixeiro, ao compás do son afinado dos chocos, ese son de aquí, xenuino, que se mete ata o fondo dos sentidos, facendo que salte a muxica do calafrío, que

Nun relato de Arthur Conan Doyle, titulado “Estrela de Prata”, o famoso detective Sherlock Holmes intenta resolver a misteriosa desaparición dun cabalo de carreiras e o asasinato do seu adestrador. A chave pola que termina resolvendo o caso terminará sendo algo que non pasou: o can que estaba no establo non ladrou, polo tanto o asasino era “da casa”. Baseándome nesta sabia dedución de Holmes, e debido ao que pasou e está a pasar no Castelo de Monterrei e de sobra coñecido, quixera verter neste artigo unhas pinceladas sobre dous feitos que non pasaron e que, sen dúbida, teñen moito que ver co que está a acontecer no noso castelo. O primeiro acontecemento, ademais, é un claro exemplo de despilfarramento das arcas públicas e en especial das axudas da Unión Europea. O 25 de agosto do 2011 for-

Miguel A. Prieto “Chita”

O San Antón ollará as fogatas da fraternidade

malizábase a adxudicación mediante tramitación ordinaria negociada sen publicidade da elaboración dun plan director para a fortaleza de Monterrei. Este plan director tería que ter marcado as pautas a seguir nos próximos anos con respecto o noso castelo. Pero a pesar dos 57.000 euros que se gastaron na súa elaboración, o plan director xamais se fixo público e os seus obxectivos quedaron enterrados nalgún arquivo da Xunta de Galicia. O segundo acontecemento que nunca aconteceu, e é dobremente doloroso para a nosa comarca, pois de ocorrer non só se houbese evitado a desfeita patrimonial que está a acontecer en Monterrei, senón que, ademais, agora mesmo Verín contaría cun balneario que daría valor ás augas da nosa comarca. Estou a falar do Balneario de Caldeliñas e da noticia que tamén en 2011 (curioso, verdade?) propagou a bombo e platillo o

Concello de Verín. Nestas novas das que se fixeron eco os xornais locais e rexionais anunciábase a inmediata venta do balneario a unha empresa hoteleira que construiría un hotel/ balneario de catro estrelas, que serviría para “despegar el turismo de calidad en la comarca de Monterrei”. Un hotel de catro estrelas construído nun “Ben de interese cultural”! Igual que o están facendo no castelo! (curioso, verdade?). Este hotel/balneario que, como todos sabedes, nin se fixo nin se volveu a falar del, puido ser a tumba na que quedara enterrada para sempre a idea de construír un hotel no Castelo pero… se o can non ladrou é porque era da casa. Andrés Diz D historiamonterrei. blogspot.com.es

O plan director para a fortaleza de Monterrei xamais se fixo público

4TRIBUNA ABERTA

4AXENDA Exposicións - Ata o 30 de xaneiro Rodeira Monocolor- Sala de Esxposicións de Verín - Ata o 30 de xaneiro 25 olhares da Lumbudus Casa da Cultura de Allariz Teatro - 17 de xaneiro - Unha rosa é unha rosa - 19.30 h Casa da Cultura de Xinzo Feiras e festas - Do 16 ao 18 de xaneiro - I Feira da Cervexa - Praza Maior de Xinzo de Limia - 17 de xaneiro - Festa do Chourizo - Verín - 18 de xaneiro - Feira en Ramirás e Cartelle - 19 de xaneiro - Feira en Cualedro - 20 de xaneiro - Feira en Maceda - 23 de xaneiro - Feira en Verín e Rairiz de Veiga - 24 de xaneiro - Feira en Xunqueira de Ambía - 24 e 25 de xaneiro - Petardazo inaugural do entroido e Domingo Fare-

me estremece ao velos entregados, en corpo e alma, co sentimento que dende nenos “mamaron”. Arriba, no monte de Abedes, espera o San Antón, que este ano está de estrea, e que sen dúbida, pacente, ollará a subida dos sempre fieis veciños de Verín e arredores, que prenderán as fogatas da fraternidade e asarán os chourizos da derradeira matanza, para brindar co viño novo e como non, ofrecerse ao santiño para que axude a cumplir os mellores desexos. Ao solpor, ao pé do cruceiro, escoitaranse de novo os sons do entroido, como manda a tradición, e a maxia da festa comenzará a rebosar entre a prodixiosa e orixinal xente de Monterrei.

leiro - Xinzo de Limia - 26 de xaneiro - Feira na Merca - 27 de xaneiro - Feira en Xinzo de Limia - 1 de febreiro - Feira en Sandiás - 2 de febreiro - Feira en Allariz, Baños de Molgas e Calvos de Randín - 6 de febreiro - Feira en Sarreaus - 7 de fereiro - Feira en Vilardevós e Porqueira - 8 de febreiro - Feira en Vilar de Santos - 9 de febreiro - Feira en Baltar, Oímbra e Xunqueira de Espadañedo - 13 de de febeiro - Feira en Paderne de Allariz Todos os xoves - Feira en Celanova Outros - 16 de xaneiro - Presentación do libro “Km 11 Estación clandestina. Crónica de un periodista de a pie” de Francisco Xabier Casares - 20.30 h Casa da Cultura de Xinzo

Xinzo 2015. Vítima e cómplice dos de sempre Salmos 48:14. “Este é Deus, por sempre xamais. El guiaranos ata a morte”. Xinzo da Limia gobérnase desde sempre coa dereita española máis reaccionaria. No noso ADN vai o xugo e as frechas das que saíu o PP. Só houbo unha alternativa de esquerda na lexislatura 1999-03 laminada pola mesma raizame, hoxe alcalde popular do Concello de Baltar; mais este breve período si que funciona como vergoñenta ocorrencia de todo o mal da Limia. O novo alcalde, no grupo de goberno desde 2007, é unha penumbra nesta noite desposada por Isaac Vila fai 40 anos. Dúas sombras da cova onde xa fai tempo

que, citando á xornalista Mar Gil, se extinguiron os políticos perseguidores de utopías como o ben común ou o benestar da veciñanza. A de agora agocha moitas virtudes do antigo réxime: mentira, tráfico de influencias, ou como din xuíces e a Avogacía do Estado “a groseira e sistemática desviación do poder”. Tamén medo a non andar de ben cos do PP, cordiais e impunes. Xinzo xa é incapaz de metabolizar tal morea de xurro e corrupción e, sen outra saída que afundirse, fai décadas que optou por ser antimodelo. E para mostra, o escándalo urbanístico do hiper Gadis levantado fóra do ordenamento na principal avenida e a pesar das advertencias tanto da oposición como da Xunta de Galiza. Non hai planificación

global. A mediocridade e o déficit suicida son a guía. Impostos desorbitados mentres esmorece o comercio local e a agrogandeiría en mans de colectivos correas de transmisión do PP. Insostenibilidade e precariedade sen industria transformadora. Sen plans de dinamización económica e laboral. Co patrimonio baixo silvas e esmorgas de Esquecemento e Entroido. Sen unha recuperación coordinada de inmobles ou espazos de valor arqueolóxico, etnográfico ou patrimonial, sen creativa posta en valor. Sen PERI no barrio de abaixo onde rehabilitación é declaración de ruína, como o caso Bar Arcos. E co Museo do Entroido pechado cunha inversión millonaria, sen índice de contidos e sen outra estratexia de turismo que parasitar a fervenza

cidadá que empurra cara o botellón. Non padecemos unha maldición bíblica senón que é o resultado dun goberno espello de delincuentes. Parafraseando a Mar Gil na súa obra “Allariz. A construción dun País. (1989-2014) 25 anos de acción transformadora”, política é conducir a vida, compromiso cunhas ideas e cunha sociedade, o demais é outra cousa. No peor dos casos, a infamia coa que Xinzo en 2015 seguirá a ser vítima e cómplice dos de sempre. Xosé Lois Carreira, artista e concelleiro do

Xinzo de Limia gobérnase desde sempre coa dereita española máis reaccionaria


CLASIFICADOS

BARRIOS Xaneiro de 2015

23

BARRIOS. Edita: Letras a la Carta S.L. CIF: B-32.323.925. Depósito Legal: OU 142-2014. Redacción: r/ Bedoya,7, 1º Of. 6 - 32004 Ourense. Tel: 988 045 352. Correo-e: info@periodicobarrios.com. Distribúe: Visual. Imprime: Publicaciones Tameiga. Directora: Paula Lodeiro. Director comercial: Miguel Rejo. Redacción: Paula Lodeiro, Ramsés Torres. Fotografía: Ramsés Torres, Paula Lodeiro. Colaboracións: Joao Damiao, Borys Martínez, Miguel A. Prieto Sotelo, Silvia Nieto, Andrés Diz. Nº9 - Ano: X - Xaneiro 2015 - Difusión: 15.000 exemplares. Impreso en papel 100% reciclado. A opinión do periódico exprésase só no editorial, os artigos e cartas ao director expoñen posturas persoais. Este periódico non pode ser reproducido nin total nin parcialmente, sen autorización previa da empresa editora Letras a la Carta S.L. Se ten algún problema co reparto, pregámoslle que nolo comunique no teléfono 988 045 352.

4TELÉFONOS DE INTERESE

4CLASIFICADOS

ALUGUER/VENDA Alugo local económico e acondicionado de 15 m xunto parada do autobus. Tel. 627 203 131. Véndese casa con finca na estrada de Santiago Tel. 637 00 59 10. Alugo oficinas na rúa Progreso ao lado dos Xulgados. Prezo a convir. Tel. 637 00 59 10. Alúgase praza para moto no garaxe do edificio Mercadona da avenida de Santiago. Tel. 988 21 29 00. Alúgase praza de garaxe pechada, con pequena adega. En Faustino Santalices (edificio Servipel). Tel. 988 22 21 79. Véndese piso en rúa Carlos Maside (O Couto). Tres habitacións, calefacción e amplia bodega. Totalmente reformado. Prezo económico. Tel: 677 494 645. Alugo piso zona O Couto. Reformado. Tel: 677 494 645. Alúgase praza de garaxe ao lado praza do Couto. 45 € Tel: 606 03 57 81. Vendo piso en Marcelo Macías, 3 dormitorios, calefacción, aire acondicionado, ascensor, 2 galerías, parquet, amoblado súper luxo. Tel. 988 22 75 74. Alúgase amplo bar-restaurante céntrico en r/Marcelo Macías moi preto da av. de Ourense. O seu nome actual é “Punto de Encontro” e ten todo o necesario para abrir ao público inmediatamente. Pódese ver sen compromiso. Prezo a convir. Tel. 647 076 024. Alúganse 2 naves de 422 e 454 m2. xuntas ou separadas en Polígono de Pereiro de Aguiar: parcela Nº 15, fronte A Codisoil). Tel. 639 67 74 32.

VENDAS Vendo 36 ventás corredeiras de aluminio branco con illamento cristal dobre Climalit. medidas: 52cms de alto por 115cms de largo.Prezo 95€ unidade. Telf. 687 19 33 44 Vendo 2 portas de aluminio branco con cristal. Sen marco. Medidas: 235cms de alto por 78cms. Con pechadura con chave. Prezo: 80€ cada una. Telf. 687 19 33 44. Véndese porta de aluminio, con cristal blindado e sen marco. 73x209cms. Con pechadura e chave. Telf. 687 19 33 44. Vendo sofá 3x2, enfriador de botellas, apeiros de labranza para decorar, unha caldeira de gas cidade. Tel. 637 00 59 10 Véndese leña de carballo. Tel. 630 521 448. En Xinzo véndense cinco rodas de Ford Escort 18560R14 en bo estado, e varias ferramentas de albanelería. Tel. 663 376 002. Vendo sensores de aparcamento con pantalla LED que indica distancia e lado de colisión (varias cores) e regalo instalación en Ourense. En 3 horas telos instalados con acabado profesional garantido por 40 euros. Tel/Whatsapp 667 830 310.

Vendo manequíns en perfecto estado, modernos, con pelo esculpido. A 150 euros cada un e tres xuntos 400 euros. Tel. 988 25 43 59.

Vendo xerseis feitos a man por encargo 10 euros, e bolsos de trapillo a 3 e 5 euros. Tel. 664 096 953. Véndes compresor de aire ABC VG-5-PC industrial 6CVHP. Presión 8Kgs/cm2 psi115, 750 Litros/minuto cfm 236,48. Velocidad 650. Depósito 300Litros. Peso neto 210Kgs. Peso Bruto 310Kgs. Prezo 1.000€. Telf. 687 19 33 44 Véndese colchón antiescaras por 40 € e coxín de latex (antiescaras) de 25 € e 20 €. Tel 606 03 57 81. Vendo estanterías metálicas de varias medidas e dúas básculas. Tel. 679 04 06 04.

EMPREGO Desbrózanse fincas con tractor e a man. Prezo económico. Tel. 630 521 448. Ofrécese modista para particulares. Bo prezo. Calidade. Tel. 988 255 302. Ofrécese mozo para traballar do que sexa (principalmente de camareiro). Tel. 609 919 362. Necesítanse auxiliares de axuda a domicilio para traballar en decembro en Verín. Tel. 687 023 641. Dánse clases a domicilio durante o curso 2014-15. Especialidade en matemáticas xerais. Todas as etapas. Tamén outras materias. Ampla experiencia. Económico. Con CAP.Tel 636 6195 89. clasesadomicilio2014@hotmail.com Fanse reparacións en casas e negocios. Carpintería, persianas, mobles... Tel. 656 782 460. Licenciada en Traducción e Interpretación da clases de inglés e francés. Individuais e grupos reducidos. Todos os niveis. Telf. 664 59 06 04. Danse clases particulares de pintura artística. Oleo, acuarela, pastel, acrílico. Todos os niveis. Máis de 40 anos de experiencia Telf. 687 19 33 44. Clases particulares de Photoshop e deseño gráfico. Todos os niveis. 20 anos de experiencia. Tel. 667 508 333. Ofrécese mozo para traballar en almacéns. Tel. 672 621 408. Busco persoa para coidar a unha señora maior. Ofrezo casa, horario e soldo a convir. Zona Allariz. Tel. 608 69 65 73.

Comarca de Monterrei Concello de Verín Concello de Monterrei Concello de Oimbra Concello de Vilardevós Concello de Riós Concello de Castrelo de Val Concello de Laza Concello de Cualedro Comisaría de Policía Verín Policía Local Verín Bombeiro Verín Garda Civil Protección Civil Estación de autobuses Taxis - Parada Hospital Taxis - Parada Estación Autobuses Taxis - Parada Praza Merced Taxis - Parada Praza do Concello Ambulatorio Urxencias Ambulatorio Cita previa Hospital de Verín Cruz Vermella Correos e Telégrafos Rexistro Civil de Verín Rexistro da Propiedade Oficina de emprego Oficina da Seguridade Social Servizos Sociais Verín Cáritas Parroquial IES nº1 de Verín IES García Barbón I. Bacharelato X. Taboada Chivite CEIP Amaro Refoxo CEIP Princesa de España Comarca de A Limia Concello de Xinzo Concello de Porqueira Concello de Calvos de Randín Concello de Baltar Concello de Os Blancos Concello de Trasmiras Concello de Sarreaus Concello de Vilar de Barrio Concello de Sandiás Concello de Vilar de Santos Concello de Rairiz de Veiga Policía Local Xinzo Garda Civil Estación de autobuses Centro de saúde Xinzo Punto Atención Continuada Rexistro civil de Xinzo Rexistro da Propiedade Taxis - Parada

988 410 001 988 418 002 988 426 160 988 417 004 988 425 032 988 419 002 988 422 002 988 424 004 988 414 123 988 411 612 988 590 206 988 410 005 988 412 121 988 413 516 988 414 342 988 411 812 988 410 385 988 411 113 988 410 800 988 413 460 988 413 636 988 411 600 988 411 038 988 410 387 988 410 737 988 410 703 988 410 253 988 414 776 988 410 679 988 411 212 988 410 379 988 410 041 988 411 425 988 410 128 988 550 111 988 466 102 988 434 000 988 466 503 988 467 506 988 445 000 988 454 002 988 449 001 988 465 001 988 465 883 988 465 552 988 462 425 988 462 361 988 460 309 988 462 200 988 462 456 988 46 0 188 988 460 209 988 460 258

Oficina de emprego Oficina da Seguridade Social Xulgado de 1ª Instancia Servizos Sociais Xinzo Cáritas Parroquial IES Lagoa de Antela IES Cidade de Antioquía CEIP Rosalía de Castro CEIP Carlos Casares Gardería Municipal Oficina Agraria Comarcal da Limia Comarca de Allariz-Maceda Concello de Allariz Concello de Baños de Molgas Concello de Maceda Concello de Paderne de Allariz Concello de Xunqueira de Ambía Concello de Xunqueira de Espadañedo Policía Local Allariz Garda Civil Allariz Centro de Saúde de Allariz Centro de Saúde de Baños de Molgas Centro de Saúde de Maceda Policia Local Maceda Garda Civil Maceda Parada taxis Maceda CEIP Padre Feixoo IES Allariz Gardería municipal Allariz Servicio Municipal de Augas Allariz Xulgado de Paz Allariz Comarca de Terras de Celanova Concello de Celanova Concello da Bola Concello de Cartelle Concello de Gomesende Concello da Merca Concello de Padrenda Concello de Pontedeva Concello de Quintela de Leirado Concello de Ramirás Concello de Verea Policía Local Celanova Centro de Saúde de Celanova IES Celanova CEIP Curros Enríquez Oficina Seguridade Social Celanova Xulgado 1ª Instancia Celanova Urxencias Sanitarias Cita previa Servizo Galego Saúde Teléfono maltratadas ITV Protección Civil Incendios forestais Fenosa (averías)

988 460 375 988 462 951 988 462 364 988 550 111 988 460 222 988 462 454 988 461 271 988 460 480 988 460 507 988 461 049 988 460 024 988 440 001 988 430 000 988 463 001 988 293 000 988 436 006 988 291 001 988 440 000 988 440 031 988 440 958 988 430 331 988 463 370 696 511 038 988 463 084 988 463 204 988 440 825 988 440 036 988 440 219 988 440 004 988 440 704 988 431 481 988 433 768 988 491 111 988 485 000 988 260 000 988 494 783 988 495 005 988 493 500 988 491 523 988 430 600 988 431 806 988 451 736 988 431 290 988 431 725 988 553 055 988 431 482 061 902 077 333 016 902 309 000 112 085 988 222 222


BARRIOS Xaneiro de 2015


15 de xaneiro - Barrios