Page 1

Medio Ambiente investirá máis de 800.000 euros na mellora do Limia XINZO

Páx.10

As taxas municipais de Xinzo subirán co IPC en 2014, un 0,3%

COMARCA

Páx.12

“Envellecemento activo” no concello de Vilar de Santos

[p. 14]

COMARCA Páx.15

PROVINCIA Páx.24

DEPORTES

O CDR O Viso pon en marcha un servizo de orientación laboral

Os concellos do rural ourensán suspenden en internet

O club Limiactiva presenta a tempada 2013/2014

Última impulso para o Museo do Entroido

Páx.26

[páx. 14]

O Concello de Xinzo vén de contratar o proxecto museístico a unha empresa sevillana /M. REJO.

Número: 84 - Ano:VIII - Novembro 2013 - Depósito Legal: OU 185-2006 - Periódico mensual de distribución gratuíta www.mundourense.com - BARRIOS volve estar no seu buzón a mediados de decembro. Se quere anunciarse consulte no 685 800 190




BARRIOS Novembro de 2013

VERÍN E COMARCA

Comezou a reurbanización da praza da Mercé 4 Mellorarase a rede de saneamento e soterraranse os colectores e o alumeado público, entre outras actuacións. Redacción O Concello de Verín vén de iniciar as obras de reurbanización da praza da Mercé, dentro do seu plan de protección do casco histórico da vila. A actuación consiste na mellora da rede de saneamento, no soterramento das liñas de alumeado eléctrico, de telefonía, do servizo de gas e dos colectores de lixo, así como a urbanización da propia praza, na que se colocará nova pavimentación e mobiliario urbano. A actuación está financiada cunha subvención da Consellería de Economía e Industria para zonas peonís e comerciais, que cubre o 75% do custo total da obra. Está previsto que as obras rematen no prazo dun mes. Os traballos de urbanización da praza da Mercé, contemplan a unificación a un único nivel das rasantes existentes, eliminando o resalto entre as beirarrúas e a calzada para adaptarse á Lei de accesibilidade e supresión de barreiras. Tamén se renovará o pavimento, que tiña bastantes pedras deterioradas, así como a execución de colectores soterrados para a xestión de residuos de modo diferenciado. En concreto colocaranse dous de material orgánico, un para plástico e outro para vidro, o que permitirá potenciar a

importancia do reciclaxe e separación de materiais, e eliminar os colectores en superficie, finalizando así cos malos olores e feísmo neste contorno. Amais, o proxecto inclúe a renovación de parte da rede de saneamento e de recollida de pluviais; e a instalación do alumeado público en liñas subterráneas, antes inexistente. Cúmprese así o Plan Especial de Protección e Reforma Interior do Barrio de San Lázaro e do núcleo antigo de Verín, que xa establecía a eliminación dos tendidos eléctricos e telefónicos aéreos. A instalación dunha boca de rego, o enganche da canalización de gas solicitado polos veciños da praza e a canalización subterránea de telefonía tamén están previstos na actuación. Por último, colocarase novo mobiliario urbano, como bancos, papeleiras e árbores. Anteriores actuacións Anteriormente, a través das mesmas axudas da Consellería de Economía e Industria xa se tiñan mellorado outras zonas do casco histórico de Verín, como as prazas Maior e García Barbón, ou as rúas Merced, Amaro Refojo, Cruz, Pozo, Traviesa, Viriato, Aduana, Lisa e Olivar.

Aspectos das obras na praza da Mercé./CdV.

O Centro Cultural das Artes de Verín custará 3,3 millóns de euros

4 O Concello de Verín, a Xunta de Galicia e a Deputación de Ourense asinan un convenio para a construción da infraestrutura cultural. Redacción Os verineses gozarán en 2015 do novo Centro Cultural das Artes, se se cumplen os prazos dados polo presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, durante a sinatura do convenio entre Concello de Verín, Deputación de Ourense e Xunta de Galicia que financiará esta infraestrutura cultural. Será preciso un investimento total de 3,3 millóns de euros, que achegará na súa maior parte a Xunta (o 84%), mentres que o restante 16% será financiado pola Deputación. No acto de sinatura, no que participaron o conselleiro de Cultura, Xesús Vázquez, o presidente da Deputación ourensá, José Manuel Baltar, e o alcalde de Verín, Juan Manuel Jiménez, destacouse a importancia desta infraestrutura para a localidade e a comarca. “Faltábanos un espazo para os grandes acontecementos e, tamén, funcionais espazos para que a creatividade das nosas xentes, especialmente os máis novos, puideran desenvolver todas as súas capacidades”, subliñou o rexedor, recordando que na actualidade só existe unha sala con 70 asentos e que grazas a esta sinatura “se cumpre unha vella aspiración dos veciños de Verín”. Unha cuestión que ratificou Núñez Feijóo, recordando que este acordo supón dotar a Verín dunha infraestrutura imprescindible para facer máis rica e máis plena a vida dos 25.000 veciños da comarca de Monterrei. O titular da Xunta afirmou que as necesidades culturais de Verín non poden satisfacerse co actual auditorio, e resaltou que a Xunta xa se implicou na redacción do proxecto en 2010 e agora renova ese compromiso, “proporcionando o orzamento que permitirá converter ese proxecto nunha realidade”. Feijoo desta-

O presidente da Xunta durante a sinatura do convenio para construir o Centro Cultural das Artes de Verín./CONCHI PAZ.

Infografía do futuro Centro das Artes de Verín.

4 Características do Centro Cultural das Artes O Centro Cultural das Artes de Verín ubicarase nunha parcela entre o manantial de Fontenova e a rúa San Antón. Albergará un salón de actos principal, cafetaría, aseos e zona administrativa; ademais dun espazo para a formación musical e de danza, sala de

exposicións ou de interpretación. Será unha instalación respectuosa co medio ambiente, conformada por pequenas edificacións nas que se respecta o esquema de volumes independentes ao exterior e espazo común e de relación ao interior. Todo co obxec-

tivo de crear un espazo para que toda a cidadanía da comarca poida dispoñer dun espazo para gozar da ampla oferta de actividades culturais que ofrecen tanto a Consellería de Cultura e Educación como as diferentes asociacións e compañías da bisbarra.

cou que deste xeito, sáldase unha débeda pendente desde hai tempo con Verín, ao tempo que se avanza no obxectivo de Goberno de facer da cultura un ben ao alcance de calquera galego, independentemente do lugar no que resida. Tamén lembrou, ao igual que fixo na súa intervención o presidente da Deputación de Ourense, que este novo centro cultural será realidade grazas á colaboración entre administracións e celebrou que a maioría dos concellos

da provincia teñan asumido a necesidade de unirse para ser máis eficientes e opten ás subvencións da Xunta de forma concertada.

trial de Pazos, que pretende aumentar as capacidades de Verín no eido empresarial; ou os recursos orientados a seguir mellorando o saneamento e a depuración de augas na vila; ou a colaboración co Concello na adecuación da Casa da Xuventude como sala de exposicións e oficina de turismo.

Outros investimentos da Xunta no municipio O presidente do executivo galego aproveitou a visita a Verín para recordar que esta actuación cultural súmase a outras recollidas nos Orzamentos da Comunidade para 2014, como o investimento de 1,6 millóns de euros no polígono indus-

A Xunta achega o 84% do orzamento e a Deputación o 16%


VERÍN E COMARCA

Encontro para emprendedores Redacción

A Fundación Galicia Europa organiza os días 14 e 15 de novembro o encontro ‘Punto Verde. Unha idea, un proxecto, un plan de negocio verde (do pano da mesa ao plan de negocio)”. As xornadas terán lugar na sede da Eurocidade en Feces de Abaixo, e teñen por obxectivo informar, asesorar e promover novas ideas e proxectos de mozos que aposten polo medio rural, e facilitar un ámbito de internacionalización de produtos e sistemas en territorios transfronteirizos. As actividades realizaranse mediante o establecemen-

Xornadas formativas Redacción

A Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado realizará os días 20 e 21 de novembro, na sede da Eurocidade Chaves-Verín, unhas xornadas formativas para apoiar aos mozos e mozas na xestión de proxectos que queiran emprender. Preténdese que estas xornadas sexan un punto de encontro empresarial que englobe as últimas tendencias aplicables a todas as áreas da empresa, para aportar claves sobre as novas técnicas que afronten con éxito a xestión empresarial, facendo fincapé nos emprendedores e naqueles mozos que

to de grupos dinámicos que traballarán as ideas seleccionadas, enfrontándose ao reto de formular esquematicamente o concepto a transmitir, desenvolver un plan de negocios “non formal” e establecer estratexias de comunicación no aspecto ambiental. Actividades das dúas xornadas O xoves presentaranse e seleccionaranse as ideas, formaranse os equipos de emprendedores, e desenvolveranse obradoiros de modelo de negocio e de comunicación ambiental. O venres continuará o traballo en equipo, con elección das ideas finalistas, a súa presentación e un coloquio final. desexen dar continuidade as empresas familiares mediante o relevo xeracional e lles falten as ferramentas necesaria para iso. Financiamento e internacionalización Na primeira xornada, “Financia o teu negocio” daranse a coñecer as distintas posibilidades de financiación alternativas para a creación de novas empresas. Na segunda, “Claves para a internacionalización da túa empresa”, orientarase aos asistentes tanto no proceso de selección dos mercados obxectivos para realizar o proceso de internacionalización como na organización dos recursos para o seguimento das súas actividades internacionais.

BARRIOS Novembro de 2013



A Eurocidade Chaves-Verín contará cunha Escola Superior de Saúde

4 Ofertará novas titulacións de ensino superior: fisioterapia, podoloxía, nutrición e dietética. Redacción A Escola de Enfermería de Chaves ampliará a súa oferta formativa pasando a denominarse Escola Superior de Saúde da Eurocidade. No centro, no que se matriculan xa máis alumnos españois que portugueses, impartiranse as novas titulacións de fisioterapia, podoloxía, nutrición e dietética. A finais de outubro, os rexedores de Verín e Chaves, Juan Manuel Jiménez e António Cabeleira, recibiron a responsables de área médica e de enfermería da Universidade de Barcelona que visitaban a Eurocidade co obxecto de presentar o proxecto educativo destinado a ampliar a oferta formativa da “Escola de Enfermagem Dr. José Timóteo Montalvão Machado” de Chaves, que pasará a denominarse Escola Superior de Saúde da Eurocidade. Este proxecto educativo transfronteirizo permitirá non só mellorar a calidade deste centro educativo, no que decenas de alumnos flavienses e verineses cursan estudos, senón tamén ampliar a súa oferta de titulacións no sector da saúde, benestar e lecer. As novas

Autoridades e responsables académicos na visita á Eurocidade. titulacións de ensino superior serán as de fisioterapia, podoloxía, nutrición e dietética. Unha ampliación de especialidades que xa se atopa na última fase de tramitación ante o Ministerio luso de Saúde. Este ensino superior estará unido a un novo ensino profesional que, ademais das ramas de hostalaría e turismo, contará coas de administración, informática e saúde. Tratarase dunha formación educativa con recoñecemento académico e institucional tanto en España e Portugal. “Estamos de noraboa, é unha excelente noticia para a xente do noso municipio e comarca, xa que tras moitas xestións logrouse que neste centro se impartan unhas das titulacións máis demandadas no territorio nacional”, recoñeceu o alcalde verinés.

4 Estudos con interese para o alumnado galego Na actualidade, a “Escola de Enfermagem Dr. José Timóteo Montalvão Machado “de Chaves imparte a licenciatura en enfermería, os posgraos de actualidade en xestión, coidados paliativos, supervisión en clínica de enfermería, urxencia e emerxencia; así como o mestrado en enfermería comunitaria e as especializacións en enfermería comunitaria, enfermería de rehabilitación, enfermería médico-quirúrxica e enfermería de saúde infantil e pediátrica. Nos últimos anos o número de estudantes españois incrementouse; de

feito no último ano lectivo entraron 39 estudantes españois fronte aos 20 portugueses. Aínda que a maioría de alumnos españois son de Verín, tamén hai estudantes de Ourense, Xinzo de Limia, Lugo e Pontevedra, que se decantan por este centro ao posuír un recoñecido prestixio no ámbito da saúde a nivel internacional, e ser unha escola referente en intercambio de experiencias sanitarias no ámbito transfronteirizo, con moitos dos seus alumnos realizando a correspondente formación práctica en centros hospitalarios galegos.




BARRIOS Novembro de 2013

PUBLICIDADE

ACADEMIA PROXECTO, convocadas plazas y abierto plazo de instancias para oposiciones al Ministerio de Justicia Manuel Pardo es preparador de oposiciones de Justicia en Academia Proxecto. ¿Cómo se encuentra en la actualidad la posibilidad de obtener un puesto de trabajo en el ámbito judicial? “Ha salido publicada en el BOE del 24 de octubre la convocatoria del proceso selectivo para ingreso en el Cuerpo de Gestión Procesal y Administrativa y se abre un plazo de 20 días para formalizar la solicitud de admisión en el proceso.”. ¿Es una buena oportunidad para obtener un puesto de trabajo? “Teniendo en cuenta las restricciones presupuestarias, la oferta no es muy generosa y obliga a los candidatos a dar lo mejor de sí, a luchar y pelear por ser el número uno. Cataluña convoca 90 plazas, Madrid 54, Andalucía 29, C. Valenciana 26, Canarias 19 y para el ámbito no transferido 18 plazas, sumadas promo-

ción interna y turno libre”. ¿Que nos puedes comentar del trabajo que estáis realizando en Academia Proxecto? “Llevamos trabajando con un grupo reducido de personas desde octubre del año pasado, preparando el programa de la oposición. Les informamos de la posibilidad de la convocatoria para este año y decidieron apostar por su preparación con tiempo suficiente; confiemos en que su apuesta tenga el éxito que se merecen. No obstante este grupo está abierto a nuevas incorporaciones como las que se están produciendo sobre todo tras conocerse la convocatoria; se trata de personas que ya han preparado las oposiciones a la administración de justicia anteriormente o bien de quienes tienen una formación jurídica que les permite seguir el ritmo de las clases. Vamos a repasar toda la materia y cualquiera en estas condiciones puede

incorporarse a un grupo que le garantiza un nivel de exigencia alto y lo prepara para competir en igualdad de condiciones para conseguir una plaza en esta convocatoria. No negamos que el reto es difícil pero depende del esfuerzo de cada uno, por nuestra parte podemos cumplir con lo que se nos exige para su consecución”. Y de cara al año 2014, ¿qué nos puedes comentar en cuanto a la oferta de empleo público en Justicia? “Es muy pronto para aventurar un pronóstico cierto, pero nos encontramos en una situación similar a la del año pasado, a saber: a) se mantiene en los Presupuestos Generales del Estado la tasa de reposición para la Administración de Justicia, b) en la negociación de la oferta de empleo para este año 2013 el Ministerio de Justicia proponía unas 700 plazas más para tramitación y auxilio, que fueron des-

cartadas por Administraciones Públicas. Dependerá pues, de una decisión política que conoceremos sobre el mes de marzo del año que viene, pero que, de confirmarse, ahora es el momento de comenzar a trabajar en la preparación de la oposición”. ¿Estáis pensando en comenzar un nuevo grupo de preparación? “Sin perjuicio de seguir trabajando intensamente con nuestros alumnos que se están jugando el aprobado en gestión procesal, comenzaremos brevemente un grupo de trabajo de cara al año próximo para la preparación de las oposiciones para ingreso en la Administración de Justicia. Ofrecemos trabajo, honradez y profesionalidad. Contamos con la ventaja de que nunca hemos dejado de preparar estas oposiciones y nos avalan los resultados de las últimas convocatorias. Tenemos el

Manuel Pardo, preparador de oposiciones de Justicia de Academia Proxecto.

Cataluña convoca 90 plazas, Madrid 54, Andalucía 2, C. Valenciana 26, Canarias 1 y para el ámbito no transferido 18 plazas, sumadas promoción interna y turno libre material actualizado, los profesores al día de las materias que imparten y la organización de todo lo que rodea a una buena preparación lista para empezar en cualquier momento. Esta es nuestra oferta. Lo que demandamos del alumno es la una apuesta inequívoca por alcanzar el objetivo sabiendo de la

dificultad que el mismo entraña en estos momentos. Él es el principal protagonista pero nosotros vamos a facilitarle la consecución de un objetivo común a ambas partes: lograr un puesto de trabajo fijo en la administración de justicia. Es nuestro reto y estamos preparados para ello”.


VERÍN E COMARCA

BARRIOS Novembro de 2013



Cruz Vermella Monterrei Eroski cederá alimentos ao organizou un mercado solidario Banco de Roupa Municipal 4 Os fondos recadados destinaranse a axudar ás familias afectadas pola crise na comarca.

4 Estímase que unhas cen familias verinesas poderán beneficiarse regularmente destas doazóns.

Redacción

Redacción

O luns 11 de novembro, coincidindo co día de feira en Verín, Cruz Vermella Monterrei instalou un posto na praza García Barbón para recadar fondos para as familias en dificultades económicas da comarca. A partir dun euro, os verineses podían colaborar coa institución benéfica adquirindo algún dos artigos expostos no stand, na súa maioría libros. O valor simbólico dun euro fixouse, explican desde a Cruz Vermella, “de recordatario de que entre todos podemos facer moito”. Os fondos recadados nesta cita destinaranse ás accións de loita contra a pobreza enmarcadas no Chamamento ‘Agora + que nunca’, lanzado por Cruz Vermella para

O Concello de Verín acaba de asinar un convenio co grupo Eroski para a cesión de alimentos ao Banco de Roupa Municipal, que serán repartidos de modo diario entre as familias que máis o necesiten do municipio. O Concello de Verín é sensible ante as especiais dificultades que atravesan moitas familias e persoas do municipio á hora de cubrir as necesidades básicas, ben sexa pola situación de desemprego, enfermidade ou outras. Co fin de paliar esta situación, o departamento de Servizos Sociais municipal atende desde fai anos esta demanda ordinaria, con prioridade para

A celebración da feira facilitou a afluencia de público ao posto de Cruz Vermella./BORYS MARTÍNEZ. atender ás persoas afectadas pola actual crise socioeconómica. Biblioteca Cruz Vermella Monterrei conta cun novo apoio para as actividades lúdicas e de

reforzo escolar dos nenos e nenas do Centro de Día para Menores de Verín. Libros de consulta, enciclopedias, contos e novelas, nutren os andeis do Centro grazas á doazón da Biblioteca Municipal de Verín.

as persoas que se atopan en situación de carencia e exclusión. Ata este momento, desde o Banco de Roupa de Verín ofrecíase aos usuarios roupa, calzado, complementos infantís, xoguetes ou libros; ademais de facilitar alimentos en casos e campañas puntuais ás persoas máis necesitadas. Alimentos de primeira necesidade O grupo Eroski, coñecedor deste labor social desenvolvido polo Concello de Verín, decidiu sumarse a esta actuación e cederá, de modo desinteresado, alimentos de primeira necesidade que se repartirán entre as persoas máis necesitadas, de modo que sempre exista un excedente alimentario no Banco

de Roupa Municipal. Neste lugar garantirase a correcta conservación dos produtos recibidos. Para ser beneficiario desta axuda alimentaria é imprescindible a valoración previa por parte do departamento de Servizos Sociais do Concello de Verín. Estímase que sobre unhas cen familias, de modo regular, poderían beneficiarse destas doazóns de alimentos, que serán entregadas pola voluntaria responsable do roupeiro, Rosa Rodríguez, no local situado na avenida Luis Espada nº 81 de Verín.

Os beneficiados deberán estar valorados polos Servizos Sociais




BARRIOS Novembro de 2013

VERÍN E COMARCA

EN BREVE

4 Concurso fotográfico de Portas de Galicia O Plan de Competitividade Portas de Galicia organiza un concurso fotográfico a través da páxina web www.catroestacionsgastronomicas.com e da súa páxina de facebook. O premio son tres menús degustación en calquera dos 20 establecementos participantes nas I Xornadas Gastronómicas da Caza, Cogumelos e Castañas. Para participar hai que enviar, ata o 20 de novembro, fotos de pratos, produtos ou tradicións relacionadas co outono, que inclúan castañas, setas ou caza. As fotografías máis votadas serán as premiadas.

4 II Xornadas de fotografía Os Servizos Sociais Comunitarios Básicos de Verín promoven a realización das segundas xornadas de fotografía, na especialidade de iniciación e retoque, durante a fin de semana do 16 e 17 de novembro. As xornadas serán impartidas polos fotógrafos verineses Borys Martínez e Sergio Crespo, e nelas analizaranse cuestións como manexo dunha máquina fotográfica e retoque fotográfico. Durante o sábado 16, de 11 a 13 horas, na aula multimedia da Casa da Xuventude terá lugar unha clase de iniciación á fotografía; e a partir das 16 horas, os participantes realizarán unha saída fotográfica ao río Támega. E xa o domingo 17, de 11 a 13 horas, impartirase a clase de retoque fotográfico na mesma aula multimedia. Para participar nesta iniciativa é necesario contar cunha cámara de fotos con controis manuais, así como inscribirse no departamento de Servizos Sociais de Verín. A actividade é gratuíta pero para participar é preciso realizar un donativo en forma de alimentos non perecedoiros, material escolar, libros ou xoguetes, entre outros, que serán entregados ás persoas que os necesiten.

Premiados no segundo concurso ‘Busca do patrimonio na Biblioteca’

4Peche por tempada do Parador O Parador de Verín permanecerá pechado por tempada os próximos tres meses e medio, cumprindo así o acordo asinado o ano pasado entre a cadea hoteleira e os sindicatos para evitar o peche da instalación. O hotel reabrirá o vindeiro 24 de febreiro, coincidindo co inicio das festas do Entroido. Durante o período de peche quedará persoal de garda no parador para realizar labores de mantemento e atender posibles reservas.

4 Respaldo da crítica aos viños da D.O. Monterrei A guía de viños “The Wine Advocate” premia os viños da D.O. Monterrei, concedendo polo menos 90 puntos ao 72% das mostras valoradas. O catador Luís Gutiérrez asina unha reportaxe publicada en eRobertParker.com que recolle unha selección de viños galegos na que Monterrei alcanza excelentes puntuacións. A lista inclúe 25 viños da denominación de orixe, dos cales 18 quedan por riba dos 90 puntos, e un dos brancos é o segundo mellor valorado, con 94 puntos. Desde o Consello Regulador consideran esta unha “excelente noticia” para a denominación que favorece “a promoción e ampliación de mercados”.

4 Seis novos cursos formativos na aula CeMIT Durante novembro, a aula Multimedia do Concello de Verín ofertará seis novos cursos formativos para os usuarios interesados en ampliar os seus coñecementos en novas tecnoloxías. Os cursos que terán lugar son: internet, redes sociais (Facebook), comunity manager, certificados dixitais ofimática e ferramentas na nube.

O gañador, Xoel González, co alcalde Juan Manuel Jiménez. /CdV.

4 Recollida de sinaturas contra a suba do IBI

4 “Irregularidades” no obradoiro de emprego

O BNG de Verín vai comezar unha campaña de recollida de sinaturas en contra da suba de máis do 50% do IBI que se vén experimentando no municipio nos dous últimos anos. Recordan os nacionalistas que en 2012, o goberno local de Verín, co voto en contra do BNG, aprobou un incremento de preto dun 38% no IBI. Nesa altura, o BNG consideraba que a suba “era desmesurada e fóra de lugar”. “Naquel momento tachousenos de alarmistas, pero o tempo veu darlle a razón o BNG, xa que o goberno non tivo ningún reparo en volver incrementalo para o ano 2013, no que volve aplicar unha suba dun 15% aproximadamente”.

O portavoz do BNG en Monterrei, Alberto Rodríguez García, considera que hai “irregularidades” nas contratacions do novo obradoiro de emprego dos concellos de Monterrei, Cualedro, Laza, Oimbra e Castrelo. Rodríguez García pregúntase se se “supón que estamos na igualdade de dereito a recibir un posto de traballo; por que non todo o mundo que está desempregado inscrito no INEM non recibe a su carta para poder traballar nun obradoiro?” Segundo o voceiro nacionalista houbo veciños do municipio que cumplían os requisitos e non recibiron a carta para inscribirse no obradoiro e atribúeo a que “todo isto é un paripé, e a xente xa está escollida”.

O mozo de Verín Xoel González Sousa, de 13 anos, resultou vencedor do segundo concurso “Busca do patrimonio na Biblioteca”, organizado pola biblioteca de Verín, coa colaboración do historiador e escritor Bruno Rúa. Cada participante tiña que fotografarse en sete lugares do patrimonio comarcal e para descubrir cada un dos sete espazos, facilitábase unha pista previa. Este mozo resolveu todas as probas nun tempo de marca, tan só cinco días. Como segundas clasificadas quedaron Marta Caneiro Losada e Inés García Novoa. Neste concurso participaron unha ducia de nenos de 11 a 16 anos da comarca. Os premios, unha tablet para o primeiro clasificado e un móbil para as segundas, foron entregados no Día Internacional das Biblioteca.

4 III Pleno Infantil en Verín

4 Obras en Castrelo do Val

O 22 de novembro terá lugar, no salón de actos da Casa da Cultura de Verín, a terceira edición do Pleno Infantil co que se conmemorará o Día da Infancia. Nesta iniciativa, organizada por UNICEF e o departamento de Educación Familiar de Verín, os protagonistas serán estudantes de 6º de Primaria dos colexios Princesa de España, Amaro Refojo e María Inmaculada e de 1º de ESO do centro Apostólico Mercedario. Os alumnos converteranse en concelleiros por un día e elixiran un alcalde ou alcaldesa para o que resta de lexislatura escolar. Na sesión abordarán dereitos recollidos na Convención Internacional dos Dereitos do Neno. Ao finalizar, realizarán unha visita guiada ás dependencias municipais.

O Concello de Castrelo do Val destinará máis de 38.000 euros á mellora de camiños rurais. En concreto, mellorarase o acceso a unha vivenda na rúa das Pozas, e na rúa do Poulón, o acceso a unha adega de recente creación, a primeira da DO Monterrei neste municipio. As obras rematarán nas vindeiras semanas. As actuacións enmárcanse no Plan MARCO, que substitúe ao anterior PEIM, e que está integramente financiado por fondos europeos de AGADER. Un total de 32.050 euros, aos que se lles suma a achega municipal (para a redacción do proxecto e máis o IVE), de 6.730 euros. Recentemente, a casa consistorial renovou as súas ventás en virtude dunha subvención do Fondo de Compensación Ambiental.


VERÍN E COMARCA

A Antena Local de Verín organiza un curso de alemán Redacción Un curso de alemán cuxo inicio está previsto para o próximo 25 de novembro pechará o programa de formación en idiomas posto en marcha polo servizo Europa Direct Cámara Ourense e a

Antena Local de Verín. Desde o pasado mes de xuño impartíronse oito cursos de portugués, inglés e alemán nos que participaron 60 alumnos, sendo alemán e portugués, por esta orde, os máis demandados. Entre os asistentes atopábanse per-

soas que tiñan planificada a súa marcha a Alemaña, Suíza, Portugal e Brasil para iniciar unha nova etapa laboral. A maior parte dos alumnos da comarca verinesa que asistiron a estes cursos son mulleres, teñen un posto de traballo e profesións dispares, e mostran interese polos idiomas como unha vía de mellora dos seus currículos ou para a atención ao público, neste último caso sobre todo en portugués.

BARRIOS Novembro de 2013



“Anos cumpridos” promociona o envellecemento saudable 4 A iniciativa chegará aos maiores de Verín nos meses de novembro e decembro. Redacción A área de Maiores do departamento de Servizos Socias de Verín programa, para os meses de novembro e decembro, o proxecto “Anos cumpridos” para as persoas maiores de 65 anos de Verín. A iniciativa comezou o pasado día 4 en Feces de Abaixo e chegará ao longo destes dous meses ao resto de localidades do municipio co obxectivo de promocionar un envellecemento saudable. En particular, os obxectivos deste proxecto, enmarcado dentro do programa de Envellecemento Activo, son fomentar a autonomía e contribuír a atrasar perdas motrices, sensoriais e cognitivas, promover un xeito de vivir activo e participativo orientado ao desenvolve-

“Anos cumpridos” basearase en dinámicas grupais, exposición de textos reflexivos e técnicas de debate de contidos teórico-prácticos. mento da autonomía persoal; alentar un compromiso coa vida activa; optimizar as capacidades cognitivas, motrices e sensoriais; mellorar habilidades de relación prosocial e comunicación; potenciar capacidades residuais da persoa maior nas áreas físicas, de relación e natureza motivacional; im-

pulsar a participación dos maiores nos recursos comunitarios; reforzar a saúde, previr e intervir nos estados emocionais complicados relacionados coa súa etapa vital, e proporcionar apoio e asesoramento aos coidadores informais a cargo de persoas con certo grao de dependencia funcional.

A túa experiencia INTERESA Proxecto “A.T.E.I.” de orientación académica e laboral no IES García Barbón O Departamento de Formación e Orientación Laboral (FOL) e o Departamento de Orientación –en colaboración cos xefes dos Departamentos de Formación Profesional e as titorías- do IES García Barbón de Verín están a continuar as liñas de traballo habituais e a desenvolver un proxecto novidoso de información académica e laboral para o alumnado de Bacharelato e de Formación Profesional. Como en cursos anteriores, o centro realizou durante o mes de outubro unha avaliación das necesidades de información académica e profesional –cos estudantes de Bacharelato- e no mes de novembro entregará unha carperta informativa individualizada coa información solicitada. No caso do alumnado de Formación Profesional, tamén se

leva a cabo unha avaliación de necesidades de información laboral e se propoñen distintas actividades encamiñadas a mellorar os procesos de incorporación ao mundo laboral, entre outras, as que se dirixen a fomentar o uso de internet para buscar traballo. Para o novo curso 2013/2014, a proposta do instituto verinés inclúe a participación de antigos alumnos e alumnas que poidan colaborar para explicar a súa experiencia académica ou laboral nas aulas ou vía internet –utilizando principalmente o correo electrónico, a aplicación ofimática Google.Drive, a rede social Facebook e o programa sKype-. O proxecto chámase “ATEI” A Túa Experiencia

Interesa e xa conta cun blog creado no mes de outubro de 2013 –http://oquechedigaeu. blogspot.comFomento da cultura emprendedora Complementariamente, xa se organizaron actividades de fomento da cultura emprendedora por parte da Cámara de Comercio (día 4 de novembro) para o alumnado de Formación Profesional; celebrouse o Samaín cun concurso de calacús –colondros- do que resultou gañadora Yaiza García López, alumna de 2º de Bacharelato; un Curso sobre Primeiros Auxilios realizado pola Cruz Vermella; e unha charla sobre “Tecnoloxía e Sociedade” que tivo lugar o día 7 de novembro.

Participan antigos alumnos explicando a súa experiencia académica ou laboral nas aulas ou vía internet




BARRIOS Novembro de 2013

VERÍN E COMARCA

O tecor societario de Vilardevós estrea directiva 4 Empezan o seu traballo con sementeiras en puntos concretos das que 15 hectáreas que xestionan e a primeiros de decembro soltarán preto de 180 perdices e 80 coellos. P.L. Cun proxecto “sólido e viable” comeza a traballar a nova directiva do tecor societario de Vilardevós, que agrupa preto de 300 cazadores deste municipio. Elixida a mediados de outubro, defínense como “unha directiva con experiencia e gañas de traballo para gozar da paixón pola caza e a natureza”, e está conformada por Delfín Delgado como presidente, Alejandro Couso como vicepresidente, Manuel Chaves como secretario, Rogelio Martínez como tesoureiro, J.Manuel González como asesor, e cinco vocais. Entre as primeiras iniciativas que tomaron está a de iniciar a sementeira de centeo nalgúns puntos das 15 hectáreas de monte que xestionan, parte das cales foron afectadas polos incen-

dios este verán, en concreto na zona de Vilar de Cervos. Para febreiro ou marzo do ano próximo teñen previsto realizar importantes desbroces; medidas que “facían falta porque o ano pasado non se fixeron”, explica o secretario, Manuel Chaves. Ademais, teñen programado para primeiros de decembro “unha solta programada de 180 perdices e 80 coellos”. A súa intención é soltar en todo o territorio que cubren e ao longo do ano “de 800 a 1.000 coellos”, que crían nunha granxa en Pepín. Durante a tempada de caza (ata o 6 de xaneiro), 277 socios nativos do tecor, así como outros 57 foráneos e 8 cazadores do tecor de Riós –co que teñen convenio- poderán cazar nos montes de Vilardevós, tanto caza menor –ademais de perdices e coellos, faisáns e becadas-

como caza maior – xabalí e corzos, maiormente. Cumplimento das normas de seguridade Preguntado polos últimos accidentes ocorridos entre cazadores, Chaves considerounos “incidentes illados” e insistiu que no seu caso “todas as peñas cumpren as normativas e sinalizan ben”. Nesa liña, anunciou que o tecor organizará charlas formativas sobre caza maior, “que é onde se producen os accidentes sobre todo”, antes do inicio da próxima tempada.

Os responsables do tecor teñen previsto soltar ao longo do ano “de 800 a 1.000 coellos”

Os membros do tecor de Vilardevós comezaron a sementar nos seus montes.

Autoridades na inauguración do centro BTT.

Inaugurado o centro de bicicletas todo terreo Portas de Galicia 4 A Casa da Viúva da Gudiña será punto de acollida. Redacción O Centro BTT Portas de Galicia é xa unha realidade, froito do convenio de colaboración asinado entre Turismo de Galicia e a Asociación de municipios das comarcas de Monterrei e Conso-Frieiras O Centro BTT Portas de Galicia é un espazo ao aire libre, deseñado e preparado para os usuarios de bicicletas todo terreo, que

posibilita o coñecemento do medio rural e natural a través da práctica do ciclismo de montaña. Os ciclistas terán á súa disposición rutas nos concellos da Gudiña, A Mezquita, Riós, Viana do Bolo e Vilariño de Conso. Segundo explicou a directora de Turismo, Nava Castro, durante o acto inaugural, as rutas presentan diferentes niveis de dificultade de modo que todo o territorio, de sur a norte, está conectado. Isto

permite que a distancia entre Riós e Viana do Bolo, de case 130 quilómetros, se poida facer por etapas. Haberá dous puntos de acollida, o da zona sur na Casa da Viúva da Gudiña e o da zona norte na Casa da Cultura de Viana do Bolo. Nestes puntos, o Centro conta con información técnica e turística, coa posibilidade de alugar bicicletas e cascos, cun punto de lavado e instalacións como duchas e vestiarios. Turismo activo Segundo explicou Castro, “a posta en funcionamento deste centro supón un novo pulo para a dinamización turística desta zona, a través do fomento de actividades de turismo activo que se poden combinar cos múltiples recursos turísticos dos que dispón a zona”.


PUBLICIDADE

BARRIOS Novembro de 2013



ORO X EUROS OFRÉCECHE O MELLOR PREZO POLAS TÚAS XOIAS A sucursal de Xinzo forma parte dunha cadea de establecementos de compra en venda de ouro e prata con máis de 12 anos de experiencia Yuly Martínez é a xefa da sucursal Oro x Euros en Xinzo de Limia, unha cadea de establecementos de compra e venda de ouro e prata con presenza en toda España con máis de 12 anos de experiencia. “Con Oro x Euros é moi sinxelo vender o seu ouro e prata, así como rápido, fácil e seguro. Pagamos os prezos máis elevados que poida atopar. Non importa onde viva, Oro x Euros está dispoñible en calquera lugar, tanto si reside nunha cidade coma se vive nun pobo.”

“Como poderían observar, cada vez é máis común atopar carteis de “compro ouro”, apunta Yuly Martínez. “Ante tanta oferta, recomendamos que se vaia sempre ao seguro connosco. Obterá máis diñeiro polas súas xoias. Garantimos a maior transparencia para cos nosos clientes. Cumprimos todos os requisitos legais necesarios para exercer a nosa actividade e ademais somos unha empresa auditada internacionalmente en todo o noso proceso empresarial”, explica a responsable de Oro x Euros.

“Ante tanta oferta de ‘compro ouro’, recomendamos que se vaia sempre ao seguro connosco” Oro x Euros está situado na avenida de Ourense, 44, de Xinzo (fronte ao parque da Alameda) Horario: de luns a sábados de 10:30 a 13:30 e de tardes de 16:00 ata as 20:30 horas.


10

BARRIOS Novembro de 2013

noticia de empresa

Decoraciones Lurdes

Lourdes Martínez e Rubén Pérez, xerentes de Decoraciones Lurdes, achéganos á realidade deste establecemento de Xinzo. Considéranse “esa tenda onde as grandes marcas nacionais comparten escaparate coa nosa experiencia. Ofertamos aos clientes calidade, deseño e innovación”. Lourdes e Rubén levan máis de 22 anos no mundo da decoración e destacan o asesoramento personalizado que realizan a cada cliente, acorde cos seus gustos. “Facemos as nosas achegas coma profesionais no tocante á decoración dunha vivenda: cortinas, alfombras, tapizados, estores, etc. Traballan especialmente con produtos feitos en España e a calidade é un dos puntos máis importantes e o seu maior respaldo. A mensaxe que deixan aos seus posibles clientes é clara: “en Decoraciones Lurdes, atoparán unha atención personalizada, experiencia profesional en conxunto coas grandes marcas nacionais, así como unha continua innovación para cada fogar.” A tenda, ubicada na avenida de Ourense, 9, abre de luns a venres de 9:30 a 1:30 e de 4:30 a 8:30 horas; e os sábados de 10 a 14 horas.

“Atención personalizada, experiencia profesional e unha continua innovación para cada fogar”, claves de Decoraciones Lurdes

Fe de erratas

No número de setembro de Barrios ed. XinzoVerín-Allariz-Celanova, publicamos unha noticia sobre Multiclínica Xinzo na que por erro atribuíamos no pé de foto a profesión de “odontólogo” a Javier Gómez Salgado, sen que el tivese nada que ver ou supervisase esa redacción. Reproducimos de novo aquí a reportaxe co erro correxido; o seu cargo correcto é o de administrador.

XINZO E COMARCA

As taxas municipais subirán co IPC en 2014, un 0,3% 4 No pleno de Xinzo aprobouse por unanimidade a declaración como espazo natural de interese local da carballeira de Trandeiras. P.Lodeiro 27 taxas municipais do Concello de Xinzo subirán o ano que vén un 0,3%, a actualización do IPC. A aprobación inicial destas ordenanzas fiscais contou co voto favorable do grupo de goberno do PP e do concelleiro non adscrito Francisco Romero, mentres que o BNG abstívose, e o PSOE e o non adscrito Manuel Pérez Campos votaron en contra. Subliñar que o mesmo argumento, que a suba é moderada, valeulles tanto ao BNG como ao PSOE para xustificar o sentido do seu voto. Á pregunta de Ramiro Rodríguez sobre a ordenanza nº6, que regula a taxa pola licenza de aper-

tura de locais de negocio, o alcalde confirmou que se revisará á baixa. “Imos baixala porque é unha maneira de incentivar a apertura de empresas e entendemos que a taxa por metro cadrado era abusiva”, valorou Antonio Pérez. O rexedor tamén anunciou que se estudará unha simplificación da ordenanza sobre uso de instalacións deportivas. O que si se aprobou por unanimidade foi a instauración dunha nova taxa aos caixeiros automáticos que estean instalados na rúa. O edil nacionalista Ramiro Rodríguez valorou que o alcance da taxa será “limitado”, estimando nuns 8.000 euros o que se recadará. Tanto el como a voceira socialista alertaron da posibilidade de que as entidades

bancarias decidan instalar os caixeiros dentro das propias oficinas para non ter que pagar esta nova taxa. Mocións aprobadas por unanimidade Onde non houbo falta debate porque se aprobaron por unanimidade foi nos puntos referidos ás aprobacións iniciais do Regulamento Interno do Banco do Tempo, da Ordenanza Reguladora do Servizo de Axuda no Fogar, e das mocións conxuntas de todos os grupos municipais contra a reforma da Administración Local e de rexeitamento do terrorismo en xeral e solidariedade cos cidadáns do Concello de Beade. Tamén se puxeron todos os grupos de acordo na apertura do expediente

A corporación municipal de Xinzo de Limia, durante o último pleno, celebrado o pasado 31 de outubro./PAULA LODEIRO

Imaxe do Mosteiro de Trandeiras./ARQUIVO encamiñado á declaración como espazo natural de interese local da carballeira de Trandeiras. Neste punto, o voceiro do BNG, Ramiro Rodríguez, recordoulle ao alcalde o seu compromiso de conseguir fondos para restaurar o propio mosteiro de Trandeiras, pois “cada ano que pasa deteriórase máis o monumento máis emblemático do patrimonio do concello de Xinzo”. O rexedor popular recolleu o envite aínda destacando que se trata dun proxecto “millonario” e que “ao mellor é difícil sacalo adiante”. Rexeitadas as mocións sobre o copago Pola contra, onde apareceron diferenzas foi cando se debateron as mocións socialista, nacionalista e do non adscrito Manuel Pérez Campos, sobre o copagamento de certos medicamentos. A oposición consideraba “inmoral”, “cruel” ou “mezquina” a medida instaurada polo Goberno central de modo que os en-

fermos crónicos deben pagar parte do custo das súas medicinas, e opinaban ademais que non tiña sentido nin disuasorio nin recadatorio. O alcalde xustificou o voto en contra do seu grupo lembrando que xa existe partida na Concellería de Servizos Sociais “hai moitísimo tempo” para facer fronte ás peticións de veciños que precisen axuda para o pago de medicación. A moción de urxencia do PSOE sobre as urxencias de cirurxía pediátrica non se chegou a debatir, por entender o PP que era “extemporánea, porque agora mesmo está cuberto o servizo de urxencias no CHUO”, afirmou o alcalde. A sesión comezou gardando un minuto de silencio en recordo dos mineiros falecidos en León.

Neste pleno a oposición calificou de “inmoral” e “cruel” o copago de medicamentos

Multiclínica Xinzo trasládase ás galerías comerciais Castelao Javier Gómez está ao frente da clínica dental Multiclínica Xinzo S.L., “a clínica naranxa”, e con anos de experiencia no eido. En Multiclínica Xinzo S.L. son especialistas en implantes, endodoncias, próteses, etc.. Mención especial que os implantes son sen apenas cirurxía e

sen dor. No seu novo local tamén dispoñen de servizo de fisioterapia, podoloxía, logopedia e, proximamente, terán psicóloga e podóloga. Están ao lado da Academia Castelao e a Perruquería “La niña de los peines”, no interior das galerías comerciais Castelao, locais 8

e 9. O seu horario é de luns a venres de 09:30 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas. Para concertar cita previa é necesario chamar ao teléfono 988 680 144.

Son especialistas en implantes, sen apenas ciruxía e sen dor, endodoncias e próteses

Javier Gómez, administrador de Multiclínica Xinzo, diante da entrada da súa clínica dental en Xinzo.


PUBLICIDADE

BARRIOS Novembro de 2013

11


12

BARRIOS Novembro de 2013

XINZO E COMARCA

Vilar de Santos inicia unha nova edición do programa de “Envellecemento activo” 4 As actividades realizaranse de novembro a xuño no Centro Social de Parada e o Edificio Multiusos. Redacción O Concello de Vilar de Santos vén de poñer en marcha a edición 20132014 do seu programa de “Envellecemento Activo”, unha iniciativa que forma parte do Plan de Igualdade e Benestar impulsado polo Concello coa adopción de medidas de igualdade e dinamización social con programas e actividades abertos á participación veciñal, cunha gran influencia na mellora da calidade de vida e do benestar social. Este programa, que se ven aplicando nos últimos anos, está dirixido fundamentalmente ás persoas maiores do concello, con actividades adaptadas que se desenvolverán no Centro Social de Parada e no Multiusos da Casa do Concello todos os luns, martes, xoves e venres a partir do

O alcalde de Vilar de Santos, Xan Jardón, durante a presentación do programa de “Envellecemento activo” ante os veciños da localidade. 15 de novembro ata o mes de xuño do 2014. Para o programa funcionará o transporte municipal. Novidades A novidade desta edición radica na colaboración co Centro de Atención de Persoas Maiores de Vilar de

Os principais obxectivos deste programa son previr a dependencia das persoas maiores, fomentar a súa autonomía persoal e conservar a súa saúde

Santos para a realización do proxecto “Saber envellecer: corpo san en mente sa”, semanalmente con obradoiros de ximnasia, andainas, memoria en movemento, biodanza, relaxación, masaxes, xogos ou psicomotricidade acuática cos mesmos obxectivos xa descritos de prevención da dependencia, fomento da autonomía persoal e mantemento da saúde impartidos e dirixidos polo equipo interdisciplinar do centro:

composto por psicóloga, traballadora social, enfermeira, fisioterapeuta e xerocultora. Ximnasia, memoria e novas tecnoloxías O obradoiro de ximnasia activa está dirixido por unha fisioterapeuta. Trátase de ximnasia suave adaptada aos maiores e que ten como obxectivo promocionar a autonomía persoal. Busca mellorar o seu benestar físico e emocional

a través de exercicios de ximnasia realizando exercicios adecuados a cada un dos participantes. Coa chegada do bo tempo o programa realizarase nos parques biosaludables do concello. No obradoiro de memoria os maiores entrenan e exercitan a memoria mediante exercicios que lles serven tamén para resolver problemas cotiás que poden afectar a súa vida diaria. Os obxectivos deste programa son entrenar aos participantes no exercicio da memoria, a atención ou a concentración, estimular os recordos e o aprendizaxe, diminuír os olvidos e despistes na vida diaria para mellorar as dificultades propias da idade, ademais de manter a mente en forma. Estes obradoiros complementaranse con outras actividades, cursos, conferencias e tamén un proxecto piloto específico sobre residuos, a reciclaxe e o fomento da compostaxe. No Telecentro do Concello, que está incluído na rede de Centros para a Modernización e a Inclusión Tecnolóxica, polas tardes, organizaranse actividades para acercar o uso das novas tecnoloxías ás persoas maiores.

EN BREVE

4Obradoiros de coaching Sandiás e Xinzo acollerán os próximos 16 e 21 de novembro sendos obradoiros de formación para a mocidade sobre coaching e oratoria motivacional. En Sandiás o obradoiro terá lugar ás 11:30 horas na Casa da Cultura, durará dúas horas e os asistentes recibirán un diploma. En Xinzo a cita é na Casa da Cultura ás 18 horas. En ambos casos é preciso a inscrición previa.

4 Charla sobre as pensións

O PSOE de Xinzo organiza o xoves 14 de novembro unha xuntanza informativa sobre como lles está a afectar os requirimentos da Axencia Tributaria en materia de declaracións da súas rendas cando proceden de dous ou mais pagadores aos emigrantes retornados. Laura Seara, deputada no congreso pola provincia, será a ponente da charla, na que informará aos afectados sobre o que os socialistas consideran “unha medida tan sorpresiva como inxusta” . A cita é na Casa da Cultura a partir das 20 horas.


ESPECIAL

BARRIOS Novembro de 2013

13

A TELLA VEREA, EN TELLADOS DE MEDIO MUNDO A empresa iniciou en 2008 a súa aposta pola internacionalización das súas tellas, tanto de tella curva do país como da Spanish S, a máis demandada no mercado americano Desde o concello de Mesía, onde se atopa CERÁMICA VEREA, empresa fabricante de tellas desde hai máis de 40 anos, distribúense tellas por barco a países de todo o mundo. VEREA iniciou no ano 2008 a súa aposta pola internacionalización das súas tellas, tanto de tella curva do país como da Spanish S, sendo esta última a máis demandada no mercado americano. Esta saída aos mercados exteriores supuxo para a empresa un gran esforzo económico, tanto a nivel de investimento en instalacións como no terreo da innovación tecnolóxica. Conseguir as certificacións de calidade necesarias para poder vender en Estados Unidos foi unha das prioridades de VEREA, xa que é un país moi esixente coa calidade, e onde é imprescindible homologar o produto para poder vendelo.

A día de hoxe, VEREA é o distribuidor nº1 de tellas no Estado da Florida ( Miami, Orlando, Tampa), no Estado de Texas ( Houston, Dallas, Austin, San Antonio), e no Estado de Lousiana (Nova Orleáns). Despois da gran acollida no mercado norteamericano CERÁMICA VEREA amplía os seus horizontes internacionais e así actualmente, envían de forma regular, as súas tellas a países de todos os continentes como: -América Central: República Dominicana, Xamaica, Panamá, Guatemala, Costa Rica, Puerto Rico, O Salvador, Honduras, Nicaragua. -América do Sur: Chile. - África: Mauritania, Angola, Guinea Ecuatorial. - Asia: China, Corea do Sur. En todos estes países as tellas VEREA instálanse en vivendas unifamiliares,

pero tamén en multitude de obras de referencia como: -Hotel Resort Disney da cadea Four Seasons, Orlando (USA) -Resort Cadaqués, Rep. Dominicana -Resort Bahía Principe Esmeralda, Punta Cana, Rep. Dominicana. - Urbanización de luxo Aquamarina Cap Cana, Rep. Dominicana (renovación de tellados) Entre os próximos obxectivos internacionais de VEREA está a homologación do seu sistema de colocación de tellados VEREA SYSTEM en Estados Unidos.

Resort Bahía Príncipe Esmeralda, Punta Cana, Rep. Dominicana.

Resort Cadaqués, Rep. Dominicana.

Four Seasons Hotel Resort Disney Orlando, USA.

A día de hoxe, a empresa galega VEREA é o distribuidor nº1 de tellas nos Estados da Florida, de Texas e de Lousiana


14

BARRIOS Novembro de 2013

XINZO E COMARCA

Un obradoiro analiza os cambios evolutivos na muller

EN BREVE

4 Inmersión en inglés O CEIP plurilingüe de Vilar de Barrio foi un dos dous centros ourensáns seleccionados para participar este outono nas estadías para a formación en linguas estranxeiras convocadas pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. Participaron os cinco alumnos de 6º de Primaria do colexio, que durante a semana do 3 ao 9 de novembro compartiron inmersión en inglés con outros escolares. Ademais das clases, realizaron neste idioma as actividades de lecer e deportes, explicaba a directora do CEIP de Vilar de Barrio, quen resaltaba que os escolares “viñeron encantados”. A directora engadía que os estudantes xa estaban acostumados ao inglés, por teren un profesor nativo no centro.

4 Encontros formativos A ANPA do colexio Rosalía de Castro de Xinzo organiza un ciclo de encontros formativos dirixidos a pais, nais, adolescentes e público en xeral cos que promover o desenvolvemento saudable da familia e xerar espazos de confianza onde pais e fillos “poidan compartir e reflexionar en común sobre as súas inquedanzas e intereses”. As charlas comezan este xoves 14 de novembro, cunha sesión sobre a importancia da educación afectivo-sexual. O luns 18 abordaranse as conductas adictivas, o martes 26 a influencia das novas tecnoloxías no desenvolvemento da infancia e da adolescencia, e o mércores 11 de decembro a prevención da violencia e as súas manifestacións (bullying, violencia de xénero, violencia filioparental) Todos os encontros son gratuítos, terán lugar na biblioteca do CEIP Rosalía de Castro en horario de 20 a 21:30 horas e serán impartidos por persoal cualificado.

4 Organizado pola Escola Rural de Saúde da Limia. Redacción

O subdelegado do Goberno en Ourense, o presidente da Deputación, o delegado do Goberno en Galicia, o alcalde de Xinzo, o presidente da CHMS e o delegado da Xunta, na presentación do convenio para executar as obras no río Limia.

Medio Ambiente investirá máis de 800.000 euros na mellora do Limia

4 Construirase unha nova pasarela peonil de acceso ás piscinas, ampliarase a ponte do Bouzo e mellorarase a capacidade de desaugadoiro deste río. Redacción O Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente, a través da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil, executará obras de mellora no río Limia, ao seu paso polo tramo urbano de Xinzo, cun investimento de 837.347 euros. O convenio foi asinado, nun acto presidido polo delegado do Goberno en Galicia, entre o presidente da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil, Francisco Marín, e o alcalde de Xinzo, Antonio Pérez. O proxecto O proxecto contempla as actuacións necesarias para levar a cabo o acondicionamento e posta en valor do

río Limia, mellorando a súa capacidade como elemento canalizador da drenaxe natural, e a integración deste dentro da trama urbana. Os traballos de restauración e mellora das condicións hidráulicas da canle consistirán na limpeza e roza selectiva da vexetación de ribeira, e na restauración de marxes e de noiros debilitados. Tendo en conta que a zona de actuación comprende desde a pasarela peonil de acceso ás piscinas municipais até a ponte do Bouzo, o proxecto contempla a construción dunha nova pasarela peonil, de metal con dous metros e medio de ancho e 45 de lonxitude, xa que a existente atópase en moi mal estado, polo que será demolida. Realizaranse, ademais,

actuacións de ampliación da ponte do Bouzo, cunha sección final de calzada de seis metros que permita o paso simultáneo de dous vehículos, así como dúas beirarrúas laterais, o que supón unha mellora importante da seguridade viaria. Por último contémplanse no proxecto obras de mellora na contorna da EDAR municipal, e na zona da Matogueira. Todas estas melloras realizaranse nun prazo aproximado de 12 meses. As actuacións fináncianse con fondos FEDER.

Ampliarase a seis metros a ponte do Bouzo, permitindo o paso simultáneo de dous vehículos

O pasado 19 de outubro a Casa da Cultura de Xinzo de Limia acolleu o obradoiro “Muller e saúde”, organizado pola Asociación Escola Rural de Saúde da Limia. Esta iniciativa, que contou coa colaboración do Concello e que foi impartido pola Escola Galega de Saúde para Cidadáns do SERGAS, tiña como obxectivo mellorar a información e comprensión dos cambios evolutivos na muller, así como previr enfermidades propias do colectivo feminino. Entre os contidos deste obradoiro atopáronse asuntos como a menopausia e a osteoporose, prevención xinecolóxica,

fisiopatoloxía, e alimentación e exercicio. Próximos cursos Para os meses de novembro e decembro a Escola Rural de Saúde da Limia xa ten preparados diversos cursos. Entre outros contidos abordarán o transplantes de órganos (14 de novembro), úlceras por presión en persoas dependentes (21 de novembro), alcol e tabaco (28 de novembro), e alcólicos anónimos (12 de decembro). Para todos estes obradoiros é imprescindible a inscrición previa, que todos os interesados poden realizar na Concellería de Servizos Sociais de Xinzo (xunto á estación de autobuses), no 603 784 435 ou no email escolaruraldesaudedalimia@ yahoo.es.

A fisioterapeuta Andrea Budiño , a responsable da Escola Rural de Saúde Lola Rico e a concelleira de Xinzo Loli Calvo.

Último impulso ao Museo do Entroido

Museo do Entroido de Xinzo./M.REJO.

O Concello de Xinzo de Limia vén de darlle o último impulso ao Museo do Entroido, coa contratación do proxecto museístico a unha empresa de Sevilla. Segundo explicou o alcalde no último pleno, disponse dun orzamento de 150.000 euros (achegado pola Xunta) no que se inclúe obra interior, colocación de equipos audivisuais e dixitalización. O contrato incorpora tamén unha cláusula de actualización de contidos. A previsión municipal é que a musealización quede rematada a 30 de novembro. Noutro orde de cousas, o Concello vai iniciar en breve as obras de renovación de beirarrúas na N-525 no tramo urbano de Xinzo. Unha actuación cofinanciada entre a Consellería de Economía e Indusria e a administración local.


BARRIOS Novembro de 2013

O Centro de Desenvolvemento O Viso pon en marcha un servizo de orientación sociolaboral na Limia

4 Nas súas primeiras semanas de funcionamento os responsables do proxecto, RURALEMPRÉGA-T, xa teñen realizado unha trintena de entrevistas a usuarios. Paula Lodeiro O Centro de Desenvolvemento Rural O Viso iniciou hai unhas semanas o proxecto RURALEMPRÉGA-T, de orientación sociolaboral na comarca da Limia. Este servizo, que ten as súas oficinas en Xinzo de Limia, conta con dúas liñas de traballo principais: por unha banda, a realización de entrevistas personalizadas e individualizadas; e pola outra, a oferta de actividades de grupo nas que practicar as habilidades adquiridas. Carmen Bohórquez, coordinadora do CDR O Viso, explica que a primeira dificultade coa que se atopa a posta en marcha de RURALEMPRÉGA-T “é a falla de coñecemento dos servizos que ofrece, xa que cando se fala de orientación laboral, pénsase que se lle vai contar o mesmo que o que din no INEM, ou na rúa, o caso é que non hai traballo”. Bohórquez engade que “se mentres o traballo escasea, empregamos ese tempo para formarnos e aprender a buscalo, poderemos afrontar mellor a busca e atopar os poucos empregos que aínda se activan na nosa comarca”. “Igualmente poderemos estar mellor con nós mesmos e evitar as consecuencias do desemprego, que poden ser moi leves cun simple desánimo ou moi graves provocando depresións ou problemas engadidos como o alcoholismo. A cuestión é estar ben con traballo ou sen traballo. E como estar ben sen traballo é difícil, qué menos que apoiarse nos servizos que nos ofrecen atención, xustamente para este momento de incertidume e dificultade”, relata a responsable do Viso. Durante este primeiro mes do servizo, a valoración que fan os seus coordinadores é positiva. O número de entrevistas realizado é de 33, con

Deputación, Inorde e ADEGAL tratan o proxecto “Regenera Limia” 4 Baséase na xestión de abonos e fertilizantes para reducir a contaminación do río Limia. Redacción

Oficina do CDR O Viso onde se xestionan os servizos do proxecto RURALEMPRÉGA-T. 12 casos en activo. Bohórquez explícanos a diferenza: “se queren iniciar un proceso de busca de emprego e orientación social máis longo, ao que se lle chama en terminoloxía de servizos sociais Itinerario de inserción (un camiño que require dun acompañamento que pode durar entre 6 meses e 1 ano), ou aqueles que desexan ter entrevistas para facer o currículo e recibir orientación básica e xeral; este proceso pode ser realizado en 3 ou 4 entrevistas dependendo da situación inicial da que se parte”. Actividades de grupo A segunda liña de actividades do RURALEMPREGA-T consiste na oferta de actividades de grupo nas que practicar as habilidades adquiridas nas entrevistas individuais e poder compartir a busca de emprego. “Comezarán a finais de novembro, e terán dúas liñas de traballo unha delas relacionada coa busca de emprego, e a outra coas habilidades sociais en xeral, é dicir, coa orientación social”, explica a coordinadora do CDR O Viso. Nesta primeira edición os cursos terán unha duración de 8 horas cada un, e

desenvolveranse os días 26 e 27 de novembro; e 3 e 4 de decembro, na Casa da Cultura de Xinzo de Limia. É requisito imprescindible para participar solicitar inscrición previa. Serán impartidos polo traballador social do CDR “O Viso”, Edi González, e dúas técnicas expertas na materia. No de técnicas activas de busca de emprego, revisaranse as técnicas básicas para a busca de emprego e explicaranse os novos nichos de actividade laboral na comarca. A coordinadora do CDR O Viso destaca que se trata dun curso “introdutorio; preténdese que as persoas que asistan poidan sacar maior partido ás entrevistas individuais e obteñan a formación para a busca exitosa de emprego en menos tempo”. No de habilidades sociais, “traballaranse de xeito práctico as habilidades persoais precisas para a busca de emprego e para ter igualmente unhas relacións humanas satisfactorias coas que poder levar unha vida o máis plena posible. Afondarase na comunicación e na resolución de conflitos así como no autocoñecemento pero ao igual que no seminario

de busca de emprego será de forma introdutoria xa que estas temáticas serían obxecto dunha formación moito máis ampla”, insiste Bohórquez. Con esta oferta formativa preténdese ver tamén que necesidades explícitas ten a poboación da comarca “e se destes grupos xorde a necesidade de contar con grupos máis estables para traballar estas cuestións; estudiarase esa posibilidade”, puntualiza Carmen Bohórquez. O proxecto RURALEMPRÉGA-T está financiado pola Xunta de Galicia e para acceder a el hai que pedir cita no correo electrónico areasocial@cdroviso.org, no teléfono 988 461 571, ou acudir á oficina situada na Praza Maior, 1 – 1º C de Xinzo os luns de 10 a 12 horas ou os mércores de 16:30 a 18:30 horas.

En novembro e decembro realizaranse cursos para practicar as habilidades adquiridas nas entrevistas

15

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, e o xerente do Inorde, José Manuel Rodríguez, xunto co director da Área de Medio Ambiente da institución provincial, Javier Bobe, reuníronse en Xinzo con representantes da Asociación de Empresarios, Gandeiros e Agricultores da Limia (ADEGAL) para informalos do proxecto “Regenera Limia”, co fin de poder contar coas súas opinións para fornecer a candidatura do proxecto ao “Programa Life”, co que se pretende reducir a contaminación do río Limia. Dentro deste proxecto, que conta cun orzamento global de 2.248.434 euros, a Deputación implementará na Limia un sistema de control integrado de xestión de fertilizantes e abonos en solos agrarios, que se levará a cabo en dez parcelas piloto e se poderá ampliar posteriormente ao resto de explotacións agrarias. Ademais, a institución provincial elaborará un mapa de solos e cede unha

parcela de 6.000 metros cadrados para investigar sobre o tratamento de puríns. Obxectivos do proxecto As 23 accións que inclúe o proxecto “Regenera Limia” -promovido e coordinado pola Confederación MiñoSil- teñen como obxectivo mellorar o río Limia e a súa contorna, atallando cuestións como as cianobacterias que teñen afectado con especial incidencia no encoro das Conchas. Trátase de mellorar a xestión medioambiental nos terreos agrarios e optimizar o uso de fertilizantes, ademais de investigar alternativas á xestión de puríns e reducir a contaminación por nutrintes nas augas, todo elo acompañado de formación e información ao cidadán. Froito desta reunión, nos vindeiros días terá lugar a firma dun acordo entre a Deputación de Ourense e ADEGAL, como forma de garantía dos compromisos adquiridos.

A Deputación doará 6.000 m2 para investigar sobre o tratamento de puríns

Momento da reunión entre Deputación, Inorde e representantes de ADEGAL.


16

BARRIOS Novembro de 2013

ALLARIZ E COMARCA

Reelixidos os presidentes do PP en Baños e Xunqueira de Espadañedo 4Eladio Mangana e Carlos Gómez. Redacción Eladio Mangana e Carlos Gómez foron reelixidos, por unanimidade, presidentes locais do PP en Baños de Molgas e Xunqueira de Espadañedo, municipios dos que son alcaldes. Mangana resaltou que “coa axuda do meu equipo seguiremos desenvolvendo as actuacións necesarias para que Baños de Molgas medre e sexa cada día un lugar mellor para vivir”. Gómez, pola súa banda, dixo na súa reelección que “temos que formar un grupo forte que a través do diálogo e do debate interno busquemos sempre a mellor opción

Ataques de lobos ao pé das casas causan prexuízos ás explotacións gandeiras 4O Sindicato Labrego Galego critica á “inexistente política de control da fauna salvaxe”. Redacción

Eladio Mangana./PP. para o concello”. Próximos congresos Nas próximas semanas proseguen os congresos locais do PP. Entre outros, o da Bola será o 15 de novembro, con José Antonio Dapía optando á reelección, e o de Vilardevós o 29 de novembro, con Manuel Cardoso optando á presidencia do partido.

O Sindicato Labrego Galego (SLG) denuncia ataques de lobos ao pé das casas no municipio de Maceda e critica a “inexistente política de control da fauna salvaxe” da Xunta de Galicia. O sindicato cita o último caso, acontecido na medianoite do 1 de novembro, cando un gandeiro da Teixeira, na parroquia macedá de Castro de Escuadro, sentiu ruídos nunha finca cercada que ten a escasos 30 metros do seu

domicilio. “Atopou un becerro morto e un lobo comendo nel. Ao tentar asustar ao lobo, o animal se lle arrepuxo, polo que foi até a casa a por unha escopeta para disparar ao aire e disuadir ao depredador. Aínda que o lobo fuxiu, ao volver ao día seguinte á finca xa devoraran ao becerro case por completo”, recolle o seu relato o SLG. Este non é o primeiro caso de ataques de lobos na zona, xa que existe superpoboación deste predador e, ante a falla de presas naturais, van buscar o alimento

A falta de presas naturais no monte provoca que os lobos busquen alimento nas explotacións gandeiras. Vista da Serra de San Mamede. /ARQUIVO. cada vez máis ás explotacións gandeiras e aos propios núcleos habitados, poñendo en perigo mesmo a integridade física das persoas que habitan o rural ourensán. O Sindicato Labrego Galego xa ten denunciado que o da fauna salvaxe é un problema de orde xeral que afecta a toda a cidadanía e que non para de medrar. “Diante disto, as actuacións da Xunta limítanse a un sistema de compensacións manifestamente escaso e inútil, e a unha inexistente política de control da fauna salvaxe”, critican. Ademais, os

territorios cinexeticamente ordenados (tecores), nos que recae parte da responsabilidade á hora de indemnizar os danos causados pola fauna salvaxe, estanse a amosar “totalmente impotentes” á hora de manter controlada a poboación destas especies, subliña o SLG.

O último caso, un ataque dun lobo a un becerro nunha finca da Teixeira, na parroquia macedá de Escuadro


ALLARIZ E COMARCA

O Festival de Xardíns recibiu unhas 40.000 visitas 4O público destaca como positivo a incorporación de esculturas ao recinto. P.L. O IV Festival Internacional de Xardíns de Allariz pechou as súas portas a pasada fin de semana. A falta do reconto de entradas vendidas nas últimas semanas, o concelleiro de Medio Ambiente, Bernardo Varela, avanza o último dato coñecido, 34.000 visitantes de pago. Cifra que se amplía, se contamos os veciños de Allariz e os menores de 14 anos (que entran gratis), ata os 40.000 visitantes, estima o edil, un número similar ao da edición do ano pasado. Nos próximos días coñecerase que xardín resultou elexido polo público entre as 11 propostas que concursaban (o xardín nº 12 era o gañador da edición 2012).

Xardín nº 1 do festival./ARQUIVO Sen querer desvelar o gañador, Varela apunta que o galardón “estaba bastante reñido entre catro”. Da edición deste 2013 o concelleiro de Medio Ambiente destaca a boa acollida que tivo entre o público a incorporación de esculturas ao recinto do festival.

Próxima convocatoria No mesmo acto tamén se desvelarán os proxectos que participarán na edición de 2014. Ata o 15 de novembro o Concello de Allariz mantén aberta a convocatoria do próximo ano, que leva por lema “O xardín da abundancia” .

BARRIOS Novembro de 2013

17

Maceda pide fondos á Deputación para construir unha rotonda 4 Acordo unánime do pleno para mellorar a seguridade viaria no contorno do campo de fútbol. Redacción O Concello de Maceda pedirá fondos á Deputación provincial para construir unha rotonda que reduza a perigosidade do cruce situado ao lado do campo de fútbol. Este foi un dos acordos unánimes que tomou a corporación municipal de Maceda no pleno de novembro, no que tamén se aprobou a municipalidade do campo de fútbol. Coa cesión por parte do Club Atlético Deportivo

O campo de fútbol pasa a ser de titularidade municipal para instalarlle céspede artificial

da instalación deportiva, o Concello poderá dotala de céspede artificial. A edil socialista Ana María Rodríguez Blanco expresou a súa satisfacción polos acordos e lamentou a “inacción total” da Deputación no perigoso cruce. Recordou que a rotonda é unha reiterada petición dende hai máis de tres anos, e que “non é de recibo que a Deputación respondera cun informe técnico para saír do paso e non fixera nada, cando a veciñanza corrobora a perigosidade do cruce”, declarou a socialista. Rodríguez Blanco tamén considerou que “tendo en conta a numerosa concurrencia de xente nova, na escola de fútbol, así como na actividade tradicional do clube deportivo, é hora

de reclamar achegas á Deputación, investimentos en pé de igualdade con outras vilas”. Outras mocións No pleno do 7 de novembro, no que se acumularon mocións polo retraso de mes e medio de convocatoria, tamén se aprobaron por unanimidade as mocións socialistas de rexeitamento do copago farmacéutico, do copago do comedor escolar e da Lei Reforma Local. Na sesión, Ana María Rodríguez, manifestou estar de acordo co anuncio do alcalde de financiar o copago farmacéutico, pero reclamou ordenanza e partida orzamentaria. Tal como foi presentado trátase, dixo, “dunha posta en escea para un titular”.


18

BARRIOS Novembro de 2013

EN BREVE

4 Obras no núcleo de San Salvador dos Penedos A brigada de cantería do Concello de Allariz comezou en outubro a última fase de urbanización do núcleo de San Salvador dos Penedos. Os traballos consistirán no empedrado de sendeiros e vías secundarias que rodean o núcleo ademais da restauración dun vello forno co obxectivo de que se converta nun foco de actividades para os veciños e a Asociación Andrea, con sede en San Salvador. Amais, os operarios municipais realizarán unha serie de captacións para mellorar a capacidade dos mananciais de auga da zona e regularanse as augas pluviais para evitar arrastres de danos no núcleo.

4 Finalizadas as obras na rúa Arroio O Concello de Allariz continúa co proceso de mellora e acondicionamento do casco histórico. Os operarios da brigada de obras e cantería do Concello veñen de realizar os traballos de colocación de empedrado da rúa Arroio, tras realizar as obras de renovación da rede de abastecemento municipal; obedecendo a un problema de antigüidade da rede e ao aumento de vivendas habitadas na zona. As obras consistiron na renovación da tubaxe de abastecemento e a ampliación das seccións coa finalidade de garantir a calidade e caudal do subministro.

4 Doazóns de sangue en Maceda Este próximo martes 19 de novembro unha unidade móbil do Centro de Transfusión de Galicia trasladarase ata Maceda. O autobús estará ubicado na Rúa Joao de Novoa (Xardíns de Rosalía de Castro) en horario de 10:00 a 14:00 e 16:00 a 21:00 horas para atender a todos aqueles que queiran doar sangue. Para quen sexa a primeira doazón deben achegarse co DNI. [+ info: 900 100 828]

ALLARIZ E COMARCA

O pleno municipal aprobou o orzamento para 2014, que ascende a 5,4 millóns de euros 4As contas soben en cen mil euros con respecto ás deste ano. Redacción O Concello de Allariz, cos votos a favor só do BNG, aprobou o orzamento municipal para o 2014, que ascende a 5.403.882 euros, apenas cen mil euros máis que as deste ano. Segundo explicaba o alcalde Francisco García, “estas son unhas contas que perseguen a dinamización económica, a xeración de emprego e o mantemento das políticas sociais” O argumento foi rexeitado pola oposición debido ao incremento de gasto corrente e a suba dos recibos do lixo, auga, saneamento, instalacións deportivas ou o imposto de circulación. A aprobación do orzamento levou consigo a modificación das ordenanzas e impostos afectados pola suba, así como o novo tributo para a banca polo uso do espazo público con caixeiros automáticos. Outras mocións O pleno do pasado 25 de outubro tamén debateu tres mocións sobre a eliminación do copago de medicamentos a enfermos crónicos non hospitalizados, a aplicación de novos criterios no financiamento da administración local galega e a correcta sinalización da autoestrada A-52 ao seu paso por Allariz. A oposición manifestaba, nunha moción, a súa condena a todo tipo de actos de terrorismo.

O BNG di que as contas perseguen a “dinamización económica” e o “mantemento das políticas sociais” O PP rexeitou os orzamentos debido ao incremento do gasto corrente e a suba de taxas

Xurado dos premios.

Fallados os Premios Manuel Gómez Román Redacción

O alcalde de Allariz, nunha sesión plenaria anterior. /ARQUIVO

4 Uns orzamentos para dinamizar a economía Previo ao pleno, o alcalde de Allariz explicaba que o orzamento para 2014 centraba os seus esforzos en manter unha política municipal de dinamización económica favorecedora da creación de emprego e a atención prioritaria ás políticas sociais. Francisco García explicaba que “a acción do goberno municipal nos últimos anos ten permitido contar cun importante sector servizos xerador de riqueza e emprego con proxectos singulares” e citaba como exemplos o centro de tendas outlet, o

acondicionamento de fábricas de curtidos para actividades comerciais, o Festival Internacional de Xardíns, a potenciación do conxunto histórico, a oferta museística e unha política de eventos ambiciosa ao longo do ano, e a aposta por impulsar proxectos de desenvolvemento local, de comercio de proximidade e de valorización dos produtos autóctonos. “Estes programas serán impulsados no 2014”. O rexedor subliñou que os servizos sociais, deportivos, culturais, educativos e festivos, mantéñense nas previsións do 2014.

No apartado de ingresos prodúcese unha “mínima” actualización anual no caso do saneamento, auga, piscina climatizada e recollida de lixo. En canto aos impostos mantense o gravame establecido no 2013 para o IBI no 0,7, e actualízase o imposto de vehículos. García recoñeceu que o incremento da débeda a longo prazo, “eleva de xeito importante os gastos financeiros municipais e obriga a facer un esforzo para afrontar o seu pagamento e estudar a súa cancelación anticipada con cargo á venda de parcelas”.

4 O PP critica o aumento de impostos e taxas O portavoz municipal do PP, Miguel Anxo Rodríguez, denunciou durante o pleno de aprobación do orzamento, que basicamente o aumento da recadación municipal do IVTM é para pagar o aumento de intereses bancarios por ter que acudir en dous anos consecutivos á débeda para pago de facturas existentes. Os populares piden que cese “a sangría á que o Concello está a someter ás familias alaricanas co-

mezando por asumir o seu problema de descontrol do gasto e mala xestión dos caudais públicos”. “Non podemos seguir permitindo que mentres se lles soben os impostos e as taxas ás familias, o Concello non só non faga nin o mínimo esforzo en reducir o gasto senón que descaradamente auméntao en 300.000 euros”, afirmou o político popular. O PP non pode admitir que se aumenten de novo os impostos e taxas “pois nos últimos dous anos levamos

xa un acumulado do 21% de vehículos, un 40% de IBI-contribución, unha 70% da auga, polo convenio asinado coa Empresa Espiña e Delfín, polo que se programaba unha subida dun 5% anual até o ano 2015”. Isto non quedará só aí, denuncian os populares, senón que durante este ano, o Goberno do BNG de Allariz ten previsto levar a cabo unha Revisión Catastral, coa que pretende recadar 20.000 euros máis.

Xa se coñecen os gañadores da IV edición dos Premios Manuel Gómez Román, que concede a Asociación de Amigos do Castelo de Maceda Setestrelo. O galardón na modalidade de edificacións tradicionais rehabilitadas ou restauradas foi concedido ao proxecto de rehabilitación do Centro de recursos para persoas con discapacidade en Silleda, do estudo de arquitectura Arrokabe Arquitectos, por considerar “que construtivamente úsanse elementos arquitectónicos dunha linguaxe contraposta que axuda a definir claramente o que é unha construción rural”. Mención especial O xurado fai unha mención especial ao proxecto da Fundación Rubido Romero no lugar de Padín (Negreira), do estudo Abalo Alonso Arquitectos, redactado “polo tratamento dado ao proxecto de recuperación da sede da fundación, polo grao de detalle e respecto á tipoloxía e sistema construtivo tradicional galego”. Na modalidade de construcións adxectivas rehabilitadas ou reconstruídas prémiase o proxecto de reintegración do patrimonio cultural da Chaínza en Santa María do Obre (Noia), do estudo de arquitectura Salgado e Liñares, “pola calidade da intervención global onde se entende o lavadoiro como parte dunha contorna resolta con moito mimo no detalle”. Os premios serán entregados nun acto no Castelo de Maceda o próximo 16 de novembro.


CELANOVA E COMARCA

A rebaixa do soldo do alcalde chegará aos xulgados 4A oposición aprobou a contratación do avogado que defenderá os intereses do Concello. P.L. A corporación de Celanova, cos votos da oposición que ostenta a maioría, aprobou en sesión plenaria extraordinaria o pasado 5 de novembro, a contratación dun avogado para defender os intereses do Concello no preito interposto polo alcalde e tres concelleiros populares. Os catro demandantes abandonaron a sala durante o pleno por ter interese no punto da orde do día, polo que foi o veterano edil popular Maximino Rodríguez quen presidiu a sesión. Este, xunto ao outro concelleiro do PP non asinante do recurso, Manuel Recarey, abstivéronse na votación para elixir letrado. PSOE, BNG e concelleira non adscrita escolleron ao avogado

O avogado elixido foi o socialista José Arcos

socialista José Arcos para que exerza a defensa do Concello. Contencioso administrativo contra un acordo plenario O rexedor José Luis Ferro e os edís Máximo Losada, Pilar Regueiro e Manuel Domínguez iniciaron un procedemento contencioso administrativo ao entender que o acordo plenario adoptado en xullo -que rebaixaba o soldo do alcalde e suprimía dúas das tres dedicacións exclusivas- foi tomado “seguindo un procedemento irregular polos concelleiros de oposición”. O alcalde insistiu en que o litixio non está formulado contra o Concello de Celanova, “senón contra os concelleiros da oposición e contra o acordo plenario tomado por eles, avisados de que a tramitación non era legal por vulnerar distintos preceptos”.

BARRIOS Novembro de 2013

Un obradoiro de emprego formará 20 desempregados da Merca, Cartelle e Ramirás 4 A iniciativa ofrecerá durante seis meses formación especializada en albanelería e agricultura ecolóxica. Redacción O delegado territorial da Xunta en Ourense, Rogelio Martínez, acompañado do xefe territorial da Consellería de Traballo e Benestar, José Selas, e de representantes municipais da Merca, Cartelle e Ramirás, inaugurou o obradoiro de emprego que se vai desenvolver durante os vindeiros seis meses, promovido polo Consorcio local do río Arnoia, integrado por estes tres municipios. Desta iniciativa, na que a Xunta inviste preto de 178.000 euros, poderanse beneficiar 20 desempregados dos concellos que forman o Consorcio local, aos que hai que sumar o persoal contratado para dar formación, nas especialidades de albanelería e agricultura ecolóxica. Rogelio Martínez mostrou a súa satisfacción por poder inaugurar esta iniciativa que “ten un obxec-

tivo claro, dar formación a persoas desempregadas de cara a que logren reinsertarse laboralmente”. Ademais, o delegado territorial da Xunta subliñou que en total son 25 as persoas que grazas a estes obradoiros obteñen un posto de traballo, uns formándose e outros formando”, en alusión aos alumnos, titores e monitores dos dous cursos. Martínez lembrou que os obradoiros de emprego ofrecen, ademais do acceso das persoas desempregadas a un posto de traballo, unha formación teórica e práctica orientada ás demandas reais do mercado laboral e, polo tanto, afirmou que sempre se dá prioridade a aquelas actividades que son máis susceptibles de xerar novos empregos. Actuacións nos tres municipios O máximo representante do Goberno galego en Ourense explicou que ao tempo que os participantes

Na Merca restaurarán o antigo centro de saúde e un centro social en Froxás das Viñas; en Ramirás, a escola da Facha; e en Cartelle, un local social en Teixugueiras

reciben formación e acadan un posto laboral, a comunidade benefíciase dos labores que levan a cabo. Deste xeito, o obradoiro levará a cabo actuacións na pranta baixa do antigo centro de saúde da Merca; restaurará a escola da Facha, en Ramirás, e un local que se destinará a centro social de Froxás das Viñas, na Merca; e construirá un alpendre destinado a local social en Teixugueiras, en Cartelle. Once obradoiros na provincia Con esta visita, o delegado da Xunta en Ourense comezou unha rolda que o levará a coñecer de preto os 11 obradoiros de emprego que están en marcha na provincia de Ourense nos que poden participar 234 persoas desempregadas. A Consellería de Traballo e Benestar destina aos obradoiros de emprego que se desenvolven na provincia ourensá 2.078.720 euros. “Este esforzo enmárcase na aposta firme do Goberno galego pola mellora da empregabilidade das persoas desempregadas en Galicia”, apuntou Rogelio Martínez.

19

EN BREVE

4 Obradoiro de peiteado tradicional O vindeiro domingo día 17 de novembro, a Asociación Rebulir de Cultura Tradicional de Ramirás organiza o primeiro dos obradoiros deste curso 2013/2014. Este curso terá por eixo central “O Peiteado Tradicional”, analizando e poñendo en práctica os diferentes modelos existentes acorde cos patróns tradicionais galegos. Será impartido por Andrea Pino, quen ademáis de terse dedicado á música tradicional en diferentes agrupacións desde hai anos, exerce na súa vida profesional como perruqueira. A formación ten lugar no local de Rebulir en Vilavidal (Ramirás) a partir das 16 horas. [+ info: 639 908 005]

4 Xornadas medioambientais na Bola O Concello da Bola organiza os días 14 e 15 de novembro unhas xornadas medioambientais.Abordarán propostas para a revitalización socioeconómica do municipio, tratando temas como a venda directa de produtos autóctonos; a cría e venda de porcos caseiros; ou o asesoramento técnico, axudas, xestión e trámites a seguir. Ao longo de dúas tardes, a primeira na Casa do Concello e a segunda no Fogar residencial A Bola, empresarios locais e expertos analizarán estas temáticas, rematando as sesións con degustacións de produtos locais.

4 Cursos na aula CeMIT

Paneis cheos de carteis en Celanova.

Moción do BNG para que se instalen paneis informativos O BNG ten presentado nas últimas semanas mocións que se levarán a debate no vindeiro pleno ordinario de Celanova, pois o do pasado día 5 foi extraordinario. Nunha delas os nacionalistas opóñense ao copago dos medicamentos por parte de enfermos crónicos non hospitalizados. Na segunda, piden que se coloquen paneis informativos e se cree unha ordenanza sobre a publicidade estática e dinámica no Concello de Celanova

O delegado da Xunta en Ourense cos alcaldes da Merca e Cartelle, a alcaldesa de Ramirás e o xefe territorial de Traballo e Benestar./XdG.

A aula CeMIT de Celanova organiza catro cursos en próximas datas de novembro. Iniciación á informática, busca de emprego a través de internet, aprende a retocar fotografías con GIMP e navegación segura na rede son os temas dos tres cursos, que comezan os días 14, 19, 27 e 30 de novembro. Fóra do horario dos cursos, a aula está aberta a todos os celanoveses.


20

BARRIOS Novembro de 2013

CELANOVA E COMARCA

Deputación e Concello de Ramirás analizan proxectos de infraestruturas, medio ambiente e cultura 4 O ente provincial destina este ano uns 70.000 euros a este municipio para obras e servizos sociais. Redacción O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, visitou o Concello de Ramirás e mantivo unha reunión coa súa alcaldesa, Pilar López, e con membros do equipo de goberno local, para analizar os proxectos que se están levando a cabo co apoio da institución provincial. Neste senso, este ano a Deputación de Ourense achega ao municipio de Ramirás uns 70.000 euros para obras de infraestruturas, mellora da rede viaria e servizos sociais. En concreto, son 20.000 euros para construir os accesos á praza de Vilaflor, 41.300 euros para a mellora de estradas de titularidade municipal e 8.000 euros para sufragar os gastos de funcionamento do Punto de Atención á Infancia. Nos últimos dous anos, Ramirás ten recibido da

O BNG pide que se sinalice a igrexa da Mezquita na A-52 4 Con iniciativas na Merca, Parlamento galego e Congreso. Redacción O BNG da Merca presentou unha moción (que previsiblemente se debatirá no pleno de decembro) para que se sinalice na autovía A-52 a igrexa románica de San Pedro da Mezquita. O Bloque levará a mesma proposta ao Parlamento galego e ao Congreso. A moción pide instar á Xunta “a que faga os trámites necesarios” para que se inclúa a igrexa románica da Mezquita na

listaxe de destinos culturais correspondente o vixente catálogo de Sinalización Turística Homologada”. Consideran os nacionalistas que unha boa sinalización “inflúe directamente no aumento do turismo e polo tanto é un valor engadido para a dinamización cultural e socio-económica do lugar que está sinalizado”. No segundo punto, a moción reclama a Xunta, Deputación e Concello que sinalicen debidamente dito monumento na A-52 e nas súas respectivas rede de estradas.

O presidente da Deputación, Manuel Baltar, reuniuse coa alcaldesa de Ramirás, Pilar López. Deputación máis de cen mil euros para obras de infraestrutura, Plan Provincial, saneamento e actividades culturais. Neste último eido, a Deputación colaborará na VIII edición do Festival Internacional de Música “Rebu-

lir”, un festival intercultural que naceu no ano 2006 coa intención de achegar ata Ramirás e a súa contorna a grupos de culturas diferentes á nosa, e facer que os veciños poidan coñecer outras manifestacións de carácter etnográfico. Por este festi-

val teñen pasado numerosos colectivos chegados de toda Galicia, España e outros países, e este evento consolídase cada ano xa como unha xuntanza lúdico-cultural de danza, música e tradicións sinalada da comarca de Ramirás.

Igrexa románica da Mezquita, na Merca.


PUBLICIDADE

BARRIOS Novembro de 2013

21


22

BARRIOS Novembro de 2013

CELANOVA E COMARCA

ENTREVISTA A RICARDO E ALEJANDRO MÍNGUEZ

“Á hora de diferenciar cogumelos a única regra é que non hai regras, cada exemplar é único e hai que coñecelo por si mesmo”

4 Ricardo e Alejandro Mínguez, pai e fillo, fálannos das 28º Xornadas Micolóxicas de Celanova, da súa nova tapería Plan C e dos riscos que supón recoller fungos sen formación previa. S.N. Sen dúbida, se lle preguntamos a calquera veciño de Celanova de que lle sona o apelido Mínguez nos contestará que do mundo dos cogumelos. Porque esta familia é recoñecida tanto dentro da súa comarca como por toda a xeografía galega polo gran labor de divulgación micolóxica que levan feito nas últimas tres décadas. Ricardo Mínguez (pai) foi o xerme inicial desta afección en 1972, cando chegou a Celanova. El deu forma ás Xornadas Micolóxicas desta vila, que veñen de cumplir 28 anos de existencia, e é todo un referente a nivel de publicacións neste ámbito. Alejandro Mínguez (o fillo maior) continuou co labor formativo e agora deu o salto tamén ao mundo da hostelería, cos fungos como base da súa cociña. Por último, o triángulo complétase con Borja Mínguez (o fillo menor), que ten unha explotación de cultivo de cogumelos, algo único e innovador e que proporcionará a Plan

C (a tapería de Alejandro) produtos frescos ao longo de todo o ano. O xornal Barrios compartiu unha tarde con dous deles, Ricardo e Alejandro, na que nos repasaron todas as súas iniciativas. Como comezou a familia Mínguez no mundo da micoloxía? Ricardo Mínguez: “Quen comezou coa afección aos cogumelos fun eu. Ao chegar destinado a Celanova dende Madrid en 1972 vin que en Galicia a variedade é moi ampla. Polo meu traballo de técnico agrario visitaba o campo a diario e por iso me atopei con esa variedade de cogumelos”. Alejandro Mínguez: “O recordo que teño de pequeno é recoller cogumelos todos os anos. E xa de maior comecei a ter máis vinculación porque cando estaba traballando como xornalista vía nomes moi mal escritos, e precísase un rigor científico; polo que comecei a escribir sobre micoloxía. De seguido, cando ao meu pai o chamaban para unha conferencia e

Que estea de moda e a posibilidade de vendelos son dous atractivos da recollida de cogumelos

A explotación de cultivo de Borja Mínguez proporcionará a Plan C cogumelos frescos todo o ano./S.N.

Alejandro Mínguez afeccionouse ao mundo da micoloxía da man de seu pai, Ricardo.

A tapería Plan C busca recoller a historia dos cogumelos de Celanova. É un punto de encontro onde degustar e descubrir todas as posibilidades destes produtos lle coincidía con outra ía eu no seu lugar”. Cantas variedades existen en Celanova? R.M.: “En Galicia hai 2.800 especies catalogadas. Na comarca de Celanova podemos ver con facilidade 80 ou 90 tipos distintos, entre os que se atoparán uns 30 que son moi comestibles, e case non hai especies perigosas”. Como valorades que na actualidade sexa moi frecuente que a xente vaia ao monte a coller setas? A.M.: “Hai dúas cuestións. En parte é por moda, neste momento a xente sae ao monte porque se leva. E tamén saen pola situación económica actual. O feito de poder vendelos é outro atractivo da recollida de fungos”. Pero segue existindo unha parte da poboación que rexeita estes produtos. R.M.: “Si, porque hai moitos fungos bos, pero tamén os hai mortais. Por iso, os que recollen setas sen formación previa corren un alto risco. Hai que coñecer cada cogumelo por si mesmo. O que sempre dicimos é que a regra é que non hai regra, cada exemplar é único. Temos que coñecer todos os elementos que o configuran: se ten ou non sombreiro, anel, bolas,

esponxa, láminas, picos, etc. Intentar identificalos sen ter coñecementos da lugar a erros gravísimos, que fai que haxa intoxicacións. A valentía non serve de nada, ante a dúbida é mellor desbotalo”. Por iso, o labor divulgativo que realizades é chave. R. e A.M.: “Si, agora confían máis. Ao principio o que máis se recollía eran os cogordos, por iso as nosas charlas serviron para identificar outras especies. E cando decidimos organizar degustacións os restaurantes da zona non querían facelo polo risco que supuña unha intoxicación. Ademais, cando alguén nos preguntaba sobre unha especie pouco habitual e lle diciamos que podían comela ao día seguinte descubrías que a tiraran, non se fiaban. Pero todo iso na actualidade xa non pasa tanto. De feito en Plan C (a tapería que Alejandro vén de abrir en Celanova) ofrécese unha carta a base de fungos e outra sen eles e o 95% da xente que vén pide algo que leve cogumelos”. As de Celanova son das Xornadas Micolóxicas máis lonxevas e exitosas de Galicia. R.M.: “Si, estamos moi contentos porque nós imos a

dar charlas por Galicia e sabemos que o habitual son 10 ou 15 asistentes, e acá contamos con 50 ou 60”. Como foi esta edición? A.M.: “Dende 1995 realizamos as charlas na aula de Cultura de Caixa Galicia, pero o ano pasado xa nos advertiron que sería a última edición que as acollían. Polo que quixemos apurar a apertura de Plan C para empregar a súa sala de conferencias. Así, este ano organizamos tres conferencias, e completamos a iniciativa dándolles un pincho. Tamén houbo unha visita á explotación, saída ao campo e unha exposición. Ademais, falamos das posibilidades gastronómicas destes produtos, que están totalmente desaproveitadas”. Hai algunha receita básica e sinxela para a preparación dos cogumelos? A.M.: “Non, non todos serven para facer revoltos ou guisos. Cada un ten unha textura e un aroma determinados e non todos se deben cociñar da mesma maneira. De todos os xeitos, os expertos din que para poder diferenciar o sabor dos cogumelos debemos probalos cociñados unicamente á prancha con sal”. Con que filosofía de ne-

gocio naceu Plan C? A.M.: “É un lugar único en España, no que todo xira ao redor dos cogumelos. Na súa carta podemos atopar todo tipo de pratos con fungos como elemento central -empanada, sopa, revolto, ensalada, pasta, croquetas, pizza e ata a sobremesa-. Aínda que tamén ofertamos opcións culinarias sen cogumelos. Ademais, o espazo está dividido entre a tapería, unha zona de reservados e unha sala de conferencias. Nós queriamos ter un punto de encontro, onde poder dar as charlas e ter expostos exemplares”. Por que ese nome e por que en Celanova? A.M.: “Isto tiña que estar en Celanova porque se trata de recoller a historia dos cogumelos de Celanova, e onde somos coñecidos é acá. E o nome de Plan C débese a que por “c” comeza Celanova, cogumelo, comer, cogordo, champiñón, cantarela... Ademais, o plan A e o B son os de sempre, nós imos máis alá, por iso somos o Plan C”. Que valoración fas deste primeiro mes? A.M.: “A xente está moi interesada no que ofrecemos e veñen a probar as nosas receitas con cogumelos. Ademais, temos a vantaxe de ter a explotación de cultivo, polo que imos ter cogomelo fresco todo o ano. E o que non é cultivado témolo en conserva en seco”. Unha recomendación para os nosos lectores. R. e A.M.: “Sempre dicimos o mesmo, se alguén recolle un cogumelo ten que ser con formación científica, e rexeitar os ditos populares. Non nos debemos fixar só en que sexan vermellos ou crer que se está comido por un animal non son velenosos. Hai que estar sempre moi seguro do que se consume, e ante a mínima dúbida é mellor non o consumir”.


PROVINCIA

BARRIOS Novembro de 2013

23

Seminarios sobre o sector agroindustrial en Xinzo e Riós

4 Estas actividades están enmarcadas no proxecto “Promercado”, que busca incentivar a economía a través de recursos endóxenos. Redacción O Inorde organizou dous seminarios en Xinzo de Limia e Riós sobre os sectores agrogandeiro e agroforestal, respectivametne. A actividade formaba parte do proxecto de cooperación transfronteiriza “Promercado”, do que son socios o propio Inorde xunto áa Asociación de Desenvolvemento do Alto Támega, a Universidade de Tras-OsMontes e o Centro Empresarial Transfronteirizo de Barbadás. O seu obxectivo é incentivar a creación de economía e riqueza a base a recursos endóxenos. Con estes seminarios formativos buscábase o intercambio de información útil para o establecemento de novas empresas complementarias ás xa existentes. Xinzo O futuro da industria agrogandeira da provincia deberá pasar pola internacionalización dos productos, potenciando a diferenciación das variedades autóctonas. Este foi o eixo central do seminario realizado na capital da Limia, que tivo lugar o 29 de outubro no Centro de Desenvolvemento Agrogandeiro. Nesta actividade, ademais, tratouse de concienciar aos agricultores ourensáns de que deben ter presente a innovación nos seus labores tanto dende o punto de vista da investigación e o desenvolvemento, como dende o

Manuel García, secretario da IXP Castaña de Galicia.

O arcebispo de Belcastro, José Rodríguez Carballo, recibe o premio “Ourensanía 2013” de mans dos presidentes da Xunta e da Deputación. /ALBERTE PAZ

Premio “Ourensanía 2013” para José Rodríguez Castro

O responsable do Centro Agrogandeiro de Xinzo, Servando Álvarez, e máis o xerente do Inorde, José Manuel Rodriguez, nun dos dous seminarios sobre o sector agrogandeiro.

4 Innovación e promoción son chaves Tanto no seminario de Xinzo como no de Riós houbo argumentos comúns. Un deles expresouno o director do Centro de Desenvolvemento Agrogandeiro da Limia, Servando Álvarez, que destacou que, para el, o futuro pasa por explorar novas vías de mercados con produtos de fácil produción en Ourense, como poden ser os cultivos forraxeiros, as plantas agroenerxéticas, os derivados dos viñedos coma o vina-

gre ou os licores, os cereais, os productos de horta e explorar novas posibilidades da pataca. Todo isto, “pasa por poñer da nosa parte para fomentar o cooperativismo e o asociacionismo”, engadiu. O enxeñeiro técnico agrícola Rafael García, tamén presente en ambas xornadas, analizou diferentes estratexias empresariais agroalimentarias, lembrándolles aos presentes que, debido á coxuntura económica actual, o gasto fami-

liar en alimentación pasou de supoñer un 50% da economía familiar hai uns anos a un 17% na actualidade. “A crise fixo que o consumidor volvérase máis racional e calculador nas súas compras”, polo que a principal necesidade é “que saiban que existimos”, algo para o que se precisan campañas de promoción que contribúan á internacionalización e a evitar a importación de productos estranxeiros.

da diversificación dos productos e o seu tratamento industrial-. As funcións do proxecto “Promercado” pasan pola investigación xenética de razas gandeiras e variedades agrícolas, cun salientable esforzo na recuperación do autóctono ourensán. Coñecidos son os éxitos da valorización do porco celta, a ovella galega ou a pita de Mos. Segundo explicou o xerente do Inorde, José Manuel Rodríguez, hoxe é preciso “pensar a cinco ou seis anos vista, porque da crise está saíndo un novo consumidor” e, por iso, é preciso centrar os esforzos “naquilo que nos queren comprar”.

Agroforestal de Riós o 31 de outubro. O xerente do Inorde, José Manuel Rodríguez, salientou o potencial da castaña como “motor económico” para Ourense. Neste sentido, Rodríguez destacou que traballar co castiñeiro é “traballar para moitas xeracións” e, por iso, esta árbore pode “crear economía de futuro”. Así, os obxectivos do Inorde dentro do proxecto “Promercado” pasan por revitalizar a economía da zona, diminuír o perigo de incendios, aumentar a produción de setas asociadas ao castiñeiro, así como por detectar e solventar as pragas e enfermidades que lle afectan á árbore. Neste sentido, Manuel

García, secretario da IXP Castaña de Galicia, explicou aos asistentes s as liñas de axudas e subvencións para mellorar a recolección do froito e iniciar algunha liña de transformación. Pola súa banda, o micólogo Borja Mínguez lamentou o feito de que en Galicia se estea perdendo “o marisco do interior” (as setas). Mínguez perfilou a situación que atravesan a produción e o mercado micolóxico no territorio galego, no que “a maioría das setas recollidas acá teñen como destino Francia, Alemania ou Italia, onde as transforman e volven traelas para vendelas en Galicia”.

Riós As posibilidades de comercialización de castañas e setas centrou o seminario formativo realizado no Centro de Desenvolvemento

Ter presente os hábitos de compra do consumidor actual e futuro, influenciados pola crise, foi un dos aspectos destacados nestes seminarios

O Mosteiro de Oseira acolleu o acto solemne de entrega do Premio “Ourensanía 2013”, que foi concedido ao ministro xeral da Orde Franciscana dos Frades Menores e arcebispo de Belcastro, José Rodríguez Carballo, nomeado polo Papa Francisco secretario da Congregación para os Institutos de Vida Consagrada e as Sociedades de Vida Apostólica. O premio, que concede a Deputación de Ourense, é un recoñecemento honorífico a aqueles ourensáns que teñen destacado nas súas facetas profesionais, sociais ou intelectuais. Rodríguez Carballo agradeceu o premio (que consiste nunha figura de bronce do escultor Xosé Cid, ademais dunha copia da acta do xurado) e dixo recibir o galardón “como unha honra que acollo en nome de todos os ourensáns, para que sigamos sendo embaixadores desta terra da chispa alí onde nos atopemos e sexa cal sexa a nosa ocupación”.

Restaurante Río Salas, unha boa opción para comer en familia Georgeta e Xulio Estévez son os responsables do Restaurante Río Salas de Xinzo de Limia. Este matrimonio leva máis de 10 anos de experiencia no sector, comenzando no mundo da hostalería en Alemaña. “Restaurante Rio Salas é un restaurante de trato familiar e cercano. A calidade vai acompañada dun servizo rápido. É unha opción fantástica para comer en familia ao medio día. Tamén é un bo lugar para celebrar cenas para grupos, cumpreanos, etc.”, explican os seus propietarios. “A nosa especialidade é dispor dunha ampla carta de productos. Actualmente temos moitos pratos combinados, así como ensaladas, sandwiches, bocatas quentes e fríos. Ademais, todos os domingos, temos uns callos riquísimos que teñen sona entre os comen-

sais”, engaden. Pizzas con ingredientes 100% italianos “Recentemente, comenzamos coa elaboración de pizzas con ingredientes 100% italianos: mozzarella, salami pepperoni, salsa de tomate, etc. Tammén temos tapas, almorzos con bolería fresca, torradas, etc. Para aqueles que prefiren levar a comida á casa poden facer o pedido por teléfono e recoller no establecemento”. Restaurante Río Salas mantén un ambiente agradable, ideal para todos os clientes, grandes e pequenos. Está situado na rúa Río Salas de Xinzo e abre de lns a venres de 7:15 a 23:30 horas, os sábados de 8:30 a 23:30 horas; os domingos e festivos de 9:30 a 23:30 horas. A cociña permanece aberta de 12:30 a 15:30 e de 19:30 a 23:30 horas.


24

BARRIOS Novembro de 2013

PROVINCIA

Os concellos rurais suspenden en internet

4 Agás excepcións, os municipios non aproveitan as vantaxes das novas tecnoloxías para relacionarse cos seus veciños. Paula Lodeiro Empregan os concellos ourensáns rurais internet para relacionarse cos seus habitantes? Preocúpanse de teren as súas páxinas webs actualizadas? Utilizan as novas redes sociais para dar a coñecer a actualidade do seu municipio a veciños e visitantes? A resposta é non na maioría dos casos, salvo honrosas excepcións. No periódico Barrios quixemos comprobar como é o uso das novas tecnoloxías por parte dos municipios ourensáns e, lamentablemente, aínda queda moito camiño por percorrer. Na parte positiva, a maioría dos concellos dispoñen de páxina web. De feito, dos 35 municipios que conforman as comarcas de Monterrei, A Limia, Allariz-Maceda e Terra de Celanova, só cinco non teñen espazo propio na rede: Cartelle (afirma que está en desenvolvemento), Gomesende, Porqueira, Os Blancos e Trasmiras. Pouco actualizadas Con todo, poucas destas 30 webs pasan o cribado dunha mínima actualización que as faga atractivas e útiles para os posibles usuarios.

Cinco municipios non teñen sequera páxina web

Entre as desactualizadas están as páxinas dos concellos de Sarreaus (as últimas noticias que publica datan de 2011), Baños de Molgas (o calendario que presenta data de 2008), Baltar, Vilardevós, Calvos de Randín e Verea (non incorporan noticias), Ramirás, Paderne de Allariz, Pontedeva, Xunqueira de Espadañedo, Laza, Cualedro e Rairiz de Veiga. Si se actualizan, en maior ou menor grao, as de Verín, Allariz, Vilar de Santos, Celanova, Sandiás, Maceda, Vilar de Barrio, A Bola, Castrelo de Val, Riós, Oímbra, Monterrei, Xunqueira de Ambía, Quintela de Leirado, Padrenda, A Merca e Xinzo de Limia. Esta última, para un municipio da súa poboación e tendo en conta o feito de que foi renovada o ano pasado, presenta escasas noticias e enlaces de seccións que non funcionan. Formas de contacto co usuario Como forma de recibir suxerencias ou demandas dos usuarios-veciños, a maioría dos sites dispoñen dun formulario de contacto ou dun correo electrónico ao que dirixirse. Malia todo, para realizar esta reportaxe puxémonos en contacto con algúns deles (como Xinzo, Sarreaus, Cualedro, Celanova, Monterrei, A Bola, Riós,

Ramirás ou Baltar) empregando algunha destas dúas dúas vías, sen que ata o momento obtivesemos resposta. Nalgún caso en concreto, como a web de Laza, a sección “contacto” non remitía a ningunha parte. Neste rápido repaso ás webs municipais dá a sensación de que a maioría dos concellos contaron con apoios doutras administracións á hora de crealas, pero non así para o seu mantemento.

Unha aula de novas tecnoloxías dun municipio ourensán./ARQUIVO

4 Verín, Allariz ou Vilar de Santos despuntan no uso das redes Con todo, hai concellos que si se deron conta da importancia de manter unha canle de comunicación aberta e actualizada cos veciños no mundo virtual. Exemplos son o segundo municipio máis poboado da provincia, Verín (www.verin.es), ou Allariz (www.allariz.com), pero tamén outros pequenos como Vilar de Santos (www.vilardesantos.com) ou Sandiás (www.sandias. es). Os catro casos contan con webs actualizadas, incluso o deseño da de Vilar de Santos foi renovado recentemente e ofrécese en tres idiomas (galego, castelán e portugués). As catro localidades

tamén teñen presenza en redes sociais, en concreto Facebook. Amais, o Concello de Allariz ten Twitter oficial e proximamente o de Verín sumarase a esta rede. No que coinciden fontes destes catro concellos é que a presenza en internet “é fundamental, cada vez máis”, explican desde Vilar de Santos, e que a web se trata dunha ferramenta “imprescindible para establecer unha comunicación directa entre o concello e os seus veciños, así como os posibles visitantes”, apuntan desde Sandiás. Na mesma liña opinan os responsables da web de Allariz, e desde a de Verín engaden que “permite aproximar a realidade

e actividades municipais aos veciños e veciñas, consultar horarios, iniciativas desenvolvidas, e incluso teléfonos, a calquera hora sen necesidade de acudir á casa consistorial. Tamén permite realizar trámites on line o que reduce o tempo de demanda e resposta”. A administración electrónica Neste punto, a administración electrónica, é onde máis fraquean as webs municipais, con excepcións. Na de Verín por exemplo, desde a opción “Oficina Virtual” accédese á administración electrónica, unha plataforma que permite a tramitación on line de cal-

quera tipo de prodecemento co Concello de Verín. En Allariz, os empadroados ou residentes temporais poden conseguir a Tarxeta de Cidadán que lles permite acceder ao apartado Allariz Dixital e facer trámites a través de internet. Na de Vilar de Santos polo momento só se permite a descarga de impresos, pero o Concello estuda incluir “outro tipo de tramitacións electrónicas”. Por último, a páxina de Sandiás remite á ventaíña on line da Deputación Provincial, que permite realizar multitude de trámites.


DEPORTES

11.078 inscritos na carreira popular do San Martiño 4 Récord absoluto de inscritos na carreira máis antiga de Galicia. R. Torres Unha San Martiño de récord. Ao peche do prazo de inscricións a cifra total da carreira máis antiga de Galicia, a da capital ourensá, é de 11.078 inscritos entre as tres categorías. 5.789 na carreira absoluta; 3.596 na escolar e 1.693 na proba novidosa deste ano: a dos cativos (para nenos e nenas nados no ano 2005 e posteriores). Unhas cifras mareantes, xa que nunca antes se lograra sobrepasar a cifra dos 10.000 inscritos. Parte da

A proba absoluta comeza ás 11, a escolar ás 12.30 e a de cativos ás 13 horas

culpa do éxito nas inscricións é a instauración da terceira carreira (a de cativos); demandada desde fai un tempo e posta en acción este ano. Horarios e premios O domingo 17 de novembro, dará comezo ás 11 horas desde a ponte do Milenio, a carreira absoluta sobre un percorrido homologado de 10.000 metros. A partir das 12:30 será o turno dos escolares, que percorrerán 4.700 metros, e ás 13 horas chegará a hora dos cativos que terán que cubrir unha distancia de 1.700 metros. Todas as probas rematarán en Pardo de Cela, á altura da entrada do pavillón dos Remedios. Recibirán premios os tres

mellores clasificados de cada categoría. Así mesmo, entregarase un premio especial de 500 euros a aquel participante (tanto masculino como feminino) que consiga superar o mellor tempo acadado ata o momento na proba absoluta. Os homes deberán baixar de 28:49 e as mulleres de 32:45. Ademais destes recoñecementos aos máis destacados atletas, todos os participantes recibirán unha camiseta conmemorativa, avituallamento ao final da carreira e servizo de fisioterapeuta se o desexan. Quilo-metro Unha das novidades, á marxe do estritamente deportivo, deste edición será a celebración da campaña “quilo-metro”, que consiste

no reto de donar un total de 10.000 quilos de alimentos non perecedeiros (garavanzos, fideos, leite, aceite, azucre, conservas, chocolate, galletas,...) ao Banco de Alimentos. Para completar este reto todos os ourensáns que o desexen (sen necesidade de atoparse inscritos na proba) poden colaborar achegando este tipo de produtos os días 15, 16 e 17 de novembro ao pavillón dos Remedios, paralelamente á celebración da Feira do Corredor (venres 15 e sábado 16).

BARRIOS Novembro de 2013

25

A campaña solidaria “quilo-metro” pretende acadar os 10.000 quilos en alimentos. Todos os que o desexen poden achegar produtos os días 15, 16 e 17 de novembro aos Remedios Recollida de dorsais e feira do corredor A recollida de chips e dorsais será o venres 15 de novembro, entre as 16 e as 20 horas, e o sábado 16, de 9 a 20 horas, na cancha central do pavillón dos Remedios. Durante o venres 15 (pola

tarde) e sábado 16 (pola mañá), na cancha central dos Remedios, celebrarase a segunda edición da Feira do corredor. Conferencias da man de expertos abordarán todo o relacionado co deporte, ademais de presentarse novidades en material deportivo.

Responsables deportivos do Concello de Ourense presentaron a campaña “Quilo-metro” que se desenvolverá con motivo da carreira do San Martiño. /RAMSÉS.


26

BARRIOS Novembro de 2013

DEPORTES

O CC Maceda, na Copa Federaciones de BTT 4 Varios integrantes do club ourensán participaron nesta dobre cita en terras vascas. Redacción Integrantes do ActyonAcademia Postal Merida do CC Maceda participaron en Euskadi na dobre cita da Copa Federaciones. O sábado 3 de novembro a cita era en Llodio (Álava). Nunha xornada inusual pola climatoloxía (moi estival para a época) tomaban parte da competición preto de 400 ciclistas. En canto aos macedáns, Iván Feijóo era noveno na súa recén estreada categoría cadete e segunda carreira en ciclocross; Feijóo estivo en todo momento loitando entre os postos quinto e undécimo. Xiana Conde, pola súa banda, finalizaba en oitava posición. Román Saa, en cadetes chegaba á meta no posto 31 e, en júniors, Raúl González era 24º.

Muskiz O domingo 3 os deportistas ourensáns tiñan outra cita, nesta ocasión en Muskiz. Se o día anterior o clima era caloroso, nesta ocasión a abundante choiva caída pola noite deixaba un circuíto moi embarrado. Iván Feijóo, tras varias caídas, finalizou 17º despois de marchar en tramos na

Raúl González durante a súa proba.

4 Repartiron os premios da pasada tempada e presentaron as novidades da nova. A Asociación Deportiva Limiactiva celebrou o pasado domingo día 20 a presentación da tempada 20132014. O lugar elixido para

Participantes das EDM de Verín na carreira da Carballeira -Ourense-.

O atletismo estréase nas Escolas Deportivas de Verín 4 Na primeira cita oficial lograron 4 medallas. R.T.

Posta de longo de Limiactiva 2013-2014

Redacción

décima posición; Román Saa era 40º. Xiana Conde remataba na súa proba na mesma posición que Saa (10ª). Raúl González cruzou a liña de meta no posto 23. A tempada de ciclocross acaba de comezar e tocan dous meses de intensas carreiras para os ciclistas macedáns.

o evento foi a Cervecería Avenida, de Xinzo de Limia. Óscar Gómez, presidente de Limiactiva, fixo un breve repaso sobre a historia deste club, fun-

Atletas e familiares visionando un vídeo do club Limiactiva./MIGUEL REJO.

dado no ano 2005, cando só contaba cunha decena de socios. Actualmente supera os 80 socios entre as seccións de atletismo e a de orientación, de nova creación esta tempada. Proxectáronse vídeos con imaxes das actividades realizadas polo club, como foron as Olimpíadas Escolares, a Carreira Popular Torre do Castro de Sandiás ou o Circuíto Limiactiva de Orientación. Durante a presentación repartíronse os premios correspondentes ao ránking Limiactiva 12-13 para todas as categorías desde prebenxamín até veteranos. Futuro O futuro para esta Asociación espérase prometedor pois cada ano aumenta o número de socios así como a participación en cada unha das actividades organizadas. Para os interesados en formar parte desta asociación aínda está aberto o prazo de inscrición da súa escola de atletismo (seccións atletismo e orientación).

[limiactiva@gmail.com]

As Escolas Deportivas do Concello de Verín estrean disciplina este tempada. Trátase do atletismo, que xa logrou os primeiros éxitos na primeira cita do ano: a carreira da Carballeira (Ourense). Os rapaces das ED de Verín participaron en todas as categorías base segundo a súa idade; en total foron 17 menores os que participaron nesta cita na capital da provincia. En benxamín masculino, Anxo Losada foi primeiro e Paulo Simón, segundo. En infantil feminino, Olalla Bandín foi e terceira e na mesma categoría pero en masculino, Fiz Losada foi terceiro. San Martiño A vindeira cita para estes atletas será o 17 de novembro, de novo en Ourense, para participar

na 37ª Carreira pedestre popular do San Martiño. Unha proba que é a decana de

Presentación das equipacións 2013-2014.

Novas equipacións O alcalde de Verín, Juan Manuel Jiménez Morán, e o concelleiro de Deportes, Víctor Manuel Baladrón Lamas, presentaron as equipacións deportivas dos equipos competitivos pertencentes ás Escolas Deportivas Municipais. Nos últimos anos incrementáronse tanto as seccións competitivas (ás que participan en competicións oficiais) como as modalidades que non o son, duplicándose o número de menores pertencentes ás Escolas Deportivas Municipais. Cabe destacar este ano o convenio co Verín CF que fai que as súas categorías de base pasen a depender das EDM (Escolas Deportivas Municipais); o fútbol sala incorpora equipos femininos e créase a sección de atletismo.

Un Cidade superior supera ao Ponte 4 4-1 foi o resultado final. R. Torres Un Cidade As Burgas superior supera ao Ponte Ourense na xornada número oito da Primeira División do fútbol sala. O resultado final foi de 4-1 para as franxiverdes. Levaban seis encontros disputados nas tres últimas tempadas na elite do fútbol sala nacional, e sempre con vitoria ponti-

todas as populares galegas e que congrega cada ano a milleiros de participantes.

na. Nesta ocasión o Cidade soubo vencer nun encontro que se lle puxo de cara aos dous minutos. Peque ao segundo pao introducía na portaría rival o balón tras un centro de Vanessa. Nada máis comezar o segundo tempo, Vanessa lograba o segundo tanto franxiverde. Pero aos poucos minutos Drica recurtaba as diferenzas. Cando máis presionaban

as pontinas, Peque lograba o terceiro tanto do Cidade. Á desesperada as albinegras buscaron a remontada, pero Vanessa lograba desde medio campo subir ao electrónico o cuarto tanto local.

Vanessa Sotelo./R.T.


OCIO E CULTURA / ARTIGOS

A penúltima...

Ante o deterioro da sanidade pública... supón para a súa familia. A medida é, desde calquera punto de vista, un auténtico despropósito; tanto é así que se xerou unha alarma social que desenvocou nunha importante mobilización cidadá, o que fixo recuar á dirección do SERGAS, iso si mediante un parche que para nada soluciona o problema xerado, problema que só se soluciona coa contratación de máis profesionais que garantan a prestación do servizo durante as 24 horas do día os 365 días do ano. Esta desafortunada medida, desgraciadamente non é un feito illado; nos últimos anos, no plano da asistencia sanitaria, o PP, en base a unha suposta optimización de recursos económicos, ten recortado en persoal, en medios e en servizos, recortes que están tendo unha incidencia directa na calidade da atención que se lles presta aos cidadáns. Por este camiño, ante un problema grave de saúde só vai quedar o vello recurso de encomendarse a un santo e rezar. Curiosamente, se un neno/a de Ourense precisa unha intervención urxente entre as 3 da tarde e as 8 da mañá, non haberá un cirurxián

A película “9 olas” estreouse en Xinzo 4 Estará nos cines Gesma ata o xoves 14. Redacción O cine Gesma de Xinzo de Limia acolleu o pasado 8 de novembro a estrea de “9 olas”, unha película independente escrita e dirixida polo

27

4DESDE A PONTE... A MONTERREI

4FIRMA INVITADA

Os gobernos do PP, en Madrid e en Galicia, teñen entre unhas das súas prioridade políticas desmontar o estado do benestar que tanto tempo e esforzo nos custou articular a todos; non soportan que en cuestións tan básicas como son a educación ou a sanidade, independentemente do nível económico que cada un teñamos, os dereitos e as oportunidades sexan as mesmas para todos, e por iso non desaproveitan ocasión ningunha para atacar estes dous piares fundamentais do estado do benestar, cando non é pola vía da privatización é pola vía do recorte de servizos ou prestacións, utilizando para iso sempre a mesma xustificación, a optimización dos recursos económicos. Recentemente, en Ourense tomaron a decisión de eliminar o servizo de cirurxía pediátrica urxente, o que significa que se algún dos máis de 30.000 nenos/as ten a mala sorte de precisar unha intervención en horario de 3 da tarde a 8 da mañá, será derivado a Vigo, coas consecuencias negativas que iso pode ter para a súa saúde e o trastorno e os prexuízos que iso

BARRIOS Novembro de 2013

cineasta italo-ourensán Simone Saibene, e que é a súa primeira longametraxe. O argumento comeza nalgún punto da fronteira entre Galicia e Portugal, lugar no que un home esquece todos

Fotograma dunha escea de “9 olas” rodada na lagoa de Antela.

pediátrico para operalo no CHUO, pero os seus pais si poderán solicitar os servizos dun cura que rece para que non lle pase nada ao neno, porque esta atención si que está cuberta as 24 horas do día no Hospital de Ourense, chegando á surrealista situación de que no CHUO prestan servizo só dous cirurxiáns pediátricos, pero para atender as cuestións de fe hai catro curas. Queda claro que os recortes dos gobernos de Rajoy e Feijoo e a tan cacarexada austeridade, pode converterse en desatención e maltrato para os cidadáns… claro que sempre quedará rezar para os que sexan crentes, para os que non o sexan, nin iso. Xosé Manuel Pérez Bouza, coordinador en Ourense de Compromiso x Galicia

“No CHUO prestan servizo só dous cirurxiáns pediátricos, pero para atender as cuestións de fe hai catro curas” os seus recordos ao beber auga dunha fonte. O protagonista comeza así un camiño cara á súa verdadeira identidade. Localizacións na Limia A película rodouse en localizacións de Ourense, O Couto Mixto e Pontevedra. Lugares como a lagoa de Antela, o río Limia ou o Café Rudi da paza Maior de Xinzo, foron as localizacións escollidas por Saibene para levar adiante a rodaxe da película. Pero, ademais, en “9 olas” participan tamén veciños do pobo e socios da Festa do Esquecemento. A película ocupará a carteleira do Cine Gesma ata o 14 de novembro con pases ás 21 horas. A dona da sala, María Alonso, apostou por proxectar esta película independente. “Estou moi contenta de estrear un filme ambientado na miña terra”, dixo.

Os domingos, cando era neno, de vez en cando, saía cos meus pais de ronda, percorrendo algúns dos bares e tabernas de Verín. Quedoume aquel cheiriño das tapas, do viño e da xolda. Dende San Lázaro ata o cruce de Sousas era “a ronda da estrada xeral”, onde daquela máis de 30 bares daban vida a un paseo imborrable que a pesar do tempo segue vivo no meu maxín. Algúns daqueles bares non podo recordalos con claridade, mais en moitos deles puiden vivir anécdotas que gardo con satisfacción. Comezaba a ronda no fermoso barrio de San Lazáro, o bar do “Tito”, entroideiro e cigarrón, o bar do “Clemente”, o bar “Tufín”, onde xurdiu o sonado crimen do bar Tufín, parodia narrada polos incribles “Fan-fan e Palmero” nun apaixonante entroido a finales dos 70, e, como non, o bar “Cubano”, cuna da inigualable comparsa de carnaval “O paraugas do Xosé”, con paparotas e un sinfín de recordos perpetuos. “A Josefa”, o bar “Benito”, o bar do “Zurria” e o “Caneda”, onde as tazas do viño branco do país rulaban sen pausa, escanciado con arte a brazo alzado polo señor Sergio, dignificando o máxico oficio da taberna. Foi no emblemático bar “Deportivo”, sito na actual praza do Rei, onde exerceu docencia hostaleira o querido e recordado señor Pepe, “O Pepe do Deportivo”, co selado da quiniela e o simultáneo, cos resultados dos partidos escritos a tiza na pizarra, o alborozo que el mesmo facía para dar ambiente, berrando ao infinito “unha de calmares para a dúas” e lle respostaban “oído cociña”, inesquecible! Tamén estaba o bar “Alfonso”, aberto 24 horas, onde se xuntaban os derradeiros “fokis” da

noite e os primeiros madrugadores. Dende alí escoitouse o ocurrido nun partido do Verín, que alguén por teléfono ía narrando dende Seixalbo, e que o inxenioso Alfonso, cun altavoz, prolongou para toda a concurrencia. Aquel día gañamos a primeira Copa. Pola súa banda, no bar “Pasaxe”, que tiña dúas entradas, unha pola estrada e outra pola rúa Maior, servía o señor Luis “Bicho” unha tapiña de riles guisados de aperitivo que sabía a gloria bendita. Tiña unha máquina de vinilos, onde a canción “El vals de las mariposas” de Dani Daniel rachaba coa pana, mentras os maiores apuraban o vermut. Ao chegar ao bar “Cesteiro” mudaba todo. Mercedes, a nai de Lola e Toño, ensinoume a saborear os mellores berberechos do mundo, e uns callos insuperables. Mais, sen dúbida, a trastenda simpática de Mercedes era o ingrediente principal dun local único. O bar “Chispa”, na etapa de Domingos e Mariluz. Eles facían os calamares máis sabrosos do planeta, e foi onde comecei a temer a mirada sátira, pícara e cabrona dunha careta antiga de cigarrón que colgaba na parede. O bar do “Luis da Brigadilla”, o bar “Pepe... tacita”, o bar “Cine” -dentro do cine Oterino-, o bar “Villaza” e o lexendario restaurante “Zapatillas” -onde o Carlos “Tatarí” fíxome a proba de escoller entre un billete de cen pesetas, outro de quinientas e outro de mil. E eu, rapaz noble e inocente, trinquei o de cen, que era o que máis coñecía, ante a incredulidade do Pepe “Zapatillas”, que aceneaba coa man por tras, para que liscara co de mil-. O “Café a Peña”, “O Casino” cos bailes do carnaval, o “Aurora”, o “Café Novo” -que máis tarde foi “Cafetería París” onde o “Chas”, barman elegante, dos de antes, con chaleco e

paxarola, dominaba as artes da cafetería moderna-. O bar “Pachín”,” o da Luisa, a “Fonda da Amadora”, o inesquecible “Café Buenos Aires”, “As Elviras”, o bar “Juan José”, e o bar “Brasil”, daquela, completaban o elenco de bares da vía central que atravesaba o noso pobo. Estes días vimos con pena que o entrañable “Bar Chaves” pechaba as súas portas definitivamente, deixándonos a todos un sinfín de anécdotas e no recordo o infatigable labor do señor Isaac e da señora Xenerosa, con aqueles esquisitos bocatas de panceta, e de sardiñas, os xeados de corte talla grande, o cosquilleo na gorxa das burbullas do “fru-fru” do Sapa, e as galletiñas de nata, que eran a delicia dos pequenos. Alí era o centro neurálxico do quecemento en calquera día de Entroido, punto de encontro da xuventude de moitas xeracións, e posada dos máis pintorescos e intrépidos personaxes da vila. A vida corre e obríganos a pasar páxina, mais temos de balde a opción de recordar as cousiñas que nos agradaron e os lugares onde alomenos alguna vez fomos felices, e que agora xa non os podemos gozar. Tomemos... a penúltima, en homenaxe a todas aquelas xentes que en grupo ou en solitario formaron parte daquel fermoso e enesquecibel ambiente dos bares e tabernas do paseo da estrada xeral en Verin. Sen esquecer tamén os bares da praza, os da muralla e os do barrio antigo, que formaban a outra ruta do interior, e que, sen fallo, daremos conta deles noutra ocasión. Miguel A. Prieto “Chita”

“Estes días vimos pechar o “Bar Chaves”, deixándonos anécdotas e recordos”


28

BARRIOS Novembro de 2013

OCIO E CULTURA

O delegado da Xunta e o conselleiro de Cultura e Educación observan o desfile dos esco- Setas e cogumelos foron un dos alimentos protagonistas da XIX Festa da Castaña e o lares do CEIP As Vendas da Barreira, disfrazados de castañas para a festa. /RAMSÉS Cogumelo de Riós. /RAMSÉS

Exitosa Feira da Castaña e do Cogumelo de Riós Riós acolleu o 2 e 3 de novembro a XIX Feira da Castaña e o Cogumelo. A venda de castañas, setas e prendas artesás de produtores da zona foron algúns dos atractivos desta celebración, que contou coa presencia de numerosos visitantes que non quixeron perder a degustación de chourizos, castañas asadas, cogumelos e viño. Tamén as autoridades acudiron a esta cita gastronómica, como o conselleiro de Cultura e Educación, Xesús Vázquez, que se divertiu co desfile dos escolares disfrazados de castañas.

Posto de castañas asadas en Riós. /RAMSÉS

O presidente da D.O.Monterrei e a directora de Turismo de Galicia observan unha peza de artesanía nun dos stands instalados no castelo de Monterrei /BORYS MARTÍNEZ.

Primeiro Festival da Vendima de Monterrei

O froito da vide foi trasladado nun carro de cabalos ao Castelo, onde se escenificou a operación do pisado da uva, a través da danza e a música tradicional. /BORYS MARTÍNEZ.

O 19 de outubro celebrouse o I Festival da Vendima de Monterrei, unha iniciativa que buscou potenciar o enoturismo da comarca. A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, e o alcalde de Verín, Jiménez Morán, foron das autoridades presentes nesta primeira edición e participaron nas visitas ás Bodegas Gárgalo, Quinta do Buble e Boo Riveiro. Así mesmo, o festival incluíu unha escenificación do pisado da uva, unha mostra de artesanía e produtos locais, obradoiros de iniciación á cata, actividades para nenos, xogos tradicionais e concursos, todo tendo como telón de fondo o magnífico escenario do Castelo de Monterrei.


OCIO E CULTURA

Un dos stands da Feira do Outono instalado no pavillon do instituto de Allariz, no que ademais da venda de produtos, tamén houbo espazo para as degustacións e os obradoiros infantís. /P.LODEIRO.

BARRIOS Novembro de 2013

29

Charla-coloquio “Unha aproximación ao coñecemento dos cogumelos nos nosos ecosistemas”, na Praza de Abastos de Allariz, onde durante a tin de semana estivo instalada unha exposición micolóxica e etnográfica. /P.LODEIRO.

Feira do Outono en Allariz, cita consolidada Produtos de horta, cogumelos, castañas e noces, pans e doces, queixos, leite e carne ecolóxicos, embutidos... con todo isto e moito máis atopáronse os que visitaron Allariz na fin de semana do 9 e 10 de novembro, dentro da XVIII Feira do Outono, unha cita xa consolidada que ofertaba tamén menús e tapas de outono en 18 locais da vila, ou actividades complementarias como unha saída ao campo para recoller setas e a posterior charla micolóxica na Praza de Abastos. Obradoiros infantís, un recuncho para o tapeo, e sorteos de cestas con produtos de outono, un menú para dúas persoas nun restaurante de Allariz e unha estancia de fin de semana nun establecemento da localidade foron outros dos incentivos que tivo o público para achegarse ata o recinto feiral, instalado no instituto da vila. Asemade, houbo un concurso de tapas frías para afeccionados que completou a axenda da feira, que despide o calendario de eventos de Allariz ata o Nadal.

Veciños de Verín portando un dos carros da Carrada o pasado sábado. /B. LORENZO

VII Carrada do viño en Verín Numerosos asistentes gozaron da sétima edición da “Carrada do viño” de Verín o pasado sábado 9 de novembro. Repartíronse 800 litros desta bebida ao longo das cinco paradas que compoñen a ruta, que comeza no Mesón do Castro para logo dirixirse ao casco antigo da vila, que acolle esas cinco “estacións”, nas que os presentes degustaron empanada, xamón asado, cachucha, bica, licor café e, como non, moito viño. Por seis euros os participantes gozaron de barra libre en todo o percorrido, e recibiron unha taza e un pano conmemorativos. Ademais, os máis cativos tamén puideron participar na celebración, neste caso con mosto e auga.

Os festeiros deron boa conta do menú composto por chourizos e castañas. /S.N.

A localidade de Sorga, na Bola, festexa o seu magosto Foron moitos os magostos que ao ancho e longo da nosa provincia tiveron lugar nesta segunda fin de semana de novembro. E os veciños de Sorga, no municipio da Bola, non quixeron ser menos. Maiores e pequenos gozaron dun menú composto por año, chourizos e castañas, tralo cal foi o turno da boa música e os bailes. Tratouse dunha xuntanza máis das que este pobo organiza ao longo do ano, porque calquera festividade é boa para compartir e celebrar entre esta gran familia. Sandiás ou Castrelo do Val foron outros dos puntos da xeografía ourensá que celebraron xa os seus magostos populares.


30

BARRIOS Novembro de 2013

4AXENDA

AXENDA / ARTIGOS

4DESDE O OUTRO LADO DA RAIA

Música - 25 de novembro - Concerto da pianista María del Mar Blanco Moreno - 20 h. - Casa da Cultura de Verín Obradoiros - 16 e 30 de novembro, e 14 e 28 de decembro Taller de ganchillo XXL 17.30 h. - Taberna Acevedo - Xunqueira de Ambía - 17 de novembro - Taller de tear - 16 h. - O Social - Acevedo (Xunqueira de Ambía) - 17 de novembro - Acuario, actividade de dinamización lingüística - 12.30 h. Baixo do Concello - A Bola Teatro - 15, 16, 22 e 30 de novembro - IV Festival de Teatro Entreculturas - 20 h. - Casa da Cultura de Verín Outros - 15 de novembro - Ruta Torres da Limia (organizada pola UVigo) - Torres de Sandiás, Pena, Porqueira e Castelo de Allariz - 16 de novembro - Magosto - 18 h. - Centro Social Aguilhoar - Xinzo de Limia www.mundourense.com

Turismo no sur de Ourense e en Tras Os Montes Estas dúas rexións contíguas son dunha gran atracción e beleza, desde a gastronomía, bo ambiente e espectaculares paisaxes. En pleno concello de Montalegre, na confluencia do Gerês e do Barroso, aparece a bonita aldea de Pitões das Júnias con paisaxes que nos permiten imaxinar como serían os días no principio do mundo. Aí podemos encontrar un escenario de gran beleza, nas agullas dos Cornos da Fonte Fría (1.500 metros de altura), nos tonos verdes dos seus prados e pastos. O encanto de outra hora aparece nunha antiga edificación romántica, situada nun val periférico, o arruinado Mosteiro de Santa María das Júnias do século IX, posiblemente ligado ao veciño convento galego de Santa María de Oseira, onde os frades desta

casa relixiosa adoptaban as regras beneditinas. Acá para degustar un bo cocido é obrigatorio visitar o restaurante Don Pedro. A vila de Montalegre ofrécenos o impoñente castelo medieval (século XIII) erguido nunha cota de 980 metros con 4 torres ligado por murallas e no centro aparece unha cisterna. Na última fin de semana de xaneiro, a feira do fumeiro é sen dúbida o principal evento, coa presenza de miles de persoas, que aproveitan este acontecemento para tamén visitaren os variados restaurantes desta vila para degustar a boa vitela dos lameiros do barroso. Todas os venres que coincidan a día 13, nas inmediacións do castelo, celébrase “O día das Bruxo”, coa participación habitual e imprescindible do tan coñecido Padre Fontes no papel do principal “bruxo”.

Vidago é coñecido polas súas augas termais, campos de golf e o Hotel Palace

4HISTORIAS DE MONTERREI

O Forte de San Salvador Xa estamos na época do magosto e moita xente de Verín e arredores vai ir a atalaia a celebralo, por iso vou dedicar este artigo o Forte de San Salvador, un esquecido e xa case desaparecido baluarte defensivo do Castelo de Monterrei próximo a atalaia. Este forte atopabase a 1.600 metros do castelo de Monterrei dirección nornoroeste, é dicir, xusto no altiño do monte de San Salvador e do cal colle o seu nome. Case non existen datos deste forte e nin tan sequera é seguro que algunha vez estivera rematado. No ano 1994 Xerardo Dasairas, no seu libro “Monterrei 1494-1994”, aseguraba que este forte foi proxectado pero nunca

chegou a construírse, inda así, describía as técnicas de fortificación do proxecto, que según el contarían con bóvedas a proba de bombas para 200 homes, bóvedas para almacenar bombas, repostos de pólvora, corpos de garda, pavillóns e habitacións para o gobernador e oficiais, galerías e cisterna. Pero no ano 2008, un artículo do laboratorio de patrimonio da Universidade de Santiago, titulado “Análisis y recuperación de un paisaje urbano fortificado en la villa de Verín”, deu cos restos do forte ao examinar unhas fotografías aéreas do ano 1956, nas que se podía ver a súa planta estrelada. Hoxe en día, por unha parte do forte pasa un cor-

tafogos e a outra parte é case imperceptible “in situ”. A mellor forma para poder localizar os restos deste baluarte é dende algunha imaxe de satélite, abrir o Google Earth, irnos ao monte de San Salvador e buscar as cordeadas: “41°57’29.79”N 7°27’47.84”O. E se teñen instalada a función cronolóxica, deben buscar a foto do 13 de outubro do 2006. Andrés Diz D, historiamonterrei.blogspot.com.es

A mellor forma de localizar os restos deste forte é por imaxe de satélite

Boticas, a Venecia de Tras Os Montes, ofrécenos unha visita ao pasado, visitando os muíños (restaurados) do século pasado. A súa estancia balnearia das augas de Carvalhelhos preséntase nun bonito recanto en plena natureza. Máis concretamente na Carreira da Lebre desfilan cinco restaurantes onde se pode saborear a vitela barrosá (unha das mellores carnes da Europa) e un bo año montañés, o cal pode ser regado co “viño dos mortos”, un clarete engarrafado e enterrado, para despois ser servido con toda a súa frescura natural. Vidago é máis unha encantadora vila desta rexión, coñecida polas súas augas termais, polos seus dous campos de golf, onde sobresae o secular Hotel Palace, considerado xa no século XVIII un dos mellores de Europa. Agora Chaves e Verín forman unha Eurocidade de grandes intereses mutuos. Os seus xardíns e a

súa estancia balnearia de augas quentes constitúen a atracción de todo o ano. Nos seus restaurantes é servido o tan peculiar bacallau gratinado, apreciado por todos os turistas, maiormente galegos. Verín é moi coñecido polo seu Entroido. É unha vila dominada polo Castelo dos Condes de Monterre e famosa polas súas viñas. Moi preto deste secular castelo temos a aldea de Vilaza, coñecida polo famoso “trigo do país”, fabricado na panaderia Germán. Verín é moi famoso polas suas viñas “mencía”, destacando o excelente “néctar” viño branco Fragas do Lazer. Xinzo de Limia é unha atracción para os portugueses polas súas feiras e a súa rúa de viños, onde se pode gozar dun bo momento. A Taberna da Trocha, na que gozar os bos sabores da cociña caseira, cun variado abano de tapas onde se destacan os famosos “chipiróns”.

Convocado o concurso de carteis de Entroido do “Desfile Inftantil” de Verín 4 A data límite de entrega de traballos é o 13 de decembro. Redacción A Delegación Municipal de Festexos do Concello de Verín convocou o concurso para seleccionar o cartel oficial do “Desfile Infantil” do Entroido 2014. Neste concurso poden participar os escolares de infantil e primaria da localidade que integrarán o propio desfile, sempre con traballo inéditos, en tamaño A3 e que se identi-

ficaran unicamente por un lema. A data límite para entregar as creacións será o 13 de decembro e debe facerse no Rexistro do Concello. Premio O premio deste concurso consistirá na edición do cartel seleccionado e na entrega dun vale de 300 euros para material deportivo e escolar -a adquirir en establecementos de Verín-.

En Allariz, unha vila medieval dun encanto raro e cun valioso patrimonio arquitetónico e cultural, sobresae o Mosteiro de Santa Clara, que ten o maior claustro de España. Xunto ao río Arnoia xorde o parque fluvial cunha beleza singular onde se sitúan dous restaurantes moi acolledores. Ourense, máis lonxe dos portugueses, é unha cidade dun encanto impar. O seu casco vello e a súa catedral son auténticas preciosidades. A rúa dos viños é do mellor que hai en Europa, (así se pronuncian varios turistas que por alí pasaron), merecendo especial atención os variados e caraterísticos pinchos da afamada “Casa do Pulpo” e as boas “cecinas” (tradicionais en Pontevedra), podéndose saborear en Jamones Xavier Martínez. Galicia e norte de Portugal, dúas marabillas moi próximas! João Damião

Festival de Teatro Entreculturas Redacción A Casa da Cultura de Verín acolle ata o 30 de novembro o ‘IV Festival de Teatro Entreculturas da Eurocidade’, no que participarán compañías de teatro amateur de Galicia e Tras Os Montes. O día 15 será o turno da representación “O gran teatro do mundo” -en portugués-. O 16 chega a obra “Paco Jones, detective privado”. Xa o venres 22, La Caja de Pandora representará “Sempre nos quedará Venecia”. E, por último, o sábado 30 “Maribel y la extraña familia” clausurará o festival. Todas as funcións comezan ás oito da tarde.


CLASIFICADOS /SERVIZOS

BARRIOS Novembro de 2013

31

Edita: Letras a la Carta S.L. CIF: B-32.323.925. Depósito Legal: OU 185-2006 - OU 186-2006 - OU 77-2012. Redacción: r/ Valle Inclán 25 2º Of. 15 - 32004 Ourense. Tel: 988 239 634 - 988 549 717. Correo-e: info@ourenseporbarrios.com. Distribúe: Orixe. Imprime: Publicaciones Tameiga. Directora: Paula Lodeiro. Director comercial: Miguel Rejo. Redacción: Paula Lodeiro, Ramsés Torres. Fotografía: Ramsés Torres, Paula Lodeiro. Colaboracións: Joao Damiao, Borys Martínez, Miguel A. Prieto Sotelo, X.M. Pérez Bouza, S.N., Andrés Diz Nº84 / 20- Ano: VIII - Novembro 2013 - Difusión: 16.000 exemplares (Ed. Xinzo de Limia: 4.900, Ed. Verín: 7.100, Ed. Allariz-Celanova: 4.000) Impreso en papel 100% reciclado. A opinión do periódico exprésase só no editorial, os artigos e cartas ao director expoñen posturas persoais. Este periódico non pode ser reproducido nin total nin parcialmente, sen autorización previa da empresa editora Letras a la Carta S.L. Se ten algún problema co reparto, pregámoslle que nolo comunique no teléfono 988 239 634.

4CLASIFICADOS

ALUGUER/VENDA

VENDAS

Alugo apartamento en Montalvo de 1 e 2 cuartos, con xardín e barbacoa, para fins de semana, semanas e quincenas. tel. 607 27 19 16. Vendo apartamento de 2 habitacións en Vigo, fronte á praia. Tel. 636 422 497. Alugo casa amoblada con xardín e finca en Celanova, por tempadas ou todo o ano. Tel. 988 43 16 64 e 617 92 58 73. Alugo en 1ª planta, zona S. Francisco, Ourense 2 dormitorios. 1 baño. Céntrico e moi luminoso. En bo estado. Calefacción Gas Natural. Telf: 988 235 876. Alugo casa a 1 km de Allariz. Tel.: 686 540 087. Vendo piso pequeno en Ourense (rúa San Rosendo) reformado. 3 dormitorios, salón, cociña e baño. 72.000 euros. Tel: 629828647. Alúgase piso preto da universidade (Ourense), compartible para 3 rapazas, con calefacción individual. tel. 988 24 69 26 Alugase piso para estudantes r/Valle Inclán (Ourense), 22, 4 dormitorios, baño, aseo, salón, cociña, amoblado, calefacción central, tel. 646 040 888. Vendo finca urbanizable de 1.500 m2 en Amoeiro, bo prezo. Tel. 610 54 48 54. Vendo casa en Lobios, con finca de 2.000 m2 pechada, con todos os servizos. Tel. 609 57 21 14. Vendo finca edificable para dúas casas a 12 km de Ourense e 5 minutos da autovía de Celanova, bo prezo, tel. 617 925 873. Alúgase apartamento no casco antigo de Ourense por 220 euros/mes, Tel. 637 00 59 10. Véndese casa con finca na estrada de Santiago, tel 637 00 59 10. Vendo piso de 120 m2 na praza das Mercedes (Ourense) a reformar, 40.000 euros. Tel. 696 945 880. Vendo casa en Nogueira de Ramuín por 15.000 euros. Tel. 988 24 60 96 e 664 11 80 65. Alugo apartamento novo no Couto, Ourense, 2 dormitorios, salón, 2 baños, cociña, exterior, amoblado, garaxe e trasteiro. Tel. 637 00 59 10

Vendo llantas de Citroen Saxo, tel. 610 54 48 54 Compro revistas fútbol Marca e Don Balón, tel: 667 890 293 Vendo mobles de segunda man: 2 librerías, mesa de mármore de comedor, 6 sillas, mesa de cento, lámpadas de pé e teito, taquillóns rústicos, 2 quentadores de auga, 2 sillóns de mimbre, 2 sillóns de pel, mesa de xardín e 6 sillas. Tel. 677 02 37 36 e 988 24 89 67 (Ángel) Vendo cinco llantas de Peugeot 205 GTi, bo prezo. Tel. 610 54 48 54. Vendo sofá 3+2, cinta andadora, apeiros de labranza, un botelleiro e unha caldeira de gas cidade Roca, tel. 637 00 59 10. Vendo DVD Videocámara Panasonic nova, multiformato, grava en DVD Ram, DVD-R e DVD-RW, 30x Optical Zoom, bo prezo. Tel. 627 428 728. Véndese dormitorio de madeira maciza de piñeiro composto por cama nido de 90x190 con caixóns, colchóns e somier de láminas, unha almofada, escritorio e estantería a xogo. Posibilidade de venderse por separado. Novo a estrear. Tel. 618 806 516. Cómpranse toda clase de obxectos e moble antigos. Tel. 988 21 22 24. Compro mobles e electrodomésticos de segunda man. Tel. 667 41 94 18, Vendo máquina coche-cortacéspede HONDA. 2.500 euros. Tel.988 27 97 96.

[Se eres un particular, publica os teus anuncios clasificados gratis no 988 239 634 ou en info@ ourenseporbarrios. com]

Véndese berce, bañeira e cadeira de bebé. Todo por 300 euros. Tel. 696 181 173 Véndese Audi A6. Ano 1995. Sempre en garaxe e con gancho de remolque. 1.500 euros. Tel. 627 43 46 01.

EMPREGO Empresa de Verín precisa comercial de productos fitosanitarios y tratamientos de agua. Tel. 988 78 46 30. Ofrécese modista, para tendas e particulares, recollida e entrega a domicilio, (tamén servizo express) traballo de calidade, puntualidade e bo prezo.Tel: 686 03 49 76. Ofrécese mozo para todo tipo de traballos: limpeza de fincas, desescombros, poda e portes. Tel. 645 81 91 92. Danse clases particulares. Experiencia. Tel. 653 768 357.

4TELÉFONOS DE INTERESE Comarca de Monterrei Concello de Verín Concello de Monterrei Concello de Oimbra Concello de Vilardevós Concello de Riós Concello de Castrelo de Val Concello de Laza Concello de Cualedro Comisaría de Policía Verín Policía Local Verín Bombeiro Verín Garda Civil Protección Civil Estación de autobuses Taxis - Parada Hospital Taxis - Parada Estación Autobuses Taxis - Parada Praza Merced Taxis - Parada Praza do Concello Ambulatorio Urxencias Ambulatorio Cita previa Hospital de Verín Cruz Vermella Correos e Telégrafos Rexistro Civil de Verín Rexistro da Propiedade Oficina de emprego Oficina da Seguridade Social Servizos Sociais Verín Cáritas Parroquial IES nº1 de Verín IES García Barbón I. Bacharelato X. Taboada Chivite CEIP Amaro Refoxo CEIP Princesa de España Comarca de A Limia Concello de Xinzo Concello de Porqueira Concello de Calvos de Randín Concello de Baltar Concello de Os Blancos Concello de Trasmiras Concello de Sarreaus Concello de Vilar de Barrio Concello de Sandiás Concello de Vilar de Santos Concello de Rairiz de Veiga Policía Local Xinzo Garda Civil Estación de autobuses Centro de saúde Xinzo Punto Atención Continuada Rexistro civil de Xinzo Rexistro da Propiedade Taxis - Parada

988 410 001 988 418 002 988 426 160 988 417 004 988 425 032 988 419 002 988 422 002 988 424 004 988 414 123 988 411 612 988 412 121 988 410 005 988 412 121 988 413 516 988 414 342 988 411 812 988 410 385 988 411 113 988 410 800 988 413 460 988 413 636 988 411 600 988 411 038 988 410 387 988 410 737 988 410 703 988 410 253 988 414 776 988 410 679 988 411 212 988 410 379 988 410 041 988 411 425 988 410 128 988 550 111 988 466 102 988 434 000 988 466 503 988 467 506 988 445 000 988 454 002 988 449 001 988 465 001 988 465 883 988 465 552 988 462 425 988 462 361 988 460 309 988 462 200 988 462 456 988 46 0 188 988 460 209 988 460 258

Oficina de emprego Oficina da Seguridade Social Xulgado de 1ª Instancia Servizos Sociais Xinzo Cáritas Parroquial IES Lagoa de Antela IES Cidade de Antioquía CEIP Rosalía de Castro CEIP Carlos Casares Gardería Municipal Oficina Agraria Comarcal da Limia Comarca de Allariz-Maceda Concello de Allariz Concello de Baños de Molgas Concello de Maceda Concello de Paderne de Allariz Concello de Xunqueira de Ambía Concello de Xunqueira de Espadañedo Policía Local Allariz Garda Civil Allariz Centro de Saúde de Allariz Centro de Saúde de Baños de Molgas Centro de Saúde de Maceda Policia Local Maceda Garda Civil Maceda Parada taxis Maceda CEIP Padre Feixoo IES Allariz Gardería municipal Allariz Servicio Municipal de Augas Allariz Xulgado de Paz Allariz Comarca de Terras de Celanova Concello de Celanova Concello da Bola Concello de Cartelle Concello de Gomesende Concello da Merca Concello de Padrenda Concello de Pontedeva Concello de Quintela de Leirado Concello de Ramirás Concello de Verea Policía Local Celanova Centro de Saúde de Celanova IES Celanova CEIP Curros Enríquez Oficina Seguridade Social Celanova Xulgado 1ª Instancia Celanova Urxencias Sanitarias Cita previa Servizo Galego Saúde Teléfono maltratadas ITV Protección Civil Incendios forestais Fenosa (averías)

988 460 375 988 462 951 988 462 364 988 550 111 988 460 222 988 462 454 988 461 271 988 460 480 988 460 507 988 461 049 988 460 024 988 440 001 988 430 000 988 463 001 988 293 000 988 436 006 988 291 001 988 440 000 988 440 031 988 440 958 988 430 331 988 463 370 696 511 038 988 463 084 988 463 204 988 440 825 988 440 036 988 440 219 988 440 004 988 440 704 988 431 481 988 433 768 988 491 111 988 485 000 988 260 000 988 494 783 988 495 005 988 493 500 988 491 523 988 430 600 988 431 806 988 451 736 988 431 290 988 431 725 988 553 055 988 431 482 061 902 077 333 016 902 309 000 112 085 988 222 222


BARRIOS Novembro de 2013


O Centro Cultural das Artes custará 3,3 millóns de euros [páx. 2]

VERÍN

Páx.3

A Eurocidade contará cunha Escola Superior de Saúde

VERÍN

Páx.7

O Concello promove o envellecemento saudable

COMARCA

Páx.8

O tecor societario de Vilardevós estrea nova directiva

VERÍN

Páx.24

Os concellos do rural ourensán suspenden en internet

DEPORTES

Páx.26

O atletismo estréase nas Escolas Deportivas de Verín

Mercado solidario da Cruz Vermella A institución benéfica instalou o seu posto coincidindo coa feira de Verín do día 11./BORYS INTERFILM

Número: 84- Ano:VIII - Novembro 2013- Depósito Legal: OU 186-2006 - Periódico mensual de distribución gratuíta www.mundourense.com - BARRIOS volve estar no seu buzón a mediados de decembro. Se quere anunciarse consulte no 685 800 190

[páx. 5]


BARRIOS Novembro de 2013


Entrevista á Alejandro e Ricardo Mínguez, micólogos ALLARIZ

Páx.17

O 4º Festival de Xardíns recibiu unhas 40.000 visitas

ALLARIZ

Páx.18

CELANOVA Páx.19

O orzamento de A rebaixa do soldo do Allariz ascende a alcalde chegará aos 5,4 millóns de euros xulgados

[páx. 22]

COMARCA Páx.19

PROVINCIA Páx.24

Un obradoiro de emprego formará 20 desempregados

Os concellos do rural ourensán suspenden en internet

Feira do Outono en Allariz

[páx.29]

Produtos da horta típicos de outono á venda nun dos stands do pavillón do instituto de Allariz /P. LODEIRO.

Número: 20 - Ano: VIII - Novembro 2013- Depósito Legal: OU 77-2012 - Periódico mensual de distribución gratuíta www.mundourense.com - BARRIOS volve estar no seu buzón a mediados de decembro. Se quere anunciarse consulte no 685 800 190


BARRIOS Novembro de 2013

13 Novembro 2013 - BXVAC  

Xa está aquí o número de novembro da publicación Barrios para Xinzo, Verín, Allariz e Celanova. As súas portadas recollen imaxes da Feira do...

Advertisement