Issuu on Google+

O 2 de xuño, IV Carreira Popular Torre do Castro de Sandiás XINZO

Páx.7

A oposición rexeita a intención do Concello de implantar a ORA

XINZO

Páx.10

O PSOE pedirá no pleno que se amplíe a escola infantil

COMARCA Páx.14

PROVINCIA Páx.20

BNG e CxG reclaman Avanzan as obras do maior seguridade para AVE, co comezo do as granxas da Limia túnel de Prado

Os informes da Xunta, favorables á mina

OCIO

[páx. 22]

Páx.30

Charla sobre a pataca no CEIP Carlos Casares de Xinzo

[páx. 7 e entrevista en páx. 8]

Se sae adiante, o proxecto da mina de feldespatos afectará 400 hectáreas en oito núcleos de poboación de Xinzo de Limia.

Número: 78 - Ano:VIII - Maio 2013 - Depósito Legal: OU 185-2006 - Periódico mensual de distribución gratuíta www.mundourense.com - BARRIOS volve estar no seu buzón a mediados de xuño. Se quere anunciarse consulte no 685 800 190




BARRIOS Maio de 2013

VERÍN E COMARCA

Cámara e Concello renovan o convenio da Antena Local de Verín

4 A oficina é das máis valoradas da rede de Antenas de España. de 2.000); e porque ten ademais o aval do Fondo Social Europeo”.

Redacción O presidente da Cámara de Comercio, Celso Barbosa, e o alcalde de Verín, Juan Manuel Jiménez, renovaron o convenio da Antena Local, que permitirá a ambas as dúas entidades proseguir coa colaboración que manteñen dende hai oito anos para ofrecer servizos de proximidade aos empresarios de Verín e a súa zona de influencia. A oficina cameral de Verín encóntrase entre as mellor valoradas pola prestación de servizos da rede de Antenas en España, e está entre as dez primeiras por número de consultas atendidas. O alcalde destacou que a Antena Local “naceu co obxecto de promover o acceso igualitario das pequenas e medianas empresas á rede de servizos que presta a Cámara”. Jiménez engadiu que a oficina cameral axudou neste tempo a superar as barreiras que impón a distancia, evitando que “os nosos veciños e veciñas tivesen que se desprazar ata

Juan Manuel Jiménez Morán e Celso Barbosa. Ourense para tramitar a posta en marcha das súas iniciativas empresariais, ademais de aproximarlles cuestións como formación continua, apoio en innovación ou, por exemplo, en temas de medio”. O presidente da Cámara, pola súa banda, agradeceu o compromiso e a cooperación do Concello con este programa, coincidindo co rexedor á hora de subliñar que a Antena Local “nos permitiu achegarnos á realidade, ao día a día dos preto de 4.000 empresarios de Verín e a bisbarra, abrindo

unha clara brecha nos obstáculos que impoñen as distancias xeográficas”. Celso Barbosa mostrou a súa satisfacción pola boa acollida que esta iniciativa tivo entre os empresarios e polas positivas opinións recollidas entre os usuarios da Antena Local. Sobre todo, subliñou, por tres cuestións: “porque é líder en España polo tipo de servizos prestados; porque está entre as dez primeiras de España, ocupando o oitavo posto de entre un total de 115 oficinas, polo número de consultas atendidas (máis

Oito anos de actividade Dende a súa apertura en xaneiro de 2005, a Antena Local de Verín prestou asesoramento a máis de 200 emprendedores e, dende hai dous anos, axudou a tramitar a constitución de 24 empresas. Tamén colaborou en buscar novos mercados no exterior a outras 22 firmas, elaborou 15 estudos e informes para coñecer mellor a economía da zona e formou máis dun millar de alumnos. Tamén colaborou na constitución da Asociación de Empresarios de Verín, da Asociación da Ruta do Viño de Monterrei e da Asociación de Empresarios de Hostalaría.

Desde 2005, prestou asesoramento a máis de 200 emprendedores

Unha ordenanza regulará a instalación de terrazas 4 Poderán estar abertas ata as 2:30 da madrugada. Redacción Unha ordenanza regulará a instalación de terrazas de hostalería na vía pública. O documento, aprobado na última sesión plenaria do Concello de Verín cos votos a favor do PP e do PSdeG e a abstención do BNG, establece o período de funcionamento das terrazas. Os hostaleiros poderán elixir entre unha terraza estacional -do 1 de abril ao 31 de outubro, ambos inclusive, onde se incluirá tamén a Semana Santa-; mensual -só durante os meses de abril a outubro, ambos inclusive- ou anual -que abrangue o ano natural, excepto o mes de xaneiro en que será obrigatorio a desmontaxe da terraza-. En canto ao horario de peche, de domingo a xoves, poderán estar colocadas como máximo até a 1.30 da madrugada; mentres que os venres, sábados

e véspera de festivos o horario amplíase ata as 2.30 da madrugada A ordenanza tamén regula o tipo de mobiliario permitido, material e cores, a prohibición de publicidade e as dimensións das terrazas, que non poderán exceder de 1,5 veces a superficie total do establecemento e con carácter xeral terá un máximo de 12 mesas, o que supón unha capacidade máxima para a terraza de 48 persoas. Todos os grupos políticos coincidiron en que se trata “dunha ordenanza necesaria que regulará a colocación das terrazas e conciliará a vida de lecer co descanso dos veciños”, subliñou o rexedor, Juan Manuel Jiménez Morán.

“Conciliará a vida de lecer co descanso dos veciños”, subliñou o alcalde


VERÍN E COMARCA

“Puertas de Galicia” ábrese ao mercado nacional 4 Presentación en Madrid da oferta enogastronómica do territorio Verín-Viana. Redacción Preto dun cento de persoas participaron en Madrid na primeira xornada gastronómica organizada polo Plan de Competitividade Turística “Puertas de Galicia” para dar a coñecer a riqueza enogastronómica do territorio Verín-Viana. Un exitoso evento que reuniu profesionais do mundo do viño, a prensa e a restauración, no que se expuxo unha ampla variedade de viños e produtos autóctonos da terra como castañas, cogomelos, pementos, augas minerais, carnes de tenreira ou sobremesas -unha pequena mostra da ampla riqueza gastronómica destas comarcas ourensanas-. O acto comezou coas palabras do presidente da

Asociación de Municipios das comarcas de Verín e Conso-Frieiras e alcalde de Verín, Juan Manuel Jiménez Morán, quen presentou a oferta turística do xeodestino Verín-Viana. Tamén interviu a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, que animou a coñecer este territorio percorrendo a Ruta do Viño de Monterrei,e resaltou algúns recursos turísticos como o singular Entroido de Verín, ou a fortaleza de Monterrei. Todos os convidados puideron gozar das saborosas creacións do prestixioso cociñeiro Pepe Solla, que conta cunha estrela Michelín, como caldo de cogomelos trufado, roast beef con salsa de castañas de Riós ou cachelos asados con mollo de pemento de Oímbra.

Os pratos foron maridados polo sumiller Nacho Costoya con viños da Denominación de Orixe Monterrei. Os asistentes valoraron moi positivamente os produtos e os caldos do territorio, nun acto que estivo animado pola presenza de cigarróns de Verín e vellarróns de Riós que encheron de cor o encontro. O Plan de Competitividade “Puertas de Galicia” está promovido por Turespaña, Turismo de Galicia, doce municipios (Castrelo do Val, Cualedro, Laza, Monterrei, Oímbra, Riós, Verín, Vilardevós, A Gudiña, A Mezquita, Viana do Bolo e Vilariño de Conso), e a Asociación de Empresarios de Turismo e Hostalería “Puertas de Galicia”.

O director da Casa de Galicia en Madrid, José Ramón Ónega, a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, o alcalde de Verín, Juan Manuel Jiménez, e a subdirectora xeral de Desenvolvemento e Sostibilidade da Secretaría de Estado de Turismo, Elena Valdés, na presentación de “Puertas de Galicia” en Madrid.

BARRIOS Maio de 2013



A D.O. Monterrei prosegue coa promoción dos seus viños 4 Estivo en Fenavin, na xornada organizada por “Puertas de Galicia” e agora recibe unha misión comercial de EEUU e China. Redacción Tralo seu paso por Fenavin 2013 en Ciudad Real e pola xornada gastronómica organizada por “Puertas de Galicia” en Madrid, a Denominación de Orixe Monterrei continúa coa promoción dos seus viños, a través dunha misión comercial que traerá á comarca a empresarios norteamericanos e chineses. O presidente da Denominación de Orixe Monterrei, Antonio Mëndez, valorou como moi positiva a presenza cunha caseta propia na Feira Nacional do Viño, Fenavin 2013, á que asistiron tamén catro adegas amparadas polo Consello Regulador. A feira contou coa presenza de 1.214 adegas, e de 12.800 compradores nacionais e internacionais. Para Méndez Atanes é “fundamental” que a Denominación Monterrei acuda a citas desta relevancia “que son importantísimas para a promoción dos nosos viños ante tantos potenciais compradores impulsando o sector vitivinícola e dando pasos firmes no desenvolvemento do negocio do viño”. Xornada en Madrid Viños da D.O. Monterrei tamén participaron na Xornada de Enogastronomía “Puertas de Galicia” celebrada en Madrid. Nela o sumiller Nacho Costoya

Stand da D.O.Monterrei en Fenavin 2013. e o cociñeiro Pepe Solla debullaron aos asistentes nunha cata comentada as peculiaridades das distintas variedades que se cultivan e os viños que se elaboran baixo a marca Monterrei. Misión comercial A próxima cita para a D.O. Monterrei é este mércores 15 de maio, cando acollerá unha misión comercial coa presenza de empresarios e restauradores norteamericanos e chineses, así como xornalistas especializados e expertos nos viños de Monterrei. Todos eles serán recibidos por parte do Consello Regulador no castelo de Monterrei seguido dunha cata dos viños amparados polo denominación e posteriormente realizarase unha visita ás adegas da zona, finalizando cunha comida de irmandamento.

4 Premios Bacchus Os viños amparados pola Denominación de Orixe Monterrei “Alma de Blanco 2012”, pertencente á adega Pazo das Tapias, e “Terras do Cigarrón 2012” pertencente a Viñas e Adegas Galegas foron recoñecidas con senllos Bacchus de Prata na categoría de Viños Brancos Tranquilos no certame internacional celebrado recentemente en Madrid. Bacchus é o máis destacado concurso internacional de viños en España e nel participan máis dun cento de expertos catadores.

Para o presidente da D.O. é “fundamental” acudir a citas como Fenavin




BARRIOS Maio de 2013

VERÍN E COMARCA

O presidene da Cámara de Chaves, intervindo no encontro de bibliotecas./RAMSÉS.

Entrega do premio a DyD en recoñecemento á súa traxectoria.

Intercambio de experiencias entre as bibliotecas da Eurocidade

“A semana do teu comercio” premia a Supermercados DyD

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez, inaugurou o I Encontro de Bibliotecas Escolares na Eurocidade: Xornada de Intercambio de Experiencias Galicia- Norte de Portugal. Este foro, celebrado o pasado 27 de abril, tivo como obxectivo dar a coñecer experiencias de calidade desenvolvidas en ambos lados da ‘Raia’ en relación coa dinamización da biblioteca escolar, co fin de procurar estratexias para a integración dos recursos da biblioteca escolar nos procesos de ensino-aprendizaxe. Ao longo da xornada presentáronse os Programas de Bibliotecas Escolares de Galicia e Portugal,e desenvolvéronse dúas mesas de experiencias nas que participaron representantes da catro colexios ourensáns e outros catro portugueses. Durante a súa intervención, o conselleiro felicitou a docentes e responsables das bibliotecas pola súa implicación e interese en mellorar o traballo nos seus centros.Así mesmo, cualificou as bibliotecas como “territorios privilexiados nos que adquirir competencias, converténdose en centros de recursos de lectura, información e aprendizaxe, fundamentais en colexios e institutos”.

O delegado territorial da Xunta en Ourense, Rogelio Martínez, incidiu na importancia do comercio de proximidade como “un importante elemento dinamizador das vilas e cidades galegas e un sector de relevancia para a reactivación económica”, no transcurso da entrega en Verín dun diploma de recoñecemento á traxectoria do grupo de distribución Juan Miguel Diéguez, coñecido como Supermercados DyD. O establecemento foi galardoado dentro da campaña “A semana do teu comercio: unha semana, un comercio, unha historia”, coa que a Consellería de Economía e Industria pon en valor o traballo desenvolvido polos 52 centros comerciais abertos existentes en Galicia, dedicándolles unha semana do ano a cada un deles; neste caso, o Centro Comercial Aberto de Verín, Aever. A iniciativa realza o bo facer dos negocios que souberon adaptarse aos tempos acadando a pervivencia a través da calidade e da proximidade ao cliente. DyD é unha empresa de carácter familiar que ten a súa orixe nun establecemento aberto co nome da súa fundadora, Clementina Canellas, en 1909, e pola que xa pasaron catro xeracións. Na actualidade conta con 15 tendas propias e numerosos franquiciados.


VERÍN E COMARCA

Seara reclama no Congreso Sanidade dá por controlado un brote un plan de actuación integral para o río Támega de tuberculose 4 Dos 220 test realizados no CEIP Princesa de España, seis deron positivo e deles, un foi diagnosticado e posto a tratamento. Redacción Das 220 probas de tuberculina realizadas pola Unidade de Tuberculose de Ourense o pasado mes de abril no CEIP Princesa de España de Verín, por mor da detección dun caso desta enfermidade nunha das súas profesoras de Primaria, seis resultaron positivas. Tras concluir os estudios diagnósticos complementarios, un deles precisará tratamento terapeútico, polo que a vindeira semana realizarase o test ao resto do alumnado de Infantil. O positivo na proba da tuberculina ou test de Mantoux non conclúe a priori que padezan a enfermidade, tan só indica que estiveron expostos, ou estableceron contacto con alguén con tuberculose, polo que nestes casos prescríbese unha medicación profiláctica ou preventiva e seguimento médico, neste caso, polo seu pediatra. Para maior tranquilidade de proxenitores e compañeiros, desde o Sergas infórmase que ningún dos seis nenos que deron positivo presenta síntomas e que, en todo caso, os nenos non poden contaxiar de tuberculose, nin entre eles nin a adultos. Para continuar o seu estudo diagnóstico os rapaces foron derivados a pasada semana ao seu Servizo de

Pediatría de referencia, no Complexo Hospitalario Universitario de Ourense, onde tres deles ingresaron para a realización de distintas probas diagnósticas, non permanecendo hospitalizado ningún deles na actualidade. Estudio dos contactos A tuberculose é unha enfermidade ben coñecida, cun tratamento sinxelo e moi efectivo que permite a súa completa curación, pero que pode ser grave se non se diagnostica e trata axeitadamente. A tuberculose transmítese de persoa a persoa mediante a tos ou estornudo, a través do aire. O protocolo do seguimento de conviventes e contactos, circunscríbese a estes, realizándoselles a proba de tuberculina a aquelas persoas que refiran un contacto próximo e continuado co enfermo. Este seguimento realizouse exhaustivamente no caso do colexio de Verín, onde ademais de á aula da profesora diagnosticada de tuberculose, realizóuselle o test tamén aos alumnos de todas as aulas de Primaria.

Ningún dos seis escolares que deron positivo presenta síntomas

4 A deputada socialista considera que hai unha “deixación clara e evidente” coa conca deste río.

P. Lodeiro A Comisión de Medio Ambiente do Congreso debatirá nos próximos días unha proposición non de lei do PSOE na que se solicita un plan de actuación integral para o río Támega. A deputada ourensá Laura Seara, propoñente da iniciativa, considera que Goberno central e Confederación Hidrográfica do Douro teñen unha “deixación clara e evidente” coa conca deste río, afectado recurrentemente por verquidos e por avenidas na época invernal. Na proposición non de lei socialista reclámase a depuración e o saneamento das augas do Támega e afluentes mediante a construción de novas infraestruturas onde sexa posible; a restauración hidrolóxica-forestal destes ríos e a toma de medidas de protección contra as crecidas e limpeza de marxes. Esta proposición non de lei non é a primeira proposta socialista para mellorar o estado do río Támega. Nos últimos meses esta formación presentou nove iniciativas parlamentarias con respecto a esta conca hidrográfica, ademais dunha emenda nos orzamentos do Estado para 2013 que foi rexeitada, e preguntas en agosto pasado sobre os verquidos de augas residuais ao Tá-

O Támega ao seu límite, ao seu paso por Verín, en xaneiro pasado./ARQUIVO. mega, que foron confirmados polo Goberno. Segundo informou a parlamentaria, este “constatou unha deficiente depuración tras recoller mostras nas depuradoras de Verín e Oímbra e dixo que tomarían medidas urxentes”. O caso é que, continúa Seara, o Goberno central condiciona “a dispoñibilidades orzamentarias” as súas actuacións previstas na defensa contra as avenidas en Laza e en Castrelo do Val, que custarían 346.000 euros. Actuacións “insuficientes” A deputada tachou as actuacións desenvolvidas pola Confederación Hidrográfica de “insuficientes”, apuntando a que en 2012 só investiu nela 158.000 euros,

na conservación de canles en Verín e na depuradora experimental de Arzádegos, en Vilardevós. A idea foi compartida polo alcalde de Castrelo do Val, o tamén socialista Vicente Gómez, quen cre que as administracións deberían amosar “unha sensibilidade especial” coa conca do Támega, por estar incluída na Rede Natura e ter sido declarada LIC (Lugar de Interese Comunitario).

Reclama depuración das augas, restauración hidrolóxico-forestal e medidas contra as crecidas

BARRIOS Maio de 2013



EN BREVE

4 Ludoteca de verán en Verín A Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX) e o Centro de Información ás Mulleres do Concello de Verín organizan un verán máis a ludoteca de verán “Convive en igualdade”. Este servizo, que busca conciliar a vida laboral e familiar dos proxenitores e cubrir o tempo vacacional dos menores, comezará o 25 de xuño e finalizará o 6 de setembro. Funcionará de luns a venres, de 8.30 a 14.30 horas, no colexio Amaro Refoxo, no salón de AEVER e nas dependencias municipais da Casa da Xuventude e Casa da Cultura. Os nenos, que serán distribuídos por idades e atendidos por monitores cualificados, participarán en actividades como obradoiros, xogos, contacontos, visitas á piscina ou cine. As inscricións realízanse na OMIX ata cubrir as 130 prazas dispoñibles. Existe un amplo abano de horarios e prezos.

4 Curso na aula CeMIT A aula CeMIT de Verín, pon a disposición dos seus usuarios a posibilidade de participar, de modo gratuíto e a través de videoconferencia, nos seminarios ofertados polo CNTG (Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia). A primeira destas actividades será ‘Virtualización e alta dispoñibilidade en Linux’, terá lugar o 23 de maio, de 9.30 a 13.30 horas, e para participar é preciso anotarse na propia aula CeMIT.




BARRIOS Maio de 2013

EN BREVE

VERÍN E COMARCA

Xunta e Concello de Denuncian o mal Monterrei avanzan no PXOM estado de estradas en 4 Fixan para o último trimestre de 2013 a súa aprobación definitiva. Redacción

Ánxel Fernández García.

4 Novo responsable comarcal do BNG

Ánxel Fernández García é desde abril o novo responsable comarcal do BNG en Monterrei. Nunha nota difundida aos medios explícase que Fernández García toma posesión “co coñecemento e responsabilidade que implica o seu cargo”, e “consciente da confianza que os militantes e simpatizantes da comarca depositaron nel”. Ánxel, veciño de Pazos e militante do BNG desde fai máis de 27 anos, substitúe no cargo a Óscar Núñez Álvarez, e asume este novo reto “con ilusión e con moitas ganas de traballar pola comarca”.

4 200 sinaturas reclaman transporte a Feces 200 sinaturas presentadas no Concello de Verín avalan a petición dos residentes de Feces de Cima de que se manteña o servizo de transporte público a Verín. O BNG solidarízase cos veciños de Feces “que nos últimos días veñen realizando un esforzo colectivo para manter o xa de por si escaso e incompleto servizo de transporte público, que unha soa vez ao día, no mellor dos casos, os une con Verín, e que está condicionado pola asistencia á clase do único neno que na actualidade usa o servizo do transporte escolar”. Os nacionalistas reclámanlle ao alcalde un “compromiso claro e inequívoco por manter uns servizos mínimos”. Para o Bloque, as 200 firmas conseguidas “verifican que non se trata dun capricho, senón dunha necesidade”, e recordan que esta é unha proposta da súa formación desde fai tempo.

A secretaria xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, Encarnación Rivas, e o alcalde de Monterrei, José Luís Conde, mantiveron unha nova reunión co fin de seguir avanzando no documento do PXOM, que será aprobado provisionalmente polo pleno municipal este ano e a continuación remitido á Xunta para a súa aprobación definitiva. Segundo as previsións que manexan as dúas institucións, agárdase que sexa no último trimestre de 2013. O encontro veu precedido de dúas reunións celebradas nos meses de marzo e abril, nas que se repasou a tramitación acadada ata o momento, presentouse a Memoria Ambiental ante a Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación, e creouse un grupo de traballo técnico, formado polos técnicos das dúas administracións e o equipo redactor. Nesta última xuntanza analizáronse os cambios incorporados no documento polo equipo redactor, tras recibir o concello

O prazo de inscrición para participar no obradoiro de aplicacións móbiles para espazos musicais do local de ensaios da Eurocidade ChavesVerín, ampliouse ata o día 15 de maio. A actividade “Os móbiles e a música” desenvolverase en dúas sesións os días 18 e 25 de maio, de 18 a 20 horas. A outra actividade musical programada no local de ensaios da Eurocidade, en Feces de Abaixo,é unha mostra musical. Os participantes terán a oportunidade de tocar en público a

4 O BNG insta a reparalas. Redacción

Reunión da secretaria xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo da Xunta co alcalde de Monterrei. a totalidade dos informes sectoriais solicitados e aceptarse parte das 406 alegacións emitidas durante período de exposición pública que tivo lugar os dous primeiros meses de 2012. O marcado peso do sector vitivinícola no concello pola influencia da Denominación de Orixe Monterrei, tanto como actividade económica como recurso turístico, xunto co patrimonio arquitectónico que representa a Fortaleza de Monterrei, e co patrimonio natural das beiras do río Támega, considerada zona LIC (lugar de interese comunitario), marcan os principais eixos do PXOM. O documento proposto contempla a clasificación

de 13 núcleos rurais e diferenza entre dous modelos de asentamentos rurais tradicionais, uns situados no plan alto da meseta ao borde do Río Támega cunha consolidación máis alta, como son Albarellos e Vilaza, e outros na zona do val, nos que a consolidación é mais baixa.

amosar as súas creacións o sábado día 1 de xuño ás 19 horas (horario local). Os interesados en participar nunha ou noutra actividade deben escribir ao correo electrónico a info@ ensaiochavesverin.eu.

O grupo de goberno de Castrelo propón unha mellora na sinalización ou a colocación de pasos de peóns elevados na OU113 nas localidades de Castrelo do Val e Nocedo do Val, e na OU 114 ao seu paso por Gondulfes, Servoi e Fontefría. O Concello celebra que a Xunta atendera a súa petición de arranxo da estrada OU-113 (que conecta Nocedo do Val e Castrelo do Val) e a tramitara coas empresas adxudicatarias das obras da alta velocidade. As melloras consistiron no asfaltado para subsanar os estragos que a maquinaria pesada empregada nos traballos do AVE estaba a causar nestes viais.

Situación actual Na actualidade o Concello de Monterrei dispón de Normas Subsidiarias de Planeamento con data de aprobación de 1987. O Concello recibiu da Xunta máis de 148.400 euros en concepto de axudas para a redacción do novo planeamento urbanístico.

EN BREVE

4 Creación musical no local de ensaios da Eurocidade

Riós e Monterrei

4 Máis seguridade para os peóns en Castrelo do Val Conscientes do aumento do tráfico tanto pesado como lixeiro experimentado nas vías que vertebran Castrelo do Val (OU-113 e OU-114), o Concello trasladou á Xunta de Galicia unha solicitude para que se estude a posibilidade de tomar algunha medida que diminúa a perigosidade para os peóns nestas estradas.

O BNG de Riós e o de Monterrei denuncian o mal estado de estradas en ambos municipios. En Riós, o voceiro nacionalista, Pedro Montero Fernández, chama a atención sobre a situación dalgunhas estradas do pobo de Romariz. Tras percorrer os 29 núcleos do municipio, o político do BNG amósase preocupado polo estado do firme dalgunhas estradas. Os nacionalistas lametan o estado do vial que pasa polo centro do pobo de Romariz pois o seu firme presenta multitude de buratos e fochancas ao longo do seu percorrido. “Este firme leva neste estado aproximadamente máis de tres anos e conforme pasa o tempo cada vez empeora”, denuncian. Tamén a estrada que une Romariz e Mañoás recibe as críticas do Bloque, pois o firme de asfalto leva nun “lamentable estado” dende fai case medio ano. Polo tanto, Pedro Montero Fernández, acusa ao grupo de goberno do PP de levar a cabo antes da últimas eleccións municipais “varios arranxos en lugares que realmente

En Monterrei camións do AVE circulan por unha pista da parcelaria, cando está prohibido

non o necesitaban” e ínstao a realizar “os traballos de reparación o antes posible para o ben dos veciños” . Deterioro dunha pista polos camións do AVE En Monterrei, o voceiro da mesma formación política, Alberto Rodriguez, denuncia que camións de gran tonelaxe que traballan nas obras do AVE pasan polas pistas da parcelaria deste municipio, o que provoca o seu deterioramento. “Dende fai un curto tempo camións de gran tonelaxe circulan pola pista da parcelaria de Vences, pobo que pertence ao concello de Monterrei, e que vai sair ao pobo de Retorta, que pertence ao concello de Laza. Trátase dunha pista en liña recta que ten varios quilómetros de longo, a cal non ten tráfico e asi os camións poden circular a altas velocidades para poder facer ao longo do día unha viaxe máis, respecto a ir pola estrada”, relata nun comunicado. Dende o BNG fan constar que iso é unha ilegalidade dado que ditos camións non poden circular por este tipo de viais, que non están preparados para a circulación de vehículos de gran tonelaxe o que leva consigo “un grave deterioro das pistas, e posibles accidentes”. Por iso, o BNG solicita ao Concello que instale sinais de prohibición de ciculación de camións de gran tonelaxe e poñan as sinais de stop que faltan en todos os cruces de dita pista.

Estado da estrada de Romariz, en Riós.


XINZO E COMARCA

A oposición rexeita a intención do Concello de implantar a ORA en Xinzo

BARRIOS Maio de 2013



Os informes da Xunta, favorables á mina

4 PSOE e BNG cren que o PP quere implantar a medida por “afán 4 A Plataforma Corno do Monte avalía os documentos. recaudatorio”. O PP di que “só é unha proposta”. Redacción PSOE e BNG veñen de amosar o seu rexeitamento á posibilidade de que Xinzo conte cunha Ordenanza Reguladora do Aparcamento (ORA) para desconxestionar a circulación e gañar en seguridade” no centro da vila. O grupo municipal socialista asegura que “esta regulación do aparcamento non suporá un aumento do numero prazas”, e achaca esta decisión ao “afán recaudatorio do alcalde”. Así mesmo, dende o PSOE insisten en que “o

alcalde e o seu grupo de goberno do PP leva tres anos reducindo o número de aparcamentos en Xinzo, primeiro pintando liñas amarelas por todas aas rúas, despois ocupando cunha beirarrúa na marxe do río Limia, e agora pretende recadar cartos por estacionar no centro aducindo que algúns traballadores colocan o coche a primeira hora e non o moven en todo o día, algo que seguirá pasando pero coas ideas do alcalde, previo pago”. Os socialistas advirten do “serio risco en que pon o rexedor aos comerciantes

e hostaleiros de Xinzo, que verán como os clientes se afastan do centro para mercar nas grandes superficies das aforas con aparcadoiros gratuítos”. Circunvalación Pola súa banda, o BNG lembra que se o que lle preocupase a Antonio Pérez fose a seguridade dos veciños “tería avanzado fai anos na nosa proposta de elaborar un proxecto de circunvalación ao núcleo de Xinzo que recollera todo o tráfico pesado que vén dende Portugal, Os Blancos ou Vilar de Santos. E conduci-

O BNG cre que o Concello debería apoiar a súa proposta de crear unha circunvalación para evitar o paso de vehículos pesados polo centro da vila.

ra á autovía evitando pasar polo medio do pobo”. Ademais, dende o grupo nacionalista tamén destacan que o rexedor, antes de implantar a ORA, debería ter “tomado medidas para a posta en valor do infrautilizado aparcadoiro soterrado da praza Carlos Casares, impulsando un acordo a tres bandas entre Concello, comerciantes e empresa concesionaria para bonificar o uso do mesmo aos clientes que merquen nos comercios de Xinzo”. E insisten en que esta medida “só será unha nova fonte fixa máis de ingresos para o Concello”, o que pon en evidencia “o seu afán recadatorio”. De todos os xeitos, a edil de Persoal, Comunicación e Relacións Institucionais, Montse Novoa, declarou a este periódico que a aprobación da ORA en Xinzo “só foi unha proposta que se puxo en riba da mesa” e que de momento “non hai nada decidido”.

O BNG propón que se incentive o uso do aparcadoiro soterrado da praza Carlos Casares

Redacción

A Plataforma veciñal Corno do Monte considera que a Xunta de Galicia “dá unha patada a veciñanza afectada pola mina de feldespatos en Xinzo e ponse a favor da empresa mineira” nos informes sectoriais que avalían o proxecto mineiro de Faramontaos. O resultado deses informes da Xunta, que xa adiantara aos representantes da Plataforma a subdirectora Xeral de Minas, avalan que se leve a cabo a mina de feldespatos en varias parroquias do concello limiao. O feito de que estes informes sexan favorable “deixa unha vez máis baleiros de contidos moitos dos titulares de prensa que foron sacados no entorno da Xunta para ‘calmar as augas’ e impedir que as accións da veciñanza danaran os intereses da empresa mineira e do goberno que os avala”, apuntan nun comunicado desde a Plataforma. O colectivo veciñal lembra que a decisión non está tomada, pero recorda as palabras do director xeral de Industria, que dixo en sede parlamentaria “que a pesar de que a lei di que os informes non

son vinculantes, teñen que ser tidos en conta porque así o di unha sentenza do Tribunal Supremo”. É dicir, que os informes que avalan a mina, elaborados polas Consellerías de Medio Ambiente, Industria e a Confederación Hidrográfica van ser “transcendentais” a hora de conceder a licencia á mina de feldespatos. En canto ao informe elaborado por Medio Rural, denuncia a plataforma que “queda a medias tintas”. “A Consellería que debía ser a principal defensora da veciñanza e garante de que os investimentos da Xunta, do Estado e da Unión Europea fosen aproveitados e rentabilizados, di que ‘parece prevalente a agricultura’, non impoñendo con contundencia a prevalencia do agro sobre a actividade mineira”. Segundo palabras dos responsables da Plataforma “a Consellería de Medio Rural tiña que pechar as portas e non deixar dúbidas de que esta veiga é unha zona agrícola, non mineira”

Os informes non son vinculantes, pero deben terse en conta á hora de decidir




BARRIOS Maio de 2013

XINZO E COMARCA

Entrevista a Maricarmen Díaz, voceira da Plataforma Veciñal Corno do Monte

“Mentres a Lei de Minas non se cambie o problema seguirá existindo”

4Díaz cre que a normativa é “un traxe a medida” para os empresarios mineiros e que o proxecto de explotación de Faramontaos é incompatible coa agricultura. Paula Lodeiro Maricarmen Díaz é a voceira da Plataforma veciñal Corno do Monte. Un colectivo que aglutina “o 99% dos veciños” de San Pedro de Laroá, Laroá, Fiestras, Seoane, Faramontaos, Moreiras, Paredes e Rebordechá e que leva meses loitando na defensa das súas terras fronte á instalación dunha explotación mineira de feldespatos. Trala súa concentración habitual na feira do 27 en Xinzo, o sábado 11 de maio tiveron unha charla informativa na Casa da Cultura da vila e esa mesma xornada Manu Chao deixoulles intervir no concerto que deu no Festival Reperkusión de Ourense. O vindeiro 25, ás 10:30 horas, organizarán unha tractorada en Xinzo. En que punto está o proxecto da mina de Faramontaos? Maricarmen Díaz: “Estamos tal e como di a lei: primeiro presentouse o proxecto, nós presentamos alegacións; segundo, o proxecto foi a Industria, Medio Ambiente, Urbanismo e Medio Rural; agora, xa recoñeceron que estaban eses informes, en teoría vánnolos deixar vez e nós poderemos presentar alegacións. Segundo eles, o paso seguinte despois desas alegacións, é que a Xunta vai decidir. Estamos no punto

dos informes tal e como confirmou o Director Xeral de Minas o venres 3 na comisión na que se lle preguntou por este tema”. Que pasou coas vosas alegacións? M.D.: “Tal e como dixeron en Industria están en dúas caixas na Delegación da Xunta en Ourense, serán estudadas, preguntóuselle ao director xeral cando serán contestadas e a resposta foi ‘ao seu debido tempo’, ou sexa, tarde, mal e nunca”. Hai un prazo estimado para coñecer se se aproba ou non o proxecto? M.D.: “Segundo as palabras do director xeral, despois deste prazo dos 15 días (desde o 3 de maio) en teoría, segundo eles, van decidir inmediatamente; agora, non lle puxo data”. Dame a sensación de que segundo o representante da Xunta que fale o que poida suceder coa mina será diferente, opinas igual? M.D.: “A subdirectora de Minas dixo que só había desfavorable á mina o informe do Concello; o (conselleiro) de Medio Ambiente non dixo exactamente que era desfavorable a nós, o que dixo é que non sería moi conveniente, é unha opinión particular del, non falou a nome da Consellería. A quen tes que facerlle

realmente caso é a Consellería, que está dicindo que se siguen os pasos, a Consellería dixo desde un principio que ían seguir a lei e estano facendo”. Por que vos opodes a este proxecto mineiro? M.D.: “Por unha sinxela razón: se ese señor fai os buratos nós non podemos plantar nada, porque el deixa os buratos, a restauración do terreo é nula,onde ti tiñas 10 hectáreas de terreo despois tes un oco, tes auga, a pataca de momento en auga non se cría. Ou é el ou somos nós, de aí o noso lema, ‘a mina ou nós’. A subdirectora de Minas insistía na convivencia, o problema desta convivencia é que se está a mina non estamos nós, porque non podemos pornos na auga”. Esas terras están cultivadas agora? M.D.:“Todas, o 100%”. Cantas hectáreas estarían afectadas? M.D.: “1.400; as que colle directamente son 400 pero as outras estropéachas igual. Imaxínate que tes unha piscina, o terreo que queda ao lado, canto tempo vai aguantar que non se vaia abaixo, cun burato de 15 metros de profundidade ao lado? Quen che garante que este señor o deixe todo como o ten que deixar? Mira para o de Sarreaus, non necesitamos ir moi lonxe; comeu millón e medio

Maricarmen Díaz intervindo na última concentración contra a mina en Xinzo.

Maricarmen Díaz é a voceira da Plataforma veciñal Corno do Monte. /P.LODEIRO.

“É normal que 200 autónomos vaian á rúa para que un señor saque cartos?” en subvencións e aínda así deixou seis millóns de débeda. Nós producimos, con alta produtividade, aquí cada un dos labradores ten un millón de euros investidos, e este señor vén cun proxecto dun millón douscentos mil euros, e dez empregos que trae el. Nestas 400 hectáreas agora mesmo estamos 210 autónomos; é normal que eses 210 autónomos vaian á rúa, máis 100 millóns de euros, para que este señor saque cartos? Penso que non é razoable”. Se lle autorizaran a explotación, expropiaríanvos ou comprarían os terreos? M.D.: “De comprar non pon nada en ningún sitio, nin prezos nin ese señor se dirixiu a ninguén. Pero expropiar... isto non é unha autovía, isto é unha empresa privada que pagará mal, tarde e nunca e o que lle dea

a gana, se chega a pagar”. E ademais, en parte dos terreos estaba previsto facer regadíos, non si? M.D.: “No BOE, tanto as concentracións parcelarias como o regadío foron declarados de interese xeral; de repente xa non somos dei nterese xeral? Hai unha cousa que é a prevalencia, e a Xunta decide, e a mina sempre ten prevalencia sobre todo o demais, é que lle fixeron todo para eles! De feito, se o plan urbanístico non encaixa téñeno que cambiar para a mina, onde viches iso? Ves a clara decisión desta xente de pola. Á mina estanlle dando todas as facilidades, a mina prevalece sobre todo, sobre calquera outra actividade. Non me parece razoable, porque á parte non é unha actividade que vaia traer tanta riqueza, e o futuro que deixan é penoso. Agora

danche uns mendrugos de pan pero no futuro vanche deixar fame, porque cárganse a terra completa”. O BNG invitouvos a Bruxelas? M.D.: “Si, imos ir con Ana Miranda, os días 14, 15 e 16, nós e outros grupos de Galicia, en vista de que aquí non che fan caso, porque non tes ningunha lei que te ampare, a lei está tan feita para eles, que non tes por onde tumbala. Confiamos que Europa, igual que fixo no tema dos desafiuzamentos, tome cartas no asunto. A parte de que no noso caso o que máis nos afecta foi o cambio da Lei do Solo. De 2002 a 2010, o artículo 37 prohibía as minas nos solos agropecuarios, por que de repente agora se cambia? Despois ves que a Lei de Minas non ten fronteiras; daslle todos os informes contra a mina e o Consello da Xunta de todas as maneiras pode darlle licenza igual, para que fas os informes entón? Para que se fixeron as nosas alegacións se total están durmindo nunha caixa? É un paripé, fan o que lle dá a gana, porque fixeron unha lei que llo permite. O importante agora á parte de parar este proxecto é que se cambie a lei, que non teña a mina a prevalencia sobre todo o demais. Hai uns dereitos mineiros desde Ganade ata Sarreaus, todo o sur da Limia; se este señor non os colle, pode vir o seguinte e collelos, mentres a lei non se cambie ,este problema sigue existindo porque pode vir calquera pedir a concesión desa mina”. Por que cres que agora están en auxe todos estes proxectos mineiros en Galicia? M.D.: “A Lei de Minas está feito para as minas, non para nós, non é unha lei xusta nin que poidas dicir ‘agárrome a este punto’, fixéronlles un traxe a medida. Non entendo a que vén en Galicia querer facer un queixo con nós, todo cheo de buratiños. Ti encontras a calquera fóra de España e che pregunta de onde eres e lle dis de Galicia, pensa Galicia é verde… e agora que lle imos vender, unha Galicia chea de buratos? Contaminada?”.


PUBLICIDADE

BARRIOS Maio de 2013




10

BARRIOS Maio de 2013

XINZO E COMARCA

O PSOE pide que se amplíe a gardería

EN BREVE

4 O vindeiro curso quedarán sen praza 22 cativos.

Dez entidades sociais galegas veñen de ser seleccionadas pola Fundación Barrié e a Fundación de PwC para participar en “Máis Social”, o programa de fortalecemento da xestión no terceiro sector impulsado por ambas entidades. Entre eles foi elixido o Centro de Desenvolvemento Rural O Viso de Sarreaus, que se beneficiará da contratación dun profesional especialista en xestión e captación de fondos, ademais dos servizos de consultoría e de formación. Con esta axuda, O Viso espera mellorar a súa xestión directiva, co obxectivo de alcanzar unha dirección e xestión profesional da entidade economicamente sostible.

Redacción

Rubén Pérez e Lurdes Martínez, na súa tenda en Xinzo.

Decoraciones Lurdes Nova tenda en Xinzo de Limia O mundo da decoración conta cunha nova incorporación en Xinzo: Decoraciones Lurdes, unha empresa especializada na colocación de cortinas, estores, paneis xaponeses ou venecianas, pero que ofrece aos seus clientes moito máis, todo o que é decoración para o fogar, incluídos tapizados, edredóns, nórdicos, colchas, xogos de sabas, alfombras de interior e

exterior, etc. “O que nos diferencia é que traballamos directamente con fábrica, polo que podemos facelo todo a medida: alfombras, cortinas, estores, etc.”. Quen fala é Rubén Pérez, copropietario do establecemento xunto a Lurdes Martínez, e persoa con máis de 20 anos de experiencia no sector. En Decoraciones Lurdes non só encargan o produ-

to a medida, senón que o instalan, de maneira profesional e sen custo a maiores. Lurdes Martínez, pola súa banda, destaca o servizo de orientación que prestan aos seus clientes: “dámoslle a opción de ir á súa casa e orientarlle, facerlle un estudo de como quedarán unhas cortinas ou un estor, por exemplo”. “O noso escaparate final é a obra que fas na vivenda”, recalca Martínez, subliñando a máxima do seu establecemento: “a decoración é unha cuestión de gustos”.

O Grupo Municipal socialista vén de presentar unha moción no Concello de Xinzo solicitando a ampliación da gardería municipal, despois de observar como 22 cativos van quedar sen praza o vindeiro curso. Os socialistas recordan que xa cando se iniciou a construción da escola infantil denunciaran “que nacía raquítica”, para o número de nacementos que se estaban a rexistrar no concello de Xinzo, que conta con máis de 10.000 habitantes. “Con só 80 prazas, non dá resposta as demandas da poboación, que precisa deste servizo para poder deixar os fillos atendidos sen deixar de traballar calquera dos proxenitores”, explica a voceira da formación en Xinzo, Elvira Lama. Os socialistas demandan do alcalde que inicie os estudos pertinentes sobre a demanda real, non

só sobre os que quedan en lista de agarda, senón tamén dos que xa non a demandan en Xinzo e se empadroan noutros concellos para ter garantía de que poden seguir traballando e deixar os fillos debidamente atendidos. Os socialistas recordan que o Concello debe garantir o dereito á escolarización pública de 0 a 3 anos en número suficiente, para que os proxenitores poidan conciliar a vida familiar e laboral, “e no contexto de crise actual aínda se torna máis necesario despois da reforma laboral e o escaseo de postos de traballo”. A moción debatirase no vindeiro pleno, para o que aínda non hai data ao estar o secretario de baixa.

As 80 prazas existentes son insuficientes para unha poboación de dez mil habitantes

Unha das aulas da escola infantil de Xinzo./ARQUIVO.

4 O CDR O Viso, seleccionado en “Máis Social”

4 Sarreaus homenaxea a Frei José Rodríguez Carballo O Concello de Sarreaus homenaxeará o vindeiro 19 de maio a Frei José Rodríguez Carballo. O pasado 26 de abril, o pleno de Sarreaus acordaba nomear fillo predilecto a Rodríguez Carballo, arcebispo de Belcastro (Italia), e secretario da Congregación de Institutos de Vida Consagrada e Sociedades de Vida Apostólica. A corporación acordou dedicarlle o seu nome á praza de Lodoselo, de onde é orixinario. O homenaxeado oficiará unha misa ás 6 da tarde na igrexa parroquial e posteriormente terá lugar o acto de homenaxe na praza que levará o seu nome.


PUBLICIDADE

BARRIOS Maio de 2013

11


12

BARRIOS Maio de 2013

XINZO E COMARCA

Obradoiro sobre cancro de próstata

EN BREVE

4 Punto de atención á infancia de Sandiás O Concello de Sandiás informa aos proxenitores con nenos de 3 meses a 3 anos de idade que está aberto o prazo de solicitude de praza no Punto de atención á infancia (PAI) do municipio para o vindeiro curso. O prazo para solicitar praza remata o 15 de maio e na casa consistorial informan da documentación necesaria de 10 a 14 horas.

4 Foi organizado pola Escola Rural de Saúde da Limia. Redacción

Asistentes ao curso nunha das clases teóricas.

Vilar de Santos organizou un curso de atención domiciliaria para dependentes Redacción

4 Melloras na piscina de Vilar de Santos O Concello de Vilar de Santos ultima o mantemento da piscina municipal. Unha das melloras das que se beneficiará a instalación é a colocación de tepes de novo céspede. O bo avance das obras permitirá gozar a tempo das piscinas durante a próxima tempada de verán.

O Concello de Vilar de Santos organizou un curso de atención domiciliaria para persoas dependentes. Foron un total de 35 horas de formación, teóricas e prácticas. A parte práctica realizouse no Programa de Axuda no Fogar do Concello e tamén no centro de día da localidade. O curso estivo destinado a coidadores non formais, persoas susceptibles de selo ou a aqueles que ven na asistencia domiciliaria

unha posible saída laboral. Este curso contemplou unha atención individualizada de cada un dos 10 alumnos que participaron, ofrencendo formación básica na atención a persoas maiores en domicilios e institucións, para que posteriormente aquelas persoas interesadas poidan realizar os cursos homologados que outorgan o certificado de profesionalidade para poder exercer dita profesión como saída profesional, xa que a Atención Sociosanitaria e o coidado de persoas dependentes é unha das áreas con máis saídas laborais e de creación de emprego. No curso tratáronse diversas temáticas como o funcionamento do Servizo de Axuda no Fogar, a vellez, a

dependencia, a autonomía persoal, as habilidades sociais, as demencias e o alzhéimer, os coidadores, o aseo persoal e hixiene, as mobilizacións, o tratamento de patoloxías e xerontoximnasia e a nutrición. Para a clausura do curso realizouse unha xornada de cine – forum. Plan de Igualdade Esta actividade formativa enmarcase no Plan de Igualdade e Benestar posto en marcha polo Concello de Vilar de Santos, que incluirá ao longo deste ano con máis charlas, conferencias e ponencias sobre temas de especial interese relacionados cos servizos sociais.

A Asociación Escola Rural de Saúde da Limia vén de organizar un obradoiro sobre cancro de próstata. Foi o 9 de maio na aula da asociación e estivo impartido polo doutor Ovidio Fernández, especialista en oncoloxía do CHUO. Os asistentes formáronse neste tipo de cancro, cales son as súas causas, os tratamentos máis axeitados, e o seguimento posterior. A Escola Rural de Saúde da Limia impartiu a finais de abril outros dous obradoiros, sobre o dolo e

a diabete. O obradoiro de dolo tivo lugar o 18 de abril e foi impartido por Gonzalo Opazo, psicólogo dos Servizos Sociais Comunitarios do Concello. Neste obradoiro buscábase axudar a asumir a desaparición dos seres queridos e recuperar a ilusión polo futuro. O obradoiro sobre diabete foi o 25 de abril e procurou unha mellor comprensión da enfermidade entre os asistentes, así como formación para saber se un ten diabete e como se pode tratar; e recomendacións alimentarias para mellorar a calidade de vida dos pacientes.

Un dos últimos obradoiros da Escola Rural de Saúde.


XINZO E COMARCA

Informe favorable ao Plan Especial de Equipamentos de Calvos de Randín 4O documento regula a situación urbanística do tanatorio que se atopa en solo rústico. Redacción A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, a través da Secretaría Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, vén de emitir o informe previo á aprobación definitiva do Plan Especial de Infraestruturas e dotacións do concello de Calvos de Randín. Este informe dá o visto e prace ao plan especial aprobado inicialmente polo concello para crear solo urbanizado de equipamentos públicos outorgando, deste xeito, amparo legal ao tanatorio municipal que se atopa en solo rústico. O plan especial ampárase na posibilidade prevista na lei vixente de ordenación urbanística e ten por obxecto a regularización de equipamentos municipais existentes. O ámbito que abrangue o plan especial está clasificado na actualidade como solo rústico de protección ordinario e supón unha extensión de 5.000 metros cadrados. A Xunta indica que o plan

debe establecer que a ocupación da edificación en planta e o recadro mínimo de lindeiros en solo rústico axustarase ao establecido na LOUGA, condicións que o documento presentado polo Concello de Calvos de Randín xa cumpre. Así, logo de analizar a documentación remitida polo municipio ourensán, a Xunta informa favorablemente sobre este plan especial, que agora terá que ser aprobado definitivamente en pleno pola corporación municipal. Informes favorables O Plan Especial de Infraestruturas e dotacións de Calvos de Randín conta cos informes favorables da Confederación Hidrográfica del Miño-Sil e da Axencia Galega de Infraestruturas da Consellería de Medio Ambiente.

O plan deberá ser agora aprobado definitivamente en pleno

O PSOE denuncia “o desmantelamento” dos servizos públicos en Rairiz 4 Pechou a residencia de maiores, a escola infantil e suprimiuse un dos dous médicos. Redacción O parlamentario socialista Raúl Fernández e o portavoz deste partido en Rairiz de Veiga, Euloxio Fernández, veñen de denunciar o “desmantelamento dos servizos públicos de Rairiz de Veiga” por parte da Xunta. Así o dixeron logo dunha xuntanza das parlamentarias ourensás cos membros da agrupación socialista desta localidade. Como consecuencia, as deputadas socialistas María Quintas e Carmen Acuña comprometéronse a levar ao Parlamento de Galicia a situación deste concello de 1.700 habitantes. Trala saída do Consorcio Galego de Benestar da residencia da terceira idade e da escola infantil, a Consellería de Sanidade anunciou a retirada dunha das dúas prazas de médico para unha comarca con 1.350 cartillas da Seguridade Social, o que se une ao peche da sucursal de Novacaixagalicia. Os socialistas dixeron que a situación de Rairiz de Veiga é “paradigmática da política do PP de arrasar co rural”.

Cargos socialistas achegáronse ata Rairiz para denunciar “o desmantelamento” dos servizos públicos no municipio.

4 O PP xustifica a eliminación dun dos dous médicos O portavoz de Sanidade do Grupo Popular, Miguel Santalices, asegurou que no centro de saúde de Rairiz de Veiga “cúmprese o ratio óptimo de 1.500 usuarios de tarxetas individuais por facultativo, xa que neste momento o profesional que presta os seus servizos neste centro atende a 1.270 pacientes”. Santalices concretou que a este centro médico están asignados 1.347 usuarios de tarxetas individuais,

dos que 77 son nenos. “Estes datos supoñían que os dous facultativos existentes neste centro ata a reorganización levada a cabo pola Xerencia de Atención Primaria atendía a menos de 700 usuarios cada un, unha cifra totalmente desencaixada e lonxe do estipulado como ratio óptimo de pacientes por facultativo”, sinalou. Un dos dous facultativos atenderá agora aos 700 pacientes de Vilar de Santos.

BARRIOS Maio de 2013

13

4 CxG iniciará unha campaña informativa Compromiso x Galicia comenzará unha campaña de información entre os veciños de Rairiz de Veiga sobre a perda de servizos que se está producindo no concello. O concelleiro desta formación, Esteban Campos, afirma que “o alcalde non deu ningún tipo de explicación, nunha actitude pouco democrática e nada transparente” no pleno do pasado 25 de abril. Para CxG o comportamento de Xaquín Rodríguez resulta “incomprensible”, non só polo feito de convocar o pleno a unha hora (ás 7:30 da mañá) que dificultaba a asistencia de veciños, familiares dos maiores internados na residencia de Rairiz, e traballadores, senón que unha vez comezado “o seu interese era acabar canto antes, sen dar ningunha explicación, negándolle aos veciños de Rairiz de Veiga o seu dereito a saber que vai pasar coa residencia”. “Se vai abrir de novo ou non, no caso de volver funcionar se o vai facer xestionada directamente polo Concello ou a través dunha empresa privada, que vai pasar coa débeda de máis de 250.000 euros que a institución municipal ten contraída co Consorcio Galego do Benestar, cal vai a ser o futuro dos traballadores, etc. Todos estes interrogantes quedaron sen resposta”, apuntan desde CxG.


14

BARRIOS Maio de 2013

EN BREVE

4 Rematadas as obras do cemiterio de Allariz O Concello de Allariz vén de ultimar as obras no cemiterio municipal, que consistiron na colocación e revestimento en pedra nos panteóns recentemente construídos. De seguido procederase á urbanización e pavimentación da zona nova. Un total de 24 novos panteóns, que son vendidos a 8.000€ cada un. Os interesados en adquirir algún dos panteóns qu quedan por vender é preciso que tramite a súa solicitude nas oficiñas municipais.

4 Continúan as melloras na rede viaria alaricana O Concello de Allariz impulsará, durante 2013, un programa de mantemento da rede viaria municipal, dando continuidade ás labores realizadas no inverno. O obxectivo é mellorar o estado das estradas, así como levar a cabo o desbroce e limpeza de cunetas, ademais do asfaltado nos tramos máis deteriorados. A brigada municipal xa se encargou de tramos localizados na Cal, Estrada de Santa Mariña, Seoane, Rodicio, a Torre ou Coedo. De seguido ocuparase dos de Turzás, Outeiro de Torneiros ata Guimarás e Airavella.

4 Ocio e tempo en familia O “Ocio e tempo en familia” é o tema principal do mes de maio na Escola de Familias “A Orella Verde” que busca, segundo a educadora Lola Serrano, “o desenvolvemento completo da personalidade dos nosos fillos” co fin de previr condutas futuras non desexadas, como o fracaso escolar ou a delicuencia. Dentro desta iniciativa, o Fogar dos Maiores de Allariz acolleu o 14 de maio unha charla - coloquio impartida pola psicóloga Ana Martínez. Ademais, unha persoa expresidiaria contará a súa testemuña persoal.

XINZO E COMARCA / ALLARIZ E COMARCA

A Deputación axudará as zonas afectadas polas inundacións 4 Baños de Molgas recibirá 60.000 euros. Redacción O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar visitou, acompañado polo alcalde de Baños de Molgas, Eladio Mangana, as zonas que resultaron danadas neste municipio a causa das pasadas inundacións, principalmente no entorno das piscinas da capital do concello. O pleno da Deputación aprobou unha modificación de créditos que fará chegar 60.000 euros para os traballos de recuperación da zona, mediante a sinatura dun convenio entre o goberno provincial e o local. O alcalde agradeceu tamén ao presidente provincial a sinatura próxima doutro convenio entre ámbalas dúas entidades, por un importe de 25.000 euros, para acondicionar o campo de fútbol. En total, engadindo a estas cantidades as achegas do plan provincial, Baños de Molgas disporá de 125.000 euros para investimentos, 11.000 euros dos cales son aportados polo concello.

4 Ante a vaga de roubos. Redacción

Manuel Baltar visita en Baños de Molgas os danos causados polas pasadas inundacións.

4 A Deputación esixiu á Xunta colaboración para as axudas aos agricultores O pleno da Deputación instou ao goberno galego a adoptar diveras medidas en relación cos danos ocasionados no sector agrario da comarca da Limia polas adversas condicións meteorolóxicas dos últimos meses. A primeira das peticións consistiu no establecemento de axudas específicas para os agricultores e gandeiros, co fin de que poidan facer fronte ás perdas ocasionadas nos cultivos cerealísticos. Ademais, buscan que

se incrementen as axudas para os produtoras que subscriban seguros agrarios que cubran os danos causados por este tipo de adversos meteorolóxicos. Así mesmo, dende a Deputación propoñen instar ao goberno do Estado a establecer o correspondente Decreto a declaración de zona catastrófica e as axudas correspondentes tanto polos danos ocasionados nos cultivos de inverno como polo lucro cesante para os cultivos que se van retrasar ou impedir.

Espadañedo quere potenciar a tradición artesán co obradoiro e o museo dos Oleiros 4 Manuel Baltar visitou o municipio e analizou os proxectos culturais, obras e infraestruturas. Redacción O presidente da Deputación, Manuel Baltar, visitou o pasado 25 de abril Xunqueira de Espadañedo, un referente galego no ámbito artesán dos oleiros. Acompañado polo alcalde do concello, Carlos Gómez, e membros do equipo de goberno, o presidente provincial visitou as instalacións do Obradoiro de Olería e o Museo de Olería, uns ámbitos de actuación que Xunqueira de Espadañedo quere potenciar, tanto para impar-

CxG e BNG reclaman maior seguridade para as granxas da comarca da Limia

tir cursos especializados en artesanía oleira, no caso do obradoiro, como para

promocionar cultural e socialmente o aspecto etnográfico coa exposición de

A vaga de roubos que están sufrindo as granxas da comarca da Limia nos últimos tempos levou aos partidos Compromiso por Galicia e BNG a reclamar medidas urxentes. CxG considera necesario un dispositivo especial de membros dos corpos de seguridade, que en colaboración con Portugal, se despregara na zona da Limia máis próxima á fronteira, na que están aumentando os roubos en granxas nos últimos meses. O seu voceiro en Ourense, Xosé Manuel Pérez Bouza, considera que “pola maneira de actuar e polo volume das reses roubadas, todo parece indicar que estes roubos son cometidos por unha banda perfectamente organizada e que ademais ten que contar co apoio dalgún veterinario e dalgún matadoiro, para conseguir meter no mercado a carne pezas antigas e actuais, no caso do museo, para dar a coñecer a historia e evolución desta arte. A visita de Manuel Baltar a Xunqueira de Espadañedo serviu tamén para coñecer en detalle as necesidades e proxectos do concello en materia de infraestruturas, entre as que destacan o acondicionamento de viais e a realización de melloras na Casa do Concello.

Manuel Baltar escoitando as explicacións dun oleiro na súa visita a Espadañedo.

dos tenreiros roubados”. Como consecuencia, CxG solicita unha xuntanza co subdelegado do Goberno para trasladarlle a súa preocupación por esta situación, “que está xerando importantes perdas aos gandeiros da Limia, pero tamén unha gran alarma social, pola impunidade na que de momento se realizan estes roubos”, lembran. Máis Policía Local Pola súa banda, o BNG de Xinzo demándalle ao alcalde da localidade que se estude a adopción de medidas disuasorias mediante o deseño dun plan de seguridade conxunto que implique a todas as forzas e corpos de seguridade e a outros municipios da comarca. Os nacionalistas reclámanlle a Antonio Pérez que valore a posibilidade de incrementar a plantilla da Policía Local para poder establecer quendas nocturnas de vixilancia no rural.

EN BREVE

4 Agricultura ecolóxica A agricultura ecolóxica foi o eixo central dun curso que tivo lugar en Allariz. Do 15 de abril ao 11 de maio veu de impartírense unhas clases de formación na Fundación Ramón González Ferreiro nas que os asistentes aprenderon a elaborar o seu propio composteiro e a gozar coidando da terra. Ademais, tamén coñeceron como crear e cultivar en bancais, rotacións de cultivos, tratamento de pragas, etc.


ALLARIZ E COMARCA

A Xunta publica a aprobación da parcelaria da Graña

A Consellería do Medio Rural e do Mar vén de publicar no Diario Oficial de Galicia a aprobación da fase de acordo da concentración parcelaria da zona da Graña, no Concello de Xunqueira de Ambía. O acordo supón a determinación das fincas de remprazo, cos novos titulares, coa superficie resultante da reorganización e coa nova clasificación da terra. Deste xeito reorga-

nizáronse 4.318 parcelas ,pasando a contar con 848 fincas pertencentes a 387 propietarios. Dende o inicio da concentración parcelaria lévanse investido algo máis dun millón de euros. Contra o acordo, os interesados poderán interpoñer recurso de alzada ante a Consellería do Medio Rural e do Mar dentro do prazo de 30 días contados dende o seguinte á notificación a cada un dos propietarios.

Abre o prazo de inscricións para o “Concilia Verán” 4 Un espazo de lecer para os menores de Allariz. Redacción O Concello de Allariz pon en marcha, un ano máis, o programa “Concilia Verán”, centrado en ofrecer solucións á conciliación laboral e familiar. O prazo para solicitar este programa estará aberto ata o 14 de xuño. O “Concilia Verán” é unha iniciativa de atención á infancia dende unha perspectiva lúdica, que ofrece aos proxenitores residentes en Allariz a posibilidade de

que os seus fillos, de idades entre os 3 e 12 anos, opten a esta proposta durante as vacacións. Este servizo está ubicado no Colexio Padre Feijoó, durante os meses de xullo e agosto, podendo ampliarse ao mes de setembro dependendo do número de demandas. Os interesados poden pedir información ou presentar a solicitude na Casa da Cultura, no 988 440 859 ou en cultura@allariz.com.

15

EN BREVE

4 Doazóns de sangue en Maceda

4 Reorganizaranse 4.318 parcelas, que darán forma a 848 fincas, de 387 propietarios. Redacción

BARRIOS Maio de 2013

Á Xunta Local de Seguridade de Allariz acudiron o alcalde da vila, Francisco García, o subdelegado do Goberno en Ourense, Roberto Castro, e representantes das forzas e corpos de seguridade da localidade.

Baixada importante das infraccións en Allariz O Concello de Allariz vén de acoller unha reunión da Xunta Local de Seguridade, na que se deu conta dos datos que en materia de seguridade se produciron nos primeiros tres meses do ano e que amosan unha importante baixada das infraccións en relación ao mesmo período de 2012. O alcalde de Allariz, Francisco García, valorou positivamente estes datos posto que “amosan ratios de seguridade máis baixos que na media galega ou mesmo estatal” e fixo fincapé na campaña de verán, na que se establecerán operativos de coordinación entre Policía Local e Garda Civil, para reforzar os eventos masivos, como a Festa do Boi. Pola súa banda, o subdelegado do Goberno, Roberto Castro valorou con optimismo estes resultados, pero apelou á prudencia, “non debemos baixar a garda”, insistiu.

Xunqueira de Espadañedo dispón xa de Plan Xeral 4 O documento protexe os núcleos tradicionais. Redacción O Diario Oficial de Galicia publicou o 2 de maio a orde de aprobación definitiva do Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) do Concello de Xunqueira de Espadañedo. Agora, o Concello debe publicar no Boletín Oficial da Provincia este documento para que entre en vigor 20 días despois. O Plan Xeral de Xunqueira de Espadañedo é un planeamento proteccionista, que establece que máis

do 94% da súa superficie estea protexida ben a través de protección especial ou ordinaria, co obxecto de preservar os valores naturais, ecolóxicos e as áreas de interese. Amais, un 4,32% da superficie queda definida como solo de núcleo rural, o que implica ordear e recoñecer os asentamentos tradicionais. Poténciase Espadañedo como núcleo rural capital e o desenvolvemento dos restantes 12 núcleos rurais, propiciando a ubicación das novas vivendas nestes

núcleos para colmatalos e desistindo de novos asentamentos. 1% de solo urbanizable O Concello de Xunqueira de Espadañedo conta cunha superficie de 27,75 km2 e unha poboación de case 900 habitantes. Da superficie total o 1,05% é solo urbanizable, cunha previsión de futuro para o desenvolvemento produtivo e industrial de 290.000 metros cadrados na confluencia das parroquia de Niñodaguia, Ramil e Xunqueira. Este planeamento urbanístico, que rexerá o deseño de Xunqueira de Espadañedo durante a vindeira década, prevé 332 novas vivendas nas súas catro parroquias. O plan recolle 29.025 metros cadrados para espazos libres e zonas verdes e máis de 15.000 para equipamento comunitario.

O próximo 23 de maio unha unidade móbil do Centro de Transfusións de Galicia pasará por Maceda para posibilitar aos seus veciños que doen sangue. A unidade móbil estará ubicada na rúa Joao de Novoa (Xardíns de Rosalía de Castro) en horario de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 21:00 horas. As persoas que doen por primeira vez deberán achegarse co DNI.

4 Escola de Pais e Nais da Bola A Escola de Nais e Pais da Bola manterá unha nova reunión o vindeiro mércores 29 de maio, de 11 a 12:30 horas na aula do baixo do Concello. Nesta xuntanza abordarase o tema das técnicas educativas de control e modificación de conductas negativas. Os interesados pódense anotar no Concello ou no 988 451 293 preguntando pola educadora.

4 Formación para as mulleres As Asociacións Veciñais de Santa Mariña de Augas Santas, O Mato e Cardanachama rematan o programa de actividades realizado coa área de Igualdade de Allariz sobre autocoñecemento, autoestima e autocoidado. Pechan o programa cun obradoiro no que confeccionarán xabóns corporais. As actividades da área de Igualdade trasladaranse ata Nanín, Valverde e Meire, durante o que queda de mes de maio.


16

BARRIOS Maio de 2013

EN BREVE

ALLARIZ E COMARCA

O Festival Internacional de Xardíns de Allariz inaugúrase o venres 17 de maio

4 Ás 19.30 horas abrirá as portas a cuarta edición deste certame, que ten como base a beleza que inspira a localidade. Redacción

4 Mercado de artesanía O Patio do Museo do Coiro de Allariz acolle do 17 ao 19 de maio o Mercado de Artesanía (organizado pola Asociación de Artesáns da localidade e o Concello), no cal o visitante atopará arte en cerámica, madeira, pedra, tecido, metais ou coiro; creado por artistas e artesáns alaricanos. O horario de apertura do mercado é ininterrompido de 11 a 21 horas. E, ademais dos postos de venda, os nenos poderán aprender divertíndose no obradoiro infantil de gravado, que terá lugar o sábado 18 (de 17 a 19 horas, e cun prezo de 2 euros).

O vindeiro venres 17 de maio Allariz inaugura o cuarto Festival Internacional de Xardíns de Allariz Ás 19:30h abrirá dará comezo a edición adicada á beleza que inspira Allariz. Doce xardíns efémeros deseñados por artistas galegos e estatais, de Portugal, Holanda, Brasil, Francia e Austria compoñen o festival de xardíns 2013; unha mestura entre arquitectura e paisaxismo que mostrará os encantos e a beleza de Allariz. Novidades A edición 2013 presenta varias novidades como a incorporación de pezas de arte no recinto de artistas locais como Xaime Piñeiro, Luis Pachón

ou Ross Angell e galegos como Álvaro de la Vega, Juan Lomarti, Antón de Buciños, Acisclo Novo, Xosé Lois Carreira, Marcos Escudero, Emiliano García-Valenciano, Francisco Escudero, Manuel Patinha e José Paz. A entrada estará protagonizada por unha combinación de pedra e auga que terá vocación permanente, composta por unha lámina de auga coas columnas en pedra “que tanto identifican a Allariz”, explicaba Francisco García. A apertura ó público do parque do Ferradal, a terceira das novidades, “xa

4 Solicitan a devolución total do diñeiro dos aforradores e rexeitan o repago nos comedores. A concelleira socialista de Maceda Ana María Rodríguez Blanco constata que “todos os días aforradores do concello descobren que foron defraudados. Tal foi a falla e enganosa información das entidades bancarias, que descoñecían a súa situación”. Por isto, presentou no pleno do venres 19 de abril unha moción, aprobada por unanimidade pola Corporación Munici-

pal, para instar ao goberno autonómico e central a “que garanta a devolución íntegra dos ingresos dos aforradores”. A concelleira expón que “os socialistas consideramos o decreto-lei do Partido Popular insuficiente e ineficaz pola aplicación de troco e quita á totalidade dos titulares e a aplicación de recortes desorbitados”.

62.000 euros de investimento O investimento feito é de 61.974 euros, saíndo a 5.634 euros por parcela; “un gasto ponderado”, segundo o alcalde de Allariz, Francisco García, “tendo en conta os ingresos pola venda de entradas, 34.000 euros no 2012, e o impacto do evento no comercio e a restauración local”, explicou o rexedor.

Esta cuarta edición conta con 12 xardíns efémeros de artistas de España, Portugal, Holanda, Brasil, Francia e Austria

Aprobadas as mocións do PSOE de Maceda sobre as preferentes e o repago dos comedores escolares Redacción

está listo para o seu uso, aínda que estamos agardando para a súa inauguración oficial” aseguraba Bernardo Varela, concelleiro de Medio Ambiente.

bouse tamén, coa abstención dos populares, “o total rexeitamento ao repagamento do servizo de comedor escolar que pre-

tende establecer a Xunta de Galicia para o vindeiro curso.” Neste senso os socialitas consideran que “é un doble castigo do PP á clase media traballadora de Maceda no rural” e que se trata dunha medida que “vai afondar aínda máis no despoboamento das aldeas”. Rodríguez manifestou que “de novo a crise é unha excusa para que o goberno de Feijoo mingüe os avances na igualdade da educación pública, universal e gratuíta”.

Repagamento do comedor escolar No mesmo pleno, apro-

O PSOE considera que o repago do comedor é un “castigo (do PP) á clase media traballadora do rural”

A concelleira do PSOE de Maceda Ana María Rodríguez Blanco durante un mítin do seu partido.

Cartel da edición 2013 do Festival de Xardíns de Allariz.

Cruz Vermella Maceda insiste no control da glucosa e a tensión arterial Redacción Cruz Vermella Maceda está a aproveitar as fins de semana de maio para realizar actividades abertas á poboación, no primeiro caso co obxectivo de promover hábitos saudables, e no segundo combinando o deporte coa solidariedade. O sábado 4 de maio Cruz Vermella tivo instalada durante toda a mañá unha carpa na praza do Toural na que voluntarios da organización mediron o nivel de glucosa en sangue e a tensión arterial aos veciños que se achegaron. De seguido, o vindeiro domingo 19 de maio terá lugar unha nova edición do Desafío Solidario, que se organiza conxuntamente coa Asociación Cultural Vía XVIII de Maceda. Unha proba deportiva que

inclúe andaina, carreira e ruta de BTT. Nesta ocasión, 3 euros do prezo da inscrición destinaranse aos proxectos “Agora + que nunca” de Cruz Vermella Maceda. Condutas violentas Así mesmo, esta ONG levou a cabo, no instituto da localidade, do 16 ao 25 de abril, un curso de prevención de condutas violentas no que participaron 42 rapaces de 14 e 15 anos. O curso incluíu catro áreas de traballo, para entender os distintos tipos de violencia que existen, facendo fincapé na violencia de xénero, o bullying e ciberacoso, para despois aprender habilidades de comunicación e resolución de conflitos co fin de evitar estas situacións ou saber afrontalas se se dá o caso.


CELANOVA E COMARCA

BARRIOS Maio de 2013

17

ENTREVISTA A daniel fernández, autor do video “no es otro spot de la dgt”

“Se este vídeo serve para que só dúas persoas que o vexan decidan non beber cando teñen que coller o coche xa me dou por satisfeito”

4 Daniel Fernández Carril foi vítima da imprudencia dun condutor ebrio, por iso decidiu elaborar un video para concienciar á sociedade das graves consecuencias deste comportamento. S.N. Era o 23 de decembro de 2004, ao redor das 4 da tarde, cando Daniel Fernández Carril saiu da súa casa de Outomuro (Cartelle) para dirixirse a Ourense porque quedara co seu primo. Pero nunca chegou á cita. No camiño cruzouse cun condutor ebrio que arrasou a súa moto, e con ela a vida que ata o momento Dani coñecía, cargada de infinitas ilusións e soños de futuro como ten calquera rapaz de só 18 anos. O lamentable resultado dese accidente foi unha longa recuperación e secuelas físicas que o acompañarán sempre, pero coas que quere servir de exemplo para conseguir que non haxa na estrada máis vítimas inocentes por culpa do consumo de alcol. Por iso vén de elaborar un video, “No es otro spot de la DGT”, no que explica a súa experiencia co fin de concienciar a novos e maiores de que a vida non sempre dá segundas oportunidades. Como foron os meses posteriores a ese fatídico 23 de decembro? Daniel Fernández: “Pri-

meiro estiven 7 días en coma inducido. Uns 20 días despois do accidente, cando me estabilizaron, leváronme de Ourense a Povisa, de onde saín o 19 de marzo. Neses meses operábanme, deixábanme descansar uns 15 días e volvían operar, para que soportase o ritmo das intervencións. Fixéronme un total de 10 ou 12 operacións, ata me tiveron que recortar o fémur 4 centímetros. Ao final tiveron que decidir amputar, porque non había outra solución. Ademais, tamén me fixeron unha colostomía, e ía ao fisioterapeuta de seguido. Os 18 e os 19 anos para min non existiron. Pero agora fago unha vida normal, salvo polas dores que teño moitas noites”. Como explicas no video o accidente fixo que os soños dese Dani de 18 anos desaparecesen, pero con que futuro soñas agora? D.F.: “O futuro véxoo con moito optimismo, e con gañas de gozar da vida. Ademais, estou mirando de montar unha vivenda comunitaria para persoas maiores no meu pobo, rehabilitando a antiga escola, que está xusto ao lado da miña casa”.

O video de Daniel Fernádez, “No es otro spot de la DGT”, está dispoñible en You Tube./R.T.

Os soños de futuro de Dani Ferndández son gozar da vida ao máximo e chegar a poñer en marcha unha vivenda comunitaria para persoas maiores no seu pabo./R.T.

“Paseino moi mal, pero se me dan a elixir entre non pasar por isto ou volver a pasar e contar co cariño da xente como teño agora, volvería vivilo” Como decides elaborar este video? D.F.: “Estaba canso de ver coñecidos que din, despois de beber alcol, que descansan un tempiño e logo collen o coche, ou que se excusan dicindo que só beberon tres cervexas. E cabreábame moito porque esa xente non é consciente do dano que pode facer, porque só bebendo un pouco de alcol o tempo de reacción xa non é o mesmo. Por iso decidín que tiña que facer un video para que a xente o vexa e se conciencie, desexando que a miña propia experiencia os impacte. De seguido pensei en quen me podería axudar a facelo e xa se me veu á cabeza Bruno Nieto. Púxenme en contacto con el e aceptou encantado. De feito, o resultado é impresionante, nótase que o fixo con todo o seu cariño. E só con que dúas persoas que vexan o video decidan non beber cando teñan que coller o coche xa me dou por satisfeito. Non sei se o farán, pero teño que intentalo, canta máis xente

se conciencie mellor”. O lema do video é “Yo aún tengo esperanza”. Despois de ver ás numerosas imprudencias que comete a xente a diario ao volante, algunha vez a perdiches? D.F.: “De todo nunca se pode perder, pero si que é certo que ás veces queda bastante tocada, porque vense tantas cousas nas Noticias ou tes algún amigo ou coñecido que faleceu por culpa da mestura de alcol e volante. Eu sei que é difícil concienciar á xente porque cada vez empezan a beber dende máis novos, cada vez presumen máis de beber, e non o entendo… Pero se todos poñemos algo da nosa parte poderíase frear ese crecemento de xente que bebe sen control”. Consideras que as campañas da DXT ou os controis de tráfico na estrada son suficientes? D.F.: “Creo que todo axuda. As campañas da DXT sempre conciencian a algunha xente e os controis

“Estaba canso de ver como a xente colle a coche despois de beber e non saben o dano que poden facer”

cantos máis se fagan mellor. Sempre que os vexo alégrome porque poden parar a un condutor borracho e evitar un mal maior”. Tanto despois do accidente como na difusión do video é indiscutible o apoio que tes da xente que te rodea. Como se vive iso? D.F.: “É unha marabilla. Síntome moi querido e iso si que é unha riqueza. Paseino moi mal, pero se me dan a elixir entre non pasar por iso ou volver a pasar e contar co cariño da xente como teño agora, escollería volver vivir isto, e iso que foi moi duro, non llo desexo a ninguén, nin sequera ao que me atropelou”. Cal é o segredo? D.F.: “ Non hai ningún. A condición que teño agora úsoa para concienciar aos demais, para que a xente recapacite, e penso que ao mellor por iso cren que son especial, pero nada diso, eu digo a todo o mundo que seguro que no meu sitio faría o mesmo. Todos temos unha forza que ata que a vida non cha manda sacar non sabes que a tes”. Eres todo un exemplo de superación. D.F.: “Eu como un exem-

plo tampouco me vexo, porque me parece algo normal. É certo que hai días en que o pasas moi mal e tes que tirar para adiante. Algunha vez alguén se achegou a min e me dixo que vendo o meu caso os seus problemas perden importancia e alégrome de que polo menos así se dean conta e que valoren o que teñen. Porque eu antes do accidente tampouco valoraba o comer ben, o durmir ben, o camiñar… Enorgulléceme que a xente ao verme se dea conta de cales son as cousas que merecen a pena. O meu non ten solución, pero o deles si”. Por último, envíalle unha mensaxe aos nosos lectores para que se conciencien do perigoso que é mesturar alcol e volante. D.F.: “Sempre cres que nunca che vai a tocar a ti, ata que che toca, e despois truncas a túa vida por completo. Así que pediríalles que nunca beban alcol antes de coller o coche e que conciencien a canta máis xente mellor. Por úlitmo, gustaríame darlle as grazas a Bruno pola súa axuda e a todos aqueles que me están axudando a difundir o video polo medio que sexa e aos que están concienciando á xente. Moitas grazas a todos!”. Optimista, ledo e todo un artista cun lápis entre os dedos e un folio en branco diante. Así era e así é Daniel Fernández Carril, todo un exemplo a seguir, que loita día a día para que o alcol non trunque na estrada máis vidas. Dende o periódico Barrios convidámolos a que coñezan o seu caso a través do video “No es otro spot de la DGT” (dispoñible en You Tube) e llo fagan chegar ao maior número posible de persoas, para que nunca máis un condutor ebrio rompa en mil anacos os soños dun rapaz de só 18 anos dous días antes de Nadal. [Le a entrevista completa en www.mundourense.com]


18

BARRIOS Maio de 2013

EN BREVE

4 O BNG reúnese cos comerciantes O BNG de Celanova vén de reunirse cos representantes da nova Asociación de Comerciantes e Empresarios de Celanova para recoller as súas demandas e iniciativas cara ao impulso do comercio na vila. Neste encontro, o BNG presentoulle á asociación as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións ás asociacións de comerciantes sen fins de lucro para a dinamización dos Centros Comerciais Abertos e Prazas de Abastos de Galicia, en desenvolvemento do Plan Ágora, Agora Re-comercia 2010-2013, que convoca a Xunta de Galicia e cuxo prazo de solicitude remata o 22 de maio. Nembargantes, os nacionalistas son coñecedores das deficiencias actuais da Praza de Abastos da vila e solicitarán unha reunión co alcalde, de carácter urxente, para que dende o Concello cedan os medios e o persoal necesarios para que a Asociación de Comerciantes poida solicitar esta liña de axudas.

4 Moción contra a nova lei educativa O anteproxecto de lei orgánica para a mellora da calidade educativa proposto polo Partido Popular non só está a provocar o rexeitamento de profesorado e alumnado, senón doutros grupos políticos. Así, dende o BNG de Celanova consideran que a LOMCE “presenta un texto centralizador, clasista e sexista, que mercantiliza a educación e pretende afondar nun modelo máis autoritario e antidemocrático”. Do mesmo xeito que consideran que ”nega a realidade plurilingüe, pluricultural e plurinacional do Estado español”. Como consecuencia, os nacionalistas demandaron ao resto da corporación municipal de Celanova a súa colaboración para “esixir que a Xunta solicite ao goberno do Estado a retirada deste Anteproxecto de lei orgánica por invadir as súas competencias”.

CELANOVA E COMARCA

A Deputación investirá este ano en Celanova 85.470 euros 4 Dedicaranse a servizos sociais, obras e cultura. Redacción A Deputación de Ourense investirá este 2013 en Celanova 85.470 euros para proxectos de acción social, obras de infraestruturas e actividades culturais. En concreto, no que atinxe a servizos sociais, a Deputación de Ourense destina 28.000 euros para o funcionamento do Punto de Atención á Infancia (PAI), mentres que no apartado do Plan Provincial dedica unha partida de 30.970 euros para obras de mellora do saneamento da Gandarela e Barrio. No ámbito cultural, a Deputación de Ourense destina este ano 15.000 euros á Fundación Curros Enríquez e 11.500 euros para a Romaría Etnográfica “Raigame”, e tamén

participará na programación cultural do Auditorio, en concreto no programa “Rede de músicas soltas”, un evento que se desenvolverá entre os meses de abril e novembro. Estes proxectos e outras iniciativas foron analizadas no decurso da reunión que mantiveron o 19 de abril o presidente da Deputación, Manuel Baltar, e o alcalde da localidade, José Luis Ferro, que concordaron na importancia de seguir potenciando a colaboración institucional entre ambas as dúas entidades. Visita ao Auditorio e a Castromao Tralo encontro, Baltar e Ferro visitaron o Auditorio municipal e o poboado castrexo de Castromao. No Auditorio, Baltar percorreu

as instalacións, nas que a Deputación investiu o ano pasado 136.245 euros, cantidade que foi destinada a iluminación, son, obras e equipamento en xeral.

Manuel Baltar explicou que, en termos xerais, a pe-

sar da crise e da redución orzamentaria, “este ano a Deputación de Ourense incrementa máis dun 41% o investimento no que atinxe á cooperación cos concellos, algo básico porque nesta colaboración afiánzase a competitividade e o desenvolvemento dos nosos municipios”.

A Deputación investiu en 2012 136.000 euros no Audiotorio celanovés, para iluminación, son e equipamento

Manuel Baltar visitou o Auditorio Municipal de Celanova acompañado de José Luis Ferro, Antonio Mouriño e Antonio Piñeiro.

O BNG de Celanova solicita a documentación da reconstrución de Castromao 4 Dubidan da dispoñibilidade dos terreos porque se trata de zona comunal.

Os nacionalistas presentaron 12 emendas á ordenanza reguladora da limpeza de terreos e solares

Redacción

Redacción

O BNG de Celanova acaba de rexistrar unha pregunta e un requerimento de información sobre o proxecto de reconstrución do poboado castrexo de Castromao. Revisado o PXOM para o Concello de Celanova, vixente na actualidade e identificada a parcela onde se executará ao devandito proxecto, os nacionalistas observaron que se atopa moi preto das mámoas de Amoroce, o que esixe a máxima protección. Debido a este motivo o BNG de Celanova solicita o devandito informe de patrimonio. Ademais queren recalcar que a a devandita finca pode aparecer no inventario municipal e ser comu-

nal ou monte de varas, motivo que era coñecido polo grupo de goberno, “de aí que se reunira cos veciños de Castromao e organizara unha visita a Portugal para que coñeceran un proxecto similar ao que se pretende realizar no Outeiro de Ermide”, lembran. O que ao entender dos nacionaliestas é criticable é “que a estas alturas non poden existir dúbidas sobre a dispoñibilidade dos terreos, máxime cando a iniciativa xa fora presentada para ser executada no Monte da Cruz e rexeitada pola Xunta, polo que o grupo de goberno do PP tivo suficiente tempo para regularizar que a propiedade dos terreos comunais fose cedida ao Concello”. O BNG quere expresar que non está en contra deste

proxecto, aínda que destacan a existencia doutras necesidades para a zona. 200.000 euros de inversión Por todo isto, o BNG considera que o Concello de Celanova non pode “permitirse o luxo de despilfarrar preto de 204.000 euros do erario público, sen ter claro en que condicións vai ser investido ese diñeiro”. Para os nacionalistas esta actuación do grupo de goberno popular “vén constatar, unha vez máis, a falta de planificación, a falta dunha análise exhaustiva das prioridades nos investimentos e, en definitiva, un xeito de gobernar que máis parece froito da improvisación ca dun goberno serio”, din.

O BNG de Celanova presentou 12 emendas á ordenanza municipal reguladora da limpeza e valado de terreos e solares, texto que o PP aprobou en solitario en sesión plenaria no mes de abril. En opinión do portavoz do BNG no Concello, Leopoldo Rodríguez, o documento que se someteu a debate é “un texto similar” ao de 2002, polo que proxecta “un menor nivel de compromiso do goberno municipal xa que a realidade municipal mudou dende entón” e unicamente recolle uns pequenos cambios como é a ampliación da banda de actuación de 25 a 50 metros, o máximo da sanción pasa de 3.000 a 6.000 euros e tamén mu-

dou o material elixido para a execución dos valos. Como consecuencia, o BNG concreta que entre as 12 emendas presentadas figuran varias nas que que propoñen a “introdución do concepto de ornato público para as edificacións, xa que o noso Concello conta con moitas construcións que se atopan en estado de abandono”. Así mesmo, as demais emendas están encamiñadas a mellorar aspectos como as sancións e infraccións (aspecto que os nacionalistas consideran que “quedan demasiado abertos a interpretacion subxetiva do alcalde, e polo tanto pode crear inseguridade xurídica”); o peche do valado; reposición, características e aliñacións do mesmo; e valados provisionais.


CELANOVA E COMARCA

BARRIOS Maio de 2013

19

A Xunta licita a mellora do firme da nacional 540 entre Bande e Portugal 4 Compromiso por Galicia considera que esta medida “non soluciona os problemas de comunicación da Baixa Limia”. Redacción A Xunta de Galicia vén de licitar as actuacións de reforzo de firme na estrada (OU-540) que une Ourense coa fronteira de Portugal (A Magdalena), co fin de mellorar varios treitos desta vía. O executivo autonómico achega 500.000 euros para a execución destes traballos, que se centrarán na mellora da seguridade viaria de numerosos puntos dos máis de 28 quilómetros da estrada. Este proxecto, cuxo prazo de execución aproximado é de seis meses, beneficiará a máis de 8.200 habitantes de Bande, Lobeira, Lobios, Muiños e Entrimo. 24 anos sen renovación A obra obxecto da actuación é a estrada OU-540, que leva en servizo 24 anos sen renovación ou reforzo ningún, agás en contadas actuacións de conservación puntuais, polo que na actualidade, o pavimento amosa unha superficie envellecida e con importantes deterioros, ademais, un dos treitos conta cunha elevada accidentalidade a causa

dunha sección transversal cun peralte insuficiente. As actuacións contempladas neste proxecto pasan pola mellora do firme, a xestión de residuos, a sinalización, o balizamento e a colocación das defensas. Con estas actuacións, a

4 CxG ve esta actuación insuficiente Compromiso por Galicia, considera que a mellora do firme da OU-540, entre Bande e a fronteira portuguesa, non soluciona os problemas de comunicación da comarca da Baixa Limia. Pola contra, segundo afirma o coordinador en Ourense da formación galeguista, Xosé Manuel Pérez Bouza, “o feito de que a Xunta anuncie agora un investimento de 500.000 euros, para a mellora do firme dun treito desta estrada, confirma as sospeitas de CxG, sobre a nula intención de executar a obra tal como estaba prevista e orzamentada e que incluía a mellora do trazado actual, así como circunvalacións e enlaces nas localidades de Verea e de Bande”.

O Castelo Máxico convoca o seu campamento de verán Con actividades polas mañás no seu local do Parque das Trigueirizas O parque infantil-xoguetería O Castelo Máxico de Celanova prepara xa as actividades do seu campemento de verán. Unha iniciativa que se desenvolverá entre o 21 de xuño e o inicio do novo curso escolar en setembro. As actividades deste cam-

Consellería de Medio Ambiente pretende proporcionar aos cidadáns “unha rede viaria cómoda e segura que evite a sinestralidade. Ademais foméntase o desenvolvemento económico e social dos concellos da comunidade galega”.

pamento, que se desenvolverá na súa sede no parque das Trigueirizas, están enfocadas para que os cativos poidan aproveitar as mañás estivais dunha maneira didáctica, entretida e divertida. De 8 a 15 horas, O Castelo Máxico propón xogos ao

Actitude lamentable A CxG parécelle “lamentable” que os alcaldes do PP que están á fronte de concellos da comarca acepten como boa esta inversión, que non é máis que un “parche” e non teñan máis firmeza na reivindicación da execución do proxecto inicial, que supuña unha inversión de 13 millóns de euros. Para Bouza, isto “demostra a falta de compromiso dos alcaldes do PP cos intereses dos seus veciños e do seu territorio, en beneficio dos intereses do seu partido”, e anuncia que CxG vai seguir reivindicando “a execución dun proxecto que considera imprescindible para a supervivencia da Baixa Limia”.

aire libre, obradoiros de manualidades, teatro ou baile, actividades físicas, xogos en gupo, psicomotricidade e servizo de almorzo e comida. As familias dispoñen de bonos por horas, semanais, quincenais e mensuais para inscribir os seus fillos neste campamento, e tamén poden levalos a xogar en calquera momento, por horas soltas. [+ info en O Castelo Máxico, Parque Trigueirizas, 3, baixo, Celanova, e tel. 988 43 10 43]

Comeza o 21 de xuño e remata en setembro

Presentación de Raigame no Centro Cultural da Deputación, co alcalde de Celanova,José Luis Ferro, o presidente provincial, Manuel Baltar, a directora do Centro de Cultura Popular “Xaquín Lorenzo”, Mariló Fernández, e o profesor Xosé Manuel Cid.

“Raigame” converte un ano máis a Vilanova dos Infantes en capital etnográfica

4 O evento, que se celebra o 17 de maio, é unha homenaxe aos oficios tradicionais galegos. Redacción Cada 17 de maio, Día das Letras Galegas, Vilanova dos Infantes “convértese na capital cultural e etnográfica de Galicia, un verdadeiro parque temático interactivo do noso, que pon en valor as tradicións da nosa terra”. Así definiu o presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, a celebración da romaría etnográfica máis importante de Galicia, “Raigame”, que este ano chega a súa 12ª edición. Esta celebración de exaltación das tradicións, declarada “Festa de Interese Turístico de Galicia”, reúne cada ano ao redor da torre e do burgo medieval de Vilanova dos Infantes a milleiros de persoas que se achegan “para realizar a súa particular viaxe no tempo, que nos permite lembrar pero tamén potenciar as tradicións dos gremios e artesáns galegos doutros tempos, e tamén fornecer a nosa cultura con maiúsculas, integrada polo noso idioma e a nosa etnografía”, explicou Baltar. “Raigame” consolídase dende o ano 2002 como un certame festivo-artesanal no que se pretende destacar as singularidades

e características que conserva o pobo de Vilanova dos Infantes e, por extensión, toda Galicia. As numerosas actividades que se desenvolven abranguen teatro e monicreques, música, e ambientación polas rúas, ao que se engaden bailes populares, xogos, contacontos, artesanía, exposicións e un concurso de fotografía. O circo, protagonista Nesta 12ª edición “Raigame” rende homenaxe a Secundino Feijoo, fundador do Circo Feijoo a finais do século XIX, e ao Padre Silva, creador do Circo dos Muchachos a mediados do século XX, veciños ambos os dous de Vilanova dos Infantes, que levaron o nome de Ourense por todo o mundo cos seus espectáculos circenses. Nesta edición, o premio honorífico “Xoan de Barros”, que recoñece a persoas ou colectivos o seu traballo na promoción da romaría e dos valores etnográficos que “Raigame” pretende exaltar, entregarase a título póstumo ao antropólogo Xosé Antón Fidalgo Santamariña. O traballo que Fidalgo Santamariña realizou sobre a parroquia de Vilanova dos Infantes foi clave para o desenvolvemento da realidade etno-

4 Potencial turístico-cultural A celebración de “Raigame” enmárcase dentro do proxecto de posta en valor do núcleo de Vilanova dos Infantes, como un elemento máis do potencial turístico-cutural que oferta Celanova dentro do programa “Celanova, un paseo pola historia de Galicia”. A iniciativa quere dar a coñecer os momentos máis importantes da historia de Galicia a través dun curto percorrido xeográfico, como son o mundo castrexo de Castromao, a etapa alto-medieval de San Miguel a riqueza baixomedieval de Vilanova dos Infantes, o esplendor do barroco do Mosteiro de San Rosendo e o rexurdimento da lingua galega da Casa dos Poetas. gráfica e cultural que hoxe é “Raigame”, coa que cada ano os ourensáns celebran o Día das Letras Galegas.

O premio “Xoan de Barros” entregarase a título póstumo ao antropólogo X.A. Fidalgo Santamariña


20

BARRIOS Maio de 2013

OURENSE PROVINCIA

Atendo-te, servizos integrais para as empresas

Adif finalizou o formigonado do viaduto de Arnoia, en Baños de Molgas.

Avances nas obras do AVE 4 Adif finalizou o formigonado do taboleiro do viaduto de Arnoia e a perforación do túnel de Vilavella e comezou a escavación do túnel de Prado. Redacción As obras da alta velocidade na provincia continúan a bo ritmo. Nas últimas semanas, Adif vén de rematar o formigonado do taboleiro dun dos elementos singulares do trazado ourensán do AVE, o viaduto de Arnoia. Este viaduto, situado no termo municipal de Baños de Molgas, destaca pola súa lonxitude (1.014 m), por salvar o río Arnoia mediante un esvelto arco oxival de formigón, e por cruzarse coa liña férrea convencional Zamora-A Coruña por medio de pilas tipo pórticos. No subtramo de 6,7 km Miamán-Ponte Ambía no que se integra este viaduto, tamén está en construción o túnel de Bouzas, de 852 m de lonxitude. Túnel de Vilavella Adif tamén concluíu estes días a perforación da vía dereita do túnel de Vilavella.

Conta cunha lonxitude de 902 m dos cales dous tramos, de 99 e 69 m, en cada unha das bocas adoptan a morfoloxía de túnel artificial, mentres que o resto (734 m) foron escavados en mina (baixo terreo natural). As estruturas en falso túnel das bocas deseñáronse co fin de mellorar a integración da infraestrutura nas ladeiras. O tubo esquerdo, cuxo cale efectuouse en datas recentes, conta cunha lonxitude de 869 m. O subtramo Túnel da Canda-Vilavella, deseñado para dobre vía de alta velocidade en dúas plataformas independentes, ten 3,8 km de lonxitude e discorre polos termos municipais da Mezquita e A Gudiña. Este subtramo presenta como estruturas singulares os viadutos de Vilavella (vía dereita e vía esquerda) e Regato de Carriñal. Tamén conta cun paso superior e outro infe-

rior para salvar outras vías de comunicación. Todas estas estruturas atópanse en execución. Túnel de Prado Adif vén de iniciar a escavación en mina pola boca oeste do túnel de Prado (vía esquerda), que discorre polos termos municipais de Vilar de Barrio e Sarreaus. O túnel de Prado (vía esquerda) compleméntase co seu homónimo para a vía dereita, obxecto doutro contrato. Esta infraestrutura ten unha lonxitude total de 7,7 km. Inclúe un túnel de 7.628,8 m de lonxitude, dos cales 7.486,5 m escávanse en mina e 142,3 m adoptan a morfoloxía de túnel artificial.

Como e por que xorde Atendo-te? “Ao longo da nosa experiencia profesional en sectores diferentes, todos coincidimos na necesidade da existencia dunha empresa que se encargase de sobrecargas de traballo puntuais ou periódicas, de apoio á busca e recaptación de clientes e en definitiva, calquera tipo de servizo que se precise sen ter que chamar a empresas diferentes. Atendo-te ofrece unha serie de servizos que aparecen na nosa web www.atendote.com e nas redes sociais. Cremos nas novas tecnoloxías como unha ferramenta necesaria e complementaria para a venda. Buscamos o mellor prezo e ofrecemos o servizo aos nosos clientes segundo as súas necesidades específicas”. Cal considerades que é o voso produto estrela? “Como produto novidoso na nosa cidade, ofrecemos o servizo de secretaría virtual. Isto é, por un lado emisión de chamadas para telemárketing, recaptación de clientes, promocións especiais, concertación de visistas comerciais, busca de proveedores etc. segundo o protocolo que nos indiquen e por outro lado a recepción para cita previa,

Henrique García, Iolanda Pérez e Eduardo Resende son os responsables de Atendo-te. xestión de axendas, rexistro de pedidos e atención ao cliente, fóra de horario comercial e fins de semana, para non perder ningunha chamada, xa que consideramos que cada chamada non atendida é un pedido que se pode perder e un cliente que opta pola compentencia”. Que máis servizos ofrecedes? “Ademais da secretaría virtual, queremos axudar ás empresas galegas a comercializar con países como Portugal, Francia ou Brasil para que valoren unha nova posibilidade de abrir mercado nestes momentos nos que España está nesta situación económica. As empresas pequenas non se poden permitir un departamento de internacionalización e desde Atendo-te queremos

cubrir esa necesidade. Ademais facemos deseño gráfico e imaxe corporativa, creamos e actualizamos páxinas web, así como redes sociais e comercio on line, realizamos todo tipo de tarefas administrativas, estudos de mercado e en xeral calquera traballo de márketing e comunicación orientado a mellorar a imaxe, coñecemento e posicionamento da empresa e en definitiva, a que aumente a súa carteira de clientes e a súa rendabilidade”. [+ info en www.atendote.com]

Como produto novidoso ofrecemos o servizo de secretaría virtual

O viaduto de Arnoia destaca pola súa lonxitude, 1.014 m

Entrega de vehículos a Medio Rural

Unha das entradas do túnel de Prado, entre Vilar de Barrio e Sarreaus.

O concesionario oficial de Suzuki en Ourense, Landauto Motor, vén de entregar á Consellería de Medio Rural un lote de 80 vehículos modelo Grand Vitara 1.9 DDiS de 129 CV para o seu uso por parte dos axentes forestais de toda Galicia. No acto, realizado nas instalacións do concesionario na capital ourensá, participaron o xerente de Landauto, Gumersindo Dobarro, e o xefe de Flotas e Desenvolvemento de Rede de Suzuki Motor Ibérica, Juan Carlos Ruano.


PUBLICIDADE

BARRIOS Maio de 2013

21


22

BARRIOS Maio de 2013

DEPORTES

O Peugeot 3008 Hybrid 4, triunfador no Rali ecolóxico 4 Esta terceira edición celebrouse no surleste da provincia. Redacción O Peugeot 3008 Hybrid 4 foi o vencedor do terceiro Rali ecolóxico de Galicia. Despois de disputarse a segunda edición na provincia de Pontevedra, o rali máis ecolóxico de España regresou a terras ourensás, nesta ocasión ao surleste da provincia. Trala disputa dos tramos de regularidade de Verín, A Gudiña, A Mezquita,

Bouza, Vilariño de Conso, Servoi, Vilar de Barrio e Os Milagres, e os controis de emisións da Gudiña e Vilariño de Conso, engadido a todo iso o consumo dos vehículos participantes, o Peugeot 3008 Hybrid 4 destacou pola súa eficiencia alcanzando a vitoria, en mans de Alberto Conde e Óscar Pío, no apartado de híbridos, que non son outros que aqueles vehículos que combinan un motor eléctrico

O Peugeot 3008 Hybrid 4 vencedor do III Rali ecolóxico.

con outro de combustión. No apartado de vehículos Eco a vitoria foi para Luís Aragonés e Cuko Bañobre cun Twingo R2, mentres que neste apartado destacaron os datos dos vehículos Seat como o Ibiza que lograron excelentes valores. O III Rali Ecolóxico de Galicia partiu de Verín e puxo o seu punto e final na Estación do Inorde de Baños de Molgas, onde se entregaron os premios das dúas categorías disputadas.

O Rali Ecolóxico regresou a Ourense logo de disputarse a segunda edición en Pontevedra

O 2 de xuño, a carreira de Sandiás 4 A inscrición está aberta ata o vindeiro 30 de maio. R.T. O domingo 2 de xuño é a data elexida para a celebración da cuarta edición da carreira popular de Sandiás. A IV Carreira Popular Torre do Castro está organizada polo Concello de Sandiás e a Asociación Deportiva Limiactiva. Ás 10:30 dará comezo a carreira absoluta, cun percorrido duns 8.000 metros; a dificultade da proba estriba na subida á Torre do Castro, algo máis de dous quilómetros de pendente que teñen a súa recompensa no cumio ao contemplar as fermosas vistas da zona. Ás 10:40 comezará a carreira infantil-cadete cuns 1.500 metros; ás 11.45 terá lugar a carreira benxamín-alevín (750 metros); ás 12:00 será a de prebenxamíns e ás 12:10 tocaralle o turno aos pitufos cun percorrido aproximado de 150 metros. Inscricións Ata o 30 de maio ás

23.59 estará aberto o prazo de inscricións. As probas escolares serán de balde, mentres que a absoluta terá un custo de tres euros por participante. As inscricións pódense realizar na casa do concello de Sandíás, nas tendas de deportes Run04 Ourense e Running Sport de Ourense ou na web www.limiactiva.com.

Son 8 km na carreira absoluta

EN BREVE

4 Deporte e saúde O Concello de Verín organiza, por sétimo ano consecutivo, as Xornada de Deporte e Saúde. Fútbol, fútbol sala, andainas, marcha de BTT e charlas coloquio son algunhas das ofertas desta sétima edición de Deporte e Saúde. Entre as citas previstas, salientar o encontro de deporte e saúde de asociacións rurais e de mulleres do día 25 no polideportivo da Granxa; a clausura das Escolas Deportivas Muncipais o 31 de maio no pavillón de deportes, ou a primeira Gala do Deporte do Verín, na que se recoñecerá o labor dos deportistas locais durante a tempada 2012-2013, o 7 de xuño no recinto da Granxa.

4 Natación

Participantes da terceira edición da Torre do Castro. /ARQUIVO

Máis 100 nadadores da Piscina Climatizada de Xinzo de Limia, Club de Natación de Chaves, Piscina Climatizada de Allariz e Club de Natación de Verín participaron no Torneo de escolas de natación celebrado en Allariz. As categorías participantes foron as de benxamín, alevín e infantil.


DEPORTES

Últimos días para inscribirse na Andaina de Allariz 4 Esta 16ª edición cambia o percorrido. Redacción Últimos días para inscribirse na XVI Andaina de Allariz, que terá lugar o sábado 18 de maio. Os andaríns encontrarán nesta cita unha das máis longas, esixentes e antigas andainas de toda Galicia. Esta edición incorpora varias novidades. A primeira delas con respecto á data, xa que, celebrada sempre a última fin de semana de maio, tivo que adiantarse ata o 18 de maio para non coincidir coa Festa do Boi (que comeza o 25 de maio). As demais novidades refírense ao percorrido, 50 quilómetros que os participantes terán que cubrir nun

máximo de 12 horas; dando comezo ás nove da mañá. Tres etapas A andaina está dividida en tres etapas; a segunda e terceira etapa sufrirán pequenos cambios “para darlle amplitude e realidade aos fermosos paisaxes por

onde transcorre a proba” explicaba un dos técnicos coordinadores durante a presentación do evento. Os participantes visitarán o Castro de Armea, complexo arqueolóxico recentemente rehabilitado. A páxina web www. allariz.com/andaina achega toda a información ao participante, horarios, servizos e percorridos en detalle das tres etapas. Ao peche desta edición, a participación superaba os 500 participantes demostrando que a de Allariz é unha das probas á que máis agarimo teñen os andaríns.

Presentación da XVI Andaina de Allariz.

Conta atrás para o San Mamede 2013 4 Organizado pola Asociación Cultural e Deportiva Vía XVIII de Maceda. R.T. Xa queda menos para que se celebre o San Mamede Desafio Solidario 2013 que organiza a Asociación Cultural e Deportiva Vía XVIII de Maceda. O domingo 19 de maio é a data de celebración da andaina, carreira e BTT, as tres opcións nas que se pode participar. As tres probas darán comezo e terán o seu fin na localidade de Castro de Escuadro e percorrerán a Serra de San Mamede. A andaina cubre un percorrido duns 17 quilómetros, a carreira outro de 21 quilómetros e a marcha BTT de 44 quilómetros. A andaina dará comezo ás 9 da mañá; ás 10.00

Participantes do pasado ano. será o turno da carreira e dez minutos máis tarde (10.10) será a saída da BTT. Como en ocasións anteriores, esta iniciativa non se esquece dos máis necesitados, e tres euros de cada inscrición serán doados para o programa “Agora + que nunca”, que xestiona a asamblea comarcal da Cruz Vermella de Maceda.

BARRIOS Maio de 2013

23

EN BREVE

4 Marcha BTT O domingo 26 de maio celébrase a VI Marcha BTT Val de Monterrei. Calquera participante poderá facelo nalgunha das tres probas: unha ruta de 55 quilómetros ou outra de 35; ou ben un paseo de 25 quilómetros. Para recabar máis información pódese consultar na web bttverin.com ou no teléfono 639 960 345.

4 Mini BTT Tres podios para os rapaces da Escola JA Hermida de Maceda no Mini BTT de Arteixo. Iván Feijoo foi o vencedor en infantís; Aida González (alevín) e Breogán Diz (principiantes) ocupaban o segundo caixón do podio nas súas respectivas categorías. Amais, Aarón López e Manuel Souto, Noela Saa, Martín González e Alexandre Álvarez entraban nas súas carreiras entre os dez primeiros.


24

BARRIOS Maio de 2013

DEPORTES

Fútbol 8 en Celanova

4 Un campionato amigable en categoría prebenxamín. Redacción O pasado primeiro de maio celebrouse un campionato amigable de fútbol 8 en categoría prebenxamín e benxamín na localidade de Celanova. O campo de San Rosendo foi a sede deste torneo no que o equipo local foi subcampión na categoría prebenxamín. No campionato participa-

ron equipos como o Pabellón, Ribeiro, CD Ourense A e B, Barbadás, Verín, Sta. Teresita, Velle, Antela, Celanova A e B, da provincia de Ourense e o Gondomar de Pontevedra. O prebenxamín celanovés chegou ata as semifinais logo de vencer 7-1 ao Velle, 2-1 ao Ribeiro e perder 1-2 co CD Ourense. Xa na semifinal tiveron

Saída da andaina solidaria en familia de Verín.

Andaina en familia 4 Participaron máis de trescentas persoas nesta ruta por Verín. Redacción Un total de 304 persoas tomaron parte da primeira edición da ‘Andaina Solidaria en Familia’, que tivo por obxecto recadar fondos para axudar na construción de pozos de auga en diferentes localidades de Níxer. A proba foi organizada polos departamentos

O EDC Verín, campión da Liga Galega Redacción

O equipo infantil de fútbol sala das Escolas Deportivas de Fútbol do Concello de Verín venceu por 10 a 2 goles a Os Meigallos F.S., o

Equipo infantil de Verín.

de Educación Familiar e Deportes do Concello de Verín, xunto con UNICEF España, e tivo un percorrido de cinco quilómetros. A saída tivo lugar no Pavillón Municipal de Deportes de Verín e os participantes achegáronse ata Cabreiroá e Sousas, para rematar na Fonte do Sapo. que supón a consecución do campionato da Liga Galega nesta disciplina deportiva. O equipo verinés, tras as 22 xornadas de campionato, acadou un total de 62 puntos. De todos os partidos xogados gañou vinte e empatou dous, e obtivo cero derrotas.

que dilucidar o finalista na tanda de penaltis. Tras sete rondas desde a pena máxima, Ainhoa marcou o gol que lle deu o pase á final. O CD Ourense esperaba na final, onde os rapaces de Germán sucumbiron por un resultado de cero goles a catro. Dos rapaces de Celanova, Iker foi o máximo goleador e o porteiro Hugo recibíu o galardón como mellor gardamallas do campionato. Se o CD Ourense foi o campión prebenxamín, o Ribeiro foi o campión en categoría benxamín.

O equipo prebenxamín de Celanova. /RAMSÉS.


OCIO E CULTURA / ARTIGOS

4DESDE A PONTE... A MONTERREI

Pintadas!

Mireino de novo e cada vez podo berrar con forza, aos catroventos, que temos un dos paraxes máis fermosos de Galicia, o val de Monterrei. Unha xoia que brilla, polo norte e polo sur, e os ollos que a ven a diario, afeitos aos reflexos, non se percatan da súa luz intensa, argallando un anaco de meigallo que flota no ambiente, e que sen dúbida, alomenos para min, non é doado atopalo noutros lares. O mantiño verde, que dibuxan os grumos ternos das cepas centenarias, e os terruños, traballados coa ilusión dos novos e a sabiduría dos vellos, pintan un mar de progreso e de esperanza.Os montes San Salvador e Maior pintan atalaias de protección, gardiáns do Castelo, co monte Ladairo celoso, á espera de comenzar a súa batalla particular, para dobregar, unha vez máis, o vento do norte. Polo nacente, a capeliña do San Antón, e as pedras gastadas cos séculos, dan xeito ao “Pozo” na morada do “Demo”, pintando o carácter dun pobo, altivo, sobrio e doce ao mesmo tempo. O Támega, imparable, segue o seu andar infinito, e vai deixando pintadas deprata as beiras dos campos fértiles, cheos de vida. Os balnearios, as fontes, os camiños, as pedras milenarias, as capelas, os escudos, os campanarios, algún deles feito coa “nosa” infancia de testemuña, e a fé no sacrificio que mantemos no maxín, o esforzo, o son celestial do cincel, dalgún canteiro aínda vivo pintan un cadro único. Un castelo interminable, rebosante de historia, legado permanente, da loita armada, que con sangue, pintaron as almas dos antergos. Un pobo valente, con agallas sempre no fronte. Agora que cada vez parece que nada pintamos no entramado que a vida nos pon por diante, somos as marionetas dos fios tesos que nos levan e nos traen ao gusto dos dirixentes, provocando que afloren as protestas e o mal estar. A xente pinta, escribe verbas, desafógase, deixando pintadas ceibes, reivindicando calquera cousa que teñan en desacordo. Está o país cheo de pintadas, de

parrafadas, de mensaxes que se clavan na retina, pero quizais faltos de identidade, sen dono. No último mes, en Verín, dúas pintadas ben diferentes deron que falar. Unha delas, obra de arte, onde o autor ou autores sen dúbida empregaron os cinco sentidos, para rematar un debuxo fermoso, no colexio Princesa de España, na granxa, que invita a ollalo sen presa e gozar. Descoñezo o autor, dende aquí só cabe darlle a noraboa. Pola outra banda, está a pintada desgraciada, a pintada da rabia e do infortunio que hai uns días apareceu nun dos canóns do Castelo de Monterrei. Un golpe baixo a todo un pobo, unha mala noite, os sentidiños do rapaz estaban tocados, un acto covarde que non é propio dun verinés. Quero pensar que, cando os primeiros raios do sol espertaron, o arrepentimento xurdiu espontáneo, e coa frescura do novo día sentíuno de corazón.O Castelo de Monterrei é único, non hai en todo o territorio outro semellante.Só queda miralo, e gozar coa impoñente estampa, que forma, esta herdanza que nos deixaron. Aquí, por estas terras, temos pintadas incribles que non deberíamos emborronar. Canto me gustaría que este fermoso cadro que a nai natureza pintou, este querido val de Monterrei, non fora agredido xamais e, que, dunha vez por todas, comencemos a dar valor de maneira axeitada a todo o que temos, que é moito e bo, e demostrar con orgullo, que aquí, por febreiro, pintamos a cara coas cores da ilusión para seguir mantendo viva unha tradición centenaria, e que non volten a sacarnos as cores na faciana por feitos que non son acordes cos que amamos con paixón esta terra. Miguel A. Prieto “Chita”

“Por outra banda está a pintada desgraciada que hai uns días apareceu nun dos canóns do Castelo de Monterrei”

BARRIOS Maio de 2013

25

Celanova propón visitas guiadas e concertos

EN BREVE

4 Inicia unha programación no AMIC.

O xoves 16 de maio, de 18 a 19.30 horas, a Biblioteca Pública Municipal de Verín organiza actividades lúdico-culturais con motivo do Día das Letras Galegas, adicado este ano a Roberto Vidal Bolaño. Poderán participar un máximo de 25 nenos socios da instalación, de entre 3 e 9 anos, que deberán inscribirse previamente. Realizarán contacontos e manualidades.

Redacción Celanova propón para os vindeiros meses varias iniciativas para atraer visitantes á vila e ampliar a oferta de ocio dos seus residentes. Por unha banda, o concello celanovés entrou a formar parte da Rede de Músicas Soltas que ven promovendo a Central Folque por toda Galicia. O Auditorio Municipal Ilduara de Celanova (AMIC) será o único espazo da provincia que acolla durante este ano a Rede. Tralo concerto de Davide Salvado e Najla Shami do pasado 27 de abril, o auditorio acollerá concertos os días 1 e 29 de

xuño, 28 de setembro, 26 de outubro e 30 de novembro. Con este programa, o Concello de Celanova quere dar inicio a unha programación estable no AMIC co fin de rendabilizar este equipamento cultural e “converter a Celanova nun lugar de vangarda para o ocio e difusión da cultura”, apuntaba o alcalde. Por outra banda, púxose en marcha o programa “Concertos de Primavera”, a través do cal as agrupacións de Celanova e Vilanova dos Infantes amenizarán con música de banda as mañás dos domingos. As citas serán á hora do vermú na praza Maior da vila e a primeira delas terá lugar o día 26.

Itinerario turístico Outra das iniciativas culturais da localidade, coordinada desde a Fundación Curros Enríquez, son as visitas guiadas para grupos “Celanova, Pedra e Poesía”. Consiste nun percorrido de algo máis de dúas horas de duración os sábados á tarde, polos puntos máis destacados da vila de San Rosendo. Neste caso é preciso reservar no 988 451 176 ou fundacion@currosenriquez.es

Tamén haberá concertos de bandas os domingos a mediodía

4FIRMA INVITADA

O rural galego esmorece A decadencia do medio rural do interior de Galicia non é de agora, hai varias décadas que comezou sen que ninguén fixese nada por evitala. Todo o contrario, os que tiveron a responsabilidade de administrar os recursos públicos durante todos estes anos, fixeron todo o posible para que ese esmorecemento fora en aumento ao incentivar que a xente emigrara cara ás grandes urbes, nunha visión reduccionista, e á vez equivocada, de que nos contornos urbanos se vive mellor e ademáis hai máis posibilidades de desenvolverse profesionalmente. Froito desas políticas equivocadas pero perfectamente conscientes é a dramática situación na que se atopa a provincia de Ourense, cunha poboación moi envellecida e vivindo en aldeas que non sobrepasan en moitos casos as dez casas habitadas, aldeas nas que os máis vellos do lugar non se acordan cando naceu o último neno, pero sen embargo lembran perfectamente cando tiveron que enfrontrarse ao drama de enterrar o último veciño

porque, a pesar de ser cada vez menos, cada pouco tempo algún deixaos para sempre. Calquera indicador estatístico que miremos apunta na mesma dirección: o rural galego, e especialmente o das provincias de Lugo e Ourense, está ferido de morte. Pero hai datos que sen aparecer nas estatísticas demostran, aínda con máis rotundidade que os propios números, que o devalo negativo é imparable. Cada vez hai menos xente nas nosas aldeas, menos cabezas de gando, menos escolas, menos tabernas… pero hai algo que vai en aumento: as residencias de maiores e os velatorios. Aínda que quizais o máis curioso sexa que estes equipamentos, que son sinónimo de decadencia e morte en moitísimos casos, ocupan as construcións que algún día estaban cheas de vitalidade e de vida; escolas, colexios, tele-clubes… son reconvertidos en velatorios ou en residencias para maiores, sinal inequívoca de que o rural galego, e en especial o de Ourense, está sumido nunha decadencia practicamente irreversible. Non son eu unha persoa

negativa nin pesimista, e ademais acredito firmemente no dito de que “en canto hai vida, hai esperanza”, pero desgraciadamente nas nosas aldeas cada vez hai menos vida, e polo tanto menos esperanza, e cada vez hai máis decadencia e polo tanto máis morte. A pesar da gravísima situación aínda estamos a tempo de parar este devalar suicida, pero para iso fai falla un compromiso firme das administracións e un plan integral que durante os próximos 30 anos implemente políticas activas que fagan posible que o rural galego reverdeza das súas cinzas como o fan os montes queimados. Non teño claro que o vexamos, pero debería ser unha obriga intentalo, do contrario Galicia deixará de ser Galicia, porque unha parte só será un inmenso ermo onde a decadencia e morte ocupen os lugares que hai anos estaban cheos de vitalidade e de vida. Xosé Manuel Pérez Bouza, coordinador en Ourense de Compromiso X Galicia

4 Letras Galegas na Biblioteca de Verín

4 Gala MúsicoLiteraria en Verín A proxección dun audiovisual, unha charla sobre a vida e a obra de Roberto Vidal Bolaño, e unha gala músico-literaria serán os actos que se celebren en Verín con motivo do Día das Letras Galegas. O mércores día 15 ás 19.30 horas, proxectarase na Casa da Cultura “Un chapeu negro e un nariz de pallaso. Tras os pasos de Roberto Vidal Bolaño”. A exhibición do audiovisual de Gonzalo Enríquez Veloso sobre o autor homenaxeado no Día das Letras Galegas 2013 compleméntase cunha charla sobre o galardoado de Montse Pena Presas. O venres 17 de maio, Día das Letras Galegas, ás 19 horas, celebrarase na Casa da Cultura de Verín a Gala Músico-Literaria das Letras Galegas, con recitado dos poemas gañadores do Certame de Poesía Xosé Carlos Caneiro Pérez, lectura dos traballos gañadores do Certame de Relato Curto Antonio Fernández Pérez e actuacións de música galega do Conxunto Instrumental do Conservatorio Elemental de Música de Verín. Tanto no Certame de Relato Curto Antonio Fernández Pérez como no Certame de Poesía Xosé Carlos Caneiro Pérez participaron este ano seis centros radicados na comarca de Verín. Os autores dos traballos finalistas reciben un lote de libros e os clasificados en primeiro, segundo e terceiro lugar, premios en metálico.


26

BARRIOS Maio de 2013

CLASIFICADOS /SERVIZOS

Edita: Letras a la Carta S.L. CIF: B-32.323.925. Depósito Legal: OU 185-2006 - OU 186-2006 - OU 77-2012. Redacción: r/ Valle Inclán 25 2º Of. 15 - 32004 Ourense. Tel: 988 239 634 - 988 549 717. Correo-e: info@ourenseporbarrios.com. Distribúe: Orixe. Imprime: Publicaciones Tameiga. Directora: Paula Lodeiro. Director comercial: Miguel Rejo. Redacción: Paula Lodeiro, Ramsés Torres, Óscar Blanco. Fotografía: Ramsés Torres, Paula Lodeiro, Óscar Blanco. Colaboracións: Joao Damiao, Borys Martínez, Miguel A. Prieto Sotelo, X.M. Pérez Bouza, S.N., Andrés Diz Nº78 / 14- Ano: VIII - Maio 2013 - Difusión: 16.000 exemplares (Ed. Xinzo de Limia: 4.900, Ed. Verín: 7.100, Ed. Allariz-Celanova: 4.000) Impreso en papel 100% reciclado. A opinión do periódico exprésase só no editorial, os artigos e cartas ao director expoñen posturas persoais. Este periódico non pode ser reproducido nin total nin parcialmente, sen autorización previa da empresa editora Letras a la Carta S.L. Se ten algún problema co reparto, pregámoslle que nolo comunique no teléfono 988 239 634.

4CLASIFICADOS

ALUGUER/VENDA Alugo apartamento en Montalvo de 1 e 2 cuartos, con xardín e barbacoa, para fins de semana, semanas e quincenas. tel. 607 27 19 16. Vendo apartamento de 2 habitacións en Vigo, fronte á praia. Tel. 636 422 497. Vendo apartamento con garaxe na praia de Patos, Nigrán. tel. 679 04 06 04. Alugo casa a 1 km de Allariz. Bo prezo. Tel 686 540 087 Alugo piso grande e novo en Xinzo, tel. 671 033 606. Urxe venda chalet a estrear na Lanzada (a 400 m da praia). Informes 655 484 373. Alugo piso na rúa San Rosendo (Ourense), 3 dormitorios, salón, baño e cociña. Sen mobles. Ascensor. Prezo: 290 euros / mes. Tel: 617 409 330.

Vendo piso en Xinzo, amplo, 3 habitacións (unha amoblada xuvenil), 2 baños, salón, cociña completamente amoblada, fío musical, halóxenos, praza de garaxe, con amplo trasteiro que se pode unir. Bo prezo. Tel. 626 994 176. Alúgase piso amoblado no Grove. Para vacacións ou descanso temporal. Bo prezo: Tel: 600 569 733. Alugo apartamento en 1º piso, zona San Francisco, Ourense. 2 dormitorios. 1 baño. Céntrico e moi luminoso. En bo estado. Tel. 670 457 025. Alugo piso novo no Couto, Ourense. 3 habitacións, salón, cociña amoblada, dous baños, e garaxe pechado e amplio. Tel: 988 22 21 79 (chamar polas tardes). Vendo ou alugo precioso apartamento en zona residencial e de ocio da Valenzá. 2 habitacións, 2 baños amoblados, cociña independente equipada, praza de garaxe e adega. Prezos interesantes. Tlf. 600 150 578 e pmlges@outlook. com. Alugo apartamento na Ponte (Ourense). 2 habitacións, salón, cociña equipada e 2 baños. Armarios en habitacións e baños.Calefacción e auga quente central con contador individual. Ampla praza de garaxe e adega. 400 euros/mes (negociables) máis 60 de comunidade.Tel. 617 218 883 (José Luis) Absterse inmobiliarias. Vendo finca edificable en Rante, tel. 699 36 22 87. Alúgase piso con terraza en Albufereta, Alicante, para os meses de verán. Tel. 666 08 06 65

VENDAS

Vendo bolso Guru 30 euros. Tel. 676 928 138. Vendo botas nº 40, 12 euros. Tel. 647 272 198. Vendo radiador de ferro lacado en branco, como novo. Tel. 988 28 00 26. Vendo estanterías de almacén 1x0,70 e caixa forte 59x49, bo estado e bo prezo. Tel. 988 47 08 55 Vendo Suzuki 4x4. Económico. Tel.: 671 103 243 / 674 561 230. Vendo bicicleta 150 euros, telf

647 272 198. Vendo Nokia n70 de Vodafone, 30 euros, telf 676 928 138. Vendo leña de carballo. Tel.: 656 940 550. Vendo vestido de noiva seminovo por 600 euros. Tel. 988 25 59 63 Vendo traxe de comuñón, 200 euros. Tel. 988 25 59 63 Vendo quentador de auga eléctrico 50 l, 150 euros. Tel. 988 25 59 63 Vendo vestido de noiva, modelo Donaire da colección Glamour 2013 de Pronovias, talla 34. Con cancán, veo, cinturón e funda. Tel: 607 905 215. Vendo discos de vinilo. Tel. 698 174 374 Vendo un ordenador de sobremesa Dell, con Oficce 2010. Seminovo. Tel. 627 628 139 Vendo carro de vacas de madeira e rodas de ferro en bo estado de conservación. Ideal para decoración de xardín. Tel. 988 407 735 Vendo BMW 320, 135cv, 1999, gris plata, EE, AC, CC, teito solar, llantas orixinais, recén pintado, motor novo,impecable. Carlos, tel. 627 640 657. Vendo culata BMW 320D e46, bo prezo. Carlos, tel. 627 640 657. Vendo vestido de comuñón nena talla 14 Pili Carrera. Tel 646 891 592. Fotógrafo vende equipo de estudio (2 flashes grandes + trípode) e cámara analóxica Nikon antiga, todo por xunto ou por separado, bo prezo. E ofrezo clientela a fotógrafos que estean empezando. Tel. 663 396 363. Véndense mobles de perruquería seminovos por mil euros. Tel. 988 25 59 63. Vendo leña de carballo. Telf.630 521 448.

EMPREGO

Desbrózanse fincas e fanse portes. Tel.: 656 940 550. Nai e filla con título de auxiliar de enfermería buscan traballo en Celanova, Allariz ou Ourense, en coidado de persoas maiores ou nenos, fogar ou residencia. Dispoñibilidade horaria e con carné de conducir. Tel. 662 91 76 51. Ofrécese persoa para coidar persoas maiores e rapaces.Tamén de noite. mign@live.com.Tel: 697 865 710. Ofrécese señora de 50 anos responsable para traballar por horas ou todo o día en Xinzo e comarca, coidando persoas maiores, nenos, limpeza de fogar, escaleiras ou bares. Tel. 625 40 30 49. Faise terapia de Reiki. Prezo eco-

4TELÉFONOS DE INTERESE Comarca de Monterrei Concello de Verín Concello de Monterrei Concello de Oimbra Concello de Vilardevós Concello de Riós Concello de Castrelo de Val Concello de Laza Concello de Cualedro Comisaría de Policía Verín Policía Local Verín Bombeiro Verín Garda Civil Protección Civil Estación de autobuses Taxis - Parada Hospital Taxis - Parada Estación Autobuses Taxis - Parada Praza Merced Taxis - Parada Praza do Concello Ambulatorio Urxencias Ambulatorio Cita previa Hospital de Verín Cruz Vermella Correos e Telégrafos Rexistro Civil de Verín Rexistro da Propiedade Oficina de emprego Oficina da Seguridade Social Servizos Sociais Verín Cáritas Parroquial IES nº1 de Verín IES García Barbón I. Bacharelato X. Taboada Chivite CEIP Amaro Refoxo CEIP Princesa de España Comarca de A Limia Concello de Xinzo Concello de Porqueira Concello de Calvos de Randín Concello de Baltar Concello de Os Blancos Concello de Trasmiras Concello de Sarreaus Concello de Vilar de Barrio Concello de Sandiás Concello de Vilar de Santos Concello de Rairiz de Veiga Policía Local Xinzo Garda Civil Estación de autobuses Centro de saúde Xinzo Punto Atención Continuada Rexistro civil de Xinzo Rexistro da Propiedade Taxis - Parada nómico, con titulación. Tel.609 039 225. Desbrózanse fincas con tractor ou a man. Telf.630 521 448. Ségase herba con segadora de man, con desprazamento a calquera parte, económico. Tel. 630 521 448. Ofrécese señora para tarefas de limpeza ou coidado de persoas maiores, dispoñible tamén polas noites. En Xinzo. Tel. 603 87 48 81.

[Se eres un particular, publica os teus anuncios clasificados gratis no 988 239 634 ou en info@ ourenseporbarrios.com]

988 410 001 988 418 002 988 426 160 988 417 004 988 425 032 988 419 002 988 422 002 988 424 004 988 414 123 988 411 612 988 412 121 988 410 005 988 412 121 988 413 516 988 414 342 988 411 812 988 410 385 988 411 113 988 410 800 988 413 460 988 413 636 988 411 600 988 411 038 988 410 387 988 410 737 988 410 703 988 410 253 988 414 776 988 410 679 988 411 212 988 410 379 988 410 041 988 411 425 988 410 128 988 550 111 988 466 102 988 434 000 988 466 503 988 467 506 988 445 000 988 454 002 988 449 001 988 465 001 988 465 883 988 465 552 988 462 425 988 462 361 988 460 309 988 462 200 988 462 456 988 46 0 188 988 460 209 988 460 258

Oficina de emprego Oficina da Seguridade Social Xulgado de 1ª Instancia Servizos Sociais Xinzo Cáritas Parroquial IES Lagoa de Antela IES Cidade de Antioquía CEIP Rosalía de Castro CEIP Carlos Casares Gardería Municipal Oficina Agraria Comarcal da Limia Comarca de Allariz-Maceda Concello de Allariz Concello de Baños de Molgas Concello de Maceda Concello de Paderne de Allariz Concello de Xunqueira de Ambía Concello de Xunqueira de Espadañedo Policía Local Allariz Garda Civil Allariz Centro de Saúde de Allariz Centro de Saúde de Baños de Molgas Centro de Saúde de Maceda Policia Local Maceda Garda Civil Maceda Parada taxis Maceda CEIP Padre Feixoo IES Allariz Gardería municipal Allariz Servicio Municipal de Augas Allariz Xulgado de Paz Allariz Comarca de Terras de Celanova Concello de Celanova Concello da Bola Concello de Cartelle Concello de Gomesende Concello da Merca Concello de Padrenda Concello de Pontedeva Concello de Quintela de Leirado Concello de Ramirás Concello de Verea Policía Local Celanova Centro de Saúde de Celanova IES Celanova CEIP Curros Enríquez Oficina Seguridade Social Celanova Xulgado 1ª Instancia Celanova Urxencias Sanitarias Cita previa Servizo Galego Saúde Teléfono maltratadas ITV Protección Civil Incendios forestais Fenosa (averías)

988 460 375 988 462 951 988 462 364 988 550 111 988 460 222 988 462 454 988 461 271 988 460 480 988 460 507 988 461 049 988 460 024 988 440 001 988 430 000 988 463 001 988 293 000 988 436 006 988 291 001 988 440 000 988 440 031 988 440 958 988 430 331 988 463 370 696 511 038 988 463 084 988 463 204 988 440 825 988 440 036 988 440 219 988 440 004 988 440 704 988 431 481 988 433 768 988 491 111 988 485 000 988 260 000 988 494 783 988 495 005 988 493 500 988 491 523 988 430 600 988 431 806 988 451 736 988 431 290 988 431 725 988 553 055 988 431 482 061 902 077 333 016 902 309 000 112 085 988 222 222


OCIO E CULTURA / ARTIGOS

4HISTORIAS DE MONTERREI

A muralla de Verín Na nosa comarca, o castelo de Monterrei parece exercer coma un faro que nos atrae e nos ilumina. El danos a benvida cando volvemos dunha lonxana viaxe, axúdanos a orientarnos se saímos a dar unha camiñata e se temos invitados de fóra é o primeiro (e case se pode dicir que o único sitio) que lle queremos ensinar. Pero posiblemente sexa a luz deste faro a que nos cegue e non nos deixe ver algunhas cousas que estando máis próximas pásannos desapercibidas. Por iso, hoxe quero falar da muralla de Verín. Unha muralla que nos seus días serviu tanto de defensa da vila como de motivo de orgullo dos seus veciños, e que hoxe, non é máis que un esmorecente recordo sustentando nun ruinosos baluarte que inda sobrevive á beira do río. A construción da muralla crese que se iniciou contra o ano 1646 con motivo da guerra de restauración portuguesa, e aínda que esta data non é segura, o que si é seguro é que entre mediados do S. XVII e principios do S. XVIII Verín quedou completamente amurallado. Esta

muralla verinesa contaba cun diámetro aproximado de dous quilómetros e once baluartes como o que hoxe podemos atopar entre o río e a Rúa Elle. As súas medidas aproximadas serían de 0.80 metros de grosor por 4.80 metros de altura. O número de portas coas que contaba a muralla non se sabe a ciencia certa, pero as miñas investigacións lévanme a pensar que contaría con catro portas: unha en dirección a Laza por Vilela, unha segunda cara ao barrio de S. Lázaro, outra polo camiño que levaba a Chaves e finalmente as chamadas “Portas de Madrid” que se situaban no que hoxe é o cruce da Avenida de Laza coa Rúa Rosalía de Castro. O fin desta muralla ten unha data concreta, o 8 de maio de 1849, este foi o día no que tivo lugar a subasta da pedra e o terreo de toda a muralla, terminando así coa defensa que nos protexera durante máis de dous séculos da nosa historia. Andrés Diz D, historiamonterrei.blogspot.com.es

Baluarte da rúa Elle ao carón do río Támega.

BARRIOS Maio de 2013

27

Festa do Boi

4AXENDA

Convocados os concursos de trobadores e sobremesas

Exposicións - Ata o 4 de xuño - Ilustracións de Iria Prol - Taberna Acevedo - Xunqueira de Ambía Cine - 16 de maio - “Los amantes habituales” 22:15 h - Casa da Cultura de Verín - 23 de maio - “Brutos, sucios y malos” - 22:15 h - Casa da Cultura de Verín - 30 de maio - “El proceso” - 22:15 h - Casa da Cultura de Verín Música - 15 de maio - Concerto de Damián Cairo, guitarra clásica - 20:30 h - Fundación Vicente Risco - Allariz - 16 de maio - Concerto de María do Ceo - 20:30 h Casa da Cultura de Xinzo - 17 de maio - Concerto de Terra Morena - 20 h - Fundación Vicente Risco - Allariz - 17 de maio - Concerto da cantautora Palito 00:30 h- Taberna Acevedo - Xunqueira de Ambía - 21 de maio - Audición de trompeta e piano -19:30 h - Casa da Cultura Verín - 24 de maio - Conceto de MounQup - 00:30 h - Taberna Acevedo - Xunqueira de Ambía - 1 de xuño - Dúo Fdez. e Quintá - 20:30 h. - Auditorio Ilduara Celanova Espectáculos - 15 de maio - Títeres: “Touporroutou da lúa e do sol”, adaptación de RVB - 18:30 h. - Fundación Vicente Risco - Allariz - 18 de maio - Algaravía e AOFT Gomes Mouro: “As músicas das nosas letras” - 20 h - Praza Maior de Allariz - 19 de maio - Guiñol: “El atracón del dragón” - 18 h - Taberna Acevedo - Xunqueira de Ambía Outros - 24 de maio - Presentación do libro “Iria” de Anxo Angueira - 20:30 h - Fundación Vicente Risco - 14 e 15 de xuño - VII Festival “Baila conmigo” - Celanova www.mundourense.com

4 Fallaranse durante a procesión medieval de Xan de Arzúa, o domingo 26 de maio. Redacción Do 25 de maio ao 2 de xuño celébrase en Allariz a Festa do Boi, organizada pola asociación cultural Xan de Arzúa, que vén de convocar o IV Concurso de Sobremesas do Boi e o III Recital de Trobadores. Ambos os dous certames están abertos á participación de todos os gremios que integran a procesión medieval de Xan de Arzúa, que se celebrará o domingo 26 de maio, a partir das 12 horas. Ao seu remate e como colofón ao xantar medieval, terá lugar a presentación e avaliación das sobremesas. Neste ano 2013 proponse como ingrediente imprescindible o chocolate, un produto de gran tradición en Allariz. O xu-

rado avaliará a sobremesa en si e tamén a presentación que cada gremio faga da súa creación reposteira. No mesmo acto terá lugar o espectáculo do III Recital de Trobadores. Cada gremio interpretará unha coreografía, montada sobre unha música orixinal ou adaptada, confeccionando unha letra ‘ad hoc’. O xantar medieval celebrarase no Campo da Barreira e disporá, como é habitual, de dous recintos: un para os gremios e os convidados que acudan vestidos acorde á época medieval e outro para o resto do público. Haberá postos de polbo á feira e churrasco. Carreiras diarias Durante a semana que dura a Festa do Boi, están previstas carreiras do

Carreira do boi en Allariz, o ano pasado./ARQUIVO. boi diarias (en horario de mañá e tarde), á parte de pasarrúas, espectáculos infantís e verbena. [Programa completo en www.festadoboi.com]

4DESDE O OUTRO LADO DA RAIA

Tres épocas de democracia exemplar Chegou a hora de dicir basta! Os nosos insignes políticos continúan a ser pagados polos impostos dos contribuíntes e deberían estar a facer o traballo para o cal foron elixidos. Mais, infelizmente, pasan a maior parte do tempo a tentaren reelixirse e non a desempeñaren o papel para o cal lle pagan. Sabía que, a maioría dos asistentes que traballan cos políticos son pagados por nós e non pasan de conselleiros políticos? Isto significa que o diñeiro dos seus impostos son para pagar a quen traballa para os políticos co único obxectivo, non

axudar a cumprir a súa función, mais para os reelixiren. A maior parte do día dun político é cuberta coa preocupación de asegurar a súa reelección e ver como conseguir diñeiro dos grupos de interese e das grandes empresas, non é a desempeñar a función para a que foi designado e para a cal lle pagan. Cando eliximos os políticos, debiamos esixirlles que desempeñasen a función para a que son pagados, para a cal foron nomeados, que é protexer os seus cidadáns/electores. Os políticos deberían traballar para os electores e non para os chamados grupos de inte-

rese ou para as grandes empresas, que van proliferando e ninguén pregunta, quen os fundou, onde van buscar o diñeiro, cales son os salarios e regalías dos seus administradores e directores. A nosa Constitución di ‘nós, o pobo’ e non di ‘nós, as empresas’... E lamentabelmente, as grandes empresas continúan a controlar os nosos brillantes políticos. Por iso, estes feitos teñen que ser denunciados e colocarmos, dunha vez por todas, un punto final neste tipo de política. Podemos mudar todo isto e debemos facelo! João Damião


28

BARRIOS Maio de 2013

especial LETRAS GALEGAS

Por primeira vez, a Real Academia Galega decidiu dedicar a celebración a un autor enteiramente entregado ao teatro

Roberto Vidal Bolaño, homenaxeado no Día das Letras Galegas 2013 Para contribuír a difundir a súa obra e favorecer a participación cidadá na celebración do 17 de maio, a Xunta de Galicia propón ao longo deste ano múltiples actividades Por vez primeira, a Real Academia Galega decidiu dedicarlle en 2013 o Día das Letras Galegas a un autor enteiramente entregado ao teatro: Roberto Vidal Bolaño. Para contribuír a difundir a súa obra e favorecer a participación cidadá na celebración do 17 de maio, a Xunta de Galicia propón ao longo deste ano múltiples actividades. Espectáculos teatrais, novas edicións, concursos escolares e exposicións son algunhas das propostas que teñen a obra e a figura de Vidal Bolaño como protagonistas. Un referente do teatro galego Roberto Vidal Bolaño (Santiago de Compostela, 1950 – 2002) é unha figura imprescindible para comprender a dimensión do teatro galego. O dramaturgo compostelán, que vi-

viu pegado aos escenarios, consagrou a súa vida profesional á práctica escénica en galego e a unha extensa creación literaria centrada no xénero dramático. ‘O xogadeiro’, a súa primeira peza teatral, marca o inicio dunha traxectoria da que xurdirán unha manchea de obras desde o seu papel de dramaturgo, de director e tamén de actor. Nesa dedicación ao teatro, a súa paixón polo cine tamén estará sempre presente e levarao a participar en diversas producións audiovisuais, como guionista e, sobre todo, como actor. ‘Días sen gloria’ (1992), Premio Rafael Dieste e finalista do Premio Nacional de Literatura; ‘Rastros’, estreada en 1998; ‘Doentes’, Premio Rafael Dieste en 1997; ‘Anxeliños’ (1997), ‘Criaturas’ (2000), ‘A burla do galo’ (2000) e ‘Mar

revolto’ (2001) son só algúns exemplos do prolífico labor desenvolvido por RVB, que o converte nun referente indiscutible do teatro galego. Propostas para se achegar á obra de RVB A escena, o espazo natural de Vidal Bolaño, é a protagonista da programación que a Xunta de Galicia lle dedica ao autor. Durante o 2013, máis de 100 representacións teatrais levarán a obra do dramaturgo ás principais vilas e cidades de Galicia. Así, por primeira vez, o Centro Dramático Galego dedicará toda a súa actividade anual de 2013 á obra deste autor, cun cobizoso programa no que integra tamén a colaboración con compañías privadas: ‘Días sen gloria’, producida polo Centro Dramático Galego (CDG); ‘Criaturas’, de Teatro do Aquí e coproducida polo CDG; e ‘BailadELAS. Seis mulleres bolañesas’, de Teatro Antroido e tamén coproducida polo CDG. Ademais, o CDG tamén pon en marcha en homenaxe ao dramaturgo compostelán o Premio Roberto Vidal Bolaño ao Espectador. ‘Touporrouto da lúa e do sol’, de Teatro do Noroeste e a Escola Superior de Arte Dramática de Galicia é a proposta teatral para os máis novos, mentres que o ámbito do teatro universitario participará nas celebracións do 17 de maio coa representación das pezas ‘Animaliños’, ‘A burla do galo’ e o espectáculo ‘ Vi -

dal Bolaño 2013’. Vidal Bolaño en pantalla Entre a programación para achegarse á obra de Vidal Bolaño a través das gravacións das súas representacións históricas inclúese o ciclo ‘Vidal Bolaño recuperado: citas audiovisuais’ e a proxección do filme ‘Doentes’, de Gustavo Balza, sobre o texto homónimo de Vidal Bolaño. Exposición itinerante De maio a decembro percorrerá Galicia unha exposición itinerante para difundir a obra de Vidal Bolaño, con parada en Ourense. A mostra, desenvolvida pola Asociación Roberto Vidal Bolaño coa colaboración da Secretaría Xeral de Cultura e da Secretaría Xeral de Política Lingüística, ofrece unha panorámica da extensa obra do dramaturgo a través das imaxes dos seus espectáculos, dos seus personaxes e dos seus textos. Novas edicións Este ano tamén verán a luz edicións especiais como ‘Un chapeu negro e un nariz vermello’, da Editorial Galaxia. Edicións Positivas publicará as ‘Obras completas’ do dramaturgo e o texto dramático ‘Doentes’. Ademais, a colección Cadernos Ramón Piñeiro dedicaralle un número á andaina creativa de RVB. Actividades nas bibliotecas de Galicia A Biblioteca de Galicia e as bibliotecas nodais súmanse á celebración do Día das Letras Galegas con diversas actividades ao longo do mes de maio. A Cidade da Cultura propón unha intervención de Manuel

Manquiña sobre textos do dramaturgo, mentres que as bibliotecas nodais, entre elas a de Ourense, ofrecen actividades para todos os públicos (exposicións bibliográficas, guías de lectura, obradoiros etc.) Centros de ensino Vidal Bolaño tamén está presente nos centros de ensino a través de diversas iniciativas. Un concursoexposición de carteis, actividades promovidas polos equipos de dinamización da lingua galega, actos diversos en 38 universidades de fóra de Galicia, unha aplicación no espazo Abalar para saber máis sobre a obra de RVB e unha unidade diáctica sobre ‘Días sen gloria’ son algunhas das propostas que chegarán ao ámbito educativo. Actos oficiais Rianxo e Santiago de Compostela acollerán os actos oficiais da celebración das Letras Galegas. O día 15, na vila coruñesa de Rianxo terá lugar a entrega do premio do ConcursoExposición Letras Galegas 2013 na modalidade de infantil e primaria ao CEIP Alfonso Daniel Rodríguez Castelao desta localidade. Nesa mesma xornada, celebraranse os actos institucionais das Letras Galegas 2013 da Xunta e do Consello da Cultura Galega, mentres que para o propio día 17 resérvanse os actos organizados polo Concello de Santiago de Compostela e a Real Academia Galega.

Mostra polo 150ª aniversario de ‘Cantares Gallegos’ Con motivo dos 150 anos da primeira edición de Cantares Gallegos, a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria programa ata xuño na Biblioteca de Galicia, na Cidade da Cultura de Santiago de Compostela, unha exposición centrada no poemario de Rosalía de Castro. ‘Rosalía de Castro. 150º aniversario de Cantares Gallegos’ é o título da mostra coa que a Secretaría Xeral de Cultura “difunde a historia destes versos emblemáticos e pon de relevo a súa autora como bandeira da literatura galega”. A través dela proponse un percorrido pola evolución da obra a través das súas edicións desde 1863 ata a actualidade, de traducións, de propostas críticas, de versións musicais e de diverso material efémero que permiten mergullarse nos seus versos e nas circunstancias que os rodearon nos seus 150 anos de existencia. O material que conforma a exposición procede dos fondos da Biblioteca de Galicia e da colección particular de Guillermo Escrigas, do Consello da Cultura Galega, o Parlamento de Galicia, o Centro Galego de Artes da Imaxe ou a Universidade de Santiago de Compostela.

Espectáculos teatrais, novas edicións, concursos escolares e exposicións son algunhas das propostas que teñen a obra e a figura de Vidal Bolaño como protagonistas


PUBLICIDADE

BARRIOS Maio de 2013

29


30

BARRIOS Maio de 2013

IMAXES DO MES

“Puertas de Galicia” , no Festival da Máscara Ibérica de Lisboa

Escolares de Allariz celebran os Maios

As comarcas de Monterrei e Conso-Frieiras estiveron presentes no oitavo festival da Máscara Ibérica celebrado do 9 ao 12 de maio en Lisboa. O Plan de Competividade Turística “Puertas de Galicia” contou cunha caseta propia na praza do Rossio, na que se entregou material promocional do territorio, realizáronse degustacións de sobremesas como bica de Laza, montonico de Vilariño e Torta do Cigarrón de Verín, e de viños da Denominación de Orixe Monterrei, que tiveron unha gran aceptación. O Festival Internacional da Máscara Ibérica está recoñecido como un evento de interese turístico internacional, e nel promóvense os territorios da Península Ibérica que teñen festas nas que as máscaras son o elemento principal. Nesta ocasión, o entroido das comarcas de Verín e Conso-Frieiras estivo representado polos cigarróns de Verín, os vellarróns de Riós, boteiros e un folión de Viana do Bolo.

Alumnado do CEIP Padre Feijoo e do instituto de Allariz participou o pasado 3 de maio na celebración dos Maios desta localidade. Os escolares achegáronse durante a mañá ao Campo da Barreira, onde presentaron ao resto de estudantes e aos alaricanos que por alí pasaron os seus “maios” . O traslado das súas “creacións” á praza Maior descartouse pola gran afluencia de xente, así que alí mesmo cantaron as súas coplas e agardaron polo veredicto do xurado. Entre a media ducia de esculturas presentadas, todas elas elaboradas con elementos naturais como brión, xestas ou flores, había referencias locais como o cruceiro ou a ponte de Vilanova. A celebración estivo amenizada polo Grupo de Gaitas do Centro Sociocomunitario de Xinzo e polos integrantes da escola municipal de Danza de Allariz.

Charla sobre a pataca no CEIP Carlos Casares Dentro das actividades de promoción e información que o Consello Regulador da IXP Pataca de Galicia ten programadas para este ano 2013, comezaron as charlas informativas no CEIP Carlos Casares de Xinzo de Limia. Unha actividade que consistiu en charlas informais aos 300 alumnos deste centro educativo, divididos en distintos grupos de idades comprendidas entre 6 e 12 anos, cunha duración aproximada de 30 minutos, e impartidas polo técnico do Consello Regulador, Jose Antonio Chao Fernández. A intención do Consello Regulador é levar estas charlas a todos os colexios ubicados nas zonas de produción da pataca. O obxectivo desta actividade consiste en dar a coñecer aos nenos diversos aspectos sobre a historia, produción e consumo da pataca, así como a divulgación das características diferenciadoras da “Pataca de Galicia”. En tanto que se trata dunha charla informal e aberta, deuse a oportunidade de intervir aos rapaces, tratando de resolver as súas dubida e inquedanzas, e incidindo mais nos temas nos cales mostraron un maior interese como a orixe e historia da pataca, o seu ciclo vexetativo e como se reproducen. Outros aspectos que se abordaron foron as distintas especies de pataca, tipos e razas, así como as características que definen á Pataca de Galicia. Ao remate os cativos levaron un libro dos Bolechas e unhas bolsas de patacas fritidas, así como trípticos informativos.


PUBLICIDADE

BARRIOS Maio de 2013

31


BARRIOS Maio de 2013


“Puertas de Galicia” promociona a súa oferta enogastronómica en Madrid e Lisboa VERÍN

Páx.2

Concello e Cámara renovan o convenio da Antena Local

VERÍN

Páx.3

A D.O. Monterrei segue coa promoción dos seus viños

[páx. 3 e 30]

Páx.5

PROVINCIA Páx.20

DEPORTES Páx.22

Reclaman un plan de actuación integral para o río Támega

Avances nas obras do AVE, coa perforación do túnel de Vilavella

O Peugeot 3008 Hibrid 4, triunfador no Rali Ecolóxico

COMARCA

Andaina solidaria en Verín Nesta ruta de 5 quilómetros por Verín participaron máis de 300 persoas.

Número: 78- Ano:VIII - Maio 2013- Depósito Legal: OU 186-2006 - Periódico mensual de distribución gratuíta www.mundourense.com - BARRIOS volve estar no seu buzón a mediados de xuño. Se quere anunciarse consulte no 685 800 190

[páx.24]


BARRIOS Maio de 2013


Daniel Fernández, protagonista dun vídeo sobre os perigos do alcol ao volante ALLARIZ

Páx.14 CELANOVA

Páx.18

PROVINCIA

Páx.20

O 4º Festival de A Deputación investirá Avanzan as obras do Xardíns inaugúrase o 85.000 euros este ano AVE, co remate do venres 17 de maio en Celanova viaduto de Arnoia

“Raigame” exalta a cultura galega

[páx.19]

DEPORTES Páx.23 500 inscritos xa na 16ª edición da Andaina de Allariz

OCIO

[páx. 17]

Páx.27

Concursos de trobadores e sobremesas na Festa do Boi

Celebración dos Maios en Allariz

[páx.30]

Os que se acheguen ata Vilanova dos Infantes poderán coñecer Os “maios” elaborados polos escolares instaláronse no Campo máis de preto os oficios tradicionais galegos./ARQUIVO. da Barreira /RAMSÉS.

Número: 14 - Ano: VIII - Maio 2013- Depósito Legal: OU 77-2012 - Periódico mensual de distribución gratuíta www.mundourense.com - BARRIOS volve estar no seu buzón a mediados de xuño. Se quere anunciarse consulte no 685 800 190


BARRIOS Maio de 2013


Maio 2013 - BXVAC