Issuu on Google+

Entrevista a Amadino Pereira, promotor da Cruz Vermella [páx.19] TEMA DO MES Páx.2

PROVINCIA Páx.6

XINZO

Páx.10

Informe do Observatorio Económico Ourensán

Adif adxudica a obra dun túnel entre Vilar de Barrio e Sarreaus

A corporación de Xinzo denuncia o convenio colectivo

PROVINCIA Páx.15

DEPORTES Páx.30

O Mercado da Biosfera de Allariz incorpora novidades

III Torneo de kickboxing na feira Megaxove

Deterioro ambiental da Limia

[páx.12]

Vertedoiro incotrolado en Vilar de Santos, nunha pista próxima ao canal da lagoa./RAMSÉS.

Número: 73 - Ano:VII - Decembro 2012 - Depósito Legal: OU 185-2006 - Periódico mensual de distribución gratuíta www.mundourense.com - BARRIOS volve estar no seu buzón a mediados de xaneiro. Se quere anunciarse consulte no 685 800 190




BARRIOS Decembro de 2012

TEMA DO MES

Conclusións do Observatorio Económico do Inorde

Ourense resiste mellor a crise que Galicia, menos no último ano

4 No balance positivo, a alta supervivencia empresarial; no negativo, que a segunda recesión da crise está a penalizar máis o emprego na provincia que no conxunto galego. P. Lodeiro A provincia de Ourense resiste mellor a crise que Galicia, pero o último ano foi peor aquí que no conxunto galego. Esta é a conclusión que se extrae do Observatorio Económico Ourensán, ferramenta de diagnose económica e laboral elaborada pola Deputación e o Inorde. Trátase dun informe que estuda o número de empresas, as afiliacións á Seguridade Social, o paro rexistrado e o comportamento do sector tecnolóxico na provincia, con datos desagregados por comarcas e municipios, e fixando tres puntos de observación: o comezo da crise (2008), fai un ano (2011) e na actualidade (2012). O profesor da Facultade de Ciencias Empresariais de Ourense, José María Chamorro, foi o encargado de detallar as conclusións do Observatorio. Na parte positiva, que os principais núcleos de poboación da provincia presentan menos efectos derivados da crise que as zonas rurais, e que o censo provincial de empresas se mantén desde o comezo da crise (cae só un 0,9%). Na parte negativa, que a segunda recesión (de 2011 a 2012) está a penalizar máis o emprego en Ourense que no conxunto da comunidade autónoma,

O informe do Observatorio Económico Ourensán foi presentado nun acto no Centro Cultural ao que acudiron, amais do presidente da Deputación, o presidente do Inorde, José Manuel Freire Couto, o xerente do Inorde, José Manuel Rodríguez, o subdelegado do Goberno, Roberto Castro, o deputado no Congreso Celso Delgado, xefes territoriais da Xunta, alcaldes da provincia, a maioría do PP, como os de Celanova, Monterrei, Oímbra, Trasmiras, Cualedro, Porqueira ou Cartelle, tamén o da capital, concelleiros populares, e representantes de Expourense, CEO ou Cámara de Comercio./P.LODEIRO. e que o sector tecnolóxico (chave no crecemento económico) sofre o descenso máis acusado das afiliacións. Con todo, a economía ourensá aínda asina a menor perda de afiliados e a menor subida do paro das catro provincias galegas. Datos por comarcas e municipios No que respecta a cada comarca, a de Monterrei foi unha das tres, xunto a Ourense e Terra de Trives, que conseguiu aumentar o seu número de unidades locais (empresas e centros de traballo) no período 20072011; fíxoo nun 1,9%.

Mentres, nas comarcas de Allariz-Maceda e A Limia só se produciron subas nas cabeceiras comarcais, e en canto a Terra de Celanova o dato é negativo (-7,7%). O censo de empresas aumentou durante a crise en 24 concellos, sendo Quintela de Leirado (16,7%) e Allariz (12,7%) dous dos máis destacados. En canto á redución de unidades locais, en Celanova caeu un 4,3%. Polo que atinxe á evolución das afiliacións á Seguridade Social, na comparativa 2008-2012, a única comarca ourensá que perdeu menos do 5%

de afiliación foi a de Verín (-4,7%); Allariz-Maceda presenta unha baixada suave (-5,1%), na Limia foi dun -8%, e o peor dato rexístrao Terra de Celanova (-12,7%). En canto a datos por municipios, Allariz (0,9%) foi un dos catro concellos ourensáns que conseguiu incrementar o número de afiliados desde o comezo da crise, mentres que en Quintela de Leirado as afiliacións caeron un 28,5%. No que se refire á evolución do paro rexistrado, en Allariz-Maceda o incremento do paro desde outubro de 2008 supera o 50%;

Fonte: Observatorio Económico Ourensán. na Limia é dun 43,1%, e nos mellores comportamentos están Verín cun 23,5% e Terra de Celanova cun 20,7%. No plano dos concellos, Vilar de Barrio presenta un dos mellores datos ao recortar o paro durante a crise nun 23,2%, matizando que en cifras absolutas as variacións foron mínimas (23 parados menos nesta localidade). No lado oposto, Paderne de Allariz, cun incremento do 72,9% do número de desempregados. Próximo informe, en seis

meses. Polo momento o Observatorio só diagnostica, pero está previsto que a través del se tomen decisións. Segundo adiantou o presidente provincial, Manuel Baltar, dentro de seis meses darase a coñecer unha nova actualización deste Observatorio, e para entón “será o momento de concretar as medidas de actuación”.

Ourense perde menos afiliacións que o resto de Galicia


VERÍN E COMARCA

BARRIOS Decembro de 2012



A comarca de Monterrei, contra o peche do Parador

4 Os traballadores do hotel levan recollidas máis de mil firmas para evitar o seu peche. P.L. A alarma saltaba en Verín e a súa comarca a primeiros de decembro: a dirección de Paradores plantexaba o peche definitivo de sete establecementos, un deles o de Verín, situado ao carón do castelo de Monterrei. Co peche iríanse á rúa os 15 traballadores da instalación, e perigarían outros 10 postos de traballo indirectos. O peche tamén afectará en Galicia ao Parador de Ferrol, e de maneira parcial aos de Santo Estevo, Monforte, Vilalba e Tui. Dirección e representantes sindicais comezaron xa a negociar un ERE que afecta en toda España a 644 traballadores, sen que a reunión deste 11 de decembro rematase en acordo. Segundo informaba o delegado de persoal do Parador de Verín, Ángel López, o único compromiso desta xuntanza foi fixar os días 18, 19 e 20 de decembro como novas datas para negociar o expediente de regulación de emprego. Coincidirán estes encontros coas vacacións dos empregados do establecemento hoteleiro, que como todos os anos, pecha por descanso durante mes e medio (desde o día 13). Aparte da folga de dúas xornadas durante os días 7 e 8 de decembro, os afectados están a recoller firmas de apoio para evitar o peche

Traballadores do Parador de Verín achéganlle ao conselleiro de Medio Ambiente e ao alcalde de Verín a súa problemática, o pasado venres 7 de decembro. /BORYS INTERFILM do Parador. De momento levan máis de mil. Diferentes apoios As firmas non son o único apoio que recibiron. Nos días seguintes a coñecerse o anuncio do peche do Parador de Verín, o Concello de Verín, os grupos políticos PSOE, BNG e CxG, e a Denominación de Orixe Monterreri non tardaron en mostrar a súa solidariedade cos traballadores afectados, así como en solicitarlle ás autoridades competentes unha solución alternativa. O partido socialista presentou unha proposición non de Lei na que insta ao Goberno galego a “defender diante do Goberno de España a continuidade da

oferta e dos servizos dos paradores de turismo radicados na Comunidade Autónoma, garantindo a continuidade dos traballadores e o papel promocional que representan estes establecementos na captación de turismo”, segundo declarou o parlamentario José Luis Méndez Romeu, portavoz de Turismo. Pola súa banda, o secretario provincial do PSdeG, Raúl Fernández, lembrou as politicas contradictorias do PP que, “mentras gasta 2,5 millóns de euros no Plan de Competitividade Turística Portas de Galicia nas Comarcas de Verín e Conso Frieiras aposta agora por pechar o buque insignia do turismo nesta zona”; e

a deputada nacional Laura Seara advertiu das consecuencias sociais e económicas dunha “decisión torpe, insolidaria e ineficaz” que afecta a 61 traballadores. Do mesmo xeito, o Bloque Nacionalista Galego non tardou en reclamarlle ao goberno autonómico unha alternativa a este peche. A deputada nacionalista Rosana Pérez reprocha á Xunta que “a primeira medida sexan peches e despedimentos en lugar de aprobar un Plan para impulsar a ocupación ou un programa atractivo para a clientela”. “O PP está demostrando que non sabe xestionar, só recortar”, conclúe. Así mesmo, os seus compañeiros de partido Leo-

poldo Rodríguez e Xaime Óscar Iglesias deputados do BNG na Deputación de Ourense, presentaron unha moción en defensa dos postos de traballo dos paradores galegos e en contra do peche, mediante a cal tamén solicitan unha solución alternativa que pase pola dinamización da oferta e na que reclaman que calquera plan que afecte aos paradores sexa negociado coas organizacións sindicais. Xosé Manuel Pérez Bouza, portavoz en Ourense de Compromiso por Galicia, tamén manifestou de inmediato o seu rexeitamento a esta determinación e pídelle á Xunta e aos alcaldes, “que utilicen a presión política para evitar estes peches antes de que se tome a decisión definitiva”. Considera que “hai argumentos de sobra para defender que o Parador de Verín debe seguir aberto, cando menos durante a tempada alta, e o de Santo Estevo durante todo o ano, e no caso de que non sexan rendibles, o que hai que facer é mellorar a súa xestión”. Pleno de Verín A corporación municipal de Verín reuniuse o 7 de decembro nun pleno extraordinario urxente co obxecto de apoiar aos traballadores do Parador de Monterrei, no que o rexedor foi claro: “desde o Concello de Verín

non só queremos amosar o noso apoio aos traballadores deste establecemento hostaleiro nas súas reivindicacións, senón tamén lograr que todas as forzas políticas do Concello se unan para pedir que non se peche o noso Parador de Turismo. E digo noso, porque non é nin de Verín nin de Monterrei, senón de toda a comarca”. E aclarou que “non podemos permitir que este establecemento desapareza pola culpa dunha mala xestión económica”. Así mesmo, a corporación municipal instou á Xunta “a que se faga un Plan que diagnostique as razóns dos actuais resultados económicos e que establezan medidas de acción que fagan viable o establecemento, como xa o foi anteriormente”. Este único punto do pleno foi aprobado por unanimidade de todas as forzas políticas. Dende o Consello Regulador da Denominación de Orixe Monterrei tamén manifestaron o seu rexeitamento ao peche do parador de Monterrei, o cal consideran “buque insignia do turismo da comarca e referencia obrigada na ruta do viño de Monterrei”.

Dirección e sindicatos volverán negociar o ERE os días 18, 19 e 20




BARRIOS Decembro de 2012

VERÍN E COMARCA

O PXOM de Verín acada a súa aprobación definitiva 4 Inclué a regulación para os vindeiros 12 anos. Redacción O conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández, a secretaria xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, Encarnación Rivas, e o alcalde de Verín, Juan Manuel Jiménez Morán veñen de asinar a orde da aprobación definitiva do Plan Xeral de Ordenación Municipal de Verín, que planifica o desenvolvemento urbanístico da localidade para os próximos 12 anos. A Xunta concedeu un total de 245.852 euros para a redacción do PXOM de Verín, o quinto da súa comarca

en aprobalo, logo de Laza, Castrelo do Val, Vilardevós e Cualedro. Mobilidade Dende o novo PXOM, dentro das estratexias para a mobilidade concíbense actuacións viarias a dous niveis: territorial, sendo prioritario o enlace A-52 coa A-75 e coa A-24 portuguesa; e a nivel urbán, que inclué a circunvalación sur e a ronda interior, que conectará institutos e equipamentos sanitarios. En canto ao transporte público, dende o PXOM proxéctase unha rede de transporte urbán común

entre Verín e Chaves. Así mesmo, a Estación de Autobuses pasará a estar situada próxima á circunvalación sur e á zona educativa e deportiva e ao centro urbán. Tamén se construirá un novo sistema de aparcadoiros para desconxestionar o centro da cidade; e unha rede integrada de bicicarrís que conecte os parques. Infraestruturas e espazos verdes Neste recén aprobado PXOM considérase estratéxica a mellora na integración urbana das infraestruturas eléctricas, de abastecemento e de sanea-

Momento da sinatura da aprobación do PXOM./BORYS INTERFILM

mento. Do mesmo xeito, estudouse a definición dun auténtico sistema de espazos libres que sexa capaz de potenciar corredores ecolóxicos e verdes, e montes urbanos e forestais. Outras actuacións No que atinxe aos parques empresariais, o PXOM recolle a ampliación do de Pazos e o desenvolvemento do proxecto sectorial de carácter supramunicipal de Tamagos, cunha superficie de 1.276.000 m2. Así mesmo, baralla a creación do centro de investigación turístico-termal, un museo arqueolóxico, a revalorización do Balneario de Caldeliñas, a creación dun Campus Universitario, establecemento de estudos superiores da UNED, e a ampliación da oferta na escola de idiomas e de formación profesional. No que respecta á capacidade residencial, o documento prevé un total de 15.846 vivendas, das que 6.479 serían de nova construción. A aprobación definitiva do PXOM de Verín chega logo de oito anos de tramitación, e vén substituír ás Normas subsidiarias de Planeamento de 1986.

Chaves e Verín presentan a súa nova marca turística 4 ‘A Eurocidade da Auga’. Redacción ‘A Eurocidade da Auga’ é a nova marca turística das localidades de Verín e Chaves e vai estar asentada en catro novos produtos: unha web de turismo, unha guía turística, un mapa do territorio e un mapa xeoreferenciado. Deste xeito, renóvase a web de turismo da Eurocidade (www.eurocidadechavesverin.eu), con acceso aos contidos principais en tres idiomas. Créase a primeira guía turística dunha Eurocidade en Europa con información práctica sobre o patrimonio históricoartístico, arqueolóxico, natural, etnográfico, museos, termas e balnearios, a enogastronomía, festas populares e as rutas de lecer. Editaranse 9.000 exemplares en papel, e estará dispoñible tamén en formato electrónico. O mapa turístico mostra o conxunto do territorio

da Eurocidade e os planos dos centros urbanos de Verín e Chaves. No mesmo recóllense os principais recursos turísticos para visitar, xa catalogados na guía turística. Editaranse outras 9.000 unidades e estará a disposición gratuíta dos visitantes nos postos de información turística, principais museos, centros de interpretación e servizos hostaleiros e de restauración que así o soliciten. Por último, créase un mapa interactivo xeoreferenciado que permite ao turista, a través dun só clic, consultar todos os recursos turísticos dos dous municipios. O mapa aloxarase na páxina web da Eurocidade e nunha segunda fase, poderá ser consultado a través de pantallas nos postos de turismo de Chaves e Verín.

Renóvase a web e edítanse novas guías turísticas e mapas conxuntos


PUBLICIDADE

BARRIOS Decembro de 2012






BARRIOS Decembro de 2012

VERÍN E COMARCA

Un bulldozer destrúe un petroglifo

EN BREVE

4 Un edil de Cualedro pásase a Compromiso Eduardo Carnero Fernández, ate o de agora portavoz do grupo municipal do BNG en Cualedro, tras deixar esta organización, presentou un escrito ante a secretaria municipal para informar da súa decisión de pasar ao grupo dos non adscritos, desde onde representará a Compromsio por Galicia. Según Carnero, a súa decisión responde a que “as súas ideas e a súa forma de entender a práctica política e a defensa do País, sintonizan moito máis co proxecto político de Compromiso por Galicia, que co que representa actualmente o BNG”. O edil afirma seguirá traballando en defensa dos intereses dos veciños de Cualedro.

4 Internet de calidade para Laza Preto de seiscentos veciños de Laza poderán acceder á Internet de calidade nos próximos días, tralo despregamento neste concello da tecnoloxía UMTS-3G por parte de Telefónica, dentro do Plan de Banda Larga da Xunta de Galicia. Os núcleos de poboación beneficiados son os de A Albergueria, Carraxo, O Castro, Soutelo Verde, Tamicelas, Vilamea, Cerdedelo, Matamá, e Arcucelos. En todos eles poderase acceder á Internet con velocidades de 7 megas. Telefónica subministraralles unha base wifi á que se poden conectar dispositivos como o ordenador, o móbil ou a tableta.

Redacción

Inicio da escavación do túnel de Cerdedelo, en Laza.

Adif inicia a escavación do túnel de Cerdedelo-Prado 4 O túnel da vía esquerda, de 8.518 metros de lonxitude, é un dos máis longos da liña. Redacción Adif iniciou a escavación do túnel de Cerdedelo-Prado, no termo municipal de Laza, pertencente á Liña de Alta Velocidade Madrid-Galicia. Este túnel compleméntase co do Corno (vía dereita), obxecto doutro contrato, cuxa escavación se iniciou o pasado mes de outubro. Ambos os tubos, un para cada vía, discorrerán paralelos e separados por unha distancia de 30 metros entre eixos. Así mesmo, construiranse varias galerías de comunicación entre ambos. O túnel de CerdedeloPrado terá unha lonxitude total de 8.518 m, dos cales 8.461 m serán escavados en mina (baixo terreo natural), mentres que en ambas as bocas prevíronse estruturas en túnel

artificial para mellorar a integración ambiental da obra. A escavación realízase seguindo o denominado “novo método austriaco”, en avances sucesivos de curta lonxitude (entre 1 e 4 m). As obras de plataforma do tramo Cerdedelo-Prado, de 8,9 km de lonxitude, supoñen un investimento de máis de 104 millóns de euros. Ademais deste túnel, o tramo inclúe dous viadutos paralelos de 246 m de lonxitude sobre o regato dos Portos. Adxudicación doutro túnel Con respecto ao tramo ourensán da liña que unirá Galicia coa Meseta, Adif vén de adxudicar o contrato de construción do túnel de Prado (vía esquerda), unha estrutura que discurre polos municipios de Vilar de

Barrio e Sarreaus. Son 7,6 km nos que se investirán 78,3 millóns de euros e que deberán estar construídos nun prazo de 33 meses. Con este contrato, xa se atopa adxudicada a construción de toda a plataforma entre Lubián e o acceso a Ourense, un tramo que totaliza ao redor de 83 km de lonxitude. Entre Olmedo (Valladolid) e a capital ourensá (324 km de traxecto) unicamente restan por entrar na denominada fase de obras os tramos de acceso á capital ourensá e o acondicionamento do túnel de Padornelo.

Adif adxudicou a construción do túnel de Prado entre Vilar de Barrio e Sarreaus

A Asociación Cultural Alto Támega de Laza denuncia a destrución recente do petroglifo “O Penedo das Grallas” no pobo do Navallo, parroquia de San Pedro de Castro de Laza e a afección a unha mina de ouro romana no límite entre as parroquias de Laza e Castro de Laza, por maquinaria pesada que traballaba nos cortalumes. “Consideramos esta afección á nosa cultura moi grave, os dous xacementos estaban sen catalogar porque foron recoñecidos recentemente pola Asociación Cultural, e aínda non nos dera tempo de comunicarlle a Pa-

trimonio a súa existencia”, indican nun comunicado. Na mina de ouro foi removida a terra de varias canles de condución de auga e parte dela quedou soterrada pola terra do cortalumes. A peor parte, indican desde a Asociación Cultural, levouna o petroglifo do Penedo das Grallas, que quedou practicamente destruído ao pasarlle por enriba un bulldozer. Este colectivo solicita “da administración competente e da sociedade en xeral unha maior sensibilización cara ao noso patrimonio irrepetible, e un control máis exhaustivo dos traballos con maquinaria pesada no monte, para que feitos coma este non se volvan repetir”.

Alertan sobre a perigosidade da circulación en Laza Redacción O grupo municipal do BNG de Laza alerta sobre a perigosidade da circulación a gran velocidade de vehículos pesados e turismos polas rúas do Concello de Laza. Segundo explican, levan observando “durante demasiado tempo, como os camións que transportan a madeira, os coches particulares, e agora tamén os camións das obras do AVE circulan a demasiada velocidade polas nosas rúas”. A estrada OU-113 sufre dende hai tempo e especialmente co inicio das

obras do AVE un elevadísimo tránsito de camións e turismos que non sempre respetan os límites de velocidade ao seu paso polos pobos do municipio. Por outra banda, as rúas do pobo de Laza co incremento do tráfico e a velocidade dalgúns coches estanse a converter en zonas pouco seguras para os transeúntes. O Bloque xa solicitara medidas para limitar a velocidade en agosto do ano pasado e novamente en marzo deste. Non foi ata o pleno de novembro cando o grupo de goberno presentou unha moción para dar solución a este problema.


VERÍN E COMARCA

Exitosa inauguración do programa “Kero-Kolo” 4 Participaron unha vintena de cativos acompañados polos seus pais. Redacción Un total de 20 menores, acompañados dos seus pais, participaron o pasado 20 de novembro na inauguración da iniciativa ‘Kero-kolo’, organizada polo departamento de Educación Familiar do Concello de Verín. Esta iniciativa, que se desenvolverá todos os martes ás 11.30 horas -na aula de psicomotricidade do Pavillón Municipal de Deportes-, busca converterse nun novo espazo de encontro entre pais e nenos, de dous a tres anos de idade, onde conxuntamente a familia e a persoa directora das sesións crearán un espazo encamiñado a relacionarse entre eles, para asentar as bases para unha sólida educación dos cativos e convivencia

Momento da xornada inaugural. con outros iguais. O obxectivo é dar vida a unha aula de convivencia que será a antesala de entrada ao centro educativo e a compartir experiencias cotiás. Xornada inaugural Na xornada inaugural desta iniciativa, que coincidiu co ‘Día Universal do Neno’, os cativos ela-

boraron gorros solidarios do personaxe de debuxos animados ‘Pocoyó’ e os coñecidos como ‘Cumpledías’ -debuxar os anos que levan vividos en días-. Ademais ao longo do programa todas as familias participantes deseñarán a mascota Keko, para que os nenos se sintan identificados con esta iniciativa dun xeito lúdico.

BARRIOS Decembro de 2012

Un seminario fomenta nos mozos as unións transfronteirizas Redacción A sede da Eurocidade Chaves-Verín acolleu do 20 ao 24 de novembro o seminario europeo ‘A participación xuvenil nas agrupacións transfronteirizas’. O obxectivo do mesmo era que unha vintena de representantes de colectivos galego-portugueses e líderes xuvenís de distintas agrupacións transfronteirizas europeas debatesen sobre as súas propias realidades e compartisen

as súas experiencias sobre participación xuvenil. Neste seminario, no que a lingua vehicular empregada foi o inglés, os participantes asistiron a actividades como: dinámica de grupos, coaching, recursos e ferramentas e exemplos de boas prácticas en participación xuvenil transfronteiriza, ademais de promover propostas para proxectos conxuntos e impulsar o emprego e carácter emprendedor xuvenil nas localidades transfronteirizas.

Os alcaldes de Verín e Chaves inauguraron o seminario.



Pecha sen aviso o banco de Albarellos Redacción

O responsabel local do BNG en Monterrei, Alberte Rodríguez, vén de denunciar “a falta de respecto” que a entidade Novagaliciabanco e o Concello están a trasladar os veciños ante a falta de información sobre o peche da sucursal bancaria sita en Albarellos. “Asistimos a un novo ataque contra o rural”, engadiu. Segundo o nacionalista, “un concello de 3000 habitantes, que carece de industria, comercio, trasporte público, etc, non se pode permitir a perda do servizo que presta a entidade bancaria. Xa que aínda que é privada, é a caixa dunha boa parte dos aforradores do concello”. Como consecuencia, dende o BNG reclaman ás autoridades que se posicionen do lado dos veciños e que sexan “máis firmes ante este novo ataque”.




BARRIOS Decembro de 2012

VERÍN E COMARCA

EN BREVE

4 Nacho Costoya, embaixador da DO Monterrei

Foto de grupo dos participantes no II Pleno Infantil en Verín, que visitaron a casa consistorial.

II Pleno Infantil en Verín 4 Participaron escolares do Amaro Refojo, do Apostólico Mercedario e do María Inmaculada. Redacción Preto de cen escolares do CEIP Amaro Refojo (6º de Primaria) e dos colexios Apostólico Mercedario (1º de ESO) e María Inmaculada (6º de Primaria) participaron na segunda edición do Pleno Infantil celebrado na Casa da Cultura de Verín, organizado polo de-

partamento de Educación Familiar e UNICEF. Durante a celebración desta sesión plenaria especial, que contou coa participación do rexedor municipal Juan Manuel Jiménez Morán, os participantes familiarizaronse coas regras do xogo democrático, e co uso da palabra como medio para canalizar a opinión de

cada un, co ánimo de fomentar a convivencia nas aulas e aprender as normas e a sistemática do debate. Propostas Trala benvida por parte de Jiménez Morán, presentouse ao novo alcalde infantil, Daniel Cid López, do centro Apostólico Mercedario. A continuación,

os pequenos concelleiros presentaron as súas propostas, como a creación dunha asociación para coñecer o número de nenos inmigrantes residentes na comarca, a existencia dun lugar de lecer para os menores discapacitados, eliminación das barreiras arquitectónicas nos edificios públicos, creación dunha sala de xogos tradicionais, dun carril-bici desde Verín a Chaves, e de pista de karts e bicicletas, que na súa maioría foron aprobadas por unanimidades dos tres colexios.

Nacho Costoya, campión de España de Xefes de Sala foi o encargado de representar ao noso país no Campionato mundial de Xefes de Sala, que se vén de celebrar en Xapón. “Canadá, Xapón, Francia, Eslovenia, Luxemburgo, Portugal e un longo etcétera de países e culturas que compartimos mesa, mantel e nerviosismo, todos cunha única meta: dignificar a profesión”, asegurou Costoya, quen xa leva varios anos como prescriptor dos viños do D.O. Monterrei, dos que no certame mundial destacaron a súa estrutura, elegancia e persistencia.

4 Presentación de guía de viños O Castelo de Monterrei acolleu a presentación da Guía dos Viños, Destilados e Adegas de Galicia,

á que acudiron numerosos adegueiros, catadores e membros da xunta directiva do Consello Regulador da Denominación de Orixe Monterrei. Durante o acto fíxose fincapé na importancia de que este libro se presentase na máis florecente das denominacións vitivinícolas galegas e no lugar que foi berce do establecemento da primeira imprenta de Galicia. A guía está editada por Servino e os seus editores, Luís Paadín e Pepe Lorenzo, acudiron á súa presentación en Monterrei.

4 Limitacións de velocidade en Castrelo do Val A estrada OU-113 que discurre entre de Castrelo do Val e Nocedo do Val ten dúas novas limitacións de velocidade en ambos núcleos de poboación. No casco urbano das dúas poboacións a velocidade do tráfico verase limitada a 50km/h.


PUBLICIDADE

BARRIOS Decembro de 2012




10

BARRIOS Decembro de 2012

XINZO E COMARCA

A corporación de Xinzo denuncia o convenio colectivo 4 É o paso previo para chegar a un novo acordo laboral cos empregados municipais. Paula Lodeiro A corporación municipal de Xinzo celebrou este mércores sesión plenaria extraordinaria cun único punto na orde do día: a denuncia do convenio colectivo. A aprobación deste punto, co voto favorable do PP e dos concelleiros Francisco Romero (APGA) e Teresa Puga (AIDAL), permitirá abrir un novo período de negociacións, de 12 meses, cos representantes sindicais para fixar un novo marco laboral no Concello de Xinzo. Ata o de agora mantí-

ñase vixente un convenio colectivo que databa de 1998 e que xa “caducara” en 2007. Un convenio que contiña, a xuízo do alcalde, varias cláusulas abusivas, que o seu goberno tivo “a valentía” de denunciar. Referíase Antonio Pérez ás cláusulas que permitían ao traballador despedido decidir entre reingresar na administración ou ser indemnizado; que no caso de baixas laborais acordaban “que calquera persoa cobrase o 100% desde o primeiro día ao último, por calquera motivo”; e que impedía a mobilidade dos traballado-

Pleno extraordinario en Xinzo o pasado 28 de novembro. /P. LODEIRO. res: “se teño un peón, poder utilizalo tanto na brigada de medio ambiente como na de obras”. “Estamos intentando poñer as bases para que goberne quen goberne teña un marxe de manobra para poder sacar isto (o Concello) adiante”, explicou o rexedor popular. Abstención de parte da oposición PSOE, BNG e o non adscrito Manuel Pérez Campos abstivéronse. Todos eles pediran ao grupo de goberno que na comisión negociadora cos sindicatos estiveran presentes todos os partidos políticos con re-

EN BREVE

4 Ampliación do polígono de Xinzo A Xunta de Galicia publiou o 20 de novembro no DOG a modificación puntual do proxecto sectorial do Parque Empresarial de Xinzo de Limia, que ten como obxectivo a súa execución por fases, de maneira que quedará dividido en cinco polígonos. A execución por polí-

gonos permitirá adaptarse á demanda real existente, ofrecendo o solo empresarial necesario aos empresarios da comarca. En total, a ampliación do parque empresarial terá unha superficie de 695.860 metros cadrados e un investimento de case 19 millóns de euros.

4 Conmemoración do 25-N O Concello de Xinzo de

Limia adiantou ao venres 23 de novembro a conmemoración do 25-N, Día Internacional da loita contra a violencia de xénero. Coa colaboración dos alumnos de 6º do colexio Rosalía de Castro, recordaron a todas as mulleres vítimas no ano 2012 no noso país, creando un lazo no chan da praza Maior. Para finalizar o acto, soltaron unha pomba como símbolo de liberdade.

presentación en Xinzo. Con esta medida garantiríase “a transparencia e que teñamos unha información de primeira man”, apuntaba o nacionalista Ramiro Suárez. O portavoz do Bloque tamén reclamou “unha actitude dialogante por todas as partes” de maneira que se poida chegar “a un acordo satisfactorio para traballadores e para veciños”. O alcalde non descartou a participación da oposición na mesa negociadora, dixo que o ía “valorar” pero recordando ao mesmo tempo que a quen lle compete gobernar o Concello de Xinzo neste momento é ao seu

partido. Os concelleiros non percibirán as dietas Desde a oposición Pérez Campos e Ramiro Suárez reprocháronlle ao PP que non levara a aprobación este asunto no anterior pleno ordinario, circunstancia que o rexedor xustificou en que “non estaba a documentación preparada” naquela data, para evitar pagar as dietas da sesión extraordinaria. Neste sentido, a

proposta do PP, os grupos políticos acordaron por unanimidade non cobrar estas cantidades e aforrarlle ao Concello uns 4.000 euros. Unha decisión que deberán ratificar na vindeira sesión ordinaria, previsiblemente o 27 de decembro. Para esa data debe estar lista tamén a nova Relación de Postos de Traballo (RPT) que está elaborando a concelleira de Persoal e que,segundo indicou o alcalde, non suporá ningún ERE no Concello.

O grupo de goberno ten un prazo de 12 meses para negociar cos sindicatos un novo marco laboral


PUBLICIDADE

BARRIOS Decembro de 2012

11


12

BARRIOS Decembro de 2012

XINZO E COMARCA

Ecoloxistas da Limia denuncian o deterioro ambiental da comarca

4 O Movemento Ecoloxista da Limia (MEL) critica que a planta de tratamento de puríns de Sarreaus non cumple o seu cometido. Desde Coren aseguran o seu bo funcionamento. Paula Lodeiro O Movemento Ecoloxista da Limia (MEL) denuncia o deterioro ambiental da comarca, no que se refire á contaminación do río Limia e das augas subterráneas, e atribúeo a que a Limia recibe todo o purín da provincia sen ser correctamente tratado. Segundo este colectivo ecoloxista coa implantación da planta de tratamento de puríns de Sarreaus “a situación ten empeorado. E isto é asi, polo simple feito de que moito do purín que é transportado á comarca para o seu tratamento, sóltase directamente nas parcelas antes de chegar a planta, dado que a mesma non ten capacidade ou simplemente non funciona ou simplemente evitan os custos do seu tratamento”. Este exceso de puríns debido ao alto número de granxas de produción intesiva e a utilización de abonos por parte da “agricultura químico-industrial” hexemónica na Limia, en palabras do integrante do MEL, Manuel García, está a ter as súas consecuencias nas fontes, augas subterráneas e ríos. Así, denuncia o caso de contaminación do encoro das Conchas e máis recentemente o de Gudín, que tivo que ser baleirado este mes de novembro ao constatar a Confederación Hidrográfica Miño-Sil a presenza de cianobacterias

4 Baleirado da presa de Gudín O grupo socialista de Xinzo pide que se conclúan as investigacións sobre os autores do baleirado da presa de Gudín e que se depuren as responsabilidades a que houbera lugar, despois de que a Confederación Hidrográfica a través das mostras recollidas pola Gardería Fluvial descubrira a contaminación. Consideran os socialistas que a presenza de toxinas no encoro, así como a putrefacción da fauna despois do baleirado, fai que sexa prioritario e urxente acometer un novo pozo de captación na ETAP de

Xinzo, “xa que se está a demandar mais auga da que se viña extraendo, o que pode dar lugar a posibles desabastecementos da poboación”. Tamén lle reclaman á CHMS que as auditorías previstas para granxas e explotacións agrícolas “se estendan tamén a todas as depuradoras de augas residuais do Concello de Xinzo, que para iso os veciños pagan as taxas correspondentes en cada recibo, e pode que o tratamento de depuración non sexa o axeitado ou o máis eficiente”.

4As últimas tecnoloxías para o reciclado dos puríns Centro de procesado de puríns no polígono de Sarreaus. /RAMSÉS. “nunha concentración moi elevada”, segundo recollen os socialistas de Xinzo nunha nota enviada á prensa. Deixadez de funcións Desde o MEL, un dos seus integrantes, Manuel García, fala de deixadez das súas función de inspección e control por parte da administración autonómica. “A administración fai a vista gorda á hora de controlar os puríns ou produtos fitosanitarios”. “Non se mira polo cumplimento do Código de Boas Prácticas Agraria (ainda que non sexa de obrigado cumplimento), e así o purín bótase en plena época invernal, en periodos de parada vexetativa, en terreos encharcados… Os montóns de abono acumúlanse directamente sobre o chan, sen ningún tipo de impermeabilización, en moitos casos próximos ou

ao pé de cursos de auga; a aplicación de herbicidas faise sen control ningún, aplicándoos mesmo sobre desaugadoiros e canles de drenaxe, os envases de produtos fitosanitarios van ao rio, ao campo, aos vertedoiros...”, denuncia o Movemento Ecoloxista da Limia. Pola contra, o MEL aplaude que a Confederación Hidrográfica Miño-Sil recoñeza publicamente a problemática medioambiental da comarca. Neste sentido, García recorda as palabras do presidente da CHMS na súa recente visita a Xinzo, na que se refería a que na Limia hai que baixar ata 70 metros de profundidade para atopar augas libres de puríns. Por iso esísenlle á administración galega “que traballe na mesma dirección” e que invistan na protección dos espazos naturais: “hai

un vertedoiro en Vilar de Santos ao pé do río Limia, para iso non hai cartos, pero si se poden gastar cinco millóns de euros nun Centro de Interpretación de Parques Naturais en Ourense”. O Movemento Ecoloxista da Limia é unha das máis veteranas asociacións ecoloxistas da comarca. Naceu en 1981, cando se anunciara a creación dunha explotación de lignito da zona, contra a que loitaron, ao igual que o fixeron no seu día contra a concentración parcelaria de Congostro en Rairiz de Veiga, unha das moitas campañas nas que estiveron implicados ao longo destas tres décadas.

Denuncian a existencia dun vertedoiro ao pé do río Limia, en Vilar de Santos

Desde Coren, que xestiona o Centro Tecnolóxico Ambiental de Sarreaus, defenden o bo funcionamento da planta, aberta en 2006. Unha infraestrutura na que investiron 23 millóns de euros e que recicla os puríns utilizando as últimas tecnoloxías. Os residuos gandeiros que chegan ata o centro son procesados de maneira que se separa a parte sólida (que se convertirá en abono) da líquida, que se depurará e regresará ao medio natural. Durante a transformación, xenérase enerxía térmica para o secado dos puríns e electricidade para a súa venda á rede. É un proceso “moi tecnificado e moi saneado, e por suposto con todas as bendicións da administración, desde o punto de vista legal e dos controis dos verquidos que van aos cauces”, explica Emilio Rial, director xeral adxunto de Coren. “Para poder verter ao

cauce hai unha regulamentación, temos inspeccións permanentes, temos a obriga de mandarlle as analíticas á administración, esta planta, naturalmente, ten todas as autorizacións medioambientais”, insiste o responsable da maior cooperativa ourensá. Mala práctica puntual Ao redor do 50% da produción de porcino de Coren, preto de 50 granxas, está establecida na comarca da Limia e proximidades, polo que Rial non descarta que poda producirse algunha mala práctica illada nun gandeiro cooperativista. Nembargantes, o director xeral adxunto recalca que “naturalmente esa persoa, nós somos os primeiros interesados en que se denuncie, evidentemente están advertidísimos por nós, a ese señor hai que cambiarlle a conducta inmediatamente”.


PUBLICIDADE

BARRIOS Decembro de 2012

13


14

BARRIOS Decembro de 2012

ALLARIZ E COMARCA

40 xardíns optan a participar no Festival de Allariz 2013 4 O xurado dará a coñecer os 11 seleccionados a final de mes. Redacción 40 candidatos optan a participar na vindeira edición do Festival Internacional de Xardíns de Allariz, que se dedicará á beleza. Segundo deu conta o alcalde da vila, Francisco García, as propostas chegaron dende distintos puntos do mapa galego e estatal, Gran Canaria, País Vasco, Cataluña, Madrid ou Andalucía, así como da xeografía europea, Austria, Holanda, Italia, Portugal ou Serbia. García explica que “as 40 propostas, 12 máis que no ano pasado, son un referente da consecución dos obxectivos principais polos que naceu o festival, sobre todo de que Allariz sexa asociado ao mundo do paisaxismo e da xardinería”. O alcalde destacaba, ademais, a calidade e variedade de propostas e mostraba o seu agradecemento a todas aquelas

persoas que apostan polo festival participando nel. A finais deste mes de decembro, o xurado, que xa está a analizar as propostas recibidas, dará a coñecer o nome dos 11 seleccionados. O xardín número 12 será ocupado polo gañador 2012 “El agua es vida, agua viva” de Raúl Diniz. A partir do mes de marzo comezarán a confeccionarse os xardíns para que o recinto abra as súas portas no mes de maio. Novidades edición 2013 Entre as novidades da vindeira edición o rexedor alaricano reiterou a pretensión de que se expoñan esculturas de artistas galegos en diferentes espazos do recinto. Ademais está prevista a inauguración do parque do Ferradal, 20.000 metros cadrados de espazo verde no contorno do festival.

Público visitando o Festival de Xardíns de Allariz na edición deste ano./ARQUIVO.

Unha oportunidade de vida no rural

4 Un vasco e unha madrileña veñen de abrir unha taberna nunha aldea de Xunqueira de Ambía, Acevedo. Paula Lodeiro A 7 km de Allariz, saíndo de Xunqueira de Ambía pola OU-0108, apartando nun desvío sinalizado a man dereita, atópase Acevedo, unha pequena aldea na que ata fai pouco vivían só dúas veciñas e que desde hai apenas un par de meses conta con tres novos habitantes: Virginia, Carlos e o pequeno Mikel. A parella formada por Virginia Bergua e Carlos fixo o camiño inverso ao que leva a moitas persoas a emigrar ás grandes cidades en busca de oportunidades de vida. Procedentes de Madrid e Euskadi acabaron recalando en Acevedo, onde veñen de abrir negocio propio: a Taberna Acevedo. “Por que decidimos vir vivir aquí? “É un pouco longo de contar… foi nunhas vacacións. Queríamos irnos de Madrid e montar algo rural, e dixo Carlos, ‘a casa da avoa estase vendendo’. Empezou a contar, porque eu non o coñecía, viñera só unha vez, ‘ai!, pois hai outra casiña ao lado’. Falamos coa familia, ‘que vos parece?’, ‘ánimo’, compramos a casa da avoa, a casa do lado, unha ía cunha palleira, e aos seis meses de decidilo estábamos vivindo en Allariz”, relata Virginia. Esas vacacións foron as do verán de 2009, e en febreiro do ano seguinte xa estaban en Xunqueira. Empezaron a informarse sobre a obra, as subvencións e permisos, e en

Virginia Bergua, unha das propietarias da taberna, posa cunhas maruxas da nata, un de tantos produtos ecolóxicos que vende no establecemento./P.LODEIRO. xullo de 2011 comezaron as obras, que remataron este mes de setembro. “Co papeleo aínda seguimos”, explica a moza. Mentres duraron os traballos de rehabilitación Virginia gañou experiencia no sector traballando como camareira en Allariz e Carlos, a quen lle gustaba a cociña fixo o propio formándose a través de cursos en Ourense. O reparto de tarefas estaba claro: “a ti (por Carlos) che gusta a cociña, a min servir á xente, disfruto vendo que lles gusta a comida”, engade a rapaza. O cambio de pasar de vivir nunha gran cidade ao campo non supuxo ningún shock para estes mozos: “ningún dos dous somos moi cosmopolitas, nin nos gusta moito a cidade en si, sempre escapábamos ao monte, sempre nos gustou moito o campo, para nós vivir aquí non supón un

esforzo”. Virginia Bergua sinala que cando regresa a Madrid “estrésome mogollón” e que o único que bota de menos é “a miña xente e os meus amigos”. Comidas e venda de produtos Na Taberna Acevedo dan de comer, cear, viños, poñen pincho con cada consumición…e ademais pódese mercar unha serie de produtos da zona, ecolóxicos e galegos. “Artesanía e marmeladas de Allariz, queixo do Rexo e de Castro Caldelas, o pan de Maceda, as maruxas de nata son de Lugo, temos viños ecolóxicos…”, enumera Virginia. A carta do restaurante tamén está elaborada na súa maioría con produtos ecolóxicos: “a carne é tenreira galega suprema de 8 meses, que mercamos nunha carnicería de Ourense, a verdura é toda ecolóxica, temos fabas de Lourenzá que facemos con

porco celta, os embutidos son de porco celta...” Casa rural, no futuro A intención desta parella é rematar de rehabilitar o resto de vivendas do conxunto e dedicalas ao turismo rural, pero sen precipitarse. “Cando poidamos iremos arranxando unha casiña, outra, porque vai ser apartamento abaixo, e habitacións arriba, vaise poder alugar por xunto ou separado, pero pouco a pouco”. A data para que Acevedo volva lucir como antano non está pechada; “segundo os ingresos que haxa iremos arranxando”, remata Virginia.

A intención da parella é rehabilitar o resto de vivendas e dedicalas ao turismo rural


ALLARIZ E COMARCA

O Mercado da Biosfera incorpora novidades 4 Máis produtores e máis actividades de dinamización. Redacción O Mercado da Reserva da Biosfera de Allariz celebrado o pasado sábado 8 de decembro trouxo novidades en canto a produtores e actividades de dinamización. Por unha banda, veñen de sumarse dous novos produtores ecolóxicos aos stands que se instalan cada mañá de sábado na Praza de Abastos de Allariz. Son dous negocios de produtos de horta e prantas de tempada (Horta do Ferradal e Viveiro Allariz) que se suman aos 10 que xa forman parte do mercado desde a súa posta en marcha a pasada primavera. Todos eles participan no mercado con produtos elaborados e transformados no entorno da Reserva da Biosfera Area de Allariz. Produtos de horta, hortalizas e froitas, marmeladas e mel ecolóxicas, cogomelos, embutido e queixo do Rexo, cervexa artesá ou crepes son algúns dos produtos postos á venda na Praza de Abastos de Alla-

riz. Por primeira vez, o mercado contou con actividades complementarias como obradoiros gastronómicos, demostracións e degustacións ou obradoiros para nenos, entre outros. Mercado da Reserva da Biosfera Esta iniciativa, impulsada polo Concello de Allariz, enmárcase no programa gastronómico “Allariz Sabe”. O Mercado da Reserva da Biosfera engloba produtos ecolóxicos producidos nos catro concellos integrantes, Allariz, A Bola, Rairiz de Veiga e Vilar de Santos. O mercado pretende, segundo explica Cristina Cid, concelleira de Promoción Económica “dar saída comercial aos produtos da Reserva da Biosfera que se producen no sector primario ligado á agricultura e á gandaría” e constitúe “unha boa saída para boa parte dos produtos producidos no noso territorio”

Novos postos relacionados coas prantas no Mercado da Biosfera de Allariz./M.REJO.

BARRIOS Decembro de 2012

15

EN BREVE

4 Delegación canaria coñece proxecto turístico Unha delegación de políticos e técnicos canarios viaxou ata Allariz para coñecer o plan de desenvolvemento local. 12 políticos e técnicos da Asociación de Desenvolvemento Local da comarca Chasna-Isora de Tenerife achegáronse ata Allariz para coñecer de preto o seu proxecto de desenvolvemento turís-

tico. Foron recibidos polo equipo de Promoción Económica que lles explicou o proxecto turístico alaricano. Un paseo polo casco histórico xunto cos outlets, o proxecto de gandería extensiva no Rexo, ou o funcionamento da empresa municipal de turismo, Reatur, foron as experiencias que completaron a visita.

de vehículos lixeiros, estará instalada na explanada do colexio público e o edificio de correos os días 27 e 28 de decembro. A unidade funcionará de 9 a 13:30 e de 15:30 a 18 horas o primeiro día e só pola mañá o segundo. A cita pódese conseguir directamente na unidade móbil ou no teléfono 881 920 976.

4 ITV móbil

4 Campaña dos comerciantes

A Policia Local de Maceda informa de que a unidade de inspección técnica

A Asociación de Comerciantes de Allariz, en

colaboración co Concello, puxo en marcha a campaña “Premiamos a túa segunda compra”, co obxecto de potenciar as compras na vila. Durante as tres últimas semanas, os clientes dos establecementos asociados recibían boletos con descontos para segundas compras e a través dos que participaban no sorteo de vales de 200 e 60 euros. Este mércores 12 os comerciantes de Allariz presentarán a súa campaña de rebaixas e de Nadal.


16

BARRIOS Decembro de 2012

EN BREVE

4 Cambio de horarios en Allariz Durante a época de Nadal os servizos municipais de Allariz modifican o seu horario. A Casa da Mocidade abrirá dende o 22 de decembro ata o 5 de xaneiro en horario de 11:30 a 13:30h e de 19:00 a 21:00h. Os días 24 e 31 permanecerá pechado e o 5 de xaneiro abrirá só pola mañá. O complexo deportivo de Vilanova pechará os días 24 e 25 de decembro e por mantemento dende o 31 de decembro ata o 6 de xaneiro.

ALLARIZ E COMARCA

78 alumnos rematan formación en Valverde e Paderne de Allariz 4 En seis cursos financiados pola Xunta. Redacción 78 alumnos remataron a súa formación en seis cursos diferentes organizados pola Xunta de Galicia en Allariz e Paderne de Allariz. Un total de 48 alumnos beneficiáronse de catro cursos de accións formativas para desempregados (AFD) que ao longo deste

ano a Consellería de Traballo outorgou ao centro de Formación Ocupacional de Valverde, emprazado na localidade de Allariz. Outros 30 alumnos recibiron accións formativas en materia de operación de maquinaria de escavación no municipio de Paderne de Allariz. O pasado 22 de novembro, o delegado territorial da Xunta en Ourense en

funcións, Rogelio Martínez, acompañado polo xefe territorial da Consellería de Traballo e Benestar, José Selas, trasladáronse ao centro Valverde para entregar aos participantes os diplomas acreditativos de ter asistido a estes cursos nos que a Xunta investiu case 163 mil euros. O centro Valverde combina unha vivenda tutelada

cun centro de formación para o emprego. Os menores tutelados acoden aos cursos formativos no mesmo centro onde viven, aínda que nas actividades formativas tamén participan outros adultos seleccionados entre os demandantes de emprego. Os desempregados formáronse en operacións básicas de atención a pisos e aloxa-

4 Cursos de cociña de Nadal A Fundación Ramón González Ferreiro de Allariz convocou dous cursos de cociña centrados na temática de Nadal. Trala realización do primeiro os días 11 e 12, as seguintes datas son o 18 e 19 de decembro. Os aprendices de cociñeiros coñecerán como elaborar un menú completo, composto por aperitivos, pratos de peixe e carne e sobremesas, de xeito sinxelo e económico. O curso impártese na sede da Fundación, en Paciños, de 18 a 21 horas. [+ info en 988 436 182]

Rogelio Martínez entregou os diplomas dos cursos formativos do centro Valverde de Allariz.

mentos –realización de limpeza, lavar e pasar o ferro- e operacións básicas de cociña –preelaborar alimentos e presentar elaboracións culinarias sinxelas aplicando as técnicas e normas básicas de manipulación e conservación de alimentos-. Paderne de Allariz Pola súa banda, en Paderne de Allariz foi a directora xeral de Formación e Colocación, Ana María Díaz, quen participou na mesma xornada na entrega de diplomas aos 30 alumnos que se formaron en utilización de maquinaria de escavación, entre setembro e novembro deste ano. A Dirección Xeral de Formación e Colocación, dependente da Consellería de Traballo e Benestar, investiu máis de 35.000 euros no desenvolvemento destes dous cursos de formación dirixidos a persoas desempregadas no concello de Paderne. Os alumnos participantes obterán un certificado con carácter oficial e validez estatal, que, ao mesmo tempo, terá efectos académicos e profesionais recoñecidos.

En Valverde formáronse 48 desempregados, en Paderne, 30


PUBLICIDADE

BARRIOS Decembro de 2012

17


18

BARRIOS Decembro de 2012

CELANOVA E COMARCA

Alomenos cinco candidaturas para as municipais de 2015 4 A PP, PSOE e BNG súmanse Anova e Compromiso x Galicia. Alejandro Mínguez Aínda queda moito, dous anos e medio, pero os partidos políticos xa preparan a súa presentación ás eleccións municipais do ano 2015 en Celanova. Nos últimos comicios de 2011 concorreron só tres partidos PP, PSOE e BNG, e os tres conseguiron representación municipal, 7, 3 e 3 concelleiros, respectivamente. Pero a crise no goberno pola saída do PP da concelleira Montserrat Álvarez Vispo neste 2012, que deixaba aos populares en minoría, acelerou a toma de posicións por parte dos grupos e partidos na carreira pola alcaldía. Despois de 21 anos de mandato popular, existe a posibilidade de cambio, unha vez que o PP foi perdendo apoio e baixando de 10 a 7 concelleiros nas sucesivas citas coas urnas. Ademais a escisión do nacionalismo, provocará con toda seguridade a presentación de alomenos cinco listas: as tres habituais de PP, PSOE e BNG, e a aparición de dúas novas, Anova e Compromiso por Galicia, cuestión que podería beneficiar ao partido maioritario. Nas últimas citas electorais os celanoveses xa estaban afeitos a elixir entre 3 ou como moito 4 partidos, unha cifra moi inferior a dos anos oitenta e principios dos noventa. Nalgunha ocasión presentáronse ata 8 partidos ás municipais de Celanova. De momento non hai ningún cabeza de lista designado, pero todos traballan xa na vindeira cita electoral, nalgúns casos ofrecendo xa a participación nas listas a veciños e veciñas. O PP, que cambiou de líder trala dimisión de Mouriño, terá que decidir se mantén o actual alcalde, José Luís Ferro, como cabeza de lista ou elixe outro nome. Unha

Ata se baralla que xurda unha sexta candidatura, a independente

O pleno de decembro no Concello de Celanova contou coa asistencia de numerosos veciños, expectantes ante a convulsa situación política que atravesa a localidade./A.M.

José Luis Ferro, do PP.

Mª Jesús Boo, do PSOE.

A oposición forza a baixada do soldo do alcalde

4 Montserrat Álvarez converteuse oficialmente en concelleira non adscrita. Alejandro Mínguez

Leopoldo Rguez., do BNG.

Santalices, de CxG.

formación que goberna dende 1991 sen fisuras, pero que non pasa polo seu mellor momento. Sería a súa primeira vez como candidato no caso de concorrer o actual rexedor. Nos comicios autonómicos pasados sacaron 1.724 votos, máis do 50% dos sufraxios. O PSOE estreaba no ano 2011 a María Jesús Boo como cabeza de lista. Algún dos actuais concelleiros mostran xa a súa disposición a deixar paso a novos nomes, malia que aínda está todo por decidir. Tiveron 669 sufraxios nas autonómicas pasadas. O BNG tamén estreaba en 2011 a Leopoldo Rodríguez Puga como candidato á alcaldía. Trala división no BNG a principios de 2012, Rodríguez mantívose na formación frontista pero podería deixar paso a outras caras na carreira pola alcaldía de Celanova. 456 votos recibiron nos comicios autonómicos.

Compromiso por Galicia conta con outro ex-edil do BNG nese mandato, Manuel Súarez Santalices, que foi na lista de CXG ás autonómicas deste ano, e podería ocupar postos de saída na candidatura de 2015, arroupado entre outros, por Manuel Álvarez Pérez “Pincha”. Obtiveron 83 votos nas autonómicas 2012.

As novidades Anova, o partido de Beiras, conta con dous ex concelleiros do BNG na etapa 2007-2011 como posibles integrantes da lista de 2015, Alfonso Grande e Manuel Nogueiras. Obtiveron 204 votos na última cita coas urnas.

Posibles resultados Extrapolando os resultados das pasadas autonómicas a unhas municipais, o PP sacaría en Celanova 8 concelleiros (subiría 1), o PSOE obtería 3 (igual) e o BNG 2 (baixaría 1). O resto de forzas quedarían sen representación. Pero os últimos acontecementos de crise no seo do PP local e o tempo que resta ata as eleccións, engadindo que nunca se vota do mesmo xeito a uns comicios autonómicos ca municipais poden mudar moito estes datos. Mesmo podería presentarse unha sexta lista independente, con díscolos do PP. Aínda que esta opción é moi comentada sempre en período pre-electoral, pero en poucas ocasións acabou materializándose.

O pleno da corporación de Celanova, celebrado o día 5 de decembro, aínda que de carácter ordinario na súa convocatoria, resultou moi distinto a outros e converteuse en extraordinario polas súas connotacións ao longo de dúas horas. O salón de sesións estaba inusitadamente cheo de persoas, algúns eran militantes das distintas formacións representadas no concello e outros veciños da vila que viven expectantes os cambios políticos iniciados o 15 de setembro coa marcha de Antonio Mouriño como alcalde para ser parlamentario en Santiago, aínda que conservando a acta de concelleiro. Un pleno cunha ducia de puntos na orde do día e no que destacaba o paso formal de Montserrat Álvarez Vispo do grupo Popular ao grupo de Non Adscritos, deixando ao PP en minoría con 6 concelleiros fronte aos 7 da oposición (PSOE 3, BNG 3, GNA 1). Metade de soldo e unha soa dedicación exclusiva Esta circunstancia permitiu que se aprobase unha moción de urxencia a instancia do BNG que provocará a reducción do soldo do rexedor aos 1.800 euros netos ao mes en 14 pagas ao ano (case a

metade do que estaba aprobado recentemente trala baixada do 20%) e as dedicacións parciais das que gozaban tres edís do PP a unha única dedicación, moción non exenta de discusión por parte do equipo técnico do Concello que advertía defectos de forma na presentación da documentación. Tamén houbo berros, reproches e incluso algún insulto por parte dos espectadores cara aos concelleiros, especialmente a Montserrat Álvarez, tachada de “traidora” por algún militante popular. O grupo de Goberno anunciou a súa intención de pór en coñecemento de Anti-transfuguismo os acordos e o pacto de PSOE, BNG coa agora edil non adscrita. O voceiro do PP, Máximo Losada, tamén advertiu da merma da calidade do servizo que se presta aos cidadáns coas reduccións que a oposición votou para as dedicacións dos edís populares e relatou o traballo que realizan os tres edís do PP con dedicación parcial ata o de agora. María Jesús Boo, voceira do PSOE, sinalou que eran salarios “dignos e xustos” equiparables a concellos como Ribadavia; e Leopoldo Rodríguez, voceiro do BNG, recordou que os concelleiros están de xeito “voluntario” no consistorio e que ninguén obriga a presentarse as eleccións, entendendo que se fai pola inquedanza de traballar polo

pobo. Antonio Mouriño, dende a cadeira popular, interviu informalmente en varias ocasións para dar forma ao transcurso do pleno con certo nerviosismo pola tensión da sesión plenaria. A cadeira da polémica Unha tensión, que comezaba xa coa propia sesión, ás 11:00 horas. O alcalde negouse a iniciar o pleno se a edil Montserrat Álvarez non ocupaba a súa cadeira de sempre na bancada popular ata que fose formalmente non adscrita, xa que estaba sentada entre PSOE e BNG antes de abrir o pleno. Tras varios minutos de incertidume, con comentarios entre os edís e o público, decidiu comezar a sesión. Houbo moitos puntos de trámite e burocráticos, inintelixibles para o público, pero tamén o debate sobre o transfuguismo que quentaba o ambiente. O rexedor, José Luís Ferro, volveu pedir a Montserrat Álvarez a súa dimisión e acusouna de roubar a democracia en Celanova nun discurso duro e directo que tivo o silencio como resposta. PSOE e BNG tampouco entraron no debate e dixeron que os acontecementos vividos están conforme á lei.

O Concello de Celanova pasa de ter tres edis con dedicacións parciais a só un


CELANOVA E COMARCA

BARRIOS Decembro de 2012

19

entrevista a Amadino Pereira Fernández, Avogado e promotor de Cruz Vermella Celanova

“Hai veciños que precisan a nosa axuda nesta crise”

4 Non foi doado conseguir as camisetas dos astros do fútbol, que entran en sorteo para beneficiar aos desfavorecidos. Alejandro Mínguez Amadino Pereira, avogado celanovés, convértese en protagonista involuntario dunha acción solidaria nestas datas de Nadal en Celanova, como cara visible dun grupo de veciños anónimo que organiza unha serie de actividades para recadar fondos. “A crise non só sae na TV, está ao teu carón” di o cartaz “Cruz Vermella Celanova necesítate, tes veciños que precisan a túa axuda”. Un grupo de anónimos pero numeroso... Amadino Pereira: “Sempre que se din nomes queda alguén fóra: Beni Reza, Olga Fernández, Cristal Reza, Marichelo Cardero, Eva González, Ana Pereira, os profesores do instituto, todo o persoal de Cruz Vermella Celanova con Antonio Veiga Sabín a cabeza...” As actividades comezan o 15 de decembro.

A.P.: “Si. O sábado 15 de decembro terán lugar unhas xornadas ás 17:30 horas na biblioteca do IES de Celanova, no mosteiro, para coñecer o que está a pasar, unha visión de como afecta a crise máis importante dende a gran depresión aos máis desfavorecidos”. Veñen persoeiros moi coñecidos. A.P.: “O Fiscal Superior de Galicia, Carlos Varela; o comisario principal do Consello Xeral de Seguridade do Estado, Luís García Mañá; o fiscal delegado de menores de Ourense, José Manuel Ucha López; o decano de Dereito de Ourense, Roberto Bustillo e o xefe da unidade de neonatoloxía do CHUO, Javier Casares”. E remata todo cun concerto. A.P.: “Un concerto de órgano no coro alto do mosteiro de Celanova”. Nun marco incomparable a biblioteca do Institu-

Grupo da Cruz Vermella de Celanova.

Amadino Pereira, coa camiseta da Selección Española. /A. MÍNGUEZ.

“O sábado 15 terán lugar unhas xornadas para coñecer unha visión de como afecta a crise aos máis desfavorecidos” to, descoñecida para moitos pero de gran valor. A.P.: “É un tesouro cun clima delicioso. Os profesores están encantados con que sexa o marco elixido e puxeron todo da súa parte, incluso na loxística.” A segunda parte, o 29 de

decembro. A.P.: “O sábado 29 terá lugar o gran torneo benéfico a partir das 15:00 horas no Pavillón Pedra da Moa. Tamén terá lugar o sorteo e entrega de premios. As entradas custan 2 euros e con elas particípase nun sorteo de camisetas de Iker Casillas e Xavi Hernández”. Pero hai máis camisetas en sorteo. A.P.: “Si, unha asinada por Messi, outra por Cristiano Ronaldo, outra por Vicente del Bosque e outra asinada por todos os xogadores da Selección”. Todo para a Cruz Vermella de Celanova. A.P.: “A recadación íntegra de rifas, entradas e patrocinadores vai destinada a Cruz Vermella de Celanova”. Como xurde esta iniciativa?

A.P.: “Hai tempo que o grupo organizador quería traer a Carlos Varela a Celanova pola súa relevancia no eido da xustiza e a cultura e aproveitamos a repercusión mediática e falar dun tema social para a divulgación e reflexión cunha cuestión de actualidade que afecta aos máis desfavorecidos, unha xornada na que hai máis nomes e na que pode participar todo o mundo, está aberta ao público en xeral, aínda que terá máis interese para colectivos determinados. Despois pensamos nun complemento, en apoiar e participar axudando a eses grupos máis desfavorecidos e afectados pola crise en Celanova e xurdiu o tema das rifas e o torneo en beneficio de Cruz Vermella”. O tirón deportivo. A.P.: “Claro, o deporte e o fútbol teñen moito tirón na

sociedade en xeral, e precisabamos un complemento ás xornadas polo que pensamos que facer un torneo e sortear con custo simbólico camisetas asinadas polos principais nomes do fútbol actual como atractivo podería funcionar”. Non foi tarefa doada. A.P.: “Pois non. Mandamos correos a distintos xogadores e incluso buscamos mediadores, fixemos ducias de chamadas telefónicas, pero non tivemos resposta ata que un veciño de Podentes residente en México, Lino de Prado, mediou para conseguir distintas camisetas asinadas e incluso cedeu unha del propia da selección española coa sinatura de todos os xogadores, foi un acto moi xeneroso pola súa parte e hai que dicir que ademais fixo unha doazón en efectivo dunha importante cantidade de cartos”. As camisetas están expostas en distintos locais da vila. A.P.: “A de Iker está na Tapería San Rosendo; a de Vicente del Bosque no Espolón; a de Ronaldo no Montana e a de todos xuntos no Rocarine”. E como van as vendas de rifas? A.P.: “Impresionante, superando todas as previsións”. Entón haberá máis accións deste tipo? A.P.: “Penso que si, de feito temos xa a proposta para celebrar en Celanova unha sesión da Real Academia das Ciencias”.


20

BARRIOS Decembro de 2012

CELANOVA E COMARCA

Un mercado en día festivo na ponte de decembro con escasa afluencia de xente 4 A maioría dos comerciantes de Celanova, favorable a manter a celebración da feira todos os xoves. Alejandro Mínguez O pasado xoves 6 de decembro celebrouse o mercado semanal de Celanova malia ser xornada festiva en plena ponte de decembro con escasa presenza de xente. O obxectivo da medida acordada polo Concello era o de colaborar coa dinamización do comercio local, “xa que ao ser festivo de carácter nacional é posible que se incrementase a afluencia de público e de visitantes a Celanova” explican. O alcalde de Celanova, José Luís Ferro, fixo unha chamada aos comerciantes para que se unisen nas súas decisións, por entender que “desta difícil situación económica pola que estamos a pasar será máis fácil saír se

A feira semanal de Celanova, na mañá do xoves 6, festividade da Constitución./A.M. todos xuntos arrimamos o ombreiro” e dictou un bando co fin de informar aos comerciantes de Celanova, así como a aqueloutros ambulantes que adoitan desprazarse a esta vila os

días de mercado, ademais de a todos os potenciais consumidores que acostuman aproveitar tamén a celebración destes mercados para achegarse a Celanova, desta medida, que se repite

tamén noutras datas puntuais como o Xoves Santo. O rexedor adoptou a decisión logo de facer unha exploración a través dos servizos municipais e detectar que a opinión maiori-

taria dos responsables do comercio local, así como dos propios comerciantes ambulantes, é favorable a manter a celebración do mercado todos os xoves, aínda que coincida cunha celebración festiva. Balance O resultado foron moitos postos e pouca xente. Os comerciantes locais abriron de xeito desigual e comentaban que a xente non estaba suficientemente informada do cambio e acudira na xornada anterior, o mércores, a Celanova pensado que se adiantara o mercado. Tamén houbo algunha denuncia por roubo de carteiras na xornada de festa diante da Policía Local, unha circunstancia que xa advertira o alcalde nun bando, e que se suma a episodios de roubos en vivendas e establecementos da zona de Celanova. O mércores 5, un veciño foi atracado diante dunha sucursal bancaria e precisou varios puntos de sutura.

Visita de Agustín Hernández ás obras da autovía de Celanova Redacción

O conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández, supervisa este mércores 12 de decembro os traballos que se están a executar na autovía Ourense-Celanova (AG-31). Na visita tamén participa o delegado territorial da Xunta en Ourense, Rogelio Martínez, e o presidente da Deputación Provincial, José Manuel Baltar, así como os alcaldes dos concellos polos que discorre esta vía. Segundo as previsións que manexaba a Administración autonómica antes do verán, a autovía debería entrar en funcionamento antes de final deste ano. É un trazado de pouco máis de 18 quilómetros nos que a Xunta investiu máis de 120 millóns de euros.


CELANOVA E COMARCA

Padrenda contará coa primeira Reserva Internacional Fluvial da UE 4 Comprenderá os ríos Troncoso e Laboreiro. Redacción A provincia de Ourense contará coa primeira Reserva Internacional Fluvial da Unión Europea, grazas a un proxecto ecolóxico para os ríos Troncoso e Laboreiro, no municipio de Padrenda. A iniciativa permitirá eliminar focos de contaminación, mellorar a calidade ecolóxica das augas, e protexer a diversidade biolóxica fluvial e os recursos hídricos. Neste proxecto investiranse 750.000 euros, o 10% achegado pola Deputación de Ourense, outro 10%, pola Confederación Hidrográfica e o 80% restante a través de fondos europeos. O Concello de Padrenda encargarase de pór á disposición os terreos necesarios para levar a cabo a actua-

O presidente da Deputación, o da Confederación Hidrográfica e o alcalde de Padrenda. ción. Depuradora Como primeiro paso, o presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, acordou nunha reunión mantida co alcalde de Padrenda,

Manuel Pérez, e co presidente da Confederación, Francisco Marín, iniciar os trámites para a construción da estación depuradora de augas residuais que permita depurar as augas da contorna de Pontebarxas, xa que

a actual estación depuradora está obsoleta, pois foi construída nos anos 60 para atender as necesidades do poboado da presa de Frieira, polo cal a súa capacidade de depuración é só para 50 habitantes. A nova EDAR permitirá dar servizo a máis de 600 habitantes e mellorar a calidade ecolóxica do río Troncoso. A actuación nos ríos Troncoso e Laboreiro enmárcase dentro do proxecto CARISMA que se desenvolve no marco do Programa de Cooperación Transfronteiriza España-Portugal. A través del, os dous afluentes do Miño foron propostos como Reservas Naturais Fluviais Internacionais, un fito pioneiro na Unión Europea.

BARRIOS Decembro de 2012

21

Constatan deficiencias nos parques infantís de Celanova 4 Nunha moción o BNG solicita o seu arranxo. Redacción O BNG de Celanova vén de rexistar no Concello para o seu debate no próximo pleno unha moción relacionada cos parques infantís na vila. Din os nacionalistas que é unha “iniciativa moi demandada por pais e nais de Celanova e que recolle o grupo nacionalista”. Segundo o voceiro nacionalista, Leopoldo Rodríguez Puga, a grave deterioración que presentan estes espazos pon de manifesto o abandono destes lugares por parte do grupo de goberno. Na moción instarán ao

Concello de Celanova á substitución de instalacións antigas e obsoletas; á reparacion do chan das zonas de xogo; á limpeza axeitada; á inspección periódica e tarefas de conservación; á sinalización por idades das zonas de xogo; á colocación de paneis con información sobre servizo de emerxencias; ao cumprimento da normativa de accesibilidade; ao valado de protección das zonas de xogo, sobre todo nas próximas ás calzadas con tráfico; á colocación de reixas ou elementos disuasorios para que non accedan animais; e á instalación de xogos para maiores de 10 anos.


22

BARRIOS Decembro de 2012

OCIO E CULTURA

Como vivir o Nadal en Celanova

Aceredo rexurde das augas Numerosos visitantes acudiron durante toda a ponte festiva ata a localidade de Lobios, co obxecto de ver os restos da vella aldea de Aceredo, que quedaron baixo as augas do encoro de Lindoso fai 20 anos. O notable descenso do nivel de auga encorado fixo que restos daquelas casas volvan estar agora á vista, converténdose en atractivo para centos de persoas.

4 Ata o día de Reis a vila ten preparados concertos de panxoliñas, contacontos e ata videoconferencia con Papá Noel. Redacción Vista das casas de Aceredo, habitualmente baixo as augas. /A.MÍNGUEZ.

Os cativos de Celanova non van a ter un intre para aburrirse durante as súas vacacións de Nadal porque dende o Concello téñenlles preparadas un sinfín de actividades. A primeira delas será unha videoconferencia con Papá Noel, da que o mércores 12 de decembro gozarán os alumnos do CEIP Sagrado Corazón e o luns 17 os do Curros Enríquez, para que todos teñan a oportunidade de contarlle a Santa Claus todos os regalos que merecen por haberse portado ben este ano. Diversidade de actuacións O día 20 terá lugar a actuación da Banda de Gaitas da localidade e o 21 dunha representación a cargo dos cativos da gardería municipal. Xa o sábado 22 celebrarase un festival de panxoliñas -a cargo da Coral Solpor- e a proxección da curta “Tercera oportunidad” - Judith Casas-. Así mesmo, o sábado 29 de decembro será o turno do concerto didáctico de Nadal dos alumnos da Escola da Banda de Música de Celanova.

Ludoteca de Nadal Dentro da Ludoteca de Nadal, que terá lugar do 26 de decembro ao 4 de xaneiro, terá lugar a actuación dun contacontos musical e a proxección do filme “O Apóstolo” (o día 27), un obradoiro de creación de postais e proxección de “100% CEF: facendo un pandeiro de Celso Emilio Ferreiro”, un taller de puntos de libro (o 2 de xaneiro), a proxección de “Los muertos van deprisa” (o día 3), e a despedida do Centenario de Celso Emilio Ferreiro e a presentación de “Poemas na rúa” (o día 4). Día de Reis O 5 de xaneiro, ás 12 da mañá, na Igrexa parroquial terá lugar a tradicional representación do nacemento vivente. E por fin, ás 18.30 horas dese mesmo día, chegará un dos momentos máis agardados polos pequenos da casa, a cabalgata de Reis, que percorrerá as rúas da vila repartindo doces a nenos e maiores.

A Ludoteca de Nadal, do 26 de decembro ao 4 de xaneiro, terá contacontos, obradoiros e filmes

Cartel do programa de Nadal de Celanova.


OCIO E CULTURA

23

Celebrando o Nadal en Verín

Ramirás rebule Redacción

O 22 de decembro chega a sétima edición do festival Rebulir de Ramirás. A partir das 19 horas o Polideportivo do Picouto acollerá a actuación de diversos grupos de baile e música tradicional, procedentes de diversos puntos da Península Ibérica así como América Latina. Presentado por Miguel del Río (locutor de Cadena Ser Ourense) e coa entrega de agasallos a cargo de Maret (presentadora da TVG), entre as formacións que acturarán este ano atópanse o grupo Pana Raiada (de Santiago de Compostela), Colectivo Xeitu (León), Etnográfico de Vila Praia de Áncora (Portugal), Grupo de Danzas de Logroño (La Rioja) e o grupo Ritmos y Costumbres (Perú). A continuación a festa trasladarase a Celanova, onde o Pub Osíxeno acolle a partir das 12 da noite unha foliada.

BARRIOS Decembro de 2012

Redacción

Foto de todos os rapaces e resto de premiados e as autoridades que acudiron ao acto. /P.LODEIRO.

40 estudantes da provincia son galardoados no 29º Concurso da Constitución O subdelegado de Goberno en Ourense, Roberto Castro, presidiu o 6 de decembro o acto institucional de entrega de premios da 29ª edición do Concurso escolar da Constitución. Autoridades e representantes dos diferentes eidos da sociedade da provincia participaron neste acto de recoñecemento público á Carta Magna, celebrado no Auditorio de Ourense. Un total de 40 alumnos e alumnas de 18 centros escolares da provincia foron seleccionados polo xurado do premio entre os case 1.400 traballos presentados. As bases dos premios da Constitución establecían dúas modalidades, de forma que os autores dos 20 mellores debuxos de Infantil e Primaria recibiron unha cámara de fotografías dixital, un diploma e un exemplar da Constitución e os 20 mellores traballos de ESO, Bacharelato e FP foron galardoados cunha viaxe a Madrid para visitar o Congreso e o Senado. Durante o acto institucional, a Subdelegación do Goberno en Ourense quixo tamén distinguir, como así o ven facendo nos últimos anos, o labor de colectivos e persoas vinculadas con ela no seu desenvolvemento profesional. Deste xeito, procedeuse á entrega de catro distincións especiais ao Banco de Alimentos, Cáritas Diocesana e Cruz Vermella, como colectivos, e a nivel individual, ao forense Julio Jiménez do IMELGA.

A Eurocidade ChavesVerín ten preparadas numerosas actividades para este Nadal, entre as que destaca a Ludoteca, que do 22 de decembro ao 5 de febreiro acollerá o Colexio Amaro Refoxo. Tamén para os máis cativos, terá lugar o III Festival de Teatro Entre-Culturas (o 14 de decembro), haberá animación infantil polas rúas (o 21,22 e 23), unha caravana infantil o día 29, chegará o carteiro real o 30, organizarase un cotillón infantil na mañá do día 31 e chegará a cabalgata do Reis Magos o 5 de xaneiro ás 17.30 horas. Tamén haberá diversos concertos os días 22, 23 e 30 (entre eles un dos alumnos do Conservatorio). E, como xa é habitual, a Casa do Escudo acollerá ata o 5 de xaneiro unha mostra de beléns do mundo e de filatelia natalicia.


24

BARRIOS Decembro de 2012

EN BREVE

4 Postais interxeracionais Ata o vindeiro 12 de decembro está aberto o prazo de entrega das postais solidarias interxeracionais, actividade organizada polos departamentos de Educación Familiar, Centro de Información ás Mulleres e Servizos Sociais do Concello de Verín. Estas postais de Nadal serán enviadas, nas próximas semanas, ás persoas maiores de centros residenciais e atendidos desde o servizo de Axuda no Fogar do Concello de Verín.

4 ‘Contos ao carón da lareira’ O venres 14 de decembro, de 18 a 19.30 horas, a Biblioteca Pública Municipal de Verín programa a iniciativa ‘Contos ao carón da lareira’. A actividade está destinada a un máximo de 25 nenos socios da instalación, de entre 3 e 9 anos. Consistirá na realización de contacontos de historias e lendas tradicionais, así como unha manualidade decorativa. Para participar é necesario inscribirse na biblioteca ou no 988 414 776.

OCIO E CULTURA

Nadal solidario na Eurocidade 4 Recollerán xoguetes e alimentos. Redacción A Eurocidade ChavesVerín, Câmara Municipal de Chaves, Concello de Verín, Voz da Juventude xunto con Gráfica Sinal promoven a campaña ‘Nadal solidario, espalle alegría na Eurocidade’, destinada a recoller alimentos non perecedoiros e xoguetes que serán repartidos entre as familias flavienses e verinesas máis necesitadas. Esta iniciativa solidaria busca involucrar a todos os veciños, dun e doutro lado da raia, e concienciar as dúas poboacións da importancia de axudar nestas datas de Nadal aos que menos teñen. A campaña, na que tamén colaboran entidades como Cruz Vermella Monterrei e os supermercados Gadis, Rosymar e Tiendas DyD, aséntase ao redor de dúas liñas: a colocación de carros solidarios nestes tres supermercados de Verín nos que os veciños poden depositar os seus alimentos (ata o 22 de de-

cembro), e establecemento de varios puntos de entrega de alimentos no municipio de Chaves. Ademais, verineses e flavienses tamén poderán entregar alimentos no Torneo de Fútbol Sala do 16 de decembro no pavillón de portivo de Chaves; e no concerto de clausura da campaña o 27 de decembro, ás 22.30 horas, no Centro Cultural de Chaves. Por outra banda, todos os habitantes de Chaves e Verín que queiran adornar os seus fogares cunha árbore de Nadal, poderán conseguila gratuitamente a cambio da entrega de xoguetes na sede da Eurocidade, grazas á doazón realizada por Protección Civil de Chaves, que coma todos os anos efectúa unha limpeza nos montes de piñeiros do municipio co obxecto de evitar o risco de incendios. Xoguetes e alimentos non perecedoiros serán entregados aos seus destinatarios o 22 de decembro.

Actividades para todos en Allariz 4 Concertos, contacontos e a Cabalgata son algunhas das opcións culturais da vila para as vindeiros semanas. Redacción “Certo que hai crise, e non só económica. Para combatila, a cultura e as ideas como proxecto colectivo cultivado en liberdade”, esta é a filosofía a partir da cal a Fundación Vicente Risco e varios empresarios de Allariz, en colaboración co Concello, decidiron organizar o ciclo de concertos “Música con risco” que se desenvolverá nos vindeiros meses en diferentes locais e espazos públicos da vila, con entrada libre ata completar o aforo. A primeira tempada de “Música con risco” estenderase ata o mes de outubro de 2013 e no programa inclúense 12 concertos e a proxección do filme “Unha viaxe por Galiza”. Primeiros concertos A apertura do ciclo, o

24 de novembro, veu dan man dos concertos de César Morán e O Leo i Arremecághona. De seguido, o vindeiro 15 de decembro, será o turno das actuacións de Primordiais (ás 20.30 horas na Pousada da Torre Lombarda) e Xoán Curiel (ás 24 horas no Roi Xordo). Cultura Cativa Por outra banda, un total de 22 establecementos de Allariz, xunto co Concello e a Fundación Vicente Risco, organizan o programa “Cultura Cativa”, que inclúe actividades culturais destinadas aos máis pequenos da casa. Dende este decembro ata abril de 2013, Títeres Babaluua, Fantoches Baj, Magín Blanco e Inacio Vilariño pasarán por escenarios alaricanos representando os seus respectivos espectáculos. De feito este programa foi inaugurado o pasado día 6 coa represen-

Cartel do programa “Música sen risco”. tación “Lume” de Títeres Babaluua e que contou con numeroso público. A seguinte cita será o 26 de xaneiro (ás 18 horas na Fundación Vicente Risco), cando Fantoches Baj dean vida aos “Contos do demo”, a historia dunha familia de lavandeiras de Ferrolterra insidiada polo demo do pelo azul Cobillón, na que se mesturan saberes tradicionais, refráns, cancións e romances históricos. Cabalgata de Reis A área de Cultura do Concello de Allariz abriu o prazo de inscrición para todos aqueles menores que queiran participar como paxes na Cabalgata de Reis o 5 de xaneiro. É preciso facelo antes do 28 de decembro na Casa de Cultura, no 988 440 859 ou en cultura@allariz.com.


PUBLICIDADE

BARRIOS Decembro de 2012

25


26

BARRIOS Decembro de 2012

OCIO E CULTURA

4DESDE O OUTRO LADO DA RAIA

Relacións sociais en decadencia (conclusión)

A pesar do adianto tecnolóxico e científico, infelizmente, temos un retroceso da civilización dunha sociedade que se desagregou cunha escaseza alarmante de esixencia ética e de principios morais indispensábeis no comportamento moral que debería rexer o ser humano. Os políticos, co desexo ávido de chegar ao poder, distribuíron o “ouro” que durante longas décadas tanto custou xuntar que até os máis pobres se beneficiaron dalgunhas “migallas”, o suficiente para os transformar en máis egoístas e menos solidarios co camarada do lado; dándolles tamén o dereito de esixir sumisión ás súas ideas e doutrinas político-sociais, sen aceptar unha resposta mesurada. A provocación tamén é crime e a resposta é un dereito. A eses “señores do poder” non lles asiste o dereito de usar o poder, dándose o luxo de non respectar ao pobo que os nomeou. Eu non me considero perfeccionista, mais inserido na sociedade, acepto sempre sentarme nunha mesa para un diálogo civilizado e democrático porque da conversa nace a luz. Con todo, neste momento, visualizo terras áridas e pedregosas onde só sobre-

viven as herbas dañinas. Precisamos de ondas fortes que nos fagan correr xuntos para crear unha sociedade máis solidaria para combater os “tornados” que tanto nos teñen fustigado. Os padres cravan na igrexa e os carpinteiros na madeira. Eu non son padre (pouco crente), nin carpinteiro, intento ser amigo, solidario e moralista. Por iso, como din os padres nos sermóns: meus amigos, non son precisas guerras; xa chegan as doenzas que nos matan e as traxedias que a nai natureza nos reserva. Chamamento, sobre todo aos mozos: deixen de se beliscar con pequenos pormenores de guerriñas de índole política ou de orixe comunitaria como é un pouco caraterístico do pobo transmontano e do galego. Fagan sexo, pois fai ben a todo (pel, sistema inmunitario, cardiovascular etc.) e sexamos todos sensatos! João Damião

“A pesar do adianto tecnolóxico e científico, temos un retroceso da civilización”

4SUDOKUS Nivel medio

Para resolvelo, coloca un número en cada recadro de maneira que cada fila, cada columna e cada un dos nove recadros conteñan os números do 1 ao 9 sen repetirse.

4AXENDA

4TRIBUNA ABERTA

Que non pare o Parador! A mediados dos sesenta foi inaugurado por Manuel Fraga Iribarne o Parador de Turismo de Monterrei, un referente hosteleiro dentro da pobre e esquecida comarca do Támega. O Parador -Hotel, emblema do noso val, e que tantas e tantas visitas acolleu, ao longo de casi medio século, está en perigo, e segundo informacións dos diarios da provincia, posiblemente, os responsables do complexo hosteleiro máis importante do noso contorno, teñan que encartar, e pechar as portas por mor da crise, que non deixa títere con cabeza. Para moitos verineses, non é doado asimilar que semexante lugar teña que deixar de traballar e quedar no máis fondo do esquecemento, despois de ser pousada de moitísima xente, que por diferentes motivos visistaron a nosa vila, colaborando así no desenvolvemento económico e cultural dun pobo, e como non, achegando un nome para que Verín sexa máis coñecido no mundo. Confeso que xamais disfrutei dunha habitación no Parador, nin do aroma das súas sabas nin da frescura dos seus balcóns, con vistas paradisíacas. Pero non podemos negar que xamais tivemos a mínima traba, para poder disfrutar dun gyn-tónic, sentados nas diminutas cadeiras no salón da cafetería, cando a algunha visita de fora tíñamos que deleitar, nunha tarde de xolda calquera. Iso si, o prezo non era o mesmo que abaixo, pero que carallo! Estábamos no Parador e un día é un día!

Alí chegamos os rapaces sedentos, despois dunha subida infernal en bicicleta, onde nunca faltou un refresco, servido coa elegancia e sinxeleza das “galeguiñas”. Unha maqueta en madeira do castelo e unha armadura metálica, ao pé das escalinatas que dan ao primeiro andar, chamaban a atención dos que por alí deambulábamos libremente, sen complexos, baixo a mirada dos homes da recepción, que sempre fixeron a vista gorda e nos deixaron disfrutar dun anaco de confort. O edificio, construido ao estilo do pazo señorial galego, foi sempre un lugar especial para os que moitas veces xogamos polos seu contorno en épocas estivais, para observar os turistas que se achegaban ata Verín, a gozar uns días de descando,visitando os balnearios, ou máis ben, facer noite, para relaxarse dunha longa viaxe. Recordo de rapaz que, ás veces, subíamos pola ladeira sur do monte e nos coábamos con astucia na fermosa piscina, deseñada xa daquela de forma moderna, con todos os detalles dun gran hotel. Facíamos ambiente, ata que chegaba unha das empreadas ataviada co traxe típico de Galicia que con timidez e confusión preguntaba “en que habitación están os señoritos?” “Na 205!”, replicábamos, sobre a marcha recollendo ao mesmo tempo as zapatillas e a camisola, e liscando monte abaixo sen facer barullo.... O Parador lugar escollido, reservado e ao mesmo tempo familiar, próximo, que acolle ao viaxeiro máis exquisito, como a calquera veciño, sen máis. Lugar de

encontro, tertulia, referencia dun pobo que sempre quixo sair da miseria, sen complexos, de maneira sinxela, coa natureza, e a tranquilidade do silencio por bandeira. Agora todo sobra. As pedras brancas do Parador non teñen calor. Quéren deixalas soas na noite, a fortaleza mediaval quedará sen compaña, coma fai séculos, soa, perdida na historia da modernidade e esquecida, se non poñen remedio. Os xesuitas fabricaron os primeiros escritos galegos con frases profundas, que quizais outorguen a Monterrei o titulo perpetuo do saber, da cultura, das letras, das lendas narradas na Galicia dos antergos. O Parador non debe morrer, non pode ser verdade!. Fagan forza os dirixentes, para que este mal soño non se cumpla, e que o Parador de Turismo de Monterrei continúe alumeando coas súas luces ás familias que alí traballan, e continúe achegando un anaco de esperanza no progreso da nosa terra, e siga sendo o vixía dun pobo que non se inca de xeonllos ante a dificultade do lento e desesperante desenvolvemento económico deste lado da raia. O entroido baixará de novo polo Camiño Real cara a San Lázaro, e farán pousada nos salóns do Parador, os intrépidos cigarróns, para axustar as súas chocas, e deixar ceibes os sons inconfundibles entre a noite e as pedras centenarias de Monterrei. Que non pare o Parador, que non pare! Miguel Sotelo

Exposicións - Do 13 de decembro ao 5 de xaneiro- Exposición Beléns do Mundo e Filatelia Natalicia - Casa do Escudo de Verín - Ata o 20 de decembro - Fotografías “Arde Ourense” de Fátima Abal - Taberna Cultural A Corte dos Bois de Sandiás - Ata o 30 de decembro- Mostra fotográfica colectiva “Arquivo Esteirán.1966-1977”, de Xosé Piñeiro Priegue - Casa dos Poetas de Celanova Cine - 13 de decembro - “La Jetée” e “Te amo, te amo”22:15 h. - Casa da Cultura de Verín - 20 de decembro - “El buscavidas” - 22:15 h. Casa da Cultura de Verín - 26 de decembro “Sweet movie” - 22:15h. - Casa da Cultura de Verín - Música - 22 de decembro - Concerto de Nadal - 12 h. Casa da Cultura - 22 de decembro - Concerto para os nosos maiores - 16 h. - Residencia de Anciáns de Santa María - 23 de decembro - Cantos Sacros e Vilancicos Residencia de Anciáns de Santa María de Verín - 30 de decembro - Cantos de aguinaldo dos nosos maiores - 10 h. - Residencia de Anciáns Santa María Teatro - 14 de decembro - Especial infantil - 19 h. - Casa da Cultura de Verín - 15 de decembro - “El engaño” - 19 h. - Casa da Cultura de Verín Feiras e festas - 17 de decembro - Feira en Trasmiras - 18 de decembro - Feira en Cualedro - 23 de decembro - Feira en Verín - 27 de decembro - Feira en Xinzo - Primeiro domingo de mes - Feira en Porqueira - Primeiro luns de mes - Feira en Sandiás - Todos os xoves - Feira en Celanova Outros - 12 e 17 de decembro - Videoconferencia con Papá Noel - 10:30 h. Aula Cemit de Celanova. - Do 22 de decembro ao 5 de xaneiro - Ludonadal no Amaro Refoxo de Verín www.mundourense.com


CLASIFICADOS / SERVIZOS

BARRIOS Decembro de 2012

27

Edita: Letras a la Carta S.L. CIF: B-32.323.925. Depósito Legal: OU 185-2006 - OU 186-2006 - OU 77-2012. Redacción: r/ Valle Inclán 25 2º Of. 15 - 32004 Ourense. Tel: 988 239 634 - 988 549 717. Correo-e: info@ourenseporbarrios.com. Distribúe: Orixe. Imprime: Publicaciones Tameiga. Directora: Paula Lodeiro. Director comercial: Miguel Rejo. Redacción: Paula Lodeiro, Ramsés Torres, Óscar Blanco. Fotografía: Ramsés Torres, Paula Lodeiro, Óscar Blanco. Colaboracións: Joao Damiao, Borys Martínez, Miguel A. Prieto Sotelo, Alejandro Mínguez, S.N. Nº73 / 9- Ano: VII - Decembro 2012 - Difusión: 16.000 exemplares (Ed. Xinzo de Limia: 4.900, Ed. Verín: 7.100, Ed. Allariz-Celanova: 4.000) Impreso en papel 100% reciclado. A opinión do periódico exprésase só no editorial, os artigos e cartas ao director expoñen posturas persoais. Este periódico non pode ser reproducido nin total nin parcialmente, sen autorización previa da empresa editora Letras a la Carta S.L. Se ten algún problema co reparto, pregámoslle que nolo comunique no teléfono 988 239 634.

4CLASIFICADOS

ALUGUER/VENDA

VENDAS

Alugo apartamento en Montalvo de 1 e 2 cuartos, con xardín e barbacoa, para fins de semana, semanas e quincenas. tel. 607 27 19 16.

Vendo fabricador de xeo e cafeteira de dous brazos para hostalería. Tel. 616 76 44 37. Vendo varias pías de distintos tamaños. Tel. 607 900 375 (Xinzo) Vendo centeo embalado. Prezo a convir. Tel: 626 073 751. Vendo máquina expendedora de bebidas quentes. Tel.: 666 726 469 Vendo conxelador 160x70 cm, Zanussi Aplus, garantía 2 anos, sen usar. Tel. 647 232 974 Vendo vestido comuñón, seminovo (impecable) Mayna colecion 2012. Bo prezo.Tlfno.619516824. Vendo Volvo 760 turbo intercooler, impecable, moi barato. Tel. 629 87 90 82 Vendo 2 sillas de coche para bebé e 2 carriños, prezo interesante, practicamente novas. Tel. 629 87 90 82. Véndese leña de carballo a bo prezo. Tel. 630 521 448. Véndese Mercedes en bo estado con extras, 1.500 euros. Tel. 630 521 448 Vendo carriño de bebé completo (silla paseo, capazo e silla de viaxe) en perfecto estado, 250 euros. Tel. 687 511 472 e 988 37 30 50 (noites). Vendo Mercedes 300 D, clásico ano 1982, para rehabilitar. Asentos de coiro. Automático. Tf. 670 718 942 Vendo traxe comunión neno. Talla 12. Impecable. De Wendoline. Colección 2012. Telf: 659857932 Vendo galos de Mos, Tel 988 24 89 67 e 677 02 37 36. Vendo vestido de noiva seminovo, branco con pedrería, a bo prezo. Tel. 676 948 475 Vendo sofás 3+2, caldeira calefacción gas cidade e botelleiro para bar. Tel. 637 00 59 10. Vendo estanterías metálicas. Tel. 988 47 08 55. Vendo dereitos da PAC. Tel. 626 07 37 51 Véndese canapé de madeira tapizado de 135 cm con patas de madera e de regalo o colchón de muelles, gran calidade e seminovo, 230 euros Tel. 637 756 687. Vendo silla xemelar pareada, de 0 meses a 15 kg, perfecto estado, 200 euros. Tel. 699 868 091. Véndese vestido de comuñón, talla 105, bo estado, tel. 653 685 359 e 988 21 12 61

Vendo piso no Couto (Ourense) de 75 m2, 3 dormitorios, 1 baño, cociña amoblada, terraza de 35 m2, calefacción gas cidade, 93.000 euros negociables. Tel. 699 01 45 60. Vendo casa para restaurar na estrada Santiago, Ourense. Tel. 637 00 59 10. Emprendedores: terreo de 2.300 m2 en Melias (Pereiro de Aguiar) con agua propia, apto para todo destino (por exemplo: horta, colmeas, viñedos etc. ) a 50m. da estrada, vendese ou alúgase por 100 euros ao mes, con opción a compra. manueldoallo@hotmail.com Vendo apartamento de 2 habitacións en Vigo, fronte á praia. Tel. 636 422 497. Vendo piso en Vigo, céntrico, 2 dormitorios. Tel. 988 47 08 55 e 679 04 06 04 Vendo apartamento con 2 habitacións, un baño, salón-cociña, buhardilla e garaxe pechado. Zona 21, Ourense. Tel. 675 521 179. Busco chic@ para compartir piso. (zona Couto - Ourense). Televisor en habitación, calefacción, cocina... etc. 210 euros (gastos incluidos). Máis info en: forxanforxan@ gmail.com Busco finca en aluguer de renda baixa para cultivar nos arredores da Valenzá, Barbadás. Tel.988 546 006. Vendo piso na Avenida de Portugal (zona Couto). Calefacción central, todo exterior. Tel.: 988 22 39 32.

EMPREGO Posto de traballo para un Autónomo. Labor puramente Comercial xestionando unha franquicia económica e exclusiva de afiados en Ourense. Tf. 670 718 942 Ofrécese auxiliar de enfermería para coidado de nenos, persoas maiores ou discapacitados. Tel. 664 615 990. Ofrécese rapaza para tarefas domésticas, coidar persoas maiores ou nenos. con informes. Tel. 654 33 83 21 Ofrécese chica con experiencia para camareira. Tel. 675 11 71 19. Formación a distancia subvencionada. Titulación oficial. Asesora para Ourense. Tel. 610 162 749. Preguntar por Loly. Apoio psicolóxico gratuíto. Terapias en consulta ou a domicilio. Cita previa. Tel. 610 162 749. Piano-voz para ceremonias e eventos, repertorio variado e personalizable. Tel. 663 733 179, duopianovoz@gmail.com, fb: duo piano voz. Ofrécese señor para seguridade persoal, vixilancia, acompañamento, etc.( pertencente a f.c.s.e.).Tel. 636.32.95.24 Ofrécese modista, traballos de calidade, rapidez e bo prezo, recollida a domicilio ou tendas. Tel. 988.25.53.02

4TELÉFONOS DE INTERESE Comarca de Monterrei Concello de Verín Concello de Monterrei Concello de Oimbra Concello de Vilardevós Concello de Riós Concello de Castrelo de Val Concello de Laza Concello de Cualedro Comisaría de Policía Verín Policía Local Verín Bombeiro Verín Garda Civil Protección Civil Estación de autobuses Taxis - Parada Hospital Taxis - Parada Estación Autobuses Taxis - Parada Praza Merced Taxis - Parada Praza do Concello Ambulatorio Urxencias Ambulatorio Cita previa Hospital de Verín Cruz Vermella Correos e Telégrafos Rexistro Civil de Verín Rexistro da Propiedade Oficina de emprego Oficina da Seguridade Social Servizos Sociais Verín Cáritas Parroquial IES nº1 de Verín IES García Barbón I. Bacharelato X. Taboada Chivite CEIP Amaro Refoxo CEIP Princesa de España Comarca de A Limia Concello de Xinzo Concello de Porqueira Concello de Calvos de Randín Concello de Baltar Concello de Os Blancos Concello de Trasmiras Concello de Sarreaus Concello de Vilar de Barrio Concello de Sandiás Concello de Vilar de Santos Concello de Rairiz de Veiga Policía Local Xinzo Garda Civil Estación de autobuses Centro de saúde Xinzo Punto Atención Continuada Rexistro civil de Xinzo Rexistro da Propiedade Taxis - Parada

4CLASIFICADOS

Preciosa femia negra de shar pai liña americana, a punto para entregar. Entrégase desparasitada, primeira vacuna e pedigree tramitado. Interesados chamar ou mandar whatsapp ao 646 71 24 12.

[Se eres un particular, publica os teus anuncios clasificados de maneira gratuíta no 988 239 634 ou en info@ourenseporbarrios.com] 4CARTAS AO DIRECTOR [Envíanos as túas cartas ou fotodenuncias a info@ ourenseporbarrios.com, ou a r/Valle Inclán, 25, 2º, of. 15, 32004, Ourense]

988 410 001 988 418 002 988 426 160 988 417 004 988 425 032 988 419 002 988 422 002 988 424 004 988 414 123 988 411 612 988 412 121 988 410 005 988 412 121 988 413 516 988 414 342 988 411 812 988 410 385 988 411 113 988 410 800 988 413 460 988 413 636 988 411 600 988 411 038 988 410 387 988 410 737 988 410 703 988 410 253 988 414 776 988 410 679 988 411 212 988 410 379 988 410 041 988 411 425 988 410 128 988 550 111 988 466 102 988 434 000 988 466 503 988 467 506 988 445 000 988 454 002 988 449 001 988 465 001 988 465 883 988 465 552 988 462 425 988 462 361 988 460 309 988 462 200 988 462 456 988 46 0 188 988 460 209 988 460 258

Oficina de emprego Oficina da Seguridade Social Xulgado de 1ª Instancia Servizos Sociais Xinzo Cáritas Parroquial IES Lagoa de Antela IES Cidade de Antioquía CEIP Rosalía de Castro CEIP Carlos Casares Gardería Municipal Oficina Agraria Comarcal da Limia Comarca de Allariz-Maceda Concello de Allariz Concello de Baños de Molgas Concello de Maceda Concello de Paderne de Allariz Concello de Xunqueira de Ambía Concello de Xunqueira de Espadañedo Policía Local Allariz Garda Civil Allariz Centro de Saúde de Allariz Centro de Saúde de Baños de Molgas Centro de Saúde de Maceda Policia Local Maceda Garda Civil Maceda Parada taxis Maceda CEIP Padre Feixoo IES Allariz Gardería municipal Allariz Servicio Municipal de Augas Allariz Xulgado de Paz Allariz Comarca de Terras de Celanova Concello de Celanova Concello da Bola Concello de Cartelle Concello de Gomesende Concello da Merca Concello de Padrenda Concello de Pontedeva Concello de Quintela de Leirado Concello de Ramirás Concello de Verea Policía Local Celanova Centro de Saúde de Celanova IES Celanova CEIP Curros Enríquez Oficina Seguridade Social Celanova Xulgado 1ª Instancia Celanova Urxencias Sanitarias Cita previa Servizo Galego Saúde Teléfono maltratadas ITV Protección Civil Incendios forestais Fenosa (averías)

988 460 375 988 462 951 988 462 364 988 550 111 988 460 222 988 462 454 988 461 271 988 460 480 988 460 507 988 461 049 988 460 024 988 440 001 988 430 000 988 463 001 988 293 000 988 436 006 988 291 001 988 440 000 988 440 031 988 440 958 988 430 331 988 463 370 696 511 038 988 463 084 988 463 204 988 440 825 988 440 036 988 440 219 988 440 004 988 440 704 988 431 481 988 433 768 988 491 111 988 485 000 988 260 000 988 494 783 988 495 005 988 493 500 988 491 523 988 430 600 988 431 806 988 451 736 988 431 290 988 431 725 988 553 055 988 431 482 061 902 077 333 016 902 309 000 112 085 988 222 222


28

BARRIOS Decembro de 2012

OCIO E CULTURA

Homenaxe a Celso Emilio a través do “Poemas de Moraima” A Fundación Curros Enríquez en colaboración coa Asociación de Amas de Casa “Ilduara” organizaron un roteiro literario centrado na influencia que algunhas mulleres exerceron sobre os grandes escritores de Celanova. A coordinadora de actividades da Casa dos Poetas, Paula Conde, foi a encargada de dirixir este roteiro literario polo casco urbano de Celanova onde se recitaron poemas que Celso Emilio Ferreiro, Castor Elices e Manuel Curros Enríquez lles dedicaron a algunhas das mulleres que máis influíron nas súas vidas, xa fosen namoradas súas (Celso Emilio e Moraima), xa mulleres ás que admiraban (Curros e Rosalía) ou ben de relación matriarcal (Castor Elices e Laureana). O roteiro partiu da Casa de Curros e percorreu as rúas de Celanova pasando polo mosteiro, a alameda ou a Taberna do Galo, lugares cotiáns da vila onde estes autores se inspiraron para escribir tales composicións. Esta iniciativa está enmarcada dentro dos actos de celebración do centenario do nacemento de Celso Emilio Ferreiro, que encara xa o seu último mes, estando previsto que o día 4 de xaneiro se lle poña punto e final cunha lectura colectiva de poemas.

Os asistentes ao acto da Academia Auriense-Mindoniense, en Celanova./A.MÍNGUEZ.

Acto solemne da Academia Auriense-Mindoniense de San Rosendo en Celanova O pasado 24 de novembro a Academia Auriense-Mindoniense de San Rosendo celebrou unha sesión solemne en Celanova. A sacristía da igrexa de Celanova acolleu este acto académico, solemne e público que estivo presidido polo bispo de Ourense, Monseñor Lemos Montanet. No transcurso desta celebración o académico José Manuel García Iglesias interviu co tema “Os benedictinos e o culto xacobeo na Compostela da Idade Moderna con San Rosendo ao fondo”; e deuse lectura ao acordo de nomeamento de novos académicos, nesta ocasión unha muller, a catedrática de Historia del Arte Medieval de la Universidad de León, Etelvina Fernández. Previamente, os académicos celebraron sesión ordinaria da Academia e pasaron por diante do altar de San Rosendo, onde dispuxeron a tradicional ofrenda floral. A Academia Auriense-Mindoniense foi constituída en 2008 en Celanova, coincidindo coa clausura do Ano Xubilar de San Rosendo.


OCIO E CULTURA

BARRIOS Decembro de 2012

A Eurocidade celebra o III Festival de Teatro Entreculturas 4 Con grupos de teatro amateurs. Redacción

Os escolares do María Inmaculada xunto ao responsable da biblioteca.

Cincuenta alumnos do Colexio María Inmaculada visitan a Biblioteca de Verín Cincuenta estudantes de 1º de Primaria do Colexio María Inmaculada visitaron o 4 de decembro a Biblioteca Pública Municipal de Verín, dentro do programa de actividades organizadas ao longo do curso escolar por esta instalación. Estes menores de 6 anos de idade coñeceron o servizo bibliotecario e funcionamento do mesmo así como as diferentes actividades educativas e lúdicas que se programan ao longo do ano. Todas estas actuacións están destinadas a fomentar o interese pola lectura e cultura nos cativos, dinamizar a biblioteca, xerar o hábito de acudir a esta instalación municipal e propiciar a labor de voluntariado entre os seus usuarios. Esta visita constitúe a oitava destas características, organizada pola Biblioteca de Verín nos últimos catro anos, xa que en ocasións anteriores acudiron alumnado do Colexio Rural Agrupado de Monterrei, CEIP de Oímbra, CEIP O Castiñeiro de Laza, CEIP Princesa de España e Colexio María Inmaculada.

A Casa da Cultura de Verín está a acoller o ‘III Festival de Teatro Entreculturas da Eurocidade’, no que participarán grupos de teatro amateur de Galicia e Tras-Os-Montes. O venres 14 de decembro terá lugar un “Especial Infantil”, no que se porán en escena os sainetes “Margarita, Mariluz y

Maripaz”, “La tabla del nueve” e “¿Tú a quién le escribirás?”, e presentarán os contacontos “La gallina colorada”, “El pequeño abeto” e “El gigante egoísta”. Para a clausura do festival, o sábado 15, o grupo teatral La Caja de Pandora representará a obra “El engaño”. As funcións comezan ás sete da tarde e a entrada é libre.

Representación de “A farsa dos carneiros” a cargo de Teatro Experimental Flaviense. /CdV.

29

Obradoiros na Escola de Música de Celanova Redacción

A Escola de Música da Banda Municipal de Celanova programa a partir de xaneiro novos obradoiros musicais. Batería moderna, instrumentos reciclados, musicoterapia para discapacitados, percusión latina, entrenamento rítmico, teoría e harmonía moderna e predanza infantil son os cursos formativos que darán comezo a partir de xaneiro, en diferentes días da semana e sempre en horario de tarde. Para a realización de cada un destes obradoiros deberá haber un mínimo de catro alumnos inscritos. A preinscrición realízase durante todo mes de decembro na Casa da Xuventude de Celanova; a matrícula será entre o 1 e o 15 de xaneiro. O custo da formación é de 10 euros mensuais, máis a matrícula inicial.


30

BARRIOS Decembro de 2012

DEPORTES

San Rosendo xa ten campións zonais

4 Uns 300 rapaces participaron no zonal de campo a través. Redacción

deportivo de Monterrei.

Arredor de 300 rapaces participaron o xoves día 29 no zonal de campo a través celebrado en O Corgo, Muiños, no que foi a final comarcal de San Rosendo. O día frío, pero sen choiva, non foi motivo para que a participación fora excelente. Os 300 rapaces representaron aos seus centros para buscar unha praza de cara aocampionato provincial que se celebrará o vindeiro 2 de febreiro, no complexo

Participantes Os centros participantes foron: o CEIP Xoaquin Lourenzo Xocas (Bande), CEIP Saco e Arce (Toén), CEIP Santa Maria a Real (Entrimo), CEIP Valle-Inclán (Muiños), CEIP Rogelio Garcia Yañez (Ramirás), Colexio Sagrado Corazón (Celanova), CPI Padrenda-Crespos (Padrenda), Curros Enríquez (Celanova) e o IES Aquis Querquernis (Bande).

Participantes na xornada de San Rosendo.

Megaxove, lugar de encontro

4 Celebrouse do 6 ao 9 de decembro en Expourense. Redacción Un ano máis, Expourense acolleu a 13ª edición de Megaxove, lugar de encontro para os deportes minoritarios. Ata 10.000

visitantes tivo este Salón da Xuventude que durante a ponte da Constitución ofreceu máis de 75 actividades, o programa máis completo de todas as edicións que conseguiu entreter, divertir

e formar a miles de nenos e nenas de todas as idades e ás súas familias. Kickboxing Un dos puntos de interese do salón foi a terceira edi-

Membros da escola Body-Fitness de Xinzo, organizadores do torneo de kickboxing.

ción do Torneo Megaxove de Kickboxing organizado pola escola Body-Fitness de Xinzo de Limia na xornada do sábado 8. Os pupilos da escola realizaron os exames de pase de grao (cinto) na xornada matutina; xa pola tarde celebrouse o torneo, coa destacada actuación do mozo Jerai. A escola Body-Fitness de Xinzo de Limia é unha das escolas deportivas nas que imparte clases o excampión mundial de kickboxing, Cipri Gomes, que quedou satisfeito “coa progresión mostrada polos compoñentes da escola”. A súa vindeira cita terá lugar o próximo mes de xaneiro.

10.000 persoas vistaron o 13º Megaxove, o Salón da Xuventude de Expourense


DEPORTES

A Cruz Vermella repartirá tres toneladas de alimentos na comarca de Monterrei 4 Foi o recadado no partido solidario celebrado en Verín. Redacción Rotundo éxito o acadado no primeiro partido solidario a favor de Cruz Vermella Monterrei, no que acudiron máis dun milleiro de espectadores cos seus alimentos como entrada ao espectáculo. A entrada para poder ver o I Partido Solidario “Espello deportivo… por alimentos” era en forma de comida. Tres quilos de comestibles non perecedeiros era o mínimo para poder acceder ao campo de fútbol do Xosé Arjiz e ver o partido no que participou un nutrido grupo de famosos. Ex-xogadores de fútbol, persoeiros da cultura galega e políticos da zona

participaron de forma activa nesta iniciativa de éxito sen precedentes. A proposta solidaria partiu do Verín CF e do actor Rubén Riós

e o seu beneficiario foi a Cruz Vermella de Monterrei, que repartirá todo o recadado entre as familias máis desfavorecidas da co-

Participantes do I partido solidario de Verín.

marca de Monterrei, máis de 3.000 quilos de comida. O tempo deu unha tregua, e veciños de Verín e empresas volcáronse con esta iniciativa que terá máis edicións nos próximos anos. Cruz Vermella Monterrei, coa axuda dos Servizos Sociais do Concello de Verín e doutros concello veciños, repartirán todos os alimentos a familias en vulnerabilidade durante estas datas de Nadal.

BARRIOS Decembro de 2012

31

Verín CF

Regreso de baleiro de Vilagarcía

4 Perdeu 3-1 contra o Arousa. Redacción O equipo dirixido por Sotelo non foi quen de sacar algo positivo da súa visita á Lomba, campo onde fai de anfritrión o Arousa. Tres a un foi o resultado final a pesar de que o conxunto ourensán adiantouse no marcador, e de que os locais non gañaban en casa desde setembro. No minuto 40, Unai facía o gol do Verín e o oitavo seu no que vai de tempada. No segundo tempo, cando mellor estaba xogando o Verín, unha torreta de iluminación deixaba de funcionar na parte onde defendían os ‘rojillos’. A luz da torreta foise da mesma maneira que foise a faísca no xogo

do Verín e no minuto 60 os locais devolvían as táboas no marcador. Dez minutos máis tarde, David Ginzo sufríu unha expulsión; a partir dese momento os arousáns fixéronse donos do encontro. E en menos de dez minutos dábanlle a volta ao marcador para deixar o definitivo 3-1.

Partido do Verín xogado no Xosé Arjiz esta tempada.


BARRIOS Decembro de 2012


Entrevista a Amadino Pereira, promotor da Cruz Vermella [páx.19] TEMA DO MES Páx.2

VERÍN

Páx.4

Informe do Observatorio Económico Ourensán

O PXOM de Verín acada a súa aprobación definitiva

COMARCA

Páx.6

OCIO

Páx.23-24

Adif inicia a Programación de escavación do túnel de Nadal en Verín e na Cerdedelo, en Laza Eurocidade

DEPORTES

Páx.31

Tres toneladas de alimentos, no partido solidario do Verín

A comarca, contra o peche do Parador

[páx.3]

Os 15 empregados do establecemento hosteleiro manifestáronse diante da consistorial de Verín./BORYS INTERFILM .

Número: 73 - Ano:VI - Decembro 2012- Depósito Legal: OU 186-2006 - Periódico mensual de distribución gratuíta www.mundourense.com - BARRIOS volve estar no seu buzón a mediados de xaneiro. Se quere anunciarse consulte no 685 800 190


BARRIOS Decembro de 2012


Entrevista a Amadino Pereira, promotor da Cruz Vermella [páx.19] TEMA DO MES Páx.2

ALLARIZ

Páx.14

Informe do Observatorio Económico Ourensán

40 propostas optan a participar no Festival de Xardíns de 2013

COMARCA Páx.14

OCIO

Acevedo, unha oportunidade de vida no rural

Celanova presenta a programación para a época de Nadal

Monserrat Álvarez senta xa coa oposición

Páx.23

DEPORTES Páx.30 San Rosendo xa ten campións zonais de campo a través

O Mercado da Biosfera medra

[páx. 15]

[páx. 18]

No último pleno a ex edil do PP pasou aos non adscritos./A.M.

Postos de verdura na Praza de Abastos de Allariz./M.REJO.

Número: 9 - Ano: VI - Decembro 2012- Depósito Legal: OU 77-2012 - Periódico mensual de distribución gratuíta www.mundourense.com - BARRIOS volve estar no seu buzón a mediados de xaneiro. Se quere anunciarse consulte no 685 800 190


Decembro 2012 - BXVAC