Issuu on Google+

O afamado reposteiro Jordi Roca exaltou as cualidades da castaña ourensá [páx.10] TEMA DO MES Páx.2 Máis de 800 hectáreas de monte ardidas en apenas 12 días

XINZO Páx.6 COMARCA Páx.6 O alcalde defende os A repetición das dous proxectos que eleccións nos Blancos crearían 400 empregos coincidirá co 20-N

CULTURA Páx.11 Edítase o quinto número da revista cultural de Sandiás

DEPORTES Páx.12 Máis de 70 novos atletas na I Olimpiada escolar da Limia

Antela despide a tempada de carreiras [páx. 12 ]

Cabalos competindo na primeira carreira da xornada no hipódromo de Sandiás, o pasado 12 de outubro./P.LODEIRO.

Número: 59 - Ano:VI - Outubro 2011 - Depósito Legal: OU 185-2006 - Periódico mensual de distribución gratuíta www.barriosxinzoverin.com - BARRIOS volve estar no seu buzón a mediados de novembro. Se quere anunciarse consulte no 685 800 190




BARRIOS Outubro de 2011

TEMAS DO MES

Outubro tráxico nos montes ourensáns

4 Máis de 800 hectáreas calcinadas só na Limia e Monterrei logo de rematar a época estival. Redacción Cando o calendario xa indicaba a chegada do outono e a Xunta de Galicia xa emitira o seu balance de incendios da tempada de verán, a provincia de Ourense sufriu a maior cantidade de lumes dos últimos meses. Só nas comarcas da Limia e Monterrei foron debastadas máis de 800 hectáreas, sendo Castrelo de Val, Cualedro, Monterrei, Vilar de Barrio, Laza e Oímbra as localidades máis castigadas. O balance da Xunta Coa entrada do outono a Xunta de Galicia realizou o seu tradicional balance da campaña de loita contra incendios deste verán. Así, dende a Consellería de Medio Rural sinalaban que a boa labor dos servizos de extinción ourensáns lograran que a superficie queimada este ano fose menos da metade da media da última década. No caso concreto da provincia de Ourense, a época estival saldábase con 7.359 hectáreas queimadas. 9 incendios en 12 días As altas (e nada habituais) temperaturas acadadas en Ourense despois de que o verán tocase ao seu fin foron o perfecto caldo de cultivo para que a provincia vivise no que vai de outono a maior cantidade de lumes. Só nas comarcas da Limia e Monterrei arderon máis

Martínez entrevístase cos alcaldes de Baltar, Oímbra, Sarreaus e Vilar de Santos 4Analizaron os proxectos da Xunta nestes municipios. Redacción

A ministra de Defensa e o conselleiro de Medio Rural visitaron a zona onde tivo lugar o sinistro no que faleceu o piloto do dispositivo contra incendios./BRAIS LORENZO. de 800 hectáreas en 12 días (do 26 de setembro ao 7 de outubro), cifra que se eleva a 1.799 hectáreas en toda a provincia (dato pechado a 12 de outubro). Longo foi o lume que tivo lugar en Vences (Monterrei), que se iniciou a tarde do domingo 2 e foi contralo o xoves seguinte, afectando a un total de 250 hectáreas. Ademais, foi precisamente durante as labores de extinción do mesmo cando faleceu o piloto dunha das avionetas dos Servizos Forestais de Ourense. Pola súa banda, Vilar de Barrio non quedou atrás. A parroquia de Prado foi o escenario de dous lumes (iniciados os días 3 e 5, respectivamente) que foron extinguidos o venres 7 de outubro, logo de cobrarse 170 hectáreas de arborado. O 26 de setembro Parada

No verán arderon 7.359 hectáreas na provincia; no que vai de outono, 1.799 hectáreas

de Serra (Castrelo do Val) comezaba a arder ao mediodía e non deixaba de facelo ata case 48 horas despois, cando o lume xa arrasara 45,5 hectáreas de monte raso. Dous días máis tarde, a localidade sufriu outro incendio, que se cobrou 100 hectáreas arboradas. Cualedro, foi outro dos concellos que viviu repetidos incendios. A parroquia

de Baldriz rexistrou un lume que afectou a 20 hectáreas de arborado, e a da Xironda outro que se cobrou 55 hectáreas rasas. Pola súa banda, 64 hectáreas foron calcinadas en Laza por un incendio desencadeado entre o 1 e o 3 de outubro; así como 22 en Bousés (Oímbra) debido a un lume que tivo lugar do 2 ao 5 deste mes.

Un piloto falecido Un piloto dunha das aeronaves dos servizos forestais perdeu a vida o pasado 2 de outubro cando colaboraba na extinción dun lume acontecido en Monterrei. Por causas que aínda se descoñecen, Íñigo Zubiaga, de 54 anos, perdeu o control do aparello que manexaba e precipitouse contra o chan. Pouco despois, axentes das forzas de seguridade localizaron o seu corpo calcinado a 200 metros da aeronave. Unha Unidade da Aviación Militar estase a encargar da investigación do sinistro a partir da caixa negra da avioneta. O PSOE solicita unha copia do Informe Pola súa banda, os socialistas galegos solicitaron unha copia do Informe interno que elaborou a Consellería sobre este sinistro, ao mesmo tempo que quixeron recordar a “opacidade” da Xunta á hora de informar das hectáreas calcinadas e das numerosas localidades ourensás que veñen sufrindo reiteradamente lumes.

O delegado Territorial da Xunta en Ourense, Rogelio Martínez, continúa coa súa rolda de contactos cos rexidores ourensáns co fin de coñecer de primeira man as necesidades e proxectos de todos os municipios que visita. Nos últimos días foi a quenda dos concellos de Baltar, Oímbra, Sarreaus e Vilar de Santos. Estes encontros de traballo foron aproveitados por Martínez para comprobar a actual situación das respectivas inversións realizadas pola Xunta nestes municipios no último ano. Así, na súa visita a Oímbra, o delegado Territorial tratou con Alfonso Villarino o investimento de 200 mil euros realizado polo goberno autonómico para a mellora do saneamento e abastecemento de varios núcleos do concello, obras

licitadas dende maio. Pola súa banda, con Xosé Antonio Feijoo, alcalde de Baltar, conversou sobre os máis de 100.000 euros que a Xunta adicou á mellora de diversos camiños rurais do municipio. Plan de Cooperación Como o leva facendo ata o momento, Rogelio Martínez tamén analizou cos alcaldes a aplicación do Plan de Cooperación da Xunta nos seus respectivos concellos. Unha iniciativa que implicou a inversión de máis de 200 mil euros (75 mil en Baltar, 50 mil en Oímbra, 30 mil en Vilar de Santos e 80 mil en Sarreaus) para a inserción laboral dun total de 49 parados destes catro municipios. “Trátase dun investimento que non só permite reducilo número de desempregados senón que facilita a realización de obras municipais de gran interese para todos os veciños”, sinalou.

O delegado da Xunta co alcalde de Baltar, José Antonio Feijoo.


VERÍN E COMARCA

BARRIOS Outubro de 2011



O Concello de Verín inaugura a súa nova aula CeMIT

A Xunta anuncia a licitación da ampliación de Pazos

4 En outubro e novembro haberá cursos de creación de webs e streaming de audio e vídeo.

4 Rematada a expropiación de terreos.

Redacción Vén de inaugurarse a nova aula CeMIT do Concello de Verín, once anos despois de pór en funcionamento a Aula Multimedia de Verín, que converteu o municipio nun dos pioneiros de Galicia en dotar un espazo de infraestruturas tecnolóxicas capaces de soportar servizos de videoconferencia, teleformación ou streaming de vídeo. A aula forma parte da Rede de Centros para a Modernización e a Inclusión Tecnolóxica de Galicia, impulsada desde a Xunta de Galicia co obxecto de potenciar o uso das TIC e a Sociedade da Información. Está dotada dos mellores avances tecnolóxicos, como equipamentos espe-

O subdirector xeral de Enxeñería e Planificación de Telecomunicacións, Ignacio Otero, o delegado da Xunta, Rogelio Martínez, e o alcalde de Verín, Juan Manuel Jiménez Morán, inauguraron a nova aula CeMIT de Verín. cíficos para ofertar formación a xente con discapacidade. A aula multimedia de Verín conta xa con máis de 100 usuarios. Novos cursos En outubro e novembro,

a aula oferta os cursos de ‘Creación de webs para dispositivos móbiles’ e ‘Streaming de vídeo e de audio’, ambos os dous son de carácter gratuíto cun mínimo de cinco participantes, e de 30 horas cada un.

Redacción O Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS) e a empresa pública Xestur Ourense licitarán proximamente as obras da primeira fase da ampliación do parque empresarial de Pazos, en Verín, unha vez que rematou a xestión urbanística do mesmo e a adquisición dos terreos necesarios. Na actualidade trabállase no proxecto de ampliación do parque empresarial co obxectivo de adaptalo ao desenvolvemento do mesmo por fases, de maneira que se procederá á licitación da primeira fase unha vez rematen ditos traballos de adaptación, tal como expuxo no Parlamento de Galicia o director xeral do Instituto

Galego da Vivenda e Solo, Antonio Boné. O proceso de expropiación dos terreos necesarios para a ampliación do parque empresarial de Pazos rematou a semana pasada, coa sinatura das actas de ocupación o día 14 de setembro, logo de que os días cinco e seis de setembro asinaranse as actas de pago dos terreos expropiados. Anteriormente Xestur Ourense xa adquirira, en compravenda, arredor do 37% da totalidade do solo necesario. Dúas fases A ampliación do parque empresarial de Pazos realizarase en dúas fases, a primeira de 58.000 metros

cadrados e a segunda de 94.000 (34.000 e 67.000 metros cadrados respectivamente de superficie de uso industrial). O investimento da Xunta de Galicia na execución das obras de urbanización de ambas fases da ampliación do parque empresarial de Pazos será de máis de 2,5 e 3,3 millóns de euros repectivamente. Crítica do PSOE Con respecto a este anuncio do IGVS para Pazos, o deputado socialista Juan Carlos Francisco Rivera denunciou no Parlamento galego que a Xunta paralizou a creación doutro polígono empresarial de Verín, o de Tamagos.

A ampliación do polígono fase en dúas fases: a primeira de 58.000 m2




BARRIOS Outubro de 2011

EN BREVE

4 Novos retos na Industria Agroalimentaria Todas as persoas activas no sector agroalimentario, profesionais e directivos, residentes en Verín teñen a posibilidade de ampliar os seus coñecementos acudindo entre o 18 e o 29 de outubro, de 18 a 22 horas, a un curso sobre “Novos retos na Industria Agroalimentaria”, que organiza o Centro de Desenvolvemento Rural “Portas Abertas” . Unha iniciativa pensada para lograr a reflexión e o debate sobre o futuro agroalimentario a través de temas como a soberanía alimentaria, a viticultura, a posta en marcha dunha nova empresa do sector, a diversificación da xente nova, os mercados tradicionais e prazas de abastos ou a repercusión das enfermidades do castiñeiro e as súas solucións, entre outros. [+ info: 988 41 72 32 ou en rural@cdrportasabertas.org]

4 Nova dirección do Servizo Municipal de Auga A empresa Espina & Delfín, SL., concesionaria do servizo municipal de auga de Verín, trasladou á rúa Canella Cega nº 41 a súa Oficina de Atención ao Cidadán, situada con anterioridade na rúa Laureano Peláez, e na que os verineses non só recibirán información deste servizo senón que tamén poderán efectuar as xestións administrativas pertinentes. Os teléfonos de contacto continúan sendo 988 683 286 (Oficina, luns a venres de 9 a 13.30 horas) e 607 527 755 (Urxencias).

VERÍN E COMARCA

Resolta a avaliación ambiental do proxecto contra inundacións no Támega 4 Dentro do termo municipal de Castrelo do Val.

Limparanse canles e marxes e restauraranse dous azudes mandato para atacar a xestión do actual goberno popular en Vilardevós, xa que como especifican as traballadoras nas súas demandas, os contratos subscritos co Concello realizáronse en fraude de lei ”, indica Cardoso Pérez. Os escritos foron presentados os día 3 e 9 de xuño de 2011, previos á toma de posesión do Partido Popular como grupo de goberno de Vilardevós. “O que debe efectuar declaracións sobre estas

demandas é o portavoz do PSOE, xa que se presentaron ao final do seu mandato, e el foi o que realizou as contratacións das mesmas, prorrogounos de forma ‘intencionada e ilegal’ para que adquiriran a categoría de fixas, e impedindo que outras persoas de Vilardevós puidesen acceder a estes postos de traballo”, indica o rexedor popular. “Se actuará conforme á lei agora non teríamos unha situación que lle vai ocasionar ao Conce-

O río Támega sofre periódicas inundacións./ARQUIVO. cuación de dous azudes, un situado na área recreativa das Botas e o outro en Nocedo do Val, e varanda na poboación de Castrelo do Val, concretamente no tramo urbano do río. Coas medidas preventivas e correctoras expostas polo promotor nos documentos ambientais presentados non se producirán impactos significativos sobre o chan, auga, atmosfera, fauna, etc., nin durante a fase de construción, nin na de explotación do proxec-

O alcalde de Vilardevós puntualiza ao PSOE Redacción O alcalde de Vilardevós, o popular Manuel Cardoso, decidiu puntualizar as “imprecisas e incertas” declaracións realizadas polo portavoz do PSOE no municipio, José Luis Pérez García, nas que se critica que seis emprega-

dos do Concello presentaron demandas contra o mesmo. “Hai que ter unha cara moi dura, ser un irresponsable político e un demagogo como o portavoz do PSOE en Vilardevós para utilizar as demandas de seis traballadoras contratadas por el e presentadas durante o seu

Redacción O deputado socialista Juan Carlos Francisco Rivera lamenta “que a desidia da Xunta de Galicia impida que os empresarios da construción da comarca de Monterrei poidan dispor dun recinto para depositar os materiais e os cascallos xerados nos procesos construtivos”. “Resulta incomprensible que as Consellerías de Medio Rural e de Medio Ambiente antepoñan as súas discrepancias sobre a dispoñibilidade dun terreo onde situar o vertedoiro ás demandas dos empresarios de contar cunha zona habilitada para iso”, afirma. Rivera explica “que o vertedoiro é unha demanda dos empresarios da comarca e que xa no ano 2007 deuse o visto e prace ao proxecto de vertedoiro pola Consellería de Medio Ambiente do anterior goberno galego, por iso resulta sorprendente a actitude da Xunta de Galicia”.

Redacción O Ministerio de Medio Ambiente, e Medio Rural e Mariño vén de formular a avaliación de impacto ambiental do proxecto “Adecuación ambiental e defensa contra avenidas na conca do río Támega e outros regatos menores” no municipio de Castrelo do Val, cuxo promotor é a Confederación Hidrográfica, concluíndo que a condición de que se cumpran as medidas fixadas nesta resolución quedará axeitadamente protexido o medio ambiente e os recursos naturais. O proxecto expón distintas actuacións ao longo do río Támega, para mellora do uso público e do funcionamento hidráulico da canle. As accións que levarán a cabo son as seguintes: limpeza de canles e marxes no río Ribas; recuperación de marxes e eliminación de badén no río; restauración e ade-

Esixen á Xunta que autorice un vertedoiro de cascallos

to. Unha vez realizado o proxecto, o impacto sobre a paisaxe será positivo, ao mellorar as condicións actuais gañando naturalidade e facilitando o acceso. Establecerase un programa de vixilancia durante a realización das obras e polo menos durante o primeiro ano de explotación.

O deputado socialista denuncia que “a carencia dun vertedoiro autorizado está a provocar que moitos empresarios teñan que depositar os residuos da construción en propiedades privadas e, nalgúns casos, en vertedoiros ilegais e incontrolados”. No mesmo sentido, Rivera apunta que a Xunta de Galicia non pode desprazar a súa responsabilidade aos concellos da comarca, e valora “o esforzo da Mancomunidade de Municipios na adquisición dun terreo para a instalación do vertedoiro que nestes momentos resulta insuficiente e debe ser completado con outra parcela lindante de titularidade da Xunta de Galicia”. O deputado anuncia a presentación de iniciativas parlamentarias para que a Xunta de Galicia execute inmediatamente a construción do vertedoiro. Igualmente solicitará que os orzamentos autonómicos do ano 2012 recollan a partida de 600.000 euros necesaria para a execución desta infraestrutura. llo de Vilardevós un gasto importante de diñeiro en avogados e un gasto importante nas indemnizacións nas que puidera incorrer polas prácticas ilegais do anterior alcalde”.

Cardoso acusa ao anterior rexedor de prorrogar contratos de forma “ilegal”


PUBLICIDADE

BARRIOS Outubro de 2011






BARRIOS Outubro de 2011

EN BREVE

4Cursos no CDR O Viso O Centro de Desenvolvemento Rural O Viso vai realizar dous cursos de formación no mes de outubro. O primeiro deles é o de “Mellora das capacidades físicas e primeiros auxilios para as persoas dependentes”, dirixido a coidadores, e comeza o 24 de outubro. O segundo, dirixido a traballadores do sector agroalimentario, é de “Manipulación, despiece e conservación de produtos cárnicos” e dá inicio o 15 de outubro. Os cursos terán lugar nas instalacións do Viso en Lodoselo (Sarreaus), agás a parte práctica do curso de manipulación de produtos cárnicos, que será no Centro Tecnolóxico da Carne de Ourense [+ info na praza Maior nº1- 1º de Xinzo, no 988 461 571 e cixdalimia@ cdroviso.org]

4 Obras na estrada OU-304 en Laroá A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas vén de adxudicar as obras de mellora de seguridade viaria na OU-304, en Laroa, en Xinzo de Limia. Os traballos nesta estrada iniciaranse na segunda quincena do mes de outubro. A Xunta de Galicia achega un importe de preto de 160.000 euros para levar a cabo estas melloras nun treito de estrada que ten unha lonxitude de 1,2 quilómetros. As obras consisten en ampliar a plataforma da estrada sen saírse dos límites do dominio público, para o cal terase que cubrir a gabia existente mediante a colocación dun tubo nunha zanxa con grava. Finalmente construirase a senda peonil mediante soleira de formigón cun ancho tal que permita a circulación de bicicletas. No que se refire a características técnicas, o tramo conta con dous carrís de 3,50 metros cada un e dúas beiravías de 0,50 metros. Tamén consta unha senda peonil de 2,50 metros.

XINZO E COMARCA

O alcalde de Xinzo defende os dous proxectos que crearían 400 empregos no municipio 4 O BNG cuestiona a solvencia da empresa que propón a planta de reciclaxe e o PSOE a da industria cárnica. Paula Lodeiro Goberno e oposición de Xinzo de Limia manteñen posicións enfrontadas con respecto á posible implantación na localidade de dúas empresas que xerarían xuntas 400 postos de traballo. Desde o grupo de goberno do PP apoian os proxectos empresariais para crear en Xinzo unha planta de reciclaxe de residuos e unha industria cárnica, mentres que socialistas e nacionalistas consideran estas dúas iniciativas “falsas promesas” (Elvira Lama) e un “timo do PP” (Xosé Manuel Pérez Bouza). Defende o alcalde, Antonio Pérez, que a súa preocupación é “crear emprego” e non “valorar a vida persoal dun empresario”. Referíase ás críticas do senador e candidato do BNG Xosé Manuel Pérez Bouza, quen desacreditou a empresa que promove a construción da planta de reciclaxe de residuos en Xinzo, vinculando o seu administrador a unha trama de corrupción do PP de Murcia (Caso Brugal). “Ao BNG non lle cabe a menor dúbida de que Soreva (a empresa en cuestión) non é máis que unha tapadeira, porque quen realmente esta detrás deste proxecto é a empresa coñecida como Pro Ambiente S.L., da que

casualmente é titular Ángel Fenoll, un dos principais imputados na Operación Brugal”, afirmou Pérez Bouza, quen anunciou que a formación frontista levará ao Parlamento galego “o entramado de empresas e asuntos turbios que existe detrás do proxecto”. Para Antonio Pérez, as críticas dos nacionalistas responden ao obxectivo de “ buscar a rendabilidade de catro votos”. Con todo, o alcalde aclarou que se interesou pola solvencia dos promotores da planta de reciclaxe, que lle negaron que o investimento en Xinzo estivese vinculado a ningunha subvención. “Loxicamente darémoslle o maior número de facilidades”, afirmou o rexedor limiao, quen puntualizou que “cando chegue o momento pediremos avais, que ingresen o ICIO, e os impostos correspondentes”. Industria cárnica Con respecto ao proxecto de industria cárnica, o politico popular indicou que agardan ter o informe favorable da Xunta de Galicia ao proxecto en decembro e “se todo vai ben antes do final do ano estarán facendo alí a obra”. Pola contra, para a voceira socialista, Elvira Lama, trátase “dun novo engano aos veciños pola proximidade das eleccións xerais”. Engade que “esta suposta

4 O mesmo proxecto en tres localidades distintas Ademais de en Xinzo, o grupo galego ICG ten presentado o seu proxecto de CICAT (Centro Industrial Cárnico de Alta Tecnoloxía) en dúas localidades máis: a leonesa Cubillos del Sil e Trujillo (Cáceres). En 2010 a empresa recollía currículums na localidade cacereña para optar a un dos 250 postos de traballo que se crearían coa súa fábrica, mentres que na primavera pasada os seus responsables visitaban os terreos da vila leonesa na que a planta cárnica empezaría a construirse a finais deste mesmo ano, cun investimento de 50 millóns de euros e a creación de 250 empregos directos. ICG tamén se interesara en 2008 en facerse cargo do matadoiro de Badajoz, cun proxecto similar ao da capital limiá. empresa non é máis que unha cazadora de subvencións que agora mesmo lle convén ao PP, pero que acabará en nada”.

Socialistas e nacionalistas consideran as dúas iniciativas “falsas promesas”

Obradoiro organizado polo departamento de Servizos Sociais de Xinzo.

Obradoiro de saúde, afectividade e sexualidade nas persoas maiores A sexualidade dos anciáns foi un dos temas tratados no “Obradoiro de saúde, afectividade e sexualidade nas persoas maiores” impartido no salón de actos de Xinzo por profesionais da Escola Galega de Saúde para o Cidadán, co apoio do departamento de Servizos Sociais do Concello. Ao acto asistiron un grupo de 46 persoas, entre elas os participantes no curso do INEM de Auxiliares de Axuda a Domicilio e varias mulleres do Plan Clara.

As eleccións nos Blancos coincidirán co 20-N Redacción

A repetición das eleccións municipais nunha mesa do concello dos Blancos terá lugar o 20 de novembro, coincidindo coas eleccións xerais. Ademais de elexir os seus representantes no Congreso e no Senado, na man

dos 470 censados nesta mesa está a elección do seu próximo alcalde. Nos pasados comicios municipais de maio, produciuse un empate nos resultados dos Blancos entre o candidato de APGa, José Manuel Castro e o do PP, Juan Manuel Andrade, tras desaparecer un voto nunha das dúas mesas. Logo dun primeiro sorteo que daba a alcaldía ao PP, APGa recurriu ao Tribunal Superior de Xustiza de Galicia que obrigou repetir as eleccións.


PUBLICIDADE

BARRIOS Outubro de 2011






BARRIOS Outubro de 2011

PUBLICIDADE


PUBLICIDADE

BARRIOS Outubro de 2011




10

BARRIOS Outubro de 2011

especial INORDE

O Inorde trouxo ao seu foro sobre a castaña a Jordi Roca O reposteiro do afamado restaurante El Celler de Can Roca elaborou catro sobremesas con castañas ourensás O “xenio do doce”, como se ten definido a Jordi Roca, acudiu o pasado luns a Ourense para participar no foro sobre a castaña auspiciado polo Inorde e o Grupo Cuevas. Ante un numeroso público, o menor dos tres irmáns Roca explicou como é un día de traballo en El Celler de Can Roca, restaurante que, con tres estrelas Michelín, está considerado o mellor de España e o segundo do mundo. A parte máis atractiva da súa intervención chegou no momento no que o reposteiro catalán elaborou in situ catro sobremesas, todas elas a base de castaña: ensalada de castaña, castaña á brasa, castaña con queixo San Simón, café e caramelo, e castaña xeada con marrón glacé; con castaña ourensá, claro está, como a que se utiliza no seu restaurante, especialmente en cociña de tempada de outono e pratos de caza. Dous destes postres formaban xa parte da carta de El Celler de Can Roca; mentres que os

outros dous creounos por primeira vez como achega ao desenvolvemento e potenciación do produto máis representativo de Ourense, o froito do castiñeiro. A pesar de que a axenda de Jordi Roca está repleta de invitacións que recibe diariamente de todo o mundo, o afamado reposteiro aceptou acudir a este foro pola súa identificación coa castaña como valioso ingrediente da cociña doce, e como homenaxe aos que conseguiron rescatala dunha longa historia de esquecemento, comezando polo seu aproveitamento no marrón glacé e ata introducila na gastronomía máis selecta e nas tendas gourmet e as cadeas de distribución máis importantes do mundo. O seu proceso creativo Durante a súa conferencia, Jordi Roca desvelou aos presentes como concibe cada nova idea e o proceso creativo que segue ata convertela nun novo prato. A pesar da súa mocidade, Jordi Roca é xa un referente mundial da cociña doce e líder da

repostaría de vangarda. Coas súas sorprendentes sobremesas busca combinar o goce gastronómico e crear estados de ánimo e evocacións no comensal. As súas constantes e sorprendente innovacións leváronlle a converter en comestible “O gol de Messi”; así se chama a sobremesa que recrea no prato o oloroso céspede e a eléctrica mobilidade do futbolista cun balón, con caramelos que explotan na boca ao degustalo. Recentemente ten conseguido captar os aromas de 18 dos perfumes máis recoñecidos do mercado para facelos tamén comestibles, e a partir dunha sobremesa ten creado un perfume propio levando o aroma do prato ao frasco; denominouno “Núvol”, xa á venda. Jordi Roca, con innumerables premios no seu haber, é autor tamén de “Doces sensacións”, libro no que recompila e explica as súas mellores receitas. Entre o público que non perdeu detalle da charla divulgativa de Roca, estaban presentes o xerente do Inorde, José Manuel

Rodríguez, e o do Grupo Cuevas, Artur Yuste. Citas anteriores do foro Jordi Roca foi o terceiro invitado ao foro estable creado polo Inorde e o Grupo Cuevas para coñecer como se ve a Ourense desde o exterior, como se valoran e coñecen os seus produtos máis destacados e cal é a imaxe que perciben diferentes líderes de opinión e relevantes profesionais do mundo da comunicación, a cultura e a gastronomía. Este primeiro ciclo ten á castaña como protagonista -un dos produtos máis identificados no mundo con Ourense- e foi aberto no mes de maio polo xornalista Pepe Ribagorda, que falou sobre “Se somos o que comemos, que somos”, para trazar un emotivo e personalísimo percorrido pola cociña tradicional e as evocaciones da castaña ao longo da súa vida. Xa en setembro, o foro recibiu o experto gastrónomo Lorenzo Díaz, quen explicou a estreita relación entre a literatura e a cociña galegas.

A directora do Centro Superior de Hostelería de Galicia, Patricia Cuevas, presentou a conferencia de Jordi Roca, quen iniciou a súa conferencia explicando como se traballa no considerado segundo mellor restaurante do mundo, El Celler de Can Roca.

Un dos axudantes de Jordi Roca adiantando a preparación dunha das catro sobremesas a base de castaña que o reposteiro preparou en Ourense.

O reposteiro catalán elaborou in situ catro sobremesas, todas elas a base de castaña ourensá: ensalada de castaña, castaña á brasa, castaña con queixo San Simón, café e caramelo, e castaña xeada con marrón glacé

Numeroso público achegouse ata o Centro Cultural da Deputación o pasado luns 10 de outubro para seguir a conferencia do afamado reposteiro Jordi Roca. Parte del tivo que seguir a charla de pé, dado o éxito da convocatoria.

O Inorde creou este foro para coñecer como se ve a Ourense desde o exterior, como se valoran e coñecen os seus produtos máis destacados; a castaña é a protagonista do primeiro ciclo


OCIO E CULTURA

Novo número da revista cultural de Sandiás

4IMAXES DO MES

11

O 5 de novembro, 5ª Carrada do Viño en Verín Redacción

Redacción

Vén de publicarse o quinto número da revista “A Torre do Castro”, con información de carácter cultural e turística do concello de Sandiás. Trátase dunha publicación que intenta achegar a visitantes e veciños a historia e o patrimonio cultural de Sandiás. Neste número contan cunha transcrición dun artigo relacionado coa Limia escrito por Domingo Fontán en 1858, no que aborda un tema de actualidade na época: a obsesión polo desaugamento da lagoa de Antela para o seu aproveitamento agrícola. A revista tamén dedica un espazo á promoción do Centro Ecuestre de Antela e outro ao deporte, cunhas páxinas dedicadas á Segunda Carreira Popular Torre do Castro, así como unha mostra de vellas fotografías do municipio.

BARRIOS Outubro de 2011

Homenaxe aos músicos da banda de Parada de Ribeira.

Homenaxe aos músicos da banda de música de Parada de Ribeira

O pasado domingo 2 de outubro tivo lugar no novo centro social de Parada de Ribeira, en Xinzo de Limia, un acto de homenaxe aos músicos que conforman a banda de música do pobo. O acto dividiuse en tres partes: unha misa cantada na igrexa de San Salvador na honra dos integrantes da banda xa falecidos; unha entrega de placas conmemorativas e a presentación dun libro que compendia a historia da banda, e un pequeno concerto da Agrupación Musical da Limia. Á homenaxe asistiron o presidente da Deputación, José Luis Baltar, o alcalde de Xinzo de Limia, Antonio Pérez, os concelleiros do grupo de goberno e do BNG. Desde o Concello de Xinzo negaron que se tratase dunha inauguración do local social, como acusaran os socialistas.

Acto de entrega do premio á Biblioteca de Verín.

A Biblioteca de Verín, galardoada O director xeral de Promoción e Difusión da Cultura, Francisco López, o alcalde de Verín, Juan Manuel Jiménez Morán, e os responsables da Biblioteca Pública Municipal de Verín, Vicente Rodríguez e Aurora Prieto recolleron, o premio á Mellor Iniciativa ao Fomento da Lectura para Bibliotecas Públicas 2011, concedido pola Federación de Gremios de Editores de España. O premio foi concedido por unanimidade, polo seu traballo no ámbito do fomento á lectura e o conxunto de actividades realizadas pola biblioteca. O galardón, entregado no marco da Feira Internacional do Libro de Madrid. consistiu nunha escultura orixinal expresamente deseñada para este acto, valorada en 6.000 euros. “A Biblioteca Pública Municipal de Verín converteuse nun dos centros lúdico-culturais máis significativos da comarca de Verín-Monterrei”, subliñou Jiménez Morán.

Unha convivencia ao redor da gastronomía e do viño é o que agarda o vindeiro 5 de novembro aos que acudan á 5ª edición da Carrada do Viño de Verín. Creada hai cinco anos para celebrar a nova colleita, o seu organizador, Edelmiro Mateo, avanza que nesta nova edición non haberá moitos cambios, “cando unha cousa funciona non convén cambiala”. Siguen as seis estacións, os cinco carros, e o pregón (probablemente a cargo de Ricardo, de Adegas Álvaro Palacios). A saída e chegada de novo no Mesón do Castro, con paradas no barrio de San Roque, a Alameda e o barrio de San Lázaro. As tazas para participar na ruta (unhas mil) poranse á venda a partir da semana próxima nos bares por onde pasa o percorrido.


12

BARRIOS Outubro de 2011

DEPORTES

A carreira pedestre do San Martiño cumple 35 edicións 4O prazo de inscrición está aberto ata o 31 de outubro. Redacción O domingo 6 de novembro Ourense correrá un ano máis a Carreira Popular Pedestre do San Martiño, unha proba que neste 2011 cumple 35 edicións, sendo a competición “máis antiga, querida e valorada” da cidade. O Consello Municipal de Deportes vén de presentar os detalles da proba deste ano, cuxo prazo de inscricións está aberto ata o 31 de outubro. Referente ourensán do deporte popular e plural, a San Martiño aspira superar os máis de 7.500 atletas que o ano pasado se deron cita na capital ourensá. A 35º edición da San Martiño, incluída no calendario da Real Federación Galega de Atletismo, mantén a súa dobre carreira con percorrido de 10 quilóme-

Manuel Mosquera, Isabel Pérez, Fernando Varela e Marta Míguez presentaron a 35º San Martiño/RAMSÉS. tros na categoría xeral e 4,5 quilómetros para escolares, o que asegura a máxima participación nas diferentes categorías e o seu carácter de competición “popular”. O encargado de dar a saída este ano, ás 11 horas no Pavillón dos Remedios, será o corredor Santi Pérez,

Olimpiadas na Limia R.T.

A Asociación Deportiva Limiactiva, en colaboración coa Concellería de Deportes de Xinzo e a Deputación, organizou a I Olimpiada Escolar da Limia o pasado 24 de setembro. Este evento desenvolveuse no Parque do Toural, onde se deron cita 70 nenos e nenas dende categoría Chupete (2010) ata Cadetes (1997). A diversión foi a nota predominante en todas as probas, coma salto de altura e lonxitude, lanzamentos de xavelina e peso, carreiras de velocidade, resistencia e relevos así

Os rapaces xunto coa mascota da Escola Deportiva Limiactiva./LIMIACTIVA como os 60 metros valados. O público animou en todo momento aos pequenos atletas que recibiron unha medalla conmemorativa do evento e outros agasallos. Con este evento, Limiactiva inaugurou a tempada da escola deportiva de atletismo, xestionada por terceiro

ano consecutivo xunto coa Concellería de Deportes. Este ano son máis de 60 atletas. Tamén se deu a coñecer a mascota da escola, unha ra debuxada por Miriam Opazo, gañadora do concurso convocado pola asociación con esta finalidade.

histórico atleta galego que foi olímpico en Pekín 2008. Policía Local e un corpo de voluntarios velarán de xeito coordinado polo bo desenvolvemento da proba, que contará cos habituais controis e avituallamientos. Presentación dos cabalos da segunda carreira en Antela./P.LODEIRO.

Antela pecha a tempada de carreiras

A última cita da tempada no hipódromo de Antela, en Sandiás, estivo marcada pola alta afluencia de afeccionados, que non se perderon as cinco carreiras que se disputaron na soleada mañá do 12 de outubro e que non deixaron de apostar polos seus favoritos. En total repartíronse 40.000 euros en premios, nunha xornada deportiva na que participaron máis de medio cento de cabalos. Destacou a última das carreiras, de 1.200 metros, na que participaban só cabalos nacidos en Ourense e na que resultou vencedor Galego. Na primeira da mañá, 2.400 metros para 4 anos en diante, foi para Smasher; a favorita Neska alzouse coa victoria na proba sobre 1.800 metros para poldros e potrancas; houbo sorpresa portuguesa na terceira da mañá, coa vitoria de Ski Franque, sobre unha distancia de 1.800 metros; e Chief Key fíxose coa cuarta proba, de 1.200 metros.

Ampi defendendo a España en Xinzo./RAMSÉS

España-Rusia de fútbol sala, en Xinzo R. Torres

No segundo partido dos amigables disputado en

terras ourensás, concretamente Xinzo, o combinado nacional impúxose ao ruso por 4-1. As dúas escadras alternaban rápidos movementos de balón en toda a cancha. As de Arsenio Pascual tentaban

arrinconar ás xogadoras rusas e facian no minuto 2 o primeiro gol, obra de Natalia en dobre remate. Así remataría a primeira metade. No segundo período, novo gol para as españolas aos dous minutos. As rusas, lonxe de amilanarse, recurtarían distancias cun gol de dobre penalti, contrarrestado por Sara Iturriaga dous minutos máis tarde do mesmo xeito (dobre penalti). Nas postrimerías do encontro, a pontina Ampi redondeaba o partido cun gol á saída da cancerbeira rusa. A ourensá Marta Figueiredo xogou o seu segundo encontro coa absoluta diante das súas compañeiras de equipo que a animaron en todo momento.


OCIO E CULTURA

4 Do 14 ao 23 de outubro traerá a Ourense o mellor do cine actual. Unha programación “coherente, valente, comprometida e de calidade”. Con estas palabras presentaba a presidenta do Consorcio do Festival de Cine Internacional de Ourense, Isabel Pérez, a décimo sexta edición do certame cinematográfico ourensán. Unha edición na que se reclama a implicación do público a través do lema do seu cartel, “Tócache!” Neste sentido, o alcalde de Ourense, Francisco Rodríguez, subliñou que o OUFF conta “co favor do público” o que é o “máis importante” por ser o destinatario do festival e cualificouno de “referente cultural do outono ourensán”. A película “La voz dormida” de Benito Zambrano será a encargada de inaugurar o festival de cine o venres 14, nunha gala no Auditorio na que se substitúe, por restricións orzamentarias, o tradicional cóctel por un viño galego e un petisco. O OUFF conta esta edición cun orzamento de 400.000 euros, cen mil menos que o ano anterior. Deles, 67.000 euros destínanse aos premios das seccións oficiais, practicamente os mesmos que en pasadas edicións. Un recorte no presuposto que non supón “merma na cualidade do que é importante, que son as proxeccións”, afirmou Isabel Pérez. O que non haberá este ano son galardóns especiais, aínda que si se aproveitará a gala de clausura para homenaxear ao cine ourensán, coa estrea de “Anos Despois” de Laura Gardos Velo. Mantéñense, pola contra, as cinco seccións oficiais (118 películas entre longametraxes, curtametaxes, documentais, animación e Novos Media) e quedan en cinco os ciclos temáticos, cun dedicado á comedia por primeira vez na historia do festival. Os outros catro serán os de Igualdade, Panorama Galiza, Visións de América Latina e Visións da Europa Atlántica.

Outro cambio con respecto a anos anteriores é a redución do número de sesións, atendendo á petición dos cinéfilos. “Por sentido común e ante a imposibilidade de ver todo o que se proxectaba, reducimos (o número de sesións) para que a xente poida ver o maior número posible de films”, engadiu Pérez. Tamén diminuiron os espazos vinculados co festival: as proxeccións poderanse ver no Auditorio e no Cinebox (catro salas), no Teatro Principal para o caso das sesións especiais (como “Barreiros, o Henry Ford español” ou “El perro azul, vida e obra de Xaime Quessada”) e as cintas da sección Novos Media exhibiranse no Museo Municipal. Os encontros co público dos responsables das películas terán lugar nunha carpa instalada no centro comercial Ponte Vella (ás tardes a partir das 18:30 horas) e as roldas de prensa para os medios desenvolveranse no punto de información turística, no casco histórico. En canto ao apartado profesional, visitarán Ourense o avogado David Bravo, a experta en linguaxe audiovisual María Yáñez, o director editorial de Filmin, Jaume Ripoll, e o equipo de Malviviendo, serie que se difunde na Internet. Novidades O voceiro do festival, Diego G. López, deu conta dalgunhas das novidades desta edición, entre eles unha web “máis sinxela” na que aparece un espazo para twittear, dous blogs que achegarán outra visión do certame e un espazo para que os que veñan de fóra compartan coche para chegar a Ourense, a presenza do OUFF nas redes sociais, e unha aplicación para móbil (Iphone e Android) con toda a programación da cita cinematográfica ourensá. [+ en www.ouff.org]

13

“La voz dormida” e “Anos despois” abre e pecha, respectivamente, o 16OUFF

Presentado o 16OUFF

P. Lodeiro

BARRIOS Outubro de 2011

Nesta edición hai 118 filmes en cinco categorías oficiais

Diego G. López, voceiro do OUFF, Isabel Pérez, presidenta do Consorcio para o Festival de Cine, e Francisco Rodríguez, alcalde de Ourense, presentaron a décimo sexta edición do OUFF./DANIEL GALLEGO - OUFF.

Ademais, hai cinco ciclos temáticos e sesións especiais


14

BARRIOS Outubro de 2011

4AXENDA -Exposicións - “O camiño real de Castela a Santiago por Ourense, base do camiño de peregrinación Vía da Prata” - Ata o 27 de outubro na Casa do Escudo de Verín e desde esa data na Casa da Cultura de Xinzo - Desde o 29 de outubro - “Unha mirada matemática” e “A mirada dun monxe budista” - Casa do Escudo de Verín Cinema - 20 de outubro - “El Espejo” de A. Tarkovsky22:45 h. - Casa da Cultura de Verín - 27 de outubro - “Niebla en el pasado” de M. Le Roi - 22:45 h. - Casa da Cultura de Verín - Do 14 ao 23 de outubro - 16º Festival de Cine Internacional de Ourense Presentacións - 18 de outubro - ‘Guía das Libélulas de Galicia’ do naturista e biólogo Miguel Ángel Fernández Martínez - 19 horas, a Biblioteca Pública de Verín Feiras e festas - 5 de novembro - V Carrada do Viño - 19 h. Rúas de Verín - 6 de novembro - Feira da Castaña e do Cogumelo e 3º Tour da castaña- Riós Deportes - 15 de outubro e 6 de novembro - Ruta ciclo interpretativa da Limia e do Támega [+ info@bilurico. com e no 616 667 446] Outros - 14 de outubro- “Outono na Biblioteca”, realización de monicreques e manualidades, para nenos de 3 a 10 anos - De 18 a 19.30 horas - Biblioteca Pública de Verín - 22 de outubro - Noite de humor con Avelino González (Miñato) - 00:00 h.- Sala Urban Place - Xinzo www.mundourense.com

OCIO E CULTURA 4DESDE

O OUTRO LADO DA RAIA A xeración da dúbida

4TRIBUNA ABERTA

Movemento Júnior Había que apretarse “os machos” e dalo todo no final do curso, xa cando sen pensalo achegábase o verán e os rapaces do “Movemento Júnior” tiñámola obriga de aprobar as asignaturas do curso para que os pais nos deixaran formar parte daquel inesquecibel campamento do que tanto poidemos aprender e disfrutar na época final da infancia e o principio da xuventude. Rematando o mes de maio as nosas cacholiñas só pensaban na praia de San Vicente do Mar, que era o lugar donde tiven a sorte de facer varios anos de “Júnior”. Aquilo era impresionante dende o día da partida, cando quedaban as nosas nais limpando as bágoas dos ollos por ver que os pequenos marchaban “lonxe” e que 15 días eran moitos dias sen nós. E pola contra,no autobús recheo de rapaces, coas mochilas a tope sen pensar no sufrimento daquelas mulleres que acenaban a man dicindo adeus , chorando e ríndo o mesmo tempo. A viaxe xa era unha festa máis das moitas que esperaban alá, moi lonxe, ao pé do mar.Todos coa camisola verde do “Junior” cantando “El árbol de la montaña...” ou a de “queremos ir a 90, a 90”... E así ata chegar ao destino onde agardaban os compañeiros, educadores e cociñeiras que días antes xa tiñan todo preparado para a nosa chegada. As tendas de campaña montadas en línea, dúas filas laterais e unha frontal, ao milímetro! Deixando unha praziña no medio onde se prendia un lume ao anoitecer, a carpa do comedor, os camiños segados e preparados para o acceso máis doado, as luces, o botiquín, retretes, en fin, unha maravilla. Logo realizabamos un

montón de tarefas que tiñámos que facer sempre con rigor e disciplina pero sen esquecer a ledicia e o compañeirismo que axudaba a ser todo máis doado. Uns tiñan morriña e botaban de menos a casa e choraban seguido, non tiñan consolo; outros escribían cartas xa o segundo día para contar aos pais o que estabamos a ver, e outros facendo trastadas pasábamos as horas rindo e gozando a fartar. En cada tenda durmiamos sete rapaces, apretadiños e metidos nos sacos burlabamos as noites frescas do litoral, donde caíamos rendidiños e cansos despois de cada xornada . Ao mencer, as sete da mañá e ainda coa neboa sobre as nosas cacholas, facíamos exercicios de ximnasia a regañadentes nos primeiros intres para logo chegar cunha fame do demo ao almorzo, chocolate con pan e manteiga, iso si, a fartar! Xa ca barriga chea comenzabamos as actividades da xornada que cada día eran dun xeito, e logo, ás 12, íamos a praia a bañarnos e a recoller as conchiñas para facer un colar para agasallar ás avoas no regreso. Sobre a metade da quincena, viñan os nosos pais a visitar o campamento e preparabamos todo para recibilos; era un día especial, comida, baile, cantigas... Cada grupo facía un espectáculo e representabámolo ante os nosos con ilusión e agarimo, recollendo sempre os interminables aplausos que nos facían medrar. A emoción era incontible, e os pais voltaban felices despois de ver todo o realizado polos seus fillos. Agora que os anos pasaron rapidiño e que o tempo nos pon do outro lado e aqueles rapaces somos agora os “papás” e aqueles que nos visitaban son os avós que esperan o colar de cunchas que o seus netos lles traeran ao voltar da praia. Axiña pasaban os días e sen apenas darnos conta che-

gaba a hora de desmontar o campamento e a tristura aparecía por momentos ao mirar atrás, mais unha vez no “carrito“ voltabamos a entonar “El árbol de la montaña” e con entusiasmo atentos para ver aparecer o castelo de Monterrei e berrar “xa estamos aquí!” No atrio da parroquia esperaban as nais os seus heroes particulares que teñidos cun bronceado de película destacabamos por un tempo no pobo.Boto en falta para os nosos fillos algo semellante, tan natural e sinxelo e ao mesmo tempo tan enriquecedor. En nome de todos aqueles que formamos parte do “Movemento Xuvenil Júnior de Verín” da miña xeración e que dalgunha maneira fixémolo posíbel para recoller todos os valores positivos que nos puxeron nas mans dou as grazas ás persoas que traballaron a reo nesta organización xuvenil, e dos que podo dicir que estamos agradecidos, pois son moitas as veces que ao longo da vida atopamos situacións que posiblemente por ter pasado polas vivenzas, consellos e maneiras de actuar que nos ensinaron no “Júnior” axudaron un anaquiño a ter claro de coller polos camiños “ceibes, limpos de maleza”, como aqueles que habia no campamento que nos levaban á praia. Son centos as persoas que agora mesmo teño na mente en imaxes que non paran de pasar, mais estou seguro de que os que teñan a ben ler estas letras, terán coma min un sinfín de recordos, de aventuras e de imaxes que por moitos anos que pasen e sempre que teñamos a ocasión sacarémolas a relucir con ledicia. Miguel A. Prieto Sotelo, “Chita”

Unha das cousas máis irritantes da nosa política é a facilidade demagóxica con que se piden impostos sobre fortunas, transaccións financeiras, lucros, etc. Non é por ese obxectivo ser inxusto ou ilexítimo. Nunca será unha cousa ou outra mentres exista tanta desigualdade social e tanta iniquidade fiscal. E, nun escenario de crise financeira e económica, ese esforzo acrescido por parte de quen máis ten xorde aínda máis xusto, sexa do punto de vista ético ou social. O que non leva a nada é a demagoxia do discurso que ignora os efectos perversos, ou mesmo contra producentes, que algunhas desas medidas sempre terían, no caso de que fosen aplicadas por un único país e sen a aceptación das entidades atinxidas, sexan elas persoas individuais ou colectivas. Aumentar os impostos sobre as fortunas, os rendementos de capital ou os salarios millonarios, en economías como a portuguesa ou a española, que son abertas ao mundo e, simultaneamente, integradas nunha alianza de países e nunha zona monetaria, son movementos que só poden ser tomados con gran prudencia e de forma concertada.

E razón ten os titulares das maiores fortunas de Francia cando asumen que o seu xesto ten efectos limitados e non resolve os problemas de fondo da economía. Independentemente do aumento de receitas que o Estado poida ir buscar aos chamados “ricos”, para alí do feito de existir hoxe unha política fiscal que non corrixe, ou polo menos corrixe pouco, as desigualdades abismais de rendemento entre cidadáns, é fundamental recoñecer que as finanzas públicas da maioría dos estados europeos se encontran nunha situación lamentábel. É antidemocrático, desleal e deshumano, en plena democracia, uns gañaren dez e outros mil! A solución do problema non está, simplemente, en taxar máis. Está en facer mellor, ser máis racional e máis xusto, quere do lado dos impostos quere, sobre todo, do lado do gasto público. Aquí, no gasto público, é que teñen que ser tomadas medidas drásticas porque o gasto é moi esaxerado. Temos, por iso, que deixar de “mimar os ricos”. E en Francia os ricos dixeron o mesmo, asumindo que están dispostos a pagar para que non se deixe morrer a galiña dos ovos de ouro. E por acá? João Damião

4POESÍA De regreso ao olvido

Quixera regresar  ao paraíso desterrado de profundas arboredas  e augas averdosadas de buracos envolventes  en prohibicións candescentes de lembranzas escuras de amores clandestinos e amizades perigosas. Non soporto a inxustiza de voltar á realidade quixera ser ninfa  dos teus bosques enfeitizados de noites inmortais de pegadas de doces sabores dos licores da túa esencia

Quixera ser meiga contigo para seguir embruxada dos teus andares paseniños que a modi��o me levan e a modiño me deixan Quixera regresar e non voltar xamais a realidade da vida para permanecer por sempre presa das túas mentiras namorada do teu murmullo namorada do teu encanto de profundas arboredas de augas averdosadas de buracos negros envolventes e prohibicións candescentes P.D. Grazas Muíños por eses quince días! Bea Losada


CLASIFICADOS / CARTAS/ SERVIZOS

BARRIOS Outubro de 2011

15

Edita: Letras a la Carta S.L. CIF: B-32.323.925. Depósito Legal: OU 185-2006 e OU 186-2006. Redacción: r/ Valle Inclán 25 2º Of. 15 - 32004 Ourense. Tel: 988 239 634 - 988 549 717. Correo-e: info@ourenseporbarrios.com. Distribúe: J Publicidad. Imprime: PublicacionesTameiga. Directora: Paula Lodeiro. Director comercial: Miguel Rejo. Redacción: Paula Lodeiro, Ramsés Torres, Óscar Blanco. Fotografía: Ramsés Torres, Paula Lodeiro, Óscar Blanco. Colaboracións: Saudeter, Joao Damiao, Borys Martínez, Miguel A. Prieto Sotelo Nº59- Ano: VI - Outubro 2011 - Difusión: 12.000 exemplares (Ed. Xinzo de Limia:4.900, Ed. Verín: 7.100) Impreso en papel 100% reciclado.

4TELÉFONOS DE INTERESE

A opinión do periódico exprésase só no editorial, os artigos e cartas ao director expoñen posturas persoais. Este periódico non pode ser reproducido nin total nin parcialmente, sen autorización previa da empresa editora Letras a la Carta S.L. Se ten algún problema co reparto, pregámoslle que nolo comunique no teléfono 988 239 634.

4CLASIFICADOS

PISOS Vendo bonito piso en Allariz. 3 dormitorios, cociña equipada, baño reformado, amplo salón-comedor, balcón, trasteiro, buhardilla, e garaxe pechado. 83.000 euros. urxe! Tel. 671 086 573. Véndese piso en Av. de Santiago (Ourense). 87m2, 3 habitacións, 2 baños, parquet, amueblado, cociña equipada, praza de garaxe e trasteiro. Calefacción central (gasoil). Oportunidade: 126.000 euros. Tlf. 698 186 920. Véndese local comercial de 100 m2 e adega de 80 m2. Zona Praza do Ferro (Ourense). Tlfs. 988 21 31 00 - 650 809 739. Alugo piso na rúa Ribeiriño con vistas ao río. Tlf. 988 21 36 21 - 670 45 70 77. Vendo piso en r/Bonhome (Ourense), 85 m2, salón-comedor, 2 dormitorios, baño, cociña, lavadeiro e 2 galerías pechadas; 1º exterior, ascensor, reformado ano 2000, cociña e baño amoblados, armarios empotrados. Non axencias. Tel. 600 747 198.

VENDAS

Vendo todo o equipo para recén nado: cuna, silla, etc. bo prezo. Tel. 638 84 27 95. Vendo impresora Epson c/86 por 15 euros. Regalo dous cartuchos de color. Tel: 671 074 108. Vendo cuna parque de viaxe de 2 alturas, perfecto estado, 50 euros. Tel. 636 32 95 24. Vendo lavadora con menos de dous anos. Prezo económico. Telf. 654 156 084. Vendo coche Mitsubishi GS con 100.000 quilómetros, con extras; e moto Kawasaki ZZR 600 con 38.000 quilómetros reais. Todo por 11.000 euros negociables. Tlf. 988 41 32 18.

4CARTAS AO DIRECTOR Día Mundial da Saúde Mental O Día Mundial da Saúde Mental é unha xornada importante para as persoas con enfermidade mental e os seus familiares, posto que nos permite dar a coñecer mellor a realidade que vivimos durante todo o ano. Así, desde a A.F.E.M. MOREA, queremos celebrar unha vez máis este 10 de outubro como unha oportunidade para reclamar que este tipo de trastornos poidan considerarse como o que son: unha enfermidade máis, que precisa de tratamentos e de apoios, si; pero que non debe impedir á persoa que a presenta levar unha vida como calquera outra, nin estar plenamente integrada na sociedade. A pesar de todos os avances, desde a A.F.E.M. MOREA atopámonos aín-

da con que o dereito a unha asistencia social e sanitaria parece diluírse cando a enfermidade a tratar é de tipo mental. E mentres, afortunadamente, van desaparecendo as barreiras físicas fronte a outro tipo de discapacidades, mantéñense os prexuízos cos que a sociedade moitas veces exclúe ás persoas diagnosticadas cun trastorno mental. Por isto, no día de hoxe os socios da A.F.E.M. MOREA queremos facerlles chegar a lema elixido para este ano “Afronta o reto: colabora na mellora da saúde mental”. Porque todos -responsables políticos, empresarios, profesionais socio-sanitarios, educadores, ou simplemente como veciños- somos necesarios para cumprir este obxectivo. Mª Angeles Fernández Araujo, presidenta da A.F.E.M. MOREA

[Envíanos as túas cartas, fotos denuncia ou queixas por correo electrónico a info@ourenseporbarrios. com, opinion@ourenseporbarrios.com, ou por correo tradicional a r/Valle Inclán, 25, 2º, of. 15, 32004, Ourense. As cartas ao director non deben exceder de 20 liñas e deberán ser remitidas con nome e DNI, firmadas, e cun teléfono de contacto. Letras a la Carta SL. resérvase o dereito de publicación así como o de extractar os textos que estime oportuno] [Deixe os seus anuncios no 988 239 634 ou en info@ ourenseporbarrios.com. Gratuítos para particulares; negocios, consultar tarifas. Os anuncios mantéñense durante dous meses; no caso de que queira repetilos despois dese prazo ou retiralos antes, volva chamarnos]

4 ESTACIÓN DE AUTOBUSES DE VERÍN

Verín - Xinzo - Ourense Laborables: 06:15 - 08:00 08:45 - 10:30 - 13:30 - 15:00 - 17:00 - 18:45 - 22:00 - Sábados: 08:00 - 13:30 - 15:00 - 17:30 - 22:00 - Domingos e festivos: 08:00 - 15:00 - 17:30 - 18:45 - 22:00 Ourense - Xinzo - Verín Laborables: 06:30 - 07:50 - 10:30 - 12:15 - 13:30 (aut.) - 15:00 - 16:45 - 18:00 - 20:30 (aut.) - Sábados: 06:30 (aut.) - 10:30 - 13:15 (aut.) - 16:00 20:15 (aut.) - Domingos e festivos: 06:30 (aut.)- 12:00 - 13:15 (aut.)- 16:00 - 20:15 (aut.) Videferre - Verín Saídas: 09:00 - 12:30 - Regresos: 11:45 - 13:45 - 18:30 Campos - Verín Saídas: 07:45 - Regreso: 13:00 Viana - Gudiña - Verín Saída: 09:30 - Regreso: 13:00 Feces de Abaixo - Verín Saídas: 09:50 - 12:35 - 18:20 - Regreso: 12:15 - 18:00 Feiras en Medeiros S. Cristobal - Verín: Saída: 07:00 - Regreso: 12:00 - 14:30 Magdalena - Verín: Saídas: 08:00 - Regreso: 12:00 - 14:30 Verín - Videferre (feiras) Regreso: 15:30 A Madrid: Diario: 11:50 16:00 - 0:50 - Domingos: 0:20 A Andorra: Saídas martes e venres ás 16:30 h. A Suíza: Saídas martes, xoves e sábados ás 13:00 h. A Francia, Bélxica, Holanda, e- Alemaña: Saídas martes, xoves, venres e sábados ás 16:00 h. A Euskadi, Valladolid, Cataluña, consultar na estación.

4 ESTACIÓN DE AUTOBUSES DE XINZO A Madrid (Auto Res): Diario: 00.25 - 11:15 - 15:30 h. A Francia, Bélxica, Holanda e Alemaña (Socitransa): Saídas martes e venres ás 13:15 h A Suiza: Xoves e sábados 13 h. Galicia-Algeciras (Dainco), consultar na estación.

Comarca de Monterrei Concello de Verín Concello de Monterrei Concello de Oimbra Concello de Vilardevós Concello de Riós Concello de Castrelo de Val Concello de Laza Concello de Cualedro Comisaría de Policía Verín Policía Local Verín Guardia Civil Protección Civil Estación de autobuses Taxis - Parada Hospital Taxis - Parada Estación Autobuses Taxis - Parada Praza Merced Taxis - Parada Praza do Concello Ambulatorio Urxencias Ambulatorio Cita previa Hospital de Verín Cruz Vermella Correos e Telégrafos Rexistro Civil de Verín Rexistro da Propiedade Oficina de emprego Oficina da Seguridade Social Servizos Sociais Verín Cáritas Parroquial IES nº1 de Verín IES García Barbón I. Bacharelato X. Taboada Chivite CEIP Amaro Refoxo CEIP Princesa de España Comarca de A Limia Concello de Xinzo Concello de Porqueira Concello de Calvos de Randín Concello de Baltar Concello de Os Blancos Concello de Trasmirás Concello de Sarreaus Concello de Vilar de Barrio Concello de Sandiás Concello de Vilar de Santos Concello de Rairiz de Veiga Policía Local Xinzo Guardia Civil Estación de autobuses Centro de saúde Punto Atención Continuada Rexistro civil de Xinzo Rexistro da Propiedade Taxis - Parada Oficina de emprego Oficina da Seguridade Social Xulgado de 1ª Instancia Servizos Sociais Xinzo Cáritas Parroquial IES Lagoa de Antela IES Cidade de Antioquía CEIP Rosalía de Castro CEIP Carlos Casares Gardería Municipal Oficina Agraria Comarcal da Limia ITV Incendios forestais Fenosa (averías)

988 410 001 988 418 002 988 426 160 988 417 004 988 425 032 988 419 002 988 422 002 988 424 004 988 414 123 988 411 612 988 410 005 988 412 121 988 413 516 988 414 342 988 411 812 988 410 385 988 411 113 988 410 800 988 413 460 988 413 636 988 411 600 988 411 038 988 410 387 988 410 737 988 410 703 988 410 253 988 414 776 988 410 679 988 411 212 988 410 379 988 410 041 988 411 425 988 410 128 988 550 111 988 466 102 988 434 000 988 466 503 988 467 506 988 445 000 988 454 002 988 449 001 988 465 001 988 465 883 988 465 552 988 462 425 988 462 361 988 460 309 988 462 200 988 462 456 988 46 0 188 988 460 209 988 460 258 988 460 375 988 462 951 988 462 364 988 550 111 988 460 222 988 462 454 988 461 271 988 460 480 988 460 507 988 461 049 988 460 024 902 309 000 085 988 222 222


BARRIOS Outubro de 2011


O afamado reposteiro Jordi Roca exaltou as cualidades da castaña ourensá [páx.10] TEMA DO MES Páx.2 O delegado da Xunta reúnese con catro alcaldes máis

VERÍN

Páx.3

O Concello de Verín inaugura a súa nova aula CeMIT

VERÍN

Páx.3

A Xunta anuncia a licitación da ampliación de Pazos

CULTURA Páx.11

CULTURA Páx.13

Galardón á Biblioteca O 16OUFF trae a Municipal de Verín Ourense o mellor do por fomentar a lectura cine actual

Outubro tráxico nos montes ourensáns

[páx. 2]

Carmen Chacón e Samuel Juárez visitaron a zona de Monterrei onde tivo lugar o sinistro no que faleceu un piloto./BRAIS LORENZO.

Número: 59 - Ano:VI - Outubro 2011- Depósito Legal: OU 186-2006 - Periódico mensual de distribución gratuíta www.barriosxinzoverin.com - BARRIOS volve estar no seu buzón a mediados de novembro. Se quere anunciarse consulte no 685 800 190


BARRIOS Outubro de 2011



Outubro 2011 - BXV