Page 1

Do 23 ao 25 de setembro: Romería da Saínza en Rairiz de Veiga [páx.13] TEMA DO MES Páx.2

COMARCA

Páx.6

Inicio do curso para 2.475 escolares de Infantil e Primaria

A repetición das eleccións no Concello dos Blancos, sen data

COMARCA Páx.6 O delegado da Xunta recibe aos alcaldes de Calvos e Porqueira

DEPORTES

Páx.11

Miniolimpiadas no parque do Toural de Xinzo o día 24

OCIO

Páx.13

Sala Clan e Urban Place: máis que música e copas

O Inorde realiza ensaios con máis de 70 variedades de pataca [páx. 10 ]

Campo de ensaios que o Inorde ten en Sandiás, cunha mostra dun dos tubérculos a estudo./P.LODEIRO.

Número: 58 - Ano:VI - Setembro 2011 - Depósito Legal: OU 185-2006 - Periódico mensual de distribución gratuíta www.barriosxinzoverin.com - BARRIOS volve estar no seu buzón a mediados de outubro. Se quere anunciarse consulte no 685 800 190




BARRIOS Setembro de 2011

EN BREVE

4 Campaña de prevención do VIH Cruz Vermella Ourense ten en marcha unha campaña de prevención do VIH entre a poboación inmigrante, coa que busca concienciar a esta colectivo da importancia de tomar precaucións durante as relacións sexuais, así como do determinante que é a detección temperá da infección para afrontala. Unha concienciación que se procura a través de charlas, talleres e atención individualizada cos que os inmigrantes reciben ampla información ao respecto. A Asamblea de Cruz Vermella Monterrei será escenario dunha destas conferencias o vindeiro 28 de setembro de 18 a 20 horas.

4 Xestión hospitalaria integrada A diminución das trabas burocráticas ou a ampliación da oferta de especialidades e a autonomía dos profesionais sanitarios son, segundo o Servizo Galego de Saúde, algunhas das vantaxes da recén aprobada xestión integrada dos centros sanitarios da provincia (Ourense, Verín e O Barco). A xerencia executiva de Verín será a responsable directa da xestión dos servizos sanitarios dos concellos de Castrelo do Val, Cualedro, A Gudiña, Laza, A Mezquita, Monterrei, Oímbra, Riós, Verín, Vilardevós, e Vilariño de Conso.

VERÍN E COMARCA

2.475 escolares de Infantil e Primaria voltan ás aulas 4 O venres 16 comezan as clases os centros de Secundaria, FP e Bacharelato. Redacción 2.475 alumnos de Educación Infantil e Primaria incorporáronse ás aulas este luns 12 de setembro nos centros educativos das comarcas da Limia e Monterrei. En toda Galicia foron máis de 198.000 os escolares que comezaron un novo curso que vén marcado pola modificación da xornada laboral dos profesores, que pasan a impartir 25 horas lectivas fronte ás 21 que viñan facendo. Novidades Neste novo curso, son varios os colexios e institutos das dúas comarcas ourensás os que se suman a diferentes programas educativos da Consellería de Educación. Dunha banda, pasan a ter seccións bilingües o CEIP Castiñeiro de Laza (ofrecendo plástica en inglés aos escolares de 3º a 6º de Primaria), o Amaro Refojo de Verín (plástica en lingua inglesa para 5º de Primaria) e o IES Cidade de Antioquia de Xinzo (con Educación Física de 3º de ESO en inglés). Doutra banda, súmase á rede Abalar o colexio de Vilar de Barrio. As clases en Secundaria, Bacharelato e FP darán comezo o venres 16.

Conmoción polo asasinato dun chofer en Verín 4 A Garda Civil continúa coas súas investigacións para dar co autor ou autores do crime. Redacción

Pista polideportiva do Lagoa de Antela de Xinzo que foi cuberta para o inicio do novo curso./M.REJO.

4 Obras de cubrición da pista polideportiva do IES Lagoa de Antela A finais de agosto o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, visitou o IES Lagoa de Antela de Xinzo de Limia, onde deu conta das obras para a cubrición da pista polideportiva, e que supoñen un investimento de máis de 164.000 euros por parte do departamento educativo da Xunta de Galicia. No transcurso da visita, na que estivo acompañado polo delegado da Xunta, a xefa territorial de Educación e a directora do instituto, Vázquez Abad destacou a importancia desta mellora. “De feito tratábase dunha demanda da comunidade educativa

deste centro, á que damos resposta a través deste investimento”, explicou. Non en balde, tal e como destacou o conselleiro, a mellora na pista polideportiva únese a outras que o departamento educativo da Xunta de Galicia vén executando no centro, tales como as realizadas na cuberta, o cerramento, a carpintería e o saneamento. Doutra banda, o instituto recibe o apoio da Consellería para o fomento das actividades desenvolvidas na biblioteca do centro para estimular o interese pola lectura entre os máis novos, unhas iniciativas polas que leva xa recibido preto de 30.000 euros.

A Garda Civil continúa investigando para esclarecer o asasinato do encargado da empresa de Autocares Guerra de Verín. Bernardino Pousa, de 59 anos, foi atopado morto con signos de violencia na madrugada do luns 12 na nave que esta empresa ten en Queizás. O chofer chegara na noite do domingo ao garaxe para estacionar o autobús, logo de rematar o servizo que une en verán a vila do Támega coa costa pontevedresa. Despois de

deixar no centro urbano de Verín os pasaxeiros, a víctima foi abordada por unha persoa ou varias que o estaban agardando na nave. O seu cadáver foi atopado horas despois baixo un dos autocares, degolado e cun golpe na cabeza. O feito de que o autor ou autores non subtraeran ningunha das pertenzas da vítima nin os cartos que levaba enriba fai desbotar o roubo como móbil do asasinato. Porén, desde a Garda Civil non descartan ningunha hipótese e proseguen coas súas pesquisas para resolver o crime.

4 Xornada no Centro Cooperativo

4 Campaña de compostaxe

O Centro de Desenvolvemento Cooperativo de Verín acolle este xoves 15 de setembro, en horario de mañá unha xornada informativa sobre economía social e cooperativas. O obxectivo desta proposta é achegar aos interesados unha visión xeral desta fórmula como unha das alternativas máis viables e interesantes de emprego. Este tema xa foi tratado nun obradoiro que se desenvolveu esta mesma semana no Centro Cooperativo.

A Deputación de Ourense iniciou con éxito a segunda fase da campaña de compostaxe doméstica, comezada no ano 2010 e que chega xa a 1.400 familias de 37 municipios, entre eles Baltar, Porqueira, Sandiás, Sarreaus, Trasmiras, e Xinzo. Neste último municipio o núcleo de San Pedro de Laroa foi un dos últimos en sumarse a esta iniciativa, que promove a realización de compost cos residuos orgánicos.


VERÍN E COMARCA

Verín aproba de maneira definitiva o seu orzamento 4 O PP sacou en solitario unhas contas que ascenden a oito millóns de euros. Paula Lodeiro A corporación de Verín aprobou definitivamente o orzamento xeral de 2011, cos votos a favor do PP e en contra de socialistas e nacionalistas, tras desestimar as alegacións presentadas polo sindicato CIG. As contas, que ascenden a oito millóns de euros, dedican 3,4 millóns a gastos de persoal, 2,4 millóns a gasto corrente e 659.000 euros a investimentos reais. A oposición xustificou o seu voto negativo ao considerar que é “é un orzamento irreal e non se axusta á situación actual”, dixo a nacionalista Perfecta Losa-

da, mentres que o socialista Emilio González Afonso criticou a tardanza na aprobación das contas (a pouco máis de tres meses do remate do ano). Mocións rexeitadas Na mesma sesión plenaria de setembro o grupo de goberno rexeitou unha moción do BNG sobre os prezos medios no mercado de determinados inmobles rústicos e urbanos. Os nacionalistas entendían que a nova norma da Xunta de Galicia a este respecto ten unha única intención “recadatoria”, postura que apoiaron os socialistas. Non o ven así desde o PP, que

BARRIOS Setembro de 2011



Obras no concello de Riós Redacción

Unha votación no último pleno de Verín./P.LODEIRO. defendeu a “obxectividade e adaptabilidade” da nova norma aplicada polo Goberno autonómico. O Partido Socialista quixo presentar unha mocion de urxencia respecto á anulación, por parte da Xunta, de axudas a entidades locais para proxectos de xestión de residuos, pero a urxencia foi denegada polo grupo de goberno. O alcalde pediu tempo para estudar o tema e comprometeuse a levalo ao próximo pleno. Rogos e preguntas No apartado de rogos e preguntas, Emilio González Afonso preguntou polo de-

rribamento dunha vivenda en ruínas no barrio de San Lázaro (o alcalde respostoulle que o custo repercutiráselle aos propietarios ou herdeiros no momento en que se localicen). Tamén se interesou polo financiamento municipal á asociación de veteráns, e polas melloras de seguridade na estrada de Laza (Jiménez Morán asegurou que técnicos da xunta analizarán se é preciso tomar outras novas medidas) e pola inseguridade dos peóns no contorno do novo edificio de tráfico (o alcalde afirmou que xa trasladou o problema á Subdelegación de Goberno).

O socialista preguntou ademais polo gasto do Concello na etapa da volta ciclista e por un verquido ao Támega na zona do Pracer, e rogoulle ao rexedor que se limpe o Camiño Real na súa subida ao Castelo de Monterrei, e que lles dea conta do informe da Confederación Hidrográfica preceptivo para a aprobación do novo PXOM. Pola súa banda Perfecta Losada trasladoulle ao alcalde as queixas veciñais pola falta de limpeza nas rúas nas fins de semana do verán e preguntou sobre a retirada de esquelas das árbores.

A Consellería de Economía e Industria vén de aprobarlle axudas ao Concello de Riós para mellorar dúas zonas do municipio. A primeira delas servirá para revitalizar o comercio local na estrada N-525 en San Cristobal. O proxecto ten un orzamento de 99.690 euros que se dedicarán á construción de beirarrúas e colocación de árbores e mobiliario urbano nesta zona comercial do concello. O segundo proxecto é o soterramento de infraestruturas eléctricas de baixa tensión en Progo, cun orzamento de 136.010 euros por parte da Xunta e outros 8.100 euros que achegan os veciños do núcleo a través da comunidade de montes. Segundo informa o alcalde, Francisco Armando Veiga, trátase de “adecentar” o contorno da igrexa e o cruceiro, na actualidade cheo de cables.




BARRIOS Setembro de 2011

EN BREVE

4 Cursos de informática A Aula Cemit de Verín acollerá durante os meses de setembro e outubro diversos cursos de informática para distintos niveis, entre os que se atoparán clases de iniciación, comunicación en tempo real e busca de emprego a través da rede, elaboración de presentacións, creación dun blog e introdución ás redes sociais. Todos estes cursos terán lugar en horario de mañá e tarde, así como en de 20 a 22 horas para traballadores. Os interesados en inscribirse só teñen que dirixirse á Biblioteca Pública Municipal de Verín ou ao 988 41 47 76.

4 Premio para a biblioteca de Verín A Federación de Gremios de Editores de España concedeulle á Biblioteca Pública Municipal de Verín o premio á Mellor Iniciativa ao Fomento da Lectura para Bibliotecas Públicas 2011, polo seu traballo no ámbito do fomento á lectura e o conxunto de actividades realizadas pola mesma, entre as que se inclúen voluntariado cultural, aprendizaxe en idades temperás ou alfabetización dixital. De xeito unánime o xurado considerou que esta instalación encarna un modelo que enriquece a visión clásica do servizo público de lectura no medio rural. O premio consistirá nunha escultura valorada en 6.000 euros, unha visita á Biblioteca Nacional e un lote de libros.

VERÍN E COMARCA

Comenza a vendima na D.O. Monterrei 4Agárdase que sexan recollidos dous millóns de quilos de uvas. Redacción A comezos de setembro deu comezo a vendima 2011 na Denominación de Orixe Monterrei, tendo as uvas un estado fitosanitario excelente que fai prever, como noutras ocasións, a elaboración dun moi bo produto. Este ano a colleita prevista atópase dentro dos parámetros das anteriores vendimas superando os 2 millóns de quilos dentro de 380 hectáreas nas que traballan 330 viticultores fornecendo de uva amparada polo Consello Regulador ás 25 adegas pertencentes á Denominación. A vendima comezou o 6 de setembro na Adega Triay e agárdase que se estenda ata primeiros de outubro. Datas que ratifica o feito de que a mediados de mes xa estaban vendimando 14 adegas (das 25 totais) que levaban ata o momento 200.000 quilos de uva recollida e agardan chegar ata os 2.100.000, un pouco menos que o ano anterior. Auguran un “magnífico” produto O estado fitosanitario das uvas, cunha gradación entre 12,5º e 13,5º ben equilibrados, permite n aos técnicos do Consello Regulador da D.O. Monterrei pronosticar unha “colleita 2011 de moi boa calidade”, cun 70% de uvas brancas e un 30% de tintas, que polas súas características presaxian un “magnífico produto”. Co que un ano máis os viños brancos da D.O. Monterrei (Godello, Treixadura,

Juan Carlos Francisco.

Juan Carlos Francisco, secretario dos socialistas de Verín Redacción

Descarga de uva nunha adega da D.O.Monterrei./CONFERENCE ORGANIZACIÓN. Dona Blanca, Albariño, Loureira, Blanca de Monterrei e Caiño Blanco) e os seus tintos (Mencía, Arauxa, Merenzao, Caiño Tinto e Sousón) acadarán a matrícula de honra dos padais máis exquisitos. Máis control Como novidade, nesta vendima 2011 esta Denominación de Orixe incorporou un sistema informático de control para coñecer en cada momento a cantidade de uva que está a ser tratada en cada adega, de xeito que toda a información é recibida nun ordenador central, sito no Consello Regulador, que detecta calquera tipo de erro, así como a entrada de uva foránea.

Xa están vendimando 14 das 25 adegas da D.O. Monterrei

4 O viño Ladairo, o mellor tinto de Galicia 184 caldos de 135 adegas das cinco denominación de orixe vitivinícolas galegas participaron na 23ª edición da Cata de Viños de Galicia, que premia os mellores caldos da nosa comunidade. Ladairo, o mellor tinto O viño Ladairo, da adega do mesmo nome – pertencente á Denominación de Orixe Monterrei- foi escollido, de xeito unánime, polos doce expertos que compuxeron o xurado da última convocatoria como o mellor tinto de Galicia. O presidente desta D.O., Antonio Méndez, recordou con orgullo, logo de recibir este recoñecemento, que “o Ladairo conseguiu ser seleccionado

como o mellor tinto galego en catro ocasións nos últimos cinco anos” e asegurou que se debe a que “é áxil, fresco, de gusto longo e persistente”. Os mellores viños de Monterrei Pola súa banda, os acios de ouro, prata e bronce desta Denominación de Orixe recibíronos “Terra de Gargalo Godello e Treixadura” (de Gargalo, S.l.), “Crego e Monaguillo” (de Crego e Monaguillo, S.L.) e “Quinta do Buble Godello” (de Adegas Quinta do Buble, S.L.), respectivamente. Galardóns que recoñecen o sacrificio e esforzo dos viticultores para achegar ás nosas mesas os mellores caldos.

Os socialistas de Verín elixiron en Asemblea Xeral Extraordinaria a Juan Carlos Francisco Rivera como secretario xeral, quen liderará unha nova etapa na que a agrupación “traballará con toda a ilusión para obter os mellores resultados en cada unha das convocatorias electorais”, indican a través dun comunicado. A asemblea tamén votou a nova executiva, da que Benigno Rodríguez é secretario de Organización, Yolanda Losada secretaria de Política Municipal, Verónica Villar secretaria de Acción Electoral e Mobilización, María José Regueiro secretaria de Asuntos Sociais e Benestar, Vicente Gonzaléz secretario de Medio Rural, e Rosario Rodríguez secretaria de Administración. Francisco Rivera explica que “a premisa obrigada desta nova etapa é estar preto de todos os cidadáns de Verín, especialmente dos menos favorecidos e os que máis están a padecer as consecuencias da crise”. O novo secretario xeral do PSOE de Verín é deputado autonómico.


PUBLICIDADE

BARRIOS Setembro de 2011






BARRIOS Setembro de 2011

EN BREVE

4A repetición

das eleccións nos Blancos, sen data Apenas quedan dúas semanas para que se cumpla o prazo dado polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia para que se repitan as eleccións nunha mesa electoral dos Blancos e os dous partidos en liza, APGa e PP, descoñecen a data. Por petición do candidato de APGa, Xosé Manuel Castro, a xunta electoral de zona remitirá un escrito á Subdelegación do Goberno en Ourense adxuntando a sentenza do TSXG para que a transmita ao Ministerio do Interior, quen ten que convocar os comicios. Os dous candidatos apuntaron a posibilidade que a cita electoral que decidirá o futuro alcalde dos Blancos se faga coincidir coas eleccións xerais do 20-N.

XINZO E COMARCA

O delegado da Xunta reúnese cos alcaldes de Calvos de Randín e Porqueira 4Analizaron os proxectos do goberno autonómico nestes dous municipios. Redacción O Delegado Territorial da Xunta en Ourense, Rogelio Martínez, vén de manter un encontro de traballo co alcalde de Calvos de Randín, Aquilino Valencia, e coa alcaldesa de Porqueira, Susana Vázquez, co fin de analizar a situación dos diferentes proxectos que desenvolve o goberno autonómico en ambos municipios. O rexedor de Calvos aproveitou a reunión para trasladarlle as solicitudes

do seu concello á Xunta, que pasan fundamentalmente pola construción dun centro de día e dunha residencia así como a necesidade de redistribuír aos GRUMIR no municipio. Mentres que Susana Vázquez comentou con Martínez a mellora de saneamento e abastecemento que precisan varios nucleos de Porqueira. Necesidades que o delegado da Xunta comprometeuse a estudar. Investimentos Martínez lembrou tamén

os investimentos da Xunta nestes concellos ao longo do 2011, que no caso de Calvos de Randín sumaron máis de 20 mil euros utilizados para a mellora da paisaxe agraria e desenvolvemento de usos recreativos; preto de 19 mil euros para a recuperación de elementos históricos, patrimoniais, ou culturais; outros tantos para preservación de hábitats e ecosistemas; así como máis de 10 mil euros para loitar contra erosión e accións de educación ambiental. Pola súa banda, o gober-

Aquilino Valencia e Rogelio Martínez. no autonómico investiu en Porqueira preto de 400 mil euros destinados á concentración parcelaria, 70 mil para o fondo de compensación medioambiental, 65 mil para o soterramento de infraestruturas eléctricas, máis de 20 mil para a construción de dúas pistas en Nocelo e A Torre, e 33 mil para a realización de tratamentos preventivos dos lumes forestais na zona.

Plan de Cooperación O delegado da Xunta destacou as subvencións que recibiron ambos municipios dentro do Plan de Cooperación da Xunta de Galicia: 23 mil euros para Calvos de Randín para a contratación de 5 parados, e 70 mil euros a Porqueira para reinsertar a 7 desempregados. Martínez seguirá a súa rolda de entrevistas co resto de alcaldes ourensáns.

4 O BNG pide un transporte público comarcal O BNG de Xinzo aposta pola creación dun servizo público de transporte comarcal, logo de facerse eco das queixas plantexadas polos veciños de Gudín sobre as dificultades de transporte para acceder á capital limiá. Para o BNG a solución a estes problemas de comunicación pasaría pola creación dun servizo público de transporte no concello que permita conectar os distintos núcleos da zona rural coa vila dun xeito rápido e fluído, coa vocación de convertirse nunha rede de transporte público a nivel comarcal.

Membros de Novas Xeracións con varios cargos do PP ourensán.

Curso de ximnasia na asociación Muíño da Lama.

Novo presidente de Novas Xeracións de Xinzo de Limia

Curso de ximnasia en Parada de Ribeira

Víctor Manuel Gómez Rocha foi elexido novo presidente de Novas Xeracións (NNXX) do PP en Xinzo de Limia. Este empresario de 26 anos obtivo o apoio masivo da militancia nun acto celebrado na Casa de Cultura da localidade o sábado 10 de setembro, en presenza dos presidentes autonómico e provincial de NNXX. e os presidentes locais e provincial do PP. Tamén asistiron os alcaldes de Trasmiras e Baltar e a rexedora de Porqueira. O novo presidente da organización xuvenil dos populares en Xinzo agradeceu o apoio e trazou as liñas básicas do seu programa de xestión, sendo felicitado por todos os asistentes, que encheron as dependencias da Casa de Cultura. O acto pechose coa intervención de Manuel Baltar quen animou aos mozos s a facer “un novo esforzo, o máis importante, para levar a Mariano Rajoy á Presidencia do Goberno, para crear emprego e apostar polo futuro da man dun goberno popular”.

O pasado 5 de setembro deu comenzo o novo curso de ximnasia terapéutica e baile de salón no recén rehabilitado Teleclube de Parada de Ribeira, en Xinzo. O curso está coordinado pola Asociación Cultural O Muíño da Lama de Parada de Ribeira e impárteo a empresa especializada Saudeter. O alumnado conta cun seguimento periódico e individualizado dun profesional dietista e fisioterapeuta. Este novo curso lectivo incorpora a disciplina de baile de salón. As clases son os luns, mércores e venres ás cinco da tarde e os interesados aínda poden inscribirse póndose en contacto coa directiva do Muíño da Lama.


PUBLICIDADE

BARRIOS Setembro de 2011






BARRIOS Setembro de 2011

PUBLICIDADE


PUBLICIDADE

BARRIOS Setembro de 2011




10

BARRIOS Setembro de 2011

especial INORDE

O Inorde realiza este ano ensaios con máis de 70 variedades de pataca

A colleita das variedades de tubérculo a estudo na Finca Antela está prevista para finais de setembro, mentres que as catro variedades de Europa do Leste plantadas en Grixoá (Viana do Bolo) recolleranse en outubro Os resultados das investigacións sobre novas variedades de pataca que desenvolve o Centro de Desenvolvemento Agrogandeiro de Xinzo deberán agardar este ano unhas semanas. As boas condicións climatolóxicas deste setembro farán que ata final de mes non comece a colleita das 70 variedades de tubérculo (máis 30 clons) sementadas na Finca Antela, no concello de Sandiás. Polo mesmo motivo, as catro variedades húngaras e romanesas que se plantaron na finca de Grixoá, no municipio de Viana do Bolo, non se poderán recoller ata o mes de outubro. O Centro de Desenvolvemento Agrogandeiro de Xinzo, entidade dependente do Inorde, prosegue, un ano máis, cos ensaios sobre a pataca. Por unha banda, realiza investigacións con variedades comerciais co obxectivo de ver cales se poden introducir no mercado; pola outra, desenvolve desde hai catro anos o “Proxecto Pataca” que analiza a posible introdución na agricultura ourensá de tubérculos procedentes de

países de Europa do Leste. Asimesmo, este ano introduciron como novidade un ensaio de diferentes tipos de abonado químico, co obxectivo de conseguir unhas formulacións que sexan máis respectuosas co medio ambiente. Finca de Grixoá Dentro do “Proxecto Pataca” os técnicos do Inorde escolleron este ano catro variedades, dúas húngaras e dúas romanesas, do total de máis de 40 procedentes destes dous países e de Polonia que foran investigadas os tres anos anteriores. Ademais dunha testemuña de control (a variedade española Nola) plantaron catro clases de pataca máis, dúas delas procedentes de Romanía, a Astral e a Roclas, “destinadas ao consumo en fresco e cunha pel e carne amarela, moi axeitadas para facer experiencias no mercado do lavado, porque amosaron unha resistencia maior ao ataque de enfermidades como a sarna”, explica o técnico do Inorde, Servando Álvarez. Por parte húngara seleccionáronse as variedades Rioja

e Demon, “de pel vermella, brillante e lisa, con futuro no mercado das patacas de pel vermella, por exemplo Portugal, onde hai unha apetencia grande por este tipo de tubérculo”. En canto ás patacas polacas, descartáronse. “Non se adaptaron ben, porque eran moi similares aos estándares alemáns que hai no mercado, estaban demasiado comercializadas”, apunta o experto. O ensaio realízase na finca de Grixoá, nunha zona de alta montaña. Dedícase media hectárea a cada unha das variedades mencionadas, coa finalidade de realizar unha produción representativa encamiñada a servir de escaparate para que os sectores productor e comercializador (aos que se lle entregarán mostras) vexan en campo o comportamento de ditas variedades. Unha vez se realice a colleita -no mes de outubro- os tubérculos serán sometidos a probas de calidade, para coñecer as súas características. Estudarase “o aspecto xeral, o aspecto da pel, as condicións organolépticas,

A finca de Grixoá, onde se realizan ensaios con catro variedades de pataca procedentes de Hungría e Romanía.

Servando Álvarez, técnico do Centro de Desenvolvemento Agrogandeiro de Xinzo, amosa dúas variedades de pataca (extraidas dun muestreo) plantadas na finca que o Inorde ten en Sandiás.

O Centro de Desenvolvemento Agrogandeiro de Xinzo experimenta, desde as súas fincas Antela e Grixoá, con novas variedades de pataca para a súa posible introdución no agro ourensán a súa actitude no frito, tanto en chips como en barriñas, o seu comportamento en cocido, e cuestións como a súa desintegración ou fariñosidade”, indica Servando Álvarez. Boas perspectivas Polas mostras recollidas nas últimas semanas, semella que as catro variedades adaptáronse ben ás características desta finca de secano, pese á ausencia de choivas deste verán. O ensaio de campo complementarase en outono con experiencias de almacenaxe e transformación industrial destinadas xa máis ben á parte comercializadora do sector, co obxectivo de que os intermediarios comproben o potencial real das variedades de nova in-

trodución cara a unha futura implantación no agro ourensán. Finca Antela Os investigadores do Inorde tamén deberán analizar (a partir de finais de mes, cando se realice a colleita) outras 70 variedades máis de pataca e preto de 30 clons de nova aparición que foron plantados para o seu estudo nunha parcela de 5 hectáreas na Finca Antela, en Sandiás, así como o efecto nelas de novos abonos. Estes estudos son froito da colaboración e apoio por parte do Inorde ao sector agrícola da provincia. Segundo relata Álvarez, este foi un ano complicado, xa que ás choivas durante á primavera ocasionaron problemas fitosanitarios

como brotes de mildeu e de fungos como a ternaria, que puideron ser controlados. Dadas as boas condicións climatolóxicas que estamos a ter neste mes de setembro, a colleita non se producirá ata final de mes, coa vantaxe de que “todo o tempo que a pataca estea no chan mellorará a súa calidade”. Ademais dunha análise sobre as características das patacas similar á que se realiza en Grixoá, no caso da investigación sobre abonados controlaranse as cualidades físico-químicas dos tubérculos. Os estudos esténdense tamén ao campo da almacenaxe, onde é preciso facer esforzos para controlar que as colleitas entren en almacen en boas condicións fitosanitarias.


DEPORTES

BARRIOS Setembro de 2011

Verín, punto de saída dunha etapa da Volta a España

Miniolimpiadas en Xinzo de Limia

R. Torres

Redacción

4 O galo do Cofidis, David Moncoutiè, foi o vencedor da única etapa da proba ciclista que pisaba terras ourensás. Tras 168 quilómetros, Moncoutiè foi o primeiro en sobrepasar a liña de meta instalado na estación de montaña de Manzaneda, 4 horas e 38 minutos despois de saír desde Verín. A 1.18 minutos chegarían Beñat Intxausti (Movistar) e Luis León Sánchez (Rabobank). No grupo de favoritos, Joaquim “Purito” Rodríguez foi o que máis se moveu e a menos de dous quilómetros atacou colleitando unha vantaxe de 7 segundos ao primeiro grupo importante onde se encontraban Wiggins, Nibali, Cobo, Van den Broeck e Kessiakoff. E 20 segundos máis ao ata entón líder da ronda, Christopher Froome, que ía acompañado por Fuglsang e Menchov entre outros. Sen moitas diferenzas entre os favoritos en meta, o que si fixo a etapa con final en Manzaneda foi que Bradley Wiggins vestira o maillot vermello como líder provisional da clasificación xeral. Un día inesquecible para os amantes do ciclismo que a saber cando volverá repetirse en terras ourensás. Verín volcouse coa Volta, e centos de persoas animaron sen parar por alí onde pasaba a serpe multicolor da proba ciclista. A Volta rematou tendo como vencedor o ciclista cántabro do Geox, Juan José Cobo, sendo a súa primeira vitoria nunha grande ronda.

Moncoutiè festexando a vitoria en Manzaneda. /RAMSÉS

Ciclistas e cigarróns na saída da etapa da volta en Verín. /CdV.

Cobo, gañador da Volta, entrando na meta. /RAMSÉS

O gañador da etapa./R.T.

11

4 O parque do Toural acolle as primeiras olimpiadas escolares da Limia. A Asociación Deportiva Limiactiva, en colaboración coa Concellería de Deportes do Concello de Xinzo e a Deputación de Ourense, organiza o sábado 24 de setembro as “I olimpiadas escolares da Limia”, dirixidas a nenos e nenas nados entre os anos 1997 e 2010. A xornada comezará ás 16 horas no parque do Toural e espérase contar cun cento de novos atletas que realizarán as probas de lanzamentos de xavalina e de peso, saltos de altura e lonxitude e carreiras de velocidade, resistencia e relevos. Haberá competición nas categorías de cadete, infantil alevín e benxamín, e tamén poderán participar os máis pequenos. Todos os nenos e nenas interesados en disputar estas olimpiadas da Li-

mia deberán realizar unha inscrición previa, podendo facela na web www.limiactiva.com ou no pavillón de deportes. O evento servirá para dar comezo a nova tempada da Escola Deportiva de Atletismo, que principiará o día 4 de outubro no pavillón de deportes de Xinzo de Limia. Núcleo de Inicicación Básico de Atletismo A Asociación Deportiva Limiactiva acaba de ser declarada Núcleo de Iniciación Básico de Atletismo do nivel 1 pola Federación Galega de Atletismo, o que demostra que o atletismo limián goza de boa saúde. Eventos e iniciativas como as que desenvolve Limiactiva fan que o atletismo non sexa descoñecido para os máis pequenos e descubran que é tan divertido como deportes máis mediáticos.

Nenos e monitores no campionato provincial de atletismo. /LIMIACTIVA


12

BARRIOS Setembro de 2011

DEPORTES

4TRIBUNA ABERTA

EN BREVE

4 Andaina e carreira en Riós Riós será sede o domingo, 9 de outubro do II Medio Maratón e Andaina de Riós. A saída da andaina -23 quilómetros de percorrido- terá lugar ás 9 da mañá, e dúas horas máis tarde (11.00 horas) será o turno para a saída do media maratón de montaña -21,100 quilómetros-. A inscrición ten un custo de 3 euros ata o 6 de outubro. Para máis información dirixirse ao correo concello@

concelloderios.es. Andaina do Sr. Larouco A segunda Andaina do Señor Larouco tivo lugar o pasado domingo, 11 de setembro, sobre unha distancia de 20 quilómetros con saída en Pedrosa e chegada na Xironda, no concello de Cualedro. Ao redor de 70 andaríns participaron nesta camiñata na que puideron contemplar diversos restos arqueolóxicos.

4 ‘Convive coas Linguas

A Eurocidade Chaves-Verín clausurou a cuarta edición do programa ‘Convive coas Linguas’, unha iniciativa educativa na que participaron máis de 400 nenos de Verín e Chaves, con idades comprendidas entre os 7 e 14 anos. A mesma fomentou, a través da realización de actividades lúdicas e educativas, o aprendizaxe do castelán, galego e portugués entre os participantes. Tenis, fútbol-sala, fútbol-7, pádel, baloncesto, visitas a parques botánicos, golf, cine, piscina, música ou xogos de praia foron algunhas das actividades realizadas polos menores no programa ‘Convive coas Linguas’.

4 Piscina de Verín Comeza o curso escolar e con el os cursos na piscina climatizada de Verín. A instalación deportiva trae este ano novos cursos e novos

horarios para todas as idades. O prazo de inscrición ábrese desde o 19 de setembro e toda a oferta de cursos pódese ver na web www.verin.es.

4 Xinzoaventura Como cada ano os rapaces e rapazas de Xinzo de Limia gozaron duns días de vacacións en Portonovo. Foron máis de 40 nenos os que viaxaron ata a localidade pontevedresa.

Zurria Xa sabes que non hai fallo, sempre que podo acudo apresurado, quizais antes que á miña casa a visitar a “oficina”, o “confesionario”, na zapatería do “Palma”, alí onde “largamos” a renda solta cousiñas de fútbol, pasando do letreiro que ten na parede o xerente: “Por favor, non dean a paliza co fútbol!” De calquera maneira non se nos escapan as novas, se o Verín fichou a fulanito, se o Feliciano está coa revolución no Monterrei ou por aquilo da amizade falamos do Allariz. Quero contarche, agora que de vez en cando pululo polos foros do fútbol ourensán, onde as veces cóome sen facer ruído para escoitar e calar, alí onde tanto se fala de xogadores, de adestradores, de directivos, en fín de xente de fútbol, en activo ou xa retirados. Dame a min que moitos resaltan os seus méritos dàndolle máis bombo do que realmente foi, aflorando en moitos casos a presunción e botando contas, a maioría non xogaron nin no recreo e chócame moito cando te vexo alí sentado no “banquiño” aos teus setenta e tal, con tanto fútbol no lombo. Non teño outra que tirar de maxín para voltar a verte de corto e preguntar polas túas fazañas, sendo sinxelo intuír que aquel xogador xeneroso, sen ánimo de lucro, aquel dianteiro nato, que facía tremer a calquera porteiro con só ver o teu nariz torto e o peito teso. Sentían pánico, medo, presentindo o que máis lle manca do futbol: O gol! E segues sendo o mesmo, pasados os anos, coma sempre, sen enganos,

sen maquillaxe, natural. O “Palmero” abriu o caixón, colleu o diario, sacudiulle o polvo e sacou do fondo o máis fermoso da amizade. Chispéanlle os olliños oa falar do seu amigo da infancia, con quen escalaba ata o Castelo de Monterrei para facer trastadas, fumar os primeiros pitillos, roubados con picardía no estanco da Lola, túa nai, e de paso catar as uvas do “Gargalo” nas vísperas da vendima. E soñando sempre en ser futbolista e xogar en campos ateigados de xente. A Guerra do 36 deixoute sen pai antes de vir ao mundo e cursaches no Colexio Salesianos de Cádíz e Sevilla, onde forxaron a persoa e o futbolista. Alí naceu o ‘gusanillo’ do fútbol, lonxe da terriña en soidade, apagando a morriña coa “Folla do Luns- Deportes do diario La Región“ que sen erro mandaba o teu amigo Palmero todas as semanas. O Sevilla C.F interesouse por aquel rapaz galego que tocaba ben o balón, pero a túa xuventude e a astucia dun xerente do C.D Ourense fixo que aterraras no Couto para deixar pegadas imborrables na historia do fútbol da capital. Aínda hoxe son moitos os que lembran aquel Zurria con anécdotas no barrio do Couto, por ser como eras dentro e fóra do campo. Máis tarde virían as épocas douradas do Racing de Ferrol no mítico “Inferniño”, os 31 goles marcados nunha tempada co C.D Lugo en segunda división (que non é calquera cousa), o Arousa e a volta a Andalucia para xogar no “Adra” de Almería xunto con Sergio Garcia Dacosta “Caneda” (onde pasaches unha das etapas máis intensas e divertidas,

Zurria nos prolegómenos dun partido de fútbol. con “Mediavilla”, porteiro inmenso, Gitano que tivo de suplente ao mesmísimo “Reina” na selección Andaluza), logo a Ponferradina, C.D Chaves e a túa estancia en Alemania en segunda división, foron os teus equipos donde disfrutaches e sufriches o que che deparou a vida de futbolista. Pero o máis importante según “o diario” era a túa virtude de encaixar en calquera molde e se está feito de amigos aínda mellor, por iso que sempre, cos pés no chan, humilde e sinxelo facías que fora moi normal xogar hoxe no “Anxo Carro” e mañá na “Granxa” ou en “Tintores” ou en Viana, no campo aquel onde sempre xogaban con doce (por aquilo do poste da luz espetado no medio e medio do campo e que tiñades que lidiar coma se fora un defensa máis), cos de sempre, co Palmero, co Peche e compaña sen problema, vixiados pola sempre mirada atenta do “Coló”, feliz. Sabías que os partidos de verdade eran eses, os da gaseosa con viño e galletas despois de gañar ou de perder. Que importa? A maxia está dentro, e cada quen é como é, o escudo de verdade son os que están ao teu redor, preto dun, os que non te enganan, os que te queren, os do “C.D

Pénjamo”, os valentes que non se rinden nuha tarde de lóstregos e treboada no Riós onde non se puido xogar o partido, pero aproveitouse a tarde na viaxe de volta parando na tendiña de San Cristovo con baile incluido. Si, acordeón e bombo, acórdaste? Despois, outra vez á capital, entrenos, partidos, viaxes; ao teu redor: Pastor, Mirlo, Bolita. Sen esquecer, desexando que chegue o verán e quedar “libre” para voltar a sentir o fútbol sen aditivos, sen conservantes, só co cheiro da amizade. Natural, coma a fonte do Sapo. Todos a unha! Que dificil é ser sinxelo e que doado o fas. Lémbranche en Ourense! Zurria é un nome de futbolista profundo, fermoso, é aquel ‘dandy’ de Verín, alto, espigado, elegante, aquel que as metía na rede sen compaixón. Téñeno na memoría. Temos a sorte de estar preto de tí e poder preguntarche moitas cousas que os novos non acordamos, e coma sempre non descubres o mellor, deixas que o relaten os que o viron , por iso o teu amigo sacou“o diario”, sacudíulle o polvo e xurdiron estas letras, para tí, Zurria. Que sigas sendo como es por moitos anos. Miguel A. Prieto Sotelo, “Chita”


OCIO E CULTURA

Máis que música e copas

Abrir un local de ocio nocturno e ofrecer de xeito habitual aos clientes actuacións en directo parece unha aposta arriscada nos tempos que corren. E máis se falamos dunha localidade pequena como Xinzo. Isto é o que se atreven a facer desde as salas Clan e Urban Place desta localidade, os primeiros desde hai máis dunha década (coa nova xerencia desde 2007) e os segundos desde hai apenas un ano (precisamente estes días celebran o seu primeiro aniversario). “Organizamos todo tipo de eventos, dende actuacións musicais en directo ata monólogos, ou incluso espectáculos de maxia. Os concertos abarcan un gran

campo musical, destacando o rock, o pop, o folk, e nos últimos meses o hip-hop. Tamén organizamos noites temáticas nas que voltamos atrás no tempo e desfrutamos dos grandes clásicos, festas latinas, e outros acontecementos”, explica Raúl Mera da Sala Clan. Desde Urban Place séguenlle o paso, e xa levan máis de 20 actuacións en menos de 12 meses. Algunhas con gran éxito de público, como o monólogo de Luis Zahera ou o concerto de Miguel Costas (exSiniestro Total) cun aforo máis que completado, “estabamos como nunha lata de sardiñas”, apunta o responsable do local, Chema Gómez. O éxito de público é un dos factores máis difíciles

de controlar neste tipo de propostas. Na Sala Clan, quizais por levar máis tempo, amósanse satisfeitos co resultado das súas actuacións, “cada vez é máis diverso o público que frecuenta o local”, aínda recoñecendo un descenso de clientela nos últimos tempos. Para o encargado de Urban Place a resposta da xente “nunca a sabes ata o día do concerto”, e recoñece falta de cultura de pagar polas actuacións, “a xente non quere pagar unha entrada, pero os músicos cobran”. Urban Place tamén se atreveu a dar o paso de organizar un festival este verán, o Patakazo Rock, aínda que tiveron que suspender o segundo día de concertos pola baixa asistencia de

13

EN BREVE

4A Romaría da Sainza 2011

4 As salas Clan e Urban Place ofrecen, desde Xinzo, concertos en directo e todo tipo de espectáculos. Paula Lodeiro

BARRIOS Setembro de 2011

Actuación na sala Urban Place de Xinzo. público. Un revés que lles servirá “para aprender” de cara á futuras edicións. Próximas actuacións En ambas as dúas salas non descansan e xa teñen a axenda dos próximos días completa. Urban Place celebra o seu primeiro ano de vida cun ágape o xoves 15,

o concerto de Bocanegra o venres 15, e a actuación de Bergallazo e Acid Proyect o sábado 16; pola súa banda, a Sala Clan trae o sábado 16 ao grupo folk ourensán Hora Meiga, seguido dunha sesión musical da man de DjJameffa, chegado de Italia cunha chea de boa música.

Urban Place celebra o seu primeiro aniversario co concerto de Bocanegra o venres 15, e a actuación de Bergallazo e Acid Proyect o sábado 16; a Sala Clan ofrece o sábado 16 o concerto de Hora Meiga

Un ano máis veciños e visitantes encherán Rairiz de Veiga os días 23, 24 e 25 de setembro para conmemorar a súa tradicional Romaría da Saínza, que se caracteriza pola seu multitudinario combate entre mouros e cristiáns, que, coma sempre, terá lugar o domingo ao mediodía, despois da misa solemne que se celebrará no Campo de Batalla. Pero esta xa tradicional festa comeza a ser coñecida tamén polas destacadas actuacións musicais que a completan. Nesta edición, a orquestra Pontevedra abre o apartado musical a noite do venres 23. O sábado será o turno de Costa Oeste e Foliada. E xa o domingo, logo do concerto de Xituma Batuke (a partir das 15.45), a clausura da Romaría da Sainza 2011 correrá cargo de nada menos que as orquestras París de Noia e Filadelphia.


14

BARRIOS Setembro de 2011

4AXENDA Música - 16 de setembro - Concerto de Bocanegra - Sala Urban Place de Xinzo - 16 de setembro - Concerto folk: “Hora Meiga”Sala Clan de Xinzo - 17 de setembro - Concerto de Bergallazo e Acid Proyect - Sala Urban Place de Xinzo - Do 16 ao 18 de setembro – Festival Reperkusión - Allariz - 22 de setembro - Concerto da Coral de Verín 20 h. - Igrexa da Mercé de Verín Exposicións - Ata o 24 de setembro - Arte Infantil, traballos do alumnado da Escola de Artes e Oficios de Verín Casa do Escudo de Verín - Ata o 25 de setembro – Exposición de pintura de Narciso de Corral - Sala A Fábrica de Allariz - Desde o 27 de setembro - Expoarte 2011, traballos do alumnado da Escola de Artes e Oficios Casa do Escudo de Verín Cinema - 15 de setembro - “La tormenta mortal” - 22.45 h. - Casa da Cultura de Verín - 22 de setembro - “La condena” - 22:45 h. - Casa da Cultura de Verín Teatro - 30 de setembro - “A xustiza dun muiñeiro” 20 h. - Casa da Cultura de Verín Feiras - 23 de setembro - Verín - Do 23 ao 25 de setembro - Feira Internacional de Turismo Termal Termatalia - Expourense - Do 23 ao 25 de setembro - Romería da Saínza - Rairiz de Veiga - 27 de setembro - Xinzo de Limia + en www. mundourense.com

OCIO E CULTURA

4IMAXES DO MES

4DESDE

O OUTRO LADO DA RAIA

A xeración da dúbida

O cruce do río polo pao foi unha das actividades máis divertidas.

V Festa Popular de Baltar A área recreativa do Concello de Baltar, ao pé da Serra do Larouco, acolleu o pasado domingo 14 de agosto a cuarta edición da súa festa popular, na que se xuntaron varios centos de persoas. Unha gran variedade de actividades entretiveron durante toda a xornada e boa parte da noite a pequenos e maiores. O programa incluía xogos como paintball e water-ball, tute, ping-pong, chave, billarda, xogo da ra, carreiras de sacos, vintos, etc. Do máis divertido foi o tiro de corda no río e cruce polo pao. Ademais houbo unha exhibición de parapente, e merenda de balde para todos os asistentes. A noite animouna musicalmente o trío Sabor Latino, un karaoke e unha disco-móbil. Houbo premios para aqueles mozos que pasaran con 0,0 a proba de alcoholemia e chocolate con churros para os máis festeiros. Aproveitouse a festa para inaugurar as remodeladas instalacións da Casa do Concello.

Foto de familia dos participantes no campamento.

Campamento de verán no Invernadeiro Unha expedición de cincuenta nenos de Verín, con idades comprendidas entre os 10 e 14 anos, participaron a finais de agosto nun campamento no Parque Natural do Invernadeiro. A iniciativa, organizada a través da Oficina Municipal de Información Xuvenil do Concello de Verín, ten como obxectivo que os menores coñezan a natureza, reciban unha educación medioambiental e ecolóxica e aprendan a respectar e conservar a fauna e flora a través do xogo e a diversión. Os rapaces participaron en actividades como rotas de sendeirismo polo parque guiadas por biólogos, actividades de lecer, socioculturais, recreativas e de convivencia como xogos predeportivos, obradoiros de reciclaxe, astronomía e fotografía, entre outros.

Vivimos un tempo de todas as dúbidas. Vellos e novos somos a xeración da dúbida! Niso, polo menos, estamos unidos. Só reaccionamos de modos distintos. Gadafi vai caer? O Sudán do Sur aguantará? Rescate ou bancarrota? Podo ter un fillo, sen recorrer, de aquí por un ano, ao Banco de Alimentos para lle dar de comer? A UE sempre vai evolucionar para unha federación económica e financeira ou desfarase nesta pouca vergoña? O Goberno lanzará un imposto especial sobre o Euromillóns para pór os máis ricos a compartir sacrificios? As xeracións das certezas desapareceron aos poucos: as que contaban co médico de familia, baixa por internamento, operación gratis de amígdalas e subsidio de Nadal. O tempo do ditado e da táboa xa fóra substituído polo método global da lectura e pola calculadora, mais nin mesmo os novos paradigmas é seguro que se manteñan hoxe dun ano para o outro. Xa pasou o tempo en que o fillo de médico, médico sería, en que o curso de Enxeñaría conducía un individuo á carreira de enxeñeiro e un estudante de Dereito non tería nunca que pasar oito horas a entregar recibos nunha cabina de peaxes, ou na caixa dun supermercado, a ler códigos, mais de barras; antes sería avogado, se acabase os estudos, con máis ou menos copiar. Viviamos nunha época en que as persoas tiñan emprego e era natural telo, non era un privilexio. Recibiría, sen a mínima

dúbida, os salarios, até pasaren os anos correctos e alcanzar a xubilación, a única dúbida era se chegaría con saúde para gozar o descanso xunto dos que máis lle eran queridos. Antes viviamos un tempo sen grandes angustias existenciais, co confort dalgunhas certezas, cando nos integrabamos en proxectos máis xerais. A dúbida existencial non estaba tan democratizada, era vista como unha cousa máis artística, de intelectual, de filósofo, aparecía pouco na vida real, era máis dos filmes sen acción. Nos días que corren os consultorios dos psicólogos están cheos de xente con dúbidas, e todas respectan á deus Felicidade, meta inalcanzábel, divinidade de culto obrigatorio nestes tempos. Ter dúbidas pode ser moi desconfortábel e é moi aborrecido, mais ten un lado positivo: serve de proba que somos xente libre. A dúbida é o farelo da liberdade! Creo que por incompetencia dos gobernantes, que transformaron as nosas sociedades. Da xeración da dúbida, que é a nosa, os psicólogos só se preocupan verdadeiramente cos que chegan aos seus diváns sen a mínima incerteza. Din que é mal sinal non ter dúbidas nos tempos que corren. Quen se limita a vivir o momento, o día a día, non ten dúbidas. As dúbidas son para quen pensa no futuro. A dúbida é, por iso, saudábel. É vida. Só temos que ter coidado coa dúbida paralizante e prevela mantendo algunhas conviccións e irmos rexistrando certezas que poidamos coller aquí e alí. João Damião


PASATEMPOS/ SERVIZOS

BARRIOS Setembro de 2011

15

Edita: Letras a la Carta S.L. CIF: B-32.323.925. Depósito Legal: OU 185-2006 e OU 186-2006. Redacción: r/ Valle Inclán 25 2º Of. 15 - 32004 Ourense. Tel: 988 239 634 - 988 549 717. Correo-e: info@ourenseporbarrios.com. Distribúe: J Publicidad. Imprime: PublicacionesTameiga. Directora: Paula Lodeiro. Director comercial: Miguel Rejo. Redacción: Paula Lodeiro, Ramsés Torres, Óscar Blanco. Fotografía: Ramsés Torres, Paula Lodeiro, Óscar Blanco. Colaboracións: Saudeter, Joao Damiao, Borys Martínez, Miguel A. Prieto Sotelo Nº58- Ano: VI - Setembro 2011 - Difusión: 12.000 exemplares (Ed. Xinzo de Limia:4.900, Ed. Verín: 7.100) Impreso en papel 100% reciclado.

4TELÉFONOS DE INTERESE

A opinión do periódico exprésase só no editorial, os artigos e cartas ao director expoñen posturas persoais. Este periódico non pode ser reproducido nin total nin parcialmente, sen autorización previa da empresa editora Letras a la Carta S.L. Se ten algún problema co reparto, pregámoslle que nolo comunique no teléfono 988 239 634.

4CLASIFICADOS

4SUDOKU

nivel medio

Verín - Xinzo - Ourense Laborables: 06:15 - 08:00 08:45 - 10:30 - 13:30 - 15:00 - 17:00 - 18:45 - 22:00 - Sábados: 08:00 - 13:30 - 15:00 - 17:30 - 22:00 - Domingos e festivos: 08:00 - 15:00 - 17:30 - 18:45 - 22:00

[Deixe os seus anuncios no 988 239 634 ou en info@ ourenseporbarrios.com. Gratuítos para particulares; negocios, consultar tarifas. Os anuncios mantéñense durante dous meses; no caso de que queira repetilos despois dese prazo ou retiralos antes, volva chamarnos]

PISOS Vendo bonito piso en Allariz. 3 dormitorios, cociña equipada, baño reformado, amplo salón-comedor, balcón, trasteiro, buhardilla, e garaxe pechado. 83.000 €. urxe! teléfono: 671086573. Alúganse pisos de 2 habitacións, 1 baño, salón cociña, amoblados, partir de 200 euros. Véndese piso en Verín, 2 habitacións, 2 baños.salón cociña, 3 balcóns, exterior, con ascensor, praza de garaxe. 85.000 euros, céntrico, oportunidade. Tel. 691 904 846 e 637 090 512.

VENDAS

Cómprase moto de 50cc, a ser posible Peugeot. Tel 988 37 57 55. Vendo, por peche de negocio, mostrador con cristal na parte de arriba, amplo con sepadores para as bolsas. Tel. 636 845 478 Véndense mobles de perruquería de 2ª man por 2.000 euros, dous termos de auga eléctricos, e estantería de cristal con pé de metal. Tel. 988 25 59 63. Traballo por horas: muller de 26 anos, responsable, traballadora, realizo todas as tarefas do fogar, limpeza de escaleiras, coidado de nenos e anciáns, prancha, recados... Coche propio. Disponibilidad horaria. Precio económico. Tfno de cto: 648149375 Traspaso Lavado e engraxe en Ourense en funcionamento, prezo negociable. Tel. 988 21 01 96 Ofrécese pintor autónomo para todo tipo de traballos en pintura e decoración, pisos desde 400 euros. Presupostos sen compromiso. Tel. 663 17 13 01 e 617 89 90 80.

4 ESTACIÓN DE AUTOBUSES DE VERÍN

Para resolvelo, coloca un número en cada recadro de maneira que cada fila, cada columna e cada un dos nove recadros conteñan os números do 1 ao 9 sen repetirse. Nestes dous sudokus, as dúas liñas diagonais longas (marcadas en gris) deben tamén conter cada un dos números do 1 ao 9.

4CARTAS AO DIRECTOR [Envíanos as túas cartas, fotos denuncia ou queixas por correo electrónico a info@ourenseporbarrios. com, opinion@ourenseporbarrios.com, ou por correo tradicional a r/Valle Inclán, 25, 2º, of. 15, 32004, Ourense. As cartas ao director non deben exceder de 20 liñas e deberán ser remitidas con nome e DNI, firmadas, e cun teléfono de contacto. Letras a la Carta SL. resérvase o dereito de publicación así como o de extractar os textos que estime oportuno]

4FELICITACIÓNS [Envíanos a túa felicitación coa foto (non fotocopia), o nome e apelidos, o día e o mes, o motivo da felicitación (aniversario, voda, santo, etc.) e o texto que desexes publicar a: Ourense por Barrios, r/Valle Inclán, 25, 2º, of. 15, 32004, Ourense ou a info@ourenseporbarrios.com. Indícanos un teléfono de contacto]

Ourense - Xinzo - Verín Laborables: 06:30 - 07:50 - 10:30 - 12:15 - 13:30 (aut.) - 15:00 - 16:45 - 18:00 - 20:30 (aut.) - Sábados: 06:30 (aut.) - 10:30 - 13:15 (aut.) - 16:00 20:15 (aut.) - Domingos e festivos: 06:30 (aut.)- 12:00 - 13:15 (aut.)- 16:00 - 20:15 (aut.) Videferre - Verín Saídas: 09:00 - 12:30 - Regresos: 11:45 - 13:45 - 18:30 Campos - Verín Saídas: 07:45 - Regreso: 13:00 Viana - Gudiña - Verín Saída: 09:30 - Regreso: 13:00 Feces de Abaixo - Verín Saídas: 09:50 - 12:35 - 18:20 - Regreso: 12:15 - 18:00 Feiras en Medeiros S. Cristobal - Verín: Saída: 07:00 - Regreso: 12:00 - 14:30 Magdalena - Verín: Saídas: 08:00 - Regreso: 12:00 - 14:30 Verín - Videferre (feiras) Regreso: 15:30 A Madrid: Diario: 11:50 16:00 - 0:50 - Domingos: 0:20 A Andorra: Saídas martes e venres ás 16:30 h. A Suíza: Saídas martes, xoves e sábados ás 13:00 h. A Francia, Bélxica, Holanda, e- Alemaña: Saídas martes, xoves, venres e sábados ás 16:00 h. A Euskadi, Valladolid, Cataluña, consultar na estación.

4 ESTACIÓN DE AUTOBUSES DE XINZO A Madrid (Auto Res): Diario: 00.25 - 11:15 - 15:30 h. A Francia, Bélxica, Holanda e Alemaña (Socitransa): Saídas martes e venres ás 13:15 h A Suiza: Xoves e sábados 13 h. Galicia-Algeciras (Dainco), consultar na estación.

Comarca de Monterrei Concello de Verín Concello de Monterrei Concello de Oimbra Concello de Vilardevós Concello de Riós Concello de Castrelo de Val Concello de Laza Concello de Cualedro Comisaría de Policía Verín Policía Local Verín Guardia Civil Protección Civil Estación de autobuses Taxis - Parada Hospital Taxis - Parada Estación Autobuses Taxis - Parada Praza Merced Taxis - Parada Praza do Concello Ambulatorio Urxencias Ambulatorio Cita previa Hospital de Verín Cruz Vermella Correos e Telégrafos Rexistro Civil de Verín Rexistro da Propiedade Oficina de emprego Oficina da Seguridade Social Servizos Sociais Verín Cáritas Parroquial IES nº1 de Verín IES García Barbón I. Bacharelato X. Taboada Chivite CEIP Amaro Refoxo CEIP Princesa de España Comarca de A Limia Concello de Xinzo Concello de Porqueira Concello de Calvos de Randín Concello de Baltar Concello de Os Blancos Concello de Trasmirás Concello de Sarreaus Concello de Vilar de Barrio Concello de Sandiás Concello de Vilar de Santos Concello de Rairiz de Veiga Policía Local Xinzo Guardia Civil Estación de autobuses Centro de saúde Punto Atención Continuada Rexistro civil de Xinzo Rexistro da Propiedade Taxis - Parada Oficina de emprego Oficina da Seguridade Social Xulgado de 1ª Instancia Servizos Sociais Xinzo Cáritas Parroquial IES Lagoa de Antela IES Cidade de Antioquía CEIP Rosalía de Castro CEIP Carlos Casares Gardería Municipal Oficina Agraria Comarcal da Limia ITV Incendios forestais Fenosa (averías)

988 410 001 988 418 002 988 426 160 988 417 004 988 425 032 988 419 002 988 422 002 988 424 004 988 414 123 988 411 612 988 410 005 988 412 121 988 413 516 988 414 342 988 411 812 988 410 385 988 411 113 988 410 800 988 413 460 988 413 636 988 411 600 988 411 038 988 410 387 988 410 737 988 410 703 988 410 253 988 414 776 988 410 679 988 411 212 988 410 379 988 410 041 988 411 425 988 410 128 988 550 111 988 466 102 988 434 000 988 466 503 988 467 506 988 445 000 988 454 002 988 449 001 988 465 001 988 465 883 988 465 552 988 462 425 988 462 361 988 460 309 988 462 200 988 462 456 988 46 0 188 988 460 209 988 460 258 988 460 375 988 462 951 988 462 364 988 550 111 988 460 222 988 462 454 988 461 271 988 460 480 988 460 507 988 461 049 988 460 024 902 309 000 085 988 222 222


BARRIOS Setembro de 2011


Do 23 ao 25 de setembro: Romería da Saínza en Rairiz de Veiga [páx.13] TEMA DO MES Páx.2 Inicio do curso para 2.475 escolares de Infantil e Primaria

VERÍN

Páx.2

Conmoción en Verín polo asasinato dun conductor de autobús

VERÍN

Páx.3

A corporación aproba de maneira definitiva o orzamento de 2011

ESPECIAL

Páx.10

O Inorde realiza ensaios con máis de 70 variedades de pataca

DEPORTES

Andaina e Media Maratón en Riós, o 9 de outubro

Inicio da vendima A Volta partiu deVerín

Páx.12

[páx. 4]

[páx. 11]

Número: 58 - Ano:VI - Setembro 2011- Depósito Legal: OU 186-2006 - Periódico mensual de distribución gratuíta www.barriosxinzoverin.com - BARRIOS volve estar no seu buzón a mediados de outubro. Se quere anunciarse consulte no 685 800 190

Setembro 2011 - BXV  

O inicio da vendima na D.O.Monterrei, o paso da Volta ciclista a España por Verín ou os ensaios sobre a pataca do Inorde son temas de portad...

Read more
Read more
Similar to
Popular now
Just for you