Issuu on Google+

[10.000 exemplares directos ás súas mans]

Número: 39 - Ano: V- Febreiro 2010 - Depósito Legal: 0U 185-2006 - Periódico mensual de distribución gratuíta

COMARCA

Páx.6

PSOE denuncia que a Xunta apraza o plan de xestión da ZEPA

COMARCA

Páx.6

XINZO

Páx.7

O BNG pide a amplia- Traballo ve infracción ción dos horarios da na paralización do ITV de Xinzo forno da vidrieira

Chegou o Entroido

COMARCA Páx.7 Respaldo unánime do Parlamento para facer fronte á crise da pataca

[páx 8 Especial Inorde e páx.10-11]

BARRIOS - Xinzo volve estar no seu buzón a mediados de MARZO. Se quere anunciarse consulte no 685 800 190




BARRIOS Febreiro de 2010

EN BREVE

4A Eurocidade, presente en “Sabores e Saberes”

A Eurocidade ChavesVerín participou, por terceiro ano consecutivo, na mostra ‘Sabores e Saberes’, celebrada os días 29, 30 e 31 de xaneiro en Chaves. O obxectivo desta participación foi presentar aos visitantes información sobre este proxecto de cooperación entre os dous municipios fronteirizos. O stand contou cunha exposición de artesanía e gastronomía da comarca de Verín-Monterrei, para dar a coñecer as principais tradicións desta zona, así como coa figura do ‘cigarrón’, a personaxe máis emblemática do Entroido de Verín.

4Plan provincial de obras

A corporación de Verín acordou por unanimidade no pleno de xaneiro as obras que se presentan ao Plan Provincial de Cooperación ás Obras e Servizos Municipais en 2010. Son a mellora da rede de abastecemento na estrada de Vences, cun importe de 42.367 euros, e, no Plan Adicional, a obra de renovación de infraestruturas nas rúas Marbana, Eduardo Ponda e Silvio Santiago, por un importe de 72.000 euros. Tamén se aprobou o proxecto de implantación dun software denominado “Xestión electrónica dun catálogo de procedementos básicos’. Neste punto o voceiro do PSOE solicitou que se estude a posibilidade de solicitar permisos para ocupar a vía pública e o pago de multas a través deste sistema.

VERÍN E COMARCA

A Xunta inviste máis de 9,3 millóns na ampliación do polígono de Pazos

4 Medio Ambiente anuncia que as expropiacións levaranse a cabo neste semestre e que as obras se licitarán despois do verán. Redacción O Consello da Xunta aprobou a modificación puntual do plan sectorial do parque empresarial de Pazos, en Verín, así como os seus proxectos sectorial e de obras públicas. Este paso dá cumprimento ao compromiso anunciado polo conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández, nunha recente visita a Verín. A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas investirá máis de 9,3 millóns de euros na ampliación do polígono industrial de Pazos, cuxo obxecto fundamental é o desprazamento de parte da superficie do leste do parque cara ao oeste, reducindo a afección ao río Támega, pertencente á Rede Natura 2000. A aprobación definitiva da modificación puntual leva emparellada a declaración de utilidade pública e interese social da execución do proxecto sectorial así como a modificación do planeamento urbanístico municipal. Ampliación de infraestruturas As obras de urbanización do parque engadirán 152.088 metros cadrados á actual superficie desta infraestrutura industrial, dos cales máis de 100.000 corresponden a superficie lucrativa. O departamento que dirixe Agustín Hernández

O conselleiro de Medio Ambiente, entre o delegado da Xunta en Ourense e o alcalde de Verín, nunha recente visita institucional á vila do Támega. prevé un cronograma de actuación que contempla a tramitación do proceso expropiatorio e as actas de pagamento e ocupación e rexistro de terreos ao longo do primeiro semestre do presente ano. Durante o terceiro trimestre, é dicir, despois do verán, licitaranse as obras de urbanización e daráselles inicio. Con este proxecto, a Xunta de Galicia cumpre o seu compromiso co alcalde e cos empresarios da zona, tentando impulsar os investimentos en solo industrial, elemento de que Verín carece. Neste senso, cómpre sinalar a relevancia desta infraestrutura, xa que se sitúa preto do norte de Portugal, motivo polo que servirá para potenciar as empresas de toda a comarca de Verín e captar investimentos traspasando a fronteira. Esta área queda encadrada do seguinte xeito: ao norte, a estrada N-525 que

conecta Verín; ao leste, o río Támega e a N-532, que une Verín e a autovía das Rías Baixas; ao sur, o río Búbal e a autovía das Rías Baixas; ao oeste, termo municipal de Monterrei, concretamente o núcleo de Vilaza. O Goberno galego considera prioritaria esta actuación, posto que o desenvolvemento económico desta comarca ourensá depende da actividade que o polígono xera. Así, Medio Ambiente está a traballar para axilizar estas infraestruturas. Visita a Verín No referente ao polígono de Tamagos, o conselleiro de Medio Ambiente informara na súa recente visita a

Verín que o futuro polígono empresarial está en fase de información pública do impacto ambiental da totalidad do polígono. O segundo parque empresarial de Verín contará con máis de 1’2 millóns de metros cadrados de solo industrial, nos que será preciso investir 43 millóns de euros. Polo momento, a Xunta está a desenvolver a primeira fase, de 200.000 metros cadrados. Ambos os dous polígonos empresariais son, para a Xunta, de gran importancia estratéxica, xa que se atopan ubicados moi preto do norte de Portugal, polo que servirán para dar un grande impulso ás empresas de toda a comarca de Verín e para captar investimentos máis aló da fronteira.

Vilardevós-Soutochao Nesta comarca a administración autonómica tamén ten en marcha outras actuacións, como o acondicionamento da estrada OU-310, no treito Vilardevós-Soutochao, de 8,8 quilómetros. As obras inclúen a mellora das condicións de seguridade e de tránsito así como de trazado. A actuación está adxudicada e en breves datas procederase a sinatura do contrato para iniciar os traballos de execución. Nela investiranse 1,8 millóns de euros. Ademais, a Xunta está a realizar nesta comarca obras en materia de saneamento e abastecemento, por un importe de máis de 1,4 millóns de euros. Concretamente, estanse a executar actuacións na Estación de Tratamento de Augas Pluviais (ETAP) de Verín e obras de mellora na Estación Depuradora de Augas Residuais (EDAR) e no saneamento desta mesma localidade.Así mesmo, as distintas actuacións na ETAP teñen previsto o seu remate no vindeiro mes de abril e nelas invístense 1,2 millóns de euros. Servizo regular VerínChaves Por último, Agustín Hernández informou sobre o estudo para o establecemento dunha liña de autobús regular entre as localidades de Verín e Chaves, dentro do proxecto da Eurocidade. Este estudo presentarase nos vindeiros meses nunha reunión dos responsables da Consellería e dos concellos de Chaves e Verín.

As obras de urbanización do parque engadirán 152.088 metros cadrados á actual superficie do polígono de Pazos O parque empresarial de Tamagos está en fase de información pública do impacto ambiental


VERÍN E COMARCA

O hospital de Verín rebaixou en trece días a espera media para unha intervención

4 O tempo de espera para unha consulta reducíuse en dous días. Redacción Segundo os datos rexistrados polo Servizo Galego de Saúde a 31 de decembro de 2009 e feitos públicos pla xerente do hospital de Verín, Pilar Fraga Gallego, este centro hospitalario diminuíu o tempo de espera media para unha intervención cirúrxica de 60 a 47 días, con respecto ao ano anterior. A espérase rebáixouse nun 22%, grazas a unha mellor xestión das listas que permitíu unha priorización máis axeitada, explicou a xerente. Verín consigue así rebaixar en 13 días a espera media, feito que a xerente, atribuíu a labor de xestión das listas levada a cabo por parte do Servizo de Admisión e da propia dirección, pese a que, parte do ano, o cadro de persoal facultativo da área cirúrxica, viuse reducido debido a baixas laborais de dificil substitución.

Asemade, o hospital de referenza para a comarca de Monterrei dá cumprimento criterio de garantía legal de menos de 30 días de espera media en pacientes de prioridade 1, acadando 20 días de espera media para estes pacientes, que son aqueles nos que está indicada unha intervención cirúrxica por cáncer, cardiopatías, enfermidades neurolóxicas, respiratorias ou dixestivas, entre outras, que comprometen a súa vida ou calidade de vida futura. Mellor xestión dos tempos tamén en consultas En 2009 realizáronse no hospital de Verín un total de 1.257 intervencións cirúrxicas en xornada ordinaria, e neste mesmo tramo horario, realizáronse 47.915 consultas, en total, 837 máis que o ano anterior. Neste eido, o hospital ta-

mén conseguíu rebaixar os resultados de espera media para primeiras consultas con respecto a 2008, pasando de 38 a 36 días, dous días de espera menos, ou o que é o mesmo, unha reducción superior ao 5%. En total no centro realizáronse 16.070 primeiras consultas e 31.845 sucesivas, ou revisións a criterio facultativo, e polo tanto no tempo e cadencia que este determine.

47 días é agora a espera media para unha intervención cirúrxica



Verín presenta proxectos por importe de 1,3 millóns de euros aos fondos FEIL

4 A maior inversión é para unha área recreativa na avenida de Laza, 212.541 euros. Redacción

Pilar Fraga, xerente do hospital de Verín./ARQUIVO.

BARRIOS Febreiro de 2010

Verín presenta unha ducia de proxectos ao Fondo Estatal de Inversión Local 2010, que suman un investimento que supera os 1,3 millóns de euros. Unha das actuacións que se financiarán con estes fondos estatais é a construción do Centro Social en Feces de Abaixo, cun orzamento de 175.919 euros. Unha obra “demandada pola poboación, e que se axusta aos parámetros de obras de carácter social esixidos polo Goberno de España”, recoñece o rexedor. Tamén se rehabilitará e ampliará o Centro Social en Queizás (cun orzamento de 164.244 euros) e o de Mandín (por un importe de 71.698 euros), que “permitirá adecuar a parte superior do actual centro social para actividades deportivas e culturais por parte da asociación de mulleres”,

asegura Jiménez Morán. O maior investimento é para unha área recreativadeportiva na avenida de Laza. Gastaranse 212.541 euros co fin de adecuar un área situada ao lado do hospital de Verín, na que se establecerá o futuro Centro de Día, e na que se construirán zonas axardinadas e unha pista de fútbol-sala. A instalación de calefacción e auga quente (17.700 euros), o peche da área deportiva (84.066 euros) e a construción de aseos públicos (40.666 euros) completarán este ano as actuacións de renovación da zona deportiva de A Granxa. Dos fondos FEIL tamén se destinará unha partida para a implanta ción de administración electrónica do Concello de Verín, cun orzamento de 27.000 euros.

Esta medida “permitirá que os veciños realicen trámites on-line desde a súa casa”, explica o rexedor. Ademais, o Concello de Verín presentou para a súa financiación a través do FEIL catro actuacións de saneamento e abastacemento: abastecemento e saneamento do Camiño Vello de Fontenova (107.644 euros), abastecemento e saneamento do Camiño Vello de Sousas (153.224 euros), mellora da rede de abastecemento dende o cuartel ata Pazos (176.760) e mellora da rede de abastecemento en Pazos (55.842 euros). Por último, haberá unha partida para instalar isletas de colectores soterrados na avenida Luis Espada e nas rúas Galicia e Constitución, cun orzamento de 83.917 euros cada unha.

Verín resrva preto de 500.000 euros dos fondos FEIL para obras de mellora do saneamento e do abastecemento




BARRIOS Febreiro de 2010

VERIN E COMARCA

EN BREVE

Vilardevós

4 Clases de matemáticas

A CHD constrúe en Arzádegos unha depuradora experimental

O departamento de Educación Familiar de Verín e a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria organizan un obradoiro de matemáticas para nenos de 5º e 6º de Primaria e 1º e 2º de ESO. Esta actividade gratuíta será impartida por un profesor de matemáticas a dous grupos dun máximo de 15 alumnos: os martes e xoves de 17 a 18 horas -1º e 2º de ESO- e 18 a 19 horas - 5º e 6º de Primaria-. [Inscricións na oficina de Educación Familiar ou no 988 414 776]

4 Boletín mensual do Banco do Tempo

O Banco do Tempo de Verín edita un boletín informativo de carácter mensual, grazas a colaboración dos seus socios. Os 33 socios integrantes deste servizo, promovido desde o Concello de Verín, a Consellería de Traballo e Benestar e a Federación Provincial de Mulleres Rurais de Ourense, elaboran un boletín que recolle artigos de opinión, receitas, trucos de beleza ou experiencias de intercambios entre os membros. Outras actividades propostas e desenvolvida polos integrantes do Banco do Tempo nos últimos meses foron obradoiros creativos e saídas culturais, co obxectivo de dinamizar as persoas integrantes do grupo.

[Inscricións na oficina do Banco do Tempo do Concello de Verín, 988 414 776 e bancodotempo@verin.net]

4 Depurará as augas de 200 habitantes. Redacción

O delegado da Xunta en Ourense e o alcalde de Riós, entre outros, observan a urbanización dun espazo público en Castrelo de Cima.

Riós estrea dous espazos públicos recén urbanizados

4 A Consellería de Medio Ambiente asumíu o custo das obras, máis de 500.000 euros Redacción Dous espazos públicos no concello de Riós, concretamente nos núcleos de Pena do Souto e de Castrelo de Cima, veñen de ser reurbanizados pola Xunta de Galicia. O custo das obras, un total de 522.956 euros, foi asumido pola Consellería de Medioambiente a través do departamento territorial. As obras foron visitadas polo delegado da Xunta en Ourense, Rogelio Martínez, o xefe territorial da Consellería de Medioambiente, César Losada, e o alcalde de Riós, Francisco Armando Veiga. A actuación en Pena de Souto consistíu no arranxo do cruce de camiños na entrada do núcleo dende a

OU-103. Acondicionouse o pavimento creando sendas peonís e rodadas, zonas de repouso e encontro e zonas de esparcemento ou de paso. Instalouse alumeado público con tres luminarias sobre poste, e elimináronse os postes eléctricos soterrando as instalacións de telefonía e electricidade. Ademais instalouse mobiliario urbano con papeleiras e bancos. O delegado da Xunta en Ourense, Rogelio Martínez, asegurou que con esta actuación mellorarase a calidade de vida destes veciños e o núcleo farase máis atractivo. A zona conta cunha capela que tamén se recuperou. En Castrelo de Cima, pe-

chouse un amplo espazo para ocio, pavimentouse a praza e melloráronse as instalacións de telefonía electricidade e alumeado público, soterrando as liñas. Delimitáronse as zonas de circulación, creouse unha praza con senda peonil, escaleiras que conectan coa igrexa parroquial, restaurouse un mirador e repúxose o mobiliario urbano con papeleiras, bancos e luminarias e a plantación de árbores. A idea do proxecto é respostar ás necesidades da parroquia, creando un amplo espazo para o ocio de cara tamén aos visitantes e oas que pasan as súas vacacións na zona.

Foron reurbanizados espazos públicos en Castrelo de Cima e Pena do Souto

A Confederación Hidrográfica do Douro (CHD) inviste 4,1 millóns de euros na construcción de 14 depuradoras experimentais, unha dela na localidade de Arzádegos, no municipio de Vilardevós. Se trata de depuradoras de baixo custo para evitar que, como ocurríu noutras ocasións, indican desde a CHD, as infraestruturas terminen abandonadas ao non poder ser costeadas polos cidadáns. A principal diferenza cunha depuradora convencional é que o gasto enerxético é

Verín creará un protocolo para os casos de violencia de xénero Redacción

O Concello de Verín acolleu unha nova reunión da Comisión da Xunta Local de Seguridade para a mellora da atención ás vítimas da violencia de xénero na que se acordou crear un Protocolo de Actuacións en Violencia de Xénero, co obxectivo de mellorar a coordinación entre as diferentes entidades e definir as medidas a realizar por cada unha delas; así como reforzar a coordinación entre a Policía Local e a Garda Civil. Por outra banda, amosá-

nulo ou moi baixo e o mantemento é sinxelo, o que, a priori, convirte este sistema de depuración no máis aconsellado para as localidades de menos de 2.000 habitantes equivalentes. Cada unha das 14 depuradoras contará cun sistema de depuración diferente para atender as necesidades específicas de cada localidade. En Arzádegos vaise pór en marcha o tratamento de pozos clasificadores, que depurará as augas de 200 habitantes. Consiste nun tratamento primario de augas residuais mediante procesos físicos como a sedimentación e a fermentación. ronse as actuacións levadas a cabo en 2009, e presentáronse as novas propostas de actuacións conxuntas para o 2010. Os presentes valoraron a situación en materia de violencia de xénero na localidade, con 26 casos o ano pasado, 19 deles con medidas de protección. A Comisión esta presidida pola concelleira de Igualdade, María Corona Meixeira, a representante da Subdelegación do Goberno, Purificación Álvarez, e a responsable do Centro de Información ás Mulleres, Carmen Serrano Fernández e nela participan membros dos Corpos e Forzas de Seguridade do Estado, Educación, Mancomunidade de Municipios, Xulgados de Verín, Hospital Comarcal e Centro de Saúde.


VERÍN E COMARCA

BARRIOS Febreiro de 2010



Descenden un 15% os delitos en Verin Redacción

A Xunta Local de Seguridade de Verín constatou unha redución do 15% no número de ilícitos penais (delitos e faltas) no municipio durante 2009. Foron 316 casos, e o porcentaxe de esclarecemento de delcitos sitúase en torno ao 70%, ascendendo a 80% nos delitos relacionados con persoas. Con todo, incrementouse o número de roubos con intimidación, “aínda que o esclarecemento destes casos é case total, o que revela unha total coordinación entre a Garda Civil, Policía Local e Policía Nacional”, puntualizou o subdelegado do Goberno, Camilo Ocampo, quen presidíu a xuntanza. En materia de violencia de xénero, rexistráronse 26 casos, 19 deles con medidas de protección. Tamén se analizou o Plan Director do Ministerio de Interior e de Educación

Protesta dos axentes da Policía Local de Verín diante da Deputación Provincial en Ourense. /IÑAKI OSORIO.

A Policía Local de Verín esixe que se negocie o convenio colectivo Visita do subdelegado do Goberno ás obras nas dependencias de Tráfico da Garda Civil en Verín. /BORYS INTERFILM para centros educativos, que naceu de modo experimental fai dous anos para que os alumnos recibisen información en materia de seguridade cidadá. “Sería interesante que o Concello de Verín impulsará a realización de cursos neste ámbito”, indicou Camilo Ocampo.

Ampliación de horario de bares e pubs Ademais, a Xunta de Seguridade analizou a solicitude do Concello de Verín á Consellería de Presidencia dun permiso para ampliar o horario de todos os pubs e bares da localidade durante o Entroido. Esta ampliación sería de dúas horas máis con

respecto a súa hora de peche habitual. O subdelegado do Goberno aproveitou a súa presenza en Verín para visitar as futuras dependencias de Tráfico en Verín, que estarán listas antes do verán, tras máis dun ano en obras. O custo da nueva sede é de 900.000 euros.

4Axentes concentráronse en Ourense para denunciar a súa situación. Redacción A Policía Local de Verín quere que o alcalde se sente a negociar o seu convenio colectivo, que caducou en 2007. A última forma de denunciar a súa situación foi mediante unha concentración de protesta diante da Deputación, en Ourense.

Anxo García, responsable de CIG-Verín, informou que o feito de estar sen convenio colectivo afecta de xeito particular aos axentes de Policía Local porque «están mal clasificados e polo tanto non cobran os complementos de traballo que lles corresponden, nin se lles pagan as horas extraordinarias.




BARRIOS Febreiro de 2010

EN BREVE

4 Reabre a estrada Xinzo-Vilar de Barrio

A estrada que une Xinzo e Vilar de Barrio reabríu esta semana tras un parcheo de urxencia por parte de operarios da Deputación. O tramo estivo cortado máis de 15 días debido a que a acumulación de baches provocara danos en varios vehículos. O arranxo da estrada a Vilar de Barrio xa foi adxudicado pola Xunta. Investiranse 1,1 millóns de euros.

4 Calvos terá que repetir a moción de censura

Os firmantes da moción de censura de Calvos de Randín pedirán a súa inmediata execución, tras desestimar o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia a apelación do alcalde socialista contra outro fallo xudicial que lle obrigaba a repetir o pleno da moción de censura, celebrado o 10 de xuño de 2008. A sentenza do TSXG entende como feitos probados que esa moción se votou sen que puideran asistir os concelleiros que a firmaban (catro ex populares e un ex socialista) porque llo impedíu a multitude concentrada, situación que coñecían o rexedor e os concelleiros asistentes.

4A feira Xantar, presente en Facebook

Xantar, Salón Galego de Gastronomía e Turismo, acaba de crear unha páxina no Facebook, unha das redes sociais con maior número de usuarios, co obxectivo de manter un contacto máis directo co seu público para que poida consultar a través desta nova ferramenta todas as novidades do salón ofrecéndolles ó mesmo tempo a posibilidade de enviar comentarios ou suxerencias, O Salón terá lugar en Expourense entre o 3 e o 7 de marzo nunha edición especial adicada ao Xacobeo

XINZO E COMARCA

Os socialistas denuncian que a Xunta apraza o plan de xestión da ZEPA de A Limia

4 Reclaman diálogo con sindicatos, organizacións ambientais e representantes da comarca. Redacción A portavoz de Medio Ambiente do PSOE, Carmen Gallego, denunciou na Comisión 8º do Parlamento que a Xunta de Galicia segue aprazando o Plan de Xestión da ZEPA de A Limia. Gallego interveu na comisión para reclamar explicacións pola situación na que se atopa a declaración da ZEPA. A deputada socialista dixo que o partido de Feijoo mudou radicalmente a súa posición sobre este asunto en reiteradas ocasións. E lembrou que na pasada lexislatura o propio

Feijoo proclamaba o “non á ZEPA”, e incluso prometeu nun mitin que con el no goberno de Galicia habería un non rotundo á ZEPA. Gallego advertíu que agora o PP di que van tardar 2 anos en aprobar o plan de xestión. Denuncia que o Goberno de Feijoo non se quere comprometer a manter unha canle de dialogo aberta con organizacións ambientais, sindicatos agrarios e representantes institucionais de A Limia. Os socialistas esixen que o plan de xestión se leve a cabo como máximo en seis meses, e que se faga a través do diálogo con concellos, sindicatos agrarios e orga-

nizacións ecoloxistas. A deputada socialista tamén reclama que se arranxen todos os atrancos para o agro na Lei do Solo. Asegura a parlamentaria que a modificación da lei que propón o PP “segue sen resolver os problemas, por canto mantén graves restricións nas alturas de 3.5 metros para montar ou arranxar granxas, naves, almacéns, serradoiros, etc”. Gallego emprazou á Xunta a facelas cousas ben “ porque a Declaración da ZEPA é unha oportunidade para a Limia, por iso o PP ten que cambiar de rumbo”, dixo.

O voceiro nacional do BNG entre os alcaldes de Vilar de Santos e Allariz, xunto a outros cargos do Bloque.

Estación da ITV de Xinzo./ARQUIVO.

Piden que se amplíe o horario da ITV

4 A estación de Xinzo non abre os sábados e pecha ás 18 horas pola semana. Redacción O responsábel comarcal do BNG na Limia, Xosé Manuel Pérez Bouza, esixe que a estación de ITV de Xinzo amplíe o seu horario de apertura durante os días de semana, e abra tamén en sábado, para facilitarlle aos usuarios a realización das inspeccións dos seus vehículos. Pérez Bouza denuncia que “o horario actual, no que a estación non abre os sábados e pecha pola semana ás seis da tarde, non se axusta para nada ao horario laboral de moitos veciños da comarca, que ao igual que antes de contar coa estación da ITV en Xinzo, téñense que desprazar ate as de Verín e de Ourense, que si ten un horario máis razoábel”. Isto cáusalle un importante prexuízo veciños da

comarca, en forma de perda de tempo e de aumento dos custes económicos, do que o responsábel comarcal do BNG acusa directamente á Xunta, polo “desleixo e falta de sensibilidade que demostra cara os veciños e veciñas da Limia”. Neste sentido, o responsábel comarcal do BNG, advirte de que “se a Xunta e a empresa non toman de inmediato a decisión de ampliar o horario de atención ao público tanto durante os días de semana como os sábados, o BNG iniciará na comarca de A Limia, unha campaña de mobilizacións para que, ao igual que tivemos que facer para que se abrira, se amplíe o horario”. O BNG tamén actuará no campo institucional, presentando mocións en apoio desta reivindicación, en todos os concellos da comarca.

Visita institucional do voceiro nacional do BNG a Vilar de Santos

O portavoz nacional, Guillerme Vázquez, acompañado do senador Xosé Manuel Pérez Bouza, realizou unha visita institucional aos concellos de Vilar de Santos, Allariz e Maceda. En declaracións aos medios logo de coñecer o centro de servizos sociais comunitarios-fogar dos maiores de Allariz, sinalou que “o BNG defende os servizos públicos como garantía de calidade, igualdade e cobertura total do territorio fronte á política privatizadora do PP”. Guillerme Vázquez principia así unha actividade como portavoz nacional do BNG que se vai desenvolver nos vindeiros meses para coñecer de primeira man o labor do nacionalismo como forza de goberno nos concellos. En Vilar de Santos, foi recibido polo alcalde, Xan Jardón, quen salientou que este foi o primeiro concello con rexedor nacionalista da provincia ourensá. A seguir, visitaron o polígono industrial de Vilar de Santos, no que están instaladas 22 empresas que dan emprego a 135 persoas de forma directa, con destacada presenza de actividades relacionadas co sector agrario. Ademais, visitou o Museo etnográfico da Limia, un espazo recuperado que é un atractivo tanto para os veciños da comarca como para os visitantes que desexan coñecer os labores tradicionais ou a historia da Lagoa de Antela, ademais da arquitectura típica das casas de labranza.

Telecentro de Xinzo.

Curso no telecentro de Xinzo

O telecentro de comunicación de Xinzo de Limia acolleu un curso de edición dixital de audio dirixido aos interesados na edición profesional de son que buscasen un punto dende o que comezar. Este curso forma parte das iniciativas que dende o Centro Multimedia de Galicia (http://ww.cmg.xunta.es) se realizan para contribuír na formación de futuros profesionais e potenciar, deste xeito, o sector audiovisual e multimedia galegos.


XINZO E COMARCA

peche da vidrieira de xinzo

Traballo ve infracción grave na paralización do forno

4 Estúdase un plan para facilitar a recolocación dos 150 traballadores. Redacción A Inspección de Traballo formulou acta de infracción á empresa Vidriera del Atlántico por unha infracción grave en materia de prevención de riscos laborais no valeirado do forno de fusión para paralizar o proceso productivo na vidrieira. Inspección entende tamén que a dirección non cumplíu as súas obrigas de información e consulta cos representantes dos traballadores. Os expedientes sancionadores abertos pola Inspección de Traballo foron entregados no Xulgado do Mercantil de Ourense por representantes do comité de empresa para pedirlle a este organo xudicial que anule o ERE aberto polo

concurso de acredores presentado pola empresa e declare ilegal este concurso. Reinserción laboral Por outra banda, altos cargos da Consellería de Traballo, o comité de empresa da vidrieira e osalcaldes de Xinzo e Baltar acordaron elabo-

rar un plan para facilitar a reinserción laboral dos 150 empleados da fábrica, ante o previsible peche. Axudas públicas para a contratación dos traballadores, formación ou incentivos para obradoiros de emprego na comarca son algunhas das ideas baralladas.



Respaldo unánime do Parlamento para facer fronte á crise do sector da pataca

4 Apróbase unha moción do BNG que insta á Xunta a impulsar os contratos homologados. Redacción

Estado do interior das instalacións da vidrieira, coas cadeas paradas./ARQUIVO.

BARRIOS Febreiro de 2010

O BNG conseguíu o respaldo de todos os grupos para instar ao goberno da Xunta a facer fronte á situación de crise que atravesa o sector da pataca da Limia. Os parlamentarios aprobaron unha proposición non de lei dos nacionalistas, transaccionada cunha emenda popular, que pide ao Goberno galego que impulse a sinatura de contratos homolagos e convoque a Mesa da Pataca, para continuar a intelocución e lograr a concertación entre produtores e almacenistas para establecer relacións estabeis e transparentes

que permitan facer fronte á crise e eviten que os produtores teñan que cargar con perdas inasumibeis. A deputada nacionalista Tereixa Paz valorou poder ter chegado a este acordo unánime, pois grazas ao mesmo se poderá garantir a recollida de produción e a percepción de prezos dignos aos productores. A parlamentar recoñeceu que o sector da pataca tradicionalmente sofre crises cíclicas mais os problemas que xurdiron coa campaña de 2009, durante a que os produtores se viron obrigados a vender a prezos de entre 5 e 6 céntimos o quilogramo, eran prevísibles, “dende maio se podía

estimar que a produción chegaría aos 10 millóns de quilos e sen embargo non se adiantou ningunha medida por parte da Xunta”. Neste sentido, Tereixa Paz recordou o traballo realizado polo anterior goberno, que en Setembro de 2008 asinou na Mesa da Pataca o contrato homologado para regular os prezos, que tería que ter tido continuidade no 2009, mais nin se convocou nin siquera houbo posicionamentos de membros de Goberno a prol do sector.

O acordo pide ao Goberno galego que convoque a Mesa da Pataca




BARRIOS Febreiro de 2010

INORDE especial

FITUR acolle a presentación do paquete turístico “Entroidos de Ourense: Puro Carnaval”

Acompañada da guía ‘Escápate aos entroidos de Ourense’, a iniciativa invita aos visitantes aparticipar de maneira activa nos cinco entroidos ourensáns declarados de interese turístico. FITUR, a Feira Internacional de Turismo de Madrid, acolleu a presentación do paquete turístico ‘Entroidos de Ourense: Puro Carnaval’, unha iniciativa para que os visitantes poidan participar de maneira activa nos cinco entroidos da provincia de Ourense declarados de interese turístico: Xinzo de Limia, Laza, Verín, Viana do Bolo e Manzaneda. No acto de presentación deste paquete turístico, a secretaria xeral de Turismo da Xunta de Galicia, Carmen Pardo, deu a coñecer aos asistentes unha práctica guía, denominada “Escápate aos entroidos de Ourense”, que permitirá disfrutar dos cinco entroidos de maneira conxunta. Os entroidos de Xinzo de Limia, Laza, Verín, Viana do Bolo e Manzaneda destacan pola súa riqueza cultural, a súa vistosidade e a súa capacidade de convocatoria. Ano tras ano congregan a milleiros de visitantes ao redor dos personaxes específicos de cada carnaval, como as pantallas de Xinzo, os peliqueiros de Laza, os cigarróns de Verín, os boteiros de Viana do Bolo e as mázcaras de Manzaneda; e de ritos que os fan únicos, como Os folións, O testamento do burro, a Liturxia dos borrachos, a Queimada do engado, o Domingo oleiro ou o Luns borralleiro, por poñer algúns exemplos. A guía “Escápate aos entroidos de Ourense” inclúe información sobre o significado cultural e o valor turístico das festas e numerosos datos prácticos para disfrutar delas, que inclúen dende información gastronómica, aloxamentos de catro estrelas, casas de turismo rural ata os medios de transporte existentes. A secretaria xeral de

Turismo recordou que o visitante que se achegue ata a zona “poderá disfrutar ademais dunha extraordinaria gastronomía e outros importantes recursos turísticos do interior de Galicia”. O obxectivo final desta iniciativa é o de desestacionalizar e impulsar o turismo de interior galego como destino turístico, de maneira que o sector turístico contribúa ao reequilibrio territorial entre costa e interior. A guía-catálogo estará a disposición en 420 puntos de Ourense e do norte de Portugal, concretamente nas cidades de Chaves e Montealegre, comprendendo oficinas de turismo e establecementos turísticos.

“Entroidobús” Unha das iniciativas estrelas deste paquete turístico para o Entroido é o “Entroidobús”, un sistema de nove liñas diferentes de autobús que percorrerán gran parte do territorio ourensán con horarios flexibles e axustados ás actividades principais dos entroidos. “Trátase dun sistema gratuíto, seguro e responsable para que o viaxeiro que se encontre aloxado nas localidades do Entroido se poida desprazar desde calquera punto, sen necesidade de utilizar vehículo propio”, informou a secretaria xeral para o Turismo. As liñas conectarán Ourense con Allariz, Xinzo, Verín e Viana; Ourense con Allariz e Xinzo; Ourense con Castro Caldelas, Trives e Manzaneda; Ourense con Allariz, Xinzo e Verín; Bande con Porqueira e Xinzo; Xinzo con Vilar de Barrio, Sarreaus e Laza; Vilar de Barrio e Xinzo; Laza con Castrelo do Val e Verín; e por último, Soutelo con Laza e Verín.

O xerente do Inorde, José Manuel Rodríguez, xunto á secretaria xeral de Turismo da Xunta de Galicia, Carmen Pardo, na presentación dos Entroidos ourensáns na feira FITUR.

A guía “Escápate aos entroidos de Ourense” inclúe información sobre o significado cultural e o valor turístico dos entroidos ourensáns e numerosos datos prácticos para disfrutar deles Nove liñas do “Entroidobús” percorrerán gran parte do territorio ourensán con horarios flexibles e axustados ás actividades principais dos entroidos

O conselleiro de Cultura e Turismo, Roberto Varela, o presidente do Inorde, José Manuel Freire Couto, o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo, e o xerente do Inorde, José Manuel Rodríguez, xunto a unha representación das máscaras típicas dos Entroidos ourensáns, como cigarróns e pantallas.


INORDE especial

BARRIOS Febreiro de 2010



Cosméticos elaborados con auga termal, nova ferramenta de promocion da provincia

O Inorde presentou en FITUR unha auga termal e unha crema facial coa marca “Aqua Auriensis”. O Inorde aproveitou a Feira Internacional de Turismo, FITUR, celebrada en Madrid en xaneiro, para presentar as liñas estratéxicas da campaña do Padroado Provincial de Turismo para 2010. Unha das novidades foi o lanzamento dunha liña de cosmética a base de auga termal da provincia e ouro, coa marca ‘Aqua Auriensis’, da que se presentaron dous produtos: unha “Auga Termal” en formato spray e unha crema facial “Crema de Ouro”. Fabricados integramente en Ourense, os cosméticos teñen como base auga termal que xorde espontaneamente a 77,1º de temperatura nas faldas do parque natural do Xurés, Reserva da Biosfera, e que están elaborados por unha empresa ourensá especializada no coidado persoal e en produtos termais, Laboratorios IUVENOR. O proxecto do Inorde non é espontáneo nin improvisado. A idea xurdíu en 2007 e recolle o legado dos romanos, que, ao seu paso por Ourense, atoparon innumerables manantiais termales e, remontando o cauce do río Sil e dos seus afluentes, explotaban xacementos de ouro. Na provincia, desde as súas orixes, está presente a auga e o ouro, e como resaltou o presidente da Deputación de Ourense, José Luis Baltar, na presentación pública dos cosméticos, “neste século XXI, non podemos deixar pasar a oportunidade de promocionala a través destes recursos naturais. Nestes tres últimos anos foise desenvolvendo o proxecto: rexistro de marca e epígrafes, selección de manantiais, estudo, testado de produto, análise de demanda, rematando co diseño e elaboración.

Agora, estes dous novos produtos ven a luz e veñen completar a a oferta de marcas da iniciativa privada como De Balneis, do grupo Caldaria, e Sybaria, de inmediato lanzamento, con base de viño tinto Mencía da Ribeira Sacra, Rectoral de Amandi e auga mineral natural Sousas. Con “Aqua Auriensis”, o obxectivo do Padroado de Turismo é que a provincia de Ourense se convirta nun referente no mundo da estética. En breve adxudicarán a comercialización para que a crema ourensá chegue ás consumidoras, público obxectivo destes produtos. Como destacaba José Luis Baltar durante a súa Presentación en FITUR dos productos cosméticos da marca “Aqua Auriensis”, coa presenz ado presidente da Deputa- presentación, “o noso ción, da secretaria xeral de Turismo e do presidente e xerente do Inorde, entre outros. obxectivo de márketing é conseguir que cada vez O Padroado lanzou unha liña de cosmética a base de auga termal da provincia que utilice estes produtos, reciba continuos impactos e ouro, baixo a marca “Aqua Auriensis”, que servirá de ferramenta de de Ourense e como consepromoción de Ourense cuencia lle fagan pensar A auga empregada para a elaboración da crema facial “Crema de Ouro” e do que ten que coñecer a súa orixe e así conseguiremos spray “Auga Termal” brota a 77,1 graos de temperatura nas faldas do parque que nalgún momento da natural do Xurés súa vida, goce coa súa familia da nosa provincia”.

As mulleres son o público obxectivo destes dous produtos cosméticos, dos que en breve será adxudicada a súa comercialización O obxectivo de márketing é conseguir que cada vez que alguén utilice estes produtos, reciba continuos impactos de Ourense “e como consecuencia lle fagan pensar que ten que coñecer a súa orixe”, apuntaba José Luis Baltar durante a súa presentación

Polo momento o Inorde presentou só dous productos cosméticos baixo a marca “Aqua Auriensis”: unha “Auga Termal” en formato spray e unha crema facial “Crema de Ouro”.

Liñas estratéxicas A liña de cosmética “Aqua Auriensis” é, sen dúbida, un dos elementos máis novedosos da promoción de Ourense por parte do Padroado Provincial de Turismo, pero non o único. Liña estratéxica para este ano é a realización dunha campaña en mercados de proximidade para captar viaxeiros de escapada aproveitando o Xacobeo, co slogan “Quédate en Ourense. Visita Santiago. Xacobeo”. En síntese, o proxecto do Padroado Provincial de Turismo para o 2010 espera conseguir un maior número de impactos que redunden en visitantes e que sitúen a Ourense nos circuítos turísticos.


10

BARRIOS Febreiro de 2010

OCIO E CULTURA

EN BREVE

4Outras citas carnavaleiras

Outros concellos da comarca con tradicións de Entroido propias son os de Oímbra, coa celebración do Luns de Adegas, ou Sarreaus, que conta cunha máscara diferente, os vergalleiros.

As pantallas saíron á rúa en Xinzo no Domingo Corredoiro. /IÑAKI OSORIO.

Xinzo, o Entroido máis longo

4 A cita principal chega co desfile do Martes de Carnaval, pero do 12 ao 16 de febreiro, todos os días son festa na capital de A Limia. Redacción O de Xinzo de Limia é o ciclo do Entroido máis longo da península: comezou o 24 de xaneiro e non rematará ata o 21 de febreiro, case un mes de diversión. A xornada do venres 12 de febreiro os cativos terán un protagonismo especial,

grazas ao desfile infantil dos colexios da vila pola mañá e ao concurso infantil de disfraces e xogos na praza Maior pola tarde. Varias charangas animarán prazas e rúas de Xinzo ao longo da tarde, igual que o farán o resto do longo fin de semana. O Sábado de Entroido a

cita máis salientable é a 28ª edición do Festival da Canción Humorística do Entrido, a partir das 19 horas na Casa da Cultura. Neste acto entregarase o premio do Concurso do Cartel do Entroido deste ano. Varias charangas e a orquestra Nevada na praza Maior porán a ambientación musical.

O Domingo de Entroido as charangas animarán as rúas de Xinzo desde a mañá á noite, e tocará a orquestra Jerusalén na praza Maior. O luns, gaiteiros e charangas ambientarán musicalmente as rúas e prazas da vila, igual que o farán o martes. Nesta xornada, a cita imprescindible é o desfile, con saída ás 17 horas desde o Polígono e percorrido polas avenidas de Madrid e Ourense ata o parque do Pombal. A orquestra Foliada será a encargada da verbena. Xinzo ofrece dous días máis de festa: co Enterro da Sardiña o mércores 17 a partir das 20 horas na praza Maior, e co Domingo de Piñata o día 21 co xogo da piñata na praza Xoán XXIII ás 17 horas.

Laza, as tradicións máis ancestrais

4 A baixada da Morena, o Luns Borralleiro, é un dos rituais máis agardados. Redacción Laza tamén celebra o Xoves de Comadres, de mañá co folión dos nenos do CEIP O Castiñeiro e de noite coa cea das Mulleres, e verbena coa actuación da orquestra Aramio. O venres de Folión ten tres citas: pola tarde, degustación de bica branca, xastré e licro café por bares e chiringuitos; ás 21.30 horas, a III Festa Gastronómica daCachucha, a Bica Branca, o Xastré e o Licor Café, no pavillón de Deportes; e ao remate da cea, gran folión, con chocos, viño e fachóns, percorrendo Laza. Na xornada do Sábado das cabritadas, a tarde é a da Ruta do Xastré, de souteliño ata Laza; na Picota haberá

fariña a rachar e pola noite, troulada e cabritadas dos mozos, con verbena amenizada polo grupo Troya. O día 14 é o Domingo de Estrea, a primeira saída dos peluqueiros á saída da misa, haberá reparto da bica dos peliqueiros na praza da Picota. Pola tarde, toca desfile de carrozas típicas, animado por charangas, seguido de baile coa orquestra Compostela e o grupo Troco. O Luns Borralleiro é a data máis concurrida do Entroido de Laza, un dos máis ancestrais, con tradicións como a farrapada, a xitanada dos burros e maragatos (pola mañá) e a baixada da Morena desde Cimadevila, acompañada de formigas, toxos e cobelleiros (pola

Peliqueiros na praza da Picota de Laza./ARQUIVO. tarde). Ao remate, reparto de cachucha, pan e viño para repór forzas, e verbena coa orquestra Los Españoles e o grupo Ilusión. O Martes de Entroido saen os peliqueiros veteráns, e pola tarde, desfilan

as carrozas. A partir das 19 horas o testamento do burro, o enterro do Entroido e o loito dos peliqueiros despedirán o carnaval, que remata co baile a cargo da orquestra Superfama e o grupo Ritmo Joven.

4 Entroidobús

A Xunta de Galicia en marcha o Entroidobús durante os días 13, 14, 15 e 16 de febreiro, coincidindo cos días fortes do entroido na provincia ourensá. En total son 9 liñas diferentes que percorren gran parte de Ourense, con horarios flexibles e axustados ás actividades principais dos entroidos. O prezo do billete para os usuarios será de 2 euros (ida e volta), importe moi accesible co que se pretende evitar os desprazamentos en vehículo particular como medida para reducir a sinistralidade viaria.


OCIO E CULTURA

A diversión está en Verín

4 O Xoves de Comadres dá o pistoletazo ao carnaval verinés. Redacción Este 11 de febreiro é Xoves de Comadres en Verín, unha das datas máis importantes no calendario dun dos Entroidos máis ancestrais, orixinais e participativos de Galicia. A mañá comeza co Gran Desfile Infantil, coa participación do alumnado dos centros educativos da comarca e de Chaves. Pero é á noite cando sairán as comadres e encherán todos os restaurantes da vila, animadas por varias charangas. A media noite, no barrio de San Lázaro, a Raíña do Entroido recibirá a comitiva de Don Carnal, procedente do Camiño Real. Mareas e mareas de mulleres, e outros tantos homes disfrazados de damas, desfilarán ata a praza García Barbón. Alí, despois do saúdo da Raíña e Don Carnal, arrincará a lectura do pregón a cargo do escritor Xosé Carlos Caneiro e a actuación das Cantareiras de Ardebullo. A orquestra Passarela porá o broche á noite máis “feminina” do entroido verinés. O día 12, Venres de Compadreo, ás 18 horas, saen os Escuadróns de Capuchóns e Mascaritas -uniforme oficial dos entroideiros este día-. Percorrerán diversas rúas e prazas da vila, con paradas estratéxicas para mollar a gorxa e encher o bandullo. Irán acompañadas do Carro do Compadreo e de charanga; o percorrido rematarase na praza de Edesio Fuentes cunha sesión de “tapeo” e queimada para os participantes. Pola noite, haberá verbena popular na praza

EN BREVE

4 Tenda do Entroido

O Concello de Verín abre, un ano máis, unha tenda na rúa Lisa destinada á venda de produtos e artigos relacionados co Entroido da localidade. Esta tenda estará aberta ata o Martes de Entroido, de luns a domingo, de 11 a 13.30 horas e de 17 a 20 horas.

4Rúas pechadas ao tráfico Un grupo de mulleres disfrazadas na celebración do xoves de Comadres do ano pasado. /BORYS INTERFILM García Barbón coa orquestra Ritmo Joven. O Sábado de Entroido terá lugar o Bautizo do Cigarrón, a partir das 17 horas, un acto solemne no que os novos cigarróns serán vestidos, con todas as honras, acompañados da Raína do Entroido e Don Carnal. Charangas durante a tarde e a noite, e as orquestras Los Trovadores e América en Concerto porán a ambientación musical da xornada. O Domingo de Entroido arrinca cunha descarga de foguetes e segue coa concentración de carrozas, comparsas, máscaras e cigarróns ás 12 horas no barrio de San Roque, para iniciarse o desfile polas rúas de Verín ás 12:30 horas. Na sesión vespertina e nocturna, continua a animación musical con charangas e, na praza García Barbón, as orquestras Solara e Los Españoles calmarán as an-

sias de baile dos presentes. O Luns 15 é o Día da Farelada. A partir das 16.30 horas, haberá xogos infantís e inchábeis no Pavillón dos Deportes, co único requisito de ir disfrazados.  A partir das 19 horas, haberá merenda con degustación de empanadas e viño e verbena popular na praza García Barbón, coa orquestra Compostela e o grupo Alcotan. O Martes de Entroido repítese o desfile do domingo ás 16:30 horas. Charangas, a xente da Escola de Música Tradicional do Concello de Verín, e as orquestras Trébol e América S.L. acompañarán aos entroideiros neste remate de festa. Os integrantes de comparsas e carrozas volverán reunirse o Domingo de Piñata, día 21, para un almorzo, e desde ás 17:30 haberá baile popular na praza García Barbón.

Tralo saúdo da Raíña e Don Carnal, a medianoite do Xoves de Comadres, a lectura do pregón dá inicio ao Entroido

Un bando municipal en Verín informa que con motivo das festas do entroido, entre o 11 e o 16 de febreiro, estará pechado ao tráfico rodado o casco antigo da vila e tamén as rúas Alameda, Muralla e Praza Alameda, coa finalidade de garantir a seguridade peonil e o bo desenvolvemento das festas. Nestes días estará prohibido a circulación e o estacionamento agás, excepcionalmente, os residentes para gardar os seus automóbiles. Tamén poderán circular vehículos de reparto o sábado, luns e martes pola mañá.

4 Contos na Biblioteca

Os días 11 e 13 de febreiro, a biblioteca de Verín organiza un obradoiro de ‘Contos de Entroido e Maquillaxe Infantil’. Contacontos, manualidades ou xogos serán algunhas das actuacións programadas en ambas xornadas e destinadas a vinte nenos, con idades comprendidas entre os 3 e 10 anos, e que se desenvolverán de 18 a 19.30 horas, o xoves 11, e de 11.30 a 13 horas, o sábado 13.

BARRIOS Febreiro de 2010

11


12

BARRIOS Febreiro de 2010

DEPORTES

O verinés José Manuel Ferreira, campión de España de Wushu

4 Nas modalidades de forma de sable (Nandao) e pau (Nangun). Ramsés Torres Das 25 medallas que acadou a expedición galega no Campionato de España de Wushu celebrado en Madrid, o verinés José Manuel Ferreira obtivo tres. En forma de sable (Nandao) e

pau (Nangun) alzouse co campionato de España colgándose o ouro nas dúas modalidades. A este éxito hai que engadirlle un máis, o subcampionato na modalidade de forma de puño. Neste campionato, Ourense mostrou unha vez máis o

seu potencial e trouxo para a nosa terra oito medallas. Campionato de Europa Agora o deportista ourensán está a preparar o Campionato de Europa de Wushu que se celebrará do 7 ao ao 14 de marzo en Antalya,

Turquía, xunto con el acudirá outra ourensá, Rocío Salgado que fora bronce no pasado europeo. Despois de participar no Campionato do Mundo, Ferreira ten a oportunidade neste europeo de seguir medrando neste deporte.

Ferreira no campionato de España de Wushu celebrado en Madrid.

Cita coa natación de base en Verín 4 O sábado 27 de febreiro. Redacción O sábado 27 de febreiro, celebrarase na piscina climatizada de Verín, en xornada única, a primeira fase do torneo de natación na que poden participar os nadadores benxamín e alevín de ambos sexos, sen licencia federativa en vigor -a excepción da Licenza da Escola de Natación-. As probas que se disputarán son: 25 metros bolboreta benxamín, 50 metros bolboreta alevín, 25 metros costas benxamín, 50 metros costas alevín, 25 metros braza benxamín, 50 metros braza alevín, 25 metros crol benxamín, 50 metros crol alevín, 4x25 metros estilos benxamín e 4x50 metros estilos alevín. Cada nadador poderá nadar dúas pro-

bas individuais e unha de relevos. O horario das competicións está aínda por decidir. No caso de que sexa en xornada de mañá, comezará ás 10:30 horas; se é de tarde, as probas iniciaranse ás 17 horas. Fase intercomarcal Os que acaden os mellores resultados nesta xornada participarán na fase intercomarcal na segunda quincena de marzo, provincial na segunda quincena de abril e rexional (só na categoría alevín) no mes de maio de 2010. Este evento está organizado polo Servizo Provincial de Deportes e o Concello de Verín, a través de Xogade (Xogos Galegos Deportivos).

Chega o segundo torneo de fútbol sala interparroquial

4 Disputarase entre os meses de marzo a xuño en Verín e Chaves. Redacción Xa está todo preparado para que durante os meses de marzo a xuño se celebre o 2º torneo de fútbol sala interparroquial Eurocidade Chaves-Verín. Os partidos terán lugar nos polideportivos de Chaves e de Verín na fase de grupos. Unha vez rematada, as eliminatorias xogaranse no pavillón municipal de Chaves, incluida a final que terá lugar o 20 de xuño, e que estará integrada dentro das actividades da 7ª semana do deporte flaviense. Os equipos de Chaves e

Verín interesados en participar na competición deberán inscribirse ata o 12 de marzo no Pavillón de Verín ou no de Chaves. O torneo está dirixido a todas as parroquias dos municipios de Chaves e Verín, que poderán participar cun único equipo, constituído por individuos de ambos sexos. O principal obxectivo deste evento é o de ocupar o tempo libre dos eurocidadáns de forma saudable, promover o intercambio e a convivencia deportiva entre as diferentes parroquias dos dous concellos, e dinamizar as instalacións deportivas existentes.

4EN FORMA

Como soltar lastre Como ben vos dixeron no número anterior só temos unha forma saudable e eficaz de eliminar a masa graxa: co exercicio físico e control nas comidas (saber comer). Nunca por separado. Debo aclararvos unha cuestión interesante e moi importante. O 95% das miñas alumnas e amigas que me preguntaron por tipos de exercicios abdominais foron cun único obxectivo: perder masa graxa na cintura. E isto é un grave erro de base moi xeneralizado na sociedade actual, afeita a retocar directamente todo aquilo que non nos gusta: pestanas, pelo, beizos, etc. Non hai ningún exercicio concreto para eliminar masa graxa dunha zona específica, se a graxa se che almacena no abdome a solución non pasa só por facer exercicios abdominais; cando fas deporte eliminas masa graxa do teu corpo en xeral. Pensade á inversa cando comedes que credes que o primeiro prato vaivos para a perna, o segundo prato para o glúteo e o postre para os brazos? Non, verdade, distribúensenos os nutrintes por todo o corpo; pois o mesmo cando queremos eliminala. Así que, se queimamos máis calorías das que inxerimos ao longo do día estamos a baleirar os tanques de graxa (as mozas adóitanos ter en cadeiras, glúteos e/ou pernas e os mozos no abdome). Así, o noso mellor e máis efectivo ataque sería unha combinación dunha dieta baixa en calorías máis unha hora de exer-

cicio físico, só unha miserable hora ao día. Que vén saíndo: roubarlle 10 minutos á túa parella, aos teus amigos, ao teu tempo de lecer, aos teus pensamentos impuros, o tempo que nos absorbe as intervencións da Belén Esteban ou aos teus soños de futuros. Se logo cando elimines eses quiliños de máis que che sobran: vas querer ver menos á túa parella e máis ao teu amante, faraslles máis graza aos noivos das túas amigas que ás túas propias amigas, confundirás lecer con pracer, terás realidades no canto de pensamentos, darasche conta que vales máis que ningunha e no canto de soños imposibles atoparás descansos pracenteiros. Antes de seguir tede ben claro, que como estades agora non vén dunha semana nin dun mes; pois entón non pretendades tamén que imos eliminala con goma de borrar, ninguén dixo que ía ser fácil. A fama custa e para chegar a ela hai que suar. Necesito a vosa atención e por Obama non vos saltedes as miñas formulacións, paciencia e boa letra como dicía o meu profe ou a miña amante, xa non me acordo. Nesta hora, debemos de dedicarlle un tempo ao exercicio aeróbico (todo tipo de exercicio constante que pase de 30 minutos: andar, trotar, bicicleta, nadar, todo tipo de clases colectivas) e outro pouquiño de exercicio anaeróbico ou tonificación muscular: exercicios localizados en brazos, pernas, glúteo, abdome, peito e espalda. Fran Baladrón Saudeter


PUBLICIDADE

BARRIOS Febreiro de 2010

13

Noticias de empresa

Acuasec, a solución para as humidades en casa

Esta empresa identifica as causas da humidade e elimínaas de raíz. Observou algunha das seguintes manifestacións na súa vivenda? Salitre, manchas negras na roupa, paredes descascadas, olor a fungos...É o momento de actuar! Calquera problema de humidade que xurda na súa casa debe ser tomado moi en serio, por iso a mellor opción é acudir a un profesional, xa que con frecuencia os propietarios caen no erro de intentar resolver o problema por si mesmos, sendo numerosos os fracasos, ocasionándolles numerosos gastos sen poder librarse do problema. O profesional localiza a orixe do problema e trátao para eliminar os seus efectos negativos. Agora ben, as causas dun problema de

humidade poden ser complexas: subas capilares, filtracións de orixe pluvial, condensación, fuga nunha canalización que non se percibiu, ... A presenza de humidade nunha casa pode realmente converterse nun problema de saúde; así pois, recorrer a un profesional é unha necesidade, non un luxo. A humidade ameaza tanto á estrutura do edificio coma ao seu contido e aos seus ocupantes: pudrimento da carpintaría, deterioro dos mobles, etc. Expóñense simplemente a atopar unha casa insalubre.

A solución: Acuasec

Miles de persoas solucionaron os seus problemas de humidade grazas á inter-

vención dos especialistas de Acuasec. Cada ano, esta empresa executa innumerables obras con éxito e sanea casas Imaxe dos laboratorios de Acuasec. que, noutro Acuasec ten un tratamencaso, seguirían sendo noto axeitado a cada tipo de civas para a saúde dos seus humidade, sexa cal sexa ocupantes. a súa orixe: capilaridade, Acuasec é unha emprecondensación ou filtración. sa galega especializada en Un responsable de obras eliminar definitivamente a validará o tratamento rehumidade en construcións comendado polo técnico, e vivendas. Todos os seus ensaios en laboratorios es- tomando mostras das paretán canalizados a identifi- des in situ, para analizalas car as diferentes causas de logo en laboratorio, e así humidade, e están dirixidos proporcionar unha solución a eliminar os problemas de á medida para o problema detectado. raíz.

Parede con humidade por condensación.

Parede con humidade po capilaridade.

Máis información no 902 922 352 ou en www.acuasec.com


14

BARRIOS Febreiro de 2010

4RELATO A miña vida cega

A miña vida cega a cegas se quedara… martirizada, sen sequera con ganas de vinganza… só se preguntaba de vez en cando o por que? Por que, por que? Porque cando as miñas sospeitas me espertaban na noite ao non estar a miña beira non comprobaba a verdade nelas? Porque intentaba conxelalas? Porque cría nas túas verbas admitindo que só eran simples paranoias dunha namorada empedernida? Porque admitía o meu celoso estado en vez de buscar a súa doente causa? Porque deixei esperar tanto a que a ilusión ilusa se fixera realidade no real da miña amarga vida? Porque non fixen nada para buscarlle unha solución ao teu adeus en vez de encarcerarme na infinita culpa dos teus actos? Mirei pola fiestra, todo seguía igual, seguía a chover, o ceo gris, as cores do outono nin sequera destacaban, o silencio insoportábel, a soidade, a escuridade… e a lembranza perseguíndome, hoxe cada vez máis, cada vez máis insistente… Chegou a noite e somerxinme no seu claro, esvaecéndome co seu esplendor, entre os pensamentos da

ARTIGOS

4TRIBUNA ABERTA miña alma murcha pola dor. Vaguei en silencio pola melodía dos latexos do meu corazón que inda latexaban polo teu recordo e nese momento sentinme aire, cabalgando entre as estrelas e evadíndome por completo, sentinme leda, no meu mundo irreal, creado pola imaxinación da miña mente que só precisaba un momento de silencio, unha sinfonía de notas dolorosas para desprenderse do meu corpo e elevarse cara o infinito… Pero esa sensación de control dos meus pasos, voltouse de súpeto nun desafogo, faltábame o alento, desvanecía a miña ledicía, morría… cada paso era máis difícil, a cima do meu mundo cada vez máis lonxana… sentía medo, volvía cara a min a soidade… o tic tac do reloxo, a brancura das paredes, ningunha voz, ningunha risa, ningún alento preto de min, nada…nada…nada… nada…nada… ESPERTEI! Empapada en suor de novo a negra sombra abrúante me envolveu, a dor no costado espertou en min, o Non forte e espantado rexurdiu dos meus beizos… [continuará] Bea Losada

4DESDE O OUTRO LADO DA RAIA

Portugal e a crise Este ano vai ser unha auténtica “odisea” para a maioria das familias; ben como para a maioría das pequenas e medianas empresas. Vai ser marcante a respecto do que iremos ser nos próximos anos. Somos um Estado formado hai case 900 anos e atravesamos uma das peores crises da nosa existencia. Os problemas graves con que o noso país se confronta, dos que son exemplo a pobreza extrema que nos debe avergonzar como sociedade, o desemprego, a débeda externa, o malfuncionamento da xustiza, etc. non poden nen deben ser atribuídos exclusivamente á crise global que afecta o noso planeta. Unha das cousas que nos leva a ver todo isto moi complicado é o facto de ollar para os varios axentes políticos e ver que continúan máis preocupados

com eles mesmos e coas suas efímeras carreiras. Ollamos para o país en xeral e está triste e amargado, ningún pobo pode progresar estando triste e case sen esperanza no futuro. Cada un por si tamén é responsábel do estado a que isto chegou, uns por acción directa e outros por falta de acción. Os políticos teñen que ollar mais para Portugal e para os portugueses en detrimento de ideoloxías, xogos políticos, ambicións persoais, votos e intereses materiais, É preciso soñar e é este o meu soño e xulgo que non é tán difícil de realizar. É seguir o exemplo de J. Kenedy no seu discurso de toma de posesión: “non preguntedes o que o voso país pode facer por vós, preguntade o que vós podedes facer por el”. Joao Damiao (damiaoj@sapo.pt)

Varela o magnífico Tras declarar a súa paixón polo xénero biográfico, non só como autor senón tamén como lector, Carlos Casares, nun dos seus derradeiros artigos de prensa, botaba en falta a biografía dun ferrolán de quen aseguraba que era un perfecto descoñecido. Referíase a Manuel Fernández Varela, un cura que chegou a ser unha das persoas máis influentes da España de Fernando VII, na chamada «década ominosa». A min picoume a curiosidade e houben de rastrexar a súa vida. Este eclesiástico, que manexou cantidades inxentes de diñeiro, tivo relación coa Limia porque foi quen sufragou os intentos de desecación da lagoa de Antela que por aquel entón

acometeu o noso correxidor Toubes. Tamén custeou o mausoleo do cardeal Quevedo en Ourense e as obras de ampliación do hospital do seu Ferrol natal. En Madrid, levantou a igrexa de San Filipe, o Real, e a estatua de Cervantes na praza das Cortes, concedendo ademais, entre outros moitos dispendios, cuantiosas dádivas a mosteiros, como o Escorial. De onde sacaba este crego os cartos? Fernando VII, de quen conseguiu ser amigo e que o apreciaba polo seu verbo florido —chegou Varela a brindarlle un sermón, festexando o restablecemento do absolutista no trono—, tíñao designado Comisario Xeral da Bula da Cruzada, cargo no que había fondos dabondo para dar e tomar.

En tal situación, deu Varela renda solta ós seus delirios de grandeza, facéndose retratar por Vicente López, célebre pintor da casa real, e encargando un «Stabat Mater» nada menos que ó mismísimo Rossini, o autor de «El barbero de Sevilla». Pérez Galdós, que o cita no seu libro «Los apostólicos», corrobora a pompa con que este home se quixo arrodear, cando nos di que vestía con tal ostentación, adornando a roupa talar con peles e rasos, que máis parecía figura do medievo. Narra tamén o novelista os grandes banquetes que na súa casa se daban, sendo xa arcediago de Madrid, o cume dunha fulgurante carreira, e a súa teima por exercer de mecenas. En torno a súa mesa mendigaron

artistas e escritores, Espronceda e Larra entre eles, que o adulaban co apelativo de «O Magnífico». Este último, nun poema ridículo, chega a chamarlle ademais «novo brasón de España». Sábese que, tras a desaparición do rei, Varela morreu en completo abandono, vítima do cólera. Como se poderá comprobar a estampa deste galego acredita o fino olfato de Casares para atinar con persoeiros sen desperdicio. Sen embargo, confeso o meu chasco ó non poder confirmar unha das cousas que máis lle interesaba saber a Carlos: se «O Magnífico» contaba cun criado só para que lle acendese os puros habanos. Xosé A. Carrera

4TRIBUNA ABERTA

A Lagoa de Antela retorna Os visitantes e veciños da Limia poden cada ano de intensas chuvias e nevadas, como oó deste inverno, imaxinarse como era a antiga lagoa de Antela ó asolagarse grandes zonas de parcelas dedicadas á producción de patacas e cereais, parcelas que son producto do desecamento da mesma. Así mesmo sofren as consecuencias do asolagamento ademais nas parcelas (a situación da vindeira colleita de trigo é preocupante

se seguen as chuvias), nas granxas, camiños, pistas, etc., cos problemas que isto conleva, xa que, por exemplo, unha das pistas que une Xinzo de Limia con Vilar de Barrio atópase cortada. A Lagoa de Antela foi unha das lagoas máis importantes da Península Ibérica ata o inicio das obras de desecamento para o aproveitamento agrícola no inverno de 1958. Tiña 7 quilómetros de longo e 6 quilómetros de ancho,

aínda que dependendo da época do ano variaban estas dimensións, así como a súa profundidade, que normalmente tiña unha media de 0,60 metros chegando nalgúns ¨pozos¨ a acadar os 3 metros . Para coñecer como era a antiga lagoa é necesario falar da Casa da Lagoa (Centro de Interpretación da Lagoa de Antela), situada na vila de Sandiás, centro que tenta transmitila relevancia da lagoa de Antela, así como a historia

Vista da zona da lagoa de Antela, en A Limia, no mes de xaneiro.

e formas de vida dos habitantes das súas ribeiras, e cuxo obxectivo é “transmitir dunha forma amena e comprensible os valores culturais e naturais da zona da antiga lagoa de Antela e fomentar nos visitantes un desexo de conservación”. As visitas son concertadas, calquera pode visitar o centro, chamando ao Concello de Sandiás (teléfono 988 465 001 ou en www. sandias.es. Xavier F. Asociación Cultural Amigos da Casa da Lagoa


SERVIZOS

BARRIOS Febreiro de 2010

15

Edita: Letras a la Carta S.L. CIF: B-32.323.925. Depósito Legal: OU 185-2006 e OU 186-2006. Redacción: r/ Valle Inclán 25 2º Of. 15 - 32004 Ourense. Tel: 988 239 634 - 988 549 717. Correo-e: info@ourenseporbarrios.com. Distribúe: J Publicidad. Imprime: PublicacionesTameiga. Directora: Paula Lodeiro. Director comercial: Miguel Rejo. Redacción: Paula Lodeiro, Ramsés Torres, Óscar Blanco. Fotografía: Ramsés Torres, Paula Lodeiro, Óscar Blanco. Colaboracións: J.M.Paredes, Fran Baladrón, Beatriz Losada, Joao Damiao, Xosé A.Carrera, Borys Martínez Nº39 - Ano: V - Febreiro 2010 - Difusión: 10.000 exemplares (Ed. Xinzo de Limia:4.500, Ed. Verín: 5.500) Impreso en papel 100% reciclado. Comarca de Monterrei A opinión do periódico exprésase só no editorial, os artigos e cartas ao director expoñen posturas persoais. Este periódico non pode Concello de Verín 988 410 001 ser reproducido nin total nin parcialmente, sen autorización previa da empresa editora Letras a la Carta S.L. Se ten algún problema co Concello de Monterrei 988 418 002 reparto, pregámoslle que nolo comunique no teléfono 988 239 634.

4TELÉFONOS DE INTERESE

4CLASIFICADOS

4TRIBUNA ABERTA

O Couto Mixto (VII): Unha arca con tres chaves O arquivo do Couto estaba gardado nunha arca de madeira pechada con tres pechaduras, e depositada na sacristía da igrexa de Santiago de Rubiás. Nela gardábanse os documentos máis importantes, coma os privilexios ou as doazóns. As chaves das pechaduras estaban en mans do xuíz, que gardaba a que lle pertencía ó seu pobo, e as outras dúas nos representantes dos outros dous pobos. A apertura da arca facíase nunha ceremonia, cun contido case relixioso, no que se daban cita numerosos veciños. No que atingue o marco relixioso os pobos que compoñen o Couto pertencían o bispado de Ourense, que tamén tiña competencia no pobo de Tourem, xa en terras portuguesas, situación esta última que se mantivo ata finais do século dezanove. Esta curiosidade non era única, xa que o Priorato de Pitôes das Junias, tamén en territorio luso, e próximo ó Couto, estaba vinculado a Ourense, xa que dependía do Mosteiro de Oseira. Os pobos de Meaus, Santiago e Rubias conformaban unha parroquia. As tropas do mariscal Soult Durante o tempo no que se mantivo esta situación,

que podemos chamar de rareza xeográfica, foron moitas as ciscunstancias relevantes que sufriron os habitantes do Couto, as pelexas entre as distintas casas dos señoríos que dominaban a zona eran constantes, e os perxudicados eran os residentes, que buscaban protección nalgún dos señoríos. Os documentos refiren en concreto á que tivo lugar a principios do século dezaseis, cando os habitantes do Couto manifestaron ter represalias por parte da Casa de Bragança, buscando logo a protección do Conde de Monterrei. Pero sen dúbida o que poido ser o suceso máis importante que viviron os habitantes do Couto Mixto non foi outro que o paso pola zona das tropas do Mariscal Soult, que fuxían do Porto no mes de Maio de 1809, perseguidos polo exército portugués e a cabalería inglesa. En definitiva, chegamos a o que pode ser a razón da falta de información sobre as orixes do Couto, xa que neste relato pode estar a causa da queima do arquivo, que previsiblemente se encontraba gardado na arca que estaba na sacristía da igrexa de Santiago de Rubiás. Xavier Martiñá

(continúa no próximo número)

[Deixe os seus anuncios no 988 239 634 ou en info@ ourenseporbarrios.com. Gratuítos para particulares; negocios, consultar tarifas. Os anuncios mantéñense durante dous meses; no caso de que queira repetilos despois dese prazo ou retiralos antes, volva chamarnos]

PISOS Véndese piso céntrico en Ourense. Todo exterior, 3 dormitorios, salón-comedor, cociña amoblada, baño e aseo, praza de garaxe e trasteiro, calefacción individual, parquet e porta blindada. 150.000 euros. Tf. 655 177 889.

Vendese casa con finca (Reza, Ourense) Tel. 679 925 834.

VENDAS Vendo radiocassette 20 euros sen usar; colchón Flex antiácaros de 135 cm, novo, 190 euros; vaporeta sen usar, 190 euros; mesa tresillo madeira e mármore, 100 euros; botellas brandi etiqueta negra, 40 anos, 70 euros; outras de whisky tamén de 40 anos, 70 euros. Tel. 655 64 12 49. Vendo teclado-piano Casio CTK-651 NUEVO sen uso por 240 euros. Tel. 680 568 378

MOTOR

Véndese moto Kawasaki Z 750, xullo 2008, 6.900 Km, Impecable. Regálase casco. Tlf: 619 449 801.

TRABALLO

Límpanse fincas. Tel: 630 521 448.

4EMPREGO [Chame a Teleemprego

Cimo - 988 39 15 25, o teléfono das ofertas de traballo, de luns a venres de 8 a 14 horas. Para máis información visite www.cimoemprego.com, o portal galego do emprego]

4 ESTACIÓN DE AUTOBUSES DE VERÍN Verín - Xinzo - Ourense Laborables: 06:15 - 08:00 08:45 - 10:30 - 13:30 - 15:00 - 17:00 - 18:45 - 22:00 - Sábados: 08:00 - 13:30 - 15:00 - 17:30 - 22:00 - Domingos e festivos: 08:00 - 15:00 - 17:30 - 18:45 - 22:00 Ourense - Xinzo - Verín Laborables: 06:30 - 07:50 - 10:30 - 12:15 - 13:30 (aut.) - 15:00 - 16:45 - 18:00 - 20:30 (aut.) - Sábados: 06:30 (aut.) - 10:30 - 13:15 (aut.) - 16:00 20:15 (aut.) - Domingos e festivos: 06:30 (aut.)- 12:00 - 13:15 (aut.)- 16:00 - 20:15 (aut.) Videferre - Verín Saídas: 09:00 - 12:30 - Regresos: 11:45 - 13:45 - 18:30 Campos - Verín Saídas: 07:45 - Regreso: 13:00 Viana - Gudiña - Verín Saída: 09:30 - Regreso: 13:00 Feces de Abaixo - Verín Saídas: 09:50 - 12:35 - 18:20 - Regreso: 12:15 - 18:00 Feiras en Medeiros S. Cristobal - Verín: Saída: 07:00 - Regreso: 12:00 - 14:30 Magdalena - Verín: Saídas: 08:00 - Regreso: 12:00 - 14:30 Verín - Videferre (feiras) Regreso: 15:30 A Madrid: Diario: 11:50 16:00 - 0:50 - Domingos: 0:20 A Andorra: Saídas martes e venres ás 16:30 h. A Suíza: Saídas martes, xoves e sábados ás 13:00 h. A Francia, Bélxica, Holanda, e- Alemaña: Saídas martes, xoves, venres e sábados ás 16:00 h. A Euskadi, Valladolid, Cataluña, consultar na estación.

4 ESTACIÓN DE AUTOBUSES DE XINZO A Madrid (Auto Res): Diario: 00.25 - 11:15 - 15:30 h. A Francia, Bélxica, Holanda e Alemaña (Socitransa): Saídas martes e venres ás 13:15 h A Suiza: Xoves e sábados 13 h. Galicia-Algeciras (Dainco), consultar na estación.

Concello de Oimbra Concello de Vilardevós Concello de Riós Concello de Castrelo de Val Concello de Laza Concello de Cualedro Comisaría de Policía Verín Policía Local Verín Guardia Civil Protección Civil Estación de autobuses Taxis - Parada Hospital Taxis - Parada Estación Autobuses Taxis - Parada Praza Merced Taxis - Parada Praza do Concello Ambulatorio Urxencias Ambulatorio Cita previa Hospital de Verín Cruz Vermella Correos e Telégrafos Rexistro Civil de Verín Rexistro da Propiedade Oficina de emprego Oficina da Seguridade Social Servizos Sociais Verín Cáritas Parroquial IES nº1 de Verín IES García Barbón I. Bacharelato X. Taboada Chivite CEIP Amaro Refoxo CEIP Princesa de España Comarca de A Limia Concello de Xinzo Concello de Porqueira Concello de Calvos de Randín Concello de Baltar Concello de Os Blancos Concello de Trasmirás Concello de Sarreaus Concello de Vilar de Barrio Concello de Sandiás Concello de Vilar de Santos Concello de Rairiz de Veiga Policía Local Xinzo Guardia Civil Estación de autobuses Centro de saúde Punto Atención Continuada Rexistro civil de Xinzo Rexistro da Propiedade Taxis - Parada Oficina de emprego Oficina da Seguridade Social Xulgado de 1ª Instancia Servizos Sociais Xinzo Cáritas Parroquial IES Lagoa de Antela IES Cidade de Antioquía CEIP Rosalía de Castro CEIP Sergio Mascareñas Gardería Municipal Oficina Agraria Comarcal da Limia ITV Incendios forestais Fenosa (averías)

988 426 160 988 417 004 988 425 032 988 419 002 988 422 002 988 424 004 988 414 123 988 411 612 988 410 005 988 412 121 988 413 516 988 414 342 988 411 812 988 410 385 988 411 113 988 410 800 988 413 460 988 413 636 988 411 600 988 411 038 988 410 387 988 410 737 988 410 703 988 410 253 988 414 776 988 410 679 988 411 212 988 410 379 988 410 041 988 411 425 988 410 128

988 550 111 988 466 102 988 434 000 988 466 503 988 467 506 988 445 000 988 454 002 988 449 001 988 465 001 988 465 883 988 465 552 988 462 425 988 462 361 988 460 309 988 462 200 988 462 456 988 46 0 188 988 460 209 988 460 258 988 460 375 988 462 951 988 462 364 988 550 111 988 460 222 988 462 454 988 461 271 988 460 480 988 460 507 988 461 049 988 460 024 902 309 000 085 988 222 222


BARRIOS Febreiro de 2010

[10.000 exemplares directos ás súas mans]


[10.000 exemplares directos ás súas mans]

4 SUMARIO Descenden un 15% os delitos en Verín____ [páx.5] O BNG pide que se amplíe o horario da ITV de Xinzo_____________ [páx.6]

Número: 39 - Ano: V- Febreiro 2010 - Depósito Legal: 0U 186-2006 - Periódico mensual de distribución gratuíta

VERÍN

Páx.2

A Xunta inviste máis de 9,3 millóns na ampliación de Pazos

VERÍN

Páx.3

Verín presenta ao FEIL proxectos por valor de 1,3 millóns

COMARCA

Páx.4

Riós estrea dous espazos públicos que foron reurbanizados

Chega o Entroido

COMARCA

Páx.4

Arzádegos, en Vilardevós, terá unha EDAR experimental

Traballo ve infracciñon na paralización do forno da vidrieira__ [páx.7] Especial Inorde_ [páx.8-9] Deportes______ [páx. 12] Artigos_____ [páx. 14-15]

[páx.9 Especial Inorde e páx. 10-11] Domingo Corredoiro en Verín.( BORYS INTERFILM.

BARRIOS - VERÍN volve estar no seu buzón a mediados de MARZO. Se quere anunciarse consulte no 685 800 190.


Febreiro 2010 - BXV