Page 1

Entrevista a Marc Ciurana, nadador de CN Pabellón Ourense CD OURENSE

Páx.10

Páx.9

O CD Ourense languidece Xogadores e corpo técnico falando cun Policía Nacional despois de saír do establecemento que rexenta o presidente do Club Deportivo Ourense, Alejandro Estévez./RAMSÉS.

Número: 97- Ano: VI - 25 de abril de 2014 - Depósito Legal: OU 185-2009 - Periódico quincenal de distribución gratuíta - www.periodicobarrios.com BARRIOS DEPORTIVO volve repartirse a partir do 9 de maio. Se quere anunciarse consulte no 685 800 190.




BARRIOS DEPORTIVO 25 de abril de 2014

XIMNASIA

4 Axenda deportiva Fútbol

- Día 27 de abril. O Couto. CD Ourense - Cultural y Deportiva Leonesa. 2ª División B. - Día 4 de maio. Os Carrís. UD Barbadás - Dorneda. 3ª División. - Día 4 de maio. Velle CD Ourense B - Lalín. Rexional Preferente. - Día 4 de maio. O Barco de Valdeorras. Barco - Portonovo. Rexional Preferente. - Día 4 de maio. Meliás. Meliás - Ribadumia. Rexional Preferente. - Día 4 de maio. Os Carrís. UD Barbadás - Mareo. Segunda División Feminina. - Día 11 de maio. O Couto. CD Ourense - SD Logroñés. 2ª División B. - Día 11 de maio. Velle CD Ourense B - Mondariz. Rexional Preferente.

Baloncesto

- Día 3 de maio. Os Remedios -19.00h-. ABO - Narón. Liga EBA.

Fútbol sala

- Día 26 de abril - Os Remedios -17.00h- Cidade As Burgas - Gironella. 1ª División. - Día 3 de maio. Os Remedios -17.00h- Ponte Ourense - Rioja. 1ª División.

Atletismo

- Día 27 de abril. Ourense -12.00h - IV Circuíto de carreiras populares “Correndo x Ourense”. Barrio do 21. - Día 3 de maio. Baños de Molgas -16.00h - I Medio Maratón Concello de Baños de Molgas. - Día 6 de maio -O Barco de Valdeorras- VI Xornada XXXI Copa Deputacion en pista.

Natación

- Días 3 e 4 de maio. Piscina Rosario Dueñas (Ourense). Segunda xornada da Copa Galega de Natación.

Tiro

- Días 3 e 4 de maio. Club de tiro Eiroás. XXVI Copa Deputación de Ourense. Pistola e carabina neumática.

Tenis de mesa

- Día 26 de abril -10.30h- Paco Paz. Galmédica Ourense TM - A.D. Ferretería Vincios. 3ª Nacional.

Balonmán

- Día 27 de abril. Os Remedios. Pabellón Balonmano - Balonmán Caselas. 1ª Galega.

Ximnasia

- Día 1 de maio. Ribadavia. Copa Deputación de ximnasia. - Día 10 de maio. Os Remedios. Torneo Primaver Pabellón de ximnasia.

Andaina

- Día 3 de maio. Ourense -21 horas-. Andaina nocturna por parellas. - Día 18 de maio. Ourense, praza Don Bosco - 12 horasAndaina solidaria campamentos urbanos [Máis información en www.periodicobarrios.com]

Gran espectáculo de ximnasia acrobática 4 O pavillón de Oira acolleu a Copa Galicia internacional e o Campionato galego os pasados días 5 e 6 de abril. Redacción O Club Burgas de Ourense foi o gran protagonista da Copa Galicia internacional de ximnasia acrobática e do Campionato galego, celebrados en Ourense os pasados 5 e 6 de abril. Copa Galicia Internacional O sábado 5 de abril celebrouse a Copa Galicia internacional de ximnasia acrobática no pavillón de Oira con excelentes resultados para o Club Burgas de Ourense. Destacou o primeiro posto en xuvenil de Yolanda García e Sara Blanco nos seus dous exercicios, tanto equilibrio como dinámico, por diante de importantes grupos de Portugal e España. Este resultado failles coller moral para o Campionato do Mundo de

Na Copa Galicia, Yolanda García e Sara Blanco venceron en equilibrio e dinámico

ximnasia acrobática que se celebrará en París no mes de xullo. Pola súa banda en júnior, Raquel Ordiales e Lara Colmenero foron segundas e Sara Mei Barroso e Antía Varela, terceiras. O trío cadetes de Iris Branco, Sara Soria e Raquel Ordiales foron quintas; competían con 26 tríos de gran nivel. Campionato Galego Ao día seguinte, domingo 6, celebrábase con gran participación o Campionato galego da mesma modalidade ximnástica. O Burgas destacou sobradamente na categoría alevín onde conseguiu todos os primeiros postos da competición: por equipos, primeiras as irmás Nerea e Tania Barreda en parellas e primeiras Analía Branco, Elena Igrexas e Eyén Díaz en tríos. En categoría infantil tamén foron primeiras Iria do Nascimento e Cecilia García, así como terceiras Claudia Branco e Florencia García que ademais conseguiron o subcampionato por equipos. En cadete logrouse o se-

gundo posto por parte de Iris Branco, Sara Soria e

Ana Ordiales xunto co terceiro por equipos. Para finalizar, en júnior, primeiro posto para Raquel Ordiales con Lara Colmenero, e segundo para Sara Mei Barroso e Antía Varela, que ademais conseguiron que o Burgas fose terceiro por equipos en categoría absoluta. E todo isto sen contar na provincia con material axeitado para adestrar nunhas condicións óptimas para mellorar o nivel, xa de seu excepcional, que posúen.

No Galego, o Burgas logrou todos os primeiros postos na categoría alevín

Dúas ximnastas durante o seu exercicio./I.OSORIO


BARRIOS DEPORTIVO 25 de abril de 2014

XIMNASIA



Ourense fai historia no Europeo de trampolín 4 Daniel Pérez, Yael Campelo e Eduardo Novelle subiron ao podio. Redacción A ximnaisa ourensá vén de facer historia no XXIV Campionato de Europa de Ximnasia de Trampolín, celebrado en Guimaraes do 8 ao 13 de abril. Galicia levaba unha ampla representación dentro da numerosa delegación española, e foron precisamente os ximnastas ourensáns os que conseguiron un maior número de podios. O deportista do Club

Ximnasia As Burgas Daniel Pérez proclamouse subcampión de Europa absoluto en dobre min-tramp e a súa compañeira Yael Campelo, terceira de Europa só detrás de dúas ximnastas rusas, tamén en dobre minitramp en categoría júnior individual. A estes dous grandes resultados hai que engadir tamén o do ourensán do Club Ximnasia Pabellón Eduardo Novelle, que se fixo coa medalla de prata en dobre

Daniel Pérez proclamouse subcampión de Europa absoluto en dobre mini-tramp.

minitramp, acadada xunto cos seus compañeiros de Madrid e Valladolid (equipo júnior). Ademais, foi precisamente o noso ximnasta o que obtivo a mellor nota do equipo, moi preto da nota dos rusos (equipo gañador) e por riba dos británicos. Así mesmo, Novelle tamén logrou a medalla de bronce en sincronismo, xunto ao seu compañeiro Víctor Torres (do Club Gredos de Madrid), nun exercicio sobre o trampolín que espertou moitas expectativas. O podio completárono bielorrusos e daneses. Na cita europea, España tamén obtivo o subcampionato júnior masculino en dobre mini-tramp, co que foron catro, en total, importantes resultados para o noso pais. Camiño de dificultades Estes resultados son moi importantes para a motivación dos nosos deportistas e adestradores que levan loitando pola ximnasia galega desde hai moitos anos con importantes resultados e con moitos problemas pola carencia de instalacións axeitadas en Galicia para este deporte. Ximnastas e técnicos teñen que viaxar a miúdo a outras provincias fóra da nosa comunidade para adestrar en concentra-

Yael Campelo foi terceira de Europa na categoría júnior indiviual de dobre mini-tramp, só por detrás de dúas ximnastas rusas.

O ourensán Eduardo Novelle (á esquerda) xunto aos seus compañeiros do equipo júnior español de dobre mini-tramp. cións co gasto económico que iso supón. Desde o Club Burgas quixeron “agradecer o esforzo da Federación Galega de Ximnasia con estes ximnastas, que a pesar dos recortes económicos que sufriu, soubo sacar de onde non hai para axudar aos de-

portistas, e a todas aquelas persoas do deporte nacional, autonómico e provincial que nos felicitaron polos grandes resultados, pero sen deixar de reclamar instalacións e máis apoio para poder seguir traballando e aportando grandes deportistas”.

Na cita europea España sumou catro podios, dos cales tres corresponderon a deportistas ourensáns




BARRIOS DEPORTIVO 25 de abril de 2014

FÚTBOL SALA

Unha Copa moi lonxana

4 O Ponte Ourense perdeu case que toda opción de meterse na próxima edición da Copa de España. R. Torres Remotas. Esas son as posibilidades que ten o Ponte Ourense de participar na próxima edición da Copa de España. Desde semanas levamos apuntando que o equipo non comezou ben a tempada perdendo moitos puntos; e que, desde que está Óscar Vivián dirixindo o equipo vese outro estilo, aínda que tamén se perderon puntos importantes que fan que a falta de cinco xornadas por disputar (15 puntos) as pontinas teñan case que imposible a súa participación na Copa este ano. Un ano en que desde a

Federación decidiron reducir o número de participantes de oito a catro, o que fará que equipos como Gironella, Ponte, Rioja e Roldán ou Unversidad de Alicante queden fora da competición copeira. Isto supón que moitos equipos cheguen ás últimas xornadas sen nada que xogar e teñan unha certa relaxación, que pode producir resultados difíciles de ver se se estiveran xogando algo. Unhas circunstancias que poden axudar a que equipos da zona baixa gañen puntos contra equipos, a priori, superiores pero que non se xogan nada.

Raquel de Souza controlando o balón presionada por Peque e baixo a atenta mirada de Jozi no partido contra o Burela Pescados Rubén. /RAMSÉS

O máis arriba posible O que lle queda ao Ponte é ir partido a partido para rematar a tempada o máis arriba posible na clasicación. O primeiro dos escollos a superar é o desta xornada, a número 26, na que as ourensás enfróntanse ao pechacancelas, Vallirana. O conxunto catalán é un equipo recén ascendido, que este ano non estivo á altura da competición en Primeira División, e desde fai varias xornadas está descendido. Un equipo moi frouxo que tan só suma unha vitoria (contra o Ferrol na terceira xornada por 3-2) nas 25 xornadas disputadas. No partido da primeira volta contra o Ponte caeron con contundencia (10-1). Levan unha pobre bagaxe de 38 goles a favor por 166 en contra; e para ver a súa máxima goleadora hai que baixar moito na clasificación ata atopar a dúas xogadoras, Domi e Cani, con oito tantos cada unha. Despois do periplo por terras catalanas restarán catro xornadas nas que o Ponte xogará contra Rioja, Atlético de Madrid, Móstoles e Amarelle. Ponte - Burela Parte das opcións perdidas para entrar na Copa foron a causa da derrota contra o Burela da última xornada disputada. As lucenses chegaban a Ourense coa mente posta na vitoria e seguir loitando por un campionato que están a disputar contra o Atlético de Madrid. Malia que as locais domi-

naban o encontro foron as visitantes as que encontraron portaría primeiro. Maite aos sete minutos adiantaba ás laranxas (que nesta ocasión vestían de amarelo). Pero uns segundos máis tarde, Laura devolvía as táboas ao marcador. No ecuador da primeira metade, Bea Mateos, tras roubo de

balón, adiantaba de novo ás segundas clasificadas. Tralo descanso, xurdiu a figura da número 7, Peque, quen deu unha clase maxistral de fútbol sala e cargou o seu equipo ás costas. Dela foi o terceiro gol para o Burela que abría unha brecha no electrónico. E ela mantivo a raia os ataques pon-

tinos cunha gran defensa sempre ben colocada. O Ponte, pola súa contra non baixaba os brazos, e dous balóns ao pao impediron a remontada. No 33, Bea Mateos ampliaba a renda a 1-4. Antes do final, Drica puña o definitivo 2-4, que mantiña vivas ás lucenses na loita polo título, pero que despedía ás ourensás do soño por entrar na Copa.

O Ponte visita nesta xornada ao pechacancelas, Vallirana

Bea e Marta buscan o remate á portaría do Burela. /RAMSÉS

Primeira División FSF - 25ª xornada Posto Equipo Puntos 1º At. Madrid 66 2º Burela 64 3º Alcorcón 56 4º Alicante 47 5º Roldán 46 6º Rioja 41 7º Ponte Ourense 37 8º Gironella 37 9º Poio 34 10º CidadeAs Burgas 30 11º Amarelle 25 12º Móstoles 24 13º Orvina 23 14º Soto del Real 21 15º Ferrol 20 16º Vallirana 3

4 Xornada 26 - 26 de abril At. de Madrid - Amarelle Cidade As Burgas - Gironella Rioja - Móstoles Soto del Real -Alcorcón Burela - Roldán Alicante - Poio Ferrol - Orvina Vallirana - Ponte Ourense

4 Xornada 27 - 3 de maio Orvina - Cidade As Burgas Gironella - Alicante Ponte Ourense - Rioja Móstoles- At. de Madrid Alcorcón - Ferrol Poio - Burela Roldán - Vallirana Amarelle - Soto del Real


BARRIOS DEPORTIVO 25 de abril de 2014

FÚTBOL SALA



Unha vitoria para a salvación 4 O Cidade As Burgas xoga este sábado contra o Gironella nos Remedios. R. Torres O Cidade As Burgas buscará esta xornada (a número 26) unha vitoria que lle asegure a permanencia na Primeira División do fútbol

sala nacional. As ourensás enfróntanse ao Gironella (sábado 27 de abril ás 17 horas na central dos Remedios) coa intención de acadar esa vitoria. O conxunto catalán do

Sonia Pacios no encontro contra o Roldán. /RAMSÉS

Gironella é un gran equipo que perde enteiros cando xoga coma visitante. As catalanas son oitavas con 37 puntos (os mesmos que o Ponte Ourense e sete máis que o Cidade) e xa quedaron fóra da loita por entrar na Copa (están a 10 puntos da cuarta posición cando restan por disputar 15). Equipo competitivo Malia que teñen lonxe as primeira posicións, o Gironella é un equipo que sempre ronda os primeiros postos e acostumaba coarse na Copa de España cando nesta estaban os oito mellores equipos (este ano pasarán a disputar a Copa de oito a catro equipos). Nas filas franxivermellas están xogadoras de grande nivel como a porteira Raquel e as xogadoras Anna Riera, Celia, Claudia Pons,

Vanessa Sotelo tenta levarse o balón ante unha xogadora rival. /RAMSÉS e sobre todo, Berta Velasco, unha das mellores xogadoras da competición. Velasco realizou grandes encontros na cancha central dos Remedios tanto contra o Ponte Ourense coma o Cidade As Burgas. A súa máxima realizadora na competición doméstica é Vieite con 12 tantos. Poio Fai dúas semanas o Cidade deu un paso de xigante de cara a acadar a permanencia grazas ao seu triunfo

na cancha do Poio por un gol a dous. Iria Saeta adiantou ás franxiverdes no primeiro minutos de encontro. No 15 da primeira metade, Claudia facía o empate, pero nada máis sacar de medio campo Vanessa Sotelo adiantaba novamente ás ourensás. Na segunda metade o Poio presionaría máis; non obstante a férrea defensa das de Codeso fixo que trouxeran os tres puntos para Ourense. Vitoria que supón a salvación virtual, pero que deberán certificar

A vitoria contra o Gironella suporía a salvación virtual do Cidade matematicamente nas vindeiras xornadas. Codeso O adestrador do Cidade As Burgas vén de ser operado de menisco esta semana, o que non lle impedirá dirixir as súas xogadoras no partido contra o Gironella.




BARRIOS DEPORTIVO 25 de abril de 2014

POLIDEPORTIVO

Jorge Encinas, novo récord galego de carabina 3x40 4 O tirador ourensán proclamouse campión galego desta modalidade de tiro olímpico en Pontevedra.

Encinas, nunha tirada anterior de 3x40, preparando un disparo na posición de xeonllo. /ARQUIVO. P.L. O Club Cernadiñas Novas de Pontevedra foi sede, o pasado domingo 20 de abril, do Campionato galego de carabina 3x40, no que resultou vencedor o tirador ourensán Jorge Encinas, quen ademais conseguiu nova marca galega, con 1.133 puntos. Encinas superou en oito puntos o anterior récord da modalidade, que tamén estaba na súa posesión, grazas a unha puntuación equilibrada nas tres posicións que compoñen o 3x40 (373 puntos en xeonllo, 392 puntos en tendido e 368 puntos en pé). O subcampionato foi para o coruñés Jesús Parada (1.094 puntos), ocupando a terceira posición o lugués Francisco Vilas (1.086 puntos).

galego celebrado este mes en Cernadiñas Novas, o de carabina match, o tirador ourensán quedou segundo, a apenas 8 décimas do pontevedrés Luis Iglesias (conseguiron 202 e 201,2 puntos na final). Copa do Rei e Campionato de España Unha pequena representación ourensá participou na segunda cita do ano da Copa do Rei, celebrada entre o 11

e o 13 de abril en Mollet del Vallés (Barcelona). As tiradoras Nuria Mera e Paula Fernández quedaron de 13ª e de 19ª, respectivamente, na proba de pistola de aire comprimido donas, con 358 e 347 puntos. Mera tamén foi 9ª en pistola deportiva, con 555 puntos. Mentres, Jorge Encinas quedou 10º en carabina tres posicións con 1.106 puntos, e 18º en carabina tendido, con 607 puntos. Esta competición continuará no mes de xullo coa fase final en Granada. Granada tamén acollerá no mes de maio (entre os días 15 e 18) o próximo reto para os nosos deportistas: o Campionato de España.

4 Tirada de prato Este domingo 27 de abril as instalacións do club de tiro Eiroás acollen a tirada de prato “XV Escopeta D’ Ouro”, unha competición de carácter social que dará comezo ás 11 da mañá e que consistirá no disparo a 50 pratos na modalidade de foso universal. Este tirada de carácter non oficial ten entre os seus principais atractivos os premios aos gañadores, proporcionados por unha vintena de casas colaboradoras; entre eles unha escopeta de ouro.

O Campus Ourense proclámase campión galego sub18 4 O equipo feminino foi subcampión. Redacción O equipo sub18 do Campus Ourense Rugby, adestrado por Ernesto Barbosa, proclamouse campión da Liga Galega ao impoñerse ao Pontevedra por 2-0 nas instalacións do campus universitario de Ourense. Campionato Nacional A fin de semana do 3 e 4 de maio, os sub18 desprazaranse ata Valladolid para disputar o Campionato nacional representando a Galicia ao proclamarse campións da

Liga galega. Por este motivo teñen que adiantar o seu encontro contra o Lalín na primeira xornada da Copa Xunta, celebrándose o mesmo o día 26 de abril na localidade pontevedresa. Equipo feminino O equipo feminino do Campus Ourense Rugby acadou o subcampionato na Liga galega. Na final enfrontouse ao Vigo caendo derrotadas por 25-15. A pesar da derrota, as ourensáns lograron, cun equipo novo, realizar unha gran campaña o que as levou ata a final.

Subcampión de tendido No outro campionato

O novo récord galego de 3x40 sitúase en 1.133 puntos

Gañadores do Trofeo San Sebastián cos seus trofeos na cea anual que organiza o Club de Tiro Eiroás, celebrada o pasado 5 de abril.

O Campus Ourense festexando a súa vitoria.


BARRIOS DEPORTIVO 25 de abril de 2014

POLIDEPORTIVO

Iván Feijoo, sexto en cadetes no Open de España BTT de Jerez 4 Asemade, o júnior Raúl González venceu na Transgalaica. Redacción O Actyon-Academia Postal-Merida segue colleitando éxitos alí onde se presentan os seus deportistas. Tal e como demostra o sexto posto de Iván Feijoo

na categoría cadete do Open de España BTT de Jerez, mentres que Raúl González foi sexto na Transgalaica de Tui, entre os júniors. Open de España En Jerez de la Frontera

O mellor duatlón escolar tomou a vila de Maceda 4 Na final provincial. Redacción O 20 de abril celebrouse en Maceda a final provincial de duatlón escolar, clasificatoria para a final galega. Organizada polo Club Maceda-Escola JA Hermida e a Federacion Galega de triatlón e pentatlón, nesta proba os corredores debían cubrir un primeiro tramo de carreira a pé, un segundo en bicicleta e finalizar de novo con carreira a pé. Finalmente, o vencedor da proba na categoría de cadetes foi o corredor do club macedán Abel Franco, que percorreu os 2 km a pé, 8 en bicicleta e 1 km máis a pé en 31 minutos e 58 segundos. Detrás del chegaron a meta os seus compañeiros de club Román Saa e Yago Cruz. Pola súa banda, Andrea Marquina da Escola Triatlón Maside liderou ás féminas desta categoría, cun tempo total de 40’59”.

Outros gañadores Na categoría infantil venceron José Benito Silva (Escola Triatlon Maside) e Carmen Bello (Triatlon Porriño). En alevín, lograron a primeira praza dous atletas da Escola Triatlón Maside: Alexandre Álvarez e Nayali Cavez. Completaron o podio feminino as deportistas do CC MacedaEscola JA Hermida Noela Saa e Aida González. Por último, na categoría benxamín masculino destacaron Xian Domínguez (Escola Triatlon Maside) e Mauro Pedras (CC Maceda-Escola JA Hermida), que remataron no primeiro e segundo posto, respectivamente. Así como Sarela Conde e Uxía Lage (ambas do CC Maceda-Escola JA Hermida), que ocuparon as dúas primeiras prazas da clasificación feminina.

O podio da categoría alevín feminino estivo ocupado por Nayali Cavez, Noela Saa e Aida González.

disputouse a segunda proba puntuable para o Open de España Cofidis de BTT XC, e en Tui, a Transgalaica. O cadete Iván Feijoo rematou na sexta posición na súa primeira participación a nivel estatal. Feijoo realizou unha extraordinaria carreira a pesares de caer cando apenas levaba 100 metros percorridos, o que fixo que quedara rezagado. Non obstante, volta a volta foi remontando ata rematar na sexta posición, moi preto do podio. Na proba crono finalizou sétimo. En mulleres, Eva Álvarez,

era sétima na proba crono e 15ª na de rali. Saúl López era 29º na crono e 35º en rali; o ourensán foi perdendo posicións debido á forte calor cando estaba entre os 20 primeiros. Transgalaica Na Transgalaica celebrada en Tui, o júnior Raúl González Carracedo vencía con autoridade.

Iván Feijoo logrou remontar pese a que sufriu unha caída no inicio

Iván Feijoo cruzando a meta no Open de España.






BARRIOS DEPORTIVO 25 de abril de 2014

BALONCESTO

O ABO, na recta final da Liga EBA

Aposta pola continuidade

Redacción

4Previsiblemente o COB renovará ao seu técnico e a algúns xogadores. Redacción O Club Ourense Baloncesto, tras lograr a permanencia na LEB Ouro unha tempada máis, xa comeza a perfilar o seu banco de cara ao próximo curso, e o máis característico destes primeiros pasos é a súa aposta pola continuidade, que tanto proclamou a directiva do club. Ademais do base Pedro Rivero (único xogador con cotrato en vigor), a próxima tempada os afeccionados do COB verán outras caras coñecidas. A primeira delas será a do adestrador, Gonzalo García de Vitoria, que con gran probabilidade continuará dirixindo ao equipo (aínda que de momento non asinou a súa renovación). Xunto a eles, a directiva desexa renovar a

Ryan Zamroz, Iván García e Edu Martínez, apostando polas súas grandes posibilidades. Fixaches A primeira das novas fichaxes do club ourensán podería ser o escolta Sergi Pino, procedente do Melilla e que o COB xa tentou conseguir o pasado verán. Con capacidade para desenvolverse tamén como alero alto e versatilidade para destacar tanto en ataque como en defensa, Pino é a día de hoxe un dos xogadores máis desexados da categoría.

O equipo ourensán está interesado na fichaxe do escolta Sergi Pino

Gonzalo García de Vitoria, previsiblemente, continuará como adestrador do COB a vindeira tempada./R.T.

No partido contra o Cortegada as xogadoras máis novas foron chave./R.T.

Coa vitoria chegou a salvación 4 O Pabellón Ourense mantén a categoría. R.T. O Pabellón Ourense, de Liga Feminina 2, venceu na penúltima xornada contra o Portomar Cortegada (58-54) e con este resultado salvou a categoría. Tivo que pasar máis dunha volta para que o conxunto ourensán do Pabellón Feminino lograra a terceira vitoria da tempada, o que o levará a manter a categoría un ano máis no segundo chanzo do baloncesto nacional. O partido chegaba no peor momento. Oliva, Álvarez e Mallou lesionadas, e Stacy Zamroz que se deu “á fuga” horas antes do encontro, polo que Benxamín Rodríguez (como en moitas fases da competición) tivo que contar cun plantel de circunstancias. Seis xogadoras na rotación para afrontar un en-

contro trascendental para a permanencia das ourensás na Liga Feminina 2. Das seis xogadoras, tres júnior. E nestas que o Pabellón fixo un partido moi completo con Laura Patao, Elizabeth Glen, Nerea Nieto, Mar Ahijado e Olga Fariñas facendo o mellor partido da tempada, moi ben secundadas por Sara García que daba relevo ás súas compañeiras. A circunstancia de non ter a unha xogadora referente puido facer que todas arrimaran o ombreiro neste partido e lograran o triunfo ante a ledicia de xogadoras e afeccionados. Ledicia que sería dobre uns minutos máis tarde ao enterarse que o Valladolid perdía co Arxil por un punto (56-57). Un broche de ouro a unha maldita tempada. O ano que vén volveremos gozar dun equipo

ourensán na Liga Feminina 2. Final de tempada Cos deberes feitos, as de Benjamín Rodríguez desprazábanse ata Avilés para xogar contra o ADBA na última xornada da Liga. As asturianas xogábanse o participar no play off de ascenso a LF, mentres que as ourensás tan só acudían para cumprir co trámite. E iso notouse no encontro que remataría 107-44 para as locais. Agora tocar reflexionar sobre os erros e afianzar un proxecto para a tempada que vén, que, agardamos, non teña os problemas desta campaña.

A súa terceira vitoria da tempada foi contra o Cortegada

O conxunto ourensán do ABO de Liga EBA ocupa a antepenúltima posición da clasificación, aínda que empatado co último e co penúltimo clasificado, Rosalía de Castro e Puertalia respectivamente. Os homes dirixidos por Juan Norat xogan contra o Betanzos, oitavo clasificado, con tres vitorias máis que os ourensáns e coa salvación no peto. O ABO pecha a tempada en casa contra o Narón (sábado 3 de maios ás 19, pavillón dos Remedios). Os coruñeses son sextos con 12 vitorias. Rosalía e Puertalia Os rivais do ABO de cara á salvación teñen os seguintes encontros nas dúas xornadas que restan: xogan entre eles en León (cancha do Puertalia) nesta xornada, e na derradeira Chantada - Puertalia e Rosalía - Marca de Garantía Chorizo Zamorano.

Rubén Pernas entrando a canastra./R.T.


BARRIOS DEPORTIVO 25 de abril de 2014

FÚTBOL

CD Ourense: capítulo...

4 Os xogadores do Ourense piden a dimisión do Consello de Administración e este denunciounos por coaccións.

O Barbadás sorprende ao Boiro 4 Venceu por 3 goles a 2.

R. Torres

Redacción

Un novo capítulo (o enésimo) da desunión entre empregados do club contra os directivos do CD Ourense chega en modo de comunicado por parte dos primeiros e denuncia nos xulgados por parte dos segundos. Nesta ocasión esixen a dimisión do Consello de Adiministración co obxectivo, segundo o comunicado, de “atopar unhas mínimas opcións de viabilidade, e que CD Ourense non se vexa avocado á desaparición e poida saír a competir a próxima tempada”. Plantilla, corpo técnico e traballadores explican as causas polas que solicitan a renuncia sendo dous os motivos, amén do citado un pouco máis arriba. Consideran que a planificación e administración da tempada “está a ser nefasta pagándose unicamente tres mensualidades desde o inicio da mesma, póndose de manifesto a súa ineptitude como xestores”. O outro motivo que describen é o abandono por parte do Consello aos xogadores “negándose mesmo a dar explicacións despois de requirirlles en numerosas ocasións para que acudan ao noso chamamento, as últimas, esta semana”. Un comunicado que

O conxunto con sede no estadio dos Carrís deu unha alegría aos seus seareiros ao vencer ao terceiro clasificado, o Boiro. 3-2 foi o resultado dun encontro que fai que os azulóns manteñan a 10ª posición con 49 puntos. Sen nada que xogarse, os de Jorge Regal buscarán estar o máis arriba posible ao final da tempada.

A actual directiva atopou unha elevada débeda económica con Facenda cando chegou ao club

Fichaxes Para a vindeira tempada o Barbadás terá catro caras novas: tres xogadores do Pabellón Xuvenil de División de Honra (Diego, Sergio, Boan e Guille) e un xogador do Cartelle, Isma. Os xogadores do Ourense percorreron este xoves 24 de abril os negocios dos directivos do club para facerlles chegar a carta na que reclaman a súa dimisión./RAMSÉS amosa que a ruptura entre plantilla e directivos é total e irreversible, xustificándoa os empregados polo “trato inferido esta tempada no que se nos mentiu sistematicamente”. Mesmo dubidan de que os seus intereses (os da directiva) sexan “honestos e limpos”. Denuncia nos xulgados Os xogadores percorreron (este xoves) os negocios dos directivos para facerlles chegar a carta na que piden a dimisión. Tres foron os negocios nos que entraron, permanecendo no do presidente ata que este pechou, xa que non apareceu; unha vez chegada a hora do peche do negocio os deportistas saíron do local. O xogador Yosu xustificou a sentada no establece-

Os xogadores acusan á directiva de mentirlles “sistematicamente”, e mesmo dubidan de que os seus intereses sexan “honestos e limpos” mento para “facerlle chegar a carta na que pedimos a dimisión deles”. Ao non aparecer, o capitán asegurou que “seguirán intentando farcerlla chegar en persoa”. Polo que é máis que probable que continúen con estas medidas. Medidas que motivaron que á última hora da tarde, Alejandro Estévez e José Ramón Fernández Morgade presentaran unha denuncia por coaccións no xulgado de garda de Ourense. Ruptura total Este é un desencontro máis que xa fai imposible a

reconciliación. Complicada circunstancia para uns xogadores que teñen catro nóminas (camiño de cinco) sen cobrar. Difícil situación para un Consello de Administración que cando chegou ao club e levantou as alfombras descubriron un burato económico ao que tiveron que facer fronte (Facenda reclama agora a débeda contraída durante anos) e que agora non lle dan as contas. E difícil situación para un club con 62 anos de historia que pode estar escribindo as súas últimas liñas.



O que será baixa segura é o central César, que decidiu colgar as botas ao final desta campaña. Barbadás Feminino O Barbadás Feminino aínda non certificou a permanencia na Segunda División Nacional. Restan dous partidos por finalizar a tempada e as ourensás están catro puntos por enriba do descenso. Dous empates ou unha vitoria serían suficientes para conseguir a permanencia. Os encontros que lles restan ás pupilas de Fifo son contra o Bértola e o Mareo.

O Barbadás Feminino aínda non está salvado

Complicada Rexional Preferente Redacción O tramo final de liga na Rexional Preferente está deparando que os conxuntos ourensáns teñan complicada a súa salvación. Melias O Melias, a pesar de estar descendido, segue competindo xornada a xornada, e xa leva dúas vitorias consecutivas (contra Caselas e O Grove). Na vindeira cita xogará na casa do Céltiga. Os franxiverdes son pechacancelas con 24 puntos a máis de 12 da salvación, os que faltan por disputar. CD Ourense B O filial rojillo está a atravesar unha mala racha que

o levou a ocupar a 17ª posición con 41 puntos. A oito puntos do descenso directo, o problema do Ourense B serán os arrastres dos descendidos que veñan da Terceira División, polo que teñen complicada a súa permanencia na categoría. Pontevedra - Ourense B será o partido desta xornada. CD Barco O conxunto ourensán que está en mellor posición é o CD Barco. É 13º con 47 puntos. Pero nestas catro xornadas non se pode relaxar se non quere tirar de calculadora para saber se os arrastres de Terceira o levan ao descenso. O Barco visita ao Ribadumia esta fin de semana.


10

BARRIOS DEPORTIVO 25 de abril de 2014

NATACIÓN

Entrevista a Marc Ciurana, nadador de CNPO

“Adestro unhas seis horas ao día; nunha semana podo facer 70 ou 80 quilómetros nadando” 4 O nadador catalán está afincado en Ourense onde adestra na piscina Rosario Dueñas nas filas do Club Natación Pabellón Ourense e cursa estudos no campus universitario. R. Torres Marc Ciurana Roca é un mozo nadador que deixou o seu Reus natal para primeiro adestrar en Sabadell -xunto con Mireia Belmonte- e máis tarde aterrar en Ourense. Coma un nadador catalá chega a defender as cores do Club Natación Pabellón Ourense? Marc Ciurana: “Principalmente polos estudios. Comecei unha carreira en Barcelona pero a matrícula da universidade era moi cara e a vida alí tamén; todo alí é moi complicado. Deuse a situación de que podía continuar aquí en Ourense con algo semellante que ademais tamén me gustaba, iso unido a que coñezo a bastante xente no club, decidín vir”. Levas máis dun ano en Ourense, como te encontras? M.C.: “Eu son de Reus (Tarragona) e parécense bastante, polo que me sinto case que como en casa”. Aínda que o clima non é o mesmo. M.C.: “O clima aquí é terrible. Paseino algo mal este inverno sen ver o sol en tres meses (risas)”.

Como comezaches nisto da natación? M.C.: “A miña nai é dun pobo da montaña. Alí a xente ten balsas para regar os campos; e eu xa desde os tres anos andaba só pola zona e os meus pais por medo a que me caera nunha deles apuntoume a natación; diso naceu a miña afección pola natación”. E xa con récord galego? M.C.: “En realidade teño o mesmo récord pero dúas veces -en piscina de 25 e de 50 metros- en 400 metros estilos”. Como é o día a día dun nadador coma ti? M.C.: “Algúns días levantámonos ás 5.15 horas para adestrar antes de ir a clases, logo vamos á universidade. Ao remate das clases voltamos á piscina, para rematar sobre as sete da tarde. Adestro unhas seis horas ao día; nunha semana podo facer 70 ou 80 quilómetros nadando”. Segues unha dieta? M.C.: “Estando nunha residencia como estou é imposible manter unha dieta, pero si que intento cumprir o das cinco pezas de froita diarias, comer froitos secos, estar ben hidratado,...”. Cales son os teus obxec-

Boas sensacións en Palma de Mallorca 4 Os tres nadadores do CNPO estiveron a un bo nivel. Redacción A mediados do mes de abril disputouse en Mallorca o XV Campionato de España Open de Privamera P50. A representación ourensá foi a cargo dos nadadores Alberto Taboada,

Marc Ciurana e Laura Pimente, amais do adestrador Santi Escudero. Tanto Ciurana coma Pimentel lograron a oitava posición na proba de 1.500 libres, na que a ourensá compartíu serie coa medallista olímpica Mireia Bel-

tivos o curto prazo? M.C.: “En xuño dispútase o Campionato de España de longa distancia en augas abertas onde espero estar entre os mellores. A miña especialidade é probas de fondo en augas abertas”. E a longo prazo que metas te pos? M.C.: “Loitarei para clasificarme para o Mundial que se disputa en Rusia, evidentemente na especialidade de augas abertas”. Un Mundial ou uns Xogos Olímpicos serían a culminación da túa carreira? M.C.: “Posiblemente. Estar nunha cita importante Mundial ou Xogos- é o soño de todo deportista. Loitarei para estar en Río 2016. Pero as poucas axudas económicas son un problema engadido”. Gustaríache que se apostara máis polo deporte para poder traballar de cara a estar nos Xogos? M.C.: “Sería xenial que nos botaran unha man. Rematar a carreira e poder estar dous anos centrado na natación”. Antes de vir a Ourense adestraches coa grandísima nadadora Mireia Belmonte. M.C.: “Estiven dous monte, quen logrou batir o récord de España da distancia. Asemade, en 800 libres, Laura foi 10ª, mentres que Marc Ciurana rematou en undécima posición nos 400 e 800 libres. Pola súa parte, Alberto Taboada finalizou 22º en 100 braza. Copa Galega O próximo evento para o CNPO será a Copa Galicia que se disputará en dúas xornadas; a primeira en Santiagao e a última en Ourense (3 e 4 de maio).

anos no CN Sabadell onde concidín con Mireia. Como anécdota direiche que era terrible, sempre gañábanos nos adestramentos a todos. Xa apuntaba maneiras”. Como é ela na curta distancia? M.C.: “Ten uns obxectivos claros e non se distrae nada noutras cousas. Centrada no seu”. E Marc Ciurana está centrado no seu? M.C.: “Marc Ciurana está centrado en todo. Ten que estar nos estudos e na natación”. Falanos un pouco máis

“Estar nunha cita importante -Mundial ou Xogosé o soño de todo deportista”

Marc Ciurana saíndo da piscina Rosario Dueñas do pavillón dos Remedios durante un adestramento./RAMSÉS de ti. Que che gusta comer e que afeccións tes? M.C.: “A pasta é superior para min; as froitas de verán son as me máis me gus-

ta (sandías, melóns,...). En canto á afeccións decántome pola lectura e o cine, sobre todo de acción”.

Adestrou con Mireia Belmonte no CN Sabadell onde xa apuntaba maneiras

Ciurana posúe o récord galego de 400 estilos en piscina de 25 e de 50 metros


BARRIOS DEPORTIVO 25 de abril de 2014

NATACIÓN

O Salvour, sexto na primeira Recta final da tempada máster xornada da Liga galega 4 Abraham Rey e Noé Martínez, segundo e terceiro na proba de bandeiras. Redacción O club Salvour, de Ourense, rematou sexto na primeira xornada da Liga Galega de categoría sénior. Abraham Rey e Noé Martínez foron segundo e terceiro na proba de bandeiras. A praia de Rodeira, Cangas, foi o escenario da primeira xornada da Liga galega de salvamento deportivo en augas abertas, onde participaron máis de 300 deportistas de 10 clubs. O equipo sénior do Salvour contou co segundo posto de Abraham Rey e o terceiro de Noé Martínez, nunha final apretada. Á serie final chegaron tamén Mauro Rodríguez e David González mentres que Alejandro López foi eliminado en roldas previas. O sénior feminino acadou, nas probas de area, a cuarta posición de María Estrada e a novena de Andrea González en bandeiras. Ademais o equipo de relevos sprint composto por Celia, María,

Andrea e Ángela logrou o terceiro posto. En categoría júnior, Ángela Dopereiro foi quinta en bandeiras, e Lucía Serrano, segunda na final B de sprint en categoría cadete. Próxima cita A próxima cita, segun-

da xornada da Liga en praias, será en Malpica o 26 de abril. As probas que se disputarán serán a de sprint de praia individual, nadar-surf, ocean e o relevo de rescate con táboa. Os integrantes do Salvou intentarán mellorar a sexta posición da primeira xornada.

Equipo Salvour que compite na Liga galega.

4 En Campolongo (Pontevedra) celebrouse a cuarta xornada galega de natación máster. Redacción Celebrouse en Campolongo (Pontevedra) a cuarta xornada galega de natación máster. Por parte do Club Natación Pabellón Ourense asistiron un total de 11 nadadores (cinco homes e seis mulleres), que nadaron 21

probas individuais e dous relevos. Os ourensáns acadaron boas marcas nunha boa xornada de natación. Recta final Para a Liga galega tan só resta a última xornada que se celebrará en Lugo o 4 de maio e o Campionato Ga-

11

lego de verán, a disputar en Ponteareas (1 de xuño). O colofón final desta tempada máster serán os Campionatos de España de verán, que terán lugar en Jerez, do 27 ao 29 de xuño. Á cita nacional acudirán os irmáns Colomo, Manuel e María Cristina, á espera de que algún outro representante participe.

Para os nadadores máster resta unha xornada de Liga, o Campionato Galego de verán e dúas citas nacionais

Conxunto de nadadores máster do Club Natación Pabellón Ourense.


12

BARRIOS DEPORTIVO 25 de abril de 2014

ARTES MARCIAIS

40 medallas para o Artai 4 No Nacional de clubs de kuoshu. Redacción O club ourensán Artai acadou un total de 40 medallas no Campionato nacional de clubs de kuoshu (artes marciais chinas) celebrado en Valdeiglesias (Madrid) os días 5 e 6 de abril. Preto de 200 competidores do País Vasco, Cataluña, Canarias, Valencia, Andalucía, Asturias, Madrid, Castilla la Mancha e Galicia participaron no evento. O club ourensán Artai estivo representado por 30 competidores, 10 de combate (todos en categoría sénior) e 20 de formas (categorías infantil A, ata 11 anos, infantil B, 12-15 anos, xuvenil 16-18 anos e sénior + 18 anos).

bronce en man baleira de norte; Jacobo Rodríguez Naviera, bronce en arma curta e prata en man baleira de norte; Andreina Álvarez Escobino, ouro en arma curta, ouro en arma loga e ouro en man baleira de norte; Lucía Conde Rodríguez, bronce en arma curta; Zaira Ferradas Iglesias, prata en man baleira de norte; Lorena González Albarellos bronce en man baleira de norte; Aarón Martínez García, bronce en arma longa; Andrea Álvarez Fernández, ouro en arma longa; Adriana Rial Justo, ouro en arma curta e ouro en arma longa; Emmanuel Álvarez Escobi-

no, prata en arma curta e prata en arma longa; Sergio Dos Santos Fernández, bronce en arma curta e bronce en arma longa; Sergio Parga Nores, ouro en arma curta, ouro en arma longa e ouro en man baleira de norte, Andrés Piñeiro Fernández, bronce en arma curta; Sara Álvarez Vázquez, prata en arma curta; prata en arma longa, prata en man baleira de norte. O Campionato de Europa de Kuoshu que se celebrará en Rusia, en novembro ou decembro, é o próximo obxectivo dos ourensáns.

Semisanda e sanda 11 foron os metais logrados polos ourensáns nestas disciplinas. Brais Novoa, bronce en sanda e bronce en semi-sanda, 60kg; Jaime Álvarez, prata en semi-sanda e bronce en sanda 70kg; Gabriel Cabezas, prata en sanda 70kg; Ngagne Faye, ouro en semi-sanda e bronce en sanda 70kg; Diego González, prata en sanda 75kg.; Adán Nieto, bronce en sanda 75kg. e Saúl Rodríguez, ouro en semi-sanda e bronce en sanda 80kg. Taolu contemporáneo En Taolu contemporáneo lograron un total de 29 metais. Carmen Caderno Rivera foi bronce en man vacía de norte; Diego Álvarez Lorenzo, prata en arma curta e bronce en arma longa; Gabriel Vázquez Rodríguez, ouro en arma curta e ouro en man baleira de norte; Jesús Souto Bóveda,

Cinco judokas do Marbel clasifícanse para o Campionato escolar de judo 4 Celebrarase o 26 de abril en Arteixo. Redacción O pavillón municipal de deportes da Raña (en Marín) acolleu o 5 de abril a fase sur do Campionato escolar de judo na categoría infantil e cadete de ambos os sexos. Nesta competición, organizada pola Federación galega, participaron seis judokas ourensáns do Ximnasio Marbel, co obxectivo de gañar a clasifación para a fase final, que reunirá os mellores do norte e sur galego o 26 de abril en Arteixo (A Coruña). O pleno estivo preto de lograrse, pero Iago Fernández non puido completar o cadro na categoría infantil -50 quilos. Non obstante, na categoría cadete si lograron o

Equipo do Judo Club Ourense Marbel. obxectivo Mauro Prada e Pablo Valcárcel, ambos en -73 quilos, rematando respectivamente nos postos terceiro e cuarto. Pola súa banda, en infantil, Iria Oleiro gañou con

Alejandro Montero, líder da Copa Deputación 4 Trala segunda xornada. Redacción

Sergio Parga facendo un exercicio de talou.

O judoka Alejandro Montero é o líder da Copa Deputación de judo en categoría absoluta, tras disputarse a segunda xornada. O pasado 12 de abril celebrouse no Pazo dos Deportes Paco Paz a segunda xornada da Copa

Deputación de judo. Máis de 60 deportistas de toda a provincia participaron nesta xornada. Os judokas competiron entre as categorías benxamín e senior, a categoría open, aberta a competidores de ambos sexos, e a categoría ne-waza, onde a loita limitpuse ao chan, apta para

todo dereito nos -57 quilos tras rematar primeira na fase previa, mentres que Pablo Dopazo (en -50 quilos) e Rubén Córdoba (en -66) superaron o corte con senllos cuartos postos. veteranos. Nas categorías máis destacadas, Alejandro Montero é o líder absoluto en judo; Herminio Rodríguez é o primeiro en ne-waza -75kg; Leví Caballero, en ne-waza +75kg e Tamara Silva, primeira no open especial newaza. Catro xornadas e randori A Copa Deputación consta de catro xornadas -polo que restan dúas por realizar-, máis unha quinta de aspecto lúdico e rexional, restrinxida á categoría infantil e denominada randori.


BARRIOS DEPORTIVO 25 de abril de 2014

ATLESTISMO

O “Correndo por Ourense” comeza no Vinteún

Aberta a inscrición para a andaina Cidade de Ourense

4 A carreira do 27 de abril conta con 865 inscritos.

R.T.

Redacción

O circuíto de carreiras populares “Correndo por Ourense”, que organiza o Consello Municipal de Deportes, comezará este domingo, 27 de abril, coa primeira proba, que percorrerá o barrio do Vinteún. No momento de peche de inscricións (o mércores 23 ás 20 horas) figuraban 865 persoas apuntadas a esta carreira, que contou cun prezo de 7 euros (para as categorías junior, promesa, sénior e veteráns), que xa inclúe a participación en todas as demais probas. Para figurar na clasificación xeral final é preciso participar, como mínimo, en cinco das seis carreiras,

as cales se desenvolverán dende este mes ata outubro. Unha parte da inscrición será destinada a algunha organización social da cidade. Carreira do Vinteún A proba deste domingo, coma as restantes, estará dividida en catro circuítos, con catro saídas diferenciadas. O circuíto pitufos (100-200 m.), o benxamín/alevín (1.0001.500 m.), o infantil/cadete (2.400-3.200 m.) e o xuvenil, júnior, promesa, sénior e veteranos (5.600 a 6.400 m.). A seguinte cita será a do barrio do Couto, o 31 de maio.

4 Terá lugar o 11 de maio. Esta semana presentábase a XI andaina Cidade de Ourense, que terá lugar o próximo domingo 11 de maio. O período de inscrición xa está aberto e prolongarase ata o vindeiro 9 de maio. O custo da inscrición é de 7 euros e poderase facer efectivo a través da páxina web www.deportesourense. com; tamén, de xeito extraordinario poderase realizar no pavillón dos Remedios en horario de oficina. O número máximo de participantes será de 500 para asegurar unha boa organización, que leva a

O número máximo de participantes será de 500

cabo o Concello de Ourense e o Consello Municipal de Deportes. Saída A saída terá lugar no pavillón dos Remedios ás 9 da mañá e contará cun percorrido de 30 quilómetros cunha dificultade media

por sendeiro periurbano. Cubriranse localizacións como Santomé, o encoro de Castadón ou mesmo o Cumial. O remate da proba será no pavillón dos Remedios. A organización puxo un tempo máximo para realizar o percorrido, de sete horas.

13

Os participantes deberán recoller antes da proba unha pulseira identificativa para participar na andaina. Ao longo do percorrido haberá catro avituallamentos de líquido e/ou sólido. Homologación Desde a organización estase a traballar estes días para que a andaina Cidade de Ourense se homologue dentro dos sendeiros nacionais. Contan con poder ter devandita homologación para o día da proba.

Presentación da XI andaina Cidade de Ourense por parte de Cándido Gómez, xerente do CMD; Marta Míguez, coordinadora da andaina; Agustín Férnandez, alcalde de Ourense e Alfonso Vilachá, concelleiro de deportes de Ourense.


14

BARRIOS DEPORTIVO 25 de abril de 2014

ACTUALIDADE

A Fundación Deporte Galego firma seis convenios con equipos ourensáns 4 Un ano máis CD Ourense queda fóra destas axudas. R. Torres A Fundación Deporte Galego da Xunta de Galicia firma seis convenios de colaboración con equipos ourensáns. O CD Ourense queda, un ano máis, fóra destas axudas. En Ourense, os seis equipos beneficiarios deste convenio son Club Ourense Baloncesto S.A.D. (36.271,28 euros), Club Baloncesto Femenino Pabellón Ouren-

se (24.795,73 euros), U.D. Barbadás (13.514,36 euros), Ponte Ourense C.F. SAD (30.096,62 euros), Cidade das Burgas Fútbol Sala (21.863,73 euros) e Club Hokey Barrocás (16.990,02 euros). En total, a Xunta destina 143.531,74 euros aos seis equipos de alta competición de Ourense. Os seis clubs contan con equipos nas competicións de primeiro e segundo nivel en modalidades deportivas

ao non ter os certificados pertinentes de Hacienda. Este é o segundo ano que o equipo con sede no estadio do Couto queda sen firmar o convenio da Fundación Deporte Galego da Xunta de Galicia.

nas que a competición de máximo nivel se desenvolve na categoría absoluta en sistema de liga regular, á que se accede por clasificación, con ascensos e descensos de categoría, e cun volume de desprazamentos frecuente. CD Ourense O Ourense é o único equipo dos 78 que optan a esta axuda en toda Galicia que non recibe estas axudas

Representantes dos seis equipos ourensáns que firmaron o convenio xunto co secretario xeral para o Deporte da Xunta, José Ramón Lete Lasa./RAMSÉS

Voleibol 4x4 en Ourense 4 O equipo Dani 7 foi o vencedor. Redacción O pasado 15 de abril celebrouse entre o pavillón municipal de Oira e o da Universidade un torneo 4x4 de voleibol. Participaron un total de 11 equipos saíndo vencedor o Dani 7. Por detrás deste, e copando o podio, remataron Manuel 9 e Damián 8,

segundo e terceiro respectivamente. Esta xornada foi de convivencia para os amantes deste deporte, onde se reuniron entre as dúas sedes deportistas de 5 a 30 anos. Os maiores ensinaron aos máis pequenos o traballo en equipo e a colaboración cos demais.

Motor

Terra e asfalto no I Rallymix da Gudiña 4 Terá lugar o 3 e 4 de maio. Redacción Os días 3 e 4 de maio terá lugar na Gudiña o I Campionato Galego Rallymix; proba que conxuga terra con asfalto. Unha nova proba para o calendario galego da Federación de Automobilismo (FGA). Este primeiro Rallymix terá un trazado secreto de preto de 12 quilómetros en terras da Gudiña. Constará de cinco pasadas, das que tres se farán o sábado 3 e

dúas o domingo 4. Poderán participar vehículos autorizados pola Federación Galega de Automobilismo: carcross, vehículos de autocross, rali de asfalto, rali de terra, turbos etc. Estes competirán en cinco agrupacións: unha para vehículos de carcross e as outras catro para vehículos carrozados repartidos por cilindradas (ata 600cc, de 1.600cc a 2.000cc, de 2.000cc a 3.000cc e máis de 3.000cc).

143.531 euros foi a cantidade que os seis equipos ourensáns que percibiron deste convenio coa Fundación Deporte Galego da Xunta de Galicia O CD Ourense queda sen a axuda por segundo ano consecutivo

Enfrontamento entre dous dos conxuntos participantes no torneo 4x4 de voleibol.

Custo da inscrición Este campionato será low cost xa que a inscrición custará 250 euros. Pilotos Son moitos os pilotos interesados en participar nesta primeira edición. O que é seguro é que os pilotos Óscar Pereiro e Luis Penido trazarán as curvas do trazado no coche 0 que abrirá a proba. Xunto a eles participará Tino Iglesias, que liderará o equipo que leva o seu nome e que contará con 10 pilotos. Tamén acudirán a este evento os vascos Iñaki Alberdi e Xabier Lujúa; ademais de Roberto Méndez co equipo berciano RMC, e outros coma Surhayén Pernía e Alberto

Meira (ambos con Fiesta R2); do preparador galego AR Vidal participará Amador Vidal, con su Mitsubishi N1 e moitas xóvenes promesas do mundo do motor. Pilotos de auto cross e car cross tamén estarán presentes, destacando entre eles Álvaro Muñiz Mora. A organización mantén contactos con escuderías portuguesas para contar con presenza internacional neste primeiro rali mixto.

O trazado da proba, duns 12 quilómetros, será secreto e realizaranse cinco pasadas


BARRIOS DEPORTIVO 25 de abril de 2014

ACTUALIDADE

15

Edita: Letras a la Carta S.L. CIF: B-32.323.925. Depósito Legal: OU 185-2009. Redacción: r/ Bedoya, 7, 1º, of. 6 - 32004 Ourense. Tel: 988 04 53 52 / 685 969 546. Correo-e: deportes@periodicobarrios.com. Distribúe: Orixe. Imprime: Publicaciones Tameiga. Director: Ramsés Torres. Director comercial: Miguel Rejo. Redacción e fotografía: Paula Lodeiro, Ramsés Torres, Silvia Nieto, Miguel Rejo. Colaboracións: Alfonso Vilachá, José A. Santos, José Mª Arribas Nº97- Ano: VI - 25 de abril de 2014 - Difusión: 5.000 exemplares Este periódico non pode ser reproducido nin total nin parcialmente, sen autorización previa da empresa editora Letras a la Carta S.L. Impreso en papel 100% reciclado. Se ten algún problema co reparto, pregámoslle que nolo comunique no teléfono 988 04 53 52 / 685 969 546.

4O RINCÓN DO MESTRE

Deporte e realidade Capítulo 33. Deberes dos mozos deportistas. O tempo das nosas vidas é unha realidade, é un tesouro de valor incalculable; a satisfacción persoal, o rumbo de ser ou non ser está directamente relacionado co tempo. O tempo é irrecuperable, non se pode recuperar. Realmente, un nunca perde o tempo cando fai o que debe. O tempo hai que programalo para que non te perdas a ti mesmo. Para iso habemos de pór en ruta os seguintes deberes: 1º.- Ser puntuais no colexio, casa, adestramentos, partidos e desprazamentos co equipo. 2º.- Colaborar, axudar e apoiar a todos os seus compañeiros de equipo, do colexio e da escola deportiva. 3º.- Respectar ao árbitro, aos adversarios, aos seus técnicos-educadores, aos seus compañeiros e á afección. 4º.- Asistir ás actividades competitivas, encontros do primeiro equipo ao que pertencen, aos do seu equipo. 5º.- Mostrar en todo momento unha educación deportiva exquisita, educación que ha de facer extensiva tamén a todos os demais aspectos da súa vida. 6º.- Estudar de acordo a

un plan de horario e gozar adestrando. 7º.- Sentirse orgullosos da escola deportiva á que pertences. 8º.- Estar agradecidos aos seus técnicos-educadores. 9º.- Deber de mostrar en todo momento un espírito encomiable de superación. 10º.- Rexeitar en todo momento a paixón e superprotección paternalista. 12º.- Gozar durante a semana para sentirte protagonista o domingo. 13º.- Defender a escola deportiva contra vento e marea. 14.- Aceptar o deporte como un medio, non como un fin. 15º.- Evitar as présas, son malas conselleiras. 16º.- A paciencia e tranquilidade achegaranvos plenas satisfaccións. Alfonso Vilachá, concelleiro de Deportes de Ourense e entrenador

“Respectar ao árbitro, aos adversarios, aos técnicoseducadores, aos compañeiros e á afección”

EN BREVE

4 Hoquei O CH Barrocás finalmente descendeu de categoría e o ano que vén participará na División de Honra B do hoquei herba. Aos pupilos de Roberto Oliveira réstalles unha xornada, contra

Taburiente, para rematar a tempada.

4 Balonmán O Balonmán Pabellón finalizou a Liga con dous empates e cero vitorias. Agora toca a Copa Deputación.

4PRACTICANDO SAÚDE

4TRIBUNA ABERTA

Descanso e supercompensación

Cando fomos deuses (XI) 24ª Xornada. C.D. Ourense 3 – 0 Alondras C.F. Lolín, Guitián e Conde suplen as ausencias de Pataco, Seara e Ángel, e de resultas destas modificacións o xogo no céspede resulta malo, sendo o peor partido da tempada dos locais con diferenza, que superan positivamente grazas á falla de ambición do Alondras e dereon sacado adiante o partido sen complicacións. Dous goles de Carballeda, un deles de penalti, e o terceiro de Guitián, todos na segunda parte, certifican o novo triunfo. 25ª Xornada. Turista 0 – 5 C.D. Ourense Novamente o Ourense logra marcar cinco tantos, nesta ocasión fronte a un vello rival e cunha exhibición de fútbol. Tanto Seara como Carballeda fan dous goles cadanseu, completando a conta Pataco. 26ª Xornada. Arsenal C.F. 0 – 3 C.D. Ourense Na cidade departamental Carballeda logra novamente facer tres goles nun novo triunfo cómodo do equipo onde o equipo local amosa unha inferioridade total fronte ao líder. O Ourense levaba gañados todos os partidos de liga pero o seu éxito non tiña repercusión nacional. A boa tempada facilita que o adestrador, Bouso, que proviña do Atl. de Madrid, consiga pechar un amigable entre semana fronte aos colchoneiros. Fernando, nado en Madrid de pais ourensáns, xogara nas categorías inferiores do Atlético.

Foron os contactos que seguía a manter cos de Madrid e o interese destes por acadar fichaxes a baixo custo o que facilitou o encontro. Os madrileños querían comprobar a calidade dese equipo que semellaba invencible. E lográrono. No primeiro minuto de xogo unha xogada desgraciada supón o un a cero para o Atleti. Posteriormente Pataco empata. E nun centro de Tunez prodúcese un gol en propia porta dos colchoneiros e a admiración da grada polos rojillos. Posteriormente o propio Túnez materializa o definitivo un a tres. A expectación moderada deste partido troca ao remate do mesmo e sitúa aos seus xogadores no punto de mira dos grandes clubs. Barcelona, Valencia e o propio Atleti pugnan polas figuras ourensáns. Os nomes que máis soan son Carballeda, Pataco e Túnez. Finalmente o Atleti fichou a Pataco, que resultou non ser tan boa compra como pensaban. Realmente o único que se pode considerar un triunfador é Cortés, que estivo varias tempadas en Primeira no Deportivo da Coruña. [Undécima entrega sobre a historia do CD Ourense na tempada 67/68] José A. Santos

“A boa tempada facilita que o adestrador consiga pechar un amigable co Atl. de Madrid”

Non existe deportista que non busque mellorar, superarse e bater as súas marcas. E non hai mellor maneira de aumentar o rendemento deportivo que cun plan de adestramento no que se aplique o principio máis importante dunha planificación: o descanso e a supercompensación. A aplicación de cargas de traballo unidas mediante correctos períodos de descanso é o que nos permite aumentar o rendemento. Nin demasiado breve, nin excesivamente longo, o tempo de descanso debe ser o adecuado para permitir a recuperación do organismo tras o esforzo e o posterior aumento do rendemento por enriba do nivel inicial. É neste momento cando debemos aplicar a seguinte carga de adestramento. O período de fatiga que se produce tras o adestramento produce unha diminución do rendemento, polo que, aínda que se poida pensar o contrario, o adestramento como tal non mellora o rendemento senón que o diminúe. Tras a fatiga hai unha fase de recuperación muscular e enerxética, e por último acontece a fase de supercompensación, na cal se aumenta a nosa capacidade respecto do nivel previo. Ao final desta etapa debemos volver realizar o noso adestramento. Se a frecuencia dos estímulos é demasiado frecuente e por tanto o tempo de descanso é curto, diminúe o rendemento, acrecentando o empeoramento canto máis se

prolongue esta situación, podendo chegar ao sobreentrenamento. Se o tempo entre adestramentos é demasiado longo e o seguinte estimulo aplícase cando o efecto da supercompensación desapareceu, tampouco se conseguirá ningún tipo de mellora. No mellor dos casos mantense a forma, sendo interesante para determinados momentos da tempada. Como sei cando debo volver adestrar? O mellor indicador é o propio corpo, se notamos síntomas de fatiga, pequenas molestias... é mellor descansar ata que desaparezan. Xeralmente os tempos de recuperación son de entre 8 e 24 horas para os exercicios de velocidade, entre 10 e 24 horas para os exercicios aeróbicos lixeiros, entre 24 e 36h horas para os aeróbicos medios e entre 48 e 72 horas para os exercicios anaeróbicos e de forza máxima. Conseguir a óptima combinación entre adestramentos e descansos é a mellor maneira de aumentar o noso rendemento; sen descansos de pouco serve o adestramento. Jose Mª Arribas Moreno, licenciado CCAFD, entrenador persoal en ximnasio Trabazos

“A aplicación de cargas de traballo unidas mediante correctos períodos de descanso é o que nos permite aumentar o rendemento”


BARRIOS DEPORTIVO 25 de abril de 2014

Bd 97  

O número 97 do Barrios Deportivo saca a portada a crise instalada en CD Ourense logo de que os empregados pediran a dimisión do Consello de...

Read more
Read more
Similar to
Popular now
Just for you