Page 1

[ Páx. 10]

Diz e Ocampo logran a vitoria na proba da Ponte do “Correndo por Ourense” HÍPICA

Páx.3

Díaz e Hermida lograron meterse na final por equipos

FÚTBOL SALA

Páx.6 ANDAINA

Primeira derrota do Sala Ourense nesta tempada

Páx.11

Unha andaina polo Concello de Monterrei

RUGBI

Páx.13

O Campus Ourense Rugby Coosur recibe ao Eibar nas Lagoas

MTB

Páx.15

O club ourensán “Dúas rodas” marcha a Marrocos

O Club Ourense Baloncesto estréase ante a súa afección este venres 6 de outubro, ás 21 horas, no Pazo dos Deportes Paco Paz./C. DOMARCO.

Número: 166- Ano: IX -6 de outubro de 2017 - Depósito Legal: OU 185-2009 - Periódico quincenal de distribución gratuíta - www.periodicobarrios.com BARRIOS DEPORTIVO volve repartirse a partir do 27 de outubro. Se quere anunciarse consulte no 685 800 190.




Barrios DEPORTIVO 6 de outubro de 2017

AXENDA / ACTUALIDADE

4 Axenda deportiva Fútbol

- Día 8 de outubro. Os Carrís. Barbadás - Somozas. Terceira división. - Día 8 de outubro. Espiñedo. Arenteiro - Negreira. Terceira división. - Día 8 de outubro. O Couto. UD Ourense - Marcón Atlético. Rexional Preferente. - Día 12 de outubro. O Couto. Ourense CF - Silva. Terceira división. - Día 12 de outubro. Calabagueiros. Barco - Barbadás. Terceira división. - Día 15 de outubro. San Cristobal -17:30 h-. Ribeiro - UD Ourense. Copa Deputación. - Día 15 de outubro. Espiñedo. Arenteiro - Bergantiños. Terceira división. - Día 15 de outubro. Os Carrís. Barbadás - Céltiga. Terceira división. - Día 15 de outubro. San Cristobal. Ribeiro - Sanxenxo. Rexional Preferente. - Día 15 de outubro. Bande. Bande - Erizana. Rexional Preferente. - Día 15 de outubro. A Tella. Nogueira - Mondariz. Rexional Preferente. - Día 22 de outubro. Espiñedo. Arenteiro - Choco. Terceira división. - Día 22 de outubro. O Couto. Ourense CF - Laracha. Terceira división. - Día 22 de outubro. Calabagueiros. Barco - Cultural Areas. Terceira división. - Día 22 de outubro. O Couto. Ourense CF - O Grove. Terceira división.

Un dos participantes de skate realizando un salto ante a atenta mirada do público presente e de compañeiros. /RAMSÈS.

O “Pulpo Extreme” encandilou 4 Moitísimo público presente en todas as probas.

Atletismo

- Día 8 de outubro. A Rúa - 9 h -. II Gran Premio de Montaña A Rúa. - Día 8 de outubro. Ourense -10:30 h-. Carreira das empresas. - Día 22 de outubro. A Carballeira (Ourense) - a partir das 12 h - circuíto de carreiras populares “Correndo por Ourense”.

Fútbol sala

- Día 7 de outubro. Os Remedios -17 h - Cidade das Burgas - Roldán. Primeira división. - Día 8 de outubro. Os Remedios -12 h - Sala Ourense - Ribeira. Terceira división. - Día 14 de outubro. Os Remedios - 17 h - Ourense Envialia - Soto del Real. Primeira división. - Día 21 de outubro. Os Remedios -17 h - Cidade das Burgas - Burela. Primeira división.

Redacción O “Pulpo Extreme” trasladouse este ano ao pavillón municipal de Oira o que non impediu que se reunira gran afluencia de público para ver as acrobacias de todos

os participantes dos distintos deportes urbanos. Na modalidade de skate, Danny León foi o mellor. Detrás quedaron Iván Rodríguez, segundo; e Enrique Giles, terceiro. O mellor truco foi o de León. O francés Roman Abrate

foi o gañador entre os participantes en Roller. Segundo rematou o seu compatriota Jeremy Melique (tamén acadou o mellor trick), e terceiro foi Jelle Brigeman (Holanda). Richard Zelinka lograría vencer na competición de

Actividades Ademais da competición oficial houbo moitas máis cousas para pasar o tempo de forma activa para os que se quixeron perder por Oira durante os días que se celebrou o evento. A música estivo presente ao igual que graffitis e un pequeno circuíto para que os máis pequenos puideran perfeccionar a súa técnica e aprender novos trucos.

Andaina

- Día 7 de outubro -Monterrei- 4ª andaina viño de Monterrei. - Día 8 de outubro. A Rúa - II andaina A Rúa. - Día 12 de outubro. Toén. Andaina de Moreiras.

Outros

- Día 7 de outubro. Centro Cultural Marcos Valcárcel. Open de xadrez “Xosé Enrique Rodríguez Peña”. - Días 7 e 8 de outubro. O Carballiño. VII Ruta MTB Bike & Trail. - Día 8 de outubro. Hipódromo de Sandiás. I Copa Deputación Ourense - Doma clásica.

Rugbi

- Día 8 de outubro -12 h - Universidade. Campus Ourense Rugby - Eibar Rugby.

Scooter (con mellor trick incluido). Mentres que a segunda posición foi para Jamie Addison, e a terceira para Jamie Hull. E en BMX Courage Adams foi o mellor (o mellor trick tamén foi para el), Miguel Jodar (semens) o segundo e Arkaitz Armendariz o terceiro.

En Roller exhibíronse algúns dos mellores do mundo. /I. OSORIO.

O francés Roman Abrate foi o mellor en Roller


ACTUALIDADE

Barrios DEPORTIVO 6 de outubro de 2017



Otero e Blanco vencen no Desafío Winnerman 4 Na terceira edición deste duatlón. Redacción O pasado sábado 30 de setembro disputouse en Castrelo de Miño a terceira edición do Winnernan Ourense. No mesmo participaron preto de 100 deportistas nas distintas categorías celebradas. O formato consistiu nunha primeira parte a nado; a seguinte, unha carreira a pé; e remataban nadando nas augas do encoro de Castrelo de Miño. Complicada, para a maioría dos participantes, foi a transición de pé a auga. Nese momento, entre o cansanzo e o cambio de músculos principais para o exercicio, foi cando peor o pasaron a maioría dos deportistas. Unha vez

rematada todas as probas procedeuse á entrega de medallas. Vencedores Na categoría de Winnerman júnior (250 m. a nado, 500 m. correndo e 250 m. a nado) os mellores foron: Daniel Ruiz, en prebenxamín; Sara Tajes, benxamín; Pablo Martín, en alevín; e Roi Naranjo (homes) e Eva Feijoo (mulleres) na categoría infantil. En canto ao Desafío Winnerman (proba absoluta na que tiñan que percorrer 1.000 m. a nado, 5.000 m. correndo e outro quilómetro a nado), Jacobo Blanco foi o mellor na categoría masculina. En segunda posición rema-

taba Rubén del Río, e David de la Fuente era terceiro. Na categoría feminina, Paula Otero vencía, seguida de María Cristina García (segunda) e Iria Fernández (terceira). En canto aos relevos, o equipo formado por Noel Quiroga e Alberto Taboada foi o primeiro clasificado, e o integrado por David González e Héctor Álvarez rematou na segunda posición.

Por equipos, o mellor foi o formado por Noel Quiroga e Alberto Taboada

Premiados da quinta xornada da Copa Galicia de enganche disputada en Vilamarín.

Díaz e Hermida lograron meterse na final por equipos 4 Na Copa de Galicia de enganches. Redacción O Club Hípico de Vilamarín acolleu o pasado 1 de outubro a quinta xornada clasificatoria para a II Copa de Galicia de enganches 2017. Unha disciplina que cada vez conta con máis adeptos e practicanes en Galicia e en Ourense; proba delo foi a numerosa participanción e gran afluencia de público que tivo a proba. A

proxección deste deporte na nosa comunidade débese a que desde fai dous anos, a Federación Galega impulsouna a nivel competitivo. En total foron 20 as saídas á pista nas tres categorías clasificatorias para o nacional: limonera (1 cabalo), troncos (2 cabalos) e proba libre. Os mellores En limonera a vitoria foi para o ourensán En-

rique Sierra, seguido de Manuel Nistal e Emiliano González, segundo e terceiro, respectivamente. O equipo ourensán do club anfitrión (CH Vilamarín) formado por José Manuel Díaz e Adrían Hermida clasificouse para a final. En troncos, o triunfo foi para Manuel Nistal. Segundo rematou Diego Souto. Na proba libre a vencedora foi Tamara Abilleira e segundo, Fernando Arenas. Vigo acollerá a última proba o 11 de novembro; de onde sairán os campións galegos.

O ourensán Enrique Sierra venceu na categoría limonera

Os premiados na terceira edición do Desafío Winnerman celebrado no encoro de Castrelo de Miño.

Díaz e Hermida meteronse na final por equipos na categoría limonera.




Barrios DEPORTIVO 6 de outubro de 2017

FÚTBOL

Ourense e Barco, entre os mellores de Terceira 4 Ocupan a segunda e cuarta posición, respectivamente. Redacción

Este domingo 8 de outubro a UD Ourense volve ao Couto para medirse co Marcón Atlético./RAMSÉS.

A UD Ourense regala puntos

4 Os erros diante e atrás condenan aos de Currás. Redacción A Unión Deportiva Ourense deixouse dous puntos na súa visita a Vigo para enfrontarse ao Alertanavia. O equipo de Fernando Currás perdoou en exceso e foi moi blando en tarefas defensivas,

Dos seis encontros disputados lograron catro vitorias

o que o levou a empatar a tres goles e perder dous puntos. Unha situación que, a pesar de levar disputadas as primeiras xornadas, pode inquedar. Currás lamentábase en datas anteriores de que o equipo non era capaz de pechar os partidos, e nesta ocasión quedou ben demostrado. Dos seis encontros disputados os unionistas contan con catro vitorias, un empate e unha derrota (esta na primeira xornada). Fóra da casa é onde máis apuros

Xogada do encontro entre a UD Ourense e o Beluso./RAMSÉS.

están a pasar, perdendo un total de cinco puntos (máis da metade dos disputados). Casa A UD Ourense é un equipo máis solvente no Couto, pero tamén pasa os seus apuros. Suma os seus encontros na casa por vitorias (tres de tres). Este domingo, 8 de outubro, regresa ao seu campo para recibir ao Marcón Atlético, equipo que está en postos de descenso. O partido dará

comezo a partir das 17 horas. Bande Quen non cede nin na casa nin fóra dela é o Bande. O equipo de Iván González colleulle o pulo desde o primeiro minuto á categoría e conta por vitoras todos os seus encontros. Unha racha que o leva a ser líder, invito, destacado. Con 18 puntos supera en cinco ao seus inmediatos perseguidores: Sanxenxo e Ourense. Nesta xornada ten unha boa oportunidade para seguir sumando de tres en tres. Visita ao Mondariz, equipo que tan só conta con catro puntos. Nogueira e Ribeiro Os outros dous conxuntos ourensáns (Nogueira e Ribeiro) están da metade da táboa cara abaixo. Os de Luíntra son décimo cuartos, con sete puntos. No último encontro perderon na casa diante do Gondomar. Esta semana visitan ao Moaña. Os de Ribadavia, décimos sextos con cinco puntos, sumaron a súa primeira vitoria na Rexional Preferente a costa do Mondariz, a que venceron por tres goles a un. Nesta xornada visitan ao Erizana.

Disputadas sete xornadas na Terceira División de fútbol vemos un panorama moi alentador para Barco e Ourense Club de Fútbol. O equipo barquense é cuarto con 14 puntos, e cun punto máis na segunda posición atópanse os capitalinos. Na última xornada, o equipo dirixido por Javi Rey goleou ao Racing Club Villalbés por catro goles a cero, dando mostra do seu momento doce. Mención aparte merce o Ourense C.F., que comezou a tempada moi forte, que o levou a ser o único conxunto da competición que aínda non coñece a derrota (catro vitorias e tres empates). E iso que rematou o último encontro con dous xogadores menos.

Derbi O choque contra o Arenteiro no Couto estivo marcado polas expulsións. Tratouse dun partido moi igualado no que ningún quería perder. A pesar da inferioridade numérica, os de Fran Justo adiantáronse no marcado a 15 minutos do final. O Arenteiro, nese momento, apretou e logrou o igualar o casillerio aos poucos minutos. Con este empate, os de Manel Vázquez son undécimos con nove puntos. Barbadás O cuarto equipo ourensán na Terceira é o Barbadás. O conxunto dirixido por Moisés Pereiro está perdendo fol nas últimas xornadas, o que fixo que se acheguen perigosamente aos postos de descenso. Con seis puntos son décimo sextos.

5 Encontros do Ourense C.F. (2º) e Barbadás (16º).


PUBLICIDADE

Barrios DEPORTIVO 6 de outubro de 2017






Barrios DEPORTIVO 6 de outubro de 2017

FÚTBOL SALA

Partido do Sala Ourense disputado na central dos Remedios diante do 5 Coruña. /C. DOMARCO.

Primeira derrota do Sala Ourense na Liga 4 Diante do Santa Isabel. R.T. Foi na terceira xornada da Terceira división nacional de fútbol sala cando o Sala Ourense colleitou a primeira derrota do curso. Foi en Outeiro de Rei, ante o Santa Isabel, co que perdeu por catro goles a tres. Con esta derrota son quintos con seis puntos, empatado con catro equipos máis na clasificación (Pazos de Borbén, A Estrada, Talleres ABC Coruxo e Valdesuso Peugeot Vilalba). Ao fronte da táboa, un Sport Sala Culleredo que sorprendeu nesta xornada ao Pazos de Borbén a quen gañou como visitante por 0 a 6. Encontro No que se refire ao partido diante dos lucenses, os de Kike García fixeron o de case sempre: presión alta en toda a pista; os locais, pola súa banda, cedían a posesión e agardaban rápidas transicións para sorprender. Tízón avisou cun tiro raso que desviou Cobas e cun tiro ao pau, pero sería a debutante Guerra o que poría o 0-1 tras unha boa

acción colectiva. Os locais, levantados por unha gran afección, responderon rápido cun tiro ao pau e logo co gol de Javi Río nunha transición de 2 para 1. No final da primeira parte prodúcese a acción polémica e clave do partido. Transcorría o minuto 18 cando Tizón no borde da área regatea primeiro a un rival, sáelle outro defensor ao cal tamén regatea e cando se dispón a rematar recibe unha for3ª Nacional -Grupo 1-

3ª xornada

Posto Equipo Puntos

1º Culleredo 2º Pazos de Borbén 3º A Estrada 4º Coruxo 5º Sala Ourense 6º Vilalba 7º Casas 8º Ribeira 9º A Pontenova 10º Santa Isabel 11º 5 Coruña 12º Cee 13º Bueu 14º Campito 15º Santiago B 16º Carballiño

61 54 51 49 48 47 40 33 31 30 28 28 28 22 20 19

te patada deste segundo defensor. O árbitro non sinala nada e Tizón vírase para manifestar a súa incomprensión ao árbitro e este o que fai é sacarlle cartón amarelo. Como previamente xa vira outro, ten que abandonar a cancha expulsado. Non sería o único, Kike García mostra á parella arbitral a súa desconformidade e tamén é expulsado. O Santa Isabel acaba a primeira parte atacando contra unha defensa

ourensá de tres, triángulo defensivo con Higua na punta e Bermejo e Rivero detrás. Esa defensa consegue manter o minuto 29 segundos coa portaría a cero. Final da primeira metade con empate a un. Comezou o segundo tempo cos ourensáns xogando en inferioridade durante 31 segundos. Foi cando xa ían a poder meter a un cuarto xogador cando os locais adiantáronse no marcador. Souberon recompoñerse os ourensáns ante a adversa situación e, primeiro, Guerra, e máis tarde, Diego, dábanlle a volta ao marcador para poñerse con 3 a 2. O tramo final do partido foi para a Santa Isabel, máis enteiro fisicamente e

Xornada 4 - 7-8 de outubro Culleredo - Carballiño Cee - Pazos de Borbén Campito - Bueu Sala Ourense - Ribeira Casas - Santa Isabel Vilalba - 5 Coruña A Estrada - Santiago B Coruxo - A Pontenova

Xornada 5 - 13-14 de outubro Culleredo - Cee Pazos de Borbén - Campito Bueu - Sala Ourense Ribeira - Casas Santa Isabel - Vilalba 5 Coruña - A Estrada Santiago B - Coruxo Carballiño - A Pontenova

co pulo dunha sobordada bancada, insuflaron aos seus a garra necesaria para empatar no minuto 29 por medio de Carballo. Nos últimos minutos os dous equipos quixeron gañar. Rubén con dúas paradas evitou o cuarto dos lucenses, pero era un aviso. A falta de 46 segundos foi a estocada; Fran ao segundo pau mete o gol que vale os tres puntos para o equipo de Outeiro de Rei. Co xogo de 5 Guerra tivo o empate, pero o porteiro local evitouno.

Os coruñeses son oitavos con cinco puntos.

Ribeira O vindeiro domingo, 8 de outubro, desde as 12:00 horas na cancha central dos Remedios, o Sala Ourense recibe a un duro rival: o Ribeira F.S.

O Sala Ourense enfróntase ao Ribeira na cuarta xornada. Domingo ás 12 h.

Carballiño O outro conxunto da provincia de Ourense na Terceira é o Carballiño. Os da vila do Arenteiro todavía non coñecen a vitoria e contan os tres partidos disputados por derrotas. A última fronte o Talleres ABC Coruxo co que perderon pola mínima (3-4). Esta xornada visitan ao líder, Culleredo.


FÚTBOL SALA

Barrios DEPORTIVO 6 de outubro de 2017



O Cidade das Burgas sucumbe ao final ante Poio 4 As locais remontaron no último minuto. R.T. O Cidade das Burgas pode presumir de loitar ata o final cada encontro. Ante o Poio non foi menos. Un equipo que este ano se levou á mellor xogadora do Cidade estivo contra as cordas ata o último minuto de encontro, no que lle deu a volta ao marcador. Ata ese momento, as pupilas de Manolo Codeso tiveron moi preto puntuar no Municipal de Poio. Un gran derbi galego onde os dous equipos non se gardaron nada e foron desde o primeiro momento a pola vitoria. Nos primeiros compa-

ses, dominio das locais e as visitantes que buscaban sorprender con balóns longos ou á contra. Un pau de Iria, para o Poio, e dous claras ocasións de Amelia, para o Cidade, non impedían marcharse a vestiarios co empate a cero inicial. A segunda metade arrancaba adiantándose as locais. Ale de Paz remataba un pase de Ceci para abrir o marcador. Xusto despois, un penalti de Silvia tranformado por Sonia Pacios facía devolver as táboas ao marcador. Dous minutos despois, María Arias, desde propia cancha daballe a volta ao marcador co 1-2. O Poio o tentaba con

disparos de Iria e de Jenny, que despexaba Ana Lastra. A pouco máis de catro minutos para a conclusión as locais optaban polo xogo de cinco en busca da remontada. Baixo esta premisa táctica as vermellas dábanlle a volta ao marcador, igualando primeiro o partido por mediación de Jenny Lores que aproveitaba un despexe en curto de Ana Lastra e no último minuto de partido, Ceci nunha contra local, tras ocasión clara do Cidade, nun pase entre liñas puña o 3 a 2. Xa co Cidade tamén optando polo xogo de cinco, o Poio pechaba a súa vitoria con senllos goles de Patri Corral a porta baleira para establecer o definitivo 5 a 2. Roldán Duro test para as franxiverdes na vindeira xornada. O Cidade recibe este sábado, 7 de outubro, ao Jimbee Roldán. As murcianas marchan na cuarta posición con sete puntos. O seu maior aval é a vitoria que lograron na casa do actual campión da Liga, o Atletico Navalcarnero.

Clara disponse a golpear o balón á portaría do Soto del Real. /RAMSÉS.

Cidade - Roldán, este sábado, 7 de outubro, ás 17 h nos Remedios

Luci, convocada coa selección española, no partido contra Móstoles. /I. OSOSRIO.

O Ourense Envialia cede dous puntos 4 Nos Remedios diante do Móstoles. R.T. O Ourense Envialia cedeu na casa dous puntos diante do Móstoles. Os dous equipos chegaban a esta xornada (a número 3) na Primeira división de fútbol sala con pleno de vitorias. O empate entre madrileñas e ourensás fai as dúas escadras ocupar a terceira e segunda posición, respectivamente, na clasificación. O reparto de puntos supón que manteñan a imbatibilidade. Durante o primeiro acto o Envialia buscaba a Sara Moreno e sorprender en estático, mentres que o Móstoles tentaba sorprender á contra. O segundo tempo comezaba coa mesma estratexia. Aos cinco minutos, as visitantes sorprendían, de

xeito puntual, co xogo de cinco. Foi no minuto 11 do segundo acto cando Patri Chamorro, á saída dunha falta botada por ela mesma tras un balón repelido por Vane, conseguía anotar o 0 a 1. O Ourense víase na obriga de ter que correr máis riscos sobre a cancha en busca da remontada. Así, a seis da conclusión,

O Ourense Envialia é segundo con sete puntos optaba por utilizar o xogo de cinco. A tres da conclusión, Marta de tiro cruzado igualaba o choque. As locales proseguiron co xogo de cinco, pero atopáronse ante un Móstoles ben asentado que acabou por defender o valioso punto ante un rival directo na táboa. Majadahonda Esta fin de semana visitan ao Majadahonda, equipo que marcha na décima posición con 3 puntos.

4 Luci, coa selección A xogadora do Ourense Envialia, Lucía Gómez, está convocada coa selección española para disputar dous encontro amigables contra Portugal. Luci xogará co resto

das súas compañeiras os días 10 e 11 de outubro na localidade lusa de Ponte de Sor. Xunto a Luci estará na convocatoria a ourensá que milita agora no Alcorcón, Vanessa Sotelo.




Barrios DEPORTIVO 6 de outubro de 2017

BALONCESTO

O Lobito cos seareiros máis pequenos na presentación do equipo -nos exteriores dos Remedios- antes de que arrinque a Liga no Paco Paz. /E. MEGÍA.

O Rio Ourense Termal agarda ao Clavijo no Pazo 4 Será o primeiro encontro de Liga dos ourensáns como locais. R. Torres Case cinco meses despois de que o Club Ourense Baloncesto (este ano por motivos de patrocinio pasará a denominarse Rio Ourense Termal) xogase o último encontro no Pazo dos Deportes Paco Paz, regresa a competición a Ourense esta semana. O partido será valedeiro para a segunda xornada da LEB Ouro e enfrontará ao COB diante do Clavijo. Ábrese o telón da LEB Ouro no Pazo este venres no horario habitual das 21 horas. Despois da derrota na primeira xornada en Lugo ante o Breogán (83-71), toca olvidarse e buscar a primeira vitoria da tempada. O partido contra Clavijo non será sinxelo aínda que os dous conxun-

to levaron vidas paralelas durante este verán e terán o mesmo obxectivo principal: a permanencia. O Rioja, ao igual que o Ourense, é un equipo feito tarde e moi renovado con respecto ao ano pasado. A principal novidade está no

banco, o novo inquilino é Jenaro Díaz, que apostará por un xogo moi dinámico en toda a pista (outra similitude con respecto aos ourensáns). Ademais, ao igual que o COB, é un equipo moi novo, aínda que con diferenza sobre

o da cidades das Burgas, os seus xogadores teñen máis experiencia. Para Gonzalo García de Vitoria a máxima preocupación para este encontro é “ser capaces de defender ben” nunha faceta do xogo na que teñen “moito por mellorar”. García de Vitoria advertía na previa que o rival é un equipo no que os seus pívots “ábrense moito xa que saben lanzar de tres puntos”. Dos xogadores, o máis experimentado é Carles Bravo (único que repite este ano). Porén, haberá que ter moi en conta a outros coma Olekaibe, Yates ou Quintela. Oviedo Contra Oviedo, Clavijo realizou un partido moi serio no que finalmente perdeu por 80-84. Algo dentro da normalidade xa que todo o mundo fala do equipo asturiano coma un dos potentes da competición.

4As últimas presentacións O Rio Ourense Termal presentou aos últimos xogadores que faltaban por pasar pola rolda de presentacións. Tratábase de Alberto Maura, Volodymyr Orlov e Abdoulaya Ndoye. Maura chega para reforzar os adestramentos do primeiro equipo aínda que terá ficha co filial. Despois de estar o ano pasado parado por culpa dunha lesión, este ano ten a oportunidade de recuparse totalmente e medrar como xogador en Ourense. Por ese motivo estaba contento de que contarán con el no club. O xogador aseguraba que traballaría para ter “a miña oportunidade”, afirmaba. Pola súa banda, Orlov quédase no equipo despois de estar a proba. Sabedor de que terá que demostrar que foi unha

aposta acertada, o hispano ucraniano afirmaba na súa presentación que está convencido de que o seu rendemento irá “de menos a máis”. Ademais, desvelou que fai dous anos, cando debutou na LEB Ouro “non estaba preparado mentalmente”, pero que agora si o está, polo que quere “recuperar a oportunidade perdida”. E finalmente, un dos primeiros en firmar e o último en chegar. Parco en palabras, o senegalés Ndoye, que apenas leva dúas semanas cos seus compañeiros comprometeuse a poñerse en forma o antes posible despois de tanto tempo de inactividade. “O ano pasado foi moi bo para min. Este ano quero xogar mellor e facelo ben para o equipo”, sentenzaba o africano.

O partido terá lugar este venres, ás 21 horas, no Pazo

Martín Rodríguez defendido por Christian Díaz en Lugo. /C.DOMARCO

Presentación de Ndoye, Orlov e Maura no Centro Médico El Carmen. /RAMSÉS.


NOVAS

Barrios DEPORTIVO 6 de outubro de 2017



Un dos coches participantes no Rali Ourense Ribeira Sacra.

Vitoria xaponesa no Ribeira Sacra O piloto xaponés Hiroki Arai (xunto ao copilto Glenn Macneall) alzouse co triunfo final na sexta edición do Rali Ourense Ribeira Sacra. O asiático pilotou o Ford Fiesta R5 ao igual que o seu compatriota Takamoto Katsuta (quen se tivo que retirar por un aparatoso -pero sen maiores consecuencias- accidente). Os dous deron o colorido do sol nacente polas estradas da Ribeira Sacra. En segundo lugar remataría Iago Caamaño (Ford Fiesta R5), superando no último tramo a Alberto Meira (Mitsubishi E. X) con problemas de transmisión. Jorge González «Rantur» (Mitsubishi Lancer) foi cuarto e Víctor Senra (Ford Fiesta R5), quinto. A Arai costoulle lograr a vitoria e non sería ata a última sección cando remontaría para subirse ao primeiro caixón do podio; grazas en parte as instruccións do seu experimentado compañeiro. Pola súa banda, Meira (que loitaba pola vitoria) tívose que conformar co terceiro caixón relegado por Caamaño.

Participantes no VI Memorial Manolo Arnoia.

VI Memorial Manolo Carrera O campo Monte da Aira de Velle acolleu o VI Memorial Manolo Carrera de fútbol prebenxamín. A Escola Deportiva Ourense proclamouse campión do torneo despois de vencer na final ao Pabellón por 2-1. Na loita pola terceira praza, esta foi para os vigueses do Santa Mariña que lograron a vitoria diante do Bosco. Barbadás, Coia, La Purísima, UD Ourense, Pabellón B, Velle e A Peroxa foron outros dos participantes. No torneo de benxamíns celebrado o día anterior, o Deportivo da Coruña foi o gañador.


10

Barrios DEPORTIVO 6 de outubro de 2017

ATLETISMO

Rubén Diz na súa chegada a meta na proba da Ponte. /RAMSÉS.

tan o podio polo de agora, Pepe Márquez e José Manuel Corral. En categoría feminina, Iria Fernández é a primeira clasificada. A atleta non poderá faltar á cita deste mes se non quere perder o premio de campioa. Seguea na táboa, Ana María Ocampo, segunda, e Vicky Losada, terceira. Esta categoría está aberta e decidirase na última das carreiras. O título xogarano entre Fernández e Ocampo. Un punto as separa na clasificación (cinco para Iria e seis para

Ana María -quen teña menor puntuación gaña-). A Carballeira O domingo, 22 de outubro terá lugar a proba da Carballeira. Carreira que pechará o circuíto deste ano e aclarará todas as posicións finais. A partir das 12 horas comezará coa proba dos pitufos, para continuar cos benxamíns e alevíns, primeiro, e cos infantís e cadetes, despois, para rematar en torno ás 12:30 horas coa carreira do resto de categorías.

A entrega de premios de todos os vencedores do “Correndo por Ourense” efectuarase no pavillón dos Remedios o 18 de novembro, día no que terá lugar a entrega de dorsais da San Martiño que este ano se celebra o día 19.

A carreira da Carballeira, o 22 de outubro, pechará o “Correndo por Ourense” 2017

Diz gaña na Ponte 4 Ocampo foi a máis rápida das mulleres. Redacción O atleta Rubén Diz continúa dando mostras de superioridades nas carreiras do circuíto de populares “Correndo por Ourense”. O limián volveu a ser o

vencedor nunha delas, na cita da Ponte, penúltima da edición deste ano. Rubén Diz logrou unha clara vantaxe sobre os seus rivais ao final dos 5.700 metros percorridos. O seu tempo foi de 17:23

Ana María Ocampo, na recta final. /RAMSÉS.

minutos. En segundo lugar chegaría Pepe Márquez (18:15) que deixou nos metros finais a José Manuel Corral (18:26), terceiro. Alejandro Montero (18:33) e Julián Romero (18:59) lograron unhas meritorias cuarta e quinta praza, respectivamente. En canto ás mulleres, clara vitoria de Ana María Ocampo ao parar o crono en 21:35 minutos. Vicky Losada remataba na segunda posición (22:18) e Ana Isabel Soutullo facíase coa terceira (22:22). Clasificación En canto á clasificación do circuíto, Rubén Diz xa se proclamou vencedor na categoría absoluta masculina. Diz logrou a primeira posición en todas as carreiras disputadas ata o de agora, polo que podería incluso non participar na derradeira que xa non lle quitaría o título. Comple-

De esquerda a dereita: Vicky Losada, Ana Ocampo e Isabel Soutullo. /RAMSÉS.

Saída da carreira para os benxamíns e alevíns. /RAMSÉS.


ATLETISMO

Barrios DEPORTIVO 6 de outubro de 2017

Andaina a través do patrimonio de Monterrei 4 Celebrarase este sábado 7 de outubro. Redacción

Presentación da segunda carreira das empresas organizada por AJE Ourense. /RAMSÉS.

AJE organiza a segunda edición da “Carreira das empresas” 4 Terá lugar o domingo 8 de outubro. R. Torres A Asociación de Jóvenes Empresarios de Ourense (AJE) organiza a segunda edición da “Carreira das empresas”, que terá lugar o domingo, 8 de outubro. Poderá participar todo aquel que queira, a condición de que se inscriba na web championchipnorte. com a un prezo de 7 euros por participante. Desde a organización confían en superar os 308 inscritos da primeira edición hai dous anos. O percorrido é de 6 quilómetros (pódese facer correndo ou camiñado) e partirá desde o Pazo Paco Paz con final no mesmo lugar. A saída está prevista para as 10:30 horas e discorrerá polo Barbaña, rúas Desengano, Paseo e Santo Domingo, praza Maior, As Burgas, e de novo o Bar-

baña. Os participantes citaranse ás 12 horas en Expourense para a entrega de trofeos e degustar un aperitivo.

O Concello de Monterrei ten todo a punto para celebrar este sábado, 7 de outubro, a cuarta edición da andaina “Viño de Monterrei”. Serán 19 quilómetros para coñecer a riqueza patrimonial deste municipio ourensán. A proba, de dificultade media, comezará ás 10 horas na alameda do Concello de Monterrei e rematará no mesmo lugar. Ao longo do percorrido haberá dous puntos de avituallamento e ao remate da proba as adegas da localidade ofrecerán unha degustación dos seus produtos aos participantes e realiza-

rán sorteos de varios lotes de viño xunto con outros agasallos. Durante a andaina poderase contemplar os tres recursos patrimoniais de maior interese de Monterrei: o Castelo, o río e a igrexa Prerrománica. Para que todo concorra da mellor maneira posible e que non haxa ningún percance a lamentar, ese día traballarán 14 voluntarios distribuídos en diferentes puntos do percorrido para velar pola seguridade da proba. Novidades Como novidade, este ano a andaina ofrece actividades infantís para fomentar a participación dos cativos. Haberá pro-

postas deportivas aptas para nenos e para os pais para que as poidan realizar xuntos. Outra das novidades deste evento é ofrecer aos asistentes a posibilidade de colaborar co Banco de Alimentos de Ourense, achegando ese día alimentos non perecedoiros e alimentos para colectivos de infancia e xuventude.

A andaina ofrecerá actividades infantís para a participación dos máis pequenos

Equipos Pódese realizar por equipos de 2 a 5 persoas (cada empresa ou institución pode anotar tantos grupos como queira). Seguindo coa tendencia solidaria, de cada inscrición destinarase un euro á asociación Down Ourense, entidade seleccionada este ano para este fin e destacada co galardón ao labor solidario nos últimos premios de AJE Ourense.

A carreira terá un percorrido duns 6 quilómetros

Manuel Gallego, Manuel Alfonso, Rosendo Fernández, José Luis Suárez e Marcos Meno, na presentación da IV andaida “Viño de Monterrei”.

11

Pista cuberta Redacción A pista cuberta de atletismo está á espera de que sexa homologada. Posiblemente será a mediados de decembro cando será inaugurada, unha vez se faga oficial a homologación por parte da Federación Española de Atletismo. Reunión Pero antes, este mesmo venres, a Secretaría Xeral para o Deporte, a Federación Galega de Atletismo e Expourense reúnense para abordar o uso que se lle dará á pista. Desde a Federación consideran que unha óptima utilización sería manter a pista aberta durante os meses que van de decembro a marzo. Coa propia Federación Galega xa contactaron desde a estatal para saber se albergaría a nova pista algún evento nacional. Desde a galega non se posicionaron ata non saber cal será o calendario da pista, xa que terá que compaxinarse cos eventos que realiza normalmente Expourense. A Federación Galega considera que hai que rendabilizar a inversión (duns 3 millóns de euros).

As bancadas retráctiles da pista recollidas durante a celebración de Termatalia. /RAMSÉS.


12

Barrios DEPORTIVO 6 de outubro de 2017

POLIDEPORTIVO

O Nova Xestión visita Culleredo

Fútbol gaélico

Mal debut do Auriense FG

Redacción Despois dunha dura pretempada, o Nova Xestión Pabellón Balonmán comeza a Liga esta fin de semana diante do Culleredo. Antes da estrea ligueira, a pasada fin de semana, o equipo local daba por concluida a súa participación na Copa Federación, na que non tiña posibilidades -antes do encontro- de meterse na final a catro. Un bo partido para coller a moral necesaria antes do comezo da competición doméstica. Ao final, os locais venceron ao Poio por sete goles de diferenza (32 a 25). Feminino O sénior feminino colleitou a primeira derrota do curso ao perder na cancha do Carballal. Un gol de diferenza (27-26) privou ás ourensás de puntuar no Loureiro. Esta fin de semana regresan a Vigo para enfrontarse ao Seis do Nadal.

Partido do equipo feminino disputado nos Remedios. /RAMSÉS.

4 Perdeu o equipo masculino e empatou o feminino. Redacción Foto dos mundialistas do Club Ximnasia Pavillón. /CEDIDA.

11 ximnastas ourensáns, seleccionados para o Mundial de trampolín 4 Dez pertencen ao Club Ximnasia Pavillón. Redacción A Real Federación Española de Ximnasia confirmou a clasificación de 11 ximnastas ourensáns para participar na Competición Mundial por idades 2017, que se celebrará en Sofía (Bulgaria) entre os días 16 e o 19 de novembro. Dos ourensáns clasificados, 10 pertencen ao Club Ximnasia Pavillón (en 2015 acudiran sete). Pero deses 10 viaxarán finalmente a Sofía nove. As máis pequenas do equipo pavillonista, Marta Rodríguez Cancio (11 anos) e María FuJú García Varela (11 anos) despois dunha temporada de éxitos foron seleccionadas nos tres aparatos nos que participaban (dobre minitramp, trampolín e sincronismo) na

categoría 11-12 anos. Esta será a súa primeira participación nuns mundiais por idades. Alejandra Braña Barreiros (13 anos), que quedara ás portas nos anteriores mundiais, foi agora seleccionada en dobre minitramp e trampolín, en categoría 13-14 anos. Na categoría de 15-16 anos foron seleccionados Guillermo García Varela (15 anos), en sincronismo; Noa Puente-Dodd Álvarez (15 anos), en trampolín e sincronismo; e María Salas Cid (15 anos) en dobre minitramp, trampolín e sincronismo. Todos eles xa participaran na competición anterior representando a España, aínda que María, Noa e Lucas participarán por primeira vez en trampolín, a modalidade

olímpica. Para Daniel Fernández Méndez (16 anos) en sincronismo este será o seu primeiro mundial. Na categoría de 17 a 21 foron convocados Lucas Domuro Arias (17 anos) en trampolín e sincronismo; e o xa experimentado Eduardo Novelle Man, en dobre minitramp.

Comezou a liga de fútbol gaélico (tanto en categoría masculina como na feminina) para o Auriense e fíxoo con mal pé. Os dous equipos enfrontábanse ante o Herdeiros de Dhais de Lalín. O enorme acerto a paus dos Herdeiros, foi unha lousa imposible de superar. Ao final, contundente vitoria dos vistantes por 3-17 (26) a 6-23 (41). Feminino En canto ao equipo feminino, gran partido o vivido no campo Universitario. Alternancia no marcador que rematou cun xusto empate nun encontro en que calque-

ra puido levarse os puntos en disputa. As táboas permitíronlle ás ourensás puntuar nunha das visitas máis complicadas que terán ao longo do ano; o resultado foi de 5-11 (26) a 6-08 (26). Vindeira xornada O conxunto masculino recibe ao Terras de Eume, de As Pontes de García Rodríguez. Un encontro, a priori, asequible, no que pode chegar a primeira victoria para o Auriense. As mulleres descansan esta fin de semana.

O equipo masculino recibe esta xornada ao Terras do Eume

Os técnicos O técnico de trampolín Iago Covela e a técnica Inmaculada Pazos acompañarán á expedición pavillonista a Bulgaria.

O mundial disputarase en Sofía (Bulgaria) do 16 ao 19 de novembro

Encontro entre o Auriense F.G. e o Herdeiros de Dhais de Lalín.


POLIDEPORTIVO

Barrios DEPORTIVO 6 de outubro de 2017

Mellor na casa

rivais directos. Bembrive Este sábado o conxunto ourensán desprázase ata Bembrive para enfrontarse ao equipo da localidade. Os próximos rivais dos ourensáns caeron derrotados por 2 a 4 na xornada inaugural diante do Embutidos San Esteban Cao.

4 O Campus Rugby Ourense xoga este domingo na universidade. Redacción O Campus Ourense Rugby de División de Honra B xogará este domingo diante do Eibar. O encontro terá lugar a partir das 12 horas no campo do campus universitario. Os ourensáns tentarán que o campo das Lagoas sexa un fortín ao longo desta tempada, e para elo necesitan a vitoria desta xornada diante do conxunto vasco. Xa lograran vencer no primeiro encontro disputado como locais gañando ao Real Oviedo con contundencia (55-14).

Distinto é o que ocorre cando se alonxan das Lagoas; ata o momento, suman dúas derrotas noutros tantos encontros: 17-13 contra o Durango e 30-15 dianta do CRAT Coruña (no primeiro derbi galego da tempada). Agora toca regresar a casa, co seu público, e buscar unha vitoria que lles dea tranquilidade aos pupilos de David Monreal. O AVIA Eibar Rugby ocupa unha posición por debaixo dos ourensáns (oitavo) coas mesmas vitorias (unha) e idénticas derrotas (dúas).

Plantilla do Galmédica Ourense 2017-18.

O Galmédica inicia a Liga con vitoria 4 Estrénase na Segunda División nacional. Redacción Chegar e bicar o santo. Así foi como comezou a súa andadura o Galmé-

dica Ourense na Segunda División nacional do tenis de mesa. O conxunto ourensán disputaba o seu primei-

O Voleibol San Martiño segue a pretempada 4 Comeza a Liga diante do Sayre Mayser de Gran Canaria. Redacción

Encontro do Campus Rugby nas Lagoas./ARQUIVO.

13

Todos os equipos do Club Voleibol San Martiño están apuntalando a forma física nesta pretempada de cara a estar no mellor estado de forma para cando comeze a competición oficial. A pasada fin de semana varios equipos do club disputaron amigables na

pista da Carballeira. No partido entre os infantís femininos do Barco (2ª división) e do IES As Lagoas (3ª división) venceron as segundas por tres sets a cero. O segundo encontro disputárono as xuvenís do Dompa Gestión (2ª división) e de novo o IES Lagoas (de Terceira). Nesta ocasión a vitoria,

ro encontro na categoría no Paco Paz. O inicio foi tan positivo que gañou con contundencia nesta primeira xornada. Endosoulle un 5 a 1 ao A.D. ZAS da Coruña. Os puntos repartíronse entre Emilio Diéguez, dous; Antonio Gómez, dous; e un de Rodrigo Álvarez. A importancia desta vitoria reside en que, a priori, os coruñeses son

Liga O grupo da Segunda División nacional na que está encadrado o Galmédica está formado por 12 equipos galegos. Haberá 22 xornadas nas que se enfrontarán todos contra todos a dobre partido. Ao remate da fase regular, os primeiros clasificados de cada grupo xogarán contra os do resto de grupos do territorio nacional.

por 3 a 0, foi para as primeiras.

tivo O Pompeo. Pola súa banda, o Dompa Gestion visita ao Xuvenil Teis na primeira xornada da 1ª división Autonómica sénior.

Liga O Hemisferios Ribeira Sacra CVO debuta esta fin de semana na Primera división Femenina (Grupo A). Farao na casa diante do Sayre Mayser. O partido dará comezo ás 12 horas do domingo, 8 de outubro, na polidepor-

Este domingo o CVO recibe ao Sayre Mayser, ás 12 h no Pompeo

Partido na Carballeira dun filial do CV San Martiño.


14

Barrios DEPORTIVO 6 de outubro de 2017

NOVAS

Ourense acollerá a Semana do Baile Deportivo 2018 4 Contará coa presenza duns 3.000 participantes de toda España. Redacción A provincia de Ourense acollerá do 22 ao 29 de xuño de 2018 a “Semana do Baile Deportivo”, un evento que reunirá a uns 3.000 participantes de toda España e que terá lugar no Pazo dos Deportes Paco Paz e en Expourense. Neste sentido, o presidente do goberno provincial, Manuel Baltar, recibiu no Pazo Provincial ao

O Campionato terá lugar do 22 ao 29 de xuño de 2018

presidente da Federación Española de Baile Deportivo, Luis Vañó, con quen asinou un protocolo de colaboración para a celebración deste evento, que dará comezo o 22 de xuño coas roldas previas do Campionato de España de Danza Coreográfica. Candidatura A provincia de Ourense presentara a súa candidatura a ser sede destes campionatos no pasado Campionato Nacional da Federación Española de Baile Deportivo que tivo lugar en Valencia, unha candidatura apoiada pola

Deputación de Ourense. Manuel Baltar destacou o posicionamento da provincia de Ourense neste evento co Trofeo Nacional “Ourense provincia termal”, “que contribuirá a seguir potenciando a marca Ourense no ámbito do turismo, o deporte e o termalismo, cunha actividade que, no seu conxunto, atraerá a miles de persoas á nosa provincia”. Pola súa banda, o presidente da Federación Española de Baile Deportivo, Luis Vañó, destacou a importancia “de contar co apoio da Deputación de Ourense, no que será un dos grandes eventos deportivos do ano”. A Deputación colaborará cunha achega económica do seu orzamento de 2018 para cofinanciar esta actividade e o Congreso Internacional de Baile “Ourense provincia termal”, que se convocará paralelamente a este evento deportivo, o cal se realiza por primeira vez en España de modo conxun-

O presidente da Federación Española de Baile Deportivo, Luis Vañó, e o presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, firmando o convenio de colaboración para que se celebre o Campionato Nacional en Ourense.

to, e tamén facilitará as instalacións do Pazo dos Deportes “Paco Paz” para celebrar os campionatos deportivos, así como os concertos que se desenvolvan con motivo do congreso. Programa Ao día seguinte celebrarase o Trofeo Nacional “Ourense Provincia Termal”, así como os campionatos nacionais de hip-hop, latinos, caribeños e a final do Campionato de España de danza coreográfica. O día 24 de xuño terá lugar o Campionato de España de line dance e a Copa Promoción latinos e standard. No marco deste evento terá lugar tamén o Congreso Internacional de Baile “Ourense provincia termal” e un campus de verán. A Semana do Baile Deportivo Ourense 2018 traerá a Galicia por primeira vez todas as modalidades integradas en competición da Federación Española de Baile Deportivo, recoñecido como disciplina Olímpica. Trátase dun deporte crecente en España e no resto de Europa, sendo Galicia a segunda comunidade en número de licenzas activas, tan só por detrás de Cataluña. A provincia de Ourense conta co Club Deportivo Moovet que vén de posicionarse cunha parella de bailaríns de 15 anos como campións de España en sala cuban style e subcampións en ritmos caribeños na categoría júnior, sendo esta a primeira vez que concorrían nun certame nacional.

Os tres representantes ourensáns da Coruña 10000.

Tres ourensáns na Coruña 10000 4 A décima edición da travesía a nado. Redacción O domingo 1 de outubro remataba a tempada de travesías a nado en Galicia coa celebración da 10ª Travesía a nado Coruña10000. Á mesma, asistiron tres nadadores ourensáns entre os 125 que finalizaron a proba. En palabras dos participantes, trátase dunha das travesías máis esixentes pero de máis beleza das que existen na nosa comunidade autónoma. O “reto oceánico”, como así o denomina a organización, consiste en nadar aproximadamente 10 km en augas do Atlántico na costa coruñesa, partindo da praia de Orzán para chegar ao porto da cidade. Este ano, debido ao estado do mar en Punta Herminia e a zona da Torre de Hércules, a organización decidiu que se realizase o percorrido alternativo, partindo do porto e pasando polo

martelo, castelo de San Antón, punta do dique de abrigo, ensenada de San Amaro e volta ao lugar de partida. As condicións tampouco foron ideais e así o viviron os tres ourensáns cando, antes de deixar o dique de abrigo, xa notaban a ondada que, nuns metros, fíxose máis forte e molesto para nadar. Os ourensáns A representación ourensá estivo formada polos nadadores Rafa Tabarés Domínguez (club Portamiñá) que terminaba cun tempo de 3 horas e 3 minutos a súa terceira participación nesta travesía en Coruña; Miguel Carballo González (Triourense) cun tempo de 3 horas e 16 minutos que se estreaba tanto na distancia como na proba; e Felipe Iglesias Mira (Club Natación Pavillón Ourense) que, na súa cuarta participación en Coruña, rematou en 3 horas e 20 minutos.


NOVAS

Barrios DEPORTIVO 6 de outubro de 2017

15

Barrios DEPORTIVO. Edita: Letras a la Carta S.L. CIF: B-32.323.925. Depósito Legal: OU 185-2009. Redacción: r/ Bedoya, 7, 1º, of. 6 - 32004 Ourense. Tel: 988 04 53 52 / 685 969 546. Correo-e: deportes@periodicobarrios.com. Distribúe: Lebre Mensaxeira. Imprime: Publicaciones Tameiga. Director: Ramsés Torres. Director comercial: Miguel Rejo. Redacción e fotografía: Ramsés Torres, Miguel Rejo. Colaboracións: C. Domarco. Nº166- Ano: IX - 6 de outubro de 2017 - Difusión: 5.000 exemplares Este periódico non pode ser reproducido nin total nin parcialmente, sen autorización previa da empresa editora Letras a la Carta S.L. Impreso en papel 100% reciclado. Se ten algún problema co reparto, pregámoslle que nolo comunique no teléfono 988 04 53 52 / 685 969 546.

O PP de Barbadás pide ao Concello o arranxo dos Carrís 4 Insta ao alcalde a aproveitar a colaboración de Xunta e Deputación. Redacción O grupo popular de Barbadás reclamará ao grupo de Goberno un “compromiso firme” para arranxar as instalacións do campo de fútbol dos Carrís, obras que a Unión Deportiva de Barbadás cifrou en 300.000 euros. Por iso, pedirá no pleno de outubro o compromiso dunha partida de 100.000 euros para completar as achegas prometidas desde a Xunta e a Deputación

(100.000 euros cada entidade) para melloras tanto no campo de fútbol 11 coma no de fútbol 8.

O PP de Barbadás pide ao Concello que aporte uns 100.000 para as melloras do campo dos Carrís

Partido de fútbol do Barbadás disputado nos Carrís esta tempada. /ARQUIVO.

EN BREVE 4 Taekwondo

Presentación da proba “Marrocos on bike 2017” na que participarán integrantes do Club Dúas Rodas de Ourense.

O club ourensán “Dúas rodas” marcha a Marrocos 4 O club ciclista participará na proba de BTT ‘Marrocos on bike 2017’. Redacción O Clube Ciclista Dúas Rodas representará a Ourense na prestixiosa proba de BTT ‘Marrocos on bike 2017’. A sétima edición desta proba disputarase entre o 7 e o 14 de outubro e constará de 5 etapas, desde o Atlas ata as portas do Sáhara en Mergouza. Sen dúbida algunha é unha das competicións de maior sona internacional neste mundo deportivo que é o da BTT. O alcalde de Ourense quixo, na presentación do evento, ter unhas palabras para os ourensáns participantes. “En total serán 430 quilómetros

de aventura, esforzo, desafío e moita emoción. O Clube Ciclista Dúas Rodas de Ourense levará o nome da nosa cidade e da nosa provincia a esta proba de prestixio mundial, participando por primera vez con catro membros que parten para Marrocos”, explicaba o rexedor. Os integrantes do equipo son: Francisco Gil, Juan Antonio Saínza, José Antonio González e José Manuel Blanco. Este último declaraba que o “adestramento na lama é moi importante para participar na area”, dixo, ao mesmo tempo que “os adestramentos son máis importantes que a proba,

xa que o noso obxectivo é rematar”. Proba Todos eles participarán individualmente nas súas respectivas categorías de máster 40 e 50, ademais de facelo tamén na categoría por equipos, que contabiliza o tempo dos tres primeiros de cada equipo.

A proba terá lugar do 7 ao 14 de outubro e vai do Atlas ata as portas do Sáhara, en Mergouza

A pasada fin de semana celebrouse no Pazo dos Deportes Paco Paz o Open de Ourense de taekwondo. Para os ourensáns o resultado non puido ser mellor. Así, María Ferreiro e Julián Feijoo lograron sendos ouros na categoría cadete; ao igual que María González, en júnior. Julio Iglesias logrou a prata en cadete, e Fátima Martínez o bronce na mesma categoría.

4 Hípica O día 12 de outubro, o hipódromo de Antela acolle a quinta xornada das carreiras de cabalos que se disputan en devandita sede. Trátase de carreiras ao galope. Previamente, o domingo día 8, celébrase a primeira Copa Deputación de Ourense de doma clásica. E no hipódromo de Vilamarín, o día 15, dispútase a quinta xornada de enganches.

4 Xadrez Este sábado, 7 de outubro, o Club de Xadrez Ateneo de Ourense organiza o Open de Xadrez Activo “Xosé Henrique Rodríguez Peña”. O local de xogo será no Centro Cultural Marcos Valcárcel.


Barrios DEPORTIVO 6 de outubro de 2017

Bd 166  

No número 166 sacamos en portada o regreso do COB ao Pazo Paco Paz. Un COB 2017-18 renovado na súa plantilla e con ganas de facer gozar aos...

Advertisement