Issuu on Google+

Jorge Encinas, 6º no nacional de carabina tres posicións CD OURENSE

Páx.2

XIMNASIA

Páx.8-9

Equilibrios na cancha Equilibrios nos despachos As acrobacias que se viron no Torneo de Primavera de ximnasia palidecen comparadas coas que ten que realizar o CD Ourense para asegurar a súa pervivencia.

I Carreira Popular Vila de Ribadavia [páx.3]

Número: 99- Ano: VI - 23 de maio de 2014 - Depósito Legal: OU 185-2009 - Periódico quincenal de distribución gratuíta - www.periodicobarrios.com BARRIOS DEPORTIVO volve repartirse a partir do 6 de xuño. Se quere anunciarse consulte no 685 800 190.




BARRIOS DEPORTIVO 23 de maio de 2014

4EDITORIAL

Chéirame a min... Fai unhas semanas o CD Ourense era un enfermo que ninguén quería e estaba ao borde da desaparición. Tres semanas despois fálase de cinco grupos interesados en facerse cargo. Abraiante! Un grupo ruso que mandou un mail, incrible!; un grupo chinés que chegará a vindeira semana, previo paso por Madrid, non dou crédito!; outro grupo de empresarios ourensáns, románticos do Ourense, que non queren que desapareza, que bonito!; o ex presidente, Manolo Seoane, que podería vir cun empresario como cabeza visible, emoticono asombrado! e o único que deu a cara publicamente, un grupo investidor arxentino e suízo con Anibal Pereira como interlocutor, sen palabras! Está claro que se todos están interesados en CD Ourense terán que reunirse coa xefa territorial de recadación de Hacienda. Vaia traballiño pode levar ter que escoitar a todos eles coas súas incribles propostas de plan de viabilidade, únicas e mellores que as anteriores e as dos demais. Pódome equivocar, faltaría máis, pero cheira mal, moi mal. Os rusos (tamén se di que poden ser ucraínos) non parecen unha opción fiable. Dos chinos haberá que agardar á vindeira semana se aparecen por Ourense. E os empresarios ourensáns namorados do CD Ourense pode que queden en nada. Así que quedaremos coas outras dúas opcións: Aníbal Pereira e Manolo Seoane. Aló polo verán de 2011 Aníbal entrara no club con Manolo Seoane aínda de presidente; sete meses máis tarde viuse na obriga de marchar aducindo presións para facelo. Ao rematar a campaña o alcalde da Peroxa marchou sen importar

se CD Ourense desaparecía ou non. Dous anos máis tarde o club volve estar ao borde da desaparición. Durante uns días, un par de semanas, ninguén parecía interesado (salvo os rusos, pero deses non imos falar máis neste editorial) e parecía que este era o verán no que se pecharían as portas rojillas. Pero non todo estaba perdido. Apareceu Pereira co seu grupo explicando as intencións que teñen de tomar as rendas do equipo. E outra iniciativa perdeu tempo en facerse escoitar, iso sí, na sombra. Raro parece que, outra vez, saia Aníbal Pereira, e deseguido apareza Seoane, non si? E os donos Cheirame a min que os donos pouco ou nada están interesados na súa propiedade. Nada diría eu, e se desaparecera sería un problema que quitarían do medio. Para eles o malo é que apareza alguén interesado en comprar a maioría das accións -nese momento si están interesados-. Entón teñen que mover novamente a súa maquinaría para colocar a alguén que non se mova moito e deixar as cousas como están. E así unha e outra vez, como se estivéramos a vivir un “día da marmota” ou un “déjà vu” perpetuo. O club non desaparece, cousa boa, pero o club segue a ter esa casposidade da que non se dá desprendido mentres non se aposte seriamente por el. Os directivos en funcións intentárono, pero unha mala planifación no orzamento e un exceso de optimismo acabaron co proxecto antes de tempo. Insisto, cheirame a min que me cheira mal.

FÚTBOL

Máis vidas que un gato? 4 O CD Ourense vive o enésimo verán no que a súa continuidade como club está no aire. R. Torres O Club Deportivo Ourense ten máis vidas que un gato? Un verán máis, o enésimo, o club rojillo vive coa incertidume de se desaparece ou continúa vivo. Hai unhas semanas, os afeccionados pediron a dimisión do Consello de Administración, e así se fuxo de xeito fulminante (aínda que se fará efectiva o 18 de xuño cando se celebre a asamblea). A partir dese momento todo tipo de especulacións circularon pola cidade das Burgas. Moitos rumores e unha soa certeza sobre a mesa. Os rumores chegan desde lugares tan lonxanos coma Rusia ou mesmo un país emerxente -China?-, e outros máis próximos desde A Peroxa. E unha certeza, a de Aníbal Pereira co seu grupo inversor arxentino e suízo. Os rusos aínda chamaron ao teléfono dos directivos interinos esta mesma semana; os chinos parece ser que aterrizarán en Ourense a semana que vén e o de Manolo Seoane (alcalde da Peroxa) é outro cantar. Un cuarto rumor é o dun grupo de empresarios ourensáns que collerían o club antes de que desaparecera, por puro romanticismo, no que podería estar o ex presidente Juan

Iker Alegre disputando un balón con varios rivais do Logroñés durante o último partido da tempada celebrado no Couto./R.T. Pérez. Anibal e o seu grupo A certeza é o novo intento de desembarco no Couto do ex xogador Aníbal Pereira. É o único que saiu publicamente dicindo que estaba interesando en CD Ourense. Na primeira ocasión entrou no verán de 2011 cun grupo co que saíu antes de rematar o ano (antes da asamblea de decembro renunciaron a entrar no Consello de Administración, en parte, torpedeado polo entón presidente do Ourense, Manolo Seoane). Con eles foise o adestrador da primeira plantilla, Patxi Salinas, que deixaba o banco cando o equipo marchaba na primeira posición. Nesta ocasión posicio-

O 18 de xuño o Consello de Administración en funcións dará o relevo a quen decida tomar as rendas do CDO

nouse claramente para coller as rendas do club, pero respaldado, nesta segunda intentona, por un grupo inversor con capital arxentino e suízo. Os puntos chave para facerse coa entidade son, sobre todo, tres. O primeiro deles é a reunión con Hacienda deste venres 23 de maio, na que tentarán rebaixar as pretensións desta, que reclama a metade da débeda (400.000 euros) de xeito inmediato. O segundo dos puntos é o de facerse coa maioría das accións, polo que terían que negociar cos donos do club se están dispostos a vender. E unha vez que consigan o 51% do accionariado, o seguinte paso sería a ampliación de capital ata chegar ao 85%, co que pretende facerse este grupo inversor. E un terceiro punto sería o de falar cos acreedores minoritarios e proporlle unha

quita (na que lle ofrecerían menos cantidade de cartos do que se lles debe). Pereira, na xuntanza que tivo cos medios de comunicación, xunto co seu compañeiro, Francisco José Vázquez-Bürger, afirmou que o seu grupo soltaría 650.000 euros en canto aterrizaran no Couto. Parte dese diñeiro era para pagar as nóminas que se lles adebedan aos xogadores; os cales xa están a facer as denuncias ante a AFE, polo que o tempo corre en contra de quen finalmente colla o mando. Asamblea E con toda esta voráxine de rumores, o 18 de xuño producirase unha asamblea na que o Consello de Administración en funcións retirarase e deixará vía libre para quen queira coller o Club Deportivo Ourense.


BARRIOS DEPORTIVO 23 de maio de 2014

ATLETISMO



O Couto, preparado para a súa carreira 4 O 31 de maio disputarase neste barrio a segunda proba do “Correndo por Ourense”.

Ribadavia estrea carreira popular

R.T.

4A vila acolleu esta primeira edición o 18 de maio. R. Torres Nunha mañá cun sol de xustiza celebrouse a primeira edición da carreira popular Vila de Ribadavia o pasado 18 de maio. Así, a vila do Ribeiro únese ao numeroso grupo de vilas ourensás e galegas que contan cunha carreira popular polas súas rúas e contorno. Esta primeira edición contou con tres probas: unha para as categorías benxamín e alevín dun quilómetro; outra para os infantís e cadetes de dous quilómetros e a proba absoluta de 8.500 metros, aproximadamente. As dúas primeiras foron enteiramente dentro do casco urbano. A proba absoluta comezou na praza Maior para percorrer as rúas do barrio xudeu e baixar ata a área da Veronza, e de alí, proseguir polo paseo do Miño. Do paseo subirían ata Francelos para enfilar novamente ata Ribadavia pasando polas rúas da fermosa vila ata rematar onde comezou, na praza Maior. Categorías inferiores Na carreira benxamín

- alevín o vencedor foi Alejandro Blanco, sendo a primeira muller Vania Fernández. Remataron a proba 43 participantes. Na carreira dos infantís e cadetes, David Negreira e Nayeli Iglesias foron os gañadores. Remataron 20 nenos e nenas. Proba absoluta Na proba absoluta, Javier Paredes (da Sociedad Gimnástica de Pontevedra) e Ariana González Verde (de SA Tegra) venceron en categoría masculina e feminina, respectivamente.

Paredes estivo durante os primeiros quilómetros dentro do grupo de cabeza, ata que a falta de pouco máis de dous quilómetros tirou e ninguén puido seguir o seu cambio de ritmo. O seu tempo en meta foi de 31:42 minutos. En segunda posición chegaría o atleta do Atletismo Arenteiro, Jaime Noguerol (32:26) e terceiro, Roberto Espiña (32:30) do Club Deportivo Aurum. Máis dun minuto despois de rematar a primeira clasificada entrou en

meta Silvia Rodríguez (Ourerunning) na segunda posición (38:11). Terceira foi a tamén atleta do Ourenrunning, Ángeles Rodríguez (40:11). Nesta proba absoluta participaron un total de 184 atletas; un deles foi descalificado por non completar todo o circuíto.

Javier Paredes e Ariana González foron os vencedores da proba absoluta

O sábado 31 de maio disputarase no barrio do Couto a segunda proba do circuíto de carreiras populares “Correndo por Ourense”. Esta será a única proba, das seis coas que conta o circuíto, que se celebrará en sábado. Comezará ás 21 horas coa carreira de pitufos; ás 21.10 horas será o turno dos benxamíns e alevíns que percorrerán 1.200 metros. Sobre 2.400 metros será a distancia da proba dos infantís e cadetes, que terá lugar ás 21.15 horas; e ás 21.30 será o turno para a proba absoluta sobre un percorrido de 6.100 metros. A absoluta terá a súa

saída e chegada na rúa Dalí (igual que as das demais categorías). Haberá que dar tres voltas a un percorrido que pasará polas rúas Ervedelo, Juan de Anges, Remedios, Antonio Puga e Dalí para completar os 6,1 km. Líderes Despois da disputa da primeira proba do circuíto celebrada no barrio do 21, os líderes da proba absoluta son Javier Paredes e Ana María Ocampo. Paredes xa foi o gañador da terceira edición, mentres que Ocampo irrumpiu con forza este ano coa intención de conseguir ser a vencedora. As mellores atletas ourensás, Sonia Teijeiro e Iria Fernández, parece que lle dan vía libre ao non participar na primeira carreira.

Xuño, mes das populares 4 En Sandiás, Xinzo e Celanova. Redacción

Á esquerda, Javier Paredes, vencedor da proba. Á dereita, os irmáns Espiña, do Club Deportivo Aurum, terceiro e cuarto clasificado./R.T.

Se hai un mes no que predominan as carreiras populares ese é, sen dúbida algunha, o de xuño. Xa o día 1 celébrase a carreira Torre do Castro en Sandiás, que chega á súa quinta edición. Esta carreira ten un percorrido duns 8 quilómetros na categoría absoluta. Esta edición estrea clasificación por equipos, que deberán

ter obrigatoriamente unha muller como mínimo entre os seus compoñentes (4). O día 14 será o turno da carreira nocturna de Xinzo, que conta cun percorrido de pouco máis de 6 quilómetro na proba absoluta. O día 28 celébrase a carreira nocturna de Celanova, na que deberán cubrir un percorrido de 8 quilómetros. E o 29 disputarase a terceira do “Correndo por Ourense”.




BARRIOS DEPORTIVO 23 de maio de 2014

FÚTBOL SALA

España, campioa en Moscú 4 Vence a Rusia e lévase o Torneo Internacional Día da Vitoria de Moscú. Redacción

Último partido disputado na casa contra o Rioja./RAMSÉS

Agardando o final de Liga 4 Sen nada en xogo, o Ponte Ourense espera sacar adiante os dous encontros que restan para que finalice a tempada. R. Torres O Ponte Ourense é un dos equipos da Primeira División de fútbol sala que está agardando o final de Liga. Sen nada en xogo o Ponte Ourense espera sacar adiante os dous encontros que restan para que finalice a tempada. Todo gracias a que a Real Federación de Fútbol Española decidiu esta tempada que os equipos participantes na Copa de España pasasen de oito a catro. E iso fixo que moitos equipos leven xornadas sen xogarse nada, entre eles, o Ponte. O único que lle queda ás de Óscar Vivián é partido a partido buscar unha vitoria que as coloque o máis alto na táboa posible. Atlético de Madrid Contra o Atlético de Madrid, as pontinas foron moi correosas, pero perderon

pola mínima (3-2) ante un conxunto que se está a xogar o título co Burela. No minuto tres as locais xa mandaban no marcador cun gol de Anita Luján. Na primeira metade costoulle moitos minutos ás albinegras contrarrestar o xogo do seu rival. A insistencia levou igualar a contenda ao fío do descanso por mediación de Drica, de pontente disparo. Pero nos primeiros instantes da reanudación, as colchoneiras adiantábanse novamente, esta vez cun gol de Natalia de vaselina ao ver a Vanesa adiantada. No minuto 31 Drica era expulsada e a superioridade as madrileñas aproveitaron a superioridade numérica para facer o terceiro gol, obra de Ro. A cinco minutos para o final, e con Óscar Vivián apostando polo xogo de cinco, Souza acurtaba distancias dando emoción ao

O Ponte ten que xogar contra o Móstoles en casa e contra Amarelle fóra tramo final do encontro. As locais contemporizaron ata o pitido final o encontro e levaronse unha vitoria que as achega ao título ligueiro. Con sumar un só punto nos dous últimos encontros sería suficiente para proclamarse campioas. O Ponte Ourense é sétimo con 43 puntos e tan só podería subir un posto na clasificación. Dúas xornadas Restan dúas xornadas de Liga, nas que ao Ponte tócalle xogar contra o Móstoles na casa, e visitar ao Viaxes Amarelle. Ambos rivais xóganse a permanencia.

A selección española de fútbol sala feminino impúxose no Torneo Internacional Día da Vitoria de Moscú despois de vencer na xornada final á anfitrioa, Rusia, por 2 goles a 0. O combinado nacional salda o cuadrangular con tres vitorias noutros tantos partidos, ante Irán (02), Hungría (0-5) e Rusia (0-2), sen encaixar ningún tanto en contra e tras anotar 9 goles. España reedita vitoria neste torneo como fixo en 2011. A xogadora ourensá Lucía Nespereira dispuxo de minutos durante este campionato internacional. España - Rusia España comezou dominando o decisivo encon-

Primeira División FSF - 28ª xornada Posto Equipo Puntos 1º At. Madrid 75 2º Burela 70 3º Alcorcón 65 4º Alicante 53 5º Roldán 52 6º Rioja 45 7º Ponte Ourense 43 8º Gironella 43 9º Poio 37 10º CidadeAs Burgas 31 11º Móstoles 28 12º Orvina 27 13º Amarelle 26 14º Soto del Real 25 15º Ferrol 20 16º Vallirana 3

tro ante Rusia, aínda que as españolas non conseguían chegar con claridade á área local, ata que aos catorce minutos de partido Natalia Flores culminaba en gol un certeiro remate tras unha boa xogada ofensiva. No segundo acto, o combinado anfitrión dirixido por

Eugeny Kuzmin optou por tratar de imprimirlle maior intensidade ao seu xogo, pero a súa falta de acerto e a indefinición do encontro obrigaban ao equipo ruso a optar polo xogo de cinco, que aproveitaba España para facer o definitivo 0 a 2 grazas a Ceci.

Momento do choque entre España e Rusia na final.

4 Xornada 29 - 17 de maio Orvina - Burela Gironella - Vallirana Ponte Ourense - Móstoles Soto del Real- Cidade As Burgas Alcorcón - Alicante Poio - Rioja Roldán - At. de Madrid Ferrol - Amarelle

4 Xornada 30 - 31 de maio At. de Madrid - Poio Cidade As Burgas - Ferrol Móstoles - Roldán Rioja- Gironella Burela - Alcorcón Alicante - Soto del Real Amarelle - Ponte Ourense Vallirana - Orvina


BARRIOS DEPORTIVO 23 de maio de 2014

FÚTBOL SALA

Un partido para a salvación 4 O Cidade enfróntase ao Soto del Real, e incluso perdendo pode salvar a categoría. R. Torres O Cidade As Burgas está a un partido da salvación. Esta fin de semana dispútase a penúltima xornada da Primeira División do fútbol sala na que o Cidade visita ao Soto del Real. As ourensás están seis puntos por enriba do descenso di-

recto que o marca o propio Soto. O Cidade ten 31 puntos por 25 do Soto. Restan dúas xornadas e seis puntos por disputar, polo que puntuando neste encontro as de Manolo Codeso salvarían a categoría. Pero tamén a salvarían perdendo, pero por menos de catro goles, xa que no

partido da primeira volta as galegas venceran por 5-1 ás madrileñas. Nesta xornada, unha derrota do Amarelle ou do Orvina tamén suporía a salvación das franxiverdes. O Soto chega a este encontro coa moral polas nubes logo de vencer na pasada xornada por 1-8

María Arias cotrolando un balón no partido contra o Alcorcón./RAMSÉS

no campo do Valdetires Ferrol, o que fixo que as departamentales estean ao borde do descenso. No conxunto madrileño militan xogadores de gran calidade como Patri García e Pitu, con 14 e 13 goles respectivamente. Seis equipos para dous descensos Non só Cidade e Soto se xogan a permanencia. Tamén hai inmersos nesa loita catro equipos máis. O que mellor o ten é o Cidade con 31 puntos, despois está o Móstoles con 28, con 27 atópase o Orvina e con 26 o Amarelle fóra da zona de descenso. En descenso están o Soto, con 25 puntos, e o Valdetires Ferrol con 20 e virtualmente descendido. Nesta penúltima xornada, o Orvina recibe ao Burela, que apura as últimas opcións de loitar polo título; o Móstoles visita ao Ponte Ourense e o Amarelle ao Ferrol nun duelo fraticida pola permanencia.



4 Axenda deportiva Fútbol

- Día 24 de maio -Os Carrís- 17.30h - Barbadás B Ourense B. Copa Deputación. - Día 25 de maio - Campo do Souto, San Cristovo-. Triangular homenaxe a Marcial Díaz González cos equipos do Ribeiro FC, Barbadás e selección do Ribeiro.

Fútbol sala

- Día 24 de maio - Os Remedios -17.00 h- Ponte Ourense - Móstoles. 1ª División. - Día 31 de maio - Os Remedios -17.00 h- Cidade As Burgas - Valdetires Ferrol. 1ª División.

Atletismo

- Día 24 de maio - Monterrei - Campionato Provincial Escolar. - Día 30 de maio -Pistas Campus universitario- 7ª xornada Copa Deputación. - Día 31 de maio - Ourense - Carreira do Couto. IV Circuito Carreiras Populares Correndo por Ourense. - Día 1 de xuño -Sandiás- 10.30 h - V Carreira Popular Torre do Castro.

Tiro

- Día 25 de maio - Club de tiro Eiroás - Campionato Autonómico social pistola 9mm. - Días 31 de maio e 1 de xuño - Copa Deputación de pistola e carabina neumática.

Ximnasia

- Día 24 de maio - Celanova - Copa Deputación de Ximnasia.

Andaina

- Día 1 de xuño - Castrelo de Miño - 9.30 h - Andaina. - Día 6 de xuño - Ourense - 20.30 h - Andaina nocturna.




BARRIOS DEPORTIVO 23 de maio de 2014

NATACIÓN / DUATLÓN

Alex, Rafa, Emilio e Mauro, quintos no relevo con tubo.

Sexto posto para o Club Salvour

4 Na terceira xornada da Liga de salvamento deportivo. Redacción O club ourensán Salvour logrou a sexta posición na terceira xornada da Liga de salvamento deportivo disputada na praia da Ladeira en Baiona (Pontevedra).

Participaron 11 clubs de toda Galicia nesta xornada de augas abertas, sendo o Salvour o único representante ourensán. En categoría sénior, o Salvour foi sexto a un só punto do quinto clasificado

Os ourensáns tentarán mellorar a sexta posición por equipos da pasada xornada e lograr algún podio individual

(o PC Sanxenxo). O podio foi copado por Salvar (Arteixo), Sapo (Salvamento Pontevedra) e Sasa (Salvamento Sada), como primeiro, segundo e terceiro, respectivamente. As mulleres foron terceiras no relevo de tubo. Andrea González, María Estrada, Ángela Dopereiro e Alba Vázquez foron as integrantes. Todas elas

participaron na final de bandeiras, Dopereiro foi sétima en júnior; Estrada e Vázquez, oitava e novena, respectivamente, en sénior. O relevo de tubo de rescate composto por Rafael Tabarés, Emilio Boo, Mauro Rodríguez e Alejandro López foi quinto, mentres que o equipo formado por Víctor Piñeiro, Jesús Quintas, Noé e David González remataron na oitava posición. Noé Martínez foi cuarto en bandeiras. Outros resultados O debutante David Rey obtivo a novena posición na final de bandeiras. As cousas non saíron ben na proba de carreira con táboa, na que nin Emilio Boo, nin Víctor Piñeiro nin Rafael Tabarés lograron puntuar. Nas categorías escolares disputáronse as probas de bandeiras, nadar-surf, relevo de sprint de praia e relevo de tubo de rescate. David Paredes Fuentefría foi o mellor dos ourensáns logrando a oitava posición en bandeiras alevín; Xián Breogán clasificouse na final dos 16 mellores. Pola súa banda, Carla Rodríguez e Uxía Conde participaron na semifinal de bandeiras.

Dous deportistas do Triourense representarán a España 4 No Mundial de duatlón. Redacción Dous deportistas do Triourense representarán a España no Mundial de duatlón. A proba disputarase en Pontevedra o domingo 1 de xuño. Eles son Servando Pardo e Ángel Chaparro. O primeiro participa na categoría sprint e o segundo na distancia curta. Pardo participará en sprint (5 quilómetros correndo, 20 en bici e 2,5 quilómetros correndo) no rango de 40-44 anos. Pola súa banda, Ángel Chaparro faráo na distancia curta (10 quilómetros correndo, 40 en bici e 5 km

Vindeira cita O sábado 24 de maio disputarase unha nova xornada na mesma praia de Baiona, na que o Salvour buscará mellorar a sexta praza lograda en sénior; ademais de lograr algún posto de podio nas probas de sprint e nadar-surf.

David Paredes, á dereita, na proba de bandeira.

A vindeira cita para o Salvour será o 24 de maio en Baiona

Ángel Chaparro.

correndo) no rango de 30 a 34 anos. Tanto para Pardo como para Chaparro é unha satisfacción ter logrado a clasificación para este mundial e representar ao seu país. Ángel Chaparro confesounos que xa está desexando que chegue o 1 de xuño e participar no que será o seu primeiro mundial. Ironman O deportista da Estrada afincado en Ourense Juan Luis González “Chucu” participou no Ironman de Lanzarote empregando un tempo cercano ás 13 horas. Chuco entrou na posición 885.


BARRIOS DEPORTIVO 23 de maio de 2014

POLIDEPORTIVO

posición. Iván confirmou, unha vez máis, o seu gran estado de forma, nesta ocasión nunha proba de máximo nivel estatal. E iso que é o seu primeiro ano na categoría. A pesar de sufrir un par de caídas, o da Escola JA Hermida terminaba entre os primeiros.

Iván Feijoo.

Iván Feijoo, sexto no Open de España 4 De BTT XCO celebrado en San Llorenç de Moruyns. Redacción O cadete Iván Feijoo acudía a pasada fin de semana ao Open de España

de BTT XCO, celebrado na localidade catalana de San Llorenç de Moruyns, en pleno Vall de Lord. Nesta ocasión terminou na sexta

Montes de Coruxo O CC Maceda acudiu cos deportistas máis novos ao V Mini BTT Montes de Coruxo, na que participaron máis de 250 ciclistas de toda Galicia. A ourensá Aida González foi a vencedora da proba alevín, mentres que Noela Saa (alevín) e Artai Gavilanes (prebenxamín) subiron tamén ao podio. Abel Franco foi quinto en cadetes. Esta fin de semana celebrarase unha nova proba de BTT e mini BTT en Dumbría.

Copa de España de piragüismo Redacción

O Rali de Ourense celebrarase o 13 e 14 de xuño.

O Rali de Ourense abre o período de inscrición 4 Pecharase o 4 de xuño. Redacción

No centro do podio, Aida González, vencedora alevín en Coruxo.

Conta atrás para a marcha de BTT Val de Monterrei 4 A súa sétima edición terá lugar o domingo 1 de xuño. R. Torres O vindeiro domingo 1 de xuño celebrarase a sétima edición da marcha de BTT Val de Monterrei. O Club BTT Verín é o organizador do evento, que contará con dous percorridos. Un deles será de dificultade media cunha distancia de 35 quilómetros, e o segundo de 60 quilómetros e dificultade media-alta. Aínda que a velocidade é libre non se pode adiantar ao vehículo que vaia abrindo a proba e non ten carácter competitivo. O percorrido da proba

transcorre na súa maior parte por camiños rurais e forestais do Val de Monterrei, existindo cruces con tramos de estradas nos que se extremará a precaución. A saída efectuarase as 9:30 horas no complexo deportivo da Granxa, en Verín. Inscrición A inscripción farase a través da páxina web do club (http://bttverin.com) e posteriormste o ingreso na conta do Club BTT Verín de La Caixa. O prazo límite de inscrición remata o mércores 28 de maio ás 24:00 horas.

A cota de inscripción será de 12 euros para socios do club que queiran quedarse ao xantar; de balde, para os socios que non queden ao xantar; 15 euros para non socios que queden ao xantar; e 5 euros para os non socios que non queden ao xantar. Haberá un prezo especial para as mulleres, sendo de balde por só participar e cun custe de 12 euros para as que participen no xantar.

Cartel da sétima edición da marcha BTT de Verín.



A 47ª edición do Rali de Ourense - Ourense Termal ten aberto o período de inscrición que se prolongará ata o 4 de xuño ás 20 horas. Desde a organización agardan con que os favoritos ao campionato nacional acudan á cita ourensá

como nos anos anteriores, amais das diferentes copas adscritas a este certame. A inscrición está limitada a 80 participantes. O rali terá lugar o 13 e 14 de xuño, comezando co tradicional tramo espectáculo no polígono de San Cibrao. O groso do evento será o sábado 14 co resto de tramos.

Esta fin de semana, 24 e 25 de maio, celébrase na pista de piragüismo de Verducido (Pontevedra) a Copa de España de 200 e 500 metros. Máis de 600 palistas acudirán a esta cita, pertencentes a un total de 74 clus de todo o país, dos cales 24 son galegos. Para representar a Ourense, asistirán os deportistas sénior do Fluvial Avión, Mónica Piñeiro e Pedro Andrés García, e a xuvenil do Fluvial Allariz, Sofía Fernández, que competirán na distancia de 200 metros, a proba de velocidade pura do piragüismo, na que España sobresae a nivel mundial como así o ten demostrado nas citas olímpicas. Castrelo de Miño está a ser neste intre o escenario de adestramento dos ourensáns, que viaxarán á Copa con grandes aspiracións. Tamén en Verducido, os días 22 e 23 de maio, está a ter lugar a fase clasificatoria para os campionatos de España e do Mundo, na que participan 31 galegos.




BARRIOS DEPORTIVO 23 de maio de 2014

XIMNASIA

Choiva de medallas para o club Burgas en Vigo 4 Logrou nove metais no torneo autonómico Máis Cociña. Redacción A cidade olívica acolleu o 10 de maio o torneo autonómico Máis Cociña, organizado polo club Flic-flac, no que o Burgas volveu destacar como un dos mellores clubs de ximnasia de Galicia ao facerse con catro ouros, tres pratas e dous bronces. Os ouros correron a cargo de Tanie e Nerea Barreda en categoría alevín, Iria Do Nascimento e Cecilia García en infantil, Yolanda García e Sara Branco en xuvenil (que seguen coa súa preparación de cara ao Mundial que se celebrará en xullo en Francia), e Lara Colmenero e Raquel Ordiales en júnior.

Pola súa banda, lograron medalla de prata os alevíns Analía Branco, Elena Igrexas e Eyén Díaz; as infantís Claudia Pérez e Florencia García; e as cadetes Iris Blanco, Sara Soria e Ana Ordiales. Por último, os dous bronces foron para as alevíns Alicia Cid e Sara Seoane, e as xuvenís Amaia Larrea e Beatriz Carballo. Copa Deputación De seguido, o club Burgas participará na Copa Deputación, na que se darán cita preto de 80 ximnastas en competición de trampolin, rítmica e exhibiciónes de ximnasia xeral e acrobática.

Beatriz Carballo y Amaia Larrea no torneo de Vigo.

24 podios para as ximnastas pavillonistas no Torneo Primavera 4 Lograron oito outros, seis pratas e dez bronces. Redacción O sábado 10 de maio tivo lugar na cancha central do pavillón dos Remedios unha nova edición do Torneo de Primavera de Ximnasia, organizado polo Club Ximnasia Pavillón, con 370 participantes -entre competición e exhibición- de 17 clubs galegos, entre os que se atopaban os mellores da nosa comunidade. As locais fixeron un gran campionato acadando podios en case todas as modalidades e aparellos. Na xornada de mañá desenvolveuse o campionato de promoción de conxuntos e individual. Os conxuntos minibenxamín A e benxamín conseguiron medalla de ouro, sendo terceiro o conxunto mini-

370 ximnastas de 17 clubs galegos acudiron ao Torneo Primavera, disputado nos Remedios

benxamiin B. Tamén conseguiu o ouro Iria Cudeiro, do mesmo club, na categoría prebenxamín do campionato individual. Daniela Abad e Sara Branco foron terceiras nas categorías benxamín e alevín, respectivamente. Xa pola tarde, na categoría alevín as pavillonistas Lucía González (mans libres) e Sabela Rodríguez (pelota) foron segunda e terceira clasificadas, respectivamente, conseguindo, xunto con María Rodríguez, o terceiro posto por equipos nesta categoría para o Club Ximnasia Escola Pavillón. Infantis, júnior e por clubs Na categoría infantil, Lorena Braña foi segunda en aro e terceira en mazas, Eva Rebollo foi líder en corda, aparello no que foi terceira Candea Sierra. Pola súa banda, Paul do Olmo fíxose co ouro en mazas. Na clasificación por clubs o equipo infantil A (formado por Lorena Braña e Eva Rebollo) foi o primeiro clasificado.

Na categoría júnior, o Club Ximnasia Pavillón fíxose con varios metais máis en todos os aparellos. Nerea Xastre foi primeira en pelota e segunda en cinta, Ana Mangana foi primeira en cinta e segunda

en aro. Branca Valencia foi terceira en pelota e Sara Failde, segunda en mazas. Na clasificación por equipos, o Pavillón B foi segundo, e terceiro o A, aínda que empatados en puntos.

Chamativos exercicios realizaron as ximnastas participantes, tanto


BARRIOS DEPORTIVO 23 de maio de 2014

XIMNASIA

os nas probas colectivas como individuais./RAMSÉS

13 pavillonistas clasificadas para o Nacional de rítmica 4 Lograron o pase tras unha gran actuación no campionato Galego disputado en Narón. Redacción O domingo 18 de maio tivo lugar en Narón a fase final do campionato Galego individual e de clubes de ximnasia rítmica, clasificatorio para o Nacional. Foi o campionato de máis alta participación dos últimos anos, contanto con entre dez e doce ximnastas por aparato. A esta cita Ourense presentou un total de nove equipos (catro do Club Ximnasia Escola Pavillón, catro do club Ximnasia Pavillón e un do Club Marusia) e un total de 26 ximnastas (24 pavillonistas e dúas do Club Marusia). Na xornada de mañá desenvolveronse as categorías júnior e sénior. A representación ourensá estivo na categoría junior, con dous equipos do Club Ximnasia Pavillón e un do Marusia, resultando clasificados dous deles. O equipo do Club Marusia foi terceiro e cuarto o Pavillón A, a menos de medio punto. Esta categoría foi saldada cos podios de Loreto Blanco (Marusia) nos catro aparatos (pe-

No campionato Galego disputado en Narón participaron nove equipos ourensáns, con 26 ximnastas

lota, cinta, aro e mazas) e o terceiro posto de Antía Vázquez (Pavillón) en mazas. Nerea Sastre e María Rodríguez (Pavillón A) foron cuartas en pelota e aro, respectivamente. Na competición da tarde, destacou o segundo posto da categoría alevín de Sabela Rodríguez (Escola Ximnasia Pavillón A) en pelota, nunha das categorías máis fortes de competición, con Lucía González, do mesmo equipo, como cuarta clasificada en mans libres. En categoría infantil, o club Ximnasia Escola Pavillón fixose co podio en tres aparatos da competición por equipos: Lorena Braña foi terceira en aro e mazas, Eva Rebollo e Candela Sierra segunda e terceira, respectivamente, en corda; e, por equipos, o Escola Ximnasia Pavillón A foi segundo. Representantes ourensás no Nacional Dado que se clasificaban cinco equipos por categoría, Ourense estará representado no Nacional por Sabela Rodríguez, Lucía González e María Rodríguez (Escola Ximnasia Pavillón A) en categoría alevín; Lorena Braña e Eva Rebollo (Escola Ximnasia Pavillón A), e Candela Sierra, Paula do Olmo, Uxía Fernández e Marta Fernández (Escola Ximnasia

Pavillón B) na categoría infantil; e Nerea Sastre, María Rodríguez, Antía Vázquez e Ana Mangana (Club Ximnasia Pavillón) e Loreto Blanco e Nahir Varela (Club Marusia) en categoría júnior. Individual absoluta Na competición individual absoluta foron moi poucos os equipos galegos que presentaron ximnastas. De feito, só competiron nesta ocasión unha ximnasta júnior, dúas infantís



e tres sénior. Tres delas representaron a Ourense. En categoría infantil as dúas representantes foron ourensás, Lorena Braña (Pavillón) e Antía Abal (Marusia), quedando primeira e segunda, respectivamente, na clasificación xeral. Na categoría júnior a representante foi tamén ourensá, Loreto Blanco (Club Marusia). Logo de rematar a competición, as adestradoras do Club Ximnasia Pavillón mostráronse plenamente satisfeitas da actuación de casi todas as ximnastas e non tanto do resultado obtido na clasificación dalgúns aparatos.

A categoría individual absoluta foi a que contou con menos participantes

Gran presencia ourensá nos podios de Narón.


10

BARRIOS DEPORTIVO 23 de maio de 2014

ACTUALIDADE

Encinas, sexto no Campionato de España de armas olímpicas 4 O equipo galego de carabina match quedou en cuarta posición. P.L. O Centro de Alto Rendemento de Las Gabias (Granada) acolleu o pasado fin de semana o Campionato de España de Armas Olímpicas, no que participaron máis de 200 deportistas de distintas categorías. Encinas, finalista en 3x40 En categorías individuais, e na modalidade de carabina tres posicións, o ourensán Jorge Encinas finalizou

en sexto lugar na clasificación xeral, con 1.127 puntos (375 en xeonllos, 388 en tendido e 364 en pé), tras disputar unha emocionante final a oito. Cuartos por equipos O equipo da Federación galega de carabina match 50 metros, integrado por Jorge Encinas e os pontevedreses Luís Iglesias e Brandan Iglesias, conseguiu rematar en cuarta posición de entre un total de nove equipos, por detrás das federacións

rioxana, catalana e madrileña. Outros resultados Na competición de pistola libre 50 metros veteranos S, o tamén ourensán Enrique Do Río quedou oitavo, mentres que en pistola deportiva 25 metros Nuria Mera foi 14ª.

Con 1.127 puntos, o ourensán entrou na final de carabina 3x40

Jorge Encinas, Luis Iglesias e Brandan Iglesias, equipo da Federación galega en carabina tendido que quedou cuarto no Campionato de España en Granada./P.LODEIRO.

846 mozos participaron ata agora en Ociourense 2014 4 Esta iniciativa remata cun xogo de rol en vivo e unha andaina. Redacción O programa Ociourense, que organiza a Concellería de Saúde coa colaboración do Ministerio de Saúde, achégase ao seu remate na edición 2014. A concelleira de Saúde e Benestar Social, Marga Martín, o coordinador do programa, César Fernández, e a técnica da Concellería de Saúde, Paz Villar, fixeron un balance de participación do que vai programa -en marcha desde marzo-, e presentaron as dúas actividades que servirán de clausura a esta edición: unha actividade de rol en vivo, e unha andaina. Marga Martín valorou moi positivamente a participación no programa Ociourense, “que ofrece alternativas para o ocio dos mozos e das mozas, alonxados de substancias como o alcol”. Nas 15 actividades ofertadas -entre as que se atopaban escalada, buceo ou sendeirismo nocturno, entre outras - participaron un total de 846 persoas, que segundo o coordinador, César Fernández, as valoraron moi satisfactoriamente segundo as enquisas cubertas. No que respecta ás dúas actividades que clausu-

rarán a presente edición, o sábado 31 de maio celebrarase nas rúas do casco vello da cidade un xogo de rol en vivo, entre as 16 e as 20 horas. Vestidos de época, os participantes se dividirán en dous equipos, nun reto que se manterá en segredo ata a propia actividade. As persoas interesadas poden formalizar xa a súa inscrición gratuíta a través da páxina web www.ociourense.es. Andaina sen fume Ao día seguinte, o domingo 1 de xuño, celebrarase por quinto ano consecutivo a “Andaina sen fume”, con saída a partir das 10 horas desde a Praza Bispo Cesáreo. En 10.000 pasos, os recomendados pola Organización Mundial da Saúde para manter unha vida saudable, os participantes pasearán polas beiras dos ríos Barbaña e Miño. A andaina será conmemorativa do Día Mundial sen tabaco (31 de maio), e requerirá de inscrición previa -gratuíta e xa aberta- na Concellería de Saúde ou na propia actividade, desde as 9 horas. Incluirá un almorzo saudable

e o sorteo de agasallos entre os participantes. Paz Villar, técnica da Concellería de Saúde, fixo alusión ao traballo diario desempeñado pola Unidade de Deshabituación Tabáquica, na que, asesorados por un psicólogo especializado, os usuarios intentan deixar progresivamente de fumar en cinco ou seis sesións. No ano 2013, un 41,46% dos participantes neste programa deixaron totalmente de fumar en tres ou catro meses. Máis actividades A concelleira de Saúde, Marga Martín, rematou a rolda de prensa lembrando os cursos que a Concellería ten en marcha: obradoiro de relaxación, obradoiro de saúde emocional e andainas saudables. As andainas percorrerán o Lonia, o Barbañica e o Paseo das Ninfas en varias saídas semanais durante o mes de xuño. Para máis información de todas as actividades, pódese recurrir ao teléfono 988510622 á Concellería de Saúde, na rúa Concordia, ou á web www.ourense.es.

O 31 de maio, de 16 a 20 horas, o casco vello acollerá un xogo de rol en vivo. O 1 de xuño, ás 10 comezará a “Andaina sen fume”


BARRIOS DEPORTIVO 23 de maio de 2014

ANDAINAS

Cruz Vermella A decana das andainas súmase ás andainas galegas, o 31 de maio 4 Ultima os detalles de tres andainas que organiza na provincia no mes de xuño. Redacción Cruz Vermella Ourense súmase ás andainas e organiza para o mes de xuño tres na provincia de Ourense. En todas as inscricións (salvo as de menores de 14 anos que son gratuítas) inclúe, amais da participación na andaina, un boleto para o Sorteo de Ouro, que se celebra o 17 de xullo en Bilbao. A primeira das andainas será o 1 de xuño en Castrelo de Miño. Comezará ás 9.30 horas no parque náutico de Castrelo e terá un percorrido de 25 quilómetros. Ademais realizase unha carreira BTT de 60 km. O prezo da inscripción é de 6 euros. A andaina de Ourense será nocturna e terá lugar o venres 6 de xuño a partir das 20.30 horas. Terá dous percorridos, un de 6 quilómetros e outro un pouco máis longo de 10. A inscrición é de 7 euros. Haberá sorteo de agasallos e chocolatada ao final. As inscricións poderanse realizar en Cruz Vermella, Redonet, Turini, Bouso ou Armería El 21. Para os menores de 14 anos a inscrición será gratuíta. O 8 de xuño tocará andar polo Carballiño na I Andai-

O pasado 11 de maio celebrouse a XI Andaina Cidade de Ourense con saída e chegada no pavillón dos Remedios. O percorrido de 27 quilómetros transcorreu por sendeiros periurbanos da cidade, que levaron aos andaríns a pasar por Santomé, Castadón, Santa Mariña, O Cumial, Seixalbo e regreso aos Remedios.

Redacción Este 31 de maio chega a décimo sétima edición da Andaina Vila de Allariz. Na presentación desta edición estaban presentes a concelleira de Deportes, Helena Suárez, e José García Calvo “Willy”, técnico colaborador da andaina, que expresaban que nesta proba deportiva os partici-

A andaina de Castrelo de Miño será o 1 de xuño. na Solidaria Móvete polo Arenteiro. 23 serán os quilómetros a completar, comezando ás 9.30 horas na praza Maior. A inscrición é de cinco euros e inclúe un boleto para o sorteo, avituallamento e pincho ao finalizar. Os interesados poden dirixirse á oficina de Cruz Vermella O Carballiño, Ciclos Carballiño ou Turini, ata o día 6. Última cita A últimas das andainas de Cruz Roja será o 29 de xuño na Gudiña. Realizarase a Ruta da Ribeira, de 6 quilómetros. A inscrición estará aberta ata o propio día da proba, ou previamente na oficina de Cruz Roja da Gudiña. Sairá ás 9.30 horas da Casa da Viúva.

200 participantes na andaina Cidade de Ourense R.T.

4 A 17ª edición da proba de Allariz vén cun alto compoñente medioambiental.

Os preto de 200 participantes tiveron catro puntos de avituallamento tanto de líquidos como de sólidos. A proba deu comezo ás nove da maña baixo un día propicio para andar. Como cada ano dos 11 que se leva disputado a andaina ourensá estivo organizada pola concellería do Concello de Ourense e o Consello Municipal de Deportes.

pantes son os “verdadeiros protagonistas”. Esta cita pretende familiarizar aos andaríns neste tipo de probas longas, amais de potenciar e dinamizar o fermoso itinerario que transita por antigas vereas, corredoiras e sendeiros naturais de Allariz e arredores. A proba discorrerá pola práctica totalidade dos camiños que cruzan o marco da

Reserva da Biosfera “Área de Allariz”, o que a dotará dun importante compoñente medioambiental. A andaina popular de Allariz, pioneira en Galicia, celebrábase por primeira vez no ano 1998, e dende entón a súa popularidade e número de participantes non parou de medrar, alcanzando nas últimas edicións os 700 e 800 inscritos de toda Galicia.

11

Novidades Cada ano a andaina chega con novidades no percorrido, co obxectivo, segundo Willy, “de evitar o asfalto e potenciar os camiños naturais”.

Cartel da XVII edición da andaina de Allariz.


12

BARRIOS DEPORTIVO 23 de maio de 2014

VOLEIBOL / XADREZ

Axustadas finais de voleibol escolar no Paco Paz 4 Celebráronse o pasado 10 de maio. Redacción O pasado 10 de maio no Paco Paz celebráronse as finais de deporte escolar de voleibol. En alevín xogaron todos contra todos os equipos de Guillelme Brown, Dompa Gestión A Rúa e Concepción Arenal do Burgas Voleibol. O vencedor foi o Dompa Gestión A Rúa, quedando segundo o Guillelme Brown e terceiro Concepción Arenal do Club Burgas Voleibol. En benxamín participaron o Concepción Arenal 1 e Concepción Arenal 2 ambos do Club Burgas Vo-

Do 7 ao 13 de xullo o Campus Universitario de Ourense acolle o I Torneo Internacional Campus de Ourense, que se celebrará no pavillón polideportivo. Xogarase polo sistema suízo a nove roldas cun tempo máximo de hora e media por partida. O torneo é válido para ELO, FIDE, FEDA e normas para mestres.

Premios Haberá máis de 6.000 euros en premios. Os máis suculentos son de 1.200 euros para o primeiro, 900 para o segundo e 600 para o terceiro. Tamén recibirán premio os tres primeiros de ELO 2200, 2000 e 1800.

Os vencedores faranse con premios de 1.200, 900 e 600 euros

Xogada do Concepción Arenal durante a final infantil. superior, mentres que no último estivo moi igualado ao ter que buscar a remontada a Escola San Martiño. Finalmente os parciais foron de 25-12, 25-11 e 2516. O Concepción Arenal representará a Ourense no campionato de Galicia.

Encontro da categoría xuvenil.

4 Do 7 ao 13 de xullo. Redacción

leibol, Guillelme Brown e Dompa A Rúa. Nesta categoría o gañador foi o Dompa A Rúa, por diante do Guillelme Brown. Terceiro foi Concepción Arenal 1 e cuarto o Concepción Arenal 2. Infantil En categoría infantil a final disputárona o Concepción Arenal contra a Escola San Martiño. O Concepción Arenal (vinculado ao Club Burgas Voleibol) foi o vencedor final ao impoñerse ao seu rival por tres sets a cero. Nos dous primeiros sets o equipo colexial foi moi

Xadrez no Campus de Ourense

Xuvenil Feminina A Copa Diputación en categoría xuvenil feminina disputárona o Concepción Arenal e o CD Purísima. O primeiro por quedar campión de Liga accedeu á final directamente; e o CD Purísima logo de vencer ao Dompa Gestión en semifinais. Purísima e Dompa Ges-

tión ao rematar na Liga en segunda e terceira posición disputaron ese encontro para determinar o finalista da Copa Deputación. O primeiro set da final foi o máis reñido de todos chegando ao final do mesmo con 25-20 para o Concepción Arenal. O segundo set foi máis doado para o Arenal (25-15) lograndor subir o dous a cero no marcador. O terceiro foi o definitivo set para un Concepción Arenal que o dominou de principio a fin (25-18). Deste xeito lograron a vitoria con contundencia por tres sets a cero.

Os participantes terán hora e media por partida.


BARRIOS DEPORTIVO 23 de maio de 2014

NOVAS

Entrepicos, nova tenda para o deporte outdoor en Ourense 4 Aberta desde primeiros de maio. Moi preto da praza Maior de Ourense -na rúa Modesto Fernández, nº3- os amantes dos deportes outdoor e deportes de aventura encontrarán a súa tenda especializada. A principios de maio Entrepicos abriu as súas portas coma tenda especializada para todo tipo de deportes outdoor e de aventura. Entrepicos está especializado en sendeirismo, alpinismo, escalada, trekking, trail running..., amais de dispor de todo tipo de material para campistas. As mellores marcas pódense atoparen Entrepicos: Ferrino, Trangoworld, Petzl -escalada-, Lurbell, Grifone, e moitas máis. Moitas delas son marcas españolas e para todo tipo de petos. Neste novo establece-

mento poderemos encontrar todo tipo de accesorios: calcetíns, mochilas, gafas de sol... Entrepicos non chedeixará “colgado” coa súa ampla variedade de produtos para os máis esixentes aventureiros. Todo io, a un paso da praza Maior, no número 3 da rúa Modesto Fernández (entre a praza Maior e a praza do Trigo). Horarios Entrepicos abre de luns a venres de 10 a 14 horas e de 17 a 20.30 horas, e os sábados de 10.30 a 14 horas. Para calquera aclaración atenden no 988 25 30 40 ou no mail info@entrepicos.es. E en breve estará operativa a tenda online www.entrepicos.es.

Cuarta xornada da Copa Deputación de Judo 2014 4 O sábado 24 de maio, ás 18 horas, no Paco Paz. Redacción O vindeiro sábado, 24 de maio, desenvolverase no Pazo Paco Paz , ás 18 horas, a cuarta xornada da Copa Deputación de Judo 2014, competición que reunirá máis de 60 participantes de toda a provincia. Será a última das catro xornadas competitivas previstas, máis unha quinta de aspecto lúdico e rexional, restrinxida á categoría infantil e denominada “randori”. Categorías Os judokas competirán entre as categorías benxamín e sénior, a categoría open, ou aberta a competidores de ambos os sexos e a categoría ne-waza, onde a loita limítase en exclusiva ao chan, apta para veteranos.

A competición reunirá máis de 60 participantes de toda a provincia

Fachada de Entrepicos, na rúa Modesto Fernández.

4 Clasificacións Copa Deputación Categoría Absoluto Absoluto Ne-Waza -75k Absoluto Ne-Waza +75k Open Especial Ne-Waza Cadete Open +60 Infantil Open -38k Infantil Open -46 Infantil Open -60k Infantil Open +60 Infantil Feminino -38k Benxamín Open -21k Benxamín Open -24k Benxamín Open -27k Benxamín Open -30k Benxamín Open -34k Benxamín Open -38k Benjamín Open -42k Benxamín Open +42k Benxamín Feminino -24k Benxamín Feminino -27k Benxamín Feminino -30k Benxamín Feminino -34k Benxamín Feminino -38k Benxamín Feminino +42k Alevín Open -30k Alevín Open -34k Alevín Open -50k Alevín Open -55k Alevín Open +55k Alevín Feminino -34k Alevín Feminino -50k Alevín Feminino -55k

Participantes na Copa Deputación de Judo.

Judoka Alejandro Montero Herminio Rodríguez Leví Caballero Tamara Silva Pablo Valcárcel Ana Vázquez Pablo Dopazo Rubén Córdoba Alvaro Prieto Ana Vázquez Ícaro Caballero Daniel Gayoso Miguel Gayoso Antía Ollero Iván González Manuel Vázquez Adrián Glez. Lobo Daniel González Celia Rodríguez Aldara García Antía Ollero Fátima Vázquez Sara Mojón Lidia Fernández Iván Vasallo Pablo Marcos Alba García Marina Boo Oscar Seguín Laura Cao Alba García Marina Boo

13

CNPO na Copa Galega Alevín Redacción

Despois de clasificarse en 6ª posición da liga alevín con 43.106 puntos, o Club Natación Pavillón Ourense particirá na Copa Galega Alevín o vindeiro sábado día 24 de maio, na piscina de Riazor. Os oito equipos participantes son: Asociación Deportiva Liceo, Club Natación Portamiñá, CN Mariña Ferrol, CN Galaico, CN Coruña, Club Natación Pavillón Ourense, Club do Mar e Club Fluvial de Lugo. Cada club poderá participar con tres nadadores por proba e dous equipos de substitucións, e cada nadador só poderá participar nunha proba individual e dúas substitucións. Disputaranse as probas de 100 e 200 libres, 100 e 200 estilos, ademais das substitucións 4x50 libres e 4x100 estilos. Por parte do CNPO participarán: Carmen Taín, Anne Vila, Verónica García, Xiana Babarro, Carla Bringe, Eva Carril, Luz Mª Fernández, Helena Dacosta, Úrsula Feijoo, Uxía Díaz, Uxía Gómez, Antía Rodríguez, Jesús Díaz, Noel Quiroga, Adrián Vázquez, Jacobo Caride, David González, Héctor Álvarez, Santiago Gutiérrez, Samuel Civeira, Raúl Civeira, Anxo Vigo, Manuel González e Álvaro Salgado.

O club ourensán leva á Coruña 24 nadadores, que competirán con outros 7 equipos


14

BARRIOS DEPORTIVO 23 de maio de 2014

O Campionato de Europa de wushu deixa tres medallas en Ourense 4 As de José Manuel Ferreira, Arcadio Álvarez e Sergio Parga. R. T. O Campionato de Europa de wushu deixa tres medallas para Ourense. Concretamente José Manuel Ferreira, Arcadio Álvarez -do Club Arco de Verín- e Sergio Parga -Artai-, lograron a medalla de ouro, prata e bronce respectivamente. O europeo disputouse en Bucarest (Romanía) do 7 ao 12 de maio. En sénior, José Manuel Ferreira, acadou o ouro na modalidade de combate sincronizado xunto ao seu compañeiro Dan Río. En probas individuais, Ferreira alcanzou tres quintos postos nas modalidades de formas con pao, sabre e puño. En júnior, o tamén verinés Arcadio Álvarez logrou outra medalla (a de prata) para a expedición ourensá na modalidade de forma con pao. Álvarez foi prata. Sergio Parga (de categoría júnior), no seu debut europeo, acadou o bronce en sable de norte. Tamén obtivo o cuarto posto en lanza e mán vacía de nor-

te. Outro representante ourensán, Ezequiel Gago, da Escola Dinamic de Ourense, participou en tai chi chuan e tai chi jian. En chuan quedou ás portas da medalla sendo cuarto. Gago foi penalizado por tempo, o que lle impediu logar a medalla de bronce. En jian foi sétimo. Próxima cita, Ourense O 28 de xuño disputarase o Torneo Internacional de Ourense que chega á súa décimo terceira edición. Será unha boa ocasión para ver os ourensáns en plena acción medíndose a deportistas de Italia, Andorra, Romanía e Portugal. Antes, o 31 de maio, a cidade das Burgas acolle o Campionato Galego de Kung Fu moderno.

O 31 de maio Ourense acolle o Campionato Galego de Kung Fu moderno

Sergio Parga executando a forma coa que obtivo a medalla de bronce.

NOVAS

Clínic con Chico Gomes 4 O xogador número 11 do ranking WPT estivo compartindo unha xornada con afeccionados do pádel no P21. Redacción O pasado 11 de maio Chico Gomes, número 11 mundial do ranking WPT de pádel, impartiu un clinic nas instalacións do P21 Pádel Club. Gomes deixou grandes mostras da súa calidade como xogador, e o que é máis importante, como persoa. Próximo, alegre, humilde... Chico Gomes demostrou que ten os pés no chan, e considérase moi afortunado de traballar facendo deporte, que é o que

máis lle gusta. A todos os que participa-

4 Máis de 60 judokas ourensáns compiten neste torneo. O pasado sábado 10 de maio desenvolveuse no Paco Paz a terceira xornada de Copa Deputación de Judo 2014. Competición que reuniu a máis de 60 participantes de toda a provincia e que viviu a penúltima das catro xornadas previstas, máis unha quinta de aspecto lúdico e rexional, restrinxida á categoría infantil e denominada “Randori”. Os judokas competiron entre as categorías benxamín e sénior, a categoría open (aberta a competidores de ambos os sexos) e a ne-waza (onde a loita limítase en exclusiva ao chan, apta para veteranos). Líderes Tras tres xornadas, o primeiro clasificado da categoría absoluta é Alejandro Montero; en absoluto ne-waza -75kg, Herminio Rodríguez; e en absoluto ne-waza +75kg, Leví Caballero. En ne-waza lidera Tamara Silva; e en cadete open +60kg, Pablo Valcárcel.

Gomes trasmitiu aos asistentes a súa satisfacción por traballar facendo deporte

Chico Gomes (segundo pola dereita) xunto a tres participantes no clínic./P21

Terceira xornada da Copa Diputación de Judo 2014 Redacción

ron, e aos que se achegaron a velo, no clinic deixoulles

moi boas sensacións. Chico Gomes prometeu volver pronte ao P21 Pádel Club.

En infantil open -46kg, Pablo Dopazo; infantil open -60kg, Rubén Córdoba; infantil open +60kg, Álvaro Prieto; infantil feminino -38kg, Ana Vázquez; En benxamín open 27kg, Miguel Gayoso; benxamín open -30kg, Antía Ollero; benxamín open -34kg, Iván González; benxamín open 38kg, Manuel Vázquez; benxamín open -42kg, Adrián González Lobo; benxamín open +42kg, Daniel González; benxamín feminino -27kg, Aldara García; benxamín feminino -30kg, Antía Ollero; benxamín feminino -34kg, Fátima Vázquez; benxamín feminino -38kg, Sara Mojón; e benxamín feminino +42kg, Lidia Fernández. En alevín open -30kg o primeiro clasificado neste momento é Iván Vasallo; alevín open -50kg, Alba García; alevín open -55kg, Marina Boo; alevín open +55kg; Óscar Seguín; alevín feminino -50kg, Alba García; e en alevín feminino -55kg, Marina Boo.


BARRIOS DEPORTIVO 23 de maio de 2014

ACTUALIDADE

15

Edita: Letras a la Carta S.L. CIF: B-32.323.925. Depósito Legal: OU 185-2009. Redacción: r/ Bedoya, 7, 1º, of. 6 - 32004 Ourense. Tel: 988 04 53 52 / 685 969 546. Correo-e: deportes@periodicobarrios.com. Distribúe: Visual. Imprime: Publicaciones Tameiga. Director: Ramsés Torres. Director comercial: Miguel Rejo. Redacción e fotografía: Paula Lodeiro, Ramsés Torres, Silvia Nieto, Miguel Rejo. Colaboracións: Alfonso Vilachá, José A. Santos, José Mª Arribas Nº99- Ano: VI - 23 de maio de 2014 - Difusión: 5.000 exemplares Este periódico non pode ser reproducido nin total nin parcialmente, sen autorización previa da empresa editora Letras a la Carta S.L. Impreso en papel 100% reciclado. Se ten algún problema co reparto, pregámoslle que nolo comunique no teléfono 988 04 53 52 / 685 969 546.

4O RINCÓN DO MESTRE

Deporte e realidade CAPÍTULO 35. O deporte e os estudos no deporte base. Aínda que son compañeiros inseparables, o timbre de alarma soa nos fogares, cando aparecen os suspensos. Ante esta situación, algúns pais toman a errónea decisión de privarlles de facer deporte, unha actividade que lles gusta e que inflúe de forma positiva na súa evolución persoal. Outros pais pensan como servir de axuda, buscando solucións nas clases particulares, nas axudas externas ou móstranse impasibles. Algunhas veces, as causas poderían estar máis próximas, precisamente no ambiente familiar, na contorna no que se moven, nos problemas persoais, nas propias aptitudes para os estudos. O deporte e os estudos son dúas actividades complementarias, compatibles e inseparables. O deporte de base organizado produce beneficios globais tales como axudar ao desenvolvemento físico do neno, mellorando a súa capacidade física e mental, mellorar a saúde e a calidade de vida, aumentar a capacidade de traballo, reducir os síntomas de apatía, desgana, tristeza, ser hedonista, proporcionar pracer e satisfacción, favorecer o desenvolvemento persoal, fortalecer a mente e mellorar o seu rendemento, liberar as tensións diarias, desenvolver e mellorar a escala de valores sociais (a integración, a participación, a tolerancia, o xogo limpo, a convivencia, a solidariedade, a cooperación, o altruísmo, etc.) En calquera dos casos,

os pais ou titores deberían de seguir as pautas que se sinalan nas suxestións tales como atender á saúde dos seus fillos, compartir a educación cos profesores, estar en contacto co titor, dialogar claramente cos seus fillos, non sermonear, rifar nin gritar, charlar de ti a ti todos os días algún momento, escoitar con paciencia, animar constantemente, paciencia ao cadrado, evitar comparacións, adoitan ser odiosas e vanidosas, vixiar o seu soño, algo indispensable para o rendemento, almorzar ben, asistencia a clase, aspecto fundamental na aprendizaxe, ser puntuais co fin de non interromper a clase, facer os deberes nun sitio tranquilo e sen música de ningunha clase, ao terminar os deberes é importante xogar cos amigos ou realizar unha actividade extraescolar para desconectar, a televisión, nintendo, etc, mellor o fin de semana, estar pendente dos fillos, preguntarlles por cousas do colexio, mirar que estuden, interesarse polo que aprenden, contactar coa vida ofrecéndolles coñecer cousas novas, novas experiencias, tales como practicar deporte, visitar lugares, etc. Alfonso Vilachá, concelleiro de Deportes de Ourense e entrenador

“O deporte e os estudos son dúas actividades complementarias, compatibles e inseparables”

O COB xa pensa na vindeira tempada

4TRIBUNA ABERTA

Cando fomos deuses (XIII) 30ª Xornada. S.D. Compostela 0 – 1 C.D. Ourense Oito mil espectadores en Santa Isabel, dos que uns dous mil eran ourensáns, para asistir ao derradeiro encontro da liga. Túnez faría o derradeiro gol do Ourense nun partido de trámite, xa que non perigaban os postos de ambos na clasificación. No comezo do encontro o presidente do Compostela faría entrega dun agasallo, unha bandexa de prata conmemorativa, doada por todos os clubs deste grupo de Terceira pola extraordinaria tempada efectuada polos rojillos. O partido gravouse para a televisión co fin de emitilo xunto cos resumos de Primeira División da xornada de liga correspondente. O visto

no campo non correspondeu á categoría de ambos clubs, máis centrados na futura promoción de ascenso. Ao remate os xogadores do Ourense foron sacados a ombreiros tras dar unha volta triunfal ao campo. … E a seguir. A sona do equipo, do que aparecen referencias en prensa nacional, non só deportiva, e tamén internacional, faino de-sexado para xogar amigables. A Real Sociedade é quen máis insiste e o club remata por ir ás Vascongadas para xogar dous encontros que servirán de preparación para a promoción. No primeiro, xogado en Lerúm (Egoibar), por fin os rojillos resultan superados e perden o seu primeiro partido. Nesta ocasión caen por dous a cero. Tres días despois, na casa da Real,

no estadio de Atocha, os vascos non son quen de pasar do empate a dous cos ourensáns, que rematan a primeira parte impóndose por cero a dous e cun xogo espectacular que desborda en todas a liñas aos locais. Os dirixentes da entidade trataron de pechar un partido en Ourense contra o Valencia, campión da Copa no 67 e que levaba varios anos disputando competicións europeas e que fora cuarto na presente tempada de Primeira, como homenaxe á afección, pero por diversos motivos quen veu foi o filial, ao que derrotaron por dous a un. [13ª entrega sobre a historia do CD Ourense na tempada 67/68] José A. Santos

4PRACTICANDO SAÚDE

Hidratación no deporte Nesta época do ano, coa chegada das altas temperaturas, cobra especial importancia a hidratación antes, durante e tras a práctica de exercicio físico. A inxesta de auga e bebidas ricas en nutrintes é imprescindible para a correcta termorregulación do organismo, repondo as perdas producidas a través da suor e axudando a mellorar o noso rendemento, evitando a deshidratación e os problemas que iso leva cara á nosa saúde. Á hora de realizar unha correcta hidratación é conveniente beber, ademais de auga, bebidas isotónicas, que conteñan hidratos de carbono e sexan ricas en sales minerais, xa que mediante a suor non só perdemos auga, senón tamén electrolitos (sodio, potasio, magnesio...). As bebidas isotónicas teñen a mesma presión osmótica que o sangue, polo

que saen do estómago, pasan ao intestino e ao sangue sen dificultade, sendo a hidratación máis rápida e efectiva. A deshidratación produce un empeoramento do rendemento, diminuíndo a resistencia física, a forza, a coordinación... e en casos severos podendo chegar a sufrir cambras, mareos, nauseas... En caso de sufrir estes síntomas o mellor é deter o exercicio e hidratarse abundantemente ata que desaparezan. Para unha correcta hidratación debemos afacernos a beber aínda que non teñamos sede, xa que a necesidade de líquido por parte do organismo prodúcese antes de que apareza a sensación de sede, polo que podemos determinar que a sede é o primeiro síntoma de deshidratación. Canto debo beber para hidratarme o suficiente? Antes do exercicio: Debemos empezar a beber desde unha hora antes de comezar

o exercicio, a pequenos sorbos, até inxerir ao redor de medio litro. Durante o exercicio: A cantidade a inxerir depende dunha gran cantidade de factores como a temperatura ambiental, a intensidade e duración do exercicio, as necesidades do organismo... Pero por norma xeral podemos establecer a inxesta duns 200 ml (un vaso) cada 1520 mins. Despois do exercicio: Tras acabar o exercicio débese beber aproximadamente un 150% da auga perdida, sobre todo entre os primeiros 15-30 mins. despois do exercicio. Se se vai a adestrar ao día seguinte, é moi importante beber e comer ben tras o adestramento para recuperarse correctamente. Jose Mª Arribas Moreno, licenciado CCAFD, entrenador persoal en ximnasio Trabazos

Redacción O Club Ourense Baloncesto xa se está a mover de cara á vindeira tempada. Aínda que non hai nada asinado, o máis probable é que o inquilino do banco cobista sexa un ano máis Gonzalo García de Vitoria. En canto a xogadores, a directiva conta con que Pedro Rivero cumpra o ano de contrato que lle resta na disciplina do conxunto ourensán. Nestes días, Edu Martínez está a realizar un traballo específico, o que fai entender que desde o club contan con el para a próxima tempada; Martínez lesionouse nos isquiotibiais esta semana e terá que parar algunhas datas. O resto da plantilla deste ano é probable que non continúe. Reunión co Concello Nestes días o presidente do COB, Antonio Gavilanes, reuníuse co alcalde de Ourense, Agustín Fernández, para falar sobre o futuro do club. A reunión fíxose esperar pola apretada axenda do rexidor ourensán. O Concello, como un dos máximos accionistas do COB, apoia o Consello de Administración de cara á vindeira tempada nos mesmos termos que nesta que xa rematou. A subvención deste ano farase esperar ata pasado o verán. Tamén houbo unha reunión con outro dos donos do club -Deputación de Ourense- que igualmente mostrou o seu apoio a esta directiva.

Antonio Gavilanes, presidente do COB.


BARRIOS DEPORTIVO 23 de maio de 2014


23 de maio de 2014 - BD Nº 99