Page 1

Campionato de Galicia de 10.000 metros pista OOB

Páx.6

CD OURENSE

Páx.7

COB Tensión salvado

no Couto

DERBI PONTE-CIDADE

Páx.3 Páx.8

O derbi

para o Ponte

Coa salvación no peto, o COB recibe ao Coruña no último partido da tempada. O CD Ourense perdeu contra o Guadalajara 2-1 no encontro de ida da Copa Federación. O Ponte venceu ao Cidade no derbi do fútbol sala feminino./RAMSÉS e I.OSORIO.

Número: 96- Ano: VI - 4 de abril de 2014 - Depósito Legal: OU 185-2009 - Periódico quincenal de distribución gratuíta - www.periodicobarrios.com BARRIOS DEPORTIVO volve repartirse a partir do 25 de abril. Se quere anunciarse consulte no 685 800 190.




BARRIOS DEPORTIVO 4 de abril de 2014

4 Axenda deportiva Fútbol

- Día 10 de abril. O Couto. CD Ourense - Guadalajara. Final Copa Federación. - Día 13 de abril. O Couto. CD Ourense - Guijuelo. 2ª División B. - Día 6 de abril. Os Carrís. UD Barbadás - Negreira. 3ª División. - Día 20 de abril. Os Carrís. UD Barbadás - Boiro. 3ª División. - Día 6 de abril. Velle CD Ourense B - Céltiga. Rexional Preferente. - Día 6 de abril. O Barco de Valdeorras. Barco - Caselas. Rexional Preferente. - Día 6 de abril. Meliás. Meliás - Pontellas. Rexional Preferente. - Día 20 de abril. Velle CD Ourense B - Portonovo. Rexional Preferente. - Día 20 de abril. O Barco de Valdeorras. Barco - Céltiga. Rexional Preferente. - Día 20 de abril. Meliás. Meliás - Grove. Rexional Preferente. - Día 13 de abril. Estadio Miguel Ángel. Pabellón -Porriño. División de Honra xuvenil. - Día 13 de abril. Os Carrís. UD Barbadás - Club Peluquería Mixta Friol. Segunda División Feminina.

ATLETISMO

Cuarta edición do “Correndo por Ourense” 4 Comprenderá seis probas, nas categorías júnior, promesa, sénior e veteranos. Redacción

so Vilachá, a coordinadora das probas, Marga Míguez, e o xerente en funcións do Consello Municipal de Deportes, Cándido Gómez, desgranáronse os detalles das seis probas que terán lugar na nosa cidade desde o presente mes de abril e ata outubro, o mes previo á competición deportiva central, a carreira do San

Diversas autoridades antes da presentación./IÑAKI

De abril a outubro A primeira das probas terá lugar no Vinteún, o 27 deste mes de abril. Coma as restantes, estará dividida en catro circuítos, con catro saídas diferenciadas. O circuíto pitufos (100-200 metros), o circuíto benxamín/alevín (1.000-1.500), o circuito infantil/cadete (2.400-3.200) e o circuíto xuvenil, júnior, promesa, sénior e veteranos (5.600 a 6.400 metros). Nos seguintes meses, as carreiras celebraranse no Couto (o 31 de maio), no Centro (o 29 de xuño), na Ponte (o 7 de setembro), no Campus Universitario (o 28 de setembro) e na Carballeira (o 26 de outubro). Todas aquelas persoas interesadas en participar po-

Bargiela e Teijeiro dominan no Carballiño

o ano anterior; a atleta do Ourenrunning empregou un tempo de 1:27:26. Unha vez máis, Teiejiro demostrou que non ten rival nas probas populares que se disputan na provincia de Ourense.

Vén de ser presentada a cuarta edición do circuíto de carreiras populares “Correndo por Ourense”, que organiza o Consello Municipal de Deportes. No acto, ao que asistiron o alcalde de Ourense, Agustín Fernández, o concelleiro de Deportes, Alfon-

Baloncesto

- Día 4 de abril. Paco Paz -21.00h-. COB - Leyma Coruña. Liga Leb Ouro. - Día 5 de abril. Os Remedios -20.00h-. Pabellón Feminino - Cortegada. Liga Femenina 2.

Fútbol sala

- Día 5 de abril - Os Remedios -17.00h- Cidade As Burgas - Roldán. 1ª División. - Día 12 de abril. Os Remedios -17.00h- Ponte Ourense - Burela. 1ª División.

Atletismo

- Día 5 de abril. Monterrei -16.00h - II Xornada control cadete-xuvenil en pista. - Día 5 de abril. Monterrei -16.00h - II Xornada Interzonal en pista.

Balonmán

- Día 5 de abril. Os Remedios -18.30h -. Pabellón Balonmano - Seis do Nadal - Coia. 1ª Estatal. - Día 6 de abril. Os Remedios. Pabellón Balonmano - Teucro Aegón. 1ª Galega.

Tiro

- Día 13 de abril. Club de tiro Eiroás. Campionato autonómico fogo central e pistola damas. - Día 13 de abril. Club de tiro Eiroás. Campionato autonómico social carabina tendido e pistola libre.

Tenis de mesa

- Día 12 de abril -10.30h- Paco Paz. Galmédica Ourense TM - A.D. Vincios - A Pasaxe. 3ª Nacional. - Día 26 de abril -10.30h- Paco Paz. Galmédica Ourense TM - A.D. Ferretería Vincios. [Máis información en www.periodicobarrios.com]

Martiño.

den formalizar a súa inscrición a través da web www. deportesourense.com. O prezo do circuíto é de sete euros (para as categorías júnior, promesa, sénior e veteranos), e inclúe a participación en todas as carreiras. Para figurar na clasificación xeral final, é preciso participar en alomenos cinco das probas. Solidariedade Unha parte da inscrición no “Correndo por Ourense” será destinada, como se vén facendo en edicións anteriores, a algunha organización social da cidade. Na presentación deste iniciativa, o concelleiro de Deportes, Alfonso Vilachá, fixo entrega a Cruz Vermella dun cheque por valor de 755 euros, como parte da inscrición obtida na terceira edición do circuíto, no que participaron máis de 1.000 deportistas.

A primeira proba terá lugar no Vinteún o 27 deste mes de abril A súa compañéira de equipo, María Dolores Bascón, fíxose coa segunda praza en 1:32:22. A terceira muller en chegar a meta foi Purificación Bermúdez ao parar o crono en 1:37:34.

4 No medio maratón. R.T. Os atletas Daniel Bargiela e Sonia Teijeiro proclamáronse vencedores da segunda edición do medio maratón do Carballiño Festa do Pulpo. O atleta do Bikila foi o vencedor desta proba, ao empregar un tempo de 1:12:25, por detrás del

chegaba Jorge Silva (Ourense Atletismo) tras unha hora 15 minutos e 52 segundos de carreira. En terceira posición remataba Antón Amoedo (Asociación Deportiva C.A.R.) en 1:17:47. Sonia Teijeiro En categoría feminina, novamente Sonia Teijeiro facíase coa proba coma

Dous atletas chegando a meta./PATRICIA LORENZO


BARRIOS DEPORTIVO 4 de abril de 2014

ATLETISMO

Carlos Villamor (á dereita da imaxe) liderou a proba masculina, seguido de preto por Rubén Diz./RAMSÉS

Yolanda Gutiérrez e Carlos Villamor, campións galegos

mio Diz - Villamor seguía firme na cabeza de carreira; co ourensán Diz (Sociedad Gimnástica de Pontevedra) aguantado agazapado o ritmo de Villamor (DARE2B Corredores P.Nimo). Rubén Diz quería reter o título de campión galego acadado o ano pasado, pero finalmente non lograba seguir a estela, polo que tivo que ceder metros. Finalmente o atleta de Corredores Pedro Nimo facíase coa vitoria e co título de campión galego rematando os 10 quilómetros en 30:32 minutos. Diz chegaría a 34 segundos (31:06). En ter-



ceira posición, o ourensán Iván Docampo paraba o crono en 31:28 minutos. Marcha Antes do galego de 10.000 disputouse unha proba do Circuito Galego de Marcha - Memorial Josefina Romero. Preto de 50 atletas de toda a comunidade galega participaron nesta proba.

Jorge Silva (do Ourense Atletismo) venceu na final B

4 Na proba de 10.000 metros en pista. Redacción As pistas de atletismo do Campus Universitario de Ourense acolleron un ano máis o Campionato de Ga-

licia de 10.000 metros en pista - Trofeo Club Deportivo Aurum. Ao longo da mañá do 23 de marzo celebráronse tres probas nesta distancia. A

Atletas participantes na final provincial./RAMSÉS

primeira delas foi a final B, final provincial, na que o vencedor foi o atleta do Ourense Atletismo, Jorge Ignacio Silva, que empregou un tempo de 34:14. Na segunda posición rematou José Paz (Atletas Veteranos Ourense) cun tempo de 34:26. E en terceiro lugar finalizaba Jorge Cascón (Ourenrunning) en 36:03. En total tomaron a saída 23 atletas dos cales 19 remataron a proba. Final feminina Logo chegaría a final feminina na que Yolanda Guitiérrez imporía a súa superioridade sobre o resto de atletas. A santiaguesa, afincada en Ourense, do New Balance Team completaría as 25 voltas sobre o tartán en 37:06 minutos. A 31 segundos chegaba a atleta

do Comesaña Iria Fernández (37:37); e en terceiro (38:00) lugar finalizaba Sara Pérez, do Comesaña. Unha das favoritas ao podio, Sonia Teijeiro (Ourenrunning) tívose que conformar coa cuarta praza a máis dun minutos da vencedora (38:40). 13 foron as atletas participantes nesta carreira. Final masculina Para rematar este Campionato de Galicia faltaba a final masculina. 21 participantes tomaron a saída desta proba que determinaría o campión galego da distancia en pista. De seguido Carlos Villamor e Rubén Diz tomaban uns metros de vantaxe con respecto ao resto, polo que entre eles dous dilucidaríase quen sería o campión. Pasaban os metros, as voltas, e o bino-

Yolanda Gutiérrez duranta a súa proba de 10.000./R.T




BARRIOS DEPORTIVO 4 de abril de 2014

ATLETISMO / XIMNASIA

Máis de 400 atletas na VII 10km Xinzo de Limia 4 Akka Essaadoui foi o vencedor masculino e Rocío Rodríguez a feminina. Redacción O 30 de marzo disputouse a sétima edición dos 10km Xinzo de Limia. Un circuíto de dúas voltas (cinco quilómetros cada unha delas) homologado pola Real Federación Española de Atletismo. Unha planicie coma a de Xinzo fai que moitos atletas acudan a esta cita para melloras nos 10.000 metros. Cun tempo frío pero sen choiva participaron un total de 294 atletas na proba absoluta. O atleta do Club Val Miñor, Akka Essaadoui, foi o vencedor ao empregar un tempo de 31:54 minutos. Segundo en entrar na liña

de meta foi o atleta do Bikila Daniel Bargiela, quen parou o crono en 32:19 minutos. En terceira posición remataría Nemesio López (Fontes do Sar) en 33 minutos e 44 segundos. Na categoría absoluta feminina a gañadora foi

Rocío Rodríguez, (Val Miñor) realizando os 10 quilómetros en 39:04 minutos. Filomena Cid (Ourense Atletismo) ocupou o segundo caixón do podio ao rematar en 45:04 minutos e terceira foi a atleta do Ourenrunning, Ángeles Rodríguez

(45:07). Categorías escolares Anxo Losada e Adriana García venceron na carreira de benxamíns e alevíns e na de infantís e cadetes, Ziad Nagihi e Aída Martínez proclamáronse gañadores.

Os atletas tiveron que dar dúas voltas a un circuíto de 5 km homologado pola RFEA

Saída da proba absoluta da carreira popular de Xinzo./S.TORRES.

A Ximnasia Acrobática tomará Oira 4 Esta fin de semana acollerá a Copa Galicia e o Campionato Galego. Redacción Este sábado 5 de abril celébrase no polideportivo de Oira o VII Internacional Copa Galicia de Ximnasia Acrobática, en categoría cadete, xuvenil, júnior e sénior. O domingo pola mañá estas instalacións acollerán o Campionato Galego de Ximnasia Acrobática nas categorías alevín e infantil, non contempladas como internacionais por idade. Estas instalacións acollerán ao redor de 250 ximnastas das diferentes comunidades españolas e de Portugal. Representando a Galicia participan catro clubs, dos cales o Bur-

gas é o único ourensán, que participa con 29 deportistas entre ambas competicións. Entre estes ximnastas atoparemos a Yolanda García e Sara Branco, na súa recta final da preparación para o Mundial, que se celebrará en Francia en xullo. Do mesmo xeito, estas citas tamén son moi importantes para o club ourensán de cara á súa preparación para o Campioanto de España, xa que é a única maneira de que os seus ximnastas toquen un chan de competición antes da cita nacional.

As instalacións recibirán ao redor de 250 ximnastas

Cinco metais para o Ximnasia Pavillón no Open de Madrid Carreira de 500 m e salto de lonxitude foron dúas das probas do interzonal./S.TORRES.

Interzona en pista

O pasado 22 de marzo, as pistas de atletismo de Monterrei acolleron unha xornada interzonal escolar en pista. Máis de 300 participantes nas probas que se disputaron (algún deles competiron en varias disciplinas), fixeron desta xornada unha gran competición con mozos e mozas da provincia ourensá.

Joaquín Dobarrio vence no Pozo do Demo 4 En mulleres, Blanca Labandeira foi a máis rápida. Redacción O corredor local Joaquín Dobarrio foi o vencedor do IV Mini-Trail ‘Pozo do Demo’. Dobarrio (Club Alpino Ourensán) empregou un tempo de 51 minutos e 34 segundos, entrando en liña de meta por díante dun dos favoritos, José Manuel Casado (Vía XVIII Ma-

ceda) quen empregou un tempo de 53:18 minutos en percorrer os 12.150 metros do trail. En terceira posición chegaría Alfonso Vilela (atleta independiente) a máis de dous minutos do gañador (53:45). En categoría feminina, Blanca Labandeira (Club Triatlón Mar de Vigo) resultou vencedora cun tem-

po de 1 hora 10 minutos e 17 segundos. Lorena García e María del Pilar Martín, foron segunda e terceira respectivamente neste esixente percorrido. Mellores marcas Nas categorías inferiores lográronse batir catro mellores marcas desta competición. Así, Xoel Gago venceu na proba benxamín (700 m) con 2 minutos e 31 segundos, baixando a marca anterior 12 segundos. Despois serían Anxo Losada (EDC Verín Atletismo) e Adriana García (Colexio Mª Inmaculada) os que baterían as mellores marcas en categoría alevín, con 4 minutos e

22 segundos e 4 minutos e 49 segundos, respectivamente. Por último, Fiz Losada (EDC Verín Atletismo), durante a proba infantil de 2 quilómetros igualaría a mellor marca de 7 minutos e 14 segundos que compartirá coa realizada con José Carlos Castro na edición de 2012. O resto de gañadores foron en benxamín feminino, Xiana Fidalgo (Barbadás); infantil feminino, Miriam Cerdeiriña (EDC Verín Atletismo); cadete masculino, Javier Domínguez (Castro Baronceli) e cadete feminino, Aída Martínez (C. Atletismo Tui).

4 Os deportistas ourensáns fixéronse con catro pratas e un bronce. Redacción O equipo de trampolín do Club Ximnasia Pavillón foi convidado pola Federación madrileña para participar no Open da Comunidade de Madrid, no que se mediu con conxuntos de Aragón, Castela León, Baleares e Canarias. En categoría sub-15 destacou a actuación de María Salas e Daniel Fernández (segundos) e Noa Puente (terceira). E en categoría absoluta, realizou unha envexable actuación Laura Lecuona, que tamén sumou unha prata en trampolín ao botín ourensán. Pola súa banda, en dobre mini tramp, Eduardo Novelle fíxose co se-

gundo posto, confirmando a boa aposta da Selección Española de escollelo para representar ao noso país nos Europeos. Outros resultados Asemade, tamén realizaron un gran papel en Madrid Nicolás Cid e Guillermo García, cuarto e quinto, respectivamente, no grupo sub-15. E Iago Sousa e Diego Feijoo, quinto e oitavo, respectivamente, entre os absolutos.

En categoría absoluta realizou unha envexable actuación Laura Lecuona, cunha prata en trampolín


BARRIOS DEPORTIVO 4 de abril de 2014

BALONCESTO

A mala sorte cébase co Pabellón Ourense 4 Noelia Oliva sofre unha lesión que a terá apartada da cancha o resto de tempada. S.N. Este ano está a ser toda unha carreira de obstáculos para o Pabellón Ourense, que só logrou dúas vitorias no que vai de Liga. Comezou o curso cun equipo competitivo, pero as baixas pronto comezaron a chegar. Arantxa Mallou sufriu unha lesión de nocello (que a día de hoxe aínda a mantén sen xogar) a poucas semanas de empezar a competición. De seguido, Miríam Bolívar e Laura Saarinen abandonaron as filas pavillonistas e o equipo comezaba a facer augas. Só Claudia Aponte o mantiña

a flote, pero unha xogadora non podía tirar sóa do carro, polo que tocou facer fichaxes, e Mar Ahijado e Noelia Oliva sumáronse ao Pabellón. Con dúas grandes como Noelia e Claudia xogando xuntas parecía verse a luz ao final do túnel. Pero esta imaxe idílica nin sequera a puidemos gozar nos Remedios, xa que só un partido (contra o Celta Selmark disputado en Vigo) foi o que compartiron camiseta, porque o Al-Qázeres fíxolle a Aponte unha irresistible oferta co fin de mellorar o seu banco de cara ao play off de ascenso.

4 As baixas do Pabellón

Arantxa Mallou.

María Álvarez.

Claudia Aponte.

Noelia Oliva.

Claudia marchou e os medos voltaron, pero María Álvarez ensinounos que podía ser a parella de Oliva, ata que tamén se lesionou a mediados de marzo. Só quedaba cruzar os dedos para que Stacy Zamroz se fixese por fin co tránsfer que lle proporcionaría luz verde para xogar, e así foi. O último golpe De novo, algo de esperanza. Pero pouco durou, a peor das noticias coñeciámola este domingo. Logo de ver como o médico atendía a Noelia Oliva sobre o parqué ao remate do choque contra o Café Barco no pavillón ourensán, os malos presaxios rondaban ao equipo, e, de novo, a mala sorte cebouse co Pabellón, xa que a base salmantina rompeu o dedo dun pé, o que a terá no banco máis aló dos dous partidos que quedan de tempada. A Noelia -que xa notou molestias no pé no último cuarto- esta lesión preocúpalle “non a nivel persoal, se non polo momento que atravesa o equipo”. Pola súa banda, o adestrador ourensán, Benxamín Rodríguez, lamentábase de que Oliva era a “peza que faltaba por romper no Pabellón”. Agora quedan dúas xornadas por disputar, e un longo verán para preparse a conciencia na procura de que o vindeiro curso a moeda dea a volta, e o equipo se esqueza de lesións, baixas e derrotas.

O Pabellón plántalle cara ao Café Barco 4 Pese á derrota (61-70), as ourensás pelexaron ata o final. Redacción O Café Barzo GBP pisou os Remedios marcando o ritmo, e en poucos segundos –mediante as asistencias de Susana Albano á expavillonista María José Bolonio, e os triples de Regina Gómez- situouse dez arriba (2-12). Ás ourensás costoulles reaccionar, pero Oliva, Glen e Ahijado recortaron a distancia a tres puntos. Non obstante, non valeu de moito, xa que o Café Barco ao final do primeiro período xa gañaba de 11 (11-22). No segundo cuarto, Stacy Zamroz e Noelia Oliva foron as protagonistas do conxunto ourensán e lograron manter ao equipo no partido, aínda que se acadou o descanso cun resultado de 27-37. Xa na segunda metade, foi chave para as rapazas de Benxamín Rodríguez a súa mellora en defensa, o xogo interior de Zamroz e a labor anotadora de Oliva e Ahijado. De feito, así, o

Últimas xornadas Redacción Este vindeiro sábado 5 de abril, o Pabellón Ourense recibe nos Remedios ao Cortegada (sétimo clasificado e xa sen nada en xogo). Para pechar o curso, o equipo ourensán

Pabellón logrou situarse a só catro puntos no minuto 28 (41-45). Pero os árbitros déronlle un último empurrón ás visitantes, que lograron ampliar de novo a renta ao final do terceiro cuarto (4151). No último período voltou a sobresaír Zamroz, pero non foi suficiente para frear a María José e Regina, polo que 61-70 foi o resultado final.



Sobresaíntes Nesta cita, destacou entre as pavillonistas Mar Ahijado, que se fixo con 12 rebotes e asinou catro tapóns a favor. Pola banda do Café Barco, a protagonista foi Regina Gómez, que con 28 puntos anotados (21 mediante triples), seis rebotes e dúas asistencias logrou 30 de valoración. Valladolid Nesta xornada, o Valladolid (sito na última praza -a de descenso directo- e que conta co mesmo número de vitorias que o Pabellón) foi derrotado polo León.

A expavillonista Mª José Bolonio foi chave na vitoria do Café Barco

Bolonio e Oliva ofreceron un gran xogo nos Remedios. viaxará á semana seguinte a Avilés para medirse co ADBA, que ocupa a quinta praza e aínda opta a colocarse entre os catro primeiros do grupo, que disputarán o play out de ascenso. En relación a estes rivais, Benxamín é cauto. “Haberá que confiar en que co equipo que nos queda sexamos capaces de lograr algunha vitoria”. Pola súa banda, o Valla-

dolid recibe este sábado ao Arxil (sexto clasificado e a só unha vitoria da cuarta praza), e na última xornada visita ao Cortegada. Neste senso, o técnico pavillonista espera “o Valladolid non logre vencer a ningún dos seus dous rivais”. Con dúas citas aínda por disputar, nada está decidido na parte baixa da clasificación.




BARRIOS DEPORTIVO 4 de abril de 2014

BALONCESTO

O encontro ante o Oviedo foi o último de Morentin ante os afeccionados ourensáns./R.T.

Último partido para gozar 4 Coa salvación no peto, o Club Ourense Baloncesto busca finiquitar a tempada vencendo ante o seu público. R. Torres Este venres 4 de abril remata a Liga Adecco Ouro para o Club Ourense Baloncesto, e faino no Paco Paz contra o Leyma Coruña. Este será un partido para gozar, xa que o equipo dirixido por Gonzalo García

Roberto Morentin fichou polo Burdeos da liga francesa NM1 ata final de tempada

de Vitoria ten a salvación asegurada desde a pasada xornada, cando gañou ao FC Barcelona B por 55-61. Para este encontro García conta co banco ao completo, polo que todos os xogadores disporán de minutos para despedirse da súa afección. Morentin Quen non estará no Pazo este venres será o pívot Roberto Morentin, que rescindiu o seu contrato co COB para recalar no baloncesto francés ata final de tem-

pada. Morentin marcha ao Burdeos da liga francesa NM1. O pívot xa tivera oferta francesa fai dous meses, pero entón declinara deixar a disciplina ourensá ata que non tiveran a salvación totalmente asegurada. Unha vez que se derrotou ao Barça B, Morentin optou por aceptar a oferta e marchar, sempre co beneplácito do corpo técnico e directiva. Festa do baloncesto Desde a directiva queren que este partido sexa a festa

do baloncesto galego. Para iso, son varias as opcións das que disporán os que desexen acudir ao Paco Paz de balde. Cada socio poderá sacar unha entrada gratis; se se leva un quilo de alimentos (destinado ao Banco de Alimentos) cambiarase por unha entrada e quen vaia vestido totalmente de azul recibirá tamén unha entrada de agasallo. O motivo de ir de azul é para empezar a festexar o 25º aniversario no que o Club Ourense Baloncesto ascendeu por primeira vez á Liga ACB. O presidente, Antonio Gavilanes, comentou que durante o encontro haberá unha sorpresa que non quixo desvelar. Próxima tempada Cos deberes feitos, e sen ter un verán no que o futuro do Club é incerto, xa se poden asentar as bases da próxima tempada. O primeiro sería saber se o técnico Gonzalo García de Vitoria continúa no banco ourensán. Pola parte negativa, está unha tempada irregular na que o equipo estivo durante moitos partidos ausente da competición. As expectativas, acertadas ou non, eran non pasar apuros e incluso a xogar o play off de ascenso, pero o equipo tivo un bloqueo mental durante gran parte da tempada. Pola parte positiva, atópase o feito de que o equipo non descende de categoría na cancha (algo que non se dera nas campañas anterio-

res); o obxectivo (a pesar de que se crearan grandes expectativas en torno á plantilla) non era outro que o da permanencia. Ademais, a paciencia e tranquilidade da directiva xunto coa unión do grupo de xogadores fixo posible non facer gastos por enriba das posibilidades do club

dos que logo houbera que lamentarse. Na parte positiva tamén está que o equipo rematou moito mellor de como comezou, dando mostras do seu nivel. Polo que podería ser a base da próxima tempada a renovación de varios xogadores da plantilla, e quen sabe se a do adestrador.

Hai tres maneiras de asistir gratis ao último partido do COB: como acompañante dun socio, levando un quilo de alimentos ou vestir de azul

Rafa Huertas sorteando a un rival do Oviedo./RAMSÉS


BARRIOS DEPORTIVO 4 de abril de 2014

FÚTBOL

Unha corda demasiado tensa 4 O CD Ourense viviu, coa prima da Copa Federación, un episodio máis no distanciamento entre xogadores e directiva. R. Torres O distanciamento actual entre xogadores e directiva de CD Ourense vén de vivir un episodio máis, coa prima pola Copa Federación. Campaña complicada esta 2013-2014 para o Club Deportivo Ourense. Esa imaxe idílica da pasada tempada -na que ían da man directivos, corpo técnico e xogadores, xunto cos afeccionados (superando os 3.000 socios)- esfumouse nuns meses, os que levan sen cobrar os empregados do club rojillo (algo máis de catro nóminas). Os xogadores decidiron non subir ao autocar que os levaría a Guadalajara se non arreglaban antes cos directivos o acordo das primas por ser finalistas da Copa, así como os correspondentes en caso de gañala. Os xogadores querían ser

os que repartiran a prima ao seu antoxo entre eles e os representantes do filial que participaron nesta competición, mentres que a directiva (segundo os xogadores, representada por José R. Fernández Morgade) xa decidira que cantidade de prima se lle daba a cada xogador. Isto motivou que se plan-

texaran non viaxar, pero unha reunión na mesma mañá do mércores, que rematou co acordo asinado por parte do presidente e dos capitanes do equipo,

fixo que se desbloqueara o plante. Tratouse dunha confrontacións máis, que fai que o futuro do club volva a ser, de novo, incerto.

Os xogadores estaban en contra de que a directiva establecese a cantidade de diñeiro que se lle daba a cada un deles

Varios xogadores do CD Ourense falando diante do estadio do Couto minutos antes de subir ao autobús que os levaría a Guadalajara./R.T.

Todo aberto para a volta

conto dos primeiros 45 minutos.

4 A final da Copa Federación decidirase no estadio do Couto o 10 de abril.

Segunda metade Na segunda metade, o conxunto do grupo 4 da Segunda División B continuou co seu xogo directo, mentres que os rojillos buscaron as contras. Os galegos sufriron os ataques dos alcarreños que buscaron o perigo colgando os balón á area. Pero a mala sorte cebouse co Ourense. Gustavo Souto pediu o troco por unhas molestias; e o seu substituto -Óscar Martínez- tamén tivo que abandonar o terreo de xogo a falta de 10 minutos logo de leva un golpe na cabeza con Akrong, o que lle produciu un impresionante corte. A falta dun minuto, o Guadalajara conseguiu tomar vantaxe na eliminatoria. Un saque de banda, un control longo do dianteiro que chegou a un compañeiro, remate e gol. O árbtitro porlongou por cinco minutos o encontro pero o marcador xa non se movería. Queda todo por decidir no Couto. Será o vindeiro 10 de abril ás 20 horas.

R.T. O Ourense chega ao partido de volta da Copa Federación, contra o Guadalajara, con opcións de levantala. O 2-1 da ida dá unha lixeira vantaxe aos casteláns, pero mantén vivos aos ourensáns.

O CDO comezou o encontro respetando ao rival pero sen complexos. Aos 15 minutos chegou a primeira ocasión dos rojillos, pero Moisés rematou en fóra de xogo. O Guadalajara continuou co dominio do balón; non obstante, foron os homes de Luisito os que

se adiantaron no marcador. Borja Yebra lanzou un saque de esquina que Capi enviou ao fondo das mallas. Cando parecía que se ía chegar ao descanso coa vantaxe dos ourensáns, unha discutida falta a prol dos locais fixo que empataran o encontro no tempo de des-

Yebra, nun partido no Couto, estadio onde se decidirá a Copa Federación./RAMSÉS



O Barbadás, en terra de ninguén 4 Na Rexional Preferente os conxuntos ourensáns camiñan por sendeiros distintos. Redacción O Barbadás leva semanas en terra de ninguén na Terceira División. Lonxe dos postos de arriba e salvado teoricamente desde fai xornadas, os homes de Jorge Regal agardan o final da Liga coa tranquilidade dos deberes feitos con moita antelación. Así é, alo menos, a sensación que dá en cada partido que disputa o equipo dos Carrís. No choque contra o Pontevedra notábase cal dos dous conxuntos se xogaba máis. Os da capital do Lérez impuxéronse por dous goles a cero. Con esta derrota, o Barbadás é décimo con 45 puntos, a 14 da promoción de ascenso, e 17 por enriba do descenso, cando restan 18 puntos por disputar. Rexional Preferente No grupo sur da Rexional Preferente os tres equipos ourensáns marchan neste tramo final con sensacións distintas. O CD Barco, con 44 puntos, é décimo, e aínda ten unha posibilidade de entrar en promoción (a cuarta praza está a seis

puntos). O Ourense B (décimo quinto) ten tres puntos menos (41) e dá a sensación de que non pasará apuros nestas sete xornadas que restan para que finalice a Liga, xa que o descenso está a 11 puntos. A nota máis negativa é a do Melias, que é pechacancelas con 18 puntos. Os franxiverdes están a 17 puntos da salvación cando faltan 21 puntos por disputar. Barbadás feminino O Barbadás feminino, que milita en Segunda División, vén de perder contra o Parquesol nos Carrís por cero goles a un. A pesar da derrota as xogadoras adestradas por Fofi están a piques de certificar a salvación. Con 29 puntos no casilleiro avantaxan en sete á zona de descenso cando restan nove puntos por disputar.

CD Barco e Ourense B, previsiblemente, salvarán a categoría. Melias non ten posibilidades

O Barbadás leva varias semanas no medio da clasificación, sen posibilidade de ascender nin descender.




BARRIOS DEPORTIVO 4 de abril de 2014

FÚTBOL SALA

O derbi, para o Ponte Ourense

Ser ou non ser 4 O Ponte visita á Universidad de Alicante.

4 Vence ao Cidade As Burgas por 3-1. R. Torres Partido vibrante o vivido o pasado sábado na central dos Remedios entre o Ponte Ourense e o Cidade As Burgas. O encontro correspondía á xornada 23 da Primeira División de fútbol sala e nas bancadas os afeccionados superaban o medio milleiro. O Ponte buscaba seguir soñando coa Copa e o Cidade sumar puntos de cara a certificar na maior brevidade posible a permanencia, un ano máis, na elite do fútbol sala nacional. Os dobres penaltis dictaron sentenza nun partido no que as mellores xogadoras foron as dúas porteiras. Ao inicio do encontro os dous equipos tanteábanse sen arriscar moito na parcela defensiva. Aos 11 minutos sería Vanessa Sotelo a que adiantaba nesta ocasión

(nos Remedios) ás visitantes. Sotelo aproveitaba un rexeite de Laura para batir á outra Vanessa (Barberá). Tralo gol as pontinas facíanse co tempo do partido, e a tres minutos para o descanso, Marta facía o empate a un. Nestes últimos minutos Codeso cometeu un erro, e foi dar saída no campo ao mesmo tempo a xogadoras novas con Peke, recén saída dunha lesión e moi por debaixo do seu mellor estado de forma. Isto fixo que as franxiverdes estiveran perdidas no campo durante os últimos minutos da primeira metade, o que provocou numerosas faltas en contra. As de Óscar Vivián aproveitaron esta situación para dominar o rival. Laura Fernández dispuxo de dous dobres penaltis que non desaproveitou. Os primeiros 20 minutos rematarían con 3-1 a prol das locais. Ma-

R.T.

A porteira do Cidade, Ana, evitou que o seu equipo encaixara máis goles no derbi. /RAMSÉS lia os tres goles, o traballo de Ana López na portaría evitou que o seu equipo recibira unha goleada moito maior no primeiro acto. Segunda parte Á volta de vestiarios, o Cidade intentouno por todos os medios, pero a segunda amarela de Iria Saeta facía que as opcións de sacar algo positivo deste encontro se lle reduciran considerablemente. A expulsión trouxo consigo dous minutos de superioridade que o Ponte non aproveitou. A oito minutos para o final, Manolo Codeso buscaba á desesperada un gol que as metera no encontro; para iso comezou a xogar con cinco xogadoras.

Peque defende o balón ante varias xogadoras do Ponte. /RAMSÉS

Foi entón cando xurdiu a figura da porteira pontina, Vanessa, quen mantivo a raia ao Cidade parando todo o que se lle achegaba pola meta. Con intervencións notables da xogadora local consumiríanse os 40 minutos, e os tres puntos quedaban coas albinegras, que continúan loitando por entrar na Copa.

Os dobres penaltis dictaron sentenza nun partido no que as mellores foron as dúas porteiras Primeira División FSF - 23ª xornada Posto Equipo Puntos 1º At. Madrid 60 2º Burela 58 3º Alcorcón 50 4º Alicante 46 5º Roldán 43 6º Rioja 38 7º Ponte Ourense 36 8º Gironella 34 9º Poio 31 10º Amarelle 25 11º Cidade As Burgas 24 12º Móstoles 21 13º Orvina 20 14º Ferrol 20 15º Soto del Real 18 16º Vallirana 3

O Ponte Ourense xógase a maior parte de posibilidades de entrar na Copa nesta xornada, a número 24 da Primeira División do fútbol sala, en terras alacantinas. Enfronte terá a un Universidade de Alicante que marcha na táboa clasificatoria na cuarta posición con 46 puntos, 10 máis que as ourensás, que son sétimas con 36. Para este encontro, o adestrado, Óscar Vivián poderá contar con Anita, quen xa dispuxo dalgún minuto no derbi da pasada xornada despois dunha lesión de nocello. En caso de gañar, as pontinas recurtarían a sete puntos a diferenza coa última posición (a cuarta) que dá dereito a xogar a Copa de España, aliciente que teñen as ourensás nes-

te momento. A loita pola Liga xa quedou descartada desde a primeira volta cando se perderon moitos puntos polo camiño. U. Alicante A Universidad de Alicante conta nas súas filas cun elenco de xogadoras que fan que sexa un equipo moi complicado de doblegar. Á porteira Toñi súmanselle grandes xogadoras como Txitxo, Andrea, Pao ou mesmo a goleadora Sara, terceira máxima artilleira da competición.

En caso de gañar en Alicante, as pontinas recurtarían a sete puntos a diferenza coa praza que dá dereito a xogar a Copa de España

4 Xornada 24 - 5 de abril Cidade As Burgas - Roldán Rioja - Amarelle Soto del Real - Gironella Burela - Móstoles Alicante - Ponte Ourense Alcorcón - Orvina Ferrol - Poio Vallirana - At. de Madrid

4 Xornada 25 - 12 de abril Orvina - Soto del Real At. de Madrid - Rioja Gironella - Ferrol Ponte Ourense - Burela Móstoles - Vallirana Poio - Cidade As Burgas Roldán - Alicante Amarelle - Alcorcón


BARRIOS DEPORTIVO 4 de abril de 2014

FÚTBOL SALA

O Cidade, apeado da Copa Xunta

4 Perdeu en semifinais por 2-4 ante o Burela. R.T. O Cidade As Burgas caeu na semifinal da Copa Xunta ante o Burela por dous goles a catro. Este resultado fai que non se reedite a final do ano pasado entre os dous conxuntos ourensáns da Primeira División. Burela - Ponte será a final deste ano. O Cidade comenzou adiantándose cun gol de Sonia na primeira metade, e con ocasións que poderían supoñer unha renda maior.

As de Manolo Codeso xogaban a placer na primeira metade e as luguesas mostrábanse imprecisas. Ata que antes do descanso a capitana Lidia Mesías devolvía as táboas ao marcador. Nos primeiros minutos do segundo período, cun Burela máis asentado na cancha, Bea Mateo e de novo a capitá poñían en franquicia ás da mariña lucense. O Cidade intentouno de todas as formas, e de novo colleu o control do partido cando optou polo xogo de cinco. Figo

recurtaría distancias e facía crer ao público presente que a remontada era posible. Unha ocasión dobre de Sonia e Figo podería ter sido o empate, incluso Vanessa tamén se topou coa porteira rival. Pero a renglón seguido, cando as franxiverdes estaban volcadas na portaría visitante, unha contra transformada pola trigoleadora da noite, Lidia, supoñía a sentenza das ourensás. O Cidade queda apeado do que sería a súa quinta final na Copa Xunta, mentres

que Burela e Ponte Ourense serán os finalistas deste ano. A Liga O Cidade ten unha complicada visita esta xornada. Recibe ao Roldán de Murcia que ocupa a quinta posición. Metidas as murcianas de cheo na loita por entrar na Copa, non será un partido sinxelo para as ourensás. Se o Roldán loita por entrar na Copa, o Cidade faino para non descender. As de Codeso viron como a pasada xornada se reducía a vantaxe cos postos de descenso; agora son undécimas con catro puntos máis que o Ferrol, equipo en zona de perda de categoría. Por parte do Roldán haberá que estar atento a xogadoras como Inma Sojo ou mesmo a goleadora Marta (17 tantos en competición).

Ponte Ourense e Burela disputarán a final da Copa



A Veiga, máis preto do título 4 Na Provincial masculina. Redacción Na Liga Provincial masculina as cousas estanse aclarando pola zona alta. A vitoria da Veiga e a derrota do Barbadás fan que os primeiros teñan máis claro a consecución do título ligueiro. Pola zona baixa, o Lasider caeu ante o Beariz (8-7), o Pub Area 12 empatou contra La Bull 2.0 (5-5) e o Bar Barela venceu ao Piorno (5-3). Na Provincial Feminina, primeira e segunda (Cidade de Ourense e Cartelle) disputaban un duelo que rematou con empate a un tanto; o Cartelle é primeiro cun punto e un partido máis que o Cidade. Os perseguidores (Amoeiro e Celanova) non fallaron e acurtaron

distancias, polo que a Liga comprímese nos catro primeiros postos. Primeira Ourense No play off polo ascenso o Fontanería25anos.com é o único equipo imbatido ao conseguir a vitoria contra Os Peares por un axustado 3-1. A derrota do Vistahermosa fai que queden sós ao fronte da clasificación. Na Copa Delegación o AGS é o líder, seguido do Pub 02. Primeira Carballiño O Garabás venceu 3-1 ao Atlético Maside e o Gestamp ao Agrícola Sobrado por 5-2, o que fai que sigan primeiro e segundo na clasificación. Terceiro é o Dacón a un punto dos dous líderes.


10

BARRIOS DEPORTIVO 4 de abril de 2014

VOLEIBOL

Alex Team, vencedor da Liga 4x4 4 Celebrada no campus de Ourense. Redacción O Alex Team proclamouse vencedor da Liga 4x4 de voleibol que se celebrou no campus de Ourense. Durante cinco meses, cinco equipos participaron

En semifinais o Alex Team desfíxose do Gran Turismo por 25 a 10, sen dar opción ao rival

Unha recepción do balón par parte dun participante na Liga 4x4 de voleibol.

Concepción Arenal e Dompa Gestión, na loita polo ascenso 4 Buscarán estar o ano que vén na Liga Galega de voleibol. Redacción O pasado sábado celebrouse a segunda fase de ascenso á Liga Galega onde dous dos catro mellores equipos das Ligas zonais eran ourensáns: o Concepción Arenal e o Dompa Gestión.

Ambos equipos mediranse cos dous últimos da Liga Galega para decidir o ascenso

O Concepción Arenal tiña a difícil misión de medirse ao Mexillón de Ouro de Rianxo. O equipo de Rianxo era un bloque correoso que durante a Liga só cedera unha derrota e nove sets, polo que a eliminatoria era complicada. Os erros causados polos nervios das xogadoras ourensás ao disputar esta eliminatoria contra o mellor equipo da súa liga fixo que cederan o primeiro set por 17-25. O segundo set comezou moi igualado ata o ecuador

do mesmo, no que as ourensás conseguiron unha lixeira vantaxe que mantiveron para lograr o set por 25-20. Isto permitiulle ao Concepción Arenal coller moral o que serviu para que no terceiro set lograran de novo a vitoria parcial por 25-18. No cuarto set, o Rianxo estaba contra as cordas polo que xogou moi agresivo; pero as ourensás non se amilanaron e lograron facerse cun novo set (25-21). Deste xeito o Concepción Arenal era o primeiro finalista.

Partido da segunda fase de ascenso á Liga Galega de voleibol.

nesta Liga que tivo o seu desenlace no pasado mes de marzo. Dos cinco equipos catro accederon á fase final onde o primeiro da Liga regular enfrontábase ao cuarto e o segundo ao terceiro. Semifinais Na primeira semifinal o Alex Team (primeiro clasificado) desfíxose do Gran Turismo por 25 a 10 sen dar ningunha opción ao rival. A segunda semifinal foi igual que a primeira; cun Dompa Gestión A segunda semifinal enfrontaba ao Dompa Gestión ourensán contra o CV Pontevedra. O Dompa comezou titubeante, pero de seguido fíxose coas rendas do encontro para rematar gañándoo por 3-1. A final era ourensá. Final Á final chegaban pois o Dompa Gestión e o Concepción Arenal en busca de rival para a fase definitiva de ascenso á Liga Galega. O Concepción Arenal comezou o primeiro set moi forte o que lles valeu para conquistalo por 25-17. O segundo set foi para o Dompa Gestión por 15-25 logo de despegarse na medianía do xogo. O terceiro set foi de novo para o Dompa que viu como as súas rivais sufrían un baixón anímico; o resultado foi de 19-25. O cuarto set foi moi igualado, chegando aos últimos intres do mesmo sen saber quen podería facerse co punto. Finalmente foi o Dompa o que se levaría este cuarto set (25-22) e con el o partido. Agora os dous conxuntos mediranse aos dous últimos equipos da Liga Galega para saber se ascenden ou non a esa división. O Dompa Gestión enfróntase ao último da Liga Galega, o XAV Cambados, mentres que o Concepción Arenal xogará contra o penúltimo, o CV Pontevedra.

dominio claro por parte do Leviousa o que lle valeu para facerse co encontro por un 25-12 que non deixaba dúbidas. A final A final xogábase ao mellor de tres sets entre Alex Team e Leviousa. No primeiro set os puntos foron moi longos, sendo o Leviousa o máis consistente neste xogo. Esta consistencia levounos a coller unha lixeira vantaxe o que lles permitiu vencer neste xogo por 17-14. Xa no segundo set o Alex Team reaccionou e fixo un xogo máis agresivo, o que lle valeu para levar a vitoria parcial neste segundo xogo por 17-11. Quedaba todo por decidir no último set. E foi novamente o Alex Team o

O Alex Team venceu por 2 sets a 1 ao Leviousa na final, a través dos bloqueos e as defensas longas que foi superior. Os bloqueos e as defensas longas deron a vitoria neste terceiro set ao Alex Team (4-15) e con ela o triunfo no partido e na primeira edición da Liga 4x4 disputada na cidade das Burgas. Chetada foi terceiro e Gran Turismo, cuarto O Chetada 3000 venceu na loita polo terceiro e cuarto posto ao Gran Turismo logo dun partido a un set no que gañou con contundencia: 25-8.


BARRIOS DEPORTIVO 4 de abril de 2014

DEPORTES ACUÁTICOS

salvamento

Colomo e Quintas, vencedores absolutos da Copa Deputación Equipo benxamín-alevín do CNPO desplazado ao Trofeo Promesas do Lérez.

O Natación Pabellón, cuarto en Pontevedra 4 No IX Trofeo Promesas do Lérez. Redacción O sábado 29 de marzo disputouse en Pontevedra o IX Trofeo Promesas do Lerez. Por equipos, o Club Natación Pabellón Ourense rematou na cuarta posición cunha boa actuación dos seus nadadores. Eva Feijoo en 50 costas, categoría benxamín, foi ouro, o mesmo que Jacobo Caride, 100 costas, quen ademais logrou mínima para participar no Campionato de España do Consello Superior de Deportes na categoría alevín. En categoría alevín colgáronse a prata Carmen Taín en 100 libres e Héctor Álvarez en 100 braza; Héctor ademais conseguía mínima para o Nacional do CSD. Os alevíns Noel Quiroga (200 libres) e David González (100 costas) lograron o bronce. Natación adaptada O nadador Aitor Grande Carral, CNPO, participou no Campionato de España Open de Natación Adaptada onde tivo unha boa participación. Grande foi quinto en

en 100 e 200 costas e en 400 libres; sexto en 100 libres e sétimo en 200 libres. Polo que a súa preparación de cara ao Open Internacional de Natación Adaptada que se celebrará en Berlín vai por bo camiño. Memorial Juan Varela Tamén a pasada fin de semana disputouse o XXXIV Memorial Juan Varela no Ferrol. O Pabellón Ourense foi subcampión do torneo con destacadas actuacións individuais. Alberto Taboa-

da foi ouro en 50 e 100 braza e prata en 200 braza; Laura Pimentel, prata en 400 estilos; Adrián Blanco, bronce en 50 e 100 costas; Ana María Santiso, prata en 200 costas e José Moure, bronce en 400 estilos. O relevo 4x100 estilos (Alberto Taboada, Martín Sabuz, Adrián Blanco e Ecequiel Quiroga) foi ouro e bronce o 4x100 estilos (Ana Mª Santiso, Ana Karina Obaya, Andrea Bello, Paula Blanco).

4 Celebrouse o 23 de marzo nos Remedios. Redacción O domingo 23 de marzo disputouse no pavillón dos Remedios a primeira edición da Copa Deputación de salvamento na que Cristina Colomo e Jesús Quintas foron os vencedores absolutos. Colomo e Quintas gañaron na proba de 200 me-

tros obstáculos categoría máster. En categoría alevín, na que se nadou 50 metros obstáculos, a campioa foi Carla Rodríguez Vázquez e o campión, Xián Breogán Rodríguez. En infantil (100 metros obstáculos) venceron Uxía Conde Fuentefría e Daniel Vila Vila. Lucía Serrano

11

Pérez e Álvaro Rodríguez gañaron en cadete (150 metros obstáculos). Ángela Dopereiro García foi primeira en 200 obstáculos júnior feminino. E Andrea González Varela e David González Laranjo levaron o título 200 metros obstáculos sénior. Próximas citas Ao club Salvour agárdanlle máis citas nestas semanas. A primeira proba de augas abertas será a primeira xornada da Liga Galega na praia de Rodeira (Cangas).

Andrea e David foron primeiros en 200 metros obstáculos sénior

Equipo de deportistas do Club Salvour que participou na Copa Deputación.

O CW Paballón vence... e agarda Redacción

Berto, Adrián, Ecequiel e Martín lograron o ouro en 4x100 estilos no Memorial Juan Varela.

O 29 de marzo disputouse na piscina do Centro de Tecnificación Deportiva de Pontevedra o partido correspondente á novena xornada galega de waterpolo de 2ª División, na que o CW Pabellón se

mediu co Pontevedra. O resultado final foi de 11-13 con vitoria sufrida para o equipo da cidade das Burgas, o cal se enfrentaba a unha comprometida cita ao xogarse os postos de promoción á 1ª División galega. O CW Pabellón debía gañar para ter opcións. O ritmo do partido levouno o CW Galaico Pontevedra, como demostra o tanteo por cuartos 3-2, 2-2, 4-4, 2-5. Pero a experien-

cia do equipo ourensán impúxose no último cuarto marcando un gol ao contraataque no último minuto, o que supuxo unha diferenza insalvable a falta de 6 segundos. Toca agardar O Pabellón espera agora o resultado da última xornada do CW Santiago (na que non disputa xa ningún partido) para saber se opta á fase de ascenso.


12

BARRIOS DEPORTIVO 4 de abril de 2014

ARTES MARCIAIS

José Manuel Ferreira triunfa no Campionato de España de Wushu 4 Nas modalidades de formas e combate. Redacción Os días 15 e 16 de marzo celebrouse en Villaviciosa de Odón (Madrid) o Campionato de España de wushu en formas e combate para as categorías júnior e absoluta. A selección galega acudiu á cita con 20 deportistas, que lograron 20 medallas (10 de ouro, 7 de prata e 3 de bronce). Dentro da expedición galega participaron varios ourensáns que lograron una participación moi notable; como foi o caso do deportista de Verín, José Manuel Ferreira. Ferreira, do Club Arco de Verín, que logrou catro ouros en nanquan (puño de sur), nandao (sabre de sur), nangun (pao de sur) e en duilian (com-

O ourensán Aarón Blanco (Club Artai), o segundo pola dereita, xunto a catro dos profesores do curso: Byron Jacobs, Wang Erping, Xu Weijun e Michal Ignatowicz.

Curso de wushu en Turquía Ferreira (á esquerda) fíxose con catro medallas de ouro. bate preparado). O seu compañeiro de club, Arcadio Álvarez acadou os ouros en nanquan e nandao.

Campionato de Europa Con estes resultados teñen posibilidades de facerse cunha praza para o Campionato de Europa en Romanía en maio.

Celebrouse no pasado mes de marzo en Turquía o “International Wushu Coach Training Course”, Curso Internacional para profesores de wushu, convocado pola IWUF. Ao evento acudiron preto de 80 mestres de todo o mundo dos cales dous eran ourensáns, Aarón Blanco Pita, director das escolas deportivas Artai e Abraham Rodríguez González, alumno do primeiro e director técnico do club Wushu / Kungfu Club Ourense. Foron catro xornadas nas que se presentaron catro novas rutinas de competición internacional: yang taijiquan, chen taijiquan, yang taijijian e chen taijijian (formas de mao e espada de estilos Yang e Chen), así como as novas normativas de competición e o novo sistema de puntuación.


BARRIOS DEPORTIVO 4 de abril de 2014

POLIDEPORTIVO

13

Barreiros e Estévez, oitavos no nacional de katas 4 O mesmo posto que na primeira participación. Redacción Os judokas do Marbel Iván Barreiros e José Estévez lograron ser oitavos no Campionato de España de Katas celebrado o 22 de marzo en Oviedo.

403 puntos. O campionato consistía na exhibición de movementos técnicos de judo e jiu jitsu. Para o mestre Manuel

Montero (ximnasio Marbel) esta oitava praza é “satisfactoria” debido a que o nivel da competición era “moi elevado”.

Total de 403 puntos Os ourensáns, Barreiros (4º Dan de Judo) e Estévez (2º Dan), competiron na categoría Kodokan Goshin Jitsu No Kata. Nesta segunda participación nun nacional lograron repetir a oitava posición lograda na primeira. En total acadaron

Os ourensáns competían na categoría Kodokan Goshin Jitsu No Kata e sumaron 403 puntos

David, Gonzalo, Rubén, Pablo e José, persoal do ximnasio V&P gyms.

Un aire novo chega aos ximnasios de Ourense

Iván Barreiros e José Estévez en Oviedo.

A partir do próximo luns xa te podes achegar á rúa Chano Piñeiro nº 2 na zona de Barrocás para descubrir un novo concepto de ximnasio, tanto na estética e ambientación urbana como no trato persoal do grupo humano que compón o ximnasio V&P gyms. Máquinas de última xeración, musculación personalizada, adestramento militar ou clases colectivas de zumba, boot camp, crosshit, defensa persoal policial e civil completan a oferta deste novo ximnasio que David, Gonzalo, Rubén, Pablo e José che invitan a descubrir. Grazas a súa experiencia no sector recibirás unha completa orientación sobre as túas necesidades e solucionarán todas as túas dúbidas. Para informarte podes visitar o seu facebook V&Pgyms, ou chamar ao teléfono 678 298 436.


14

BARRIOS DEPORTIVO 4 de abril de 2014

ACTUALIDADE

A Deputación de Ourense convoca axudas para “Eventos deportivos 2014” 4 O prazo de solicitudes estará aberto ata o 21 de abril. Redacción

Na imaxe, Javier Sendín, Jaime Amorín, Carlos Morante, e a doutora Maria José Varela, trala firma do convenio entre o Hockey Barrocás e El Carmen.

El Carmen, hospital de referenza para o Club Hockey Barrocás

O Club Hockey Barrocás e o Centro Médico El Carmen veñen de asinar un acordo polo cal o hospital ourensán convértese en centro de referenza para o club deportivo, tratando as lesións dos seus xogadores. El Carmen tamén asesorará á entidade deportiva en todos os temas médicos e xestionará os trámites das lesións coas aseguradoras e Federación. Por outra banda, Centro Médico El Carmen colabora de maneira económica co Barrocás, a través de publicidade no campo de Mariñamansa e incluíndo o seu logotipo na camiseta do primeiro equipo. Resultados O club ourensán vén de perder 2-8 contra o Jolaseta, o que complica as súas aspiracións de conservar a categoría na División de Honra do hockei nacional.

A Deputación de Ourense vén de convocar unha novidosa líña de axudas para o sector deportivo, en concreto para “Eventos Deportivos” a desenvolver ao longo do ano 2014. As bases publicáronse no B.O.P. nº65 do 20 de marzo. Esta convocatoria de axudas ten unha dotación económica de 80.000 euros. Ata o vindeiro 21 de abril estará aberto o prazo de solicitudes da convocatoria que poderán pedir concellos, entidades deportivas, entidades sen ánimo de lucro ou asociacións veciñais para a organización de eventos deportivos neste exercicio 2014. Coas axudas o ente

provincial quere contribuir ao mantemento dunha actividade deportiva ampla, orientada ao público en xeral e baseada nos conceptos de deporte-saúde e deporte para todos. O obxectivo destas bases é regular a convocatoria pública por parte da Deputación de Ourense para a tramitación e concesión de subvencións mediante convocatoria pública e a través do procedemento de concorrencia competitiva. Finalidade A finalidade da convocatoria é financiar parcialmente os gastos derivados da organización de actividades físico-deportivas de carácter específico e puntual, que impliquen a práctica de disciplinas deportivas reco-

O deporte das dúas rodas, protagonista en Ourense

O Campus Ourense Rugby, á final galega

4 Nos próximos meses disputaranse numerosas probas ciclistas na provincia.

Redacción

Redacción Ourense acollerá numerosas probas ciclistas nos próximos meses. Comezando polo challenge “4 días de Ourense”, que terá lugar do 17 ao 20 de abril. O 3 de maio disputarase a sexta edición do campionato da Península Ibérica. E para xuño celebrarase a XXXVIII Volta Ciclista ao Ribeiro (día 14), a Ruta Ciclista do Ribeiro (día 15) e o 92º Gran Premio Cidade de Ourense para o día 28. Máis probas A provincia acollerá aínda máis probas. Así, en xullo, o día 13, chegará a Copa Deputación de Ourense (Copa de España) e o Campionato

de España de ciclismo en ruta e contrarreloxo individual os días 25, 26 e 27. En agosto, será o turno da segunda edición do Trofeo Concello da Veiga, o día 3, e o Campionato do Mundo de ciclismo en ruta e contrarreloxo individual, os días 15, 16 e 17. Xa en setembro, o día 14, celebraranse os Xogos Mundiais de ciclismo, e rematarán as probas do deporte das dúas rodas coa celebración da 30 edición do Día da Bici, prevista para o día 21.

Do 17 ao 20 de abril terá lugar o challenge “4 días de Ourense”

4 Na categorís sub 18. O Campus Ourense Rugby xogará a final galega sub 18 contra o Pontevedra R.C. ao vencer na semifinal ao CRAT Coruña. O Campus Ourense Rugby tiña a difícil papeleta de darlle a volta á eliminatoria tralo resultado adverso do partido de ida. Na Coruña o CRAT venceu aos ourensáns por 19 puntos de diferenza, polo que o Campus tiña que gañar por unha vantaxe maior. Ao final, os pupilos de Ernesto Barbosa lograron a vitoria por 24 puntos de diferenza (317) o que lles permite xogar a final galega. Na final terá enfronte ao Pontevedra, que se alza coma favorito despois de vencer en semifinais aos Ingleses. Os da cidade do

Lérez empataron no partido de ida e lograron a vitoria na volta. Liga Feminina Na Liga Feminina o Campus Ourense clasifi-

couse para disputar o ascenso a División de Honra. Os outros equipos clasificados xunto coas ourensás son o Universidad de Vigo, Coreti Lalín e Muralla de Lugo.

ñecidas polas federacións deportivas, ben sexa con carácter competitivo ou con carácter non competitivo, tales como xornadas deportivas, campionatos ou torneos de calquera ámbito. Tamén están incluídas actividades de carácter específico e puntual que, sen reunir os requisitos sinalados anteriormente, poidan considerarse como análogas, por comportar a realización de actividades físicas semellantes ás deportivas que se correspondan con hábitos de vida saudable, tales como andainas populares, rutas de sendeirismo ou similares.

A convocatoria ten unha dotación de 80.000 euros Equipo sénior O conxunto sénior está á espera de xogar a Copa Xunta. En primeira rolda medirase ao vencedor da previa que están a xogar entre Fendetestas das Pontes e Coreti Lalín.

O equipo feminino disputará o ascenso a División de Honra

O Campus Ourense Rugby deulle a volta á eliminatoria e venceu ao CRAT coruñés./R.T.


BARRIOS DEPORTIVO 4 de abril de 2014

ACTUALIDADE

15

Edita: Letras a la Carta S.L. CIF: B-32.323.925. Depósito Legal: OU 185-2009. Redacción: r/ Bedoya, 7, 1º, of. 6 - 32004 Ourense. Tel: 988 04 53 52 / 685 969 546. Correo-e: deportes@periodicobarrios.com. Distribúe: Orixe. Imprime: Publicaciones Tameiga. Director: Ramsés Torres. Director comercial: Miguel Rejo. Redacción e fotografía: Paula Lodeiro, Ramsés Torres, Silvia Nieto, Miguel Rejo. Colaboracións: Alfonso Vilachá, José A. Santos, José Mª Arribas Nº96- Ano: VI - 4 de abril de 2014 - Difusión: 5.000 exemplares Este periódico non pode ser reproducido nin total nin parcialmente, sen autorización previa da empresa editora Letras a la Carta S.L. Impreso en papel 100% reciclado. Se ten algún problema co reparto, pregámoslle que nolo comunique no teléfono 988 04 53 52 / 685 969 546.

4TRIBUNA ABERTA

4O RINCÓN DO MESTRE

Cando fomos deuses (IX)

Deporte e realidade Capítulo 32. Dereitos dos mozos deportistas Os mozos deportistas, como entes naturais, teñen a honra de estar en posesión da carta universal dos dereitos na súa vida cotiá: 1º.- O ambiente íntimo dos adestramentos, unhas instalacións deportivas seguras e a aplicación de regras de xogo que eviten situacións perigosas e perigosas daranlle seguridade e confianza. 2º.- Os nenos necesitan descubrir o mundo do deporte, para iso han de practicalo. A posibilidade de poder gañar en cada adestramento e partido novas experiencias desenvolve a intelixencia. 3º.- Os eloxios adoitan reforzarlle máis mentalmente. Por iso, os pais e técnicos-educadores, deben tentar ser sempre positivos, deixando de lado as críticas. 4º.- O neno prefire ser independente canto antes. A metodoloxía do ensino debe respectar esta necesidade do mozo deportista, asegurando que busque polo seu propia conta solucións aos problemas que lle presenta o técnico-educador.

5º.- O mozo deportista busca instintivamente a outros. Ao mozo deportista encántalle asociarse e identificarse co seu grupo ou equipo. 6º.- Ao neno non lle interesa nin o pasado nin o futuro, vive intensamente o presente sen pensar en mañá ou onte. 7º.- Xogar é para o mozo deportista como o soño. O mozo deportista aprende xogando, por iso o xogo é o punto central de cada sesión. 8º.- Os técnicos-educadores deben ser persoas moi preparadas para poder reconducir aos mozos deportistas na procura da súa propia identidade 9º.- Dereito a sentirense felices, tanto nas actividades formativas como nas lúdicas e recreativas. 10º.- Dereito a seren considerados como futuros deportistas en formación e non como profesionais. 11º.- Dereito a cometeren erros e aprenderen deles. Os erros adoitan ser leccións didácticas moi importantes. 12º.- Dereito a seren educados, formados e adestrados de forma metódica,

progresiva e de acordo ao seu desenvolvemento psicomotor. 13º.- Dereito a seren competitivos tanto no colexio, como na competición e en calquera outra situación, pero sempre cun fondo formativo. 14º.-Dereito a seren tratados con dignidade e xustiza tanto polos seus profesores como polos seus técnicos-educadores. 15º.- Dereito a seren partícipes da escala dos valores sociais. 16º.- Dereito a teren e gozaren do seu tempo libre para outras actividades á marxe dos estudos. 17º.- Dereito a seren respectados polos superiores. Alfonso Vilachá, concelleiro de Deportes de Ourense e entrenador

“Xogar é para o mozo deportista como o soño. O mozo deportista aprende xogando, por iso o xogo é o punto central de cada sesión”

20ª Xornada. C.D. Ourense 4 – 0 Gran Peña Cunha intensa chuvia e sobre un campo enchoupado desenvolveuse unha nova xornada. Gol de Túnez tras rematar unha falta aos quince minutos. A mellor condición física dos locais faise notar na loita sobre a lama e así chega un segundo gol en propia porta tras tratar de despexar Chamorro un centro desde a esquina de Túnez. Seara de cabeza fará dous minutos despois o terceiro. Tras do descanso será Pataco quen complete o marcador. 21ª Xornada. Arousa S.C. 1 – 3 C.D. Ourense Carballeda por dúas veces e Seara marcan para selar un novo triunfo dos rojillos nunha xornada onde encaixan un novo gol, obra de Pereira, na súa contra nun partido de escaso público nas bancadas. O Arousa é un dos históricos da Terceira, onde militou durante máis de cincocentas tempadas. Chegou a xogar sete tem-

padas en Segunda B. 22ª Xornada. C. Ordes 0 – 5 C.D. Ourense Un novo partido onde o conxunto ourensán logra cinco tantos, era a sétima vez que facía esta cantidade de goles e a terceira en campo alleo. Os líderes amosan os porqués desa clasificación e dominan sen paliativos ao seu rival. Os tantos saíron das botas de Carballeda, os tres da primeira parte inaugurando a súa conta cun penalti transformado aos cinco minutos do inicio. Na segunda parte foi Cortés quen seguiría aumentando a vantaxe, concluíndo a conta cun novo gol de Carballeda. [Décima entrega sobre a historia do CD Ourense na tempada 67/68] José A. Santos

“O conxunto ourensán logra cinco tantos, a sétima vez que facía esta cantidade de goles”

A Deputación exhibirá os trofeos da Fundación “Estanislao Reverter” Redacción

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, asinou co presidente da Fundación “Estanislao Reverter”, Luis Reverter Gil, un acordo de colaboración segundo o cal a institución provincial, a través do Inorde, comprométese a ter en depósito e exhibir no futuro Museo do Automóbil, que creará na estación de Santa Cruz de Arrabaldo, os trofeos e distincións acadadas polo destacado piloto de ralis Estanislao Reverter o longo da súa traxectoria deportiva. No acto de sinatura, que contou tamén coa presenza de Santiago Reverter, fillo de Estanislao Reverter, destacouse que o obxectivo do acordo é promocionar e fomentar a figura do piloto no futuro “Museo do Automóbil”, para o cal a fundación entrega en depósito á Deputación a súa colección de trofeos e outros obxectos persoais (revistas, libros, etc. O depósito páctase con carácter indefinido e gratuíto.

Gasolineira Reza sorteu unha bici

4HUMOR

[+ en https://www.facebook.com/ChisteLoiro]

Manuel Vila Cid foi o agraciado no sorteo dunha bicicleta marca Specialized realizado pola gasolineira Reza o pasado 31 de marzo. O gañador puido escoller entre unha bici de montaña ou unha de estrada, elixindo a de montaña. Este foi o último dos sorteos realizados entre os clientes que repostan na estación de servizo, situada na estrada OU-402, km 1,7, Reza. O próximo será unha televisión LED que se entregará xusto a tempo para ver as últimas fases do próximo Mundial de fútbol.

Manuel Vila coa súa bici de montaña Specialized na gasolineira Reza.


BARRIOS DEPORTIVO 4 de abril de 2014

4 de abril de 2014 - BD Nº96  

No número 96 do Barrios Deportivo levamos a portada o derbi entre o Ponte Ourense contra o Cidade As Burgas con vitoria do primeiro.

Read more
Read more
Similar to
Popular now
Just for you