Page 1

Entrevista á remeira Anna Yuchenko FÚTBOL

Páx. 2-3

BALONCESTO

Páx. 3

FÚTBOL SALA Páx.4-5

ATLETISMO

Páx. 6

[Páx. 8-9] BALONMÁN

Páx. 11

Prepárate para vibrar

O COB inicia a Liga este sabado fronte ao Andorra. Sonia Teijeiro vence no “Correndo x Ourense”. O Balonmán Pabellón cae fronte ao Mecalia Atlético Novás. O CD Ourense enfrontarase co Burgos no estadio do Couto. O Cidade As Burgas vence en casa fronte ao Universidad de Alicante.

Número: 84- Ano: V - 4 de outubro de 2013 - Depósito Legal: OU 185-2009 - Periódico quincenal de distribución gratuíta - www.barriosdeportivo.com BARRIOS DEPORTIVO volve repartirse a partir do 25 de outubro. Se quere anunciarse consulte no 685 800 190.




BARRIOS DEPORTIVO 4 de outubro de 2013

FÚTBOL

4 Axenda deportiva Fútbol

- Día 6 de outubro -17.00h-. O Couto. CD Ourense Burgos CF. 2ªB. - Día 13 de outubro. Os Carrís. UD Barbadás - Betanzos CF. 3ª División. - Día 13 de outubro. Meliás. Meliás - Club Xuventú Sanxenxo. Rexional Preferente. - Día 13 de outubro. O Barco de Valdeorras. Barco Valadares. Rexional Preferente. - Día 13 de outubro. Ourense. CD Ourense B - Estradense. Rexional Preferente. - Día 20 de outubro. O Couto. CD Ourense - CD Tropezón. 2ªB. - Día 13 de outubro. Estadio Miguel Ángel. Pabellón Ourense - Pontevedra. División de Honra xuvenil.

Baloncesto

- Día 5 de outubro -Paco Paz-. COB - River Andorra. Liga Adecco Oro.

Atletismo

- Día 6 de outubro. Parada do Sil -09.00- VII Carreira Canón do Sil. - Día 12 de outubro. Toén -09.30- I Andaina de Moreiras. - Día 13 de outubro. Rios -09.00- Medio Maratón e Andaina de Rios. Saída andaina ás 9:00, saída medio maraton ás 11.00 h.

Fútbol sala feminino

- Día 5 de outubro. Os Remedios -17.00 h- Ponte Ourense - Gironella. 1ª División. - Día 12 de outubro. Os Remedios -17.00 h- Cidade As Burgas - Vallirana. 1ª División. - Día 19 de outubro. Os Remedios -17.00 h- Ponte Ourense - Alcorcón. 1ª División.

Ciclismo

- Día 6 de outubro. Ourense -12.00 h - XXIX Día da bici.

Hoquei

- Día 6 de outubro (Mariñamansa) -12.00 h- Barrocás - Junior. División de Honra.

Balonmano

- Día 12 de outubro. Pavillón dos Remedios -18.30 h. abellón Balonmán Ourense - Artabro Novo Mesoiro. Primeira Estatal. - Día 13 de outubro. Pavillón Os Remedios. Indomogal Pabellón - Serviauto Bueu.

Tiro

- Días 5 e 6 de outubro - Eiroás - XXV Copa Deputación de Ourense. - Día 6 de outubro - Eiroás - Liga Avangara. - Día 13 de outubro -Eiroás - Liga de pistola velocidad. - Día 20 de outubro - Eiroás - Liga fuego pistola central e pistola damas.

Judo

- Día 5 de outubro - Pavillón municipal de Oira - Segunda xornada da Liga Internacional de judo.

Motor

- Días 4 e 5 de outubro - Rali da Ribeira Sacra.

Óscar Martínez en primeiro plano coa bancada no fondo animando ao CD Ourense./RAMSÉS.

O Ourense espera ao Burgos 4 Enfróntanse na sétima xornada no estadio do Couto. R. Torres O domingo 6 de outubro a partir das 17 horas no estadio do Couto, o CD Ourense recibe a un clásico do fútbol nacional, o Burgos CF. O Burgos vén de ascender a pasada campaña de Terceira a Segunda B baixo o mando do ex xogador Ramón María Calderé (que militou, entre outros, no Barcelona e foi internacional coa selección española). Cunha plantilla moi renovada (case a metade dos xogadores son novas fichaxes) o equipo castelán-leonés marcha tralas sete primeiras xornadas na oitava posición con oito puntos -un menos que CD Ourense-. O Ourense, pola súa banda,

O CD Ourense é sexto con nove puntos; o Burgos, oitavo con oito

é sexto con nove puntos. Un partido moi atractivo que rememorará polémicas do pasado, cando os dous conxuntos pisaban o mesmo céspede. Baixas Por parte do CD Ourense, o adestrador Luisito ten as dúbidas de Campillo e Adrián Cruz para o partido desta xornada; os dous xogadores sofren molestias nos abdutores. Nos homes dirixidos por Calderé, o que causará baixa seguro será o defensa central Héctor Jiménez, que ten unha elongación no isquiotibial da perna dereita.

so Real Oviedo, candidato a todo nesta Segunda División B no seu grupo primeiro. Dous a un con goles de Borja Valle e Iker Alegre deron a vitoria a un CD Ourense que se coloca na clasificación en quinta posición con nove puntos. O estado de gracia que atravesa Borja Valle des-

eguida se demostrou cando, aos catro minutos de encontro, introducía o balón na portaría visitante. Javi Hernández comezou a xogada cedendo a Óscar Martínez quen enviou a Valle para que éste fixera o un a cero. Cando parecía que se encarrilaba o encontro, un

Descanso Dos dez primeiros equipos da táboa clasificatoria tan só Ourense e Burgos xa tiveron a súa xornada de descanso, o resto aínda a teñen que cumprir. Ourense - Oviedo O CD Ourense vén de dobregar ao todopodero-

Borja Valle na disputa dun balón ante un xogador do Real Oviedo n


BARRIOS DEPORTIVO 4 de outubro de 2013

FÚTBOL / BALONCESTO

erro (o segundo en casa en dúas xornadas) fixo que os “carbayones” empataran a contenda; nesta ocasión Pato deixaba en franquicia o balón a Eneko quen non perdoaba o agasallo. Así remataban os primeiros 45 minutos. A segunda metade discorrería coma a primeira, o Ourense buscaba o gol con balóns aos dianteiros. O porteiro visitante, no minuto 49 lograba desviar un balón de Iker Alegre que se colaba pola escadra. Na segunda oportunidade, o ex do Oviedo non perdoaría e lograba adiantar ao se equipo.

Ata o final, os visitantes buscaron un gol que lles dera o empate pero non chegaría. A pesar de que tiveron dúas claras ocasións nos instantes finais, un balón repeleuno o pao e o outro marchou por enriba da portaría. Finalmente, o luminoso marcaría de xeito definitivo o 2-1 e os tres puntos quedaban en Ourense.

Galegos e casteláns son os únicos dos dez primeiros que xa tiveron a xornada de descanso

4 Copa Federación Ourense e Compostela disputarán a final rexional da Copa Federación. Os ourensáns venceron ao Alondras no Couto por dous a cero con goles de Gustavo Souto e Borja Valle No partido de ida disputado en Cangas, o resultado final fora de empate a un gol. A final terá lugar xoves 10 de outubro e terá como contrincante ao Compostela que vén de vencer ao Pontevedra na outra semifinal da Copa. O vencedor embolsarase 3.000 euros amais de participar na fase nacional da Copa Federación.

no último partido no Couto./RAMSÉS.

Comeza a Liga LEB Ouro 4 O Club Ourense Baloncesto recibe na primeira xornada al Andorra, un dos favoritos ao título. R. Torres Acabouse a espera para o Club Ourense Baloncesto. Despois dunha longa e moi accidentada pretempada chega, por fin, o inicio de Liga. E non o pode facer de mellor maneira. O sábado 5 de outubro a partir das sete da tarde, o Paco Paz recibirá a visita dun dos favoritos a alzarse co título: o River Andorra. Un equipo feito para ascender que estará baixo a dirección no banco de Joan Peñarroya e cunha das fichaxes máis destacadas da LEB Ouro, a do ala-pivot Jordi Trías, ex xogador entre outros do FC Barcelona e do Juventut Badalona. Pretempada accidentada A facilidade con que se fichou ao adestrador Gonzalo García de Vitoria foi inversamente proporcional aos problemas que trouxeron algunha das fichaxes. Unha pretempada accidentada na que houbo que cambiar a dous xogadores que formaban parte do COB e que, un nin chegou a Ourense, e o outro fixo as maletas ás dúas semanas de pisar a cidade das Burgas. Un “misterioso” accidente de tráfico fixo que Alex Thompson non puidera coller o voo que o traería á súa nova aventura baloncestística en terras ourensás, polo que o club tívose que mover rápido para buscar un substituto; o elexido foi Roberto Morentín, quen

O norteamericano Jared Carter, última fichaxe do COB. xogara a pasada tempada no Cáceres. Se isto xa era un contratempo grande peor foi o caso de Aziz N´Diaye. O senegalés tivo problemas co visado, polo que a súa chegada a Ourense retrasouse máis da conta. Cando xa estaba adestrando cos seus novos compañeiros e acoplándose á dinámica do grupo, unha chamada dun dos seus axentes fixo que collera as maletas e marchara sen despedirse dos seus compañeiros. O seu destino, Alemaña, para xogar no Frankfurt Skyliners. Novamente de Vitoria tivo que moverse rápido para traer o antes posible a un xogador de garantías. A aposta do vasco foi o nortemaricano Jared Carter. Outro contratempo que non pasará a maiores é o de Edu Martínez. O aleiro sufriu unha fisura no tabique nasal ao ter un choque co seu compañeiro Diop, pero que non lle impedirá xogar no debut ligueiro fronte ao

Andorra. Incógnitas Con todas estas adversidades, García de Vitoria só puido contar con todos os xogadores da plantilla nos adestramentos desta semana, a semana na que comeza a Adecco Ouro. Polo que será una incógnita (ata o mesmo momento en que se poña o balón en xogo) saber como afectaron estes problemas ao equipo neste difícil incio de Liga. Despois de debutar na casa contra Andorra, o Club Ourense Baloncesto ten dous desprazamentos seguidos; un a Burgos contra outros dos favoritos da Liga e o seguinte contra o Navarra, equipo no que milita Rai López, un dos bases cobistas da pasada campaña.

COB-Andorra, sábado 5 ás 19 horas no Paco Paz



Mamadou Diop xogará no ABO Redacción

O xogador senegalés, nacionalizado español, Mamadou Diop será xogador do ABO Ourense Capital Termal para esta campaña. Diop xogará no equipo de Liga EBA aínda que realizará adestramentos co Club Ourense Baloncesto. Con 20 anos e 2,04 metros pertence á disciplina do Saski Baskonia, da Liga Endesa ACB. Estivo na canteira do club Vitoria e como sénior militou no UPV Alava (Liga EBA) e no CEBA Guadalajara (Adecco Prata) o ano pasado. Este ano formará parte do ABO e estará vencellado ao COB dentro da colaboración deportiva de ambos clubs. Selección Participou en categorías inferiores coa selección española, participando nas categorías inferiores (U17, U18 e U20). Equipo O ABO, dirixido por Juan Norat, continúa cos adestramentos de cara ao inicio ligueiro. Diego Mallou, Luis Otero e Rubén Pernas tiveron problemas coas lesións no que vai de pretempada. Este ano Norat conta cun equipo moi novo no que aparecen xogadores de Primeira División júnior, procedentes do COB, así coma outros das categorías inferiores do club.

O xogador senegalés adestrará co COB




BARRIOS DEPORTIVO 4 de outubro de 2013

FÚTBOL SALA

Cal e area para comezar 4 As pontinas vencían na primeira e perdían na segunda xornada de Liga. Redacción O Ponte Ourense xa viu as dúas caras da moeda neste arranque ligueiro. A cara da vitoria diante do Roldán, e a cruz da derrota fronte ao Poio.

Partido da pasada tempada entre o Ponte Ourense e o Gironella./RAMSÉS.

O Ponte Ourense recibe ás catalanas do Gironella 4 O encontro da terceira xornada disputarase o sábado 5 nos Remedios ás 17 horas. R. Torres O Ponte Ourense recibe a partir das cinco da tarde do sábado 5 de outubro ao equipo catalán do Gironella. A central dos Remedios será a sede deste encontro da terceira xornada da Primeira División. Nos dous primeiros partidos da tempada, as xogadoras dirixidas por Jorge Vaz levan unha vitoria e unha derrota; a vitoria foi na primeira xornada contra o Roldán e a derrota, na segunda contra o Poio. Mesma sorte leva o Gironella neste inicio ligueiro, cunha vitoria (Móstoles) e unha derrota (Atlético de Madrid). O Ponte tratará de maniatar ás xogadoras máis destacadas do Gironella, entre

as que se encontran Claudia Pons e Berta Velasco. A maioría das opcións do cadro catalán pasan por estas dúas xogadoras en cada partido. Que a defensa do Ponte sexa capaz de anulalas será determinante de cara ao resultado final. Laura Fernández e Rosángela, xunto co resto das xogadoras, terán que estar atentas ao xogo eléctrico de ambas as dúas. E a partir de aí, as albinegras deberán despregar o seu xogo vertical para sorprender en cada acción. Partido atractivo entre dúas escadras chamadas a ocupar os primeiros postos da clasificación. Gironella O Gironella é un dos equipos que cada ano está

nos postos de arriba. É certo que, sen ter moitas opcións ao título, o conxunto catalán acostuma rematar entre os oito primeiros da Liga, o que fai que dispute a Copa de España (que se xoga ao remate da Liga). No equipo franxivermello están xogadoras contrastadas coma Claudia Pons, Lidia, Anna Riera ou a retornada Berta Velasco (que xogara a tempada pasada no Lacturale Orvina), quen achegará moito ao xogo de equipo.

Claudia, Lidia, Anna e Berta son as xogadoras máis perigosas do Gironella

Roldán O Ponte recibía na primeira xornada ao equipo murciano do Roldán. O primeiro en golpear foi o Roldán, que aos sete minuto adiantábase no marcador co gol de Claudia. As visitantes cargábanse de faltas, o que aproveitou o Ponte cando Souza batía con dobre penalti á porteira visitante a falta de tres minutos para o descanso. Era o empate a un gol. Un minuto despois, Laura facía o 2-1 e antes do descanso, novamente Souza desde os 10 metros poñía terra de por medio co terceiro tanto das ourensás. Tralo descanso, e despois da metade do mesmo, Laura anotaba o cuarto gol local. A partir dese intre, as visitantes optaban, sen nada que perder, polo xogo de cinco en busca da remontada. Nos últimos minutos chegaría o arreón goleador das murcianas. A un minuto do final, Miriam, de penalti, facía o 42 e no derradeiro minuto do encontro, a mesma xogadora lograba o terceiro gol do seu equipo, insuficiente para sacar algo positivo de Ourense. Poio Contra o Poio, o Ponte sufriu a primeira derrota da tempada. 3-1 foi o re-

sultado dun partido no que as ourensáns non estiveron cómodas. Adiantáronse as locais con dous goles antes do descanso. Na reanudación o Ponte buscou máis presión e logrou recortar distancias cun gol de Marta. Nos intres finais e cando as ourensás buscaban a

igualada co xogo de cinco, Claudia facía o 3-1 definitivo para o Poio.

O Ponte venceu ao Roldán por 4 goles a 3, e perdeu ante o Poio por 3 a 1

Marta e Ana nunha xogada dun encontro desta tempada do Ponte Ourense./RAMSÉS.

4 Xornada 3 - 5 de setembro At. de Madrid - Alcorcón Ponte Ourense - Gironella Móstoles - Orvina La Rioja - Soto del Real Burela - Cidade As Burgas Roldán - Poio Viaxes Amarelle - U. de Alicante Vallirana - Ferrol

4 Xornada 4 - 12 de outubro Orvina - Ponte Ourense Gironella - Roldán Cidade As Burgas - Vallirana Soto del Real - At. de Madrid U. de Alicante - Burela Alcorcón - Móstoles Poio - Viaxes Amarelle Ferrol - La Rioja


BARRIOS DEPORTIVO 4 de outubro de 2013

FÚTBOL SALA

Vitoria de renome 4 O Cidade As Burgas vence ao Universidad de Alicante, un dos mellores equipos da Liga. R. Torres O Cidade As Burgas venceu ao Universidad de Alicante na segunda xornada da Primeira División de fútbol sala. Esta vitoria supón para o equipo adestrado por Manolo Codeso vencer, por primeira vez, a un dos mellores equipos e favoritos ao título de Liga, por 5 goles a 3. O equipo ourensán estivo moi serio durante os primeiros minutos, contrarrestando o ataque visitante cunha forte presión en toda a cancha. Cando parecía que o empate ía ser o resultado ao final dos primeiros 20 minutos, dúas xogadas das locais desfixeron ese resultado. No 18 Vanessa aproveitaba un balón longo

Tras dúas xornadas disputadas, o Cidade ocupa a novena praza, con tres puntos

da porteira Ana para batir a portaría rival; e un minuto máis tarde Fátima en propia porta facía o segundo gol cando tentaba despexar o esférico. As xogadoras levantinas buscaron a reacción na segunda metade con máis presión á hora da saída do balón das galegas. Pero un gol de cabeza anotado por Nerea facía subir o terceiro tanto local ao electrónico. Despois deste revés, Sara lograba recortar distancias cun disparo desde fóra da área (3-1). Un minuto máis tarde chegaría o momento de Vanessa Sotelo; a dianteira lograba o cuarto do Cidade logo dunha parede con Peque e o quinto (o terceiro da súa conta, que facía tras un soberbio control de balón) cando o UA optara polo xogo de cinco. A sorpresa estaba máis preto pero aínda terían que sufrir un par de sustos. Sara no minuto 36 e Amelia no 37 facían o segundo e terceiro gol visitante. Unha acción máis para o Alicante

Ana evita o gol das alicantinas. /RAMSÉS.

de certo perigo era a antesala do final do encontro e da primeira vitoria do Cidade contra un equipo de renome. Tras dúas xornadas disputadas o Cidade As Burgas ocupa a novena praza con tres puntos. Vindeira cita Para a xornada número 3 de Liga, o Cidade ten un novo derbi galego. Nesta ocasión o rival será o Burela, actual campión de Liga e Copa, polo que será un partido complicado para as franxiverdes. No Burela causaron baixa para esta campaña xogadoras como Dolo, Lucía Nespereira e Danny, pero regresou Claudia; ademais o equipo lucense reforzouse coa brasileira Marcela Leandro (Kinderman Caçador) e Bea Mateos (Orvina). As laranxas manteñen nas súas filas a piares importantes que as levaron a conseguir os títulos de Liga e Copa coma son Peque, Maite e a porteira Jozi. Ta-



mén, a nova xogadora Lidia Mesía está a coller este ano un gran protagonismo nas filas do conxunto mariñao. O Cidade intentará sorprender no pavillón burelense de Vistalegre ao equipo local; o encontro será o sábado a partir das 18.30h horas. Logo do partido da pasada xornada no que sorprenderon ao Alicante chegan a este encontro con moita moral, e como di Manolo Codeso, “imos a Burela con moito optimismo. Sabemos que é difícil pero non temos nada que perder”. En canto ás baixas, nin Iria Saeta nin Candela Soria participarán neste encontro; as dúas teñen sendas lesións musculares. A outra lesionada é María Romero que ten un esguince, e será ela a que determine se está lista para disputar o derbi galego contra o Burela. Amarelle O Cidade perdeu no primeiro partido de Liga contra o Viaxes Amarelle. As de Manolo Codeso non puideron sacar algo positivo do seu desprazamento a terras coruñesas no que se enfrontaron ao Viaxes Amarelle. Un conxunto herculino moito máis com-

Vanessa controla o balón dunha forma espectacular antes de marcar o seu terceiro gol do partido. /RAMSÉS. pacto que o ano pasado, con fichaxes contrastadas como as ex xogadoras do Burela Dolo e Lucía Nespereira e a ex do Cidade Laura. O gol da local Patri foi suficiente para que o Viaxes Amarelle levara este partido. As franxiverdes buscaron con forza o empate, pero este non chegou e regresaron a casa coa primeira derrota da tempada.

O Cidade xoga o sábado 5 en Burela e regresa a casa o 12 de outubro, cando recibe ao Vallirana

Primeira División FSF - 2ª xornada Posto Equipo

Puntos

1º At. Madrid 2º La Rioja 3º Poio 4º Soto del Real 5º Burela 6º U. de Alicante 7º Alcorcón 8º Roldán 9º Cidade As Burgas 10º Gironella 11º Ponte Ourense 12º Amarelle 13º Móstoles 14º Orvina 15º Ferrol 16º Vallirana

6 6 6 4 4 3 3 3 3 3 3 3 0 0 0 0




BARRIOS DEPORTIVO 4 de outubro de 2013

ANDAINAS

Paredes e Tejeiro, fortes na Universidade 4 Con esta vitoria logran o título de campións do circuíto “Correndo x Ourense”. R. Torres

Willy introduciu as andainas en Ourense fai 16 anos./RAMSÉS

O artista das andainas 4 José García Calvo “Willy” volve á primeira plana cos roteiros culturais organizados pola Universidade de Vigo. R. Torres

a vendima”.

O artistas das andainas, o introdutor desta actividade física na provincia de Ourense -fai xa 16 anos-, José García Calvo “Willy”, regresa cos roteiros culturais da Universidade de Vigo - Campus de Ourense. Unhas andainas en forma de roteiros culturais que cada ano contan cun número maior de seguidores. Neste curso son 11 as propostas de roteiros que comezarán o sábado 19 de outubro e rematarán aló polo 10 de maio. O primeiro roteiro cultural (o do día 19) será o da Ruta do Ribeiro, unha andaina de 16 quilómetros con final na Bodega Eduardo Peña, na que se fará unha cata de viños (o regreso será en autobús). O propio Willy fai seu un comentario dun colaborador ao dicir que “neste itinerario cheira

Nove novidades Dos 11 roteiros, nove son novos mentres que dous son repetidos de edicións anteriores. As andainas discorrerán polas provincias de Lugo, Ourense e Pontevedra, amais dun roteiro que adentrarase en Portugal e terá as praias do norte do páis veciño coma protagonistas. Comezarase na desembocadura do Miño e, ao longo de 25 quilómetros gozarase da beleza de diversas praias. Outro dos roteiros máis orixinais será o da “Ruta do Sil”, no que se alternará a andaina co catamarán para poder descubrir dous puntos de vista da Ribeira Sacra. Éxito de participación Ano a ano os roteiros culturais acumulan un número considerable de inscritos

chegados dos tres campus da Universidade de Vigo (Ourense, Pontevedra e Vigo). Entre os tres suman preto de 100 participantes en cada roteiro (este ano na Ruta do Sil soamente poderán inscribirse 75 persoas, que é o aforo do catamarán) e sempre enchen dous autobuses. Por iso, prevese que se acade sen dificultade o número máximo de inscritos na cita do Sil. Un éxito refrendado ano a ano, que demostra que esta actividade física ten moitos adeptos. O que demostra que Willy non se equivocaba hai 16 anos cando introduciu as andainas na provincia de Ourense.

Dos 11 roteiros organizados, 9 teñen novos percorridos

O domingo 29 de setembro celebrouse no campus universitario de Ourense a quinta e penúltima proba do circuíto de carreiras populares “Correndo x Ourense”. Aínda que tivo unha menor participación que as súas predecesoras, entre todas as probas participaron máis de 400 atletas, aos que nin o tempo inestable lles impediu acudir á cita atlética. En canto á categoría absoluta, e tras 6.500 metros de carreira, Javier Paredes (Ximnástica de Pontevedra) venceu con solvencia a súa terceira proba das cinco que se levan disputado de circuíto. O seu tempo de 21:28 minutos foi suficiente para chegar á liña de meta por diante de Óscar Ramos (Ourenrunning), segundo clasificado cun tempo de 21:42 minutos. En terceira posición chegaría Luis Iglesias Raña (Club Atletismo Carballiño) ao rematar a proba en 21:47 minutos. Pola súa banda, en categoría feminina a incontestable Sonia Teijeiro (Atletas Veteranos Ourense) volveu a dar mostras do seu poderío neste tipo de probas e foi a primeira muller en cruzar a meta nun tempo de 24:36 minutos. Iria Fernández Fontenla (Club Ourense Atletismo), foi segunda con 26:41 mi-

nutos; pero esta atleta xa non disputa o circuíto ao perderse máis dunha das seis probas do calendario. A terceira clasificada foi Ana María Ocampo Sanmamed, ao empregar un tempo de 26:54. Outras categorías Nas categorías infantil e cadete, sobre unha distancia de 3.200 metros, os vencedores foron Abraham Rodríguez e Aida Martínez. A Rodríguez seguírono Jesús Álvarez, segundo e Álvaro de Luis, terceiro. Detrás de

Martínez chegaron Itziar Manso e Daniela Ferreiro, segunda e terceira, respectivamente. Nas categorías benxamín e alevín (1.000 metros) os tres primeiros foron Pablo Romero (primeiro), Martín Míguez (segundo) e Martín Rivera (terceiro) en categoría masculina; e Elsa Pena (primeira), Nayeli Iglesias (segunda) e Emilia Antao (terceira) en feminina. Vencedores Tanto Javier Paredes coma Sonia Teijeiro xa son os vencedores da terceira edición do circuíto de carreiras populares ourensá. Os seus rivais xa non lles poderán dar caza na última proba que se disputará na Carballeira o domingo 27 de outubro. A pesar de saberse xa gañadores, case seguro que os dous atletas participarán na derradeira proba do circuíto para engordar a súa nómina de vitorias.

Grupo de atletas na carreira universitaria./R.T.


BARRIOS DEPORTIVO 4 de outubro de 2013

CICLISMO

29ª Día da Bici

btt

4 O 6 de outubro, a partir das 12 horas. R.T. O domingo 6 de outubro, os ciclistas volven tomar as rúas ourensás no que será a 29ª edición do Día da Bici. O evento dará comezo ás 12 do mediodía con saída na rúa Progreso (á altura da Deputación). Ciclos Moure, entidade organizadora, estima que o número de participantes será similar a anos predecesores (arredor de 6.500), sendo principalmente unha xornada familiar. Nenos e maiores percorrerán as rúas ourensás en bicicleta formando unha serpe multicor sen problemas de tráfico. Serán unhas horas na que os protagonistas serán os pedais e as dúas rodas, e non os motores de cada día. O percorrido é idéntico ao do ano anterior, con chegada na Alameda, e un circuíto por moitos dos barrios da cidade duns 10 quilómetros. Inscricións e sorteos As inscricións están abertas ata o sábado 5 de outubro e realízanse no CC La Región ou en Ciclos Moure. Tamén poderá realizarse o propio día do evento na saída desde as 9.30 ata as 11.30 horas.



Gran remate de tempada da Escola JA Hermida 4 Lograron dúas vitorias en Tui. Redacción

Este ano o Concello de Ourense taméncolaborou cos organizadores do Día da Bici./RAMSÉS Este ano sortearanse entre os participantes catro bicicletas cos seus catro cascos, ademais dunha estancia na estación de montaña de Manzaneda e dun maillot do ciclista profesional italiano Vicenzo Nibali (subcampión da pasada edición da Volta ciclista a España). Nova normativa O Día da Bici é unha proba non competitiva. Trátase dunha manifestación lúdico-deportiva en favor da bicicleta. Este ano queren poñer énfase na nova normativa de tráfico que permite aos ciclistas circular en paralelo e os adiantamentos dos vehículos teñen que realizarse cunha distancia

mínima de 1,5 metros. Colaboración do Concello Xa eran moitos os anos en que o Concello non colaboraba neste evento, polo que o xesto do Concello de estar na presentación do Día da Bici é unha mostra de normalidade e de sentido común. Os dous eventos deportivos por excelencia da cidade, o Día da Bici e a San Martiño, teñen que contar coa organización, colaboración e/ou patrocinio de Concello e Deputación. Pasará o mesmo coa San Martiño e a Deputación estará presente na presentación da carreira decana das populares galegas?

O 28 de setembro remataba a tempada de Mini BTT coa proba organizada pola Fundación Oscar Pereiro en Tui. A pesar da choiva a participación foi moi numerosa. Nesta cita, os integrantes máis novos da Escola JA Hermida puxeron o colofón a unha gran tempada cunha brillante actuación, logrando seis deles acadar o podio. De entre todos, destacou a victoria de Iván Feijoo, na que foi a súa despedida do Mini BTT, xa que estréase na vindeira tempada de Ciclocross como cadete. Feijoo pechou así un gran curso, no que venceu na maioría das probas nas que participou. Do meso xeito, en Tui tamén se fixo coa vitoria Aida González en categoría alevín. Pola súa banda, Breogán Diz, Martín González, Noela Saa e Hugo

Seis dos seus ciclistas fixeron podio

González subiron ao podio nas súas respectivas categorías. Penúltima proba: 3 vitorias e 7 podios Unha semana antes a cita dos mozos da Escola JA Hermida foi no Mini BTT de Marín, onde lograron 3 vitorias e até 7 podios. Na categoria infantil venceu Iván Feijoo, mentres que

o seu compañeiro de equipo era 5º. En alevín venceu Aida González, seguida de Noela Saa en 2º lugar. Outro doblete para o equipo macedán chegaba na categoría de principiantes, con Breogán Diz e Martín González (1º e 2º, respectivamente). O último podio chegou na categoría cadete, con Xiana Conde (2ª en féminas).

Breogán e Martín tamén acadaron o podio en Tui.




BARRIOS DEPORTIVO 4 de outubro de 2013

REMO

ENTREVISTA A ANNA YUCHENKO, REMEIRA DO Club Náutico CASTRELO DE MIÑO

“Márcome obxectivos paso que busco é ir mellorando

4 A rusa Anna Yuchenko, remeira do CN Castrelo de Miño, fainos Silvia Nieto

Momento da proba disputada en Allariz.

Piraguandaina pola amizade 4 Os concellos de Allariz e Xunqueira de Ambía acolleron a 3ª piraguandaina. Redacción O sábado 28 de setembro tivo lugar a terceira piraguandaina da amizade, que se desenvolveu entre os concellos de Allariz e Xunqueira de Ambía, organizada conxuntamente polo Concello alaricano e a Asociación Xuvenil Amizade de Allariz, coa colaboración do Concello de Xunqueira de Ambía e do Club Piragüismo Fluvial Allariz, e co patrocinio do programa Iniciativa Xove da Xunta de Galicia. A andaina deu comenzo ás 9.15 horas dende a Alameda de Allariz e con destino á praia fluvial de Xunqueira de Ambía. Nesta ocasión o pistoletazo de saída correu a cargo da concelleira de Deportes de Allariz. De seguido, ás 11.00 horas, foi o momento de iniciar a volta ata Allariz, indicando esta vez a saída o tenente alcalde de Xunqueira de Ambía. Parte do percorrido fíxose

en piragua, naquelas zonas do río que eran navegables (no foi posible en todas debido ao baixo nivel da auga do río Arnoia e a climatoloxía adversa do día). O percorrido tivo dúas zonas de avituallamento, unha ao final da primeira etapa (na praia fluvial de Xunqueira de Ambía), e outra ao final da proba (na Alameda de Allariz). A pesar das inclemencias do tempo, ao final un cento de participantes estiveron presentes nesta terceira piraguandaina. Xornada ecolóxica Ese mesmo día tamén se realizou una xornada ecolóxica, xa que a cada participante se lle deu una bolsa para que recollera o lixo que se acumula nas marxes do río entre Allariz e Xunqueira. Polo que ao final da xornada o aspecto deste trazado mellorou de forma significativa.

Naceu en Rusia e os seus primeiros pasos no mundo do deporte deunos sendo só unha nena en probas de atletismo. Ninguén naquel momento pensaría que Anna Yuchenko se convertiría co paso dos anos en todo un referente en remo nun país tan alonxado do seu, España. As carreiras chegaron a aburrila e na universidade uns amigos

propuxéronlle probar con este deporte. “Resultoume moi fácil. Estaba cómoda e nel quedei ata agora”, confesounos. Motivos persoais trouxérona ao noso país e o seu tesón, traballo e disciplina convertérona, por méritos propios, na mellor remeira de España, chegando a loitar incluso por clasificarnos para os Xogos Olímpicos de Londres. E non pensen que esta gran deportista está moi lonxe, é ourensá e

“Competir nuns Xogos Olímpicos é unha experiencia única. É todo un orgullo representar ao teu país”

Yuchenko descubriu o remo por casualidade, cando un grupo de ami non deixou de practicalo, con esforzo e disciplina, ata converterse

Anna Yuchenko proclamouse campioa de España absoluta de remo en 2012 e 2013./R.T.

pertence ao Club Náutico Castrelo de Miño. En Rusia chegaches a representar ao teu país nuns Xogos Olímpicos. Como foi esa experiencia? Anna Yuchenko: “Foi unha alegría. Estaba moi orgullosa de representar ao meu país. É unha experiencia única, difícil de describir ou comparar con nada, é todo un orgullo”. Cando chegas a España os teus logros foron moitos, pero o complicado foi obter a nacionalidade. Como viviches ese tempo? A.Y.: “Con moita desesperanza porque o trámite


BARRIOS DEPORTIVO 4 de outubro de 2013

REMO

o a paso. O primeiro o as miñas marcas” un repaso da súa carreira deportiva.

igos lle propuxo probalo estando na universidade, pero dende entón nunha remeira de referencia, primeiro en Rusia e logo en España. foi moi longo. Estiven un ano agardando a que ma concederan e non podía competir en determinadas probas sen a nacionalidade, fíxoseme moi longo e duro, pero a Federación

“Tardaron un ano en concederme a nacionalidade. Vivimo con moita desesperanza”

Española de Remo axudoume moito. E agora o importante é que xa a teño, xa nunca penso niso. Estou contenta e só penso no futuro”. E precisamente unha vez que logras a nacionalidade española compites, xunto a Nuria Domínguez, para clasificar a España de cara aos Xogos Olímpicos de Londres. A.Y.: “Si, concedéron-

me a nacionalidade xusto 15 días antes de que me seleccionaran para competir xunto a Nuria para clasificar a España en remo para os Xogos de Londres. E a verdade é que non imaxinamos que fora a sairnos tan ben porque levabamos moi pouco tempo remando xuntas. Pero realizamos unha boa regata e faltounos moi pouco para acadar a mínima. A min gustoume moito esa experiencia”. O pasado 30 de xuño proclamácheste (por segundo ano consecutivo) campioa de España absoluta de remo, como te sentiches? A.Y.: “Lograr os campionatos de España non me costa tanto como gañar un Nacional en Rusia, porque alí o nivel deportivo é moi alto. Pero foi unha alegría, sobre todo polo meu adestrador, José Luis Méndez, que acá é como a miña familia”. Como ves o remo en España? A.Y.: “No meu país hai máis plans de traballo e competitividade. Alí

esíxese máis e iso é o que noto de diferente con España. Ademais, en Rusia en xeral a xente é máis corpulenta e alta, polo que resulta moi duro competir con deportistas tan grandes. Iso fai que en España me resulte máis sinxelo”. Cal é o teu obxectivo máximo no remo? A.Y.: “Penso paso a paso. O primeiro que busco é ir mellorando as miñas marcas, e ir pasando

de nivel. E se despois logro dar o salto a nivel internacional será perfecto. Pero vou pensando pouco a pouco. Onde estará o meu límite non o sei”. E que obxectivos te marcas para esta nova tempada que comeza?



A.Y.: “De momento teño en mente o Internacional de xaneiro e o Nacional de abril. O resto xa o veremos no seu momento. O que si que teño claro é que sempre hai que seguir cara adiante e nunca cruzarse de brazos”.

“En Rusia hai maior competitividade e esíxese moito. Ademais, é duro competir con xente tan corpulenta. En España me resulta máis sinxelo”

Despois de conseguir a nacionalidade española (trámite que tardou un ano) Anna Yuchenko foi seleccionada para competir xunto a Nuria Domínguez na procura de clasificar a España en remo para os Xogos Olímpicos de Londres 2012./R.T.


10

BARRIOS DEPORTIVO 4 de outubro de 2013

HOQUEI / PÁDEL

Hoquei

Empate para comezar 4 O Barrocás empata na primeira xornada de liga contra o Taburiente. Redacción O CH Barrocás acada un empate na primeira xornada de liga da División de Honra de hoquei herba. O rival era o Taburiente canario e o empate foi a dous tantos no campo de Mariñamansa. E iso que os visitantes adiantáronse no marcador por cero goles a dous, pero a reacción dos de Roberto Oliveira fixo que se chegara ao final do tempo regulamentario con empate e reparto de puntos para as dúas escuadras.

Retirada do Apóstol e o Ourense Redacción O Apóstol Ourense e o Ourense, equipos de hoquei herba, vense na obriga de retirarse da competición nacional na que militaban por motivos económicos. Esto fará que baixen de categoría e teñan que disputar competición rexionais. Un club, o ourensán, que estivo anos na elite do hoquei nacional e que viu coma a crise se cebou con el. Primeira Masculina Gr. III A competición na Primeira Nacional Masculina comezou a pasada fin de semana. Na primeira xornada disputada o Cudeiro venceu ao Padrón a domicilio por 0-3; o Albor desfíxose do Atlántico por 5-0; O Apóstol gañou no campo do Atlético Coruña 2-3; e o Barrocás e Pabellón Ourense firmaron táboas no seu debut ligueiro (2-2). Na clasificación o Albor é primeiro, seguido do Cudeiro e o Apóstol. Barrocás e Pabellón son cuarto e quinto, respectivamente; e o Cidade de Ourense -que descansaba na primeira xornada- é sexto. Os seis equipos ourensáns ocupan as seis primeiras posicións.

O equipo ourensán comezaba a competición contra un equipo que, por ser de fóra da Península, lle é máis complicado realizar unha pretempada de nivel. Por ese motivo era importante sacar o partido adiante na primeira xornada, cando, a priori, ao equipo canario aínda lle falta rodaxe. Nembargantes, os ourensáns víronse sorprendidos por un equipo visitante que se puxo por diante no marcador cun 0-2 que poñía moi costa arriba o encontro. O Barrocás fallou dous

penaltis córner, mentres que o Taburiente transformou o primeiro que tiña a favor (minuto 24) en gol. Seis minutos máis tarde e tras varios erros consecutivos, o Barrocás víu como o seu rival se distanciaba no tanteador (0-2). E así se chegou ao descanso. Segunda parte Na segunda metade os locais afinaron máis e estiveron máis metidos no encontro. Antes de que se consumiran os cinco primeiro minutos da reanu-

dación, Xurxo transformaría un penalti córner para acurtar distancias (1-2). O tempo pasaba e o encontro volvíase máis duro, cos locais en busca do empate e os visitantes defendendo a súa escasa renda. Nestas, os colexiados pitarían un penalti strock que Xurxo non desaproveitaría poñendo as táboas no electrónico (2-2). Nos últimos minutos o partido entrou nunha dinámica moi trabada, na que houbo expulsados por ámbolos dous bandos. Un Barrocás volcado en buscar a vitoria a tivo nas súas mans, pero a pelota estrelouse contra o pao. Dous a dous e reparto de puntos. Un resultado positivo por como se deu o partido, pero non tanto se temos en conta que o Barrocás necesita os puntos deste tipo de encontros

PÁDEL

A Copa Deputación de pádel contou con máis de 200 participantes 4 Disputouse nas instalacións do P21 Pádel Club do 19 ao 29 de setembro. Redacción O domingo 29 de setembro rematou a Copa Deputación de pádel que se veu celebrando nas instalacións do P21 Pádel Club dende o día 19. 127 parellas participaron durante 10 días de competición entre as oito categorías existentes (infantís, masculinas e fe-

mininas, parellas mixtas e veteranos). Máis de 200 persoas participaron neste torneo que tivo como colofón as finais do día 29, nas que as bancadas estiveron cheas de afeccionados. En total foron 74 trofeos e medallas os repartidos, amais dos 1.500 euros en material deportivo que se levaron os campións e sub-

Foto de familia dos vencedores na Copa Deputación de pádel.

campións de cada categoría, xunto cunha camiseta técnica conmemorativa do evento para cada participante. Estas cifras de participación dan mostras da afección que ten este deporte en Ourense, xa que cada vez que se organiza un evento destas características o número de participantes é maior.

se quere loitar pola permanencia. Con este resultado o BCH Barrocás é sétimo.

12 horas. O Júnior vén de golear (5-0) ao Tenis, polo que será un duro rival.

Júnior O próximo rival dos ourensáns será o Júnior. O partido terá lugar o vindeiro domingo 6 de outubro en Mariñamansa a partir das

O Barrocás recibe ao Júnior o domingo 6 de outubro ás 12 horas

Encontro do Barrocás en Mariñamansa./ARQUIVO


BARRIOS DEPORTIVO 4 de outubro de 2013

POLIDEPORTIVO

Encinas gaña o Campionato galego de carabina tendido 4 Nunha disputadísima final fronte ao pontevedrés Luis Iglesias. P. Lodeiro O tirador ourensán Jorge Encinas vén de gañar o Campionato galego de carabina tendido, que tivo lugar o pasado domingo 29 de setembro en Pontevedra. Encinas fíxose co campionato nunha disputadísima final fronte ao pontevedrés Luis Iglesias, que defendía o título acadado o ano pasado. De nada lle serviu a Iglesias rematar primeiro na proba clasificatoria (585 fronte a 581 puntos de Encinas), pois na final (na que todos os deportistas partían con cero puntos), o ourensán púxose á cabeza desde o principio, e rematou con 204,4 puntos fronte aos 204,1 do pontevedrés. O Campionato galego de

carabina tendido tiña que terse celebrado no mes de abril, pero un problema cos brancos retrasou a proba ata setembro. Participaron sete tiradores séniors, un júnior e cinco veteranos; os séniors, tralos 60 tiros de rigor da proba, disputaron final, na que xa se aplicou a nova reglamentación da ISSF estreada este ano. Así, fronte aos dez tiros que compuñan a final ata o ano pasado, e que se sumaban á puntuación realizada na clasificatoria, agora todos os finalistas parten con cero puntos e teñen que realizar 20 disparos, eliminándose un a un os tiradores cos peores resultados ata quedar só dous finalistas. Encinas xa gañou este

ano o Campionato galego de carabina tres posicións, disputado en marzo, con 1.125 puntos, e prepárase para o galego de aire comprimido, que se celebrará o 10 de novembro en Eiroás. Competición solidaria Antes, o club de tiro Eiroás acollerá unha competición solidaria a favor da asociación de discapacitados ASMIS. Será na primeira fin de semana de novembro, con tandas o sábado 2 a partir das 16:15 horas e o domingo 3 desde as 10 horas. Disputaranse todas as categorías de aire comprimido (pistola e carabina) e o custo da inscrición é de 10 euros.

Finalitas do Campionato galego de carabina tendido; á dereita, o vencedor, o ourensán Jorge Encinas./P.LODEIRO.

O Mecalia Atlético Novás toma Os Remedios 4 O Balonmán Pabellón sucumbiu ante un dos favoritos. Redacción O Mecalia Atlético Novás pasou polos Remedios como un ciclón, o que foi o mellor equipo visto na nosa cidade no que ao balonmán se refire. As incorporacións dos irmáns Tsybanev, Alex e Sergey, xunto coa tamén fichaxe de Pablo Sánchez, cunha vida deportiva en categoría ASOBAL, viñeron reforzar a un equipo favorito para gañar a categoría e ascender a División de Honra “B”. Aínda que a superioridade do equipo pontevedrés é patente, o decoro dos pavillonistas permitiulles competir cos seus rivais de ti a ti durante case corenta minutos (12-16), pero ese esforzo físico e mental pasou factura ao combinado dirixido por Zarra, que terminou sucumbindo de forma clara (17-31). Malia que o equipo local logrou maniatar a primeira liña, que non anotou moitos goles, as frontes abertas eran tales que as maiores desfeitas viñeron mediante o seu extremo dereito, Roberto Martínez, que anotou ata 11 veces. A baixa de Pablo Vara e a lesión de Juan C. Quintas, que lle impediu

xogar, tamén minguaron o potencial local. Pero este encontro permitiulle ao Balonmán Pabellón comezar a aclimatarse nesta nova categoría, na que, se conseguen manter un nivel similar ao do primeiro tempo, poden dar moitas dores de cabeza aos seus opoñentes. Primeira xornada O Pabellón Balonmán xa debutara sete días antes na Primeira Nacional contra o SAR de Redondela. Os de Zarra caeron derrotados polo resultado de 27-18.

11

Con estas dúas derrotas o Pabellón Balonmán non coñece a vitoria na 1ª Nacional, e sitúase coma pechacancelas da clasificación con cero puntos (igual que o Mesoiro, Granitos Ibéricos e Bueu, pero con peor coeficiente goleador). Próxima cita Este próximo sábado viaxarán até o Lalín Area para medirse (a partir das 18.30 horas) cun dos equipos clásicos da 1ª Nacional, o Embutidos Lalinense. Agardamos que o conxunto ourensán poida contar daquela con todos os xogadores ao seu servizo. Indomogal Pabellón O Indomogal Pabellón disputou xa dúas xornadas na Primeira Autonómica Feminina, co saldo dunha derrota (ante o Porriño) e dunha vitoria (contra o Carballal). Ocupa a oitava posición da clasificación.

A pesar dos seus esforzos o Balonmán Pabellón caeu ante o Mecalia Atlético Novás por 17-31./R.T.


12

BARRIOS DEPORTIVO 4 de outubro de 2013

POLIDEPORTIVO

José Gago, a polo Dragón de Bronce

O campo de Santa Mariña acollerá o Open de F3C o 12 e 13 de outubro

4 Examinarase en China na procura do sétimo Dan de wushu.

Redacción O pasado mes de xuño íase celebrar o Open de F3C de aeromodelismo durante as Festas do Corpus de Ourense, pero por problemas de inscrición tívose que suspender. Agora, o Club de Aeromodelismo de Ourense volve pór en marcha este evento, que terá lugar durante os vindeiros días 12 e 13 de outubro. Aínda que a inscrición non é moi alta, si que é suficiente para que teña lugar este torneo no campo de voo sito en Santa Mariña.

Redacción O mestre ourensán de wushu, José Gago está en China para examinarse do sétimo Dan de wushu (Dragón de Bronce). Nestas datas a Federación China de Wushu está a organizar un curso de tecnificación ata o 8 de outubro en Beijing. O mestre José Gago, director do Departamento Galego de Wushu da Federación Galega de Judo, viaxou a China como representante da mesma, para participar neste encontro internacional de wushu no que se realizarán talleres de distintos estilos desta arte marcial. Os cursos son impartidos polos grandes mestres chineses. Gago, participará no taller de Yang Taiji Tradicional, que estará a cargo do Gran Mestre Fu Sheng Yuan, 5ª xeración da familia Yang e o mestre Fu Qing Quan. Ao final do curso realizaranse exames de Duan (Dan) da Federación Chinesa. Gago é actualmente 6º Dan (Tigre de ouro) desde o 2006 e neste curso tentará alcanzar o sétimo Dan (Dragón de bronce), empresa complicada de alcanzar, xa que é difícil que un non chinés logre tan alta distinción. Visita Despois do curso e do exame, Gago viaxará ata a aldea de Yaon Nian, lugar de nacemento de Yang Loitan, onde visitará as escolas actuais. O ourensán terminará a súa viaxe de traballo en Shandong, onde realizará o primeiro curso de titulación oficial de Mestre Internacional.

Pilotos nacionais e internacionais No evento poderase ver a pilotos da modalidade F3C de ámbito nacional e internacional. Previamente, o venres 11 terán lugar os adestramento libres. Xa o sábado 12 pola mañá será o turno novamente dos adestramentos libres e das calibracións, e pola tarde das roldas clasificatorias. O domingo 13 de outubro, en horario de mañá, finalizará o Open coas últimas roldas para todas as categorías.

Bo comezo de tempada para os nosos taekwondistas Redacción

Gago (de branco) atópase neste momento en Beijing preparándose para esta proba.

O 21 de setembro comezou a tempada competitiva de taekwondo co Torneo cadete Vila de Moaña, amais da Copa Galicia júnior e sénior. En canto aos resultados dos nosos representantes, cabe destacar as

actuacións de Andrés Freijeiro (que foi ouro júnior), Sandra Senra (ouro sénior feminina), Andrés Álvarez (bronce júnior), Sergio Álvarez (bronce júnior), Nicolás Pérez (bronce júnior), Iria Diéguez (bronce sénior feminina) e Janet Diéguez (bronce sénior feminina).


BARRIOS DEPORTIVO 4 de outubro de 2013

POLIDEPORTIVO

Judo

O Marbel supera as adversidades 4 Competiu na primeira xornada da Liga Internacional cun judoka menos. Redacción O pasado sábado 28 de setembro, no pavillón municipal de Oira, disputouse a primeira xornada da undécima edición da liga Internacional de Clubs de Judo, “Trofeo Cidade de Ourense”. Unha competición, patrocinada polo Consello Municipal de Deportes, punteira no panorama ibérico e que reúne aos mellores equipos de Galicia, Asturias e Portugal. Os ourensáns do Marbel Judo Club tiveron unha xornada moi dura, na que un dos seus integrantes -Tono Fernández- causou baixa e o puntal do equipo, Felipe Iglesias, participou mermado por mor dun golpe no seu ollo dereito. A pesar de

todas as vicisitudes lograron dúas vitorias e catro derrotas o que os leva a ocupar a décimo primeira posición ao remate desta primeira xornada. As vitorias foron contra o Famu C (3-1) e o Judo Sanfer (3-1); un gran resultado se temos en conta que saían ao tatami cunha derrota pola ausencia de Tono Fernández. As derrotas foron contra o Judo Lugo (0-3), Universidad de Coruña (0-4), Shiai Coruña (1-3) e Famu A Vigo (0-4). Con estes resultados o club ourensán é undécimo con 71 puntos, superando a cifra do ano pasado. Tralo primeiro acto lidera a clasficación o UDC Masculino, da Coruña. Segundo

é o Famu de Frutos A (Vigo) e en terceira posición marcha o conxunto coruñés do

Judo Club Shiai; con sete, seis e cinco vitorias, respectivamente. Vindeira xornada A segunda xornada da Liga Internacional disputarase novamente no pavillón de Oira (16.15h) o sábado 5 de outubro. Os integrantes do Marbel Judo Club Ourense son Felipe Iglesias, Guillermo Otero, Tono Fernández e Christian Álvarez.

Felipe, Guillermo e Christian do Marbel Judo Club.

13

Preparados para o Raly Ribeira Sacra 4 Disputarase os días 4 e 5 de outubro. Redacción

escenario.

Os días 4 e 5 de outubro celebrarase a segunda edición do Rali Ribeira Sacra na que participarán preto de 100 equipos. A proba é puntuable para o Campionato Galego. Esta segunda edición do Ribeira Sacra comezará o venres 4 coas verificacións administrativas e técnicas entre as dúas e as tres e media da tarde en Luintra (restaurante Olegario). Das verificacións pasarán ao parque pechado, situado nas inmediacións das piscinas de Luintra. Xa, as oito e media da tarde disputarase un tramo espectáculo, único da xornada do venres, que terá unha distancia dun quilómetro e 200 metros e terá o campus universitario como

Tramos A partir das 8.25h da mañá do sábado 5 de outubro comezarán os tramos do rali. Serán catro tramos con dúas pasadas cada un deles. Os tramos da mañá son os de Maceda - Baldrei (10,430km.) e o de San Miguel - Luintra (10,000km.); xa pola tarde disputaranse os tramos (a dobre pasada tamén) de Ordelles - Esgos (12,000km.) e Meliás Luintra (10,450km.) co que se pechará o 2º Rali Ribeira Sacra.

Cartel do Ribeira Sacra.


14

BARRIOS DEPORTIVO 4 de outubro de 2013

4EDITORIAL Absurda polémica Nos últimos días desatouse no Concello de Ourense unha polémica sobre a carreira popular do San Martiño. Tería que cobrarse a inscrición ou debería seguir sendo gratuíta? Habería que saber cal sería a opinión dos que gobernan se estiveran na oposición, e dos da oposición se estiveran no poder. A San Martiño é igual que moitas outras carreiras populares galegas (co orgullo de ser a decana de todas elas); e na maioría (por non dicir en todas) os participantes teñen que pagar. Se fose así na nosa, poderíase crear unha identidade propia, permitindo, por exemplo, que ademais dos escolares participen de balde os desempregados. O que debemos ter presente é que por cada inscrito a organización paga un seguro, aínda que finalmente este nunca chegue a calzar as zapatillas.

POLIDEPORTIVO

Chegan as andainas de Trasalba e Toén Redacción O próximo 5 de outubro a Fundación Otero Pedrayo organiza unha andaina literaria pola contorna de Trasalba. O fío condutor da actividade serán textos extraídos da obra de Ramón Otero Pedrayo, que se lerán ao longo do percorrido, de aproximadamente hora e media. Os asistentes reuniranse ás 11 da mañá na porta da Casa Grande de Cima de Vila. Aqueles que o desexen poden levar a comida e quedarse a xantar ao rematar a andaina. Para máis información poden dirixirse ao 988281139 ou ao enderezo electrónico: fundacion.otero.pedrayo@ gmail.com

Toén De seguido, todos os andaríns ourensáns teñen outra cita. Esta vez será en San Pedro de Moreiras (Toén), o 12 de outubro ás 9.30 horas. A proba constará dun total de 25 quilómetros de distancia divididos en dous tramos, o primeiro de 10 quilómetros e o segundo de 15. Os interesados poden inscribirse ata o 9 de outubro no Concello de Toén ou na tenda de deportes Redonet da capital ourensá. O prezo da inscrición será de 7 euros e dará dereito a avituallamento líquido e sólido e, ó rematar a proba, churrasco e bebida. Para máis información poden consultar a web http://www.moreiras.org.

Alfredo Ferreiro Deaño “Furi”, Jesús Fernandez Rico e Patricio Farias Forneiro, no Desafío Illas Cíes.

O CD Aurum no Desafío Illas Cíes

Tres representantes do Club Deportivo Aurum de Ourense participaron no Triatlón MD Desafío Illas Cíes. Alfredo Ferreiro Deaño “Furi”, Jesús Fernandez Rico e Patricio Farias Forneiro foron os representantes do club ourensán que participaron neste medio “Iron Man”, unha das probas deportivas máis esixentes. Neste deporte, en realidade tres en un, a dificultade vai directamente proporcional á súa espectacularidade (canto maior é dificultade maior espectáculo ten). O medio “Iron Man” consiste en realizar 1.900 metros a nado, 90 quilómetros en bici e 21 a pé. Todo un reto para calquera deportista. A posición final na clasificación dos tres atletas “Aurum” é o de menos logo de meterse tal paliza no corpo. Alfredo Ferreiro empregou un tempo de 5:17:31; Jesús Fernández fíxoo en 5:14:59 e Patricio Farias rematou a competición en 5:39:39.


BARRIOS DEPORTIVO 4 de outubro de 2013

ARTIGOS / ACTUALIDADE

15

Edita: Letras a la Carta S.L. CIF: B-32.323.925. Depósito Legal: OU 185-2009. Redacción: r/ Valle Inclán 25 2º Of. 15 - 32004 Ourense. Tel: 988 239 634. Correo-e: deportes@ourenseporbarrios.com. Distribúe: Orixe. Imprime: Publicaciones Tameiga. Director: Ramsés Torres. Director comercial: Miguel Rejo. Redacción e fotografía: Paula Lodeiro, Ramsés Torres, Óscar Blanco, Silvia Nieto, Miguel Rejo. Colaboracións: Alfonso Vilachá. Nº84- Ano: V - 4 de outubro de 2013 - Difusión: 5.000 exemplares Este periódico non pode ser reproducido nin total nin parcialmente, sen autorización previa da empresa editora Letras a la Carta S.L. Impreso en papel 100% reciclado. Se ten algún problema co reparto, pregámoslle que nolo comunique no teléfono 988 239 634.

4O RINCÓN DO MESTRE

Deporte e realidade (XXIII) Capítulo 22. A mentalización dun equipo. O proceso de mentalización dun equipo entraña unha tarefa ardua e dificultosa. O primeiro paso do adestrador será coñecer e valorar psicoloxicamente a cada un dos xogadores, a súa contorna. Este traballo é unha tarefa que o adestrador día tras día debe analizar e ao mesmo tempo plasmar para unha futura obtención dos seus logros tanto no aspecto humano como no deportivo. Por mentalización entendemos, levar ao interior dos xogadores a compresión dos fins que un equipo ten ante si, e ao mesmo tempo implica un traballo, unha axuda, unha colaboración de cada un dos compoñentes para o logro dos obxectivos; por tanto, queda claro que é un compromiso e esixencia de todos. A mentalización empeza mesmo antes de formar un grupo, sendo un proceso que esixe sacrificio, esforzo e entrega. Podiamos, por tanto, considerala como un proceso de continuidade, xa que é algo de todos os días. Debemos forxala día tras día, vitoria tras vitoria, derrota tras derrota, etc. Un dos factores contribuíntes a este proceso é a capacidade de adaptación do suxeito ao grupo. Con esta adaptación, o suxeito lograría: - Unha gran integración

entre os seus membros. - Obtención de fins comúns. - Cooperación íntima. - Entrega, esforzo, sacrificio. Non cabe a menor dúbida de que o equilibrio psicolóxico, sería un potencial de mellora tanto en: - Adestramentos. - Derrotas. - Triunfos. - Aprendizaxe de técnicas, tácticas, etc. Por que debemos mentalizar ao xogador e preparalo psicoloxicamente? Sabemos que a competición provoca unha gran tensión no estado de ánimo do xogador debido á carga emocional que produce o seu sentido de responsabilidade, inherente, en todo caso, da súa profesionalidade. O xogador vive envolvido nun clima de incerteza, do que moitas veces se derivan situacións conflitivas. Estas situacións son a voz de alarma ao Adestrador, da que se deriva a preparación psicolóxica do xogador. Entre os factores que producen tensión temos: 1º. Factor resultado. - Alegrías, fracasos, sufrimentos. 2º. Factor tempo: - Competición duradeira. - Recuperación fácil ou difícil. 3º. Factor numérico: - Número de partidos nunha competición. - Torneos e eliminatorias.

4º. Factor participación: - Imprevisible as veces que un xogador participa. - Dificultade na súa preparación. 5º. Factor desgaste ambiental: - Clima, instalacións, viaxes, concentracións, etc. 6º. Factor ansiedade: - Por chegar a ser figura e permanecer despois como tal. - O paso dos anos, a competencia, as relacións co adestrador, o diñeiro, etc. 7º. Factor económico: - Intereses do club 8º. Factor dirixentes: - Egoísmos, impaciencias, inxerencias, etc. 9º. Factor grupo: - As relacións no grupo adoitan ser difíciles, cada integrante é un mundo distinto. Os grupos poden ser autoritarios, liberais, democráticos. 10º. Factor optimismo excesivo: - Inhibicións e exceso de responsabilidade. 11º. Factor arbitraxe: Acertos, erros, cartóns, etc. 12º. Factor público: - Prensa, afeccionados, críticos. É, pois, necesario e fundamental, diariamente xogadores e adestrador, etc., enfrontarse contra estas situacións en diálogo aberto.

Alfonso Vilachá, concelleiro de Deportes de Ourense e entrenador

O Club Salvour inicia a nova tempada 4 Firma un convenio co colexio Miraflores. Redacción O club Salvour inicia unha nova tempada firmando un convenio de colaboración xunto co colexio Miraflores. Con motivo deste acordo esta tempada a escola deportiva do club terá un grupo de traballo na piscina climatizada do colexio. Ambas as dúas entidades (o club por medio do seu presidente, José Manuel Paredes, e o colexio a

Competición Por outra banda, o equipo de competición do club iniciou os seus adestramentos na piscina do Pavillón dos Remedios. Para esta tempada pretenden mellorar os resultados do ano anterior

e consolidarse coma un dos equipos máis importantes da Liga galega de salvamento acuático deportivo, especialmente na categoría sénior. Así mesmo, os nenos da escola deportiva de entre 7 e 13 anos tamén comezan as súas sesións de traballo.

Salvour terá un grupo de traballo na piscina do centro escolar

O presidente de Salvour, José Manuel Paredes (á esquerda), e o director do colexio Miraflores, Alberto Domínguez, na piscina do centro escolar.

Reapertura da piscina Rosario Dueñas Redacción

Piscina Rosario Dueñas do pavillón dos Remedios.

través do director do centro, Alberto Domínguez) manifestaron a satisfacción por dito acordo para potenciar este deporte e actividade educativa para a formación dos escolares.

A piscina Rosario Dueñas e o circuíto hidrotermal do pavillón dos Remedios volven estar abertos ao público desde o pasado 1 de outubro. Ainda que as obras que se realizaron na piscina principal (substitución de cristales, tratamento contra oxidación, carpintería, suxeción de placas do teito de vestiarios, limpeza de depósitos acumuladores, traballos de pintura,

reparación de filtracións no pasillo de entrada, etc) están rematadas desde mediados de mes de setembro, non se puido efectuar a apertura polo retraso das bombas de calor deshumificadoras, obxecto principal das obras. O Consello Municipal de Deportes pide disculpas polas molestias ocasionadas os usuarios e agradece a súa paciencia pola demora destas obras que considera “ imprescindibles realizalas para garantir a seguridade e

mellorar as condicións de uso para os bañistas”. Reparación piscina Pedro Escudero Por outra banda, o Concello xa aprobou o proxecto de obras na piscina Pedro Escuredo. O vaso de 25 metros será sometido a obras de deshumificación e climatización, cun orzamento de 143.000 euros. O Consello Municipal de Deportes tamén ten previsto actuar nas piscinas municipais de Oira, cunha reforma para reparar desperfectos e para construir unha piscina infantil separada da de adultos. O orzamento é de 162.000 euros.


BARRIOS DEPORTIVO 4 de outubro de 2013


03 Outubro 2013 - BD Nº84  

En el número 84 del Barrios Deportivo la portada es un montaje de los numerosos eventos deportivos que ya están en marcha en la ciudad con e...

Advertisement
Read more
Read more
Similar to
Popular now
Just for you