Issuu on Google+

Segunda xornada da Liga Internacional de judo ATLETISMO

Cid e Teijeiro venceron na carreira do campus do “Correndo x Ourense”

Regresa a LEB Ouro

[páx. 10]

Páx.8

O Ourense recibe ao Sporting B coa necesidade de sumar Páx.6

[Páx.2-3]

Valeria López, nº1 do circuíto Babolat de tenis Páx.12

Número: 64- Ano: IV - 5 de outubro de 2012 - Depósito Legal: OU 185-2009 - Periódico quincenal de distribución gratuíta - www.barriosdeportivo.com BARRIOS DEPORTIVO volve repartirse a partir do 19 de outubro. Se quere anunciarse consulte no 685 800 190.




BARRIOS DEPORTIVO 5 de outubro de 2012

BALONCESTO

4 Axenda deportiva Fútbol

- Día 7 de outubro. O Couto -17.30h.- CD Ourense Sporting Gijón B. - Día 14 de outubro. Estadio Miguel Anxo (Os Remedios) -12.00h.-. Pabellón Ourense - Laredo. - Día 14 de outubro. Os Carrís. UD Barbadás - Céltiga. - Día 14 de outubro. José Arjiz (Verín). CD Verín - Club Xuventú Sanxenxo. - Día 14 de outubro. O Barco. CD Barco - CD Choco. - Día 14 de outubro. Oira (Ourense). Ponte Ourense Cultural Areas.

Baloncesto

- Día 5 de outubro. Paco Paz -21.00h.- COB - Palencia. Liga LEB Ouro. - Día 20 de outubro. Os remedios -20.00h.- Pabellón Ourense Baloncesto - Aros León. Liga Feminina 2. - Día 28 de outubro. Os Remedios -12.00h.- Ourense Capital Termal - Fundación Baloncesto León.

Fútbol sala feminino

- Día 6 de outubro. Os Remedios -17.00h.- Cidade As Burgas - Ciudad de Alcorcón. - Día 13 de setembro. Os Remedios -17.00h.- Ponte Ourense - Viaxes Amarelle. - Día 20 de outubro. Os Remedios -17.00h.- Cidade As Burgas - Atlético de Madrid.

Atletismo - Día 7 de outubro. Amoeiro -10.30h.-. Camiñada dos Pazos de Amoeiro. Saída no Campo do Souto. - Día 20 de outubro. O Carballiño -16.30 horas-. 4ª Carreira do Arenteiro, O Carballiño. - Día 28 de outubro. A Carballeira -12.00 horas-. Circuíto Correndo por Ourense.

Hoquei Herba

- Día 7 de outubro. Mariñamansa -12.00 horas-. Caldaria Barrocás - Club Egara. División de Honra A. - Día 20 de outubro. Mariñamansa -16.00 horas-. Apóstol Ourense - Real Club Jolaseta. División de Honra B.

Tiro

- Días 6 e 7 de outubro - Club Eiroás - XXIV Copa Diputación de Ourense de Pistola e Carabina Neumáticas. - Día 6 de outubro - Club Eiroás - Open nacional IPSC -Tiro práctico IPSC-. - Día 14 de outubro - Club Eiroás - Campionato Autonómico de pistola standard. - Día 28 de outubro - Club Eiroás - Final Campionato Autonómico pistola e carabina.

Balonmán - Día 6 de outubro - Os Remedios -19.00h.- Balonmán Pabellón -Deza. Primeira Autonómica. - Día 14 de outubro - Os Remedios Pabellón Indomogal Ourense - Las cinco Jotas Lavadores.

O xogador Julio González entra a canastra no partido fronte ao Breogán./RAMSÉS.

Regresa o baloncesto

4 O COB recibe ao Palencia na primeira xornada da LEB Ouro 2012-2013. R. Torres Xa non hai máis que esperar. Regresa a competición de baloncesto a Ourense da man do Club Ourense Baloncesto, que se mide este venres a partir das 21 horas ao Palencia no Paco Paz, na primeira xornada da LEB Ouro. Atrás xa queda unha longa pretempada na que o COB mostrou luces e sombras no seu xogo, con minutos brillantes e partidos para olvidar. Aínda que o equipo está en construcción, as gañas dos xogadores de agradar á afección son máximas. Na previa do partido,

o adestrador Rafa Sanz desvelou que “os xogadores teñen moitas ganas de que esto comece”, e advirte “que o exceso de ganas pode pasarnos factura”. Para o partido contra o Plasencia, Sanz espera que os seus xogadores impoñan o ritmo por que así “teríamos máis posibilidades de vencer” e cre que a chave estará “nas perdas de balón e no rebote”. Co obxectivo da permanencia no horizonte, o técnico móstrase ambicioso e cos pés no chan non descarta cotas máis grandes, iso sí, indo partido a partido. Todo dependerá do que sean capaces de crecer xo-

gadores, que como o propio adestrador cordobés di “algúns deles teñen serias cornadas neste deporte”, polo que para eles “Ourense é a terra das oportunidades”, remarcaba Rafa Sanz en alusións a xogadores como Alfonso Sánchez (e a tortura das lesións) ou mesmo Andi Ogide (que vén dunha campaña irregular no Breogán, primeiro e Lagun ARO, despois). O equipo carente dunha individualidade determinante terá que tirar como bloque en cada partido, e sacar o máximo rendemento de xogadores como Julio, Mena, Rai, Kedzo, e o irregular durante a pretempada, Barbour.

Festa de presentación Como cada ano, antes de que comece a competición, xogadores, corpo técnico e directiva tiveron unha cita ineludible cos seus seareiros. A cita tivo lugar na praza Paz Nóvoa, no centro da capital ourensá. Centos de afeccionados, na súa maioría cativos, estiveron nesta festa que contou cun stand central para a captación de socios e venta de merchandising, unha zona de xogos con premios para todos os participantes, unha zona de baile cun taller de danza moderna e hip-hop para os más pequenos e un espazo para o acto de firmas dos xogadores


BARRIOS DEPORTIVO 5 de outubro de 2012

BALONCESTO

e corpo técnico do COB. No stand habilitado para a ocasión os afeccionados puideron adquirir bufandas, bandeiras, camisetas, pins, fundas de móbil e multitude de produtos tanto da Federación Española de Baloncesto como do COB. A escola de baile ourensá Estilo Libre realizou unha clase de baile moderno e hip-hop para todos os afeccionados coa aportación dun impresionante espectáculo audiovisual que tivo como colofón a presentación de todos os xogadores e corpo técnico do COB para a temporada 20122013. Antes, os xogadores firmaron o póster oficial do club a todos os que ata alí se achegaron; tamén repartiron entradas aos máis cativos para o encontro da primeira xornada. Convenio O COB chegou a un acordo de colaboración co Consello Regulador da Denominación de Orixe Ribeiro para esta tempada. Esta colaboración orientada á promoción conxunta de ambas as entidades, inclúe unha edición especial e lLimitada de viños do Ribeiro, embotellada e etiquetada para o Club Ourense Ba-

loncesto. Todos os afeccionados que o desexen poderán facer a reserva deste viño exclusivo, que se presenta en botella de 75 cl, nas oficinas do club e na súa web. Ambas entidades organizarán accións conxuntas ao longo da tempada, como sorteos e concursos para os asistentes ao Paco Paz, así como a participación directa de grupos de socios e afeccionados do COB en rutas de enoturismo na D.O. Ribeiro. Probas biomecánicas Os xogadores cobistas sometéronse a un estudo biomecánico para correxir mediante plantillas adaptadas ás botas os posibles problemas nos pés. Co uso de plantillas personalizadas permitirán mellorar o rendemento dos xogadores e previr alguna lesión, evitanto sobrecargas. Unha axuda moi valiosa para o corpo técnico.

O venres 5, ás 21 horas, o COB estrea a liga no Paco Paz fronte ao Palencia

O Pabellón Ourense queda fóra da Copa Galicia 4 Logo de caer derrotado ante Ensino e Ferrol. Redacción A falta de preparación física foi o talón de Aquiles das xogadoras do Pabellón Ourense no seu paso pola XX Copa Galicia Sénior Femenina. As de Gonzalo González intentárono, pero

tantes dominaron con claridade. O resultado final de 58-84 dío todo. O Ensino fixo os deberes durante os adestramentos e iso comprobouse en todas as facetas do seu xogo. Unha defensa asfixiante, poder ofensivo e acerto no

María José Bolonio destacou no partido do Pabellón fronte ao Ensino.

O ABO ficha a Gana

4 Debutou contra o Chantada na Copa Galicia. R.T. O pívot senegalés Gana Ndiaye (208 centímetros) e o ABO de Ourense chega-

Os xogadores cobistas presentan a camiseta desta tempada./RAMSÉS.

os seus esforzos non foron suficientes. A primeira das derrotas veu da man do Ensino lugués, que visitou Os Remedios o sábado 29 de setembro, nun encontro no que a pesar de que o Pabellón comezou por diante no casilleiro as visi-

ron a un acordo para que o xogador compita esta tempada no grupo A-B da liga EBA de baloncesto. Gana xa disputou a pasa-

da tempada a liga EBA no mesmo grupo que o ABO, pero co Rosalía. O senegalés tivo os seus primeros minutos coa camisola do ABO na segunda xornada da Copa Galicia EBA 2012 ante o CB Chantada Galicia Vento. O equipo ourensán caeu derrotado por un aplastan-

Rubén Vila no partido da Copa Galicia contra o Chantada. /RAMSÉS



tiro combináronse nas xogadas das lucenses. Ferrol -Pabellón A última oportunidade do Pabellón Ourense de seguir adiante na Copa Galicia tívoa na cita do 2 de outubro ante o Universitario de Ferrol, pero as cousas tampouco remataron ben. O comezo non puido ser mellor para as ourensás, que dominaron a primeira parte (acadando o descanso cun claro 24-34) mediante a achega ofensiva de Bolonio e a dirección de Pallardó. Nembargantes, o partido deu un xiro radical na segunda metade e o Pabellón non foi capaz de frear a contundente remontada do Ferrol, que logrou un 64-58 de resultado final. Dúas derrotas que acurtaron considerablemente o percorrido do conxunto ourensán na Copa, o cal (de ter podido adestrar en condicións) tería dado moito máis de si nunha cita coma esta.

Gana Ndiaye. /RAMSÉS te 48-88 contra o cadro lucense nos Remedios. Nin o novo pívot ourensán nin os seus compañeiros tiveron unha boa noite contra os chantadinos. Os visitantes levaron a iniciativa en todo momento e xa no descanso vencían por 27 puntos de diferenza (25-52).

O ABO comeza a liga nos Remedios, o 28 de outubro (12.00h.) contra o León




BARRIOS DEPORTIVO 5 de outubro de 2012

FÚTBOL SALA

O Cidade busca a segunda vitoria ante o Alcorcón 4 Recibe ás madrileñas na cuarta xornada. R. Torres O Cidade As Burgas buscará este sábado 6 de outubro a segunda vitoria da tempada na Primeira División do fútbol sala feminino. O rival, o Ciudad de Alcorcón enfrontarase ás ourensás a partir das 17 horas nos Remedios. Pasada xornada O Cidade As Burgas sufriu a derrota (3-1) na segunda xornada fronte ao Diamante Logroño. Malia que era lonxe de casa e ante o Logroño, que ocupa a segunda posición empatado a puntos co líder, Atlético de Madrid, a primeira parte

remataría con 2-0 para as locais. Bea Martín no inicio e Carmen contra o final da primeira parte daban vantaxe ás locais. O Cidade acusou no primeiro tramo do segundo acto o pau do segundo gol dun Diamante que optaba entón por prolongar as súas posesións tratando de evitar os roubos en metade de cancha. A catro minutos do final, Codeso optaba por alternar o xogo de cinco en busca dun tanto que lle metese na pugna polos puntos en xogo. Este chegaba a dous minutos da final obra de Sonia. O tanto engadía emoción ao desenlace dun envite que non se pecharía

Sonia regatea fronte ás xogadoras do Valladolid./RAMSÉS

ata que a escasos segundos do final Iria, no seu intento de despexar un balón colgado á área, anotaba en propia porta o definitivo 3 a 1 para as rioxanas. Ciudad de Alcorcón O Alcorcón chega aos Remedios como un dos equipos que aínda non coñecen a derrota neste liga. Na primeira xornada empatou a ceros co Universidad de Alicante; na segunda venceu ao Valladolid a domicilio por dous goles a catro e na terceira desfíxose do Femeni Centelles por seis goles a dous. Nas filas do Alcorcón aterrou este ano Eva Tamayo,

ex do Ponte Ourense co que logrou a Liga 2010-2011, a Supercopa de España e a Supercopa Ibérica. Tamén militou en Valladolid, Pinto e Móstoles, amais de ter sido internacional coa selección española. Para o adestrador de Alcorcón, “a súa gran experiencia na categoría, a súa calidade e o seu carácter fixo que para min fora fundamental no proxecto que iniciamos”. Natalia Orive, Lorena e Paloma son as últimas incorporacións dun conxunto que quere plantar batalla a todos os equipos da categoría. O Ciudad de Alcorcón é un recén ascendido da Segunda División.

Zaida defende o balón fronte a unha xogadora do Valladolid./RAMSÉS Para o adestrador do Cidade As Burgas, Manolo

Codeso o Alcorcón é “un bo equipo que xa me gustaba fai dous anos cando descendeu. O ano pasado en Prata paseáonse”. Para Codeso “este ano están máis experimentadas e serán un duro rival”. As franxiverdes non poderán contar con María Romero aínda convalecente dunha fisura no dedo gordo do pé esquerdo, que a manterá afastada dos terreos de xogo alomenos dúas semanas máis. O resto estará a disposición do técnico, que neste arranque ligueiro estalle a dar minutos a todas as integrantes da primeira plantilla.

Partido contra o Alcorcón, este sábado 6 de outubro ás 17 horas nos Remedios


BARRIOS DEPORTIVO 5 de outubro de 2012

FÚTBOL SALA

O Ponte tentou facer unha presión desde moi arriba, pero a rápida circulación de balón das burelesas impedía roubar pronto e saír á contra. Pola súa banda, a presión das visitantes surtía efecto impedindo que chegaran as pontinas con ocasións claras ao marco rival.

Duro correctivo 4 O Ponte Ourense sufriu unha dura derrota contra o Burela na casa. R. Torres Duro revés para o Ponte Ourense. O conxunto ourensán perdeu na terceira xornada de liga contra o Burela por un claro 0-6. No primeiro derbi galego da tempada as cousas non puideron saír peor para os intereses do equipo di-

rixido por Óscar Vivián. Xa no primeiro minuto de encontro, Peque adiantaba as lucenses. Lucía e Dany poñían o 0-3 antes do descanso. De novo Dany, xa no segundo tempo, facía o 0-4. Vivián decidíuse por alternar o xogo de cinco, pero sen resultado. Peque e Ana, en propia porta, sen-

4 Xornada 4 - 6 de outubro Burela - La Rioja Soto del Real- Ponte Ourense Viaxes Amarelles - Gironella Móstoles - Lacturale Orvina U. de Alacante - Descansa Valladolid - Futsi Navalcarnero Femeni Centelles - Roldán Cidade As Burgas - Ciudad de Alcorcón

4 Xornada 5 - 13 de outubro Burela - Soto del Real Ponte Ourense - Viaxes Amarelles Gironella - Móstoles Lacturale Orvina - U. de Alacante Descansa - Valladolid Futsi Navalcarnero - Femeni Centelles Roldán - Cidade As Burgas La Rioja - Ciudad de Alcorcón

tenciaban o partido para un Burela que demostrou que este ano vai en serio para loitar pola liga. O Ponte, ante as baixas de Marta e Laura, mostrouse un equipo inferior físicamente desarbolado en todo momento polas xogadoras de Javier Pardeiro que mostráronse moi superiores físicamente. Primeira División FSF 3ª xornada Posto Equipo

Pequena crise Este inicio de tempada está sendo un suplicio para o Ponte Ourense. A derrota na primeira xornada contra o Gironella (3-1) trouxo a lesión de Marta no último intre do encontro; fractura de peroné que a terá afastada dos terreos de xogo durante dous meses. Na segunda xornada, nova derrota. Esta vez en casa contra o Diamante por dous goles a tres. E contra o Burela xa descrita nas liñas anteriores. Tocará sufrir esta tempada a un Ponte que xa non conta nas súas filas con Ampi, Souza, Eva Tamayo e Bea, pero que aínda ten equipo para loitar na zona alta. Se as lesións as respectan e collen a forma estarán moito máis arriba do que a clasificación reflicte nestes momentos.

Soto del Real A vindeira xornada as pontinas desprázanse ata Madrid para xogar contra o Soto del Real. O conxunto madrileño ten nas súas filas a expontina, Raquel de Souza. As madrileñas, ao igual que as ourensás teñen o casilleiro de puntos vacío. Na primeira xornada descansaron, e perderon en casa contra o Orvina (2-4) e na casa do Gironella por 3-2. Amáis de Souza, o Soto conta nas

súas filas con Patricia González “Pitu”, xogadora que xa foi convocada coa selección española.

O Ponte visitará o vindeiro 6 de outubro ao Soto del Real, conxunto que tampouco coñece a vitoria

Anita driblando a unha xogadora do Burela /RAMSÉS

Puntos

1º At. Madrid 2º Logroño 3º Orvina 4º Burela 5º Alcorcón 6º Valladolid 7º Gironella 8º U. de Alacante 9º Cidade As Burgas 10º Móstoles 11º Soto del Real 12º Roldán 13º Ponte Ourense 14º Centelles 15º Amarelle

9 9 7 7 7 6 6 4 3 3 0 0 0 0 0



As pontinas Vanessa, Chiqui e Anita preparando unha xogada./RAMSÉS




BARRIOS DEPORTIVO 5 de outubro de 2012

FÚTBOL

Xogo sen resultado

4 A CD Ourense non lle están acompañando os resultados ao xogo despregado. R. Torres

O CD Ourense vén de perder na sexta xornada da Segunda División B contra o Marino de Luanco. Esta derrota leva aos de Luis Míguez “Luisito” a ocupar a decimosexta praza, a que xoga a promoción de descenso. En seis partidos, os ‘rojillos’ perderon dous encontros (Tenerife e Marino), empataron tres (Guijuelo, Getafe B e Coruxo) e venceu un (Atlético de Ma-

drid B). A única vitoria dos ourensáns remóntase á primeira xornada do campinato contra o filial colchoneiro. No último encontro, contra o Marino de Luanco o Ourense tivo as súas ocasións na primeira metade, pero sen fortuna. O xarro de auga fría chegaría no tempo de prolongación do primeiro acto; os locais adiantábanse no marcador e deixaban tocados animicamente aos de Luisito. Se mala fortuna tivo o Ourense neses intres,

os primeiros minutos da segunda metade foron máis aciagos aínda. O Ourense vía como en 10 minutos os locais deixaban en franquicia a contenda con dous goles máis e deixaban aos galegos sen reacción. O gol de Jona, de penalti, tan só fixo maquillar un partido no que o Ourense sumaba a súa primeira derrota como fóráneo da tempada. Falta de acerto A pesar de que o CD Ourense leva nas seis pri-

terceira división

Primeira vitoria, e de infarto, do Barbadás na casa

4 O equipo ourensán logra os tres primeiros puntos nos Carrís no tempo de desconto. R.T. Fíxose esperar maila espera mereceu a pena. Houbo que agardar ata a sexta xornada para ver a primeira vitoria do Barbadás nos Carrís, diante do seu público, non sen pouco suspense. O partido contra o Vilalbés decorreu durante os primeiros 80 minutos sen un dominador claro. Ambas as dúas escuadras dispoñían de ocasións que non se materializaban. O Racing Vilalbés chegaba á Valenzá como cuarto clasificado, pero durante o encontro non deu mostras de ser un equipo temido. Cando o final do encontro achegábase, cando todo facía indicar que se remataría con empate, abríase o telón dun novo encontro. Os locais adiantábanse no marcador grazas ao gol de cabeza de Vieytes, no 82. Nese intre todo facía presaxiar que a primeira vitoria nos Carrís en Terceira División xa estaba no peto, pero chegou a expulsión de Berto. O cancerbeiro local tivo que derribar na área ao dianteiro visitante; penalti e expulsión. Minuto 94 e Pablo empata para o Vilalbés ao transformar a pena máxima á que nada puido facer Fe-

Axustada disputa do balón entre un xogador do Barbadás e outro do Vilalbés./RAMSÉS. lipe (en substitución de Berto). A bancada cría que outra vez íase sen ver un triunfo do equipo, pero un minuto máis tarde do empate, Fran (de cabeza) lograba o 2-1 definitivo facendo estallar a algaravia na bancada. Con esta vitoria o Barbadás é decimocuarto con sete puntos. A vindeira xornada, os de Jorge Regal visitan a provincia da Coruña para enfrontarse ao Negreira na sétima xornada do campionato. Rexional Preferente No grupo sur da Rexio-

nal Preferente sorte dispar para os equipos ourensáns neste inicio de liga. O Barco marcha “vento en popa” nestas seis primeiras xornadas ao contar todos os partidos por vitorias. O Verín é 15º con seis puntos, mentres que o Ponte Ourense é o pechacancelas cun só punto. Na vindeira xornada, o líder CD Barco, visita o campo do Cultural Areas; o Verín xoga en Redondela contra o Choco, e o Ponte Ourense xoga na casa do Lalín.

O CD Ourense non logra vencer desde a primeira xornada. /RAMSÉS meiras xornadas sete goles a favor (por oito en contra), o certo é que necesita de moitas ocasións para bater a meta rival. O Ourense desprega o seu xogo no centro do campo tendo o balón a meirande parte do encontro, pero non logra chegar con suficiencia aos metros finais. Álex Fernández e Yebra están a callar un bo inicio ligueiro, pero a súa contención no medio do campo non ten continuidade en territorio rival. Jona postúlase como o dianteiro

favorito de Luisito; pouco a pouco o andaluz foi collendo minutos en detrimento de Sanginés e de Quintairos. Dous dos seis goles do Ourense na liga levan a súa firma; outros dous marcounos en sendas eliminatorias da Copa do Rei. Sporting B Nun grupo, como o primeiro da 3ª División cheo de filiais ao Ourense tócalle nesta ocasión medirse no Couto (domingo 7 ás 17.30 horas) a un deles. Esta vez

o rival é o Sporting B, que ten en Adama, con tres tantos, ao seu referente na dianteira. De conseguir os tres puntos o cadro ‘rojillo’, adiantaría na clasificación ao equipo asturiano.

O Ourense xoga este domingo 7 de outubro no Couto contra o Sporting B, a partires das 17.30 horas


BARRIOS DEPORTIVO 5 de outubro de 2012

BALONMAN

Balonmán

Arranque negativo do Balonmán Pabellón na Primeira Autonómica 4 Suma tres derrotas noutras tantas xornadas. Redacción Certo é que as primeiras xornadas do Balonmán Pabellón na Primeira Autonómica non eran nada sinxelas. Certo tamén é que o conxunto ourensán non estreou o seu casilleiro de puntos nas tres primeiras xornadas disputadas. Pabellón - Viña Vosteira No derbi ourensán contra o Viña Costeira, os capitalinos non tiveron o seu mellor día e cederon finalmente por 18-21.

O Pabellón Balonmán recibirá o 6 de outubro ás 19 horas ao Deza

Coas bancadas do anexo abarrotadas o encontro resultou moi igualado. A alternancia no electrónico sucedíase. A conexión da primeira liña do Ribeiro co seu pivote marcou o inicio do partido. Unha vez asentada a defensa pavillonista, o marcador foise equilibrando até chegar ao descanso 8-8. A segunda parte tivo a mesma intensidade que a primeira pero cinco minutos malos dos locais, fixeron que os ribadavienses se escapasen a catro goles, factor determinante no resultado final. O xogador máis destacado do partido foi Celso Sotelo (Viña Costeira), que se botou ao seu equipo ás costas nos momentos

decisivos. Unha defensa individual sobre el, achegou novamente aos pavillonistas, que lograron porse a un só gol de diferenza (18-19). As imprecisións nun mal final dos locais marcou a vitoria final (18-21). Derrota en Camariñas Na terceira xornada, o Pabellón Balonmán tiña unha das saídas máis difíciles do campionato; os homes de Zarra desprazábanse ata a provincia da Coruña para xogar contra o Camariñas. Durante a primeira parte os locais lograban distanciarse mentres que os ourensáns mediante arreóns lograban achegarse por momentos no marcador; 13-10 foi o resultado na primeira metade. Nos primeiros mi-

nutos da primeira metade, os visitantes aguantaron o tipo ante un equipo que vén de descender da Primeira Nacional. Na recta final, o baixón físico dos pavillonistas foi un lastre, que

xunto ao pouco acerto dos extremos condearon aos ourensáns a caer derrotados por 30-21. Este sábado, o Balonmán Pabellón recibirá nos Remedios, a partir das 19.00 horas, ao Deza coa idea de sumar a primeira vitoria da tempada. Indomogal Pabellón O Indomogal Pabellón de Primeira Autonómica tampouco leva sumado puntos neste arranque de campionato. Contra o Tui, e a pe-



sares, dun bo comezo da extremo Raquel Serejo, as ourensás remataron sucumbindo ante as pontevedresas por 14-20. Na terceira xornada, contra o Carballal de Vigo tampouco puideron sacar algo positivo e caeron derrotadas por 12 a 23. As de Manuel Quintana só puideron aguantar o empuxe das viguesas os 15 primeiros minutos. Este sábado 6 de outubro, o Indomogal enfrontanse ao Rasoeiro no Grove.

Viña Costeira e Camariñas foron os dous últimos verdugos do Pabellón Balonmán.




BARRIOS DEPORTIVO 5 de outubro de 2012

ATLETISMO

Medio millar de persoas “Correndo x Ourense”

pioa desta segunda edición; pola contra, na categoría masculina hai un abano de atletas que se pode facer co triunfo final: José M. Casado, Saturnino González e Óscar Ramos (segundo, terceiro e quinto na cita universitaria, respectivamente) son os máximos favoritos.

A vindeira, e última, destas carreiras populares celebrarase no barrio da Carballeira o 28 de outubro

4 Cid e Teijeiro foron os vencedores da proba do campus. R. Torres Despois do parón estival, o circuíto de Carreiras populares “Correndo x Ourense” retomou a actividade. Nesta ocasión o enclave foi a zona universitaria, con saída e chegada de todas as probas na pista de atletismo.

A primeira das carreiras, como sempre, foi a dos pitufos, con preto de cen participantes que fixeron da recta de 100 metros a súa particular aventura. Despois chegaría a dos benxamíns e alevíns na que Manuel Prieto e Elsa Pena foron os primeiros en percorrer as dúas voltas e me-

dia no tartán para completar 1.000 metros. A de infantís e cadetes traería a Abraham Rodríguez e Aida Martínez como os máis rápidos nos 3.200 metros da proba. Para o final chegaría a proba absoluta; nesta ocasión, Alejandro Cid e Sonia Teijeiro foron os máis rápidos en completar dúas voltas a un

percorrido de 3.200 metros, facendo un total de 6.400. A Carballeira A última proba do “Correndo x Ourense” será á da Carballeira, que terá lugar o 28 de outubro. Na categoría feminina, Sonia Teijeiro xa ten na súa man alzarse co título de cam-

Alejandro Fernández, superado polas altas temperaturas 4 Viuse obrigado a abandonar un medio maratón nacional. Redacción Un golpe de calor acabou coas esperanzas de Alejandro Fernández de acadar un gran resultado no Campionato de España de Medio Maratón. A proba celebrouse na localidade vallisoletana de Tordesillas. Os 30 graos de temperatura na saída da proba, amais dun circuíto moi esixente, foron os verdugos que impediron que Alejandro Fernández lograra un gran resultado no nacional de medio maratón. Foi sobre o quilómetro 15 cando Fernández víuse golpeado pola forte calor facendo acto de

presenza a deshidratación, o que lle levou a abandonar a proba nunha ambulancia da organización. O atleta do Ourense Atletismo Academia Postal, que tiña preparada esta proba con moita ilusión, tivo que parar cando ía escapado con Jaume Leiva e Chema Martínez, á postre campión e subcampión, respectivamente. Mellor académico O mellor atleta do Academia Postal en Tordesillas foi Manuel Hurtado, chegando á liña de meta na oitava posición cunha marca arredor de unha hora e dez minutos.

Os máis novos deron moi bo exemplo./S.TORRES

A XV Milla de Marín, para David González Redacción

Alejandro Fernández nunha proba anterior./ARQUIVO

O ourensán David González foi o vencedor absoluto da XV Milla Urbana Concello de Marín, disputada na localidade pontevedresa. O académico impúxose na liña de meta ao atleta do Celta, Ismael Costas, e a Álvaro Prieto, do EAMJ Fuerteventura, por unha marxe de dous segundos con respecto aos dous. Na quinta posición entrou o veterano Elías Domínguez, a catro

segundos do vencedor, logrando ademais o primeiro posto da categoría de veteranos. Na proba feminina, Leticia Fernández facíase co segundo posto final, ao non poder coa atleta do Bikila Solange Andreia Pereira. Leticia realizou un tempo de 5:09 minutos, o que significa nova marca do club na distancia.

González venceu por 2 segundos


BARRIOS DEPORTIVO 5 de outubro de 2012

MOTOR



Con bo sabor en Llanes 4 Sergio Vallejo, da Escudería Ourense, fíxose coa vitoria na cita asturiana. Redacción

Os irmáns González durante un momento da primeira pasada.

Sen fortuna en Melide 4 Os González abandonan no Rali de Galicia. Redacción Os irmáns González arrancaban o Rali de Galicia coa esperanza de facer un bo resultado e afianzarse nos postos de arriba da clasificación xeral. Pero a realidade fixo que un problema eléctrico levara ao traste todas as ilusións que os ourensáns tiñan depositadas nesta proba. Na primeira pasada a Maroxo o Ford Escort RS 2000 arriba de voltas non corría o que debía, até que se parou precedido dunha pequena explosión. O que nun primeiro intre creíase que era do motor, xa en asistencia verificaron que se trataba dunha avaría eléctrica que afectou as dúas bombas da gasolina. A pesar dos problemas, Ricardo e José Luis, remataron ese primeiro tramo en primeira posición, polo que a decepción era dobre. Na segunda xornada do rali, coa intención de non

defraudar a familiares e amigos que ata alí se deprazaron, reengancharon na fórmula “Superrrallye” sen opcións na clasificación. De novo reproducíuse o fallo e tiveron que decir adeus definitivamente. A proba foi liderada tamén polo ourensán Marcos Fernández, ata que un golpe na ponte traseira do seu Escort obrigouno a abandonar cando só faltaban dous tramos para finalizar o rali. Así pois, o camiño quedaba despexado para Gorroño/ Oleaga (os máximos rivais dos irmáns González no campionato) que finalizaban en primeira posición co seu Escort MKII, seguidos dos asturianos Campos/ Gutiérrez, con Porsche 911 RS. Completaba o podio de Regularidade Sport a parella Palacios/Díaz a bordo do seu BMW 323i. Como consecuencia destes resultados, os integrantes do Ourense Capital Termal tomaron a decisión de

Un problema eléctrico obrigou a Ricardo e José Luis González a abandonar na proba de Melide.

non acudir ao Costa Brava Histórico, última cita do campionato, debido ás nulas opcións de pisar podio esta tempada na xeral. Novos retos Logo de que se faga unha nova instalación eléctrica do Escort RS 2000 e se dea unha volta ao motor de cara á nova tempada; o Ourense Capital Termal fará balance dos éxitos logrados (subcampionato en 2010 e terceiros en 2011). Despois de tres anos, os irmáns González non volverán competir en regularidad Sport. Reuniranse cos patrocinadores en busca de apoio para novos retos, o que os podería levar o ano próximo ao debut no campionato de velocidade.

Sergio Vallejo, ao mando do seu Porsche 997 GT3 CUP R, conseguía a vitoria no Rali Villa de Llanes logo dunha tempada para olvidar. Baixa unhas nefastas condicións metereolóxicas o piloto da Escudería Ourense proclamouse vencedor na proba celebrada en Asturias. Grazas á boa elección dos neumáticos, fronte á mala dos seus adversarios (sobre todo Alberto Hevia) foise cimentando unha vitoria tan merecida. E iso que foron penalizados un minuto por un pinchazo. Aínda así, os Vallejo foron os primeiros cun minuto de diferenza con respecto a Miguel Fuster, que con

A elección dos neumáticos foi chave./KIKE SALGUEIRO este segundo posto continúa líder do Campionato Nacional. En terceira posición, a dous minutos, remataría Alberto Hevia por unha mala elección de neumáticos na última sección e unha saída de pista que o retrasou un minuto. Irmáns Pais Os irmáns Pais, Álex e Santi, logran co Mitsubis-

hi Lancer Evo X recuperar o liderato do nacional do grupo N trala disputa do rali de Llanes, no que buscaban sumar puntos sen correr moitos riscos. Deste xeito remataron segundos no grupo. A falta de dúas probas, os galegos loitarán polo título do N e buscarán estar entre os 10 primeiros da clasificación xeral absoluta.

Un dos participantes no Rali de Llanes, ante a atenta mirada do numeroso público.


10

BARRIOS DEPORTIVO 5 de outubro de 2012

POLIDEPORTIVO

O hoquei base congregouse en Mariñamansa 4 Máis de 100 rapaces participaron no II Torneo Cidade de Ourense. Redacción

Primeira xornada da liga de clubs de judo.

O Marbel comeza con mal pé a liga de clubs 4 Unha vitoria e cinco derrotas foi o seu resultado na primeira xornada. Redacción O Marbel comezou con mal pé na Liga Internacional de Judo “Trofeo Cidade de Ourense”. O pavillón municipal de Oira foi o lugar onde se celebrou a primeira xornada da Liga. O resultado do único representante ourensán -Marbel- foi dunha vitoria por cinco derrotas. Os ourensáns chegaron á cita seriamente mermados; as baixas de Christian Álvarez, Tono Fernández ou Guillermo Pérez, todos fóra da cidade por motivo de estudos ou laborais, foron unha lousa imposible de superar para o cadro local. A novidade do equipo foi a incorporación ás súas filas de Roi Rodríguez, procedente do Shiai Coruña. O Marbel disputou seis encontros, cun resultado dunha vitoria e cinco derrotas (unha delas aos pun-

tos tralo empate). Perdeu contra tres dos favoritos ao triunfo na liga: Famu Vigo A (0-4), Parque Sport Valladolid (1-3) e Arteixo (1-3). Tamén contra o Ferrolterra (0-3). Perderon aos puntos contra o Famu Vigo B (2-2) e venceron ao Vicus Vigo (3-1). Trala primeira xornada, o Marbel é 15º; en primeira posición encóntranse o Famu A e Arteixo. Segunda xornada A segunda xornada da Liga Internacional de Jugo, competición que reúne aos mellores clubs de judo de Galicia, Asturias, Castela e León e Portugal, terá lugar o 6 de outubro. No pavillón municipal de Oira, a partir das 16.00 horas, disputaranse os combates da segunda xornada de liga. O representante provincial, o Marbel-Ourense Judo Club, preséntase se-

riamente minguado á cita pola ausencia de Issol Mayáns, que se une aos tres do comezo de tempada: Christian Álvarez, Tono Fernández e Miguel Baldemar. Repetirá a fichaxe Roi Rodríguez, procedente do Shiai Coruña. O Marbel disputará seis encontros contra rivais de nivel predominantemente alto: Lourdes Tuvasa Valladolid (terceiro na clasificación), Bitácora Ferrol (cuarto), Avilés B (sexto), Shiai Coruña (sétimo), Barcelos Portugal (16º) e Avilés A (18º).

O Marbel ocupa a 15ª posición O 6 de outubro, ás 16 horas, 2ª xornada da liga no pavillón de Oira

O 29 de setemebro celebrouse no campo de Mariñamansa o II torneo de base de hockei Cidade de Ourense, cun gran éxito de participación. O torneo que se disputou en xornada matutina congregou a máis de 100 rapaces das categorías cadete, alevín e benxamín. Os clubs participantes foron o Barrocás, Albor e Cidade de Ourense. O torneo estivo patrocinado polo Consello Municipal de Deportes de Ourense, e contou coa colaboración da Federación Galega de Hockei.

O sentido desta xornada foi o de fomentar a confraternización entre os rapaces

que practican o hockei e a promoción do deporte do stick.

Un dos encontros do II Torneo Cidade de Ourense.

Dous taekwondistas ourensáns obtiveron prata e bronce na Copa Galicia de combate, disputada na localidade pontevedresa de Moaña.

Metais para os taekwondistas ourensáns O pasado 15 de setembro celebrouse en Noia o Campionato galego de combate cadete (clasificatorio para o nacional), ao que acudiron preto 150 deportistas de 24 clubs. Deles, Lucía Dafonte, do Ximnasio Couto, acadou a medalla de ouro en -47 quilos. Sete días máis tarde tivo lugar en Moaña a Copa Galicia de combate na que estiveron máis de 150 competidores, entre os que había varios campións e subcampións de España. Na categoría júnior, en -48 quilos, Andrés Álvarez obtivo a medalla de prata e Sergio Álvarez logrou a de bronce en -55 quilos, ambos os dous do Ximnasio Couto.


BARRIOS DEPORTIVO 5 de outubro de 2012

POLIDEPORTIVO

XIMNASIA

Catro metais para o Pavillón na Copa Galicia de Trampolín 4 Logo de optar a 11 finais. Redacción Os saltadores do Club Ximnasia Pavillón de Ourense seguen colleitando éxitos. Nesta ocasión foi na Copa Galicia de Trampolín onde lograron 11 finais e catro medallas. Os resultados máis destacados nestra proba celebrada en Pontevedra foron María Salas, terceira en trampolín e terceira en dobre minitramp na categoría de 8 a 12 anos. Nicolás Cid, cuarto en trampolín na categoría de 8 a 12 anos. Daniel Fernández,

quinto en trampolín na categoría de 8 a 12 anos. Lucas Domuro, cuarto en dobre minitramp na categoría de 8 a 12 anos. Paula Blanco, quinta en dobre minitramp na categoría de 8 a 12 anos. Eduardo Novelle, segundo en Trampolín e cuarto en dobre minitramp na categoría de 13 a 14 anos. Iago Sousa, cuarto en trampolín na categoría de 13 a 14 anos. Marta Rodríguez, segunda en trampolín e cuarta en dobre minitramp na categoría de máis de 16 anos.

Os medallistas En canto aos medallistas, a pequena María Salas, que, pese a súa curta idade, sorprende coa súa madurez competitiva e a súa regularidade logrou dous bronces; Eduardo Novelle e Marta Rodríguez sendos subcamopionatos. Pero tamén é digna de mención a participación de Daniel Fernández, xa que o inicio da súa carreira deportiva viuse truncado o ano pasado por una infortunada lesión que o apartou dos adestramentos durante sete meses impedindo a súa participación nos campionatos da tempada 2012, pero o sorprendente tesón deste rapaz axudouno a superar unha pausada pero efectiva posta a punto que desencadeou na súa excelente actuación neste campionato.

Cinco dos nadadores do CN Pabellón que participaron na Travesía da Coruña.

NATACIÓN

Ciurana e Pimentel vencen na Coruña 4 Os pavillonistas lograron a vitoria ante 100 participantes. Redacción

Os ximnastas ourensáns que participaron na Copa Galicia de Trampolín.

11

O 30 de setembro celebrouse na Coruña a quinta edición da travesía da Coruña, proba que pechaba o circuíto galego de travesías. Nesta cita os pavillonistas Laura Pimente e Marc Ciurana foron os

vencedores. Pero, ademais, os terceiros postos tanto na categoría feminina como na masculina foron a parar aos nadadores do CN Pabellón, Ana Mª Santiso e Borja González, respectivamente. Pola súa banda, Alberto Taboada foi cuarto e Aitor Rodríguez 13º.

En definitiva, un gran resultado para os seis integrantes do Club Natación Pabellón Ourense que participaron nesta proba. Circuíto Galego Con esta proba pechábase o circuíto galego de travesías, no que a nadadora ourensá Laura Pimentel alzouse co triunfo final logrando un total de 169 puntos. En categoría masculina, o tamén ourensán Borja González, con 148 puntos, rematou en segunda posición.

O CN Pabellón subiu a 4 podios


12

BARRIOS DEPORTIVO 5 de outubro de 2012

TENIS / PÁDEL

Valeria, unha número un 4 A tenista fíxose co circuíto Babolat. Redacción

O Galmédica comeza a tempada con vitoria 4 Venceron os dous equipos do club. R.T. O pasado sábado 29 de setembro comezou a tempada de tenis de mesa tanto para as ligas nacionais como para as autonómicas, nas que o club Galmédica Ourense ten representación. O Galmédica Ourense T.M. de 2ª División Nacional está encadrado no Grupo 2 xunto con outros 2 equipos de Lugo, 1 de Monforte, 4 de Asturias e 1 de León. Para o primeiro encontro da tempada desprazáronse

Monforte e Xoiaría Enrique foron as súas vítimas

a Monforte os xogadores ourensáns Ramón Becerra, Emilio Diéguez e Lalo Pérez. A pesar de ter un mal comezo, empezaron perdendo os dous primeiros partidos, conseguiron darlle a volta ao marcador, finalizando cun resultado de 2 a 4 a favor do equipo ourensán. Os puntos do Galmédica T.M. foron para Ramón Becerra (2), Emilio Diéguez (1) e Lalo Pérez (1). Galmédica B Pola súa banda, o Galmédica B, que se estreaba na 1ª División Autonómica despois de conseguir o ascenso a pasada tempada, recibiu no pazo dos deportes Paco Paz ao Xoiaría Enrique, de Cambados, un equipo xa asentado na categoría.

Os compoñentes do equipo ourensán, Rodrigo Alvarez (2,5), Diego Gómez (2,5) e Antonio Gómez (1), impuxéronse con solvencia aos cambadeses por 6 a 1. Vindeira xornada O vindeiro sábado o Galmédica T.M. recibe no Paco Paz ao Padre Isla de León, mentres o Galmédica B

O pasado 22 de setembro celebrouse no Paco Paz de Ourense a fase final da Copa Deputación. O torneo estivo dividido en dúas categorías: os federados - con 16 participantes- e afeccionados -na que participaron sete-. Na categoría federados, Ramón Becerra foi o campión, seguido de Emilio Diéguez, terceiro foi Miguel López e cuarto, Antonio Gómez. En afeccionados o mellor foi Pablo Mosquera; segunda, Nerea González e Jacobo Freire e José Carlos Vázquez, terceiro e cuarto, respectivamente.

4 Dará comezo 20 de outubro. O P21 Padel Club vén de anunciar a creación da primeira Liga de Pádel de Ourense. A sede de todos os encontros serán as insta-

lacións do propio club e comezará o 20 de outubro. Disputarase en categorías masculina e feminina, cun total de 10 equipos en cada división (crearanse varias divisións en función dos equi-

A I Liga de Padel de Ourense terá lugar nas instalacións do P21 Pádel Ourense. /ARQUIVO

desprazarase a Pontevedra para enfrontarse ao Monteporreiro B.

4 Fase final da Copa Deputación

O P21 Padel Club, sede da 1ª Liga de Pádel de Ourense Redacción

A tenista Valeria López vén de vencer no torneo celebrado no complexo Bamio reafirmando o seu dominino no circuíto Babolat. A vitoria na categoría cadete confírmaa como a mellor tenista galega da súa idade. López acadou ao longo da súa primeira tempada como cadete tres títulos, dúas veces finalista e unha vez semifinalista, logrando deste xeito a primeira posición do circuíto. Devandito circuíto está composto por seis torneos e o máster final que reuníu ás 16 mellores raquetas

pos inscritos). Cada equipo contará con tres integrantes, os cales deberán xogar un mínimo de partidos durante a tempada (o 20% dos encontros). Fase regular As xornadas celebraranse desde o sábado ás 10 da mañá até o venres seguinte ás 11 da noite, cun partido cada equipo en cada xornada. Os equipos que se enfronten entre sí deberán porse dacordo para fixar a hora e o día da disputa do encontro. Haberá premios para os campións e subcampións, así como agasallos para todos os participantes. Ao remate da fase regular

o último clasificado da Primeira División descenderá á Segunda e o primeiro desta ascenderá a Primeira. Os equipos clasificados en penúltima e antepenúltima posición de Primeira xogarán contra os clasificados en segunda e terceira posición da Segunda división. Os gañadores dos devanditos partidos xogarán na Primeira División en futuras edicións e os perdedores xogarán a Segunda División. Inscricións As inscricións deben realizarse ata o 15 de outubro, ao prezo de 10 euros para os socios do P21 e de 15 euros para os non socios.

Haberá categoría masculina e feminina, e 10 equipos en cada división

de cada categoría. Na final cadete, Valeria impúxose sobre a lucense Paula Arias por 6/4 e 7/6; grazas a este triunfo recibíu un vale por valor de 600 euros en material deportivo. Gran ano Neste ano, a tenista ourensá está explotando o seu xogo logrando, ademais dos títulos na súa categoría, grandes actuacións en torneos de categoría absoluta, o que lle levou a ser a sétima mellor raqueta galega de todas as idades.

Valeria foi a mellor tenista galega cadete

Os grandes resultados de Valeria López durante este ano situárona como a 7ª mellor raqueta galega.


BARRIOS DEPORTIVO 5 de outubro de 2012

POLIDEPORTIVO

13

aeromodelismo

ANDAINAS

Ourense participará no Nacional de Helicópteros de Radiocontrol

Verín demostra que andar é o mellor plan de domingo

4 Será en Valencia do 12 ao 14 de outubro.

4 Un cento de persoas participaron no I Circuíto de Andainas Saudables, que constaron de ata 9 quilómetros de percorrido.

Redacción

Redacción

Os próximos 12, 13 e 14 de outubro celebrarase no Aeródromo de Requena, Valencia, o Campionato de España Absoluto de F3C, e o Open Nacional F3N, de acrobacia con helicópteros de radiocontrol. Até alí desprazarase David Prada Martínez, piloto na categoría B, co seu helper Anxo Mon Iglesias, do Club Aeromodelismo Ourense. Ambos serán os únicos representantes galegos da cita. Martínez e Mon tentarán mellorar os seus resultados do ano pasado, segundo e cuarto. En Valencia celebraranse dúas modalidades, F3C, acrobacia de precisión e F3N, voo acrobático puro, en tres categorías, A, B e C. O campionato é puntuable para a constitución da selección que representarán a España nas próximas competicións internacionais.

Un total de 133 persoas participaron o pasado domingo 30 de setembro en Verín no I Circuíto de Andainas Saudables, organizado polo Plan Galicia Saudable, Vegalsa-Eroski, a área de Deportes do Concello de Verín e a Asociación Ruta das Augas. Esta ruta saudable, dunha distancia de nove quilómetros, tivo un trazado circular, con saída do Pavillón Municipal de Deportes de Verín, para percorrer a Fonte do Sapo, A Rasela, Vilela, A Pousa, río Támega e retorno ao punto de inicio. Esta iniciativa deportiva estivo orientada a iniciar aos veciños dos diferentes concellos adheridos ao Plan Galicia Saudable na actividade de camiñar para mellorar a saúde a través da actividade física. UPES Este circuíto de andainas busca promover a rede galega de Unidades de Promoción do Exercicio Saudable (UPES) municipais. Os percorridos son circulares, voltando ao lugar de saída, e discorren polo contorno municipal máis próximo e grazas ao seu perfil baixo son perfectos para incorporar hábitos saudables de actividade física na vida cotiá.

David Prada e Anxo Mon serán os únicos galegos que acudirán a Valencia

Os días 12,13 e 14 de outubro celebrarase no aeródromo de Requena, Valencia, o Campionato de España Absoluto de F3C e o Open Nacional F3N, nos que se buscan as mellores acrobacias con helicópteros de radiocontrol./ARQUIVO

Os andaríns a piques de comezar o percorrido.

Esta iniciativa busca concienciar aos veciños da importancia de camiñar para mellorar a súa saúde


14

BARRIOS DEPORTIVO 5 de outubro de 2012

POLIDEPORTIVO

Iván Feijoo e Aida González pechan a tempada con vitoria 4 Na última proba celebrada en Marín. Redacción A escola JA Hermida pecha a tempada de mini BTT coas vitorias de Iván Feijoo e Aida González nos arredores do lago Castiñeiras de Marín. Iván González, en categoría infantil, foi o gran dominador das probas galegas ao longo da tempada, sendo este o seu primeiro ano de infantil. O mesmo ocorría con Aida González en princiantes féminas, logrando unha nova vitoria para a súa conta particular. Ademais destas vitorias, destacadas foron as actuacións Antía Martínez e Breogán Diz, con sendos podios en alevín e principiantes, respectivamente. Durante toda a tempada foron case que unha trintena de corredores e corredoras da escola macedá participaron no calendario galego, colleitando numerosos triunfos e podios.

Sete podios en Mos De exitosa pódese catalogar a participación dos integrantes da Escola JA Hermida no IV Mini BTT celebrado en Mos, no que participaron 150 nenos e nenas de toda Galicia. O equipo macedán logrou na localidade viguesa un total de sete podios, dos cales dous -os de Iván Feijoo e Aida González- foron de

Redacción

Aida González mostrando o seu trofeo no alto do podio.

O Campus perde contra o Muralla O Campus Ourense Rugbi cae derrotado en Lugo contra o Muralla RC. Nun disputado partido, o Campus Ourense Rugbi colleitou a súa segunda derrota nesta pretempada. O encontro comezou ben contra Muralla RC para os ourensáns, que dominaban a posesión do balón, compensando o poderío lugués

Caamaño logra en Loñoa a vitoria ao sprint 4 O primeiro ourensán, e campión provincial, foi Javier González.

RUGBI

Redacción

ouro. En principiantes, Aida González era primeira, Noela Saa, cuarta e Aixa González, quinta; en nenos, Breogan Diz, cuarto. En alevíns, Antía Martínez rematou en quinta posición. Na categoría raíña, a de infantís, nova vitoria de Iván Feijoo, acompañado por Aarón López, que entraba quinto.

na melé cun xogo dinámico e incisivo. Mediado o primeiro cuarto chegou o primeiro ensaio dos ourensáns, Patxi pousou o balón nunha boa penetración da terceira liña. Pouco a pouco o Muralla facíase dono da posesión, aínda que as oportunidades máis claras de anotar seguían pertencendo aos visitantes, cun xogo moi directo que deu o seu premio ao

comezo do terceiro cuarto cando Abraham conseguía o segundo ensaio cunha longa carreira pola banda. Os ourensáns cun xogador menos por lesión de David e moi cansados físicamente foron perdendo protagonismo no céspede e tiveron que aplicarse arreo fronte á ofensiva local, intensificada no último cuarto. Non puideron os visitantes evitar os dous ensaios transformados polo Muralla nos minutos finais e víronse superados por 14 a 10 despois de estar a maior parte do partido por diante no marcador.

O domingo 23 de setembro celebrouse no circuíto de Loñoa o Campionato provincial de ciclismo. Sobre unha corda de 6.700 metros os 95 corredores tiveron que dar 10 voltas para completar unha distancia de 67 quilómetros nesta última proba do ano da Copa Deputación de ciclomaster. Desde o principio, todos querían lograr o triunfo nesta última proba ourensá do ano, polo que o forte ritmo impedíu escapada algunha. Xa na última volta, a choiva fixo acto de presenza, facendo máis duro se cabe o final. Á recta final chegaba un pelotón dunhas 60 unidades, sendo o ciclista do CC Chantadino, José Ramón Caamaño o máis rápido de todos eles. Caamaño alzárase fai unhas datas co Campionato do mundo -non oficial- celebrado en Ourense pola asociación Ado-Moure. En segunda posición

atravesou a liña de meta, Juan Bello, do CC Castrosua; terceiro foi o corredor do Porriño, José Luis Carnicero.

de CC Orensano o que lle otorgou o campionato provincial. González López rematou en cuarta posición da xeral.

O primeiro ourensán O primeiro ourensán en cruzar a liña de meta foi Javier González López

Juan Bello e J.Luis Carnicero, segundo e terceiro

4 Gañadores por categorías Sénior Ignacio García - CC Turisleón Adrián García - CC Vigomaster Samuel García - CC Bici o Con - Máster 30 Juan Bello - CC Castrosua Javier González - CC Orensano Luís E. Larrán - CC Ría de Vigo Máster 40 José Ramón Caamaño - CC Chantadino José Luís Carnicero - CC Porriño Carlos Manuel Caamaño - CC Chantadino Máster 50 César Mendoça - Portugal Ernesto Ortíz - CC Orensano Carlos Moure Castro - CC Orensano Máster 60 Luís Benito Iglesias - Asturias


BARRIOS DEPORTIVO 5 de outubro de 2012

NOVAS / ARTIGOS

15

Edita: Letras a la Carta S.L. CIF: B-32.323.925. Depósito Legal: OU 185-2009. Redacción: r/ Valle Inclán 25 2º Of. 15 - 32004 Ourense. Tel: 988 239 634. Correo-e: deportes@ourenseporbarrios.com. Distribúe: Orixe. Imprime: Publicaciones Tameiga. Director: Ramsés Torres. Director comercial: Miguel Rejo. Redacción e fotografía: Paula Lodeiro, Ramsés Torres, Óscar Blanco, Miguel Rejo. Colaboracións: Saudeter, Diego Formoso, Alfonso Vilachá. Nº64- Ano: IV - 5 de outubro de 2012 - Difusión: 5.000 exemplares Este periódico non pode ser reproducido nin total nin parcialmente, sen autorización previa da empresa editora Letras a la Carta S.L. Impreso en papel 100% reciclado. Se ten algún problema co reparto, pregámoslle que nolo comunique no teléfono 988 239 634.

Aprazado o torneo de golf benéfico da Cruz Vermella

4O RINCÓN DO MESTRE

Deporte e realidade (V)

Redacción

O torneo de Golf Benéfico Cruz Vermella / V Memorial Lalo foi aprazado ao próximo sábado 27 de outubro, grazas á colaboración. A inscrición para participar no torneo será de 25 euros, e poderá realizarse nas oficinas do Hotel Balneario de Augas Santas. O torneo disputarase a partir do nove da mañá na modalidade de xogo “stableford” a 18 foxos, segundo o hándicap de cada competidor: Primeira categoría (até hándicap de xogo 11), Segunda categoría (de 12 a 18) e Terceira categoría (de hándicap 19 a 30). Do mesmo xeito que en edicións anteriores, durante a xornada os golfistas poderán degustar un aperitivo no foxo dez do percorrido, e participarán no sorteo de agasallos ao termo da competición. O obxectivo da celebración do campionato é a captación de fondos a beneficio da Institución. O carácter benéfico deste evento permite incrementar os recursos que Cruz Vermella Ourense destina aos proxectos sociais que desenvolve na nosa provincia. O recadado por este torneo dedicarase a accións para paliar as necesidades xurdidas nos colectivos máis desfavorecidos a raiz da crise económica.

Instalacións de Sabrosura, na rúa Benito Vicetto, no campus ourensán.

Esta tempada anímate a bailar con Sabrosura A Escola de Baile e Fitness comeza un novo curso con actividades para pequenos e grandes Na Escola de Baile & Fitness Sabrosura queremos fomentar a motivación e creatividade desde a idade máis temperá, axudando a traballar a psicomotricidade dos máis pequenos da forma máis divertida, até os máis grandes, mediante o deporte con actividades dirixidas de fitness (como (aerobic, step, tonificación, GAB, zumba), pilates, e con diferentes modalidades de baile para todos os gustos. Todas as actividades da escola destacan pola súa personalización, xa que os grupos son reducidos e cun persoal especializado a disposición dos usuarios en todo momento. Sabrosura ofrece cursos trimestrais para todas as idades nas seguintes modalidades: predanza,

modern jazz, new style, street/breakdance, danza contemporánea, ritmos latinos, danza oriental, e Bollywood. Vantaxes do baile As vantaxes e beneficios do baile son entre outras: - Bailar estimula a circulación sanguínea e por tanto mellorará todo o organismo. - É unha boa forma de queimar calorías. Combate o sobrepeso, a obesidade e os niveis elevados de colesterol. - Bailar axuda a corrixir as malas posturas derivadas da vida diaria, no traballo e por falta de exercicio, ademais, aumenta a flexibilidade, forza e resistencia. - O baile contribúe a mellorar a axilidade e coordinación de movementos, así

como o equilibrio. É un bo exercicio para o cerebro, pois mellora a concentración e memoria. - Bailar é unha excelente forma de superar a timidez e establecer novas relacións. - O baile permite relaxarse e liberar tensións, axudando a reducir a tensión, a ansiedade e a depresión. Bailar levanta o ánimo. Ademais de todos os beneficios físicos e mentais expostos, o mellor do baile é a diversión. É practicamente imposible bailar sen sorrir. Outras das actividades que se realizan no centro son coreografías personalizadas para noivos e animación de eventos para os cales a escola conta con Disco Móbil propia.

Capítulo 5. Os riscos do deporte-espectáculo Dentro da sociedade industrial, unha de cuxas características é a masificación, o deporte-espectáculo está ameazado desde todos os ángulos. Por unha banda, corre o risco de que poida converterse nun mero artigo máis de consumo; por outro, que se transforme en simple negocio. A partir do momento en que pode ser unha profesión, o deporte subordínase á necesidade de dar diñeiro, e, en canto se supedita a esta posibilidade, oriéntase cara a aquilo que máis gusta á xente, o cal non sempre é o máis deportivo, limpo. Sábese que favorecendo certas condicións e permitindo algunhas trampas, o deporte pode resultar máis espectacular e, por tanto, o espectador divírtese máis. Hai certas especialidades deportivas nas cales se pon en xogo mecanismos de satisfacción deste tipo que serven para saciar a agresividade reprimida. Dunha revista especializada tomamos o seguinte parágrafo sobre o hockei sobre xeo en Estados Unidos: “Dado o carácter sumamente bruto deste deporte, a súa práctica esixe deportistas rudos que non retrocedan ante a dor nin ante a visión de sangue.

Un verdadeiro profesional distínguese polos puntos de sutura que adornan o seu rostro”. No boxeo, segundo unha investigación realizada en Gran Bretaña en 1973, causou conmoción ao pór de manifesto que todos os antigos boxeadores -uns trescentos- examinados polo mesmo médico padecían trastornos cerebrais máis ou menos serios, e que, nun 70%, a diminución das facultades mentais situáballes en correspondencia con persoas con vinte anos máis dos que realmente tiña cada boxeador. Riscos colaterais a estes son as manipulacións dos resultados, as trampas moi frecuentes en especialidades en que a decisión ou o veredicto final dependen do criterio subxectivo dun árbitro ou uns xuíces. Tamén, a manipulación do rendemento propio, o suborno, é dicir, deixarse gañar a cambio de diñeiro. Igualmente, a manipulación da constitución física dos deportistas, con prácticas como o doping. Outra fraude fisiolóxica descuberto na práctica deportiva foi a participación, en probas da categoría feminina, de mulleres tratadas con hormonas masculinas para mellorar o seu desenvolvemento muscular. Alfonso Vilachá

Permitindo algunhas trampas, o deporte pode resultar máis espectacular


BARRIOS DEPORTIVO 21 de setembro de 2012


4 Outubro 2012 - BD Nº64