Issuu on Google+

Entrevista a Ampi, xogadora do Ponte Ourense [páx. 22] BALONCESTO:

Chega o primeiro derbi ourensán de LF 2: Pabellón - Carmelitas, sábado 14, 20 h., nos Remedios [páx. 16]

David Gómez vence no Aninovo

[páx.4-5]

Número: 48- Ano: IV - 13 de xaneiro de 2012 - Depósito Legal: OU 185-2009 - Periódico quincenal de distribución gratuíta - www.barriosdeportivo.com BARRIOS DEPORTIVO volve repartirse a partir do 20 de xaneiro. Se quere anunciarse consulte no 685 800 190.


2

BARRIOS DEPORTIVO 13 de xaneiro de 2012

4 Axenda deportiva Fútbol - Día 14. Estadio do Couto. CD Ourense B - Barbadás. - Día 15. Estadio José Arjiz (Verín). Verin - Cruceiro do Hío. - Día 15. O Barco. Barco - Tomiño. - Día 22. Estadio do Couto. CD Ourense - Somozas. - Día 22. O Barco. Barco - Gran Peña. - Día 22. Ourense. CD Ourense B - Céltiga. - Día 22. Estadio José Arjiz (Verín). Verin - Arousa. - Día 22. Estadio Miguel Ángel (pavillón). Pabellón Ourense - Rácing de Ferrol.

Fútbol sala feminino - Día 14. Os Remedios -17.00 horas-. Cidade As Burgas - Femesala Elche. - Día 21. Os Remedios -17.00 horas-. Ponte Ourense Móstoles.

Baloncesto - Día 13. Paco Paz -21.00 horas-. COB - Aurteneche. - Día 14. Os Remedios -20.00 horas-. Pabellón Ourense - Codigalco Carmelitas. - Día 21. Polideportivo Vedruna -19.15 horas-. Codigalco Carmelitas - Cortegada.

Atletismo - Día 15. Monterrei. Campionato galego de campo a través nas categorías cadete e xuvenís, e o campionato galego de cross curto. - Días 13 e 20. Os Remedios (Módulo). Xornada Copa Deputación - Modulo Cuberto.

Tenis de mesa - Día 21. Paco Paz -17.00 horas-. Galmédica Tenis de Mesa “A” - Cafetería Lareka.

Balonmán - Día 14. Anexo dos Remedios -16.30 horas-. Pabellón Balonmán - S.A.R. 1ª Autonómica feminina. - Día 22. Os Remedios. Pabellón Balonmán - Salnés. 2ª Autonómica masculina.

Tenis - Ata o 14 de xaneiro. I Torneo de Tenis San Raimundo de Peñafort no campus.

Voleibol - Día 15. Os Remedios -10.30 horas-. Dompa Gestión

B - CV Ourense B. 2ª División B feminina.

- Día 15. Os Remedios -12.00 horas-. Dompa Gestión -

Conxo. 2ª División A feminina. - Día 21. Ourense. CV Ourense B - Veintisiete Seiscientos Sarria Volei. 2ª División B feminina. - Día 21. Ourense. Voleyourense.es - Autos Rico UDC A. 2ª División A feminina. - Día 22. Ourense. CV Ourense B - Redesyl Boiro Voleibol. 2ª División A masculina.

Tiro Día 15 - 5ª Copa Cidade das Burgas de carabina lixeira tendido, carabina match e pistola libre - Club de Tiro Eiroás Día 22 - Tirada San Sebastián de aire comprimido Club de Tiro Eiroás Día 29 - Campionato Autonómico Oficial de pistola 9 mm. - Club de Tiro Eiroás

Toda a información do deporte ourensán en www.barriosdeportivo.com

AXENDA - ATLETISMO - BILLAR

A todo correr en Nadal 4 O Academia Postal non parou nas datas navideñas e foron moitos os eventos que tiveron participación dalgún dos atletas académicos. Redacción Numerosos foron os eventos neste Nadal nos que houbo participación do Ourense Atletismo Academia Postal, ademais con moi bos resultados. Campo a través escolar de Cross Monterrei acolleu no mes de decembro a estrea oficial da tempada de campo a través escolar coa xornada previa de cross escolar. O escolares do Academia Postal tiveron unha máis que destacada actuación sendo os dominadores da xornada acadando a vitoria parcial en seis das oito probas disputadas. Alexandre Álvarez foi o vencedor na categoría benxamín dominando durante os 800 metros da carreira. En alevín, David Rodríguez foi o máis rápido. Natasha PenroseStevens e Abraham Rodríguez en infantís e Cielos Caderno e Francisco José Miranda en cadetes foron os mellores. En infantil feminino Laura González foi segunda clasificada, e en masculino Ángel Vázquez logrou o terceiro posto. En cadete, Uxía Calleja foi a segunda clasificada. Campionato Norte de Pista Cuberta Ata a localidade portuguesa de Braga desprazáronse varios representantes do Ourense Atletismo Academia Postal na procura das súas mellores marcas da tem-

Movilla, un do ránking nacional de snooker Redacción

Empeza ben o ano para os representantes do Club de Billar Ourense na disciplina de snooker, xa que varios dos seus xogadores atópanse na parte alta da

pada. Así, Leticia Fernández logrou nos 1.500 metros a vitoria parcial da proba cun tempo de 4:40.99, nos 3.000 metros, a mesma atleta logrou parar o crono en 10:06.36 nos 3.000 metros. Alejandro Fernández venceu nos 3.000 metros con 8:31.13, e Álvaro de la Fuente, fixo a boa marca de 8:43.45. Carreira do Nadal-Carreira do Pavo Hassan Lekhili demostrou unha vez máis o seu fantástico estado de forma, nesta ocasión na Carreira do Nadal-Carreira do Pavo sendo o vencedor por unha marxe de 3 segundos sobre o portugués Carlos Costa. Elías Domínguez logrou o undécimo posto. Cross Internacional de Venta de Baños En categoría xuvenil, Mi-

guel Otero foi quinto neste cross internacional, e en júnior, Hugo Loureiro foi sexto. E Cristina González, 12ª na proba xuvenil. Outras novas Nas instalacións cubertas do Consello Superior de Deportes de Madrid, a RFEA organizou un control de velocidade e valados, onde tomaron parte Shannon García (unha das últimas fichaxes do Academia), que lograba o segundo posto na final con 7.85, mentras Guillermo Arrese era cuarto na súa con 7.20. José Antonio Panera non

puido superar os 4,60 iniciais do salto con pértiga, marca que esta temporada xa posúe. En Vigo, tivo lugar a celebración da primeira xornada do Torneo de Inverno en Pista sobresaíndo os ourensáns Miguel Otero, que participou nos 800 e 3.000 metros, quedando a escaso marxe das mínimas nacionais, e logrando a vitoria na primeira, e segundo nos 3.000 metros. Os 800 femininos tamén foron dominados por Iria Castro, cun rexistro de 2:17.74, seguida pola xoven Laura Rosende. Aitana Leguiçano venceu nos 60 valados da súa categoría, logrando tamén a vitoria parcial na súa serie de 200 metros. Hugo Loureiro foi terceiro nos 3.000 metros, mesma posición que ocupou Lidia Fernández no lanzamento de peso.

Participantes do escolar de Cross./C. QUIROGA

Atletas e ciclistas na subida da Costiña de Canedo./O. DEL CAMPO

4 Costiña de Canedo Un ano máis, Saturnino González organizou para o primeiro día do ano a subida á Costiña de Canedo. A proba consiste en subir devandita costa que ten tramos de ata o 21% de desnivel. Cada ano esta proba conta con máis adeptos que se animan o un de xaneiro a subir os 3 quilómetros ben sexa correndo ou en bici. clasificación nacional, destacando sobre todo Francisco Movilla, que alcanza por primeira vez para un xogador ourensán o número un do ránking nacional, despois de imporse nas dúas primeiras probas do circuíto. Outro xogador de Club de Billar Ourense destacado na clasificación é José Manuel Rivero que ocupa o oitavo posto, con moi serias opcións por parte dos

dous, de meterse na final nacional que se celebrará no mes de xuño en Madrid e de onde sairán os xogadores que representarán ao noso país no Campionato de Europa. Circuíto Nacional de Billar Pool Tamén se celebrou nas instalacións do Café Rojo de Ourense, a terceira proba do circuíto Tourespaña de billar pool, onde se impuxo

José Manuel Rivero na final a Óscar Yañez. Os dous cales conseguiron a praza para participar xunto con Movilla na primeira proba do circuíto nacional de pool que se celebra en Aranxuez, os próximos días 21 e 22 de xaneiro, onde todos eles teñen moitas opcións de facerse cunha das prazas que clasifica para o Mundial das Vegas (EE.UU.) que se disputa en maio.


BARRIOS DEPORTIVO 13 de xaneiro de 2012

ATLETISMO

3

Fernández conquista a pedestre de San Cibrao 4 Logo dun duro e igualado remate de proba con Robertas Geralavicius. R.T.

Participantes da proba escolar. /S. TORRES

Docampo vence na San Silvestre de Castrelo 4 Sonia Teijeiro foi a primeira muller. Redacción A 13ª edición da San Silvestre de Castrelo de Miño contou con máis de 300 participantes que despediron o ano zancada tras zancada. Na proba escolar, Jonathan Alvear foi o primeiro en completar o percorrido, sendo Aida Martínez a primeira das féminas. Na carreira absoluta, Iván Docampo (SG Pontevedra) cun tempo de 23.38 foi o primeiro clasificado por diante dos atletas do Academia Postal Alejandro Cid (24.42) e Mario Pérez (25.02). A primeira muller en completar os máis de sete quilómetros de percorrido foi Sonia Teijeiro (31.51) do Veteráns Pabellón; Ana Isabel Soutullo rematou segunda (32.46) e na terceira posición, Renny Mazaira (34.13) completou o podio. Derradeira de Allariz Allariz tamén acolleu a

súa particular San Silvestre, a Derradeira de Allariz que congregou nas rúas alaricanas a preto de 400 participantes. Na proba escolar, Álvaro de Luis e Lucía Rodríguez foron os

máis rápidos; mentres que na categoría absoluta, Alberto González (24.42) foi primeiro, Víctor Conde (25.20), segundo e José Manuel Casado (25.34), terceiro.

A décima edición da carreira popular pedestre de San Cibrao, celebrada o 18 de decembro, tivo na categoría absoluta masculina un final de infarto. Chegaban aos derradeiros metros da proba, Alejandro Fernández (Academia Postal) e Robertas Geralavicius (S.G. Pontevedra) moi igualados entraron os dous no mesmo tempo en liña de meta (26.04), pero foi o académico o primeiro en superala; na terceira posición entraría Pepe Márquez (27.27), sendo ademais o primeiro dos

veteráns. Na categoría feminina, Leticia Fernández (Academia Postal) non tivo tantos problemas para facerse co triunfo cun tempo de 31 minutos, e aventaxou en 14 segundos á súa máis inmediata perseguidora, Deirdre Mc Dermot (31.14). Pola súa banda, pechou o podio feminino María Jesús Gestido Rodríguez, que rematou a proba en 31.37.

lleres) foron os primeiros en percorrer os 3.000 metros dos que constaba a súa carreira.

Categorías inferiores A proba das categorías inferiores contou con preto de 40 atletas participantes. Deles, Maxine Antao (entre os homes) e Aida Martínez (das mu-

Unha semana antes da proba xa estaba completa a nómina de inscritos

Aforo completo Esta décima edición da carreira pedestre de Nadal de San Cibrao contou cun total de 400 atletas na proba absoluta, cifra tope que puxo a organización e que unha semana antes da proba xa estaba completa a nómina de inscritos.

Media maratón solidaria 4 Viña Costeira organiza a primeira media maratón do Ribeiro. R. Torres

Un participante da proba absoluta. /S. TORRES

Desde fai tempo estase preparando a primeira edición da Media Maratón Viña Costeira. Ribeiro Solidario que terá lugar o 19 de febreiro de 2012 (Domingo de Entroido) coa cooperativa como organizador on evento. A proba que ten un caracter solidario tense previsto que se repita anualmente na mesma data facendoa, así coincidir cada ano coa época festiva tan popular na nosa

provincia, concretamente co Domingo de Entroido. Percorrido O percorrido está pendiente de homologación pero terá a súa saída e chegada na Cooperativa Viña Costeira. Todo apunta a que se chegará ata Leiro pola estrada de Exposende, e desde alí, regresarase á Cooperativa pola estrada de Ribadavia ata o cruzamento con Beade que se retomaría a estrada anterior para chegar á meta despois de 21.097 metros.

Carácter solidario O caracter solidario fai que se pague unha inscrición que irá destinada Afaor (Asociación de familiares de enfermos de alzheimer de Ourense).

Os 21.097 metros están pendentes de homologación Prevese que neste mes se presente a media maratón Viña Costeira


4

BARRIOS DEPORTIVO 13 de xaneiro de 2012

TORNEO ANINOVO XADREZ

David Gómez faise maior no Aninovo

4 O xadrecista sub-16 vence no XXVII Aberto Aninovo Barrocás 2012, “II Memorial Manuel Villar”, nunha edición moi igualada. R.T. Sete días de intenso xadrez depararon un novo campión do XXVII Aberto Aninovo Barrocás 2012, “II Memorial Manuel Villar”, o sub-16, David Gómez Diéguez, recentemente subcampión de España de clubs sub-16 xunto cos seus

compañeiros do Club Casa da Xuventude. David Gómez Diéguez (Club Xadrez Ourense) proclámase vencedor (con seis puntos sobre sete posibles) do Aninovo Barrocás 2012 “II Memorial Manuel Villar” tralo empate na derraderia rolda frente ao campión da pasada edi-

O podio do Aninovo estivo formado por Agra (esquerda), Gómez (centro) e de León (dereita)./RAMSÉS

David Gómez, campión do XXVII Torneo de xadrez Aninovo./RAMSÉS

ción e compañeiro de club, Alejandro de León Justo. Devandito empate foi suficiente para que David Gómez proclamárase vencedor a pesar de que o seu compañeiro de Club, Alfonso Agra Torres, finalmente subcampión, conquerira 6 puntos, os mesmos que David, pero quedando relegado á segunda posición por peor coeficiente. A victoria sub-2000 foise para as vitrinas de Breixo Gómez Domínguez do club Peña Recreativa (6º da xeral), o triunfo xuvenil para Javier Martínez Vecillas do Xadrez Ourense (4º da xeral) que foi seguido de Samuel Cruz Guerra e Sergio Blázquez Criado, que fixeron excelentes papeles e completaron o pódio xuvenil.

O ouro cadete foise para Brais Gerpe Vilas (Casa da Xuventude) e Adrián Gómez Diéguez e David Vázquez Gómez (ambos de Xadrez Ourense) conqueriron a prata e o bronce. Os premios de Beleza e Galeón Pirata foron para Joaquín Bello e para Gustavo Hernández, respectivamente. A participación total entre todas as categorías foi de 191 xadrecistas dos cales máis de 50 dispuñan de ránking internacional, dando este dato unha idea da excelente participación e da calidade dos participantes. Torneo por categorías O venres día 30 de decembro tivo lugar nos locais da A.VV. de Barrocás o torneo para as categorías

dos máis novos, un evento que reuniu a 131 participantes das 4 provincias galegas e que supuxo un novo éxito de participación e de organización baixo a dirección técnica do Club Xadrez Ourense. Numerosos premios e regalos foron entregados entre os participantes así como 30 balóns asinados polo subcampión do mundo sub-18, Iván Salgado López. Os primeiros clasificados da categoría Sub-8 foron Xurxo Gerpe, César Pérez e Pablo Fernández. En categoría Sub-10 o gañador foi Martín Fernández seguido de Rodrigo Fernández e Iván González. E na categoría alevín os tres primeiros foron Angel Dominguez, Alberto Iglesias e Pablo Vidal.

Xa na máis importante das categorías inferiores, a Infantil, hai que salientar o excelente triunfo de Miguel Ferreiro que ratifica unha boa progresión nos últimos tempos, seguido do Bronce Galego e membro da selección galega Adrián Gómez, e de Jacobo José Freire que fixo bronce (todos eles membros do Club Xadrez Ourense).

David Gómez Diéguez acadou seis dos sete puntos en disputa para conquerir o Torneo de Aninovo de Xadrez 2012


BARRIOS DEPORTIVO 13 de xaneiro de 2012

II MEMORIAL MANUEL VILLAR

5

XXVII Aberto Aninovo Barrocás 2012, “II Memorial Manuel Villar” - Un Aninovo en imaxes-

A concentración dos participantes no Aninovo é máxima, mostra delo a dan de esquerda a dereita: Saavedra, Gómez e de León. Á esquerda, Gustavo Hernández recibiu o premio Galeón Pirata. Á dereita, unha xogada nunha das mesas do Memorial Manuel Villar. Abaixo, participantes do Aninovo na última xornada.


6

BARRIOS DEPORTIVO 13 de xaneiro de 2012

FÚTBOL SALA

Cara e cruz para o Cidade As Burgas 4 As de Manolo Codeso venceron ao Zaragoza e caeron ante o Gironella. R. Torres Tempada dura a que lle resta ao Cidade As Burgas se quere acadar o seu obxectivo de manter a categoría ao final da liga, e continuar o ano que vén (por terceiro consecutivo) na elite do fútbol sala feminino. O Cidade despedía o ano con vitoria pola mínima ante o Zaragoza e comezaba o ano con derrota diante do Gironella. Cidade As Burgas - Zaragoza Presentábase o partido contra o Zaragoza como unha grande oportunidade para o Cidade de cambiar a tendencia negativa que atravesa desde fai xa varías xornadas. O partido estivo vibrante na súa primeira metade, onde se lograron todos os goles do partido; as ourensás aos nove minutos de encontro xa dominaban por 2-0 con goles de Iria, diferenza que recortaría Paula (minuto 12) para as mañas.

Na reanudación as visitantes foron na procura do empate, pero este non chegaría, en parte polo bo facer das xogadoras do Cidade, e en parte pola mala fortuna do Zaragoza cara ao marco contrario (con balón ao pao incluído). Esta vitoria permitía ás ourensás pór un pouco máis de terra por medio con respecto á zona de descenso. Gironella - Cidade Se a sorte acompañou ao Cidade no derradeiro encontro do ano, esa mesma sorte lle estivo esquiva no primeiro de 2012. Enfrontábase ao Gironella, inexpugnable na súa cancha durante toda a tempada. As de Codeso lonxe de amilanarse déronlle a cara ao encontro ata o pitido final. O primeiro gol catalán non subiría ao luminoso ata o minuto 18 da primeira metade, obra de Sandra. No segundo tempo, Anna Bosch marcaría en propia porta o empate para o Cidade. A partir dese mo-

mento o Gironella arremetía contra a porta rival pero a defensa ourensá repelía todo perigo, ata que, a falta de cinco minutos, Miriam facía o 2-1. O Cidade nese momento comezou a xogar de cinco dispoñendo dunha clara ocasión de devolver as táboas, sen embargo o Gironella era quen marcaba no derradeiro minuto, deixando o 3-1 final para as locais e volvendo a casa de baleiro o Cidade. Con esta derrota o Cidade mantén os catro puntos de vantaxe coa zona de descenso. Recibe ao Elche O Cidade recibe este sábado a partir das 17 horas na cancha central dos Remedios ao Femesala Elche. O equipo ilicitán ocupa a sexta posición con 23 puntos. Debut Helena del Río debutou neste encontro co Cidade As Burgas formando xa

Nati dispútalle un balón a unha xogadora do Zaragoza./RAMSÉS

A xogadora do Cidade, Sonia Pacios, doese no chan logo dun balonazo na cara do que se recuperou de inmediato, no partido contra o Zaragoza./RAMSÉS. parte da primeira plantilla ourensá.

O Cidade mantén os catro puntos de vantaxe coa zona de descenso Primeira División FSF 12ª xornada Posto Equipo Puntos 1º Córdoba - 31 2º Móstoles - 30 3º Gironella - 28 4º At. Madrid - 27 5º Ponte Ourense -23 6º Femesala Elche - 23 7º U. de Alacante - 21 8º Burela - 19 9º Soto del Real - 16 10º Orvina -13 11º Rubí - 13 12º Cidade As Burgas 11 13º Diamante Logroño- 9 14º Valladolid -7 15º Majadahonda -6 16º Zaragoza -4

O Cidade das Burgas recibe ao Elche este sábado 14 de xaneiro, ás 17 horas, na cancha central dos Remedios 4 Xornada 13 - 14 de xaneiro Móstoles - Soto del Real U. de Alacante - Ponte Ourense Rubi - Deportivo Córdoba Valladolid - Burela Diamante Logroño - Zaragoza Lacturale Orvina - Gironella Cidade As Burgas -Femesala Elche Majadahonda - Futsi Navalcarnero

4 Xornada 14 - 21 de xaneiro Majadahonda - Soto del Real Ponte Ourense - Móstoles Deportivo Córdoba - U. de Alacante Burela - Rubi Zaragoza - Valladolid Gironella - Diamante Logroño Femesala Elche - Lacturale Orvina Futsi Navalcarnero - Cidade As Burgas


BARRIOS DEPORTIVO 13 de xaneiro de 2012

FÚTBOL SALA

7

Vitorias para despedir o vello e saudar o aninovo 4 Ponte Ourense venceu na derradeira xornada de 2011 ao Valladolid e fixo o propio contra o Rubí na primeira de 2012. R. Torres O Ponte Ourense non puido rematar mellor o 2011 e comezar este 2012. Na derradeira xornada de 2011 a vítima foi o Valladolid a quen derrotou por 2-5, mentres que na primeira xornada do 2012 endosou un 11-4 ao Rubí. Valladolid Ponte Ourense As de Óscar Vivián desprazábanse ata Valladolid para despedirse do 2011 cunha vitoria, e as cousas non lle puideron ir mellor. No ecuador da primeira metade as locais adiantábanse no marcador, pero un gol de Sarita antes do des-

canso devolvía as táboas ao electrónico. No segundo tempo as pontinas foron a polo partido e en dous minutos (no 29 e 30), Ampi e Marta facía o segundo e terceiro gol visitante respectivamente. Cunha xogadora de máis sobre a cancha (por man na área de Paula), Souza facía o 1-4 segundos despois de marrar un dobre penalti. Laura recortaba distancias para as pucelás no 34, pero sería de novo Sarita ao borde do pitido final quen redondearía a goleada para as de Vivián e as mantería na quinta posición da táboa clasificatoria para rematar o ano. Ponte Ourense - Rubí

Pintaba todo ben cando no primeiro minuto de encontro co Rubí, Bea perforaba a meta rival, pero acto seguido Anna faría o un a un en apenas dous minutos disputados. Logo duns minutos máis tranquilos, Vanessa no minuto 8 e Souza no 9 distanciaban ás locais no marcador. De aquí ao final da primeira parte Arancha recortaría distancias, Souza lograba o 4-2 e de novo Arancha facía 4-3 para rematar esta primeira metade e coas dúbidas no bando local pola súa fraxilidade á hora de encaixar tanto en cada xogada de perigo. No segundo tempo, o panorama foi ben distinto.

Chiqui defende o balón ante tres xogadores do Rubí./RAMSÉS.

Ampi saiu a escea para pór as cousas no seu sitio, e tres goles da andaluza en seis minutos traía a tranquilidade aos afeccionados que se xuntaron nos Remedios; Vanessa (con dous goles máis), o cuarto de Ampi e Cristina redondearían a goleada pontina deixando un resultado final de 11-4. Esta vitoria permite ás ourensás manter a quinta posición aínda que só lle pudo recortar puntos ao Futsi Navalcarnero, xa que Córdoba, Móstoles e Gironella venceron nos seus compromisos nesta 12º xornada. Así o Ponte Ourense manten os 8 puntos de desvantaxe sobre o líder, Córdoba, que a piques estivo de perder contra o Valladolid, a falta de cinco minutos perdía por un gol a cero. Regreso de Laura A nota positiva, ademais da vitoria, foi a volta ás canchas de Laura Fernández logo de pasarse os últimos meses no dique seco por mor dunha lesión de xeonllo. Se esa foi a nota positiva, a negativa veu da man de Drica, máis concretamente do seu ombreiro; na primeira parte a xogadora brasileira tivo que ser retirada do terreo por un golpe nesa articulación; as probas determinaron que tiña

Laura Fernández voltou xogar un partido co Ponte logo de varios meses lesionada./RAMSÉS. unha tendinite polo que a súa presenza no próximo encontro é dúbida, xa que ten que estar unha semana en repouso. Vindeiro encontro Este sábado péchase a primeira volta na Primeira División de fútbol sala feminino. O Ponte Ourense desprázase ata Valencia para disputar o encontro

O Ponte viaxa a Valencia o sábado 14 para enfrontarse ao Universidade de Alacante contra o Universidade de Alacante; as alacantinas son sétimas con dous puntos menos cas ourensás.


8

BARRIOS DEPORTIVO 13 de xaneiro de 2012

FÚTBOL

Luisito sí, Rois non

4 Seoane seguirá como presidente de CD Ourense mentres que Luís Míguez “Luisito” colle a manixa do equipo. R. Torres Despois de varias semanas nas que Manuel Seoane tentou deixar a presidencia de CD Ourense nas mans de Manuel Rois, por fin o culebrón chegou ao seu fin. Rois deu o “non quero” ao Ourense por diversos motivos: o económico é un deles, xa que non lle aseguraban a cantidade de diñeiro que pedira para porse ao fronte do club con garantías económicas nesta tempada; o segundo dos motivos foi a saúde, e é que nestes días de tira e afrouxa para decidirse a dar o paso adiante, ao estar

de novo en boca de todos creoulle unha certa ansiedade que afectou a súa saúde. Descartada a opción do ex presidente, o actual ten decidido -salvo que alguén veña con gañas de asumir a presidencia- continuar ata final de tempada, “xa non podemos andar con máis historias de andar buscando a un presidente, agora temos que centrarnos en outras cousas”, aseguraba Seoane. Pero o club tiña outro fronte aberto. Antonio Dacosta (adestrador do filial) estaba a ocupar o banco do primeiro equipo de forma interina polo que o substi-

tuto non se podía demorar. Así, unha vez coa negativa de Rois sobre a mesa, a Seoane non lle quedou outra que buscar a un novo adestrador. O nome que se barruntaba desde fai tempo, o de Luís Míguez “Luisito”, foi o que finalmente ocupará o banco do líder da Terceira División con 45 puntos. Luisito colle ao equipo nunha difícil situación institucional pero deportivamente da mellor maneira posible. O ex xogador de Verín, entre outros equipos, mostrábase na súa presentación exultante e con gañas de afrontar este reto que se lle presenta na

Momento do partido entre o Ourense e o Ávila no Couto./I.OSORIO

vella Auria, “vimos con moita ilusión. Gustaríanos ter vido unhas semanas antes”, lamentábase Luisito na súa presentación. O novo técnico ‘rojillo’ espera que o club faga un esforzo para poder traer a un defensa para este tramo final de tempada; nese sentido o club estase a mover, primeiro deron a baixa a Lucho, esta mesma semana foi o porteiro Laviana, e agora contan con rescindirlle o contrato ao gales Crowe, para, cos cartos que se aforren, poder afrontar a contratación dun defensa e así complacer a petición de Luisito. O substituto de Salinas e Dacosta, na súa presentación deixou claro que quere “a máxima implicación” dos seus novos xogadores, e que xogará aquel “que realmente o mereza”, advertía Luisito. Chamamento aos socios O presidente da entidade aproveita a presentación do novo adestrador para facer un chamamento aos socios do ano pasado que non pasaron este a renovar os seus carnés (son un total de 450 os que non renovaron), a que se animen neste tramo final de liga para que continúen como socios e axuden ao equipo a lograr os obxectivos marcados.

Luís Míguez, novo adestrador do Ourense./RAMSÉS Adeus a Dacosta Antonio Dacosta voltará ao banco do equipo filial deixando un bo sabor de boca. En dúas xornadas estivo ao fronte do primeiro equipo e as cousas foron inmellorables. No primeiro dos partidos que dirixía, o conxunto ourensán vencía por 3-1 a un dos seus máximos rivais nesta liga, o Deportivo B, despregando o mellor xogo de toda a tempada. Logo do Nadal volvía a sentarse no banco ‘rojillo’ e os tres puntos quedaron en casa pero o xogo foi o doutras xornadas, un a cero e a sufrir, sobre todo na segunda metade, cando o Betanzos tivos claras ocasións de sacar algo positivo do Couto.

Dous partidos, dúas vitorias, non foron suficiente para que Dacosta continuara ata final de tempada no primeiro equipo do Ourense. Este domingo Luisito xa estará no banco de CD Ourense, que se enfronta ao Sanxenxo en terras pontevedresas.

“Luisito” estrearase como adestrador do CDO este domingo no partido contra o Sanxenxo


BARRIOS DEPORTIVO 13 de xaneiro de 2012

TENIS

9

Valeria López, vencedora infantil do Torneo da UVigo

Regresa o tenis de mesa

4 Ademais foi subcampioa da categoría absoluta.

Redacción

Redacción A xogadora ourensá Valeria López comezou a tempada gañando o pasado 18 de decembro o prestixioso Torneo da Universidade de Vigo en categoría infantil, impóndose a todos os seus rivais con total autoridade. Pero o máis importante desta cita foi que en categoría absoluta chegou até as semifinais perdendo coa número 2 de Galicia en categoría sénior nun partido moi disputado. Antes, en cuartos de final venceu á quinta clasificada do ránking galego absoluto, Gisela Amor, por 6/2 e 6/0.

Valeria segue así coa súa imparable progresión, que a levou a colocarse entre as mellores de Galicia na tempada que empeza. Próximas citas A actividade continúa para Valeria López en vindeiras datas. A tenista desprazarase a Ponferrada o día 27 para disputar uns dos torneos en indoor máis importantes de categoría infantil e cadete de España. A continuación, xogará o Máster Absoluto das 16 mellores xogadoras galegas en Santiago, e despois os Internacionais de Pontevedra júniors.

Valeria López.

4 Depois do parón polo Nadal. Os dous equipos do Galmédica Tenis de Mesa regresan á competición logo de vencer nos seus últimos enfrontamentos de 2011. Galmédica A O equipo de Segunda División Nacional desprazouse na última xornada do ano pasado ata Gondomar para enfrontarse ao Vincios C. Dantas. O resultado non puido ser mellor e tras un grande plantexamente táctico dos ourensáns desde o inicio lograron traer os dous puntos a terras ourensás, tralo resultado final de 1 a 5; os puntos ourensáns acadáronnos Ramón Becerra (2), Juan Ángel Fe-

Partido do Galmédica tenis de mesa . rreiro (2) e Emilio Diéguez (1). Con esta vitoria o Galmédica A sobe ata a terceira praza da clasificación con 12 puntos. Este domingo visitan ao Monte Porreiro que é cuarto cos mesmos puntos que os ourensáns. Galmédica B O filial, que milita na Segunda División Galega, recibía na última xornada de 2011 no Paco Paz ao Vincios C. Tapia logrando a vitoria por 5 a 2. Os pun-

tos do Galmédica foron de Lalo Pérez (2’5), Antonio Gómez (1), Antonio López (1) e Diego Gómez (0’5). Esta nova vitoria mantén líder ao Galmédica B na 2ª División Galega cos mesmos puntos que o Mercantil de Vigo B (18). A competición reanúdase para o Galmédica este domingo en Gondomar contra o A.D. Vincios - Mat. Const. J. Quintas, equipo que ocupa a décima posición con seis puntos.


10

BARRIOS DEPORTIVO 13 de xaneiro de 2012

TIRO

Comezou a nova tempada no Club de Tiro Eiroás 4 A Copa Deputación de armas neumáticas abriu o ano nas instalacións do club ourensán. Paula Lodeiro Coa participación de 20 tiradores deu inicio na primeira fin de semana de xaneiro a Copa Deputación de Ourense de pistola e carabina neumáticas no Club de Tiro Eiroás. Esta competición en forma de liga anual é unha das máis concorridas do club ourensán e a de maior historia, chegando á súa 24ª edición. Trátase dunha modalidade na que os tiradores realizan 60 disparos a unha diana situada a unha distancia de 10 metros, nunha hora e tres cuartos de tempo. A dinámica é a de sempre: hai tiradas todos as primeiras fins de semana de mes (agás en agosto) e os deportistas clasificaranse pola suma dos tres mellores resultados do ano. Nesta primeira cita de xaneiro volveron copar os primeiros postos os gañadores da Copa na edición do ano pasado: Miguel Colmenares e Nuria Mera en pistola e Jorge Encinas en carabina. A actividade en Eiroás é contínua durante case todo o ano, e para o que queda de mes, o calendario está completo: o día 15 a 5ª Copa Cidade das Burgas de carabina lixeira tendido, carabina match e pistola libre, o día 22 é a Tirada San Sebastián de aire comprimido, e o día 29 comeza o Campionato Autonómico Oficial de pistola 9 mm. Tiro práctico Os practicantes de tiro práctico (IPSC) terán que agardar a febreiro para disputar unha proba nos

stages de Eiroás; a primeira delas, correspondente á Copa Ourense será o 25 de febreiro. Nesta modalidade, o club organizará tamén o Campionato Galego, para o que agardan obter a homologación de Proba N3 de Categoría Internacional e contar coa presenza de tiradores estranxeiros. Novidades da tempada Competicións de ámbito galego ou nacional volveranse celebrar este ano nas instalacións de Eiroás. Así, dúas fases do Open AsturGalaico de IPSC virán para Ourense, en datas aínda por determinar, así como o Campionato Galego de Aire Comprimido. Como novidade, Ourense será sede do Campionato de España da Garda Civil no mes de abril, e do Campionato de España Militar (Armada, Exército de Terra, Exército de aire e Garda Civil) en setembro; en ambos os dous eventos o club colaborará na súa organización. “O club ten capacidade organizativa para eventos nacionais”, resaltaba o seu presidente, Celso Parga, a quen lle gustaría poder organizar tamén na cidade algunha competición nacional de tiro ao prato. Para iso sería preciso ampliar as instalacións actuais de foso universal a foso olímpico, un proxecto no que traballa a directiva do club, e para o que teñen solicitada xa a cesión por parte do Concello de parte dos terreos do antigo vertedoiro. Aumentar a afección a este deporte Ademais, o club ourensán

Resultados Copa Deputación

Miguel Colmenares, Nuria Mera e Jorge Encinas volveron quedar de primeiros na primeira tirada da Copa Deputación de armas neumáticas, en pistola sénior, pistola damas, e carabina, respectivamente./ARQUIVO.

Na modalidade de tiro práctico, este 2012 disputaranse en Ourense dúas fases do Open Astur-Galaico, o Campionato Galego e tres probas da Copa Deputación. /ARQUIVO. comeza esta nova tempada coa intención de seguir aumentando o número de practicantes desta modalidade deportiva e de integrarse máis coa cidade. Un dos exemplos é a través da recente creación dun equipo de discapacitados formado por rapaces de Aixiña, que acuden todos os venres a entrenarse á galería de aire comprimido, que agora dispón de postos adaptados ás súas necesidades e aos practicantes máis novos.

“Para que tamén os nenos que queiran podan practicar o noso deporte, cos valores olímpicos que leva consigo”, apuntaba Celso Parga. Expectativas dos tiradores Polo que respecta ao deportista con maior proxección do club, Jorge Encinas, que practica a modalidade de carabina, analizou para este periódico como se presenta a nova campaña. “Tendo en conta que o

ano pasado quedei sexto no Campionato de España, que é un bo resultado, e batín o récord galego de 3x40 (1.131 puntos), espero como todo deportista superar eses resultados en 2012”, afirma. Participar no maior número de competicións, batir o récord galego de aire comprimido, fixado en 582 puntos en 2002 por el mesmo, e loitar por un podio nun campionato nacional son os seus retos para esta tempada.

Categoría Puntos Pistola sénior Miguel Colmenares 563 Ginés Trenza 559 Juan Carlos Ferreño 551 Miguel Jácome 526 Damas sénior Nuria Mera 364 Carmen Casal 322 Veteráns sénior Enrique do Río 551 Veteráns máster Manuel Somoza 482 Discapacitados Emilio Álvarez 422 Víctor J. Álvarez 402 Arbey Ramos 341 Víctor Rivo 336 Ángel Bolaño 332 Yago de Juana 305 Esteban Leis 235 Júnior Yeray Turrado 532 Carabina sénior Jorge Encinas 578 Jesús Martínez 569 Luis Iglesias 557 Francisco Vilas 556

O 15 de xaneiro, 5ª Copa Cidade das Burgas de carabina lixeira tendido, carabina match e pistola libre Eiroás será sede este ano dun Campionato Nacional de Tiro da Garda Civil e doutro interexércitos


BARRIOS DEPORTIVO 13 de xaneiro de 2012

PADEL

Torneo de Nadal de pádel no P21 4 47 parellas participaron no evento. Redacción As novas instalacións do P21 Pádel Club acolleron do 2 ao 6 de xaneiro o primeiro torneo de Nadal de Pádel. O éxito nesta primeira edición foi tal que preto de cen persoas participaron no evento, sendo 47 as parellas entre as dúas categorías (homes e mulleres) as que loitaron por alzarse co título. O día da final, o P21 congregou nas súas instalacións (polígono industrial do 21) un gran número de público que non se quixo perder de primeira man quenes alzarían o título deste primeiro torneo.

Na final da categoría masculina, Héctor Pérez Rodríguez e Enrique Conde Iglesias desfacíanse en dous sets de Luis Gómez Muñiz e José María Troncoso Bazo; na final de consolación Miguel Aragón Fitera e César Fernández Mosquera superaban a José Luis González Moreiras e Antonio Berciano Lobato. Antes, Fernanda Domínguez Nieto e Lucía Santana Santana acadaban o torneo tras superar en tres sets na final a Belén Iglesias Diéguez e María Victoria Fernández Carballo. Premios As dúas parellas finalistas de cada categoría

terían un trofeo en vidro ademais de agasallos dos patrocinadores; e para os gañadores tamén houbo premios en material deportivo por valor de máis de 400 euros.

Héctor Pérez e Enrique Conde, en homes, e Fernanda Domínguez e Lucía Santana, en mulleres, foron os campións deste I Torneo de Nadal de Pádel

Os xogadores aplicáronse durante todo o encontro. /RAMSÉS

Arriba. Fernanda Domínguez e Lucía Santana (no centro) campioas na categoría feminina. Abaixo. Héctor Pérez e Enrique Conde (no centro), campións masculinos do Torneo de Nadal P21. /RAMSÉS

11


12

BARRIOS DEPORTIVO 13 de xaneiro de 2012

DEPORTE NO NADAL


DEPORTE NO NADAL

BARRIOS DEPORTIVO 13 de xaneiro de 2012

13


14

BARRIOS DEPORTIVO 13 de xaneiro de 2012

NOVAS

I Torneo de Tenis San Raimundo de Peñafort no campus Redacción

Xornadas de convivencia

Se a primeira xornada de convivencia de barrios facíase en Vistafermosa, no mes de decembro tocoulle o turno ao Vinteún. O Sexto Instituto vía como o seu campo de xogo o ocupaban xogadores de todos os barrios da cidade acompañados polos seus pais, que encheron as bancadas durante toda a xornada. Para este tramo final de curso realizaranse máis xornadas de convivencia, co futbito e os rapaces como protagonistas. Este evento esta organizado pola Concellería de Educación de Ourense.

A Facultade de Dereito patrocina esta semana a celebración nas canchas do campus ourensán do I Torneo de Tenis San Raimundo de Peñafort, que se celebra entre o 9 e o 14 de xaneiro. A competición réxese polas normas da Real Federación Española de Tenis, podendo participar todos os membros da comunidade universitaria non federados previa inscrición gratuíta. Concretamente celébranse encontros das categorías sénior masculina e feminina e

os cadros serán abertos. Os partidos constan de dous sets e un super tie-break decisivo a dez puntos en caso de empate. Os premios consisten en trofeos para o campión, para o finalista e para os semifinalistas. Baloncesto Ademais desta competición de tenis, a próximafin de semana retomarán a competición os equipos de baloncesto universitarios nun segundo tramo de liga no que os seus adestradores agardan consolidar os resultados logrados ata o momento e continuar creando canteira.

Primeira vitoria dos infantís do Campus Ourense Rugbi 4 Venceron por 34-17 aos Ingleses de Vilagarcía. Redacción

24 horas de fútbol sala en Amencer

A Comisión de Promoción deportiva "Deportes para todos" da Asociación Xuvenil Amencer, en colaboración coa Asociación Deportiva Bosco, organizou para estas vacacións escolares de Nadal as 24 horas de futbol sala. O torneo disputouse en varias fases, nunha primeira na que os 15 equipos participantes dividíanse en tres grupos de cinco equipos cada un. De aí, os dous primeiros accedían a unha segunda fase, na que tan só quedaban seis equipos, que volvían dividirse en dous grupos de tres equipos. Unha vez rematada esta fase, os primeiros de cada grupo disputarían a final. Nesta ocasión os finalistas foron Full e Levaime, facéndose co triunfo o Levaime.

O Campus Ourense Rugbi viviu un momento histórico o 7 de xaneiro cando os seus representantes infantís fixéronse coa súa primeira vitoria do ano, nun emocionante partido contra os Ingleses de Vilagarcía que non lles puxeron as cousas sinxelas en ningún momento. Os dous equipos presentaron un 15 sen suplentes despois do parón invernal, polo que o partido converteuse nunha bonita batalla onde o malgasto de forzas podía pasar factura. O encontro foi moi dinámico, comezando co dominio dos ourensáns

que conseguiron unha vantaxe de dous ensaios no marcador, que rapidamente reduciron os de Villagarcia con outro ensaio. Nembargantes, o Campus Ourense soubo sacar vantaxe da potencia dos seus dianteiros e foise ao descanso con tres ensaios baixo o brazo. Na segunda metade os Ingleses pecharon ao Campus mediante unha xogada que se alargou aproximadamente 10 minutos e coa que conseguiron outro ensaio que igualaba o choque, pero a reacción ourensá non se fixo agardar e contestaron con outros dous ensaios que decantaron o partido cara o lado local. “Foi un gran partido de todo o equipo que

amosa o esforzo que están realizando os xogadores para mellorar, un esforzo que está facendo ao equipo moito máis competitivo”, salienta Javier Conde, responsable de relacións institucionais do club. Derrotas En canto ao conxunto sénior masculino, rematou 2011 con derrota, ao perder o 18 de decembro ante o Lalín. O equipo estrea competición este ano o sábado 14 de xaneiro. Pola súa banda, o Campus Ourense feminino perdeu a pasada xornada en casa ante o IVECO Rugbi Vigo por 3-51. A próxima xornada Zalaeta será o rival.


PUBLICIDADE

BARRIOS DEPORTIVO 13 de xaneiro de 2012

15


16

BARRIOS DEPORTIVO 13 de xaneiro de 2012

BALONCESTO

León 2- Ourense 0

4 Codigalco e Pabellón caen ante os dous conxuntos leoneses, Bembibre e Aros. Redacción Non sabemos se as xogadoras ourensás de Liga Feminina 2 de baloncesto se portaron “mal” o pasado ano, pero os Magos de Oriente non lles deixaron dentro dos seus zapatos, ou neste caso seguro que zapatillas, o regalo que máis ansiaban, a vitoria no seu primeiro encontro tralo descanso de Nadal. Así, o Codigalco Carmelitas foi derrotado no Vedruna ante un dos líderes da categoría, o Coelbi Bembibre, mentras o Pabellón Ourense caeu como visitante ante o Aros León. Derrotas que merman o ánimo de ambos conxuntos xusto unha semana antes de que se vexan as caras no primeiro derbi ourensán da tempada 2011/2012.

O líder sentencia O Bembibre chegou a Ourense o pasado 7 de xaneiro cun claro obxectivo, non dar opción ao mellorado Carmelitas. E así foi. O encontro arrancou cun primeiro cuarto inclinado claramente cara o lado visitante (29-41), que unido á pésima actuación dunha das xogadoras chave do Codigalco -Simmons- e ás numerosas (e imperdoables) perdass de balón de todo o grupo, fóronlle permitindo ás leonesas despegarse no luminoso, chegando ao minuto 25 con dez cómodos puntos de ventaxa (42-52). Pero que un dos vértices do triángulo máxico do Carmelitas no estivese a vivir o seu mellor día non significou que os outros dous (Oliva e Atíes), coa axuda de Méndez, non lle plan-

tasen cara ao duro Bembibre, e grazas á súa boa labor anotadora no minuto 35 (cando ían 61-65) permitíronse por un intre tratar de “ti a ti” ao líder. Pero, coma sempre, trala cal chega a area, e Zuleira Atíes foi expulsada a continuación por cometer a súa quinta falta persoal. Todo apuntaba a que non era a xornada das de Juan Rodríguez e que a sorte as abandonara, pero esta vez Klein sustituiu á cubana para, xunto a Oliva e Méndez, levar a cabo o último impulso das locais na procura de non defraudar aos seus incondicionais seareiros e a só tres minutos do remate colocábanse a un triple (65-68) do potente xigante leonés. Nembargantes, o mal día de Simmons rematou pasándolle aínda máis fac-

Unha xogadora do Bembibre bloquea un pase da colexiala Zuleira Atíes./RAMSÉS

As súas respectivas derrotas manteñen ao Codigalco de quinto e ao Pabellón de décimo tura ao Codigalco e dúas xogadas falladas pola norteamericana a poucos segundos do pitido final non só fulminaron as posibilidades de empate das colexialas, senón que sentenciaron o encontro a favor das leonesas(7178). O Aros vence ao Pabellón A mesma sorte correron as pavillonistas nesta primeira xornada de 2012, que caeron en León ante

A pavillonista Scott en carreira cara a canastra./RAMSÉS o Aros (por 75-69) nun encontro que, a priori, se decantaba do lado das de Lisardo Rodríguez, xa que ocupan na xeral un posto por enriba do seu verdugo (e antes do sábado contaban cunha vitoria máis). Comezaron o choque por diante, rematando o primeiro cuarto con catro puntos de vantaxe (17-21) e acadando o descanso a tan só un (37-38). O terceiro período converteuse nun recital das leonesas (que lograron un parcial de 19-8), o que obrigou ás visitantes a apretar os dentes durante os determinantes 10 últimos minutos de encontro,

nos que a pesar de lograr 23 puntos (fronte aos 19 do Aros), grazas á brillante actuación de Geehan, Bolonio e Pallardo, non foron quenes de traer a vitoria para a cidade das Burgas. E chega o derbi O próximo 14 de xaneiro chega o turno do derbi ourensán de baloncesto feminino, de que ambas afeccións se vexan de novo as caras, de pasar de veciños a rivais. Ás 20 horas o pavillón municipal dos Remedios acollerá o enfrontamento entre Pabellón e Codigalco. Que gañe o mellor!

O sábado 14 de xaneiro, ás 20 horas, o pavillón dos Remedios acollerá o primero derbi desta tempada entre o Pabellón Ourense e o Codigalco Carmelitas


BARRIOS DEPORTIVO 13 de xaneiro de 2012

BALONCESTO

17

Ao calor da casa 4 Club Ourense Baloncesto recibe a Aurteneche no Paco Paz sen marxe para o erro. R. Torres O Club Ourense Baloncesto regresa ao calor do seu público, onde se mostra máis forte que nos seus desprazamentos, este venres contra o Aurteneche. Despois da derrota da pasada xornada contra o Ávila, o Club Ourense Baloncesto non se pode permitir máis erros se quere seguir mantendo as opción de ascender a LEB Ouro pola vía rápida (quedando primeiro na liga regular que dá o ascenso direto). Nesta ocasión xogan en casa, onde o equipo de Rubén Domínguez é máis forte que cando xoga lonxe do Paco Paz, como ben o demostra os tres partidos

perdidos como visitante. Como a pasada xornada, que tocaba desprazarse ata Ávila e o conxunto ourensán caía derrotado despois dun último cuarto no que tan só anotou cinco puntos, deixando unha mala imaxe e lonxe de parecer un equipo que aspira ao máximo nesta tempada. Ante a mala racha de resultados fóra de casa, Domínguez é claro: "temos o obxectivo de ascender, e para iso hai dúas formas distintas, ou ben quedando de primeiros e lograr o ascenso direto, ou xogando o play off". O técnico recordou que "estamos na LEB Prata e a categoría é moi difícil. Non temos o presuposto que ten Andorra que

se marcha primeiro será por algo", e advertiu que o máis importante "é ascender pero hai que coñecer a realidade". Chega o segundo Este venres, desde as 21 horas, o Paco Paz terá unha nova posta en escea do COB, que nesta ocasión recibe ao segundo clasificado, o Aurteneche de Álava coa intención de manter a boa racha no seu feudo e despexar dúbidas ante os seus afeccionados que seguro encherán as bancadas. O adestrador cobista desgranou as virtudes do equipo rival destacando a dous xogadores interiores e a súa liña exterior, na que contribúen todos os xogadores.

Último partido en casa do COB antes do parón navideño. Rubén Domínguez./R.T Pantín será baixa esta xornada debido a unha fractura na falanxe distal do primeiro dedo da man dereita, devandita lesión o terá afastado das canchas durante 15 días. A pesar deste contratempo, o club non baralla a contratación doutro xogador, pero sií que

é certo que andan oteando o mercado por se chegara unha boa oferta á que o club puidera facer fronte. "Se en marzo se lesiona alguén de gravidade non poderíamos fichar a ninguén, por iso temos que coñecer como está o mercado", apuntaba Rubén Domínguez.

O venres 13 de xaneiro, ás 21 horas, no Paco Paz: Club Ourense Baloncesto Aurteneche


18

BARRIOS DEPORTIVO 13 de xaneiro de 2012

XIMNASIA

Máis de 300 ximnastas participaron no Torneo de Nadal Ourense Termal

4 Realizaron probas de trampolín, ximnasia xeral, rítmica e acrobática. Redacción O domingo 18 de decembro desde as 10:30 horas tivo lugar na cancha central do pavillón municipal ourensán dos Remedios a gran festa da ximnasica galega: o quinto Torneo Nadal Ourense Termal, que congregou na cidade das Burgas a máis de 300 ximnastas de tódalas modalidade e máis dun millar de espectadores. Esta cita, non compe-

titiva, contou coa participación de varios clubs galegos, entre os que se atoparon o Club Ximnasia Pontevedra, As Triscas, Xiada, Esquío, Escola Municipal de Fene, Escola Municipal de Xinzo de Limia, Club Ximnasia Pavillón e Club Ximnasia Escola Pavillón; cuxos deportisas deron mostras do seu bo facer nas súas respectivas modalidades (trampolín, ximnasia xeral, rítmica e acrobática).

Entre os ximnastas que acudiron ao torneo puidemos ver aos ourensáns que recentemente participaron no mundial de Birmingham, Carlos Trigo, Yael Campelo e Daniel Pérez. Así mesmo tampouco faltaron á cita ourensá os conxuntos de rítmica que veñen de representar á nosa cidade nos campionatos nacionais de Santander e Zaragoza, todos eles pertencentes ao Club Ximnasia Pavillón.

A nota entrañable Pero sen dúbida o momento máis entrañable da xornada e da competición foron as respectivas actuacións dos ximnastas máis noveles -de tres e cuatro anos- que compoñen o grupo de iniciación do Club Ximnasia Escola Pavillón. Para os que foi todo un exemplo o excelente ambiente de compañeirismo que se viviu na cita entre ximnastas e adestradores, precisamente o obxectivo principal da mesma. Patrocinadores e autoridades Organizado polo Club Ximnasia Escola Pavillón e subvencionado polo Consello Municipal de Deportes, a concellería de Cultura e a Deputación Provincial de Ourense, o V Torneo Nadal Ourense Termal de ximnasia contou tamén coa colaboración de empresas privadas da cidade, como Industrias Rebollo, Aceites Abril, AGS11,

No torneo ourensán puideron verse chamativas coreografías./RAMSÉS

Por parte do Ximnasia Pavillón participaron ximnastas que veñen de disputar probas nacionais e mundiais

Ximnasta executando un equilibrio /RAMSÉS TuriniSport e Bouso Interesport; e foi apadriñado por diversas autoridades ourensás, como Francisco Rodríguez, Fernando Varela, Isabel Pérez, Rogelio Martínez, Mario Guede e Bernardino González.

O 18 de decembro acudiron a Ourense representantes de oito clubs de toda Galicia

As noveles foron das ximnastas máis aplaudidas./RAMSÉS


BARRIOS DEPORTIVO 13 de xaneiro de 2012

ACSM / BTT

19

Un gran 2011 para o ACSM Rallye Team 4 Quedaron segundos no Campionato de Galicia de Ralis de asfalto, líderes do Grupo N do mesmo e campións da Copa Top-Ten Pirelli. R. Torres Acaba de rematar o ano 2011 e toca a hora de facer os balances deportivos. En canto ao ACSM Rallye Team as cousas non lle puideron ir mellor no ano que acabamos de despedir. Campións no Campionato de Galicia de Ralis en asfalto na categoría de producción Grupo N, campións da Copa TopTen Pirelli de Galicia e o subcampionato de Galicia de Ralis en asfalto. Na última das citas do campionato galego (o rali do Botafumeiro) decidíase todo para o ACSM, se lograban os obxectivos marcados ou ben quedábanse ás portas deles. Todo o tiñan de cara, pero para elo debería rematar o Botafu-

meiro para ser campións da Top Ten Pirelli. O Mitsubishi Lancer Evo X na proba santiaguesa deu problemas desde o principio, unha amortiguación rota facía complicada a conducción; sen embargo, e a falta dunha peza que a substituíra, Álex Pais modificaba a forma de conducir a pesar do esbaradizo do terreo. Ese inconvinte non foi tara para que lograran nalgúns tramos cronos moi bos que fixeron que os irmáns Pais (Álex e Santi) lograran facerse finalmente coa Copa Top-Ten Pirelli de Galicia, ademais do campionato Galicia de Ralis no Grupo N e o subcampionato da categoría absoluta, e así lograr unha fantástica tempada nos ralis galegos e incluso facer

un bo papel nalgunha proba do nacional. Retos para o 2012 Para o 2012, os irmáns Pais, xunto aos seus patrocinadores, están remando na mesma dirección para poder levar adiante un proxecto moito máis ambicioso e no que esperan acadar o mesmo éxito que na xa extinta tempada.

Rematando a última proba do campionato galego (o rali do Botafumeiro) os irmáns Pais fixéronse coa Top Ten Pirelli

Xiana Conde está a colleitar unha grande tempada.

Nadal sobre rodas 4 Os integrantes do Academia Postal ActyonMérida tiveron un Nadal con moita actividade. Redacción Os ciclistas do Academia Postal Actyon-Mérida durante este Nadal participaron en varios eventos con resultados para todos os gustos. Campionato de España de CX En Gandía celebrouse o Campionato de España de CX e a sorte non acompañou aos catro integrantes do Actyon que se desprazaron ata a localidade valenciana. Xiana Conde en cadetes rematou na oitava posición; en cadetes masculinos, Iván Conde, por mor dunha caída e dun pinchazo quedou relegado á 25ª posición; en Sub23, Saúl López era o 22º e o representante en Máster 40, Xulio era o 18º.

O Mitsubishi Lancer Evo X de Álex e Santi Pais.

Carreira en Maceda En Maceda disputouse unha proba ciclista o último día de 2011 coa vitoria

de Saúl López en Sub23 e de Xiana Conde en cadetes e terceira na clasificación xeral; a primeira en chegar á meta foi a portuguesa, Marisa Morgado. Os cadetes Iván Conde e Raúl González remataron segundo e cuarto respectivamente, sendo a vitoria para o actual campión galego, Raúl Fernández. En Máster 40, Xulio Conde era segundo, entrando como vencedor o corredor de Muros, Jose Vicente Formoso. En Máster 30 vencía José Rodríguez do Vigo Master. E Elite Sub 23, Mauro González era o dominador absoluto da proba. Campionato galego de ciclocross O día de Noiteboa celebrouse en Santiago o Campionato galego de ciclocross con catro podios para os do Academia Postal Actyon-Mérida. O cadete Iván Conde era segundo tras unha dura pugna con

Raúl Fernández polo primeiro posto; Xiana Conde remataría subcampioa galega en cadetes; o júnior David Rodríguez foi terceiro logo dunha gran remontada tras un pinchazo; mesmo resultado que David acadouno Saúl López en Sub 23. Estes logros tiveron unha dedicatoria especial para o compañeiro de equipo Marcos Villar, quen se rompera o fémur hai poucas datas. Vila de Porriño No ciclocross Vila de Porriño, o ciclista David Rodríguez rematou nunha meritoria terceira posición. Xiana Conde foi a primeira cadete en superar a liña de meta.

Iván Conde e Xiana Conde acadaron o subcampionato galego cadete


20

BARRIOS DEPORTIVO 13 de xaneiro de 2012

NATACIÓN / REMO

49 medallas máis para finalizar o ano para o CN Pabellón 4 Proclamáronse campións galegos na categoría júnior e na conxunta. R.T. O CN Pabellón participou no XLIV Campionato Galego Júnior e Absoluto de Natación en piscina de 25 metros que tivo lugar no complexo deportivo Javier Gómez Noya de Ferrol no que acadaron un total de 49 medallas (18 ouros, 23 pratas e 8 bronces), proclamándose campións galegos na categoría júnior masculina e na conxunta. Ademais tamén trouxeron para Ourense o subcampionato en categoría absoluta feminina e o terceiro posto na absoluta masculina e na conxunta absoluta. E iso que tiveron as baixas de Daniel Caamaño Gómez e José Manuel González Regueiro ademais da nadadora Iria Álvarez Liz que causou baixa nalgunha das probas. En categoría absoluta acadaron 8 medallas de ouro, 14 de prata e 3 de bronce para lograr a terceira posición conxunta por detrás tan só de CN Coruña e o CN FerrolElinco. Na categoría júnior 10 foron as medallas conquistadas de ouro, 9 de prata e 5 de bronce o que lles levou a ser campións galegos masculino e na conxunta. LIV Campeonato de España absoluto No mes de decembro disputouse en Madrid os LIV Campeonato de España absoluto, ata alí desprazouse unha expedición do Club Natación Pabellón tendo en Laura Pimentel á súa mellor participante. Pimentel logrou a novena mellor marca nos 800 libres quedando por detrás de nadadoras como Melanie Costa, Erika Villaecija, Maria Vilas e Claudia Dasca, cun tempo de 8.52.23, o que lle supón unha mellor marca de idade provincial de 18 anos; tamén participou

Anna Yuchenko segue agardando pola nacionalidade.

Yuchenko, vencedora en 4x na Miño Internacional de Tui Redacción

Equipo júnior feminino do CN Pabellón. nos 1.500 sendo undécima cun tempo de 17.02.55, nos 400 estilos en 19º posición con 5:00.68 e 400 libres onde rematou en 14ª posición con 4.19.50 resultando outra nova marca provincial de 18 anos. Alberto Taboada Vila que disputou as probas de 100 estilos alcanzando a 14ª posición cun tempo de

58.69, 200 braza cun tempo de 2.20.87 quedando en 22ª posición, 200 costas cun tempo de 2.06.05 e 200 estilos con 2.07.97. Pola súa banda, a nadadadora Sandra Presas Pérez en 50 costas realizou un tempo de 31.21. 2ª xornada da liga local Alevín

Os deportistas do CN Pabellón cun dos trofeos.

A 2ª xornada da liga Alevín de natacion de carácter local trouxo para Héctor Álvarez a vitoria nos 200 costas por diante de David González e Jacobo Caride. En 13 anos foi Marcos García Otero seguido de José Moure Doval e Antón Rodríguez os que coparon o podio. En 12 anos feminino, o terceiro posto alcanzouno Laura Rodríguez Parada, mentres que en 100 libres masculino 13 anos, a vitoria foi para Antón Rodríguez. Nos 1.500 libre foi terceiro Marcos García Otero. Nos relevos del 4x50 costas, o primeiro posto recaeu no CN Pabellón no masculino e o segundo posto no feminino.

Os pavillonistas lograron 18 ouros, 23 pratas e 8 bronces, así como outras destacadas posicións

Iniciouse a tempada de competición para o Club Naútico Castrelo de Miño coa participación de Anna Yuchenko na Regata Miño Internacional-VIII Copa Presidente Deputación de Pontevedra disputada o 8 de xaneiro en Tui. Nela, Anna conseguiu a vitoria formando parte dun 4x, xa que esta é a única modalidade na que pode remar mentres non obteña a nacionalidade española. tal e como marca o regulamento da Federación Española de Remo. Ás 12 da mañá dábase a saída para a 1ª quenda de 4x ABF na que saía pola rúa 1 o bote de Yuchenko, que desde o primeiro momento tomou a cabeza e aumentou progresivamente a distancia cos outros botes ao longo dos 6 quilómetros de percorrido. De feito, nin

sequera os botes que saíron na seguinte quenda foron capaces de mellorar a súa marca. Próximas citas Anna voltará competir nesta modalidade (en lugar na de 1x, que é na que adestra) nos próximos campionatos galego e de España de remo ergómetro que terán lugar os días 15 e 28 de xaneiro, respectivamente. Xunto a ela, en categoría alevín acudirán a Ferrol Lucas Hermida e Joel Fernández; en cadetes, Adrián Hermida, Lucas Tabares-Costa e Borja Desaá ;e en séniors feminino Verónica Regueiro acompañará a Anna. O club acudirá a esta cita coa expectativa de conseguir unha medalla en cada categoría, ademais de probar o seu estado de forma de cara a participar no campionato de España que será 15 días máis tarde en Madrid.

Anna Yuchenko en Castrelo de Miño.


BALONCESTO

BARRIOS DEPORTIVO 13 de xaneiro de 2012

O Carmelitas Ingatel cae na final da Copa Galicia Infantil

Á proba galega accederon os catro mellores clubes infantís da comunidade: Celta, Peleteiro, Junquera e Carmelitas

4 O seu verdugo foi o Peleteiro de Santiago, que se fixo co torneo a través dunha vitoria pola mínima (67-66). Redacción O 17 de decembro a partir das 10.30 horas o polideportivo Vedruna acolleu a fase final da Copa Galicia Infantil Feminina, que enfrontou aos primeiros clasificados de cada grupo: o ADM Peleteiro de Santiago de Compostela (campión do Grupo A), o Junquera de Cortegada (subcampión do Grupo A), o Carmelitas Ingatel ourensán (líder do Grupo B), e o Celta Maristas de Vigo (subcampión do Grupo B). Os primeiros en enfrontarse foron o Celta Maristas e o Peleteiro, converténdose en gañador e pasando á gran final este último ao sentenciar o encontro no último, cuarto por un resultado final de 65-47. No choque destacaron sobre as demais a alero Blanca Millán do conxunto santiagués e a escolta Candela Hermida por parte do de Vigo. Pola súa banda, na segunda semifinal víronse as caras o anfitrión, Carmelitas Ingatel, e o Grupo Junquera, nun partido dominado en todo momento polas ourensás, que o senteciaron

Dúas xogadoras do Carmelitas e unha do Peleteiro disputándose o balón./RAMSÉS

21

finalmente por 71-53, grazas ao bo facer de, entre outras, Sandra Lanzós, que protagonizou un vistoso duelo coa xogadora de Cortegada Nuria Choren. Gran final A gran final celebrouse ás 19.30 horas enfrontando aos dous gañadores anteriores, Carmelitas e Peleteiro, nun partido intenso que otorgou a vitoria pola mínima (67-66) ao conxunto compostelán. Nun primeiro momento as ourensás lograron porse por diante no casilleiro logrando unha distancia de ata 14 puntos á volta do descanso, pero de seguido o Peleteiro apostou pola súa sempre resultona zona 2-3, que cambiou o rumbo do encontro e a só 20 segundos para o remate adiantouse no luminoso, como se mantivo ata o final, ao non ser quen as colexialas de completar con éxito a súa derradeira e decisiva xogada. Así o Peleteiro converteuse no xusto gañador da Copa galega con Blanca Millán á cabeza, quen foi galardoada como a mellor xogadora da fase final desta competición.

A número 4 do Carmelitas a piques de sacar de banda./RAMSÉS


22

BARRIOS DEPORTIVO 13 de xaneiro de 2012

ENTREVISTA

Defendendo as nosas cores

4Internacional coa Selección Española de fútbol sala feminino, unha das máximas goleadoras do noso país e todo un referente para as vindeiras xeracións, así é a nosa seguinte mundourensá, a ala-pívot do Ponte Ourense Ampi. R. Torres Amparo Jiménez López, máis coñecida como “Ampi” é unha sevillana inconformista e valente, que non dubidou en cruzar España para seguir progresando no fútbol sala feminino nas filas do Ponte Ourense. Xa totalmente integrada, este prodixio do balón que ten tan só 25 anos confesa que logo de ser pichichi en varias ocasións e internacional coa “roja” só pide que o deporte que tanto ama adquira recoñecemento olímpico. Que te motivou a aceptar a oferta do Ponte Ourense o ano pasado? Amparo Jiménez: “Motivoume principalmente o cambio de experiencia, porque levaba moito tempo en Córdoba e quería seguir progresando tanto académica como deportivamente”. Como viviches o ano pasado tan exitosa tempada? A.J.: “A verdade é que se realizaron moitas fichaxes, foron novas e boas incorporacións. Foi unha experiencia bonita porque empezamos a coñecernos e a traballar xuntas, e grazas ao esforzo e profesionalidade de todos logramos numerosos títulos”. Este ano a tempada parece máis difícil, como enfocades esta segunda parte de curso? A.J.: “Este ano a liga está máis interesante porque hai máis equipos pelexando polos postos altos. Non me gusta a posición na que estamos, pero si que me gusta

que haxa máis rivalidade entre varios equipos. O principio de tempada non foi bo, pero o xogo que temos é mellor. É cuestión de traballar o sistema novo co noso adestrador e seguro que virán os bos resultados”. Cales cres que serán os rivais máis fortes? A.J.: “Coñecendo ao Córdoba e vendo que encabeza a clasificación sempre o tratei como un rival especial e dos máis complicados para bater. Tamén o Móstoles é outro equipo a ter en conta, xa que aínda que, ao meu parecer, ten peor equipo que o ano pasado non nos porá as cousas sinxelas”. Cales son os teus obxectivos persoais para este ano? A.J.: “Os meus obxectivos estou a cumprilos, é dicir, cando viñen a Ourense as expectativas que tiña eran seguir mellorando e coñecendo o fútbol sala, e con este adestrador e o sistema de xogo que expón estou a aprender fútbol sala”. Es neste momento a máxima goleadora da liga, cres que é posible que sexas pichichi a final de tempada? A.J.: “É unha cousa que nunca me preocupa porque teño refachos, nalgunhas épocas marco moito e noutras nada. Penso máis no que poida achegar ao equipo. Evidentemente nestes últimos anos sempre destaquei por marcar moitos goles, polo que espero manterme aí arriba, pero se non o logro non pasa nada”. Ademais es internacional

Amparo Jiménez “Ampi”, nun adestramento./M.REJO.. coa Selección Española, que máis se pode pedir? A.J.: (Sorrí) “Home, continuar estando aí e lograr que o fútbol sala siga a medrar a nivel nacional porque estaría moi ben que fose considerado deporte olímpico”. Como viviches a túa primeira convocatoria? A.J.: “Non mo cría. Foi por unha baixa doutra xogadora, polo que foi algo totalmente inesperado. Sen dúbida, foi unha experiencia inesquecible. Eu creo que a miña progresión na Selección Española foi boa, xa que primeiro fun convocada sen xogar e pouco a pouco fun collendo peso dentro do equipo. Iso si, para toda xogadora o simple feito de ser convocada xa é un soño feito realidade e toda unha honra”. Como ves o fútbol sala

feminino a nivel nacional e en Galicia? A.J.: “A nivel de España véxoo ben porque hai moitas xogadoras estranxeiras na nosa liga e iso é bo, xa que fai que o fútbol sala medre. E o de Galicia, máis concretamente o de Ourense, pódoo comparar co de Andalucía e non o vexo do todo evolucionado a nivel de infraestruturas, pero está claro que a nivel de equipos sí, xa que Ourense conta con dous equipos en División de Honra, que xunto ao Burela completan a representación galega. E que Galicia teña tres equipos na máxima categoría do fútbol sala feminino di moito da comunidade”. E que opinas da afección ourensá? A.J.: “Vexo que a afección é moi silenciosa. Quizais critica máis que anima e

iso bótoo en falta. Unha boa voz por parte da bancada animando ás súas xogadoras e dicindo algo construtivo sempre vén ben”. A pesar da túa xuventude es todo un referente neste deporte, que lles dirías a esas nenas que te admiran? A.J.: “O primeiro é que medren como persoas, non como xogadoras de fútbol sala. Deben sempre compaxinar os estudos co deporte, que fagan o que lles guste, que se esforcen e traballen, que collan os valores do deporte e que loiten polo seu soño, que seguro que algún día se fará realidade”. Como leva unha sevillana como ti estar en Ourense? A.J.: “Este ano moito mellor. Cando cheguei custoume adaptarme ao clima, pero este ano estou máis asentada e tranquila, o que se reflicte a nivel futbolístico”. Que cres que é o mellor e

o peor de vir? A.J.: “A verdade é que nunca o pensei, pero o mellor é que estou a vivir unha experiencia moi positiva. E o peor diría que é que me gusta máis o clima e o ambiente sevillano, pero está claro que é porque son de alí” (ri). Como foi a túa adaptación ao Ponte e a Ourense? A.J.: “Boa. Coñecía a xogadoras do equipo e aínda que me custou entrarlles ás benxaminas por cuestión do idioma, agora xa estou totalmente integrada e cada vez síntome máis partícipe do equipo e do club”. E que foi o que máis che chamou a atención de Ourense á túa chegada? A.J.: “Está claro que as termas. Ver auga quente á beira do río e a un prezo tan asequible paréceme incrible. De feito cando veñen visitarme é o primeiro que ensino”.

4 Máis persoal

- Amparo Jiménez López naceu o 12 de marzo de 1986 en Arahal (Sevilla) onde comezou a xogar ao fútbol sala con tan só 7 anos. - Logo de militar no equipo do seu pobo natal, Ampi pasou ás filas do Cajasur Córdoba durante 7 tempadas ao longo das cales festexou co equipo nada menos que dúas ligas, unha Supercopa, unha Copa Ibérica, unha Copa de Andalucía e a medaia de prata na Copa da Raíña. A continuación, veu a Ourense para nun só curso axudar ao Ponte a conseguir a liga, a Supercopa e a Copa Ibérica. - Con estas cifras parece estamos ante todo un talismán do fútbol sala, que fóra da pista segue botando de menos a comida da súa nai, gústalle a Coca-cola light, a súa cor é o verde (“do Betis”, aclara) e escaparíase agora mesmo, como non, á súa terra, Sevilla.


BARRIOS DEPORTIVO 13 de xaneiro de 2012

OPINIÓN

23

Edita: Letras a la Carta S.L. CIF: B-32.323.925. Depósito Legal: OU 185-2009. Redacción: r/ Valle Inclán 25 2º Of. 15 - 32004 Ourense. Tel: 988 239 634. Correo-e: deportes@ourenseporbarrios.com. Distribúe: J Publicidad. Imprime: Publicaciones Tameiga. Director: Ramsés Torres. Director comercial: Miguel Rejo. Redacción e fotografía: Paula Lodeiro, Ramsés Torres, Óscar Blanco. Colaboracións: Alfonso Vilachá, Saudeter. Nº48- Ano: IV - 13 de xaneiro de 2012 - Difusión: 5.000 exemplares Este periódico non pode ser reproducido nin total nin parcialmente, sen autorización previa da empresa editora Letras a la Carta S.L. Impreso en papel 100% reciclado. Se ten algún problema co reparto, pregámoslle que nolo comunique no teléfono 988 239 634.

4A PREGUNTA

4O BLOG DE SAUDETER

A mellor receita para perder peso: nutrición equilibrada e actividade física É complicado fixar unhas normas nutricionais que se adapten a todos os seres humanos, posto que cada persoa ten unhas características fisiolóxicas e morfolóxicas específicas; ademais de levar estilos de vida diferentes onde a actividade física, a calidade dos alimentos e o estilo de vida xogan un importantísimo papel. No que coinciden todos os expertos e é máis que evidente é que unha dieta equilibrada debe conter todos os alimentos necesarios para conseguir un estado nutricional óptimo, achegando unha cantidade de nutrientes suficiente para levar a cabo os procesos metabólicos e o traballo físico diario. O máis axeitado e saudable para manternos no noso peso óptimo é levar unha dieta equilibrada conxugada con actividade física diaria. Unha razón importante para realizar actividade física nun programa para manternos no noso peso óptimo ou adelgazar é o incremento do gasto de enerxía diario, creando un balance enerxético negativo que nos permita consumir a enerxía que inxerimos. Pero ademais dos cambios a nivel físico, a alimentación e o exercicio achégannos grandes beneficios para a nosa saú-

de física, mental e social. Conseguindo unha mellor resposta a enfermidades como a obesidade, diabete, colesterol ou hipertensión; reforzando o noso sistema inmunolóxico; aliviando dores óseo-musculares; mellorando o noso estado de ánimo, autoestima, relacións sociais, etc. Beneficios do exercicio na perda de peso Por que o exercicio é fundamental nos programas para baixar de peso? Ademais de aumentar o gasto de enerxía e axudar a crear un balance enerxético negativo para baixar de peso, realizar exercicio xunto cunha dieta equilibrada contribúe a eliminar graxa almacenada. Ademais, en resposta ao exercicio aeróbico e ao adestramento de resistencia, aumentan os niveis de hormonas que estimulan a mobilización e degradación de graxa almacenada. Outra razón para realizar exercicio é o efecto positivo que

4SABÍAS QUE?

ten sobre a taxa metabólica en repouso; a cal aumenta aínda despois de realizar exercicio.

des resultados aos meses de iniciar un programa combinado de exercicio e dieta.

Que exercicio é adecuado para baixar de peso? Tanto o exercicio aeróbico como o de resistencia ou forza son eficaces para eliminar graxa e baixar de peso, sempre combinados cunha dieta equilibrada. Pero está comprobado que o exercicio de resistencia é máis efectivo para conservar e aumentar a masa libre de graxa (músculo) e a taxa metabólica en repouso.

Cal é o peso ideal? O peso ideal dunha persoa é moi subxectivo; pois son moitos os factores determinantes: altura, complexión, tecido muscular, tecido óseo, sexo, etnia... Para calcular o noso peso ideal debemos de ter en conta o noso biotipo (complexión pequena, mediana, grande), a nosa talla en centímetros e o noso sexo. Tamén podemos calcular o IMC (relación pesoaltura), pero este cálculo non ten en conta a nosa constitución, nin a porcentaxe de masa muscular / graxa.

Canto peso se pode perder ao mes? Nun mes pódense chegar a perder moitos quilos con forza de vontade, pero non se enganen: as perdas drásticas de peso son debidas á eliminación de glucóxeno e sobre todo auga. Eliminar o tecido graxo, que é o que realmente nos interesa, é un proceso máis lento; o normal é eliminar uns gramos ao mes, obtendo gran-

O máis saudable para manternos no noso peso óptimo é levar unha dieta equilibrada conxugada con actividade física diaria

Alteracións percibidas que poden obrigar a deter o exercicio:

- Dor ou presión torácica. - Alteracións anómalas do pulso. - Falta de diminución do pulso ou da respiración cara a valores normais aos poucos minutos de finalizar a actividade. - Palpitaciones, debilidade, palidez ou cionosis na cara. - Visión borrosa, mareos ou perda da orientación. - Persistencia de fatiga transcorridas 24 horas postesfuerzo. - Dor aguda nunha parte do corpo.

4 Cres que se manterá en Primeira División de fútbol sala feminino o Cidade das Burgas? Si. O equipo creceu como tal, e as xogadoras están máis experimentadas co ano pasado, que era o ano do seu debut na máxima categoría do fútbol sala feminino. Tres son os equipos que descenderán de categoría ao final de campaña e as de Codeso teñen máis nivel que varios equipos da liga, como poden ser o Soto del Real, o Rubí ou Zaragoza entre outros. Con facer unha decente segunda volta a permanencia está máis que asegurada. Non. Este ano coa baixa de Vanessa o equipo ten menos gol e iso notouse na primeira metade da tempada. Ademais os outros equipos non coñecían o ano pasado ao Cidade e, pensando que eran as cincentas da competición, víronse sorprendidas polo cadro ourensá cousa que este ano non está a pasar. Difícil papeleta para o Cidade se quere manter a categoría.

Unha xogadora do Cidade nun encontro nos Remedios.

Vota en facebook (mundourense) e en www.mundourense.com Resultado da pregunta anterior 4 Quen cres que acadará mellor posición na LF2, o Pabellón Ourense ou o Codigalco Carmelitas? - O 84,6% apostou polo CODIGALCO. - O 15,4% confía no PABELLÓN.


24

BARRIOS DEPORTIVO 13 de xaneiro de 2012


11 Xaneiro 2012 - BD Nº48