Page 1

Entrevista a Willy: “Os Roteiros son unha actividade moi didáctica” FÚTBOL SALA

[páx. 4-5]

35ª CARREIRA POPULAR DO SAN MARTIÑO

Sábado 5 de novembro, no anexo dos Remedios [páx. 12-13]

O domingo 6 de novembro os atletas populares tomarán as rúas de Ourense na 35ª edición da San Martiño [páx. 6]

Número: 44- Ano: III - 4 de novembro de 2011 - Depósito Legal: OU 185-2009 - Periódico quincenal de distribución gratuíta - www.barriosdeportivo.com BARRIOS DEPORTIVO volve repartirse a partir do 18 de novembro. Se quere anunciarse consulte no 685 800 190.




BARRIOS DEPORTIVO 4 de novembro de 2011

4 Axenda deportiva Fútbol

- Día 5. Estadio Miguel Anxo -16.00- Pabellón Ourense - Sporting Xixón. División Honra xuvenil. - Día 6. O Couto -16.30h-. CD Ourense - Ordes.

Fútbol sala feminino - Día 5. Anexo dos Remedios -17.00 horas. Ponte Ourense - Cidade As Burgas. - Día 12. Pavillón dos Remedios -17.00 horas-. Cidade As Burgas - Cajasur Córdoba.

Atletismo - Día 6. Ourense. -a partir das 11.00 horas-. Carreira popular do San Martiño. - Día 19. Colexio Guillelme Brown. -a partir das 11.00 horas-. carreira pedestre Guillelme Brown.

Baloncesto

- Día 5. Vedruna. 19.15 horas-. Carmelitas - ADBA. - Día 6. Paco Paz -19.00 horas-. COB - Tenerife. - Día 12. Os Remedios. 20.00 horas. Pabellón - Ferrol.

Hoquei herba - Día 6. Mariñamansa -11.00 horas-. Ourense Bule Bule - Universidad de Sevilla. - Día 6. Mariñamansa -13.00h.- Barrocás - Apóstol. - Día 12. Mariñamansa -13.00h.- Apóstol - Júnior.

Taichi

- Día 5. Anexo Remedios -10/13 horas-. Curso de tecnificación de profesores de Tai Chi.

Balonmán

- Día 5. Anexo pavillón -19.00 horas-. Pabellón - Lalín. 1ª Autonómica feminina. - Día 5. Anexo pavillón -20.30 horas-. CB Ourense Viveiro. 2ª Autonómica masculina.

Tiro olímipico

- Día 5 - Club de Tiro Eiroás - A partir das 10:00 horas - Tirada especial do Magosto.

Voleibol

- Día 5. Paco Paz -11.30 horas-. CV Ourense - CV San Martiño. - Día 5. Paco Paz -17.00 horas-. Auria Vella Voleyourense - Aule. - Día 19. Paco Paz -17.00 horas-. Auria Vella Voleyourense - Autos Cancela Zalaeta.

Tenis de mesa

- Día 12 - Paco Paz - 17.00 horas - Galmédica B - Cinania Merengues do Morrazo. Día 19 - Paco Paz - 17.00 horas - Galmédica A - Mercantil de Vigo.

Ciclismo - Día 6 - Riós - Tour da castaña - Rutas de 25 e 48 km.

Andainas - Día 12 - Parada de Sil V Andaina da Castaña.

AXENDA - ACTUALIDADE

Encinas, Mera e Colmenero, campións 4 No Campionato Galego de Aire Comprimido. P.L. Jorge Encinas, igualando a súa marca galega de 582 puntos, Nuria Mera, con 370 puntos e Miguel Colmenero, con 565 puntos, foron os gañadores no Campionato Galego de Aire Comprimido nas modalidades de carabina, pistola damas e pistola sénior respectivamente. En total, 78 tiradores de pistola e carabina, nas categorías júnior, sénior, damas e veteranos, participaron nesta competición, celebrada nas instalacións do club de tiro de Eiroás o pasado 23 de outubro. Unicamente se disputou final na modalidade de pistola, tanto de séniors coma de damas. Nela, o lugués Miguel Colmenero e a ourensá Nuria Mera conseguiron defender os seus primeiros postos obtidos na quenda clasificatoria (565 na súa tanda, 661 puntos na final Colmenares, e 370 puntos na súa tanda, 460,9 puntos na final Mera). Iguala récord Pola súa banda, Jorge Encinas igualou a súa mellor puntuación en carabina de aire comprimido, 582 puntos, récord galego, que databa do ano 2002. Tamén relevante foi a tirada da júnior de pistola Andrea Barrio; a luguesa marcouse 370 puntos, igualando a puntuación da vencedora en categoría damas. No resto de resultados, Cristina García fixo 363 puntos en carabina damas, e en veteráns A foi vencedor Fernando

Un momento da final de pistola do Campionato de Aire Comprimido./P.LODEIRO.

Os tiradores de carabina na parte ampliada da galería de tiro de 10 metros./P.l. Lombán, en veteráns B o ourensán Enrique Dorrío, e en júniors Miguel Sánchez, todos eles en modalidade de pistola. A proba serviu para inaugurar en competición oficial a ampliación da galería de 10 metros que, con 30 postos, convértese na maior dos campos de tiro galegos. Tirada do magosto A próxima cita destacada no calendario de actividades do club ourensán é a

tirada especial do magosto, o sábado 5 de novembro. Un evento que combina a competición deportiva coa celebración gastronómica, xa que a mediodía os participantes pararán para recuperar forzas cun xantar con churrasco e castañas. A xornada iniciarase ás 10 da mañá coa proba de IPSC (tiro práctico); ás 11 horas é o turno para os deportistas de tiro ao prato, coa competición de 50 pratos foso universal, que continuará ás 16 horas. A esa mesma

hora da tarde, os tiradores de pistola teñen unha proba de precisión, de 30 disparos a 25 metros, e finalmente os tiradores de aire comprimido disputan ás 17 horas a súa proba, valedeira ao mesmo tempo para a Copa Ourense. A final de mes as instalacións ourensás acollerán a tirada mensual correspondente á Copa Cidade das Burgas, e finalmente en decembro, o día 10, o club Eiroás organizará unha tirada benéfica.


BARRIOS DEPORTIVO 4 de novembro de 2011

ATLETISMO

outro dos Afiadores) que tentaban acadar o calor das súas familiar (sufridoras na sombra desta “tolemia”).

Reto superado! 4 Ángel, Rubén, Carlos e Óscar lograron o reto de unir Santiago de Compostela e Ourense nun só día. R. Torres Facer Santiago - Ourense nunhas 18 horas é moito... é moito se o traxecto o fas en coche, ou en tren ou mesmo en bicicleta, pero a cousa cambia se o percorrido o fas correndo. E deste xeito fixérono Ángel, Rubén, Carlos e Óscar no reto “Destino: Ourense”. Ás catro da mañá do 22 de outubro saían desde a santiaguesa praza do Obradoiro coa ilusión de conseguir chegar a Ourense antes de que rematara o día coa única axuda das súas pernas primeiro, e a mente despois. Nestes casos a mente é moi importante porque o desgaste físico é tan grande que se necesita un plus mental para poder realizar o reto, a fazaña. Sobre as oito

da tarde, numerosos familiares e amigos comezaban a chegar ata a praza Maior de Ourense a esperar a que chegaran os catro atletas tras 115 quilómetros atravesando Galicia. O reto estaba case realizado e só faltaba ver aparacer aos catro personaxes da historia. Pasadas as 21 horas a inquietude dos presentes na meta virtual facíase palpable sabedores que xa andaban polas rúas de Ourense. Ás 21.40 horas deste imborrable 22 de outubro de 2011, Ángel, Rubén, Carlos e Óscar entraban á praza Maior ante os aplausos dos presentes e secundados por atletas que se uniron a eles en diversos tramos do percorrido, con mención especial a Jesús Carlos e a Felipe “Pipe” que fixeron a distancia de

45 quilómetros. As facianas dos retistas mostraban o duro da proba; ledicia con cansanzo mesturábanse nuns rostros que acaban de percorrer os máis de 100 quilómetros de distancia deste reto. Na praza

Maior os aplausos soaron nos primeiros minutos da finalización da proba, uns aplausos correspondidos pola emoción dos catro corredores (tres deles do equipo Esprintes Ourense organizador do evento e

O Reto en datos En total foron 17 horas e 40 minutos o tempo empregado en percorrer os máis de 115 quilómetros que separan a praza da Obradoiro da praza Maior pola vía da Prata do camiño de Santiago. A pesar de hidratarse e alimentarse ben durante a proba, a perda de peso oscilou entre o quilo e medio de Óscar del Campo e os cinco quilos de Ángel Pumar. Antes de comezar o reto tiñan claro que terían que chegar todos xuntos aínda que fora gateando. Nos primeiros quilómetros foi Carlos Muradás o que ía peor, durante varios momento da etapa, Ángel sufriu baixóns dos que se repuxo; Rubén Calvo quizáis foi o máis constante pero un problema no sóleo case o tumba; pola súa banda, Óscar del Campo tivo un problema na cintilla iliotibial sobre todo a falta de 25 quilómetros,



pero a promesa que lle fixo á súa filla de que ratamaría así fóra correndo, andando ou a gatas cumpríuna. Unha vez en Cea tiñan plena confianza de rematar aínda que fóra empregando as 24 horas que se puxeron como límite despois de pasar o máis difícil, como no tramo de Lalín a Dozón que a “Toledano” (Ángel Pumar) se lle fixo eterno os constantes desniveis deste tramo. Segundo reto Os atletas deste reto queren que se afiance no tempo este evento e que se unan outros atletas en vindeiras edicións. Ademais andan barallando a posibilidade de facelo a nivel competitivo ou facelo en dúas etapas seguidas. O que está claro é que non queren que se paren aquí iniciativas deste club, os Esprintes Ourense e de seguro que non pararán, como nos comentou Óscar: “cando chegamos pensei que era unha tolemia, ao día seguinte xa non tanto, e agora xa estou pensando no ano que vén”.

Ángel Pumar, Carlos Muradás, Óscar del Campo e Rubén Calvo ao finalizar o reto na praza Maior./RAMSÉS




BARRIOS DEPORTIVO 4 de novembro de 2011

ENTREVISTA

JOSÉ GARCÍA CALVO “WILLY” - ORGANIZADOR DOS ROTEIROS CULTURAIS

“Os Roteiros Culturais son unha actividade moi didáctica. Non é andar por andar, é andar para coñecer” 4 Un ano máis arrancaron os Roteiros Culturais, organizados por José García-Calvo “Willy” e a Universidade de Vigo, que buscan dar a coñecer, a través de 10 rutas de sendeirismo, algúns dos lugares máis emblemáticos de Galicia. Ramsés Torres Como se comezaras a ler a primeira páxina dunha novela de aventuras, así é sentarse a conversar con José Garía-Calvo “Willy”, porque a un sermpre o deixa con moitas gañas de saber máis. Ex-militar, creador dos Roteiros Culturais e o mellor dos exemplo de valentía e superación, aos seus 65 anos se algo ten claro Willy é que cada reto atlético que afronta é a mellor maneira que ten para demostrarse a sí mesmo e a quen o rodea que segue vivo. Vén de comezar unha nova edición dos Roteiros Culturais, cantas van? Willy: “É o décimo ano. Os roteiro culturais comezaronen 1999, cando nos prantexamos facer o primeiro roteiro conxuntamente coa Universidade, no que participaron 40 universitarios. Naquel momento estaba Pino Díaz de xefa de deportes da universidade e prantexoume amplialo a todo o curso escolar. E así foi. Ademais, que un profesor de historia tamén forme parte da ini-

José García-Calvo organizou o primeiro Roteiro Cultural en 1999./RAMSÉS ciativa permite coñecer en profundidade os sitios emblemáticos da nosa provincia. Deste xeito, a mestura do sendeirismo e a cultura da lugar aos roteiros culturais”. Cando será a próxima cita? W.: “O próximo roteiro é o 19 de novembro. Iremos ao monte Alia, na serra do Galiñeiro, onde o profesor de historia comentará as particularidades destes paraxes”.

Con cantos participantes adoita contar cada roteiro? W.: “Cada ano participan de media 100 ou 120 persoas en cada roteiro. Ademais, dignifica a actividade o feito de que os universitarios reciban créditos por realizala (cada 3 roteiros teñen un crédito). Así mesmo os prezos son moi asequibles, tanto para os estudantes como para os que non o son e queiran participar. Creo que é unha

actividade moi completa”. Encárgaste ti de organizar os roteiros? W.: “Hai un grupo de traballo composto por un coordinador (que son eu), un bolseiro (que se ocupa da parte artística) e outra bolseira (que se ocupa do ámbito vinculado ao turismo). Ela controla a loxística e el encárgase de amosar aos universitarios o máis interesante de cada zona. Eu encárgome de unir ambas forzas, planifico un

sendeiro sinxelo de andar combinado con paraxes que se poidan amosar aos alumnos”. Canto tempo leva organizalo? W.: “Todo o verán porque sobre o mapa preselecciono unhas rutas que, repito, teñan esa mestura. Unha vez lista inspecciónanse ao 70% e 15 días antes de efectuarse cada ruta inspecciónase cada unha ao 100%”. Son rutas previamente establecidas? W.: “Non sempre. Hai rutas que vou empalmando para conseguir facer uns 22 quilómetros, que é a distancia que considero adecuada para non ter que facer un sobreesforzo. No caso da do día 19 unimos varios sendeiros marcados polos concellos de Vigo e Gondomar, pero noutras ocasións as rutas prepároas eu íntegramente. Eu creo que é moi didáctico. Non é andar por andar, é andar para coñecer”. Que porcentaxe de universitarios participan? W.: “No campus de Vigo e Pontevedra un 80% son estudantes, fronte ao 20% que non o son; mentres que

en Ourense participan só un 40% de universitarios. Pero tamén hai que ter en conta que neses lugares hai un maior número de alumnos”. Que ruta recomendarías este ano? W.: “De fóra de Ourense recomendaría a dos Muiños de Falón, que é moi interesante. E na provincia de Ourense, evidentemente, a ruta da Vía da prata (dende A Gudiña, pasando por Campo Vecerro e rematando en Laza). É das máis maravillosas; é moi dura e longa, pero moi bonita”. Que che falta por facer? W.: “A provincia de Ourense a nivel de sendeirismo era unha das grandes descoñecidas de Galicia, pero agora coas andainas comeza a resurxir. Así que é o momento de achegarnos ás demais provincias e coñecer máis Galicia. O inconvinte? que nun día o desprazamento ocupa demasiado tempo. Pero eu creo que logo de 12 anos nos que mudaron as rutas queda pouco por coñecer”. Que opinión che merece a fazaña realizada o pasado 22 de outubro


BARRIOS DEPORTIVO 4 de novembro de 2011

ENTREVISTA

Participantes dun Roteiro Cultural de 2010. por Esprintes Ourense (que realizaron o traxecto Santiago-Ourense correndo), aos que a Universidade de Vigo lles cedeu os track GPS para que se orientarasen? W.: “Hai moita xente que se achega á web da Universidade de Vigo para descargase as nosas guías GPS para orientarse nas súas rutas e os Esprintes precisábanas. En canto á súa iniciativa, a min todo o que sexa innovación, gañas e esforzo paréceme magnífico. O orixinal foi facelo á inversa de como o fixeramos outros antes. Por iso quero aproveitar para felicitalos. Ademais, creo que iso

En cada roteiro cultural adoitan participar ao redor de 100 persoas

marca pautas de conduta para as novas xeracións, ás que lles trasladarán as súas inquietudes”. E que me dis do Maratón das Areas? Repites este ano? W.: “Si, este ano repito. Neste momento hai apuntadas 750 persoas de 95 países, pero aínda están sen confirmar todas as inscricións. De Ourense volvemos a realizalo dous, Ana Guede e máis eu. Así mesmo un profesor do campus de Ourense, Antonio Molina, úniusenos nesta ocasión, e os tres xuntos formamos o equipo Universidade de Vigo que do 6 ao 15 de abril realizará esta maratón”. Cal é o principal inconvinte deste tipo de proba? W.: “É unha proba dura, de moitos quilómetros e con condicións meteorolóxicas adversas. Para un maratón así hai que ade-

strar durante 6 meses. Os tres primeiros débense facer ao redor de 120 quilómetros á semana, logo – durante un mes ou dousfacer ata 150 quilómetros. E a continuación, baixar a distancia, pero aumentar a intensidade e o peso que se carga. O problema é que se precisa un adestramento contínuo, non se pode parar. E iso durante medio ano é como mínimo estresante. Por iso eu fágoo cada cinco anos, para poder descansar, e logo tómoo coa mesma ilusión ou máis ca antes”. Canto tempo dura o adestramento cada día? W.: “Ao redor de dúas horas, que sabes que se converten en 3, porque se une a preparación para adestrar e os estiramentos precisos. Pero un día á semana débense facer 4 horas ou 4 horas e media, a ritmo baixo. O importante é facer moita cantidade, pero con

pouca intensidade”. Cantos días dura o Maratón das Areas? W.: “Son seis días de carreira”. E cal é a peor etapa? W.: “A peor é a cuarta etapa, que consta de entre 80 e 90 quilómetros. Pero insisto, é unha proba de autosuficiencia, debido a todo os pormenores e adversidades que a proba leva consigo: hai que cargar coa comida, facela, durmir no chan, non hai auga,etc. e durante seis días. É unha proba difícil nese senso, xa que en canto ao aspecto físico un prepárase e listo, pero o Maratón das Areas é moito máis”. Este ano, gañarás? W.: “Eu cumplo 65 anos, se hoube unha categoría 65-70 o meu reto sería gañar, pero habéndoa de 6070 e coa xente tan boa que hai polo mundo adiante como mínimo 3 son mellores ca min, así que ou eses tres non van ou senón está difícil (ri). Pero o meu gran obxectivo é animar ao meu novo compañeiro e á grandísima Ana, a única galega que participou nestas 27 edicións. Ademais debeulle gustar moito cando repite, porque para repetir o Maratón das Areas hai que ter unha gran vontade. Ana Guede cumple 50, Antonio Molina 40 e eu 65, e considerámolas idades importantes para xustificar e demostrarnos a nós mesmos que todavía seguimos vivindo”. Os Roteiros Culturais

continúan a finais de novembro con José García Calvo como guía principal. Unha décima edición que supón a mellor oportunidade de achegarse a coñecer de preto a este referente no descubrimento das rutas de



senderismo máis impresionantes da nosa provincia, porque nas distancias curtas Willy demostra como o seu non é realizar unha actividade física sen máis, senón toda unha filosofía de vida.

O Maratón das Areas é para Willy “unha proba de autosuficiencia. É moi longa, dura e con condicións climatolóxicas adversas. Para outras un prepárase fisicamente e listo. Esta é moito máis”

Willy cumple 65 anos antes de participar no Maratón das Areas o vindeiro mes de abril./RAMSÉS




BARRIOS DEPORTIVO 4 de novembro de 2011

35 SAN MARTIÑO

Récord de inscritos na San Martiño

4 As Concellerías de Deportes e de Voluntariado animan aos ourensáns a participar como voluntarios na carreira. P. Lodeiro 7.724 é o número de corredores inscritos para particpar na 35ª Carreira Popular do San Martiño. Un récord que o concelleiro de Deportes, Fernando Varela, agarda que se traduza en récord de participación este domingo, se, como se prevé, o tempo meteorolóxico acompaña. Desta cifra, máis de 4.000 atletas participarán na proba absoluta, de 10.000 metros, e uns 3.500 farano na carreira para escolares. Do interese que a carreira esperta dá conta o dato do número de inscritos chegados de fóra de Ourense, 2.200, segundo destacou o edil de Deportes, por canto supón “un retorno económico para a cidade”. Tamén hai 50 corredores estranxeiros apuntados, sobre todo do país veciño, aínda que nesta ocasión, como apuntou Varela, hai “máis posibilidades de que gañe un atleta de Ourense”, ao non acudir á cita atletas profesionais que viñan a polo premio. A San Martiño é unha carreira “cun carácter netamente popular, este ano máis que nunca”, que nesta edición homologa unicamente a Federación Galega de Atletismo, xa que a Federación española pedía o pago de tres euros por cada inscrito, ao redor de 23.000 euros en total, segundo con-

firmou o concelleiro, algo ao que non estaba disposto o Consello Municipal de Deportes. Dorsales en casa 800 inscritos foron os atletas que solicitaron que se lle achegará o seu dorsal ao lugar máis próximo dos nove que dispuxo a organización este ano. Esta novidade -só para os propietarios do chip amarelo- fai que non se teña que recoller o dorsal en Ourense e poder facelo preto de casa, nun dos nove puntos que había por toda a xeografía galega. Voluntarios Pechada a inscrición de corredores, continúa ata este venres aberta a inscrición de voluntarios para colaborar durante a proba, colaborando no control de cruces ou na entrega de avituallamento e agasallos e na recollida de chips. Ata o momento hai 100 persoas apuntadas, e os que desexen colaborar pódeno facer dirixíndose a voluntariado@ourense.es, o 988 39 31 91 ou na sede da Concellería de Igualdade na rúa do Ensino (edificio CIMM). Os voluntarios sumaranse ao dispositivo de ao redor de 78 axentes da Policía Local, 30 voluntarios de Protección Civil, e o persoal do Consello Municipal de Deportes, xunto con

fisioterapeutas, podólogos e médicos, tamén voluntarios, que velarán por que a carreira discurra sen incidentes. Canon da Federación Española de Atletismo Este ano a carreira do San Martiño non entra dentro do calendario da Federación Española. O motivo é que desde o 1 de novembro, dita Federación pide un canon ás carreiras populares de 3 euros por cada inscrito, independentemente de que logo participen na proba; é a denominada licenza por un día, e establecen que cada atleta popular ten que ter esa licenza federativa en cada proba da Federación. En principio escúdanse en que é para facer un seguro, seguro co que xa contan moitas carreiras populares entre as que está a do San Martiño. Ademais da San Martiño, carreiras ilustres da Península como a Behobia - San Sebastián non estarán esta tempada no calendarios da Federación Española de Atletismo.

Este ano superouse o récord de inscritos (7.724) dos cales máis de 2.000 son de fóra de Ourense

O Concelleiro de Deportes de Ourense, Fernando Varela, na ponte Romana, por onde pasará a San Martiño en dúas ocasións./RAMSÉS

Un cento de atletas participan na terceira previa da San Martiño Redacción Organizada polo club atletismo Esprintes Ourense, a terceira edición da previa do San Martiño contou cun centenar de atletas populares -entre os que se atopan os do propio club organizador-, que nin a choiva lles impediu par-

ticipar neste evento. O Consello Municipal de Deportes xunto coa Policía Local colaboraron neste evento. O Consello Municipal lles cedeu os vestiarios do pavillón municipal para que se puideran duchar unha vez rematada a proba. A policía fixo unha cápsula cos atletas (un coche po-

licial diante e outro detrás dos corredores) durante todo o traxecto. O percorrido consistiu na totalidade dos 10 quilómetros do San Martiño e empregaron menos dunha hora. Os atletas que acudiron tiñan que respetar as normas que non eran outras que o de ir todos xuntos ademais de non poder adiantar ao coche de diante da policía ourensá. Unha vez máis, Esprintes Ourense fan do atletismo algo cercano a todos os cidadáns.

Os participantes da previa do San Martiño xunto cos integrantes do club Esprintes Ourense./RAMSÉS


PUBLICIDADE

BARRIOS DEPORTIVO 4 de novembro de 2011






BARRIOS DEPORTIVO 4 de novembro de 2011

ATLETISMO

A Carballeira despide o “Correndo por Ourense 2011” 4 Máis de 300 atletas participaron en cada unha das cinco probas do circuíto ourensán. R. Torres O circuíto de carreiras populares “Correndo por Ourense” chegou ao seu fin con Pepe Márquez e Iria Fernández como os grandes gañadores desta primeira edición. Este pasado domingo, 23 de outubro, disputouse a última das probas do circuíto “Correndo por Ourense” no barrio da Carballeira. Uns 300 atletas participaron nesta última proba na que xa estaba case todo decidido. En categoría ab-

soluta masculina o gañador na Carballeiro foi o atleta do Vía XVII, José M. Casado; Pepe Márquez non participou nesta proba pero o seu primeiro posto estaba asegurado. En categoría feminina, Iria Fernández impuxose na última cita do circuíto para non dar paso a ningunha dúbida de cara a saber quen era a vencedora entre as mulleres. Na Carballeira entregáronse os premios aos vencedores do circuíto en todas as categorías. De cara á segunda edición, a organización

estase a plantéxar comezar coa Megaxove do mes de decembro. Éxito de participación Se temos en conta que esta era a primeira edición do cricuíto de carreiras populares ourensán pódese decir que foi un éxito de participación en todas as probas do evento. Cada proba do circuíto superou os 300 participantes polo que a segunda edición é seguro que se fará para que os ourensáns poidan gozar do atletismo na súa cidade.

Unha media de 300 atletas participaron en todas as carreiras Plantexan comezar a segunda edición coa Megaxove de decembro

Clasificacións I circuíto “Correndo por Ourense”

Absoluta feminina 1.- Iria Fernández - 275 puntos 2.- Isabel López - 409 puntos 3.- Ana I. Soutullo - 567 puntos Absoluta masculina 1.- Pepe Márquez - 4 puntos 2.- Óscar Ramos - 11 puntos 3.-José M. Casado - 12 puntos Benxamín feminino 1.- Nayeli Iglesias - 30 puntos 2.- Emilia Antao - 33 puntos 3.- Raquel Bravo - 109 puntos Benxamín masculino 1.- Daniel López - 26 puntos 2.- Kevin Torres - 48 puntos 3.- Mauro Feijoo - 51 puntos

Alevín feminino 1.- Rita Bravo - 115 puntos 2.- María González - 122 puntos Alevín masculino 1.- Alessandro Bertussi - 7 puntos 2.- Daniel Castillo - 9 puntos 3.- Beltrán Sousa - 18 puntos Infantil feminino 1.- Aida Martínez - 26 puntos 2.- Miriam Opazo - 41 puntos 3.- Irene Morales - 56 puntos Infantil masculino 1.- Francisco J. Miranda - 8 puntos 2.- Antonio Souto - 30 puntos Cadete feminino 1.- Laura N. Balsa - 42 puntos 2.- Cielos Caderno - 49 puntos

Os benxamíns e alevíns na carreira da Carballeira, última do circuíto “Correndo por Ourense”./I. OSORIO

Cadete masculino 1.- Daniel González - 4 puntos 2.- Jonathan Alvear - 13 puntos 3.- Fernando R. Cid - 22 puntos


BARRIOS DEPORTIVO 4 de novembro de 2011

MOTOR

que o ano que vén imos a por os resultados de todo o traballo que realizamos”.

Abadín rematou 13º na ultima carreira da tempada

Falla de apoio económico Se algo está a acompañar ao ourensán na súa carreira ata a Fórmula 1 é a falla do apoio económico preciso para desputar todas as probas que lle corresponden. Neste caso, as habilidades vense dobregadas ante a escaseza de financiamento e Abadín ten que enfrontarse a diario cun rival máis a parte dos pilotos de monoprazas: unha crise económi-

ca mundial. Pero se de algo non escasea este mozo é de esperanza e gañas, polo que agradece o apoio, económico e moral, que recibiu ata o momento e confía “en loitar a vindeira tempada por situarme na cabeza da taboa e ter posibilidades de facerme co título da Fórmula 2”, asegura.

4 O piloto ourensán non tivo a mellor das sortes no circuíto de Montmeló. Redacción José Luis Abadín pechou a tempada 2011 no trazado catalán de Motmeló con motivo da derradeira cita do ano do FIA Formula Two Champioship, que tivo lugar os pasados 29 e 30 de outubro. Pero foi unha fin de se-

mana non de todo afortunada para o ourensán, xa que o feito de non contar con todo o adestramento preciso, debido á escaseza de presuposto, ocasionoulle erros na Qualifying que se traduciron nunha décimo oitava praza na parrilla de saída. Nembargantes, Abadín

convertiu as súas gañas en adiantamentos, nun circuito no que conseguilos é case un milagre, e escalou tres e cinco posicións, sábado e domingo, respectivamente. “Tivemos unha fin de semana complicada, erramos coas reglaxes e non puiden referenciar nas Qualifying os tempos logrados nos

adestramentos libres. Iso sumado a que Montmeló é un circuito complicado para adiantar, fai que calificar sexa importantísimo”, confesaba Abadín tras rematar a derradeira proba da tempada na que se estrenou na Fórmula 2, un curso que considera que foi “de aprendizaxe da categoría, polo



Abadín no boxes de Montmeló.

O ano que vén, Abadín, espera dar máis guerra na Fórmula 2


10

BARRIOS DEPORTIVO 4 de novembro de 2011

FÚTBOL

O Ourense vence e colócase segundo 4 Os de Patxi Salinas lograron a primeira goleada da tempada ao vencer 4-1 ao Vilalonga. R. Torres Nun mes chave para o devir do CD Ourense nesta liga, o comezo do mesmo non puido ser mellor para o conxunto ourensán. Vitoria nas Pontes por 1-2 con goles de Sanginés e Noguerol que fan colocar ao equipo das Burgas na segunda posición da Terceira División. A vitoria nunca estivo en perigo para os de Salinas a pesar do gol local no minuto 13 da segunda metade, despois un balón ao longueiro da portería defendida por Pato, a expulsión de Mattew no tramo final do encontro e pouco máis. Tres puntos que colocan a CD Ourense na segunda posición a catro do inesperado líder, Vilalbés e dous por enriba de Pontevedra, que marcha terceiro. Primeira goleada 48 horas antes, o Ourense recibía en casa ao Vilalonga ao que goleu por 4-1. Os de Salinas tras unha primeira parte mediocre puxéronse as pilas no segundo período e conseguiron gañar o encontro por máis dun gol de diferenza, por primeira vez no que vai de tempa-

da, certo é que coa axuda do visitante Miguel. Cando ían 1-1 no marcador, Eder rematou de cabeza un tiro que foi despexado por Miguel, o que supuxo o penalti e expulsión, corría o minuto 69. Yebra transformou a pena máxima (2-1). A partir dese momento os ourensáns xogaron a pracer e tres minutos máis tarde chegaría o 3-1 obra de Campillo. O fin de festa estaría nas botas de Yebra ao colocar un balón lonxe do alcance de Roberto Pazos. 4-1 e primeira goleada da tempada no estadio do Couto. Ordes, o próximo rival O CD Ourense pode prolongar a racha este mesmo domingo 6 de novembro. A partir das 16.30 horas recibe ao Ordes coa intención de manter a segunda posición na táboa clasificatoria. O Vilalbés visita ao Somozas, o Pontevedra recibe ao Estradense e o Alondras ao Vilalonga. Rexional Preferente Na Rexional Preferente Grupo Sur non lle van ben as cousas aos conxuntos ourensáns. O mellor clasificado é

Campillo marca o segundo gol do Ourense contra o Vilalonga./RAMSÉS. o Barco, sétimo con 17 puntos; o Celanova, 12 con 14 puntos; 15º o Barbadás con 11 puntos. Nas últimas posición están o Verín, antepenúltimo con sete puntos, e pecha a clasificación o CD Ourense B con cinco puntos.

Os xogadores do Ourense celebrando o terceiro gol do partido./RAMSÉS.


BARRIOS DEPORTIVO 4 de novembro de 2011

POLIDEPORTIVO

Sadurniño vence no triangular de voleibol

4 Disputado na Casa da Xuventude. Redacción

Partido do triangular de voleibol. /I. OSORIO

Imparable comezo de liga do Campus Ourense Rugbi

4 Leva tres vitorias nas tres primeiras xornadas. Redacción Os ourensáns asinan un comezo de liga perfecto ao impoñerse con punto bonus nos tres primeiros encontros do ano. O sábado no campo de Monteporreiro en Pontevedra, o primeiro

equipo de Campus Ourense Rugbi impúxose por 0–49 ao Pontevedra RC nun encontro no que os visitantes dominaron na súa maior parte. Sen un gran xogo, os ourensáns foron sumando puntos pouco a pouco ata chegar ao resultado final

Equipo cadete do Campus Ourense Rugbi.

O sábado, 22 de outubro, disputouse no Espazo Xove - Casa da Xuventude de Ourense o primeiro torneo triangular sénior masculino de voleibol que enfrontaba aos equipos de Primeira División CV Ourense e CV Sadurniño e o de 2ª División, o CV Pontevedra. No primeiro dos encontros, Sadurniño-Pontevedra, foron moi superiores (0-49). A nota negativa foi a lesión de Abraham, unha rotura de peroné que o afastará dos terreos de xogo durante toda a tempada. Esta vitoria fai que o Campus Ourense se sitúe na cabeza da táboa de clasificación, empatado a puntos con Vigo RC, que tamén leva pleno de vitorias. O vindeiro domingo o Campus Ourense recibe ao Muralla RC de Lugo. Será ás 17 horas no estadio universitario. Debú con vitoria Os cadetes do Campus

os primeiros ao vencer por un claro 2-0. No segundo entraba en escea o Ourense, que a pesar de facer un bo encontro caía derrotado contra o Sadurniño por 2-1, polo que levarían estes o campionato. No terceiro encontro os ourensáns atoparían un digno rival no Pontevedra pero a vitoria quedaría no bando local por dous sets a un, acadando o subcampionato. Ourense debutaron na competición rexional ante o equipo de Ingleses de Vilagarcía de Arousa con vitoria (24-34). Este encontro servía para averiguar o competitivo que poden ser os ourensáns e a vitoria fai ter bos presaxios de cara a esta tempada. O Campus tivo que remontar un 7-0 en contra para chegar ao descanso con empate a 12. Na segunda metade, de novo tirou de coraxe para remontar o resultado adverso de 24-12 para chegar ata o final co 24-34 e a primeira vitoria para os da cidade das Burgas.

11

O Balonmán Ourense segue gañando 4 Nos catro primeiros partidos de liga leva outras tantas vitorias. Redacción O Club Balonmán Ourense é líder da 2ª Autonómica masculina despois de vencer os catro primeiros partidos de liga; o último fronte ao Tui a domicilio. Tras un inicio igualado, os de Zarra comezaban a estar máis atinados de cara á portería o que lles serviu para chegar cunha cómoda vantaxe ao descanso (11-17). Xa no segundo tempo o encontro non tivo cor e os ourensáns dominaron en todas as facetas do xogo, sendo a arma deste segundo tempo o contragolpe tendo no extremo zurdo, Pablo Vara, ao máximo goleador do encontro con 17 goles. Baixo paos, Diego Marí tamén foi chave na contundencia da vitoria (18-39). Trala quinta xornada, os ourensáns son líderes da clasificación con oito puntos, os mesmos co Culleredo pero estes con peor coeficiente goleador. O Carballiño descansou na quinta xornada e é oitavo con cero puntos. Esta fin de semana o Pabellón Ourense recibe ao Viveiro no anexo dos Remedios ás 19 horas; o Carballiño reciba ao Tui en casa. Indomogal Pabellón O equipo feminino de 1ª Autonómica, o Indomogal

Pabellón, colleitou outra derrota. Nesta ocasión o rival foi o Redondela facéndose co encontro de forma clara ao derrotar ás ourensás por (24-10). A derrota coloca ás pavillonistas na cola da clasificación con cero puntos compartindo lugar co Lalín, equipo co que se enfrontará este sábado, 5 de novembro, no anexo dos Remedios a partir das 20.30 horas. Outras categorías Os xuvenís da 2ª Autonómica caeron contra o Camariñas e reciben nesta xornada ao Teucro. O equipo cadete feminino de División de Honra venceu de forma clara ao Bueu (14-36) o que fai que continuen na terceira posición; esta xornada descansan. O cadete masculino de División de Honra obtivo a súa primeira vitoria da tempada ante un rival direto de cara a salvar a categoría, o Cisne de Pontevedra; agora espera o Teucro. Tanto o equipo masculino como o feminino infantil caeron esta xornada; os rapaces ante o Moaña e as rapazas contra o Bueu.

O equipo sénior do pavillón balonmán de 2ª autonómica é líder con oito puntos


12

BARRIOS DEPORTIVO 4 de novembro de 2011

FÚTBOL SALA

O derbi das

4 Ponte Ourense e Cidade As Burgas tentarán saí

R. T.

Ampi rodeada de tres xogadoras do Femesala Elche. /RAMSÉS

Comeza con mal pé a defensa do título 4 O Ponte xa leva perdidos máis puntos que toda a tempada pasada. R. Torres Mal inicio ligueiro dun Ponte Ourense chamado a ser un dos favoritos na Primeira División a levarse o título e revalidar o conseguido a pasada campaña. A baixa por lesión da internacional Laura Fernández non debería ser motivo para estar na posición na que están, pero a realidade di que son sextas a sete puntos da cabeza. Como punto a favor das pontinas destacar que os encontros perdidos foron fóra de casa contra os dous equipos que marchan de colíderes e os empates contra o terceiro e quinto clasificados, polo que a partir de agora restan unhas xornadas desta primeira volta máis fáciles, a priori, contra equipos de metade da táboa para abaixo.

Vanesa Sotelo xa é xogadora de Ponte Ourense A noticia fíxose esperar, pero a xogadora ourensá ex do Cidade As Burgas, Vanesa Sotelo, xa é xogadora pontina a todos os efectos. Reforzo para un equipo que non empezou o campionato con bo pé e que recorre a Vanesa para saír da mini crise na que está. Despois de meses nos que a xogadora quixo deixar o Cidade a pesar do contrato que a vincula por esta tempada ao equipo franxiverde, os desexos da xogadora cumpríronse e xa está ás ordes de Óscar Vivián para que poida dispoñer dos seus servizos dende esta xornada, a sétima da competición doméstica. Unha baixa sensible para o Cidade e unha cara nova para o Ponte a dunha xo-

gadora que o ano pasado, no seu debut na División de Honra (agora Primeira División) foi unha das máximas goleadoras da categoría. Reciben ao Cidade O Ponte recibe esta xornada ao Cidade, un equipo que está nunha espiral de malos resultados. Aínda que non chegan no seu mellor momento, as de Manolo Codeso crécense á hora de disputar este encontro, como xa o demostraran o ano pasado tendo opcións nos dous encontros de sacar algo positivo ante un Ponte que o gañaba todo. Con Sonia en fóra de xogo, o perigo pasa polas botas de Iria (se está centrada en todo momento) e de Peque, que leva cinco tantos en liga.

Este sábado 5 de novembro, a partir das 17.00 horas, o anexo do pavillón dos Remedios será o escenario para presenciar o derbi ourensán da Primeira División do fútbol sala feminino, entre o Ponte Ourense e o Cidade As Burgas. Tanto Ponte como Cidade chegan a este encontro da oitava xornada de liga coa necesidade de saír da racha negativa na que están inmersos nas últimas xornadas. Sobre o papel, Ponte Ourense parte como favorito, pero o vivido nos dous derbis do ano pasado (3-1 e 0-1 para as pontinas) fan pensar que calquera pode gañar. A chave estará en quen se asente

antes na cancha e perda os nervos primeiro. Tralas primeiras xornadas de liga é difícil aventurarse a un prognóstico, pero se temos en contra o último encontro entre elas, o Ponte venceu claramente na final da Copa Xunta de Galicia (6-0). Se este derbi xa de por si crea moita expectación, nesta ocasión máis aínda se consideramos a situación na clasificación dos dous equipos e a posiblidade de ver debutar a Vanessa Sotelo fronte ao seu ex-equipo, o Cidade As Burgas. Ponte Ourense As xogadoras de Óscar Vivián ocupan a sexta posición con 11 puntos a sete dos primeiros clasificados (Futsi Navalcarnero e Gironella), polo que todo o que non sexa sacar os tres

4 Xornada 8 - 5 de novembro Rubí - Majadahonda U. de Alacante - Valladolid Móstoles - Diamante Logroño Soto del Real - Lacturale Orvina Ponte Ourense - Cidade As Burgas Deportivo Córdoba - Futsi Navalcarnero Burela - Femesala Elche Gironella - Zaragoza

4 Xornada 9 - 12 de novembro Rubí - U. de Alacante Valladolid - Móstoles Diamante Logroño- Soto del Real Lacturale Orvina - Ponte Ourense Cidade As Burgas - Deportivo Córdoba Futsi Navalcarnero - Burela Femesala Elche - Zaragoza Majadahonda- Gironella

Saltaron faíscas no último encontro d puntos neste encontro sería afondar máis na crise pola que atravesan. Dos sete primeiros encontros suman tres vitorias, dous empates e outras tantas derrotas. As vitorias foron contra Majadahonda e Burela a domicilio e contra Zaragoza nos Remedios; os empates Primeira División FSF 7ª xornada Posto Equipo Puntos 1º Atl. de Madrid - 18 2º Gironella - 18 3º Córdoba - 16 4º Móstoles - 15 5º Femesala Elche -13 6º Ponte Ourense - 11 7º Orvina - 10 8º Rubí - 10 9º Burela -9 10º U. de Alacante -9 11º Soto del Real -9 12º Cidade As Burgas -8 13º Valladolid -6 14º Logroño -6 15º Majadahonda -6 16º Zaragoza -0


BARRIOS DEPORTIVO 4 de novembro de 2011

FÚTBOL SALA

urxencias

ír da racha negativa das últimas xornadas.

Mala racha

4 O Cidade As Burgas encadea tres derrotas consecutivas. R. Torres

de liga entre Cidade As Burgas e Ponte Ourense./RAMSÉS fronte a Córdoba e Elche (ambos os dous en casa) e as derrotas nas canchas de Gironella e Futsi (as líderes da competición). O conxunto pontino, a pesar do bo xogo despregado polas súas xogadoras, leva tres xornadas sen gañar (Gironella, Elche e Futsi), perdendo nestas tres xornadas máis puntos que en toda a tempada pasada -tan só cedera un empate e unha derrota-, polo que a necesidade de gañar no derbi ourensán é obrigada nun equipo que por nomes está chamado a ser un dos que loite pola liga no tramo final de campionato. Vivián aínda non pode contar con Laura Fernández, a quen lle queda arredor dun mes para voltar aos terreos de xogo, pero si que pode contar con Vanessa Sotelo, ex do Cidade que podería debutar esta fin de semana contra as súas ex compañeiras.

Cidade As Burgas Se non lle van ben as cousas ao Ponte, ás súas veciñas do Cidade, tampouco lle van ben. Décimosegundas con oito puntos están a tan só dous dos postos de descenso. A tres puntos do Ponte. Sen ter a condición de favoritas neste choque, sí iue unha vitoria devolvería a ilusión a un conxunto que non está dando o mellor de si nos últimos encontros. Para máis males, no derbi non poderán contar con Sonia Pacios por ter que cumprir un partido de sanción ao ver cartón vermello o pasado sábado contra o Soto del Real, ao interceptar intencionadamente o balón coa man en media cancha; baixa moi sensible para Manolo Codeso. O Cidade leva nestas sete xornadas, dúas vitorias, dous empates e tres derrotas. As vitorias foron fóra contra o Rioxa e en casa

fronte ao Valladolid; os empates rexistráronse en casa contra Orvina e fóra contra o Rubí; e as derrotaron o Universidade de Alacante (casa), Móstoles (fóra) e Soto del Real (en casa). O máis negativo destes resultado é que as derrotas tiveron lugar nas tres últimas xornadas dando mostra do mal estado (máis anímico que físico) que atravesa o Cidade, o desparpaxo que tiñan na cancha as Iria, María Arias, Peke e compañia xa non é tal. Os tres puntos que as separan do Ponte pode ser aliciente para tentar dar a sorpresa. Xógase no anexo Ao non se pode utilizar a cancha central dos Remedios, o encontro terá lugar no anexo do pavillón municipal a partir das 17 horas. As dimensión do recinto farán que polo que se prevé de afluencia de público, as bancadas quedarán pequenas para todos os afeccionados que vaian acudir ao encontro de Primeira División de fútbol sala. O anexo converterase na ‘bombonera’ ourensá.

O sábado 5 de novembro, a partir das 17 horas o anexo dos Remedios converterase na ‘bombonera’ ourensán

13

O Cidade As Burgas anda a atravesar unha racha negativas de resultados. Nos tres últimos encontros só coñece a derrota, o último deles en casa contra o Soto del Real, equipo da súa “liga”. Ao principio do partido os dous equipos buscaban sorprender ao rival dando o primeiro golpe Peque para as locais aos catro minutos de partido, pero Laura Jiménez aos dous minutos empataba de novo o encontro. Chili, aos 12 minutos poñía en franquicia ás madrileñas. No último minuto do primeiro tempo, Iria empataría a dous tras rematar a gol un rechace da porteira visitante tras o dobre penalti lanzado por peque. A segunda metade comezaba como a primeira, con alternancia no xogo

sendo Sonia a que adiantaría ao Cidade e dous minutos despois empataría o encontro Pitu. Faltando seis minutos, Chili poñía en vantaxe ao Soto. A partir dese momento, Codeso optou polo xogo de cinco sen éxito. Malas opcións de pase das ourensás facían que recuperaran pronto o balón as madrileñas e crearan perigo a porta baleira. Nun deses roubos, Sonia no medio do campo interceptou coa man o esférico e tivo que abandonar o terreo de xogo por vermella directa, polo que se perde o encontro contra o Ponte Ourense.

de que as pontinas parten como favoritas é certo que nun derbi pode ocurrir calqueira cousa. Con esta premisa afrontan o encontro as de Codeso que queren darlles unha alegría á súa afección. Todo o Ponte é un perigo pero Ampi é unha xogadora que sempre está coa caña a punto, os oito goles en liga así o confirman. O bo comezo de tempada de Drica fai que sexa outro dos perigos do Ponte Ourense, aínda que a baixa de Laura Fernández é moi sensible para as de Óscar Vivián.

Agarda Ponte Ourense Coa necesidade de saír pronto desta racha negativa, o Cidade As Burgas visita ao Ponte Ourense. Sen ser o mellor rival, é certo que o Ponte tamén anda a atravesar un bache de resultados, e a pesar

O Cidade leva perdidos os tres últimos partidos. Só tres puntos separan ao Cidade As Burgas do Ponte Ourense

Sonia eleva o balón diante dunha xogadora do Soto del Real. /RAMSÉS


14

BARRIOS DEPORTIVO 4 de novembro de 2011

ARTES MARCIAIS

O Couto triunfa no Torneo internacional de Taekwondo 4 Os integrantes do ximnasio Couto traen para Ourense 11 medallas. Redacción Celebrouse en Pontevedra o XIV Torneo internacional de taekwondo no que se congregaron uns 800 deportistas de 42 clubs de Galicia, Canarias, Madrid, Asturias, Euskadi, Baleares, Castela e León e Portugal. Entre todos eles estaban os representantes do ximnasio Couto de Ourense. O botín de medallas foi grande logrando un total de 11. Catro ouros, cinco pratas e dous bronces foi o bagaxe final da expedición ourensá a terras pontevedresas.

Participantes do Randori celebrado no Paco Paz.

200 nenos participaron no 12º Randori Internacional de Judo

Integrantes do Ximnasio Couto.

Medallas para os ourensáns en Wushu

Integrantes do Ximnasio Couto.

co foi a máis destacada con dous subcampionatos de España nas modalidades de Formas de Puño e Arma Longa. Por outra banda, David Calviño foi terceiro en Arma Longa en categoría júnior. O outro compoñente ourensán do equipo, Ezequiel Gago, non foi quen de meterse na loita polos metais, polo que terá que esperar unha nova oportunidade no próximo nacional para demostrar que é un dos mellores españois da disciplina. A próxima cita será en xaneiro onde disputarán a fase clasificatoria para o nacional de wushu moderno, que terá lugar en Madrid no mes de marzo e será clasificatorio para o europeo de Estonia no mes de maio.

A Fundación Cipri Gómes, en Megaxove

kickbóxing. Na programación haberá cabida para as clases, as exhibicións, talleres e competicións.

4 Tres metais no nacional de wushu tradicional. R.T. Tres medallas para os ourensáns no Campionato de España de Wushu Tradi-

Redacción Na semana do 5 ao 8 de decembro a Fundación Cipri Gómes participará no Salón do entretemento, o deporte e a cultura Megaxove, que terá lugar en Expourense. Na cita de Expourense estarán presentes uns 1.000 rapaces e uns 150 adultos pertencentes ás 20 escolas

cional nas modalidades de Formas de Wushu e Tai Chi que se disputou en Villaviciosa de Odón, Madrid. A ourensá Natalia Nolas-

deportivas de toda a provincia, así como as súas delegacións de Pontevedra, A Coruña e Lugo. A área deportiva constará dunha zona de 200 metros cadrados de tatami, onde haberá kárate, defensa persoal, hap-kido, aerobic, aero-kickboxing, ximnasia e danza do ventre, e outra zona onde estará situado un ring para as actividades de

Cipri Gomes.

O Paco Paz foi a sede do dudécimo Randori Internacional de judo, actividade que remata de forma oficial a copa Deputación 2011-2012 de judo. O Randori é unha reunión sen carácter competitivo, cuxos obxectivos son estimular a técnica e o aprendizaxe do judo entre os máis cativos, ademais de afianzar os valores de compañerismo, xenerosidade, diversión ou disciplina. Esta edición contou coa participación de 15 equipos galegos e tres de Portugal cun total de 200 judokas. O sistema de competición consistiu na rotación continua de emparellamentos entre equipos. Tres equipos foron os que representaron á nosa cidade, do Marbel e o Judo Club Maristas.

O trofeo Cidade de Ourense trasládase a Vigo 4 Na terceira xornada da Liga Internacional. Redacción Ante a imposibilidade de disputarse o sábado 5 de novembro en Ourense, a terceira xornada da Liga Internacional de Clubes de Judo, “Trofeo Cidade de Ourense”, trasládase ata Vigo, no que será a última das xornadas antes

da fase final. O Marbel, sen opcións de entrar en devandita fase final, participará por última vez nesta novena edición do trofeo ourensán. O obxectivo dos ourensáns é o de rematar o mellor posible esta competición. Os rivais do Marbel nesta ocasión serán o Judo

José Gago presenta o seu libro de Tai chi 4 Nel recolle datos históricos desta arte marcial. Redacción O mestre ourensán de Wushu e Tai Chi, José Gago, vén de presentar no Auditorio de Ourense o seu primeiro libro, “El Autentico Tai Chi de la Familia Yang” do que é coautor co Gran Mestro Fu Sheng Yuan, máximo exponente mundial desta arte. O libro recolle datos históricos fiables desta arte marcial, así como unha pormenorizada ex-

posición dos aspectos filosóficos e técnicos que rixen os seus exercicios. A presentación do libro estivo acompañada dunha charla coloquio no que participou o Gran Mestro Fu Sheng Yuan, máximo expoñente mundial de Tai Chi, o mestre José Gago e o concelleiro de Deportes, Fernando Varela. Curso de tecnificación Ademais, durante estes días celebrarase en Ouren-

Ferrolterra, San Francisco Teo, Avilés A, Universidad Oviedo A e Judo Club Coruña, unha mixtura de rivais de menor nivel xunto con rivais de maior entidade. Tuvasa Valladolid (131) e Arteixo (4-0) lideran as clasificacións masculina e feminina, respectivamente. se o VI Curso Internacional de Tecnificación de Tai Chi onde se reunirán máis de 40 mestres de España e Portugal co obxectivo de profundizar na teoría e práctica do tai chi. O sábado, 5 de novembro, a partir das 12.00 horas no anexo dos Remedios impartirase unha Máster class aberta para todas as persoas que queiran participar nela.

Portada do libro de tai chi.


PUBLICIDADE

BARRIOS DEPORTIVO 4 de novembro de 2011

15


16

BARRIOS DEPORTIVO 4 de novembro de 2011

BALONCESTO

O Pabellón Ourense arrasa ao Valladolid

4 As de Lisardo Rodríguez venceron por 62-34 ás pucelás na segunda xornada de liga. Redacción O Pabellón Ourense estreou o seu casilleiro de vitorias ao vencer por un contundente 62-34 ao Universidad de Valladolid o pasado 29 de outubro e fíxoo do mellor xeito, na casa. Sen agobios e con contundencia, así se paseou pola cancha central dos Remedios o conxunto dirixido por Lisardo Rodríguez ao que un desorientado Valladolid só tratou de plantar cara durante o primeiro período (16-11). No segundo cuarto un parcial de 16-0 demostrou quen mandaba no encontro e o xa claro 32-11 co que se acadaba o descanso aventuraba o que acontecería na segunda metade. E así foi, chegando as ourensás a case dobrar no casilleiro ao seu rival (52-24) nun momento do terceiro cuarto. Pero xa no derradeiro

período o desacerto apoderouse da ambos conxuntos, que apenas anotaron catro puntos cada un. Nembargantes, a ventaxa obtida anteriormente deixou a balanza inclinada cara o cadro local, que non chegou a celebrar de todo esta primeira vitoria por ser obtida contra un rival demasiado débil. Todo o contrario ao Bembibre, líder da categoría e vindeiro oponente do Pabellón Ourense. Antes, o Ensino O primeiro encontro de liga desta nova tempada mediu ás rapazas de Lisardo Rodríguez contra o Ensino lugués, un vello rival coñecido da recentemente desputada Copa Galicia, que, como na competición autonómica, non deixou ningunha opción de vitoria ás ourensás, que foron sempre a remolque nun choque que tivo como única referencia ofensiva do conxunto pavi-

llonista á alero norteamericana Scott, que anotou soa a metade dos puntos obtidos polo seu equipo en todo o encontro. Aínda que nunca deixou de pelexar, o Pabellón Ourense demostrou que aínda non está ao nivel do Durán Maquinaria Ensino, que cuarto a cuarto se mantivo cunha cómoda ventaxa, chegando a superar os 20 puntos de diferencia en varios momentos do partido, e que con xogadoras como Gómez e Navarrete levando a voz cantante setenciou o encontro cun resultado final de 70-51.

O Pabellón visita na terceira xornada ao actual líder do seu grupo, o Bembibre

Imaxe do primeiro encontro do Pabellón Ourense ante os seus seareiros./I.OSORIO

O punto da polémica 4 O Codigalco Carmelitas caeu por un punto ante o Cáceres froito dunha dubidosa xogada. R. Torres “Restan 7 segundos para finalizar o encontro. O marcador sinala 65-69 a favor do Carmelitas. Saca de medio campo o Cáceres e Verónica Sánchez lanza de 3, non anota pero recibe falta de Simmons. Sánchez converte en puntos os dous primeiros tiros libres e erra o terceiro. Rebote en ataque de Tillman e canastra máis tiro adicional que se traduce no 70-69. Falta 1 segundo e 7 décimas. O Codigalco saca de medio campo pero sen posibilidade de anotar. Fin do encontro”. Así relataban dende o club Carmelitas Vedruna os segundos máis decisivos do enfrontamento do seu conxunto sénior contra o Feminino Cáceres o pasado 29 de outubro, que non irían máis aló do lóxico malestar da derrota de non ser pola dubidosa posición da xogadora extremeña Verónica Sánchez cando recibe a falta de Simmons. Posición incorrecta? resultado inxusto? Só o vi-

deo que graba os encontros podería rematar coa polémica, pero segundo aseguran dende o propio equipo ourensán o mesmo non recolle “nin a xogada de Sánchez nin o rebote de ataque que dá lugar á canastra do empate máis ó tiro adicional que deu a vitoria ao conxunto estremeño”. Independientemente do acontecido na cancha do Serrano Macayo de Cáceres (ata o momento sen esclarecer), o resultado final foi 70-69 para as locais logo dun encontro axustado ao que as de Juan Rodríguez saíron, sen dúbida, a gañar, como demostrou o seu primeiro parcial de 2-13. Pero un segundo cuarto no que o Carmelitas estivo moito máis desacertado permitiulle ao Cáceres darlle a volta ao casilleiro e chegar ao descanso cun punto de vantaxe (42-41). Igualdade que continúa durante todo o terceiro cuarto, que remata con empate a 55. O cuarto e decisivo período comezou de cara para o Codigalco que logrou porse ata 6 puntos por diante a 2 minutos para o remate (59-65),

pero os últimos segundos, tal e como contaron dende o propio clube, remataron otorgándolle a vitoria ao conxunto local. O primeiro rival, o Guadalajara O Carmelitas comezou a súa andadura pola Liga Feminina 2 da tempada 20112012 cunha vitoria cómoda ante o seu público (59-47). Pero a pesar de gañar o adestrador, Juan Rodríguez, non se mostraba contento co visto na cancha. As colexialas impuxéronse a un Guadalajara que chegaba ao Vedruna con tan só seis xogadoras e, aínda que non perigou a vitoria en ningún momento, sí que a endeblez das locais fixeron que se achegaran no marcador nalgúns compases do enconto.

O Carmelitas recibe o 5 de novembro, ás 19.15 h, ao ADBA de Avilés, un dos favoritos da categoría


BARRIOS DEPORTIVO 4 de novembro de 2011

BALONCESTO

Nova proba no Paco Paz 4 O COB tentará seguir coa boa imaxe fronte o Barça e olvidar a do último encontro na casa. R.T. Este domingo, 6 de novembro, a partir das 19.00 horas, o Club Ourense Baloncesto ten unha nova cita coa súa afección e tentará facer olvidar o seu último encontro en casa contra o Gandía, no que dera unha moi mala imaxe. Cousa distinta foi na pasada xornada fronte o filial do Barcelona, os de Rubén Domínguez fixeron un moi bo partido con remontada incluída (ían perdendo de 16) para ao final superar ao equipo catalán (que ocupaba a primeira praza da clasificación) polo resultado de 72-77. Webster e Jorge Fernández foron os baluartes da vitoria acadando 15 e 22 de valoración respectivamente, ademais

de Cárdenas quen apareceu en escea cando o COB comezou a súa remontada. O Regal Barcelona era o líder da clasificación ata que se enfrontou aos ourensáns. Actualmente a clasificación está comandada por catro equipos con tres vitorias e unha derrota cada un deles; Aurteneche, Juventut, Barça e o propio COB son os catro líderes da LEB Prata. COB - Tenerife O COB recibe a un Tenerife que ocupa a sétima posición con dúas vitorias e outras tantas derrotas. Para esta xornada a directiva do Club Ourense Baloncesto tomou a decisión de dar por un euro cada entrada, a todo o que chegue co dorsal da San Martiño que terá lugar

polas rúas de Ourense unhas horas antes do encontro do Paco Paz. Outra das actividades para este partido será o concurso de fotos nas que de todas as enviadas elexirase a gañadora. As fotos que teñen que facerse durante o partido terán que enviarse ao correo electrónico: sony@ clubourensebaloncesto.com ABO O ABO comezou a tempada na Liga EBA dun xeito un tanto dubitativo. Nos dous primeiros encontros non foi que de gañar ante o Zamorano e o Universidade de Oviedo. Esta fin de semana o ABO xoga fóra contra o Marín, un difícil encontro contra o líder para comezar a sumar vitorias.

Momento do encontro COB-Gandía no Paco Paz./I.OSORIO

17


18

BARRIOS DEPORTIVO 4 de novembro de 2011

OUTRAS NOVAS

Doblete do Galmédica Ourense Tenis de Mesa

4 Os dous conxuntos ourensáns de tenis de mesa venceron aos representantes de Monteporreiro nas súas correspondentes categorías. Redacción O Galmédica Ourense T.M. de 2ª División Nacional de Tenis de Mesa recibiu o pasado 22 de outubro no Paco Paz ao Monterporreiro de Pontevedra, ao que venceron por 4 a 2, con puntos a cargo de Ramón Becerra (1), Juan Ángel Ferreiro (1) e Emilio Diéguez (2).

Pola súa banda, o Galmédica B tamén fixo os deberes ante o conxunto de Monteporreiro da 2ª División Galega, ao que gañaron por un axustado 4 a 3, logo dun encontro moi desputado, xa que logo de ir perdendo 3-0 os representantes pontevedreses remontaron e fixéronse co empate a 3, deixando a sorte nas mans

do derradeiro patido que finalmente decantou a balanza cara o lado ourensán. Cos puntos de Antonio Gómez (2), Lalo Pérez (1) e Diego Gómez (1) o Galmédica B continúa coa súa racha de vitorias da tempada, logo de facerse cos catro encontros que leva desputados ata o momento na Liga Autonómica, o que o mantén como

líder do seu grupo.

O Galmédica B é líder da Segunda División da Liga Autonómica. O primeiro equipo ocupa a zona tranquila

4 Deporte en Amencer Durante a ponte polo festividade do día de tódolos Santos,a asociación xuvenil Amencer organizou dous torneos deportivos un torneo de baloncesto 3x3 e un triangular de fútbol 7. No torneo de baloncesto 3x3 no que o equipo denominado Tuninos foi quen de levarse a vitoria por diante do Galiza Calidade (segundos) e de Os Primeiros (terceiro). Xogouse en formato liguilla entre os cinco inscritos, descartando ao último para disputar unhas semifinais. Na final os Tuninos deron conta de Galicia Calidade. No concurso de triplas o vencedor foi Víctor López. Disputouse o triangular de fútbol 7 sendo o equipo Mariscos o que se levou o torneo.

Partido de dobres do Galmédica B.

4 Alastrue vence a López en Ourense

Alastrue e López na final da copa Deputación.

O colexio Salesianos acolleu a final da copa Deputación de tenis entre Marta Alastrue, exnúmero 15 do ranking español absoluto e 10 veces campioa galega contra o xoven valor do tenis ourensán, Valeria López, número un ourensá e número tres galega con ta só 14 anos. A final foi gañada por Marta demostrando veteranía e a técnica que se lle atersora fronte á xuventude de Valeria. O resultado final foi de 6-1 e 6-2.

Sobre estas liñas, arriba o torneo de básquet e abaixo o de fútbol 7. /AMENCER


BARRIOS DEPORTIVO 4 de novembro de 2011

BTT / XIMNASIA

Grandes actuacións do Academia Postal - Actyon

26 (9º entre os Sub23). A xornada chegou ao seu fin coa proba dos Master 40, na que Xulio Conde quedou 5º.

4 Burgos e o País Vasco acolleron probas de BTT con participación do equipo macedán.

Ciclocross de Muskiz Sobre un circuíto resbaladizo, Iván Conde acadou a sétima posición tras unha

R.T. Unha expedición do equipo de BTT Academia Postal - Actyon Mérida achegouse ata Burgos para participar no CX Internacional de Medina de Pomar, segunda e definitiva proba do Open Diputación de Burgos onde participaron máis de 400 ciclistas de toda a península. A xornada foi un éxito para o conxunto macedán, que obtivo dous podios. Iván Conde foi terceiro en cadetes masculino e Xiana Conde ocupou o mesmo posto en cadetes feminino. En canto aos demais resultados, en cadetes Iván Conde foi quinto e Rubén García 21º; en Cadetes Fe-

minas, Xiana Conde foi 4ª; en M-40 Xulio Conde foi 9º; en júnior, David Rodríguez 4º, xa se está codeando cos mellores júniors estatais, e Marcos Villar, que reaparecía e participaba na súa primeira proba como junior, 14º; e na proba raíña, a Elite Sub-23 Saúl López quedou de 28, sendo o 11º entre os Sub-23; Iago García non puido rematar a proba por problemas nas costas. Ciclocross Internacional Os xóvenes integrantes do Academia Postal-Actyon-Merida de Maceda volveron a realizar unha gran actuación noutra das probas que veñen de des-

putar. E foi, nada menos, que no Ciclocross Internacional de Karrantza (Euskadi), no que se deron cita o pasado 30 de outubro os mellores especialistas estatais de CX. A pesar dos duros rivais, os ourensán remataron sempre entre os 10 primeiros da súa categoría e con moitas posibilidades de acadar o podio en máis dunha ocasión, o que refrenda o gran nivel da canteira da Escola J.A. Hermida. A cita deu comezo ás 10 da mañá coa carreira de cadetes, categoría na que Xiana e Iván Conde remataron cuartos nas súas respectivas carreiras. Na quenda dos júnior, con David Rodríguez e Marcos

Villar na saída. O primeiro, que saiu dende a primeira liña tivo un pequeno traspés que o atrasou numerosas posicións, pero, pouco a pouco, foi remontando postos ata finalizar a proba de quinto, o que lle permitiu acariñar algún punto no ránking UCI. Pola súa banda, Marcos, que partiu nas últimas posicións, foi escalando postos ata lograr unha gran décimo primeira praza, na que era a súa segunda carreira oficial da categoría. En Sub23, con Saul López e Iago García, que partían en posicións moi atrasadas nun pelotón composto por 90 participantes. Iago rematou de 35 (15º entre os Sub23), mentres que Saul finalizou de

4 As ourensás lograron dúas pratas e dous bronces no campionato galego absoluto de conxuntos. Redacción No pavillón ferrolán da Malata tivo lugar a fase final do Campionato Galego Absoluto de Conxuntos, ao que acudiron os catro equipos ourensáns do Ximnasia Pavillón logrando dúas pratas e dous bronces. O conxunto alevín formado por Candela, Antía, Ana, Eva e María foron

medalla de prata. Mentres que o conxunto infantil formado por Kelly, Laura, Nerea, Sara, Raquel, Andreína e Blanca, foron terceiras. Pola súa banda, o equipo júnior foi subcampeón galego coas ximnastas Sofía, Elena, Lucía, María, Paula e Claudia; e o sénior fíxose coa medalla de bronce, co conxunto formado por Yaiza, Nerea, Andrea,

Sara, Miriam e Antía. Campionato nacional Os catro equipos do Club Ximnasia Pavillón acudirán ao campionato nacional de conxuntos que se celebrará en Zaragoza entre os días 7 e 10 de decembro, o que convirte ao club ourensán no único galego que terá representación no nacional nas catro categorías.

boa carreira mentras que David Rodríguez remataba 14º. En cadete feminino segue coa súa racha e rematou na terceira posición. En Maste 40, Xulio era 9º, e en Sub 23, Saúl López, realizaba una gran carreira, rematando na terceira posición do podio.

Iván Conde nunha das probas de BTT.

Catro podios para o Ximnasia Pavillón

Os catro equipos do Ximnasia Pavillón.

19


20

BARRIOS DEPORTIVO 4 de novembro de 2011

DEPORTES ACUÁTICOS

Máis de 250 participantes nos Xogos de Natación Special Olympics 4 Tiveron lugar na piscina Rosario Dueñas do pavillón dos Remedios. R. Torres

intento”.

Os XV xogos de natación Special Olympics reuniron na piscina Rosario Dueñas de Ourense a máis de 250 nadadores discapacitados de toda Galicia máis unha asociación en representación de Cataluña. En total foron 401 persoas entre atletas, adestradores, voluntarios e organización das 26 asociacións participantes. Antes de dar comezo os xogos, os deportistas destas 26 asociacións participantes desfilaron ante os presentes e un deportista da Asociación As Burgas leu o lema dos deportistas de Special Olympics “Quero gañar, pero se non o consigo, déixame ser valente no

Categorías Os xogos contaron con diversas categorías e niveis en función da idade e da

discapacidade. Así as probas foron as de 25, 50 e 100 metros libres, costas, braza e bolboreta nos niveis I e II tanto masculino como feminino; mentres que as probas

adaptadas para o nivel III se realizaron en distancias de 25 metros libres sen estilo nin flotación (sen elementos de flotación) e 25 metros flotación (con elementos de flotación) tanto masculino como feminino. O premio ás boas condutas recaeu no equipo organizador das Burgas. Special Olympics Catalunya foi a asociación invitada substituíndo á de Madrid que foi a primeira invitada nos pasados xogos de fútbol sala.

Un dos participantes nos XV xogos de natación Special Olympics./RAMSÉS

Laura Pimentel, campioa galega absoluta de longa distancia 4 A nadadora ourensá tamén foi líder no Circuito Galego de Augas Abertas. Redacción

Laura Pimentel na piscina Rosario Dueñas./RAMSÉS

O sábado 29 de outubro desputouse o Campionato Galego de longa distancia na piscina Rías do Sur de Pontevedra, a onde o CN Pabellón Ourense desprazou un total de 11 nadadores para participar en tres categorias: absoluto (3000 metros), júnior(3000 metros) e infantil (2000). Nesta cita a internacional do pavillón Laura Pi-

mentel proclamouse campioa galega absoluta, cun tempo de 34.29, quedando Iria Álvarez en cuarto lugar. Na categoria júnior masculino, o nadador Borja Fernández proclamouse subcampión galego e Ezequiel Quiroga quedou ocupou o 3º posto. Pola súa banda, Ana María Saniso foi cuarta na categoria infantil. Circuito Galego de Augas Abertas Ao finalizar esta proba tivo lugar, ademais, a entrega de trofeos correspondente ao Circuíto Galego de Augas Abertas, no que Laura Pimentel tamén foi a número 1.

Lucía Vázquez, do CN Castrelo, logrou o trofeo Faro de Vigo

4 Foi a primeria alevín galega clasificada no Meeting Pescanova de Optimist. Redacción O equipo infantil de Optimist do C.N. Castrelo de Miño participou a última fin de semana de outubro na mellor regata de Optimist das que se disputan na nosa comunidade, o Meeting Pescanova, enmarcado dentro da Semana do Atlántico no RCN de Vigo. Os sete mellores regatistas do club competiron contra máis de 300 Optimist de 16 países diferentes entre os que se atopaban os mellores deportistas do panorama internacional. A integrante máis nova do conxunto ourensán foi a que mellor resultado cultivou nesta competición, ao conseguir o 4º posto en categoría C (alevín) feminina, sendo, ademais, a primeira galega clasificada, polo que se levou o trofeo Faro de Vigo. Os seus compañeiros tivérono máis difícil nas categorías A (cadete) e B (infantil), sendo a mellor clasificada Águeda Reyes, pero no posto 196 dun total de máis de 250 participantes. Máis adestramentos no mar Os pupilos de Héctor Regueiro comezan así unha tempada na que tratarán de realizar máis adestramentos no mar para poder competir no circuíto gale-

go e chegar ao campionato galego nas mellores condicións posibles. Ao longo destes dous últimos meses foron comezando os adestramentos das diferentes modalidades deportivas do club e actualmente están todas a pleno rendemento. En setembro comezaron as clases na escola de windsurf ,con seis novas incorporacións, e o equipo infantil de Optimist. En outubro fixérono dous grupos máis de vela lixeira e a escola de remo olímpico, sumando un total de 43 deportistas nas diferentes modalidades coas que conta o club Ribeirao. Este é o resultado do traballo das últimas tempadas nas que a Escola de Deportes Náuticos do club conseguiu formar a máis de 1.000 alumnos cada ano. A maioría do alumnado son mulleres Dende o CN Castrelo de Miño destacan que máis da metade dos matriculados nas súas distintas disciplinas son mozas e sobre todo en Optimist (clase infantil na que ambos sexos compiten conxuntamente, sendo un exemplo para outros deportes).

O CN Castrelo imparte formación a preto de 1.000 alumnos ao ano


BARRIOS DEPORTIVO 4 de novembro de 2011

DÍA DA BICI

espazo pechado como é o Posío”, sinalaron en nota de prensa. Agasallos Os regalos que estaba previsto sortear ao remate

21

do percorrido, debido ao problema surxido para entrar no Xardín do Posío, foron finalmente donados ao Centro Educativo de Menores da Xunta en Ourense e ao asilo de anciáns.

O meu primeiro Día da Bici

A dúas rodas por Ourense 4 Milleiros de afeccionados á bicicleta participaron no 27 Día da Bici de Ourense. Ramsés Torres Milleiros de ourensáns sacaron as súas bicis polas rúas (baleiras de coches) de Ourense no 27 Día da Bici. Un ano máis a participación foi todo un éxito e familias enteiras gozaron dun día (que acompañou no que

a metereoloxía refírese) de bici sen preocupacións de automóbiles. A participación foi tal que cando a cabeza da serpe multicor andaba pola cárcere antiga, o pelotón aínda non saíra da Alameda; e decir, os ciclistas ocupaban tramos de Progreso, Marcelo Macías, toda a avenida de Portugal,

parte de Ervedelo e todo Doutor Fleming. Algunhas modificacións no percorrido fixeron que éste non fóra tan duro coma outras veces. Ao remate da proba viviuse a nota negativa cando, a policía local non deixou entrar aos ciclistas no xardín do Posío por ter lugar outra activi-

Algúns ciclistas optaron por participar no Día da Bici disfrazados. /RAMSÉS

dade cultural. O Concello xustifícase O Concello de Ourense quixo transmitir a súa máis expresiva noraboa ós participantes e organizadores do 27 Día da bici, un tipo de iniciativa que “sinala a Ourense como una cidade sostible e saudable, e o seu éxito é un éxito de tódolos cidadáns”, aseguran dende o organismo municipal. Un día totalmente perfecto ata que cando a serpe multicolor de ciclistas chegou ao xardín do Posío (emplazamento previsto para a entrega de trofeos) a Policía Local da cidade impediulles a entrada ao recinto, ao coincidir a esa mesma hora coa celebración do acto cultural “Bela Auria”. Feito que o concello xustificou asegurando que “non prevemos unha afluencia tan masiva de ciclistas, que desaconsellou o seu confinamento nun

Como era a primeira vez que participaba no Día da Bici decidín ser protagonista desde a parte de atrás do pelotón. Cando baixaba hacía a praza de Abastos, vin a cabeza do pelotón que se aproximaba polo que puiden imaxinar cuan longa era esta serpe multico ourensá. O tramo polo centro da cidade foi moi livián ata que chegamos á ponte do Milenio, de alí subimos ata a estación de tren e moitos tiveron que por pé en terra para lograr o ascenso. Despois dunha volta pola ponte chegamos a Curros Enríquez e de alí enfilamos polo Paseo ata a praza Maior. Na rúa Colón o embotellamento fixo que leváramos a bici as nosas costas en vez de ser ela a que nos levara (ben merecía que a pasearamos un rato). Ao chegar ao instituto Otero Pedraio, sen saber a polémica que estaba ocorrendo nas portas do xardín do Posío di por finalizado o meu primeiro Día da Bici e emplaceime ata o ano que vén, non sen antes participar o 6 de novembro na Carreira do San Martiño. Viva o deporte! R.T.

Unha nai participa co seu fillo . /RAMSÉS


22

BARRIOS DEPORTIVO 4 de novembro de 2011

NOVAS

Os xadrecistas ourensáns non defraudaron

4A PREGUNTA

Cres que Club Ourense Baloncesto ascenderá este ano a LEB Ouro? Aínda está aberto o prazo para votar a pregunta que se formula na páxina web www.mundourense.com sobre se este ano o Club Ourense Baloncesto ascenderá á Liga LEB Ouro. Ata o de agora, o 91,7% dos votantes creo que non, por un 8,3% que considera que sí, que este ano regresará a liga na que non se puido manter a pasada tempada. Se queres participar e dúbidas da resposta, aquí dámoste unhas claves para que decidas o teu voto a prol dun ou doutro sentido. SI O Club Ourense Baloncesto é un dos mellores equipo da liga e ten todos os números de ascender, ben sexa quedando primeiro na liga regular, ou gañando o play off de ascenso. O equipo está moi compensado en todas as súas liñas.

NON Esta é unha liga con moitas incógnitas na maioría dos equipos, polo que sorpresas daranse e moitas ao longo da tempada. Hai equipos que demostrarán ter un nivel parexo ao COB. No próximo número do Barrios Deportivo (18 de novembro) daremos os resultado das votacións que están abertas ata o xoves 17 de novembro.

Rubén COB.

Guillandaux,

do

O Ximnasio Estudio A Valenzá, no Campionato galego de kickboxing light contact Redacción Ata o pavillón municipal de Marín (Pontevedra) acudiu unha expedición do Ximnasio Estudio A Valenzá para disputar o campionato galego de kickboxing light contact nas modalidades de light-contact, en distintos pesose categorías; no cal participaron máis de 90 deportistas procedentes de toda Galicia. O Ximnasio Estudio A

Valenzá levou tres deportistas que realizaron un gran papel, conseguindo bos resultados destacando o título autonómico de Francisco Javier Iglesias en -89 quilos. Pola súa banda, Eddie González Fuentes foi subcampión en -74 quilos e o terceiro representante do Ximnasio Estudio A Valenzá, Juan Manuel Casas, rematou en terceira posición en -94 quilos.

4 Bo papel dos da casa no Torneo Internacional de Expourense 2011.

Redacción

O domingo 30 de outubro celebrouse nas instalacións do Recinto Feiral de Expourense unha nova edición do Torneo Internacional de Expourense 2011. Ao redor de trescentos participantes déronse cita nunha xornada onde os xadrecistas orensanos volveron estar nos postos altos. Na categoría sub-8, a vitoria final foi para Martín Gómez (Carmelitas Vedruna). O novo xogador do Club Deportivo Portas, Wayra David Padilla, foi terceiro, cos ourensáns Xurxo Gerpe (Casa dá Xuventude) e César Pérez (Xadrez Ourense) que finalizaron cuarto e quinto, respectivamente. Con esta

vitoria, e a falta dunha proba para que finalice o Circuíto Escolar 2011, Martín Gómez proclámase virtual gañador, por diante de Xurxo Gerpe. A tamén ourensá, Pilar García (Xadrez Loureiro), proclamouse campioa na categoría feminina. En sub-10, brillou o novo xogador santiagués, Martín Pena (USC), mentres que o mellor ourensán desta categoría volveu ser Martín Fernández Carballal, xogador do Casa da Xuventude, que finalizou na oitava posición. Na categoría sub-12, o vigués Pablo Vidal (Lucena) levouse o triunfo por medio punto, seguido na clasificación por tres ourensáns, Gabriel Roma(Xadrez Ourense), Brais Gerpe (Casa da Xuventude) e Anxo Domín-

guez (Casa da Xuventude). Pola súa banda, a campioa de España, Mireya Represa foi quinta. Na categoría sub-14, a vitoria final foise para Vilagarcía, a mans de Xullo Suárez (CX. Fontecarmoa), que se impuxo ao ourensán

Un dos participantes na proba de Expourense./RAMSÉS

Conta atrás para Megaxove

4 O Salón da Xuventude terá lugar en Expourense do 5 ao 8 de decembro. Redacción Expourense rematará o calendario feiral do 2011 coa celebración da duodécima edición de Megaxove, Salón da Xuventude, que dende o 5 ata o 8 de decembro ofrecerá máis de 50 actividades de lecer e deportivas que converterán ao recinto feiral no punto de encontro da mocidade galega durante unha das pontes festivas máis sinaladas do ano e onde se prevé que milleiros de rapaces e rapazas

participarán de forma activa. Potenciando como sempre valores como o compañeirismo, a igualdade ou o traballo en equipo, nesta edición prestarase ademais especial atención á convivencia interxeracional fomentando que os nenos e xoves acudan a Megaxove acompañados das súas familias e realicen actividades xuntos. Para isto, programaranse actividades específicas para todas as idades como poden ser o aerobic, bailes de salón, tai chi ou

Adrián Gómez (Xadrez Ourense). Na categoría cadete venceu David Gómez (Xadrez Ourense). Vitoria que o proclamou automaticamente campión do Circuíto nesta categoría. Martín Arellano e David Vázquez, ambos do Xadrez Ourense, remataron cuarto e quinto respectivamente. A próxima semana desputarase a última proba do Circuíto Escolar 2011, na localidade de Rianxo, onde se porá o broche final a esta competición.

danza do ventre, unha das novidades desta edición. Amplo abano de actividades O deporte volverá a ser un dos grandes protagonistas do Salón da Xuventude, que continuará promocionando as disciplinas minoritarias para contribuír á súa difusión. Pero ademais das deportivas, outras propostas fomentarán a participación activa do público a través de xogos, exhibicións, torneos, obradoiros, etc. Ademais, seguindo a liña

de anos anteriores celebrarase unha nova edición do Cross Megaxove, organizado un ano máis polo clube Ourense Atletismo Academia Postal, a actividade máis consolidada deste salón chegando a reunir a máis de 700 atletas de todas as idades e categorías. Así mesmo, esta iniciativa actúa como plataforma de promoción para que distintas asociacións xuvenís, como é o caso de Amencer ou de Amigos de la Barrera, dean a coñecer o traballo que realizan ao longo de todo o ano. Megaxove, de entrada gratuíta, permanecerá aberto os cinco días de 11:00 a 14:00 horas e de 16:00 a 20:00 horas.


BARRIOS DEPORTIVO 4 de novembro de 2011

ACTUALIDADE

23

Edita: Letras a la Carta S.L. CIF: B-32.323.925. Depósito Legal: OU 185-2009. Redacción: r/ Valle Inclán 25 2º Of. 15 - 32004 Ourense. Tel: 988 239 634. Correo-e: deportes@ourenseporbarrios.com. Distribúe: J Publicidad. Imprime: Publicaciones Tameiga. Director: Ramsés Torres. Director comercial: Miguel Rejo. Redacción e fotografía: Paula Lodeiro, Ramsés Torres, Óscar Blanco. Fotografía: Ramsés Torres, Paula Lodeiro, Alberto Del Río. Colaboracións: Alfonso Vilachá. Nº44- Ano: III - 4 de novembro de 2011 - Difusión: 5.000 exemplares Este periódico non pode ser reproducido nin total nin parcialmente, sen autorización previa da empresa editora Letras a la Carta S.L. Impreso en papel 100% reciclado. Se ten algún problema co reparto, pregámoslle que nolo comunique no teléfono 988 239 634.

4O RINCÓN DO MESTRE

4O BLOG DE SAUDETER

Como previr a tensión (II)

Corrección postural Cada día aumenta máis o interese cara a unha correcta hixiene corporal, en parte porque cada día danse máis casos, desde idades máis temperás, de enfermidades da columna, alteracións vertebrais como a escoliose, a hiperlordose ou a hipercifose, infeccións, traumatismos e os inevitables cambios óseos que ocorren coa idade que derivan en estenose espinal ou en hernias discais. E cal é a razón destas patoloxías? É a forma na que realizamos calquera acción xa sexa no traballo, o deporte ou o lecer, o que nos leva a padecer numerosas doenzas e desamaños; unha consecución de malos hábitos e posturas. Se aos malos hábitos sumamos que cada vez levamos unha vida máis sedentaria con falta de exercicio físico, estamos a agravar o problema. Pasamos máis tempo sentados nas nosas cadeiras de oficina, fronte ao televisor ou en medios de transporte que movéndonos e é precisamente esta posición unha das máis daniñas para a nosa columna vertebral, pois se exerce unha enorme presión interdiscal, o que dana discos e ligamentos lumbares. Pasar moito tempo de pé, durmir en malas posturas, coller obxectos de forma incorrecta, etc. son moitos hábitos ao longo do día

4SABÍAS QUE?

que non só danan a nosa columna vertebral, senón tamén os nosos músculos e articulacións. A capacidade de observar como nos movemos, como actuamos e nos colocamos ao longo do día, en definitiva, coñecer o noso corpo, fainos recoñecer os nosos erros e crear novos hábitos de conduta. É por iso, moi importante desenvolver a concienciación do esquema corporal, traballar técnicas específicas de corrección postural e por medio dunha actividade física terapéutica aumentar a capacidade cardiorrespiratoria. Con ese concreto e amplo obxectivo puxémonos a iso, “APRENDE A CORREXIR E COIDAR A TÚA COSTAS” é o nome da campaña que desde hai un mes aplicamos con todas as nosas alumnas. O método Pilates, deseñado para a rehabilitación, é un sistema de control corporal e mental completo. Cos seus exercicios desenvólvese a forza, o equilibrio, a flexibilidade, a concentración e a respiración o que nos axuda a previr e tratar lesións de costas, dotar á musculatura de elasticidade e resistencia e combater a tensión. As técnicas de quiromasaxe tamén se inclúen no seu programa de actividade física. Nas clases de ximnasia de mantemento ou Pilates, o profesional cualificado faranos chegar as técnicas máis axeitadas para tratar os problemas

Actividades de Saudeter para nenos e adultos. máis comúns como dores musculares de tipo tensional, bloqueo enerxético ou falta de ton. O punto de partida cócese nas salas de formación co profesorado destinado para a posta en práctica, así as premisas son comúns e dirixidas cara a un mesmo obxectivo a pesar da rotación. Baseándose nos mellores métodos como o Pilates, as técnicas de quiromasaxe, a ximnasia preventiva ou a danza. Co obxectivo de que a xente coñeza e coide o seu corpo e desenvolver hábitos de vida saudables da forma máis sinxela e lúdica posible. Aínda que as formas de execución presentan diferentes etiquetas polos tipos de grupos e alumnas é por iso que aparecen mesmo respostas variadas ao es-

tímulo, o resultado aínda en elaboración esperamos que sexa o mesmo para todas. Realizar actividades físicas como o Pilates ou a ximnasia de mantemento baixo o apoio dun profesional, axuda a manter ósos e músculos en equilibrio e así mellorar o fluxo circulatorio, linfático e enerxético; neutralizar dores crónicas reeducándonos para conseguir unha postura sa e con iso gozar dunha mellor saúde en xeral. Vixiar a hixiene postural: conxunto de consellos, normas e actitudes posturais, tanto estáticas como dinámicas, encamiñadas a manter unha correcta aliñación de todo o corpo co fin de evitar posibles lesións.

As maniotas (dor muscular postesforzo) son provocadas por microroturas fibrilares na unión musculo-tendinosa, debidas a un sobreesforzo ou exercicio con prevalencia de contraccións excéntricas (elongación do músculo simultánea á contracción) e non á formación de cristais de ácido láctico, como até hai pouco se cría. As fibras do músculo rompen, ben porque son débiles, ben porque están desentrenadas e non soportan a carga, provocando dor muscular. A percepción da dor débese á aparición dun estímulo nocivo, edema, produtos da resposta inflamatoria, liberación de sustancias químicas, ou o que é máis probable, á combinación de todos estes axentes, chegando ao seu punto álxido entre as 24 e 48 horas postesforzo. Non existe ningún tratamento certo que faga desaparecer as maniotas, pero o máis efectivo é aplicar frío local para paliar a dor. Os remedios populares como a auga con azucre ou o bicarbonato só servirán para rehidratarnos, pero non combaterán a dor muscular nin reestruturarán as fibras. Para evitalas debemos de realizar habitualmente actividade física para non someter aos músculos a esforzos repentinos ou pouco habituais e é fundamental acabar sempre estirando moi ben todos os grupos musculares, entre 15 e 20 segundos.

Como previr e controlar a tensión A prevención e o control da tensión requiren como factor fundamental a disposición do suxeito, para implicarse nun proxecto de vida adecuadamente estruturado que lle permita manterse activo e desenvolver un sistema de actividades que lle posibiliten mellorar o seu benestar e calidade de vida. Devandito proxecto de vida require: - Romper coa inactividade e o estado vexetativo ao que moitas veces se lle condena, e implicarlle en actividades de lecer e goce. - Realizar actividades físicas de acordo á súa idade, ao estado de saúde e dieta equilibrada e apropiada á idade. - Realizar tarefas apropiadas para eles, onde poidan realizarse e que lles fagan sentirse útiles. - Incluír dentro das súas actividades, o contacto coa natureza e o aire libre. O seu osíxeno, as árbores, as cores (verde, azul) son tranquilizantes. - Evitar a soidade. Facilitar a convivencia e participación en grupos, comunidades que sexa un lugar de encontro non só de xente maior senón tamén de mozas, para desta forma non crear barreiras xeracionais, senón máis ben integradoras entre as diferentes etapas polas que atravesa o home. - Controlar e modificar as ideas irracionais por unha visión optimista e positiva. - Practicar diariamente unha ou dúas sesións de relaxación e respiración. Desta maneira serás unha persoa tranquila e atenta. - Tomar baños de augas termais ou en casa un baño, unha ducha. Son compoñentes relaxantes. - Utilizar roupa cómoda e folgada. - Escoitar música suave, melódica e ambiental.

Alfonso Vilachá. Goza da mesma e sentirasche tranquilo e alegre. - Rodearse de persoas alegres e positivas. - Divertirse, aproveitando os momentos de humor, de risa como elementos moi válidos para distenderche e para fortalecer o estado de ánimo. Son bos elementos antiestrés. - Fala dos teus problemas. Ante esta situación conta os teus problemas aos teus amigos e familiares. Poden axudarche a superalos. - Organiza o teu traballo e distribúe o tempo de maneira racional. - Utiliza pensamentos positivos: · Ánimo, adiante. Xa virán tempos mellores. · Estou na vida para gozala. · Cada día síntome mellor. · Son unha persoa capaz e válida. · Non teño medo a nada nin a ninguén, et · Síntome tranquilo, relaxado e seguro. - Dorme tantas horas como che pida o corpo. - Vive sen abafos. Sente pracer nas cousas que fas. - Fóra as présas! - Non loites contra o que non ten remedio. - Non dramatices. - Mira cara adiante. - Os fármacos non eliminan a etioloxía ou causa da tensión. Mesmo poden crear dependencia. Non os tomes sen prescrición médica. - Utilizar a terapia racional. Alfonso Vilachá, profesor de Educación Física e entrenador nacional de fútbol


24

BARRIOS DEPORTIVO 4 de novembro de 2011

3 Novembro 2011 - BD44  

En este número 44 del Barrios Deportivo, el atletismo ocupa un lugar protagonista; el club Esprintes Oourense organizó el reto Destino: Oure...

Read more
Read more
Similar to
Popular now
Just for you