Page 1

A derradeira oportunidade do COB para salvarse páx.11 HÍPICA

O hipódromo de Antela contará con sete días de carreiras. A primeira xornada tivo lugar no Día do Pai

páx.3

RETO SOLIDARIO

páx.8

Antonio Madriñán e Demetrio Álvarez percorren 150 quilómetros no “Oumoving 2011”

LIGA FEMENINA 2

páx.10

Caras opostas de Codigalco Carmelitas e Pabellón Ourense na Liga Feminina 2

Galicia terceira no medalleiro da Copa do Rei de Remo en Castrelo de Miño

páx. 2-3

Número: 31 - Ano: III - 22 de marzo de 2011 - Depósito Legal: OU 185-2009 - Periódico quincenal de distribución gratuíta - www.barriosdeportivo.com BARRIOS DEPORTIVO volve repartirse a partir do 1 de abril. Se quere anunciarse consulte no 685 800 190.




BARRIOS DEPORTIVO 23 de marzo de 2011

ACTUALIDADE

Cataluña, o dominador da Copa do Rei de Remo A defensa do Sergave Ourense en plena acción. /RAMSÉS

O I torneo Cidade de Ourense de balonmán queda na casa

4 O sergave fíxose co torneo logo de vencer os tres partidos que disputou. R. Torres O renovado polideportivo de Oira acolleu a primeira edición do torneo Cidade de Ourense de balonmán de veteráns. Os equipo participantes foron os Balonmán Acaluba de Lugo, o Valle del Nalón de Asturias, o Laciana de León e os anfitrións, o Sergave de Ourense. Logo de dúas xornadas de puro balonmán, o torneo quedou en casa ao vencer o Sergave os tres encontros que disputou no campionato. Seguiron ao equipo ourensán na clasificación o Valle del Nalón, o Aaluba de Lugo e de cuarto rematou os leoneses do laciana que por diversos motivo chegaron á cita ourensá con algunha baixa importante na súa plantilla. O Valle de Nalón contou con xogadores que militaron en equipos importantes do Principado de Asturias

como poden ser Naranco de Oviedo e Vila de Avilés. Os equipo de recén constitución, o Acaluba de Lugo, pola súa banda, tiveron neste torneo unha plataforma para a súa primeira participación, a vindeira campaña na Liga Galega de Veteráns. O Sergave Ourense, a pesar da súa curta historia (un ano), xa conta con

experiencia neste tipo de competicións ademais de xogar a Liga Galega de Veteráns. No mes de xuño participarán nun torneo organizado polo Club Balonmán Deusto de Bilbao. Os integrantes do Sergave son antigos xogadores do equipos ourensáns do Club Pabellón, C.P. Athlos e Viña Costeira.

Un xogador do Sergave Ourense co balón disposto a lanzar a portería. /RAMSÉS

Embarcación de Cataluña do outrigger a 8 con timonel . /RAMSÉS

4 Galicia foi terceira no medalleiro desta proba celebrada no encoro de Castrelo de Miño. R. Torres O encoro de Castrelo de Miño foi o escenario da Copa do Rei de Remo onde os prognósticos fixéronse bos e, Cataluña foi a clara dominadora desta 23ª edición. Non houbo cor e os cataláns non deron opcións aos seus rivais acadando 12 medallas de ouro, 4 de prata e unha de bronce. A segunda posición foi para a comunidade andaluza con dous ouros, oito pratas e tres bronces. O podio completouno Galicia con un ouro, tres pratas e catro bronces. Xa na primeira xornada, Cataluña deixaba claro que

ía ser o dominador absoluto da Copa do Rei de Remo e na primeira das probas (cuatro sin timonel) acadaba o primeiro posto. Tras esta primeira xornada xa levaban cinco medallas todas elas de ouro. A proba de 4 scull foi a única na que os cataláns non conseguirían a medalla de ouro, arrbatada por Canatabria. A segunda posición foi para Galicia e a terceira para Andalucía. En categoría xuvenil, a proba de outrigger a 8 con timonel foi dominada novamente polos catalanes igual que nas probas femininas de 4 scull juvenil, dous sin timonel e na de doble scull. Na última xornada Ca-

taluña volvía a refrendar o seu poderío con seis metais de ouro, catro de prata e un de bronce. As vitorias de Cataluña foron no 4 scull xuvenil masculino, dobre scull feminino e masculino, dobre scull xuvenil feminino, 4 scull absoluto feminino e no 4 sin xuvenil. Os outros ouros da xornada foron para a asturiana Covadonga Echevarría, no catro scull foi valencia a vencedora, en skiff para o tudense Diego das Dores, no dous sin o vencedor foi Andalucía igual que no catro scull masculino. Os cadetes disputaron sete categorías, repartíndose as vitorias Cataluña e Andalucía con dous ouros e un para Galicia, Asturias e Valencia. Proba raíña Como fin de festa a esta 23ª edición da Copa do Rei de Remo, disputouse o


BARRIOS DEPORTIVO 23 de marzo de 2011

ACTUALIDADE



Ourense é tamén terra de cabalos

4 Esquío impúxose na cuarta carreira de Antela. Redacción

outrigger a 8 con timonel, onde como non podía ser doutro xeito, Cataluña faríase co triunfo. En segunda posición entraría Cantabria a menos (despois de 2.000 metros) de tres segundos, e en terceira posición entraría Andalucía. Despois desta proba chegaba a entrega de premios onde unha boa parte dos metais irían a parar ao nordés de Eapaña.

O broche de ouro á competición foi a proba raíña, o 8 con timonel masculino que foi gañado por Cataluña, seguido de Cantabria (a menos de 3 segundos) e Andalucía

O hipódromo de Antela estrenou a tempada 2011 de carreiras de cabalos coa celebración da primeira de sete xornadas que acollerá. Ante unhas bancadas repletas de espectadores deuse o pistoletazo de saída ao sétimo ano no que esta localidade aposta pola hípica, e fíxose do xeito máis especial: reservando unha das probas para os jockeis retirados e que agora só son adestradores. O francés Julien Grosjean foi o único xinete que

fixo doblete, ás rendas de Alternative (na segunda carreira) e de Diamod for Ever (na terceira). As demais probas gañáronas Smasher (co amateur Román Martín), Esquío (coa axuda do checo Vaclav Janácek) e Yira (con Víctor Sánchez como guía). O ourensán Esquío Unha das vitorias máis aplaudidas foi a de Esquío, un exemplar nado en Ourense e co éxito no ADN, xa que é fillo do semental Baptize (que gañou as estadísticas en 2010) e a egua Value For Money, dun criador da zona.

O vencedor da primeira carreira celebrándoo. /RAMSÉS Turno para os veteráns Pero a carreira máis agardada do día foi a derradeira, na que participaron os xinetes máis veteráns que agora son só preparadores. E foi nesta proba na que se viviu a sorpresa da xornada, cando Wolfang se converteu, por primeira vez na súa his-

Rapidez sobre dúas rodas De Vicente venceu na primeira proba do Challenge de Ourense. /RAMSÉS

4 De Vicente, Martínez e Álvarez fixéronse coa terceira Challange Ourense.

Dúas remeiras da expedición do País Vasco. /RAMSÉS

Redacción

de España.

A cidade e provincia de Ourense acolleu a III edición da “Challange Ourense con Outra Mirada”, na que se deron cita os mellores deportistas nacionais, debido a que a proba desputada o domingo puntuou para a Copa

De Vicente, o mellor de 200 A primeira carreira tivo como gañador da categoría master 30 a Francisco de Vicente, do equipo Más Madera Valladolid, que en 1 hora, 27 minutos e 45 segundos percorreu o 66 quilómetros

que comprendían a etapa, e que pasaban por Vistahermosa, Castrelo de Miño, A Carixa e Ribadavia. Dos 200 ciclistas que comezaron a proba 128 remataron abandonando debido ao gran ritmo do pelotón inicial, que chegou a meta cunha ventaxa de 6 segundos respecto aos poucos supervivintes. Nos demais grupos, os vencedores foron: Alejandro Magallanes en sénior, J. Carlos Mirando en máster 40 e Pascual Orengo en master 50.

toria, no cabalo máis rápido en cruzar a liña de meta, e, evidentemente, debeullo á axuda do seu jockei, Jorge Rodríguez, preparador do hipódromo de La Zarzuela con 50 cabalos en adestramento. De novo queda claro que a experiencia é un grado. Copa de España Na segunda xornada, 300 ciclistas tomaron a saída, que computaba para a Copa de España e consistíu en dúas probas distintas, executadas sobre o mesmo percorrido (de 16 quilómetros, con saída e chegada en Taboadela e nun circuito que trascorreu por San Cibrao das Viñas), pero con distinto número de voltas. A primeira das probas tivo lugar ás 9:30 horas cos master 40, 50 e 60 como protagonistas, que, logo de repetir o itinerario catro veces, remataron con Luis Álvarez (do equipo Beniopa) como líder, ao realizar os 56 quilómetro totais en hora e media aproximadamente. Pola súa banda, ás 11:30 foi o turno dos master 30 e sénior, sendo Jorge Martínez (de Castellar Continental) o ciclista que fixo en menos tempo (2.07:09 horas) os 86 quilómetros, seis voltas ao percorrido.




BARRIOS DEPORTIVO 23 de marzo de 2011

TENIS

ENTREVISTA A VALERIA LÓPEZ – Tenista do Universidade de Ourense

Valeria López: “Participo en torneos de categorías superiores á miña, pero esfórzome para facelo o mellor posible” R. Torres Ten tan só 13 anos pero xa é todo un referente no tenis ourensán, Valeria López Pérez naceu en Venezuela o 11 de xuño de 1997 e veu á nosa cidade fai tres anos para militar no Universidade de Ourense , recentemente ascendido a Primeira

División Galega. Campiona provincial en 2009 e 2010, subcampiona da Copa Babolat de Pontevedra e do Master de Castela e León o pasado ano e campiona absoluta do III Torneo Club Tenis Ourense tamén en 2010 (entre outros), esta alevín é todo un exemplo de cómo compaxinar con éxito

Valeria golpeando a pelota. /RAMSÉS

deporte e estudos. Cando comezaches a xogar ao tenis? Valeria López: “Collín unha raqueta por primeira vez con cinco anos, pero desde que fai tres anos viñen a Ourense xa me adico de xeito máis oficial a este deporte”. Cal é o teu obxectivo deportivo para este ano e a longo prazo? V.L.: “Este ano desexo conquistar o maior número posible de torneos nos que participe e xogar cada vez mellor ao tenis. E de cara ao futuro, aínda que non teño claro o que farei, gustaríame chegar a ser profesional”. Cantos adestramentos realizas á semana e en qué consisten? V.L.: “Adestro unha hora e media seis días a semana, centrándome principalmente en aspectos técnicos”. Ata o momento xa levas participado en numerosos campionatos nacionais e internacionais, cales che resultan máis emocionantes? V.L.: “Os Campeonatos Bábolats”. E os máis duros? V.L.: “Sen dúbida, os de categorías superiores á

Esta xove promesa do tenis ten un longo camiño deportivo por diante para acadar todo o que se propoña e incluso chegar a semellarse a o seu gran ídolo, Roger Federer. Sen dubida, con esforzo e traballo seguro que o conseguirá.

Valeria López. /RAMSÉS miña. Aínda que me esforzo ao máximo para facelo o mellor posible”. Deses enfrontamentos contra tenistas maiores, cal recordas de xeito máis especial? V.L.: “O que gañei no Bamio, acá en Ourense, contra Gisela Amor, que é todo un referente galego neste deporte”. Cal é a seguinte cita á que acudirás? V.L.: “Este mesmo mes de marzo participarei no Campionato Galego Junior de Tenis en Pontevedra, no que agardo realizar un bo papel”. En breve participarás tamén no Torneo Juvenil Europa Tenis, como se presenta para ti este reto?

intentando facelo ben”. Como consegues compaxinar os estudos co tenis? V.L.: “É cuestión de organizarse. Eu levoo moi ben, de feito non descoido nin as notas nin o deporte”. E como se están a tomar as túas amizades a túa afección polo tenis? V.L.: “Non teño amigas as que lles guste o tenis tanto como a min, pero todas o entenden e deséxanme moita sorte cada vez que teño un torneo”.

V.L.: “É a primeira vez que participo nun torneo deste tipo, polo que non podo facer moitas predicións. Irei ronda a ronda

Valeria colleu por primeira vez unha raqueta con tan só cinco anos

4 O Galmédica B non da tregua na 3ª División galega Redacción O Galmédica B, de 3ª División Autonómica do Tenis de Mesa enfrontouse ao Cinania-Frigoríficos do Morrazo, na decimoquinta xornada de liga. Decimoquinto partido nesta liga e decimoquinto 7-0 a prol dos ourensáns. Cada xornada que pasa, seguen colleitando récords no tenis

de mesa galego e mantéñense como líderes do grupo sur con 105 partidos gañados dos 105 disputados. Na vindeira fin de semana, concretamente o sábado, 26 de marzo a partir das 17 horas recibe ao AVCD Lavadores A de Vigo, de producirse unha nova vitoria, o Gálmedica acadaría o ascenso matemática á 2ª División Autonómica.


BARRIOS DEPORTIVO 23 de marzo de 2011

NOVAS



Un día de rugbi en Ourense

4 Adestramentos e partidos tiveron lugar na cidade. Redacción

Con outra imaxe Cándido Gómez no seu pimeiro encontro como adestrador do CD Ourense en O Couto. /RAMSÉS

4 Victoria de CD Ourense ante o líder da competición, o Cerceda, no segundo encontro da era Cándido Gómez. R. Torres Xa cambiaran a imaxe no primeiro encontro de Cándido Gómez no banco “rojillo” cando se impuxeron por 0-1 na casa do Negreira, e despois de levar unha volta enteira sen gañar lonxe de O Couto mentres capitaneaba a nave Fonsi Valverde. Agora con Cándido, dúas vitorias en dous partidos. No Couto ademais de dar unha boa imaxe había que volver unir a aficción con xogadores, e xa no primeiro partido post Valverde

a comunión é total, saíndo ovacionado o equipo ao co-

Quintairos nunha clara ocasión contra o Cerceda. /RAMSÉS

Nova derrota do Barbadás Feminino

4 1-2 foi o resultado a pesar de merecer máis as ourensás. Redacción O Barbadás Feminino de fútbol volve a caer nun partido no que as ourensás

cluir o encontro e tras a goleada por catro a cero contra o líder da 3ª División. En rolda de prensa, o exxogador do Compostela cando militaba na 1ª División, Nacho, agora adestrador do Cerceda foi claro ao decir que o Ourense “mereceu a vitoria” mesmo por

mereceron máis premio do acadado. Na primeira parte xa eran as locais claramente superiores ás salmantinas pero o marcador non se

movería nestes primeiros 45 minutos a pesar de que o Barbadás merecía máis premio. Na reanudación, o dominio local ten o seu froito grazas a un gol en propia porta da zaga do Navega, pero seis minutos máis tarde, outro gol en propia porta, nesta ocasión na portería contraria devolvería as táboas no marcador. A partir dese momento o dominio sería visitante sen moito

“un resultado maior do reflectido no marcador”.

o novo campo de rugbi de Ourense xa comeza a ter traballo. Logo de ser inaugurado fai varias semanas tocaba o turno de darlle actividade. un día (o sábado, 12 de marzo) completo de rugbi que comezou pola mañá cun adestramente dirixido polo ex internacional arxentino Latta e no que participaron tanto xogadores do equipo cadete coma do primeiro equipo. Pola tarde, chagou a hora dos encontros; logo da entrega de placas conmemorativas a cargo da concelleira de igualdade, Marta Arribas, aos capitáns dos equipos, xogarían no primeiro partido os veteráns do Campus Ourense contra os do

CRC Pozuelo. A pesar de que o resultado era o de menos, os madrileños, dada a súa experiencia, impuxéronse de xeito claro. Despois chegaría o turno das mulleres. Un combinado de xogadoras ourensás e madrileñas enfrontábanse ao Universidade de Vigo. Despois dun partido igualado, as xogadoras do Universidade de Vigo rompíano na segunda metade grazas ao seu mellor estado físico, levándose deste xeito a vitoria. Tralos partidos houbo, coma sempre despois dos encontros deste deporte. Todos os xogadores gozaron dunha cea dando fin a esta xornada de rugbi celebrada nas novas instalacións deportivas do Campus de Ourense.

Neno con zapatos novos Pola súa banda, Cándido Gómez mostrábase alegre ao finalizar o encontro e declarou que “todo foi moi bonito” en clara alusión ao xogo, ao resultado e aos aplausos dos afeccionados que presenciaron o encontro. O adestrador ourensán confesou que estaba a gozar moito nesta nova etapa na que leva os mandos do primeiro equipo da entidade. O dito, un neno con zapatos novos. Ao cambio de actitude e de xogo do equipo, o “míster” foi claro “esta semana díxenlles que tiñan que revalorizarse”, sentenciou Gómez quen confesou que era un bo día “para cear tranquilo”.

Partido masculino da xornada de rugbi. /ABRAHAM

perigo ata que, a nove minutos para o final, o Navega logra, de vaselina, o gol da vitoria. Ata o final do encontro, o Barbadás buscou con ahínco o empate tendo a moller oportunidade de acadalo na última xogada do encontro, cando nunha falta lateral con todo o equipo volcado ao remate, o balón chega á cabeza de Abi quen, totalmente soa, remata ás mans de Sandra.

Partido do Barbadás na súa casa. /R. TORRES




BARRIOS DEPORTIVO 23 de marzo de 2011

FÚTBOL SALA

Non perden a estela

4 O Ponte Ourense trae de Elche unha importante vitoria para non perder a estela do Móstoles que sumou tres puntos sen xogar. R. Torres Femesala: Mónica, Miriam, Maite, Susana e Noelia (quinteto inicial). Tamén xogaron, Eli, Natalia, Naiara e Laura. Ponte Ourense: Eva, Amparo, Laura, Marta e Sarita (quinteto inicial). Tamén xogaron, Jessy, Bea e Souza. Goles 0-1, min. 2 Sara 0-2, min. 4 Sara 0-3, min. 10 Amparo 0-4, min. 14 Souza 0-5, min. 18 Sara 1-5, min. 24 Laura 1-6, min. 25 Amparo 1-7, min. 39 Amparo O Ponte non cede na súa loita polo título gañando contundentemente contra o Elche por 1-7 con goles, por partida triple das cordobesas Ampi e Sara e un gol de Souza. Con esta vitoria na sempre difícil cancha do Feme-

sala Elche, o Ponte Ourense continúa a súa particular loita contra o Móstoles para saber quen se fai finalmente co campionato ligueiro, competición ésta na que ambalas dúas escuadras dominan claramente. O Ponte sabía que tiña que gañar o encontro para non se distanciar das madrileñas xa que estas non xogaban e sumarían igualmente tres puntos do seu partido contra o Campillos, equipo que se retirou da competición. Aos catro minutos, Sara xa adiantara as ourensanas con dous goles, e no minuto 10, Ampi sumouse á festa goleado marcando o primeiro dos tres que asinaría no encontro. Antes do final desta primeira parte, Souza no 14 e Sara, por terceira vez, porían a manita no marcador nos primeiros 20 minutos. Alternando o xogo de

cinco as ilicitanas, lograrían por mediación de Laura recortar distancias pero foi un puro espellismo; Ampi devolvería os cinco goles de vantaxe das pontinas ao minuto seguinte. A falta dun minuto para o remate da contienda, Ampi selaba a vitoria e poñía o difinitivo 1-7. Tres puntos sen xogar Esta semana o Ponte descansa e sumará os tres puntos do seu partido que tería que disputar contra o Campillos (equipo que renunciou a xogar desde fai varias semanas) polo que lle tocará ás madrileñas do Móstoles sumar os tres puntos se non queren que as ourensás lles empaten a puntos. As líderes teñen unha complicada visita na súa cancha, pois reciben ao Atlético de Madrid Navalcarnero que van de terceiras.

O ponte Ourense non xoga na xornada 23 pero sumará tres puntos do partido que lle tocaba xogar contra o Campillos División de Honra FSF - 11ª xornada Posto Equipo Puntos 1º Móstoles - 64 2º Ponte Ourense - 61 3º Atl. Madrid - 43 4º Burela - 39 5º Diamante Rioja - 36 6º Valladolid - 35 7º Córdoba - 34 8º Zaragoza - 32 9º Elche - 31 10º C. de As Burgas -31 11º Gironella - 28 12º Soto del Real - 21 13º UCAM Murcia - 18 14º Orvina - 17 15º C. de Alcorcón - 14

Ampi controlando o balón diante da porteira do Cidade de Alcorcón. /RAMSÉS

4 Xornada 23 - 26 de marzo

VP Soto del Real - C. Queralt Gironella Burela FS Pescados Rubén - L. CD Orvina Valladolid FSF - Cidade de As Burgas Natudelia.com Zaragoza - Ciudad de Alcorcón Diamante Rioja - Femesala Elche Ponte Ourense - Descansa Móstoles - At. Madrid Navalcarnero UCAM Murcia- Cajasur D. Córdoba

Gran actuación das ourensás no sub 23 4 Caeron en semifinais ante a campioa, Madrid. Redacción

Sara lanzando á portería rival en Os Remedios. /RAMSÉS

A selección galega sub 23 de fútbol sala fixo, que contaba nas súas filas con tres xogadoras do Ponte Ourense e outras tres do Cidade, un gran campionato de seleccións callaron unha grande actuación, chegando ás semifinais onde caeron ante as madrileñas, postreras campioas

do campinato. No primeiro dos encontros enfrontáronse a Cataluña sendo o empate a tres o resultado final e polo tanto o conseguinte reparto de puntos. No segundo dos encontros, o combinado galego deuse un festín a costa de Castela e León (2-11) no que a pontina Ana anotaría seis dos 11 goles do cadro galego. No derradeiro par-


BARRIOS DEPORTIVO 23 de marzo de 2011

FÚTBOL SALA

Casta de gañadoras

4 O Cidade de As Burgas mostra as súas credenciais para ser un dos oito equipos que disputen a Copa de España. R. Torres O Cidade vence en Os Remedios ante un dos seus rivais para entrar na copa de España a final de tempada. A súa vítima foi o Natudelia Zaragoza a que venceu por un contundente 5-1. Estadísticas Cidade de As Burgas: Nati, Peque, Sonia, Iria e

Vanesa (quinteto inicial). Tamén xogaron, María Arias, Figo e Nerea. Natudelia.com Zaragoza: Ana Belén, Bárbara, Sareta, Eva Ortega e Rocío (quinteto inicial). Tamén xogaron, Tina, Lio, Edurne e Diana. Goles 1-0, min. 1 Peque 2-0, min. 15 Vanessa

3-0, min. 16 Iria (penalti) 4-0, min. 25 Sonia 4-1, min. 30 Sareta 5-1, min. 33 Vanessa Con esta vitoria, o Cidade de As Burgas, métese de cheo na loita para a Copa de España. A pesar de que seguen en décima posición, agora están a un solo punto da oitava praza, última que Sonia callou unha grande actuación contra o Zaragoza. RAMSÉS

Sara lanzando á portería rival en Os Remedios. /RAMSÉS

tido de grupos, Galicia foi superior a Andalucía á que bateu por un gol a tres. Con esta vitoria asegurábanse a súa presenza en semifinais onde esperaba a todopoderosa comunidade de Madrid. O partido contra as madrileñas foi moi igualado, as madrileñas adiantaríanse no marcador pero a xogadora do Cidade de As Burgas, Iria anularía a ventaxa. Con este resultado de empate a un gol chegaríase así ata a tanda de penaltis e despois dunha prórroga na que non se movería o marcador. Xa na lotería dos penaltis foi Madrid o que se levou o gato ao auga.

dá dereito a entrar na devandita competición. O conxunto ourensano comezou forte e por iso no primeiro minuto xa ía dominando o encontro por medio de peque, tras un pase de Vanessa. Despois do gol equilibráronse as forzas aínda que, de novo

/

as locais poñían terra de por medio cun gol de Vanessa e un minuto máis tarde, Iria de penalti porían o 3-0 no luminoso, chegando así ao descanso do encontro. Antes do asubío dos árbitros, Sonia aparecía cun tiro moi perigoso que case sorprende a Ana Belén, portei-



ra maña. Na segunda metade, Sonia continuaba coa súa particular exhibición e cunha soberbia vaselina facía o 4-0 para as ourensás. No ecuador da segunda metade, Sareta recortaba distancias para as aragonesas, pero tres minutos máis tarde, Vanessa, cun novo gol na súa conta particular (o segundo do día) deixaba o 5-1 definitivo e tres puntos moi importantes para os intereses das de Manolo Codeso na súa loita por entrar na Copa de España que este ano se disputa a final de tempada en Burela. Esta fin de semana, Cidade de As Burgas visita a un Valladolid que nas últimas semanas perdeu gas debido ás lesións de xogadoras moi importantes do seu equipo.

O Cidade de As Burgas encóntrase a un punto dos postos que dan acceso a disputa da Copa

As xogadoras ourensás que participaron no Campionato Sub 23 de fútbol sala: Lucía, Vanessa e Iria do Cidade e Sara, Marta e Ana do Ponte. /RAMSÉS




BARRIOS DEPORTIVO 23 de marzo de 2011

24 HORAS SOLIDARIAS

O reto máis especial 4 24 horas correndo por unha boa causa. Madriñán e Álvarez Despois de meses preparando este reto, moitas dores de cabeza, moito traballo e moita ilusión, conseguímolo. Sí, logramos sacar do deporte grandes valores, grandes xestos e gran compañeirismo. O reto consistía en correr durante 24 horas nun circuíto polas termas de Ourense, co único propósito de recadar fondos para a fundación Meniños. Para iso, ademais de aos patrocinios, pedímoslle a recoñecidos deportistas que colaborasen connosco para realizar unha poxa solidaria, entre eles atopáronse o F.C Barcelona, o medallista olímpico Samuel Sánchez, Kilian Jornet, José Quella, Ferran Pintor, Alexandra Panayotou, Cristina González, Eva Castro, Julito García, Rosa Fernández, Mónica Aguilera, Pep Sanchez, Toni Payeras, etc. Xa tiñamos un reto, unha causa máis que boa pola que loitar e a axuda dos mellores do mundo do deporte. Só cabía levar todo a bo porto. Levamos a cabo a rolda de prensa e a poxa dos de-

vanditos obxectos, que funcionou moi ben e coa que conseguimos recadar un puñado de euros para quenes máis os merecen, e iso era o importante. Como vos estaredes dando conta estou a falar de “nós”, xa o fago coma se fósemos un só, paro cando digo “nós” quero dicir Demetrio Alvarez e máis eu, xuntos levamos a cabo isto desde o principio, xuntos levamos moitos meses adestrando e competindo, xuntos somos o equipo “Muescas” e xuntos cumprimos os nosos obxectivos. Unha vez superados todos os trámites, só cabía agardar unha gran acollida na cidade de Ourense. Tiñamos o apoio da Conselleria de Deportes e dunha chea de empresas patrocinadoras e agora buscabamos o apoio e a calor da xente. Faltan unhas horas para tomar a saída, foron meses de mitos preparativos e o único que queremos agora é que chegue o momento de correr, ser libres, facer o que nos gusta. A saída está sita nas terrazas do C.C Ponte Vella, alí tamén estará o avituallamiento e a meta. Achegámonos ata alí can-

do faltan 10 minutos para que dea comezo a nosa azaña, hai un grupo considerable de persoas presenciando o acto e unha vintena de atletas dispostos acompañarnos durante os primeiros quilómetros. O día é inmellorable, un pouco fresco pero loce o sol, a compaña é a máis agradable e o circuito un tanto esixente. Entre os que arrancarán conosco está o equipo Esprinters Ourense, que se organizaron para que sempre un deles estea correndo con nós, e detrás de todo o grupo hai un par de voluntarios de protección Civil, que tamén estarán presentes (por turnos, primeiro en bicicleta e logo en moto) durante todo o reto. Van pasando os quilómetros con alegría, uns únense e outros marchan, pero nós seguimos ao noso ritmo. Conversamos con todos, sentimos a calor da xente, esa faísca de vida, esa forza. E gozamos da mestura que estamos logrando entre deporte e solidariedade. Cada volta ao circuíto lévanos pouco máis dunha hora, pero en todas paramos dez minutos para beber, comer, facernos fotos. Isto é unha festa.

Pasan as horas, pasan os quilómetros, os Esprintes van facendo as súas substitucións, vemos a xente como goza dos seus baños termais, outros comen, algúns disfrazados pasean vacilando, outros mírannos con cara de asombro. E así acadamos a media noite. Aínda bastante espabilados, acariñamos case o centenar de quilómetros, aproximadamente o mesmo numero que o de acompañantes que fomos tendo ata ese intre. Co paso das horas, o cansazo comeza a notarse, xa é moita a distancia percorrida, pero a nosa ilusión esta intacta, grazas a cada mostra de agarimo que nos regala a nosa xente.

coxear ou sen dor. Sen embargo, non nos rendemos, a xente anima máis, vai pasando o tempo e estamos a piques de chegar á meta do noso gran reto; esgotados, á vez que felices, alegres e emocionados. E xa nada pode pararnos. Moitas foron as cousas que pasamos, os ánimos que recibimos, os adestramentos que realizamos e as chamadas que fixemos. E agora xa o podo decir: CONSEGUÍMOLO, chegamos a meta, unimos a un pobo, estreitamos lazos humáns e fixemos unha chea de amigos. Demetrio e máis eu conseguimos así superar un record persoal: 150 quiló-

O deporte é para vivilo, para gozar del, e iso foi o que fixemos en todo momento. Non podo rematar, sen facer unha mención especial a aqueles clubes que nos acompañaron: como dicen antes, de xeito permamente correron ao noso lado os membros e Esprinters (que conseguiron así ser o equipo galego que máis distancia cubriu en Galicia), peron non faltaron á cita tampouco Beariz triatlon , Casa da Xuventude , Atletismo Maceda e Ximnástico Cudeiro. A todos os que nos axudaste da maneira que fose e, por suposto, a todos os que participastes, por pouco

Madriñán e Álvarez acompañados na pasarela do Centro Comercial Ponte Vella. /R.T E é que sen iso sería imposible dar un paso máis ao fronte. O ritmo que levamos é bastante bo e tratamos de obrigar ao corpo a beber e tomar líquido porque temos que asegurarnos de dar aguantado ata as o mediodía seguinte. O sono non fai acto de presenza, cousa que é de agradecer, pero o cansazo é grande. Por fin comeza a saír o sol, Demetrio é un titán e non se queixa, pero a min as bochas nos pés non me deixan case dar un paso sen

metros percorridos, 17.132 calorías consumidas e cunha experiencia ás nosas costas cargada de bos recordos. Aínda non asimilamos todo o que aconteceu nese día e, unha vez máis, todo o que aprendemos. Unha desas cousas foi que podemos axudar a alguén cunha iniciativa , co noso esforzo, porque non hai nada neste mundo máis gratificante que axudar ao que tes á beira .

Estes retos son tan especiais porque non se compite, só se busca romper límites, barreiras, e con felicidade e agarimo conséguese , vaia se se consegue .

ou moito tempo que fora, MOITAS GRAZAS por formar agora parte das nosas vidas e por axudarnos a facer deste mundo algo mellor. Grazas a Ourense por apoiar este pequeno gran reto e grazas por facerme sentir orgulloso de vós.

Madriñán e Álvarez percorreron durante as 24 horas 150 quilómetros


BARRIOS DEPORTIVO 23 de marzo de 2011

ATLETISMO

IV 10 Qm Vila de Xinzo, primeira con calor

4 Máis de 500 atletas participaron nos 10 quilómetros de Xinzo de Lima que nesta edición trasladouse ao mes de marzo. Redacción A IV 10 Qm Vila de Xinzo, foi a primeira que se celebrou cun sol de xustiza con motivo de retrasala do mes de xaneiro para o mes de marzo. Esta proba cada vez atrae a máis persoas o que fai que sexa o evento deportivo máis multitudinario da comarca da Limia. Nas catro carreiras programadas durante o día, o número de atletas superou os 500. En categoría cadete, Daniel González (Xinzo) e Cielos Caderno (Ourense) lograron facerse coa vitoria, mentres que os primeiros postos en categoría infantil foron para Pablo Turrado (A Bañe-

za) e Miriam Opazo (Xinzo). A segunda carreira da mañá foi para as categorías benxamín e alevín, con Said Abdon (Xinzo) e Ainhoa Pérez (Os Brancos) como campións benxamíns e Alejandro Selas e María Conde (Xinzo) proclamándose campións en categoría alevín. Ás 11:30 horas e con case 20º de temperatura, deuse a saída á proba absoluta, onde 413 atletas lograron cruzar a liña de meta, despois de percorrer os 10 quilómetros homologados pola RFEA. Daniel Bargiela Araujo (33:08) e Ingrid Rodríguez Vázquez (39:59) foron os campións absolutos, mentres que os premios para os primeiros atletas locais

os lograron Miguel A. Díaz, Francisco Rodríguez e Javier Rivero en categoría masculina e Paqui Souto e Aurora López en categoría feminina. A última carreira foi para os Pitufos, nacidos no 2004 e anos posteriores, na que participaron 55 nenos e

nenas de toda Galicia, moitos deles acompañados dos seus pais, pois o atleta máis novo, Davíd González, procedente de León, tan só contaba con 15 meses de idade. Cambio de data Ata este ano, os 10 Qms.

Os 10 quilómetros de Xinzo ten máis participación cada ano que pasa. /RAMSÉS

Exitosa oitava andaina “Ourense Capital Termal”

4 500 andaríns participaron o 20 de marzo nesta xa tradicional cita. Redacción

Andaríns ao paso por Reza. /RAMSÉS

A soleada xornada do pasado domingo foi o marco da oitava edición da tradicional andaina “Ourense Capital Termal”, que contou nesta ocasión coa participación de cincocentos deportistas na liña de sáida, sita nas Termas de Outariz, ás 9 da mañá. Logo de 29 quilómetros, que trascorreron por toda a

zona termal do Miño e o río Loña, así como polo Castro de Santomé, Cudeiro e Sarédigos, e con chegada de novo en Outariz, 390 andaríns completaron todo o percorrido sen percances. Nesta edición tiveron lugar dous feitos a destacar: un vinculado ao itinerario, xa que por primeira vez introduciuse no mesmo un tramo de camiño aberto con dirección á Lonia; e outro

por unha boa causa, porque tódolos participantes gardaron ao comezo da andaina un minuto de silencio en memoria das vítimas do recente maremoto que sufriu Xapón. Dende a organización, José García-Calvo “Willy” quixo sinalar que cada ano os deportistas que se presentan a esta ruta veñen máis e mellor preparados. E, pola súa banda, o con-



Vila de Xinzo, víñanse celebrando despois das festas de Nadal, pero o calendario federativo propiciou un cambio de data, co que a organización estivo de acordo, co propósito de conseguir un aumento de participación, sobre todo nas carreiras escolares. Este cambio foi ben acollido pola grande maioría de atletas, aínda que algúns decantáronse por manter a data antiga. Por parte da Concellaría de Deportes de Xinzo, a idea de manter esta nova data cobra forza, pois os obxectivos deste ano se cumpriron e solicitarán á Federación Galega de Atletismo que se inclúa no Calendario Autonómico do próximo ano.

Desde a organización da carreira estánse plantexando manter a proba en marzo trala boa acollida da maioría dos atletas celleiro de deportes, Fernando Varela, explicou ao remate da mesma que “é un orgullo para o Concello que esta proba conte con tanta aceptación por parte dos veciños da cidade”. E así o demostran o medio millar de valentes que con todas as súas gañas votaron a andar o pasado domingo.


10

BARRIOS DEPORTIVO 23 de marzo de 2011

BALONCESTO

Os dous lados do oito

4 O Pabellón sumou a súa oitava derrota consecutiva, mentras o Codicalco conseguiu a súa oitava vitoria da tempada. Redacción A situación dos dous conxuntos ourensáns que militan en Liga Feminina 2 segue a ser totalmente oposta. Mentras, por unha banda, o Pabellón caeu o pasado sábado ante o Coelbi Bembibre sen apenas opcións, sumando así a súa oitava derrota consecutiva; o Carmelitas segue a saborear o seu bo momento e venceu ao colista da categoría, o Universidade de Valladolid, por 27 puntos de ventaxa. Segundo, por algo Despois de perder fai

dúas xornadas ante o Aguere canario (3º) por 80-60, o Pabellón Ourense continuou na súa caída libre o pasado sábado e non foi quen de facer nin sequera sombra a outro dos grandes da Liga Feminina 2, o Coelbi Bembibre PDM, segundo na clasificación xeral. Logo dun primeiro cuarto esperanzador, no que as de Lisardo Rodríguez dominaron o encontro e remataron por diante no casilleiro (17-15), as visitantes tomaron impulso e fixeron unha exhibición de baloncesto durante os 30 minutos restantes, con tres parciais

Jones lanzando a canastra. /RAMSÉS

(9-28 / 8-19 e 19-23) que exemplifican á perfección o espectáculo que se puido ver na cancha ourensá. Ante un Pabellón nulo tanto en defensa como en ataque, as leonesas foron gañando ventaxa ata rematar levándose a vitoria baixo o brazo cun contundente 53-85. Ás baixas de Laura Gil e Lucía Méndez por lesión, as pavillonistas sufriron nesta xornada unha actuación menos brillante da base americana Bristol do que nos ten acostumados, que pareceu contaxiar ao resto do conxunto. Nambergantes, hai que sinalar o

gran encontro que desputaron Sthephanie Jones e Pirgit Püü, con 18 e 13 puntos anotados respectivemente. O Carmelitas gaña ata fóra Por segunda vez no que vai de tempada, o Codigalco Carmelitas conseguiu gozar dunha vitoria lonxe do Vedruna. Rotas todas as supersticións unha vez que se fixeron co derbi ourensán tres xornadas atrás no pavillón de Os Remedios, as de Juan Rodríguez poñen en práctica tódalas melloras que experimentaron nos últimos meses tanto na cancha propia como en allea e tanto contra os de abaixo como contra os de arriba. E así o demostraban o sábado 12 cando conseguían que o ADBA de Avilés saíse do Vedruna sen un punto no seu casilleiro de partidos gañados, xa que, aínda que pola mínima (5049) e cun final de infarto, as locais conseguiron doblegar a outro dos veteráns da LF2. Este domingo, ante o pechacancelas da súa categoría, o Universidad de Valladolid, o Codigalco tivo as cousas máis sinxelas e arrasou ao seu rival, sen medo por ser visitante, cun máis que significativo 37-64, grazas, como xa ven sendo habitual, á excelenta actuación da pívot cubana Zuleira Atíes (que con 15 puntos anotados e 21 de valoración se converteu na mellor xogadora do encontro –MVP-). A cuarta vitoria consecutiva (oitava en total e segunda fóra da casa) dun Carmelitas que de continuar coa mesma plantilla a vindeira tempada será un dos conxuntos a ter máis en conta, porque, sen dúbida, a calidade e o bo traballo en equipo que están a desenrolar as actuais colexialas é a chave do éxito de todo o

grupo. Próximos encontros O vindeiro sábado Pabellón e Carmelitas teñen citas dispares, mentras as de Lisardo Rodríguez visitan a un dos rivais que as podería sacar da mala situación que atravesan, o Aros León, décimo primeiro na clasificación xeral; as colexialas voltan ao Vedruna para recibir ao número un da LF2, o Caja Rural Valbusenda (que leva ás súas costas 18 vitorias e tan só 4 derrotas).

Partidos determinantes para ambos conxuntos, que, sen dúbida, lograrán que as ourensás salgan á cancha coa máxima enerxía.

O sábado o Carmelitas mídese na casa co Valbusenda a partir das 19.30 horas e o Pabellón visita a cancha do Aros León

As alevíns do Carmelitas animando no derbi. /RAMSÉS

Mar Ahijado defendendo un ataque do Pabellón. /RAMSÉS

4 O mellor Carmelitas fíxose co derbi ourensán A boa racha que o conxunto dirixido por Juan Rodríguez leva demostrando dende nadal deu os seus froitos, facéndose, de novo, e esta vez en Os Remedios, co derbi ourensán de LF2 (60-70). Pola súa banda, as de Lisardo Rodríguez fixeron presión durante todo o igualado encontro, pero as accións individuais (aínda que moi acertadas) de Püü e Bristol non foron quenes de superar ao excelente xogo colectivo das colexialas, que mediante as sobresaíntes actuacións de Atíes, Oliva e Marsh lograron a súa primeira vitoria do ano como visitantes.


BARRIOS DEPORTIVO 23 de marzo de 2011

BALONCESTO

11

Vencer e por máis de 12

4 As opcións de COB de manter a categoría pasan por vencer ao Alcázar, e por máis de 12 puntos para ter a favor o “basket average”. R. Torres Non corren no Club Ourense Baloncesto como fai dúas semanas e, a pesar de ter moi complicada a súa participación o ano que ven la Liga LEB Ouro o optimismo é a nota dominante no, sobre todo, seu adestrador, que ve como son cada vez máis os xogadores que traballan duro en cada adestramento para salvar ao COB dun descenso seguro facía tan só dúas semanas e que agora tórnase esperanzador. O adestrador do Augas de Sousas, Rafa Sanz, é totalmente consciente da importancia do partido contra o Alcázar de cara á salvación do COB. Segundo Sanz atópanse “nun momento no que o equipo ten optimismo, á vez somos realistas e

sabedores da dificultade que entraña este rival. O noso marxe de erro é máis que mínimo”. Pero á complicada posición que o conxunto ourensán ocupa na liga hai que engadir as grandes cualidades dalgúns dos integrantes do seu oponente, e rival directo, como é o caso de Wachsmann ou Virgil, excelentes reboteadores aos que o cordobés propón afrontar con calma,”non debemos obsesionarnos, nin querer arreglar isto en cinco minutos. Temos que ser perseverantes ao longo de todo o encontro, responsables en defensa, facendo unha boa lectura das súas variacións neste aspecto, e non cometer excesivas pérdidas de balón”. En canto ao “basket average”, 12 puntos que lastran aínda máis ao Augas

de Sousas, é unha preocupación secundaria para o equipo, xa que o realmente imprescindible é gañar o encontro, e para iso precísase un estilo de xogo definido, como o que os ourensáns comezaron a demostrar nas últimas xornadas.”Se fronte ao Alcázar somos capaces de mostrar toda a nosa resistencia e capacidade de superación, o COB aínda non dixo a última palabra no campetición”, sentenza Sanz. E é precisamente con esta esperanza coa que quere que se manteñan os seareiros cobistas, aos que asegura “dame vergoña pedir o apoio na posición que estamos, prefiro que o equipo se gañe o ánimo da xente, e creo que o noso bo traballo nos últimos partidos o está a conseguir”.

Dave Fergerson entrando a canastra no Paco Paz. /RAMSÉS Gañar por máis de 12 vale dobre As contas para a salvación pasan por vencer por máis de 12 puntos de ventaxa. Se o equipo perde, estaría a tres vitorias do Alcázar que serían catro polo “Basket average” e son os encontros que restaría para rematar a liga, descenso seguro; se vencen por menos de 12 puntos, estarían a unha vitoria que serían dous, xa que en caso de empate a vitorias entre os dous

equipos o “BA” estaría do lado dos casteláns. Por iso o único resultado para ter algunha opción de salvación pasa por vencer por máis de 12 puntos, de facelo, o COB aínda estaría a unha vitoria dos de Ciudad Real pero ao acecho e agardando que pinche o Alcázar para empatar a vitorias e nesta ocasión, sí que terían o “BA” a favor e eludirían o descenso directo. Polo que o de gañar por máis de 12 é o único válido para un Club

Ourense Baloncesto se ten poucas posibilidades de non descender directamente, ten como imposible non xogar o play out de descenso; pero iso sería outro cantar.

Mércores, 23 de marzo, a partir das 21 horas no Paco Paz: Club Ourense Baloncesto Adepal Alcázar


12

BARRIOS DEPORTIVO 23 de marzo de 2011

POLIDEPORTIVO

Actuacións estelares do Club Natación Pabellón

4 Os nadadores ourensáns acadaron grandes resultados nos últimos campionatos autonómicos e nacionais nos que participaron. Redacción O Club Natación Pabellón está a vivir un dos seus mellores momentos, como demostran os postos acadados polos seus nadadores nas últimas competicións ás que asistiron. Seis medallas de ouro, dez de prata e nove de bronce foi o balance do Pabellón no Campionato Infantil de Inverno de Ponteareas. Pola súa banda, dous podios completos en 200 mariposa femenino e 100 braza masculino 13 anos da 5ª Xornada Alevín, así como diversos galardóns obtidos na última cita da liga Benxamín e Promesa e no Campionato Infantil de Inverno de Sabadell completan a grande actuación que están a realizar os nosos deportistas. Campionato Infantil de Inverno de Ponteareas Os pasados 5 e 6 de marzo tivo lugar na piscina municipal de Ponteareas o Campeonato Infantil de Inverno, no que o Club Natación Pabellón acadou uns, máis que envexables, resultados, xa que os ourensáns voltaron á cidade das Burgas con seis primeiros postos, dez segundos e nove terceiros ás súas costas. Entre os que acadarón a mellor posición atoparónse Borja González (que foi medalla de ouro en 1.500), Esther Álvarez (campiona galega en 100 costas e 100 bolboreta) e Ecequiel Quiroga (tamén primeiro en 200 bolboreta e 200 e 400 libres). Pola súa banda, lograron medalla de prata Claudia Álvarez (en 100 e 200 costas), Ana Karina Obaya (en 100 braza) e Andrea Sabuz (en 200 braza e 400 estilos), así como os relevos ourensáns en 4x100 libres femininos e 4x200 libres masculinos. Ademais, repetían podio, aínda que esta vez como segundos, Esther Álvarez (en 200 costas) e Borja González (en 400 li-

Billar

Os noveis do billar pisan forte na Copa Deputación

4 Só Francisco Movilla conseguiu colarse entre os xogadores máis novos e facerse co torneo. Redacción

Unha nadadora do CN Pabellón nunha proba celebrada en Ourense. /RAMSÉS bres e 400 estilos). E fixéronse cun envexable terceiro posto Laura Balsa (en 400 libres e 200 estilos), Iago Rodríguez (en 100 costas e 200 libres), José Ángel Regueiro (en 200 costas), Mara Velez (en 200 costas) e os relevos 4x100 libres masculino e 4x100 estilos masculino. De novo, repetía podio Ana Karina Obaya (logrando agora a medalla de bronce en 200 estilos). Por último, cabe sinalar as actuacións de Miguel Pimentel (6º en 1.500), Carlos M. Corral (6º en 100 braza e 200 estilos) e Rubén Rodríguez (4º en 400 estilos). 5ª Xornada Alevín Xa o 12 de marzo o Club Natación Pabellón acudía a Lugo para asistir á quinta xornada da Liga Alevín, na que, unha vez máis, os ourensáns obtiveron unha gran recompensa ao seu esforzo diario: importantes postos na maior parte das probas que desputaron (que nalgúns dos casos se correspondían coas mellores tempos persoais e se converteron en marcas mínimas para o Campionato Galego Alevín de Verán). De feito, chegaron a acadar ata dous podios completos, en 200 bolboreta femenino (con Uxía Gómez, Andrea Bello e Paula Blanco) e 100 braza masculino 13 anos (a conta de Martín Rodríguez, Aleixo Fernández e Pablo Caseiro). Pero tamén lograron situarse nas tres primeiras posicións Martín Rodríguez (medalla de ouro en

200 bolboreta masculino 13 anos), José Moure (prata en 200 bolboreta masculino 12 anos), Nerea Losada (tamén segunda en 100 braza feminina 11 anos), Marcos García (3º en 100 braza masculino 12 anos) e dous dos conxuntos de relevos de 4x100 libres masculinos (que acadaron a primeira e a segunda posición). Liga Benxamín e Promesas Pola tarde do mesmo sábado 12, os nadadores ourensáns voltaron ao seu pavillón para desputar, na piscina Rosario Dueñas, a quinta xornada da Liga Alevín e Promesas, na que tomaron parte un total de 47 deportistas do clube ourensán, que na maioría dos casos, de novo, acadaron resultados que melloraron as súas correspondentes marcas persoais. Na categoría de Promesas foron 13 (catro homes e nove mulleres) os nadadores da nosa cidade que competiron, enfrontándose por primeira vez á proba de 50 metros costas e con grande éxito. Por outra banda, a Liga Benxamín contou nesta ocasión con catro conxuntos participantes: Club Natación Portamiña, Club Fluvial de Lugo, Club Natación Monforte e Club Natación Pabellón Ourense (este último integrado por 34 nadadores – 23 en categoría masculina e 11 en feminina-). Nesta cita destacaron os resultados dos benxamíns Héctor Álvarez e Jacobo

Caride (2º e 3º en 400 libres masculino 11 anos), Noelia Rodríguez (6ª en 50 braza femenino) e o conxunto de relevos de 4x50 estilos masculinos (que logrou a segunda posición). Campionato Infantil de Inverno de Sabadell A última proba á que acudiron os nadadores ourensáns ata o momento foi o XXXI Campionato Infantil de Inverno celebrado do 18 ao 20 de marzo en Sabadell, no que unha vez máis demostraron o seu bo facer obtendo destacables postos, como foi a sétima posición acadada por Ecequiel Quiroga nos 400 libres (coa que obtivo, ademáis, a nova mellor marca provincial de 16 anos). Tamén sobresairon as actuacións de Esther Álvarez (oitava en 100 bolboreta, novena en 100 costas e décimo terceira en 200 libres) e de Borja González (decimo sexto en 1.500 libres e vixésimo en 400 libres). Grandes e merecidos resultados para os nadadores ourensáns que acudirán ás seguinte citas do seu calendario, como non podía ser doutro xeito, co mellor dos ánimos. E a seguinte delas será o Trofeo Promesas del Lérez, que terá lugar o próximo domingo 27 en Pontevedra.

A próxima cita das promesas do CN Pabellón será este domingo en Pontevedra

O Clube de Billar ourensán acolleu a Copa Deputación de Ourense de Snooker, na que se deron cita tanto xogadores veteráns como os máis noveles, sendo precisamente estes últimos os que deron unha lección da calidade coa que chegan pasando tres deles ás semifinais desta competición, só eclipsados por Francisco Movilla, todo un referente do billar na nosa cidade. Para superar os cuartos de final estas xoves promesas tiveron que ir eliminando a grandes expertos do billar. Así o fixo Jacobo Porto, que venceu por un contundente 2-0 a Luis Ferreiro, e José Manuel Rivero que con idéntico resultado eliminaba a José González Rúa; mentras Adrián Piñeiro facía o propio con Pablo García impóndose por un 2-1. Semifinais A primeira semifinal foi protagonizada polos dous

noveles Adrián Piñeiro e José Manuel Rivero, que logo dun igualado enfrontamento, no que Piñeiro se fixo co primeiro frame, foi finalmente Rivero o que lle deu a volta ao casilleiro impóndose por 2-1. Na outra semifinal era o xove Jacobo Porto o que se vía as caras co veterán Movilla e a pesar de que non lle puxo as cousas nada sinxelas, ao final venceu a experiencia por un contundente 2-0. Gran final O derradeiro enfrontamento do torneo, do que sairía o gran vencedor, comezou con diversos erros de Rivero e Movilla debido á presión. Pero o veterán soubo aproveitar os despistes do seu rival e rematou impóndose nos tres frames, acadando así a vitoria nesta edición da Copa Deputación, que por primeira vez se desputaba na modalidade Snooker, moi de moda actualmente ao ser retransmitida polas canles deportivas de televisión máis importantes de toda Europa.

O Club de Billar Ourensán acolleu a Copa Deputación.


BARRIOS DEPORTIVO 23 de marzo de 2011

ENTREVISTA

13

Defendendo as nosas cores

4 Laura Fernández Redondo leva tres anos defendendo as cores do Ponte Ourense, equipo ao que chegou procedente de Madrid despois de querer cambiar de aires e grazas ao proxecto que lle plantexaban no equipo ourensán. R. Torres Madrileña, de 27 anos e actualmente nas filas dun dos mellares equipos da División de Honra de fútbol sala, o Ponte Ourense, Laura Fernández Redondo aceptou fai tres anos vir á nosa cidade por dous motivos distintos: era unha gran oportunidade deportiva para ela e permitíalles, ademais, cambiar de aires. Toda unha mundourensá de renome que ademais de defender con paixón as cores do clube pontino fai o propio coas da nosa Selección Española de Fútbol Sala, sendo na actualidade unha das mellores xogadoras a nivel nacional.

Desde cando estás no Ponte Ourense? Laura Fernández: “Levo tres anos no Ponte Ourense”. Que te motivou a aceptar a oferta do Ponte? L.F.: “Pareceume un bo proxecto deportivo o que me plantexaban. Ademais, tamén quería cambiar de aires e coñecer cousas novas”. Cantas internacionalidades levas coa selección española? Que sintes ao vestir a elástica de España? L.F.: “Debutei con 19 anos e tan só perdínme dúas citas por lesión” >> “Para min é un orgullo representar ao país e ser recoñecida como unha

das mellares xogadoras de fútbol sala. Que conte o adestrador contigo é unha satisfacción”. Despois destes anos xogando por non descender e sen maior obxectivo que o entrar na fase final da Copa da Raíña, chega este ano e todo cambia. Qué diferencia hai con respecto a outros anos? L.F.: “O equipo, grazas ás fichaxes e a base que tiñamos de antes é moi competitivo. Xa estamos clasificados para a Copa e loitaremos ata o final pola liga”. Está claro que a loita polo título ligueiro vai a ser entre Móstoles e vosoutras. Cres que ides ser

Laura Fernández Redondo regateando a dúas rivais en Os Remedios. /RAMSÉS

as campionas? L.F.: “Espero que sexa así, pero calquera dos dous conxuntos pode pinchar; cada partido é un mundo. O que temos que facer é respectar a todos os rivais. Pola diferenza de puntos o campionato estará entre Ponte e Móstoles”. O partido de Os Remedios contra Móstoles, será chave para decidir ao gañador do campionato? Sairá o gañador deste partido? L.F.: “Será moi importante, pero non definitivo por que, como xa comentei, podemos pinchar en calqueira momento os dous conxuntos. Está claro que si gañamos podríamos empatar a puntos e se o facemos por dous goles, estando como estamos agora, colocaríamonos como líderes”. Levades 19 victorias, un empate e unha derrota, esperábades ter este rendemento? L.F.: “A verdade é que é impresionante. As boas fichaxes do club fixeron que levemos este rendemento”. Aunque queda moito para la Copa, con qué aspiraciones iredes? L.F.: “Coa aspiración de gañar. Non vale ir soamente a xogar; iremos a pola Copa”.

Laura Fernández Redondo, xogadora do Ponte Ourense FSF. /RAMSÉS

Máis persoal 4Laura Fernández Redondo naceu o 1 de xullo do 83 en Madrid e leva dende os 9 anos xogando ao fútbol sala. 4Co dorsal número 9 e a miúdo como peche Laura milita actualmente no Ponte Ourense logo de facelo noutros dous importantes conxuntos españois de fútbol sala feminino, o Futsi e o Móstoles, ambos procedentes da súa rexión natal. 4Esta madrileña, á que lle encanta a cor branca e os ovos fritidos con patacas, demostra a diario que calquera sino é o lugar perfecto para escaparse sempre que sexa na boa compaña do seus amigos e familia.


14

BARRIOS DEPORTIVO 23 de marzo de 2011

NOVAS

Laura Valdés, na final nacional Junior de Judo

4 A deportista do Marbel fíxose co bronce do Sector Oeste do Campionato de España. Redacción A ourensá Laura Valdés, judoka da categoría junior do Ximnasio Marbel, logrou o pasado 20 de marzo un resultado histórico: a medalla de bronce do Sector Oeste do Campionato de España Junior e sub 20 de Judo, que a clasifica para a Fase Final do mesmo, despois de 36 anos sen que ningún deportista ourensán acadase o derradeiro encontro dun torneo nacional desta disciplina. Logo de superar diversas lesións nos seus ombreiros, Valdés cumpliu con creces as expectativas previstas para a súa actuación neste Campionato de España, no que rematou terceira na categoría de –52kilos (por de-

trás da tamén galega Tecla Cadilla e da representante de Asturias Jie Yin Xia), unha posición que, xunto ao bronce tamén acadado no torneo autonómico, motivou que a Federación Galega decidise otorgarlle o dereito a asistir á gran final xunto a outros 25 deportistas. Ourense non tiña representación na derradeira fase de ningunha proba estatal dende que en 1975 María Jesús González Gómez “Tutusa” lograse a medalla de prata na categoría de -54 kilos na edición de Córdoba. Copa Deputación O pasado 12 de marzo o Pazo dos Deportes Paco Paz acolleu a primeira das catro

xornadas da Copa Deputación de Judo 2011, unha competición que congregou a 50 rapaces de toda a provincia de entre 16 e 18 anos (categorías benxamín e xuvenil) dentro da modalidade Open (que permite a participación de xoves de ambos sexos). Sendo esta a primeira experiencia competitiva para os máis novos deles. Laura Cao, Pablo Marcos, Sara Mojón, Sabela Blanco e Alba García, en categoría benxamín; Iago Fernández, Iria Ollero e Andrea González Lobo, en infantil; e Guillermo Otero en cadete/ júnior foron os deportistas máis destacados desta primeira cita; as tres restantes terán lugar antes de que remate xuño.

José Ramón Lete Lasa xunto a parte da directiva do Club de Tiro Eiroás./P.LODEIRO

Visita ás instalacións de Eiroás 4 Do secretario xeral para o Deporte. P.L.

tiro que se practican nas instalacións do club. Nesta xornada tan só se disputaba en Eiroás o clasificatorio para o Campionato Autonómico de 3x40, acadando o tirador ourensán Jorge Encinas unha puntuación de 1.127 puntos, a dous puntos do récord galego.

Próximas tiradas O próximo día 27 terá lugar a tirada correspondente á 4ª Copa Cidade das Burgas nas modalidades de carabina lixeira, carabina match e pistola libre. Abril comeza coa Copa Deputación de armas neumáticas, os días 1 e 3.

Kickboxing en Verín

Kg, -70 Kg, -65 Kg e -60 Kg). Entre as finais os preto de 600 asistentes pudieron gozar de varias exhibicións de nenos das escolas do Ximnasio Arco, organizador da proba, así como de dúas actuacións do competidor local de Wu-shu José Manuel Ferreira (unha a man vacía e outra con pao de competición).

José Ramón Lete Lasa, secretario xeral para o Deporte da Xunta, realizou este domingo 20 de marzo unha visita ao Club de Tiro Eiroas, onde puido coñecer de primeira man todas as modalidades de

4 A localidade ourensá acolleu o XVI Campionato galego de Kickboxing. Redacción

Laura Valdés, a segunda pola dereita, no segundo caixón do podio.

O 5 e 6 de marzo o pavillón municipal de Verín foi o escenario do Campionato Galego de Kickboxing 2011, proba que trascorreu ó longo da noite e parte da madrugada, e da que saíron os clasificados para o vindeiro Campionato de España desta discipliña deportiva. As loitas, que tiveron lugar a partir das 22 horas, consistiron nunha serie de 12 finais en diferentes

modalidades (full-contact, kick-low e koshiki) e en varias categorías (+90 Kg, -90Kg, -85 Kg, -80 Kg, -75

Un combate de kickboxing celebrado en Verín.


BARRIOS DEPORTIVO 23 de marzo de 2011

NOVAS

15

Edita: Letras a la Carta S.L. CIF: B-32.323.925. Depósito Legal: OU 185-2009. Redacción: r/ Valle Inclán 25 2º Of. 15 - 32004 Ourense. Tel: 988 239 634. Correo-e: deportes@ourenseporbarrios.com. Distribúe: J Publicidad. Imprime: PublicacionesTameiga. Director: Ramsés Torres. Director comercial: Miguel Rejo. Redacción e fotografía: Paula Lodeiro, Ramsés Torres, Óscar Blanco. Fotografía: Ramsés Torres, Paula Lodeiro, Alberto Del Río. Colaboracións: Alfonso Vilachá. Nº31 - Ano: III - 23 de marzo 2010 - Difusión: 5.000 exemplares Este periódico non pode ser reproducido nin total nin parcialmente, sen autorización previa da empresa editora Letras a la Carta S.L. Impreso en papel 100% reciclado. Se ten algún problema co reparto, pregámoslle que nolo comunique no teléfono 988 239 634.

Inicio da tempada de pesca

4O RINCÓN DO MESTRE

Os efectos positivos e beneficiosos da relaxación mental (III) I Exercicio: contar men-

talmente - En posición cómoda e tranquila pechamos os ollos. - Repetir mentalmente, estou tranquilo, estou en calma, estou en paz. - Todo o meu organismo está frouxo e relaxado. - Respiro tranquilo e profundo, noto como os meus pulmóns énchense de aire. - Inspiro profundamente e reteño a respiración uns momentos. - Expulso o aire e sinto como o meu corpo se sosiega cada vez máis. - Fago outra espiración profunda e reteño o aire durante uns momentos. - Experimento unha sensación agradable no meu organismo. - Todo funciona perfectamente no meu organismo. - Agora neste estado de satisfacción e relaxación, empezo a contar mentalmente e de maneira lenta do un ao cincuenta. - Logo regresamos contando mentalmente do 50 ao un. - Para saír ou terminar deste estado agradable, fágoo contando lentamente do dez ao cero. - Ao abrir os ollos experimento un estado de paz, tranquilidade e benestar. - Cada día incrementamos os números. Realizar o exercicio dúas veces ao día. II exercicio: inspirar e expirar - Póñome cómodo e relaxado. - Repito mentalmente, estou tranquilo, estou en calma, estou en paz. - Síntome sumamente tranquilo. - Neste estado de calma e benestar empezo a contar mentalmente e de maneira lenta as respiracións. - Conto un ao inspirar, dous ao expirar, tres ao inhalar e catro ao expirar e así sucesivamente até chegar a dez. - Empezamos con dúas repeticións e cada día incrementamos a duración de inspiracións e espiracións. - Para saír deste estado distendido e agradable conto do cinco ao cero. - Ao abrir os ollos noto unha sensación agradable e de benestar. - Realizar o exercicio dúas veces ao día. - Empezamos con dúas repeticións e cada día incre-

mentamos a duración de inspiracións e espiraciones III exercicio: camiño da praia - Adopto unha posición máis cómoda e pecho os ollos. - Durante uns segundos inspiro e expiro de maneira profunda e silenciosa, enchendo a miña mente de calma e tranquilidade. - Sinto como en cada inspiración estou a encher o meu organismo de calma, tranquilidade, harmonía, benestar. - Noto en cada espiración estou espulsando ansiedade, nerviosismo, pensamentos negativos. - É un día caloroso e agradable de verán. - Comezo a descender por un camiño que desemboca na praia. - Sinto como unha agradable brisa refresca a miña fronte. - Noto como os pés afúndense lixeiramente na area quente, é unha sensación moi agradable. - Todo é calma e tranquilidade. - Abro a miña hamaca, sento e desde ela observo o horizonte, o azul do mar e do ceo. - Percibo os cheiros do mar. - Escoito o son do vento. - O azul do mar e do ceo reláxanme, me sosiegan, tranquilízanme. - Vexo gaivotas voando sobre a auga, xente que pasea pola beira do mar. Estou tranquilo e relaxado. - A calma e a tranquilidade invaden o meu corpo. - Soa a sirena dalgún barco que regresa da súa faena. - Escoito o son agradable das ondas. - Sinto a relaxación e a calma. - Levántome, me zambullo na auga, gozo nadando, o meu corpo está moi fresco. - Regreso á miña hamaca e sento. - Agora, aos poucos saio deste marabilloso mundo contando do dez ao cero. Abro os ollos e sinto unha plena e total satisfacción. - Repetir o exercicio dúas veces ao día. Alfonso Vilachá, profesor de Educación Física e entrenador nacional de fútbol

Redacción

O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, xunto á presidenta do Club Galicia Calidade Hockei de Ourense, Dolores Mosquera./PAULA LODEIRO.

Agasallo e derrota 4 O Ourense Galicia Calidade perde contra o San Pablo Valdeluz 51 o día que a Xunta faille entrega dunha furgoneta. Redacción O Ourense Galicia Calidade volveu a perder na segunda fase da División de Honra do hoquei herba contra o San Pablo Valdeluz 51 de Madrid por 0-4. Con esta derrota as ourensás sitúanse con tan só dous puntos (sendos empates) en sete partidos, ocupando a última praza do grupo. A vindeira xornada disputatarase o 3 abril e, o Ourense visitará o campo de o Junior. A clasificación está comanda polo At. Terrassa con 12 puntos, con 11 encóntrase o Alcalá. O equipo ourensán do

Caldaria Barrocás descansou esta fin de semana da competición e volve a xogar o domingo, 27 de marzo contra o Universidade de Sevilla, no campo de Mariñamansa; o encontro terá lugar a partir das 11 horas. O cadro barroco ocupa a sexta praza da clasificación con nove puntos, mentras que o Sevilla é o pechacancelas con tans ó un punto. Por outra banda, o Caldaria Barrocás xuvenil proclamouse campión e subcampión galego cos dous equipo que estaban disputando o campionato. Na 1ª División, o Apóstol continúa intratable no campionato con 16 puntos de

Un momento do encontro entre o Galicia Calidade e o San Pablo Valdeluz 51./PAULA LODEIRO.

16 posibles. Este sábado, 26 de marzo Mariñamansa acolle os encontros Albor - Caixanova, Cidade de Ourense - Apóstol e Barrocás - Calro y Fuego Cudeiro. A partir das 16 horas.

4 Entrega dunha furgoneta O secretario xeral para o Deporte da Xunta, José Ramón Lete Lasa, fixo entrega dunha furgoneta subvencionada pola Xunta de Galicia ao Club Galicia Calidade Hockei de Ourense, durante o descanso do partido entre o Ourense Galicia Calidade e o San Pablo Valdeluz 51 de Madrid, correspondente á División de Honra Feminina que se celebrou no campo de Mariñamansa. A furgoneta que recibiu o Club de Hockei de Ourense foi subvencionada con preto de 20.000 euros pola Secretaría Xeral para o Deporte ao abeiro da orde de axudas ás entidades deportivas do ano 2010, no marco da estratexia da Xunta de Galicia de apoiar o deporte de base e contribuír ao desenvolvemento das actividades dos clubes.

Na primeira xornada de pesca da tempada en Galicia, o domingo 20 de marzo, cubríronse a totalidade dos permisos nos diferentes coutos, segundo puido constatar a Dirección Xeral de Conservación da Natureza da Consellería do Medio Rural. O arranque da campaña na nosa Comunidade desenvolveuse sen incidencias salientables, e a elevada afluencia de afeccionados viuse favorecida polas boas condicións meteorolóxicas. As augas dos ríos discorreron en xeral claras e un chisco frías, con caudais de nivel medio ou un pouco baixo na meirande parte da nosa Comunidade Autónoma. Cebos Os cebos mais empregados volveron ser a miñoca (entre os naturais) e a culleiriña (nos artificiais), sendo este último engado o que deu mellores resultados, tendo en conta a limpeza das augas e o despexado que se presentou o día. A mosca seca e a afogada, malia que durante o día quentou o sol, tiveron pouco éxito, porque as pintonas non se moveron en superficie. O promedio de capturas foi en xeral baixo. En Ourense, no couto de Ponteliñares houbo quen fixo o cupo con troitas que mediron entre os 23 e os 42 centímetros. Foron contadas as incidencias rexistradas, relacionadas normalmente con algún exceso puntual de cupo ou por capturas de talla inferior á reglamentaria. Entre os pescadores a valoración da xornada foi en xeral boa en canto á climatoloxía, pero non tanto polo nivel das capturas, que foi considerado baixo, en liñas xerais.


BARRIOS DEPORTIVO 23 de marzo de 2011

22 Marzo 2011 - Nº 31  

No número 31 do Barrios Deportivo fixémonos eco da primeira carreira de cabalos do ano no hipódromo de Sandiás que contou cun gran número de...