Page 1

[ Páx. 7]

O COB aseguraríase entrar no playoff se vence ao Palencia XIMNASIA

Páx.2-3

Chega o VI Torneo internacional “Vila de Ribadavia”

ATLETISMO

Páx.6

O Vinteún acolle a primeira carreira do “Correndo x Ourense”

FÚTBOL SALA

Páx.9 KUNG FU

O Sala Ourense vence no último partido da tempada como local

Páx.14 TENIS DE MESA Páx.15

Este sábado nos Remedios, o galego de kung fu moderno

O Galmédica Ourense ascende a Segunda división nacional

[Páx. 8]

Chega o derbi

[Páx. 12]

Brillante tempada

[Páx. 11]

Sen Liga

Encontro do Campus Rugby contra Uribealdea. // Cidade e Envialia mídense o 22 de abril. // A UD Ourense despídese da Liga ao perder diante de Bande. /RAMSÉS.

Número: 157- Ano: IX -12 de abril de 2017 - Depósito Legal: OU 185-2009 - Periódico quincenal de distribución gratuíta - www.periodicobarrios.com BARRIOS DEPORTIVO volve repartirse a partir do 28 de abril. Se quere anunciarse consulte no 685 800 190.




Barrios DEPORTIVO 12 de abril de 2017

AXENDA / ACTUALIDADE

4 Axenda deportiva Fútbol

- Día 13 de abril. Os Carrís -17:00 horas-. Barbadás Alondras. 3ª División. - Día 13 de abril. Outeiro -17:00 horas-. Bande - UD Ourense. Copa Deputación. - Día 23 de abril. Calabagueiros. CD Barco - Ordes. 3ª División. - Día 23 de abril. Antonio González. Polígono - Valadares. Rexional Preferente. - Día 23 de abril. José Arjiz. Verín - Sanxenxo. Rexional Preferente. - Día 23 de abril. A Tella. Nogueira - Arenteiro. Rexional Preferente. - Día 23 de abril. As Escolas (A Manchica). A Manchica - UD Ourense. Primeira Galicia. - Día 30 de abril. O Couto. Ourense C.F. - Erizana. Rexional Preferente. - Día 30 de abril. Espiñedo. Arenteiro - Verín. Rexional Preferente. - Día 30 de abril. O Couto. UD Ourense - Ribeiro. 1ª Galicia. - Día 30 de abril. Velle. UD Ourense - Portonovo. 1ª Galicia feminina.

Baloncesto

- Día 12 de abril. Paco Paz - 19 h-. COB Ourense Provincia Termal - Palencia. LEB Ouro. Día 15 de abril. Salesianos -10:30 h- VI torneo de minibasket Don Bosco. - Día 22 de abril. Carmelitas - 20 h-. Gadasa Carmelitas - Neumáticos Sarria. 1ª Autonómica Galicia. - Día 28 de abril. Paco Paz - 21 h-. COB Ourense Provincia Termal - Breogán de Lugo. LEB Ouro. - Día 29 de abril. Campus de Ourense - 16 h-. Campus Ourense - Maristas Coruña. 1ª Autonómica Galicia. - Día 29 de abril. Paco Paz - 19 h -. COB B - Santo Domingo Betanzos. Liga EBA.

Atletismo

- Día 23 de abril. O Vinteún -12 horas- Circuíto de carreiras populares “Correndo por Ourense”. - Día 30 de abril. Ourense (rúa do Paseo) -a partir das 12:00 h-. I milla urbana solidaria.

Fútbol sala

- Día 22 de abril. Os Remedios - 17 h -. Cidade das Burgas - Ourense Envialia. 1ª División. - Día 29 de abril. Os Remedios - 17 h -. Ourense Envialia - Atlético de Madrid. 1ª División.

Ximnasia

- Do 13 ao 15 de abril. Ribadavia e Ourense. VI Torneo internacional de ximnasia rítmica “Vila de Ribadavia Ourense Provincia Termal”.

Outros

- Do 10 ao 12 de abril. Campus das Lagoas -a partir das 9 horas-. Campus Semana Santa de Rugbi. - Do 10 ao 12 de abril. Instalacións P21 pádel club. Campamento de pádel Semana Santa. - Do 13 ao 16 de abril. Baños de Molgas. Ciclismo: “Os 4 días de Ourense Provincia Termal”. - Día 15 de abril. Os Remedios. Campionato de Galicia de kung fu moderno. - Día 23 de abril. Coles -9:30 h.- I BTT Concello de Coles. - Día 30 de abril. Muíños -9:30 h- Ruta BTT Xurés Couto Mixto.

Andrea Bello, primeiro posto en bandeiras 4 En socorrismo de augas abertas. Redacción Xa comezou a Liga galega de salvamento e socorrismo en augas abertas para o Club Salvour. O conxunto ourensán participou na primeira xornada disptuada na praia de Bastiagueiro-Oleiros (A Coruña) o pasado sábado, 8 de abril. Por parte do Salvour,

a júnior Andrea Bello Armada logrou quedar campioa da proba das bandei-

ras, e ademais foi terceira na carreira con táboa de salvamento. As súas compañeiras de equipo, debutantes na categoría sénior, competiron tamén en bandeiras e en carreira de táboa. Nesta proba, Mara Velez obtivo o posto número 7, e Ángela Oliveira, o 11º. Pola súa banda en categoría masculina o representante do Salvour, Marco Salvadores Acero, loitou por meterse na final das

Podios internacionais 4 O Club Ximnasia Pavillón regresa de Portugal con dous ouros, dúas pratas e un bronce. A pasada fin de semana o Club Ximnasia Pavillón acudiu ata Cascais (Portugal) para participar na International Beach Cup. Ademais de España e o anfitrión (Portugal) houbo representantes de Argentina, Egipto, Polonia e Reino Unido. O Club Ximnasia Pavillón desprazouse con 26 ximnastas obtendo cinco podios (dous ouros, dúas pratas e un bronce) en trampolín. Os ouros foron para o equipo de menores de 10 anos composto por Xiana Blanco, Claudia Blanco, Pedro Castaño e Mateo Rodríguez; e o equipo de 11 e 12 anos composto por Marta Rodríguez, María Fujú

Madrid A próxima cita será o Campionato de España de primavera, que se celebrará en Madrid a finais de abril. Alí, participarán Andrea Bello e Ecequiel Quiroga, ambos con posibilidades de entrar nas finais e optar por postos de medallistas.

Andrea Bello na primeira xornada de augas abertas.

ximnasia

Redacción

bandeiras e na de carreira con sky de salvamento pero sen poder conseguir ese obxectivo.

García, Rocío Salas e Hugo Vila. A parella (11 e 12 anos) composta por María Fujú García e Marta Rodríguez foi prata ao igual que o conxunto júnior formado por Lucas Domuro, Daniel Fernández, Nicolás Cid, Noa Puente-Dodd e María Salas. Nesta proba, para poder presentar equipos á competición era obriga-

torio que fosen mixtos en cada categoría. Os resultados viñan dados pola suma dos resultados individuais tanto en dobre minitramp coma en Trampolín. E o bronce ourensán foi para o equipo (13 e 14 anos) no que estaban Alejandra Braña, Raquel Mayo, Laura Ogando, Samuel Rodríguez e Luís Sánchez.

Integrantes do Club Ximnasia Pavillón en Cascais.

Do 21 ao 23 de abril dispútase no Paco Paz de Ourense a VII Copa Galicia de trampolín Vindeira cita Despois da Semana Santa os saltadores do club Ximnasia Pavillón terán cita noutra proba internacional en Ourense: a copa Galicia. A sétima edición disputarase no Paco Paz os días 21, 22 e 23 de abril. Nela, María Salas e Lucas Domuro formarán parte da selección nacional júnior.


XIMNASIA

Barrios DEPORTIVO 12 de abril de 2017 adestradora do Club Marusia, quen engadiu que “as inscricións para participar nela remataron aos 20 minutos”. Trala Masterclass terá lugar unha gala de clausura, a partir das 20.00 horas. Mario Guede destacou a “calidade dos participantes” neste evento e invitou a todos os ourensáns a “gozar desta disciplina deportiva no Pazo dos Deportes para o cal a entrada será gratuíta”. Pola súa parte, Bernardino González agradeceu ao Club Ma-

Bernardino González, asesor de deportes da Deputación de Ourense; Rosendo Fernández, vicepresidente da Deputación; Juan Abal, presidente do Club Marusia; Pilar Cobelas, adestradora do Club Marusia; e Mario Guede, responsable de depostes en Ourense da Xunta de Galicia; na presentación do Torneo Vila de Ribadavia-Ourense. /RAMSÉS.

Margarita Mamun fará as delicias das ximnastas 4 No VI Torneo Internacional de Ximnasia Rítmica “Vila de Ribadavia-Ourense Provincia Termal”. Redacción Os días 13, 14 e 15 de abril, no Pazo dos Deportes “Paco Paz” terá lugar a sétima edición do Torneo Internacional de Ximnasia Rítmica “Vila de Ribadavia-Ourense Provincia Termal”. O prato forte será a masterclass que impartirá a ximnasta rusa, campioa do ouro en Río 2016, Margarita Mamun. Na presentación deste evento deportivo no Pazo Provincial participou o vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; o asesor de Deportes da Deputación, Bernardino González; o

xefe do Servizo de Deportes da Xunta, Mario Guede; e o presidente e a adestradora do Club Marusia, Juan Abal e Pilar Vázquez, respectivamente. Rosendo Fernández destacou a importancia de desenvolver este evento deportivo que sitúa á provincia de Ourense “no primeiro plano da ximnasia rítmica nacional e contribúe ao desenvolvemento económico da provincia, fomentando o turismo e dando a coñecer os nosos produtos”. Asemade, lembrou a traxectoria deste Torneo que foi incrementando en cada edición o número de participantes

chegando, nesta sexta edición, “aos máis de 1.000 ximnastas procedentes de 38 clubs de Galicia, Asturias, Castela e León, Castela-A Mancha, A Rioxa, País Vasco, Murcia e Portugal”. “Mostra do interese que suscita este evento entre os clubs desta disciplina deportiva é que as inscricións para o mesmo pecharon en só 50 minutos”, engadiu Rosendo Fernández. No relativo á programación, Juan Abal explicou que o evento, organizado polo Club Marusia, comezará o xoves, 13 de abril, coa competición de conxuntos escolares e

conxuntos de promoción e individuais de promoción. Ao día seguinte, o venres, 14 de abril, será a quenda para a competición de ximnastas de base, pola mañá, e federadas, pola tarde. Ademais, o presidente do Club Marusia destacou a repercusión “económica” e “turística” que ten este evento na provincia de Ourense. Masterclass Por último, o sábado, 15 de abril, terá lugar unha Master Class de ximnasia rítmica, cunha duración de 7 horas, sobre o manexo dos diferentes aparatos empregados nesta disciplina deportiva. Será impartida pola medalla de ouro olímpica, Margarita Mamun. Nela participarán “150 ximnastas e 40 adestradoras de diferentes clubs do panorama nacional, así como a xente que estará nas gradas como ouvintes”, dixo a



As inscricións para participar na masterclass da campioa rusa remataron aos 20 minutos rusia “o labor que realiza en materia social coas súas escolas, así como a organización deste evento de tanta participación e calidade, que na súa sexta edición, pode considerarse unha cita deportiva consolidada na nosa provincia”.

4 Margarita Mamun A ximnasta rusa é a actual campioa olímpica de ximnasia rítmica no concurso xeneral ten unha dilata carreira como ximnasta. O seu palmarés contempla infinidades de podios en citas internacionais. En campionatos do mundo foi ouro (pelota, mazas) e bronce (aro) en Kiev 2013; e ouro (aro) e prata (cinta e pelota) en Stuttgart 2015. En campionatos de Europa logrou os ouros (equipo e cinta) e as pratas (aro, pelota e mazas) de Viena 2013; e a prata (xeneral) en Ho-

lon 2016. E a lista vólvese interminable en probas da Copa do Mundo e en Grand Prix cun total de 35 (23 ouros, 5 pratas e 7 bronces) e 15 medallas (13 ouros, unha prata e un bronce), respectivamente. Ademais na Universiada de 2013 disputada en Kazan colgouse catro ouros. Todo un luxo contar en Ourense con esta deportista de talla internacional que fará emocionarse a máis dunha das xóvenes promesas da ximnasia nacional.

A ximnasta rusa Margarita Mamun.




Barrios DEPORTIVO 12 de abril de 2017

CICLISMO

Un quinto posto para Iván Feijoo en Francia

X Duatlon Escolar de Maceda

4 Na UCI Júnior Series de Marsella.

4 Participaron benxamíns, alevíns, infantís e cadetes.

Redacción

Redacción

Un novo éxito para Iván Feijoo a nivel internacional. O deportista do Club Ciclista Maceda subiu ao podio ao rematar quinto na UCI Júnior Series -o equivalente a unha Copa do Mundo- de Marsella (Francia). Iván, desenrolando unha gran carreira, en todo momento estivo a loitar no grupo de cabeza, que se

Pola contra, en Alemania ocupou a 29ª posición

formaba desde a primeira volta e que estaba integrado por sete corredores. Nun circuíto moi embarrado, o ourensán mantivo as súas opcións ata practicamente a últíma volta, na que se decidiu a cita, entrando quinto en meta, e subindo ao podium. Unha progresión que chega a cotas mundiais para o alaricano. Ferrol Mentres Iván competía en Francia, o resto de compañeiros de equipo facían o propio na primeira proba do Open de Galicia no Ferrol;

Iván Feijoo, durante a proba francesa.

no que lograron vencer en cinco das categorías. Saúl López (elite), Raúl González (sub23), Abel Franco (júnior), Marco Nube (cadete) e Noela Saa (cadete feminina) foron os vencedores. Alemania e Poio Esta pasada fin de semana, Feijoo repetía participación na UCI Júnior con menos sorte. Na proba disputada na localidade alemaña de Bad Säckingen nun puido pasar da 29ª posición. Pola súa banda, Saúl López lograba a sexta posición na Taça de Portugal de Viana do Castelo. En cadetes, vencía Carlos Canal, sumando así unha vitoria máis á súa exitosa temporada. O resto dos integrantes do Academia Postal - Actyon MMR participaron este sábado na proba del Open de Galicia de Poio. En sub 23, a vitoria foi para Raúl González, que mantén o maillot de líder; con Román Saa na segunda posición. En mulleres cadete, vencía Noela Saa (mantendo o liderato) e con Antía Martínez na terceira posición. Xiana Conde regresaba a un podio co segundo posto. e Abel Franco lograba plocamarse segundo en júniors. E dos rapaces da Escola JA Hermida, Breogán Diz rematou segundo nunha proba de estrada en Portugal.

O Club Ciclista Maceda organizou o X Duatlon Escolar de Maceda no que participaron preto de 80 deportistas das categorías benxamín, alevín, infantil e cadete. Os clubs participantes foron: CC Maceda-Escola JA Hermida, Club Natacion Pabellon de Ourense, Escola Municipal Triatlon de Maside, No sólo bicis de Celanova e Clube Atletismo Guillelme Brown Os rapazes e rapazas debían alternar percorrido a pé e en bici, sendo

Á esta décima edición acudiron 80 deportistas escolares

as distancias diferentes segundo as categorías. Indo desde os 500 metros a pé, 2.000 en bici e 250 a pé dos benxamíns; ata os 2.000 metros a pé, 8.000 en bici e 1.000 a pé dos

4 Terá un percorrido de 42 quilómetros. O Concello de Coles acollerá o vindeiro 23 de abril a primeira edición da súa proba ciclista de BTT, que percorrerá máis de 42 quilómetros polo territorio deste municipio. Durante a presentación

Vencedores En cadetes lograron a vitoria Xosé Pérez (Maside), e Noela Saa (Maceda); en infantil fixeron o propio Alexandre Álvarez (Pabellón) e Natalia Ávarez (Pabellón); en alevíns, Breogán Pérez (Maceda) e Uxía Campos (Pabellón); e en benxamíns acadaron a primeira posición, Nicolás Sierra (Maceda) e María Cabot (Pabellón).

Imaxe dalgunhas das vencedoras do duatlon escolar.

Coles estrea proba de BTT o 23 de abril Redacción

cadetes.

do evento, o alcalde de Coles agradeceu o apoio da Deputación Provincial de Ourense e dixo que “o obxectivo é que a ruta pola que discorrerá a proba ciclista sexa permanente para que durante todo o ano os veciños e a xente de fóra da localidade poidan gozar dela”.

Inscricións Os interesados en participar poden inscribirse, cun custo de 15 euros, na páxina web “prueba-T”, cunha capacidade máxima de participación de 200 persoas. “Pretendemos que non se masifique a ruta e que todos poidan gozar do percorrido, que terá perfil “pista” e tamén “endureiro”, dixo Victor Arias, do Club Ciclista Anacrónicos Bike. A inscrición inclúe unha camiseta conmemorativa, avituallamentos e servizo de duchas e lavado de bicicletas.


NOVAS

De andaina polo sendeiro do Arenteiro 4 Varias ducias de personas participaron nunha andaina. Redacción Varias ducias de personas participaron nunha andaina polo sendeiro do río Arenteiro entre o Parque Municipal e A Ponterriza. O percorrido foi de 7,5 km entre ida e volta. Esta iniciativa promovida polo concello do Carballió en colaboración co Centro de Estudios Chamoso Lamas tiña por obxecto poñer en valor este sendeiro e todos os lugares de interese etnográfico, arqueolóxico, histórico e paisaxístico que se atopan na ribeira do río. O percorrido pasou pola Fábrica do Papel da Lavandeira, o Museo Etnográfico, A Fonte do Rei (Godás), o cruceiro e a ponte da Ponterriza e, finalmente, o emprazamento da torre medieval de Godás, recentemente escavada. Explicacións O alcalde do Carballiño, Francisco Fumega,

Participantes na andaina.

explicou a historia e o proxecto da Fábrica do Papel, e o presidente do Centro de Estudos Chamoso Lamas, Xosé Luis Sobrado, e o arqueólogo Xurxo Lamas, explicaron os achádegos na torre de Godás, así como a historia e a relevancia da ponte de Ponterriza na trasfega do viño do Ribeiro cara a Compostela e ás Rías Baixas en carros e cabalerías. Entre os asistentes á andaina estaba o concelleiro de Cultura, Diego Fernández; o portavoz de AV, Bernardo García, e a representante da adega Pazo Tizón, Cristina Mouriño.

O obxectivo é poñer en valor o sendeiro e os lugares de interese que se atopan na ribeira do río

A milla urbana máis solidaria 4 A Asociación Española Contra o Cancro será a beneficiaria do recadado. R.T. Ourense contará con outra carreira popular no seu calendario. Nesta ocasión será unha proba distinta a cantas se levan celebrado polas rúas da vella Auria. Distinta pola disntancia a percorrer, e distinta polo carácter solidario. Nesta

ocasión os participantes deberán completar a distancia dunha milla (1.609 metros) tan de moda nos últimos tempos. Unha distancia, de medida inglesa, ao alcance de todo o mundo. Ademais contará con dous alicientes: por unha banda o recadado nas inscricións irán integramen-

Barrios DEPORTIVO 12 de abril de 2017 te á Asociación española contra o cancro (AECC), e pola outra, o circuíto, que estará ubicado na rúa do Paseo. Data e inscricións O domingo, día 30 de abril -en torno ás 11 da mañá- é o día fixado para esta carreira e as inscricións deben realizarse a través da web da Federación Galega de Atletismo carreirasgalegas.com. O prezo é de tres euros para a categoría absoluta e de balde para as escolares. As categorías participantes irán desde pitufos ata veteráns. De infantil cara abaixo a distancia será inferior á milla.



A milla urbana solidaria celebrarase o vindeiro 30 de abril na rúa do Paseo

Cartel da milla.




Barrios DEPORTIVO 12 de abril de 2017

ATLETISMO

Celebrouse por vez primeira o galego de milla en pista. /RAMSÉS.

Presentación do “Correndo por Ourense” no Salón de plenos do Concello de Ourense. /RAMSÉS.

O Vinteún agarda o “Correndo por Ourense” 4 O domingo 23 de abril darase o pistoletazo desta sétima edición de carreiras populares ourensáns. R. Torres Xa está aquí a sétima edición do circuíto de carreiras populares “Correndo por Ourense”. Como cada ano, seis carreiras -desde abril ata outubropor distintos barrios da cidade das Burgas, que darán comezo como sempre coa proba do Vinteún, e rematarán nas costas da Carballeira (como antesala da carreira decana en Galicia: a san Martiño). Todas as probas serán en horario de mañá (a partir das 12:00h nas categorías de menores de idade e as 12,30 horas coa proba de adultos) e en domingo, agás a do Couto, que será nocturna (desde as 22:00h, con saída ás 22:30h na proba de adultos) e en sábado. Entrarán

A carreira do barrio da Ponte terá un marcado carácter medioambiental con actividades para fomentar a reciclaxe

en competición os que participen en, alomenos, cinco das seis carreiras. Para a categoría absoluta será un total de 35,5 quilómetros repartidos nas seis probas. A distancia das carreiras oscilarán entre os 5,6 km da carreira do centro, e os 6.400 metros dos da Universidade; distancias asumibles para todo o mundo. Carreiras Este domingo, 23 de abril, terá lugar a carreira do Vinteún; o sábado, 23 de maio, a do Couto, que será nocturna; o 25 de xuño, a do Corpus, polo centro da cidade. Despois de dous meses de descanso o circuíto regresa en setembro con dúas citas. Por unha banda, a do día 3 na zona universitaria, e a do día 24, no barrio da Ponte. Finalizará o circuíto coa carreira da Carballeira. Como novidade, a carreira do barrio da Ponte terá un marcado carácter medioambiental xa que, coa colaboración da Consellería de Medio Ambiente da Xunta de

Galicia, realizarase un programa de actividades para nenos e adultos destinadas a fomentar a reciclaxe, a recollida selectiva e o coidado da contorna natural. Inscricións As persoas interesadas poden inscribirse a través da páxina web do Consello Municipal de Deportes www.deportesourense. com ou en championchipnorte.com. O prazo remata o mércores anterior a cada carreira, e vólvese abrir ao luns seguinte. Con máis dunha semana aínda para inscribirse xa hai máis de 500 inscritos. A inscrición no circuíto ten un custe de 7 euros (para as 6 carreiras) nas categorías júnior, prome-

sa, sénior e veteráns. Nas restantes categorías é gratuíta. Unha parte da inscrición irá destinada a un colectivo social. Poden participar atletas federados e non federados. Haberá novamente as categorías pitufos (ano 2011 e posteriores), benxamín, alevín, infantil, cadete, xuvenil, júnior, promesa, sénior (1994 e anteriores), e veteráns, en 4 categorías; de 35 a 44 anos, ata 54, ata 64 e maiores de 65. A inscrición e dorsal son únicos para todo o circuíto. A entrega de premios aos mellores do circuíto celebrarase o día anterior á San Martiño na cancha central dos Remedios.

Hurtado logra o título autonómico de 10.000 metros 4 En mulleres, a campioa galega foi Ariana González. Redacción O Club Deportivo Aurum volveu a organizar na pista de atletismo do Campus de Ourense o Campionato de Galicia de 10.000 metros en pista. Ademais este ano veu acompañado pola primeira edición do galego de milla en pista. Tamén se disputou o provincial de 10 quilómetros e algunha proba de promoción para os escolares. En canto aos 10.000 metros masculino, Manuel Hurtado foi o vencedor absoluto por diante de Rubén Diz (campión o ano pasado), e de Jorge Crespo, segundo e terceiro, respectivamente. Na categoría feminina, Ariana González foi a vencedora. En segundo

lugar remataría, Blanca Labandeira e Eva Teijeiro sería terceira. Milla Na primeira edición que se celebraba do autonómico de milla, en mulleres, Sandra Mosquera foi a vencedora. Este primeiro podio o completarían, Sharay Astariz (segunda) e Aida Martínez (terceria). Ivo Maseda foi o primeiro campión masculino, secundado por Adrian Lago e Alejo Ares, segundo e terceiro respectivamente.

Os campións da milla foron Ivo Maseda e Sandra Mosquera

VII circuíto de carreiras “Correndo por Ourense” – Domingo, 23 de abril: Carreira do Vinteún. – Sábado, 27 de maio: Carreira do Couto (nocturna). – Domingo, 25 de xuño: Carreira do Corpus, polo centro da cidade. – Domingo, 3 de setembro: Carreira da zona universitaria. – Domingo, 24 de setembro: Carreira da Ponte. – Domingo, 22 de outubro: Carreira da Carballeira.

Momento da carreira masculina dos 10.000. /RAMSÉS.


BALONCESTO

Quesos Cerrato para merendar 4 O COB enfrontase a Palencia este mércores a partir das 19 horas no Paco Paz. R.T / M.R. O Club Ourense Baloncesto enfróntase ao Quesos Cerrato Palencia este mércores nunha hora nada habitual. O encontro dará comezo a partir das 19 horas no Pazo Paco Paz. Palencia é un dos grandes da competición que se atopa con dúas vitorias máis e un posto por enriba dos ourensáns. O casteláns están descartados do ascendo directo, polo que nas tres xornadas que restan para que remate a tempada tentarán estar o máis arriba posible para ter o factor campo nos playoffs. Pola contra, o COB está

nunha situación na que pode loitar ata o final para xogar o primeiro duelo da promoción coa pista a favor. O técnico ourensán, Gonzalo García de Vitoria, destaca do Palencia que “é unha plantilla veterana que estiveron en equipos gañadores”. Ademais, considera que fai un “bloqueo directo temible” o que fai que “saque moita vantaxe”. A pesar das dúas vitorias consecuntivas, García de Vitoria non quere relaxación nos seus xogadores. O adestrador firmaría gañar por un punto aínda que iso supuxera perder o basket average.

O COB júnior, campión galego 4 Acudirá ao Campionato de España, despois de 21 anos. Redacción Necesitaba vencer o Club Ourense Baloncesto júnior ao Sigaltec no Pazo para ser campión galego de maneira matemática. O equipo de Juan Norat non deixou opción á dúbida, gañando finalmente ante os de Vilagarcía por 21 puntos de diferenza. 19 vitorias (as últimas

catorce de maneira consecutiva) e tan só dúas derrotas alumean o éxito dos júnior, que co seu triunfo clasifícanse directamente para o Campionato de España de clubs júnior, unha competición de máximo nivel onde o COB só conseguira estar unha vez hai xa vinte e un anos (tempada 1995-96). Pasaron 13 anos do últi-

Cáceres Partido raro foi o do COB en Cáceres. Tras un comezo que daba pé ao drama nas filas do equipo ourensán pasouse á gloria de gozar dunha renta de máis de dez puntos. Como xa nos ten acostumados o COB, o que parecía un final de partido tranquilo, complicouse ao comezo do último cuarto, 51-50 para o equipo local. Pero tamén nos ten acostumados a eses arreóns que sacan ao equipo da dúbida e acaban camiñando pracidamente ata a vitoria final, 65-71. Case sempre da man dos mesmos xogadores: Christian Díaz, Kapelan e Guerra.

mo triunfo do club na 1ª División Galega júnior. Proxecto Sen dúbida, o triunfo do equipo júnior na 1ª División reflicte o excelente traballo do proxecto iniciado fai catro anos por Carlos Losada e continuado nos tres últimos cursos por Juan Norat como coordinador de canteira, con Diego Seara, Marcos Pereira, Carlos Maceiras e Jacobo de Benito como principais colaboradores. Con eles, xogadores que fai catro anos venceron dous partidos en toda a liga son hoxe campións galegos.

Plantilla do COB júnior celebranto o título de 1ª División Galega.

Barrios DEPORTIVO 12 de abril de 2017



Con esta vitoria o equipo ourensán ascende ao sexto posto da táboa, con 18 vitorias. O Lleida, noveno, fóra do playoff, ten 16. Pode parecer que está feito pero lembramos o calendario do conxunto cobista. Palencia e Breogán na casa, dous equipos que se xogan o primeiro posto con Retabet. Nada sinxelo. E o partido que queda por xogar lonxe de casa será contra o Lleida. O COB precisa gañar só un partido destes tres e aseguraríase o playoff. Por outra banda, no caso de perder os tres, necesitaría que o Lleida perdese alomenos un. A vitoria ante Palencia disiparía todo tipo de dúbidas.

De Vitoria: “Palencia ten xogadores veteráns que estiveron en equipos gañadores”

Fran Guerra lanzando a canastra no partido contra o Burgos. /RAMSÉS.




Barrios DEPORTIVO 12 de abril de 2017

FÚTBOL SALA

Chega o derbi ourensán de Primeira División

4 Cidade das Burgas e Ourense Envialia enfrontaranse na vindeira xornada de Liga. M. Rejo Esta semana non hai Liga en Primeira División. Tralo parón, reanúdase o fútbol sala feminino co derbi ourensán. Cidade das Burgas e Ourense Envialia enfrontaranse no pavillón dos Remedios o sábado 22 de abril. Ao choque chegan co Envialia clasificado virtualmente para disputar a Copa e co Cidade loitando por entrar entre os oito primeiros. Envialia Reparto de puntos nun competido e equilibrado derbi galego entre Ourense Envialia e Burela Pescados Rubén, con alternativas no

xogo e no marcador para ambas escuadras. O Ourense Envialia parecía levar o peso do partido no primeiro acto, cun conxunto lucense máis focalizado en tarefas defensivas buscando sorprender ao contragolpe. Precisamente nunha contra visitante chegaba o primeiro gol do partido, obra de Shiori a pase de Cilene. Ao fío do descanso, o Ourense igualaba o encontro cunha falta botada por Luci que se coaba polo medio da barreira a escasos segundos do final. Na segunda parte, o dominio foi alterno, con dous equipos máis abertos e buscando maior presenza ofensiva.

As ourensás volteaban o marcador aos 28 minutos de xogo, por mediación de Antía culminando unha boa xogada colectiva local ao segundo pau. Un minuto despois, de novo a xaponesa Shiori batía a meta local tras un disparo de media distancia que golpeaba en Marta despistando a Vane na súa estirada. O choque mergullábase nun intercambio sostido de ocasións e chegábase ao tramo final con todo por decidir. Dany revolvéndose na zona de pivote conseguía por o 2 a 3 aproveitando un envío de Jozi. O Ourense optaba entón polo xogo de cinco e na súa primeira incursión ofensiva igualaba o choque, por

Sara e Marta tentando desfacerse da xogadora do Burela Bea Mateos. /RAMSÉS.

mediación de Marta ao segundo pau a pase de Bea Seijas. No tramo final unhas e outras envorcáronse sobre a portaría rival e o Ourense volveu a recorrer ao xogo de cinco nos últimos compases, pero o marcador xa non se movería. Con este empate e a falta de seis xornadas, se no derbi ourensán contra o Cidade consegue a vitoria case se aseguraría, de forma matemática, a súa presenza na Copa.

Candela protexendo o balón ante unha rival. /RAMSÉS.

Cidade O Poio Pescamar levou o outro derbi galego da xornada por 4 a 2 ante o Cidade das Burgas, nun envite máis que equilibrado no que ambas escuadras se empregaron a fondo polo moito que había en xogo. O choque comezou cun temperán gol das rojillas, obra de Ceci á saída dunha falta ao borde da área aos dous minutos de xogo. Cinco minutos máis tarde, chegaba o 2 a 0 en xogada moi similar e coa mesma protagonista, cuxo remate tocaba no corpo de Iria e despistaba a Ana baixo paus. O Cidade non se engurraba e a pesar dos dous goles encaixados buscaba con afán a portaría local. O Poio coa renda ao seu favor mostrábase cómodo sobre a cancha e buscaba matar o partido ao contra-

golpe. Xa na segunda parte, Iria á saída dun córner botado por María Arias, metía de cheo ao Cidade no partido. O partido cobraba novos bríos, cun conxunto ourensán que buscaba intensamente a igualada. Aos 26 de xogo, Ale de Paz culminaba en gol un roubo de balón de Ceci para pór o 3 a 1. Reaccionaba o Cidade recortando de novo distancias, esta vez por mediación de Figo ao segundo pau, tras unha boa parede entre Iria e Candela. Pero o Poio ampliaría a súa renda antes da medianía do período por mediación de Patri de volea, tras unha boa combinación das pontevedresas. A seis minutos da conclusión o Cidade optou polo xogo de cinco, en busca dunha reacción final que non che-

garía, grazas ao bo facer defensivo das locais. Tras este traspés o Cidade non ten máis marxe de manobra se non quere quedar fóra da Copa. As prazas que agora ocupan o Roldán e o Gironella son as que se disputarán xunto ao Móstoles e o Cidade. Dúas prazas para catro equipos que están a catro puntos en seis xornadas que restan. O Cidade debe gañar ao Envialia se quere seguir optando a estar entre os oito primeiros. Preséntase un derbi apaixoante.

O derbi entre Cidade e Envialia será o sábado 22 de abril na cancha central dos Remedios


FÚTBOL SALA

Barrios DEPORTIVO 12 de abril de 2017



Despedida, na casa, con vitoria 4 O Sala Ourense vence no último encontro da tempada nos Remedios. R.T. O Sala Ourense, de Terceira División, pechou os partidos como locais esta tempada con vitoria. O último encontro disputado nos Remedios saldouse con seis goles a dous a favor dos ourensáns. Durante todo o curso tan só deixaron escapar como locais catro puntos. O Bueu foi o rival nesta despedida ante a afección do Sala Ourense. A pesar de contar o cadro visitante con baixas, durante a

primeira metade aguantaron o tipo. Para ser un partido onde ambos equipos se xogaban moi pouco, empezou con enerxía e aos poucos minutos Tizón adiantaba aos ourensáns. Foi unha espellismo, os visitantes moito máis metidos no xogo neste tramo de encontro voltearon o partido, chegando ao descanso con 1-2. Tralo paso polos vestiarios, os de Kike García mudaron de actitude e foron moito máis agre-

O Sala Ourense disputará nos Remedios o partido de cuartos da Copa ante o Bembrive o 24 de abril

Partido do Sala Ourense diante do Bueu no último partido da Liga disputado nos Remedios. /RAMSÉS. sivos. Isto fixo que en dous minutos os locais lle deran a volta ao marcador cos goles de Higua e Fente. O Sala Ourense comezou a controlar con comodidade o tempo do partido e unha dobre falta transformada por Gue-

rra deixou o encontro de cara. Os visitante baixaron os brazos, e de novo Fente e máis Raúl poñían o definitivo 6-2 no electrónico. Dentro de dúas fins de semana, o Sala Ourense pecha a Liga na casa do

Coruña. O día 24 (luns) deste mes de abril o Sala Ourense recibe no pavillón dos Remedios ao Bembrive. O partido será de cuartos de final da Copa. A eliminatoria é a un único encontro.

Carballiño Trala perder na pista do Estradense (3-2), o Carballiño certificou o descenso de categoría. Fagan o que fagan os de Arenteiro, o conxunto dirixido por Isidro Grela está descendido.


10

Barrios DEPORTIVO 12 de abril de 2017

O Couto acolle a Copa de Xuvenís 4 Será do 1 ao 6 de maio. Redacción Do 1 ao 6 de maio disputarase a Copa de Xuvenís en Ourense e Pontevedra. Oito son os equipos que disputarán este torneo; os mellores de cada un dos sete grupos da División de Honra xuvenil, ademais do mellor segundo. O día 1 disputaranse nos campos da Serna (Ribadumia) e de Baltar (Portonovo) os cuartos de final, para despois trasladarse a competición a Ourense, ao estadio do Couto. O día 3 xogaranse as semifinais e o domingo 6 terá lugar a final. Equipos O primeiro de cada grupo e o mellor segundo serán os conxuntos que disputarán esta Copa. Así, no grupo 1 clasificouse o Celta; no 2, Osasuna; o FC Barcelona, no 3; Málaga, no cuarto grupo; o R. Ma-

drid e Atlético de Madrid (este como mellor segundo), no quinto; Las Palmas, no sexto; e o Villarreal, no sétimo grupo. Emparellamentos Xa se saben os emparellamentos dos cuartos de final. O Málaga - FC Barcelona e Osasuna Celta xogaranse no campo de Baltar (Portonovo) e o derbi madrileño entre Atlético de Madrid e Real Madrid, e o Las Palmas - Villarreal celebraranse no campo da Serna de Ribadumia.

Competirán os líderes dos sete grupos da División de Honra xuvenil, xunto ao mellor segundo clasificado

O estadio do Couto acollerá as semifinais e fina da Copa de Campións Xuvenís./ARQUIVO.

FÚTBOL

Os arrastres poden determinar o futuro dos equipos ourensáns 4 Na Terceira División. M. Rejo Remata unha xornada máis en Terceira e as cousas continúan sen aclararse de todo. A dúbida está nos arrastres de categorías superiores. En condicións normais Barco e Barbadás xa poderían respirar traquilos. O club que marca o descenso, o Castro, ten 36 puntos, polos 45 e 47 puntos (respectivamente) dos ourensáns. Son 9 puntos de diferenza con 15 por disputar, pois restan cinco xornadas. Pero na segunda B o Somozas xa está matemáticamente descendido e, ademais, o Boiro meteuse en postos de descenso a catro puntos da salvación cando faltan cinco xornadas tamén. Como consecuencia, a salvación en Terceira márcaa o sexto pola cola, é dicir, o Ribadumia con 41 puntos. Todo isto, en que afecta ao Barco e Barbadás? Pois de poder ser un final de tempada tranquilo co descenso lonxe, converteuse nunha loita en cada unha das cinco xornadas que faltan. Unha derrota, sobre todo do Barco, pode significar meterse en postos de descenso directo. O Barbadas xógase parte do seu futuro esta fin de semana na casa

fronte ao Alondras, que ocupa o posto 16 da táboa con 40 puntos, o que significa que unha vitoria do equipo azulón os alonxaría a 10 puntos, co que sería un rival menos para loitar pola permanencia. A favor do Barbadás podemos dicir que das cinco xornadas que lle restan por xogar en catro enfrontarase a rivais que ocupan postos de descenso (Alondras, Castro, Dubra e As Pontes), e na derradeira ao Compostela, que o máis probable é que nesas datas se xogue entrar na promoción cos de arriba. No que respecta ao Barco, os seus encontros serán contra equipos de distintas zonas da tábao. Na próxima xornada enfrónse como visitante ao Arousa, que necesita ga-

ñar para entrar nos postos de promoción, pois está a un punto. Xa seguinte cita medirase co Ordes, pechacancelas da categoría. Partido propicio para puntuar e alonxar os postos de descenso. E de seguido, os seus rivais serán o Villalonga (8º), Rápido de Bouzas (2º) e Choco (13º) Rexional Preferente Fai unhas semanas a Rexional Preferente tiña de líder ao Arenteiro, pero a derrota contra o Moaña fixo que baixara ao segundo posto, ao tempo que apretou a táboa por arriba. Primeiro con 64 puntos é o Cultural Areas; segundo con 62, Arenteiro; terceiro con 61, Estradense; e cuarto, Ourense CF con

59, que se mete de cheo na loita polo ascenso. O Arenteiro xa non pode deixar escapar ningún punto nas xornadas que restan, comezando polo derbi en casa do Nogueira de Ramuín este domingo. Mirará de reollo ese choque o Ourense CF, pois se gaña o Portonovo e perden os de Manel Vázquez alcanzarao na clasificación. Os outos dous equipos ourensáns ocupan os postos de descenso. Verin e Polígono téñeno complicado. As matemáticas aínda permiten que os dous equipois se salven pero para superar ao Caselas, equipo que marca a salvación, terían que gañar todos os partidos, comezando esta semana por vencer ao Sanxenxo e o Valladares, respectivamente, e sempre agardando a derrota do Caselas fronte ao lider, o Cultural Areas.

Na Preferente, Arenteiro e Ourense C.F. teñen opcións de ascender

Partido do Ourense C.F. diante do Grove no estadio do Couto./C. DOMARCO.


FÚTBOL

Barrios DEPORTIVO 12 de abril de 2017

11

A UD Ourense alónxase da súa terceira Liga 4 Perdeu contra o Bande e di adeus á consecución do título. R. Torres A Unión Deportiva Ourense di adeus a alzarse co terceiro título de Liga consecutivo. O tropezo no Couto diante do Bande deixou aos homes de Antonio Dacosta sen apenas opcións delo. Con catro xornadas -12 puntos- por disputar os da Baixa Limia avantaxan en cinco puntos aos capitalinos. E vendo a marcha dos dous ao longo da competición fai improbable que o Bande perda nestas catro xornadas seis puntos máis que os unionistas. En canto ao partido, os locais entraron moito mellor, o que supuxo que se adiantaran no marcador cun gol obra de Cristian Dacosta. Pouco a pouco os visitantes colleron a iniciativa e lograron empatar antes do descanso cun gol de Karim. Incluso dispuxeron de dúas claras ocasións,

Con catro xornadas por disputar, o Bande leva unha vantaxe de cinco puntos

pero que, primeiro Lucas Sierra, e posteriormente, Tito Currás, desbarataron. Tralo paso por vestiarios, o Bande xa se fixo amo e señor do terreo de xogo, e o seu adestrador da banda. Nos seguintes minutos foi medrando o dominio dos visitantes xunto ao cabreo do público con Iván González. O técnico encargouse de que a bancada non atendera ao gran partido dos seus xogadores e si estiveran atentos ao espectáculo que facía el, bicando o escudo e sinalando as súas costas como se levara o seu nome marcado na camiseta-. Os máis “sensibles” achegáronse ao banco visitante para aporrealo, mentres outros o increpaban desde os seus asentos. Mentres tanto o partido discorría, e un penalti transformado por Toño Nespereira dáballe a volta ao luminoso. Antes do remate da contenda, houbo dous expulsados por parte da UD Ourense (Rubén Durán e Unai, ademais do utillero, Eligio) por protestar, un no lado do Bande (o técnico Iván González) e outro tanto dos branquivioletas (novamente a

cargo de Karim). Ademais das expulsións houbo sete tarxetas amarelas para os locais e cinco para os visitantes. Ademais, un dos espectadores non puido controlarse a saiu ao terreo de xogo. De volta ao seu asento asegurou que o único que quería era “dicirlle ao árbitro que é un fillo de puta, nada máis”. Iván González Na expulsión do técnico da Baixa Limia este encargouse de acender aínda maís os ánimos na bancada. Camiño de vestiarios continuou cos seus bicos ao escudo e sinalando as costas. Unha vez nas escaleiras non deixou de berrar, o que fixo que o desde o club local chamaran á Policía Local e Nacional. O estado de nerviosismo foi tal que as forzas de seguridade tiveron que desaloxar a zona. Algún non o levou ben e marchaba alardeando “non sabes con quen estás a falar, son fillo dun concelleiro do Partido Popular”. Copa Cos ánimos un pouco máis calmados co paso

Senén disputando un balón cun xogador do Bande no encontro do Couto./RAMSÉS.

Este Xoves Santo, ás 17 horas, BandeUD Ourense, no desenlace dos cuartos de final da Copa Deputación dos días toca un novo capítulo dos enfrontamentos Bande - UD Ourense. Será este Xoves Santo, 13 de abril, a partir das 17 horas, no campo do Outeiro (Bande). Será o desenlace da eliminatoria de cuartos de final da Copa Deputación. O Bande ten unha renta de 0-2.

4 A visión dos adestradores Tralo remate do encontro falaron os adestradores. Antonio Dacosta recoñeceu que o Bande foi mellor e que competiron ata ese encontro o título de Liga “ante un gran rival. Hai que recoñecer que son mellores que nós”. Sobre os incidentes do técnico contrario, Dacosta asegurou que fóra do campo “Iván é unha persoa excepcional” pero que o espectáculo que deu no Couto “non é bo para o fútbol”. Pola súa banda, Iván González asegurou que “a Unión Deportiva saiu mellor”, pero que “mere-

cemos empatar” e no segundo tempo viuse a “un equipo (Bande) superior á Unión Deportiva”. E seguiu: “o Bande demostrou ao fútbol ourensán que é un gran equipo e que ten moi bos xogadores”. Non obstante, González alabou o percorrido de Dacosta estes tres anos considerando que o que fixo “pola Unión Deportiva é de agradecer”. En canto ás accións extradeportivas, defendeu que se ten que bicar o escudo do Bande para que o seu equipo gañe “fágoo”, se ten que sinalar o seu nome para que o sigan pi-

Iván González bicou en varias ocasións o escudo do Bande e sinalou a parte traseira da súa camiseta./CEDIDA. tando “sináloo”. “Mentres se meten comigo, o meu equipo fai un partidazo e gaña”, afirmou. En canto

a que tiveran que chamar á policía, o adestrador catalogouno de “prevención, simplemente”.


12

Barrios DEPORTIVO 12 de abril de 2017

RUGBI / VOLEIBOL

A un paso do ascenso 4 O IES Lagoas depende del para subir á Segunda aútonómica xuvenil. Redacción

Último partido da tempada do Campus disputado na casa, ante o Uribealdea./RAMSÉS.

De notable, a tempada do Campus Rugby 4 Finalizou o curso na quinta posición. R.T. O Campus Ourense Rugby Coosur rematou a súa primeira campaña na División de Honra B con notable. Os de David Monreal fixeron un gran ano rematando coa quinta posición na táboa clasificatoria. Ademais foi o mellor equipo galego da competición. No último partido de Liga foi quen de vencer a domicilio ao Real Oviedo por 6 a 25. Os asturianos xogábanse a salvación, pero os ourensáns querían quitarse o mal sabor de boca trala derrota no último partido da tempada na casa diante do Uribealdea.

O encontro foi dominado nos primeiros minutos polos locais que se chegaron a adiantar por 6-0 con sendos golpes de castigo. Antes do descanso, Moi recurtaba distancias con outro golpe de castigo (6-3). Na reanudación, Joe lograba posar o ovalado na zona de marca e a tranformación de Moi fixo que o Campus lle de a volta ao marcador (6-10). Andy logrou dous ensaios máis que non foron secundados cos tiros a paos; o Campus Ourense xa dominaba por 6 a 20. Un novo ensaio, nesta ocasión a cargo de Moi deixaría o definitivo 6 a 25, o que supuxo a décimo terceira vitoria dos

ourensáns en Liga. Quintos O Campus Ourense Rugbi Coosur remata a tempada do seu debut na División de Honra B na quinta posición, con 63 puntos. Todo un logro para o cadro dirixido por David Monreal que xa pensa na tempada que vén, na que asegura que manter o bloque é fundamental para continuar crecendo.

Venceu na derradeira cita da Liga ao Oviedo (6-25)

O IES Lagoas, filial do Club Voleibol San Martiño está a un paso de acadar o ascenso a Segunda División xuvenil. O gran partido na casa diante do Rianxo fixo que dependan delas mesmas para acadar o obxectivo. Esta pasada fin de semana enfrontáronse os dous equipos para determinar cal deles chegaba á última xornada na primeira posición. As coruñesas chegaban coa vantaxe de vencer no partido de casa por 3 a 1. As ourensás debían lograr a vitoria por 3 a 0 ou por 3-1 (con este resultado terían que conseguir unha maior puntuación co rival). O encontro comezou con forza para as ourensás logrando levarse o primeiro set por 25-15. No segundo as cousas non saíron ben para as locais, que viron como o perdían por 18-25. No terceiro e sen marxe de erro, as xogadoras ourensás lograron o set sen moitas complicacións levándoo por 25-11. No

cuarto estaban obrigadas a gañar e ver os puntos acadadado polos dous equipos en ámbolos dous enfrontamentos para saber que equipo se colocaría na primeira posición. Un intercambio de puntos no inicio de set deu paso a coller unha lixeira vantaxe as locais que finalmente lles valeu para acadar a vitoria e a primeira posición. Ascenso Con este triunfo o equipo IES Lagoas consegue a

primeira posición, empatado co Rianxo, pero con máis puntos a favor. Dependen delas mesmas no último partido para acabar en primeira posición e conseguir o ascenso a Segunda División autonómica. Resta un partido contra o Cangas e as ourensás o xogarán coma visitantes. O encontro disputarase na fin de seman do 22 e 23 de abril. O equipo xuvenil Dompa Gestion e o equipo infantil Guillelme Brown, están á espera de que comece a seguinte e última fase para conseguir unha praza de ascenso á primeira, que terá lugar no mes de maio.

Fáltalle só unha xornada para rematar a fase de ascenso

Lance do trascendental encontro entre o IES Lagoas e o Rianxo para o ascenso a 2ª división autonómica.


CAMPUS / NATACIÓN

Comeza o programa Delecer no Campus

O CNPO, á final da Liga de clubs

4 Marcha nórdica, pontismo e parapente son as actividades que inclúe.

4 Despois de vencer na xornada disputada na casa.

Redacción

A última xornada da fase regular da Liga de clubs, de División de Honra, celebrouse en Ourense. Os pavillonistas lograron unha vitoria que lle permite dispu-

O Campus de Ourense da Universidade de Vigo pon en marcha o programa Delecer. Nel, poderase anotar en marcha nórdica, pontismo e parapente. So poderán participar os membros da comunidade universitaria (alumnado, PDI ePAS). As inscricións realizaranse en www.deportes. uvigo.es. O pagamento deberá realizarse en liña mediante tarxeta bancaria; ou presencialmente nas entidades colaboradoras (Santander, Abanca e Caixabank) presentando a folla de pagamento. Para calquera dúbida ou cuestión escribir un mail a deportes@uvigo.es. Marcha nórdica A actividade de marcha nórdica ten un prezo de 14 euros TDU, e 17 euros para o resto da comunidade universitaria. Desenvolverase o 30 de abril e o punto de encontro no campus de Ourense será no pavillón universitario. Os bastóns son propor-

cionados pola entidade colaboradora. Pontismo O 29 de abril e 20 de maio terá lugar na localidade pontevedresa de Arbo, pontismo sobre o río Miño. O prezo é de 14 euros TDU, e de 17 para o resto da comunidade universitaria. Sortearanse entre as persoas participantes cinco actividades gratuítas a elixir entre rafting no río Ulla, kaiak en Arousa ou barranquismo na Póvoa durante o 2017. Parapente O parapente está previsto para o 6 ou 7 de maio, e para o 13 ou 14 do mesmo mes. Celebrarase en Santa María de Oia e o prezo é de 37 euros TDU, 46 para o resto da comunidade universitaria.

As inscricións realizaranse en www.deportes. uvigo.es

O pontismo realizarase en Arbo (Pontevedra).

Redacción

tar a fase final na casa do Galaico de Pontevedra. A estratexia, do adestrador Daniel Toro, foi meter a dous nadadores de cada proba entre os mellores. Chegados aos relevos, os rapaces lograron a vitoria e as rapazas mantiveron a

Barrios DEPORTIVO 12 de abril de 2017

diferenza, o que valeu para acadar esa primeira praza. A vitoria foi por tan só dous puntos de diferenza con respecto ao segundo. Trofeo do Lérez Disputouse ás beiras do río Lérez -Pontevedra- o trofeo Internacional Promesas do Lérez de natación organizado polo CN Galaico. Ata alí desprazouse o CN Pabellón Ourense con 46 nadadores das categorías promesa, benxamín e alevín. Os ourensáns estiveron presentes cun ou dous nadadores en case to-

13

das as participacións que se lanzaron á pileta. Breogán Janeiro colgouse a medalla de ouro; foron prata Claudia Blanco, Enzo García, Eva Feijoo e Arianna Méndez; e logrou o bronce, Victor Vázquez. Por clubs, o CNPO foi cuarto. Eva Feijoo A nadadora do CNPO, Eva Feijoo, logrou, con Galicia, a oitava posición por equipos no Campionato de España por autonomías disputado en Palma de Mallorca.


14

Barrios DEPORTIVO 12 de abril de 2017

Balonmán Nova Xestión Pavillón Redacción O ultimo partido do Nova Xestion Pavillón presentábase co único aliciente da loita polo quinto posto e manter a imbatibilidade na casa. O equipo local saíu con moita intensidade, e a pesar dos primeiros erros non tardou en despegarse no marcador, chegando a unha diferenza no descanso de 5 goles a favor. Na segunda metade, o porteiro do Naron detivo ata 14 lanzamentos desde os extremos, xunto cunha mala formulación de dous cambios ataque defensa e o enfado do técnico ourensán ante as decisións arbitrais, decantaron o partido cara o Narón por 36 a 37, na última xogada do partido. Sénior feminino As mozas sénior do Nova Xestion Pavillón gañaron na última xornada da liga autonómica por 25 a 23, a falta da Copa Federación. As pavillonistas superaron en todo momento ao Lalin a pesar de non contar con varias xogadoras.

POLIDEPORTIVO

O kung fu toma Os Remedios 4 Coa disputa do Campionato de Galicia de kung fu moderno. Redacción O Pavillón municipal dos Remedios acollerá este sábado, 15 de abril, o Campionato de Galicia de kung fu moderno. A este evento acudirán 180 participantes que terán dúas quendas de competición. Pola mañá celebraranse

4 Do 13 ao 16 de abril, os “4 días de Ourense” En Semana Santa o ciclismo terá un protagonis-

Medallas no galego de judo

Combates Pola mañá disputaranse 36 combates nas catro especialidades (Shuaijiao, Qingda, Kungfu Combat e Sanda), nos que veremos diversos campións nacionais.

Redacción

Pola tarde disputaranse os combates en todas as especialidades

Mario González, xerente do CMD; Mario Guede, concelleiro de Deportes; Aarón Blanco, mestre do Club Artai; e Roberto Abad, técnico do CMD.

Ciclismo en Molgas na Semana Santa

Redacción

as exhibicións e pola tarde será o turno dos combates, levándose a cabo un total de 36. Durante a xornada matutina, o concurso será das modalidades de formas en todas as súas especialidades (Changquan, Nanquan, Taichí, Qigong, armas curtas, armas longas) competindo en todas as categorías

de idade (pre infantil, infantil, cadete, xuvenil, absoluto e veteráns). Antes da entrega dos premios haberá senllas exhibicións grupais de kung fu infantil e taichí.

mo principal nas estradas ourensás. Os días 13, 14, 15 e 16 de abril dispútanse os “4 días de Ourense

-Provincia Termal”. A organización corre a cargo da Fundación ADO Moure Pro Deporte. A proba é un Open en formato challenge e que se celebra pola zona de Baños de Molgas. A proba consta de catro etapas independentes, que se disputarán en varios circuítos con saída e chegada no Albergue da Estación de Tren de Baños de Molgas, sede da Fundación Mon-

cho Borrajo, con percorridos que oscilan entre o 69,850 km e o 80,200 km en cada un dos días. Trofeos Cada un dos días concederanse trofeos ao tres primeiros clasificados en cada unha das sete categorías e dúas camisolas de líderes aos primeiros clasificados, diariamente.

4 Infantil e cadete. Seis medallas do Marbel en fase sur do Campionato Galego Infantil e cadete de judo. O pasado 1 de abril, disputouse no pavillón municipal da localidade pontevedresa de Gondomar, a fase Sur do Campionato Galego de Judo en categorías infantil e cadete. Unha competición que reuniu a máis de 160 judokas dos sectores de Ourense, Pontevedra e Santiago en busca da clasificación para a fase final. Nove judokas do Marbel representaron a Ourense na competición, cun bo resultado. En categoría infantil, Iván Vasallo logrou a medalla de ouro en -38 quilos, Pablo Rodríguez a de prata en -42 quilos e Sara Mouteira o bronce en -48 quilos; mentres que Daniel González Soliño (-50 quilos), Francesca Noguerol (48 quilos) e Mariña Bóo (+63 quilos) terminaron en quinto lugar nas súas respectivas categorías. En categoría cadete, repartición de medallas. Canolich Fernández logrou o ouro en -52 quilos, Iria Oleiro a prata en -57 quilos e Rubén Córdoba o bronce en 73 quilos. Campionato de Galicia O 25 de marzo disputouse en Ferrol o Campionato galego sénior de

judo, coa participación de tres judokas do Club Marbel. Christian Álvarez logrou a medalla de bronce en +100 quilos. O ourensán comezou derrotando a Rubén Morais (Teo). No seu camiño cara ao podio só lle apartou o posterior campión, Santiago Sendón (Ferrolterra). Na loita polo metal, superou a José Castro (Tudense). Anita Fernández Morais (-63 quilos) perdeu o seu primeiro combate contra Iva Mareva (Senra Lugo). Na repesca, recuperouse e venceu a Mahewa Neira (Judo Club Senín) pero quedou ás portas do bronce tras caer derrotada contra Uxía Domato (Judo Club Pontevedra). Terminou no quinto posto. Pola súa banda, Tono Fernández (-81 quilos) sorprendeu no seu primeiro combate a Jeremías Emiliano (Galicia Sur). Despois acusou a súa recente lesión nos xeonllos e perdeu contra o posterior finalista, Jesús Maquieira (Senra Lugo). Na repesca, caeu ante Jorge Carreira (Ferrolterra) e terminou sétimo na clasificación.

Ana Morais, Christian Álvarez e Tono Fernández.


NOVAS

Barrios DEPORTIVO 12 de abril de 2017

15

Barrios DEPORTIVO. Edita: Letras a la Carta S.L. CIF: B-32.323.925. Depósito Legal: OU 185-2009. Redacción: r/ Bedoya, 7, 1º, of. 6 - 32004 Ourense. Tel: 988 04 53 52 / 685 969 546. Correo-e: deportes@periodicobarrios.com. Distribúe: Lebre Mensaxeira. Imprime: Publicaciones Tameiga. Director: Ramsés Torres. Director comercial: Miguel Rejo. Redacción e fotografía: Ramsés Torres, Miguel Rejo. Colaboracións: C. Domarco. Nº157- Ano: IX - 12 de abril de 2017 - Difusión: 5.000 exemplares Este periódico non pode ser reproducido nin total nin parcialmente, sen autorización previa da empresa editora Letras a la Carta S.L. Impreso en papel 100% reciclado. Se ten algún problema co reparto, pregámoslle que nolo comunique no teléfono 988 04 53 52 / 685 969 546.

As carreiras regresan ao hipódromo de Antela 4 A pista da Lagoa será escenario das cinco xornadas de galope. Redacción Xa comezou a actividade nesta tempada no hipódromo de Antela. A pista será escenario das cinco xornadas de galope. A primeira xornada, de galope velocidade, tivo lugar o 2 de abril. Logo seguiranlle a do 17 de maio (Día das Letras Galegas); a do 16 de xullo e a do 3 de setembro. Pecharán a tempada neste tipo de carreiras a do 12 de outubro. Nestas xornadas disputaranse as carreiras habituais de Pura Raza Árabe e Pura Sangre Inglés. Ademais inclúense como novidade as carreiras reservadas a póneis, para iniciar aos máis pequenos en distancias curtas de menos de 400 metros. Intercaladas entre carreira e carreira poderase ver

en datas sinaladas, especialmente o 17 de maio e 12 de outubro, exhibicións de Doma Clásica e alta escola realizadas por Cabalos Pura Raza Galega, da Asociación Pura Raza do Cabalo Galego. En Antela poderase ver, por primeira vez en Galicia, unha competición oficial de trote e paso rápido “pacing”. Estas xornadas desenvolveranse os días 14 de maio, 25 de xuño, 25 de xullo, 15 de agosto, 10 de setembro e 15 de outubro. O Hipódromo será a sede do Concurso Morfolóxico e Funcional de cabalos Pura Raza Árabe os días 27 e 28 de maio. Con probas de western, clásica, hunter. Ademais de trail e speed. Unha ocasión única para ver os mellores cabalos árabes actuais.

Doma clásica e raid Os días 7, 8 e 9 de abril tivo lugar un novo curso para Xuíces Territoriais de Doma Clásica. Culminando a tempada coa organización da quinta xornada da Liga Interclubs de Doma da zona sudeste, o día 9 de outubro. A resistencia do cabalo (Raid) na súa máxima expresión quedará para o 8 de xullo en probas desde 40 quilómetros a 120. Probas oficiais nacionais e internacionais da Real Federación Hípica Española e Federación Hípica Gallega.

O raid (probas de resistencia) disputaranse o 8 de xullo

O Galmédica ascende a Segunda 4 Despois de vencer todos os encontros na fase de ascenso. Redacción O Galmédica Ourense de tenis de mesa proclamouse campión de Liga e con elo acada o ascenso. Despois de vencer o conxunto ourensán en todos os encontros da fase de ascenso, o ano que

vén xogará en Segunda división. Despois da liga regular, na que quedou segundo, participou na promoción de ascenso xunto aos dous mellores equipos de cada liga de Terceira división (catro grupos en total de toda Galicia).

A fase dividiuse en catro concentracións (dúas en Narón e dúas en Zas). O Galmédica mostrouse intratable logrando a vitoria en todos os encontros que disputou. Isto valeulle para lograr a primeira posición e con ela o ascenso. A gran regularidade dos ourensáns ao longo da tempada deulles o pasaporte para xogar o vindeiro curso na 2ª división nacional.

O Galmédica rematou primeiro na fase de ascenso

Plantilla do Galmédica Ourense da tempada 2016-17.

Un dos podios na fase provincial clasificatoria para o Campionato de Galicia.

Dúas medallas no Open de España

Saída de caixóns nunha carreira do hipódromo de Antela.

Ata Alicante desprazabase unha expedición do Club Couto de taekwondo para participar no Open de España; proba puntuable para o ranking olímpico en categoría sénior. Esperanza Fernández, en categoría máster de técnica, e Diana Siota, en categoría cadete, lograban a medalla de bronce. Noutra orde de cousas, disputouse en Ourense a fase provincial clasificatoria para o Campionato de Galicia. Por equipos, en técnica, o Couto foi o mellor equipo, seguido do Olimpia, segundo, e Trabazos, terceiro.


Barrios DEPORTIVO 12 de abril de 2017

Bd157  

No número 157 do Barrios Deportivo a portada está adicada ao rugbi, fútbol sala, fútbol e baloncesto.

Read more
Read more
Similar to
Popular now
Just for you