Bd156

Page 1

[ Páx. 12]

Entrevista a José García Calvo “Willy”, antes do Marathon Des Sables KICK BOXING

Páx.2

Mira e Míguez, campións galegos de kick boxing

CICLISMO

Páx.4

Vitoria de Carlos Canal no Open de España de BTT

FÚTBOL SALA

Páx.7 FÚTBOL

O Sala Ourense empata co Pazos de Borbén

Páx.9

A UD Ourense, a unha vitoria do ascenso a Rexional Preferente

NATACIÓN

Páx.11

A Liga de clubs chega a Ourense esta fin de semana

[Páx. 13]

Consolídanse [Páx. 8]

[Páx. 3] O Campus Rugby mantén a categoría. // As Lagoas acolleu o Galicia - Francia de fútbol gaélico.

O COB quere colgarse do playoff Encontro do COB contra Barça-B./RAMSÉS.

Número: 156- Ano: IX -24 de marzo de 2017 - Depósito Legal: OU 185-2009 - Periódico quincenal de distribución gratuíta - www.periodicobarrios.com BARRIOS DEPORTIVO volve repartirse a partir do 7 de abril. Se quere anunciarse consulte no 685 800 190.


Barrios DEPORTIVO 24 de marzo de 2017

AXENDA / FULL CONTACT

4 Axenda deportiva Fútbol

- Día 26 de marzo. Velle - 12 h -. UD Ourense - Umia. 1ª Galicia feminina. - Día 26 de marzo. Antonio González. Polígono - Erizana. Rexional Preferente. - Día 26 de marzo. O Couto. Ourense C.F. - Atios. Rexional Preferente. - Día 26 de marzo. Espiñedo. Arenteiro - Estradense. Rexional Preferente. - Día 26 de marzo. O Couto - 17 h -. UD Ourense - Velle. 1ª Galicia. - Día 26 de marzo. Miguel Anxo. Pabellón - Santiago de Compostela. División Honra xuvenil. - Día 2 de abril. Os Carrís. Barbadás - Ribadumia. 3ª División. - Día 2 de abril. Calabagueiros. CD Barco - Silva. 3ª División. - Día 2 de abril. José Arjiz. Verín - Cultural Areas. Rexional Preferente. - Día 2 de abril. A Tella. Nogueira - Mondariz. Rexional Preferente. - Día 2 de abril. O Marco (A Peroxa). A Peroxa - UD Ourense. 1ª Galicia.

Baloncesto

- Día 25 de marzo. Paco Paz - 19 h -. COB B - Innova Chef. Liga EBA. - Día 25 de marzo. Carmelitas - 20 h-. Gadasa Carmelitas - Star Center Galicia. 1ª Autonómica Galicia. - Día 31 de marzo. Paco Paz - 21 h-. COB Ourense Provincia Termal - Burgos. LEB Ouro. - Día 1 de abril. Campus de Ourense - 16 h-. Campus Ourense - Calasancias. 1ª Autonómica Galicia.

Atletismo

- Día 25 de marzo. Ourense (Campus) -a partir das 16:30 h-. Campionato de Galicia absoluto de 10.000 metros en pista. - Día 25 de marzo. Ourense (Campus) -a partir das 19:40 h-. Campionato de Galicia absoluto de milla en pista. - Día 1 de abril. Ourense. XOGADE - I Xornada Interzonal Escolar en pista. - Día 1 de abril. O Barco de Valdeorras. XOGADE - I Xornada Previa Escolar.

Fútbol sala

Óscar Mira durante o seu combate. /RAMSÉS.

Mira e Míguez, campións galegos de kick boxing 4 Na disciplina de full contact. R. Torres Unha velada puxilística máis en Ourense. Nesta ocasión foi o Campionato de Galicia de kickboxing na disciplina de full contact. O remodelado anexo dos Remedios do Pavillón municipal acolleu este evento que congregou a máis de 300 afeccionados nas súas gradas.

- Día 25 de marzo. Calabagueiros (O Barco) - 16:30 h -. Pizarras Los Tres Cuñados - Albense. 2ª División B. - Día 25 de marzo. Os Remedios - 17 h -. Ourense Envialia - Jimbee Roldán. 1ª División. - Día 1 de abril. Os Remedios - 17 h -. Cidade das Burgas - Rioja. 1ª División. - Día 1 de abril. Paco Chao (Carballiño) - 18 h -. Carballiño - Valdesuso Peugeot Vilalba. 3ª División.

Rugbi

- Día 26 de marzo. As Lagoas - 12:00 h -. Campus Ourense - Uribealdea.

Andaina

-Día 26 de marzo. Celanova -9:00 h - II Andaina polo Camiño de San Rosendo. - Día 26 de marzo. O Carballiño -9:30 h - VI Andaina pola Igualdade.

Outros

- Día 26 de marzo. Entrimo -9:00 h - Campionato de Galicia de trial. - Día 1 de abril. Paco Paz -20:30 h - Campionato de Galicia kick boxing ligh contact.

Manu Míguez despois de gañar a súa final en -63,5 kg. /RAMSÉS.

En total foron 10 finais (nove masculinas e unha feminina) as que se disputaron no cuadrilatero instalado para a ocasión. Previamente disputáronse as roldas clasificatorias. Dous ourensáns alzáronse co título autonómico. Óscar Mira conseguiuno en menos de 75 quilos, e Manu Míguez jr. o fixo en -63,5 kg. Mira levou todo o tempo a iniciativa nos tres asaltos que se disputaron, ata que finalmente o árbitro alzou o seu brazo esquerdo en señal de vencedor diante de Iván Fernández, ao que venceu aos puntos. Míguez jr. desfíxose de Adolfo por ko. Foi no segundo asalto cando o ourensán tumbou ao seu rival cunha patada da que non se recuperaría; desde a súa esquina optaron por tirar a toalla. Outros ourensáns A estes dous campións uníronselles outros compañeiros que non acadaron o título de campións, pero que si pisaron podio. No único combate fe-

minino, Patricia da Silva da Asociación Ourensana foi segunda ao perder na final contra Lucía Fernández (-60 kg); José Luis Silva, en menos de 67 quilos rematou terceiro; Francisco Javier Iglesias

foi segundo en menos de 81 quilos; e Iago Blanco logrou a prata en máis de 91 quilos. Light contact O sábado 1 de abril celébrase no Pazo Paco Paz o campionato de Galicia de kick boxing na modalidade de light contact.

Os ourensáns lograron un total de cinco podios

Manu Míguez nun momento da final. /RAMSÉS.


FÚTBOL GAÉLICO

Barrios DEPORTIVO 24 de marzo de 2017

50. Este partido deixou claro que Francia é a segunda mellor selección do mundo de fútbol gaélico. Os franceses, marcaron un ritmo trepidante dende o comezo, cun despregue físico que, pouco a pouco, non puido conter o combinado galego. Televisión Os dous encontros foron televisados pola segunda canle da Televisión de Galicia. Ademais contou nas bancadas do campo con moitos afeccionados que non se quixeron perder estes dous encontros internacionais de fútbol gaélico. Estes dous encontros foron os primeiros da historia televisados en directo fóra de Irlanda.

Empate e derrota de Galicia ante Francia 4 Nos partidos masculino e feminino de fútbol gaélico disputados en Ourense. Redacción O pasado sábado 18 de marzo tivo lugar en Ourense un dobre encontro amigable (masculino e feminino) entre a selección galega e a selección francesa de fútbol gaélico. Tratábase do primeiro partido que disputaban ambas seleccións dende a súa participación nos II GAA World Games o pasado agosto de 2016 en Dublín. Os encontros celebráronse no campo de rugbi do Campus de Ourense da Universidade de Vigo. Feminino O partido das rapazas foi sen dúbida, un dos encontros máis emocionantes vividos nesta tempada. Cun empate final, as nosas rapazas tiveron a victoria

ao seu alcance a falta de 2 minutos, onde dominaban o marcador por 5 tantos de diferencia. O encontro comezou de cara para o conxunto francés, que tras tres tempraneiros goles chegou a lidear o marcador 4-14. Mediada a primeira parte, a selección

galega reaccionou e acortou distancias ata chegar ao descanso con só catro puntos de desvantaxe. A segunda parte seguiu como comezou a primeira, consolidando a remontada das galegas. Non en tanto, un par de desaxustes defensivos case chegados

Momento do partido masculino entre Francia e Galicia.

Auriense Os equipos da cidade regresan á competición. Por un lado, o equipo feminino

desprázase a Coruña, para xogar contra Átabras, nun partido en teoría asequible, como marca a clasificación actual. O equipo masculino, afronta un encontro crucial nas súas aspiracións de cara ao ascenso. Visitan na xornada do sábado ao Mecos no Grove, onde se disputan o liderezgo. Na ida, o resultado foi favorable ao Auriense, ainda que nun partido igualado e con alternativas no marcador.

O Auriense regresa á competición xogando o feminino ante o Átabras e o masculino diante do Mecos do Grove

ao desconto, permitiron ás francesas igualar a contenda, rematando nun empate a 28 puntos. Masculino O encontro masculino comezou moi parello, e o empate a seis reflexabase no minuto 15. Poren, os galegos comezaron a cometer algunha imprecisión e os franceses, con máis acerto anotador, comezaron a levar a iniciativa do xogo. Ao descanso chegouse co resultado de 10-20, desvantaxe demasiado ampla para o visto no campo. Na segunda parte o conxunto galego derrubouse física e psicolóxicamente, todo o contrario que os franceses, que chegaron a encadear 50 minutos cun 100% de acerto anotador a paus. O resultado final foi de 17-

A xogadora da selección galega intenta curtar o avance da francesa./RAMSÉS.


Barrios DEPORTIVO 24 de marzo de 2017

POLIDEPORTIVO

Nova vitoria para Carlos Canal no Open de España 4 Mantén o liderato no campionato. Redacción O Academia Postal Actyon MMR continúa cos seus ciclistas nos postos máis altos en cada proba que se disputa. A última foi no Open de España celebrado en Valladolid e nela Carlos Canal volveu a facerse co triunfo na categoría cadete. Catro minutos separaban a Canal do segundo clasificado na liña de meta, o que da mostras do gran estado de forma do ourensán e de que é o máximo favorito a proclamarse campión do Open. En mulleres, Noela Saa era quinta. Na carreira júnior, Iván Feijoo rematou en segunda posición. O alaricano, que pouco a pouco vai

collendo a forma, tivo un intenso duelo co catalán Jofre Cullel ao que non puido seguir na última volta. Na categoría elite, Saúl López realizaba unha fantástica carreira rematando oitavo da xeral absoluta, e sendo o terceiro español en meta (tan só superado por David Valero e o macedán Pablo Rodríguez). Estas actuacións valeron para que o Club Ciclistas Maceda rematara a competición na segunda posición por equipos. Pablo Rodríguez Na carreira elite Pablo Rodríguez aliouse con David Valero para saír de Valladolid como líder do Open. Desde o principio

se escaparon e fixeron todo o percorrido escapados entrando en meta por diante do resto de rivais. Finalmente Pablo deixou gañar a Valero para que o primeiro, alcanzara o liderato, e o segundo lograra a vitoria. Maceda Maceda será xuíz do Open de España coa disputa da última proba. A mesma terá lugar o 7 de maio. Cos resultados de Valladolid, Carlos Canal chega como líder na categoría cadete ao igual que Pablo Rodríguez (do equipo MMR). Iván Feijoo chega a cita de Maceda con opcions en júniors.

42 quilómetros por Coles en bicicleta 4 O domingo 23 de abril celébrase a I BTT de Coles. Redacción Foi presentada no Centro Cultural “Marcos Valcárcel” da Deputación de Ourense a primeira edición da BTT de Coles. Unha proba que terá lugar o vindeiro 23 de abril e que contará

cun percorrido de 42 quilómetros. Os interesados en participar poderán inscribirse, cun custo de 15 euros, na páxina web “prueba-T”, cunha capacidade máxima de participación de 200 persoas. “Pretendemos que non se masifique a ruta e

Presentación da I BTT de Coles.

O Club Ciclista Maceda rematou segundo, por equipos, en Valladolid.

Iván Feijoo, no centro, xunto a un directivo da Fundación e o seu adestrador./RAMSÉS.

A Fundación Florencio Álvarez beca a Iván Feijoo Desde a Fundación Florencio Álvarez levan anos apoiando ao deporte; o Club Marusia -ximnasia- de Ribadavia, Hassan Lekhili -atletismo- e a Escola Deportiva Ourensa, son algúns dos exemplos. Nesta ocasión foi o ciclista Iván Feijoo o becado, que recibiu 2.500 euros, como recompensa ao seu sacrificio e os éxitos en ciclocross e BTT.

que todos poidan gozar do percorrido, que terá perfil “pista” e tamén “endureiro”, dixo Victor Arias, representante do Club Ciclista Anacrónicos Bike. O prezo da inscrición inclúe unha camiseta conmemorativa, avituallamentos e servizo de duchas e lavado de bicicletas. Percorrido Desde o Concello de Coles pretenden que a ruta da proba sexa permanente para que durante todo o ano os veciños e a xente de fóra da localidade poidan gozar dela.


NOVAS

Deporte no San Lázaro de Verín 4 Os días 1 e 2 de abril. Redacción Verín organiza a “II Edición Especial Deportes do Lázaro” para os días 1 e 2 de abril. Natación A competición de natación celébrase o sábado 1 de abril, ás 10 horas na piscina climatizada do Concello. Participarán nadadores sen ficha federativa das categorías prebenxamín, benxamín, alevín, infantil e cadete. Carreira O domingo 2, ás 10, terá lugar a “II Carreira do Lázaro”, pola zona da Pre-

guiza, Vilela e o Casco Antigo de Verín. Haberá participantes de categoría cadete, infantil, alevín, benxamín, prebenxamín e pitufos. BTT Tamén o domingo ás 10 será a II Ruta BTT das Festas do Lázaro, con saída na Praza García Barbón e percorrido de 47 km (10 horas). Está considerada de nivel medio. A maiores programouse unha ruta opcional de 20 quilómetros, enfocada ao goce familiar. Para participar será necesario inscribirse, de balde, no 649 439 934.

Dúas medallas para o Runmaniak no nacional de veteráns

Barrios DEPORTIVO 24 de marzo de 2017 Luz María Domínguez, de novo lucindo as cores dun equipo ourensán e, na que sería a súa despedida da categoría F50 (maior de 50 anos) ao pasar a F55 nunhas semanas, col-

gábase dúas medallas de bronce nas probas de 400 e 800 metros. Na primeira establecía unha nova marca galega cun tempo de 1:08.21, e parando o crono en 2:39.21 nos 800.

4 De pista cuberta. Redacción Domingo Álvarez e Luz María Domínguez, atletas do Burgas Atletismo Runmaniak, tomaron parte no Campionato de España de veteranos en pista cuberta disputado no Centro Deportivo Municipal de Gallur (Zaragoza). Os ourensáns completaron unha gran actuación tras sumar un total de catro medallas, ademais de establecer

catro novas marcas de Galicia da súa categoría. Domingo Álvarez facíase cos subcampionatos de 400 e 800 metros na categoría M60 (maior de 60 anos) cuns rexistros de 1:05.58 e 2:23.34, ambos marca galega. Pechou a súa participación cun cuarto posto nos 1.500 metros, onde realizaba un tempo de 4:55.90 que lle valía para superar a súa propia mellor marca e récord galego.

Domingo Álvarez e Luz Domínguez.


Barrios DEPORTIVO 24 de marzo de 2017

ATLETISMO

Inscricións abertas para o “Correndo por Ourense” 4 Seis novas citas co atletismo percorrendo os barrios da cidade. Redacción O Consello Municipal de Deportes do Concello de Ourense organiza unha nova edición do circuíto de carreiras populares “Correndo por Ourense”, que convida a veciños e veciñas de Ourense de todas as idades a gozar do deporte correndo polos barrios da nosa cidade, de xeito lúdico ou competitivo. O circuíto chega neste 2017 á súa sétima edición, na que lle dá continuidade ao calendario de 2016, con seis probas, todas en horario de mañá, a partir das 12,00 horas nas categorías de menores de idade e as 12,30 horas coa proba de adultos), agás a do Couto, que será nocturna (desde as 22,00 h, con saída ás 22,30 h na proba de adultos): domingo, 23 de abril, carreira do Vinteún; sába-

Participantes do circuíto “Correndo por Ourense” da pasada edición./RAMSÉS.

do, 20 de maio, carreira do Couto, será nocturna; domingo, 25 de xuño, carreira do Corpus, polo centro da cidade; domingo, 3 de setembro, carreira da zona universitaria; domingo, 24 de setembro, carreira da Ponte; e domingo, 22 de outubro, carreira da Carballeira. Inscrición As inscricións poderanse realizar a través da páxina web do Consello Municipal de Deportes www.deportesourense. com. O prazo remata o mércores anterior a cada carreira, e vólvese abrir ao luns seguinte. A inscrición no circuíto ten un custe de 7 euros (para as 6 carreiras) nas categorías junior, promesa, sénior e veteranos. Nas restantes categorías é gratuíta. Unha parte da inscrición irá destinada a un colectivo social. Poden participar atletas federados e non federados. Haberá novamente as categorías pitufos (ano 2011 e posteriores), benxamín, alevín, infantil, cadete, xuvenil, junior, promesa, sénior (1994 e anteriores), e veteranos, en 4 categorías; de 35 a 44 anos, ata 54, ata 64 e maiores de 65. A inscrición e dorsal son únicos para todo o circuíto.

Autoridades e organizadores na presentación dos campionatos de Galicia de 10.000 m. e milla en pista-./RAMSÉS.

Os galegos de 10.000 e a milla, no Campus 4 A pista de atletismo da universidade acolle estos dous campionatos de Galicia. R.T. A pista de atletismo do Campus de Ourense da Universidade de Vigo acolle este sábado 25 de marzo dous Campionatos de Galicia. Por unha banda celébrase o galego de 10.000 metros e pola outra, o de milla. As dúas probas están encadradas dentro do VI Trofeo Club Deportivo Aurum (club organizador da xornada atlética). En xornada de tarde disputaranse as dúas competicións. Os primeiros en entrar en escena serán os atletas que participen nos 10 quilómetros. Así, ás 16:30 horas dará comezo conxuntamente a serie B masculina (tro-

feo Aurum e campionato provincial por equipos) e o autonómico feminino. Ás 18 horas será a final autonómica feminina; anteriormente disputaranse probas de 500 metros para benxamíns e alevíns. Milla Á par que os 10 km celébrase o I Campioanto absoluto de Milla en pista ao aire libre. Unha proba que está collendo pulos desde hai dous ou tres anos en España e que a Federación galega a organiza por primeira vez. Esta dará comezo unha vez rematados os 10.000 m. Sobre as 19:40 horas será o turno da categoría feminina. Para as 20 horas pechará a xornada a milla masculina. Entres os campionatos

A partir das 16:30 horas deste sábado 25 comezarán as competicións na pista do Campus

de Galicia e as probas para os máis cativos, a pista de atletismo do

Campus de Ourense acollerá a participación duns 260 atletas.

4 Os atletas locais

4 Licenzas en Ourense

Os campionatos contarán con recoñecidos nomes da modalidade: Ariadna González e Rubén Diz nos 10.000 metros son as esperanzas ourensás na proba, sen esquecer as posibilidades de Sandra Mosquera (ADAS) ou Ana Ocampo, Alejo Ares ou Damián Anta. Segundo salientou Ángel Fidalgo, delegado da Federación Galega de Atletismo en Ourense, os atletas ourensáns contan con moitas posibilidades en todas as categorías.

Actualmente hai máis de 930 licenzas federativas en Ourense, sendo un 20% máis as de categoría feminina que as de masculina. Un éxito que se debe, dixo o delegado ourensán da Federación, “á boa disposición das administracións cedendo espazos axeitados para adestrar”. A construción da futura pista cuberta de atletismo en Expourense non fará outra cousa que aumentar esta boa relación de Ourense co atletismo, comentou.


FÚTBOL SALA

Candela atenta ao balón que atrapa a porteira do UCAM Murcia. /RAMSÉS.

Nove xornadas, moito por aclarar 4 O Cidade das Burgas quere entrar na Copa e o Envialia pasar da quinta posición. R. T. Cando comezou a tempada, o rendemento do Cidade das Burgas era unha incógnita. Sen Vane Sotelo e Lucía Nespereira nas súas filas ninguén se aventuraba a saber onde estarían as pupilas de Manolo Codeso ao final da tempada; a salvación era a primeira meta das franxiverdes. Conforme pasaban as xornadas ese obxectivo quedouse

pequeno e houbo que mirar máis cara arriba. Co título imposible de logralo por ningún equipo que non sexa o Atlético de Madrid, e moi lonxe aínda dos seus inmediatos perseguidores, ao Cidade tocáballe loitar por un caramelo ao que todos lles gustaría que lle tocara: entrar na Copa. E como este ano pasouse ao formato de oito equipos os que a disputan, era unha meta que se pode-

Partido do Envialia diante do Móstoles./RAMSÉS.

ría pelexar. As ourensás case sempre estiveron en postos de Copa, pero a segunda volta estase atragantando e cada vez ven máis lonxe a oitava posición. Actualmente son undécimas con 26 puntos, a catro da Copa -delimitada polo Gironella-. Nove xornadas para conseguir os puntos que o metan na próxima cita copeira. Roldán, Gironella, Móstoles e Majadahonda serán os seus rivais; dos cinco equipos dous entrarán. A pasada fin de semana as ourensás non pasaron do empate ante o UCAM na casa. Esta fin de semana visitan ao pechacancelas, Rubí. As catalanas estanse xogando a salvación, polo que non será un partido sinxelo. Ourense Envialia O ano pasado as de Chipi remataron na quinta posición, polo que este ano se marcaron subir un pouco máis na clasificación. Despois de dous empates e unha derrota nas tres últimas xornadas, as albinegras teñen cada vez máis complicado o reto de estar entre as catro primeiras. Son quintan con 37 puntos. Os malos resultados dos últimos encontros fixeron que se despegaran do cuarto clasificado, un Burela con sete puntos máis -44-; do terceiro, o Alcorcón, con nove puntos máis cas ourensás; e con 18 puntos menos co segundo, o Universidad de Alicante. Mención aparte o Atlético ao que ninguén lle dará caza. O que si teñen asegurada é a súa participación na Copa de España. Despois da derrota por 4-0 na pista do U. Alicante toca xogar esta fin de semana ante o Jimbee Roldán, que se está xogando un posto na Copa. O partido dará comezo ás 17 horas na pista central dos Remedios.

Este sábado, ás 17 h nos Remedios, o Envialia recibe ao Roldán

Barrios DEPORTIVO 24 de marzo de 2017

Un empate sen recompensa 4 O empate do Sala Ourense ante o Pazos de Borbén (1-1) o alonxa da loita polo título. R.T. O Sala Ourense e o Pazos de Borbén empataron un partido cuxo resultado non beneficia a ningún dos dous equipos. Os locais descólganse da loita pola Liga e os visitantes perden o primeiro posto. O partido foi duro, disputado, intenso e moi igualado. Empezou co guión previsto. O Pazos con presión en tres cuartos de campo e o Ourense con defensas alternativas. Os dous equipos utilizando as súas armas creaban perigo na porta rival; os ourensáns tentando impor a súa calidade para controlar o balón e o partido, e os pontevedreses tentando xogar con transicións rápidas, que é onde mellor se desenvolven. O duelo estaba tan igualado que se chegou ao descanso con 0-0 no marcador. Na segunda parte a Sala Ourense saíu mellor co rival. Aínda que os visitantes gozaron dalgunha ocasión, o maior número delas e máis claras foron dos ourensáns.

Porén, os de Kike García perdoaron en exceso nesta fase de partido. Guerra, cun disparo de volea no minuto 28 de partido, si acertaba coa portaría. En partidos tan igualados son os pequenos detalles os que marcan a diferenza; e neste non foi menos. Un despiste e ao traste todo o traballado ata o momento. Un erro que pagaron moi caro. Mentres os xogadores locais se quedaron protestando unha falta, os visitantes puxeron o balón en xogo moi rápido. Isto fixo que se quedaran sós diante de Rubén e empatarán no ecuador da segunda metade. Ata o final, o Sala Ourense o tentou con máis corazón que cabeza e desquiciados cos árbitros, o que non lles valeu para modificar o marcador. Kike buscaría a vitoria co xogo de cinco, os visitantes desaproveitaría un dobre penalti, pero o marcador non se movería. Empate a un que deixa descontentos aos dous equipos. Antes do comezo do encontro realizouse a pre-

Foto de familia de todos os xogadores do Sala Ourense.

sentación dos equipos da base do club. Clasificación Agora comanda a clasificación na Terceira división A Estrada con 48 puntos, seguido do Pazos de Borbén, con 47. O Sala Ourense é terceiro con 43. Faltan catro xornadas para que remate a Liga e aos ourensáns tan só lles resta xogar tres partidos (teñen a vindeira fin de semana a súa xornada de descanso). Difícil situación para poder loitar polo título, xa que os seus rivais xa tiveron a xornada de descanso. O seguinte encontro será o 1 de abril contra o Coruxo en Vigo. Complicado recuperar cinco puntos cando aos ourensáns lles restan por disputar nove. Carballiño O Carballiño ten complicada a súa permanencia na Terceira división. Esta xornada descansou e sitúase a catro puntos do seguinte na clasificación (o Casás que ten un partido menos que os de Arenteiro). A vindeira xornada visitan ao Santiago Futsal B.

Esta semana descansa o Sala Ourense e o Carballiño enfróntase ao filial do Santiago Futsal


Barrios DEPORTIVO 24 de marzo de 2017

BALONCESTO

O COB visita a un rival con moitas urxencias 4 O Calzados Robusta está en postos de descenso a falta de seis xornadas. R. Torres O Club Ourense Baloncesto xoga esta xornada -a número 29 da LEB Ourodiante do Calzados Robusta da Rioja. O partido terá lugar en Logroño este venres a partir das 20:45 horas. O Calzados Robusta ten as urxencias dun equipo que está en postos de descenso e ve como cada xornada a situación non muda. Sete partidos -un que foi aprazado, contra Breogán, no seu momento- son os que ten para revertir unha situación que pinta mal desde o comezo. Ademais, conforme pasan as xornadas cada vez son

menos os rivais cos que terá que loitar pola permanencia. O nome de Marín Peixegalego parece que o leva unha das dúas prazas de descenso; o outro da a sensación que será para o Huesca ou para Rioja. O fulgurante ascenso do filial do FC Barcelona nas últimas xornadas fan que este practicamente descartado para a loita pola permanencia. O resto, xa están moi lonxe, agás Prat que ten dúas vitorias máis que os rioxanos. Un equipo dirixido polo galego Antonio Pérez Caínzos, que estaba chamado a non pasar apuros durante o curso. Entre os xogadores, Carles Bravo,

Galarreta, Olumuyiwa ou mesmo Enric Garrido, entre outros, son nomes propios que falan do potencial dun Calzados Robusta que non está a dar a talla. Os ourensáns deberán aproveitarse da presión extra do rival, motivada por que non debe fallar se queren seguir con opcións de salvarse. Playoff Pola súa banda o COB estase xogando participar no playoff de ascenso. Sétimo con 16 vitorias, leva encarrilada a súa participación na promoción de ascenso. O Melilla conta coas mesmas vitorias que os cobistas, e Lleida e

Palma cunha menos, tendo cos segundos unha diferencia de dúas vitorias polo average a favor. Para Gonzalo García de Vitoria, o rival desta xornada, ten moitos puntos fortes, polo que os seus xogadores deberán estar moi concentrados. “A pesar da racha de tres derrotas consecutivas son un equipo moi perigoso” afirmaba o técnico na previa do encontro. Sobre os xogadores rivais, García de Vitoria así os describía: “os bases queren xogar moi rápido; Galarreta e Bravo o son todo na Liga, Pressley é novo na competición pero fai as cousas moi ben. Norris está mellorando con capacidade no poste baixo. Kupsas chegou fai pouco pero ten moita capacidade”. Tripla O COB é o que mellor porcentaxe no tiro de tres ten na competición (cun 49%), mentres que o seu ri-

Fran Guerra cólgase do aro durante o partido no Pazo ante o Barça B. /RAMSÉS. val tampouco anda frouxo nesa faceta (45,2%). O mal partido da última xornada de Galarreta e Bonifant (entre os dous sumaron 0 puntos) fai que de Vitoria os tema máis todavía.

Galarreta e Bonifant anotaron entre os dous 0 puntos no último partido


FÚTBOL

Unha vitoria para o ascenso 4 A Unión Deportiva Ourense, de gañar a vindeira xornada, festexaría o ascenso. R. Torres A vitoria da Unión Deportiva Ourense, xunto á derrota de Ribeiro e Velle esta pasada fin de semana, supón que os unionistas poderán celebrar, en caso de vitoria ante o Velle, o ascenso de categoría na vindeira xornada. O Bande xa celebrou o ascenso. Sete xornadas sobráronlle aos da Baixa Limia para un ascenso que tiñan marcado a lume esta tempada. Incrible o dun equipo que conta cuns rexistros inusuais nesta categoría. A vitoria, non sen apuros, diante do Ribeiro, supuxo o final do camiño antes de

tempo. Merecido ascenso do Bande, que dará guerra o ano que vén na Rexional Preferente. Pola súa bamda, a UD Ourense pode seguir os mesmos pasos a próxima fin de semana. Todo de cara para un conxunto unionistas que terá na casa a primeira oportunidade de sumar o terceiro ascenso na súa curta historia. De non conseguilo, quedarán seis partidos máis para certificar o que todos esperan. Subir ao grupo sur da Rexional Preferente é cuestión de tempo para un equipo que conta con só tres anos de historia. O partido contra o Ve-

Barrios DEPORTIVO 24 de marzo de 2017

lle dará comezo ás cinco da tarde do domingo 26 de marzo, no estadio do Couto. Bancada Desde a directiva agardan que, ao ser un partido especial, énchase a bancada de tribuna. Para este encontro farase tres sorteos entre as rifas que se vendan (bono de fin de semana en Caldaria, un bono para un masaxe e unha caixa de 12 botellas de aceite). O prezo das entradas manterase en 5 euros. Para esta ocasión os patrocinadores, xogadores da base e do equipo feminino ademais dos exxogadores do primeiro equipo están invitados. Antela - UD Ourense En canto ao partido entre o Antela e a Unión Deportiva Ourense no campo da Moreira, os visitantes non estiveron cómodos en ningún momento do encontro. A pesar de que o

Marcos Sotelo busca controlar o balón diante dun xogador do Antela. /RAMSÉS. campo era propicio para o xogo dos de Antonio Dacosta, estes apenas despegregaron un gran xogo. Aínda que contaron durante máis tempo co balón nos pés os capitalinos, foron os da Limia os que tiveron máis perigo. Concretamente nunha ocasión que enviaron un balón ao pao. E así rematou a primeira metade. Na reanuda-

ción, os locais continuaban coas súas chegadas á portaría contraria, que non se materializaban en gol. O que si estaría acertado sería Fran Martínez. O centrocampista da UD recollería o balón na área, e cun gran recorte e disparo lograba o único tanto da tarde. A partir do gol, os franxivermellos tiveron máis espazos. Pola súa

banda, o Antela tentouno ata o final; e lograron dar algún susto pero o marcador non se chegou a mover.

O partido contra o Velle dispútase o domingo 26 de marzo a partir das 17 horas no estadio do Couto


10

Barrios DEPORTIVO 24 de marzo de 2017

Barbadás e Barco, ante as últimas oito xornadas 4 Nas que buscarán manterse en Terceira. Redacción A falta de oito xornadas para que remate a Terceira división, tanto Barbadás coma Barco están inmersos na loita pola permanencia. Dependendo dos arrastres dos equipos que descendan da Segunda divisón B o colchón de puntos varía. Deste xeito, se nos poñemos no caso do Barbadás está con 10 puntos de vantaxe sobre os catro postos de descenso; se contamos que o Somozas está practicamente descendido, a distancia xa se recurta en seis puntos; e se o Boiro tamén descendera, entón sería so de cinco puntos a marxe coa zona de perigo. O Barbadás é noveno con 43 puntos. En canto ao Barco, este marcha na décima posición con 41 puntos, polo que a situación é un pouco máis delicada. Está oito puntos por enriba dos catro fixos que descenden; está a catro, se son cinco; e a tres se finalmente os que baixan

son seis (dependendo si son un ou dous os equipos galegos que baixen á Terceira división). Xornada 30 Na pasada xornada os dous conxuntos ourensáns puntuaron. Mentres o Barbadás lograba os tres puntos ante o Rácing Vilalbés (2-0) nos Carrís, o Barco lograba un punto na casa tralo empate a un diante do Compostela. Vindeira xornada Esta fin de semana dispútase a xornada número 31. Nela, o Barbadás visita ao líder da competición, o Deportivo da Coruña B. Encontro complicado para os de Miki López que queren sorprender ao máximo favorito ao ascenso. O Barco buscará a vitoria na casa do Bergantiños (sexto clasificado con 50 puntos) para sumar tres puntos que o alonxen o máis posible da zona de conflito.

Partido do Barbadás nos Carrís./ARQUIVO.

FÚTBOL

Arenteiro e Ourense C.F. con opcións de ascender 4 Verín e Polígono deberán pelexar para manterse. R.T. Distinta visión no grupo sur da Rexional Preferense según se mire cos ollos dos cinco equipo ourensáns que a militan. O Arenteiro e Ourense Club de Fútbol parece que loitarán polo ascenso ata o final; o Nogueira xa ten os deberes feitos; e Verín e Polígono, aínda que a teñen complicada, buscarán un milagre en forma de salvación. O Arenteiro é o mellor equipo ourensán. Os de Manel Vázquez levan case todo o curso entre as dúas primeiras posicións (as de ascenso directo) polo que ten encaminada a subida de categoría. Con 56 puntos é segundo, a dous do líder -Cultural Areas- e un máis que o terceiro -O Estradense-; precisamente este equipo será o rival da vindeira xornada. O domingo enfrontaranse a partir das 17:30 horas en Espiñedo. O seguinte equipo ourensán na clasificación é o Ourense C.F. Unha gran racha na que sumou dez encontros con vitoria sumado aos nove últimos puntos acadados de nove posible fan que o equipo dirixido por Fran Justo chegue ao tramo final con opción de disputar o ano que vén a Terceira división. Con 50 puntos é quinto a oito do líder, a

Partido en Espiñedo./ARQUIVO. seis do segundo e a cinco do terceiro -o que xogaría a promoción de ascenso-. O Moaña, que é o seguinte na táboa, está a un punto. Este sábado recibe ao Atios (noveno) no Couto a partir das 17 horas. O Nogueira de Ramuín, con 40 puntos, ocupa a décima posición. En terra de ninguén, parece que os de Luíntra non terán problemas ata o final de tempada. Lonxe dos postos que loitarán polo ascenso, tamén ten bastante distanciada a zona de descenso. Ao campo do líder deberá ir o conxunto ourensán esta fin de semana para disputar unha nova xornada de liga. Zona baixa E os problemas para os ourensáns chegan cos dous equipos que están loitando por non descender. Verín e Polígono ocupan a última e penúltima posición. Desafiuzados fai unhas xornadas, unha serie de resultados posi-

tivos meteron aos dous conxuntos na loita pola permanencia. Con 27 puntos por disputar os industriais están a tres puntos da salvación, mentres que os verineses están a cinco; poderían ser algún máis en caso de arrastres da Terceira división. O certo é que os dous afrontan este tramo final con optimismo, xa que as opcións de salvación, aínda que complicadas, son reais. Duelo directo do Poligono que recibe no Antonio González este domingo ao Erizana; en caso de ganarlle o pasaría na clasificación. Pola súa banda, o Verín ten que visitar ao oitavo, Pontellas.

O Arenteiro recibe este domingo -17:30 h- no Espiñedo ao Estradense

O Pabellón empata co líder Redacción O Pabellón Ourense da División de Honra xuvenil sacou un empate no seu partido diante do Celta de Vigo. Foi na xornada número 27 e cando xa está todo decidido para os ourensáns. Descendidos e sen presión, os pavillonistas sacan o seu mellor xogo para plantarlle cara ao líder e rabuñarlle un punto. Un Celta de Vigo que se está a xogar o título ligueiro neste grupo primeiro. Na primeira metade o marcador non se movería, e sería no segundo tempo cando chegaron os goles. O primeiro dos locais, e minutos máis tarde dos visitantes. Os vigueses o tentaron ata o final, pero a boa defensa dos franxiverdes evitaron a derrota. Un punto que non sirve de nada, pero que da moral para afrontar os tres últimos encontros do campionato. Santiago Este sábado, 25 de marzo, o Pabellón Ourense volve a xogar na casa. Nesta ocasión, diante do Santiago de Compostela a partir das 16:30 no campo Miguel Ángel, dos Remedios. Os da capital galega están na loita pola permanencia. Actualmente están en postos de descenso (décimo terceiros con 26 puntos), a dous da salvación. Unha salvación que a marca o Alondras con 28 puntos.


NATACIÓN

Natación

A Liga de clubs chega a Ourense 4 Disputase esta fin de semana a última xornada. Redacción A piscina Rosario Dueñas do pavillón municipal de Ourense acolle a última xornada da Liga galega de clubs, na División de Honra. Será este sábado 25 de marzo en xornada de tarde (a competición dará comezo ás 17:30 horas). Esta será a terceira xornada da fase regular e na

mesma decidirase que tres equipos loitarán polo título e cales serán os outros tres que teñan que pelexar pola permanencia. En canto ao Club Natación Pabellón Ourense, os seus integrantes buscarán un oco na loita polo cetro autonómico. Nacional A pasada fin de sema-

A última xornada da Liga de clubs dará comezo ás 17:30 horas na Rosario Dueñas

4 De natación máster. O Club Natación Pabellón na súa categoría máster participou con seis nadadores no festival de fondo, Memorial Gerardo Steudel, celebrado o pasado domingo 12 de marzo na piscina pontevedresa do Galaico “Rías do Sur”. A actuación foi moi boa, logrando dúas medallas.

Os nadadores desprazados ao torneo foron Cristina García Colomo, Manuel García Colomo, Juan Carlos Rodríguez Vázquez, Ángel Blanco Pérez, Javier Roqueiro Vecino y Manuel Gómez Sousa. As probas que se nadaron foron as de 1.500 e 800 libres tanto masculinas como femininas.

Cristina García Colomo levouse a vitoria nos 1.500 e Manuel García Colomo, nos 800. Rectificación O pasado 12 de febreiro disputouse o festival de estilos en Vigo. Un erro nas puntuacións levou a modificar os resultados dos 400 estilos femininos. Cristi-

Jacobo Caride e Daniel Gonzáles xunto aos adestradores do CNPO, Daniel Toro e Santi Escudero.

na Colomo, despois de subsanarse o fallo, proclamouse campioa na proba. Así, a ourensá, en vez de acadar dúas vitorias logrou tres. Noutro orde de cousas, a mesma nadadora logrou o subcampionato de España de longa distancia (3.000 metros) disputado en Mataró (Barcelona). Tempada De aquí a final de tempada ao CNPO máster réstalle disputar a terceira e cuarta xornada da Liga máster; os campionatos de Galicia que se disputarán na piscina Rosario Dueñas de Ourense e os Campionatos de España de verán. Vigo O evento máis próximo para o máster será este domingo 26, cando se celebre en Vigo unha nova xornada da Liga máster, onde haberá unha representación do Club Natación Pabellón Ourense.

O equipo do CNPO máster en Pontevedra.

11

na celebrouse en Gijón o Campionato de España infantil e júnior. Por parte do CNPO acudiron Jacobo Caride e David González. Os pupilos de Daniel Toro realizaron un bo torneo rebaixando os seus mellores rexistros. Ademais, David González lograba unha mellor marca provincial nos 100 braza, o que lle valeu para meterse na final e rematar noveno, e cuarto na súa idade.

O CNPO faise con dúas medallas no Memorial Gerardo Steudel Redacción

Barrios DEPORTIVO 24 de marzo de 2017

O Campionato de Galicia de natación máster celebrarase na piscina Rosario Dueñas de Ourense


12

Barrios DEPORTIVO 24 de marzo de 2017

ENTREVISTA

entrevista a josé garcía calvo “willy”

“Isto é o que fixen toda a vida, probas de longo percorrido e de supervivencia” 4 Ten 70 anos recén cumplidos e este será o seu cuarto Marathon Des Sables. Willy mantén a ilusión do primeiro, ao que suma o valor da experiencia. R. Torres O próximo 9 de abril dará comezo o 32º Marathon Des Sables, que percorre o deserto do Sahara. Serán 6 etapas para completar 250 quilómetros e entre os 1.200 heroes inscritos atópase, por cuarta vez, o ourensán José García Calvo “Willy”, que acaba de cumplir 70 anos. Confesa que con 75, se ten saúde, repetirá. Cantas veces realizaches esta proba? Willy: “Esta será a miña cuarta vez. Empecei con 55 e repetín con 60, 65 e agora que xa teño cumplidos os 70. E cando teña 75 se teño saúde, que iso é o máis importante, repetirei. No medio estiven en Jordania no ano 2000, foi unha proba de moita distancia, 180 km, pero diferenciábase porque había que facelo con estratexia propia e non por etapas, era unha proba non stop”. Máis ilusionado ca nunca? W: “Máis que ilusión o que teño é sorte de á miña idade non estar enfermo”. Como adestraches? W: “O meu adestramento é persoal e intransferible, e baséase na experiencia

“É a proba de supervivencia máis dura do mundo”, asegura

vivida nas tres veces anteriores, que me fan coñecer o terreo, os desniveis...e iso é moi importante. O deserto non é chan, as dunas son complexas. Estiven 6 meses facendo un exercicio aeróbico, de luns a venres 2 horas diarias, sábado descanso e domingo 4 horas. Pero conforme avanzaba o tempo iba poñendo máis quilos na mochila, porque unha das características desta proba é que hai que levar enriba todo o preciso para sobrevivir 7 días, entón chego a adestrar con 8 ou 9 quilos. Tes que manterte realizando esforzo durante moito tempo, e acumulas cansazo dun día para outro, porque alí se un día corres 40 quilómetros ao día seguinte fas outros 40, e ao seguinte 90, entón tes que te acostumar a iso. E é moi importante facer desniveis moi fortes, o desnivel mínimo que fixen foi a costa de Canedo, a porcentaxe de desnivel é dun 13 ou 14% porque alí nos atoparemos con ese problema, entón non vale de nada facer 30 quilómetros ao lado do río Miño”. Nestes 15 días que faltan, como te preparas? W: “Toca eliminar cantidade e subir en calidade. Este domingo farei un adestramento de 5 ou 6 horas, será o último longo. A partir de aí farei unha hora diaria e algo de velocidade, e dende o día 2 xa máis relaxado”. O cuarto día son 90

Como é o proceso da viaxe e a proba? W: “O 6 de abril saímos cara Madrid, de alí collemos un avión a Casablanca, e de aí a Uarzazt, dende onde imos en autobús ao centro do deserto, a 200 quilómetros. Temos uns días de adaptación ao medio, nos que nos fan recoñecemento médico e comproban a mochila. E o día 9 comeza a proba ata o 14 de abril. Logo o 15 hai entrega de premios e o 17 estarei de volta”.

O ourensán José García Calvo “Willy”.

“Cantas persoas cres que hai inscritas que teñan máis de 70 anos? Somos 9. Así que, non me gusta dicilo, pero vou intentar gañar”, adiantounos Willy quilómetros. W: “Si, ese día estamos todos máis nerviosos porque te enfrentas a que non acabarás ata a madrugada saíndo ás 9 da mañá, parece que non remata nunca. É duro, eu só penso nesa xornada, hai que ter a cabeza ben posta, tomala con cautela e paciencia. E logo tes todo o día seguinte libre para recuperarte e porque hai marxe para que a xente a faga. Pero unha vez que acabas ese día practicamente fáltanche 60 quilómetros”. Que dá o Maratón das Areas para que haxa tantos inscritos?

W: “Esta proba é para xente de clase media-alta, porque a inscrición é carísima. Entón os executivos do IBEX 35 que teñen 40 anos e queren fardar de que fixeron a proba máis dura do mundo son os que se apuntan. E como xa fixeron o Maratón de Londres, o de Madrid ou o de New York, gastan 4.000 euros neste e optan por subir un escalón máis. O que ten é que é a proba de supervivencia máis dura do mundo. En canto a min o que me tira é que isto é o que fixen ao longo da miña vida e iso é o que sei facer, probas de longo percorrido e de supervivencia, ese é o

meu oficio. Entón atopei a proba que me vai perfecta e domínoa”. Con que pretensións vas? W: “Cantas persoas cres que hai inscritas que teñan máis de 70 anos? Somos 9. Ao ver a lista extrañeime, porque eu sei que en Ourense son dos poucos que a esta idade fai estas cousas, pero no mundo hai moita xente de 70, 80 e de 90 que o fan. Así que sendo tan poucos, non me gusta dicilo, pero vou a gañar. Tendo en conta tamén que cando cumplín 60 quedei segundo, con 65 quedei oitavo”.

Como será a alimentación eses días? W: “Todo vai na mochila. Teñen que ser moitas calorías e pouco peso, é a comida dos astronoautas, liofilizada; e tamén froitos secos, Meritene, sopas, e geles. A base son calorías, hidratos e sales; ata che dan eles pastillas de sal, porque ao ser un clima moi seco é moi importante. Pero este ano vou levar xamón e aceite para a sopa. Está todo programado, co que tes que tomar cada día. De almorzo, Meritene con froitos secos; logo cada 10 quilómetros tomamos dous geles; auga cada 10 quilómetros e sales; ao rematar tomamos un té quente para reconfortarnos; e á cea dúas ou tres sopas”. Quen te acompañará? W: “Vai por terceira vez Ana Guede, e por primeira vez Daniel, que é fisioterapeuta, ten 45 anos e está preparadísimo, seguro que o fará moi ben”.


VOLEIBOL / RUGBI

Barrios DEPORTIVO 24 de marzo de 2017

A Sincro Ourense, no nacional

voleibol

De todo, no inicio da fase de ascenso

Redacción

4 Para os equipos filiais do CV San Martiño. Redacción A pasada fin de semana comezaron o camiño das fases de ascenso os filiais do club voleibol San Martiño. Un total de seis encontros que se saldaron a metade como vitorias e a outra metade como derrotas. O equipo xuvenil do IES As Lagoas, que loita no grupo A, enfrontouse ao Rianxo co que perdeu por 3 a 1 nun mal partido das ourensás. O infantil Guillelme Brown foi a xogar contra o equipo Atlético Boiro para o ascenso á Primeira autonómica. O encontro decantouse do lado das ourensás por 1-3 co que chegan con vantaxe ao partido de volta. O Dompa Gestion sénior, que está loitando por meterse na fase de ascenso, á 1ª divison autonomica, enfrontábase a un equipo moi poderoso fisicamente como é o AD Xiria. O encontro comezou moi igualado e con moita emoción. A pesar diso, as visitantes leváronse os dous primeiros sets. Nese momento, as ourensás sacaron o mellor de si para darlle a volta ao marcador e levarse a vitoria por tres sets a dous. Agora toca o partido de volta para saber que equipo entra na semi-

final. O mesmo lle pasa ao conxunto xuvenil do Dompa, na súa eliminatoria diante do Narón Volea. O partido foi moi vibrante con reparto de sets nos catro primeiros (empate a dous). O quinto e definitivo caeu do lado das ourensás que chegan ao partido de volta cunha lixeira vantaxe. O gañador desta eliminatoria pasará ás semifinais na loita polo ascenso. O equipo de 2ª autonómica sénior, San martiño, tocáballe xogar contra un dos peores rivais: o Calasancias da Coruña. A pesar das ilusión das ourensás, nada puideron facer, e perderon o encontro por tres sets a cero. Por último, o cadete caeu diante do Zalaeta. O resultado foi de 3-2. Aínda queda o partido de volta para revertir a situación. Copa Deputación Tamén se disputou un encontro da Copa Deputación entre a Escola San Martiño e o Voleyourense de categoría cadete, con vitoria para os segundos por 3 a 0.

O Dompa sénior venceu ao Xiria por 3 a 2

Encontro dun dos equipos filiais do CV San Martiño.

13

Un partido do Campus Ourense Rugby disputado esta tempada como local./ARQUIVO.

O Campus Ourense Rugby despídese da súa afección por este ano 4 Xogará este domingo o último encontro da liga en casa. R. Torres Quedan dúas xornadas e o Campus Ourense Rugby despídese da súa afección nesta xornada (a última a xogarán coma visitantes). Despois dunha magnífica tempada no ano do seu debut na División de Honra B do rugbi nacional toca despedirse ao grande. Desde o club agardan que acudan moitos afeccionados ao campo do Campus para despedir ao equipo como se merece. O encontro terá lugar este domingo a partir das 12 horas. Ademais, a pesar de ter a salvación asegurada, son moitas cousas as que se xogan os homes de David Monreal nestas dúas xornadas. Obxectivos Por unha banda quererán despedirse do seu público cunha vitoria. Pero é que ademais o seu rival desta xornada -o Uribealdea- está unha posición por enriba dos ourensáns; mentres os

vascos son cuartos con 63 puntos, o Campus é quinto con catro puntos menos, 59. Polo que poderían subir unha posición na táboa. Outro dos obxectivos marcados neste final de curso é ser o primeiro equipo galego. Polo de agora o están a cumplir, xa que o CRAT Coruña é sétimo con 48 puntos e o Kaleido Universidade de Vigo é oitavo con 44. Fin de tempada O Campus Ourense Rugby pechará esta campaña histórica no seo do club en Oviedo. Alí, enfrontarase o vindeiro 2 de abril ao Real Oviedo Rugby. Os asturianos son penúltimos (undécimos) con 27 puntos, empatados cos décimos (El Salvador B) e a 10 puntos do noveno (Eibar). Charla O próximo día 8 de abril, sábado, terá lugar na Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo de Ourense unha conferencia impartida polo Doutor

Carles Pociello Mirada sobre Primeiros auxilios e concussions (Conmocións cerebrais) en Rugbi. Está organizada polo Campus Universitario Ourense COOSUR de rugbi coa colaboradoración, do Vicerreitorado do Campus de Ourense. Carles Pociello Mirada xogou ao rugbi co equipo da Facultade de Medicina co que gañaría 2 campionatos de Cataluña entre o 71 e o 77, despois xogou co CD Universitario na División de Honra A e B. E despois seguiu xogando coa Agrupación de Veteranos de Barcelona cos que segue vinculado. Como médico de Club estivo no CN Montjuic e no RC L´Hospitalet.

O encontro ante Uribaldea dispútase este domingo a partir das 12 horas no Campus

Entre o 16 e o 19 de marzo celebrouse na piscina San Jordi de Barcelona o XVIII Campionato de España Alevín e Infantil de Inverno, Trofeo Asisa de Natación Sincronizada ao cal acudiu o Club Sincro Ourense con 19 nadadoras. En categoría alevín participaron representando ao club ourensán Eva Rodríguez, Antía Touriño, Cristal Mota, Blanca Moyano, Iris Carid, Lea Pulido, Iria Fernández, Antía Blanco e Estela Ojea. Na proba de figuras individuais destacaron na clasificación por grupos de idade as máis novas do grupo (nadadoras do ano 2007), finalizando Antía Blanco no posto 14º, Estela Ojea, 16ª; Cristal Mota, 18ª; e Iria Fernández, 20ª. Na proba de Combos alcanzaron o posto 15 e na clasificación global por clubs ocuparon o posto 16 de 30 participantes. En canto ao grupo das infantís as nadadoras ourensás clasificadas para o nacional foron Candela Rodríguez, Lola Carracedo, Rebeca Ruíz, Iria Guevara, Lucía Villar, Claudia Bande, Ana Moyano, Rocío Branco, Era Lamas e María González. Na competición de figuras destacaron na clasificación por anos de idade María Seara que foi 25ª e Era Lamas, 59ª; Ana Moyano acabou 37ª e Rocío Blanco 65ª. Na clasificación xeral absoluta destacaron Ana Moyano, 95ª; Claudia Bande, 98ª; Candela Rodríguez, 101ª; Rebeca Ruíz, 117ª, Lola Carracedo, 124ª, situándose case todas as nadadoras ourensás na primeira metade da táboa clasificatoria. A adestradora destas nadadoras é Elvira López. Na suma de figuras, o Sincro Ourense finalizou no posto 14 de 35 clubs participantes, ocupando o posto 16 nas Rutinas Libres Combinadas e o 15º na clasificación final por clubs.


14

Barrios DEPORTIVO 24 de marzo de 2017

A Pozo do Demo, no horizonte Redacción Sete anos conta xa a Andaina e carreira “Pozo do Demo”. O domingo 9 de abril celebrarase a sétima edición. Unha andaina e dúas carreiras é a oferta deste ano dunha das probas máis emblemáticas da provincia. A andaina terá un percorrido de 19 quilómetros e dará a súa saída ás 10 horas desde o pavillón dos deportes de Verín. En canto á carreira, dous serán os percorridos. Un longo de 27 km, e outro de 10; ámbolos dous polo monte. A carreira longa comezará ás 9 da mañá, e media hora máis tarde sairán os da curta; todos desde Cabreiroá. Inscricións As inscricións faranse en championchipnorte. com e está aberto o prazo ata o 5 de abril. Tamén se pode inscribir en Multisport Verín (presencial ou no mail: buzon@multisport.es); en Deportes Redonet (Ourense) ou nos teléfonos: 600 410 018 / 988 414 423.

Cartel da andaina e carreira do Pozo do Demo.

POLIDEPORTIVO

Vai de andainas

4 Celanova, O Carballiño e Xunqueira celebran as súas. Redacción Chega a primavera e con ela florecen as andainas. Na provincia comezan a chega; Celanova e O Carballiño xa celebran as súas este mes. Celanova O próximo domingo 26 de marzo celebrarase a II Andaina polo Camiño de San Rosendo, que cubrirá o tramo comprendido entre O Vieiro e Celanova. Os participantes collerán ás 9 da mañá un autobús na avenida San Rosendo (fronte ao bar Rocarine) que os levará ata o inicio do itinerario. Os interesados deben inscribirse previamente (por un prezo de 2 euros) na Oficina de Turismo do Concello de Celanova ou no 988 43 22 01, antes do venres 24 de marzo. Recoméndase que os andaríns leven roupa e calzado axeitado e eviten exceso de peso. O Carballiño A VI Andaina pola

Igualdade, que se desenvolverá o domingo 26 de marzo no Carballiño, terá un percorrido de 16 km e discorrerá pola zona do sur e oeste do municipio do Carballiño, pasando polo balneario das Caldas, por unha parte da ruta dos Arrieiros e polo sendeiro do Arenteiro. A saída está prevista para as 9:30 h. desde a praza Maior. Haberá dous puntos de avituallamento, en Porto de Eguas e Corbal, e rematará ao mediodía na praza Maior. O itinerario é o seguinte: Praza Maior, Señorín, Santián, As Caldas, Partovia, Refoxo, Porto de Eguas, Cima de Vila, Sona, Covelo, Corbal, A Seara, Miomás, Muiño das Lousas, zona residencial e Praza Maior. As persoas interesadas en realizar esta andaina poden inscribirse no Centro de Información da Muller (CIM), na rúa Faustino Santalices. Como se trata dunha andaina solidaria, os donativos que se realicen irán a Cáritas e San Vicente de Paúl.

Fila de andaríns nunha andaina na provincia. /ARQUIVO.

Xunqueira Para o 2 de abril -domingo- queda a andaina solidaria de Xunqueira de Ambía “Axudemos a Casa Tomás”. As inscricións realizaranse por mail en osaltamontes@gmail.com (enviando nome, DNI, teléfono e mail); no Concello de Xunqueira ou no Bar Guede; ou mesmo o propio día da andaina. Para colaborar están dispoñibles os dorsais solidarios. Haberá dous percorridos un de 2 quilómetros e outro de 14. Ribeira Sacra O 15 de abril está previsto que se celebre a andainda da Ribeira Sacra entre as localidades de San Pedro de Rocas e Santo Estevo.

O Galmédica, líder na fase de ascenso 4 Faltan dúas concentracións por disputar. Redacción O Galmédica Ourense da Terceira división nacional masculina ocupa a primeira posición na fase de ascenso. Tras oito xornadas disputadas os ourensáns suman 13 puntos, os mesmos que o segundo clasificado: o Helios Asesoría Serinte, equipo que rematou primeiro na fase regular no grupo dos Galmédica. O cadro ourensán está moi ben colocado para afrontar as seis últimas xornadas con opcións de ascender de categoría. Dúas concentracións Esta fase final dispútase por concentracións. Cada fin de semana todos os equipos se concentran nunha localidade

para disputar tres partidos cada un. A esta promoción de ascenso réstanlles dúas concentracións. A primeira delas será esta mesma fin de semana en Zas (A Coruña). O Galmédica Ourense xogará diante do Club San Xoán Veteranos (pechacancelas), Liceo de Noia B (terceiro) e dos locais do Zas Ponciano Nieto (quintos). Saír ben parado desta xornada suporía que se xogarían o ascenso na última concentració, a disputar dentro de dúas fins de semana en Narón.

Seis xornadas son as que faltan para que remate a fase de ascenso

A VI Andaina pola Igualdade do Carballiño (26 de marzo) percorrerá 26 quilómetros

O Galmédica xógase o ascenso nestas dúas vindeiras fins de semana. /ARQUIVO.


NOVAS

Barrios DEPORTIVO 24 de marzo de 2017

15

Barrios DEPORTIVO. Edita: Letras a la Carta S.L. CIF: B-32.323.925. Depósito Legal: OU 185-2009. Redacción: r/ Bedoya, 7, 1º, of. 6 - 32004 Ourense. Tel: 988 04 53 52 / 685 969 546. Correo-e: deportes@periodicobarrios.com. Distribúe: Lebre Mensaxeira. Imprime: Publicaciones Tameiga. Director: Ramsés Torres. Director comercial: Miguel Rejo. Redacción e fotografía: Ramsés Torres, Miguel Rejo. Colaboracións: C. Domarco. Nº156- Ano: IX - 24 de marzo de 2017 - Difusión: 5.000 exemplares Este periódico non pode ser reproducido nin total nin parcialmente, sen autorización previa da empresa editora Letras a la Carta S.L. Impreso en papel 100% reciclado. Se ten algún problema co reparto, pregámoslle que nolo comunique no teléfono 988 04 53 52 / 685 969 546.

Diana Siota, co ouro do Dutch Open de Eindhoven.

Éxitos do club Couto de taekwondo

Partido do Nova Xestión disputado nos Remedios./ARQUIVO.

Derrota pola mínima do Nova Xestión 4 Os ourensáns están a dous puntos de librarse da promoción de descenso. Redacción A derrota pola mínima do Nova Xestión Balonmán Pavillón fai que o equipo sénior masculino, da Primeira autonómica, teña que agardar para acadar a permanencia matemática. O Nova Xestión Pabellon viaxaba a terras de Redondela para tentar sacar os dous puntos que lle servirían para eludir matematicamente o descenso directo, pero as contas non saíron ben. Aínda que é certo que o descenso directo librárono, non así a promoción de descenso, onde deberan conseguir dous puntos a próxima xornada contra o Naron. O seu próximo rival está na mesma situacion que

o equipo ourensán, polo que será un encontro de urxencias. SAR Contra o SAR, os dous equipos contaban con numerables baixas. Os locais saíron mellor ao terreo de xogo, marcando diferenzas de tres e catro goles, grazas a actuación do seu lateral. O marcador ao descanso reflexaba un 12-9 para os locais. Na segunda metade, o Nova Xestión Pabellon mellorou o seu ataque, e conseguiu empatar o partido e porse un gol por enrriba nalgúns momentos. Ata que a lesión de Brais rompeu a remontada pavillonista. A partir dese momento o adestrador, Diego Lorenzo, optou

por unha defensa mixta sobre o mellor xogador rival. Esa decisión xunto con boas accións do gardamallas Cerviño parecían que o encontro decantaríase do bando visitante. Ata que se chegou aos minutos finais, e foi aí onde os ourensáns non souperon manexar o partido. Parabase o cronómetro a 20 segundos do final por tempo morto do Pabellón, e con marcador empatado a 21. Esperábase ver finalizado o encontro con ataque longo dos pavillonistas tendo opción mesmo de gañar o encontro. Pero unha perda desafortunada de balón deu un último contrataque ao mellor xogador local, que certificou con gol dous puntos que dan osíxeno ao SAR, empatando a puntos cos das Burgas. Aprázase a salvación matemática dos ourensáns.

O Nova Xestión eludiu o descenso matemático de categoría

O club Couto de taekwondo ten de que presumir neste mes. Por unha banda, no Campionato de España celebrado en Cartagena, Esperanza Fernández proclamouse subcampioa na categoría máster 2; ademais, Ainoha García logrou a novena posición. Por outra banda, no Dutch Open de Eindhoven (Holanda), Diana Siota colgouse a medalla de ouros tras batir a catro rivais (Holanda, Alemaña, Gran Bretaña e de novo Alemaña na final). A súa compañeira, María González, non puido pasar dos oitavos de final ao caer contra a rival de Polonia por un só punto. Esta fin de semana celébrase en Alicante o Open de España.

Rubén Córdoba e Iria Ollero, xunto con mestre Montero (centro).

Tres medallas no Torneo La Salle Tres judokas do club Marbel regresan con medallas do Torneo La Salle de Santiago. O pasado domingo, 19 de marzo tivo lugar a terceira edición deste prestixioso evento. Ao mesmo acudiron tres ourensáns, que regresaron con medallas colgadas do pescozo. Iria Ollero (-57 quilos) só perdeu na final contra Sara López (UDC), despois de enlazar catro combates gañados de forma consecutiva na fase previa. Tamara Silva logrou a medalla de bronce na categoría de +63 quilos, só por detrás de Ana María García (Santiago) e Lucía García (Viana). Rubén Córdoba colgouse o mesmo metal (en menos de 73 quilos), tras Ión López (Shiai) e Javier Plaza (Oleiros).


Barrios DEPORTIVO 24 de marzo de 2017