Issuu on Google+

[Páx. 11]

Entrevista a Xulio Conde, adestrador da Escola de ciclismo José Antonio Hermida VERÍN

Páx. 2

Recuperación de zonas afectadas polos incendios

XINZO

Páx.4

Vilar de Santos investe 244.000 euros en melloras

ALLARIZ

Páx.6

A ITV agrícola estará en Allariz catro días en febreiro

CELANOVA

Páx.7

A Fundación Curros Enríquez doa 275 publicacións

Os Reis Magos trouxeron ilusión á provincia

DEPORTES

Páx.12

Iván Feijoo, campión de España de ciclocross

[Páx. 8]

Os Magos de Oriente visitaron, entre outras vilas, Xinzo de Limia e Verín. /M. REJO e CdeV.

Número: 33 - Ano: X - Xaneiro 2017 - Depósito Legal: OU 142-2014 - Periódico mensual de distribución gratuíta www.periodicobarrios.com - BARRIOS volve estar no seu buzón a mediados de febreiro. Se quere anunciarse consulte no 685 800 190




Barrios Xaneiro de 2017

VERÍN E COMARCA

O Entroido de Verín, na “Red Europea de Ciudades con carnaval”

EN BREVE

4

Dinamización do rural O Concello de Verín vén de asinar un convenio de colaboración con nove asociacións de mulleres rurais de Verín polo que outorga unha subvención de 500 euros a cada unha delas, con motivo do excelente traballo realizado durante o ano 2016 como axentes dinamizadores do medio rural. Ao acto de sinatura acudiu Diego Lourenzo, tenente de alcalde de Verín, e as representantes legais das asociacións de mulleres rurais: Patio do Melo, Santa María de Tamagos, San Pedro, O Recucho, Fonte do Sapo, As Candeas, Airiños dá Terra, Femuro, O Toural. Devandito convenio está enmarcado no plan de dinamización do medio rural do Concello de Verín que ten como finalidade promover a vida sociocultural das aldeas do municipio.

4

Caos no hospital de Verín A comisión representante dos traballadores do hospital de Verín considera que a situación que atravesa o centro vén provocada pola falta de xestión por parte da xerente da área, Eloíña Núñez. Ademais, denuncian a reduciron efectivos en 2015, pasando de 8 a 7 facultativos; e que fai un mes prescindiron dun internista e agora son só seis.

4 Promovida pola Comisión Europea. R. Torres

A conselleira de Medio Rural, Ángeles Vázquez, supervisando os traballos de restauración forestal na localidade de Monterrei./M.REJO.

550.000 euros para recuperar as zonas afectadas polos incendios 4 Xunta e Estado únense para axudar aos concellos de Cualedro, Oímbra e Monterrei. Redacción A conselleira do Medio Rural, Ángeles Vázquez, supervisou esta semana os traballos de restauración forestal e medioambiental das áreas afectadas, o pasado verán, polos incendios na comarca de Verín. A Xunta e o Goberno Central destinarán arredor de 550.000 euros aos traballos de recuperación nos concellos de Cualedro, Oímbra e Monterrei. As labores céntranse no tratamento da vexetación, o control da erosión e a mellora de infraestruturas danadas. En Monterrei xa se le-

vou a cabo o tratamento da vexetación, traballos de control da erosión e de mellora e reposición de infraestruturas danadas, actuacións que tamén deron comezo en Oímbra e Cualedro. Oímbra e Cualedro No caso de Oímbra e Cualedro, o Consello de Ministros aprobou o pasado día 30 de decembro de 2016 unha achega de 400.000 euros para financiar os traballos de recuperación, que xa se iniciaron nos montes de Xironda e A Pedrosa, no termo municipal de Cualedro. Nestas zonas xa se levaron a cabo tarefas de control da erosión, colocando 158 metros lineais

de socalcos de pedra e estendendo palla de xeito manual nun total de 25,4 hectáreas. A maiores, a Xunta traballa en coordinación cos alcaldes e os veciños afectados na procura de fórmulas que permitan poñer de novo en valor os terreos ardidos, para facelos produtivos e previr novos incendios.

A Xunta, xunto a alcaldes e veciños, busca fórmulas para poñer de novo en valor os terreos ardidos

O Concello de Verín acaba de ser aceptado como asociado na Rede Europea de institucións públicas e privadas relacionadas coas festividades do entroido europeo. Verín verase beneficiado directamente das oportunidades de promoción e financiamento a nivel europeo, a curto prazo. Ademais, de forma indirecta participará en calidade de asociado no proxecto Patrimonio Efimeral dos Rituaus do Entroido Europeo (CARNVAL). Devandita rede reúne a máis de 25 institucións de Portugal, Italia, Alemania, Reino Unido, Croacia, Eslovenia e España. Foi creada baixo os auspicios da Comisión Europea, e aspira a promover accións de interese para todos os seus membros. Como tal, pre-

tende actuar como ligazón entre os eventos festivos do entroido e os actores, audiencias, provedores, comerciantes, axencias de turismo e os medios de comunicación co fin de promover actividades multidisciplinarias e transnacionais. Promoción O proxecto foi financiado co apoio da Comisión Europea e o seu obxectivo é promover algúns dos rituais dos entroidos europeos e os sectores culturais e creativos asociados con eles, xa que constitúen unha parte importante do patrimonio cultural inmaterial de Europa. Polo tanto, o proxecto pretende dar maior atención a estes acontecementos e crear vínculos entre eles e, en última instancia, reforzar a idea dun espazo cultural europeo común e realzar o sentimento dunha identidade europea común.

Cigarróns do Entroido de Verín./ARQUIVO.


VERIN E COMARCA

Pleno de Verin

Oito rúas reimplantarán a ORA 4 É unha petición dos propios comerciantes para estimular a rotación do aparcamento.



O premio “Este Nadal merca en Verín”, para Miguel Vega 4 Este premio de promoción de localidade está dotado cun importe de 1.000 euros.

Redacción O pleno do Concello de Verín aprobou a modificación da ordenanza do servizo que regulará o aparcamento nas rúas máis comerciais da vila. O Concello de Verín reimplantará a ORA en oito rúas, a petición dos comerciantes, para estimular a rotación do aparcamento nas zonas de servizos. Non haberá concesión, e será a propia Policía Local a que vixíe o cumprimento dos horarios. Así o aprobouse no primeiro pleno do ano do concello. A votación contou cos votos a favor de PSOE e BNG, e en contra do PP. A nova tarifa que se aplicará na zona ORA será de 0,50 euros/hora e estará en funcionamento en febreiro nas avenidas Luís Espada e de Portugal, e as rúas Deputación, Laureano Peláez, José Santamarina, Irmáns Moreno, Galicia e parque da Alameda. O alcalde, Gerardo Seoane, na explicación da renovación da ordenanza, sostivo a necesidade de facilitar a rotación do tráfico nas peticións dos comercios do centro, que necesitan facilidades para o apar-

Barrios Xaneiro de 2017

Redacción

O novo concelleiro Danirel Diéguez tomando o cargo durante o pleno. /CdV. camento dos seus clientes. Ademais, Seoane explicou que “o goberno xa fixo os deberes” en canyo a reordenación e dotación de zonas de aparcamento, sendo agora necesaria esta nova medida. Plans Por outra banda, o pleno aprobou a solicitude de inclusión no Plano de Obras da Deputación de dúas

actuacións por 120.000 euros, referidas a “Saneamento de Pavimentación do núcleo tradicional de Vilamaior”, e a de “Saneamento e Pavimentación do núcleo Tradicional de Tintores”, que teñen que ser desenvoltas co apoio da institución provincial. Daniel Diéguez Pero a sesión iniciouse coa toma de posesión ofi-

cial do novo concelleiro do Partido Popular, Daniel Diéguez Diéguez, que substitúe no seu escano ao edil Castor Gago.

A nova tarifa da ORA será de 0,50 euros/hora a partir do mes de febreiro

O premio da promoción “Este Nadal Merca en Verín” entregouse mediante un sorteo presencial durante a Gala Máxiva de Aever celebrada no Pavillón Municipal. No sorteo participaron todas aquelas persoas que compraron ou consumiron nos establecementos asociados a Aever, do 4 de decembro ao 3 de xaneiro, por un importe superior a 10 euros. O gañador, Miguel Vega Vega, poderá poderá gozar do seu premio realizando compras por un importe de 1.000 euros en, polo menos, cinco establecementos de asociados a Aever, non podendo gastar máis de 200 euros en cada un deles. Na Gala Máxica de Aever estiveron presentes o presidente da Asociación de Comer-

ciantes de Verín (Aever), Santos Álvarez; o xerente do colectivo, José Ángel Rodicio; o alcalde de Verín, Gerardo Seoane e a responsable da cámara de comercio en Verín, Susana Boo. A gala contou coa participación de centos de nenos e nenas que gozaron dunha divertida xornada de actuacións de maxia da man dos artistas Mago Xacobe e Magomimo Anyo. Concurso de Escaparates de Verín 2016 No evento tamén se entregaron os correspondentes cheques regalo aos gañadores do Concurso de Escaparates de Verín 2016. O primeiro premio, dotado con 150 euros, foi para Aquaerea; o segundo (100 euros), para Ángela Moda e o terceiro (50 euros) para Chiqui Moda Infantil. No concurso participaron 40 establecementos.




Barrios Xaneiro de 2017

EN BREVE 4 Museo da Limia O Museo Etnográfico da Limia, pechará, varias semanas para realizar obras e tratar as pezas. Moitas das obras son de madeira e deben ser tratadas para evitar as pragas e o caruncho. Tamén se reparará unha entrecuberta, un baño e o patio. Sen data concreta, o museo estará pechado ata finais de xaneiro ou principios de febreiro. Mentres tanto, o consello directivo reunirase para concretar as premisas para este ano.

4 Conferencia Este 14 de xaneiro terá lugar no Salón de Plenos de Xinzo de Limia -ás 19 horas- a conferencia “O envellecemento, benestar e beleza”, impartida por Alfredo Cueto, Director Técnico de Evolugie. Organiza Isaura Caramés Pérez (Instituto de Beleza Saxe).

4 Exposición O domingo 15 de xaneiro remata a exposición “Teño unha aldea” que leva instalada na Casa da Cultura de Xinzo de Limia (r/ Curros Enríquez) desde o 22 de decembro do pasado ano. A mostra é unha exposición colectiva de varios fotógrafos que organiza a Agrupación Fotográfica FotoSintese.

XINZO E COMARCA

Vilar de Santos investe 244.000 euros en melloras

Xinzo prepárase para o Entroido

4 As inversións en infraestruturas chegaron de Concello, Deputación, Xunta e fondos europeos.

4 O 4 de febreiro terá lugar o sábado de Petardazo.

Redacción Cun investimento global de 244.274,21 euros, o Concello de Vilar de Santos rematou a execución de varios proxectos incluídos nun Programa de Infraestruturas con diversas actuacións de renovación e mellora viaria e das infraestruturas públicas municipais durante o último trimestre do ano. Obras Cun orzamento total de 48.834,21 euros, dentro do Plan Marco e cofinanciado co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) realizouse un Proxecto de mellora de camiños en Laioso, Outeiro, na Venda, Castelaus e Casas da Veiga. Contemplou un total de 3,3 Km de acondicionamento dos camiños de acceso. Con financiación (por importe de 42.350 euros) da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza realizouse a execución dun total de 15 Km de camiños agrícolas da concen-

tración parcelaria coa limpeza de cunetas, entubado e nivelación. Estas, actuacións moi demandadas polos veciños para tratar de previr encharcamento e desbordamentos de auga. A Consellería de Economía e Industria e o Concello acometeron no Parque Empresarial de Santa Marta un proxecto de mellora no acceso e conexión coa estrada provincial OU1114, cun importe global de 25.590 euros. A Deputación mellorou o acceso de Parada-Vieiro e realizou a construción dun muro de contención no acceso a Casas da Veiga. Unha inversión adicional, de 50.000 euros, permitiu mellorar os accesos no Mosqueiro, Parada, A Venda e Toxediño. Outra das aportación da entidade

Pista parcelaria./CEDIDA.

provincial foi na mellora do abastecemento de auga potable na parroquia de Parada que abastece aos núcleos de Parada, Outeiro, O Vieiro, A Ponte, O Mosqueiro e Castelaus. Concello O Concello fixo traballos de desbroce e limpeza en todos os pobos e espazos públicos, o mantemento de camiños forestais e cortalumes e a limpeza dos regatos e desaugadoiros. A recuperación de camiños tradicionais e sendeiros é outra das accións. En total, 19 quilómetros aptos para realizar as rutas a pé ou en bicicleta BTT, nos sendeiros de Castelaus, o do Ruxidoiro e o de Parada.

Redacción Xinzo de Limia será o máis madrugador en dar o pistoletado de saída do Entroido 2017. En menos dun mes comezarán as actividades festeiras, e o fará o sábado 4 de febreiro co Sábado Petardazo. Ao día seguinte Xinzo se teñirá de branco co Domingo Fareleiro coa praza Maior como escenario. O sábado 11 de febreiro farase o Colgamento do Meco na mesma Praza Maior, para que ao día seguinte, 12 de febreiro, se celebre o Domingo Oleiro coas olas coma protagonistas. A unha semana do prato forte, concretamente o sábado 18 e domingo 19 de febreiro terá lugar o Sábado Corredoiro e o Domingo Corredoiro. Entroido E xa para os días 24, 25, 26, 27 e 28 de febreiro (venres, sábado, domingo, luns e martes -este día celebrarase o desfile-, respectivamente) serán os días fortes. O ano pasado o mal tempo impedira que se celebrara o desfile de carrozas e

O 5 de febreiro Xinzo celebrará o Domingo Faraleiro./ARQUIVO. disfraces polas rúas da vila limiá. E para quen quede con gañas de máis, o domingo 5 de marzo (un mes despois de ter inaugurado o entroido co Sábado Petardazo) celebrarase o Domingo de Piñata, para dar por concluído un mes de auténtica festa.

A mala climatoloxía fixo que o ano pasado non se celebrara o desfile do Entroido


PUBLICIDADE

Barrios Xaneiro de 2017






Barrios Xaneiro de 2017

XINZO E COMARCA / ALLARIZ E COMARCA

A Deputación xestionará a pista que une Xinzo con Vilar de Barrio 4 O grupo socialista atribúese a medida e apláudea. Redacción Despois da denuncia pública e a presentación dunha moción sobre a xestión da pista Xinzo -

Vilar de Barrio, a Deputación adoptou, no Pleno, a inclusión da pista na rede viaria provincial. A deputada provincial e Portavoz socialista en

Chega unha nova edición do Proxecto Reinvéntate 4 Dará comezo o martes 17 de xaneiro. Redacción O Proxecto Reinvéntate “animación sociolaboral en grupo” que comezarán coa sesión inicial informativa do martes 17 de xaneiro –a partires das 09:30h- na Aula 7 da Casa da Cultura de Xinzo de Limia. De contar con boa acollida entre as persoas participantes, seguirán durante o primeiro semestre do ano con encontros o primeiro martes e mércores de cada mes en horario de 09:30h a 13:00h. Programa Ruralempréga-T, orientación e mediación laboral a persoas en risco de exclusión social,

do C.D.R. “O Viso”, está subvencionado dende a Subdirección Xeral de Inclusión, Inmigración e Acción Social, da Dirección Xeral de Familia e Inclusión, da Consellería de Política Social da Xunta de Galicia. Participar Para participar é preciso solicitar inscrición previa contactando telefónicamente no 988 461 571, enviando un email a areasocial@cdroviso.org ou acudindo directamente ás nosas dependencias da Praza Maior, 1 – 1º A-C, ademais de enviar unha mensaxe ao seu propio facebook.

Xinzo, Elvira Lama, fíxose eco, visitando o terreo, da necesidade de que os concellos de Xinzo de Limia, Sarreaus e Vilar de Barrio cedan a titularidade da estrada á Deputación provincial, para que sexa esta institución, a encargada de levar a cabo tódalas obras e melloras necesarias en materia de seguridade viaria, coa única fin de reducir ao máximo os accidentes, e en consecuencia, o numero de feridos e falecidos. A portavoz socialista valora positivamente que o goberno da Deputación asuma a súa responsabi-

lidade e comece a traballar para regularizar a situación dunha estrada moi transitada e perigosa. Actuacións Ademais acordouse proceder de forma urxente a realizar todas as actuacións de obra e mellora mencionadas nos informes de Tráfico en materia de seguridade viaria. Ao mesmo tempo, vaise solicitar, aos tres concellos, a sinalización adecuada das numerosas pistas que cruzan perpendicularmente a devandita pista.

Fin da exposición I Premio Eduardo Teixeira 4 O sábado 14 remata cunha conferencia. Redacción A exposición de Fotografía do concurso do I Premio Eduardo Teixeira Pinto chega ao seu fin na Fundación Vicente Risco este sábado 14 de xaneiro. Ás 20:30 horas proce-

Propostas para obradoiros 4 O Concello de Sandiás pide á veciñanza opinión. Cartel do concurso.

Redacción O Concello de Sandiás pide á veciñanza opinión para coñecer cales son as necesidades de cara a realizar obradoiros de formación. Devanditos obradoiros están destinados a pais, nais e titores de menores; o que se pretende é traballar conxuntamente entre todos eles -axentes educativos-. Unha vez rematado o período de consulta darase paso á realización dos talleres. Quérote+ Estes serán impartidos polos traballadores do centro Quérote+ de Ourense, e terán unha duración dunha hora e

Os obradoiros correrán a cargo de Quérote+. media. Encárganse de formación en todo o rango de idades e de diversos temas como poden ser o uso de tecnoloxía ou a relación de parellas. Familia Desde o Concello decidiron programar obradoiros sobre as “Redes Familiares”. Varias son os apartados destes talleres nos que o que se busca é que os participantes expresen as súas dúbidas.

derase ao acto de clausura cunha conferencia sobre Teixeira de Pascoaes, o poeta do Saudosismo, a cargo de António Patrício. Este peche tamén contará cun momento musical insirado nos poemas de Pascoaes a cargo de Luís Patrício e Luís Castanheira. Edición Esta primeira edición estivo adicada ao poeta Teixeira de Pascoaes, con quen Vicente Risco mantivo estreitos vínculos de relación intelectual. A exposición estivo organizado pola Ass. Pro-Museu Eduardo Teixeira Pinto de Amarante.

A ITV agrícola, en Allariz catro días 4 Do 17 ao 20 de febreiro. Redacción Do 17 ao 20 de febreiro estará a Unidade Móbil 5 de inspección técnica de Agrícola no Campo de Fútbol de Allariz (o Seixo). O horario de atención será de 9.00h a 13.30h e de 15.15h a 18.00h de luns a venres. A admisión de vehí-

culos con características particulares estará condicionada á posibilidade de realizar as operacións de inspección regulamentarias. Cita previa Para solicitar cita previa deberase chamar ao 902 30 90 00 ou facelo a través da páxina web www.sycitv.com.


CELANOVA E COMARCA / ALLARIZ E COMARCA

Continúa o “Mulleres compartindo” 4 Durante xaneiro e febreiro nas Asociacións veciñais de O Mato e Outeiro de Orraca. Redacción A Área de Igualdade do Concello de Allariz comeza o novo ano retomando as actividades que se ve-

ñen desenvolvendo, dende hai anos, nas asociacións veciñais. A dinamización do rural dende a perspectiva de xénero é un dos principais

A Fundación Curros Enríquez entrega 275 publicacións 4 Ao Centro Unión Ourensano da Habana e á Biblioteca Municipal de Celanova. Redacción A Fundación Curros Enríquez entrega 275 publicacións ao Centro Unión Ourensano da Habana e á Biblioteca Municipal de Celanova. Logo de ir recibindo ao longo dos anos doazóns, esto fixo que algunhas delas estean duplicadas e outras sexan de temática allea á proposta da Fundación -obras principalmente de autores de Celanova-. Por iso, decidiuse doar todas esas publicacións. O primeiro envío de 130 exemplares tivo como destino a Biblioteca Pública Municipal de Celanova, a cal recibe neste mes de xaneiro 95 exemplares máis. O Centro Unión Orensana da Habana recibirá 50

publicacións que iranse enviando ao longo deste ano. Lotes Co fin de colaborar co ‘Obradoiro de Cultura Galega Manuel Curros Enríquez” creado en 2015 pola asociación afincada en Cuba o lote que se remitirá será de literatura galega, como por exemplo unha colección completa da Biblioteca da cultura Galega editada por Galaxia. Para a biblioteca municipal destinaranse obras de literatura castelá e fondo non literario como por exemplo guías de viaxes, publicacións arqueolóxicas, de arquitectura, historia ou libros de filosofía.

Exemplares doados pola Fundación Curros Enríquez.

obxectivos que o Concello de Allariz persegue a través da realización de diversas actividades organizadas polo departamento de Benestar Social. Así, téñense realizado actividades relacionadas coa estimulación cognitiva, o autocoidado, a igualdade ou o empoderamento. Nesta liña, continúase durante as seguintes semanas nas Asociacións veciñais de O Mato e Outeiro de Orraca co proxecto “Mulleres compartindo”. Concre-

tamente serán os luns e os martes nos locais das asociacións citadas de 16 a 18 horas. Na maioría participan mulleres, aínda que tamén algún home, nas actividades organizadas coa finalidade, segundo explica a técnica do programa, Ana Cardoso, “de cuestionar as identidades, de xeito que vivamos máis felices e consigamos dotar de autonomía e liderado aos homes e mulleres que habitan o rural”.

Barrios Xaneiro de 2017



EN BREVE 4 Premios

4 Mantemento

Mari Sotelo, de Allariz; Mabel Freire, de Ourense e Jesús Abet, de Allariz foron os agraciados co premio “O Peto dos Desexos”. O premio consistía en 200 euros, para cada gañador, a investir no comercio local. A iniciativa foi organizada pola Asociación de Comerciantes e Hostaleiros de Allariz para o Nadal.

O Museo Galego do Xoguete, o Museo do Coiro e o Museo da Moda de Allariz permanecerán pechados, por mantemento, dende o 9 de xaneiro ata o 10 de febreiro.

4 Vila de Allariz A dirección da compañía Oca Hoteles presentarase este venres coma nova xestora do hotel Vila de Allariz.




Barrios Xaneiro de 2017

OCIO E CULTURA

4AS CABALGATAS DE REIS EN IMAXES

Os Reis Magos percorreron as rúas de Verín e Xinzo de Limia repartindo caramelos a todos os rapaces que agardaban no camiño. As dúas cabalgatas remataron nos pavillóns municipais, onde os máis pequenos pedíronlle agasallos ás súas maxestades./BORYS E MIGUEL REJO.

A Asociación Rebulir organizou a visita das súas maxestades polo pobos de Ramirás para que todos os nenos puidesen entregarlles as súa peticións. Así mesmo, en Celanova, Melchor, Gaspar e Baltasar visitaron aos avós da Residencia da 3ª idade e entregaron caramelos a pequenos e maiores que saíron ao seu paso./REBULIR E ÓSCAR CAO.


especial DEPUTACIÓN DE OURENSE

Barrios Xaneiro de 2017



Deputación e consellos vitivinícolas analizan o mercado de Estados Unidos

Baltar destaca a importancia da innivación en Manzaneda

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, reuniuse no Pazo Provincial cos presidentes dos consellos reguladores de Valdeorras, Monterrei e Ribeira Sacra, Francisco García, José Antonio Dasilva e José Manuel Rodríguez, e coa xerente do Ribeiro, Cristina Alcalá, no marco da rolda de contactos que mantén o presidente do goberno provincial cos titulares das denominacións de orixe vitivinícolas para analizar estratexias e proxectos de promoción e dinamización deste importante sector da economía ourensá. Na xuntanza, Manuel Baltar informoulles que con motivo da recente misión empresarial USA-Ourense, celebrada en xuño pasado, “xurdiu a posibilidade, por medio dunha corporación estadounidense, da importación de viño de Ourense aos Estados Unidos”. Neste sentido, Baltar analizou cos representantes dos CRDO ourensáns “as liñas de cooperación, procedementos, estratexias, oportunidades comerciais e cuestións que propón a dita corporación americana, circunstancias que favorecen a cooperación cara

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, cualificou de satisfactoria a reunión do consello de administración de Meisa (Manzaneda Estación de Inverno S.A.), na que houbo unanimidade para axilizar e aprobar os pregos para a contratación do sistema de innivación, que garantirá, aló menos, 120 días anuais de neve, sendo esto realidade neste 2017. “Isto significa –en opinión de Manuel Baltar- unha aposta de Galicia”, poñendose de manifesto, para un centro turístico e deportivo como Cabeza de Manzaneda, “que ten un destacado atractivo para visitantes de Galicia, doutras comunidades e tamén do norte de Portugal”. Manuel Baltar destacou que no ano 2016 se produciu un aumento dun 11% do gasto que cada usuario da estación de montaña deixou neste recinto, un dato positivo, aínda que houbo menos días de neve que na anualidade anterior. “Sen dúbida, bos datos de xestión e agora comeza o proceso para a contratación dun sistema de innivación que suporá un antes e un despois na estación, sendo conscientes de que esta infraestrutura ten que afondar na desestacionalización”.

Manuel Baltar, cos representantes dos CRDO vitivinícolas de Ourense. novos mercados para os viños da provincia de Ourense en USA, e para que as adegas teñan toda a información ao respecto, da man dos consellos reguladores”, explicou o presidente da Deputación. Asemade, Manuel Baltar falou da proposta de resolución aprobada no último Debate sobre o Estado da Provincia -celebrado o pasado mes de novembro-, referida á organización dunha “Feira

Anual do Viño de Ourense”, na que participarían as catro denominacións de orixe, “para que se visualice a importancia que ten dentro de Galicia e no ámbito nacional a produción vitivinícola ourensá, e para falar do presente e do futuro dos nosos viños”. Baltar destacou a relevancia que o sector vitivinícola ten para a provincia de Ourense, e froito das reunións periódicas que se veñen mantendo “a Deputación

contemplou nos seus orzamentos unha partida de axudas para os catro consellos reguladores por importe de 50.000 euros para cada un deles no ano 2016”, “axudas que se manterán en 2017 –confirmou Baltar- e que contribuirán a seguir potenciando a promoción deste importante sector da nosa provincia, e que tamén abranguen aspectos relacionados coa produción do viño”.

A Deputación destina 400.000 euros para axudas á natalidade A Xunta de Goberno da Deputación de Ourense aprobou as bases reguladoras do Programa ChegOU para a concesión de axudas para o fomento da natalidade da provincia de Ourense. Así o informou a deputada de Transparencia e Goberno Aberto da Deputación de Ourense, Montserrat Lama. As axudas van dirixidas aos proxenitores ou adoptantes dun neno menor dun ano, nacido no ano 2017 ou no último trimestre de 2016, inscrito nalgún rexistro civil da provincia de Ourense, e que cumpra os seguintes requisitos: figurar empadroado nalgún concello da provincia de Ourense cando se solicite a axuda, así como ter unha antigüidade no empadroamento, polo me-

nos, dun ano ininterrompido e anterior ao 1 de xaneiro do ano 2017, no caso de nacer no vindeiro ano, mentres que para os nacidos no último trimestre de 2016, deberán unha antigüidade no empadroamento de dous anos inmediatamente anteriores á data do nacemento do menor. Para o financiamento deste programa destínanse 400.000 euros, sendo as axudas de ata 300 euros por neno nacido ou adoptado. Ademais, as persoas que resulten beneficiarias da axuda recibirán a súa tarxeta electrónica “ChegOU”, que poderán usar en farmacias e parafarmacias para a adquisición de produtos hixiénicos, alimentarios ou de saúde.

Manuel Baltar cos bolseiros do programa “Ourense líder”.

Éxito do programa das bolsas USA O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, recibiu no Pazo Provincial aos cinco universitarios ourensáns que participaron no Programa de bolsas “Ourense Líder”, unha iniciativa impulsada pola Deputación provincial en colaboración coa Fundación Advanced Leadership, que permite a realización de prácticas laborais en Estados Unidos a xóvenes titulados universitarios que estean empa-

droados nalgún concello da provincia de Ourense. Os bolseiros, que realizaron as súas prácticas profesionais durante 17 semanas en Washington D.C, cualificaron de “moi positiva”. Baltar asegurou que “o obxectivo do goberno provincial era que os bolseiros adquirisen coñecementos e cualificacións, para aplicalas aos ámbitos laborais da súa formación”, explicou Baltar.


10

Barrios Xaneiro de 2017

PROVINCIA

Ourense e Melgaço buscarán proxectos transfronteirizos 4 Para optar a futuros proxectos europeos. Redacción A Deputación de Ourense e Melgaço cooperan para optar a futuros proxectos europeos en próximas convocatorias da Unión Europea. A posibilidade de optar a futuros proxectos europeos en próximas convocatorias da Unión Europea foi o eixo da reunión que mantivo o vicepresidente segundo da Deputación, Jorge Pumar, co alcalde da localidade portuguesa de Melgaço, Manoel Batista. No encontro, que tivo lugar na Cámara Municipal da vila lusa, tamén estivo presente o alcalde de Bande, José Antonio Armada. Oportunidades Na reunión, que terá continuidade cun segundo encontro a finais de xaneiro xa na nosa pro-

vincia, na Deputación de Ourense, analizáronse as oportunidades de financiamento existentes para presentar novos proxectos transfronteirizos á Unión Europea. Jorge Pumar valorou positivamente esta iniciativa “dada a importancia que teñen as relacións entre a provincia de Ourense e o norte de Portugal, onde dos dezaseis concellos ourensáns que comparten límites fronteirizos con Portugal, catro deles o fan con Melgaço: Padrenda, Quintela de Leirado, Verea e Entrimo”.

Haberá unha nova reunión a finais de xaneiro na Deputación provincial de Ourense

O primeiro SPA de viñoterapia de Galicia estará en Leiro 4 No Hotel Monumento de San Clodio. R. Torres A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, e a delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz Mouteira, visitaron as obras de rehabilitación do mosteiro de San Clodio de Leiro, destinadas a converter a nave lateral deste edificio histórico no primeiro spa de viñoterapia de Galicia. Neste novo servizo turístico empregaranse produtos derivados da uva e do viño, entre outros elementos, para distintos tratamentos termais que formarán parte da oferta actual do Hotel Monumento de San Clodio. Nava Castro manifestou que “este novo spa de viñoterapia será de gran atractivo, por un lado polo tipo de tratamentos que nel se ofrecerán e, por outro, pola súa propia arquitectura”. “Os usuarios gozarán do des-

canso nun edificio de máis de 500 anos de historia”, engadiu. Constará de vestiarios, tres salas de masaxe, dúas individuais e unha dobre, con tratamentos específicos de viñoterapia; unha salade relax, unha sauna, un baño de vapor, duchas de contrastes, spa-piscina de 40m2 e zonas de descanso. Aposta polo termal Segundo manifestou

4 Medio Rural incrementa as axudas nun 19%.

O alcalde de Melgaço, Manoel Batista e o vicepresidente segundo da Deputación, Jorge Pumar.

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou o 27 de decembro a Orde da Consellería do Medio Rural pola que se convocan as axudas para o fomento das razas autóctonas galegas para o ano

Salas de masaxe, de relax, sauna, baño de vapor, duchas de contraste e 40m2 de spa-piscina

A Directora de Turismo, Nava Castro, xunto coa delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz, visitaron as obras do Mosteiro de San Clodio. /RAMSÉS.

Axudas para as razas autóctonas

Redacción

Nava Castro, a actuación permite, ademais, garantir a recuperación íntegral do inmoble e o emprego das súas instalacións para poñer envalor e difundir os recursos turísticos asociados á auga termal e ao viño. “Esta iniciativa reforza, así, a aposta de Turismo de Galicia polo termalismo, que constitúe un recurso estratéxico para o desenvolvemento turístico

e económico da comunidade galega”, engadiu a directora do departamento de Turismo da Xunta. Castro explicou que o termalismo destaca notablemente na nosa comunidade tanto pola súa abundancia como pola súa calidade e singularidade constituíndo así, “unha vantaxe diferenciadora e competitiva respecto a outros destinos tanto a nivel nacional como internacional”.

2017, por un importe total de 200.000 euros, un 19% máis que a convocatoria anterior. As actuacións subvencionables son a creación ou mantemento de libros xenealóxicos, incluíndo os gastos derivados de dita actividade, os do local

ou oficinas, ordenadores e material informático e o seu mantemento, actualización ou adquisición. Tamén serán subvencionables os gastos que se deriven do desenvolvemento do programa de mellora oficialmente recoñecido para a raza, no que se recollerán as actividades destinadas á conservación, in situ, da mesma, así como a creación e mantemento de bancos de xermoplasma en centros autorizados oficialmente e as probas destinadas a determinar a calidade xenética ou o rendemento

do gando. Solicitudes As solicitudes deberán presentarse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, aínda que tamén se poderán presentar en soporte papel en calquera dos lugares e rexistros establecidos. O prazo de presentación será dun mes contado a partir do 29 de decembro, día seguinte da publicación desta Orde no Diario Oficial de Galicia.


DEPORTES

Entrevista a Xulio Conde, adestrador dA ESCOLA DE CICLISMO JA HERMIDA

“O obxectivo principal e seguir sacando rapaces mantendo unha escola potente” 4 Conde fixo balance do que foi o 2016 e do que poden facer os integrantes do club este ano que acaba de comezar. R. Torres Xulio Conde é o adestrador da Escola ciclista José Antonio Hermida e do Club Ciclista Maceda, unha entidade que está a dar moitos éxitos ao deporte ourensá. Na presentación do acordo entre a Escola e Luis Aragonés polo cal o concesionario cédelles un vehículo durante un ano -prorrogable a máis anos- Conde fixo balance do que foi 0 2016 e do que poden facer os integrantes do club este ano. Un ano histórico para o Club Ciclista Maceda o 2016. Xulio Conde: “A verdade é que co paso dos anos acordarémonos dese 2016. Foi un ano especial por moitas cousas. A nivel de resultados deportivos moi positivo tanto a nivel rexional coma nacional e internacional -o oitavo posto de Iván (Feijoo) no mundial-; vimos como Pablo -Rodríguezsituábase na elite mundial. E a nivel colectivo, ese campionato de España por equipos, que era impensable acadalo dun equipo de canteira e sen fichaxes. E despois os recoñecementos como o premio en Galicia ao mellor equipo de base. >> Tamén penso que un dos motivos de que a Volta

a España saíra, nunha etapa, de Maceda é polo noso equipo. Todo isto fai que sexa un ano inolvidable”. E agora con instalacións. X.C.: “Si, é bo ter instalacións axeitadas e ter medios propios”. Que lle pode faltar ao voso club? X.C.: “A verdade é que como estamos vivindo o día a día non temos unha carencia clara; penso que estamos dotados de todo. >> Como club queremos ter instalacións propias. Temos o pumptrack, imos traballar agora nun parque

de madeira. Non temos grandes necesidades e pensamos que en Maceda, como calquera outra zona de Ourense, pódese practicar calquera tipo de deporte relacionado coa bicicleta. Son sitios tranquilos con pouco tránsito de coche e se pode saír ao monte coa bici”. Supoño que despois de poñer o listón tan alto no 2016 non queredes baixalo en 2017. Cales son os obxectivos para este ano? X.C.: “Nós non perdemos a perspectiva. Sabemos que somos unha escola deportiva e que

traballamos con rapaces desde a base. Co cal o obxectivo principal e seguir sacando rapaces mantendo unha escola potente. A partir de aí os obxectivos van chegar. Hoxe temos catro ou cinco rapaces que a nivel estatal á mínima que lles salga unha tempada máis ou menos obterán bos resultados. Penso que neste ano non será demasiado complicado repetir o de 2016”. E de cara ao futuro? X.C.: “De cara ao futuro que saian rapaces como ata agora, que os que veñan detrás o fagan ben”.

Xulio Conde, adestrador da Escola JA Hermida e do CC Maceda.

Acabades de firmar unha colaboración con Luis Aragonés. Explícanos un pouco en que consiste? X.C.: “O acordo con Luis Aragonés é a cesión dun vehículo durante un ano, con expectativas a seguir máis anos. É unha peza fundamental para nós por que é importante ter unha loxística de coches. Temos moitas viaxes e ao telos cubertos é un parte importantísima para nós”. Pablo Rodríguez estivo a piques de participar nos Xogos Olímpicos de Río. Qué alguén da canteira do Maceda acuda a uns xogos será o cumio do club? X.C.: “Eso estaría ben. Pero lograr un campionato do Mundo ou subirse ao podio nel sería o máximo. Non digo un ciclista do club, pero si un ciclista que saíra da nosa escola e que esté noutro equipo”.

“Lograr un campionato do Mundo ou subirse ao podio por parte dun dos que están ou estiveron na escola sería o máximo”

Barrios Xaneiro de 2017

11

4

Zorrilla deixa o Sporting Marcos Zorrilla deixou de ser adestrado do Sporting Celanova da Primeira Galicia. Logo da derrota fronte A Manchica da pasada xornada, os acontementos derivaron na demisión do xa extécnico sportinguista. A falta de boa sintonía cos xogadores e coa directiva fixo que tomara esta decisión. Roberto Alvarez ‘Gori’ será o novo adestrado do equipo de San Rosende que marcha décimo segundo con 20 puntos. En canto a esta categoría da Primeira Galicia -grupo IV- a lidera o Bande, con 50 puntos, seguido da U.D. Ourense, con 49. Tras eles, Ribeiro e Velle, terceiro e cuarto clasificados. Na quinta está A Peroxa e na sexta e sétima, Allariz e Antela, respecivamente. Oitavo é o Arnoia; noveno o Maside; décimo, Vilariño; undécimo, Cortegada; décimo segundo, Sporting; décimo terceiro o Francelos; décimo cuarto, Monterrei; décimo quinto, Viana; décimo sexto, Taboadela; décimo sétimo, Xunqueira e pecha a clasificación A Manchica. Vindeira xornada Esta fin de semana dispútase a xornada décimo novena e o fai cos enfrontamentos: Maside - Antela; Monterrei - Velle; Arnoia - A Peroxa; Francelos - Bande; Sporting Celanova - Ribeiro; Xunqueira Ambía - Cortegada; Atlético Vilariño - Taboadela e o Allariz - Unión Deportiva Ourense.


12

Barrios Xaneiro de 2017

DEPORTES

Iván Feijoo, campión de España 4 Carlos Canal foi subcampión na categoría cadete. R. Torres Comeza o ano e continúan os logros dos integrantes do Academia Postal Actyon MMR. Iván Feijoo e Carlos Canal proclamáronse campión e subcampión de España, respectivamente, no Campionato de España celebrado en Valencia. Primeira proba do ano e os ourensáns que non se baixan do podio. Feijoo facíase co cetro nacional na categoría júnior logo dunha intensa e moi disputada carreira. O ourensán superaba nos últimos metros ao seu máximo rival, o catalán, Jofre Cullel. Dentro do top 10, nunha meritoria décima posición, chegaba Abel Franco neste Campionato de España. E se Feijoo era campión júnior, Carlos Canal lograba ser subcampión cadete.

Ao igual que na carreira de Iván, esta decidiuse ao sprint saindo vencedor o cántabro Iguanzo. Campións galegos Tanto Iván coma Abel

4 180 arqueiros de toda Galicia competirán no campionato galego de tiro con arco. O pavillón de deportes de Taboadela acolle a vindeira fin de semana o campionato galego de tiro

Galicia, campioa de España por equipos con Feijoo e Franco nas súas filas

Iván Feijoo na proba de Valencia onde se proclamou campión de España. /CC MACEDA.

O tiro con arco dase cita en Taboadela

Redacción

formaban parte da selección galega que se proclamaba campioa de España por equipos. En mulleres, Noela Saa era quinta en cadetes, moi preto do podio, e Aida González, oitava.

con arco -valedoiro para o campionato de España de Sala-, unha proba na que se darán cita 180 arqueiros de toda Galicia e que contará tamén cos arqueiros

olímpicos españois Mikel Alvariño e Guillermo Rodríguez. A Deputación colabora con este evento, unha disciplina deportiva en alza, que conta na provincia de Ourense con máis de 500 licencias federativas. As probas iniciaranse este sábado 14 de xaneiro, ás 9.00 horas, coas competicións de Arco Recurvo e Arco Composto, nas categorías infantil, alevín, benxamín e esquío. Pola tarde, ás 15.00 horas, disputaranse as probas de

O Verín busca revertir a situación con caras novas 4 Ao adestrador uniránselle varios xogadores novos. Redacción O Verín Club de Fútbol non levanta cabeza. O equipo que milita no grupo sur da Rexional Preferente non levanta cabeza. Pechacancelas na Liga está a piques de quedar eliminado da Copa Deputación. Fai unhas semanas o club destituiu a Anxo Valcárcel no banco para fichar a Diamantino Vraz. Desde aquelas non lle deu para saír da última posición da táboa clasificatoria. O técnico portugués aterrizou coa condición de que a entidade fixera fichaxes; estes están a piques de chegar. De feito xa están ás ordes de Vraz nos adestramentos. Dous portugueses e dous nixerianos serán, con toda

probabilidade, as novas caras do Verín. Udokporo, Kabiry, Da Costa e Moreira son os xogadores a proba e cos que quedaron contentos os membros do corpo técnico. En canto ás baixas, este Nadal desviculáronse do club Matías, Romeo, Ánthony, Saviola, Pepe Mbomio e Duban. 17 xornadas por diante para revertir unha situa-

ción que levou ao equipo do val do Támega a ocupar a última posición. O próximo partido visitan ao Atios. Copa Deputación E se na Liga están mal, as cousas non pintan mellor na Copa Deputación. En cuartos de final tocoulles o Ribeiro, de Priemeira Galicia, e no partido de ida o marcador foi de 3 a 0 a favor dos de Ribadavia. O partido de volta, no José Arjiz o vindeiro 13 de abril.

O Verín continúa pechando a clasificación na Rexional Preferente

Partido entre o Verín e o Estradense. /VERÍN CF.

Arco Espido e Arco Tradicional, e o domingo, ás 9.00 horas, as probas de Arco Recurvo e Composto e Arco Adaptado, nas categorías de cadete, junior, senior e veterano, especialidade esta última na que o actual campión galego é o alcalde da Teixeira, Miguel Cid.

O galego disputarase estes sábado e domingo

A presentación do Campionato de Galicia de tiro con arco realizouse na Deputación Provincial.


PUBLICIDADE

Barrios Xaneiro de 2017

13


14

Barrios Xaneiro de 2017

OCIO E CULTURA / ARTIGOS

4DESDE A PONTE... A MONTERREI

4HISTORIAS DE MONTERREI

Pepe Chaves Din os maiores, que é de ben nacidos ser agradecidos, por iso, hoxe escribo para Pepe. Don Xosé Chaves Couto, coñecido no mundo futbolístico da comarca de Monterrei como “ Pepe Chaves”, era irman de Avelino Chaves, mítico xogador do Zaragoza dos anos 50 e coma non podía ser doutro xeito, il tamén foi xogador profesional desenrrolando a maior parte da súa carreira deportiva en Portugal, xogando os derradeiros anos no Verín CF. Pepe emigrou a Holanda un tempo, e voltou o cabo duns anos , para asentarse no seu pobo natal Verín. Quen non recorda o Pepe na porta da discoteca Niton´s, a finais dos 70?. Ahí era o noso sitio, a entrada da sala de festas, onde traballou os derradeiros anos como taquilleiro da afamada discoteca, rexentada por

4AXENDA Exposición - Ata o 11 de febreiro - Exposición fotográfica “Oficios entre lusco e fusco”- Sala de Exposicións de Verín Música - 14 de xaneiro - Concerto de Brigada Díaz & Bravo - 22 h - A Arca da Noe (Vilar de Santos) - 15 de xaneiro - Concerto de Braishtalung Band- 13 h - A Arca da Noe (Vilar de Santos) Cine - 13, 14 e 15 de xaneiro Proxección de “Assasin´s Creed” - 16:45, 19:30 e 22:15 h - Casa da Cultura de Verín Outros - 14 de xaneiro- Conferencia sobre “O envellecemento, benestar e beleza” - 19 h - Salón de Plenos de Xinzo - 20 de xaneiro - Contacontos “Animais de conto” - 18 h - Biblioteca Municipal de Verín

Arsenio (O Nito de Xinzo da Limia). Eu, ainda era un cativo, e pasaba os domingos no Buenos Aires, que era a cafetería do meu avó “o Puchas”, e que so unha porta acristalada nos separaba. Gustábame moito estar co Pepe, contabame cousiñas de futbol e tamén de outros temas, que daquela, ninguén contaba on rapaz de nove ou dez anos, e que co paso do tempo, aproveitei cando fun maior, pra non elexir camiños errados. Lembro con claridade, cando collía o meu balón de reglamento e daballe toques co pe sen que lle caira o chan, sempre co cigarrrillo celtas prendido nos beizos, e relucindo ese poso futbolístico, que ainda que pasen os anos, sempre queda¡. Son moitas as veces que paso por diante do local, e as lembranzas retor-

nan o meu maxín, e pasan as imaxenes daquela época maravillosa, cando o Pepe Chaves recitaba o refranero popular, que coa súa pícara e particular sorrisa, me deixaba abraiado. Era un tipo simpático, con esa sorna verinense que o facía entrañable. Lembro que falaba moitos idiomas, aleman, inglés e calquera outro idioma que lle dixera, con tal de sorprenderme coa súa imaxinación, deixandome alucinado en cada intre coa máxia da linguaxe. Na miña adolescencia, marchei de Verín , tamén co futbol as costas, e estiven moitos anos sen ver a Pepe. Un día a casualidade fixo que por motivos laborais, pasei un tempo no Hospital de Ourense, cando de súpeto, entre a multitude dos pasillos, ollei unha muller que turraba dunha cadeira de rodas.

Quedei un intre parado, esperando que viñera cara min, e o estar o seu carón, encolleuseme a alma, e so puden pronunciar o seu nome con voz alta¡, entón, el moveu a faciana con xesto positivo, e fundimonos nunha aperta interminable, o mesmo tempo que me susurraba no oído…. neno¡.. quen mete un gol así?. Despois dun anaco de charla despedinme, e fumonos separando os poucos, deixandome coa alma rota, e coa sensación de encaixar un dos goles mais dolorosos da miña vida. Xa fai unhes anos que Pepe Chaves nos deixou, mais de seguro, que sempre estará nas miñas lembranzas. Unha aperta.

Publicada a historia do cine de Verín

rora” e as diferentes salas de cinema que tivo a vila ao longo do século XX e principios do XXI. Ademais de falar dos cinemas da vila (“Cine Buenos Aires”, “Cine Principal”, “Cine Puga”, “Salón Parroquial” e “Xardíns de Fontenova”) e dos recordos relativos a espectadores, operadores ou outros empregados, Raquel Besteiro dedica unha parte ás rodaxes que tiveron lugar na comarca. “Para iso, tanto Manuel Ayán como o crítico de cinema Eduardo Galán proporcionáronme unha valiosa información”. “Pequena historia do cine en Verín” será entregada de balde a todos os que acudan ao cine municipal.

4 A obra distribuirase de balde ao adquirir unha entrada no cine municipal. Redacción Concello de Verín acolleu a presentación do libro “Pequena historia do cine en Verín” da súa veciña Raquel Besteiro Gestoso. Como destacou o alcalde, “é hora de recoñecer e repescar os talentos, presentes e potenciais da nosa vila. A obra de Raquel non é máis que un claro exemplo do talento dos nosos mozos”. Pola súa banda, o tenente de alcalde, Diego Lourenzo, quixo facer especial fincapé na importancia que o cinema ten na idiosincrasia de Verín desde que as primeiras exhibicións chegaron fai máis de cen anos á vila.

“Para recompilar a información relativa a datos, estreas, películas proxectadas, anécdotas, recordos e vivencias relacionadas cos cinemas, así como arquivo fotográfico, tiven que recorrer a descendentes de antigos empregados das salas, entrevisteime con espectadores e rexentes dos cinemas como Manuel Ayán entre outras moitas persoas que me axudaron desinteresadamente a desenvolver o traballo”, destacou a autora da obra. Contido Por unha banda, a obra fala dos exhibidores ambulantes que pasaron por Verín a finais do século XIX, as proxeccións do “Hotel Au-

Miguel A. Prieto Chitín”

A autora entrevistou aos descendentes dos empregados das salas

Petroglifos e unha Mámoa en Casas dos Montes (Oímbra) Para os que nos gusta a historia e camiñar polo monte, encontrar restos do noso pasado nesas camiñatas é un dos maiores praceres que podemos ter. Precisamente eso foi o que nos pasou, o día 17 do pasado mes de decembro aos integrantes da Asociación Cultural Monterrei Cultura e Territorio que queda-ramos aquela tarde para dar unha paseo pola zona de Casas dos Montes. Esa tarde, Eduardo Castro, Fernando Serrulla e máis o que escribe estas líñas, atopamos unas coviñas nunha peneda que sostén un marco fronteirizo entre Casas dos Montes e o Cambedo. Pero as tardes de decembro son pequeñas e tivemos que marchar antes de encontrar o famoso Penedo Furado de Casas dos montes, polo que decidimos voltar outro día. Catro días despois, voltamos na búsqueda do Penedo Furado acompañados tamen por Xosé Ramón Reigada. Esa tarde encontramos o famoso penedo de difícil entrada, no seu interior collen perfectamente catro persoas e é unha das marabillas naturais

da nosa comarca na que ven se podía facer unha ruta que chegara ata el. Pero a tarde tiñanos reservada unha sorpresa aínda maior. Moi cerca do Penedo Furado, atopamos unha pequena elevación cun burato no medio que enseguida nos recordou a unha mamoa. Abraiados por tal achadego, e dado que ningún dos catro somos arqueólogos, houbo que voltar outro día para que Nieves Amado certificara os descubrimentos. Unha vez que ela, co seu amplo saber, deu fé de que o atopado eran petroglifos máis unha mámoa, quedou confirmada a aparición da primeira mámoa no concello de Oímbra. Por certo, para quen non sepa que é unha mámoa, trátase dun dolmen que aínda se mantén enterrado (os dolmens nun principio encontrábanse totalmente tapados con terra). A maioria deles, ó igual que o de Casas dos Montes, foron saqueados nalgún momento indeterminado polo que a pedra superior que facía de tapa perdeuse e hoxe en día case todos son como un pequeniño monte cun furado no medio. Andrés Diz historiamonterrei. blogspot.com.es

Imaxe da primeira mámoa atopada no concello de Oímbra neste mes de decembro.


CLASIFICADOS

Barrios Xaneiro de 2017

15

BARRIOS. Edita: Letras a la Carta S.L. CIF: B-32.323.925. Depósito Legal: OU 142-2014. Redacción: r/ Bedoya,7, 1º Of. 6 - 32004 Ourense. Tel: 988 045 352. Correo-e: info@periodicobarrios. com. Distribúe: Lebre Mensaxeira. Imprime: Publicaciones Tameiga. Director: Miguel Rejo. Director comercial: Miguel Rejo. Redacción: Miguel, Ramsés Torres. Fotografía: Ramsés Torres, Miguel Rejo. Colaboracións: Joao Damiao, Miguel A. Prieto Sotelo. Nº33 - Ano: X - Xaneiro 2017 - Difusión: 15.000 exemplares. Impreso en papel 100% reciclado. A opinión do periódico exprésase só no editorial, os artigos e cartas ao director expoñen posturas persoais. Este periódico non pode ser reproducido nin total nin parcialmente, sen autorización previa da empresa editora Letras a la Carta S.L. Se ten algún problema co reparto, pregámoslle que nolo comunique no teléfono 988 045 352.

4TELÉFONOS DE INTERESE

4CLASIFICADOS

INMOBILIARIA

Véndese pequeno soar en ruínas e 18 fincas rústicas no pobo de Reparada (Muiños). Prezo 2.000 euros. Tel. 636 329 524. Vendo piso no Vinteún. Boas vistas, corrido de adiante para atrás con praza de garaxe pechada. Económica. Pouco gasto de comunidade. Tel. 629 52 38 12. Cómprase finca preto de Ourense, non urbanizable, económica. Interesados chamar ao 630 030 642. Vendo casa pequena de pedra totalmente restaurada en Ourense, fronte a parada de bus urbano, con terreo. 29.800 euros. Tel. 606 42 25 43. Vendo apartamento con dúas habitacións, cociña americana, trasteiro e garaxe. A cinco minutos da praia. Tel. 636 422 497. Vendo piso en praza España (Vigo). Tres habitacións, cociña, baño, salón, garaxe e trasteiro. Urxe venda. Tel: 639 81 62 09. Alúgase local de oficina na Ponte (Ourense) acondicionado, 25 m2, económico. Tel.634 95 06 59. Ofrezo unha casiña pequena para restaurar moi próxima a Ourense a cambio de traballos de albanelería (restauración tellado, piso, encintar e dividir). Tel. 606 42 25 43. Traspáse cafetería en galerías parque de San Lázaro. Todo novo, recén reformado. Moi económico. Tel. 640 37 83 00. Véndese casa con finca na estrada de Santiago. Tel. 637 00 59 10. Alúgase piso amoblado exterior con garaxe ao lado dos novos xulgados. Tel. 637 00 59 10. Alúganse oficinas acondicionadas en r/Progreso. Tel. 672 08 93 49. Vendo finca edificable de 750 m2 con proxecto para casa. Ocasión: 12.900 euros. Tel. 606 42 25 43. Vendo casa en Cambeo. Pranta baixa, terreo, galpón e pozo. Tel: 649 673 492 - 988 216 755. Vendo finca de 9.000 m2, pode usarse para construir unha vivenda residencial para uso agrícola gandeiro, con auga e luz. Zona Vilar das Tres. Tel: 634 950 659. Alugo café bar especial totalmente equipado ben situado en Xinzo. tel. 659 47 08 92. Vendo piso en Xinzo. 3 habitacións, cociña, baño, salón, garaxe e trasteiro. Tel. 659 47 08 92. Véndese casa para entrar a vivir en Cabeza de Vaca. Dúas prantas, xardín, bodegas, baño , cociña, comedor, terreo, terrazas, piscina, salón, tres dormitorios e baño. Calefacción. parada de bus urbano. . Contacto: atribeatriz@ gmail.com. Alugo local económico. 15 metros cadrados. Valeiro pero pódese amoblar con mobles de oficina. Baños comunitarios. Ao lado da Catedral. Tel. 627 20 31 31. Alugo baixo comercial Centro Comercial Couto, acondicionado, dúas prantas, 70 m útiles. Prezo: 380 Eur. Tel. 636 32 95 24.

COMPRA /VENDA Véndese botelleiro para bar e 3 bicis, dous lavacabezas para perrucaría seminovo. Tel. 672 08 93 49. Vendo bici deportiva azul e branca, neceser, casco e timbre a bo prezo. Tel. 646 94 85 79. Vendo microondas Teka con grill cor branco. Tel. 646 94 85 79. Vendo pedras para unha cheminea. Tel.: 639 338 473.

EMPREGO Ófrecese señor para traballar de pintor -con 40 anos de experiencia- . Dispoñibilidade inmediata. Tel. 647 640 620. Limpeza de fincas, xardíns, desbroce e traballos de campo, ampla experiencia. Consulte prezo sen compromiso. Tel. 602 864 666. Danse clases particulares de pintura artística, óleo, acuarela, pastel, acrílico, todos os niveis, máis de 40 anos de experiencia. Tel. 610 659 417. Búscase traballo para manexar carretillas e/ou grúas. Tel. 673 764 277. Ofrécese señora para o coidado de persoas. Pode ser en casa ou no hospital. Con informes. Tel. 669 434 330. Danse clases particulares de piano, ideal para nenos e para iniciación. Tel. 667 985 171. Ofrécese señora para coidar a persoas maiores. Con informes. Tel. 669 434 330 - 988 24 60 96. Danse clases particulares de todas as materias de primaria, a domicilio ou presenciais. Tel. 666 743 660. Necesítase señora para coidar un matrimonio de persoas maiores e realizar tarefas do fogar. Tel. 630 03 06 42. Ofrécese home de 40 anos con experiencia e titulación para coidado de persoas maiores ou depedentes. Calquera horario. Seriedade. Tel. 685 56 46 81. Fanse desbroces con tractor ou a man. Bo prezo. Tel. 630 521 448. Impártense clases individuais personalizadas en Ourense. Matemáticas e estatística. Materias curriculares de ensinanzas medias. Con CAP. Ampla experiencia. Económico. A domicilio. Contacto: clasesadomicilio2014@hotmail.com e 610 38 25 89 Moza galega responsable e con ampla experiencia atende maiores pola noite. Tel. 659 844 682

CONTACTOS Ofrécese mozo de compañía para mulleres de 40 a 60 anos. Danse masaxes eróticos. Prezo anticrise. Absterse de chamar homes. Tel. 697 79 59 28.

Comarca de Monterrei Concello de Verín Concello de Monterrei Concello de Oimbra Concello de Vilardevós Concello de Riós Concello de Castrelo de Val Concello de Laza Concello de Cualedro Comisaría de Policía Verín Policía Local Verín Bombeiro Verín Garda Civil Protección Civil Estación de autobuses Taxis - Parada Hospital Taxis - Parada Estación Autobuses Taxis - Parada Praza Merced Taxis - Parada Praza do Concello Ambulatorio Urxencias Ambulatorio Cita previa Hospital de Verín Cruz Vermella Correos e Telégrafos Rexistro Civil de Verín Rexistro da Propiedade Oficina de emprego Oficina da Seguridade Social Servizos Sociais Verín Cáritas Parroquial IES nº1 de Verín IES García Barbón I. Bacharelato X. Taboada Chivite CEIP Amaro Refoxo CEIP Princesa de España Comarca de A Limia Concello de Xinzo Concello de Porqueira Concello de Calvos de Randín Concello de Baltar Concello de Os Blancos Concello de Trasmiras Concello de Sarreaus Concello de Vilar de Barrio Concello de Sandiás Concello de Vilar de Santos Concello de Rairiz de Veiga Policía Local Xinzo Garda Civil Estación de autobuses Centro de saúde Xinzo Punto Atención Continuada Rexistro civil de Xinzo Rexistro da Propiedade Taxis - Parada Xinzo

988 410 001 988 418 002 988 426 160 988 417 004 988 425 032 988 419 002 988 422 002 988 424 004 988 414 123 988 411 612 988 590 206 988 410 005 988 412 121 988 413 516 988 414 342 988 411 812 988 410 385 988 411 113 988 410 800 988 413 460 988 413 636 988 411 600 988 411 038 988 410 387 988 410 737 988 410 703 988 410 253 988 414 776 988 410 679 988 411 212 988 410 379 988 410 041 988 411 425 988 410 128 988 550 111 988 466 102 988 434 000 988 466 503 988 467 506 988 445 000 988 454 002 988 449 001 988 465 001 988 465 883 988 465 552 988 462 425 988 462 361 988 460 309 988 462 200 988 462 456 988 46 0 188 988 460 209 988 460 309

Oficina de emprego Oficina da Seguridade Social Xulgado de 1ª Instancia Servizos Sociais Xinzo Cáritas Parroquial IES Lagoa de Antela IES Cidade de Antioquía CEIP Rosalía de Castro CEIP Carlos Casares Gardería Municipal Oficina Agraria Comarcal da Limia Comarca de Allariz-Maceda Concello de Allariz Concello de Baños de Molgas Concello de Maceda Concello de Paderne de Allariz Concello de Xunqueira de Ambía Concello de Xunqueira de Espadanedo Policía Local Allariz Garda Civil Allariz Centro de Saúde de Allariz Centro de Saúde de Baños de Molgas Centro de Saúde de Maceda Policia Local Maceda Garda Civil Maceda Parada taxis Maceda CEIP Padre Feixoo IES Allariz Gardería municipal Allariz Servicio Municipal de Augas Allariz Xulgado de Paz Allariz Comarca de Terras de Celanova Concello de Celanova Concello da Bola Concello de Cartelle Concello de Gomesende Concello da Merca Concello de Padrenda Concello de Pontedeva Concello de Quintela de Leirado Concello de Ramirás Concello de Verea Policía Local Celanova Centro de Saúde de Celanova IES Celanova CEIP Curros Enríquez Oficina Seguridade Social Celanova Xulgado 1ª Instancia Celanova Urxencias Sanitarias Cita previa Servizo Galego Saúde Teléfono maltratadas ITV Protección Civil Incendios forestais Fenosa (averías)

988 460 375 988 462 951 988 462 364 988 550 111 988 460 222 988 462 454 988 461 271 988 460 480 988 460 507 988 461 049 988 460 024 988 440 001 988 430 000 988 463 001 988 293 000 988 436 006 988 291 001 988 440 000 988 440 031 988 440 958 988 430 331 988 463 370 696 511 038 988 463 084 988 463 204 988 440 825 988 440 036 988 440 219 988 440 004 988 440 704 988 431 481 988 433 768 988 491 111 988 485 000 988 260 000 988 494 783 988 495 005 988 493 500 988 491 523 988 430 600 988 431 806 988 451 736 988 431 290 988 431 725 988 553 055 988 431 482 061 902 077 333 016 902 309 000 112 085 988 222 222


16

Barrios Xaneiro de 2017


Barrios xaneiro2017