Issuu on Google+

[10.000 exemplares directos ás súas mans]

Número: 12 - Ano: II - Depósito Legal: OU 185-2009 - 6 de maio de 2010 - Periódico quincenal de distribución gratuíta

FÚTBOL SALA

páx.4

BALONCESTO

páx.6

O Cidade de As Burgas O Carmelitas perde os xógase o play off de tres partidos do play out e ascenso contra o Combarro descende a Liga Nacional

ARTIGO

páx. 14

A satisfacción persoal no deporte de base, por Alfonso Vilachá

Francisco Arcilla, do Academia Postal, primeiro nos 5.000 metros nas pistas de Monterrei. /RAMSÉS.

Atletismo:

CD Ourense xogará a promoción de ascenso a Segunda B

O Ourense Atletismo Academia Postal xogarase a permanencia en División de Honra na próxima xornada

BARRIOS DEPORTIVO volve repartirse a partir do 21 de maio . Se quere anunciarse consulte no 685 800 190

páx. 7-8




BARRIOS DEPORTIVO 6 de maio de 2010

FÚTBOL

Segundo intento de C. D. Ourense para regresar a Segunda División B

4 C.D. Ourense tentará por segundo ano consecutivo ascender despois de entrar na promoción de ascenso. R. Torres O pasado domingo en Lalín, C.D. Ourense refrendou a súa presenza na promoción de ascenso á Segunda División B do fútbol tras vencer por 1-2 ao equipo da vila pontevedresa. A falta dunha xornada para o remate da liga regular, o equipo capitalino xa ten o billete para a promoción pero aínda non sabe en que posición rematará a competición doméstica, xa que

pode quedar de segundo, terceiro ou incluso cuarto. A falta desta derradeira xornada, os ourensáns son terceiros a dous puntos dos segundos e dous máis cos cuartos. Os de Fonsi Valverde reciben o domingo, 9 de maio, a partir das 18 horas ao Narón que é quinto e xa non se xoga nada; o Cerceda, segundo, visita ao Ordes, sétimpo; e o Coruxo desprázase ata o José Arjiz para disputar o encontro contra o Verín.

Segunda praza Se os de Fonsi Valverde conseguen a segunda praza ao final da liga, ademais de xogar a promoción de ascenso, terán a recompensa de xogar a próxima edición da Copa do Rei. Último encontro Os aboados do club poderán retirar dúas invitacións para o último partido. Os menores de idade terán o acceso libre ao estadio.

Por outra banda, o C.D. Ourense e a Asociación de Comerciantes O Couto van colaborar neste derradeiro encontro da fase regular. Debido a que o barrio estará en festas durante a disputa do último encontro de liga, o club entrega aos asociados do Centro Comercial Aberto Couto entradas coas que estes poderán agasallar aos seus clientes e así ter un ambiente festivo nas gradas do estadio en consonancia

Domingo 9 de maio, 18.00 horas, C.D. Ourense - Narón

O Ourense pode rematar a liga segundo, terceiro ou cuarto

O equipo ourensán tivo numerosas ocasións no seu partido contra o Bergantiños. /RAMSÉS co barrio e ir quecendo o ambiente de cara á promoción de ascenso na que o equipo necesitará do apoio da afección. Verín C.F. Por abaixo, na última posición, o Verín soamente está esperando que remate dunha vez a liga e dedicarse a planificar a próxima tempada na Rexional Preferente galega. O domingo 9 disputarán o último encontro dos de Tonino na Terceira División, polo que quererán despedirse da súa afección por esta tempada, alomenos con bo sabor de boca.

Ocasión de C.D.Ourense contra o Bergantiños no último partido disputado en O Couto. /RAMSÉS

Rexional Preferente Os equipos ourensáns que militan na Rexional Preferente sur, se achegan ao final de campionato con sorte dispar. Así, o Barbadás, a falta de tres xornadas, ten posibilidades, aínda que remotas, de xogar a promoción á Terceira División como terceiro e incluso como cuarto. O Arenteiro está na 10ª posición sen xogarse nada nestas tres xornadas. O Sporting Celanova é 16º, cinco puntos por riba do descenso, mentres que o Covadonga e Nogueira de Ramuín están en postos de descenso sen opcións de salvar a categoría.

Os aboados do club poderán retirar dúas invitacións para o último partido Os menores de idade terán o acceso libre ao estadio do Couto


BARRIOS DEPORTIVO 6 de maio de 2010

HOQUEI

Mariñamansa, o venres, 9 de maio, a partir das 12 horas. No outro partido para o ascenso, o Tenis ten que visitar o campo do líder, Sardinero. Se os resultados lle son propicios ao equipo ourensán, poden rematar a xornada empatados na segunda posición co Tenis, con quen xogará na seguinte xornada.

O Xacobeo mantén a cuarta posición 4 Despois de gañar por 0-1 ao San Fernando. R. Torres O equipo ourensán de hoquei herba feminino Xacabeo Deporte Galego sacou

unha importante vitoria contra o San Fernando polo que, a falta de tres xornadas para rematar a liga aínda ten opcións de ascenso. O primeiro posto xa está adxudicado para o Sardineron desde fai varias semanas polo que as ourensás terán que loitar pola segundo po-

sición xunto con Tenis e Jolaseta. O Xacobeo é cuarto con 17 puntos a dous do segundo, o Tenis. Na terceira posición atópase o Jolaseta con 18 puntos. Nesta xornada de liga, máis emoción non se pode pedir xa que as de Tito Piñeiro reciben ao Jolaseta en

Caldaria Barrocás O Caldaria Barrocás segue na súa loita por non descender, e na pasada xornada conseguíu unha importante vitoria ao vencer por dous goles a un ao Egara, rival directo na loita pola permanencia. Con este resultado, o equipo barroco está tres puntos por enriba dos postos de descenso cando faltan tres xornadas (descenden dosu equipos a primeira nacional). Na seguinte xornada, Caldaria Barrocás visita o

campo do colista, Natació - Linia. Unha vitoria faría que o equipo ourensán tivera practicamente asegurada a súa presenza na División de Honra B a próxima tempada. O próximo partido en Mariñamansa será o domingo 16 de maio, ás 12 horas contra o Sardinero, penúltimo, e pecha a liga en terras catalás contra o líder, Vallés Esportiu. Primeira nacional No grupo III da Primeira Nacional masculina, as cousas xa están claras desde fai varias semanas, e Apóstol e Albor xogarán a fase de ascenso á División de Honra B como primeiro e segundo respectivamente. O Apóstol xogará en Mariñamansa a primeira liguilla para o ascenso os días 28, 29 e 30 de maio, mentres que o Albor o fará noutra sede aínda por determinar. Para ascender a honra B teñen que quedar

4 Próximos encontros de hoquei herba en Mariñamansa

Sábado 8 de maio - 16.00h. Albor - Apóstol - 18.00h. Caldaria Barrocás - Calor y fuego Cudeiro Domingo 9 de maio - 12.00h. Xocabeo Deporte Galego - Jolaseta Sábado 15 de maio - 16.00h. Cidade de Ourense - Atl. Coruña - 18.00h. Calor y fuego Cudeiro - At. Caixanova - 20.00h. Apóstol - Caldaria Barrocás Domingo 16 de maio - 12.00h. Caldaria Barrocás - Sardinero

Encontro en Mariñmansa entre o Caldaria Barrocás e o Egara. /RAMSÉS



entre os dous primeiros da súa liguilla de ascenso, e facer o propio nunha segunda liguilla que se xogaría os días 4, 5 e 6 de xuño.

O domingo, 9 e maio, ás 12.00 horas en Mariñamansa, Xacobeo Deporte Galego - Jolaseta 4CLASIFICACIÓN División Honra B 1.- Vallés 2.- Benalmadena 3.- Junior 4.- Pedralbes 5.- Valencia 6.- R. Sociedad 7.-Caldaria Barrocás 8.- Egara 9.- C. Sardinero 10.- Natació-Linia

25 23 20 15 15 15 12 10 9 6

1ª División Feminina 1.- C. Sardinero 2.- Tenis 3.- Jolaseta 4.-Xacobeo Galicia 5.- Xaloc 6.- Olimpia 7.- C. de Campo 8.- San Fernando 9.- Pozuelo 10.- Covadonga

28 19 18 17 15 14 13 10 9 7

1ª División Masculina 1.- Apóstol 28 2.- Albor 26 3.- Pabellón 20 4.- Caldaria Barrocás 19 5.- Atl. Caixanova 12 6.- Cidade de Ourense 11 7.- Calor y Fuego Cudeiro 6 8.- Atl. Coruña 4 9.- P. Leonés 2




BARRIOS DEPORTIVO 6 de maio de 2010

FÚTBOL SALA

Todo se decidirá no último partido da tempada

Ponte Ourense sen aliciente nesta liga

4 O Cidade As Burgas ten complicada a primeira posición do grupo IV da división de prata do fútbol sala feminino pero pode entrar no play off de ascenso como un dos dous mellores segundos dos catro grupos de prata. R. Torres Despois da pasada xornada na que o cadro ourensán descansou, o Cidade As Burgas cedeu o seu primeiro posto no grupo IV da División de Prata do fútbol sala feminino, en detrimento do Cidade de Alcorcón quen venceu por un gol a catro ao Collado Villalba. Con este resultado, e a falta dunha xornada, a primeira posición é para o Alcorcón con 49 puntos, seguido do Cidade As Burgas e Majadahonda con 48 e Ateneo Combarro, 46 puntos. Nesta última e apaixoante xornada, as de Manolo Codeso reciben o sábado, 8 de maio, ao Ateneo Combarro, ás 18.30 horas, no pavillón dos Remedios. O cadro ourensán ten difícil chegar á primeira posición xa que o líder, Alcorcón, xoga contra o Road House, único equipo que non puntuou en toda a liga; pero ao que sí pode aspirar é á segunda praza e ser un dos dous mellores segundos dos catro grupos e loitar no play off polo ascenso á Divisón de Hhonra. Este ano o ascenso cambiou e non suben os campións dos catro grupos, senón que se xogará unha eliminatoria entre os catro primeiros e os dous mellores segundos, o gañador de cada eliminatoria ascenderá, polo que

este ano haberá soamente tres ascensos e descenderán catro de honra para que a liga 2010-2011 sexa de 16 equipos e non de 17 como nesta campaña. O equipo capitalino, de gañar o seu encontro fronte o Combarro estará seguro no play off. Para ser un dos mellores segundos, se dividen os puntos obtidos entre os partidos xogados, posto que os catro grupos non teñen os mesmos equipos. Deste xeito, o Orvina do grupo I e as propias ourensás son as que xogarían fase de ascenso de gañar os seus respectivos encontros. Pero as pontevedresas non llelo porán nada fácil ao Cida-

O Cidade As Burgas recibe na última xornada ao Ateneo Combarro, o sábado 8 de maio, ás 18.30 horas, no pavillón dos Remedios. De gañar xogarían o play off de ascenso a División de Honra do fútbol sala feminino

de, xa que o equipo adestrado por Morenín tamén ten, aínda que moi remotas, opcións de acceder ao play off. O partido do sábado será dunha grande emoción, propia do final de campaña de calqueira liga, no que as ourensás tentarán vingarse, deportivamente por suposto, da encerrona que sufriron no ùltimo partido da primeira volta en Combarro.

4CLASIFICACIÓN Equipo Puntos 1.- Alcorcón 2.- Cidade As Burgas 3.- Majadahonda 4.- Ateneo Combarro 5.- Leis 6.- Unami 7.- C. Villalba 8.- Leganés 9.- Chiloeches 10.- Casarrubios 11.- U. de Salamanca 12.- Road House

Cidade de As Burgas contra o Unami. /RAMSÉS

49 48 48 46 33 33 31 28 28 19 10 0

4 En terra de ninguén están á espera de que remate a liga. R. Torres Ponte Ourense non lle encontra aliciente a este tramo final de liga, no que se encontra en terra de ninguén, sen opción por arriba e prácticamente salvadas (a 15 puntos do descenso), polo que os partidos que restan ata finais de tempada son case que de puro trámite. As de Isidro Grela perderon os dous últimos encontros, fóra contra o Telde (9-3) e en casa contra o UCAM Murcia (1-4). O partido contra o Telde, non tivo maior historia e as ourensás sairan goleadas das islas. A motivación que lle faltou ao Ponte encontrouse nas xogadoras canarias que están xogándose a permanecia un ano máis na máxima categoría do fútbol sala feminino. As ourensás mativeron a raia ao equipo local ata o minuto seis de encontro, cando Bea facía o empate a dous tanto, pero tres minutos máis tarde, as isleñas adiantábanse novamente no marcador e os goles ían caendo en contra das pontinas. Ao final, duro correccional ás pupilas de Isidro Grela que non souberon frear a sangría goleadora do Telde. No partido anterior disputado nos Remedios, o Ponte Ourense perdeu os tres puntos contra o equipo murciano do UCAM; e iso que na primeira parte o dominio do xogo foi total e absoluto das ourensás con tres balóns aos paos. Este

dominio sen goles barruntaba o que pasou despois e é que no primeiro minuto da segunda metade o UCAM adiantábase no marcador. As pontinas non se amilnaron pero, unha nova tarxeta amarela de Laura deixaba ao Ponte cunha xogadora menos sobre a cancha, aproveitándoo o Murcia para poñer o dous a cero no luminoso. Bea recortaría distancias. Isidro Grela apostou por cinco de campo pero non deu o resultado esperado e o Murcia marcaría dous tantos máis. Ao remate dos corenta minutos, 1-4 que non reflectíu o visto na cancha central dos Remedios. Próximo partido O próximo encontro do Ponte Ourense será nos Remedios, o sábado 8 de maio, ás 16:30 horas, no derbi galego da división de honra de fútbol sala feminino, contra o Burela Pescados Rubén.

4CLASIFICACIÓN Equipo Puntos 1.- Córdoba 2.- Elche 3.- Móstoles 4.- Murcia 5.- Rioja 6.- Navalcarnero 7.- Burela 8.- Valladolid 9.- Gironella 10.- Zaragoza 11- Ponte Ourense 12.- Logroño 13.- Campillos 14.- Telde 15.- Soto del Real 16.- Torrejón 17.-Castelldefels

66 65 53 53 48 45 43 41 38 35 34 21 20 19 19 11 11


BARRIOS DEPORTIVO 6 de maio de 2010

BALONCESTO

Posponse para dentro de oito días



4EDITORIAL

A historia de 4 O alcalde de Ourense escoitou a proposta da directiva do Club Ourense Basempre loncesto e darase un plazo de oito días para decidir sobre o proxecto que lle directiva leva templantexou o actual presidente do club. O presidente da Deputación apoia en Esta po mareando a perdiz cun xa sabido por todos todo a Jorge Bermello. A Xunta, que non foi invitada á reunión por parte do tema dende fai tempo. Un equipo ourensán esgotou o seu COB, non se sabe de que maneira axudará ao equipo ourensán. presuposto e chama as portas das institucións para cubrir ese desfase. Qué o diferenza doutras directivas anteriores? Nada. Nestes tempos de crise onde todos xestionamos os nosos ingresos ao máximo non pode haber manga ancha no deporte por razóns de repercusión ou de encher as canchas. Se o COB ten un presuposto X é de bo xestor chegar ao final de tempada sen empeñarse e en vez de convencer a xente e as institucións de que lle dean máis cartos sería máis sinxelo convencelos de que cos cartos que ten vai quedar cuarto ou quinto pola cola pero sen crear débeda, convencer á xente de que apoie a o equipo dunha maneira desinteresada, sen crear falsas expectativas, e que co tempo e unha boa plantilla se poida dar o salto. Creo que se debe por fin a esta pescadilla que se morde a cola. Se lle damos agora o que pide e algo máis porque nos van levar a ACB, cando estean en ACB haberá que darlle moito máis para que se manteñan, e cando o fagan porque tamén poden ser campións.... onde está o límite? Cremos que na capacidade en cada momento de acadar financiación privada para satisfacer a maioría dos gastos cun apoio das institucións na súa xusta medida e na que eles dexesen. Os seareiros cobistas entenderán esta situación e seguro que separarán o tema económico do deportivo, que ben poden camiñar separados, porque está demostrado nesta cidade que meter cartos nos equipos non asegura o éxito.

R. Torres Lugar: Alcaldía do Concello de Ourense. Día: o pasado mércores 5 de maio. Hora: 9.15 horas. O triángulo, escaleno por suposto, estaba formado polo presidente da Deputación de Ourense, o Concello de Ourense co alcalde, tenente de alcalde e concelleiro de Deportes, e a directiva do COB con Jorge Bermello como cabeza visible. O actual presidente do COB, expuso durante unha hora e media o seu plan (ás outras dúas partes do triángulo escaleno) de futuro para o club e como afrontar as débedas desta e doutras campañas que recordemos ascenden ao millón de euros. Despois de dita reunión, nada en claro; palabras de agradecemento ao Concello e a Deputación “por sentarse a escoitarnos” pero sen dar declaracións de cales son as pautas para que o proxecto sexa viable para o presidente cobista. O que sí deixou entrever era algo xa sabido por todos, “hai unha parte - Deputación - que apoia en todo á actual xunta directiva e outra parte - Concello - que se vai tomar oito días para deicidir en que medida apoia ao club. O 15 de xuño haberá unha asamblea extraordinaria da entidade na que se saberá se continúa Bermello ou se pola contra dimite do seu cargo.

O futuro do equipo Jorge Bermello xa anunciou que o seu principal patrocinador, Augas de Sousas, deixa o club se non continúa a mesma directiva; máis do mesmo ocurre co adestrador Paco García, quen sempre condicionou a súa continuidade coa de Bermello. No tocante á plantilla, gustaríalle á actual xunta directiva renovar a algúns dos xogadores e moitos deles querrían seguir como Lucho Fernández, “non me importaría seguir no club pero que non pase como noutros anos que non se pagaba aos xogadores”, explicaba o ala-pívot despois do último encontro de liga.

Jorge Bermello facendo declaracións despois da reunión co alcalde, tenente de alcalde, concelleiro de Deportes e presidente da Deputación. /RAMSÉS

deportes@ourenseporbarrios.com




BARRIOS DEPORTIVO 6 de maio de 2010

BALONCESTO

cuarto para olvidar das nosas, as extremeñas déronlle a volta ao electrónico cun parcial nese cuarto de 25-8. Xa no último cuarto a renda aumentou ata os 75-55 final. Agora, ao Codigalco tócalle pedir praza en Liga Feminina 2 para o vindeiro ano por se algún equipo desaparece e ter unha praza que non gañou na pista, senón haberá que loitar a próxima tempada para volver a recuperar a categoría que este ano, posiblemente por ser novas na LF2 pagaron a novatada co descenso.

Codigalco Carmelitas certifica o descenso Mar Ahijado no chan cunha forte dor no xeonllo no partido contra o U. Ferrol. /RAMSÉS

4 As colexialas perderon os tres encontros da fase pola permanencia. R. Torres Finalizada a fase regular cunha nova derrota en casa contra o universitario Ferrol (60-70), o equipo dirixido por Tito Fernández acudía a Huelva coa experanza de facer algo grande e conservar a categoría en Liga Feminina 2. Os seus rivais, Marsol Conquero e Chajeba 04 do grupo A da Liga Feminina 2 e o Iberconsulting Cáceres da propia liga das ourensás. Na primeira xornada des-

ta fase pola permanencia, o primeiros encontro das colexialas enfrontábaas ao equipo gaditano do Chajeba 04, o equipo, a priori máis asequible dos tres cos que se enfrontarián, pero non puido ser e o cadro ourensán chegaría a empatar a contienda no descanso do encontro (30-30). A partir dese momento e a pesar de que estiveron por diante no terceiro cuarto, o Codigalco non puido parar as embestidas do equipo andaluz e rematarían o encontro perdendo por 12 puntos de diferenza (61-73). Unha vez máis, a rebelde Renee Taylor foi a máis destacada das ourensás con 17 puntos e 25 de valoración. No outro partido da xornada, o Cáceres gañaba ás anfitrionas do Conquero por un axustada 73-71. Na segunda xornada desta

fase, o Carmelitas xogábase o todo polo todo contra o equipo local, Conquero, para ter na última xornada opcións de permanecer un ano máis na Liga Feminina 2, pero volveu saír cruz, e perderon por oito puntos de diferenza (59-67) o que as condeaba ao descenso a Liga Nacional. Durante todo o partido tiveron claras opcións de vencer pero de novo a sorte non lles sorríu e perderon o encontro e con el o manterse na categoría un ano máis. Neste partido Pamela Benavent foi a máis destacada con 31 puntos e 30 de valoración. No encontro entre o Chajeba e o Cáceres, as extremeñas gañaban o seu segundo partido salvando a categoría e demostrando que era o conxunto máis forte desta fase. Con todo decidido para

as ourensás, chegaba á última xornada na que xogaban contra o Cáceres, que a pesar de salvar a categoría non tiveron compaixón do Codigalco e gañaron por 20 puntos de diferenza (7555). No descanso, as de Tito Fernández dominaban por cinco puntos de diferenza (32-37), pero nun terceiro

O Codigalco Carmelitas pedirá praza en Liga Feminina 2 por se algún equipo desaparece senón xogará en primeira nacional para o ano

Pabellón Ourense O Pabellón fai varias semanas que está de vacacións, concretamente desde que certificaron a permanecia na LF2. Así que o último encontro da fase regular levounas ata León para xogar contra o Bembibre. O encontro estivo igualado e incluso as ourensás esti-

veron dominando o marcador, empezando o último cuarto cunha vantaxe de catro puntos, pero ao remate do encontro o marcador deixou un definitivo (7673) e con el as vacacións para os dous conxuntos. O Pabellón rematou a liga en novena posición con nove vitorias e 19 derrotas. O equipo ourensán xa empeza a planificar a próxima tempada e para iso van continuar con Lisardo Rodríguez ao fronte do primeiro equipo. A directiva pretende seguir coa maioría das xogadoras desta tempada, e o primeiro obxectivo é manter ás de casa. Tamén tentarán renovar ás dúas americanas, Jennifer e Liz (sobre todo a segunda), tarefa algo complicada xa que a intención das dúas é regresar a Estados Unidos. Outras xogadoras xa non contan para a próxima campaña, como Miriam Muñoz, pero a estas alturas non hai nada pechado.

Partido do Pabellón Ourense nos Remedios. /RAMSÉS


BARRIOS DEPORTIVO 6 de maio de 2010

POLIDEPORTIVO

CB Pabellón, campión da Copa Delegación

4 Un golazo de Pablo Vara no último segundo da prórroga deu a vitoria aos ourensáns. Redacción O Club Balonmán Pabellón proclamouse campión da Copa Delegación de 2ª Autonómica este pasado domingo, na cancha central do Polideportivo Municipal de Lalín. Mal comezaron as cousas para os ourensáns, que non souberon parar o vendaval santiagués en defensa, e que en ataque se mostraron bastante fallóns. As sensacións eran que os pabellonistas nada poderían facer ante un Conxo que vencía no minuto quince por un 10-2 contundente. Os pabellonistas serenáronse, e xa sen os nervios do finalista, comezaron a facer o seu xogo habitual

que tan bo resultado lle deu esta tempada, recortando a distancia a tres goles soamente ao descanso. O equipo de Zarra logrou impoñer o seu xogo tamén no segundo tempo, con vantaxes dun e dous go-

les. A falta de dez minutos, unha pequena tangana por un lance do xogo, supuxo a expulsión de dous xogadores, un por cada bando, o que permitíu aos santiagueses empatar o encontro e forzar a prórroga.

O CB Pabellón campión da copa Delegación. /CBP

Xa na prórroga, os ourensáns foron en todo momento por diante, pero un penalti e a seguinte exclusión dun xogador pabellonista, complicaron as cousas nun final de infarto. Na última xogada e con empate a 26 no marcador, Pablo Vara (10 goles) anotou o mellor gol do partido no último segundo, desatando a alegría do medio cento de seguidores pabellonistas desprazados ata Lalín. Un final de tempada espléndido para o Club Balonmán Pabellón, que a pesar de non poder ascender de categoría, deu mostras de estar cos mellores, e o refrendaron con este peche de competición.



A esperar unha mellor oportunidade

4 O equipo masculino e feminino terán que loitar pola permanencia na división de honra de atletismo. Redacción Nin os homes nin as mulleres do Ourense Atletismo Academia Postal puideron lograr a permanencia na primeira xorna-

da do Campeonato de España de Clubs de División de Honra, quedando cuartos os dous, e polo tanta terán que loitar pola permanencia [SEGUE NA PÁX.SEGUINTE]

Yioser Toledo na proba de lanzamento de peso. /RAMSÉS




BARRIOS DEPORTIVO 6 de maio de 2010

[VÉN DA PÁX. ANTERIOR]

na segunda xornada que de non lograr o obxectivo terían outra oportunidade na terceira e última xornada. A pesar de conseguir sete triunfos (máis que os outros tres equipos), os homes do Academia Postal non puideron conseguir a salvación, e iso que a competición tivo lugar na pista de atletismo do complexo deportivo de Monterrei. A mala sorte cebouse no cadro masculino e ás baixas de última hora sumáronse sete lesionados durante a competición. Os triunfos do Academia Postal foron de José Alfonso Palomanes que dominou a lonxitude e o triple salto; Hassan Lekhili os 3000 metros; Francisco Arcilla os 5 quilómetros marcha; Javier Fidalgo os 400 valados; Yioser Toledo o peso; e Ignacio Calderón en martillo. Sociedad Gimnástica foi o primeiro equipo seguido de UBU Caja Burgos,

Universidad de Oviedo e o Ourense Academia Postal. Categoría feminina En canto as mulleres, máis do mesmo, baixas e lesións durante a competición lastraron as opcións de permanencia e loitar polo título das académicas e relegándoas ao cuarto posto na xornada que disputaron en Madrid. Leticia Fernández, primeira no 1.500 metros e Lorena Luaces, segunda nos 5 quilómetros marcha, foron as máis destacadas do cadro ourensán. Próxima cita A segunda xornada do campionato celebrarase o 16 de maio, en Jaén os homes e en Asturias as mulleres. Nela os atletas do Academia Postal terán a penúltima oportunidade de manter a categoría na División de Honra.

Francisco Arcilla nos 5 quilómetros marcha. /RAMSÉS

ATLETISMO

A carreira do Couto chega a súa terceira edición 4 Con esta popular dase o pistoletazo as festas. R. Torres Unha semana antes das festas do Couto, o domingo 9 de maio, terá lugar a terceira edición da carreira popular Festas do Couto 2010. A carreira constará de varias categorías, abertas a todo o mundo, sendo a primeira delas a dos benxamíns e alevíns ás 11.30 horas e na que terán que dar unha volta a un circuíto urbán polas rúas do citado barrio de 1.500 metros. Ás 11.50 horas turno dos infantís e cadetes que darán dúas voltas ao circuíto, percorrendo 3.000 metros. E para as 12.15 horas, os da carreira absoluta (engloban a xuvenís, júnior, promesa, sénior, veteráns A, B e C) terán que dar catro voltas para completar unha distancia de 6.000 metros. Os máis cativos tamén terán a súa proba en torno ás 13.15 horas, e percorrerán uns 250 metros aproximadamente, ademais, ao finalizar a súa carreira recibirán todos eles unha medalla conmemorativa e un agasallo pola súa participación, polo que esta carreira pode ser unha boa excusa para correr en familia polas rúas dun dos barrios da nosa cidade. As inscrición pódense realizar na web www. championchipnorte.com ata o venres 7 de maio ás 20 horas, na tenda ProlSport ou na secretaría da competición ata media hora antes de cada pro-

ba. Os dorsais retiraranse na liña de meta (R/ Vila Real) desde as 10 da mañá. Os inscritos nesta carreira están automaticamente preinscritos nas próximas carreiras da cidade, que son a da Ponte (en xullo) e a da Carballeira (outubro).

Premios Haberá premios para os primeiros clasificados de cada categoría tanto en homes como mulleres ,ademais dos cinco primeiros clasificados da categoría absoluta na que participan xuvenís, júniors, promesas,

sénior, veteráns, tanto homes como mulleres.

O domingo 9, ás 11.30 horas, comenzará a III carreira Festas de O Couto

Presentación no pavillón municipal de Deportes da carreiras Festas do Couto. /RAMSÉS

4 Circuito urbán de carreiras populares

Moita polémica suscitou entre os corredores galegos a incursión destas carreiras (Couto, Ponte e Carballeira), no panorama das carreiras populares galegas, por mor de que coinciden, a do Couto e a de Carballeira, con outra carreiras importantes de Galicia. Quizáis puxeron o grito no ceo sen reparar en que é unha proba para poder empezar a rodar un posible circuíto ourensán de cara á tempada que vén e que intentan pulir os erros que puideran cometer. Por suposto que as datas está mal elixidas (a da Carballeira está a tempo de ser modificada), pero se un vai estar en Ourense o domingo 9 de maio, non hai motivo para non acudir ao evento. Esta claro que desde a organización (polo motivo que sexa) fixeron as cousas dunha maneira moi apresurada e iso notarase no número de participantes, pero pódese dar un voto de confianza e esperar enmendar o erro en vindeiras citas, e poder organizar un circuito ourensán do nivel do que se fai en Lugo coa “Corre con Nós”, que xunta en cada carreira a unha media de 1.300 corredores de todas as idades e todos os niveis, facendo de cada carreira unha festa. Dende a miña opinión, penso que haberá que ter reunións entre a xente do Consello Municipal de Deportes con xente do mundo do atletismo ourensán para unir experiencias e chegar a un fin común e poder meterse no calendario de carreiras populares de Galicia sen coincidir con algunha carreira, das chamadas importantes da comunidade, e chegar a ser un referente importante neste mundo do atletismo popular. Demos tempo ao tempo.


PUBLICIDADE

BARRIOS DEPORTIVO 6 de maio de 2010




10

BARRIOS DEPORTIVO 6 de maio de 2010

NATACIÓN

1:04,34, rebaixando a súa marca da mañá e facendo marca galega de 17 anos, aínda que quedou fóra da final, logrou un meritorio 12º posto, en 400 estilos quedou 18ª cun tempo de 5:12,24; Laura Pimentel Pérez quedou 26ª en 200 libres cun tempo de 2:09,32 e na mesma proba, Isabel Raña Ruíz clasificouse 31ª cun tempo de 2:11,18; Laura Pimentel Pérez en 1500 libres fixo un tempo de 17:13,34, mellor marca galega de 17 anos e quedando en 11ª posición. Pola súa banda, Alberto Taboada Vila en 100 costas con 1:00,10 quedou de 25ª, e foi 9º na final A de 200 estilos, realizando unha ex-

celente actuación cun tempo de 2:11,37. (na mesma final que nadou o plusmarquista español Alen Cabello que fíxose co primeiro posto); Laura Pimentel Pérez foi 13ª en 400 libres (4:28,26); Iria Álvarez Liz en 200 estilos chegou 24ª con 2:25,85 e Isabel Raña Ruíz en 200 estilos 30ª con 2:29,20.

O sábado 8 de maio, a piscina Rosario Dueñas acolle o campionato escolar

Unha nova xornada do zonal nos Remedios 4 Máis de 50 nadadores alevín e infantís participaron no evento. Redacción Este sabado 24 celebrouse a 3ª xornada da liga alevin e a 6ª xornada dos infantís na piscina olimpica Rosario Dueñas do Pavillón dos Remedios, coa participacion de máis de 50 nadadores dos clubs Natación Monforte e Pavillón Ourense. Nela conseguíronse excelentes marcas por parte dos alevíns, con 11 mínimas e todos melloraron as súas marcas persoais. Mentres que nos infantís conseguíronse dúas marcas mínimas para o campionato absoluto de verán e cinco mínimas para os galegos infantil, xunto a varias me-

llores marcas persoais. As marcas mínimas para o campionato absoluto lográronas Adrián Blanco Pérez en 100 libres, Esther Álvarez en 100 libres. En canto para os galegos de verán, Iago Rodríguez en 400 libres e Esther Álvarez en 800 libres acadaron ás mínimas. En categoría alevín os ourensáns que conseguiron mínimas para o galego foron: Miguel Pimentel e Martín Rodríguez en 1.500 libres, Paula Blanco, Andrea Sabuz, Mara Velez, Claudia Álvarez, Ana Karina e Uxía Gómez nos 400 libres, Miguel Pimentel e Andrea Belo nos 200 esti-

los e Paula Blanco, Andrea Sabuz, Ana Karina e Uxía Gómez nos 4 x 100 estilos. As próximas competicións para os pabellonistas terán lugar o día 8 de maio, día no que se celebrará a 4ª xornada aprazada dos Alevín en Monforte e o campionato escolar na piscina do Pavillón. Iria Álvarez Iria Álvarez Liz está convocada pola Selección Española de Natación para participar na Copa Latina que se celebrará en Arxentina do 20 ao 22 de maio como resultado da súa boa actuación no Open de España, onde obtivo a clasificación para a Copa, nas probas de 100 e 200 bolboreta. Tamén a nadadora Laura Pimentel Pérez, que se atopa no stage de preparación en Serra Nevada, que se

prolongará ata o día 17 de maio, foi convocada pola Federación Española como nadadora do equipo nacional de augas abertas. Open absoluto de Málaga Os nadadores do CN Pabellón que acudiron ao Open absoluto de Málaga finalizaron a súa participación con boas sensacións. Así, Alberto Taboada Vila foi 16º en 200 costas; Laura Pimentel Pérez en 800 libres quedou de 11ª, baixando o seu tempo a 9:01,50, e facendo mellor marca provincial de 17 anos en piscina longa; Iria Álvarez Liz en 200 bolboreta foi 8ª cun tempo de 2:17,71, sendo mellor marca provincial e mellor marca galega de 17 anos; Iria Álvarez liz pasou á semifinal de 100 bolboreta onde realizou un tempo de

Nadadores nos seus caixóns. /RAMSÉS


BARRIOS DEPORTIVO 6 de maio de 2010

POLIDEPORTIVO

11

FÚTBOL

4 Trofeo “Miguel Ángel”

Un dos partidos de tenis mesa disputados este 1 de maio./RAMSÉS.

A canteira do tenis de mesa da provincia citouse no pazito

4 22 equipos de colexios participaron nesta fase provincial. Redacción O sábado 1 de maio, tivo lugar no “Paco Paz” a Fase Provincial dos campionatos escolares de Tenis de Mesa para a que se clasificaran un total de 22 equipos dos distintos colexios da provincia. Houbo un gran ambiente, e os rapaces e rapazas par-

ticipantes pasaron un día deportivo desfrutando do ping-pong e demostrando que hai canteira neste deporte para conseguir grandes cousas para esta provincia. Os campións finais por categorías foron en benxamín mixto, C. Arenal; en alevín mixto, CEIP Beariz; en infantil masculino, Club

ADAS O Barco; en infantil feminino, Cisneros; en cadete masculino, Galmédico e en cadete feminino, Club ADAS O Barco. Proximamente celebrarase en Pontevedra a Fase Autonómica na que participarán todos os clasificados das distintas fases provinciais de infantil e cadete.

O vindeiro 10 de maio terá lugar o último adestramento para os gardametas inscritos na XIV Edición do Trofeo “Miguel Ángel”. A sesión de adestramento será ás 15:45 horas no campo dos Carrís, en A Valenzá, e estará dirixida polo coordinador deportivo do trofeo, Roberto González, gardamenta da U.D. Barbadás, que contará coa colaboración de Manuel Sotelo Bernardez, segundo adestrador do Celta de Vigo “B” e responsable da preparación de porteiros da base do Celta. Con esta sesión remata a edición desta tempada deste torneo, dous días antes da entrega do galardón, que será o 12 de maio, ás 20:30 horas, nun acto no Centro Sociocultural de Caixa Galicia. A gala de entrega do trofeo comezará cunha charla-coloquio

sobre “O entrenamento do porteiro no fútbol base”, na que participarán como ponentes Dani Aranzubia (gardamenta do Deportivo), José Sambade (preparador de porteiros do Deportivo), e Miguel Ángel González, ex-gardamenta e presidente de honra do trofeo.

4Copa Deputación xuvenil

17 equipos de categoría xuvenil de toda a provincia disputarán a Copa Deputación que comenza esta fin de semana. Catro grupos de catro equipos (menos o grupo A que ten cinco equipos) disputan unha liguilla a unha soa volta para decidir quen é o primeiro do grupo. Os catro primeiros entrarán no sorteo para os emparellamentos de semifinais.

4 Fundación Oira Futuro

A Fundación Oira Futuro convida a todos os ourensáns á charla que dará Juán José García Cota, xefe de

Traumatoloxía da Selección Nacional Absoluta de Fútbol, xefe dos Servizos Médicos do Real Clube Celta de Vigo, profesor da Universidade Europea de Madrid e membro de varias sociedades vinculadas ca medicina e o deporte. A cita será o mércores 12 de maio, a partir das 20.15 horas, no Auditorio. Nela falará dos bos hábitos de alimentación deportiva e comentará as anécdotas vividas cos xogadores máis importantes do fútbol español.

4Seleccións ourensás

As seleccións ourensás de fútbol 7 alevín, sub-15 e sub-17 xogaron contra as seleccións de Vigo para pasar á final do Torneo de Seleccións comarcais, sen sorte para ningún dos tres equipos. Os alevíns perderon 0-3, os sub-15 1-3 e os sub 17 quedaron 1-1 (co resultado adverso da xornada anterior).


12

BARRIOS DEPORTIVO 6 de maio de 2010

MOTOR

O Ralli de Clásicos de Ourense quenta motores

4 O Ralli de Clásicos de Ourense, que neste ano chega a súa 16ª edición, comenza a quecer motores. A cita, que se combinará co VII Ralli de Ourense de Automóbiles Antigos, terá lugar os días 12 e 13 de xuño. Redacción

Un piloto nunha das probas organizadas polo Moto Clube A Peroza. /MC A PEROXA

A élite do Enduro mundial chega a Ourense

A 16ª edición do Ralli de Clásicos disputarase os días 11 e 12 de xuño. A cita cos clásicos dará comezo coas verificacións administrativas e técnicas dos equipos participantes o venres 11 de xuño no Centro Comercial Ponte Vella, para o sábado tomar a saída os participantes desde a Plaza Maior de Ourense ás 10:30 horas, cun percorrido entre a capital da provincia e a vila

de Celanova, de 140 quilómetros, para regresar de novo á cidade de Ourense ás 14:30. Ás 16:00 horas, de novo o primeiro participante tomará a saída para realizar un trazado de 165 quilómetros polas localidades de Esgos, Vilamarín, Luintra e Os Peares, para regresar de novo á capital, poñendo fin á proba ao redor das 20 horas. Automóbiles antigos Mentres, os participan-

tes no VII Ralli de Ourense de Automóbiles Antigos concentraranse o sábado 12 de xuño ás 17 horas na praza Eduardo Barreiros para partir cara á comarca do Ribeiro, con visita ás adegas. O domingo 13 de xuño, ás 10:30 horas, os pilotos de ambas probas, partirán da praza Maior para realizar un percorrido de 40 quilómetros entre Ourense e o Pazo de Vilamarín, seguindo o Camiño de Santiago pola Vía da Prata e o Camiño Mozárabe.

4 Os días 14, 15 e 16 de maio celébrase o “Enduro Coles-A Peroxa”. Redacción O Campionato de España de Enduro, que conta coa participación de primeiras figuras mundiais, chegará á provincia de Ourense os días 14, 15 e 16 de maio con motivo da celebración do “Enduro Coles-A Peroxa”, unha cita de dúas xornadas na que pilotos da talla do español Iván Cervantes (cinco veces campión do mundo), o finés Juha Salminen (catorce veces campión do mundo) ou os miembros do Equipo Junior de Espa-

ña (campeón do mundo por equipos), ademais de pilotos da talla de Oriol Mena, Cristobal Guerrero, Lorenzo Santolino, Marko Takkala, Xavi Puigdemont... e un longo listado de participantes, encontraránse nunha das comarcas máis recoñecidas a nivel internacional para a práctica do motociclismo verde. Horarios A proba, organizada polo “Motoclube A Peroxa”, dará comenzo o venres 14 de maio coas verificacións

técnicas e administrativas no Concello de A Peroxa. Na xornada do sábado 15 de maio, ás dez da mañá, terá lugar a saída do primeiro dos participante para realizar un completo percorrido que conta con cinco trialeiras, dúas cronos e un tramo e que rematarán os pilotos contra as catro da tarde. Na xornada do domingo, que volve comenzar ás dez da mañá, repetirase o horario e o trazado, facéndose a entrega de premios sobre as catro da tarde.

Ponte Vella volverá a ser o centro neurálxico do Ralli de Clásicos de Ourense. /ARQUIVO


BARRIOS DEPORTIVO 6 de maio de 2010

POLIDEPORTIVO

José María Magdaleno pecha con éxito a subida a Falperra 4 Foi segundo no seu grupo e terceiro na súa clase. Redacción O Team Mayador do piloto José María Magdaleno comenzou a súa andadura no campionato de España de Montaña na 31ª Subida a Falperra, celebrado na localidade portuguesa de Braga, que ademais é puntuable para os certames portugués e europeo. José Manuel Magdaleno co seu Renault Sport Mègane Trophy acadou a 17ª posición na clasificación xeral, a segunda no seu grupo (Grupo A2-SP) e a terceira praza da súa clase (clase 15), tanto na primeira

como na segundo xornada da proba, sumando así os primeiros puntos da tempada. O piloto da escudería ourensá mostrábase satisfeito do traballo realizado “foi unha boa carreira” despois de levar desde a pasada tempada sen correr e considerou que “o resultado entre dentro dos obxectivos marcados para este ano”.

13

Judo

Barreiros e Estévez, do Marbel, oitavo posto no Nacional de Katas Redacción No duodécimo campionato de España de Katas, exhibición de movementos técnicos de Judo e Jiu Jitsu, o dúo ourensán formado por Barreiros e

Estévez, lograron unha meritoria oitava praza na modalidade Kodokan Goshin Jitsu No Kata. O dúo ourensán rematou no posto oitavo, cun total de 52,91 puntos, moi lonxe dos 82,63 do dúo gañador, pertencente a Asturias. Este campionato “sérvelles para pulir defectos e mellorar de cara á próxima edición”. explicaba o seu adestrador, Manuel Montero.

Doma clasica en Paderne

4 O concurso terá lugar os días 8 e 9 de maio. Redacción O Centro ecuestre Vila de Paderne acollerá un concurso de Doma Clásica os días 8 e 9 de maio, puntuable para o campionato galego. O concurso está destinado para a equitación de base, é dicir, para nenos de entre 7 e 18 anos de toda Galicia. Cóntase que entre os dous días haberá 50 saídas á pista. Con eventos como este, preténdese promocionar aos mozos de Galicia para que cheguen a ser grandes xinetes a nivel nacional. Para esta empresa, o centro ecuestre de Paderne conta nas súas filas con Manuel Cid y Damas, xínete olímpico por España nos Xo-

gos Olímpicos de 1.984 en Los Ángeles que é o actual director da escola do Centro Ecuestre de Paderne. Carreiras en Sandiás O pasado 1 de maio, no hipódromo de Antela vivíuse unha xornada de carreiras que congregou a 3.000 espectadores. A próxima xornada no hipódromo de Antelas será o 12 de outubro, xa que a que ía ser este mes suspendeuse.

Jorge Vázquez, Antonio Espinosa, Manuel Cid e José M. Díaz na presentación. /RAMSÉS

Barreiros e Estevez adestrando. /MARBEL

Deportes nas Festas de Vistahermosa Redacción

Polas festas de Vistahermosa, o barrio organizou numerosas actividades deportivas durante a fin de semana das festas, como o clásico maratón de fútbol sala que se celebra cada ano na cancha do colexio, un master cicloturista con saída e chegada en Vistahermosa e as carrilanas que congregaron a centos de persoas na subida ao Seminario.

Un participante nas carrilanas a “tumba aberta” na baixada do Seminario. /RAMSÉS


14

BARRIOS DEPORTIVO 6 de maio de 2010

POLIDEPORTIVO

En maio, o Torques 2010

4O RINCÓN DO MESTRE

A satisfacción persoal no deporte base

Redacción

Ourense acollerá a Oitava Concentración Moteira As Burgas e a Terceira Concentración Internacional de Trikes, do 14 ao 16 de maio, onde centos de motoristas de toda a Península farán ruxir as súas motos. Durante estes tres días todos os que se inscriban na concentración poderán disfrutar de concertos, show-bikes, rutas, excursións, xogos colectivos, e outras moitas actividades. Hai que destacar o chamativo desfile das antorchas que terá lugar o sábado 15 de maio, ás 22 horas, polas rúas da cidade. O prezo da inscrición é 30 euros anticipada e 35 en taquilla. [Máis información: actorques@yahoo.es.]

Kick boxing en Ourense Redacción

Os días 8 e 9 de maio (sábado e domingo), o Pazo dos Deportes Paco Paz de Ourense acolle o campionato de España de Kick Boxing oriental. Durante a tarde do sábado, en torno ás 16 horas darán comezo as eliminatorias para dilucidar aos finalistas que loitarán polo título o domingo a partir das 10.30 horas. As probas do campionato, que está organizado pola Federación Española de Kick Boxing, son as de Low Kick, Oriental Style, Keshiki e Thai Boxing.

O organizador das Rutas Culturais, José García “Willy”, o vicerreitor do campus de Ourense, Juan Francisco Gálvez, e o responsable do Servizo de Deportes do campus, Rodrigo Alberte. /PAULA LODEIRO.

40 camiñantes realizarán a Ruta da Prata ata Santiago

4 Con esta ruta os días 15, 16 e 17 de maio, o campus pecha as Rutas Culturais deste curso. Paula Lodeiro A realización do Camiño pola Vía da Prata desde Ourense a Santiago suporá o punto e final das Rutas Culturais que organizou este curso o campus de Ourense. En tres etapas (os días 15, 16 e 17 de maio) uns 40 camiñantes percorrerán os preto de cen quilómetros que separan a capital ourensá de Compostela. Farano só aquelas persoas que participaron en alomenos seis das once rutas culturais realizadas este curso. “Ten a súa razón de ser, evítase o camiñante con baixas condicións físicas”, explica o motivo desta selección o organizador das rutas, José García Calvo “Willy”, recordando que os peregríns levarán ás súas costas unha media de

200 quilómetros andados ao longo dos últimos meses. A primeira das etapas partirá da ponte Romana e rematará en Castro Dozón. Son 40 quilómetros que se prevén realizar en 10 horas e cunha dificultade alta. “Comézase coa Costa de Canedo cunha dureza e extrema e logo continúa subindo”, sinala “Willy”. A segunda etapa, entre Dozón e Bandeira, de 35 quilómetros, é de dificultade baixa, e a terceira e última etapa, entre Bandeira e a capital santiaguesa, engade outros 35 quilómetros cunha dificultade media. Os camiñantes farán en tres etapas o percorrido que habitualmente os peregríns fan en catro días, pero para restarlle dificultade á proba irán acompañados dun vehículo de apio no que levar as mochilas grandes e a comida.

As ceas e as pernotacións serán en hoteis de Lalín e Bandeira. Partido solidario Por outra banda, o Servizo de Deportes do Campus de Ourense organiza o vindeiro 13 de maio o partido solidario “Un euro por Haiti”. Por terceiro ano consecutivo, profesores e estudantes enfrontaranse nun encontro que ten por obxectivo recadar fondos para os proxectos que Unicef desenvolve en Haití. Como novidade, agárdase contar con varios ex-xogadores de Primeira División, entre eles varios do Deportivo, polo que o encontro disputarase na modalidade de triangular. A cita é ás 19 horas no pavillón universitario e a entrada custa un euro.

Consideracións A satisfacción persoal está estreitamente ligada cunha boa autoestima. É un sentimento inherente ao noso espírito, que se desborda de satisfacción sempre que te sintas a gusto e realizado co que fas. O optimismo que nos proporciona satisfacción, é un compoñente importantísimo dentro do deporte de base. Deporte de base. O deporte de base reúne as condicións necesarias para xerar a satisfacción persoal, tales como o educadores-ensinantes, o ocio, a escala de valores (dedicación, esforzo, solidariedade, compromiso, diálogo, convivencia, etc.). Deportista. O novo deportista que se refuxia só no aspecto deportivo, está a xerar no seu interior un gran baleiro. É necesario e imprescindible traballar, adestrar, pero é moito máis importante atopar satisfacción, sentirche ilusionado e optimista pola túa dedicación a este. Necesario e fundamental. Por tal motivo, é necesario e fundamental, que dende as temperás idades, as novas promesas traballen nun ambiente de

alegría, satisfacción, e que se sintan realizados co que fan. O optimismo nos adestramentos e nos partidos Para traballar con optimismo son necesarios os seguintes pasos: - Has de aceptar o teu papel tanto nos adestramentos coma nos partidos. - Has de desempeñar o teu papel ao límite das túas capacidades mentais e físicas. - Has de pensar colectivamente e traballar en equipo, a unión fai a forza. - Gran confianza e seguridade en ti mesmo e nos demais compañeiros. - Desexo de triunfo. - Aceptar os erros e altibaixos, adoita ser boas leccións didácticas. - Valórate a ti mesmo, recoñécete unha persoa forte, valorosa e capaz. - Ser amable e cordial cos teus compañeiros e amigos. - Non te compares con ninguén. - Aprende a escoitar. - Pensa no que tes e non no que necesitas. “Canto máis posúes, menos te posúes a ti mesmo”. Alfonso Vilachá, profesor de Educación Física e entrenador nacional de fútbol


BARRIOS DEPORTIVO 6 de maio de 2010

A PREGUNTA DO MES

15

Edita: Letras a la Carta S.L. CIF: B-32.323.925. Depósito Legal: OU 185-2009. Redacción: r/ Valle Inclán 25 2º Of. 15 - 32004 Ourense. Tel: 988 239 634 - 988 549 717. Correo-e: deportes@ourenseporbarrios.com. Distribúe: J Publicidad. Imprime: PublicacionesTameiga. Director: Ramsés Torres. Director comercial: Miguel Rejo. Redacción: Paula Lodeiro, Ramsés Torres, Óscar Blanco. Fotografía: Ramsés Torres, Paula Lodeiro, Alberto Del Río. Colaboracións: Saudeter, Alfonso Vilachá. Nº12 - Ano: II - 6 de maio 2010 - Difusión: 10.000 exemplares Este periódico non pode ser reproducido nin total nin parcialmente, sen autorización previa da empresa editora Letras a la Carta S.L. Impreso en papel 100% reciclado. Se ten algún problema co reparto, pregámoslle que nolo comunique no teléfono 988 239 634.

Que che parece que as administracións subvencionen ás entidades deportivas?

Breogán Rodríguez: “Que se lle dea diñeiro ao COB e o C.D. Ourense pero que o xestionen ben e que favorezan e apoien ao deporte base e a canteira. Para financiarse que busquen patrocinador ou publicidade...”

Covadonga Fernández: “Igual que se subvenciona o cine que tamén subvencionen o deporte”.

Francisco Vázquez: “En parte paréceme mal porque hai máis necesidades públicas que o deporte. Que o Concello e a Deputación non gasten tanto diñeiro no COB e no C.D. Ourense porque tamén é noso”.

David Villarino: “Paréceme ben pero que repartan as cantidades entre todos os deportes. Por exemplo a Xunta este ano deu 39.000 euros para todos os rallis e para esgrima e pin-pon 50.000 euros para cada un. Non me parece xusto”.

José Fernández: “Que os apoien algo pero non moito, na súa xusta medida”.

Diego De Manuel: “Paréceme boa idea. Son equipos da cidade e hai que apoialos”.

Óscar Devesa: Rodrigo Álvarez: “Que destinen ese di“Estou dacordo en ñeiro a instalacións e que se lle dea diñeiro centros deportivos”. pero que non se lles subvencione case o 100 %. Que busquen ingresos”.


BARRIOS DEPORTIVO 6 de maio de 2010

[10.000 exemplares directos ás súas mans]


6 Mai 2010 - Nº 12