Page 1

[10.000 exemplares directos ás súas mans]

Número: 11 - Ano: II - Depósito Legal: OU 185-2009 - 23 de abril de 2010 - Periódico quincenal de distribución gratuíta

HOQUEI

páx.4

O Xacobeo Deporte Galego camiño da División de Honra

FÚTBOL

páx.7

ARTIGO

páx. 14

O C.D. Ourense, a un Autoestima no paso da promoción deporte de base, de ascenso a 2ª B por A.Vilachá

Pulso de Bermello O presidente do COB ameaza con irse se Concello e Deputación non apoian máis ao club.

Fútbol sala:

[páx2]

O Móstoles gaña a Copa da Raíña en Ourense despois de eliminar ao Ponte Ourense en semifinais

páx. 8-9

BARRIOS DEPORTIVO volve repartirse a partir do 7 de maio . Se quere anunciarse consulte no 685 800 190




BARRIOS DEPORTIVO 23 de abril de 2010

Agora sí

4 O Club Ourense Baloncesto tivo moito que sufrir para salvar a categoría. R.Torres O que parecía que estaba feito despois do partido contra o Breogán en O Pazo, torceuse nos seguintes partidos. O primeiro deles, contra o Cáceres, parecía lóxica a derrota e perdeuse (78-71); pero non tanto o era perder contra o Axarquía diante dos afeccionados ourensáns (6675). O equipo deu a nota, mala, e sucumbíu ante un dos equipos que loitará na última xornada por non xogar o play out de descenso xunto co Tarragona. Despois da derrota contra o Axarquía todo podía pasar e case que o COB tiña que depender doutros resultados para non xogar pola permanencia. E con estas chegamos á penúltima xornada, partido contra Menorca que se perdeu e, grazas ás derrotas de Tarra-

gona e Axarquía nesa penúltima xornada o equipo de Paco García salvou a categoría e xogará un ano máis en LEB Ouro, polo que o partido da última xornada é de puro trámite para os ourensáns pero non tanto para o seu rival, La Laguna, que se xogará neste partido o ter a favor o factor cancha na loita polo ascenso á liga ACB. Durante semanas, o míster Paco García comentaba que o seu equipo chegara ao final de tempada sen gasolina, que xa non se lle podía exprimir máis aos seus xogadores. Polo que a pregunta é, que tería pasado se o equipo, que non ten gasolina, tivera que xogarse o play out de descenso nesta última xornada? E se houbera que xogar o propio play out?

Ogirri entrando a canastra no último partido no Pazo./ R.T.

BALONCESTO

O presidente pide o compromiso das institucións, senon deixa o cargo Ramsés Torres O presidente do Club Ourense Baloncesto, Jorge Bermello, anunciou que porá a disposición dos máximos accionistas do club o seu cargo como presidente este venres 23 de abril e se non apostan polo proxecto para que o COB siga adiante deixará de dirixilo. Fai unhas datas, Bermello pedía máis diñeiro ás institucións pola falta de liquidez e poder pagar todos os gastos desta tempada e pagos de anteriores tempadas. Ademais Bermello anunciou que a débeda arrastrada do club doutros anos ascende case ao millón de euros e que algúns acredores lle piden o pago desas facturas: “temos acordos con acredores de tempadas pasadas que nos esixen que lles paguemos”. Bermello tamén se queixa de que o club está recibindo a mesma subvención que fai tres anos, cando militaba en LEB Prata, e de que dende o Concello só lle dan boas palabras, “temos boas palabras do Concello, pero iso a min non me vale” . Pola contra, alaba a predisposición da Deputación Provincial de prestarlles a axuda solicitada. Ante estas diferenzas, o actual presidente pide unha reunión a próxima semana cos representantes de ambas institucións, “a min o que me vale é a semana que vén reunirnos, alcalde, presidente da Deputación e eu mesmo, sentarnos os tres e comprometernos”. Unha das

Jorge Bermello. /R.T. peticións para o Concello é en forma de patrocinio “é un patrocinio rentabilísimo para a cidade” dicía. Para Bermello, a data de reunión non se pode prorrogar máis alá da semana que vén por que “os días pasan e hai que facer as cousas correctamente” e darlle a coñecer as dúas entidades “o que o club necesita para sobrevivir e que se comprometan a cumplilo”. Sobre a cantidade económica que precisa o club das institucións, o seu presidente non quixo dicir unha cifra exacta, á espera de dita reunión pero o que si dixo é que era clave que un membro do Concello estivese no Consello de Administración do club. En breve, saberase se o órdago de Jorge Bermello ten resultado e apoian a iniciativa ou se pola contra está ante os seus últimos días como presidente do COB. Baltar apoia a Bermello con condicións O presidente da Deputación respaldou totalmente a xestión de Bermello, “fixo unha xestión impecable do club este ano. Se marcha creo que non hai nadie que poida xestionalo”. Baltar considera que é unha oca-

sión única para voltar a reflotar ao COB que este ano enchía as bancadas do Pazo e para iso está disposto a darlle o que faga falta ao club pero coa condición de que o Concello de Ourense poña a mesma cantidade que a entidade que el preside. Tamén está disposto a sentarse a falar do tema co alcalde e co presidente do COB. Anteriormente, na xornada que se disputou no Pazo entre o equipo ourensán e o Breogán xa se reuniran, e o presidente da Deputación fixera unha proposta na que había dúas partes; por unha banda e á vista do éxito, sobre todo social, acadado polo equipo este ano, comprometíase a axudar ao club pero esixindo o mesmo esforzo por parte da administración local “contribución institucional, Concello e Diputación, a mesma cantidade, a que sexa”, aseveraba Baltar; e por outra banda, nesa mesma reunión plantexouse a débeda do club nesta tempada, que ascendía aos 300.000 euros e que agora é de 200.000, polo que

o presidente da institución propuxo que a subsanaran entre o Concello, a Deputación e a Xunta de Galicia, facéndose cargo esta última do 50% da débeda e as dúas primeiras da outra metade, a partes iguais. Baltar tamén explicou que se entrevistaría con empresas que puideran facer unha achega especial ao Club Ourense Baloncesto. Para rematar, o presidente provincial quixo recordar que a Xunta apoiou a un equipo, o Obradoiro, “para vir a LEB Ouro” e que agora teñen que axudar ao COB “que agora nos dean o que nos toca” sentenciou. O terceiro en discordia O alcalde de Ourense móstrase disposto a colaborar e sentarse a falar do futuro do club, axudando no que faga falta e alabou a xestión de Jorge Bermello ao fronte do club. O rexedor intentará acudir ao Pazo para ver o último partido de liga, momento que pode ser unha boa ocasión para fixar unha reunión a tres bandas.

O club adebeda case un millón de euros de tempadas anteriores e máis de 200.000 nesta tempada


BARRIOS DEPORTIVO 23 de abril de 2010

BALONCESTO

O Codigalco Carmelitas disputará a fase da permanencia en LF2

4 Á derrotas das colexialas hai que sumar a derrota do Pabellón Ourense. R. Torres A penúltima xornada da liga feminina 2 presentábase como a última táboa de salvación das de Tito Fernández para non xogar a fase de promoción de descenso. Para iso tiñan que vencer ao Aros e que perderan Arxil e Cáceres, e non se deu ningún des-

tes condicionantes. O Carmelitas caeu nos instantes finais de encontro fronte o Aros e tanto Arxil como Cáceres venceron os seus encontros. O Carmelitas estivo en todo momento no partido pero unha posesión errada e unha antideportiva sancionada ás ourensás fixo que a balanza se decantara do lado leonés e se chegara

ao final dos 40 minutos co resultado de 57 a 53, o que fai que o cadro colexial xogue a fase de permanencia na Liga Feminina 2. De ter gañado tampouco lle tería valido, xa que o Arxil venceu ao ADBA (5765) e o Cáceres facía o propio nos Remedios contra o Pabellón Ourense (56-75). O Pabellón, a pesar de

Pabellón Ourense contra o Iberconsulting de Cáceres. /RAMSÉS

levar semanas salvado xogaba nesta penúltima xornada da liga regular contra o Cáceres, rival directo do Carmelitas para a fase de permanencia. Quizais, por unha relaxación en extremo ou por un nefasto partido, as de Lisardo Rodríguez non estiveron no encontro unha vez rematado o primeiro cuarto, ao que chegaron cunha vantaxe de dous puntos sobre as extremeñas. A partir de entón, despropósito na cancha central dos Remedios e as pabellonistas nada podían facer ante as embestidas do Cáceres que chegaron a ter rendas de 26 puntos de diferenza. Ao final do encontro (o mellor que podía pasar) maquillaron un pouco o resultado (56-75). Se as colexialas (aínda que iso sería aferrarse a un cravo ardendo) dependeran do resultado do Pabellón... A última xornada é totalmente intrascendente para os conxuntos ourensáns. O Pabellón Ourense visita a cancha do Bembibre, mentres que o Codigalco despídese desta fase regu-

lar diante da súa afección o sábado 24, ás 19 horas contra o Universitario Ferrol, o que pode servir de adestramento para a fase de permanencia, para a cal o club pediu á Federación que se dispute en Ourense na cancha do polideportivo Vedruna. A fase de permanencia xogarase os días 30 de abril e 1 e 2 de maio.



O Codigalco Carmelitas pecha a liga en casa contra o Ferrol o sábado 24, ás 19 horas 4CLASIFICACIÓN Equipo PG-PP 1.- Burgos 2.- Extrugasa 3.- Cajacanarias 4.- Durán Ensino 5.- Valbusenda 6.- Pío XII 7.- Bembibre 8.- U. Ferrol 9.- P. Ourense 10.- Badajoz 11- Aros 12.- ADBA 13.- Cáceres 14.- Arxil 15.- Carmelitas

23-4 22-5 20-8 20-7 19-8 18-9 17-10 15-12 9-18 9-18 8-19 7-20 6-21 6-21 4-20

Partido do Carmelitas no polideportivo Vedruna. /ARQUIVO




BARRIOS DEPORTIVO 23 de abril de 2010

HOQUEI

O Xacobeo Deporte Galego mantén á raia ao Sardinero Partido entro o Xacobeo Deporte Galego e o Cajacantabria Sardinero disputado en Mariñamansa. /M. REJO

Primeira División masculina No grupo terceiro da Primeira División masculina as cousas cada vez están máis claras e o Apóstol Ourense segue intratable na liga, sen coñecer a derrota nin o empate. Ao líder o sigue o Albor que está a tres puntos, distancia casi inalcanzable nestas catro xornadas que faltan para o remate da liga por como está a xogar o Apóstol. Pabellón, Caldaria Barrocás e Cidade de Ourense son terceiro, cuarto e quinto respectivamente pero case sen opcións de alcanzar aos dous de arriba. O Calor y Fuego Cudeiro, a pesar de ter descansado nesta xornada continúa coa boa segunda volta e xa deixou a última posición e entra de cheo na loita pola sexta praza que ocupa o Atlántico Caixanova de Vigo. De conseguir esa posición, as seis primeiras prazas estaría ocupadas polos seis representantes ourensáns do grupo terceiro da Primeira División.

4CLASIFICACIÓN División Honra B 1.- Vallés 2.- Benalmadena 3.- Junior 4.- Pedralbes 5.- Valencia 6.- R. Sociedad 7.-Egara 8.- Caldaria Barrocás 9.- C. Sardinero 10.- Natació-Linia

24 21 19 14 14 13 10 10 9 6

1ª División Feminina 1.- C. Sardinero 2.- Tenis 3.- Jolaseta 4.-Xacobeo Galicia 5.- Xaloc 6.- C. de Campo 7.- Olimpia 8.- San Fernando 9.- Pozuelo 10.- Covadonga

25 16 15 15 13 11 10 10 8 7

1ª División Masculina 1.- Apóstol 26 2.- Albor 23 3.- Pabellón 18 4.- Caldaria Barrocás 15 5.- Cidade de Ourense 10 6.- Atl. Caixanova 8 7.- Calor y Fuego Cudeiro 6 8.- Atl. Coruña 4 9.- P. Leonés 2

4 Co empate ante o líder, Cajacantabria Sardinero, continúa na cuarta posición e manteñen as opcións para o ascenso. 4 Próximos encontros de R. Torres O Xacobeo Deporte Galego empatou a cero goles na xornada 13 da Primeira División feminina do hoquei herba ante o líder, Sardinero. Despois de contar todos os seus partidos por vitorias foron as de Tito Piñeiro as únicas capaces de sacarlle un punto ás cántabras no que vai de campionato. Tralo empate, as ourensáns seguen con opcións de ascender ao final de tempada, xa que continúan na

cuarta posición a un punto das segundas, o Tenis. O Sardinero está lonxe na clasificación e co billete para a División de Honra no bolsillo, polo que Ourense terá que loitar, nestas cinco xornadas que restan para o final de liga, con Jolaseta e Tenis pola segunda praza que da acceso ao ascenso. Na próxima xornada, a número 14, o Xacobeo volve xogar en Mariñamansa, nesta ocasión contra o Olimpia. O encontro será o domingo 25, a partir

das 10 da mañá. Unha semana máis tarde visita ao San Fernando que ocupa a oitava posición polo que as dúas vitorias serían vitais nas aspitacións de ascenso. Caldaria Barrocás O Caldaria Barrocás está inmerso na loita pola permanencia nesta recta final de campionato ocupando a oitava posición con 10 puntos a falta de catro xornadas. O próximo encontro é trascendental para as aspi-

racións de permanencia dos barrocos, xa que se miden ao Egara, equipo que está un posto por enriba dos ourensáns pero cos mesmos puntos, polo que unha vitoria suporía subir un posto na clasificación e poñer terra de por medio sobre un dos rivais directos nesta loita pola permanencia. O partido terá lugar no campo de Mariñamansa o domingo 25 de abril, a partir das 12 horas, xusto despois do encontro do Xacobeo Deporte Galego.

hoquei herba en Mariñamansa

Sábado 24 de abril - 16.00h. Pabellón - Calor y fuego Cudeiro - 8.00h. Albor - Cidade de Ourense Domingo 25 de abril - 10.00h. Xocabeo Deporte Galego - Olimpia - 12.00h. Caldaria Barrocás - Egara Sábado 1 de maio - 16.00h. Apóstol - Pabellón - 18.00h. Calor y fuego Cudeiro - Albor - 20.00h. Cidade de Ourense - Caldaria Barrocás


BARRIOS DEPORTIVO 23 de abril de 2010

ATLETISMO

O Ourense Academia Postal, campión galego

4 En categoría masculina mentres que en feminino foron subcampionas. Redacción O Ourense Atletismo Academia Postal (OAPP) logrou revalidar os títulos acadados o ano pasado tanto en homes, campións, como en mulleres, subcampionas, no estadio Gregorio Pérez Rivera, de Lugo. Os homes conseguiron o título despois de superar á Sociedad Gimnástica por catro puntos e medio que foi segundo; terceiro foi o Celta. O equipos de O Barco de Valdeorras, ADAS rematou en quinta posición. Repetindo a puntuación do ano pasado, o OAAP, con 147 puntos, adiantou á Ximnástica e Celta, con 142,5 e 140 puntos, repectivament, e en mulleres o RIA alzouse

coa vitoria con 149 puntos fronte aos 136,5 do OAAP e os 135 do Celta. En canto ás mulleres, tamén conseguiron repetir o éxito do ano pasado e alzáronse coa segunda posición do campionato, tralo Ría de Ferrol e diante do Atletismo Feminino Celta. Sétimas quedaron as do ADAS. En categoría masculina, o Academia Postal conseguíu 10 vitorias por sete das mulleres. Os atletas máis destacados do cadro ourensán foron Alfonso Palomanes, con dúas vitorias en lonxitude e triple, Iria Abelleira, que tamén fixo doblete en lonxitude e altura, e Leticia Fernández, en 800 e 1500 metros. Tamén fixeron un bo papel Hassan Lekhili en

3.000 metros, Denís Galán en 110 vallas, Javier Fidalgo en 400 vallas, Francisco Arcilla nos 5 qm. marcha, Iván Valle en altura, Alex Sola na pértiga, Ignacio Calderón en martillo e Yioser Toledo en peso foron os que acadaron o triunfo. Nas mulleres, Xoana Roig en 3000 obstáculos, Rocío Carbia nos 5 qm. marcha e Beatriz Viteri na pértiga foron as vencedoras das súas probas. Lorena Luaces suma e segue A marchadora ourensá do Ourense Academia Postal, Lorena Luaces, refrendou unha vez máis o seu bo estado de forma ao lograr batir de novo o récord galego

de 10 quilómetros marcha en ruta, empregando un tempo de 46:29, rebaixando en 18 segundos a anterior marca lograda por ela mesma no pasado mes de decembro en Getafe. Nesta ocasión foi en terras mañas, na localidade de Ejea de los Caballeros, durante o VII

Gran Premio de Marcha. Pero as alegrías non rematan hai para Lorena, xa que foi seleccionada pola Real Federación Española de Atletismo para participar na Copa do Mundo de marcha que se disputará en Chihuahua (Mexico) os días 15 e 16 de maio. Ademais de Lorena, que participará nos 20 quilómetros, o académico Francisco Arcilla competirá na mesma distancia en categoría masculina. Xornadas Xogade en pista Incluida no programa XOGADE da Xunta de Galicia para o Deporte Escolar,



xa se levan disputadas dúas xornadas da Interzonal de Atletismo Escolar en pistas na “Josefina Salgado” no Complexo Deportivo de Monterrei – Pereiro de Aguiar– de Ourense.

4 Próximas citas

O sábado 24 de abril, a pista de atletismo de Monterrei acolle a 1ª xornada do C ampionato de España de clubes na que participará o equipo masculino do Ourense Academia Postal. O sábado 8 de maio discorrerá unha nova edición da carreira popular do barrio de O Couto.

Os equipos masculino e feminino do Ourense Academia Postal en Lugo. /OAAP




BARRIOS DEPORTIVO 23 de abril de 2010

FÚTBOL SALA

A liga é cousa de catro

4 Catro equipos, entre eles o Cidade de As Burgas, loitarán polo primeiro posto do grupo cuarto da División de Prata do fútbol sala feminino. R. Torres A falta de tres xornadas, a liga está que ferve nos catro primeiros postos con catro puntos de diferenza entre eles. Nesta loita, está inmerso o Cidade de As Burgas de Manolo Codeso, que ocupa a segunda praza con 45 puntos a dous do líder Majadahonda; na loita tamén se encontran o Cidade de Alcorcón e o Ateneo Combarro. Na pasada fin de semana o Cidade de As Burgas tivo que súar para doblegar ao Unami por un resultado final de 2 a 1 para as ourensás, mentres que o líder caía en Combarro ante o Ateneo por 3 goles a 2. A primeira das tres xornadas trepidantes que restan para rematar a liga, terá lugar o sábado 24 de abril, e o

Cidade As Burgas visita terras salmantinas para xogar contra o Universidade de Salamanca que ocupa a penúltima praza con 10 puntos (na primeira volta venceu nos Remedios ao Cidade), o Majadahonda descansa, o Alcorcón recibe ao Leganés (8º) e o Ateneo visita a cancha do Chiloeches (9º), esta xornada pode ser unha boa ocasión para que o Cidade se encarame á primeira posición. Para a seguinte xornada do 1 de maio descansa e os seus rivais teñen enfrontamentos asequibles; o Majadahonda visita ao Leganés, o Alcorcón visita ao Collado Villalba e o Ateneo Combarro recibe ao Universidade de Salamanca, polo que o máis seguro é que a liga se decida na última xornada que se xogará o 8 de maio. Para esa xor-

nada (a 26ª), o Majadahonda xoga en casa contra o Collado Villalba, o Ciudad de Alcorcón recibe ao Road House (último clasificados con cero puntos) e o partido máis nivelado da xornada é o que enfronta en Ourense ao cidade As Burgas contra o Ateneo Combarro, no que será a revancha das ourensás por como foron tratados en Combarro no último partido da primeiro volta, encontro no que tiveron que ser escoltadas pola Garda Civil á saída do pavillón. As xogadoras pabellonistas están nunha boa posición aínda que, sendo realistas, con poucas posibilidades de ascenso, xa que os outros equipos teñen un mellor fin de tempada en canto a rivais se refire e por ter que descansar na penúltima xornada.

Encontro entre o Cidade As Burgas e o Unami nos Remedios. /RAMSÉS

De todas formas e pase o que pase nesta recta final de tempada o Cidade As Burgas xa ten feita unha máis que notable campaña.

O Cidade descansa na penúltima xornada

Laura Fernández presionando a unha rival. /RAMSÉS

4CLASIFICACIÓN Equipo Puntos 1.- Majadahonda 2.- Cidade As Burgas 3.- Alcorcón 4.- Ateneo Combarro 5.- Leis 6.- Unami 7.- C. Villalba 8.- Leganés 9.- Chiloeches 10.- Casarrubios 11.- U. de Salamanca 12.- Road House

47 45 43 43 30 30 28 27 25 13 10 0

O Ponte Ourense reanuda a liga R. Torres O Ponte Ourense reanuda a competición o próximo sábado 24 de abril tras o parón pola Copa de España e polos encontros amistosos do combinado nacional. Nesta ocasión as de Isidro Grela reciben en Os Remedios ao UCAM Murcia no que será un bo encontro entre dous equipos que disputaron a pasada Copa de España celebrada en Ourense. A falta de oito xornadas, o Ponte Ourense ocupa a 10ª posición con 34 puntos en terra de ninguén, moi lonxe dos postos de cabeza e cun gran colchón de puntos con respectos aos postos de descenso polo que as oito xornadas que restan serán de puro trámite para as ourensás. Laura Fernández A pontina Laura Fernández xogou o pasado fin de semana dous partidos amistosos coa selección española contra o combinado ruso. Laura non puido ter unha mellor ac-

tuación, e conseguíu no segundo encontro dous goles, o que abría o marcador e terceiro tanto para un resultado final de 6-1 para as de Venancio José e Pascual.

O sábado 24, ás 17 horas na central do Remedios, Ponte Ourense - UCAM Murcia 4CLASIFICACIÓN Equipo Puntos 1.- Córdoba 2.- Elche 3.- Móstoles 4.- Murcia 5.- Rioja 6.- Navalcarnero 7.- Burela 8.- Valladolid 9.- Gironella 10.- Ponte Ourense 11- Zaragoza 12.- Logroño 13.- Campillos 14.- Soto del Real 15.- Telde 16.- Castelldefels 17.- Torrejón

63 59 50 47 42 42 42 41 35 34 31 21 19 18 16 11 8


BARRIOS DEPORTIVO 23 de abril de 2010

FÚTBOL

O Ourense segue cuarto

4 Parece que C.D. Ourense non quere subir postos na clasificación e perdeu unha boa ocasión de encaramarse ao terceiro peldaño da liga aínda que o seu inmediato perseguidor non lle complican as cousas e perdeu en casa contra o Depor B. R. Torres Disputaba C.D. Ourense a xornada 35 diante do Cerceda, segundo clasificado. O dominio de toda a primeira parte e a metade da segunda correu a cargo dos de Fonsi Valverde con gol incluído antes de chegar ao descanso. Os minutos pasaban como as ocasións sen materializarse e cando colleu a manixa do encontro os locais, éstes non perdoaron e empataron o encontro 11 no que suporía o resultado final. Con este empate ante o segundo, o Ourense segue na cuarta posición con 59 puntos a un do terceiro, o Coruxo, que empatou a cero goles fronte o Negreira. O equipo ‘rojillo’ está cun pé e medio na promoción de ascenso, xa que,

O C.D. Ourense xoga este domingo 25 de abril, a partir das 17 horas contra o Bergantiños no estadio de O Couto, cunha vitoria xogaría a promoción

4 Chegaban á última xornada sen depender deles mesmos e a pesar de gañar descenden á Liga Nacional. Chegaban a esta última xornada coa urxencia de gañar e mirar a outros campos. O primeiro paso o deron e venceron ao Celta por dous goles a cero no es-

a falta de nove puntos por disputar o Ourense sácalle seis puntos ao seu máximo perseguidor, o Narón. Na xornada 36 que se disputa o domingo 25 de abril, C.D. Ourense recibe a visita do Bergantiños, ás 17 horas, no que unha vitoria suporía a clasificación matemática do equipo para a promoción de ascenso e pode incluso superar ao Coruxo, que visita ao líder e campión de liga Deportivo B. O Narón visita ao C. Areas sen se xogar nada a estas alturas de competición. Verín CF Ao Verín só lle queda esperar a que remate a liga e planificar a próxima, xa que segue na súa particular peregrinaxe polo deserto nos campos de terceira división sen sacar algún resultado positivo. O último verdugo foi o Bergantiños, que loita por non descender e gañou aos de Tonino por dous goles a cero polo que case ten asegurada a permanencia. O próximo encontro dos verineses será no José Arjiz, o domingo 25 de abril. Enfrontarao ao Lalín, equipo que está case descendido como o ourensán.

Pabellón Xuvenil perde a categoría

R. Torres

Momento dun encontro disputado esta tempada en O Couto. /ARQUIVO



tadio Miguel Angel. Pero a segunda condición para salvarse non se deu. Tiñan que perder Oviedo e Bouzas nos seus encontros; o primeiro caeu ante o Bansander por un gol a dous pero o Bouzas sacou unha vitoria

pola mínima ante o Lugo o que lle permite manter a categoría en detrimento do Pabellón Ourense. Por uns intres, o equipo estivo salvado cando marcaron o primeiro gol e o Bouzas seguía co resultado inicial de cero goles en Lugo pero minutos máis tarde chegaba ao estadio Miguel Angel (como un xarro de auga fría) o notición do gol do Bouzas o que condeaba aos de Jorge Regal ao descenso de categoría á Liga Nacional. A pesar deste descenso o equipo foi moi competitivo no campionato e rematou a liga con 32 puntos.

Último partido desta tempada do Pabellón Ourense xuvenil contra o Celta. /M. REJO




BARRIOS DEPORTIVO 23 de abril de 2010

COPA DE ESPAÑA

Móstoles Cospusa, campión de España de fútbol sala feminino 4 O equipo de fútbol sala feminino do Móstoles é o novo campión da Copa da Raíña. 4 Meritoria actuación do Ponte Ouense que chegou ás semifinais logo de derrotar en cuartos ao tres veces consecutivas campión da copa, o Atlético de Madrid Navalcarnero. As ourensás caeron contra o campón, Móstoles. 4 No Móstoles xoga a ex pontina Andrea. Ramsés Torres Durante tres días na cancha central do pavillón dos Remedios viuse fútbol sala feminino de alta calidade. Enfróntabanse as oito mellores escuadras do panorama nacional para dilucidar quen era a campiona da Copa da Raíña. Cuartos de final A competición comenza-

ba en cuartos de final con cuatro partidos apaixoantes. No primeiro deles, Córdoba e Rioja enfrontábanse por unha praza nas semifinais e nun encontro vibrante, as andaluzas facíanse co partido por un resultado de catro goles a dous despois de 40 minutos con opcións para os dous equipos. No segundo partido, Elche e Burela disputaban o partido máis desigual (en canto

a resultado) dos cuartos, no que un Elche poderoso non deu opcións ao novato Burela; o Burela chegou aos Remedios cunha marea de seareiros que empuxaron en todo momento ás xogadoras burelesas que empezaron o partido volcadas na área rival, mais foi o conxunto ilicitano quen se adiantaría no marcador, minutos despois empataría o Burela pero tres minutos

máis tarde porían o 2-1 a favor do Elche no luminoso. A partir dese momento, as de Pardeiro nada puideron facer para superar a ronda nin xogando con porteira xogadora durante gran parte do encontro; ao final 6-2 para o Elche. No terceiro partido de cuartos Móstoles superou con moito oficio ao Murcia por dous goles a cero, conseguidos os dous na primei-

Bea controlando o balón diante dunha xogadora do Atlético de Madrid nos cuasrtos da copa./RAMSÉS

ra parte polo que soamente tivo que contemporizar o tempo do encontro durante a segunda parte. No último partido de cuartos tocáballe o turno ao Ponte Ourense cunhas bancadas cheas para a ocasión na que se animou en todo momento; o Atlético de Madrid golpeou primeiro e por partida dobre pero antes do descanso Bea recortaría diferenzas; na reanudación, as de Isidro Grela saíron a por todas e empataron a contenda aos oito minutos da segunda metade; pero non quedaron aí e nun minuto o público vía como as pontinas sacaban unha renda de dous goles (2-4), pero as madrileñas non se amilanaron e lograron empatar o encontro a catro goles; un minuto máis tarde, Catia facía o 4-5 definitivo para as ourensás o que facía que pasaran a semifinais. Esperaba Móstoles. Semifinais Córdoba e Elche disputaban a primeira das semifinais e tiveron que dilucidar o pase á final despois de empate a dous goles nos 40 minutos reglamentarios, nos que as ilicitanas tiveron que neutralizar a diferenza

de dous goles das cordobesas; despois dunha prórroga na que marcaría un gol cada conxunto (3-3), as cordobesas estiveron máis acertadas nos penaltis e accederían á final da copa de España tras meter catro penas máximas por unha as ilicitanas. Na segunda semifinal, Ponte Ourense quería brindar ao seu público unha vitoria que as metera na final da copa pero o cansanzo acumulado no partido de cuartos e un partido nada brillante fixo poñer os pes no chan ao conxunto ourensán que caeu estrepitosamente por cinco goles a un ante un Móstoles que dominou en todo momento o encontro. Ao final, caras de decepcións nos rostros das xogadoras e afeccionados por non disputar a final en Ourense. A pesar da derrota o equipo fixo unha digna


BARRIOS DEPORTIVO 23 de abril de 2010

COPA DE ESPAÑA



Posado do equipo gañador, o Móstoles. /ACFSF. competición eliminado ás que eran as vixentes campionas e levaban tres anos levando o trofeo, polo que o concurso neste campionato é máis que satisfactorio.

Final Na final, as verdugas das ourensás, Móstoles, non tiveron compaixón dun Cajasur Córdoba que sufríu en exceso o cansanzo da competición e chegar á

Partido do Ponte Ourense contra o Móstoles, en semifinais./RAMSÉS.

final despois dunha prórroga e a tanda de penaltis en semifinais contra o Elche. O resultado final dio todo: 5-0 para as madrileñas (nas súas filas está Andrea ex do Ponte Ourense), que chegaron máis descansadas á final despois de dous partidos cómodos nas outras eliminatorias e ter profundidade no banco.

Ponte Ourense venceu en cuartos ao Atlético de Madrid por 5 a 4, e caeu en semifinais por 5 a 1 ante o Móstoles, gañador final do torneo

Unha xogadora do UCAM Murcia realizando un tiro potente á portería do Móstoles nos cuartos de final da copa. /RAMSÉS


10

BARRIOS DEPORTIVO 23 de abril de 2010

POLIDEPORTIVO

Fútbol sala local e provincial

4 Coñecidos os campións das diferentes ligas, resta para o final de tempada en provincial unha emocionante loita por evitar o descenso. Miguel Rejo Xa remataron as ligas de primeira e segunda local con dous campións ben merecidos. En primeira o Lasider, que só lle sacou un punto ao segundo (Sobrado), que tivo que agardar ata a derradeira xornada para celebralo. E en segunda o debutante Mcdonalds que xa o levaba celebrando dende varias xornadas. En canto aos descensos, na primeira descenden o Barbadás e o Gub/San Marcos, ocupando o seu lugar o Mcdonalds eo Magdalena, que conquistou a segunda praza na última xornada gañando o Gomesende, terceiro a un punto. A única liga en disputa e

a de provincial da que quedan tres xornadas intrascendentes de cara ao título, pois o Feás con 70 puntos e 13 de diferenza sobre o segundo (Aceites Abril) xa fixo os deberes. Dos nove puntos que quedan por disputar o Aceites Abril ten que conseguir dous máis para asegurar o ascenso a provincial, algo que parece asequible polo seu calendario. O máis interesante de provincial, onde de verdade está a loita por sobrevivir, e nos catro postos de descenso, que a data de hoxe ocupan Mesón Museo, Hermanos Carral, Beariz e Bar A Porteliña pero que a falla de tres xornadas afecta a sete equipos máis, o que fala da igualdade dentro desta cate-

goría. Resumindo provincial, o Feás campión, Aceites Abril e Cortegada loitan polo segundo posto, Rocholl Perruqueiros e Escornaboys son os únicos que non se xogan nada, e dende o posto sexto ata o último teñen que evitar o descenso (11 equipos). Apaixoante! Copa Deputación Fútbol Sala Ata que remate a liga de provincial o 15 de maio non volverá haber competicións. Ese fin de semana do 15 de maio disputarase unha eliminatoria previa e a partir de aí, torneo do KO ata a final o día 19 de xuño. Sorte aos participantes.

Volei 3x3 no campus de Ourense Redacción O 20 e 21 de abril celebrouse o 5º torneo de voleibol 3x3 do campus de Ourense, en categorías masculina, mixta e feminina. Na primeira xornada xogouse a rolda clasificatoria para saber os finalistas en masculino e mixto. Finalmente a rolda clasificatoria do 3x3 masculino quedou: 1º CVO (6 puntos), 2º Testo di Pesto (5 puntos), 3º Amiya (4 puntos) e 4º Chichos (3 puntos). A final entre CVO e Testo di Pesto comezou no primeiro set cun 21 - 13 a favor de CVO despregando todo o seu mellor xogo e cometendo o mínimo de erros posibles. No segundo set Testo di Pesto saíu dándoo todo e sendo máis efectivos nos seus ataques, mentres que o CVO

cometeu varios erros no ataque, chegando a estar o marcador 13 a 16 a favor de CVO, e vendo que Testo di Pesto achegábase con algo de perigo, reaccionaron e puxéronse duros co seu saque quedando finalmente 21 a 16 a favor de CVO, gañando por 2 sets a 0. A segunda xornada xogouse a final mixta entre Mamar e Manifre. O primeiro set estivo moi igualado con erros polos equipos e puntos longos, quedando 21 a 19 a favor de Mamar. No segundo set Manifre comezou con forza no seu saque e ataque chegando a estar 12 - 4 pero a reacción cunha defensa forte do equipo Mamar púxoo un pouco máis equilibrado, pero Manifre buscou de novo o seu bo xogo e conseguíu finalmente o set a favor por un 21 a 16, no 3º set o Mamar comezou moi concentrado sabendo da igualdade que

Un dos partidos disputados. /R.TORRES. existira e de que Manifre viña de gañar o anterior set, os dous equipos contaban coa posibilidade de levar a final, pero a veteranía dalgúns xogadores do equipo Mamar impuxose cun resultado de 15 a 8. A final feminino foi un partido descafeinado xa que se impuxo sen ningún problema o equipo Mamama contra o Larma por 2 sets a 0.

Fútbol chapas na Casa da Xuventude

4 Durante as vacacións de Semana Santa. Redacción Durante as vacacions de semana Santa, na Casa da Xuventude de Ourense celebrouse o Torneo Semana Santa de fútbol chapas, organizado pola Asociación Cultural Alternativas Sociais de Ourense. Ao longo de dous días, coa presenza de entidades coma Amencer ou Aspanas, rapaces e rapazas da cidade de Ourense participaron

nun torneo aberto sen gañadores, que tivo ademais un invitado moi especial: Santiago Rodriguez Escudero, campión galego de subbuteo, que organizou unha exhibición do seu xogo que actualmente conta con moitísimos siareiros por todo o mundo. A tempada 2009-2010 é a primeira liga que se organiza en Galicia, e atópase dentro da Federación Española de Fútbol Chapas.

Para o presidente da Asociación Cultural Alternativas Sociais, Millán Brea, esta iniciativa ten, entre un dos seus múltiples obxectivos, conseguir xenerar unha rede interxeneracional dentro da cidade, un intercambio de experiencias entre os novos e a xuventude acumulada. Non importa gañar ou perder, senón disfrutar dos partidos e das historias que dentro deles podan nacer...

Participantes no torneo de fútbol chapas celebrado na Casa da Xuventude de Ourense durante esta sSemana Santa.


BARRIOS DEPORTIVO 23 de abril de 2010

POLIDEPORTIVO

11

Sen opcións de ascenso

4 O Pabellón Balonmán Ourense queda sen opcións de ascenso á 1ª autonómica. Redacción Mal partido o xogado o pasado sábado en Chapela por parte do balonmán Ourense, ante un equipo a priori inferior que está na loita por non descender de categoría. Nin o xogo despregado polos pabellonistas, nin a sorte, favoreceron un resultado mellor para que os ourensáns continuaran con opcións para o ascendo. Ao descanso, cinco goles de vantaxe para os vigueses, o que á postre foi un muro infranqueable decantándose o encontro para o Chapela. Agora toca xogar na última xornada de liga, sábado 24, contra o Pontedeume, sen nada en xogo para os ourensáns pero loitando polo ascenso os coruñeses. Ao finalizar esta competición, para a seguinte semana o cadro pabellonista xogará a final da copa ante o Conxo de Santiago, o 2 de maio. Contra este equipo non perdeu ningún dos dous partidos disputados durante a liga, vitoria en casa por un gol e empate en Santiago.

Encontro do Pabellón Balonmán xuvenil feminino. /ARQUIVO O balance da tempada para o equipo é favorable pero algo irregular, mostrándose fortes cos de arriba e deixando puntos incompresibles cos de abaixo, sendo o punto forte do equipo os partidos de casa, onde tan só cederon 3 puntos. Equipos xuvenís Os xuvenís do Pabellón Balonmán están inmersos na copa en grupos de catro.

O masculino está encadrado nun grupo potente co Teucro, Seis do Nadal e o SAR de Redondela; este equipo descendeu de categorìa xunto cos ourensáns. As rapazas, pola súa banda, loitan co Porriño, o Salceda e o Octavio por un posto na final. As xuvenís xa levan unha vitoria neste torneo contra o Octavio e a domicilio.

Modalidade de tendido na competición de 3x40, na Copa do Rei de Valencia. O segundo pola dereita, o representante ourensán Jorge Encinas. /P.LODEIRO.

Tiro olímpico

Jorge Encinas, novo récord galego en tendido

4 O tirador ourensán acadou 592 puntos na competición de carabina tendido durante a 1ª fase da Copa do Rei e a Raíña de Armas Olímpicas. Presentación do torneo de Ximnasia en Caixanova. /RAMSÉS

II Torneo de primaveira Caixanova de ximnasia

4 Máis de 400 ximnastas participarán no torneo nesta segunda edición. Redacción O pavillón municipal do Concello de Ourense acolle por segundo ano consecutivo o Torneo de primaveira Caixanova de ximnasia que organiza o Club Ximnasia Pavillón e no que participarán máis de 400 ximnastas en idades comprendidas

desde os 6 e ata os 16 anos e chegarán de todos os puntos de Galicia. O domingo 25 de abril será o día da cita e os lugares onde terá lugar o torneo serán a cancha central e o anexo do pavillón dos Remedios en horario de mañá e tarde. As modalidades que se

poderán disfrutar nesta xornada serán rítmica e trampolín tanto en competición como en exhibición. A competición de trampolín será a cargo de federeados e de categoría base, e en rítmica haberá un campionato de clubs e outro de promoción.

Paula Lodeiro O tirador ourensán Jorge Encinas Arnau vén de acadar un novo récord galego na categoría de carabina tendido durante o transcurso da primeira fase da Copa das SS.MM. o Rei e a Raíña de armas olímpicas. Con 592 puntos, o tirador rematou a competición en sexta posición dun total de 69 participantes,quedando a tan só tres puntos do gañador, o cinco veces olímpico Jordi González. O récord galego estaba anteriormente en 591 puntos e databa do ano 2000. Encinas Arnau tamén

competíu nas categorías de 3x40, onde quedou sétimo (sobre 32 participantes) cun total de 1.128 puntos, e en carabina aire comprimido, onde alcanzou o 11º posto (de 38 tiradores) con 574 puntos. O deportista cualifica de “positiva” a súa actuación en Valencia, “toda vez que ademais de batir o récord galego, quedei sexto de entre un total de 69 tiradores de toda España, e a marca que conseguín é francamente boa”. Encinas Arnau tamén destaca a súa actuación en 3x40 “quedei en sétima posición a un punto do récord galego” e afronta a seguinte fase da Copa do

Rei de Armas Olímpicas, que se disputará no mes de xuño en Madrid, con posibilidades de entrar na final (á que chegan os oito primeiros en cada categoría). Demais representantes ourensáns A Valencia tamén acudiron outros dous representantes do Club de Tiro As Eiroás de Ourense: Nuria Mera, que quedou 13ª en pistola de aire comprimido (con 360 puntos) e 17ª en pistola deportiva (con 526 puntos), e Manuel Martínez Varela, que alcanzou o posto 26 con 556 puntos na competición de pistola de aire comprimido.


12

BARRIOS DEPORTIVO 23 de abril de 2010

POLIDEPORTIVO

Gran actuación do Marbel no campionato galego infantil e cadete de Judo

4 A fase final escolar trouxo para Ourense dúas pratas e tres bronces. Redacción A expedición ourensá cadete e infantil de judo, desprazouse ata Lugo para disputar o Campionato Escolar Galego de Judo organizado pola Federación Galega de Judo e patrocinado pola Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia. O botín do Marbel foi de dúas pratas e tres bronces ademais de dous finalistas máis. En categoría infantil, Brando López (-38 kilos) sorprendeu a todos ao acceder á loita polo bronce e gañarse con merecemento o seu primeiro metal galego. Antón García (-42) confirmou as expectativas e gañou os seus dous combates pre-

vios antes da final tendo o ouro nas súas mans, pero, a 20 segundos para o final do combate por un descuido a perdeu, quedando a un paso de ser o primeiro ourensán en moitos anos en clasificarse para unha fase nacional nas categorías de formación. En cadetes, Germán Alzola (-81 kilos) comenzou coma un furacán, gañando os seus dous primeros combates por ippon –o k.o. do judo- caendo en dura pugna na final polo que se tivo que conformar coa prata. Guillermo Otero (-73) obtivo a recompensa ao seu traballo e gañou a medalla de bronce. O mesmo metal acadou Guillermo Pérez na cateogoría de -60 kilos. Además Jacobo González (-66) y Laura Val-

dés (-52 kilos) loitaron ata o final nos seus respectivos pesos. Tamén se disputou o modalidade de Katas na que Ourense estivo representada polas parellas Felipe Iglesias e Issol Mayáns na modalidade de Nage-NoKata (Kata de Judo ortodoxo) e o dúo José Estévez e Iván Barreiros na modalidad de Goshin-Jitsu-NoKata (Jiu Jitsu aplicado a la Defensa Personal). Este último dúo participará no campionato de España de Katas, que terá lugar o 25 de abril en Madrid. Copa Diputación O sábado 24 de abril, o ‘Pacito’ acolle unha nova xornada da Copa Diputación.

Iván barreiros e José Estévez participarán no campionato de España de Katas que se celebra en Madrid. /MARBEL

Sandra Presas nun campionato celebrado este ano. /CN Pabellón

O CN Pabellón continúa co bo facer

4 Destacadas actuacións dos nadadores do club ourensán alá por onde van. R. Torres A pabellonista Sandra Presas trasladouse ata Ferrol para disputar o Memorial Juan Varela, onde realizou unha excelente actuación, facéndose coa medalla de ouro en 100 costas e a de prata nos 50 libres. A Monforte de Lemos se achegaron os benxamíns e promesas para participar nunha xornada de liga xunto co CN Monforte, onde unha vez máis os ourensáns fixeron un bo papel e conseguiron a vitoria en benxamíns no relevo masculino de 4x50 libres e nos 100 estilos pararon o crono ao mesmo tempo Jacobo Caride Cid e Anton Rodríguez Rodríguez polo que compartiron o primeiro posto. Tamén hai que salientar o segundo posto de Laura

Rodríguez Parada en 200 estilos e a terceira posición de Marcos García Otero en 400 libres. En canto aos promesas Anxo Vigo Gonzalez por partida dobre en 25 bolboreta e 50 libres e Helena Da Costa Sanmartin en 25 bolboreta e Noelia Rodríguez Ferreira nos 50 libres conseguiron a vitoria. Próximas citas do CN Pabellón O sábado 24 de abril, a piscina Rosario Dueñas acollerá a 3ª xornada de Liga Infantil e a 5ª xornada Alevin en xornada de tarde, coa participación dos clubs CN Monforte e CN Pabellón. Por outra banda, Isabel Raña Ruiz, Iria Alvarez Liz, Laura Pimentel Perez e Alberto Taboada Vila participarán no Campionato de España Open absoluto

primavera en piscina de 50 metros que se celebrará en Málaga do 22 ao 25 de abril. Laura Pimentel non terá descanso, e dous días despois desprazarase convocada á concentración que a Real Federación Española de Natación celebra en Sierra Nevada para preparar a súa participación internaciónal en Augas Abertas. O técnico Santiago Escudero tamén foi convocado para formar parte do equipo técnico para a preparación do stage.

A próxima cita do CN Pabellón será o sábado 24 de abril na xornada de liga infantil e alevín nos Remedios


BARRIOS DEPORTIVO 23 de abril de 2010

OUTRAS NOVAS

O pavillón de Oira volve funcionar 4 Tralas obras, abre de novo as súas portas. 4 O Consello Municipal de Deportes de Ourense vén de aprobar as convocatorias de subvencións en materia deportiva para o ano 2010. R. Torres Despois de meses en rehabilitación, limpáronlle a cara ao pavillón de Oira e xa volve a estar a disposición dos usuarios. As melloras foron variadas e ao novo pavimento de PVC hai que engadir o peche dos laterais, a accesabilidade do público polo aparcadoiro superior, derrumbamento da grada sur para remodelar e ampliar os vestiarios e facer unha sala multiusos entre outras cousas, ademais de aforro enerxético en forma de lucernarios para aproveitar a luz natural e placas solares para a auga quente. O pavillón se utilizará fundamentalmente para a práctica de deportes como hoquei, balonmán, fútbol sala e baloncesto. A obra tivo un orzamento presupostario de 409.315,42 euros, dos cales os fondos FIP aportaron 360.970 e fondos propios do Concello e do Consello Municipal de Deportes ascenderon aos 48.315,42 euros, os que aí que engadir as melloras de funcionamento ao remate da obra con persoal do C.M.D. Subvencións do Consello Municipal de Deportes O Consello Municipal de Deportes de Ourense, ven de aprobar as convocatorias de subvencións en materia deportiva para o ano 2010. Para o propio Consello son actividades subvencionables a organización de actividades deportivas federadas e interese social realizadas entre o 1 de novembro de 2009 e o 31 de outubro de 2010 e requiren un prazo máximo de presentar a documentación ata o 31 de outubro deste ano. Tamén será subvencionables a participación ou organización de competicións federadas tempada 2009-

13

Volven as carreiras de cabalos en Antela

4 Será o 1 de maio e contará a xornada con cinco carreiR. Torres No día festivo do sábado 1 de maio, o hipódromo de Antela (Sandiás) acollerá a segunda xornada das carreiras de cabalos de este ano. O día comenzará ás 11:15 horas da mañá co premio Carrajo que se disputará sobre unha distancia de 2.200 metros e que conta con 8.750 euros en premios. A segunda das carreiras (premio Copasa) na que participarán 10 cabalos, comenzará ás 11.50

2010 co tope de presentar a devandita documentación o 26 de abril de 2010. E un terceiro punto para as subvencións son as bolsas para deportistas individuais para o exercicio 2010 que se dividirán en tres categorías; unha de iniciación para deportistas menores de 21 anos e cuxa contía será de 1.200 euros, para deportistas que presenten unha traxectoria deportiva relevante, cuxa contía máxima será de 1.300 euros, e unha terceira categoría para deportistas que acaden a condición de deportistas de alto rendemento pola Xunta de Galicia, cuxa contía máxima será de 1.500 euros. Para estes grupos o prazo máximo para presentar a documentación será o 16 de xuño. [Máis información: Consello Municipal de Deportes ou na web www.ourense. es]

horas e se disputará sobre unha distancia de 1.600 metros e cunha dotación de premios de 8.750 euros. Ás 12.25 horas será o turno da terceira das carreiras, o premio Caixanova, onde estarán presentes 14 cabalos que terán que percorrer 1.800 metros repartíndose 8.750 euros en premios. A cuarta e penúltima proba, premio Coren, na que 12 cabalos percorrerán 2.200 metros será valedeira para a Lototurf e comenzará ás 13 horas. A xornada pecharase co premio Ministerio de Medio Ambiente contra as 13.35 horas e repartirá 12.250 euros en premios para os 11 cabalos que a disputan os 2.200 metros dos que consta a carreira. Estas cinco carreiras serán retransmitidas en directo pola canle Teledeporte e tamén por Canal 94 de Digital Plus para fóra de Galicia. A Televisión de Galicia e a segunda canle de TVE retransmitirán en directo as dúas últimas carreiras, a partir das 13,00 horas, e posteriormente en diferido as tres primeiras.

Carreira de cabalos en Antela. /ARQUIVO

CICLISMO

4 Campionato da Península Ibérica

Rapaces practicando hoquei no recén rehabilitado polideportivo de Oira. /RAMSÉS

O sábado, 1 de maio celébrase en Ourense o Campionato da Península Ibérica Ciclomaster. Sairá da rúa Vistahermosa e rematará no mesmo barrio, no mirador do Miño. A saída será ás 16.50 horas sobre unha distancia de 63 quilómetros.

4 I Ruta Valenzá de mountain bike

A comisión das festas de A Valenzá organiza o 23 de maio a I Ruta Valenzá de mountain bike. A inscrición custa 15 euros e inclúe maillot gratis para os 150 primeiros inscritos. A saída será ás 9:30 horas.

[Máis información no 699 911 783]


14

BARRIOS DEPORTIVO 23 de abril de 2010

Montederramo 4x4

4 O Concello de Montederramo acolle os días 1 e 2 de maio a VII concetración nacional de Land Rover. R. Torres 200 vehículos de toda España participarán na VII Concetración Nacional de Land Rover que se celebra en Montederramo os días 1 e 2 de maio. Con este evento o que se pretende é dar a coñecer a zona de Montederramo e para iso ademais das saídas aos circuitos e ás rutas para gozar do entorno (nesta ocasión a organización marcou dúas rutas de pistas forestais), tamén se potenciarán as sabrosas carnes que se degustan na zona e para iso porase unha carpa para o xantar e a cea dos inscritos na concentración. As probas de que consta o VII Encontro Nacional do

Clube Land Rover consisten en 4 niveis de rutas TT e un circuíto 4x4. Ademais realizaranse exhibicións de condución de 4x4, haberá unha zona de acampada con todos os servizos dispoñibles, servizo de gardería, conferencias, obradoiros, parking e un servizo de lavado de coches. Circuito permanente Montederramo dispón dun circuíto permanente de 4x4 e está situado na estrada de LeboreiroMontederramo, a uns tres quilómetros de Montederramo na zona coñecida como A Franqueira. O circuíto ten distintos paso de diferentes niveis e dificultades.

Presentación da VII concentración nacional de Land Rover. /RAMSÉS

En maio, o Torques 2010

4 Do 14 ao 16 de maio celébrase a oitava concentración motorista internacional showbike As Burgas. Redacción Ourense acollerá a Oitava Concentración Moteira As Burgas e a Terceira Concentración Internacional de Trikes, do 14 ao 16 de maio, onde centos de motoristas de toda a Península farán ruxir as súas motos. Durante estes tres días todos os que se inscriban na concentración poderán dis-

frutar de concertos, showbikes, rutas, excursións, xogos colectivos, e outras moitas actividades. Hai que destacar o chamativo desfile das antorchas que terá lugar o sábado 15 de maio, ás 22 horas, polas rúas da cidade. O prezo da inscrición é 30 euros anticipada e 35 en taquilla.

[Máis información: actorques@yahoo.es.]

DEPORTE E SAÚDE

4O RINCÓN DO MESTRE

A autoestima no deporte base Consideracións Para alimentar e mellorar a nosa vida emocional necesitamos tanto da nosa propia autoestima coma da estima das persoas que nos rodean e queren. Pola contra, veriámonos ameazados pola tristura, a inseguridade, a depresión e mesmo a falta de autocontrol. Na estima, que as persoas teñen cara a un mesmo, entran en xogo dous aspectos, por un lado a aceptación de como é un mesmo, a súa forma de ser, as súas capacidades e dificultades e polo outro, a capacidade de manter unha opinión positiva dun mesmo. As persoas con boa autoestima séntense respectadas, valoradas e capaces de facer cousas con éxito. A nosa vida persoal, profesional e social será en boa medida o que sexa a nosa autoestima. A autoestima é a base da confianza e seguridade. A autoestima vaise forxando dende as etapas inferiores. É imprescindible que as novas promesas que reciban a mensaxe sexan conscientes de que ao lado de aspectos positivos, tamén existen outros a mellorar e que isto é algo natural nos seres humanos. Por tal motivo, o proceso de ensino-aprendizaxe non só debe abranguer o aspecto deportivo, senón tamén o psicolóxico, peza clave para que funcione o deportivo. Vantaxes da autoestima - Ser unha persoa segura de si mesma. - Aceptar retos e tomar decisións sen medo. - Render eficazmente. - Ter unha personalidade forte, valorosa, útil e capaz. - Non ter dependencia de nada nin de ninguén. - Sentir desexos de triunfo. - Sentirse ilusionado e realizado. Como mellorar a autoestima Construír unha actitude de aceptación, valía, con-

fianza e seguridade. Trátase de cimentar nos novos deportistas un espírito de convicción ou seguridade en si mesmos, de validez, de capacidade de tomar decisións, de aceptarse tales como son. Os educadoresensinantes, bos coñecedores das futuras promesas que dirixen, deben utilizar o poder da suxestión, usando correctamente a expresividad facial, o ton de voz, os xestos, o manexo da mans e brazos, etc., é dicir, “vibrando e vivíndoo”, os educadores-ensinantes trasladarán aos novos xogadores unha serie de mensaxes ou afirmacións dos que se irán impregnando se se utilizan de forma consciente e progresivamente nas charlas. Algúns exemplos das mensaxes ou afirmacións que van construíndo unha actitude de aceptación, valía, confianza e seguridade poden ser os seguintes: Mensaxes ou afirmacións positivas de autoestima, confianza e seguridade I. - Son un novo deportista forte, valoroso, útil e capaz. - Non teño medo a ninguén nin a nada. - Acéptome tal como son, coas miñas calidades e defectos. - Cada día síntome máis orgulloso do deporte, dos estudos e da vida. - Cada día tomo decisións con máis ilusión e sen medo. - Cada momento síntome máis forte, máis ilusionado. - Teño moita confianza e seguridade en min mesmo e nos meus compañeiros. - Cada día sinto máis desexos de triunfo, de éxito. - Cada día son unha persoa máis optimista e con maior iniciativa persoal. II. - Son unha persoa tranquila e serena. - Todo funciona de marabilla en min. - Gozo facendo o que máis me gusta e amo. - Son unha persoa constante e con espírito de superación. - Gozo enormemente do

meu traballo, tanto no deporte coma nos estudos. - Vallo moito. - Creo en min mesmo e nos meus compañeiros. - Síntome cheo de ilusión e esperanza. - As cousas, tanto no deporte coma nos estudios, vanme saír ben. Estes, entre outros moitos, son algunhas mensaxes ou afirmacións. Nun principio, os técnicos-educadores adestraranos en grupo coas novas promesas. Máis tarde, eles mesmos os adestrasen pola súa propia conta mediante o proceso de autoxestión. Acéptate. Hai que aceptarse tal e como es, sabendo as túas calidades e defectos, e, polo tanto, quererse, sentirse orgulloso dun mesmo. Ser realista. Acepta aquilo que non se pode cambiar e recoñece o que si se pode modificar. Goza de ti mesmo. Aproveita certos momentos para reflexionar, pensando no que te fai feliz. Non te deixes manipular. Aprende a defenderte dos demais, das circunstancias, para que a imaxe que tes de ti non se derrube. Escóitate a ti mesmo. Actúa en función do que cres conveniente. Date ánimos. Anímate ante calquera situación. Confía en ti. Ten confianza en ti para resolver calquera problema. Non te xulgues. Acepta os teus límites e o dereito a errar. Se algo non che gusta, cámbiao, pero sen descualificarte como persoa. Se paciente. Ten calma para lograr os teus obxectivos. Non perdas o tempo pensando no que puido ser e non foi. Pautas de incorporación nos adestramentos diarios Hai unha serie de pautas que favorecen o aumento da autoestima, confianza e seguridade. Estas pautas son as seguintes: Fundamental. É fundamental que os novos deportistas se sintan ben fisicamente. Boa execución. Poñer én-

fase na mellora da execución, fronte aos resultados. Adéstrase para mellorar aspectos técnicos, tácticos, etc. Xeralmente unha boa execución adoita ser acompañada duns bos resultados. Adestramentos. Deseñar os adestramentos en función das actuacións propias dos partidos. Debe potenciarse nas novas promesas a convicción ou seguridade de que o equipo ten traballadas solucións para calquera situación do partido, o que transmite seguridade. Estilo de xogo. Ter un propio estilo de xogo. É unha incoherencia esixir confianza ou seguridade aos propios xogadores cando o estilo de xogo varía de partido a partido, en función do rival. Tensión no traballo. Adestrar co mesmo nivel de tensión que nos partidos de competición. Adoutrinar. Utilizar loanzas despois da actitude ou execución correcta. Rectificación. Rectificar os novos deportistas con comentarios positivos, o que fai que séxanlle sexa máis receptivos. Consensuar. Consensuar e non impoñer. Isto reforza a súa autoestima. Reforzo. Reforzar o esforzo e a autodisciplina no traballo diario. Motivación. Motivar con formas de linguaxe positiva, que transmitan confianza e seguridade. Substituír expresións negativas, tales como “Temos que gañar como sexa”, “Non pode escapar a vitoria”, etc, por outras de tipo positivo, como “Estades a traballar ben”, “Podemos gañar”, etc. “Sementa confianza ou seguridade e obterás o que desexas”. Alfonso Vilachá, profesor de Educación Física e entrenador nacional de fútbol

A nosa vida persoal, profesional e social será en boa medida o que sexa a nosa autoestima


BARRIOS DEPORTIVO 23 de abril de 2010

A PREGUNTA DO MES

15

Edita: Letras a la Carta S.L. CIF: B-32.323.925. Depósito Legal: OU 185-2009. Redacción: r/ Valle Inclán 25 2º Of. 15 - 32004 Ourense. Tel: 988 239 634 - 988 549 717. Correo-e: deportes@ourenseporbarrios.com. Distribúe: J Publicidad. Imprime: PublicacionesTameiga. Director: Ramsés Torres. Director comercial: Miguel Rejo. Redacción: Paula Lodeiro, Ramsés Torres, Óscar Blanco. Fotografía: Ramsés Torres, Paula Lodeiro, Alberto Del Río. Colaboracións: Saudeter, Alfonso Vilachá. Nº11 - Ano: II - 23 de abril 2010 - Difusión: 10.000 exemplares Este periódico non pode ser reproducido nin total nin parcialmente, sen autorización previa da empresa editora Letras a la Carta S.L. Impreso en papel 100% reciclado. Se ten algún problema co reparto, pregámoslle que nolo comunique no teléfono 988 239 634.

Quen cres que ten máis nivel en Ourense, os equipos masculinos ou os femininos?

Adrián Puga: Javier Suárez: “O masculino polo “Creo que os mozos polo equipo do COB”. COB, os equipos do Pabellón de fútbol, pero as rapazas co baloncesto, fútbol sala e voleibol tamén están moi arriba, a verdade é que non sei, están moi igualados”.

José Gallego e Lulo: “O deporte feminino co voleibol, fútbol sala e hockei está por encima dos equipos masculinos”.

Mari Carmen Rodríguez: “Non sei moito do deporte local pero creo que os equipos masculinos”.

Antonio Romero: “Non sei moito do deporte local pero creo que o masculino”.

Justo Rodríguez: “O masculino polo COB e o C.D. Ourense”.

Raúl Martínez: “Creo que os equipos masculinos están en categorías superiores pero descoñezo a realidade do deporte en Ourense, pero non sei”.

Fernando Chamborro: “Os rapaces porque practican máis categorías de deportes, pero coñezo pouco o deporte feminino”.

23 Abr 2010 - Nº 11  

O Xacobeo Deporte Galego camiño da División de Honra O C.D. Ourense, a un paso da promoción de ascenso a 2ª B Autoestima no deporte de base,...

Read more
Read more
Similar to
Popular now
Just for you