Page 1

[10.000 exemplares directos ás súas mans]

Número: 3 - Ano: I - Depósito Legal: OU 185-2009 - 18 de decembro de 2009 - Periódico quincenal de distribución gratuíta

Os Vallejo campións de España de Rallis

XXV Torneo de Aninovo de Xadrez Barrocás

Apaixoante final de ano!! O COB, a seguir coa boa racha na liga Adecco Ouro

C. D. Ourense, a pola promoción de ascenso

BARRIOS DEPORTIVO volve repartirse a partir do 15 de xaneiro . Se quere anunciarse consulte no 685 800 190




BARRIOS DEPORTIVO 18 de decembro de 2009

DERBI

Codigalco Carmelitas levouse o derbi ourensán ante Pabellón 4 Tras un final de infarto. Ramsés Torres Final non apto para cardíacos, o vivido no polideportivo Vedruna na décima xornada da liga feminina 2 que enfrontaba ao Carmelitas contra o Pabellón. As gradas estaban repletas de siareiros dos dous bando, con predominio colexial. Viviuse un partido de de alto voltaxe, sobre todo nos últimos instantes do partido. Na primeira metade do encontro o dominador absoluto era o Pabellón, chegando a ter unha vantaxe de 13 puntos a favor, e cunha Jennifer Harris (21 puntos) que daba a sensación que podía gañar ela soa o par-

tido cando quixera. Pero a medida que avanzaba o encontro regresaban as mesmas pautas que levaron ás pabellonistas a ter cero en victorias ata entón. Chegaban as imprecisións, as xogadoras non elexían a mellor xogada e na súa mente asomaba a sombra de anteriores encontros nos que nos instantes finais non daban asumido o rol de gañadoras e levábanse as rivais a victoria. Dito e feito, as dirixidas por Guede (que despois do partido foi destituido tras ofrecer a demisión fai unhas semanas) dilapidaron unha renta de 13 puntos para deleite da maioría do público asistente, e grazas

ao acerto das colexialas que deron a volta ao marcador puideron gañar o primeiro partido da tempada despois de oito derrotas. O marcador final, 54-53, por un punto de diferenza, foi a máxima renta do Codigalco Carmelitas durante todo o encontro. No derradeiro cuarto, dobraron en puntuación ás rivais (16-8) o que lles deu a victoria final. Co pitido final a alegría desbordouse nos afeccionados e xogadoras locais e as bágoas correron polas meixelas das visitantes, que foron consoladas polas propias rivais, dando unha gran lección de compañeirismo cara ás que outrora foran compañeiras.

O polideportivo Vedruna repleto de siareiros de ambos equipos. /R.T.

Despois de ir perdendo por 13 puntos de desvantaxe, o Codigalco Carmelitas conseguíu remontar e logra vencer ao Pabellón por un punto de diferencia: 54-53

As xogadoras do Codigalco animaron as pabellonistas ao final do encontro. /R.T.

A esquerda, Francis Koffi, xogador do COB, presenciando, como un espectador máis, o derbi capitalino entre Codigalco Carmelitas e Pabellón Ourense.

Momento do derbi Carmelitas - Pabellón, /R.T.

Ninguén se quixo perder o derbi, e estes cativos apoiaron durante todo o partido ao Codigalco Carmelitas.


BARRIOS DEPORTIVO 18 de decembro de 2009

BALONCESTO

Destituídos: será a solución?

4 COB, Pabellón, Carmelitas e Capital Termal mudaron de adestrador. Ramsés Torres Catro de catro. Sen se quera rematar o ano; sen se quera rematar a primeira volta, os catro equipos ourensáns profesionais e semiprofesionais do baloncesto ourensán xa cambiaron de adestrador. O Ourense Capital Termal foi o primeiro en renovar o adestrador, debido a unha serie de malos resultados que o alonxaban dos cinco primeiros postos, que dan dereito a xogar a liguilla de ascenso. Pero o cambio de Jorge González por Lisardo Rodríguez na sétima xornada non foi doado e, perdeu os tres primeiros partidos que dirixíu, para logo cambiar a tónica e gañar os dous seguintes. Agora o ABO está sexto clasificado a unha victoria do quinto que é o mínimo ao que aspiraban a principios de campaña. O seguinte equipo en cambiar de adestrador, foi o estandarte do baloncesto ourensán, o denominado este ano Agua de Sousas Ourense que, volvía a LEB Ouro despois do seu periplo de catro anos pola LEB Prata. Tras un inicio de campaña 2009-2010 un tanto irregular, destituiron a Javier Muñoz para fichar ao contrastado Paco Gar-

O Ourense Capital Termal foi o primeiro en cambiar de adestrador, Jorge González por Lisardo Rodríguez

cía, que deu un xiro de 180º ao equipo. O equipo co adestrador lucense, Javier Muñoz, tiña unha renda de dous gañados por cinco perdidos, e con Paco García foi capaz de acadar unha racha de tres victorias seguidas, chegando a igualar as victorias coas derrotas (6-6). En casa non perderon nos tres primeiros partidos de Paco García no banco e tivo que chegar o cuarto

partido do vallisoletano no Pazo para perder o primeiro como local. A derrota foi dolorosa ante o todopoderoso Vivemenorca, quen nos fixo baixar da nube en que viaxábamos todos e colocounos de novo cos pés na terra para recordarnos que somos o Ourense e que teremos que loitar moito para salvar a categoría. Actualmente as victorias suman sete por seis derrotas.

Liga feminina

Os dous equipos de Liga Feminina 2 tamén destituiron aos seus máximos responsables no banco. Así, o primeiro deles en cesar ao seu adestrador foi o Carmelitas, substituíndo a Juan Rodríguez por Tito Fernández. Na oitava xornada colleu o mando o alaricano, sen ningunha victoria no seu casilleiro. A primeira

victoria chegou no terceiro partido contra o Pabellón Ourense tras ir detrás no marcador (chegaron a ir perdendo por 13 puntos de diferencia) durante todo o partido. Este encontro fixo que o seguinte en caer fora Guede, técnico do Pabellón Ourense, que xa facía semanas presentara a súa demisión pero non foi ata despois da derrota no der-

Paco García (esquerda) sustituiu a Javier Muñoz (dereita) no Agua de Sousas Ourense.

Lisardo Rodríguez (dereita) deixou o banco do Ciudad Termal e agora o ocupa Jorge González (esquerda).

Lisardo Rodríguez (esquerda) é o novo adestrador do Pabellón Ourense en sustitución de Guede (dereita).

Juan Rodríguez (dereita) ocupou o posto en Carmelitas que ten agora Tito Fernández (esquerda).



Con Paco García o COB tivo unha racha de tres victorias consecutivas nos seus tres primeiros partidos como adestrador do equipo ourensán bi que o destituíron. Guede pensaba que o equipo necesitaba un cambio para poder empezar a sumar victorias. O seu substituto é Lisardo Rodríguez (que a principio de tempada comenzou no ABO), que no primeiro partido, no que nin tan sequera ocupou o banco, gañou o seu primeiro partido contra o Arxil. Esta vez a pelota entrou nos instantes finais, polo que non creo que fora consecuencia do cambio de adestrador. Non se sabe o que pasará a final de liga, quitarán ou darán a razón a uns a e a outros os resultados e esperamos que non se equivocaran no cambio de adestrador apenas empezada a tempada.

O Codigalco Carmelitas conseguiu a súa primeira victoria no derbi contra o Pabellón no terceiro partido de Tito Fernández. O Pabellón Ourense gañou os dous partidos disputados con Lisardo Rodríguez no banco




BARRIOS DEPORTIVO 18 de decembro de 2009

BALONCESTO

O COB con paso firme na Adecco Ouro 4 O conxunto ourensán xa ten máis victorias que derrotas. Ramsés Torres Sete victorias, seis derrotas é o bagaxe do Agua de Sousas Ourense nas 13 primeiras xornadas da tempada 2009-2010 da liga Adecco LEB Ouro. Con estes resultados o COB ocupa a 10ª posición, empatado a victorias co sexto clasificado, o Ford Burgos. Os de Paco García veñen de gañar en Lugo no que é o derbi galego por antonomasia, contra o Leche Río Breogán, por 74 a 75, despois dun último cuarto electrizante, no que sobresaíron nos visitantes Ogirri e Loughton. Este último foi quen anotou a última canastra do partido que lle deu a victoria ao COB. Este venres 18 de decembro, o equipo ourensán intentará seguir a racha, no Paco Paz contra o Cáceres (11º con seis victorias e sete derrotas), ás nove da noite. E o día 22 de decembro, o

Xogadores do COB no centro da pista despois de perder contra Vivemenorca. /R.T. COB visita a pista do Clínicas Rincón, na xornada 15 e xa non volverá a xogar ata o próximo ano. O 3 de xaneiro desprazaranse ás Illas Canarias, para xogar contra o Ciudad de La Laguna Canarias (sétimo), na

Salva Arco penetrando a canatra contra o Vivemenorca no Pazo. /R.T.

xornada 17. A xornada 16 que se tiña que disputar o 27 de decembro adiantouse ao 8 de decembro porque o Paco Paz estará nesa data ocupado por Pazolandia. Dito partido foi un duro co-

rreccional para os de Paco García, perdendo contra o Vivemenorca por 28 puntos (57-85) de diferenza. Campaña 5008 Peugeot Mosa Orense e

Koffi intentando coller un rebote diante de dous advesarios de Vivemenorca. /R.T.

Aguas de Sousas Ourense vólvense xuntar nun novo encontro no Pazo dos Deportes Paco Paz, o día 18 de decembro para encher o Pazo de afeccionados e chegar aos 5008 espectadores e máis. Para esta ocasión, Mosa Orense vai regalar aplaudidores a todos os nenos que se acheguen ao pavillon, para animar sen parar ao Agua de Sousas Ourense nesta 14ª xornada. Ourense cidade Adecco Ouro Ourense vén de convertirse na primeira cidade Adecco Ouro de España. Esta iniciativa da Federación Española de Baloncesto é para o fomento do básquet pola xeografía española. A iniciativa fai que na xornada 14, Ourense viva actividades puramente baloncestísticas cunha serie de eventos. Así o xoves 17, Pascual Martínez, Director de márketing da FEB, e Fernando Romay, Fundación FEB, deron unha charla-coloquio baixo o título “Bondades do patrocinio deportivo”. O venres 18, día do partido do COB contra o Cáceres ás 21 horas, ás sete e media da tarde, xogadores lexendarios da selección española enfrontaranse a xogadores míticos do COB. As actividades de Cidade Adecco finalizarán o sábado 19, nas instalacións exteriores do pavillón e no colexio Salesianos, de 11 da mañá a 5 da tarde. Será unha xornada puramente de baloncesto, co Mega 3x3, onde se disputarán partidos simultáneos de 3 contra 3, e onde cada equipo xogará un mínimo de tres partidos. As idades dos participantes irán dende os 5 ata os 99 anos.

4CLASIFICACIÓN

Equipo Gañados Perdidos

1.- Melilla 2.- Cai Zaragoza 3.- Girona 4.- Vivemenorca 5.- León 6.- Burgos 7.- La Laguna 8.- Mallorca 9.- Leche Río 10.- Ourense 11- Cáceres 12.- La Palma 13.- Cornellá 14.- Clínicas Rincón 15.- Tenerife 16.- Palencia 17.- Tarragona 18.- C. de Vigo

11 2 10 3 10 3 94 85 76 76 76 76 76 67 67 58 58 49 3 10 3 10 2 11

4O ABO en fase de recuperación Redacción

Unha racha de tres victorias consecutivas colocan ao Ourense Capital Termal na sexta posición, con seis gañados e sete perdidos, e máis preto do obxectivo que se marcaran ao principio de tempada que era o de xogar a fase de ascenso. Agora están a unha victoria da 5ª posición, que é a última que da dereito a xogar dita fase de ascenso. Non xogar esa fase sería un descalabro. O próximo partido xógase en casa contra un rival directo, o Ferrol (4º clasificado), o 20 de decembro ás 17.30 horas nos Remedios, na que será a xornada 14 e última deste ano e o Capital Termal pode chegar ao ansiado quinto posto. A competición volve o sábado 9 de xaneiro do 2010, e enfrontará ao Ourense Capital Termal contra o 8º clasificado, o Óptica Val Obradoiro.


BARRIOS DEPORTIVO 18 de decembro de 2009

BALONCESTO

Pabellón e Carmelitas xa gañan partidos

4 Coa chegada de Lisardo Rodríguez ao banco do Pabellón, o equipo conta os seus partidos por victorias. O Codigalco Carmelitas soamente foi capaz de vencer ao Pabellón Ourense. Ramsés Torres O Pabellón Ourense e Codigalco Carmelitas xa saben o que é gañar. As colexialas, dirixidas por Tito Fernández, venceron no derbi ourensán nun final agónico cun punto de diferenza. Esta victoria, aínda que importante, é a única que teñen no casilleiro. Na seguinte xornada do derbi, o Codigalco enfrontouse ao Extrugasa no se campo, onde perdeu por 18 puntos de diferencia. Logo deste encontro, na seguinte xornada, a número 12, as carmelitas xogaron contra outro equipo dos de arriba, o Burgos. Cun público entregado como en todas as ocasións que xogan en casa, as de Tito Fernández, ían diante no marcador por tres puntos a falta duns segundos, pero incomprensiblemente o Burgos forzou a prórroga gracias a un tripla. No tempo engadido cambiou a historia, e o Burgos impuxo o seu poderío. Ao final, 72-78 para as castelán-leonesas. Agora as de Ourense ocupan a penúltima posición (14ª), cunha victoria e dez derrotas. O sábado 19, visitan a cancha do ADBA, décimas, no que pode ser unha boa ocasión para conseguir a súa primeira victoria a domicilio. A competición reanúdase despois do Nadal, o domingo, 3 de xaneiro, ás 13.00 horas, na xornada en que Codigalco Carmelitas recibe a visita do AROS, undécimas.

Carla Fernández penentrando a canastra ante a oposición dunha adversaria do Burgos. /A. DEL RÍO

fóra cesado polos malos resultados. O primeiro partido sen Guede e con Lisardo dirixindo ao equipo dende o túnel de vestiarios, acadaron unha importantísima victoria contra o Arxil. Chegouse aos instantes finais coma case sempre, cos dous equipos ‘nun pañuelo’ en cuanto a puntos se refire, pero nesta ocasión a sorte estivo de cara, e grazas ao acerto anotador de Miriam Muñoz dende a liña de tiros libres o equipo gañou o seu primeiro partido nesta campaña. Con esta inxección de moral o equipo visitaba na seguinte xornada terras zamoranas para enfrontarse contra o Valbusenda e, outra victoria no zurrón (63-64), dous gañados por nove perdidos e 12ª posición na liga. A dinámica ascendente ten que ter a súa continuidade o sábado 19 de decembro, ás 20.00 horas no Pavillón dos Remedios, aínda que nesta ocasión



4CLASIFICACIÓN Equipo PG-PP 1.- Durán 2.- Cajacanarias 3.- Extrugasa 4.- Burgos 5.- Bembibre 6.- Ferrol 7.- Pío XII 8.- Valbusenda 9.- Badajoz 10.- ADBA 11- Aros 12.- P. Ourense 13.- Arxil 14.- Carmelitas 15.- Cáceres

10-1 9-3 9-2 9-2 8-3 7-5 7-4 6-5 6-5 3-8 3-8 2-9 2-9 1-10 1-9

vai ser moi complicado continuar a racha de victorias, xa que as de Lisardo Rodríguez, enfróntanse ás primeiras clasificadas, o Durán Maquinaria Ensino, de Lugo. Despois deste partido a competición volve en xaneiro, concretamente o 3, e terán que facer unha longa viaxe ata Extremadura para xogar contra o Cáceres, último na clasificación.

O Pabellón Ourense xoga o 19 de decembro contra o Durán O Codigalco Carmelitas recibe o 3 de xaneiro ao AROS

As xogadoras do Pabellón saudando ao público trala primeira victoria en liga. /RAMSÉS O Pabellón Ourense na boa senda Coa chegada ao banco de Lisardo Rodríguez, o Pa-

bellón Ourense conseguiu dúas victorias en outros tantos encontros. Despois do derbi, o club decidíu

prescindir dos servicios de Guede e apostar por Lisardo Rodríguez, que comenzara a tempada no ABO e

Miriam Muñoz concentrada para o tiro libre. /RAMSÉS.




BARRIOS DEPORTIVO 18 de decembro de 2009

FÚTBOL

C. D. Ourense segue fóra da promoción

4 C. D. Ourense gañou este pasado mércores en partido da xornada 17, por cero goles a catro, ao Bergantiños, despois de empatar ante o Cerceda en casa o domingo anterior (2-2). Domingo 20 de decembro O Verín conseEstadio de O Couto. 16.30h. gue a súa priOurense - Lalín meira victoria en casa.

4CLASIFICACIÓN Equipo Puntos 1.- Cerceda 2.- Deportivo B 3.- Coruxo 4.- Narón 5.- Ourense 6.- Alondras 7.- Pontevedra B 8.- Vilalonga 9.- Ordes 10.- Céltiga 11- C. Areas 12.- Lalín 13.- Vilalbés 14.- Negreira 15.- Rápido de Bouzas 16.- Santa Comba 18.- Somozas 19.- Bergantiños 20.- Verín

35 35 32 29 28 28 27 24 24 22 21 20 17 16 15 15 14 13 7

Ramsés Torres O Ourense no Couto non puido pasar do empate ante o Cerceda, actual líder da liga, o pasado domingo, a pesar de remontar un 0-1 en contra e con un home menos. Os de Romero vían como pasaban os minutos e o marcador non se movía. Na primeira parte, Barreal tivo unha ocasión clara que non acerta de cara ao gol. A segunda parte comenzou cun remate de cabeza, nos primeiros compases, de Martín, que non entra e pasa rozando o poste co porteiro xa batido. Despois chegaría o cero a un tras unha falta botada ao área quedando o balón franco para que o

Cercerda metera o primeiro. Logo do gol encaixado, o Ourense botoulle casta e, nuns últimos dez minutos tolos logrou empatar, con gol do porteiro Berto ao transformar un penalti (1-1) e incluso porse por (2-1), con gol de Barreal. Pero a alegría durou pouco e uns minutos máis tarde, noutro lío na área ‘rojilla’ o Cerceda encontra o camiño do gol. Dous a dous e reparto de puntos que sabe a pouco para os xogadores de C.D. Ourense. Ao mércores seguinte, nova xornada de liga, nesta ocasión a número 17, cun C.D. Ourense que goleu ao

Bergantiños na súa propia casa (0-4).

Quintos

O Ourense ocupa a quinta praza, con 28 puntos, e a un só punto da promoción, a cal pode chegar, na próxima xornada, se vence o domingo 20 de decembro, a partir das 16.30 horas, ao Lalín, en O Couto. Para o Club Deportivo Ourense a primeira volta remata o 3 de xaneiro no campo do Narón, nun duelo polos postos de promoción.

Un defensa do Cerceda despexando o balón ante Martín e varios xogadores dos dous equipos . /R.T.

O Verín xa suma en casa Tiveron que pasar oito partidos en casa, para que o Verín conseguira a súa primeira victoria como local. A costa dun Bergantiños que perdeu este mércores pasado co Ourense. O gol da victoria chegou case co pitido final e fixo que os de Tonino respiren un pouco. Tres días máis tarde, unha nova xornada facíaos desprazarse a Lalín, onde perderon por 1-0. Con estes resultados o Verín continúa de farolillo vermello nesta liga, con sete puntos, e a oito da salvación. Coa victoria en casa o Verín colle enerxía para poder conseguir o imposible a día de hoxe, que é a permanencia. O equipo verines ten un calendario complicado, xa que recibe, o 20 de decembro ás 16 horas no José Arjiz, ao Narón, que ocupa postos de promoción. A primeira volta a rematan o 3 de xaneiro, visitando o campo de o Coruxo, tamén na promoción.

O Ourense é 5º, o Verín pecha a clasificación

O Pabellón vence ao Puente Castro

4 Un gol a cero foi o resultado. Redacción O Pabellón Xuvenil de División de Honra do fútbol, obtivo unha importante victoria ante o Puente Castro por un gol a cero o que o leva a ocupar a novena posición na liga con 17 puntos, deixando a tres os postos de descenso. O gol foi obra de Hugo den-

de fóra da área, pola metade da primeira parte. Despois as ocasións ao contragolpe sucedéronse sen resultado positivo. O próximo encontro, o último da primeira volta, fai que o Pabellón visite a cancha do 2º clasificado, o Celta de Vigo que vén de saír da cabeza despois de perder contra o Sporting en casa.

Un xogador do Pabellón Xuvenil, encarando ao portero nos instantes finais do encontro. /R.T.


BARRIOS DEPORTIVO 18 de decembro de 2009

FÚTBOL SALA



Ponte Ourense achégase aos postos de Copa

4 Venceu a domicilio ao Zaragoza, rival directo. Redacción O Ponte Ourense ven de acadar unha importante victoria ante o zaragoza, ri-

val directo para a loita por un posto no próxima copa (que disputan os oitos priSIGUE A PE DE PÁXINA

Encontro disputado nos Remedios entre Atlético de Madrid e Ponte Ourense. /R.T.

4CLASIFICACIÓN Equipo Puntos 1.- Córdoba 2.- Elche 3.- Móstoles 4.- Navalcarnero 5.- Burela 6.- Valladolid 7.- Murcia 8.- Rioja 9.- Ponte Ourense 10.- Zaragoza 11- Logroño 12.- Gironella 13.- Soto del Real 14.- Campillos 15.- Castelldefels 16.- Telde 17.- Torrejón

34 30 26 25 24 22 22 20 18 18 14 12 12 9 8 6 2

Tropezo do Cidade As Burgas 4 Perden en casa contra o Universidade de Salamanca (2-3) e con elo a opción de situarse ao frente da clasificación da división de prata do fútbol sala feminino. 4CLASIFICACIÓN Equipo Puntos 1.- Alcorcón 2.- Cidade As Burgas 3.- Leganés 4.- Majadahonda 5.- Combarro 6.- Leis 7.- C. Villalba 8.- Chiloeches 9.- Unami 10.- U. de Salamanca 11.- Casarrubios 12.- Road House

22 21 21 19 19 15 15 15 7 6 4 0

que volvera o marcador en contra do Cidade As Burgas (2-3). Con este tropezo en casa, as ourensás perderon a opción de poñerse primeiras na clasificación despois de tropezar o Ciudad de Alcorcón na pasada xornada por catro goles a un contra o Leganés. Para a próxima xornada, a número 12, o Cidade descansa polo que pode perder a segunda praza en detrimento de Leganés, Majadahonda (enfróntanse entre sí) ou Combarro, que visita ao meiros clasficados ao final da primeira volta). Despois de perder en casa contra o Atlético de Madrid, Ponte Ourense ía a terras mañas para recuperar os tres puntos perdidos nos Remedios. Ao final, 1-2 para as de Isidro Grela, e tres puntos moi valiosos que as sitúan novenas, con 18 puntos, a dous puntos do oitavo posto a falta de catro xornadas para rematar a primeira volta. Os tres goles que se marcaron en Zaragoza foron obra das xogadoras

pontinas, o 0-1 de Yenis, o 0-2, de Ceci e o 1-2 obra de Laura en propia porta. Na próxima xornada, última deste ano, Ponte Ourense descansa, e volve a competi-

ción o sábado, 16 de xaneiro contra o Castelldefels, nos Remedios, onde terá que sumar os tres puntos se quere seguir optando a disputar a Copa.

Ocasión de gol do Ponte Ourense nos Remedios. /RAMSÉS

Redacción O equipo de División de Prata do fútbol sala feminino, o Cidade As Burgas, perdeu nos Remedios contra o Universidade de Salamanca por 2-3 o pasado día 12. O equipo dirixido por Manolo Codeso foi a remolque no tanteo en todo momento, ata que nos minutos finais adiantou en ataque á porteira Nati, momento no que chegou o empate a dous tantos. Des-

O Universidade de Salamanca nun roubo de balón marcou o 2 a 3 pois das táboas, o equipo ourensán seguiu ambicioso, con Nati adiantada (para intentar conseguir os tres valiosísimos puntos que estaban en xogo), para ter superioridade numérica en ataque pero, un roubo de balón das salmantinas e tiro dende o medio do campo a porta baleira fixo

Universidade de Salamanca. O equipo capitalino non voltará a competición ata o 16 de xaneiro, fóra da casa, contra o Combarro, e non xogará de novo en casa ata mediados de marzo.




BARRIOS DEPORTIVO 18 de decembro de 2009

HOQUEI

Hoquei Herba

4CLASIFICACIÓN

Ourense Bule Bule empata co R.S. Tenis e mantén a cuarta posición 4 O Caldaria Barrocás perde e colócase séptimo, mentres que na primeira división, o Apóstol venceu ao Albor e colócase líder.

División Honor B 1.- Benalmádena 13 2.- Junior 12 3.- Vallés Esportiu 10 4.- Pedralbes 9 5.- Egara 7 6.- Valencia 7 7.-Caldaria Barrocás 6 8.- Natació-Linia 6 9.- C. Sardinero 4 10.- R. Sociedad 4 1ª División Feminina 1.- C. Sardinero 16 2.- Tenis 10 3.- Club de Campo 10 4.-OurenseBuleBule 9 5.- Jolaseta 8 6.- Xaloc 7 7.- olimpia 6 8.- San Fernando 4 9.- Pozuelo 4 10.- Covadonga 4

Ramsés Torres

Lance do partido entre Ourense Bule Bule e o Tenis, da primeira división de hoquei feminino. /RAMSÉS

O Ourense Bule Bule, equipo feminino da Primeira División, despois de empezar perdendo conseguíu un importante empate o pasado domingo en Mariñamansa contra o segundo clasificado, o Tenis. O resultado sitúa o equipo ourensán en cuarta posición con nove puntos; lonxe queda a primeira posición, ocupada por Sardinero con 16 puntos.

A próxima cita é o domingo que vén, contra o Covadonga de Asturias, co que se dará fin a competición este ano. Caldaria Barrocás Caldaria Barrocás non deixa a zona media-baixa da táboa da división de honra B. Na xornada oito, perdeu en Cantabria contra o Sardinero por catro goles a tres. Para rematar o ano

e con el a primeira volta, o Caldaria Barrocás recibe ao (domingo 20, ás 13h.), o Vallés Esportiu, no que será unha boa ocasión para asentarse na zona tranquila para o parón de tres meses que terá o hoquei herba. A competición non volve ata mediados de marzo. O Apóstol vence ao Albor e sitúase líder Na loita polo primeiro

posto da Primeira División grupo III, o Apóstol impúxose por un gol a cero ao Albor no que foi o partido da xornada. Con este triunfo, o Apóstol encabeza a clasificación empatado a puntos co Albor pero cun partido menos. No que se refire aos outros equipos ourensáns, o Cidade de Ourense gañou por tres tantos a un ao Atlántico Caixanova. No outro derbi

Á esquerda unha xogadora do Tenis vai lanzar un penalti córner contra a portería do Ourense Bule Bule. A dereita partido en Mariñamansa entre o Cidade de Ourense e o Atlántico Caixanova, con victoria do primeiro.

ourensán, o Calor y Fuego - Cudeiro perdeu contra o Barrocás B por un gol a dous. Na clasificación os cinco primeiros postos está ocupados por equipos ourensáns, Apóstol, Albor, Barrocás, Pabellón e Cidade de Ourense, por esta orde; o Calor y Fuego - Cudeiro, segue na derradeira posición sen coñecer a victoria.

1ª División Masculina 1.- Apóstol 14 2.- Albor 14 3.- Caldaria Barrocás 10 4.- Pabellón 8 5.- Cidade de Ourense 6 6.- Atl. Coruña 4 7.- Atl. Caixanova 4 8.- P. Leonés 2 9.- Calor y fuego Cudeiro 0

O hoquei herba para ata o mes de marzo


BARRIOS DEPORTIVO 18 de decembro de 2009

XADREZ



entrevista

“Aquí a xente ven a gusto, non sei se é porque os tratamos ben ou porqué será ”

4 Do 26 de decembro ao 5 de xaneiro vaise celebrar a 25ª edición do Torneo de Aninovo de Xadrez Barrocas. Ramsés Torres Este ano, o decano dos torneos galegos de xadrez cumpre 25 anos, o Torneo de Aninovo de Xadrez Barrocás, con algunha novidade. Recibíunos o seu precursor, Manuel Villar. 25 anos do Torneo de Aninovo da Xadrez Barrocás. Manuel Villar: “O primeiro sorprendido de que estemos falando desto son eu. Cando dalgunha maneira buscamos a forma de facer unha actividade para o Nadal, pois xurdiu o de facer un torneo de xadrez, sin pretensións nin nada. Empezamos por aí e a verdade que foi un éxito de participación e, esto trouxo consigo a creación da esco-

la de xadrez de Barrocás, que foi a primeira que se fixo en Ourense e froito da cal son os monitores e xogadores que neste momento están dándolle tanto pulo ao xadrez en Ourense e que naceron aquí, desde Elías, Rivas, Óscar Salgado, e o primeiro torneo de Iván foi aquí. Así que o primeiro sorprendido son eu”. Qué días se vai celebrar o torneo neste Nadal? M.V.: “O sábado 26 de decembro terá lugar o torneo das categorías que van de infantil a promesas que son catro categorías. A partir do domingo 27 de decembro comeza o torneo absoluto ata o 5 de xaneiro, onde están os cadetes, xuvenís e sénior, que xogan todos xuntos, aínda que

despois fan a súa clasificación”. Canta xente vai participar este ano? M.V.: “Na do día 26, a dos cativos, uns 150 rapaces. Dende fai uns anos facémolo a unha soa rolda, nun só día, e tivo moito éxito dende entón, porque veñen rapaces de Vilagarcía, Santiago, Laín, Chantada. Este ano tivemos que poñer un tope porque se disparaba o número de xente que quere vir e sobrepasábanos. Pedíuselle que os que veñan de fóra e de aquí tamén que teñan un certo nivel. E no torneo absoluto participarán unhas 60 persoas. En total, máis de 200 xadrecistas”. Qué novidades haberá neste 25 aniversario? M.V.: “Teremos tres no-

vidades. Unha será, a presenza de Iván Salgado, que intentaremos que faga a apertura do torneo, que quizáis non poda ser posible, pero si que estará, seguro, algún día. Ademais o Concello quere que a homenaxe que se lle vai facer, pola consecución do subcampionato do mundo sexa aquí, durante o Xadrez Aninovo, onde estará máis arroupado polos seus. O Concello fíxonos a proposta e nós comunicámoslla a él. Outra novidade vai ser a edición dun libriño que vai recoller os 25 anos do torneo. E a terceira novidade, será que voltamos aos trofeos, na categoría sénior, de xoiería, de deseño propio”. E despois, outros 25 anos.

Manuel Villar na A.VV. Barrocás. /RAMSÉS M.V.: “Non é que me sinta cansado, pero ao mellor é o momento de buscar relevo. Aquí a xente ven a gusto, non sei se é porque os tratamos ben ou porqué será. Dende fai uns anos é

valedeiro para o nacional, pero dalgunha maneira, mantén o carácter familiar, de proximidade. O que sí é seguro, é que o 26 comeza o 25º torneo Aninovo de Xadrez Barrocás.


10

BARRIOS DEPORTIVO 18 de decembro de 2009

MOTOR

Ourense homenaxea aos irmáns Vallejo 4 Trala súa consecución do Campionato de España de Rallis de asfalto. R. Torres Tiveron que pasar 54 anos, os que se leva disputando a competición, para que un piloto galego conseguira o campionato de España de Rallis, e foron os irmáns Vallejo (Sergio e Dani) subidos ao Porsche 911 GT3 de Escudería Ourense quen o conseguiron. Ourense rendiulles unha homenaxe coa rúa do Paseo abarrotada de seguidores e curiosos, que puideron ver de preto e sacarse fotos co coche co que gañaron o campionato. E os irmáns Vallejo rendíronlle a súa vez tributo a Estanislao Reverter e Antonio Coleman na estatua que a cidade de Ourense lles fixo ao carón da Subdelegación do Goberno (parque de San Lázaro) xunto co mítico Alpinche. Para Sergio Vallejo a consecución deste campionato era algo imposible de conseguir a pesar do bo equipo que lle respalda. Os irmáns Vallejo levan dando o mellor de si á Escudería Ourense dende 1992 e tive-

Dani e Sergio Vallejo en Ourense. /RAMSÉS

Os irmáns Vallejo posando co Porsche 911 e o trofeo de campións de España de Rallis de asfalto 2009. /R.T. ron que pasar 17 anos para acadar este fito. “Era algo impensable conquistar este campionato”, decía Sergio Vallejo, que contou que o mellor momento da tempada foi gañar en Ourense, algo que desexaba dende fai ben tempo. “Foi moi importante a nivel mental para min”, explicou. A contrapartida ao mellor mo-

mento tívoo en Vigo, onde “gañamos na estrada aínda que sabemos que hai un regulamento que cumplir, pero houbo rivais que non foron nada elegantes”, lamentouse o piloto. 43 anos de historia de Escudería Ourense, e da man dos irmáns Vallejo xa teñen o primeiro campionato de España de pilotos, nun ano,

Dani e Sergio Vallejo ba homenaxe que lle brindou Ourense. /RAMSÉS.

o 2009, no que tamén conseguiron os campionatos de escuderías e o do Grupo N. A próxima campaña Para o ano que vén, o piloto de Escudería Ourense

continuará coas mesmas ilusións de obter algo importante no campionato de España de rallis de asfalto. “Que sexamos campións, non nos vai quitar a ilusión para o ano que ven”, dixo

O mellor momento da tempada para Vallejo foi gañar no Ralli de Ourense Vallejo, que case ao cen por cen cambiará de coche e correrá cun Ford Fiesta Super 2000, substituindo ao Porsche 911 co que gañou o campionato de rallis deste ano.

Os Vallejo xunto con autoridades e ex pilotos de Escudería Ourense. /RAMSÉS


PUBLICIDADE

BARRIOS DEPORTIVO 18 de decembro de 2009

11


12

BARRIOS DEPORTIVO 18 de decembro de 2009

ACTUALIDADE

A Xunta estudará realizar reformas no estadio de O Couto

4 O secretario xeral para o Deporte comprometeuse a estudar as peticións do club. Redacción O secretario xeral para ou Deporte, José Ramón Lete Lasa visitou o estadio do Couto, onde se reunïu cos responsables do consello de administración do Club Deportivo Ourense que lle explicaron a necesidade de facer obras de melloras. Lete recoñeceu esa necesidade e comprometeuse a estudar a posibilidade de conseguir o orzamento necesario para realizar as obras máis urxentes. José Ramón Lete tamén se reuníu cos directivos dos clubs máis representativos da cidade a quen lles explicou que se ía aprobar o

plan de axudas aos clubs de alta competición, que é un proxecto da Xunta de Galicia de apoio ás principais entidades da comunidade autónoma. Esa aposta foi eloxiada por todos os dirixentes que a cualificaron de moi importante debido á actual situación económica. Nesta reunión o secretario xeral para o Deporte da Xunta tamén anunciou que antes de que conclúa esta lexislatura, a cidade de Ourense contará co demandado pavillón de ximnasia. José Ramón Lete Lasa recoñeceu que se trata dunha instalación moi necesaria e “é xustiza afrontala”.

O presidente do Club Deportivo Ourense, Juan Pérez, xunto ao secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete, na visita ao estadio de O Couto.

Polideportivo en Vilamarín

O secretario xeral para ou Deporte tamén se achegou ata o concello de Villamarín, onde anunciou a cons-

trución dun polideportivo durante o próximo ano para cubrir a demanda deportiva dese municipio. Lete anunciou que en febreiro do próximo ano

iniciarase o proceso para licitar a construción desa instalación que estará concluída no ano 2012 e que servirá para dar servizo a todo o concello, xa que é

unha instalación moi demandada. Logo dese anuncio, o representante da Xunta visitou as actuais instalacións deportivas municipais.


BARRIOS DEPORTIVO 18 de decembro de 2009

ACTUALIDADE

Remata o ano nas ligas de fútbol sala

O pavillón concentra a actividade deportiva de Nadal

4 A competición retómase o 9 de xaneiro.

4 O programa da Concellería de Deportes trae ximnasia, baloncesto ou fútbol-sala. Redacción O pavillón dos Remedios vai acoller toda a programación deportiva que propón a Concellería de Deportes de Ourense para este Nadal. Trala celebración o pasado día 12 da II Xornada Galega Alevín de Natación, a próxima cita é o domingo 20, co campionato de Nadal de Ximnasia. Terá lugar pola mañá, en horario de 9 a 14 horas. O luns 28 de decembro é o turno para o baloncesto. Un combinado de xogadores e xogadoras do COB e Pabellón Ourense enfrontaranse a outro dos equipos do Carmelitas e do ABO, no All-Star do Nadal, ás catro

da tarde na cancha central dos Remedios. O partido será a beneficio da Operación Quilo que organiza cada Nadal a asociación Amencer. Ao día seguinte, tamén na cancha central e no anexo dos Remedios, durante toda a xornada será un día especial no que terá lugar a Gala de Nadal de baloncesto e fútbol sala das Escolas Deportivas. Para finalizar, a concellería que dirixe o nacionalista Fernando Varela programa o día 30 o turno para o XVIII Torneo de Nadal de fútbol sala benxamín. Os partidos disputaranse na cancha central e anexas do pavillón.

13

M.Rejo

Fernando Varela, concelleiro de Deportes de Ourense./ ARQUIVO.

Xadrez Outra cita clásica do Nadal ourensán é o Aberto Internacional de Xadrez Aninovo

Barrocás, que este ano chega á súa 25ª edición.

[Máis información sobre o xadrez na páxina 9, cunha entrevista a Manuel Villar]

Nesta última xornada do ano 2009 remata a primeira volta das ligas de fútbols sala. Na liga provincial os tres primeiros (Feás, A Corna e Barreras de Seguridad) manteñen unha dura pugna polo liderato sen un candidato definido, facendo que calquera traspés os deixe descolgados, como lle ocorreu ao Concello de Amoeiro e o Rocholl Perruqueiros que tras varias derrotas quedaron descolgados case definitivamente, chamando a atención a irrupción do debutante Escornaboys que semella xa lle colleu o tranquillo a liga local. No fondo da táboa o Beariz non da escapado dese derradeiro posto, o contrario

que o Hermanos Carral que dende que gañou o Beariz gañou case tódolos partidos (perdeu co Atlético Feijoo).

Liga local

Na primeira local acontece algo parecido que en provincial, cunha terna de candidatos que se despegan do resto. Os Peares, Diablos Vermellos e Seixalvo que comezaron moi forte, desinfláronse e deron paso ao Construcines Piñeiro, incrible remontada, e o Kanal Kolor. Na segunda local o Mcdonald´s segue intratable, deixando un empate co Gomesende (segundo) no camiño. Na loita polos primeiros postos o Recreativos Saiz perde fuelle tras perder varios encontros seguidos o igual co Magdalena, irrumpindo con forza o 5 Pontes.


14

BARRIOS DEPORTIVO 18 de decembro de 2009

ATLETISMO

Novidades no Club Ourense Atletismo Academia Postal

4 Os equipos masculino e feminino volven á élite. Redacción No Liceo Recreativo Ourensán presentáronse as novidades do Club Ourense Atletismo - Academia Postal de cara á recén estreada tempada 2009-2010. O seu presidente, Francisco Nóvoa, deu un repaso á historia do club, que conta con máis de seis anos de existencia e está consolidado a nivel nacional, sendo un dos poucos clubs que teñen en división de honra a categoría masculina e

Francisco Nóvoa, ten a intención de deixar de ser presidente do club en breve O Academia Postal ten 198 atletas

federados

a feminina. Seguir na élite nacional cos dous equipos é o maior obxectivo do club. Neste ano, viuse incrementado o número de fichas federadas, que ascenden a 198 atletas, englobados nos 16 equipos do club en todas as súas categorías. No que se refire ao equipo directivo, o club conta con novas incorporacións:Santiago Pérez, que terá as funcións de director deportivo, Jorge Silva, que estará ao cargo da oficina de atención ao deportista Julián Sotelo, como director da Área Organización e Vocal, e Mario González, que levará temas de organización. Novidades As dúas novidades máis salientables do club, ademáis dos cambios na directiva son a creación da oficina de atención ao deportista (instalada nas galerías Cas-

tro Galicia da rúa Progreso) que estará aberta polas tardes e estará atendida polo ex-marchador Jorge Silva. A súa tarefa será atender a todos os atletas e facerse cargo da xestión de viaxes, vestiario, etc. A segunda novidade é a de ser o ser o primeiro club de España en contar cun sistema de Control de Calidad ISO 9001. Fin dun ciclo O presidente do Academia Postal, Francisco Nóvoa, tamén comentou a súa intención de deixar a presidencia do club do cal dixo que “vin para estar catro anos e levo dez”. Polo que cando todos estes cambios que anunciaron xa estean ben atados, intentará “deixar paso a outros que veñen por detrás e que seguro que o farán coma min ou mellor”.

O presidente xunto coas caras novas do Club Atletismo Academia Postal. /RAMSÉS

O podium da carreira absoluta masculina de Megaxove.

Bo inicio de tempada do Ourense Academia Postal

4 Lorena Luaces bate outro récord galego. Ramsés Torres Se fai unhas semanas a ourensá Lorena Luaces batía o récord galego de 5 quilómetros marcha (22 minutos e 41 segundos), nesta ocasión foron os 10 quilómetros aos que lle rebaixou no crono 26 segundos, con respecto ao anterior récord tamén posuído por ela, dos 47:13 que tiña do ano pasado, baixou aos 46 minutos 47 segundos nesta ocasión. A marca, que a levou a ocupar o terceiro posto, conseguiuna no XII Trofeo de Marcha Atlética “Cerro Buenavista”, disputado en Getafe. Na cita tamén estivo o académica Francisco Arcilla quen se colou no segundo caixón do podium cun tempo de 43 minutos e 23 segundos. Gran momento de Hassan Lekhili Outro integrante do Academia Postal é o corredor Hassan Lekhili, que acaba de acadar un segundo pos-

to no XXIV Memorial Adolfo Ros. Volta á Ría (Fene), disputado o 12 de decembro. A proba é unha media maratón e tras Lolo Penas (1:06:05) o máis rápido foi Hassan Lekhili cun tempo de 1h.07:37. Tras Lekhili, outros dos académicos chegaron á meta, Rubén Castro Portela (1:07:57) e Daniel Bargiela (1:08:43).

Megaxove

Na décima edición da carreira Expourense - Megaxove, de novo Hassan Lekhili foi protagonista vencendo na proba absoluta, secundado por José Manuel Fernández (A. Postal)

Lorena Luaces rebaixou en 26 segundos o anterior récord galego en 10 quilómetros (tamén seu desde o ano pasado)

e Carlos García (A Gándara - Monforte). No cadro feminino, Xoana Roig (A. Postal) foi a primeira, seguida de Raquel García (independiente) e Filomena Cid (A. Postal). A proba logrou unha cifra récord de inscritos, 657 corredores en total, dos que uns 420 estuviron en carrera. Hassan Lekhili, Rubén Castro Portela e Daniel Bargiela son fichaxes desta tempada do Ourense Academia Postal, polo que se atinou nas súas contratacións polo grande rendemento que están a dar neste inicio de campaña.

Lorena Luaces. /N. REGO


BARRIOS DEPORTIVO 18 de decembro de 2009

ATLETISMO

Xa está en marcha a terceira “10 quilómetros Vila de Xinzo”

4 A proba oficial da Federación Galega de Atetismo será o 10 de xaneiro. Redacción O domingo 10 de xaneiro terá lugar unha proba que xa está no calendario de todos os atletas populares galegos, os “10 quilómetros Vila de Xinzo de Limia”, que este ano chega a súa terceira edición. A proba está homologada pola Federación Española de Atletismo, sendo unha das tres únicas homologadas nesa distancia en toda a comunidade galega. Tres carreiras son as que se disputan nesta proba, ás 11 horas, a carreira escolar (2.300 metros), ás 11.30 horas a absoluta (10.000 metros), e ás 12.45 horas a

carreira de pitufos de 350 metros. A saída e meta estarán situadas diante do pavillón de deportes. Ao final da proba, todos os participantes terán o agasallo dunha camiseta técnica. Tamén se sortearán agasallos e haberá chocolate quente e aperitivos para todos. Inscricións Poderán facerse as inscricións a partir do luns 21 de decembro. Para as carreiras escolar e pitufos a inscrición é gratuíta e poderase facer ata as 20 horas do xoves 7 de xaneiro, por mail a limiactiva@gmail.com ou por fax, no 988 55 01 12. Para a carreira absoluta, o

período de inscrición vai dende o 21 de decembro ata o 7 de xaneiro ás 20.00 horas, e debe realizarse a través da páxina web http://www.championchipnorte.com. Os participantes desta carreira absoluta, deberán abonar 3 euros en concepto de cuota de inscrición, e ademais, os que non teñan en propiedade o chip amarelo, terán que abonar outros dous euros máis polo aluguer do chip. Tamén poderase facer a inscrición no Pavillón de Deportes de Xinzo, pagando no momento a cuota de inscrición e o aluguer do chip.

4 Populares

na provincia

Corredores na nocturna de Xinzo.. /ARQUIVO

O domingo 20 de decembro, celébrase a oitava edición de carreira de San Cibrao, o mércores 31 de decembro a San Silvestre de Castrelo de Miño e o domingo 10 de xaneiro a III 10 Qm. vila de Xinzo de Limia

San Cibrao das Viñas acolle a súa oitava carreira do Nadal 4 Será o domingo 20 de decembro. Redacción A VIII carreira do Nadal de San Cibrao das Viñas celebrarase o domingo 20 de decembro e contará coa disputa de tres carreiras. Ás 12.00 horas tomarán a saída os adultos (cun percorrido de 8,5 quilómetros) e os nenos sobre unha distancia de 3 quilómetros. E ás 13.00 horas, tocaralle o turno aos pitufos (nacidos en 2001 e posteriores) que farán un

percorrido de 300 metros. A saída e a meta estarán situadas nas piscinas municipais de ponte Noalla, nas inmediacións do Polígono de San Cibrao das Viñas. Despois das carreiras farase a entrega de trofeos e ágape para todos os participantes. Ademais, sortearanse agasallos, produtos gastronómicos, bicicletas, cestas de Nadal e unha noite de hotel nunha suite con cea para dúas persoas.

Ademais dos premios aos tres primeiros clasificados de cada categoría, nesta carreira haberá un premio especial ós 6 primeiros traballadores-empresarios do Polígono de Barreiros e San Cibrao das Viñas. Todos os pitufos que cheguen a meta obterán unha medalla e todos os participantes que rematen a proba recibirán unha camiseta e unha bolsa de deporte.

15


16

BARRIOS DEPORTIVO 18 de decembro de 2009

EDUCACIÓN E DEPORTE

Megaxove superou os 10.000 visitantes

4 A 10ª edición do Cross, con 650 ateltas inscritos, superou todos as cifras de participación ata o de agora. Redacción A décima edición de Megaxove, Salón da Xuventude, pechou as súas portas en Expourense logo de cinco días de intensa actividade, convertíndose nun referente en Galicia para o tempo de lecer nestas datas. O recinto feiral ourensán conseguíu atraer a máis de 10.000 visitantes que participaron nalgunha das máis de 60 actividades culturais e deportivas que ofrecía o Salón. Nel, rapaces e rapazas tiveron a oportunidade non só de divertirse, senón de cultivar valores como o compañeirismo, a solidariedade cos máis desfavorecidos, o traballo en equipo, a tolerancia, a igualdade ou o respecto ao medio ambiente. O Salón da Xuventude voltou servir de plataforma de promoción doutras actividades vencelladas ó lecer e á cultura e para que distintas asociacións xuvenís deran a coñecer o traballo que realizan ó longo de todo o ano. Estiveron presentes nesta edición Amencer, Cruz Vermella Xuventude, Fundación Amigos de la Barrera, Queixumes dos Pinos, a Escola de Danzas Castro Floxo da Deputación de Ourense, a Fundación Taller Solidario ou a Asociación de Cultura Popular Xaquín Lorenzo “Xocas”. X Cross Megaxove Organizado polo Clube de Atletismo Academia Postal, a décima edición do Cross Megaxove, que se celebrou en Expourense, conseguiu superar a cifra

de atletas inscritos ata o de agora, chegando aos 650 participantes con idades comprendidas entre os 15 meses do máis pequeno ata os 68 anos do máis veterán.

Megaxove atraeu a máis de 10.000 visitantes que participaron nalgunha das máis de 60 actividades das que constaba

A pesar de que aumentou nesta ocasión o número de atletas que participaban de xeito independente, a meirande parte deles correron a través dos seus clubes de Atletismo. Así, acudiron atletas do Academia Postal de Ourense, o A Gándara de Monforte, o ADAS Proinor do Barco de Valdeorras, o Ben Cho Sei de Ourense, a Asociación Deportiva Limiaactiva de Xinzo de Limia, o Pavillón Ourense e a Casa da Xuventude, entre outros. Os resultados deste X Cross Megaxove poden consultarse na páxina web

www.ourenseatletismo. com. Torneo de Xadrez Tamén se celebrou a oitava edición do Torneo Megaxove de Xadrez organizado polo Clube Xadrez Ourense co apoio da Federación Galega de Xadrez. Contou coa participación de máis de 70 rapaces e rapazas procedentes na súa meirande parte das provincias de Ourense e Pontevedra. Os resultados deste torneo deron como gañadores a David Gómez (categoría Sub-16); Adrián Gómez (Sub-14); Miguel Puga

(Sub-12); e Gabriel Roma (Sub-10). Megaxove pechou cun gran éxito a súa edición máis participativa, onde o circuito de educación viaria, no que participaron máis de 1.500 nenos, os paseos en poni, con 1.000 xoves xinetes e o tiro con arco, polo que pasaron outras 1.000 persoas, foron as actividades preferidas polos visitantes. Os máis pequenos decantáronse tamén polos hinchables multiobstáculos e os xogos populares chamaron a atención tanto dos nenos como dos seus pais que

Máis de 70 rapaces participaron no Torneo de Xadrez celebrado o último día de Megaxove.

O gañador do torneo de Slot, deu unha volta nun auténtico coche de ralli, cun piloto profesional tiveron a oportunidade de volver xogar a rá, ós zancos ou ás tabas. Foron tamén moitos os rapaces que se aniomaron a participar no Torneo de Slot cuxo gañador puido dar unha volta nun auténtico coche de ralli conducido por un piloto profesional.


BARRIOS DEPORTIVO 18 de decembro de 2009

POLIDEPORTIVO

Nova victoria do Galmédica Ourense TM

4CLASIFICACIÓN 1ª División galega - Grupo Sur Equipo Puntos

1.- Grupo Barros 20 2.- Galmédica Ourene 14 3.-Joyería Enrique 12 4.- Vincios /Esypro 12 5.- Ferretería Vincios 10 6.- Lalín 10 7.- Diario de Pontevedra 2 8.-Charol Complementos 2

Galmédica continúa segundo na clasificación Redacción O pasado sábado, 12 de decembro, o equipo ourensán Galmédica Ourense T.M. desprazouse a Gondomar para enfrontarse ao A.D. Ferretería Vincios, na xornada número nove da 1ª división da liga Galega de Tenis de mesa. O equipo ourensán foi moi superior ao seu rival en todo momento. Fiel reflexo desta superioridade foi o resultado fina de 6 a 1 a favor do Galmédica. Gran mérito

ten esta victoria que demostra o grande estado de forma dos xogadores, e a súa calidade técnica e forza mental, ante un rival que o gaña en veteranía, nunha canteira máis numerosa e cuns medios materiais e infrestructuras moi superiores. Os puntos do Galmédico os conseguiron Emilio Diéguez (1,5), Juan Ángel Ferreiro (2,5), Jorge Gamazo (1) e Diego Gómez (1). O próximo sábado, 19 de decembro o Galmédica recibe na Sala 3 do Pazo

Paco Paz ao líder da clasificación, o Grupo Barros de Cambados, que conta os seus partidos por victorias. Despois da próxima xornada, a número 10, quedarán dúas para rematar a liga regular e na última, xornada

Os ourensáns reciben ao líder Gr. Barros o sábado 19, ás 17 horas na sala 3 do Paco Paz

12 que se xogará os días 23 e 24 de xaneiro, o Galmédica Ourense TM terá dous partidos. I Torneo de Nadal Na Ponte da Constitución, e co parón da liga regular, concretamente o 5 de decembro, o equipo desprazouse ata Lugo para participar no I Torneo de Nadal organizado polo club lucense Dez Portas. A victoria final foi para o xogador do Galmédica Juan Ángel Ferreiro.

17

Bádmintón

Padilla, quinto en Castela e León

4 En dobres acadou a medalla de bronce. Redacción O pasado sábado, 12 de decembro disputouse en terras vallisoletanas de Tudela de Duero a II Proba do Circuito Territorial de Castela e León de Bádminton dotado con 600 euros en premios. Nesta cita, participaron raquetas cántabras, asturianas, castelano-leonesas, rioxanas e madrileñas, ata un total de 100 xogadores. En canto a participación ourensá, Padilla tivo un bo campionato, acadando á postre o quinto posto en individuais. E na modalidade de dobres mixto, onde formou parella coa Xeriá, Victoria Casado, obtería a medalla de bronce na proba, caen-

do en semifinais ante a parella que quedou campiona, Martín-González, en tres duros xogos. Próxima cita O Independiente RSL ten a próxima cita o 20 de decembro en A Estrada, onde participarán na terceira proba do ránking galego sub17.

José Carlos Padilla.


18

BARRIOS DEPORTIVO 18 de decembro de 2009

POLIDEPORTIVO

campus UNIVERSITARIO

TIRO OLÍMPICO

O equipo de rugbi vence por Os favoritos gañan a Copa Ourense de aire comprimido 15 puntos de diferenza

4 Os sénior de baloncesto gañan e os júnior 4 Manuel Martínez, Manuela Garabal, Jorge Encinas e Sonsoles Bermejo, gañadores en perden. Redacción pistola e carabina, respectivamente. Nesta pasada fin de semana o equipo de rugbi e o de baloncesto sénior do campus universitario ourensán lograron a victoria nos seus encontros; pola súa banda, os júnior perderon. O Campus Ourense Rugby derrotou aos coruñeses do Fendetestas por un resultado de 7-22 e o Universitario Campus Ourense venceu aos vigueses do Seis do Nadal por 76-64. O equipo júnior masculino de baloncesto, pola contra, perdeu o partido na difícil cancha dos coruñeses do BCA por un resultado de 70-63. A primeira das vitorias da fin de semana chegou da man do Campus Ourense Rugby, que se impuxo por un resultado de 7-22 ao cadro coruñés do Fendetestas As Pontes, nun partido trabado por mor do frío e do mal estado do terreo de xogo. Os ourensáns dominaron durante todo o encontro a posesión do balón a pesar das moitas imprecisións que tiveron no seu xogo, o que fixo difícil conseguir ensaios. Para os da vella Auria está victoria fainos subir un posto na clasificación e situarse en quinto lugar a un punto dos cuartos. A derrota dos dous

Paula Lodeiro

O Campus Ourense Rugbi en acción./CAMPUS OURENSE. de arriba fai que a liga este máis aberta que nunca. O equipo sénior de baloncesto venceu ao Seis do Nadal Este pasado sábado o baloncesto sénior do Campus de Ourense deron unha boa noticia ao vencer ao conxunto vigués do Seis do Nadal por un tanteo de 76-74, despois de ir detrás no marcador cunha diferencia de 20 puntos, o que lles fixo xogar moi agresivos en defensa e con ataques rápidos. Despois desta xornada, o Universitario Campus Ourense ocupa a segunda plaza con sete partidos gañados e un perdido (contra o Tui na primeira xornada que é o líder da clasificación), seguidos do Allariz. Un novo encontro do Cam-

pus terá lugar o sábado 19 de decembro contra o Cruz Alta, ás 17 horas na cancha anexa do Paco Paz. O equipo júnior da Universidade caeu ante o BCA Os júnior do Campus de Ourense perderon contra os coruñeses do BCA por 70-63 nun partido complicado, a priori, debido ás baixas do cadro ourensanista e ao poderío do rival que está chamado a estar arriba na clasificación. Con esta derrota, o Campus Ourense Blanco Amor ocupa o sexto lugar na táboa. O próximo partido xogarano contra o Tirso Molina ferrolán, o día 20 ás 12 no Pavillón Universitario.

Rematou a XXI Copa Deputación Ourense de aire comprimido, con tiradores ourensáns copando os primeiros postos das principais categorías. En pistola senior masculino Manuel Martínez fixo 2.305 puntos e en mulleres Manuela Garabal logrou 1.470 puntos. En canto á carabina de miras pechadas, Jorge Encinas con 2.338 puntos e Sonsoles Bermejo con 1.533 foron os vencedores. A Copa Ourense é unha competición que se de-senvolve ao longo de todo o ano, cunha tirada ao mes, das que se elixen os cinco mellores resul-

tados. Na edición de 2009 participaron preto de 60 tiradores, entre cadetes, juniors, seniors e veteráns. O presidente da Deputación, entidade patrocinadora da competición, acudíu á entrega de premios, celebrada o pasado domingo 13 de decembro no club de As Eiroás. Campionato de España Por outra banda, é de destacar a meritoria actuación dos representantes ourensáns no Campionato de España de Aire Comprimido, celebrado na ponte da Constitución en Valencia. a modalidade de pistola de aire comprimido, Manuel Martínez Varela foi o único galego en chegar á final,

na que quedou cuarto con 663,1 puntos. En categoría feminina, Nuria Mera quedou no 13º posto, con 362 puntos. En carabina de aire comprimido, o primeiro galego na clasificación foi o ourensán Jorge Encinas, que quedou 14º dun total de 65 tiradores. Fixo 574 puntos, a tan só catro puntos de entrar na final. Entre as mulleres, Sonsoles Bermejo logrou o posto 15, con 361 puntos.

O club de Tiro de Eiroás pechará o seu calendario anual coa tirada de Nadal, o 20 de decembro

Na foto, Manuel Martínez, gañador en pistola sénior masculino. /ARQUIVO


BARRIOS DEPORTIVO 18 de decembro de 2009

POLIDEPORTIVO

entrevista

“Se a canteira non existira, dende logo o equipo de Liga Feminina 2 non tería ningún sentido”

4 Tito Fernández colleu ao Codigalco Carmelitas con cero vitorias, agora levan unha pero con moitas gañas de loitar. Ramsés Torres Tito Fernández aténdeunos despois dun adestramento do Codigalco Carmelitas; móstrase sereno ante este reto de dirixir ao Carmelitas en Liga Feminina 2, e con moita ilusión de facer grandes cousas. En que cres que cambiou o equipo dende a túa chegada? Tito Fernández: “Eu o que intento é que a xente adquira máis confianza e máis seguridade en si mesma. Para eso, é importante que as xogadoras sexan capaces de manifestar na pista aquelo que levan dentro. Basicamente me centrei

moito niso. E despois, aparte, tamén é importante que cada unha asuma a súa responsabilidade dentro do rol do equipo, o que estamos traballando cada día, falando coas xogadoras, o que eu creo que poden facer e o que non poden facer”. A permanencia é factible? T.F.: “Eu creo que sí que é factible, por eso estamos traballando”. Cal consideras que é a posición real do Carmelitas? T.F.: “Nesta categoría eu penso que oito ou nove equipos que teñen un presuposto que duplican ao noso, enton, xa por lóxica, eses equipos van ter unha

Tito Fernández na bancada da cancha do Carmelitas. /R.T.

plantilla mellor e digamos que están a outro nivel. Despois hai catro ou cinco equipos, no que as diferenzas son mínimas e son cos que temos que competir. O cal non quere dicir, que non poidamos competir cos equipos de arriba, como xa sucedeu. Se as cousas saen como as levamos planificadas, imos dar máis dunha alegría aquí en casa ao longo da tempada ganándolle a equipos que son superiores a nós; e fóra, pois ir pouco a pouco para cada día ser máis competitivos e cando chegue o momento aproveitalo”. Quizáis neste inicio de liga pagouse a novatada. T.F.: “Sí, claramente o inicio de liga co 90% das xogadoras provintes dunha categoría inferior, penso que foi un lastre que se pagou. Foi unha aposta de club que é moi respetable, e aparte se eu estivera desde un principio co equipo,

“Imos dar máis dunha alegría en casa”

19

eu probablemente fixera o mesmo”. Con cantas vitorias consideras que se pode salvar o equipo? T.F.: “Nós pensamos que entre seis e sete vitorias teríamos posibilidades reais de evitar a promoción de descenso, porque non hai un descenso directo”. E coa axuda do público, que está cada partido en casa animando, será máis posible o obxectivo? T.F.: “Para nós, estar en casa arroupados como estamos sempre é fundamental e a implicación da xente, pais, amigos, afeccionados a este club, que deron sempre o seu apoio incondicional”. Para finalizar, que opinas da canteira de Carmelitas? T.F.: “É a razón de ser de todo esto. Se a canteira non existira, dende logo o equipo de Liga Feminina 2 non tería ningún sentido. A clave deste club está, en seguir coidando esto, e ter ao equipo como unha referenza para que elas poidan aspirar algún día a xogar”.


20

BARRIOS DEPORTIVO 18 de decembro de 2009

NATACIÓN

A piscina Rosario Dueñas acolleu a 2ª xornada da liga alevín 4 Notable éxito do CN Pabellón. Redacción Cinco clubes déronse cita na piscina Rosario Dueñas para disputar a segunda xornada de caracter zonal da liga alevín que se diputou o 12 de decembro. No evento conseguíronse varios records provinciais da idade e marcas mínimas para o campionato alevín do verán. As mellores marcas provinciais de idade en piscina de 50 metros foron para a nadadora Paula Blanco Pérez de 10 anos, que na proba de 200 libres parou o crono en 2:44.77, facéndoo tamén no seu pase dos 100 metros cun tempo de 1:20.00 (a anterior marca de 1:21.29 é de decembro de 1988). O mesmo fixo na súa segunda proba dos 100 costas que cun crono de 1:27.40 pulverizou a anterior marca de 1:34.77 (de xuño do 2006). As mínimas para o galego de verán correron a cargo dos nadadores Ana Karina Obaya Alvarez, Mara Vé-

lez Melado e Paula Blanco Pérez nos 200 libres e Paula Blanco Pérez, Martín Rodríguez Paradela, Miguel Pimentel Pérez e Luis Belo Igrexas nos 100 costas. As vitorias foron para Paula Blanco Pérez que gañou as probas de 200 libres e 100 costas e Miguel Pimentel Pérez facendo o propio na proba dos 100 costas cun tempo de 1:22.10. Na proba de relevos feminino 4x50 bolboreta, na que nadaron Uxía Gómez Nóvoa, Ana Karina Obaya Alvarez, Claudia Alvarez González e Andrea Belo Armada, conseguiron un tempo de 3:02.87. I Campionato CC.AA Infantil de Invierno Un chanzo máis arriba, gran actuación das dúas representantes pabellonistas que se desprazaron coa selección galega ata a piscina de 25 m. de Don Benito en Badajoz para disputar o I Campionato CC.AA. Infantil de Inverno. A súa ac-

tuación foi excelente, e nela conseguiu mellor marca provincial de idade 13 anos, Ana María Santiso Prado, nas probas de 200 estilos cun tempo de 2:38.53 (sendo o anterior de 2:39.47 de xullo de 1993), rematando esta proba no 9º posto e como mellor marca provincial de idade de 13 anos. En 400 estilos fixo un tempo de 5:27.58 (sendo o anterior de 5:31.51 de decembro de 2006), rematando nesta proba no 11º posto. As dúas probas son mínimas tamén para o Campionato de España Infantil de Inverno. Na proba de 200 bolboreta cun tempo de 2:44.74 rematou no 12º posto. Tamén, salientable foi a actuación de Cristina Cruz Moure nas probas de 200 braza, nas que fixo un tempo de 2:52.03, rematando en 7ª posición, e conseguindo mínima nacional, e mellor marca persoal; e en 100 braza, rematando no 9º posto cun tempo de 1:21.53.

Ana María Santiso e Cristina Cruz na Piscina Rosario Dueñas. /CN PABELLÓN Próxima cita A próxima actuación do pavillón será do 18 ao 20 de decembro no Campionato Galego Absoluto e Júnior na piscina de 25 metros de Santa Isabel en Santiago de Compostela. Participarán 24 nadadores (14 en categoría masculina e 10 na categoría feminina). Tamén os máis peques se desprazan o sábado 19 ás piscinas municipais da Pinguela en Monforte de Lemos onde terán lugar a súa segunda xornada con carácter zonal da liga galega.

Manuel Carlos Corral O nadador Manuel Carlos Corral Casas participou no I Memorial Luis Lopes da Concençao que se disputou en Coimbra (Portugal), formando parte da selección galega de natación. Manuel Carlos Corral Casas participou neste evento internacional xunto a outros sete nadadores galegos doutros clubs. Na proba de 100 braza cun tempo de 1:23.20 rematando en 5ª posición, mentres que formando parte do relevo de 4 x 100 libres fixo

un tempo de 1:07.36 rematando en 6ª posición cun tempo final de 4:23.25.

O club Natación Pabellón estivo representado no I Campionato CC.AA. infantil de Inverno, celebrado en Badajoz polas nadadoras Ana Santiso e Cristina Cruz


BARRIOS DEPORTIVO 18 de decembro de 2009

EN BREVE

21

JUDO

4Campionato galego de Judo Catro judokas ourensáns, adestrados por Manuel Montero, mestre 6º Dan, participaron en Ferrol no Campionato Galego de Judo absoluto e sub 23.

O que máis preto estivo do metal foi, Felipe Iglesias, quen caeu na loita pola medalla de bronce, en menos de 66 quilos, despois do gran desgaste da fase previa. E é que, Felipe Iglesias gañou os seus dous primeiros combates, pero, o desgaste físico e unha le-

sión non recuperada, mermaron as súas posibilidades de acadar a presea. Pola súa banda e no mesmo peso, Issol Mayáns caeu nas rondas previas, dentro do previsto, xa que chegou ao torneo para coller experiencia. David Álvarez, competiu en -73 quilos. O

Na primeira xornada, celebrada en Os Remedios, os galegos enfrontáronse ao País Vasco con táboas no marcador (0-0), cunha parte para cada equipo. Na segunda xornada, tamén disputada en Os Remedios, vascos e murcianos xogaron un partido que gañaron vasco por dous goles a un. Polo que se chegou a última

xornada, onde Galicia tiña que gañar por dous goles de diferenza. Ao final, catro a cero e Galicia pasa á seguinte fase. Este derradeiro partido disputouse no campo de Os Carris (A Valenzá) ante uns 400 afeccionados. Ourense quere volver organizar a seguinte fase.

primeiro combate o gañou pero perdeu o seguinte, apartandoo da loita polas medallas. Tono Fernández, -81, tampouco puido chegar ás semifinais e asi loitar por algún metal, a pesar do gran inicio de campionato que fixo, logrando un dos mellores “ippon” do torneo.

Felipe Iglesias no Campionato galego.

FÚTBOL

4Copa Rexións UEFA Galicia segue adiante na Copa das Rexión UEFA. A fase da Rexión UEFA disputada en Ourense, saldouse co pase a seguinte ronda do combinado galego grazas ao catro a cero que lle endosou a Murcia na derradeiro xornada.

4Partido benéfico de fútbol Un ano máis por estas datas, sobresaen os actos de solidariedade, e como o ano pasado, organízase un triangular de fútbol benéfico que terá lugar o próximo domingo 27 de decembro, ás 12 horas.

Sobre o campo sintético dos Remedios saltarán nun equipo, directivos do C.D. Ourense e autoridades, noutro, representantes dos medios de comunicación e persoeiros da vida social ourensá, e no terceiro equipo, ex-xogadores e xogadores en activo de Club Deportivo Ourense. O prezo das entradas é de 3 euros

e ao finalizar os encontros farase o sorteo de numerosos agasallos (camisetas de equipos de primeiro nivel como poden se Liverpool, Atlético de Madrid e Real Madrid, entre outros) no que participarán os que compraran unha entrada. Nesta ocasión, a recadación irá a Proxecto Hombre.

de CV máis. Por exemplo, para un Citroen C4 1.6 HD de 110 CV consíguese trala reprogramación unha potencia de 132 CV. O seu departamento de Bosch Motorsport conta cun equipo de enxeñeiros altamente cualificados e a máis alta tecnoloxía en adquisición de datos para así

darlle unha saída aos soños de moitos conductores. En T.Estévez Sport ofrecen un sistema de reprogramación seguro e testado en bancos de potencia. As súas máximas son: máis potencia, máis control e menos consumo.

MOTOR

4Software de reprogramación en Talleres Estévez Sport Taller Estévez Sport, concesionario oficial Bosch Car Service, ofrece un software de reprogramación para obter o máximo rendemento dos motores dos automóbiles, e conseguir ata un 25%

[T.Estévez Sport está en Parque Empresarial de Vilamarín parcela 38, tel. 988 21 22 11]


22

BARRIOS DEPORTIVO 18 de decembro de 2009

DEPORTE E SAÚDE

4CERVICALXIA [Sección ofrecida por Saudeter]

Cervicalxia é un termo médico derivado do latín, e quere dicir dor de pescozo. Son dores producidas tanto na súa cara posterior como nas súas caras laterais. Orixínase normalmente como consecuencia dunha patoloxía ósea, articular, muscular, ou ben pola combinación de varias delas. Tamén debido a traumatismos. Non especifica cal é a causa precisa da dor. Movemos a cabeza unhas 600 veces á hora, o que unido á longa expectativa de vida, o traballo, a vida sedentaria e a perda de masa muscular que a acompaña, son causas implicadas na orixe de problemas dexenerativos e da súa sintomatología dolorosa.

Etioloxía Unha cervicalxia pode estar determinada por diferentes causas: - Procesos inflamatorios: artrite reumatoide ou espondilite anquilosante. - Trastornos estáticos conxénitos: costela suplementaria ou vértebra supernumeraria ou cuneiforme situada cara a D1D2-D3 - Alteracións da estática adquiridos: cifolordose ou dorso plano. - Factores mecánicos: traumatismos directos ou indirectos, esforzos, movementos que non se executan coa coordinación precisa, posturas incorrectas. - Factores fisiolóxicos: alteracións vasculares. - Factores psíquicos: facer unha sobrevaloración desta dor. Tratamento O tratamento non só con-

Natación para previr a dor cervical Así a maioría da poboación sofre, sufriu ou sufrirá nalgún momento da súa vida algún tipo de cervicalxia. Unha das recomendacións máis populares para atallar este tipo de doenza é a de aconsellar nadar, xa que a natación é un exercicio moi completo e posúe grandes beneficios para a columna cervical, porque fortalece a súa musculatura a base de traballo de baixo impacto. Ademais a presión que exerce a auga sobre o corpo ofrece unha lixeira masaxe que alivia a dor. Pero é necesario ter en

conta que non todas as persoas demostran o mesmo dominio técnico da natación co que ao nadar a un mesmo estilo concreto dúas persoas distintas poden estar realizando traballos musculares moi diferentes. Doutra banda non todos os estilos de natación son beneficiosos para as cervicais, o estilo braza e a bolboreta son máis ben prexudiciais xa que provocan un exceso de tensión na musculatura cervical podendo chegarse agudizar a dor; polo cal resultará moi aventurado aconsellar a alguén que nade, sen máis

indicacións. Para iso os profesionais das actividades físicas e o deporte aconsellarán sobre os modos de nado máis beneficiosos, que, en principio, serán o crol e as costas, sempre se se executan cunha técnica correcta, e da realización doutros moitos exercicios de estiramentos e de fortalecemento muscular tanto estáticos como dinámicos que se poden realizar dentro da auga. José Manuel Paredes González, licenciado en Educación Física.

siste nas medidas terapéuticas que son aplicadas polo sanitario, se non que inclúe medidas educativas que hai que ensinar o individuo por parte dos técnicos en educación física. Estas medidas consisten en: - Ensinar o paciente a identificar e limitar a sobrecarga mecánica. - Consellos ergonómicos. - Non realizar traballos monótonos con movementos repetidos e nunha postura mantida. - Ensinar ao paciente a autoaplicarse no domicilio certas terapias(termoterapia) e a realizar autoestiramentos. En xeral, o obxectivo do tratamento é aliviar a dor, evitar que se cronifique e evitar as posibles recidivas. Pablo Gómez Delgado, diplomado en Fisioterapia

As cervicalxias orixínanse normalmente como consecuencia dunha patoloxía ósea, articular, muscular, ou ben pola combinación de varias delas, ou debido a traumatismos A natación é un exercicio moi completo e posúe grandes beneficios para a columna cervical

Acordo entre o IES As Lagoas e Saudeter

4 Para impartir unhas xornadas informativas ao ciclo de TAFAD. O instituto de As Lagoas e a empresa Saudeter veñen de firmar un acordo segundo o cal Saudeter se compromete a realizar unhas xornadas de información sobre o funcionamento dunha empresa de actividades en animación física e deportiva, así como a realización dalgunha sesión práctica por parte do seu persoal para que o alumnado deste centro educativo ourensàn, en concreto para o ciclo de TAFAD (técnico animación fisica e animación deportiva) teña coñecemento e contacto directo coas propostas que se están realizando na actualidade no mundo laboral. A xornada constará dunha carga horaria suficiente de formación teórico-práctica grazas á cal o

alumnado poderá lograr os seguintes obxectivos: - Comprender a organización e características do sector das actividades físicas e deportivas, así como a realidade socioeconómica da zona. - Coñecer as oportunidades de aprendizaxe e os mecanismos de acceso ao emprego, conforme ás expectativas persoais e profesionais. - Coñecer as demandas da sociedade actual en relación co sector. - Coñecer os perfís profesionais máis demandados na actualidade no sector. - Coñecer e vivenciar as diferentes actividades ofertadas pola empresa. A intención por parte da empresa o mesmo tempo é de dar saida laboral aos interesados con habilidades ao rematar o ciclo.

Dietas personalizadas segundo patoloxías

masa libre de graxa, pregos e metabolismo basal...Con todo poderase valorar o risco cardiovascular en que se atopa, elaborar un plan de exercicios e dieta personalizado segundo patoloxías e axustes metabolicos condicionantes: fixar proporcións, excluir alimentos perxudiciables, elaborar unha cesta da compra e receitas variadas. Con todo iso planificar obxectivos factibles, segundo resultados das medicioóns e axustando ao máximo os parámetros poderán optimizar ao máximo o tempo empregado. Gráficas, estatísticas e porcentaxes son referenzas que ol alumno e a nutricionista poderán ver e valorar con exactitude.

Trátase dun potente e innovador programa informático con que levan experimentando os últimos tres meses Saudeter cun grupo reducido de xente. Os bos resultados recollidos foron razóns suficientes para dicidir que a partir do 2010 poidan probalo todos os alumnos que o desexen. O programa realiza unha valoración do estado de forma do alumno con maquinaria técnica especializada: auga corporal total, niveis de líquidos corporais, control de peso, perímetros, IMC, masa ósea, masa muscular,


BARRIOS DEPORTIVO 18 de decembro de 2009

A PREGUNTA DO MES

23

Edita: Letras a la Carta S.L. CIF: B-32.323.925. Depósito Legal: OU 185-2009. Redacción: r/ Valle Inclán 25 2º Of. 15 - 32004 Ourense. Tel: 988 239 634 - 988 549 717. Correo-e: deportes@ourenseporbarrios.com. Distribúe: J Publicidad. Imprime: PublicacionesTameiga. Director: Ramsés Torres. Director comercial: Miguel Rejo. Redacción: Paula Lodeiro, Ramsés Torres, Óscar Blanco. Fotografía: Ramsés Torres, Paula Lodeiro. Colaboracións: Alberto del Río Nº3 - Ano: I - 18 de decembro 2009 - Difusión: 10.000 exemplares Este periódico non pode ser reproducido nin total nin parcialmente, sen autorización previa da empresa editora Letras a la Carta S.L. Se ten algún problema co reparto, pregámoslle que nolo comunique no teléfono 988 239 634.

Que deportista ourensán coñeces que está ou estivo na élite?

José Luis Fernán- Nuria Fornos: Bruno Novoa: “Carlos Rodríguez que “Borja Fernández que dez: “Beatriz Seijas do xogou co COB na ACB xoga no Valladolid, e fai uns anos”. comezou no Pabellón, Ponte F.S.”. Real Madrid e Mallorca. Somos veciños do mesmo pobo e é unha gran persoa”.

Francisco Santiago: “Bernardino González, arbitro de primeira división e que comezou pitando en categorías inferiores en Ourense”.

Andrés e Jorge: “Beni que foi campión de boxeo e é do Ximnasio Lagunas”.

Benito Freire: “Lémbrome da miña época de Fuertes, un gran xogador de fútbol que estivo no Ourense e no Pontevedra”.

José Antonio e Héctor: “Cipri Gómez campión de kickboxing varias veces e que é de Ourense”.

Antonio Rodríguez: “O irmán maior do Pataco que xogou fai anos no Atlético de Madrid. Tamén do porteiro do Real Madrid, Miguel Ángel, que é de Ourense”.


BARRIOS DEPORTIVO 18 de decembro de 2009

[10.000 exemplares directos ás súas mans]


18 Dec 2009 - Nº03  

Os Vallejo campións de España de Rallis O COB, a seguir coa boa racha na liga Adecco Ouro XXV Torneo de Aninovo de Xadrez Barrocás BARRIOS D...

Read more
Read more
Similar to
Popular now
Just for you