Page 1

[10.000 exemplares directos ás súas mans]

Número: 2 - Ano: I - Depósito Legal: OU 185-2009 - 4 de decembro de 2009 - Periódico quincenal de distribución gratuíta

Codigalco Carmelitas - Pabellón Ourense: Duelo fraticida. Páx. 8

ATLETISMO

Sigei, gañador na San Martiño páx 3-5

O COB recibe ao Tarragona para obter a súa sexta victoria. Páx. 6

FÚTBOL SALA

O Cidade As Burgas sube á 3ª posición

BARRIOS DEPORTIVO volve repartirse a partir do 18 de decembro . Se quere anunciarse consulte no 685 800 190

páx 11




BARRIOS DEPORTIVO 4 de decembro de 2009

Fe de erratas

No número anterior esquecimos engadir novas victorias e hitos a dúas das nosas deportistas máis destacadas que tiveron a ben saúdarnos e desexarnos sorte nesta fantástica empresa: non suliñamos que Marta Míguez foi olímpica en Sydney, e Rocio Salgado foi nove veces campiona de España de Wushu e non sete como puxemos. Oxalá todas as nosas “fe de erratas” sexan para engadir máis méritos a esas ourensás e ourensáns que nos representan con tanto éxito polo mundo adiante. Noraboa deportistas! deportes@ ourenseporbarrios.com

Santi Pérez Santi Pérez, subcampión de España en 50 quilómetros marcha e diploma olímpico en Atenas ´04

SEGUNDO NÚMERO

4FIRMAS INVITADAS No primeiro número tivemos a inestimable colaboración dun número de xente vinculada ao deporte en Ourense que quixo poñer o seu gran de area apoiándonos na iniciativa deste novo periódico deportivo “Barrios Deportivo”. Por causas alleas á nosa vontade non puidemos incluir o saúdo do laureado marchador do Atletismo Academia Postal, Santi Pérez. Para enmendar o erro, aquí tedes o seu saúdo. Como dí o refrán: Nunca é tarde se a dita é boa!

Que gran día!

Unha vez durante unha entrevista de índole un pouco máis persoal preguntáronme cál era o meu hobby. Eu, deseguido, estiven a punto de responder algo típico e mais que socorrido para estes casos, como o de pasear, ir ao cinema ou estar cos amigos. Pero esta vez non, esta vez non sei por que, decidín ser fiel a min mesmo e preguntarme que era de verdade o que máis me gustaba facer durante o meu tempo libre. Descartado o de pasar todo o tempo que poida coa miña familia, pois iso é unha paixón e unha necesidade, empecei a recapacitar que era o que máis me agradaba facer durante o día. E enseguida o vin. Tíñao clarísimo.

A actividade cotiá que máis satisfacción me produce e na que máis me atopo comigo mesmo, é ese anaco que un escolle para apartarse de todo e de todos e ponse tranquilamente a ler o xornal. Xa sexa pola mañá nunha cafetaría co café recén feito, a mediodía confortablemente no sofá de casa ou mesmo a última hora do día na cama xa metido, ese máxico momento de abrir o xornal e poder saborealo con calma intrigado sobre que novas traeranos é algo que me encanta e que non hai día que deixo de facer. Por iso, o que un novo xornal acabe de nacer e xa vexa a luz é un motivo, un grande motivo para dicir: Que gran día!

Boa acollida ao primeiro número do Barrios Deportivo na vella Auria

Xa se empeza a ver o Barrios Deportivo nos eventos da cidade e proba diso é ver estes afeccionados do COB lendo o primeiro número do periódico no descanso contra A Palma, o pasado 13 de novembro. Recorda! Podes levar un, é de balde.


BARRIOS DEPORTIVO 4 de decembro de 2009

XXXIII CARREIRA DO SAN MARTIÑO



A serpe multicolor invadíu as rúas de Ourense

Momento no que os corredores da proba absoluta enfilan a rúa Jesús Pousa, en A Ponte. /ALBERTO DEL RÍO.

4 A XXXIII Carreira Popular San Martiño tivo unha gran participación a pesar das inclemencias do tempo. Ramsés Torres Falar do San Martiño en Ourense, é falar de festa, e non so polo Magosto, se non tamén pola súa carreira popular, a máis célebre de cantas se organizan en Galicia. Así, o 15 de novembro, a pesar do mal tempo, a serpe multicolor formada polos máis de 4.000 populares que participaron nesta edición invadirón as rúas da vella Auria. Para os ourensáns e, para os de fóra de Ourense, a proba do San Martiño é unha cita

obrigada no calendario das carreiras populares galegas. Proba de elo, foron os 4365 atletas que remataron a proba a pesar do mal tempo con fortes choivas antes da carreira e durante a dos nenos. Na carreira absoluta, polas rúas da cidade, sobre 10.000 metros, os atletas que remataron foron 2647. O primeiro clasificado foi Barnaba Sigei, cun tempo de 29 minutos e 35 segundos, seguido de Hassan Lekhili (30:08) e de Cosmers Kemboi (30:23). En cate-

goría feminina a primeira en chegar á liña de meta situada diante do pavillón dos Remedios foi Joyce Chepkirui (33:45), seguida de Jepkorir Winny (33.50) e de terceira, Filomenta Costa (34:42). Como anécdota, a última persoa en chegar á meta foi a ourensá Carmen Escudero Alonso, que empregou un tempo de 1 hora, 18 minutos e 37 minutos dando boa conta de que nesta proba o importante por enriba de todo é participar, que para iso é unha carreira popular,

que para iso é a nosa proba. O primeiro galego en rematar a proba foi o corredor daGimnástica de Pontevedra, Carlos Villamor (31.05), sexto na clasificación e a mellor galega, Marta Fernández (35:07), do Comesaña. No que se refire aos ourensáns, o primeiro en entrar á meta foi Iván Docampo (Atletismo Academia Postal) cun tempo de 31:44 e a mellor ourensá, a tamén do Academia Postal, Consi Gómez (38 minutos e 51 segundos).

Carreira escolar

Ás 12.30 horas daba o pistoletazo de saída o atleta galego paralímpico, Chano Rodríguez, á carreira escolar do San Martiño. Baixo unha forte choiva, 1718 rapaces completaron os catro quilómetros e medio dos que constaba a proba. O primeiro en chegar á meta foi David Santos (15 minutos e 50 segundos), segundo foi Gonzalo Basconcelo (15:53) e terceiro Esteban Araújo (16:03). En categoría feminina, Eva Guede (18:17) foi a primei-

ra, Iria Rodríguez (18:24) a segunda e Ángela González (18:56) terceira.

2.647 corredores na proba absoluta e 1.718 na escolar remataron a 33ª edición da Carreira Popular Pedestre do San Martiño a pesar do mal tempo




BARRIOS DEPORTIVO 4 de decembro de 2009

XXXIII CARREIRA DO SAN MARTIÑO

A XXXIII CARREIRA POPULAR DO SAN MARTIÑO EN IMAXES O fotógrafo de prensa Miguel Ángel co seu fillo percorrendo os 10.000 metros da carreira. /O. BLANCO

Un grupo de corredores ao seu paso pola Ponte Romana. /O. BLANCO

Na Carreira do San Martiño pódese ver de todo, como a nais e pais levando aos seus fillos en carriños (arriba e á esquerda), a nenos esperando para participar na proba escolar (abaixo a esquerda) ou a todo un campión do Tour de Francia Oscar Pereiro, fiel a súa cita coa San Martiño, entre outros corredores ao seu paso pola ponte Romana. Unha nai levando a súa filla no carriño. /A. DEL RÍO

Nenos do Colexio Mestre Vide antes da carreira. /O. BLANCO

Oscar Pereiro fiel a súa cita con Ourense. /O. BLANCO


BARRIOS DEPORTIVO 4 de decembro de 2009

XXXIII CARREIRA DO SAN MARTIÑO

A XXXIII CARREIRA POPULAR DO SAN MARTIÑO EN IMAXES

Que a San Martiño é unha festa non cabe dúbida, e podes encontrar moitas cousas curiosas. Arriba á esquerda, un corredor cos brazos abertos a uns metros da meta. Arriba a dereita, Joyce Chepkirui, Jepkorir Winny e Filomenta Costa no podium como as mellores atletas femininas desta edición. A esquerda o rapaz máis pequeno na proba escolar. Chegando á meta, Barnaba Sigei, gañador da carreira, á dereita. Debaixo destas liñas, un corredor cun atuendo especial, traxe e paxariña.

Fotos de O. BLANCO / A. DEL RÍO






BARRIOS DEPORTIVO 4 de decembro de 2009

BALONCESTO

A nova cara do C.O.B.

4Victoria importante do Ciudad Termal

4 Dende a chegada do novo míster, o equipo gañou tres partidos de catro. Ramsés Torres Moito cambiou a faciana do Aguas de Sousas Ourense dende a chegada ao banco do novo adestrador, Paco García. Tres partidos gañados de catro disputados; o que perderon, en terras zaragozanas contra o CAI, pódese decir que non conta. Realmente non conta. O CAI xoga outra liga, non a nosa. Nós ao noso que ata agora é realmente bo, dende que chegou ao banco hai catro partidos o adestrador vallisoletano Paco García, ex, entre outros do Breogán de Lugo. Aínda que non só é culpa del, o que o contratou terá algo que dicir. E a todo isto as bancadas cheas, sobre todo cando xogan en domingo, un botón desto é o domingo 22 de novembro, partido contra o Girona e máis de 5.000 siareiros animando ata o pitido final

dos colexiados no Paco Paz. Os venres baixa a afluencia pero vai moita xente de todas formas. Un pequeno problema fórmase nos aparcadoiros anexos ao Paco Paz cando temos partido do COB, polo que está ben recordar que se pode ir ao Pazo en bus, xa que, a Concellería de Mobilidade pon en marcha un servizo especial de autobuses, con saída desde a praza da Mariña do barrio de A Ponte ás 20.15 horas, e con paradas en Ponte Nova, Curros Enríquez, Parque de San Lázaro, Alameda, xardín do Posío, Avenida de Zamora e Paco Paz. Ao remate do partido fará o mesmo percorrido en sentido contrario. A tarifa é a ordinaria, de 0,73 euros. Campañas O COB busca encher a bancada e para iso, a di-

rectiva anda a moverse con infinidade de campañas. Á campaña con MOSA Orense, da que falaremos máis adiante, é unha delas, como a de agasallar ao socio con dúas entradas para o partido deste venres, 4 de decembro fronte ao Tarragona. Para o seguinte partido, a todo aquel que leve un quilo de comida as instalacións do Pazo tamén se lle regalará unha entrada, nesta ocasión o rival será o Vivemenorca. Este partido da xornada 16, adiántase a este día por que o Paco Paz estará ocupado o día 27 de decembro con Pazolandia. O sábado 12, o equipo desprázase a terras lucenses para disputar o derbi galego contra o Leche Río Breogán. Á semana seguinte, o venres 18, o Pazo engalanarase novamente para recibir ao Cáceres. Nestos tres partidos na casa teñen que ser un for-

Os xogadores do COB, celebrando a victoria contra o Girona rodeados das “cheersleaders”. /RAMSÉS

Paco García, adesstrador do COB. /RAMSÉS tín coa axuda do xogador número seis, para que a soñada permanencia sexa unha realidade. Ourense volve a disfrutar do baloncesto, gracias ao COB como en anos anteriores.

Coa chegada do novo adestrador, Paco García, o equipo ven de gañar tres partidos e perdido un, contra o todopoderoso CAI Zaragoza

4CLASIFICACIÓN

Equipo Gañados Perdidos

1.- Melilla 2.- Vivemenorca 3.- Cai Zaragoza 4.- Girona 5.- León 6.- Río Breogán 7.- Burgos 8.- La Laguna 9.- Mallorca 10.- Cornellá 11- Clínicas Rincón 12.- La Palma 13.- Ourense 14.- Cáceres 15.- Tenerife 16.- Palencia 17.- Tarragona 18.- C. de Vigo

9 2 8 3 8 3 83 74 74 65 65 65 56 56 5 6 56 47 47 38 29 1 10

Momento do encontro entre o COB e o Girona disputado no Paco Paz. /RAMSÉS

Por fin, despois dunha racha negativa de catro encontros perdidos, o Ciudad Termal, conseguiu unha importante victoria contra o establecimientos Otero, gracias a cal, pode aún pensar na liguiña de ascenso. Actualmente o equipo ourensán sitúase sexto con catro victorias e sete derrotas. O próximo encontro e o sábado 5 de decembro, ás 20 horas nos Remedios.

4 Os equipos da Universidade gañan O cadro júnior de baloncesto masculino disputou esta fin de semana a cuarta xornada da Liga Galega contra o Cidade de Lugo acadando un resultado de 69-53 favorable para os ourensáns. Miguel González, o adestrador, asegura que foi a primeira parte do partido a que levou ao equipo á vitoria. O próximo partido terá lugar o día 13 de decembro no pavillón universitario, data na que se enfrontarán ao cadro vigués Seis do Nadal. O equipo sénior feminino seguiu coa racha de vitorias da fin de semana ao vencer ás viguesas do Seis do Nadal por un resultado de 57-63, o que afianza ao cadro ourensán no primeiro lugar da táboa de clasificación. O Universitario Campus Ourense volverá xogar o vindeiro día 19 de decembro contra o Allariz. O encontro será no pavillón universitario.


BARRIOS DEPORTIVO 4 de decembro de 2009

BALONCESTO Campaña COB - MOSA Orense

5008 e máis

4 Mosa Orense únese co COB para encher as bancadas do Paco Paz. Redacción Xuntar 5008 siareiros nos próximos partidos do COB no Pazo Paco Paz é o obxectivo dunha iniciativa posta en marcha polo club en colaboración co concesionario Mosa Orense, coincidindo coa presentación do novo modelo Peugeot 5008. Na campaña aúnan-

se o obxectivo do COB de que os seus partidos en casa sexan un encontro familiare e o de Mosa Orense de presentar o seu novo monovolume familiar á sociedade ourensá. O concesionario Peugeot en Ourense únese co COB para encher as bancadas do pavillón ourensán e chegar aos 5008 espectadores, ou

Carlos Miranda, responsables de márketing de MOSA Orense.

máis, nos partidos que se disputarán os días 4, 8 e 18 de decembro. Para iso, “regalaremos entradas a todo aquel que se pase polas nosas instalacións, sitas na rúa Seixalbo, 20-A”, explica o responsable de márketing do concesionario, Carlos Miranda. O xerente de Mosa, Javier Lago, anima a todos os ourensáns a recoller a súa invitación para os partidos do equipo de baloncesto da nosa cidade e anuncia para o partido do día 18 unha sorpresa para todos os menores que acudan. O número de entradas darase a cada individuo en funcións das que precise para a súa familia. Toda a información desta campaña ofrecerase tanto en Mosa Orense como no correo electrónico: mosaorense@ mosaorense.redpeugeot. com.

O novo 5008 “é un monovolume de estilo esvelto e aerodinámico, e non cede un milímetro en canto ao seu extraordinario comportamento en estrada”, explica o xefe de vendas de

Mosa Orense, Roberto Abella. Espacioso, cun interior habitable e modulable, o 5008 proporciona aos seus pasaxeiros asentos confortables en todas as prazas. Ademais, os que vaian sentados na segunda fila dispoñen dun sistema multimedia perfectamente integrado no habitáculo, con dúas pantallas de cor de 7”, consola de conexión que admite calquera tipo de equipo de



audio ou vídeo e dous cascos inalámbricos bluetooth. O monovolume introduce “tecnoloxías de vangarda ao servizo do confort e da seguridade na conducción”, engade o xefe de vendas, como Head Up Display, Distance Alert, sies airbags, ESP, freo de estacionamento eléctrico automático con sistema auxiliar de arranque en pendente, ou asentos con modularidade.

A esquerda, Javier Lago, e a dereita, Roberto Abella, xerente e xefe de vendas de MOSA Orense respectivamente.




BARRIOS DEPORTIVO 4 de decembro de 2009

BALONCESTO

Codigalco Carmelitas Vs Pabellón Ourense 4 Carmelitas e Pabellón enfrontanse nun duelo fraticida para ver quen consigue a súa primeira victoria no campionato de liga nesta tempada. Liga Feminina 2. Xornada 10. 05-12-2009. Hora: 19.00h. Partido: Codigalco Carmelitas - Pabellón Ourense Cancha: Carmelitas Vedruna

Ramsés Torres Ou vilipendiadas polo rival ou no último alento do partido. Xogando mal ou xogando ben. Dá o mesmo, o caso é que tanto Codigalco Carmelitas como Pabellón Ourense non teñen unha soa victoria no que

vai de liga. Pero agora para unha delas vai cambiar o seu sino xa que se enfrontan entre elas o sábado 5 de decembro na cancha das colexialas ás 19 horas. O Carmelitas vén de re-

Ieva Kulita entrando a canastra. /RAMSÉS

cibir un duro correcional por parte do Pío XII, perdendo por un contundente 83-34, 49 puntos de diferencia que non deixan lugar a dudas. En ningún dos cuartos o equipo superou os 10 puntos (8, 9, 7 e 10 respectivemente), sendo a nortemaricana, Emily Ann Heikes a súa máxima anotadora no encontro con 10 puntos. Polo que para o derbi as xogadoras do Carmelitas veñen animicamente tocadas. Pola outra banda, as xogadoras do Pabellón non veñen moito mellor de moral, xa que, na pasada xornada, o equipo tivo nas súas mans a primeira victoria, no partido disputado contra o Cajacanarias nos Remedios. Mellor dito nas mans de Bárbara que, a falta de un segundo para o remate do partido e cunha desvantaxe dun só punto dispúñase a lanzar dous tiros libres. Tiña a oportunidade de dar a primeira victoria ao Pavillón se anotaba os dous tiros libres ou polo menos de forzar a prórroga anotando un deles.

Pero os nervios xogáronlle unha mala pasada e non deu conseguido ningún dos dous tiros libres. Ao final, unha nova derrota do equipo e rostros de circunstancias nas facianas das xogadoras, e iso que remontaron 10 puntos de desventaxa a falta de cinco minutos para o remate. Ao final non puido ser, e anteriormente ao últimos tiros libres de Bárbara, o equipo tamén fallara outros dous tiros libres máis, e así era moi difícil sacar adiante o partido. Lástima que despois da gran remontada non deran rematado a faena, debido posiblemente a que teñan en mente o casilleiro de victorias a cero, o que lles fai que teñan unha gran losa nas súas costas, e nos instantes finais dos partidos xurdan as imprecisións.

de Carmelitas para ver disputar este derbi ourensán, onde os dous equipos chegan coa necesidade imperiosa de gañar, polo que as espadas estarán en todo o alto. As gañadoras sairán reforzadas e as perdedores daranlle a puntilla a un principio de tempada nefasto. “Alea iacta est!”.

Carmelitas e Pabellón chegan ao derbi coa auga ao pescozo

4CLASIFICACIÓN Equipo PG-PP 1.- Burgos 2.- Cajacanarias 3.- Durán 4.- Bembibre 5.- Extrugasa 6.- Badajoz 7.- Pío XII 8.- Valbusenda 9.- U. Ferrol 10.- ADBA 11- Aros 12.- Arxil 13.- Cáceres 14.- P. Ourense 15.- Carmelitas

Partido en Carmelitas

O sábado 5 de decembro, ás 19 horas, encheranse as bancadas do pavillón

Carla Fernández dando un pase interior. /RAMSÉS

72 72 71 71 71 63 53 53 45 36 27 26 17 08 08


BARRIOS DEPORTIVO 4 de decembro de 2009

FÚTBOL

C. D. Ourense sae da promoción Ramsés Torres Cando parecía que todo volvía á boa senda do ano pasado... visita do Santa Comba ao Couto e empate

a un gol e partido contra o Céltiga e derrota por catro goles a dous, despois de adiantarse no marcador en dúas ocasións e acabando os primeiros corenta e cin-

co minutos cun 1 a 2 a favor dos de Romero. Agora sitúanse sextos a un punto da promoción pero con dúbidas no xogo do equipo capitalino.

Na ponte da Constitución para a competición, que volve andar o domingo 13 de decembro. O Club Deportivo Ourense recibirá ao Cerceda, segundo clasificado no que se verá o nivel do conxunto ‘rojillo’. Tres días máis tarde a liga trasládase a mediados de semana e o mércores 16 de decembro o Ourense visita ao Bergantiños. Antes do parón de Nadal o equipo das Burgas volve xogar en casa, nesta ocasión contra o Lalín no que será o último partido do ano desta liga. Disputarase no estadio de O Couto o domingo 20 de decembro. O Verín C. F. fóra de onda Nesta liga o Verín non dá collido o seu sitio, ou quizais sí, e este non sexa outro que o de descender ao

final de tempada a Rexional Prefente. O equipo de Tonino vén de perder estrepitosamente no campo do Cerceda, próximo rival do Ourense, por un contundente 6-0. Antes de que finalice o ano, recibe o domingo 13 ao Bergantiños (13º), visita o mércores 16 ao Lalín (12º) e volve a xogar no José Arjiz o domingo 20 contra o noveno clasificado, o Narón. Estes partidos antes de que remate o ano poden ser unha boa ocasión para que o equipo verinés tome aire e non se lle escape toda opción de permanecer na categoría, aínda que está moi complicado, xa que se encontra a dez puntos da salvación con soamente catro puntos dos 45 disputados nestas 15 primeiras xornadas. En casa, cero puntos.



4CLASIFICACIÓN Equipo Puntos 1.- Deportivo B 2.- Cerceda 3.- Coruxo 4.- Pontevedra B 5.- Ordes 6.- Ourense 7.- Alondras 8.- Céltiga 9.- Narón 10. C. Areas 11- Vilalonga 12.- Lalín 13.- Bergantiños 14.- Vilalbés 15.- Negreira 16.- Rápido de Bouzas 17.-Somozas 18.- Santa Comba 19.- C. de Santiago 20.- Verín

35 34 28 26 26 25 25 23 23 23 21 17 16 15 15 14 14 12 11 4

Romero nun partido en O Couto. /RAMSÉS.

4 O que dixo

Romero lamentouse que no último partido contra o Céltiga das oportunidades marradas e comentou que en ocasións estivo máis preto o 2-3 que o 3-2 pero o seu equipo non marcou as ocasións e o contrario sí.

O Pabellón Ourense xuvenil empata contra o Deportivo de A Coruña Ramsés Torres

Partido disputado en Os Remedios entre o Pabellón e o Deportivo. /RAMSÉS.

O equipo ourensán de fútbol que milita na división de honra xuvenil, o Pavillón Ourense, acadou un empate a un gol con sabor

a victoria ante o que ata entón era o líder do grupo 1 desta división de honra, o Deportivo da Coruña. Os goles chegaron na segunda parte, adiantándose no marcador os visitantes e logran do o tanto do empate os pabellonistas 15 minutos máis tarde por obra de Hugo. Nos instantes finais o equipo local perdía a hora a pesar de ter unha clara ocasión na portería contraria. Os xogadores do

Deportivo tamén tiveron as súas ocasións, a balón parado nos últimos minutos. Con este resultado o Deportivo cede o primeiro posto ao Celta e o Pabellón Ourense queda 10º con 13 puntos.


10

BARRIOS DEPORTIVO 4 de decembro de 2009

HOQUEI

O Caldaria Barrocás non pasa do empate en casa e o Ourense Bule Bule sube á cuarta posición 4 Na primeira división do grupo terceiro o Albor é primeiro. Ramsés Torres O Caldaria Barrocás tiña unha boa oportunidade de subir postos na liga pero o empate (1-1) ante o Natació - Linia 22 en Mariñamansa, fixo que se coloque séptimo con seis puntos. Na fin de semana do 5 e 6 de decembro non se disputan partidos pola ponte da Constitución, e o proximo partido do Barrocás é contra o colista Sardinero, en Cantabria. O domingo 20 de decembro xogan os ourensáns contra o Vallés (terceiro clasificado) ás 12.00 horas en Mariñamansa o que será o último partido do ano e anterior ao parón invernal. A competición reanudarase o 14 de marzo, onde os barrocos xogarán novamente en casa fronte ao Junior, segundo na liga.

Ourense Bule Bule cuartas Intenso fin de semana o pasado para as xogadores

do Ourense Bule Bule que tiveron que xogar dous partidos. O primeiro deles contra o Sardinero, aprazado por culpa do mal tempo. As ourensás perderon por un gol a cero. Ao día seguinte, o domingo, desprazáronse ao País Vasco para xogar contra ao Jolaseta, onde conseguiron unha importante victoria por un gol a dous o que as fai colarse no cuarto posto con 8 puntos. Antes do parón da competición reciben o domingo 13 de decembro ao Tenis, polo loita polo terceiro posto e o seguinte fin de semana visita o campo do Covadonga. A competición voltará novamente en marzo.

Albor primeiro da primeira división

A primeira división grupo terceiro de hoquei masculino ten un claro cor ourensán. Nos cinco primeiros postos están equipos de Ourense, aínda que é certo que outro equipo noso, o Calor y Fue-

“Negro” controlando a pelota diante do rival. /MIGUEL REJO.

Partido entre o Ourense Bule Bule e o San Fernando./ A DEL RÍO. go Cudeiro ocupa a última praza. No primeiro posto o Albor suma os seus partidos por victorias, sete de sete. Seguido moi de preto está, o Apóstol que tampoco coñece a derrota nin o empate nesta liga pero ten un partido menos. A estes dous seguenlle o Pabellón, o filial do Barrocás e o Cidade de Ourense. Despois veñen os tres equipos do fóra de

Ourense, Atl. Caixanova, Atletic Coruña e Polideortivo Leonés e pecha a táboa o Calor y fuego de Cudeiro. Na tarde do sábado 12 de decembro, dispútase a oitava xornada con tres partidos en Mariñamansa. Ás 16 horas, o Cidade de Ourense recibe ao Atl. Caixanova, ás seis da tarde o Calor y fuego Cudeiro enfróntase ao Caldaria Barrocás e, o

Apóstol recibe ás oito da tarde ao Albor, no que será o partido da xornada xa que estará en xogo o primeiro posto. Na xornada nove, 19 de decembro, Mariñamansa volve a ter dous partidos desta liga, ás catro da tarde o pabellón recibe ao Polideportivo Leonés e o Apóstol Ourense visita ás 18 horas ao filial do BarrocásF

Albor e Cudeiro en Mariñamansa./ RAMSÉS.

4CLASIFICACIÓN División Honor B 1.- Benalmádena 11 2.- Junior 10 3.- Vallés Esportiu 10 4.- Pedralbes 9 5.- Egara 6 6.- Valencia 6 7.-Caldaria Barrocás 6 8.- R. Sociedad 4 9.- Natació-Linia 4 10.- C. Sardinero 2 1ª División Feminina 1.- C. Sardinero 6 2.- Club de Campo 6 3.- Tenis 6 4.-OurenseBuleBule 5 5.- Jolaseta 4 6.- Olimpia 3 7.- Xaloc 2 8.- San Fernando 2 9.- Covadonga 2 10.- Pozuelo 2 1ª División Masculina 1.- Albor 14 2.- Apóstol 12 3.- Pabellón 8 4.- Caldaria Barrocás 8 5.- Cidade de Ourense 4 6.- Atl. Caixanova 4 7.- Atl. Coruña 2 8.- P. Leonés 2 9.- Calor y fuego Cudeiro 0


BARRIOS DEPORTIVO 4 de decembro de 2009

FÚTBOL SALA

11

O Ponte Ourense baixa posicións ao perder con Burela

4 Ocupa a décima posición na clasificación. Ramsés Torres Despois do derbi galego contra o recén ascendido Burela, o Ponte Ourense ocupa a décima posición con 15 puntos. Os tantos de Lucía e Bea non serviron para nada ante un gran equipo lucense que se quedou cos tres pun-

tos tras superar por 5-2 ás pupilas de Isidro Grela. Na xornada anterior en os Remedios venceron ao Telde por un cómodo 3-1. Antes do parón de Nadal, o Ponte Ourense recibe nos Remedios o sábado 5 de decembro, ás cinco da tarde, ao Atlético de Madrid Navalcarnero (quinto con 19

Loli no camiño do balón cara a porta. /RAMSÉS

puntos), no que será a 12ª xornada de liga. Sete días máis tarde visita a cancha do Zaragoza (oitavo) e na última xornada deste ano 2009 o equipo pontino descansa por contar con 17 equipos a liga.

4CLASIFICACIÓN Equipo Puntos 1.- Córdoba 2.- Elche 3.- Burela 4.- Móstoles 5.- Navalcarnero 6.- Valladolid 7.- Murcia 8.- Zaragoza 9.- Rioja 10.-Ponte Ourense 11- Logroño 12.- Gironella 13.- Soto del Real 14.- Campillos 15.- Telde 16.- Castelldefels 17.- Torrejón

28 24 21 20 19 19 19 18 17 15 14 9 9 9 6 5 2

Cidade de As Burgas se encarama á terceira posición Ramsés Torres O xoven equipo do Cidade de As Burgas é a grata sorprese da división de prata do grupo IV de fútbol sala femenino no que participan equipos de Madrid, Castela a Mancha, Castela León e Galicia. O equipo ourensán está na terceira posición con 18 puntos despois de vencer por seis goles a cinco Chiloeches. As pupilas de

Manolo Codeso tiveron que sufrir para gañar ás oitavas clasificadas nun final moi apretado, o que da mostrar do nivel igualado desta categoría. O 5 de decembro o Cidade visita a cancha do Unami e o 12 do mesmo mes recibe a visita do Universidade de Salamanca, noveno e undécimo respectivamente, no que pode ser unha boa oportunidade de asentarse nos posto nobres da clasificación.

4CLASIFICACIÓN Equipo Puntos 1.- Alcorcón 2.- Majadahonda 3.- Cidade As Burgas 4.- Leganés 5.- Combarro 6.- Collado Villalba 7.- Leis 8.- Chiloeches 9.- Unami 10.- Casarrubios 11- U. de Salamanca 12.- Road House

22 19 18 17 16 12 9 9 7 3 3 0


12

BARRIOS DEPORTIVO 4 de decembro de 2009

O EQUIPO DO MES


O EQUIPO DO MES

BARRIOS DEPORTIVO 4 de decembro de 2009

13


14

BARRIOS DEPORTIVO 4 de decembro de 2009

ATLETISMO

Un ano máis disputouse o Cross do Guillelme Brown 4 Lévase celebrando 14 anos. Redacción Un ano máis, e xa van 14, a ANPA do Colexio Guillelme Brown organizou o Cross Guillelme Brown. A cita foi o pasado 21 de novembro e a ela acudiron máis de 200 atletas de todas as categorías para correr o cross que discorre polo recinto de dito colexio. Atletas independien-

tes, do Academia Postal, da Casa da Xuventude de Ourense, e rapaces do Colexio Guillelme Brown, do xa citado Academia Postal, do colexio Ben Cho Sei e da nova Escola de Atletismo de Xinzo de Lima, Limiactiva, acercáronse ao Guillelme para disfrutar dunha mañá de carreiras con algo de choiva.

4 14º Cross Guillelme Brown. Clasificación Prebenxamín masculino 1º Kevin Torres 2º Alvaro Díaz 3º Ian Marte Pre benxamín feminino 1º Sabela Fernández 2º Carla Padrón 3º Mar Díaz Benxamín masculino 1º Manuel Prieto 2º Beltrán Sousa 3º Mario Muñoz Benxamín feminino 1º Inés Antao 2º María Rodríguez 3º Sandra Pérez Alevín masculino 1º Gonzalo Ferreiros 2º Jesús Alvarez 3º Miguel Barbado Alevín feminino 1º Aída Martínez

2º Modesta Carneiro 3º Arantxa Pérez Infantil masculino 1º Francisco Miranda 2º Damián Picouto 3º Manuel Ramos Infantil feminino 1º Cielos Caderno 2º Miriam Opazo 3º Arantxa Gómez Cadete masculino 1º Javier Rivero 2º Daniel González 3º Ayoub Nagihi Cadete feminino 1º Aitana Legiçano 2º Aranzazu Chousa 3º Natalia Cid Pais 1º Joaquín Antao 2º Marc Grosso 3º Enrique Fidalgo Nais 1º Elisa Cuevas 2º María Bustillo 3º Patty Grosso Absoluta masculina 1º Rubén Alonso 2º Víctor Demanuel 3º Mario Pérez Absoluta feminina 1º Tania Prieto 2º Laura García 3º Lucía Esteban

A Megaxove chega a súa décima edición

4 Será o martes 8 de decembro en Expourense. Ramsés Torres O Club Ourense Atletismo Academia Postal organiza o martes 8 de decembro a décima edición da carreira de Expourense - Megaxove, a partir das 11.15 horas arredor dos recinto de Expourense e Pazo dos Deportes Paco Paz. A esa hora, empezarán as nenas de categoría alevíns e infantís, 1.200 metros, e dez minutos máis tarde para os nenos desas mesmas categorías, 2.050 metros. Ás 11.40h. turno para as rapazas cadetes e xuvenís, 2.050 metros, e ás 11.55h. os nenos sobre unha distancia de 3.600 metros. Xa ás 12.20 horas, tocaralle o turno ás categorías júnior, promesa, sénior e veteráns masculinos e femininos sobre

unha distancia de 6.000 metros. Ás 12.55 horas correrán os banxamíns, nenos e nenas correndo 850 metros. E para rematar, ás 13.05 horas os máis cativos, nados no anos 2003 e posteriores farán unha minivolta de 300 metros. Ata o domingo 6 de decembro ás 20 horas pódense facer as inscricións na categoría absoluta no correo electrónico: ourenseatletismo@ourenseatletismo. com, mentres que nas demais categorías poderanse inscribir no mesmo lugar da carreira ata media hora antes da respectiva proba. Haberá agasallos para todos os participantes no stand do Ourense Academia Postal.

A carreira absoluta percorrerá 6.000 metros

Esquerda. Podium da categoría pre benxamín masculina. Abaixo momento dunha carreira de categoría feminina. /RAMSÉS

Nais e pais de alumnos do Guillelme Brown que gañaron a súa carreira. /RAMSÉS


BARRIOS DEPORTIVO 4 de decembro de 2009

ATLETISMO

San Cibrao das Viñas acolle a súa oitava carreira do Nadal 4 Será o domingo 20 de decembro. Ramsés Torres A VIII Carreira do Nadal de San Cibrao das Viñas celebrarase o domingo 20 de decembro e contará coa disputa de tres carreiras. Ás 12.00 horas tomarán a saída os adultos (cun percorrido de 8,5 quilómetros) e os nenos sobre unha distancia de 3 quilómetros. E ás 13.00 horas, tocaralle o turno aos pitufos (2001 e posteriores) que farán un percorrido de 300 metros. A saída e a meta estarán situadas nas piscinas municipais de ponte Noalla, nas inmediacións do Polígono de San Cibrao das Viñas. Despois das carreiras farase a entrega de trofeos e ofrecerase un ágape para todos os participantes. Ademais, sortearanse numerosos agasallos e produtos gastronómicos, bicicletas, cestas de Nadal e unha noite de hotel nunha suite con cea para dúas persoas.

Ademais dos premios aos tres primeiro clasificados de cada categoría, nesta carreira haberá un premio especial aos seis primeiros traballadores-empresarios do Polígono de Barreiros e San Cibrao das Viñas. Todos os pitufos que cheguen a meta obterán unha medalla e todos os participantes recibirán unha camiseta e unha bolsa de deporte. Inscricións Para as carreiras de 3 e 8,5 quilómetros a inscrición pode facer de dúas maneiras: presenciais en Deportes RED.1 (Rúa Nosa Sra da Saínza, 18) ata o mércores día 16 de decembro, ou pola Web www.championchipnorte.com ata o xoves día 17 de decembro. Os datos obrigatorios nas inscricións son NIF con letra, nome e apelidos, data de nacemento completa, localidade, provincia, e-mail de

contacto, teléfono de contacto, nome do clube (se o ten) e tamén se pertence o Concello de San Cibrao de Viñas, por unha banda, e se é traballador/a ou empresario/a do Polígono de San Cibrao de Viñas ou de Barreiros, por outra. As inscricións estarán limitadas a 500 participantes, incluindo adultos e nenos/as e terán un custe de 3 euros. O pago poderase facer a través da web de championchipnorte ou en man na tenda Deportes Red.1. (r/ A Saínza). Os/as participantes da carreira de 3 quilómtros que non posúan NIF, deberán facer a súa inscrición de forma presencial neste establecemento. A recollida de dorsais e chips, farase dende as 9 horas ata media hora antes de iniciar a proba.

Inscricións ata o 17 de decembro

Lorena Luaces consegue o récord galego de marcha 4 Na distancia de 5 quilómetros. Redacción A atleta do Ourense Atletismo Academia Postal, Lorena Luaces, obtivo o pasado fin de semana na XXII marcha atlética “Espada toledana” o récord galego de 5 quilómetros en ruta na modalidade de marcha, ao parar o crono en 22 minutos e 41 segundos, gañando de paso a proba e sacándolle seis segundos a segunda e quince a terceira. Este récord, ademais de ser récord galego, tamén é récord do club ourensán. O outro representante académico na proba, en categoría masculina, foi o recén

O récord galego de 5 quilómetros marcha obtivo por Lorena Luaces en 22 minutos 41 segundos

fichado, Francisco Arcilla, quedando en cuarta posición a 24 segundos da cabeza e a 19 do podium. Outro atleta do Academia Postal que estivo a piques de subirse ao podium o pasado fin de

semana pero desta vez na media maratón de Pontevedra foi Iván Docampo que empregou 1 hora, 8 minutos e 20 segundos en percorrer os 21,097 quilómetros.

Lorena Luaces en Monterrei. /NACHO REGO.

15


16

BARRIOS DEPORTIVO 4 de decembro de 2009

EDUCACIÓN E DEPORTE

Continúa a actividade Miniolimpiadas Ourensás 2010

4 Dentro do programa “Educación e Deporte” do Concello de Ourense. Redacción A concellería de Educación do Concello de Ourense continua coa actividade “Miniolimpiadas Ourensás 2010” dentro do programa educativo “Educación e Deporte”. O obxectivo deste programa é o de transmitir

e potenciar a educación en valores, e nos ideais olímpicos. A actividade consta de dúas partes: unha parte teórica impartida mediante charlas nos colexios pola coordinadora do programa, a ex nadadora, Paula Carballido, na que explica a orixe

dos Xogos Olímpicos e en que consisten. E unha parte práctica, que terá lugar no módulo de Atletismo do Pavillón dos Remedios, no mes de maio, onde os centros participantes realizarán unhas probas coma se duns Xogos Olímpicos se tratase.

Paula Carballido con alumnos do Colexio Curros Enríquez. / RAMSÉS.

“Basquet and English” de novo en Ourense

4 O ex-xogador do COB Willie Ladson impartirá esta actividade. Redacción A Concellería de Educación do Concello de Ourense, presentou o programa “Basquet and English” no que se pretende que os rapaces aprendan inglés xogando ao baloncesto. Trátase do programa “Basket and English”, impartido polo

ex–xogador profesional de baloncesto, Willie Earl Ladson, que une baloncesto e inglés para acadar que os nenos se comuniquen verbalmente neste idioma cunha pronunciación axeitada, á vez que se forman técnica e tacticamente ó baloncesto. Actualmente partici-

pan no programa 63 nenos ourensáns de entre 5 e 18 anos de dous centros da cidade, A Ponte e Irmáns Villar. Outros centros como O Couto e Mestre Vide xa mostraron o seu interese no proxecto e poderían ofrecelo a principios do ano próximo, data na que Willie Ladson contará coa axuda

de Brendan Callahan, xogador de baloncesto que traballou na NBA. A actividade reúne múltiples cualidades positivas para os nenos, xa que aúna deporte, educación, formación, saúde, traballo en equipo, diversión, entretemento, motivación, disciplina e benestar.

En xaneiro ampliarase a oferta de Basket and English a colexios da cidade que xa mostraron o seu interese en participar nesteprograma como o de O Couto e o Mestre Vide Na foto o alcalde de Ourense, a concelleira de Educación e Willie Ladson. /RAMSÉS

Esta iniciativa leva tres anos en marcha e agora mesmo conta con 220 nenos de toda a provincia que participan neste programa. Pódese anotar por dúas vías: ou chamando ao teléfono móbil 618 73 40 16 ou escribir ao correo electrónico willie@basketandenglish.com. Basket and English des-

envólvese actualmente en Ourense nos colexios de A Ponte e Irmáns Villar (dentro do programa do Concello) así como no colexio Luis Vives, Salesianos e Franciscanas. Tamén se imparte en Verín e Xinzo e pronto tamén se poderán beneficiar del os estudantes de O Carballiño, Maside e Ribadavia.

4 Willie Ladson

Este ex-xogador de baloncesto natural de Dillon, Carolina do Sur, Estados Unidos xogou en infinidade de equipos, de países tan dispares como Arxentina, China, Holanda, Rusia, Venezuela, México, e España, entre outros. Durante dúas campañas defendeu os cores do Club Ourense Baloncesto onde actualmente é o terceiro adestrador. Tamén é licenciado en Comunicación e Socioloxía pola Universidad de Duquesne (USA).

Willie Ladson./RAMSÉS.


BARRIOS DEPORTIVO 4 de decembro de 2009

POLIDEPORTIVO

17

Ourense acolleu a 13ª edición dos xogos autonómicos Special Olympics Galicia 266 deportistas participaron no evento. Ramsés Torres Special Olympics Galicia, asociación dedicada á promoción das persoas con discapacidade a través do deporte e do ocio, organizou un ano máis un evento deportivo en Ourense, os XIII Xogos Autonómicos de Natación Ourense 2009. Esta 13ª edición tivo lugar ao longo do sábado 21 de novembro nas instalacións

da piscina municipal do pavillón dos Remedios, onde se deron cita 266 deportistas con discapacidade intelectual de toda Galicia para competir nas probas de 25, 50 e 100 metros libres, mariposa, braza e costas segundo o seu nivel; así como en relevos. Os deportistas participantes desfilaron, como se se trataran duns auténticos xogos olímpicos, polas insta-

lacións antes do desfile das bandeiras de Galicia e de Special Olympics, e posteriormente un dos deportistas leu o lema: “Quero gañar, pero se non o consigo, deixádeme ser valente no intento”, lema de Special Olympics. 29 asociacións de toda a xeografía galega participaron nesta competición cun total de 266 deportistas e 86 adestradores.

Un participante dos XIII Xogos Autonómicos de natación Special Olympics./ RAMSÉS.

BÁdminton

José Carlos Padilla vence na I proba da ránking galego senior

4 O xogador do Independiente venceu en individual e dobres. Redacción No Pavillón da Universidade Laboral de Ourense celebrouse na universidade Laboral de Ourense a primeira proba do Ránking Galego Senior de Bádminton organizada polo Club Universidade Laboral e a Federación Galega de Bádminton. Nesta proba participaron un total de 50 xogadores pertencentes aos clubs galegos: CB Troula de Lugo, CB El Draque de Vigo, SD Lalín, Club Universidade dá Coruña, CB Cedeira, Independente RSL B.C., Club Athlos e Universidade Laboral de Ourense. O grande dominador do campionato sería o xogador do Independente RSL Bád-

parella con J. Gómez derrotarían en 1ª rolda a Capón/ Domínguez, en semifinais aos coruñeses Lamas/Rubalcaba e na final aos ourensáns do club Athlos Fernández/Tourón. A próxima cita do RÁnking Galego Senior será o 19 de decembro en Cedeira (A Coruña).

IV Torneo Internacional “Villa de Geria”

Os éxitos non paran para o Independiente, e o pasado fin de semana acudiron á localidade vallisoletana de Za-

Os ourensáns máis veteráns nun partido disputado na Universidade Laboral. /RAMSÉS minton Club, José Carlos Padilla que se alzaría coa vitoria tanto na modalidade individual coma na de dobres demostrando que tras o

seu éxito en Castilla e León a anterior fin de semana se atopa nun grande estado de forma. En individual masculino desfíxose en 1ª rolda

de Daniel Pérez (Universidade Laboral), en cuartos de final do vigués e cabeza de serie nº 1 Benjamín Albores, en semifinais do

ratán para disputar o IV Torneo Internacional “Villa de Geria” no que participaron 98 xogadores. Os xogadores do equipo ourensán do Independiente, Gómez e Padilla obterían os triunfos en dobres masculino eo primeiro e segundo posto en categoría senior individual masculino. Na modalidade de dobres vencerían na final aos portugueses do Club Azambuja, Correia e Bárbara, por dous xogos a cero mentres que en individual Padilla vencería a Gómez polo mesmo resultado de 2 a 0.

ourensano do club Athlos Pablo Fernández e na final do seu compañeiro de club J. Gómez. No que respecta a o dobres masculino facendo

Partido de dobres na Universidade Laboral. /RAMSÉS


18

BARRIOS DEPORTIVO 4 de decembro de 2009

TENIS DE MESA

O Galmédica Ourense regresa á senda do triunfo

Redacción O pasado sábado disputouse no Pazo dos Deportes Paco Paz, o encontro de tenis de mesa correspondente á 8ª xornada da liga de 1ª división autornómica, entre o equipo ourensán do Galmédica Ourense T.M. e o Charol Complementos de Cambados. Os ourensáns non tiveron problemas de desfacerse do equipo de Cambados por un contundente tanteo de 5 a 2. Con este resultado o Galmédica Ourense se segue mantendo nos postos altos e cada vez ten máis preto o obxectivo de principios de tempada, que é manterse na categoría. A liga descansa agora ata o 12 de decembro, data onde o equipo de Ourense se despraza a Gondomar para enfrontarse ao A.D. Ferretería Vincios, quinto con 10 puntos. O Galmédica Ourense está segundo na clasificación con 12 puntos.

Por diantes ten ao primeiro clasficado a 6 puntos (leva 18) e por detrás está o A.D. Vincios/Esypro cos mesmos puntos, 10, que os ourensáns. A dous puntos ten os postos da loita polo descenso. Galmédica Ourense Tenis de Mesa O Galmédica Ourense T.M. creouse hai tres temporadas, recollendo o testigo do desaparecido Ourense T.M. que participara na Liga Federada de Tenis de Mesa por última vez en 2005/2006. A raíz da desaparición do Ourense T.M., un grupo de amantes deste deporte non se resignaron a que Ourense fose a única provincia galega sin representación na Liga organizada pola Federación Galega de Tenis de Mesa (en A Coruña teñen 35 equipos, en Pontevedra, 34 e en Lugo, 5), tomando a decisión de crear un equipo

para participar na temporada 2006/2007 na competición oficial, como únicos representantes da provincia de Ourense e baixo a denominación de Galmédica Ourense T.M.

Aquel primeiro ano o equipo formado por Antonio Gómez, Diego Gómez, Carlos Domínguez e María Corral, baixo as ordes do adestrador Ramón Becerra, empezou a dar os seus pri-

meiros pasos participando no Grupo Sur da Terceira División Autonómica consiguindo, ao término da tempada, unha meritoria 3ª. posición na Tabla Clasificatoria. Na siguinte temporada, a 2007/2008, con novas incorporacións ó equipo (Emilio Diéguez, Juan Angel Ferreiro, Antonio López, Juan Domínguez e Eduardo Cousido) conseguiuse finalizar primeiros de Grupo e, en consecuencia, o ascenso á 2ª. División Galega. Nesta última temporada 2008/2009, na que o equipo se estrenaba na 2ª. División, conseguiron novamente quedar primeros de Grupo, o que supuxo un novo ascenso, neste caso á 1ª. División Autonómica. Na presente temporada o equipo ourensano está encadrado no Grupo Sur de

De esquerda a dereita: Antonio Gómez - Emilio Diéguez - Juan Angel Ferreiro - Diego Gómez - Antonio López, compoñentes do Galmédica Ourense T.M. /RAMSÉS.

4CLASIFICACIÓN 1ª División galega - Grupo Sur Equipo Puntos

1.- Grupo Barros 18 2.- Galmédica Ourene 12 3.- A. D. Vincios 12 4.- Joyería Enrique 10 5.- Ferretería Vincios 10 6.- Lalín 10 7.- Diario de Pontevedra 2 8.-Charol Complementos 0

Galmédica colócase segundo na clasificación Galicia, xunto con outros tres equipos de Cambados, dous de Gondomar, un de Pontevedra e outro de Lalín, que ó final da Liga Regular terán que enfrentarse cos do Grupo Norte para establecer os postos definitivos. Tanto os adestramentos como os encontros que xogan como locais, lévanse a cabo no Pazo dos Deportes “Paco Paz”. Os encontros como locais xóganse na Sala 3 do Paco Paz os sábados ás 5 da tarde, con entrada libre e gratuita para os interesados en presencialos. Ó mesmo tempo o equipo tamén participa nos múltiples torneos de Tenis de Mesa que se disputan por toda a xeografía galega. Desde as páxinas de Barrios Deportivo, o Galmédica Ourense T.M. quere animar á práctica deste deporte, aberto a tódalas idades, invitando ós interesados a presenciar e apoiar ó equipo nos encontros locais que se disputan na sala 3 do Paco Paz (debaixo das gradas da pista central.


BARRIOS DEPORTIVO 4 de decembro de 2009

POLIDEPORTIVO

19

4ARTIGO

O papel dos pais no deporte. Unha oportunidade

Depé:Miguel(entrenador)Sergio,blanco,Lucas,Adán,Carlos,Ricardo,Fragata,Amorin(presidente) e Óscar bajo: Iván, López, Antón, Javier, Adrián, Zaneti e Lois.

O equipo xuvenil masculino do C.H. Barrocás campión galego 4 Na modalidade de herba. Ramsés Torres O Barrocás Xuvenil Masculino de Herba proclámase Campión Provincial e Galego, vencendo na final ao Atlántico de Vigo por sete goles a cero, en partido xogado nas instalacións ourensás de Mariñamansa. O Campión Galego se clasifica directamente para xogar a final do Campionato de España. Este ano, Ourense cede a sede para que se celebre o Campionato de España en Santander do 5 ao 8 de decembro. O Barrocás compartirá grupo con C.H. Parayas (Santander), R.C. Jolaseta (Bilbao) e C.H. Complutense (Ma-

drid). Participan os oito mellores equipos de España, e o equipo do Barrocás intentará meterse na final, tarefa difícil ao ter no seu grupo ao campión do 2008. Os equipos favoritos son o R.C. Tenis, por ser o equipo organizador e C.H. Complutense, actual campión.

Obxectivo: medalla

Para Miguel Castaño, adestrador dos barrocos, o obxectivo neste campionato “é intentar lograr unha

das medallas. Os favoritos son os da Complutense que teñen o mesmo equipo que o ano pasado cando se proclamaron campións de España en Ourense. Intentaremos no encontro contra eles xogar un bo partido e intentar a victoria pero terán que darse moitos factores para conseguila. Se conseguimos unha das medallas estaremos no campionato do ano próximo”, comentaba a este periódico Miguel Castaño.

O equipo ourensán participará no Campionato de España, en Santander, do 5 ao 8 de decembro

A importancia da familia nesta sociedade é evidente no contexto preventivo. A relevancia da actuación das nais e pais é moi importante se se ten en conta a función de socialización da familia como universo simbólico no que o neno interioriza regras sociais e códigos que o constituirán coma ser humano axudándoo a conformar a súa personalidade individual. Temos que ter en conta o papel referencial dos pais, tendo presente que son, así mesmo, os encargados de transmitir aos nenos valores, hábitos, actitudes e formas de comportamento que os fillos imitan de xeito consciente e inconsciente. O deporte comparte coa familia a capacidade para simular ese universo simbólico cheo de regras e códigos que axudan a conformar a personalidade. A práctica de un deporte, ven sexa pola práctica familiar, ou acercamento por imitar os proxenitores/modelos mediáticos, ou por propia iniciativa dos rapaces, é imprescindible hoxe en día para o desenvolvemento de calquera persoa. Complementa o papel referencial da familia, e é un campo de probas fóra da familia onde se pon en

xogo todo o que aprendeu baixo a ala protectora. Daquela, como combinar ambos universos e non provocar un colapso digno do big-bang? Do mesmo xeito que unha regra de ouro na paternidade é ter claro que o noso papel é de nai/ pai e non colega. No deporte o papel do pai nunca debe aproximarse nin minimamente ao de adestrador, representante, psicólogo, gurú...debe ser nai/pai motivador con confianza nos responsables técnicos que están o cargo dos nosos nenos. Eles teñen un traballo importantísimo, dos que debemos recibir información acerca dos nosos fillos en numerosas ocasións, e sobre os que podemos esixir comportamentos dignos pola importancia da imaxe educativa que ofrecen dentro e fora do mundo deportivo. Un rapaz busca no deporte a diversión, e pasivamente vai absorbendo e automatizando os contidos que formarán os límites e normas, e deben ser orientados progresivamente por eles ata chegar a substituír o control exterior das súas condutas por un control interno, que estea incorporada a súa aptitude e o seu repertorio condutual, o que facilitará que ao chegar a adolescencia, idade na que adoitan aparecer as pri-

meiras situacións sociais de risco, o mozo poida responder á presión xeral de xeito responsable. Outro aspecto a destacar é a importancia que ten a comunicación entre todos os membros deste universo que xa é un, de xeito que se cree un clima de confianza que permita consultar cos pais acerca das dificultades que se lles presenten. Por todo isto, o programa de educación familiar “Escola de nais e pais” pretende apoiar o insubstituible papel das nais e pais no proceso evolutivo, educativo e madurativo dos seus fillos/as, ademais de tratar de incrementar a participación dos mesmos nas distintas comunidades educativas, sociais e deportivas. Para máis información, na Concellería de Sanidade do Concello de Ourense, no teléfono 988 5106 22. Luisa Rodríguez Arias e César Fernández González, Unidade Concello Saudable Ourense

O deporte comparte coa familia a capacidade para simular ese universo simbólico cheo de regras e códigos que axudan a conformar a personalidade


20

BARRIOS DEPORTIVO 4 de decembro de 2009

EN BREVE

AXEDREZ

4Campionato do mundo sub-18 Iván Salgado proclamouse en Turquía subcampión do mundo sub-18, tan só superado polo ruso Maklakov e despois de levar o liderato do campionato durante gran

parte das 11 xornadas nas que discorría o torneo. Na última xornada chegaban empatados a puntos, oito cada un, pero unhas táboas do ourensán e a victoria de Maklakov deron ao traste as esperanzas de acadar o primeiro posto no campionato

sub 18. Iván era o segundo favorito neste campionato. Con tan so 18 anos, Iván Salgado ven de debutar coa selección española de axedrez participando no Campionato de Europa de seleccións acadando a sexta posición, a mellor de toda a

historia deste deporte para a selección nacional. Iván Salgado tivo unha actuación brillante, acreditando un total de 2673 puntos FIDE e conseguindo 4 puntos en 6 partidas. A importancia desta puntuación indica que o situaría directamente no 49

lugar do ranking mundial. A próxima cita que pode ser en decembro aínda que non é seguro. O que sí é seguro é que, o noso Gran Maestro Internacional, en febreiro marchará a terras rusas onde se disputan dous torneos.

Iván Salgado./ARQUIVO.

co. O primeiro dos partidos terá lugar no Pavillón dos Remedios o domingo 6 de decembro, ás 16.30 horas, no que se enfrontarán as seleccións de Galicia e o País Vasco. Ao día seguinte, luns 7 de decembro, ás 16.30 horas, terá lugar o partido entre as seleccións de Mur-

cia e País Vasco tamén no pavillón dos Remedios, e finalmente, o martes 8 de decembro, ás 16.30 horas, no campo de O Couto, xogarán as seleccións de Galicia e Murcia. Antes do 28 de febreiro de 2010 terá que celebrarse a fase intermedia nacional, en eliminatoria de ida

e volta. Posteriormente, xogaranse os postos para acadar o campión nacional, que se enfrontará en fase internacional a seleccións doutros países. A Copa das Rexións UEFA vense disputándo dende 1999. Nela toman parte os campión rexionais de cada unha das federacións nacionais da

UEFA. As seleccións están formadas por xogadores de entre 18 e 35 anos que nunca tivesen firmado un contrato profesional. Na fase española entran en xogo 17 seleccións, e ata o de agora foron Madrid e o País Vasco as seleccións que máis campionatos acadaron (2 cada unha), seguidos de

Asturias e Castela e León (1 campionato cada unha). No ámbito internacional, España xunto con Italia son as seleccións que lideran o palmarés de campións, con 2 victorias cada unha. O evento está organizado pola Delegación de Ourense da Federación galega de fútbol.

FÚTBOL

4Copa Rexións UEFA A selección galega de fútbol participa na VII Copa das rexións UEFA, que terá lugar en Ourense os días 6, 7 e 8 de decembro, como sede do Grupo B no que participan as seleccións de Galicia, Murcia e País Vas-


BARRIOS DEPORTIVO 4 de decembro de 2009

EN BREVE

21

MOTOR

4T. Estévez Sport Taller Estévez Sport, concesionario oficial Bosch Car Service, ofrece un software de reprogramación para obter o máximo rendemento dos motores dos automóbiles, e conseguir ata un 25% de CV máis. Por exemplo, para un Ci-

troen C4 1.6 HD de 110 CV consíguese trala reprogramación unha potencia de 132 CV. O seu departamento de Bosch Motorsport conta cun equipo de enxeñeiros altamente cualificados e a máis alta tecnoloxía en adquisición de datos para así darlle unha saída aos soños

de moitos conductores. En T.Estévez Sport ofrecen un sistema de reprogramación seguro e testado en bancos de potencia. As súas máximas son: máis potencia, máis control e menos consumo.

[T.Estévez Sport está en Parque Empresarial de Vilamarín parcela 38, tel. 988 21 22 11]

CONCURSO

“Camino a la NBA” levará a dous ourensáns a Nova York para presenciar un partido de Gasol

4 New York Knicks - L.A. Lakers é o encontro que presenciará o gañador. Redacción Xa está en marcha a segunda edición do concurso de Onda Cero Radio que leva a dous ourensáns a ver un partido da NBA, neste caso á cidade de Nova York para presenciar os

New York Knicks contra os L.A. Lakers de Pau Gasol. O premio do concurso e unha viaxe de catro para dúas persoas a Nova York e dúas entradas para ver o mencionado partido o 22 de xaneiro. A forma de participar é, recollendo un cupón

nun dos establecementos participantes, cubrilo e entregalo, como data tope, o 22 de decembro nas urnas situadas en Centro Comercial Ponte Vella ao lado de Restaurante La Toscana e Bricocentro Paradelo. O 30 de decembro en Onda Cero

Ourense realizarase un programa especial no que se extraerá unha papeleta cun nome, se chamará por teléfono e se no prazo de cinco minutos contesta ao teléfono será o gañador. No caso contrario chamarase á seguinte persoa e así suce-

Cartel do “Camino a la NBA” sivamente. Nesta edición o concurso está patrocinado por Bricocentro Paradelo, e outros 15 establecementos

comerciais da provincia, como Electrodomésticos Feijoo, Copersa ou o centro virtual AME.


22

BARRIOS DEPORTIVO 4 de decembro de 2009

DEPORTE E SAÚDE

4LUMBALXIA [Sección ofrecida por Saudeter]

Definición A lumbalxia poderíase definir como a sensación dolorosa circunscrita á área da columna lumbar, tendo como efecto final unha repercusión na mobilidade normal da zona, debido á sensación dolorosa. As doenzas lumbares ou lumbalxia inespecífica, afectan a catro de cada cinco persoas nalgún momento da súa vida e son a principal causa de ausentismo laboral nos países desenvolvidos. A lumbalxia inespecífica é unha dor aguda que nun 30% dos afectados se converte en crónico, que se presenta sen que haxa unha patoloxía previa e do que se descoñece a causa. Prodúcese unha asociación entre factores musculares e psicosociais que xeran condutas de evitación, medo e

atrofia muscular, provocando un círculo vicioso que favorece a cronificación e a incapacidade. Preto do 90% dos casos non presentan algún tipo de lesión demostrable, polo que o problema se cataloga como unha lumbalxia inespecífica. Contrariamente ao que antigamente se pensaba, o repouso está contraindicado, pois debilita e atrofía a musculatura.

A mellor recomendación é manter o maior grao de actividade física que a dor permita, e se nalgún caso é necesario o repouso en cama, este debe ser o máis breve posible e durar un máximo de 2 días, xa que se estima que cada día de repouso en cama leva consigo unha perda do 2% da potencia muscular. Nas persoas afectadas de lumbalxia crónica hai unha perda na forza do tronco, flexibilidade do tronco e

capacidade cardiovascular, polo que unha terapia de exercicios axeitada debería de ter en conta estes tres parámetros, xa que os bos resultados que se poden obter indican a súa conveniencia. En relación á frecuencia de adestramento muscular, de forma xenérica unha vez á semana é suficiente para progresar e manter os resultados obtidos. Calquera que sexa a causa da dor lumbar, parte do seu tratamento é a corrección da postura viciosa. Pero unha boa postura, non é soa unha cuestión de “manterse recto”. Refírese ao uso correcto do corpo en todo momento.

Un Zouk na gala de Nadal de Couto Centro

Un Zouk será a intervención de Saudeter o 5 de xaneiro na gala navideña organizada pola Asociación Couto Centro para entregar os seus galardóns anuais. Fany Dos Santos, gañadora de “Son de Estrelas 2008”, que porá a voz, Ulises Da Costa (coreográfo e profesor de baile) e Elionora (bailarina profesional ) achegarán esta modalidade de baile ou público. Con sons brasileiros e ritmos moi sensuais, máxicos, tremendamente vivos e con moita enerxía será unha bonita parte da gala que conta con moitas, variadas e espectaculares actuacións. [A gala terá lugar no Auditorio municipal de Ourense o 5 de xaneiro]

O Zouk é unha modalidade de baile

Acordo entre Club Galicia Sport e Saudeter

Tras ás xornadas de portas abertas como pistoletazo de saída a un proxecto altruísta, saudable, creativo e interesante entre o club Galicia Sport e Saudeter. O club deportivo Galicia Sport creouse coa finalidade de brindar a oportunidade a todos os seus asociados de achegar as mellores alternativas deportivas ao alcance, charlas informativas saudables, cursos de formación a posibles técnicos deportivos, saída laboral aos mozos relacionados co deporte e a saúde. Galicia Sport e a empresa Saudeter estamparon a súa sinatura nun convenio para ofrecer clases colectivas variadas e de calidade pero sobre todo ao alcance de todos (20 euros ao mes); foi a base deste primeiro acordo para o local social situado na rúa Picasso 12 de Ourense.

Pablo Gómez Delgado, diplomado en Fisioterapia

Consellos para evitala e tratala Aínda que as causas que provocan as lumbalxias poden ser moi diferentes, por norma xeral a ausencia de actividade física ou facer exercicios en posicións pouco axeitadas poden provocar ou favorecer este proceso. Para previr as dores lumbares é aconsellable unha adecuada hixiene postural para reducir a carga que

as costas soportan ao realizar actividades cotiás. Esta hixiene postural débese centrar en adoptar as posturas máis ergonómicas en situacións como: sentar nunha cadeira (moi importante en idades escolares debido ao gran número de horas que os nenos pasan sentados nos pupitres), sentar no coche para conducir ou tamén na forma

de levantar pesos, e ata o facer tarefas do fogar como fregar os pratos, pasar o ferro, pasar a fregona, etc. Doutra banda tamén é recomendable levar unha vida activa e realizar actividade física incidindo na práctica de exercicios que fortalezan a musculatura da zona abdominal, a zona posterior das costas, os glúteos e as extremidades

inferiores. Pero, ollo!, este tipo de exercicios deben ser executados correctamente, para iso é esencial a vixilancia e control por parte dun especialista que corrixa os movementos e as posturas inaxeitadas e que poidan ser prexudiciais para as costas. José Manuel Paredes, licenciado en Educación Física

Actividade deportiva no local de Galicia Sport.


A PREGUNTA DO MES

BARRIOS DEPORTIVO 4 de decembro de 2009

23

Edita: Letras a la Carta S.L. CIF: B-32.323.925. Depósito Legal: OU 185-2009. Redacción: r/ Valle Inclán 25 2º Of. 15 - 32004 Ourense. Tel: 988 239 634 - 988 549 717. Correo-e: deportes@ourenseporbarrios.com. Distribúe: J Publicidad. Imprime: PublicacionesTameiga. Director: Ramsés Torres. Director comercial: Miguel Rejo. Redacción: Paula Lodeiro, Ramsés Torres, Óscar Blanco. Fotografía: Ramsés Torres, Paula Lodeiro. Colaboracións: Alberto del Río Nº2 - Ano: I - 4 de decembro 2009 - Difusión: 10.000 exemplares A opinión do periódico exprésase só no editorial, os artigos e cartas ao director expoñen posturas persoais. Este periódico non pode ser reproducido nin total nin parcialmente, sen autorización previa da empresa editora Letras a la Carta S.L. Se ten algún problema co reparto, pregámoslle que nolo comunique no teléfono 988 239 634.

Cal foi o último evento deportivo ao que acudiches?

Mónica Álvarez: Diego Parente: José Luis Rodríguez: Eduardo Monzón: “Fun ver un partido de “Fai moito tempo vin “Fai 15 días acudín o “Vin o C.D. Ourense fai liga provincial de balon- un partido de fútbol no Couto ver o C.D. Ouren- un par de meses”. cesto, o equipo de Xun- Barco de Valdeorras”. se. Tamén vexo partidos queira de Ambía”. de liga local de fútbol sala”.

Jacinto Falqué: Alberto Rodríguez: Carlos Moure: “Últimamente fun ver “Xa fai un montón de “Organicei o Día da o hocquei Barrocás e o tempo fun ver o Acade- Bici fai pouco”. Apóstol. Xoquei o xo- mia Postal de fútbol sala quei de rapaz e fun arbi- no pabillón”. tro de liga nacional”.

Jorge Lamas: “Fai un mes vin un partido do COB no Pazo”.


BARRIOS DEPORTIVO 4 de decembro de 2009

[10.000 exemplares directos ás súas mans]


4 Dec 2009 - Nº 02  

Sigei, gañador na San Martiño ATLETISMO FÚTBOL SALA BARRIOS DEPORTIVO volve repartirse a partir do 18 de decembro . Se quere anunciarse cons...

Read more
Read more
Similar to
Popular now
Just for you