Page 1


ÍNDICE ÍNDICE 2

MAPA DE SITUACIÓN

45

HOTEIS SPA

3

INTRODUCIÓN

46

Augusta Spa Resort I

5

HOTEIS BALNEARIO

47

Augusta Spa Resort II H****

6

Gran Hotel Hesperia La Toja

48

Carlos I

8

Balneario Aguas Santas

49

Ego

10

Balneario de Mondariz

50

Fonte Sacra

12

Termas de Cuntis

51

Galatea

14

Castro do Balneario

52

Gran Hotel de Lugo

15

La Virgen

53

Gran Talaso Hotel Sanxenxo

16

Hesperia Balneario de Guitiriz

54

Husa Spa Villalba H****

18

Hesperia Isla de La Toja

55

Mar Atlántico

20

Lobios Caldaria

H****

56

Oca Katiuska

22

Arnoia Caldaria

H***

57

Río do Pozo

H****

24

Balneario de Compostela

H***

58

As Maceiras

H**

26

Balneario do Río Pambre

H***

61

TURISMO RURAL BALNEARIO / SPA

28

Balneario y Termas de Lugo

62

Abadía Caldaria

30

Laias Caldaria

63

Doña Blanca

32

Balneario Acuña

H**

64

Pazo de Bendoiro

33

Balneario Dávila

H**

65

Pazo do Castro

34

Balneario de Carballo

67

BALNEARIOS

35

Baños de Molgas

68

Termas da Chavasqueira

36

Hotel Balneario

69

NOVOS PROXECTOS TERMAIS

37

Os Baños da Brea

70

PROGRAMAS

39

HOTEIS TALASO

71

ABC DO LÉXICO TERMAL

40

Louxo La Toja

72

ENDEREZOS DE INTERESE

42

Talaso Atlántico

H*****

H**** H****

H****

H***

H****

H***

H*

H* H*

H**** H****

H****

H**

H***

H****

H****

H**** H****

H**** H**** H****

H**** H****

Grupo A (Casa Reitoral)

Grupo A (Casa Grande) Grupo A (Pazo)

Grupo A (Pazo)


MAPA DEDE SITUACIÓN MAPA SITUACIÓN

2

GALICIA


INTRODUCIÓN INTRODUCIÓN O aumento que o turismo termal experimentou en Galicia colocou a súa oferta nun indiscutible primeiro posto dentro da Península. Proba disto é a guía que ten nas súas mans, que nesta segunda edición incorpora unha nova vintena de establecementos xurdidos nos últimos tres anos. Non obstante, máis que a cantidade de balnearios, talasos ou hoteis con spa, resulta aínda máis salientable a súa variedade, que permite que cada cliente atope, sen saír de Galicia, o que máis se axuste ás súas necesidades, gustos ou orzamento: dende un modesto balneario tradicional no que mellorarse dalgunha afección ata un establecemento á última no que optar por un tratamento de relax, estética ou saúde, ou mesmo combinar todas estas facetas ao tempo que se goza da natureza, dos deportes ao aire libre e, claro, da gastronomía local. Certo é que a Galicia, unha terra callada de lendas, de literatura e ata de cancións populares dedicadas ás súas augas, a tradición termal vénlle de lonxe. Xa os romanos, que sabían ben o que facían, souberon utilizar os seus moitos mananciais para mellorar a saúde, mais tamén para divertirse, relaxarse e debater nas súas termas sobre o divino e o humano. E, sen ir tan atrás no tempo, tamén a xeografía galega está sementada daquelas pozas de sandar nas que os nosos tataravós encontraban alivio. Durante a época dourada do termalismo –de mediados do s. XIX a comezos do s. XX– os balnearios galegos con máis tradición convertéronse en grandes centros sociais que congregaban a flor e a crema da sociedade. Tras a guerra, e coa moda de tomar o sol na praia, foron poucos os que se libraron da decadencia ou do peche, aínda que hoxe, impulsados pola cultura do culto ao corpo e por un ritmo de vida que obriga a frear e recuperar o equilibrio físico e mental, os balnearios viven un segundo renacer. Moitos recuperaron a súa gloria de outrora incorporando instalacións de vangarda. Así atraeron un público máis novo, que, ademais dos seus tradicionais fins terapéuticos, buscan uns días de acougo e coidados, aboando a idea de que non é preciso estar enfermo para ir a un balneario. Outros, de nova planta, abriron as súas portas ligados a hoteis de ata catro e cinco estrelas e, á calor da demanda, fóronselles sumando os centros de talasoterapia e os spas. Os balnearios, cuxos tratamentos se basean nas propiedades preventivas e curativas das súas augas mineromedicinais e que deben contar cun médico que as administre nos tempos axeitados, pódense decantar pola vertente máis lúdica ou a máis terapéutica do termalismo, aínda que cada vez é máis frecuente que combinen ambas, igual que ocorre coa talasoterapia, que basea os seus tratamentos nas propiedades do mar e do que o rodea. Pola súa banda, os spas, onde a auga que se emprega non conta con propiedades especiais, oriéntanse a brindarlles unhas horas de relax e diversión aos seus clientes nas súas piscinas dinámicas ou nas súas bañeiras de burbullas, aínda que algúns dos máis completos propoñen tal cantidade de servizos que resultan tamén unha opción idónea para aqueles que teñen como única enfermidade a necesidade de desconectar e coidarse uns días, que non é pouco nos tempos que corren.

3


4


- BALNEARIO HOTEISHOTEIS - BALNEARIO A categoría destes hoteis, que contan nas súas dependencias cun balneario en toda regra, oscila entre unha e cinco estrelas, polo que as súas características, a súa clientela e o seu ambiente son do máis dispar. Polo xeral, os que teñen menos estrelas están máis orientados ao aspecto terapéutico máis tradicional dos balnearios; os máis luxosos, pola contra, adoitan mesturalo co aspecto máis recente e lúdico destes establecementos, polo que os seus programas de estética, benestar e relax se suman habitualmente aos destinados a previr ou tratar infinidade de afeccións, que variarán en función das indicacións do tipo de augas mineromedicinais con que conte cada un deles. Tanto uns coma outros teñen as súas instalacións abertas a hóspedes do hotel e a clientes non aloxados nel. Ademais, todos eles, á marxe da súa categoría, deben realizar os seus tratamentos baixo a supervisión dun médico, que marca a duración necesaria e o tipo de técnicas que se deben aplicar para lograr un fin terapéutico eficaz.

5


198

Nº cuartos:

SERVIZOS Admite tarxetas de crédito | Aire acond. nos cuartos| Aire acondicionado | Alugamento de bicicletas | Alugamento de equipos audiovisuais | Antena parabólica | Ascensor Ascensor acces. entre plantas | Bar-cafetería | Caixa forte individual | Calefacción central | Cambio de moeda | Discoteca | Ximnasio | Golf | Cuartos con salón-suites | Internet Internet nos cuartos | Xardín terraza | Minibar | Pádel Páxina web | Piscina | Piscina climatizada | Restaurante accesible | Sala de reunións| Salón de convencións | Sauna Secador de pelo nos cuartos | Servizo de fax | Servizo de cuartos 24 h. | Servizo médico | Sitio pintoresco | Spa Teléfono nos cuartos | Tenis | Tendas | TV nos cuartos

CARACTERÍSTICAS DAS AUGAS Cloruradosódicas, radioactivas, bromuradas, ferruxinosas, fluoradas e litínicas, que emerxen a 40 e 60 ºC.

INDICACIÓNS Afeccións dermatolóxicas, respiratorias, otorrinolaringolóxicas, reumáticas, circulatorias, nerviosas, de risco cardiovascular e rehabilitacións.

EQUIPAMENTO E TÉCNICAS Departamento médico, ATS, clínicas de fisioterapia, rehabilitación e de doenzas musculares, baño termal e de esencias, bañeiras de hidromasaxe, ducha jet, masaxe baixo auga, inhalacións, aerosois e pulverizadores, masaxes, drenaxe linfático, reflexoloxía podal, envolvementos de algas e paralama, ultratone ou ximnasia pasiva, presoterapia, cabinas de beleza, ximnasio e club termal –piscina termal cuberta con chorros subacuáticos, contracorrentes, jacuzzi e hidromasaxe– e o circuíto Universo Acuático, con catro tipos de auga (doce, salgada, aromatizada e mineromedicinal a distintas temperaturas), ademais de estanques de aroma mariño e mar termal, sauna finlandesa, hammán, duchas de efectos, mármores cálidos e zona de relaxación.

PROGRAMAS Descubre o Balneario, Benestar A Toxa, Termal con Aromaterapia, Termohidratación, Bebé-mamá, Especial Silueta, Liña e Beleza, Rexuvenecemento, Gran Benestar, Gran Benestar e Beleza, Reumatolóxico, Dermatolóxico, Respiratorio e Swing A Toxa (para xogadores de golf), ademais de novidades como o peeling de sales da Toxa, Hot Chocolate, Hot Stones, Shiatsu, etc.

O MÁIS: O AROMA ARISTOCRÁTICO QUE EMANA CADA RECUNCHO DESTE EDIFICIO CALLADO DE TERRAZAS QUE SE ABREN Á LUZ TRANSPARENTE DA RÍA DE AROUSA. 6


Balnearioda daToxa Toxa Balneario

O AMBIENTE ELEGANTE E A SOFISTICACIÓN DO ÚLTIMO EN TERMALISMO

GRAN HOTEL HESPERIA LA TOJA H¨¨¨¨¨ Illa da Toxa. 36991 O Grove, Pontevedra Tel: 986 730 025. Fax: 986 730 026. hotel@granhotelhesperia-latoja.com www.hoteles-hesperia.es

Reformado a comezos de 2005, o seu elegante edificio branco volve lucir como un dos recunchos máis aristocráticos de toda Galicia. Entre xardíns de palmeiras e hortensias, este gran clásico da illa da Toxa observa dende a súa privilexiada situación as mareas da ría de Arousa, en cuxas beiras pode verse ben de mañá como traballan as mariscadoras. Os seus elegantes salóns e as súas terrazas lembran a época dourada dos máis selectos balnearios de principios do s. XX, pero as súas instalacións adecuáronse ás esixencias dos nosos tempos: un campo de golf de nove ocos, tenis, fútbol sala, tiro ao voo e pádel, ademais dun club termal concibido para gozar da auga de mar na súa vertente máis lúdica, así como un íntimo balneario no que deixar coidarse coas últimas terapias termais.

7


105

Nº cuartos:

SERVIZOS Acceso para discapacitados | Admite tarxetas de crédito Aire acondicionado nos cuartos | Aire acondicionado no salón comedor | Antena parabólica | Ascensor Bar-cafetería | Caixa forte individual | Calefacción individual | Custodia de valores | Garaxe | Golf | Cuartos con salón-suites | Minigolf | Minibar | Aparcadoiro | Piscina Piscina climatizada | Salón de convencións | Sauna Secador de pelo nos cuartos | Servizo médico | Sitio pintoresco | Spa | Teléfono nos cuartos | Televisión nos cuartos | Xardín terraza | Ximnasio | Acceso a Internet nos cuartos e no salón social | Fío musical nos cuartos

CARACTERÍSTICAS DAS AUGAS Sulfuradas e bicarbonatadas sódicas, que emerxen a 16 ºC.

INDICACIÓNS Determinados procesos reumatolóxicos, dermatolóxicos, respiratorios, gástricos e de páncreas.

EQUIPAMENTO E TÉCNICAS Circuíto acuático cunha piscina de hidroterapia e relax con chorros de hidromasaxe, colos de cisne, fervenzas e piscina interior e exterior con circuíto contracorrente, jacuzzi panorámico, camas de osixenación, piscina de contraste e cadeiras quentes, ademais de distintos tipos de duchas –Vichy, linfodrenante, tres estacións, nebulizadas e escocesas–, bañeiras de hidromasaxe, burbullas e ozonoterapia, baño turco, sauna finlandesa e sauna húmida, circuíto de pediluvio, gruta de xeo, ximnasio e distintos tipos de masaxes e tratamentos de estética facial e corporal; todo dispoñible tanto para hóspedes do hotel como para clientes externos.

PROGRAMAS Antiestrés e benestar, Beleza e saúde, Relax termal e Paquete Golf.

ESPECIAL PARA NENOS Catro cuartos familiares, obradoiros infantís e gardería en determinadas datas da temporada alta.

O MÁIS: O RELAXANTE AMBIENTE E O COMPLETO DA OFERTA DESTE ESTABLECEMENTO, CUN GRAN BALNEARIO E UN CAMPO DE GOLF, AMAIS DOS MOITOS ALICIENTES QUE OFRECEN OS SEUS APRACIBLES ARREDORES. 8


Balneario AugasSantas Santas Balneario dede Augas UN COMPLEXO EN PLENA NATUREZA CUN MODERNO BALNEARIO E UN CAMPO DE GOLF

BALNEARIO AGUAS SANTAS H¨¨¨¨ Os Baños, s/n. 27430 Pantón, Lugo Tel: 982 292 800. Fax: 982 456 303 recepcion@augassantas.es www.augassantas.es

Aberto en xuño de 2006 nas proximidades dunha antiga casa de augas e a apenas oito quilómetros dos alicientes de Monforte de Lemos, este hotel de nova planta, edificado todo en pedra de cantería e illado en plena natureza, non só conta cun centenar de cuartos de moi bo gusto e dun campo de golf de dezaoito ocos, senón tamén cun balneario á última distribuído en dous andares ao longo e largo de 2000 m2. Decorado en relaxantes tons malva e verde menta, na súa planta baixa aparece unha gran piscina dinámica, con ata oito colos de cisne a distinta presión cos que masaxear as cervicais, tres fervenzas e catro camas de auga, dende a que saír nadando ao exterior franqueando a inmensa cristaleira que a enmarca e que o inunda todo de luz natural e de vistas a unhas paisaxes saturadas de verdor. Tanto esta piscina como os demais servizos do seu chamado circuíto acuático son de libre acceso para os hóspedes do hotel, que tamén poden aliñar a escapada termal cos tratamentos do balneario e, por suposto, cunha visita ás bodegas da Ribeira Sacra, unha ruta en catamarán polos canóns do Sil e infinidade de rutas sendeiristas ou culturais polos arredores.

9


94

Nº cuartos:

SERVIZOS Admite tarxetas de crédito | Aire acond. nos cuartos Aire acondicionado | Alugamento de bicicletas | Alugamento equipos audiovisuais | Antena parabólica | Ascensor | Ascensor acces. entre plantas | Bar-cafetería | Caixa forte individual | Calefacción central | Calefacción individual | Cambio de moeda | Discoteca | Edificio histórico Garaxe de pagamento | Ximnasio | Golf | Cuartos con salón-suites | Internet nos cuartos | Jacuzzi | Xardín terraza | Minibar | Páxina web | Piscina | Piscina climatizada | Restaurante accesible | Sala de reunións | Salón de convencións | Sauna | Secador de pelo nos cuartos Servizo de fax | Servizo médico | Sitio pintoresco | Spa Teléfono nos cuartos | Tenis | Tendas | TV nos cuartos

CARACTERÍSTICAS DAS AUGAS Carbogasosas, bicarbonatadocálcicas e ferruxinosas, que emerxen entre 18 e 23 ºC.

INDICACIÓNS Afeccións metabólicas, do aparello locomotor, respiratorio, sistema nervioso e cardiovascular.

EQUIPAMENTO E TÉCNICAS piscina interior e exterior, baños termais, bañeiras de hidromasaxe, chorros, ducha circular, aerosois, nebulizadores, pulverizadores, paralama, envolvementos en lamas ou algas, masaxes, auga en bebida, sauna finlandesa, baños de vapor, ximnasio, raios UVA, salas de relaxación con cromoterapia e musicoterapia, cabinas de estética e sauna celta; todo isto dispoñible tanto para hóspedes do hotel como para clientes do exterior. Tamén aberto aos clientes da rúa, o complexo termolúdico Palacio da Auga, con saunas e varias piscinas activas.

PROGRAMAS Antiestrés, Descanso, Beleza, Adelgazamento, Termal e Beleza, Respiratorio antitabaco, Reumatolóxico, Circuíto Celta, combinados hotel+balneario+golf e diversos programas de estética facial e corporal.

ESPECIAL PARA NENOS Club termal infantil e zona especial para nenos no Palacio da Auga, piscina infantil con xogos e monitores, zona de animación as fins de semana e no verán e profesores para nenos e clases de iniciación no Club de Golf do balneario.

O MÁIS: O CIRCUÍTO CELTA, CUNHA PISCINA TERMAL DE INSPIRACIÓN XAPONESA NA QUE BAÑARSE EN GRUPO AO AIRE LIBRE TRAS PASAR POLA DUCHA PEELING, O CHORRO E A SAUNA. 10


Balneario Mondariz de Mondariz Balneario UNHA VILA TERMAL DE RAIZAME QUE CONXUGA Á PERFECCIÓN SAÚDE, BENESTAR E DIVERSIÓN

BALNEARIO DE MONDARIZ H¨¨¨¨ Avenida Enrique Peinador, s/n 36890 Mondariz-Balneario, Pontevedra Tel: 986 656 156. Fax: 986 656 186 info@balneariodemondariz.com www.balneariodemondariz.com

Entre finais do século XIX e comezos do XX, esta vila termal chegou a protagonizar tal vida social e cultural que ata contaba cunha pequena imprenta na que se editaba o semanario La temporada de Mondariz. Dende Emilia Pardo Bazán a Isaac Peral, Primo de Rivera ou Rockefeller deixáronse coidar neste balneario do val do Tea, rodeado pola tranquilidade infinita que mana da minúscula vila que lle dá nome. Tanto a súa zona termal como o seu hotel, repartido en varios edificios de Antonio Palacios e Genaro de la Fuente, en cuxa rehabilitación se combinou con talento a luz, a pedra e a madeira, non deixan de incorporar novos servizos ano tras ano. O máis recente, inaugurado en abril de 2005, é o complexo termolúdico Palacio da Auga, con 3000 metros cadrados nos que gozar de varias piscinas, ademais de varias saunas a distintas temperaturas e humidades, así como doutra piscina con espazo de xogos só para nenos. Noutra zona máis tranquila queda o balneario á carta, que, amais de infinidade de terapias e programas personalizados, conta cun singular Circuíto Celta e, nos arredores, cun campo de golf de dezaoito ocos e moitas propostas deportivas como sendeirismo, ráfting, equitación ou mountain-bike. Nas vacacións e fins de semana funciona unha gardería con actividades para nenos e, para adultos, organízanse en ocasións concertos, rutas, catas de viño, queimadas e ata charlas sobre nutrición ou sobre a historia deste balneario de raizame.

11


CARACTERÍSTICAS DAS AUGAS Sulfurado sódicas, con varios mananciais que emerxen entre 27 e 60 ºC.

INDICACIÓNS Procesos artrósicos, respiratorios e dermatolóxicos.

EQUIPAMENTO E TÉCNICAS Acquaform (piscinas termais, tanto exteriores como interiores, con zona contracorrente, jets de masaxe nas costas e nos pés, fervenza, colos de cisne, camas de masaxe, jacuzzi, etc.) e Vital Club (sauna finlandesa/estufa seca, jacuzzi, estufas de vapor con cadeiras térmicas, cabina de xeo e sala de repouso), ademais de baños termais, bañeiras de hidromasaxe, ducha circular e ducha Vichy, masaxes, inhalacións, pulverizacións e aerosois, paralama e envolvementos en algas, lodos e barros do Mar Morto, ximnasio e zona de fisioterapia. Todo isto dispoñible tanto para hóspedes dos dous hoteis como para clientes externos.

PROGRAMAS Antiestrés, Adelgazamento, Cura antitabaco, Posta en forma, Novas mamás, Reumatolóxico, Pernas cansas, Dorsolumbalxias, Respiratorio, Hidratación corporal, circuítos Termarium e Senda Natural, Coñeza o balneario, Pel, Anticelulítico, Redutor, Evasión, Reafirmante, Relax e beleza e diversos programas de estética facial e corporal.

ESPECIAL PARA NENOS Berces gratis e menús infantís baixo petición, zona de xogos, sala infantil no balneario e prezos especiais para o acceso á súa zona lúdica.

O MÁIS: OS CIRCUÍTOS DA SENDA NATURAL, INSPIRADOS NA TRADICIÓN ORIENTAL E PARA REALIZAR EN PARELLA, CON BAÑOS DE AROMATERAPIA Á LUZ DAS VELAS, ACEITES ESENCIAIS, MASAXES E MÚSICA RELAXANTE. 12


Termas Cuntis Termas dedeCuntis

UNHA VILA TERMAL CUN AMPLO E MODERNO BALNEARIO E DOUS HOTEIS CON MOITO ENCANTO

A vila de Cuntis é unha das que maior tradición termal atesoura en toda Galicia. Non obstante, o seu antigo balneario foi substituído no ano 2000 por outro de nova planta, cun deseño de vangarda en que a luz se apropia de cada recuncho e con 2600 m_ de instalacións, ás que catro anos despois se lles engadiu unha piscina exterior. Así, o actual balneario ofrece, ademais da zona terapéutica, un espazo máis lúdico denominado Acquaform, dende onde se accede ás piscinas termais, tanto exterior coma interior, con jets e camas de masaxe, circuíto contracorrente, fervenza, jacuzzi ou colos de cisne, así coma ao Vital Club, con sauna finlandesa, estufas de vapor, cabina de xeo, ximnasio ou sala de repouso. Ao complexo súmanse os seus dous hoteis de catro estrelas: Castro do Balneario e o inaugurado hai pouco, hotel La Virgen.

13


Termas de Termas deCuntis Cuntis

UN COQUETO HOTEL CON TODO O ENCANTO DOS PAZOS GALEGOS CASTRO DO BALNEARIO H¨¨¨¨ Rúa do Balneario, 5. 36670 Cuntis, Pontevedra Tel: 986 532 525 y 986 532 535. Fax: 986 532 151 castro@termascuntis-sl.es

Da mesma propiedade que o balneario e que o reinaugurado hai pouco, hotel La Virgen, levántase xunto a ambos a xoia da coroa: o pazo no que outrora viviu o propietario do complexo e que no 2002 abriu como un delicioso hotel con encanto, envolto por sosegados xardíns á beira do río Gallo, callados de hortensias e árbores centenarias.

O MÁIS: O PERSOALÍSIMO ESTILO DE CADA CUARTO E AS HORAS DE LECTURA NA TERRAZA QUE ABEIRAN AS TUPIDAS PÓLAS DO OLMUS PÉNDULA DO XARDÍN.

Nº cuartos: 14

18

SERVIZOS Admite tarxetas de crédito | Antena parabólica | Ascensor | Ascensor acces. entre plantas | Caixa Forte individual | Calefacción central | Ximnasio | Cuartos con salón-suites Internet nos cuartos| Xardín terraza | Minibar | Páxina web | Piscina | Piscina climatizada | Restaurante accesible | Salón de convencións | Sauna | Secador de pelo nos cuartos | Servizo médico | Sitio céntrico | Teléfono nos cuartos| TV nos cuartos


Termas Cuntis Termas dedeCuntis

UN HOTEL DE TRADICIÓN REINAUGURADO TRAS A SÚA TOTAL REMODELACIÓN LA VIRGEN H¨¨¨(Pendente¨¨¨¨) Rúa do Balneario, 1. 36670 Cuntis, Pontevedra Tel: 986 532 525 termas@termascuntis-sl.es www.termascuntis-sl.es

Reinaugurado en setembro de 2006, este hotel de raizame que se comunica co balneario, estrea unha cuarta estrela grazas á reforma integral que sufriron todas e cada unha das súas dependencias, contidas nun edificio de gran valor que responde á estética dos pazos e cuxos bosquexos orixinais foron proxectados en 1945 polo famoso arquitecto galego Antonio Palacios.

O MÁIS: A ACERTADA REMODELACIÓN DUN EDIFICIO CON ESTIRPE E A PAZ QUE EXHALAN OS XARDÍNS AO PÉ DO RÍO QUE O CERCAN. SERVIZOS Admite tarxetas de crédito | Ascensor | Ascensor acces. entre plantas | Bar-cafetería | Calefacción central | Edificio histórico | Ximnasio | Cuartos con salón-suites | Jacuzzi Xardín terraza | Páxina web | Piscina | Piscina climatizada | Restaurante accesible | Salón de convencións | Sauna | Servizo médico | Sitio céntrico | Sitio pintoresco Teléfono nos cuartos | TV nos cuartos

Nº cuartos:

84 15


80

Nº cuartos:

SERVIZOS Acceso discapacitados | Admite tarxetas de crédito | Aire Acond. nos cuartos | Aire acondicionado | Alugamento de bicicletas | Antena parabólica | Ascensor | Ascensor acces. entre plantas | Bar-cafetería | Caixa Forte individual | Calefacción central | Calefacción individual | Edificio histórico Ximnasio | Cuartos especialmente adaptados | Cuartos con salón-suites | Internet | Internet nos cuartos | Jacuzzi Xardín terraza | Minibar | Minigolf | Pádel | Aparcadoiro de superficie | Piscina infantil | Restaurante accesible Sala de Reunións | Salón de convencións | Sauna | Secador pelo nos cuartos | Servizo de fax | Servizo médico Sitio pintoresco | Spa | Teléfono nos cuartos | Tenis | TV nos cuartos | Vídeo DVD nos cuartos | WC accesible

CARACTERÍSTICAS DAS AUGAS Sulfuradas, fluoradas sódicas e radioactivas, que emerxen a 15º.

INDICACIÓNS Afeccións hepáticas, do aparello dixestivo, dermatolóxicas e reumatolóxicas.

EQUIPAMENTO E TÉCNICAS Piscina termal cuberta con chorros subacuáticos, géyser, circuíto contracorrente, camas de burbullas, jacuzzi e colos de cisne; solarium interior e exterior, auga en bebida, masaxes, envolvementos en algas e lodos, ducha Vichy, inhalacións, chorro, sala de fisioterapia, cabinas de estética e raios UVA, ximnasio, sala de aerobic, club termal infantil con piscina, área de recreo e vixilancia; circuíto termal con saunas húmidas e secas, sala de pulverización con aromaterapia, sala de xeada, piscinas de contraste frío/calor, sala de hidratación, masaxe e relaxación e cabinas de estética; todo isto dispoñible tanto para hóspedes do hotel como para clientes externos.

PROGRAMAS Benestar, Benestar e beleza, Relaxante e descontracturante, Antiestrés, Redutor e anticelulítico, Rexuvenecemento e beleza, Benestar en familia, Gran Relax, Adelgazamento, Bebé & mamá, Reumatolóxico, Hepático-dixestivo, Adelgazamento e relax, Antitabaco, Circuíto Termal, diversos tratamentos de estética corporal e facial e combinados hotel+balneario+golf.

O MÁIS: O CLUB TERMAL INFANTIL, QUE LLES PERMITE DIVERTIRSE AOS MÁIS PEQUENOS SEN ALTERAR O REPOUSO DOS ADULTOS. 16


Balneariode de Guitiriz Guitiriz Balneario

UNHA REHABILITACIÓN DE VANGARDA PARA UN DOS BALNEARIOS DE MAIOR TRADICIÓN DE GALICIA

HESPERIA BALNEARIO DE GUITIRIZ H¨¨¨¨ Carretera del Balneario s/n. 27300 Guitiriz, Lugo Tel: 982 022 200. Fax: 982 022 210 reservas@hesperia-balneariodeguitiriz.com www.hoteles-hesperia.es

Este balneario de tradición centenaria abriu por todo o alto no verán do 2003. Mentres o hotel, que se engalanou cunha exquisita reforma de deseño, ocupa un edificio de principios do XX, o balneario, conectado a este por unha pasarela e inundado de luz natural, é totalmente de nova construción. Nos seus 4000 m2 de instalacións pode gozarse do último en balneoterapia: dende un ecobar xunto á piscina no que tomar a cura hidropínica de auga mineromedicinal, ou calquera tipo de infusión relaxante ou revitalizante, a infinidade de programas cos que acariñar ao tempo o corpo e o espírito, e mesmo un Club Termal Infantil con piscina, tobogán, colchonetas ou jet de auga mineromedicinal exclusivamente para os máis pequenos, vixiado polo socorrista e vixiable tamén polos pais a través dunha cristaleira que dá á piscina de adultos. Un campo de golf de 9 buratos e un bosque privado de 30 hectáreas cheo de carreiros rodea o establecemento, que ofrece vistas marabillosas, tanto dende os cuartos como, incluso, dende as bañeiras de hidromasaxe do balneario, que contan todas cunha xanela que mira cara aos xardíns.

17


104

Nº cuartos:

SERVIZOS Acceso discapacitados | Admite tarxetas de crédito | Aire Acond. nos cuartos | Antena parabólica | Ascensor | Ascensor acces. entre plantas | Bar-cafetería | Caixa Forte individual | Calefacción central | Calefacción individual Cambio de moeda | Garaxe gratuíto | Ximnasio | Cuartos con salón-suites | Internet | Jacuzzi | Xardín terraza Minibar | Páxina web | Aparcadoiro de superficie | Aparcadoiro praza discapacitados| Piscina | Piscina accesible Piscina climatizada | Piscina climatizada accesible | Restaurante accesible | Salón de convencións | Sauna | Secador pelo nos cuartos | Servizo médico | Sitio pintoresco Teléfono nos cuartos | Tenis | TV nos cuartos | WC accesible

CARACTERÍSTICAS DAS AUGAS Cloruradosódicas, radioactivas, bromuradas, ferruxinosas, fluoradas e litínicas, que emerxen a 20 e 60º.

INDICACIÓNS Afeccións dermatolóxicas, respiratorias, otorrinolaringolóxicas, reumáticas, circulatorias, nerviosas, de risco cardiovascular e rehabilitacións.

EQUIPAMENTO E TÉCNICAS Piscina cuberta de auga de mar con chorros subacuáticos, circuíto contracorrente, camas de burbullas, jacuzzis e colos de cisne, e piscina exterior igualmente de auga mariña con chorros e jacuzzis; departamento Médico, ATS, clínicas de fisioterapia, rehabilitación e de doenzas musculares; baño termal, chorro, bañeiras de hidromasaxe, baños de esencias, envolvementos en barros e algas, paralama, inhalacións, aerosois e pulverizacións, maniluvios e pediluvios, ducha circular, masaxes e masaxes baixo auga, drenaxe linfática, reflexoloxía podal, ximnasio, electroterapia, ultratone ou ximnasia pasiva, presoterapia, salas de relaxación e cabinas de beleza; todo dispoñible tanto para hóspedes do hotel como para clientes externos.

PROGRAMAS Termal descontracturante, Talaso Termal, Beleza Illa da Toxa, Termal Relaxante, Drenante, Coida a túa Liña, Beleza Sales da Toxa, Escapada Relaxación Illa da Toxa, Descontracturante Mineromedicinal, Benestar A Toxa, Renovador, Respiratorio, Reumatolóxico e Dermatolóxico.

O MÁIS: AS INSTALACIÓNS DE VANGARDA DO CLUB TERMAL, CON 4.000 M2 E AS VISTAS MÁIS FABULOSAS Á RÍA DE AROUSA. 18


Balneario Toxa Balneario illaIlla dadaToxa UNHA DAS MÁIS COMPLETAS E MODERNAS INSTALACIÓNS TERMAIS DE GALICIA

HESPERIA ISLA DE LA TOJA H¨¨¨¨ Illa da Toxa. 36991 O Grove, Pontevedra Tel: 986 730 050. Fax: 986 730 101. hotel@hesperia-isladelatoja.com. www.hoteles-hesperia.es

Inaugurado no 2001, este hotel amosa unha liña minimalista de gusto exquisito. Conectada á zona hoteleira aparece a súa zona termal, tamén de vangarda e con 4000 m2, dedicados por unha banda ao balneario terapéutico e, por outra, á vertente máis lúdica da auga, servizos estes aos que se lles engadiu nos primeiros meses de 2006 unha piscina infantil dentro do Club Termal. Este, presidido por unha gran piscina de auga de mar, quentada a 33 ºC, atesoura unha inmensa cristaleira que deixa ver as vistas máis sublimes da ría de Arousa. Pero esta piscina, con fervenzas e chorros subacuáticos que masaxean cada centímetro do corpo, é só o relaxante último paso dun circuíto precedido de saunas e baños de vapor aromatizado e intercalado con xeada para provocar un choque térmico que reactiva a circulación, ou cuns instantes de repouso sobre os mármores cálidos nos que relaxar os músculos ou aliviar dores de costas. Golf, tenis, pádel e actividades náuticas completan a súa oferta.

19


85

Nº cuartos:

SERVIZOS Acceso discapacitados | Admite tarxetas de crédito | Aire Acond. nos cuartos | Antena parabólica | Ascensor | Ascensor acces. entre plantas | Bar-cafetería accesible | Caixa Forte individual | Calefacción central | Calefacción individual Garaxe | Ximnasio | Internet | Jacuzzi | Xardín terraza | Minibar | Páxina web | Aparcadoiro de superficie | Perruquería Piscina | Piscina accesible | Piscina climatizada | Restaurante accesible | Salón de convencións | Sauna | Secador pelo nos cuartos | Servizo médico | Sitio pintoresco | Teléfono nos cuartos | Tendas | TV nos cuartos | WC accesible

CARACTERÍSTICAS DAS AUGAS Bicarbonatadas sódicas, oligometálicas, fluoradas e hipertermais, que emerxen a 77º.

INDICACIÓNS Estrés, procesos dermatolóxicos, respiratorios, reumatolóxicos, do aparello locomotor e tratamento vía oral de procesos dixestivos e renais.

EQUIPAMENTO E TÉCNICAS Baños de vapor, sauna, piscinas termais interiores e exterior con chorros subacuáticos e colos de cisne, ducha circular e ducha escocesa, circuíto Termarium con bañeiras de hidromasaxe, jacuzzi, duchas Vichy e filiforme, maniluvio-pediluvio, cadeiras térmicas, piscinas de contraste, termas húmidas e secas, duchas de orballo aromático e zonas de relaxación con cromoterapia; chorros, paralama, envolvementos de algas e lodos, masaxes e masaxes baixo ducha, ximnasio convencional e ximnasio de rehabilitación con fisioterapeutas, electroterapia e tratamentos de estética corporais e faciais, realizados con produtos da súa propia liña de cosmética termal «De Balneis», elaborada con auga mineromedicinal e compoñentes biolóxicos. Todo isto dispoñible tanto para hóspedes do hotel como clientes do exterior.

PROGRAMAS Antiestrés, Relax e Beleza, Forfait Relax e Semana «De Balneis», así como programas terapéuticos personalizados, programas para familias e para grupos de séniors, distintos tratamentos de 1 día de relaxación e estética facial e corporal, ou a posibilidade de ampliar os programas cunha estadía «lúdica» extra. Ademais, Caldaria oferta ao longo do ano programas especiais, coma as escapadas de Outono e Inverno, ou os paquetes Primavera Caldaria, Vacacións Caldaria, Bono Saúde, Relax Termal, etc.

ESPECIAL PARA NENOS Un programa Especial Familia, menú infantil e servizo de animación nas horas en que os nenos non poden acceder ao balneario (talleres, teatro, pintura, papiroflexia, etc).

O MÁIS: A SÚA LOCALIZACIÓN NO PARQUE NATURAL, CON INFINIDADE DE RUTAS PARA OS APAIXONADOS DA ECOLOXÍA E, PARA REPOÑER FORZAS, AS ESPECIALIDADES EXÓTICAS DO SEU RESTAURANTE. 20


Balneariode deLobios Lobios Balneario

MODERNAS INSTALACIÓNS TERMAIS DENTRO DUN ESPECTACULAR PARQUE NATURAL LOBIOS CALDARIA H¨¨¨¨ Riocaldo s/n. 32870 Lobios, Ourense Tel: 988 01 00 50. Fax: 988 01 00 55 reservas@caldaria.es www.caldaria.es

Este balneario de decoración minimalista abriu as súas portas en xuño de 2002 no lugar de Río Caldo, enmarcado por unha das áreas de maior valor ecolóxico de Galicia: o Parque Natural Baixa Limia-Serra do Xurés. Como testemuñan os xacementos próximos ao campamento de Porto Quintela (Bande), as augas da zona xa foron utilizadas polos romanos e, inspirado nas técnicas que eles empregaban, destaca como produto estrela da casa o circuíto Termarium, a perdición de todo hedonista que de tal se gabe. A súa situación dentro do Parque Natural permite realizar fantásticas camiñadas por infinidade de rutas, e a súa proximidade á fronteira con Portugal, a apenas seis quilómetros, regala alicientes como facer unha escapada ao país veciño, así como a Celanova ou Santa Comba de Bande. E para os nenos, as actividades con monitores que se organizan todas as fins de semana e nas épocas de maior ocupación.

21


50

Nº cuartos:

SERVIZOS Acceso discapacitados | Admite tarxetas de crédito | Aire Acond. nos cuartos | Alugamento de bicicletas | Ascensor | Ascensor acces. entre plantas | Bar-cafetería | Caixa Forte individual | Calefacción central | Calefacción individual | Garaxe | Ximnasio | Cuartos con salón-suites Xardín terraza | Minibar | Páxina web | Aparcadoiro de superficie | Perruquería | Piscina | Piscina accesible Piscina climatizada | Recepción | Restaurante accesible | Salón de convencións | Sauna | Secador pelo nos cuartos | Servizo médico | Sitio pintoresco | Teléfono nos cuartos | Tenis | Tendas | TV nos cuartos | WC accesible

CARACTERÍSTICAS DAS AUGAS Sulfuradas, bicarbonatadas sódicas e fluoradas e hipotermais, que emerxen a 22º.

INDICACIÓNS Estrés, afeccións dermatolóxicas e respiratorias, reumatismos, procesos poscirúrxicos e postraumáticos e alteracións menstruais.

EQUIPAMENTO E TÉCNICAS Baños de vapor, sauna, piscinas termais interiores e exterior con chorros subacuáticos e colos de cisne, ducha circular e ducha escocesa, circuíto Termarium con bañeiras de hidromasaxe, jacuzzi, duchas Vichy e filiforme, maniluvio-pediluvio, cadeiras térmicas, piscinas de contraste, termas húmidas e secas, duchas de orballo aromático e zonas de relaxación con cromoterapia; chorros, paralama, envolvementos de algas e lodos, masaxes e masaxes baixo ducha, ximnasio convencional e ximnasio de rehabilitación con fisioterapeutas, electroterapia e tratamentos de estética corporais e faciais, realizados con produtos da súa propia liña de cosmética termal «De Balneis», elaborada con auga mineromedicinal e compoñentes biolóxicos. Todo isto dispoñible tanto para hóspedes do hotel como clientes do exterior.

PROGRAMAS Antiestrés, Relax e Beleza, Forfait Relax e Semana «De Balneis», así como programas terapéuticos personalizados, programas para familias e para grupos de séniors, distintos tratamentos de 1 día de relaxación e estética facial e corporal, ou a posibilidade de ampliar os programas cunha estadía «lúdica» extra. Ademais, Caldaria oferta ao longo do ano programas especiais, coma as escapadas de Outono e Inverno, ou os paquetes Primavera Caldaria, Vacacións Caldaria, Bono Saúde, Relax Termal, etc.

ESPECIAL PARA NENOS Un programa Especial Familia, menú infantil e servizo de animación nas horas en que os nenos non poden acceder ao balneario (talleres, teatro, pintura, papiroflexia, etc).

O MÁIS: A ABADÍA, UN ANTIGO PRIORADO PRÓXIMO AO BALNEARIO QUE ESTE PON A DISPOSICIÓN DOS HÓSPEDES QUE QUEIRAN GOZAR DOS SEUS SERVIZOS TERMAIS MENTRES SE ALOXAN NESTA PEQUENA XOIA CON SÓ 16 CUARTOS, CADA UN MÁIS APETECIBLE CA O OUTRO. 22


Balneariode deArnoia Arnoia Balneario

NUNHA CONTORNA SOSEGADA ENTRE OS VIÑEDOS DAS BEIRAS DO MIÑO ARNOIA CALDARIA H¨¨¨ R/Vila Termal, 1. 32417 Arnoia, Ourense Tel: 988 492 400. Fax: 988 492 422 reservas@caldaria.es www.caldaria.es

Entre montes, viñedos e carballeiras, e á carreiriña dun can da xudería de Ribadavia, en Arnoia destaca, sobre todo, a súa gran piscina exterior, unha atalaia que se levanta sobre esta agreste revolta da comarca do Ribeiro e que se complementa coas piscinas interiores do balneario, termais e con chorros subacuáticos que masaxean todo o corpo, así coma con outros praceres entre os que figura o seu circuíto Termarium. O balneario, inaugurado en 1995, foi sufrindo dende entón pequenas reformas, tanto na súa zona termal coma na súa parte hoteleira; a última, terminada en febreiro de 2006. Arnoia foi un dos pioneiros en combinar o aspecto terapéutico tradicional dos balnearios coa súa máis recente vocación lúdica. Así, mentres a súa contorna ofrece relaxantes paseos para quen busca acougo, os que queren algo máis de actividade poden practicar alí mesmo tenis, baloncesto, fútbol sala, rutas en bicicleta ou actividades náuticas no Miño e no Arnoia, entre as que destacan os paseos en catamarán. E, cando o tempo acompaña, tamén se poden tomar unhas copas á beira do río no pavillón xunto ao embarcadoiro. Ata os nenos teñen o seu parque infantil, e ás horas nas que non poden entrar no balneario, contan nas épocas de maior afluencia con actividades especiais con monitores para que os seus pais se poidan relaxar. Todos os servizos do balneario están tamén a disposición dos hóspedes da Abadía de Arnoia, un antigo priorado reconvertido nun delicioso hoteliño con encanto situado á volta da esquina do balneario e pertencente á mesma propiedade.

23


Nº cuartos:

59

SERVIZOS Acceso discapacitados | Actividades de lecer/animación Admite tarxetas de crédito | Aire Acond. nos cuartos | Aire acondicionado | Alugamento equipos audiovisuais | Antena parabólica | Área de xogos para nenos | Ascensor | Ascensor acces. entre plantas | Bar-cafetería | Caixa Forte individual Calefacción central | Calefacción individual | Cambio de moeda | Espazo reservado fumadores | Garaxe gratuíto Ximnasio | Cuartos especialmente adaptados | Cuartos familiares | Internet | Internet nos cuartos | Jacuzzi | Xardín terraza | Páxina web | Aparcadoiro de superficie | Aparcadoiro praza discapacitados | Piscina climatizada | Piscina infantil | Restaurante accesible | Sala de Reunións | Salón de convencións | Sauna | Secador pelo nos cuartos | Servizo de canguro | Servizo de fax | Servizo médico | Sitio pintoresco Spa | Teléfono nos cuartos | TV nos cuartos | WC accesible

CARACTERÍSTICAS DAS AUGAS Sulfatadas, bicarbonatado-sódicas, silicatadas e fluoradas.

INDICACIÓNS Problemas psicolóxicos como estrés, ansiedade ou depresión e do sistema nervioso; trastornos metabólicos, como obesidade e factores de risco cardiovascular; reumatismos crónicos; enfermidades respiratorias crónicas, como asma ou bronquiectasias, enfermidades da pel e do aparello dixestivo.

EQUIPAMENTO E TÉCNICAS Baños mineromedicinais con bañeiras Niágara e Xamaica, chorros, inhalacións, ducha Vichy, piscina de rehabilitación, envolvementos de algas e lodos, masaxes, presoterapia, ultratone e fisioterapia, así coma numerosos tratamentos de estética facial e corporal.

PROGRAMAS Descontracturante, Relaxante, Antiestrés, Redutor & Anticelulítico, Rexuvenecemento & Beleza e Día Gran Relax Compostela, así como o circuíto Club Termal, con dúas piscinas activas de auga mineromedicinal, distintos tipos de saunas e duchas e zona de relaxación con mármores quentes, así coma distintos tipos de masaxes e tratamentos de estética facial e corporal.

ESPECIAL PARA NENOS Unha sala lúdica no ximnasio na que poden xogar mentres os seus pais fan deporte, e algúns cuartos concibidos para familias con nenos.

O MÁIS: AS SÚAS VELADAS TERMAIS, QUE COMBINAN UNHA SESIÓN NO CLUB TERMAL DO BALNEARIO CUN MENÚ DEGUSTACIÓN NO RESTAURANTE DO HOTEL A UN PREZO TENTADOR. 24


Balneario Compostela Balneario dede Compostela UN ESTABLECEMENTO DE NOVA PLANTA A TIRO DE PEDRA DO CENTRO DE SANTIAGO

BALNEARIO DE COMPOSTELA H¨¨¨ Estrada Santiago-Noia, km 8. Os Ánxeles 15280 Brión, A Coruña Tel: 981 559 000. Fax: 981 884 817 hotel@hbcompostela.com www.hbcompostela.com

Aínda que a súa elegante decoración, a tecnoloxía implantada tanto nos seus cuartos coma na súa área termal, e ata o seu cheiro a novo insistan en recordarnos que este hotel-balneario, situado nunha área residencial de Santiago, abriu as súas portas a finais do 2004, o certo é que as xentes da zona aínda se refiren a el coma a Burga do Tremo, custodia do histórico manancial de Nosa Señora dos Ánxeles ao que aínda acoden hoxe moitos a encher algunha garrafa. Do vello balneario apenas queda un carballo centenario no xardín do hotel, as vellas casas de pedra nas que antano se aloxaban os auguistas, e que aínda se poden ver nos seus arredores e, por suposto, as súas augas fortemente mineralizadas; porque todo o demais neste establecemento, levantado xunto á estrada que liga Santiago con Noia, é rotundamente novo. E aínda que iso xa se intúe así que se pon un pé na súa ampla recepción, faise máis evidente ao acceder aos seus 2000 m2 de impecables instalacións termais, repartidas por dúas plantas e divididas na Zona de Tratamentos e o Club Termal, inundado de luz natural e cun toque de deseño. A estes servizos, que combinan o aspecto lúdico co máis terapéutico do termalismo, súmase un completísimo ximnasio cunha morea de clases con monitor, e mesmo gratuítas, para os hóspedes. Todo iso fai deste balneario unha opción moi a ter en conta por quen soñe con gozar duns días nos que coidarse ou poñerse en forma sen renunciar aos alicientes culturais e de lecer que brinda unha cidade coma Santiago, a dez minutos en coche.

25


Nº cuartos:

11

SERVIZOS Acceso discapacitados | Admite tarxetas de crédito | Aire Acond. nos cuartos | Aire acondicionado | Alugamento de bicicletas | Ascensor | Ascensor acces. entre plantas Bar-cafetería | Caixa Forte individual | Calefacción central Calefacción individual | Ximnasio | Cuartos especialmente adaptados | Jacuzzi | Xardín terraza | Aparcadoiro de superficie | Piscina accesible | Piscina climatizada | Restaurante accesible | Sauna | Servizo de fax | Servizo médico | Sitio pintoresco | Spa | Teléfono nos cuartos | TV nos cuartos

CARACTERÍSTICAS DAS AUGAS Sulfuradas fluoradas, que emerxen a 16 ºC.

INDICACIÓNS Estrés e afeccións dermatolóxicas, reumáticas e respiratorias.

EQUIPAMENTO E TÉCNICAS Piscina termal cuberta con chorros subacuáticos e camas de burbullas, zona de relaxación, sauna seca e húmida, jacuzzi e poza de contraste, baños termais, bañeiras de burbullas, chorros, ducha circular, masaxes e drenaxe linfática ou presoterapia, envolvementos en algas e lodos, inhalacións, shiatsu e tratamentos de estética facial e corporal.

PROGRAMAS Antiestrés, Beleza, Descanso, Termal e Beleza, Pernas Cansas, Reumatolóxico e Respiratorio ou Antitabaco.

ESPECIAL PARA NENOS Parque infantil, horario específico de acceso ás instalacións termais e programa de balneario para nenos (ata 14 anos), con baño de burbullas e masaxe infantil.

O MÁIS: OS SEUS ARREDORES, QUE INVITAN A COMBINAR OS TRATAMENTOS NO BALNEARIO CON SOLITARIOS PASEOS E OUTRAS ACTIVIDADES AO AIRE LIBRE. 26


Balneario RíoPambre Pambre Balneario dede Río

UN HOTEL CON ENCANTO, ILLADO NA NATUREZA, NO QUE COMBINAR OS SEUS TRATAMENTOS COA PAZ MÁIS ABSOLUTA OU OS DEPORTES AO AIRE LIBRE

BALNEARIO DO RÍO PAMBRE H¨¨¨ Lugar de Vilariño. 27203 Palas de Rei, Lugo Tel: 982 153 232. Fax: 982 153 220 info@balnearioriopambre.com www.balnearioriopambre.com

Enmarcado nunha agreste paisaxe á que se chega seguindo unha pista forestal, este establecemento, inaugurado o verán de 2003 e levantado en pedra, madeira e lousa, apenas se afasta uns quilómetros do Camiño de Santiago. A maioría dos seus coquetos cuartos, tanto os do edificio principal como os situados nas dúas pallozas anexas, contan con fiestras que miran cara ao río e ao tupido bosque autóctono que o rodea e, con sorte, ata deixan albiscar ao fondo a bucólica ruína do castelo do Pambre, un dos mellores vestixios da arquitectura medieval militar de toda Galicia. O seu ambiente e o agarimo na súa decoración, acrecentados no inverno de 2006 por un salón con cheminea e pequenos recunchos de lectura en que seguir relaxándose tras unha sesión no balneario, fan que se asemelle a un pazo de turismo rural ou a un hotel con encanto. A todo isto únese ademais a súa apetecible oferta deportiva, con sendeirismo ou bicis, entre outras posibilidades que ofrecen os arredores.

27


64

Nº cuartos:

SERVIZOS Acceso discapacitados | Actividades de lecer/animación Admite tarxetas de crédito | Alugamento de bicicletas Antena parabólica | Ascensor | Ascensor acces. entre plantas Bar-cafetería | Caixa Forte individual | Calefacción central Edificio histórico | Ximnasio | Cuartos especialmente adaptados | Internet | Jacuzzi | Xardín terraza | Páxina web Aparcadoiro de superficie | Piscina climatizada | Sauna Servizo de fax | Servizo médico | Sitio céntrico | Sitio pintoresco | Teléfono nos cuartos | TV nos cuartos | WC accesible

CARACTERÍSTICAS DAS AUGAS Sulfurado-sódicas, bicarbonatadas e hipertermais, que emerxen a 43,8 ºC.

INDICACIÓNS Afeccións reumatolóxicas, respiratorias e dermatolóxicas.

EQUIPAMENTO E TÉCNICAS Baños termais, bañeiras de hidromasaxe e de burbullas, maniluvios e pediluvios, chorros, ducha circular, ducha Vichy, piscina terapéutica con chorros subacuáticos e colo de cisne; duchas nasais, pulverizacións, inhalacións e aerosois termais; auga en bebida, sala de masaxes de distintos tipos, sala de fisioterapia e ximnasio; envolvementos de algas e lodos, paralama, vendas frías, presoterapia, salas de estética e circuíto termal con cadeiras térmicas, jacuzzi, piscina termal, vaporarium e sauna seca con cromo e aromaterapia; todo iso dispoñible tanto para hóspedes do hotel como para clientes externos.

PROGRAMAS Reumatolóxico, Respiratorio básico, Respiratorio antitabaco, Antiestrés, Pernas cansas, Anticelulítico, Circuíto termal e programas de estética facial e corporal.

ESPECIAL PARA NENOS Tratamentos para nenos a partir de 3 anos, descontos no restaurante e berces gratuítos.

O MÁIS: AS VELLAS TERMAS ROMANAS QUE SE PODEN VISITAR NO PROPIO BALNEARIO, UNHA DELAS CASE INTACTA COAS SÚAS BÓVEDAS EN LOUSA. 28


Balneariode deLugo Lugo Balneario

INSTALACIÓNS DO SÉCULO XXI ENTRE AS RUÍNAS DUNHAS TERMAS ROMANAS

BALNEARIO Y TERMAS DE LUGO H¨¨¨ Barrio da Ponte, s/n. 27004 Lugo Tel: 982 22 12 28. Fax: 982 22 16 59. ballugo@arrakis.es www.balneariodelugo.com As augas do seu manancial xa eran utilizadas polos romanos e, como proba, o balneario exhibe as súas antigas termas, declaradas Ben de Interese Cultural e abertas ás visitas, e ata ten previsto escavar no exterior unha vella piscina romana na que, quizais no futuro, poidan bañarse os termalistas. Unha das súas captacións de auga é tamén a que utilizaron no seu día os romanos, e mesmo a antiga palestra na que estes realizaban os seus exercicios saíu á luz cando hai anos se efectuaron as obras de ampliación da cafetería. É probable que outros pobos anteriores se servisen tamén dos beneficios das súas augas, pero do que non hai dúbida é de que, ata a data, xeracións e xeracións de lucenses foron forxando ao redor deste balneario unha gran tradición termal. Situado á entrada da cidade, ao longo dun paseo axardinado duns dez quilómetros á beira do Miño, este establecemento alberga a maioría dos cuartos e o chamado balneario terapéutico nun edificio do século XIX totalmente renovado. Nun anexo, outro edificio levantado no 2001 suma outra vintena de cuartos e o moderno balneario lúdico, máis orientado a tratamentos de relax e beleza. E todo iso a dous pasos dos alicientes da cidade de Lugo.

29


98

Nº cuartos:

SERVIZOS Acceso discapacitados | Admite tarxetas de crédito | Aire Acond. nos cuartos | Alugamento de bicicletas | Ascensor Ascensor acces. entre plantas | Bar-cafetería | Caixa Forte individual | Calefacción individual | Garaxe gratuíto | Garaxe prazas discapacitados | Ximnasio | Cuartos con salón-suites Jacuzzi | Xardín terraza | Minibar | Páxina web |Aparcadoiro de superficie |Aparcadoiro praza discapacitados | Perruquería | Piscina accesible | Piscina climatizada | Restaurante accesible | Salón de convencións | Sauna | Secador pelo nos cuartos | Servizo médico | Sitio pintoresco | Teléfono nos cuartos | Tenis | Tendas | TV nos cuartos | WC accesible

CARACTERÍSTICAS DAS AUGAS Bicarbonatadas-sódicas, alcalinas e hipertermais, que emerxen a 51 ºC.

INDICACIÓNS Estrés, procesos poscirúrxicos e postraumáticos, afeccións respiratorias, gástricas e reumatolóxicas.

EQUIPAMENTO E TÉCNICAS Baños de vapor, sauna, piscinas termais interiores e exterior con chorros subacuáticos e colos de cisne, ducha circular e ducha escocesa, circuíto Termarium con bañeiras de hidromasaxe, jacuzzi, duchas Vichy e filiforme, maniluvio-pediluvio, cadeiras térmicas, piscinas de contraste, termas húmidas e secas, duchas de orballo aromático e zonas de relaxación con cromoterapia; chorros, paralama, envolvementos de algas e lodos, masaxes e masaxes baixo ducha, ximnasio convencional e ximnasio de rehabilitación con fisioterapeutas, electroterapia e tratamentos de estética corporais e faciais realizados con produtos da súa propia liña de cosmética termal «De Balneis», elaborada con auga mineromedicinal e compoñentes biolóxicos. Todo isto dispoñible tanto para hóspedes do hotel como clientes do exterior.

PROGRAMAS Antiestrés, Relax e Beleza, Forfait Relax e Semana «De Balneis», así como programas terapéuticos personalizados, programas para familias e para grupos de séniors, distintos tratamentos de 1 día de relaxación e estética facial e corporal, ou a posibilidade de ampliar os programas cunha estancia «lúdica» extra. Ademais, Caldaria oferta ao longo do ano programas especiais, coma as escapadas de Outono e Inverno, ou os paquetes Primavera Caldaria, Vacacións Caldaria, Bono Saúde, Relax Termal, etc.

ESPECIAL PARA NENOS Un programa Especial Familia, menú infantil e servizo de animación nas horas en que os nenos non poden acceder ao balneario (talleres, teatro, pintura, papiroflexia, etc).

O MÁIS: VER COMO DO OUTRO LADO DA CRISTALEIRA VAI CAENDO A NOITE SOBRE OS MONTES MENTRES UN CHORRO DE AUGA A PRESIÓN SE OCUPA DAS CERVICAIS. 30


Balneario Laias Balneario dedeLaias

UNHAS INSTALACIÓNS DE EXCEPCIÓN NUNHA PAISAXE BUCÓLICA XUNTO AO MIÑO LAIAS CALDARIA H¨¨¨ R/Vila Termal, 1. 32459 Laias, Ourense Tel: 988 280 409. Fax: 988 280 484 reservas@caldaria.es www.caldaria.es

Á beira do Miño, na comarca do Ribeiro, este establecemento de deseño inaugurado en abril de 2001 permite, illado como está na parroquia, un total recollemento, aínda que a dous pasos dos alicientes da cidade, xa que se atopa a só quince minutos de Ourense e a menos dunha hora de Vigo. Preto quedan tamén recunchos tan bucólicos como a xudería de Ribadavia ou Pazos de Arenteiro, pero o certo é que, unha vez dentro, apetece pouco saír do seu balneario, amplo e diáfano, presidido por unha inmensa cristaleira que o inunda todo de luz natural e que permite gozar das vistas dos montes e do río mentres se repousa nas súas hamacas. Tamén o balneario invita a sucumbir aos praceres dun circuíto polo seu sofisticado Termarium, ou a mergullarse nas súas piscinas de auga termal a 34 ºC, con chorros subacuáticos que van masaxeando cada centímetro do corpo. Mesmo dende unha delas pode saírse nadando á piscina exterior, perfecta tamén no inverno. Trátase dun balneario idóneo para todo tipo de público, ata para familias con nenos, que poden acceder a determinadas horas ao balneario e, cando este se reserva aos adultos, os máis pequenos poden, nas temporadas de maior afluencia, participar en actividades organizadas por monitores. A estación termal conta tamén cun peirao no río e prevé a curto prazo poñer en marcha actividades náuticas.

31


Balneario Acuña Balneario Acuña

UN BALNEARIO CON SABOR TRADICIONAL ASOMADO AO RÍO UMIA

BALNEARIO ACUÑA H¨¨

Enmarcada xunto ao mostrador de recepción pódese ler unha crónica publicada en 1908 no Faro de Vigo que reza “El exministro Pedro Acuña recuperó la salud en los baños del manantial, que lleva su nombre, y construyó de su peculio en el año 1813 el primer cuerpo de una sólida edificación sobre la cual se levanta hoy el soberbio balneario-hotel”. Era a época na que este establecemento erixido xunto ao río Umia vivía os tempos dourados da balneoterapia; cando antes da guerra a xente ben se daba cita neles verán tras verán. O edificio do hotel, todo de pedra e con grandes salóns panelados en madeira, cos seus espellos e lámpadas e portóns de cristal biselado, recorda o

esplendor daquela época. O balneario, reconstruído en 2001, devólvenos con todo á nosa, aínda que arredor del se conservan algunhas vellas bañeiras de mármore recicladas en testos que lle engaden verdor ao emparrado da entrada. Xunto á piscina termal do Xardín levántanse tamén 16 bungalós moi demandados no verán por familias con nenos. Tras cambiar de propietarios, está prevista a súa reforma integral para 2007: fachadas, cuartos e a planta nobre, así como a ampliación de cuartos e unha nova sala de baños que complete os tratamentos.

CARACTERÍSTICAS DAS AUGAS Cloruradas, fluoradas, silicatadas, bicarbonatadas, sódico-litínicas, azoadas, sulfuradas e radioactivas, que emerxen a 39 ºC.

INDICACIÓNS Reumatismos e afeccións de vías respiratorias e psiconerviosas.

EQUIPAMENTO E TÉCNICAS Piscina termal exterior, baños termais, baños de burbullas, masaxes, chorros,aerosois, inhalacións simples e en chorros de vapor, ducha nasal, ducha escocesa, néboa, vaporizacións e paralama; todo isto dispoñible tanto para hóspedes do hotel como para clientes externos.

PROGRAMAS O médico confecciónaos a medida, en función das características de cada persoa.

ESPECIAL PARA NENOS Piscina infantil e zona de xogos.

O MÁIS: A FACHADA QUE DÁ AO RÍO, LEVANTADA XUSTO Á BEIRA DAS SÚAS AUGAS, COS SEUS MUROS DE PEDRA E AS SÚAS GALERÍAS ACRISTALADAS.

Nº cuartos: 32

21

SERVIZOS Admite tarxetas de crédito | Ascensor | Calefacción central Cuartos con salón-suites | Xardín terraza | Aparcadoiro de superficie | Piscina | Servizo médico | Sitio céntrico | Sitio pintoresco | Teléfono nos cuartos

R/Herrería, 2. 36650 Caldas de Reis, Pontevedra Tel: 986 540 010. Fax: 986 540 055 www.relaistermal.com


Balneario Dávila Balneario Dávila

TESTEMUÑA DA ÉPOCA DOURADA DOS BALNEARIOS

BALNEARIO DÁVILA H¨¨

Este balneario levantado xunto ao río Umia, en pleno casco histórico de Caldas, é un bo exemplo de cómo se pode conservar a tradición sen renunciar á profesionalidade e o bo gusto. Unha estilosa reforma encheuno de cor e aires renovados, sen que o conxunto perda un ápice do seu sabor de outrora. A cheminea, que se segue acendendo no inverno, convida a recollerse para ler ou charlar, namentres do outro lado das cristaleiras do salón asoman as copas do fantástico canaval que, segundo contan, plantou a principios do XX un antepasado dos propietarios que viaxou a Filipinas e ao que probablemente se lle deba o sabor colonial do edificio de 1780. A sexta xeración da mesma familia é a que hoxe se ocupa deste balneario,

erixido sobre un manancial no que probablemente xa se mergullaban os celtas, polo que a vontade de conservar todo o conservable se deixa sentir en cada recuncho: os mobles de época, os espellos, as portas de cristal biselado, as lámpadas e ata algún dos aparellos de inhalacións; todo restaurado e perfectamente operativo. Algunhas das súas peculiaridades son a súa pequena piscina termal, que os clientes deben reservar para bañarse acompañados só con quen un elixa, ou a altísima temperatura á que se traballan as súas augas –48 ºC–, ademais de estar situado no Camiño de Santiago, polo cal lavar os pés nas súas augas ou nas da burga da entrada se converteu nunha tradición entre os peregrinos.

R/Laureano Salgado, 11. 35650 Caldas de Reis, Pontevedra Tel: 986 530 211. Fax: 986 540 012 www.balneariosdegalicia.com

CARACTERÍSTICAS DAS AUGAS Clorurado-sódicas, sulfurosas e nitroxenadas, que emerxen a 48 ºC.

INDICACIÓNS Afeccións respiratorias, reumatolóxicas, dermatolóxicas e tratamentos de relaxación.

EQUIPAMENTO E TÉCNICAS Baños termais, chorros, inhalacións, pulverizacións e ducha nasal, masaxes, piscina terapéutica interior de auga termal, sauna e auga en bebida; todo isto dispoñible tanto para hóspedes do hotel como para clientes externos.

PROGRAMAS Relaxación, Reumatolóxico e Vías aéreas.

ESPECIAL PARA NENOS Xardín para xogar e actividades ao aire libre con monitor en determinadas datas.

O MÁIS: UN PASEO NOCTURNO ENTRE O ROMÁNTICO CANAVAL DO XARDÍN, BAUTIZADO POR ÁLVARO CUNQUEIRO COMO A CATEDRAL DE BAMBÚ. SERVIZOS Admite tarxetas de crédito | Ascensor | Ascensor acces. entre plantas | Bar-cafetería | Calefacción central | Edificio histórico | Ximnasio | Jacuzzi | Xardín terraza | Minibar | Piscina climatizada | Servizo médico | Sitio céntrico | Sitio pintoresco TV nos cuartos

Nº cuartos:

27 33


Balneario dede Carballo Balneario Carballo

UNHAS INSTALACIÓNS TOTALMENTE RENOVADAS NUN AMBIENTE URBANO

BALNEARIO DE CARBALLO H¨¨

Xa os romanos e os árabes se servían das augas do manancial deste que hoxe é balneario. Quizais por este uso que lle vén de antigo cabería imaxinar un establecemento con maior tradición. Con todo, o edificio, que alberga tanto o hotel coma o balneario situado na súa planta baixa, apenas suma unha década. A súa zona termal, ademais, foi completamente renovada a principios de 2005, incorporando as máis modernas instalacións nun espazo que combina mármore, acei-

ro e cristal. O resultado é, en consecuencia, un establecemento moi novo levantado sobre o terreo que ocupaba a antiga casa de baños en pleno centro de Carballo, a capital da comarca de Bergantiños, a oito quilómetros do soberbio areal da praia de Razo, a unha trintena da Coruña e pouco máis de Santiago, e a apenas un paseo en coche doutros alicientes viaxeiros da categoría do Espazo Natural de Verdes ou das vilas da Costa da Morte.

CARACTERÍSTICAS DAS AUGAS Sulfurado-sódicas, que emerxen a de 42 ºC.

INDICACIÓNS Reumatismo, afeccións de vías respiratorias e dermatolóxicas, dos sistemas circulatorio e nervioso, procesos xinecolóxicos e cirúrxicos, afeccións hepáticas, trastornos metabólicos, de vías urinarias e odontoestomatolóxicos.

EQUIPAMENTO E TÉCNICAS Baños termais, baños de burbulla, bañeiras de hidromasaxe, chorros, ducha circular, inhalacións,aerosois, vaporizadores e ducha nasal, piscina termal con chorros subacuáticos e dous colos de cisne, paralama, masaxes, vaporarium e auga en bebida; todo isto dispoñible tanto para hóspedes do hotel como para clientes externos.

PROGRAMAS Antiestrés, Reumatolóxico e Respiratorio.

O MÁIS: O XABÓN DE ALGAS DA COSTA DA MORTE DA SÚA LIÑA DE COSMÉTICA TERMAL.

Nº cuartos: 34

60

SERVIZOS Acceso discapacitados | Admite tarxetas de crédito | Ascensor Ascensor acces. entre plantas | Bar-cafetería | Calefacción individual | Garaxe gratuíto | Jacuzzi | Piscina | Piscina climatizada | Restaurante accesible | Servizo médico | Sitio céntrico | Teléfono nos cuartos | Tendas | TV nos cuartos

R/ Estrella, 10. 15100 Carballo, A Coruña. Tel: 981 70 33 54. Fax: 981 70 34 51. info@balneariodecarballo.com www.balneariodecarballo.com


Balneario de de Baños Balneario Bañosde deMolgas Molgas UN AMBIENTE ACOLLEDOR CO SABOR DE ANTANO

BAÑOS DE MOLGAS H¨

A súa fachada de pedra, restaurada en 2005, queda tan á beira do río Arnoia que non é raro oír saltar xunto a ela as troitas de ata tres quilos que se pescan pola zona e que ata se poden ver dende a nova galería con vistas ao río que nesta mesma data se acondicionou como sala de estar no hotel. É este un balneario familiar no que aos clientes se lles acaba coñecendo polo seu nome e onde á hora da comida ou á cea aínda se toca a campá para que os comensais acudan ao seu comedor, que amosa parte do seu mobiliario dos anos 20. As lexións de Decio Junio Bruto recalaron por Molgas, e seica lle deron o seu nome, do latín «mollicas»; quer dicir, sedantes, que é a principal

característica das súas augas, que son tan abundantes que, ademais de para os tratamentos, se seguen a usar para a auga corrente e a calefacción. Molgas, que viviu ao grande a época dourada dos balnearios, nunca deixou de funcionar dende a súa construción en 1873. E se as súas augas non fosen abondo para recuperar a forma, sempre se pode intentar cun paseo ata o próximo Santuario dos Milagres, que concentra cada setembro unha das romarías máis concorridas de Galicia. Outras excursións apetecibles, a vila monumental de Allariz ou os Canóns do Sil.

R/Samuel González Movilla, 26. 32701 Baños de Molgas, Ourense Tel: 988 430 246. Fax: 988 430 405. balneariomolgas@terra.es www.balneariosdegalicia.com

CARACTERÍSTICAS DAS AUGAS Bicarbonatadas, sódicas, silicatadas, radioactivas e oligometálicas, que emerxen a 49 ºC.

INDICACIÓNS Afeccións respiratorias, dermatolóxicas, de vías urinarias, o sistema nervioso e o aparello locomotor.

EQUIPAMENTO E TÉCNICAS Baños termais totais ou parciais, baños de hidro e aeromasaxe, piscina termal, chorros a presión, chorro subacuático, ducha escocesa, paralama, masaxes, máscaras faciais termais, inhalacións naturais, nebulizadores, aerosois, ducha nasal e cura en bebida; todo isto dispoñible tanto para hóspedes do hotel como para clientes externos.

PROGRAMAS O médico confecciónaos a medida, en función das características de cada persoa.

O MÁIS: UN PASEO Á TARDIÑA POLO VECIÑO PARQUE DE ANSUÍÑA, COAS SÚAS ÁRBORES CENTENARIAS ENTRE AS QUE CONFLÚEN TRES RÍOS. SERVIZOS Acceso discapacitados | Admite tarxetas de crédito | Ascensor | Ascensor acces. entre plantas | Calefacción central | Xardín terraza | Piscina | Piscina climatizada | Restaurante accesible | Salón de convencións | Servizo médico | Sitio céntrico | Sitio pintoresco | Teléfono nos cuartos | TV nos cuartos Nº cuartos:

28 35


Balneario de Tui Balneario de Caldelas Caldelasdede Tui UN BALNEARIO DE VOCACIÓN TERAPÉUTICA NA RIBEIRA DO MIÑO, MOI PRETO DE PORTUGAL

HOTEL BALNEARIO H¨

Este balneario levantado nun tranquilísimo lugar na ribeira do Miño leva moi a gala a súa condición de centro sanitario. Aínda que antigamente se afirmaba que as súas augas eran aínda máis beneficiosas se se tomaban con leite de burra, hoxe prescindiuse deste último ingrediente, pero o seu manancial basta e sobra para lograr recuperacións en ocasións case milagrosas para, sobre todo, numerosas afeccións respiratorias. E non só en persoas maiores, senón tamén na rapazada

que cada tarde acode puntualmente a recibir os seus tratamentos. O seu edificio principal de 1886, de tres plantas por completo en pedra de costa, alberga coquetos salóns con espellos e lámpadas da época en que os balnearios eran o lugar de vacacións das xentes podentes. Nun edificio anexo de pouco máis de dez anos quedan os cuartos, que se abren aos viñedos e ás hortas de cana e millo ás beiras do río.

CARACTERÍSTICAS DAS AUGAS Cluoradas-sódicas, sul�ídrico-azoadas e radioactivas, que emerxen a 47 ºC, 52 ºC e 56 ºC.

INDICACIÓNS Afeccións respiratorias, dermatolóxicas e do aparello locomotor.

EQUIPAMENTO E TÉCNICAS Inhalacións, aerosois, ducha nasal, baños termais, chorros, baños de burbullas, baño de hidromasaxe e masaxes; todo isto dispoñible tanto para hóspedes do hotel como para clientes externos.

PROGRAMAS O médico confecciónaos a medida, en función das características de cada persoa.

ESPECIAL PARA NENOS Pequenas zonas con xoguetes para que se entreteñan mentres esperan a recibir o seu tratamento.

O MÁIS: A SÚA PROXIMIDADE A TUI E A VALENÇA DO MIÑO, CANDIDATAS AMBAS A SER GALARDOADAS POLA UNESCO COMO PATRIMONIO DA HUMANIDADE.

Nº cuartos: 36

27

SERVIZOS Admite tarxetas de crédito | Ascensor | Bar-cafetería | Calefacción central | Xardín terraza | Piscina | Servizo médico Sitio céntrico | Sitio pintoresco | Teléfono en cuartos

R/Baños, s/n. Caldelas de Tui. 36460 Tui, Pontevedra Tel: 986 629 005. Fax: 986 629 049. aguasdecaldelas@terra.es www.balneariosdegalicia.com


Balneario de de Baños Balneario Bañosda daBrea Brea a UN BALCÓN A UN VERDÍSIMO VAL DE ECOS MONACAIS

Ata este illado balneario, levantado sobre as ruínas dunha antiga casa de baños serpea unha estradiña entre piñeirais e montes, xa que o lugar se enmarca nunha zona de protección agrícola-forestal. O edificio, todo de pedra, construíuse hai unha quincena de anos, aínda que as súas augas mineromedicinais xa eran coñecidas e utilizadas no século XI polos monxes dos mosteiros próximos. Fronte a un val verdísimo, adornado polas casas grandes de Merza, as vistas dende cada recuncho son asombrosas, polo que, ademais de para entregarse a tratamentos coma os tradicionais nove baños no seu lumi-

OS BAÑOS DA BREA H¨ R/ Paradela, 4. Merza. 36580 Vila de Cruces, Pontevedra Tel: 986 583 614. Fax: 986 583 619. correo@balneariodebrea.com www.balneariodebrea.com

noso e renovado balneario, Baños de Brea resulta un retiro perfecto do mundanal ruído, amais dun destino idóneo para emprender rutas a pé. A que une o Mosteiro de Carboeiro, a praia fluvial da Carixa e as fervenzas do Toxa é unha das máis demandadas, aínda que se algo sobra por estes lugares son rutas para camiñar, pedalear e ata cabalgar ou navegar en canoa. En 2007 está previsto que se lles engadan algúns cuartos máis ao hotel, e que o balneario amplíe os seus servizos cunha piscina lúdica que complemente a súa vocación máis puramente terapéutica.

CARACTERÍSTICAS DAS AUGAS Sulfurosas, bicarbonatadas e alcalinas, que emerxen a 28 ºC.

INDICACIÓNS Afeccións reumatolóxicas, dermatolóxicas, respiratorias, metabólicas e do sistema nervioso.

EQUIPAMENTO E TÉCNICAS Baños termais, bañeiras de hidromasaxe, chorro, chorro subacuático, ducha circular, cámara de vapor, inhalacións, masaxes e paralama; todo isto dispoñible tanto para hóspedes do hotel como para clientes externos.

PROGRAMAS Antiestrés, Dermatolóxico, Costas, Respiratorio, Reumatismo, Circulatorio, Anticelulítico, programas a medida de dietética e nutrición e tratamentos de estética facial.

O MÁIS: A TRANQUILIDADE QUE SE RESPIRA NESTE ILLADO BALCÓN SOBRE O MONTE. SERVIZOS Admite tarxetas de crédito | Antena parabólica | Ascensor Bar-cafetería | Calefacción central | Xardín terraza | Restaurante accesible | Salón de convencións | Sauna | Servizo de cuartos 24 h. | Servizo médico | Sitio céntrico | Sitio pintoresco | Teléfono nos cuartos | TV en cuartos

Nº cuartos:

35 37


38


- TALASO HOTEISHOTEIS - TALASO O nome de talasoterapia provén do grego thálassa, que significa mar, e therapeia, curación. A diferenza dos balnearios, que utilizan augas mineromedicinais, os centros de talasoterapia sérvense con fins preventivos ou terapéuticos da auga mariña e outros elementos da súa contorna coma algas, limos, lodos e ata o aire mariño, motivo polo que teñen que estar inevitablemente preto da costa. Outro requisito fundamental destes centros é contar cunha tecnoloxía capaz de asegurar a pureza da auga captada e o seu constante reciclado, xa que a auga mariña apenas mantén as súas propiedades biolóxicas durante 48 horas. Esta auga, quentada a 37 ºC, facilita a absorción a través da pel de oligoelementos e minerais, polo que, ademais de hedonistas programas de relax e beleza, a talasoterapia está moi recomendada para recuperarse de traumatismos e intervencións do aparello locomotor, procesos reumáticos e desgaste articular, así como de afeccións respiratorias, cutáneas ou xinecolóxicas.

39


116

Nº cuartos:

SERVIZOS Acceso discapacitados | Admite tarxetas de crédito | Aire Acond. nos cuartos | Alugamento de bicicletas | Alugamento equipos audiovisuais | Antena parabólica | Ascensor Ascensor acces. entre plantas | Bar-cafetería | Caixa Forte individual | Calefacción central | Cambio de moeda Ximnasio | Golf | Cuartos especialmente adaptados Cuartos con salón-suites | Internet | Jacuzzi | Xardín terraza | Minibar |Aparcadoiro praza discapacitados Piscina | Piscina climatizada | Restaurante accesible Sala de Reunións | Salón de convencións | Sauna | Secador pelo nos cuartos | Servizo de canguro | Sitio pintoresco | Spa | Teléfono nos cuartos | Tradución simultánea TV nos cuartos | Vídeo DVD nos cuartos | WC accesible

EQUIPAMENTO E TÉCNICAS Piscina exterior salgada e piscina interior con chorros subacuáticos, fervenza e colos de cisne; jacuzzi, sauna seca, baño de vapor, baño con esencias, bañeiras de burbullas e hidromasaxe, chorro, ducha circular, nebulizacións, pulverizador farínxeo, aerosois, paralama, masaxes, aplicacións de algas e limos, ximnasio e diversos servizos de estética facial e corporal; todo isto dispoñible tanto para hóspedes do hotel como para clientes do exterior.

PROGRAMAS Especial beleza, Louxomar, Relax, Benestar, Descanso, Anticelulítico, Pernas cansas, Doenzas musculares, Tonificación muscular e numerosos servizos de estética facial e corporal.

ESPECIAL PARA NENOS Menús infantís, piscina exterior para nenos no verán e canguro previa petición.

O MÁIS: A SÚA SITUACIÓN, NUNHA ESQUINA QUE LINDA COA INCRIBLE LUZ E AS VISTAS DA RÍA DE AROUSA. 40


Talaso Talaso

Á BEIRA DA RÍA DE AROUSA, NA ARISTOCRÁTICA CONTORNA DA ILLA DA TOXA LOUXO LA TOJA H¨¨¨¨ Illa da Toxa. 36991 O Grove, Pontevedra Tel: 986 730 200. Fax: 986 732 791. hotel@louxolatoja.com www.louxolatoja.com

A súa piscina interior, acoutada por unha cristaleira que o inunda todo de luz natural, deixa asomar o coidado céspede dos xardíns do hotel, tras os que se estenden as marabillosas vistas da ría de Arousa. Cando o tempo acompaña, un dos seus restaurantes permite comer ao aire libre para gozar da paisaxe e, se chove, nada daquela como concentrarse nas especialidades galegas do seu outro restaurante, ou achegarse ao Grove a coñecer algún dos moitos e bos restaurantes que fixeron que esta localidade sexa coñecida como a capital do marisco. Outros alicientes da estadía: os paseos pola ría, o golf e a infinidade de deportes náuticos que practicar na zona, ou unha escapada a Santiago, Pontevedra, Baiona ou A Garda.

41


Nº cuartos:

70

SERVIZOS Admite tarxetas de crédito | Aire Acond. nos cuartos Aire acondicionado | Alugamento de bicicletas | Alugamento equipos audiovisuais | Antena parabólica | Área de xogos para nenos | Ascensor | Ascensor acces. entre plantas | Bar-cafetería | Caixa Forte individual | Calefacción central | Calefacción individual | Ximnasio | Gardería Cuartos especialmente adaptados | Cuartos con salónsuites | Cuartos familiares | Internet | Internet nos cuartos Jacuzzi | Xardín terraza | Minibar |Aparcadoiro praza discapacitados | Piscina | Piscina infantil | Restaurante accesible | Sala de Reunións | Salón de convencións | Sauna Secador pelo nos cuartos | Servizo de fax | Servizo médico Sitio pintoresco | Teléfono | TV nos cuartos | WC accesible

EQUIPAMENTO E TÉCNICAS Piscina interior de auga mariña a 37 ºC con jacuzzi, jets subacuáticos a alta presión, colos de cisne, camas de hidromasaxe e circuíto contracorrente; sauna, hammán, bañeiras de hidromasaxe, ducha Vichy e ducha jet, ximnasio, cabinas de beleza, inhalacións, envolvementos en lodos e algas, masaxes; todo isto dispoñible tanto para hóspedes do hotel como para clientes do exterior.

PROGRAMAS Posta en forma, Cura oceánica, Talaso-relax, Silueta e nutrición, Benestar circulatorio, Osixenación mariña, Reeducación postural, Vital homeVital muller, Mamá en forma e Rexuvenecemento.

ESPECIAL PARA NENOS Parque infantil gratuíto atendido por profesionais e aberto diariamente a determinadas horas para nenos de 1 a 14 anos.

O MÁIS: DEIXARSE MASAXEAR POLOS JETS DA SÚA PISCINA DE AUGA MARIÑA MENTRES O ATLÁNTICO BATE FORTE DO OUTRO LADO DA CRISTALEIRA. 42


Talaso Talaso

UN ESPECTACULAR MIRADOIRO AO OCÉANO DOTADO DUNHAS MAGNÍFICAS INSTALACIÓNS TALASO ATLÁNTICO H¨¨¨¨ Faro Silleiro. Ctra. Baiona-Oia. 36309 Oia, Pontevedra Tel: 986 38 50 90. Fax: 986 35 80 51. talasoatlantico@talasoatlantico.com www.talasoatlantico.com

Entre os penedos e o mar, aos pés case do Faro Silleiro, este establecemento de nivel aparece literalmente entalado na aba do risco que lle garda as costas. Tanto dende os seus amplos cuartos como dende a envexable terraza que dá servizo á súa cafetería-xamonería, o Atlántico está sempre presente, pero tamén o está na súa piscina de auga mariña, cuxos 280 m2 de lámina de auga locen rodeados por unha gran cristaleira que permite saborear as vistas do océano mentres se está mergullado nela. Moi preto atópanse as cabinas nas que se realizan os seus tratamentos de saúde e beleza baseados na talasoterapia. E, para que os pais os poidan gozar coa máxima tranquilidade, dúas puericultoras poden ocuparse dos máis pequenos na ludoteca e o parque infantil; un servizo co que tamén poden contar se deciden achegarse a algún dos campos de golf dos arredores, facer unha escapada ás Cíes ou, simplemente, deixarse tentar por unha boa lagosta en calquera vila mariñeira da zona coma A Garda.

43


44


HOTEIS - SPA HOTEIS - SPA O seu nome vén das siglas en latín de Saúde pola auga. Sen as propiedades das augas mineromedicinais, estes centros están orientados máis ben a un gozo máis lúdico da auga e aos programas de beleza, benestar e relax a través de técnicas que tamén se empregan na talasoterapia ou a balneoterapia, como as bañeiras de hidromasaxe, chorros, duchas circulares, masaxes, piscinas dinámicas ou jacuzzis.

45


Spa Spa

UNHA ATMOSFERA COIDADA E UN SPA MINIMALISTA NO ALTO DE SANXENXO

A decoración cálida, acolledora e con sumo estilo deste hotel, envolto todo polo monte no alto de Sanxenxo, parece máis propia dunha casa de nivel ca dun establecemento hoteleiro. O spa, no entanto, revístese dunha atmosfera máis minimalista, con música de relaxación e aromas sutís, un ambiente xaponés nas súas salas de masaxe e de estética e, en conxunto, un contorno de liñas puras, mobles de deseño realizados en materiais nobres e unha iluminación moi conseguida

AUGUSTA SPA RESORT I H¨¨¨¨ Lugar de Padriñán, 25. 36960 Sanxenxo, Pontevedra Tel: 986 72 78 78. Fax: 986 72 70 60. Correo electrónico:reservas@augustasparesort.com www.augustasparesort.com que invita a recollerse, coidarse e deixarse coidar. Todo denota agarimo e bo gusto, dende a orientación das cadeiras térmicas nas que relaxarse mirando á piscina e ao ceo a través da cristaleira que as cobren, ata as hamacas de madeira tropical ou a piscina exterior, que se cobre en apenas uns minutos cuns paneis acristalados para podela seguir utilizando mesmo no inverno.

EQUIPAMENTO E TÉCNICAS Piscina interior e exterior con distintos tipos de chorros cervicais e lumbares, camas de auga, jacuzzis e fervenzas; envolvementos en barros e algas; chocoterapia, viñoterapia, Eosonic, osixenoterapia, bañeiras de hidromasaxe Florida e Atlantis Royal, baño turco, baño celta, sauna finlandesa, baño de xeada, chorro jet con duchas circulares, cadeiras anatómicas quentes, solarium, Flotarium, Photon Platino, ximnasio, unha decena de tipos de masaxes –Thai, Vichy, Shiatsu, Watsu, con pedras volcánicas (Heavenly Stone), para bebés e nenos, etc.–, un Circuíto Termal e infinidade de técnicas de estética facial e corporal para home e muller; todo isto dispoñible tanto para hóspedes do hotel como para clientes do exterior.

PROGRAMAS Caprice Spa, Luxury Relax Beleza, Luxury Love Weekend, Gastronomic Weekend, Caprice Relax, Sibaritas Spa, Dolce Vita, Adelgazante, Golf & Spa Weekend, ademais de preto dunha decena de programas de relax e beleza de medio día.

ESPECIAL PARA NENOS Hai unha piscina para nenos e zona de xogos infantil, e en temporada alta organizan actividades para os máis pequenos.

O MÁIS: OS DETALLES DE BO GUSTO E A DECORACIÓN TANTO DO HOTEL COMA DO SEU SPA DE AIRES XAPONESES.

Nº cuartos: 46

56

SERVIZOS Acceso discapacitados | Actividades de lecer/animación | Admite tarxetas de crédito | Aire Acond. nos cuartos | Aire acondicionado | Alugamento de bicicletas | Alugamento equipos audiovisuais | Animación infantil | Antena parabólica | Ascensor | Ascensor acces. entre plantas | Bar-cafetería | Caixa Forte individual | Calefacción central Calefacción individual | Garaxe de pago | Ximnasio | Gardería | Cuartos especialmente adaptados | Cuartos con salón-suites | Internet | Internet nos cuartos | Jacuzzi Xardín terraza | Minibar | Minigolf | Pádel | Piscina | Piscina climatizada | Piscina infantil | Restaurante accesible | Sala de Reunións | Salón de convencións | Sauna Secador pelo nos cuartos | Servizo de fax | Sitio céntrico | Sitio pintoresco | Spa | Teléfono nos cuartos | Tendas | TV nos cuartos | Vídeo DVD nos cuartos | WC accesible


Spa Spa

RELAXADO AMBIENTE ZEN NA ZONA VACACIONAL POR EXCELENCIA DE GALICIA

AUGUSTA SPA RESORT II H¨¨¨¨

Este luminoso establecemento, coa súa decoración de gusto exquisito, recrea unha relaxante atmosfera zen, que se acentúa máis se cabe no seu sibarítico spa, inaugurado ao igual ca o hotel no verán de 2004. Plantada entre o céspede do Xardín aparece a súa piscina, acristalada no inverno e descuberta no verán, con chorros subacuáticos, camas de auga, cadeiras jet, linfodrenaxe, cogomelo máxico e colos de cisne para traballar as cervicais e, ao seu lado, os jacuzzis, a piscina infantil e as hamacas nas que gozar da tranquilidade que garante a situación –a

600 metros da praia e a uns 250 do centro de Sanxenxo– deste hotel no que todos os cuartos teñen capacidade para catro ou seis persoas e contan cunha pequena cociña. No interior do spa quedan as zonas de repouso, a súa espectacular sauna finlandesa –con toda unha fronte acristalada que se asoma aos viñedos–, así coma as súas sofisticadas cabinas para infinidade de tratamentos de relax e beleza; exteriores e con vistas moitas delas e ata con posibilidade de realizar algúns programas en parella.

Lugar de Padriñán, 23 36960 Sanxenxo, Pontevedra Tel: 986 72 78 78. Fax: 986 72 70 60 reservas@augustasparesort.com www.augustasparesort.com

EQUIPAMENTO E TÉCNICAS Piscinas exteriores con distintos tipos de chorros cervicais e lumbares, camas de auga, jacuzzis e fervenzas; envolvementos en barros e algas; chocoterapia, viñoterapia, osixenoterapia, bañeiras de hidromasaxe Florida e Atlantis Royal, baño turco, baño celta, sauna finlandesa, baño de xeada, chorro jet con duchas circulares, cadeiras anatómicas quentes, solarium, ximnasio, múltiples tipos de masaxes –Thai, Vichy, Shiatsu, Watsu, con pedras volcánicas (Heavenly Stone), Ayurveda, hidroacupresión, masaxes para bebés e nenos, etc.–, un Circuíto Termal e infinidade de técnicas de estética facial e corporal para home e muller; todo isto dispoñible tanto para hóspedes do hotel como para clientes do exterior.

PROGRAMAS Caprice Spa, Luxury Relax Beleza, Luxury Love Weekend, Gastronomic Weekend, Caprice Relax, Sibaritas Spa, Dolce Vita, Adelgazante, ademais de preto dunha decena de programas de relax e beleza de medio día.

ESPECIAL PARA NENOS Hai unha piscina para nenos e zona de xogos infantil; todos os cuartos poden aloxar familias, xa que teñen capacidade para 4 ou 6 persoas e contan con cociña, e en temporada alta organízanse actividades para os máis pequenos.

O MÁIS: A INFINIDADE DE TÉCNICAS ORIENTAIS QUE PROPÓN A SÚA CARTA DE MASAXES E QUE SE REALIZAN NUNHA ESPECTACULAR SALA SOBRE UN TATAMI. SERVIZOS Acceso discapacitados | Actividades de lecer/animación | Admite tarxetas de crédito | Aire Acond. nos cuartos | Aire acondicionado | Alugamento de bicicletas | Alugamento equipos audiovisuais | Animación infantil | Antena parabólica | Ascensor | Ascensor acces. entre plantas | Bar-cafetería | Caixa Forte individual | Calefacción central | Calefacción individual | Garaxe de pago | Ximnasio | Gardería | Cuartos especialmente adaptados | Cuartos con salón-suites | Cuartos familiares | Internet | Internet nos cuartos Jacuzzi | Xardín terraza | Minibar | Minigolf | Pádel |Aparcadoiro de superficie | Piscina | Piscina climatizada | Piscina infantil | Sala de Reunións | Salón de convencións | Sauna | Secador pelo en cuartos | Servizo de fax | Sitio céntrico | Sitio pintoresco | Spa | Teléfono nos cuartos | Tendas | TV nos cuartos | Vídeo DVD nos cuartos | WC accesible

Nº cuartos:

40 47


Spa Spa

PRÓXIMO AO PORTO DEPORTIVO DE SANXENXO E Á PRAIA DE SILGAR

Unha recepción ampla e diáfana dános a benvida a este hotel inaugurado no ano 2000 con aires de deseño que impregnan os seus estilosos cuartos e, sobre todo, o seu spa. Este está inspirado nos baños romanos, nos que se pasaba pola fase de sudación no Tepidarium, a zona de aire quente do Laconium e a área de auga quente do Caldarium, antes de finalizar nas augas frías do Frigidarium. Tanto se se elixe este percorrido clásico como algún dos moitos outros programas de estética, benestar e relax que brinda o spa, ao finalizar cada

CARLOS I H¨¨¨¨ R/Vigo, s/n. 36960 Sanxenxo, Pontevedra Tel: 986 727 036. Fax: 986 721 108. Correo electónico: hotelcarlosprimero@carlosprimero.com www.carlosprimero.com sesión o cliente pode acomodarse nas súas cadeiras térmicas e relaxarse cun zume natural ou unha infusión servida alí mesmo. Este hotel-spa, situado a apenas 50 metros da praia de Silgar e a pouco máis do porto deportivo de Sanxenxo, conta con pistas de tenis e, nas proximidades, numerosas propostas de sendeirismo, deportes náuticos e golf, ademais do aliciente da próxima illa de Ons, que xunto con Sálvora e as Cíes integran o espléndido Parque Natural das Illas Atlánticas.

EQUIPAMENTO E TÉCNICAS Piscina climatizada cuberta con chorros subacuáticos e colos de cisne, piscina dinámica interior con jacuzzis, piscina de contraste frío/calor, bañeiras de hidromasaxe con aceites esenciais, sales ou lodos mariños; envolvementos en algas ou barros, chorro, ximnasio, sistema Photon, sauna seca con aromas e hammán con cromoterapia, ducha de aromas, cadeiras térmicas, raios UVA, distintos tipos de masaxes, presoterapia, ultratone e cabinas de estética facial e corporal; todo isto dispoñible tanto para hóspedes do hotel como para clientes do exterior.

PROGRAMAS Antiestrés, Cleopatra beleza, Golf, Home moderno, Ondas de benestar e Soños de Asia, ademais de diversos servizos de estética facial, corporal e circuítos termais.

ESPECIAL PARA NENOS Canguro baixo petición e, en xullo e agosto, monitor para nenos de 6 a 12 anos cos que se realizan xogos, actividades, sesións na piscina, etc.

O MÁIS: A CARTA SA DA CAFETERÍA E O SPA, CON INFUSIÓNS MEDICINAIS E ZUMES NATURAIS.

Nº cuartos: 48

130

SERVIZOS Acceso discapacitados | Admite tarxetas de crédito | Aire Acond. nos cuartos | Aire acondicionado | Alugamento equipos audiovisuais | Antena parabólica | Ascensor Ascensor acces. entre plantas | Bar-cafetería | Caixa Forte individual | Calefacción central | Calefacción individual | Espazo reservado fumadores | Garaxe de pago Ximnasio | Cuartos con salón-suites | Internet | Internet nos cuartos | Jacuzzi | Xardín terraza | Minibar |Aparcadoiro praza discapacitados| Piscina | Piscina climatizada | Piscina infantil | Restaurante accesible | Sala de Reunións | Salón de convencións | Sauna | Secador pelo nos cuartos | Servizo de fax | Servizo de cuartos 24 h. | Servizo de secretaría | Sitio céntrico | Sitio pintoresco | Spa | Teléfono nos cuartos | Tenis | Tendas | Tradución simultánea | TV nos cuartos | WC accesible


EGO H UN PEQUENO SPA CON VISTAS Á RÍA DE VIVEIRO NUN HOTEL Praia de Area. 27850 Viveiro, Lugo AMPLIADO CON AIRES Tel: 982 560 987. Fax: 982 561 762 DE VANGARDA info@hotelego.com ¨¨¨¨

Spa Spa

www.hotelego.com Os que coñezan este hotel con tres décadas ás súas costas probablemente non o recoñezan tras a ampliación que se ultimou en xullo de 2006. As espectaculares vistas á ría de Viveiro, que asoman dende cada recuncho, son as mesmas de sempre, e ata os cuartos, aínda que reformados, non distan tanto de como eran outrora. Porén, os 18 cuartos do novo edificio anexo, as súas terrazas e salóns e, sobre todo, o spa incorporado nos seus baixos, convérteno nun establecemento á última. Todas as dependencias novas deste establecemento das

proximidades de Viveiro mostran un deseño atrevido e acertadísimo. Envoltos por unha atmosfera de vangarda, os seus hóspedes poden acceder libremente a un pequeno spa e na súa piscina, con chorros subacuáticos e circuíto contracorrente, deixar que o corpo se relaxe mentres a mente fai o propio admirando as vistas ao mar que se poden ver do outro lado das cristaleiras mentres se está placidamente mergullado na piscina.

EQUIPAMENTO E TÉCNICAS Piscina interior con chorros a presión, fervenza e circuíto contracorrente, sauna, jacuzzi e ximnasio.

PROGRAMAS Masaxes baixo demanda.

O MÁIS: AS VISTAS Á RÍA DENDE OS SEUS CUARTOS E DENDE O SPA, ENMARCADO TODO ISTO NUNHA DECORACIÓN EXQUISITAMENTE VANGARDISTA. SERVIZOS Acceso discapacitados | Admite tarxetas de crédito | Aire Acond. nos cuartos | Aire acondicionado | Antena parabólica | Ascensor | Ascensor acces. entre plantas Bar-cafetería | Caixa Forte individual | Calefacción central | Calefacción individual | Garaxe de pago | Ximnasio | Cuartos especialmente adaptados | Cuartos con salón-suites | Internet | Internet nos cuartos | Xardín terraza | Minibar |Aparcadoiro de superficie |Aparcadoiro praza discapacitados | Piscina climatizada Sala de Reunións | Salón de convencións | Secador pelo nos cuartos | Servizo de fax | Sitio pintoresco | Spa | Teléfono nos cuartos | TV nos cuartos | WC accesible

Nº cuartos:

46 49


Spa Spa

O AMBIENTE DUN COQUET CHALÉ DE MONTAÑA CON VISTAS ÁS PRADARÍAS

FONTE SACRA H¨¨¨¨

Inaugurado en xaneiro de 2006, este hotel, presidido pola pedra e a madeira, atópase á entrada da vila da Fonsagrada pero, unha vez dentro, diríase un precioso chalé de montaña illado na natureza, porque dende as ventás do seu coquetísimo salón social, dende ese balcón ás pradarías que é a súa terraza principal, e dende moitos dos seus cuartos o único que asoma son as bucólicas vistas aos outeiros e aos pobos da Serra de Maderne, tras as que se agocha o sol ofrecendo en ocasións espectaculares solpores. Á súa cociña de nivel a

prezos incriblemente módicos, ao seu acolledor salón, presidido por unha cheminea e con recunchos nos que recollerse a charlar ou ler, e ás moitas posibilidades de gozar da natureza que ofrecen os seus arredores, en outono do 2006 está previsto engadirlles nos seus baixos un spa cun circuíto termolúdico colectivo e outra zona destinada a tratamentos individuais de benestar e beleza con, tamén, vistas ao vizoso verdor da montaña lucense.

Lugar das Rodas. Comarcal 630, s/n. 27100 A Fonsagrada, Lugo Tel: 982 340 327. Fax: 982 340 542. hotelocafontesacra@ocahotels.com www.ocahotels.com

EQUIPAMENTO E TÉCNICAS Circuíto termal cunha piscina activa, poza fría de contraste térmico, baño de vapor, sauna seca, cabina de xeo, ducha peeling, ducha de esencias e ducha de contraste, ademais de salas con bañeira Niágara, chorros para realizar distintos tipos de masaxes e tratamentos de estética facial e corporal; todo isto dispoñible para hóspedes do hotel e clientes externos.

PROGRAMAS Beleza, Antiestrés, Do peregrino, Fontesacra e Termal.

O MÁIS: O AMBIENTE DE COQUETO CHALÉ DE MONTAÑA QUE SE RESPIRA EN TODO O HOTEL E AS MOITAS RUTAS A PÉ QUE PROPOÑEN OS SEUS ARREDORES.

Nº cuartos: 50

38

SERVIZOS Acceso discapacitados | Ascensor | Bar-cafetería | Caixa Forte individual | Calefacción central | Garaxe | Minibar |Aparcadoiro de superficie | Secador pelo nos cuartos Servizo médico | Teléfono nos cuartos | TV en habitacións


Spa Spa

FRONTE Á PRAIA DE PAXARIÑAS, A UN TIRO DE PEDRA DE SANXENXO E PORTONOVO

GALATEA H¨¨¨¨

O spa deste hotel, a 250 metros da praia de Paxariñas e a apenas un paseo en coche dende Sanxenxo, Portonovo, Cambados e a Illa da Toxa, ou praias tan espectaculares coma A Lanzada, conta coa particularidade de que debe reservarse con antelación, xa que só se admiten quince persoas ao tempo para que unha maior aglomeración non impida gozar das súas instalacións. Estas, con plantas por todas as partes e moita luz natural, ademais de servizos máis convencionais, ofrecen técnicas de inspiración oriental coma as masaxes

de reflexoloxía, a masaxe Tui-na ou o chakra stone, ou tratamentos de estética nos que se combinan os principios activos dos produtos con técnicas de respiración, masaxe en puntos de díxitopuntura cos que relaxar o cliente e unha aplicación final de pedras de cuarzo nas zonas de tensión do rostro e o corpo. E, entre un servizo e outro, apenas uns minutos de espera na súa coqueta sala de repouso, con cadeiras de brazos de teka e o son constante dunha cortina de auga.

Lugar de Paxariñas s/n. 36970 Sanxenxo, Pontevedra Tel: 986 727 027. Fax: 986 727 833 hotelocagalatea@ocahotels.com www.ocahotels.com

EQUIPAMENTO E TÉCNICAS Piscina exterior e piscina interior climatizada con chorros cervicais e lumbares, colo de cisne e circuíto contracorrente; bañeiras de hidromasaxe e bañeira Niágara, baños con esencias ou con leite rexenerante, chorros, jacuzzi, baño de vapor con antesala e contraste, sauna seca, envolvementos en algas, limos, derivados da uva e chocolate, solarium, ximnasio, fisioterapia, ultratone e distintos tipos de masaxes e sesións de estética facial e corporal; todo isto dispoñible tanto para hóspedes do hotel como para clientes do exterior.

PROGRAMAS Relax, Beleza e Especial Nature.

ESPECIAL PARA NENOS Gardería, parque infantil e animación en determinadas temporadas.

O MÁIS: AS SÚAS MASAXES SWEDANA, DE INSPIRACIÓN ORIENTAL, CON RELAXANTES APLICACIÓNS DE TAMPÓNS QUENTES IMPREGNADOS EN ACEITES ESENCIAIS. SERVIZOS Acceso discapacitados | Actividades de lecer/animación | Admite tarxetas de crédito | Aire Acond. nos cuartos | Alugamento de bicicletas | Alugamento equipos audiovisuais | Animación infantil | Antena parabólica | Área de xogos para nenos | Ascensor | Ascensor acces. entre plantas | Bar-cafetería | Caixa Forte individual | Calefacción central | Calefacción individual | Cambio de moeda | Discoteca | Garaxe de pago | Ximnasio | Gardería | Cuartos especialmente adaptados| Cuartos con salón-suites Internet | Internet nos cuartos | Jacuzzi | Xardín terraza | Minibar | Pádel |Aparcadoiro praza discapacitados | Piscina | Piscina climatizada | Restaurante accesible | Sala de Reunións | Salón de convencións | Sauna | Secador pelo nos cuartos | Spa | Teléfono nos cuartos | Tenis | Tendas | Tradución simultánea | TV nos cuartos | WC accesible

Nº cuartos:

86 51


Spa Spa

NA CAPITAL LUGUESA, GRAN HOTEL DE LUGO CUN COMPLETO SPA PENSADO Avda. Ramón Ferreiro, 21. 27002 Lugo TAMÉN PARA OS NENOS Tel: 982 22 41 52. Fax: 982 24 16 60

H¨¨¨¨

ghlugo@ghhoteles.es www.gh-hoteles.com O hotel por antonomasia da cidade, con case tres décadas ás súas costas aínda que totalmente renovado no 2005, incorporou ás súas instalacións en xaneiro do ano seguinte un completo spa de máis de 1500 m2 situado na entreplanta e revestido de madeira e paredes estucadas en cores vivas. Á súa infinidade de técnicas e programas

orientados ao benestar, á relaxación e á estética, engadíuselle un Club Termal infantil no que os máis pequenos tamén poden divertirse na auga mentres os adultos se deixan coidar a poucos pasos. E todo iso a cinco minutos do casco histórico desta cidade milenaria e a 250 metros da súa muralla, declarada Patrimonio da Humanidade.

EQUIPAMENTO E TÉCNICAS Club Termal cunha gran piscina termolúdica con río contracorrente, guéiseres, colos de cisne, camas de auga, hot tubs, cogomelo, camas de burbullas e chorros subacuáticos, e un Circuíto Termal con duchas de aromas, de sensacións, de contraste e circulares, baño turco, terma, sauna finlandesa, masaxe xabonosa, gruta de xeo, jacuzzi e zona de relax, ademais de ximnasio, un Club Termal Infantil e a zona de tratamentos, con bañeiras de hidromasaxe, chorro manual a presión, envolvementos de algas, aceites esenciais e lodos, duchas Vichy, raios UVA, presoterapia, ultratone e cabinas para distintos tipos de masaxe e tratamentos de estética facial e corporal. Todo iso dispoñible para hóspedes do hotel e clientes externos.

PROGRAMAS Descanso de luxo, Descanso de luxo e beleza, Escapada Relax, Descontraturante e relaxante, Antiestrés, Redutor e anticelulítico, Rexuvenecemento e beleza.

ESPECIAL PARA NENOS Un Club Termal infantil para nenos de ata 7 anos anexo á zona de adultos.

O MÁIS: A GRAN VARIEDADE DE PROGRAMAS DO SPA E A SÚA ZONA INFANTIL.

Nº cuartos: 52

167

SERVIZOS Acceso discapacitados | Admite tarxetas de crédito | Aire Acond. nos cuartos | Alugamento equipos audiovisuais | Antena parabólica | Ascensor | Ascensor acces. entre plantas Bar-cafetería | Caixa Forte individual | Calefacción central | Calefacción individual | Cambio de moeda | Garaxe de pagamento | Cuartos especialmente adaptados | Cuartos con salón-suites | Internet nos cuartos | Xardín terraza | Minibar | Páxina web | Aparcadoiro de superficie | Restaurante accesible | Sala de Reunións | Salón de convencións Secador de pelo nos cuartos | Servizo de fax | Servizo de cuartos 24 h. | Servizo médico | Sitio céntrico | Teléfono nos cuartos | Tendas | TV nos cuartos | Vídeo DVD nos cuartos


Spa Spa

UN BALCÓN AO ATLÁNTICO CO ÚLTIMO EN SPA MARIÑO

GRAN TALASO HOTEL SANXENXO H¨¨¨¨

Por se este hotel esquinado no alto da praia de Silgar e con vistas a ela dende cada cuarto non tivese xa mar abondo, no verán do 2005 fixo entrar o Atlántico mesmo dentro das súas dependencias ao inaugurar o completo spa mariño do que hoxe gozan tanto os seus hóspedes como clientes non aloxados nel. Nun ambiente de deseño que encaixa co conxunto deste hotel que se acaba de reformar e ampliar, o seu Spa aparece presidido por unha piscina de auga de mar na que se pode simplemente nadar, continuada por outra piscina tamén salgada dotada de jacuzzi, contracorrente e camas de burbullas ou colos de cisne a distinta presión e

chorros subacuáticos cos que ir masaxeando cada zona do corpo. Xunto a elas, o baño turco, a sauna finlandesa, a terma romana, o pozo de auga fría, as numerosas duchas de contrastes e esencias, o seu mar morto ou Flotarium e as hamacas e cadeiras térmicas nas que repousar. Todos eles integran un circuíto no que gozar durante unhas dúas horas, quedando anexa a zona máis tranquila destinada aos tratamentos de saúde e estética, na que o cliente está sempre acompañado por algún profesional e, ao terminar unha sesión, dispón dunha estilosísima zona de repouso na que agardar polo seguinte tratamento.

Paseo Praia de Silgar, 3. 36960 Sanxenxo, Pontevedra Tel: 986 72 79 74. Fax: 986 72 79 73 talaso@hotelsanxenxo.com www.hotelsanxenxo.com

EQUIPAMENTO E TÉCNICAS Piscina exterior, unha piscina interior de auga salgada para nadar e outra con chorros, jacuzzis, colos de cisne, camas de burbullas e circuíto contracorrente; mar morto ou Flotarium, sauna finlandesa, baño turco e terma romana, pozo de auga fría, ducha blue de pulverización fría, ducha jet, ducha bitérmica con esencias, ducha de cubo e ducha de sensacións; cadeiras térmicas, bañeiras de hidromasaxe, chorro, ducha circular, ducha Vichy, envolvementos en algas e lodos, presoterapia, ultratone, ximnasio e distintos tipos de masaxes e tratamentos de estética facial e corporal. Todo iso dispoñible tanto para os hóspedes do hotel como para clientes do exterior.

PROGRAMAS Relax, Relax e beleza, Relaxante e descontraturante, Antiestrés, Corporal e Redutor e anticelulítico, Rexuvenecemento e beleza.

ESPECIAL PARA NENOS En temporada alta contan con gardería en determinadas horas e teñen horarios especiais para acceder ao centro de talasoterapia.

O MÁIS: A SÚA SITUACIÓN: NUN EXTREMO DA PRAIA DE SILGAR, AFASTADO DO BARULLO DE SANXENXO, CO SEU MAR MORTO NO QUE SE ESQUECER DA GRAVIDADE E, DE PASO, DO RESTO DO MUNDO, MENTRES SE FLOTA ESCOITANDO MÚSICA SOBRE AS AUGAS SATURADAS DE SAL. SERVIZOS Acceso discapacitados | Admite tarxetas de crédito | Aire Acond. nos cuartos | Aire acondicionado | Alugamento equipos audiovisuais | Antena parabólica | Ascensor | Ascensor acces. entre plantas | Bar-cafetería | Caixa Forte individual | Calefacción central | Cambio de moeda | Discoteca | Garaxe de pagamento | Ximnasio | Internet | Minibar | Aparcadoiro praza discapacitados | Piscina | Restaurante accesible | Sala de Reunións | Secador de pelo nos cuartos | Servizo de fax | Sitio céntrico | Teléfono nos cuartos | TV nos cuartos

Nº cuartos:

44 53


Spa Spa

HUSA SPA VILLALBA H O ÚLTIMO EN INSTALACIÓNS Charca do Alligal, s/n. Santaballa NUN ESTABLECEMENTO Vilalba, Lugo DE VANGARDA EN PLENA NATUREZA 27830 Tel: 982 515 000. Fax: 982240195

¨¨¨¨

hotelspavillalba@husa.es www.husa.es En xullo do 2006 quedou inaugurado este espectacular hotel de deseño vangardista illado en plena natureza a uns oito quilómetros de Vilalba, en cuxos baixos propón un spa «á última» de máis de 2100 m2 que no futuro está previsto que sexa un balneario, xa que conta con poder servirse das augas mineromedicinais da chamada Charca do Alligal. O spa distribúese en dúas plantas ao redor dunha

gran fonte central inundada pola luz natural que descende dende o teito, e a súa zona principal goza aínda de moita máis luz que lle chega a través das inmensas cristaleiras que rodean a piscina activa, con chorros, colos de cisne, jacuzzis e ata oito camas de burbullas nas que relaxar cada músculo, mentres o espírito se contaxia da paz que emanan os verdísimos campos que se divisan.

EQUIPAMENTO E TÉCNICAS Club Termal con unha gran piscina termolúdica con río contracorrente, guéiseres, colos de cisne, camas de auga, hot tubs, asentos de burbullas, chorros subacuáticos e cúpula de nebulización, ademais de jacuzzi e sala de relaxación, e un Circuíto Termal con duchas aromatizadas, de sensacións, nebulizada, bitérmica, ducha con cromoterapia, ducha cubo, baño turco, terma romana, sauna finlandesa, gruta de xeo, mar morto, zona de relax, pediluvios, paseo de choiva e paseo de pedras quentes, ademais dun Club Termal infantil, ximnasio, unha área de estética e outra de tratamentos con bañeiras de hidromasaxe, chorro manual a presión, salas de envolvementos de algas, aceites esenciais e lodos, duchas Vichy e distintos tipos de masaxes. Todo iso dispoñible tanto para os hóspedes do hotel como para clientes do exterior.

PROGRAMAS Descanso Vilalba, Descanso Vilalba e beleza, Revitalización natural, Revitalización natural e beleza, Relax Vilalba entre semana, Grande antiestrés, Redutor e anticelulítico, Adelgazamento, Rexuvenecemento e beleza, Relaxación e multiaventura Terra Chá.

ESPECIAL PARA NENOS O Club Termal infantil, para nenos de ata 8 anos, con piscina dotada de cogomelos máxicos, chorros saltareiros e bosque de choiva.

O MÁIS: A VARIEDADE DE TÉCNICAS E SERVIZOS DO SEU MODERNO E INMENSO SPA E A SITUACIÓN DO HOTEL, PERFECTA PARA DESCONECTAR E GOZAR DA NATUREZA E DOS DEPORTES AO AIRE LIBRE.

Nº cuartos: 54

42

SERVIZOS Acceso discapacitados | Ascensor | Bar cafetería | Caja fuerte individual | Cuartos especialmente adaptados | Garaxe | Piscina | Piscina infantil | Sauna | Spa | Teléfono nos cuartos | Televisión nos cuartos | Xardín terraza


Spa Spa

RODEADO DE PIÑEIRAIS, XUNTO A PRAIAS INTACTAS E O MELLOR MARISCO

MAR ATLÁNTICO H¨¨¨¨

Enmarcado entre piñeirais na península do Grove, a uns 500 metros dalgunhas das praias máis intactas de Galicia e non moito máis lonxe dalgunhas das súas máis famosas marisquerías, este hotel das aforas de San Vicente do Mar exhala paz e trato personalizado. No seu exterior cómpre salientar unha piscina rodeada de céspede e, no interior, unhas galerías acristaladas nas que sentar placidamente a ler ou a charlar, o coqueto Snack no que xantar a mediodía e o comedor

no que degustar algunha das especialidades da zona que propón o alumno de Arola e Berasategui que está á fronte dos seus fogóns. E, por suposto, o seu spa. Inaugurado no 2002 e inundado de luz natural, atesoura unha piscina climatizada con jacuzzi e outra piscina con chorros e colos de cisne cos que masaxear cada zona do corpo, ademais de distintos tipos de duchas de contrastes, saunas e unha sala de masaxes.

San Vicente do Mar. 36989 O Grove, Pontevedra Tel: 986 73 80 61. Fax: 986 73 82 99 info@hotelmaratlantico.com www.hotelmaratlantico.com

EQUIPAMENTO E TÉCNICAS Piscina exterior e piscina interior con chorros e colos de cisne, jacuzzi, baño turco, ducha blue pulverización, ducha cubo, pediluvio, presoterapia, envolvementos con algas, ducha Vichy, masaxes e ximnasio. Todo iso dispoñible tanto para hóspedes do hotel como para clientes do exterior.

PROGRAMAS Club lúdico, Degustación Atlántico, Antiestrés, Beleza, Relax, Posta en forma, Chocolate delice, Benestar, Especial home, Semana Atlántico e Semana Beleza, así como distintos tipos de masaxes e tratamentos de estética facial e corporal.

ESPECIAL PARA NENOS Sete cuartos pensados para familias; máis grandes e con dous cuartos de baño.

O MÁIS: O PRIVILEXIO DE PODER COMBINAR UNHA SESIÓN NO SPA CUN RELAXANTE PERCORRIDO POLO PASEO DE MADEIRA CONSTRUÍDO ENTRE AS ROCHAS DUNHA PRAIA PRÓXIMA E O OCÉANO ATLÁNTICO. SERVIZOS Admite tarxetas de crédito | Aire Acond. nos cuartos | Alugamento de bicicletas | Antena parabólica | Ascensor | Bar-cafetería | Caixa Forte individual | Calefacción central Ximnasio | Cuartos con salón-suites | Jacuzzi | Xardín terraza | Minibar | Páxina web | Piscina | Piscina climatizada | Restaurante accesible | Sauna | Secador de pelo nos cuartos | Sitio pintoresco | Spa | Teléfono nos cuartos | TV nos cuartos

Nº cuartos:

43 55


Spa Spa

OCA KATIUSKA UNHA CONTORNA RELAXANTE NO CORAZÓN VERDE DE GALICIA Rúa Outeiro, nº 52.

H¨¨¨¨

36540 Silleda, Pontevedra Tel: 986 59 25 25. Fax: 986 59 26 26 hotelocakatiuska@ocahotels.com www.ocahotels.com

Este hotel espazoso e moderno inaugurado no 2002 podería imaxinarse en calquera gran cidade, pero as vistas aos verdísimos outeiros que se poden contemplar dende as súas terrazas e miradoiros, ou o son dos grilos que cada noite chega dende os 16 000 metros de xardín que o rodean, avalan a este hotel, situado nos arredores da vila de Silleda, en pleno val do Deza, como un lugar idóneo para relaxarse. Aos seus cuartos elegantemente vestidos cun toque de deseño, ás súas coquetas salas de estar ou ao restaurante panorámico da última

planta engadíuselles un spa de 900 metros que quedará inaugurado no outono do 2006 cun circuíto termolúdico colectivo e unha zona individual para tratamentos de benestar e beleza: un complemento perfecto para combinar con visitas a lugares próximos como o mosteiro de Carboeiro e os saltos da Fervenza do Río Toxa, ou cos alicientes para gozar da natureza que ofrece a zona, con rutas a pé, cabalos, quads e un par de bos ríos troiteiros e salmoneiros.

EQUIPAMENTO E TÉCNICAS Circuíto Termal con piscina activa, sauna seca, baño de vapor, duchas de esencias, duchas de contrastes, duchas peeling, fonte de xeo e pediluvio, ademais de bañeiras de hidromasaxe e de burbullas, chorros, paralama, masaxes e numerosos tratamentos corporais e faciais; todo isto dispoñible tanto para hóspedes do hotel como para clientes externos.

PROGRAMAS Beleza, Antiestrés, Do peregrino, Katiuska e Termal.

ESPECIAL PARA NENOS Está previsto contar con animación infantil nalgúns momentos da temporada alta.

O MÁIS: A TRANQUILIDADE QUE EXHALAN OS OUTEIROS INZADOS DE ÁRBORES QUE O RODEAN, MALIA ESTAR A UNS VINTE MINUTOS EN COCHE DE SANTIAGO.

Nº cuartos: 56

88

SERVIZOS Acceso discapacitados | Admite tarxetas de crédito | Aire Acond. nos cuartos | Antena parabólica | Ascensor | Ascensor acces. entre plantas | Bar-cafetería | Caixa Forte individual | Calefacción central | Calefacción individual | Garaxe | Garaxe prazas discapacitados | Ximnasio | Cuartos con salón-suites | Internet | Xardín terraza | Minibar Aparcadoiro de superficie | Restaurante accesible | Salón de convencións | Secador pelo nos cuartos | Sitio pintoresco | Teléfono nos cuartos | Tenis | TV nos cuartos WC accesible


Spa Spa

NOVO SPA PRETO DE FERROL, ONDE UNIR ATMOSFERA DE LECER E NEGOCIOS

RÍO DO POZO H¨¨¨¨

Inaugurado en maio do 2006, este establecemento de liñas vangardistas e bo gusto disimula á perfección a súa situación na zona industrial de Narón xa que, unha vez dentro, as vistas que predominan do outro lado da inmensa cristaleira que preside as súas estilosas zonas comúns son os piñeirais que tamén o rodean. Ademais duns cuartos cunha decoración coidada e persoal, un pub, un restaurante

de nivel e varias salas de reunións, os seus hóspedes nin sequera teñen que saír do establecemento para gozar dos praceres da auga, xa que nos baixos conta cun completo spa no que abandonarse a algún tratamento de relax ou estética tras unha xornada de traballo nas empresas dos arredores ou dunha escapada máis ociosa polas praias e vilas da zona ou polo casco vello de Ferrol.

Polígono Río do Pozo, P-129 15578 Narón, A Coruña Tel: 981 396 044. Fax: 981 380 417 reservas@hotelriodopozo.com www.hotelriodopozo.com

EQUIPAMENTO E TÉCNICAS Piscina climatizada interior con chorros, cadeiras acuáticas, jacuzzi, fervenza e colo de cisne; sauna finlandesa, hammán, mármores quentes, solarium, bañeiras de hidromasaxe con cromoterapia, cama de auga, maniluvio e pediluvio, ximnasio con fisioterapeuta, distintos tipos de masaxes e envolvementos en algas, mel, chocolate, esencias ou ouro, e sesións de beleza facial e corporal; todo isto dispoñible tanto para hóspedes do hotel como para clientes do exterior.

PROGRAMAS Fin de semana, Cura mediterránea, Happy weekend, Programa Río do Pozo, Praceres divinos e «Chocolatéate».

ESPECIAL PARA NENOS O spa propón a diario unhas horas concretas para gozar da auga tamén en familia.

O MÁIS: A COIDADA DECORACIÓN DESTE HOTEL, CAPAZ DE OFRECER UN TRATO PERSONALIZADO AO VIAXEIRO DE NEGOCIOS, QUE NON NECESITA SAÍR DEL PARA ATOPAR OS MÁIS VARIADOS SERVIZOS NAS SÚAS HORAS DE LECER. SERVIZOS Acceso discapacitados | Actividades de lecer/animación | Admite tarxetas de crédito | Aire Acond. nos cuartos | Aire acondicionado | Alugamento de bicicletas | Alugamento equipos audiovisuais | Animación infantil | Antena parabólica | Ascensor | Ascensor acces. entre plantas | Bar-cafetería | Caixa Forte individual | Calefacción central | Calefacción individual | Cambio de moeda | Espazo reservado fumadores | Ximnasio | Golf | Cuartos especialmente adaptados | Cuartos con salón-suites | Cuartos familiares | Internet | Internet nos cuartos | Jacuzzi | Xardín Nº cuartos: terraza | Minibar | Aparcadoiro de superficie | Aparcadoiro praza discapacitados | Restaurante accesible | Sala de Reunións | Salón de convencións | Sauna | Secador pelo nos cuartos | Servizo de canguro | Servizo de fax | Servizo de secretaría | Servizo médico | Spa | Teléfono nos cuartos | Tendas | Tradución de documentos | Tradución simultánea | TV nos cuartos | WC accesible

48 57


Spa Spa

UN HOTEL RURAL CUN PEQUENO AS MACEIRAS H Lourenzo. SPA XUNTO Á ESTACIÓN DE San 32778 A Pobra de Trives, Ourense ESQUÍ DE MANZANEDA Tel: 988 33 00 34. Fax: 988 33 10 27 ¨¨

asmaceiras@terra.es www.asmaceiras.com Rodeado por unha propiedade de 8000 m2 e a uns 12 quilómetros da estación de esquí de Manzaneda, este hotel rural de montaña, con estilo rústico e ambiente familiar e deportivo, engadiulles ás súas instalacións no outono do 2005 un pequeno spa. Este conta cunha piscina activa de acceso gratuíto para os seus hóspedes, ademais dunha bañeira de hidromasaxe para ata oito persoas, un baño turco

e unha sauna finlandesa. Todo isto supón un novo atractivo para os seus clientes, que poden gozar de infinidade de propostas deportivas organizadas polo hotel, como rutas guiadas en quad, en bicicleta, en piragua ou a pé por moitos carreiros das proximidades, así como a visita a numerosos mosteiros da zona ou o paseo en catamarán que se organiza pola Ribeira Sacra, a unha media hora das Maceiras.

EQUIPAMENTO E TÉCNICAS Piscina cuberta con dous jacuzzis, un colo de cisne, chorro e circuíto contracorrente; bañeira de hidromasaxe, baño turco e sauna finlandesa; todo isto dispoñible tanto para hóspedes do hotel como para clientes do exterior.

PROGRAMAS Non ten.

ESPECIAL PARA NENOS Parque infantil con randeeiras.

O MÁIS: A SÚA PROXIMIDADE Á ESTACIÓN DE MANZANEDA, CON ESQUÍ NO INVERNO E INFINIDADE DE RUTAS A PÉ, ASÍ COMO A VASTA OFERTA DEPORTIVA QUE SE ORGANIZA DENDE O HOTEL.

Nº cuartos: 58

21

SERVIZOS Acceso discapacitados | Admite cans | Admite tarxetas de crédito | Alugamento de bicicletas | Antena parabólica | Bar-cafetería | Calefacción central | Calefacción individual Edificio histórico | Garaxe | Garaxe prazas discapacitados | Jacuzzi | Xardín terraza | Páxina web | Aparcadoiro de superficie | Piscina | Piscina accesible | Piscina climatizada Restaurante accesible | Salón de convencións | Sauna | Servizo de cuartos 24 h. | Sitio céntrico | Sitio pintoresco | Teléfono nos cuartos | TV nos cuartos | WC accesible


59


60


TURISMO RURAL BALNEARIO/SPA TURISMO RURAL BALNEARIO/SPA A vocación de axuntar os praceres do turismo rural e o hedonismo dunhas horas nun spa motivou que, nos últimos anos, xurdisen pola Galicia rural un feixe de establecementos deste tipo que inclúen este servizo dentro das súas instalacións. Estas instalacións, confabuladas coa tranquilidade das contornas nas que se atopan, resultan unha combinación moi apetecible para gozar duns días de desconexión.

61


Turismo rural rural balneario Turismo balneario UN PRIORADO DO SÉCULO XII TRANSFORMADO EN ALOXAMENTO SINGULAR

ABADÍA CALDARIA

O seu inspirador edificio en pedra alberga apenas 17 cuartos, cada cal decorado ao seu xeito, aínda que mantendo todos unha coherencia e un acerto moi capaces de engaiolar a todo o que se decida por buscar refuxio neste priorado do século XII recuperado no 2003 como un delicioso aloxamento rural. Rodeado de viñedos e sosegadas paisaxes á beira do río Arnoia, nas súas dúas plantas dispón tamén dunha

biblioteca na que recollerse ao calor da cheminea, un comedor, dous salóns nos que se combinan sabiamente pedra e madeira e, tamén, unha sauna, aínda que os tratamentos termais non se realizan na Abadía senón no balneario de Arnoia, a un quilómetro e medio e propiedade do mesmo grupo empresarial que rexe a Abadía.

CARACTERÍSTICAS DAS AUGAS* INDICACIÓNS* EQUIPAMENTO E TÉCNICAS* PROGRAMAS* ESPECIAL PARA NENOS*

(*) Ver condicións do Balneario de Arnoia, pág 22.

O MÁIS: O ACERTO CON QUE SE REHABILITOU O EDIFICIO E SE DECOROU CADA ESTANCIA, ASÍ COMO OS PROGRAMAS QUE SE PODEN ORGANIZAR PARA GRUPOS: NOITE DE MEIGAS, AVENTURA MEDIEVAL E O TENTADOR AO LÍMITE DO PECADO.

Nº cuartos: 62

17

SERVIZOS Biblioteca | Camas supletorias | Comedor | Dispoñible axencias de viaxes | Instalacións accesibles a discapacitados Xardín Horta | Lavado ropa clientes | Salón estar Tarxetas crédito (consultar) | Teléfono nos cuartos Televisión común | Televisor nos cuartos

Grupo A - Casa Reitoral

Outeiro Cruz, s/n. 32417–A Arnoia, Ourense Teléfono: 988492428 / 902492400. Fax: 988492892 reservas@caldaria.es www.caldaria.es


Turismo rural rural spa Turismo spa

UN COQUETÍSIMO REFUXIO CUN PEQUENO SPA NO CORAZÓN DO RIBEIRO

DOÑA BLANCA Grupo A - Casa Grande

Este antigo caserón do XIX, que antano fixo as veces de escola, loce hoxe transformado nun estilosísimo hotel rural tras a rehabilitación levada a cabo polo arquitecto Fernando Branco, na que se logrou darlle a todo o edificio un toque de vangarda sen por iso renunciar nin ao cálido nin ao tradicional que é obrigado dada a súa situación, xunto ao mosteiro de San Clodio e envolto en viñedos e paisaxes verdísimas no corazón do Ribeiro. Os seus únicos seis cuartos son todos diferentes e, do mesmo xeito que o recolecto xardín, presidido pola

piscina, ou o salón, no que facerse un oco entre os libros e a coidada escolma de pezas traídas de medio mundo polos seus propietarios, revelan tranquilidade e bo gusto. E se necesitan aínda máis relax, os hóspedes poden acceder libremente ao pequeno spa do piso inferior, cunha piscina climatizada con circuíto contracorrente, así como sauna e baño turco nun ambiente selecto e recollido que se inspira nos frescos de Pompeia.

Plaza San Clodio, s/n 32428 Leiro, Ourense Tel: 988 485 688. Fax: 988 485 614 www.hotelruraldonablanca.com

EQUIPAMENTO E TÉCNICAS Piscina interior a 32º C con circuíto contracorrente, sauna finlandesa, baño turco, cadeiras térmicas e piscina exterior.

O MÁIS: A SENSACIÓN DE ESTAR, MÁIS CA NUN HOTEL, NUNHA CASA PRIVADA DE GUSTO EXQUISITO E ENVOLTA EN PAZ. SERVIZOS Dispoñible axencias de viaxes | Acceso discapacitados Xardín Horta | Piscina | Salón de estar | Spa | Tarxetas crédito (consultar) | Teléfono nos cuartos | Televisor nos cuartos

Nº cuartos:

6 63


Turismo rural rural spa Turismo spa UN PAZO DO XVI RESTAURADO CON GRAN COIDADO ENTRE BUCÓLICOS XARDÍNS

PAZO DE BENDOIRO Grupo A - Pazo

Tras franquear o portalón de entrada, custodiado polo escudo de armas dos Taboada e Churruchaos, este pazo do XVI, que foi recuperado das súas ruínas ao abrir como hotel rural no 2003, non o ten difícil para transportar ao viaxeiro ao ambiente máis lexítimo da Galicia interior. A pedra e a madeira presiden as súas estancias e un aire de clasicismo antigo aprópiase de cada recuncho. Onde antano estaban as cortes dos cabalos hoxe aparecen moi nobres salóns, comedores

e suites. E onde tempo atrás se atopaban as cociñas, hoxe pode o hóspede urxido de serenidade recollerse a ler, ou a charlar, á calor da inmensa lareira que o preside. Ademais dunha capela e unha carpa para vodas, o pazo conta dende o verán do 2006 cun coqueto spa con bucólicas vistas ás fragas e praderías que rodean esta propiedade de 60 000 m2.

EQUIPAMENTO E TÉCNICAS Piscina climatizada interior con chorros e colos de cisne cuxa cristaleira pode abrirse cando o tempo acompaña, jacuzzi, pediluvio, cadeiras térmicas, bañeira relax con cromoterapia, chorro, ducha Vichy, sauna de vapor, masaxes e ximnasio.

ESPECIAL PARA NENOS Está previsto contar con animación infantil nalgúns momentos da temporada alta.

O MÁIS: O SEU FANTÁSTICO EDIFICIO DE PEDRA, RODEADO POR EVOCADORES XARDÍNS QUE ATESOURAN UN PASEO DE PRETO DUN QUILÓMETRO QUE LEVA ATA O RÍO.

Nº cuartos: 64

12

SERVIZOS Aparcadoiro | Bar | Biblioteca | Bicicletas (consultar) | Camas supletorias | Comedor | Berce | Días Verdes | Días Verdes de ouro | Dispoñible axencias de viaxes | Acceso discapacitados Xardín / Horta | Lavado roupa clientes | Piscina | Restaurante | Reunións directivos | Salón estar | Fálase francés Fálase inglés | Spa | Tarxetas crédito (consultar) | Teléfono nos cuartos | Televisión común | Televisión en cuartos

O Xubín - Bendoiro-Prado. 36512 Lalín, Pontevedra Tel: 986 794 289. Fax: 986 794 291 info@pazodebendoiro.com www.pazodebendoiro.com


Turismo rural rural spa Turismo spa

UN PAZO FIEL Á TRADICIÓN CUN COQUETO SPA

Este sosegado pazo das aforas do Barco de Valdeorras, edificado en 1630 por Don Pedro de Losada e Quiroga, foi rehabilitado coa firme vocación de conservar o clasicismo do seu ambiente e do propio edificio, declarado patrimonio histórico-artístico e rodeado de xardíns. O mobiliario, os cadros de familia e ata a biblioteca, a capela ou as vellas carruaxes que atesoura nos moitos recunchos que aparecen por todas as partes, locen case como antano neste sobrio caserón no que cada habitación ten nome propio e a cuxos servizos se incorporou

PAZO DO CASTRO Grupo A - Pazo O Castro. 32318 O Barco de Valdeorras, Ourense Tel: 988 34 74 23. Fax: 988 34 74 82 info@pazodocastro.com www.pazodocastro.com

recentemente un coqueto spa que engade novos alicientes a quen decida pasar uns días neste recanto tan apetecible, dacabalo entre a Ribeira Sacra, a estación de esquí de Manzaneda, As Médulas, o Camiño de Santiago de Inverno ou o Camiño Sur –aínda non recoñecido oficialmente pero xa moi concorrido–, a Ruta da Vía Nova ou Vía XVII de Braga a Astorga, e a acabada de crear, Ruta das adegas de Valdeorras.

EQUIPAMENTO E TÉCNICAS Piscina exterior acristalada que se descobre no verán, jacuzzi, sauna finlandesa, terma de vapor con aromaterapia e cromoterapia, duchas de contrastes e aromas e cadeiras térmicas, ademais de distintos tipos de masaxes e servizos de estética corporal.

PROGRAMAS Acougo e deleite, e Placidez e sensacións.

ESPECIAL PARA NENOS Parque infantil, sala de xogos e menús para os pequenos.

O MÁIS: A CONSERVACIÓN DO SEU NOBRE EDIFICIO E O SEU AMBIENTE TAL COMO ERA ANTANO.

SERVIZOS Actividades guiadas | Aparcadoiro | Bar | Biblioteca | Bicicletas (consultar) | Camas supletorias | Comedor | Berce Días Verdes | Dispoñible axencias de viaxes | Acceso a discapacitados | Instalacións para nenos | Xardín / Horta | Xogos de mesa | Xogos populares | Lavado roupa clientes | Piscina Restaurante | Reunións directivos | Sala de xogos | Salón estar | Acéptase «Carné Xove» | Fálase francés | Fálase inglés Spa | Tarxetas crédito (consultar) | Teléfono nos cuartos Televisor nos cuartos | Tenis | Tenda produtos artesanais

Nº cuartos:

18 65


BALNEARIOS BALNEARIOS NOVOS PROXECTOS TERMAIS NOVOS PROXECTOS TERMAIS

67


Termas da da Chavasqueira Termas Chavasqueira TERMAS DA CHAVASQUEIRA R/Mercado da Feira, s/n. 32001 Ourense Tel: 988 214 821. www.termaschavasqueira.com Na marxe dereita do Miño, a pasos escasos do centro de Ourense, o seu pequeno recinto ofrece a imaxe máis insólita de todo o termalismo galego: aos pés dunha réplica dun templo zen de arquitectura xaponesa, cunha construción de madeira ensamblada sen un só cravo, alíñanse entre o céspede os seus tres rotenburo ou piscinas xaponesas nas que bañarse en grupo e ao aire libre ata cando a choiva cae con forza. Seguindo o ritual, imponse comezar pola de auga a 41 ºC para provocar despois un choque térmico mergullándose uns instantes na poza de auga fría. O seguinte paso é o rotenburo a 40 ºC e outra posterior ducha fría e, tras iso, un máximo de dez minutos

CARACTERÍSTICAS DAS AUGAS Bicarbonatadas, sódicas, fluoradas, litínicas e sulfuradas de mineralización media, que xorden a 63º.

INDICACIÓNS Afeccións dermatolóxicas e reumáticas, trastornos hepatodixestivos do metabolismo e vías urinarias.

EQUIPAMENTO E TÉCNICAS Baños colectivos, sauna e masaxes de relaxación e, en determinadas datas, masaxes con cuncas tibetanas.

O MÁIS: ENCARGAR CON ANTELACIÓN UN SUSHI PARA DEGUSTAR NA SÚA CAFETERÍA E REMATAR ASÍ A EXPERIENCIA TERMAL NIPONA. 68

na húmida terma romana ou Templarium para eliminar toxinas. Tras pasar de novo pola auga fría, haise que dirixirse ao ofuro, unha piscina interior a 39 ºC, para terminar o circuíto no último rotenburo. As hamacas de repouso son perfectas, cando o tempo acompaña, para relaxarse ao sol, e ata se pode contratar alí mesmo unha masaxe. Dende que abriu as súas portas, a Chavasqueira converteuse en todo un éxito, tanto polos seus módicos prezos como pola súa orixinalidade e os seus horarios, xa que abre ata as tres da madrugada as fins de semana.


Novosproxectos proxectos termais Novos temais Balneario de Berán, Ourense

[BALNEARIO DE BERÁN, OURENSE] Entre finais do 2006 e principios do 2007 espérase abrir ao público este balneario de nova planta, levantado xunto á antiga casa de baños do mesmo nome á que levan moitas décadas achegándose persoas de todo o país para beber ou bañarse nas súas augas ricas en xofre, ferruxinosas e sulfuradas, que xorden a 28 ºC e que son man de santo para algunhas enfermidades da pel como psoriase, dermatite e eccemas, así como para determinadas afeccións das vías respiratorias, o estómago, o fígado e os riles. O novo balneario, que de momento non contará con hotel e se agocha entre o arboredo nos arredores desta vila do corazón do Ribeiro, deseñouse tanto para atender á función máis terapéutica como á máis lúdica do termalismo, dotado dunha completa piscina activa, hidromasaxes, jacuzzis, distintos tipos de saunas e duchas de contrastes, ximnasio e salas para masaxes e outros tratamentos.

Balneario de Cortegada, Ourense

[BALNEARIO DE CORTEGADA, OURENSE] Nun lugar solitaria das aforas de Cortegada e levantado sobre o Miño, o novo balneario de Cortegada abrirá previsiblemente as súas portas na primavera do 2007 albergado nun moderno edificio dende cuxas cristaleiras divisar os humores do río e as paisaxes, relaxantes e de gran verdor, que o rodean. As súas augas sulfuradas, que xorden entre 25 e 30 ºC, levan décadas atraendo a doentes de reumatismos ou enfermidades dermatolóxicas como a psoriase, ata a casa de baños do mesmo nome que está situada algo máis abaixo, na mesma beira do río, dentro dun encantador edificio de 1937 que atesoura unha terraza con vistas inesquecibles. O novo balneario, dotado dunha piscina activa, distintos tipos de saunas e duchas de contrastes, bañeiras, jacuzzis e salas para os máis diversos tratamentos nos que combinar saúde, beleza, relax e posta en forma, está previsto que quede enmarcado dentro dun proxecto máis ambicioso que conteña hoteis de tres e catro estrelas, apartamentos de luxo, restaurantes, un salón de congresos, un museo temático da auga, un campo de golf e unha zona de lecer e multiaventura.

[TERMAS DE OUTARIZ, OURENSE] A imaxe e semellanza das Termas Chavasqueira da capital ourensá pero tres veces máis grandes, está previsto que no verán do 2007 estean terminadas estas novas termas ao aire libre de estilo xaponés. A pouco máis de tres quilómetros da Chavasqueira, xusto ao extremo do corredor sobre o río polo que, bordeado por unha praia fluvial e algún merendeiro, saen a pasear ou facer deporte moitos ourensáns á tardiña, Outariz contará cun edificio de dúas alturas á beira do Miño e con dezaseis vasos termais interiores e exteriores ou rotenburos, ademais dun spa con jets de hidromasaxe, zona privada de grupos Onsen Family, zona infantil, zona de verán con auga tépeda e diferentes fervenzas e chorros de estilo nipón, así como con tratamentos e saunas mixtas inspiradas no Extremo Oriente.

[CENTRO TESAL TALASO SPA MOAÑA, PONTEVEDRA]

[CASA DA AUGA, A CORUÑA]

Na primavera do 2008 espérase abrir este centro de talasoterapia de 3500 m2 –o primeiro da zona–, integrado nun hotel de catro estrelas no concello de Moaña, a apenas 100 metros da praia e con inmellorables vistas da ría de Vigo e da comarca do Morrazo.

No 2007 está previsto que se inaugure no casco urbano da Coruña este espectacular complexo termolúdico que, cos seus 6000 m2 de instalacións á última, será o máis grande de Galicia e un dos máis punteiros de Europa, con zona de piscinas, de saunas, de ximnasios, zona club e un completísimo centro de talasoterapia. 69


PROGRAMAS PROGRAMAS ADELGAZAMENTO. Programas nos que, despois dun exame no que se indaga nos costumes alimentarios e hábitos da persoa, prescríbese un tratamento personalizado para perder peso a través da dieta, o exercicio físico e técnicas como masaxes redutoras, duchas Vichy, envolvementos en lodos, limos ou algas, sauna, chorros a presión e sesións de piscina termal, a miúdo complementado con auga mineromedicinal bebida. ANTICELULÍTICO. As técnicas que se adoitan aplicar son bastante semellantes ás dos programas de adelgazamento, con sesións de peeling corporal, baños de hidromasaxe, algas drenantes, presoterapia, masaxes redutoras, exercicios tonificantes, chorros ou envolvementos en lodos, limos ou algas. ANTIESTRÉS. Programas que buscan a relaxación a través de distintas técnicas, como a piscina termal, baños de hidromasaxe, duchas Vichy, sauna, chorros ou masaxes. Para casos graves existen terapias psicolóxicas para aprender a relaxarse e xestionar o estrés, e ata unha dieta especial e un programa de exercicio físico. ANTITABACO. As técnicas empregadas para axudar a deixar de fumar son bastante semellantes ás dos programas respiratorios, con inhalacións e nebulizacións con auga mineromedicinal, baños termais, envolvementos de algas, vaporario e masaxes relaxantes. En ocasións, ata un programa de exercicio, unha dieta especial e apoio psicolóxico. BELEZA. Programas moi diversos de estética facial ou corporal que inclúen dende limpezas de cute, peelings, rehidratación do rostro e o contorno de ollos, drenaxe e masaxes faciais, ata técnicas para o corpo como baños de burbullas, duchas circulares, chorros a presión, masaxes, envolvementos en algas ou lodos redutores ou reafirmantes, peeling corporal ou raios UVA. CIRCULATORIO. O fin é estimular a circulación a través de técnicas como exercicios na piscina, hidromasaxes, baños de burbullas, duchas circulares, masaxes circulatorias, drenaxes linfáticas ou presoterapia. DERMATOLÓXICO. Programas para previr ou tratar diversos procesos crónicos da pel, como psoriase, dermatite, eccemas ou acne, a través de baños en auga mineromedicinal, chorros e duchas, pulverizacións ou sesións de estética. POSPARTO / MENIÑO E MAMÁ. Están indicados entre o segundo e o décimo mes despois do parto e para nenos a partir duns cinco meses. Adoitan incluír baños co neno e técnicas para axudar a recuperar a forma física tras o embarazo, como baños de hidromasaxe, chorros, ximnasia pasiva ou masaxes redutoras e reafirmantes da zona abdominal. REXUVENECEMENTO / BELEZA E RELAX. Programas que adoitan propoñer unha combinación de técnicas mencionadas nos programas Antiestrés e Beleza. RESPIRATORIO. Tratamentos para previr ou tratar este tipo de afeccións a través de baños de vapor con esencia de eucalipto, duchas nasais e farínxeas, pulverizacións, aerosois, inhalacións e ata ximnasia respiratoria. REUMATOLÓXICO. Programas para previr ou tratar este tipo de afeccións a través de baños termais, chorros, hidromasaxes, paralama, masaxes, electroterapia ou piscina termal, complementado en ocasións con auga en bebida.

70


LÉXICO TERMAL ABCABC DODO LÉXICO TERMAL AUGA MINEROMEDICINAL: auga bacterioloxicamente incontaminada que, procedente dunha fonte subterránea, natural ou perforada, contén unha determinada mineralización e pode inducir efectos favorables para a saúde, segundo a OMS. AQUAGYM: ximnasia dentro da auga, medio no que resulta máis suave realizar exercicio. BALNEARIO: establecemento no que poden realizarse tratamentos terapéuticos ou preventivos baseados no uso da súa auga mineromedicinal declarada de utilidade pública ou de lodos aplicados con diversas técnicas hidrotermais. Todos os balnearios deben contar con supervisión médica e cada un está indicado para tratar determinadas afeccións en función da composición das súas augas. Son centros sanitarios, aínda que moitos deles combinan esta faceta con outro tipo de servizos máis orientados ao benestar, á estética, á relaxación e ao lecer. BAÑO DE BURBULLAS: inmersión nunha bañeira á que se lle engade aire a presión. Relaxa e estimula a circulación. BAÑO DE HIDROMASAXE: inmersión nunha bañeira á que se lle engade auga a presión, que fai unha lixeira masaxe. Hai distintos tipos de bañeiras –Niágara, Xamaica, etc.– con maior ou menor potencia. Relaxa e estimula a circulación. BAÑO TERMAL: inmersión en auga mineromedicinal. A través do seu uso continuado e pautado polo médico lógranse diferentes efectos terapéuticos que varían en función das características de cada tipo de auga. BAÑO DE VAPOR OU HAMMÁN, OU VAPORARIO: sala de calor húmido na que se acada unha temperatura de 42-45 ºC cunha humidade relativa ambiental de 90-100%. Produce unha gran vasodilatación cutánea e estimula a sudoración, axudando a eliminar toxinas e á limpeza das vías respiratorias. CHORRO OU DUCHA JET: proxección dun chorro horizontal de auga a presión aplicada cunha mangueira. Con movementos específicos vai percorrendo o corpo, relaxando músculos e axudando a desconxestionar os tecidos. Recoméndase dende para as contracturas e o estrés ata para a celulite. Cando a presión é maior cunha saída moi fina denomínase chorro filiforme e cando se alternan temperaturas, chorro de contraste. CHORRO SUBACUÁTICO: dentro da bañeira, aplícase un chorro de auga a presión localizado cara a unha ou varias zonas do corpo; efectivo para a circulación, as contracturas e ata a celulite. CIRCUÍTO CONTRACORRENTE, CAMAS DE BURBULLAS, JACUZZIS, COGOMELO E COLOS DE CISNE: distintos tipos de aparellos cos que contan as chamadas piscinas activas ou dinámicas e que, a través de fervenzas ou aire ou auga a presión, masaxean distintas partes do corpo mentres se está en submersión na piscina. DRENAXE LINFÁTICA: técnica de masaxe para activar o movemento do líquido linfático e facilitar a súa circulación. DUCHA CIRCULAR: ducha dentro dunha estrutura ou unha cabina circular con varios puntos de saída de auga a unha determinada presión que relaxa e estimula a circulación. DUCHAS PARCIAIS: auga a presión aplicada localmente (lumbar, vaxinal, nasal, farínxea, xenxival, etc.) ELECTROTERAPIA: aplicación de distintas intensidades de corrente eléctrica con fins terapéuticos ou estéticos. ENVOLVEMENTOS: cobertura de só unha zona ou de todo o corpo con algas,

lodos, lamas ou ata con chocolate, mel ou derivados da uva, seguidos a miúdo dunha aplicación de calor, con distintos efectos terapéuticos ou estéticos. ESTUFA: habitáculo natural ou artificial no que se inhalan vapores ou gases de forma colectiva. FANGOTERAPIA: tratamento baseado en barros termais. FISIOTERAPIA: conxunto de técnicas que producen no organismo unha serie de reaccións fisiolóxicas coas que se conseguen efectos terapéuticos. Aplicables en procesos articulares, musculares, neurolóxicos, traumatolóxicos, reumatolóxicos, respiratorios, etc. FOTOTERAPIA: aplicación de distintos tipos de luz con fins terapéuticos. MANILUVIOS: baños de brazos. MASAXE MANUAL: técnica na que se aplican coas mans friccións ou presións sobre o corpo. Hai moi diversas modalidades de masaxe manual (relaxante, tonificante, deportiva, etc.), cada unha cos seus propios efectos. MASAXE BAIXO DUCHA OU DUCHA VICHY: masaxe manual baixo unha ducha de auga que activa o masaxista. Efecto relaxante e descontraturante. PARALAMA: lodos ou lodos mesturados con parafina e aplicados localmente a unha temperatura de 42 ºC con grande efecto analxésico sobre a zona tratada. PEDILUVIO: baños de pernas. PELOIDES: axentes terapéuticos cun compoñente sólido e outro líquido como auga mineromedicinal, de mar ou lago salgado, con limos, lamas ou lodos. PISCINA ACTIVA OU DINÁMICA: piscina colectiva dotada de circuíto contracorrente, camas de burbullas, jacuzzis, cogomelo, colos de cisne ou outros efectos con auga ou aire a presión polos que ir rotando para ir masaxeando distintas partes do corpo. PISCINA TERMAL: baños colectivos en auga mineromedicinal. A miúdo teñen chorros subacuáticos que masaxean distintas partes do corpo, entre outros efectos relaxantes. PULVERIZADORES, AEROSOIS, INHALADORES E NEBULIZADORES: diferentes aparellos a través dos cales, ou ben en forma de pinga máis ou menos grosa ou de gases ou vapores, se aplica a auga mineromedicinal directamente ás vías respiratorias polo nariz ou pola boca. Indicados para infinidade de afeccións deste tipo. REFLEXOLOXÍA PODAL: técnica oriental na que se presiona coas mans en puntos reflexos de todo o organismo situados en ambos os pés. Contribúe á relaxación, á eliminación de toxinas e ata á prevención de enfermidades se se efectúa con regularidade. SAUNA SECA OU FINLANDESA: sala de calor seca cunha temperatura de 60-90 ºC e unha humidade relativa inferior ao 50%, que axuda a eliminar toxinas e a relaxarse. SHIATSU: relaxante técnica oriental de masaxe manual sobre puntos e canles enerxéticas utilizadas tamén en acupuntura. A súa variante realizada dentro da auga denomínase watsu. SPA: establecemento que utiliza a auga corrente con fins lúdicos e que adoita tamén ofertar servizos de beleza, benestar e relaxación. TALASOTERAPIA: uso con fins terapéuticos ou preventivos de todos os recursos do medio mariño: auga, barro, algas e ata a brisa que se respira nas zonas próximas ao mar. ULTRATONE: aparello para realizar ximnasia pasiva.

71


ENDEREZOS DE INTERESE ENDEREZOS DE INTERESE OFICINA DA CORUÑA Dársena da Mariña 15001 A CORUÑA (A CORUÑA) Tel.: 981 22 18 22 - Fax: 981 22 18 22 oficina.turismo.coruna@xunta.es OFICINA DE FERROL Edif. Admtvo. Praza Camilo José Cela Esq. R/ de Vigo. 15402 FERROL (A CORUÑA) Tel.:981 31 11 79/981 33 71 31 - Fax: 981 33 70 13 (V) OFICINA DE RIBEIRA Avda. do Malecón, 3 15960 RIBEIRA (A CORUÑA) Tel.:981 87 30 07 OFICINA DE SANTIAGO DE COMPOSTELA Rúa do Vilar, 30-32 15705 SANTIAGO DE COMPOSTELA (A CORUÑA) Tel.:902 33 20 10/981 58 40 81 Fax: 981 57 65 86 ot.santiago@xunta.es OFICINA DE LUGO Praza Maior, 27-29 (Galerías) 27001 LUGO (LUGO) Tel.:982 23 13 61 - Fax: 982 23 13 61 (V) OFICINA DE LUGO - FIELATO Porta da Estación (Muralla) 27001 LUGO (LUGO) OFICINA DE OURENSE Edif. «Caseta do Legoeiro». Ponte Romana Enlace N-120 con R/Progreso 32003 OURENSE (Ourense) Tel.: 988 37 20 20 - Fax: 988 21 49 76 (V) OFICINA DA GUDIÑA Casa da Viúva Avda. Beato Sebastián de Aparicio, s/n 32540 A GUDIÑA (OURENSE) Tel.: 988 59 40 03 OFICINA DO CARBALLIÑO Centro Comarcal do Carballiño Avda. de Pontevedra, N-541 km. 27 32500 O CARBALLIÑO (OURENSE) Tel.: 988 53 02 52

OFICINA DE PONTEVEDRA R/Gutiérrez Mellado, 1 - baixo (entrada galerías) 36001 PONTEVEDRA (PONTEVEDRA) Tel.: 986 85 08 14 - Fax: 986 84 81 23 OFICINA DE TUI Rúa Colón. Edif. Área Panorámica 36700 TUI (PONTEVEDRA) Tel.: 986 60 17 89 - Fax:986 60 17 89 OFICINA DE VIGO Av. Cánovas del Castillo, 22 36202 VIGO (PONTEVEDRA) Tel.: 986 43 05 77 - Fax: 986 43 00 80 (V) OFICINA DE VIGO - PORTO Estación Marítima, s/n 36201 VIGO (PONTEVEDRA) Tel.: 986 43 25 41 OFICINA DE VILAGARCÍA DE AROUSA R/ Juan Carlos I, 37 36600 VILAGARCÍA DE AROUSA (PONTEVEDRA) Tel.: 986 51 01 44 - Fax: 986 51 01 44 OFICINA DE MADRID R/Casado del Alisal, 8 28014 MADRID (MADRID) Tel.: 91 595 42 14 Fax: 91 595 42 68 ot.gal.madrid@xunta.es OFICINA DE BOS AIRES Bartolomé Mitre 2550 C1039AAP ARXENTINA Tel.: (5411) 4951-6671 / (5411) 4952-3993 TURGALICIA Estrada Santiago-Noia, km 3 15896 SANTIAGO DE COMPOSTELA (A CORUÑA) Tel.: 902 20 04 32 - Fax: 981 54 26 59 cir.turgalicia@xunta.es www.turgalicia.es ASOCIACIÓN GALEGA DA PROPIEDADE BALNEARIA R/Ramón Cabanillas, 14-1º - of. 2 15701 SANTIAGO DE COMPOSTELA (A CORUÑA) Tel.: 981 59 82 21 Fax: 981 59 82 21 www.balneariosdegalicia.com balneariosdegalicia@mundo-r.com

*As oficinas marcadas con (V) abren nos meses de xullo, agosto e setembro

72

FOTOGRAFÍAS: Arquivo Turgalicia, Arquivo do balneario de Mondariz, Joan Mundó (Hoteis Hesperia), Eloy Lozano, Mark Ritchie, Miguel Ángel López TEXTOS: Elena del Amo - TRADUCIÓN: Interlingua Traduccións, S.L. - DESEÑO INTERIOR: Eloy Lozano Publicidade S.L. - IMPRESIÓN: Gráficas Anduriña S.L. - D.L. XX XXX-XX O contido deste folleto correspóndese coa recollida de datos realizada ata o mes de xuño de 2006.


Auga para os sentidos  

O aumento que o turismo termal experimentou en Galicia colocou a súa oferta nun indiscutible primeiro posto dentro da Península. Proba disto...

Read more
Read more
Similar to
Popular now
Just for you